O NOTICIEIRO
O rei pantasma Cóntase por aí, que fai moitos anos uns alumnos de sexto de primaria do CEIP de Vilaxoán, lles ocorreron cousas estrañas na saída de fin de curso . Algúns din que foi unha broma, pero outros creen que foi algo raro. Hai tantas versións que algunhas persoas pensaban que era para ter atención, para que se fale deles durante anos. Hoxe os nenos protagonistas destes rumores veñen a desmentir o que pasou. (Antía). En realidade os nenos de sexto sempre quixeron ter a atención. Eles e elas sempre lle contaban historias falsas a xente para ter protagonismo. As persoas que atopaban pola rúa, nos comercios, nos parques, no colexio. Unha de esas historias comeza así: (Johan) Fai uns anos, o día da saída de fin de curso, os nenos estaban moi contentos, -Vai ser súper chulo! - dicían - Que emoción!-. Os nenos estaban preparados para marchar, cando o profe saíu para falar por teléfono. – Si, si, claro, - de repente colga o teléfono. – Chicos! O bus vaise atrasar, din que non é grave, só unha pequena avaría, pero se queremos, podemos ir á excursión no bus. Que preferides? – Queremos ir a excursión xa, profe! - dixeron ao unísono – Só é unha pequena avaría. Así, os nenos decidiron ir no bus a pesar da avaría... (Álvaro) Grave erro xa que cando estaban pasando polo bosque das setenta e unha pantasmas, o motor empezou a votar fume e aos 5 minutos o bus parouse. - Oes condutor? Que acaba de pasar? Dixo Lalo con cara de medo. -O bus acaba de avariarse. Contestou o condutor. Cando o graciosillo, pero parvo da clase, Xoan, empeza a falar: - É que ti tamén Lalo, porque contratas esta empresas? -Xa, xa, xa, xa que gracio... Volves a facer iso e quítote 1 punto do carné. Ameazou Lalo. Despois dun rato o gótico da clase, Carlos empezou a contar unha historia sobre as pantasmas que habitan no bosque onde quedaron atrapados (Alex). CEIP VILAXOÁN
32
XUÑO 2020