Así comenzou a historia…….
Un día un bichiño invisible fixo que as nosas vidas cambiasen, de súpeto non podíamos ir ó cole, nin xogar cos amig@s nin visitar aos avós, e dicían que tiñamos que pecharnos na casa para poder vencelo. Era moi difícil poder enteder o que estaba a pasar porque ninguén podía velo, nin se sabía como era, só se sabía que pola súa culpa, moita xente estaba a enfermar.