Xinkana Matemática

Page 1

XINKANA MATEMÁTICO-LITERARIA NO CHANO PIÑEIRO 1.- Matemática ten nome de muller. Sabendo isto, poderás informarte moi facilmente de que matemática inglesa ten un nome de pía igual á dunha profesora deste centro? Por suposto, a resposta da seguinte pregunta é igual de doada: que muller matemática ten un signo de puntuación no seu nome?

2.- Sabes cal é, probablemente, o libro de matemáticas máis vendido de todos os tempos? Se non o sabes busca a resposta na versión para novatos dun libro. Para saber en que páxina está a resposta terás que sumar dez ao número de triángulos que hai na seguinte figura.

3.- Hai un recuncho moi coñecido na Internet ao que acoden os alumnos e alumnas que non son moi traballadores. Para responder a esta pregunta terás que ir ao libro que consulta o alumnado de matemáticas máis lacazán, concretamente á páxina cuxo número é o primeiro número primo maior que a potencia sexta de dous. A cuestión é: A que famosa lei se fai mención en dita páxina?

4.- Viviu en Alexandría. Amenábar describiu a súa vida. O seu nome significa “A máis grande”. Descubre o seu nome no libro das caricaturas. A páxina atoparala na solución do seguinte problema: “Jonathan, Iván e Carlos queren repartirse uns euros que atoparon na discoteca de Forcarei. Jonathan colle a metade máis unha das moedas; Iván colle un tercio das moedas restantes; Carlos colle 20 moedas, e dáse conta de que ten o dobre das moedas de Iván. Cantas moedas atoparon?” Divídeo entre 2 e o resultado dáche o número da páxina. 5.- Nas Matemáticas con humor dos nosos antepasados, atoparás quen descubriu a BRÚXULA (compás). Ti que es un(ha) alumn@ moi list@ descublilás a páxina neste Xeloglífico”

6.- Hai un libro cuxo título chama a atención porque contradí a principal característica do noso profesorado de matemáticas. Cal é este título? Se atopaches este libro, non che resultará difícil averiguar que “Elementos” foi, durante séculos, o libro máis lido despois da Biblia; para saber o seu autor terás que recordar que comeza co pronome persoal tónico da primeira persoa en galego. 7.- Colle o único álbum ilustrado que hai na exposición. Que se estaba construíndo no ano 1178 na cidade natal do protagonista? Cal era o seu alcume? 8.- Busca o máis diabólico dos libros da exposición e mergúllate no sono da sétima noite. Nese capítulo fálase dunha forma de colocar números dentro dun triángulo. Saberías dicir que nome recibe dito triángulo?...non? Dareiche unha pista. Pensa unha potencia que teña a mesma base e o mesmo expoñente e calcula o seu valor. Nesa páxina do libros das personaxes matemáticas atoparás a solución…


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.