O NOTICIEIRO 2022

Page 42

O NOTICIEIRO

CARTA DA ANPA As familias do CEIP Plurilingüe Vilaxoán: Dende aquí queremos reflexionar ante un novo curso que remata, e manifestando que unha asociación de pais e nais de alumnos nace con unha finalidade única a de colaborar estreitamente coas familias e tamén coa dirección do centro intervindo de ser preciso, na educación dos nosos fillos, en defensa dos seus dereitos e na consecución dos seus deberes. Baixo este paraugas, o noso colectivo ven desenvolvendo no tempo diferentes actividades e proxectos que seguen a buscar hoxe, e sempre a mellora continua para o desenrolo, o aporte de apoio necesario ou o complemento para o funcionamento axeitado, así destacamos a aposta polo plan madruga as veces tan necesario e beneficioso para quen o precisa, para favorecer a conciliación traballo e familia. Non queríamos despedir este curso sen moitos motivos para agradecer a todos os que tomades parte desta ardua tarefa, na loita por recuperar unha nova normalidade, traballando conxuntamente co equipo directivo e o profesorado co que contamos, para devolver a vida ao centro e poder recuperar outras actividades, charlas, escola de pais, excursións….., aportando un peldaño máis na dedicación cara aos asociados, familias e alumnado e onde a ilusión segue a estar presente. Grazas pola implicación, apoio, confianza,…. en nós como grupo. Despedir ao alumnado de 6º que remata, porque é moito máis o que leva que o que deixa, por diante a nova etapa que van comezar, desexándolle toda a sorte do mundo, e por suposto darlle a benvida as novas incorporacións, alumnos e mestres que se unen a esta gran familia que conforma o CEIP PLURILINGÜE DE VILAXOÁN. ¡¡Desexarvos un feliz verán, e agardámosvos a todos en setembro, PASAMOS LISTA!! ANPA SAN MARTIÑO

CEIP VILAXOÁN

41

XUÑO 2022


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.