1 minute read

UN....25 DE ABRIL DE 2020 (2º

Next Article
CARTA DA ANPA

CARTA DA ANPA

Un……25 de abril do 2020

Ese 25 de abril os nenos/as de 2º de Primaria amosaron a súa mellor cara ante esa gran SAÍDA……

Advertisement

Cada un deles foi contando a experiencia dese momentazo, e mostra delo foi esa fotografía adxunta coas súas mellores galas e os seus mellores sorrisos.

Este é un breve resumo dese gran día:

Carlota Plaza, Aluhe, Nora e Rodrigo non dubidaron en coller a bicicleta e poñerse a pedalear pola contorna; non había moita costa…así que foi doado, e algunha ata tomou a súas precaucións.

Seguindo sobre rodas, Xes e Diego optaron polo patinete, un en plena acción e outro….pensándoo e posando.

Logo temos o lote mariñeiro, Carlos de vixiante da praia ( para que se cumpran as regras…) e dúas sereas : Carlota Hermida e Asier….tal cal “ sirenas de Copenhague”.

Os seguintes protagonistas, Mateo e Manuel, engadiron a seus irmáns, xa que decidiron que é moito máis divertido xogar fóra con eles….e de paso….posar !!!!

Temos dous paseantes, Xabi e Iago, que relaxadamente foron “estirar as pernas”….

Jose non dubidou en implementar a súa saída cun balón de baloncesto, e tampouco en utilizalo…..de cadeira.

A que mellor aproveitou o paseo foi Greta, pois dedicouse á recolleita de fresas salvaxes….e ricas que estaban !!!!!!!

E para rematar temos un gran xinete, Aaron, que gozou ben da súa paixón: o cabalo!!!.

Este é un resumo anecdótico desa primeira saída despois do confinamento, e polo que se ve….ben aproveitada !!!!!

This article is from: