O NOTICIEIRO
Un……25 de abril do 2020
Ese 25 de abril os nenos/as de 2º de Primaria amosaron a súa mellor cara ante esa gran SAÍDA…… Cada un deles foi contando a experiencia dese momentazo, e mostra delo foi esa fotografía adxunta coas súas mellores galas e os seus mellores sorrisos. Este é un breve resumo dese gran día: Carlota Plaza, Aluhe, Nora e Rodrigo non dubidaron en coller a bicicleta e poñerse a pedalear pola contorna; non había moita costa…así que foi doado, e algunha ata tomou a súas precaucións. Seguindo sobre rodas, Xes e Diego optaron polo patinete, un en plena acción e outro….pensándoo e posando. Logo temos o lote mariñeiro, Carlos de vixiante da praia ( para que se cumpran as regras…) e dúas sereas : Carlota Hermida e Asier….tal cal “ sirenas de Copenhague”. Os seguintes protagonistas, Mateo e Manuel, engadiron a seus irmáns, xa que decidiron que é moito máis divertido xogar fóra con eles….e de paso….posar !!!! Temos dous paseantes, Xabi e Iago, que relaxadamente foron “estirar as pernas”…. Jose non dubidou en implementar a súa saída cun balón de baloncesto, e tampouco en utilizalo…..de cadeira. A que mellor aproveitou o paseo foi Greta, pois dedicouse á recolleita de fresas salvaxes….e ricas que estaban !!!!!!! E para rematar temos un gran xinete, Aaron, que gozou ben da súa paixón: o cabalo!!!.
CEIP VILAXOÁN
10
XUÑO 2020