6 minute read
CONTO DISCONTÍNUO (6ºB
from NOTICIEIRO 2020
by ticsvilaxoan
O rei pantasma
Cóntase por aí, que fai moitos anos uns alumnos de sexto de primaria do CEIP de Vilaxoán, lles ocorreron cousas estrañas na saída de fin de curso . Algúns din que foi unha broma, pero outros creen que foi algo raro. Hai tantas versións que algunhas persoas pensaban que era para ter atención, para que se fale deles durante anos.
Advertisement
Hoxe os nenos protagonistas destes rumores veñen a desmentir o que pasou. (Antía).
En realidade os nenos de sexto sempre quixeron ter a atención. Eles e elas sempre lle contaban historias falsas a xente para ter protagonismo. As persoas que atopaban pola rúa, nos comercios, nos parques, no colexio. Unha de esas historias comeza así: (Johan)
Fai uns anos, o día da saída de fin de curso, os nenos estaban moi contentos, -Vai ser súper chulo! - dicían - Que emoción!-.
Os nenos estaban preparados para marchar, cando o profe saíu para falar por teléfono. – Si, si, claro, - de repente colga o teléfono. – Chicos! O bus vaise atrasar, din que non é grave, só unha pequena avaría, pero se queremos, podemos ir á excursión no bus. Que preferides? – Queremos ir a excursión xa, profe! - dixeron ao unísono – Só é unha pequena avaría.
Así, os nenos decidiron ir no bus a pesar da avaría... (Álvaro)
Grave erro xa que cando estaban pasando polo bosque das setenta e unha pantasmas, o motor empezou a votar fume e aos 5 minutos o bus parouse. - Oes condutor? Que acaba de pasar? Dixo Lalo con cara de medo. -O bus acaba de avariarse. Contestou o condutor.
Cando o graciosillo, pero parvo da clase, Xoan, empeza a falar: - É que ti tamén Lalo, porque contratas esta empresas? -Xa, xa, xa, xa que gracio... Volves a facer iso e quítote 1 punto do carné. Ameazou Lalo.
Despois dun rato o gótico da clase, Carlos empezou a contar unha historia sobre as pantasmas que habitan no bosque onde quedaron atrapados (Alex).
Carlos empezou dicindo fai moitos anos este bosque chamábase o bosque das cerdeiras , porque estaba cuberto deles, ata que un 12 de xuño empezou a haber avistamentos estraños polo bosque .Uns dicían que eran espíritos, outros que era a súa imaxinación... Pero ninguén sabia con certeza o que eran, entón un día os garda bosques decidiron chamar a uns exterminadores de espíritos malignos (Kiara).
Nada máis chegaron os exterminadores, ocorreron tres cousas moi estrañas: a primeira; o bus empezou a dar voltas dunha maneira descontrolada e andaba en círculos, segunda; dous dos exterminadores apareceron de repente mortos, cos ollos fora das córneas e con buratos por todo o corpo e a terceira; o condutor empezou a voar coma se fora un fantasma. -¡Ahhhh! - Gritou Nerea, horrorizada. - Pro, pro- profe. Que pasou con ese home? - Tartamudeou Álvaro, sinalando ao fumigador. - Non sei Álvaro, pero mellor será que nos vaiamos de aquí..... ( Nerea)
Saíron correndo polo bosque, e Álvaro preguntoulle a Lalo mentres corrían : -Lalo, en que dirección vamos?- E Lalo respondeulle – Non sei, pero temos que saír deste bosque xa!.-
De repente ven unha casa cun cartel que poñía: HOTEL BOSQUE.
Nerea díxolle a Lalo: - Lalo, podemos entrar?
E Lalo respondeulle- Sí, vamos a entrar a mirar se ten habitacións libres.
Ao entrar na recepción viron un home moi vello, cuns oitenta anos con un parche no ollo. Lalo preguntoulle ao señor se había habitacións libres e o señor díxolle que non, que se marcharan de alí.. (Xoel)
Lalo reúne todos os estudantes fóra e tenta pedir axuda pero non hai recepción de móbil. Mentres está dicindo á clase que pode que teñan que quedar a noite fora e agardar a mañá, Roi dille que tomou un curso de supervivencia de natureza salvaxe e que pode axudar cun plan.
Lalo e Roi teñen un plan, separaranse en 2 grupos máis pequenos, mentres que algúns buscan suministros que poidan resultar útiles no autobús, o outro grupo irá a buscar madeira e materiais para facer unha cabana.
