Con motivo da Semana das Letras Galegas o ENL do Cole de Cea organizou unha exposición de Traxes Tradicionais e de Entroido na Aula de Música.
Esta exposición, e publicación posterior do libro que dá testemuño dela, foi posible grazas á organización das mestras e mestres integrantes do ENL no curso 1999 - 2000, especialmente da súa coordinadora Rosa María Vázquez Vázquez, sendo directora do centro Elda Mozo Seoane e á colaboración de numerosas entidades e institucións.