NOTICIEIRO 2021

Page 3

O NOTICIEIRO

EDITORIAL XELIÑA FALA GALEGO A Xeliña e unha nena pizparrela. Que naceo nunha aldea, a carón da fermosa vila de Sarria. Vai xa para sete anos. Os pais de Xeliña son galegos. O mesmo que a súa familia toda. E consideraron moi natural falar coa súa nena a lingoa galega que iles adoitan a cotío. A Xeliña, pois, deprendeo a falar na lingoa nai dos galegos. Pese a que ista determinación dos pais de Xeliña non foi ben vista por moitos. Lémbrome moi ben que un día... Valentín Arias López

Un ano máis presentamos un novo número da nosa revista “O noticieiro”. Este curso 2020/2021 que está a rematar foi moi especial debido á pandemia do coronavirus. Queremos destacar o enorme sacrificio que fixo toda a comunidade educativa, en especial o noso alumnado, para adaptarse á nova situación e seguir levando a cabo o noso proxecto educativo. Fomos quen de desenvolver o proxecto anual de centro ”Deseñamos Banda“ participando nunha morea de proxectos, concursos e actividades relacionadas coa banda deseñada desde infantil ata 6º de Primaria. Adáptamonos á nova situación e celebramos o Nadal con chocolatada, o Samaín coa exposición dixital de cabazas, o Magosto coas castañas e o ”choripán”. Ademais levamos a cabo actividades en contra da violencia de xénero e conmemoramos o día do medio ambiente cunha carreira solidaria. Aprendemos moitas cousas sobre Xela Arias e a súa poesía, autora homenaxeada este ano polo día das letras galegas. Acudimos á biblioteca escolar con moitas ganas e ilusión e tamén realizamos programas de radio escolar como se foramos verdadeiros locutores de radio. Todo este traballo realizado coa colaboración da comunidade educativa queda recollido nesta revista escolar. Esperamos que vos guste. Feliz verán e boas vacacións! CEIP VILAXOÁN

2

XUÑO 2021


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.