e da bolsa coas claudias sabían tan ben as que eu comín coma as que ibamos coller eu e outros de pequenos na claudieira dun veciño pisabámoslle a horta con coidado e comiámolas verdes coma os allos enchíasenos a boca de zume e metíasenos a pel durísima entre os dentes disfrutabamos tanto e nunca nos viron e da bolsa coas claudias que lle trouxen deixeillas alí cáseque un quilo delas valía o quilo cen e cobráronme noventa e nove igual son poucas claudias para o moito que a quero.
ás veces o agasallo precisa ser dun tamaño aproximado a como sería a representación dun sentimento probablemente non faría falta un barco de claudias como tampouco unha aperta que lle esmagara o peito cecais só que fora sementando os ósos das que comera para que chegue a luz sobre a miseria de tentar expresar cousas tan cheas Celso Fernández Sanmartín: Sen título, 1995