Mentres Lalo busca a madeira atópase cunha vella barraca abandonada. Non pode crer o que os seus ollos ven !Todos os estudantes que están con el están entusiasmados, pero non están seguros de que a barraca é un lugar seguro para o
abrigo dado o historial da zona na que se atopan. Volven ao autobús co resto dos estudantes para contarlles o descubrimento. (Damian)
Os nenos do grupo de Lalo, que estaban recollendo a madeira,estaban falando de que ao mellor a barraca non era un lugar moi seguro dado que estaban nun bosque maldito, mentres falaban, Lalo decatouse de que os estaban seguindo. Así que lles dixo- Nenos correde!
Os nenos non sabían por que, pero sentían que lles faltaba un compañeiro,ao chegar ao hotel decatáronse de que era Sabela!
Dende que Carlos comezara a contar a súa historia, Sabela xa non estaba.
Falaron co home do hotel e convencérono para que os deixara buscala polo hotel, ao chegar á última habitación ,encontrárona morta e co corazón fora do peito, agarrábao cunha forza que daba a impresión de estar viva, aínda que iso era imposible, de repente Álvaro dixo: - Movese, movese! - Como se vai mover?,pero ti estas parvo! Contestoulle Lalo - Non... movese,movese ten razón Álvaro.
O berro foi tan forte que os fantasmas que estaban a 234 Km oírona - Estamos perdidos. Dixo Xoel.
De repente o corpo de Sabela,si empezou a moverse! Xusto nese intre apareceron as pantasmas que dixeron: -Parvos, démosvos un aviso e non fixestes caso. Agora a vosa compañeira vai ser un demo, e os vosos amigos do outro grupo tamén.
Foron correndo ata a outra habitación que había en fronte e, en efecto estaban igual que sabela! (Sabela)
E nese intre, apareceu flotando no aire o vello do hotel, co seu parche no ollo.
Todos os rapaces quedaron abraiados. El mirounos e díxolle que foran á barraca,que alí estarían seguros.
Entón, Nerea, que era a única capaz de falar, mirouno sorprendida e preguntoulle: -Como sabe que estivemos na barraca? - Porque eu son o “REI PANTASMA”; só que a min non me gusta asustar á xente e téñollo prohibido aos demais. -¿E que podemos facer?- preguntou Johan cunha mestura de rabia e medo -¡Non imos marchar sen eles! ¡Axúdanos a recuperar aos nosos compañeiros! CEIP VILAXOÁN
-¡Quero que sexan coma antes!- berraba mentres, choraba Johan. (Roi)
Entón o rei das pantasmas díxolle, co seu parche no ollo ,que lle tiñan que facer un favor, e os nenos aceptaron a pesar de que non sabían o que era. Cando o rei das pantasmas empezou a falar quedaron moi atentos porque querían ver a os seus compañeiros de volta outra vez.
A pantasma comezou dicindo que quería un parche novo, seguiu dicindo que non quería ser unha pantasma e por ultimo dixo que quería ir cos nenos e nenas. Os rapaces aceptaron porque querían aos seus compañeiros de volta, os rapaces empezaron polo parche novo, non sabían como compralo ata que Johan dixo que podían facelo cunha folla dunha árbores e podíana decorar con cousas da natureza,o segundo requisito era que non fora unha pantasma.(Karla)
Os nenos empezaron a facer o parche do ollo e de repente a pantasma díxolle: - Que facedes!
Os nenos gritaron aaaaaaaaa!
Asustados, os nenos dixéronlle que parche para o seu ollo e el díxolles..... Non quero ningún parche eu quero uns zapatos, cambiara a súa opinión, e os nenos asustáronse e impresionáronse de que unha pantasma lle pedira uns zapatos. Eles dixéronlle que non tiña pes, que para que precisaba uns zapatos. Non houbo resposta e eles fixéronlle os zapatos igualmente, ao pirata gustáronlle moito. (Paula)
A pantasma como era a pantasma suprema podía invocar a calquera. Lúa díxolle que invocara a o xenio da lámpada e eles elixiran os 3 desexos .
De repente como por arte de maxia, apareceu e todos a vez gritaron !!!QUE TODO SEXA NORMAL¡¡¡¡¡
Apareceron todos as portas do hotel. Pero non se percataron de dúas cousas:
A primeira é que so os superviventes se acordaban, riron moito do ocorrido.
A segunda, que a pantasma convertíuse nun neno máis, con gafas e o pelo curto negro.
Ah, e esquecíaseme algo: Johan, Roi, Álvaro e Alex, cando ninguén miraba, pedíronlle ao xenio moito diñeiro e xoias. (Lúa)