1 minute read

EDITORIAL

Un ano máis presentámosvos o Noticeiro. Este ano non foi doado de elaborar, debido á situación que estamos a vivir, pero con dedicación e paixón todo se consegue.

Iba a ser un Noticieiro moi especial, o noso colexio celebraba o seu corenta aniversario, e tiñamos todo pensado e organizado para facer un Noticiero en referencia a eso, un proxecto anual titulado: “CEIP de Vilaxoán: 40 anos da nosa historia”, cada curso elaboraría diferente material relacionado con tema, estaba todo distribuído e pensado, nada podía saír mal… Ata que un 14 de marzo decretan o estado de alarma sanitaria por pandemia. Suspenden ás clases durante 15 días, pero o que non nos podíamos imaxinar é que este curso xa non volveríamos a vernos.

Advertisement

Todo o mundo parouse e non puidemos regresar, pero dende detrás da pantalla e do teléfono o noso traballo seguía, enviando tarefas, corrixindo, preocupándonos de que todo o alumnado tivera acceso ao material e sobre todo preocupándonos sobre como estaban a vivir esta situación.

Por todo iso decidimos cambiar a temática do Noticieiro, cambiar os 40 anos da nosa historia por corenta aniversario en corentena.

Ao longo desde Noticieiro veredes actividades realizadas no colexio cando aínda non existía ningunha distancia social e actividades que os nenos e nenas fixeron dende as súas casas durante este confinamento.

Esperamos que vos guste e sobre todo que os rapaces e rapazas desfruten vendo todo que fixeron ao longo do curso, pois para eles vai dedicado todo o noso esforzo, xa que eles nos deron un exemplo de paciencia e responsabilidade nestes meses tan duros.

“Sen metafísica poética digo o meu mensaxe: vivide, sen berros que cheguen ás entrañas. Vivide. Vivir sempre, vivir agora, denantes e despois”. Manuel María

This article is from: