FRISONA
PRODUCIÓN
|
INFORMACIÓN
|
XESTIÓN
Nº 76 ANO XIV Setembro–Outubro 2008
AFRIGA P
R
O
D U C
I
Ó
N
D
E
L
E
I
T
E
D
E
G
A
L
I
C
I
A
REGRAS BÁSICAS PARA ESTABLECER PRADEIRAS CONGRESO DA FEDERACIÓN EUROPEA DE PASTOS
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
UNHA EXPERIENCIA PRODUTIVA DE GUISANTE E TRITICALE
PROCEDEMENTOS CORRECTOS PARA O ENSILADO DO MILLO
CASA MACÁN, AMBICIOSO COMBINADO DE GRANXA E QUEIXERÍA Portada.indd 1
COMO SUBSTITUÍR OS ANTIBIÓTICOS NOS XATOS DE CEBA?
FÍGADO GRAXO, UNHA AMEAZA ANTES E DESPOIS DO PARTO 13/8/08 19:37:08
pub_bolton.indd 2
20/8/08 17:47:33
SUMARIO
3
AFRIGA P
R
O
D U
C
I
Ó N
D
E
L
E
I
T
E
D
E
G
A
L
I
C
I
A
PRODUCIÓN Álvaro Rodríguez Eiras, presidente de Aresa. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .5
EXPLOTACIÓN Casa Macán, premio Aresa 2008 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .8
INFORMACIÓN Labranza cumpre 1.000 programas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .18
XESTIÓN Organización racional de ingresos e gastos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .26
AGRICULTURA/ DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES Establecemento e mellora de pradeiras. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .34 Unha experiencia exitosa de guisante e triticale . . . . . . . . . . . . . . . . . . .48 Congreso da Federación Europea de Pastos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .50
NUTRICIÓN Ensilado correcto do millo e inoculantes . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .60 Substitución dos antibióticos en xatos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .68
SANIDADE Fígado graxo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .72
Edita: AFRIGA, Asociación Frisona Galega. Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Juan Francisco Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIO, Agustín Pulleiro Bermúdez. TESOUREIRO, Manuel Berdomás Tejo. VOCAIS, José Ramón Pazos Fondevila, José Rodríguez Berbetoros e Juan Carlos Landeira Castro. E-mail: revista@afriga.es Produce: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa. DIRECTOR, Manuel Darriba. DIRECTOR COMERCIAL, José Manuel Gegúndez. DESEÑO GRÁFICO/MAQUETACIÓN, Marcos Sánchez. Enderezo: Recinto Feiral O Palomar s/n. 27004 Lugo. Teléfonos: 982 221 278, 636 952 893, 610 215 366. Email: transmedia@ctransmedia.com. Web: www.ctransmedia.com Administración: AGER Servicios Empresariais SL. Praza da Mercé de Conxo 1, 1º B. 15706 Compostela. Teléfono: 981 534 350. Email: ager@ager.com.es. Web: www.ager.com.es Imprime: Gráficas Rigel SA. Tirada: 9.000 exemplares Depósito Legal: C-1.292/94 - Afriga non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinados.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
Sumario.indd 3
18/8/08 18:01:22
.'. + - ( %'/( 01'+ 2 . (-'"" 1 '"'3 - ( " . 1 '(-'1 " . ) 4 '- ( . + - . ( . " (+ + - ( " 1 + . " . 1 . 1 .'4'"'+ + + '"'3 5 . + " (+ + " - - +'+ + + . '()'('+ + + ) (-' ( . +'-' ( " .
! " # $ %# & '"# '() *+ ( , '( ' -
pub_duran.indd 4
19/8/08 17:44:42
PRODUCIÓN
5
ÁLVARO RODRÍGUEZ EIRAS, PRESIDENTE DO GRUPO ARESA
“A SUBA DOS FERTILIZANTES EN PRIMAVERA TIVO UN EFECTO PSICOLÓXICO E RETRAEUSE O CONSUMO”
O meirense Álvaro Rodríguez Eiras, presidente do Grupo Aresa, é un dos empresarios líderes na comercialización de fertilizantes, cereais e pensos compostos. Empezou no negocio nos anos 50, polo que viviu en directo toda a evolución da agricultura e a nutrición animal do último medio século. No ano 2000 creou o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural “para que se falara da agricultura e da gandería”.
Rodríguez Eiras, no seu despacho
FÍGADO GRAXO
(LIPIDOSE HEPÁTICA).
_A irrupción do millo foi algo posterior. _Si, foi posterior. Sobre todo, o millo para ensilar. Como vostede sabe, Galicia non ten suficiente calor coma para conseguir unha boa colleita de millo en gran. O millo para ensilar prosperou rapidamente porque era un alimento que o gando comía con gusto. Foi, e na actualidade aínda é, unha das bases do alimento do gando. O que pasa é que o millo ten unha vantaxe e un inconveniente. A vantaxe é que o millo para ensilar dáse moi ben en moitas zonas de Galicia, sobre todo nalgunas zonas das provincias da Coruña e Lugo. Pero para gran e para secado dáse moi pouco. Nestes momentos somos grandes importadores de millo en gran, e coa palabra “importación” refírome a outras zonas de España. Nestes momentos este é un custo engadido moi forte para a economía gandeira.
CARACTERIZACIÓN, PREVENCIÓN E TRATAMENTOS
_Vostede empezou a traballar no almacén de seu pai, en Meira, alá polos anos 50. Foi testemuña do moito que cambiou o agro neste medio século. _Moitísimo. Naqueles momentos aos que se refire era todo moi primitivo. De feito, as grandes transformacións no agro viñeron a partir desa época. Daquela o principal sistema de alimentación animal era o pastoreo. Os animais estaban soltos e ían pacendo, ou subministrábaselles o pasto segado. Os gandeiros dependían da temporalidade da colleita. A gran modernidade foi a aparición dos silos, foi un avance poder almacenar alimentos en épocas de excedente para poder subministralos en épocas de menor produción e de maior carestía
_Outro problema é o encarecemento dos cereais polo seu uso para a fabricación de biocombustibles. _Si. Por esa parte, encarecéronse moitísimo. E non se nota só no millo, tamén na cebada e na soia. Agora temos un problema bastante grave en Galicia. Hai 15 anos estaban de moda en economía as táboas input/output. Falando menos tecnicamente, a relación entre o que entra como materia prima e o que se vende como produto acabado. Estamos nunha situación de desequilibrio, porque agora temos que traer moito de fóra de Galicia. En cambio, os produtos que fabricamos aquí non subiron na mesma medida, léase o leite, a carne, as patacas... Incluso baixan. AFRIGA ANO XIV - Nº 76
producion.indd 5
14/8/08 08:42:44
6
PRODUCIÓN
“NESTES MOMENTOS SOMOS GRANDES IMPORTADORES DE MILLO EN GRAN, E ESTE É UN CUSTO ENGADIDO MOI FORTE PARA A ECONOMÍA GANDEIRA” UNHA VIDA CONSAGRADA Á EMPRESA E Á POLÍTICA _Sempre que se fala da conta de gastos da explotación, a alimentación é un capítulo importante. E o gandeiro que quere ter rendibilidade ten que reducir ese gasto todo o que pode. _A produción agrícola e gandeira pódese comparar con calquera outra industria; hai unhas materias primas e uns produtos acabados. A materia prima está encarecida e o produto acabado, a igual ou menos prezo. E logo tamén penso que, se hai terras sen cultivar, o primeiro que habería que facer sería aproveitalas. _¿O consumo de fertilizantes sobe ou descende? _O consumo de fertilizantes ten o mesmo problema cós cereais. Os fertilizantes son derivados do petróleo e, dada a enorme subida do petróleo, tamén houbo unha subida espectacular dos fertilizantes. O que pasa é que os fertilizantes non teñen tanta importancia na “fabricación” coma os cereais. Hai vacas que na actualidade consumen 30 quilos diarios de millo. O fertilizante é un custo máis do cultivo, e porcentualmente ten moita menos incidencia. _¿A venda de fertilizante non baixou? _Nos últimos anos viña habendo un consumo sostido. Pero este ano, en concreto, a cousa cambiou. Os fertilizantes consúmense en Galicia no primeiro catrimestre do ano, e a suba dos fertilizantes foi precisamente nesa época, polo que causou un efecto psicolóxico importante e retraeuse o consumo. Notouse moita baixa. Nós temos empresas en Santander, Castela, Portugal... e houbo baixas nas vendas dun 20% Eu entendo que, se temos que producir máis millo forraxeiro, ten que aumentar o consumo do fertilizante. Sen fertilizante non se produce. A suba xa está un pouco atenuada, non é tan grande coma nos primeiros meses do ano. _¿De canto foi o aumento porcentual de prezos? _Non foi uniforme, porque o que subiu fundamentalmente foi o nitróxeno, que, por exemplo, non está presente nos fosfatos. Estes subiron un pouco pola importación, pero non moito. En cambio, os abonos que teñen compoñentes nitroxenados dun 15% subiron moito, e os que son integramente de nitróxeno, máis aínda. _¿Como inflúen na produción e uso de fertilizantes o incremento do control normativo? _Nós notamos un control cada vez maior, e eu creo que afortunadamente. En primeiro lugar, está control das propias fórmulas. É dicir, que se a vostede lle venden un 17% de nitróxeno, que sexa un 17% e non un 14% Cada vez en maior medida, concédeselle importancia á protección da natureza, e aqueles produtos que son contaminantes téndense a minimizar ou prohibir. _¿O agricultor é máis responsable, tanto no uso dos produtos coma na eliminación de envases baleiros? _Si, pero vostede sabe que a evolución da cultura en calquera sector da sociedade é unha cousa lenta. Os hábitos tardan en cambiar. E ademais, case sempre as persoas maiores, que son as que teñen máis autoridade, son as que menos cambian. Pero, dito esto, nos últimos anos sufrimos unha transformación enorme. Tamén hai outro aspecto da produción agrícola que inflúe nisto, que é a concentración. Antes había unha economía de subsistencia, traballar para alimen-
Álvaro Rodríguez Eiras naceu en Meira (Lugo) en abril de 1932. Aos 17 anos empezou a axudar a seu pai no comercio familiar, no que permanecería 22 anos. Con 29 anos accede á alcaldía de Meira, cargo que ostentou durante un lustro. No 1971 creou o primeiro centro de distribución de fertilizantes e cereais no barrio lugués de Montirón. A finais dos anos 70, Rodríguez Eiras presidiu o Club Político de Lugo, creado co propósito de levar a esta cidade aos principais líderes políticos dos inicios da democracia para que deran a coñecer as súas ideoloxías. Tamén participou activamente na fundación da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), da que foi o primeiro presidente, e foi un dos fundadores e primeiro presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). Na actualidade preside o Grupo Aresa. No ano 2000, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, creou o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. No seu tempo libre xoga ao golf. Un dos seus tesouros é unha foto con Severiano Ballesteros na que o campeón o felicita despois de medirse con el nun club de Madrid.
tarse, pero agora vaise á produción, coas características de calquera produción industrial: producir mellor, con máis calidade e o máis barato posible. _A outra gran liña de negocio do seu grupo son os cereais e pensos. En xeral, ¿como evolucionou a alimentación bovina nas últimas décadas? _Sufriu unha transformación grandísima, porque todas as circunstancias que concorren nese aspecto modificáronse. Empezamos pola forraxe, despois fóronse agregando produtos para completar esa alimentación... Ao mesmo tempo, a xenética sufriu unha enorme transformación. Esta é unha ciencia moi moderna, de tal maneira que as vacas cada vez producen máis. E agora a tendencia xa é a especializaicón. Non só pedimos que a vaca dea máis leite, senón que esta teña unhas características de lactosa, proteína... Facemos racións diferenciadas, poñemos o alimento a libre disposición... _¿A introdución dos pensos compostos foi algo tan revolucionario coma o ensilado? _Eu penso que si. A alimentación _non só na gandería, tamén na especie humana_ é unha ciencia en constante evolución, e cada vez concédeselle máis importancia, porque permite vivir máis, vivir mellor, evitar enfermidades... E na alimentación animal é o mesmo. _Nos últimos anos houbo problemas de crises alimentarias que apuntaban cara aos pensos. Iso tivo que influír no sector. _Si. Hai un avance permanente e constante na alimentación, de tal maneira que cada pouco tempo están saíndo máquinas novas, produtos novos... A seguridade sanitaria, evidentemente que influíu. Hai enfermidades que se foron erradicando, pero apareceron outras que nin sequera se coñecían. Por exemplo, o mal das vacas tolas era un descoñecido ata que apareceu, e ademais co problema engadido de que tarda ás veces 10 anos en manifestarse a enfermidade.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
producion.indd 6
14/8/08 08:43:03
PRODUCIÓN
_Sempre se di que a gandería vive un momento crítico. ¿Recorda algún peor ca este? _Non. Eu entendo que a Comunidade Europea, que produciu moitos beneficios e que reordenou moitas economías e sistemas, en cuestión agrícola non foi excesivamente beneficiosa para España. Isto xa se comentaba respecto ao propio Tratado de Adhesión. As restricións que se impuxeron sobre os cereais, en especial nas Castelas e Extremadura, e o control do leite, que si que se padeceu duramente en Galicia, prexudicaron a agricultura española, en beneficio doutros países coma Francia. Agora temos que ir a producir máis, e veremos o que nos trae esta nova época. Eu non me atrevo a facer prognósticos. O único que prognóstico que fago é que os agricultores e os gandeiros galegos sempre tiveron unha gran capacidade de adaptación. Van saír adiante, como saíron sempre, pero vai ser doroso e van quedar moitos no camiño. _¿Cando creou o premio Aresa de Desenvolvemento Rural, buscaba sinalar modelos a seguir? _Non tanto iso como que se falara da agricultura e a gandería, esta foi a primeira intención. Pensabamos que os gandeiros e os agricultores tiñan pouco peso específico nos votos, e os votos son os que deciden os orzamentos. Un quere contentar á cidade da Coruña e non contenta ao agro. Nós queriamos que se falase do agro e, modestamente, creo que contribuímos un pouco a iso. O pasado 24 de xullo asinamos coa Universidade o convenio para a novena edición do premio, e este ano o que queremos é poñer énfase no aspecto da crise actual do campo. Nós non temos presupostos para distribuír axudas, nin influencias directas, o único que podemos
7
facer é clamar, esperemos que non sexa no deserto, para que haxa un maior grao de atención á sociedade rural nesta crise. _Non obstante, o premio si que sinala bos modelos a seguir. _Sen dúbida. A filosofía no premio está na mellora da economía rural. ¿Como? Pois estimulando, premiando, a aquelas persoas, entidades e medios de comunicación que contribuíron a enriquecer a gandería e a agricultura galega. _¿Por que considerou importante contar coa Universidade para organizar este galardón? _Os empresarios antes tiñamos o sambenito de que só buscabamos beneficio. O beneficio é un obxectivo natural dunha empresa, pero aquelas persoas que ademais diso temos inquedanzas procuramos que o medio no que vivimos estea o mellor posible. O que pasa é que a emprea soa non ten voz suficiente para chegar a moitos ámbitos da sociedade. Por iso lle fixemos a proposta á Universidade, e desde o mesmo momento en que presentamos a idea acollérona cun entusiasmo extraordinario. _¿Cre que hai unha transferencia axeitada de coñecemento entre os centros de investigación e os produtores? _Sen dúbida ningunha. Agora ben, se vostede me pregunta se é bastante, eu diría que non. Pero que hai cada vez máis, sen dúbida. Eu lembro que hai 30 anos falábase de Mabegondo como vangarda da investigación e da innovación. A esta institución xuntáronse outras moitas. Hai moitos catedráticos e fundacións dedicados a este empeño, e estase a facer moito, pero nunca é bastante. A agricultura e a gandería son cada vez máis cambiantes.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
producion.indd 7
19/8/08 19:03:23
8
EXPLOTACIÓN Eladio Rigueira, titular da explotación, coa granxa e a queixería ao fondo
GRANXA O SEIXO. PIÑEIRA (TABOADA)
En tan só unha década, a granxa O Seixo (Taboada, Lugo) pasou de 80.000 a 1,1 millóns de quilos de cota. Na actualidade ten 95 vacas en produción e unhas 120 en recría. Eladio Rigueira, o actual titular, diversificou a súa actividade cunha granxa de patos e unha queixería, Casa Macán, que en catro anos se converteu na máis grande de Galicia. O seu empeño valeulle a este empresario, de só 37 anos, o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural na edición do 2008.
UN COMBINADO DE 95 VACAS EN PRODUCIÓN, QUEIXERÍA E GRANXA DE PATOS Eladio Rigueiro fíxose cargo da explotación de seus pais hai 10 anos, finalizados os seus estudos de enxeñería técnica industrial. Desde o principio tivo en mente que a explotación tiña que seguir unha liña de crecemento continuo. “As granxas americanas teñen isto moi claro. Alí son moi grandes porque os prezos do leite oscilan moito. Cando están baixos, medran para ser máis competitivas. E cando están altos, medran para gañar máis diñeiro”. Rigueiro calcula que nesta década leva investido máis de 360.000 euros (60 millóns das antigas pesetas) en adquirir dereitos de produción. Como moitos outros que fixeron esforzos similares, o final do intercambio libre de cotas significou para el perdas económicas. “Antes a cota valía para o banco e agora non vale nada. Eu perdín moitísimo nestes investimentos”, asegura.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
explotacion.indd 8
15/8/08 20:31:20
EXPLOTACIÓN
9
RIGUEIRA CALCULA QUE EN 10 ANOS LEVA INVESTIDO MÁIS DE 360.000 EUROS EN ADQUIRIR DEREITOS DE PRODUCIÓN
Na granxa fanse tres tipos de racións, para vacas en produción, recría e vacas secas
TRES TIPOS DE RACIÓN Na granxa de Taboada preparan racións diferenciadas para as vacas en produción, as da recría e as secas. En todos os casos, limítase o máximo posible o uso de concentrado por motivos económicos.
O establo da explotación acolle as vacas en produción e as secas. A recría faise en dúas granxas alugadas
A granxa conta a día de hoxe cunhas 250 cabezas, entre vacas en ordeño _case 100_, recría _unhas 120_ e secas. A recría faise integramente na propia explotación, en dúas naves situadas nas parroquias chantadinas de Arcos e Mariz, a uns dez quilómetros do Seixo. Rigueira alugou as instalacións e terras de dúas granxas que abandonaron a actividade, por falta de espazo no seu establo. Na zona de recría, as xatas permanecen desde o destete ata unhas poucas semanas antes do primeiro parto. A explotación orixinaria acolle as vacas en produción, os xatos ata o destete e as vacas secas. O establo actual, de 2.000 metros cadrados, construíuse no ano 98. Para o muxido dispón dun robot e dunha sala de seis puntos, e no futuro implantarase un segundo robot. Na zona do robot hai un lote de 54 vacas, o número que a Eladio lle produce mellor rendemento no emprego deste dispositivo. Despois dos habituais problemas de adaptación á máquina, as vacas están dando unha media de entre 35 e 36 litros ao día, algo superior ás que se muxen na sala. En conxunto, a media por vaca e día está en 30 litros.
Racións de produción 25 quilos de silo de millo 3 quilos de alfalfa 3 quilos de levadura de cervexa 8 quilos de concentrado Racións de recría 2 quilos de alfalfa deshidratada 2,5 quilos de avea e veza 1 quilo de concentrado As racións de recría, totalmente secas, prepáranse no carro da explotación e lévanse en remolque unha vez á semana ás dúas naves das xovencas. Dentro deste grupo fanse tres lotes diferenciados: a)
Entre o destete (4 meses) e os 10 meses, só se lles subministra concentrado.
b)
Entre os 10 meses e o momento da inseminación (16 meses), a ración de recría a discreción combinada con pastoreo.
c)
Entre a preñez e o parto, a ración de recría limitada _variando segundo a época_ combinada con pastoreo.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
explotacion.indd 9
15/8/08 20:33:43
10
EXPLOTACIĂ“N
;9(A()030+(+, GARANTIDA
*3(:0-0*(*0Ă&#x201D;5 ,<967,( CONTRASTADA
A RECRĂ?A FAISE INTEGRAMENTE NA PROPIA EXPLOTACIĂ&#x201C;N, EN DĂ&#x161;AS NAVES SITUADAS NAS PARROQUIAS CHANTADINAS DE ARCOS E MARIZ A base territorial da explotaciĂłn ĂŠ de 40 hectĂĄreas, das que 35 estĂĄn a millo en rotaciĂłn con raigrĂĄs
),5,:;(9 ANIMAL
9,5+,4,5;6 Ă&#x201D;7;046 +( *(5(3
R,*6330+( +09,*;( 5( EXPLOTACIĂ&#x201C;N
Un robot de muxido extrae a produciĂłn de 54 das 95 vacas da granxa
4- 4(; -90. +,
MONTELLOS
%%%Fe[\ X mXZX `dgfikX%
(<;6=Ă?( +6 5696,:;, SHxKH CY[H H MLZ}U KV =LU[V 2T MONTELLOS Â&#x2039; BETANZOS A CORUĂ&#x2018;A) TLSMUV! Â&#x2039; FH_! Â&#x2039; E THPS! Q\HUHTHYHU[L'PUMVULNVJPV JVT
XENĂ&#x2030;TICA Eladio concĂŠdelle unha importancia capital ĂĄ mellora xenĂŠtica. A explotaciĂłn ten unha meritoria media de caliďŹ caciĂłn de 81,5 (98% dos animais caliďŹ cados). Desde sempre busca seme de touros punteiros _de Estados Unidos e CanadĂĄ, en exclusiva_, e cada vez dĂĄlle mĂĄis importancia ao implante embrionario. No Ăşltimo ano implantou 20 embriĂłns, todos eles importados dunha granxa de CanadĂĄ. Entre os sementais que Rigueira preďŹ re atĂłpanse Ride, Low e Goldwyn. Trata de establecer familias propias, e neste sentido cita unha que partiu dunha ďŹ lla do semental francĂŠs Downson. â&#x20AC;&#x153;Esa vaca ďŹ xo unha das mellores lactaciĂłns de Galicia, e na actualidade teĂąo unha neta dela MB-88 e unha bisneta MB-86â&#x20AC;?, explica o gandeiro.
AFRIGA ANO XIV - NÂş 76
explotacion.indd 10
15/8/08 20:34:19
EXPLOTACIÓN
11
NA ZONA DO ROBOT HAI UN LOTE DE 54 VACAS, O NÚMERO QUE A ELADIO LLE PRODUCE MELLOR RENDEMENTO NO USO DESTE DISPOSITIVO
CARGA AUTOMÁTICA
OS CUBÍCULOS MELLOR ACONDICIONADOS COS NOSOS DISPENSADORES Dispensadores para acondicionar cubículos coa maior rapidez e facilidade, o mínimo de po e o uso máis económico dos materiais. 160 cubículos acondiciónanse en 5-6 minutos
Q
Os usuarios aforran ata un 50 % en material de base
Q
Posibilidade de utilizar serrín, cepilladuras, area, palla picada, papel e caliza
A actividade da explotación diversificouse coa apertura dunha granxa de patos
Q
TODOS OS DISPOSITIVOS PARA O TRATAMENTO INTEGRAL DO PURÍN Trituradores
Revolvedores sumerxibles en ferro e aceiro inoxidable
Separadores
UNHA COMPLETA GAMA DE BEBEDEIROS BASCULANTES INOXIDABLES
Q
Con ou sen protección
Q
Con válvula de alto rendemento de 25 litros/minuto
Q
Modelos de 45 e 75 litros
LIMITACIÓNS Un dos problemas principais da explotación é a base territorial, enormemente dispersa. Entre parcelas propias e alugadas conta con 40 hectáreas, das que 35 se destinan a millo _en rotación con raigrás western gold_ e as restantes, a pradeira. Eladio trata de alugar parcelas de máis dunha hectárea de superficie, pero a dispersión é tal, asegura, “que se aparece unha máis pequena a catro quilómetros de aquí, non o dubido”. O granxeiro aproveita para criticar a concentración parcelaria da zona, “que só se fixo nunha parroquia na que hai só unha explotación en activo”. Outra limitación da granxa é o almacenamento de purín, con dúas fosas de 600.000 e 1 millón de litros, respectivamente. As dexeccións aumentaron dun xeito considerable cando Eladio abriu unha segunda granxa, de patos, hai cousa de sete anos.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
explotacion.indd 11
15/8/08 20:34:36
12
EXPLOTACIÓN
Toda a maquinaria da granxa é propia, incluíndo un carro mesturador arrastrado
A EXPLOTACIÓN TEN UNHA MEDIA DE CALIFICACIÓN DE 81,5, CO 98% DOS ANIMAIS CALIFICADOS
O establo de vacas en produción ten 95 reses e unha superficie de 2.000 metros cadrados
Almacén con herba seca, unha das bases das racións
“Empezamos cos patos porque era un complemento de ingresos”, explica o empresario. “Funcionamos integrados en Coren, que trae os poliños e leva os animais, as femias aos 50 días e os machos aos 70 días”. A granxa de patos atópase a uns poucos centos de metros da explotación vacuna do Seixo. Rigueira é un firme partidario da idea de diversificar. En canto ao tema de maquinaria, a granxa é autosuficiente, con carro mesturador arrastrado e toda a maquinaria precisa para a sementeira, laboreo e recolección. A explotación ten 3 empregados externos, 2 para o ordeño e 1 para a recría e os patos.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
explotacion.indd 12
15/8/08 20:36:41
VERSÁTIL Y MÁS CERCA DE USTED
75-155 CV
MF 5400 RED MF DE GALICIA Y ASTURIAS
A CORUÑA M. A. Liste Villaverde, S.L. Oroso Tel. 981681652 J.A. Muiño Gomez Somezas Tel. 981404179 Agrícola Carballeira, S.L. Pontedeume Tel. 981431899 Tall. Castellana, S.C. Aranga Tel. 981789511
Tall. Facal Carballo Tel. 981703288
Cial. Lemos Eire, S.L. Chantada Tel. 982440274
Cial. Agric. Carrera, S.L. Ponteareas Tel. 986641899
LUGO Tall. Fdo. Rivas, S.L. Cospeito Tel. 982520105
Tall. Loureiro Ribadeo Tel. 982128473
Maxideza, S.L. Lalin Tel. 986781468
Agricola Cadi, S.L. Sarria Tel. 982531187
OURENSE Desagri, S.L. Quintela de Canedo Tel. 988211278
ASTURIAS Jose Manuel Uz Alba Tineo Tel. 985837060
Julio Alvite Garcia Pastoriza Tel. 982349341
Agricola Suarez Xinzo de Limia Tel. 988461127
Agricola Costa Verde Gijón Tel. 985167934
Maside Maquinaria, S.L. Baralla Tel. 982363339
PONTEVEDRA Agricola Morañesa Moraña Tel. 986553611
MASSEY FERGUSON es una marca mundial de AGCO corporation
pub_massey-fegusson.indd 13
12/8/08 00:00:35
14
EXPLOTACIÓN
ADQUIRE O LEITE DE 100 EXPLOTACIÓNS DE TABOADA, CHANTADA, CARBALLEDO E O SAVIÑAO Envasado do queixo Tetilla
CASA MACÁN, A QUEIXERÍA MÁIS GRANDE DE GALICIA A aventura empresarial máis ambiciosa de Eladio Rigueira empezou hai 4 anos, ao adquirir unha vella queixería de Taboada, Casa Macán, “unha veterana queixería familiar que non ocupaba máis de 30 metros cadrados”, lembra. Empezou trasladando a maquinaria a unha nave ao carón da súa granxa do Seixo. En catro anos, aquel pe-
Liña do queixo Tetilla
explotacion.indd 14
Liña do queixo en barra
queno negocio convertiuse nunha moderna queixería, con instalacións punteiras, que emprega a 35 persoas e produce 9.000 pezas ao día. Na actualidade é a fábrica de queixo máis grande de Galicia. Esta espectacular transformación _que só no último ano requiriu un investimento de 7 millóns de euros_, fíxose co apoio
Vista xeral das liñas de produción
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
Oficinas da queixería
dun gran grupo de distribución co que Casa Macán ten contrato en exclusiva. Rigueira recalca que esta relación proporciona unha gran seguridade e avais para os cuantiosos investimentos, así como unhas esixencias de calidade máxima. Hai auditorías mensuais e os controis de hixiene dentro da fábrica son moi estrictos. Casa Macán converteuse deste xeito nun importante comprador de leite cru para as explotacións da zona, dado que o seu consumo diario é de 50.000 litros _con capacidade para transformar ata 120.000 ao día_. Un cento de granxas dos concellos de Taboada, Chantada, Carballedo e O Saviñao véndenlle o produto a esta fábrica. A marca produce queixo das denominacións Tetilla e Arzúa-Ulloa, e tamén queixo de barra xa preparado en lascas. O espírito emprendedor de Eladio Regueiro valeulle o premio Aresa de Desenvolvemento Rural deste ano, que recolleu en Lugo no mes de xaneiro.
Depósitos onde se elabora a pasta de queixo
15/8/08 20:37:25
BouMatic INNOVACIÓN • SOLUCIONES • RESULTADOS
Ronda Fontiñas, 123 Entrechan 27002 LUGO Teléfono/Fax: 982.24.29.12 - Web: www.agroor.com
Teléfono 24 horas: 639.81.65.43
pub_agroor2.indd 15
AGRO-OR SL R E F R I G E R A C I Ó N
15/8/08 20:29:07
Gomas e Camas para Vacas Limpezas Automáticas
distribución material ganadero
Estabulacións Libres [A PARTIR DA EXPERIENCIA ACUMULADA POR TONI NA EMPRESA TONI Y JAVI]
As fotografías deste anuncio corresponden a catro das nosas últimas obras: SAT ABUIDE-ANDIÓN (POL), SAT LIXEIRO (BÓVEDA), SAT COUTO DA GRANDA (CASTRO DE REI) E GANDERÍA DE PEPE DO FRANCO (A PASTORIZA)
TUBULAR BOVINO
VENDIDAS 15.000 PRAZAS AO ANO EN GALICIA E ASTURIAS pub_toni-javy.indd 16
15/8/08 13:35:48
Máis de 1 millón de vacas dormen en colchóns BIORET
PISO DE GOMA DUNHA SOA PEZA PARA PATIOS
LIMPEZAS AUTOMÁTICAS DE CABLE
A auténtica limpeza alemana, non compre imitacións
MÁIS DE 30.000 LIMPEZAS INSTALADAS EN EUROPA Polígono Industrial do Corgo, parcela 3, 27163 O Corgo (Lugo) Novo teléfono: 671 485 702 (TONI) • 671 485 703 (Servicio Técnico) E-mail: toniyjavi@hotmail.com distribución material ganadero
pub_toni-javi.indd 17
Distribuidor en Asturias: Almacenes Ladislao, S.L. Polígono El Zarrín, S.N. La Espina, 33891 Salas (Asturias) Tlf.: 985.837385 - 629566500
21/8/08 13:25:57
18
INFORMACIÓN
“RESPECTO Á ACTIVIDADE AGRARIA TEÑO QUE SER OPTIMISTA, PORQUE VIN O PANORAMA MÁIS NEGRO NOUTRAS ÉPOCAS”
Anxo Vázquez, primeiro pola dereita, no programa número 1.000 de Labranza, na escola de Sergude o pasado 13 de xullo
ANXO VÁZQUEZ PERNAS, DIRECTOR DOS PROGRAMAS DE TVG ‘O AGRO’ E ‘LABRANZA’
FÍGADO GRAXO
O programa da TVG Labranza celebrou no pasado mes de xuño a súa edición número 1.000, consolidándose como un referente en Galicia no eido da información agrogandeira. Anxo Vázquez Pernas dirixe este espazo dominical e mais o diario O Agro _na mesma canle, de luns a venres_. Perito agrónomo formado en Pamplona e Madrid, Anxo leva 28 dos seus 62 anos tratando en televisión os temas que interesan a agricultores e gandeiros. Media vida pegado á evolución dun sector cheo de luces e tamén de sombras.
(LIPIDOSE HEPÁTICA).
CARACTERIZACIÓN, PREVENCIÓN E TRATAMENTOS
_¿Como lembras os teus inicios na información agraria? _Eu era axente no antigo Servizo de Extensión Agraria. Estiven, sucesivamente, nas axencias de Xinzo de Limia, Verín e Pontedeume. Extensión Agraria era un servizo con moito movemento, inquedanzas e medios, coa filosofía de traballar co agricultor para que aproveitara mellor os seus recursos. En Madrid a Dirección General tiña un departamento de Cinematografía para facer vídeos didácticos e eu empecei alí o meu contacto coa imaxe, facendo cursos. Despois, en Pontedeume, o que entón era director do centro rexional de TVE, Eugenio Pena, propúxome facer un programa. _Falamos do ano… _Do ano 1980. Aquel primeiro programa chamouse O Agro e estivo durante case cinco anos na TVE, na franxa diaria de desconexión
para Galicia. A min tocoume media hora os martes. Empezamos con idea de estar seis meses, pero a cousa funcionou moi ben e entusiasmouse todo o mundo. Non é de estrañar, porque daquela o 40% da poboación activa galega vivía do campo. _Tampouco había ningún programa de televisión similar. _Non, naquel momento non había nada. Houbera un en TVE nos anos 70 que se chamaba O Campo, que tamén se facía en colaboración cos servizos de Extensión Agraria. _Logo, coa chegada da TVG, o teu programa tivo unha continuidade natural. _A TVG quería empezar un programa agrario e puxéronse en contacto comigo. Por lóxica, tiña máis futuro estar coa televisión auto-
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
informacion2.indd 18
15/8/08 21:09:14
INFORMACIÓN
nomica. Empecei cun programa que se chamaba A Terra, que durou tres anos. Despois houbo un baleiro duns poucos meses, a raíz da chegada do tripartito á Xunta, e retomei o tema con O Noso Agro, no ano 87, ata 1991. A partir de aí empeza a etapa actual do programa. Ata entón o redactor era eu exclusivamente, e incluso presentei nas primeiras etapas. O que fixemos foi reforzar o equipo con outros tres redactores e empezar O Agro de luns a venres, e despois Labranza, que nun principio foi os sabados e despois os domingos. _Moito cambiou desde aquela o panorama agrario... _No ano 80, como che dicía, a poboación activa no agro debía andar polo 40% No ano 91 aínda había un 27% de poboación empregada no campo. Agora a porcentaxe, segundo as estatísticas, está no 7% _O que está claro é que os gandeiros e os labregos tiñan un déficit de información. _Eu, como divulgador agrario, sabía que había moitas cousas que había que transmitir. Era todo empezar. No momento que empezas, a relación co sector xa che vai dando unha retroalimentación, vas vendo as necesidades de información que existen en cada momento. Un programa deste tipo, se non vive en relación co sector ten os días contados. Non podes estar moi pendente do Parlamento, hai que estar máis pendente do que pasa en Fefriga, en Acruga, nas cooperativas, nos centros de investigación, nas explotacions… _Entón, a colaboración co sector é moi intensa. _Moi intensa, incluso planificamos cousas en conxunto. Por exemplo, con todo o subsector do gando frisón a nosa relación é permanente. A comunicación non é tan grande con outras organizacións, onde as necesidades de divulgación non son tan intensas porque non
19
ocupan a tanta poboación agraria. Obviamente, no programa sempre falamos de que o noso obxectivo é estar en contacto co sector. Imaxina como foi a cuestion nestes anos, onde os produtores tiveron que transformarse en empresarios. _Foron anos de cambios ben traumáticos. _Cambios, ademais, que en Galicia nos colleron a contrapé, sobre unha situación de partida atrasada. Hai que remontarse ao século XIX, onde a reacción contra a eliminación dos foros fracasou, polo que desaparecerían 50 anos máis tarde que noutras zonas. Iso retrasounos de tal maneira que aínda nos afecta a día de hoxe. Outro hándicap tivémolo a principios do século XX. Todo ese tempo de agraristas innovadores viuse truncado pola guerra do 36, e a agricultura converteuse en zona de refuxio, non de avance. Tivemos que esperar aos anos 60 para coller un pouquiño de dinamismo e capacidade modenizadora. Pero, cando chegamos ao ano 85, dinnos que temos que ser competitivos e adaptarnos ás normas da Comunidade Europea, e que para facer iso temos un período transitorio tan cativo que durou só ata 1991. Foi a hora de tomar decisións e ninguén sabía como facelo, e nesa incertidume meto desde o poder político ata o último labrego do país. Foi unha época complicada e triste. A xente saíu para adiante e modernizouse moito, pero a día de hoxe debiamos estar doutra maneira.
NOVAS TECNOLOXÍAS NA CONSTRUCIÓN DE NAVES GANDEIRAS MÁIS CONFORT POR MENOS CARTOS
ESTRUTURA METÁLICA CON CUBERTA ILLANTE DE POLIETILENO, E PECHE LATERAL CON MALLA CORTAVENTOS OU MADEIRA NAVES PARA ALMACÉN SEN NECESIDADE DE PERMISO. FÁCILES DE DESMONTAR E TRASLADAR DIRECTOR COMERCIAL PARA GALICIA E ASTURIAS MARCIAL LÓPEZ ÓNEGA “FARRUQUIÑO” TELF.: 666 497 912
ASESORAMENTO MARCIAL LÓPEZ ÓNEGA FARRUQUIÑO
• COMPRAVENDA DE GANDO • ESPECIALISTAS EN VACÍOS SANITARIOS • MANEXO DE REBAÑOS • CALIDADE GARANTIZADA
CARME REGO LÓPEZ XESTORA ADMINISTRATIVA
• XESTIÓN DE EMPRESAS AGRARIAS • ASESORÍA FISCAL E LABORAL • TRÁMITES DE SUBVENCIÓNS • ELABORACIÓN DE PROXECTOS TÉCNICOS
C/ Río Sil, nº 9 Entresuelo nº 2 - 27003 Lugo Telf: 982 81 74 23 Fax: 982 98 05 06 Móbiles: 666 49 79 12 – 660 49 11 12 e-mail: afiteco@mundo-r.com
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
informacion2.indd 19
15/8/08 21:15:11
20
INFORMACIÓN
Equipo de ‘Labranza’
_¿Cales che parece que son as asignaturas pendentes do agro galego? _Hai moitas. En todas as decisións imos ter que considerar dúas situacións: unha, que non nos queda máis remedio que seguir as normas que nos marca a Unión Europea; e, por outra banda, está a nosa propia realidade. Compaxinar esas dúas cousas é bastante complicado. Temos que facer explotacions competitivas, sustentables, con seguridade alimentaria... ¡Pero é que aínda estamos con mil parcelas por explotacion! Tampouco temos empresas propias que fagan contratos estables para que as explotacións teñan futuro, e estámolo vendo no caso do leite... E boa parte da terra está sen aproveitar, non temos terra para producir alimento. É dicir, movémonos nunha situacion que non nos favorece en nada neste sentido. Hai moitas parcelas da nosa economía agraria que, aínda que medraron nos últimos anos, eu creo que debían medrar máis. Medramos en porcino e en aves, pero non chegamos aínda á dimensión de empresa que se precisa para facerlle fronte a globalización. _¿E cal é o handicap que nos impide medrar? _O maior hándicap que hai sempre é o home. O home ten unha barreira natural: a desinformacion. E esa barreira só se rompe con información. _¿Avanzouse niso, na información dispoñible para o agricultor e o gandeiro, e o xeito en que este a aproveita? _Nós temos que mirar, en primeiro lugar, a quen vai dirixido o noso proxecto de comunicacion. Cambiou o receptor da mensaxe. Ti non podes facer comunicación para élites, nin tampouco para
os que están na agricultura máis tradicional. Tes que saber o nivel ao que tes que traballar. As cousas que tes que comunicar, obviamente, teñen que ser útiles, estar baseadas nunha realidade. Hai 30 anos igual había que tratar temas de muxir e sacabamos un caldeiro... porque o da calidade do leite foi un tema recorrente noso, desde o principio. Hoxe xa hai que sacar explotacions que gañan premios a nivel do Estado e onde hai uns protocolos de manexo moito máis racionais. _Nese sentido, o sector do leite cambiou enormemente. _Cambiou moito. Cando vas por aí adiante, aínda segue existindo moita agricultura pouco desenvolvida, pero esa agricultura atinxe a menos xente, mentres que a que impera é a moderna, a de empresa. Hai que vivir, e é dificil subsistir con medios de produción pouco actualizados. Quen nolo está a dicir é o propio sector. Por exemplo, hoxendía os fabricantes de maquinaria están asustados da cantidade que se vende. De toda a vida, cando o sector ten cargos gástaos en medios de produción. E quizais debería gastalos noutras cousas… _Agora mesmo, ¿cales son os principais puntos de preocupación que observas no sector? ¿En que temas hai que incidir á hora de informar? _A nós o que máis tempo nos ocupa, normalmente, son os temas de gandería. Tamén o tema dos viños, que está en auxe. Pero a min, persoalmente, un dos temas que máis me preocupa é o da infraestrutura da terra. E tamén o feito de que entre os distintos estamentos do sector non haxa comunicacion: entre a producion, a industrializacion e a comercializacion.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
informacion2.indd 20
15/8/08 21:09:41
pub_tvg.indd 21
13/8/08 19:31:12
PIENSOS ARA • Fabricación personalizada de todo tipo de pensos: mesturas, pensos simples, compostos, en fariña ou granulados • Servizo de racionamentos para calquera especie animal • Asesoramento técnico • Servizo de menos de 24 horas para pedidos de calquera volume e a calquera lugar • Venta de forraxes (alfalfa, palla, reigrás). Cantidade mínima, unha paca • Venta de fertilizantes
Praza Maior, s/n - 27377 Muimenta (Lugo) - Telf.: 982.52.81.03 - Fax: 982.52.81.33 - Mail: poehisl@infonegocio.com
pub_ara.indd 22
13/8/08 19:30:15
INFORMACIÓN
Por exemplo, o que está a pasar co leite. Estamos nun momento delicado, con isto de que o grupo lácteo non saíu para adiante e a Mesa do Leite estivo pseudoparalizada.. Estas oscilacions de prezos non axudan a que as partes se xunten e tomen decisións, máis coa cabeza que co corazón. _En liñas xerais, ¿es optimista sobre o futuro inmediato do agro? _Teño que ser optimista, porque vin o panorama máis negro noutras epocas, cando non se sabía qué facer e se ían facendo as cousas porque xurdían así. Neste momento, máis ou menos, xa se sabe por onde se ten que ir. O que fai falta ás veces é valentía por parte dos políticos para tomar decisións sobre a terra. Se queremos subsistir non nos vai quedar outra que meternos en modelos de explotacións moi racionais, grandes e moi extensivas. Non creo que teñan que ser tan intensivas coma agora, unha situación que ás veces me asusta polo grao de dependencia tan forte que se establece. Para manter as nosas vacas estamos máis pendentes do que entra polos portos de Marín ou da Coruña que do que producimos nós mesmos. Se o minifundismo se puidera solucionar... E non a través dunha concentracion parcelaria. _¿O banco de terras é un bo principio? _O banco de terras xa debía estar feito desde hai moitos anos. Paréceme un instrumento moi importante, pero non a solución. Paréceme que a solución ten que ir máis alá. Agora que os propietarios non viven da terra, que non lle sacan practicamente utilidade, tomar decisións sobre este tema non ten a mesma gravidade que hai 50 anos. Digamos que a propiedade xa non pode ser unha arma arreboladiza.
23
“PARA MANTER AS NOSAS VACAS ESTAMOS MÁIS PENDENTES DO QUE ENTRA POLOS PORTOS DE MARÍN OU DA CORUÑA QUE DO QUE PRODUCIMOS NÓS MESMOS”
_Ás veces hai que saír fóra para observar modelos importables, ¿non si? _Eu o que sinto é non poder ir máis veces fóra co programa, precisamente para ver os modelos aos que chegaron outros e que nos poden resultar interesantes. Se tes máis información, tes a posibilidade de ir máis alá. Sempre lembro unha viaxe a Holanda que fixen hai 28 anos, unha viaxe con gandeiros que patrocinaba a Deputación da Coruña. Aquilo, daquela, era un mundo utópico para os galegos. Hoxe chegamos a ese mundo utópico e xa o superamos. _Parece difícil que se incremente en Galicia a porcentaxe de poboación empregada en actividades agrogandeiras. _Iso vai depender tamén de como funcione o resto da economía. Eu non me atrevo a facer predicións, pero o que sei é que o 7% que temos hoxe non é moito nin pouco. Se o comparamos coa taxa de emprego agrario doutros países máis desenvolvidos, estamos por riba deles. Se o comparamos co noso propio modelo, para min empeza a ser preocupante que haxa tan pouca xente empregada no agro. En moitas cousas xa se están a perder cantidade de recursos explotables. En zonas da nosa montaña, por exemplo, os problemas ambientais poden ser fortes.Aí está o lume para lembrárnolo.
AGRICOLA LOUSADA – BJO ROJO
MAQUINARIA USADA EN STOCK
Q Q Q Q Q Q Q Q Q
CARROS MEZCLADORES FARESIN, STRAUTMAN USADOS HORIZONTALES CON FRESA GRADAS ROTATIVAS AMAZONE Y RABE SENBRADORES HIERBA DE AIRE Y DE DISCO SEMBRADORA MAIZ MONOSEN REMOLQUES CARRETAR MAIZ DISTRIBUIDOR ESTIERCOL ABONADORAS USADAS PICADOORES USADOS POTINGER Y STRAUTMAN TRACTOR JONH DEERE 6800
VENDA E REPARACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA
B.J.O. ROJO, S.L. Barrio da Cruz, 8 - Sta. Leocadia - Castro de Rei (Lugo) Teléfono 982 314 037 • Fax 982 314 904 Móviles Benedicto 670 535 100 - José 678 432 835 Comercial 678 432 834 • E-mail landmaschinenrojo@yahoo.es
AGRICOLA LOUSADA MEZCLADOR DE PURÍN
(Concesionario tractores VALTRA e arados LOTARIO) Lousada-Guntín(Lugo) Telf.: 982.20.83.50 – 636.81.8300
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
informacion2.indd 23
15/8/08 21:09:52
pub_ign.indd 24
13/8/08 21:01:12
A tecnoloxía que vai contigo
A tecnoloxía donde te atopes
Tecnoloxía transparente
Innovación sinxela
A tecnoloxía, mais preto de ti La tecnología, más cerca de ti Technology , closer to you La tecnología , més a prop de tu Die Technologie , näher zu Ihnen
http://www.ign-solutions.com Infraestructura TIC Housing
Galicia
Linux Gigabit LAN Networking
PLC Apple Hosting Desarrollo
Open Source Unix
Wifi Telecom Domótica Innovación Fibra Óptica SEO Cableado Telefonía IP UTP Rural FTP Streaming STP Cisco TCP/IP 7x24 Industria web 2.0 Wimax Video IP Surveillance Virtualización Helpdesk/Soporte Hardware F5 Software Comercio Solaris Windows WAN
Data Center
Automatización
Clustering
Empresa
IBM
Seguridad Antivirus Internet Fluke LAMP Administración de Sistemas Consultoría Gestión AntiSpam Firewall e-commerce Microsoft Network Admin XML JAVA Ruby on Rails outsourcing ...
IGN Solutions®
Innova Galicia Networks Solutions, S.L. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo O Palomar s/n 27004 LUGO T. 982.28.41.50 F. 982.28.49.22
pub_ign.indd 25
13/8/08 21:13:52
26
XESTIÓN
AUMENTAR BENEFICIOS NAS EXPLOTACIÓNS MEDIANTE A ANÁLISE DE XESTIÓN
Xan Pouliquen Agrónomo Xestión Agrogandeira e Natureza CEI Avda A Coruña, 490, local 7 27003 Lugo www.xangalicia.com
Aumento dos prezos dos concentrados, baixada do leite, subida do gasóleo e dos abonos... O futuro das explotacións preséntase de novo con certas complicacións. Por ende, este ano 2008 o clima non permitiu polo xeral facer A análise de xestión responde a esta necesidade, como imos silos de boa calidade, o que nos agoira ver. Neste artigo ímonos deter en mirar a utilidade real da análise de xestión. Miraremos como nos pode servir para tomar decisións máis dificultades. Neste contexto, o que melloren os resultados da explotación. Ao final, daremos algún control económico da explotación é exemplo real do asesoramento que unha empresa de servizos pode absolutamente fundamental para poder ofertar ás explotacións. PARA QUE SERVE A ANÁLISE DE XESTIÓN? manter un certo nivel de beneficios. Cada explotación é un mundo? A análise de xestión parte dunha observación básica: as explotacións non gañan todas o mesmo nas mesmas condicións. A gráfica 1 presenta os resultados de explotacións galegas. Vese como todas as explotacións situadas na liña vermella producen máis ou menos o mesmo, uns 350.000 litros, pero os seus beneficios van dende 20.000 até 80.000 euros! Como é posíbel que producindo os mesmos litros uns gañen o dobre ca outros? AFRIGA ANO XIV - Nº 76
xestion.indd 26
15/8/08 21:18:00
XESTIÓN
Pola outra banda, as explotacións situadas ao longo da liña azul gañan todas máis o menos o mesmo, uns 40.000 euros. Pero para isto, algunha explotación debe facer máis de 500.000 litros, mentres que outras chegan a xerar estes cartos cunha produción de arredor de 250.000 litros! Como é posíbel?
27
Grafica 2: Evolución dunha explotación (a altura das barras corresponde aos ingresos)
Euros
Litros
Gráfica 1: Beneficios das explotacións en función dos litros vendidos
A primeira razón para explicar estas diferencias vén dada pola diversidade: cada explotación é un mundo. Efectivamente, non é posíbel ganar o mesmo con unha carga gandeira de 1 UGM/Ha que se a explotación supera as 3 UGMs/Ha; tampouco custa o mesmo producir na costa luguesa que en Friol. Se ben isto é certo, non é menos certo que esta argumentación non basta por si mesma. De feito, nas explotacións da gráfica 1 atopamos explotacións coa mesma superficie, situadas na mesma zona, con niveis de produción e beneficios moi dispares. Hai, pois, que buscar outra explicación máis. A segunda razón ten que ver coa técnica; se as explotacións teñen beneficios distintos en condicións semellantes, é porque fan as cousas de xeito distinto. Unha explotación que lle gaña a cada litro de leite 15 céntimos (en diante, c€/l) deberá facer un 25% máis de litros ca unha explotación que lle saca 20 c€/l para quedar co mesmo beneficio! E contando cos conseguintes aumentos de traballo, problemas de cota, maiores investimentos e custos adicionais para respectar a ecocondicionalidade.
b) Coñecer os nosos resultados Cal é o noso custo de produción real? 10 céntimos, 20, 50? Cun prezo do leite a 40 céntimos seguimos gañando cartos? E a 30 céntimos? Canto gasto en producir forraxes para cada litro de leite? Estas e outras moitas preguntas teñen contestación gracias á análise de xestión (gráfica 3). Táboa 1:Exemplo dun resumo de datos de xestión: ingresos, custos e marxe por litro de leite
QUE INFORMACIÓN NOS DÁ A ANÁLISE DE XESTIÓN? Na práctica, a análise de xestión ten 3 funcións principais: a) Coñecer a evolución da explotación Está ben saber que este último ano foi mellor có anterior. Pero, non é máis importante saber a que se debe esta mellora? É porque aumentou o prezo do leite? Porque baixaron os pensos? Porque se alimentaron mellor os animais? Imaxinemos: se a mellora só se debe a un aumento do prezo do leite, en realidade non se mellorou nada, só se aproveitou unha coxuntura allea á explotación. Pola contra, imaxinemos que o leite baixa 1c€/l e que aforramos 1 c€/l por mellora da alimentación; neste caso, non se ve que existe unha mellora dos beneficios da explotación, cando si hai unha mellora técnica importante. Coñecer a historia da nosa explotación en detalle permítenos repensar o que facemos, volver mirar prácticas anteriores que poden axudar a mellorar as de hoxe. No caso da explotación da gráfica 2, vemos como o aumento de produción dos anos 2004 e 2005 non deu lugar a máis beneficios na explotación (“marxe neta”), basicamente porque foi baseado en aumento de custos de produción. A gráfica 2 tamén nos permite intuír que, pola contra, a mellora do ano 2006 ao 2007 se debeu a un aumento de produción sen aumento de custos de produción do litro de leite. AFRIGA ANO XIV - Nº 76
xestion.indd 27
15/8/08 21:18:20
28
XESTIÓN
c) Situarnos no noso contorno Non é suficiente con saber o que gastamos, hai que situalo nas nosas condicións. Gastar en alimentación uns 10 céntimos, é moito? É pouco? Loxicamente, dependerá da nosa localización, pero tamén do manexo que temos, e da carga gandeira que manexamos. A análise de xestión, a través da comparación con explotacións semellantes, permítenos valorar moito mellor o que facemos ben ou mal. Por exemplo, que a explotación “Pepito” (Gráfica 3) ten un concentrado carísimo. A explotación “Mengano” debe ter algún fallo na produción de forraxes ou no racionamento, dado que non debería necesitar comprar forraxes. A explotación “Fulano” debería poder aforrar en alimentación cunha ración con menos concentrado. Gráfica 3: Custo total da alimentación en varias explotacións.
Pepito
Fulano
kg/I
Mengano
Dito doutro xeito: para ter máis beneficios na explotación débense mellorar os beneficios de cada litro producido. Aumentar a produción total de litros na explotación non é garantía de ter máis beneficios se non vai acompañado desta mellora. É lóxico; imaxinemos unha explotación con 200.000 litros, que decide pasar a 250.000. Para isto, aumenta o consumo de concentrados para os animais, que van máis forzados. Por esta razón, aparecen problemas de reprodución, e un gasto maior en menciñas. Ao final, os 50.000 de aumento de produción serven para pagar o aumento do custo de produción, quedando ao final os mesmos beneficios na explotación. Por suposto, na práctica a cuestión é algo máis complexa. Os beneficios da explotación (tamén chamados “marxe neta”), son o resultado de quitarlle os gastos ao que ingresamos. Polo tanto, para ganar máis, só se presentan dúas posibilidades: aumentar ingresos ou reducir gastos. Dentro dos custos, existen dous tipos diferenciados. Por unha banda, os “custos fixos”, que non dependen directamente do volume que producimos. A seguridade social, os seguros ou os intereses bancarios non varían en función dos litros producidos, son custos fixos.
Nota: explotacións ordenadas por intensificación (I/Ha/ano)
COMO MELLORAR OS BENEFICIOS DA EXPLOTACION? O produto que venden as explotacións de leite é fundamentalmente o leite. Debemos, pois, mirar os beneficios que obtemos de cada litro que vendemos. En efecto, de pouco nos sirve vender moitos litros se perdemos cartos en cada litro! De aí que estudemos sempre os beneficios por litro de leite. De feito, os estudos que realizamos ao longo dos últimos 10 anos mostran perfectamente que a mellora dos beneficios das explotacións vai ligada, en primeiro lugar, á mellora dos rendementos económicos por cada litro vendido.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
xestion.indd 28
15/8/08 21:18:36
XXXI F EIRA I NTERNACIONAL A GRร COLA , G ANDEIRA E F ORESTAL
19-23 NOVEMBRO 08
Mรกis de 30 anos ... conducindo negocios. www.semanaverde.es
&%)2! ).4%2.!#)/.!, $% '!,)#)! s % 3),,%$! s 0ONTEVEDRA s 4EL s SEMANAVERDE FEIRAGALICIA COM pub_silleda.indd 29
13/8/08 22:21:52
30
XESTIÓN
Pola contra, o gasto de alimentos ou de menciñas varían directamente co volume de litros producidos, son os chamados custos variábeis. A análise de xestión dedicase a estudar polo miúdo estes tres conceptos, para ver onde se pode actuar para amentar a marxe neta. A mellora dos ingresos escapa bastante da escala técnica da explotación. Ten que ver con cuestións que superan o ámbito da explotación (negociación individual e colectiva, mercado, políticas agrarias, etc...). Aínda así, a explotación dispón de varios puntos de acción (Táboa 2). A análise de xestión é a que axudará a definir cales son os puntos débiles da explotación. Táboa 2: Melloras dos ingresos a nivel de explotación.
CONCEPTO Prezo do leite
Gando vendíbel
Outros ingresos
ACCIÓN
NOTA
Calidade AA
Non debería ser un problema
Mellorar graxa e proteína
Accións a planificar en cada explotación (alimentación, xenética...)
Prima leite ecolóxico
+ ou - 9 c`/l Con contraprestacións técnicas
Redución do intervalo parto/parto
Revisión da alimentación, da intensificación, % de renovación do rabaño, etc...
Mellora na estratexia de reprodución
% reposición, %carne/leite, idade 1º parto, etc.
Pagamento único
Respecto á ecocondicionalidade
Contrato de Explotación Sustentábel
Con contraprestacións técnicas (redución de carga, produción ecolóxica, pastoreo...) 2-5 c`/l
Obviamente, desde a perspectiva da análise de xestión, aténdese especialmente ao custo de alimentación. Este vén determinado por tres ámbitos (Gráfica 6). Desde a análise dos beneficios da explotación, é fundamental entender que o custo de alimentación non é un dato dado, senón que depende esencialmente de decisións de manexo da explotación. A modo de exemplo: - A carga gandeira vai incidir sobre a dispoñibilidade de forraxes propias, e polo tanto sobre o custo en alimentos mercados. Tamén incidirá sobre o manexo das forraxes: con carga alta non é pode pastorear con facilidade. Isto pode ter influencia, obviamente, en dous sentidos: ou descartamos o pastoreo, ou reducimos a carga. - A alimentación comprada vai influenciar tamén ambos aspectos: se compramos máis fóra, debemos poder producir máis e ter máis carga gandeira. Pola contra, se manexamos mellor as forraxes, podemos reducir a compra de alimentos foráneos. - O manexo da superficie influirá sobre o custo da alimentación. Non é o mesmo ensilar todo que deixar parcelas para a alimentación da recría, por exemplo. Grafica 6: Factores que definen o custo en alimentación.
Baixar os custos fixos non é un traballo no curto prazo: hai que ter en conta que a meirande parte dos custos fixos son de amortización do material e das construcións. A análise de xestión, ao incorporar estes conceptos, axudará sobre todo a racionalizar os investimentos a realizar. A mellora dos custos variábeis (Táboa 3) é unha clave fundamental do progreso da explotación. Táboa 3: Mellora dos custos variábeis
CONCEPTO Sanidade
ACCIÓN
NOTA
Redución do custo Revisión da alimentación, do benestar; en reprodución mellora do control de celos; incorporación nun programa de reprodución; etc... Redución do custo Análise da situación sanitaria global; en menciñas revisión da reposición; revisión da intensificación; cambio de veterinario; etc...
A análise de xestión permite a cada explotación definir con maiores coñecementos de causa cal é o sistema mellor adaptado ás súas condicións (man de obra, clima, superficie, gustos, etc...), e permite avaliar continuamente a evolución dos beneficios obtidos.
Redución do custo Análise da dinámica de muxido; cambio de de limpeza produtos; etc... Luz, teléfono, material, camas, etc... Non é significativo nos custos de produción Alimentación
Redución custo de produción forraxeira
Non sempre conveniente; Pastoreo; % da superficie a millo; Traballo propio/aluguer; etc...
Redución do custo Mellora do racionamento; Pastoreo; Redución de alimentos da carga gandeira; Manexo da superficie; % mercados millo; cambio de pienso; etc... Redución do custo Manexo da superficie forraxeira; Pastoreo de alimentación Manexo da reprodución e da reposición; Idade da recría ao primeiro parto; etc...
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
xestion.indd 30
15/8/08 21:18:49
AltaBAXTER 11HO8195 Emerald-ACR-SA T-Baxter
Blitz x Mtoto
+3.13 EN TIPO Green Meadow Baxter No 2114 Green Meadow Farms; Elsie - MI Photo: Frank Robinson
V Blitz x 8 generaciones EX+VG V Facilidad de parto
+1859 TPI . +1735 Leche 8% Facilidad de parto +2.97 en Patas +2.51 en Ubres HA/USDA 08/08 Scipio Springs Baxter No. 353 Scipio Springs Farm; Union Springs - NY Photo: Cybil Fisher
+*.! ! !#( $(, .+3)(%$, %%! !+' $4 $( %-
, (1 , +$ ,) 2 !%" 0
!& $% )(%( !.+("(&!'-( (& /// %- #!'!-$ , (&
pub_alta.indd 31
DISTRIBUIDO EN GALICIA POR LUIS CARRO, TELF. 636.496.238
20/8/08 13:12:52
32
XESTIÓN
EXEMPLOS CONCRETOS Exemplo 1: Mellora oculta A explotación descrita (táboa 3) empeora: aumentaron os seus custos de produción en 0,58 c`/l, que son unha perda de 2000 euros entre o ano 1 e o ano 2. De non ter análise de xestión, quedámonos con esta idea, que non é correcta: en efecto, entre ambos anos, a explotación mellorou moito. Vexamos...
Exemplo 2: Empeoramento Esta explotación (táboa 4) vai a mellor: aumentou os beneficios en case 16.000 euros. A realidade é moi distinta, como imos ver. Táboa 4: Algúns indicadores da explotación (en c`/l agás indicación contraria)
• O prezo do concentrado aumentou en 7,57`/Tm. Este aumento non é por cambio do tipo de concentrado, senón por mercado, é dicir, por causa allea á explotación. Polo tanto, en realidade, a diferencia de custo en concentrado entrambos anos dá unha redución do gasto en 1,91c`/l. • Obsérvase un aumento importante do custo en produción de forraxes. Este desfase débese fundamentalmente á renovación de pradeiras e posta en marcha de novos pastos. Ou sexa, algún gasto no medio prazo. • Auméntase a produción total, a carga e a intensificación. É dicir, estanse a facer máis litros cos mesmos medios. En definitiva, a marxe por litro resultante será semellante entre ambos anos. Aumentouse a produción da explotación, cos mesmos medios. Polo tanto, o que a priori parece unha perda de 2000` é en realidade unha mellora da explotación, que non se aprecia a primeira vista. Táboa 3: Algúns indicadores da explotación (en c`/l agás indicación contraria)
• Aumentouse a produción en 14.000 litros, sen aumentar superficie. • Esta intensificación foi posíbel mediante o aumento do gasto en concentrados. • Como resultado real, onde antes se gastaba apenas 19 c`/l, agora gástase 22,17. Esta degradación dos custos suma... 11.335,90` para toda a explotación! • O aumento do prezo do leite, independente da acción directa da explotación, é de 7,41c`/l, uns 26.000`. En definitiva, pois, a explotación perdeu 11.000 euros. Esta perda non se “ve” porque a subida do leite aportou 26.000 euros. Se a explotación fixera no ano 2 do mesmo xeito ca no ano 1, coa subida do leite tería aumentado os seus beneficios en 24.500 euros, e non nos 16.000 que foron en realidade.
CONCLUSIÓN
SE A MELLORA SÓ SE DEBE A UN AUMENTO DO PREZO DO LEITE, EN REALIDADE NON SE MELLOROU NADA, SÓ SE APROVEITOU UNHA COXUNTURA ALLEA Á EXPLOTACIÓN
A explotación de leite obtén beneficios mediante o traballo desempeñado. Muxir dá cartos; sementar pradeiras e millo dá cartos; ensilar dá cartos; e analizar os resultados de xestión dá cartos. Nun contexto cada vez máis competitivo e con prezos que se dirixen cada vez máis á baixa, é imprescindíbel mirar moito máis de cerca como se poden reducir os custos de produción. Só desta maneira as explotacións manterán os seus beneficios. A análise de xestión é sen dúbida a ferramenta que asegura a supervivencia das explotacións no longo prazo.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
xestion.indd 32
15/8/08 21:19:03
pub_escolmo.indd 33
19/8/08 19:09:30
34
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
ELOI VILLADA
Sementeira en superficie con Vertikator, en outono despois dun verán seco. A Pastoriza (Lugo).
ESTABLECEMENTO E MELLORA DE PRADEIRAS A maioría das pradeiras galegas establécense habitualmente por laboreo completo da superficie do solo, co que se consigue unha excelente cama para a semente. Isto é unha garantía para conseguir unha boa pradeira, sempre que se semente na época máis axeitada.
Juan Piñeiro Andión, Juan Valladares Alonso, Nieves Díaz Díaz INGACAL-Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo Apartado 10, E-15080 A Coruña
INTRODUCIÓN A maioría dos escritos de divulgación sobre o establecemento de pradeiras do século XX recomendan un fondo labor de arado de vertedeira entre os labores máis importantes para preparar a cama da semente. O pioneiro é o folleto Instruccións sobre prados, escrito en 1915 por Leopoldo Hernández Robredo, director da Granxa Escola de Agricultura de A Coruña, ao que lle segue o libriño Establecemento de prados, escrito en 1917 por Juan de Eguileor, do Servicio Agronómico de Lugo, e a Cartilla Ganadera número 2 do Plan Agrícola de Galicia sobre Creación de prados artificiales, publicada en 1949.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura_01.indd 34
15/8/08 20:20:51
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
Debemos salientar o labor do Plan Agrícola de Galicia nos anos cincuenta, porque foi a base experimental sobre a que se asentou o espectacular crecemento da superficie destinada a pradeiras en Galicia na segunda metade do século XX, que continúa na actualidade. Deste xeito, a publicación citada sobre a Creación de prados artif iciales, que se complementou cunha ampla serie de ensaios nos anos seguintes, pode considerarse o inicio desa “revolución forraxeira” que modificou o panorama da produción forraxeira en Galicia para atender as necesidades crecentes da gandería de vacún de leite, que tamén experimentou un espectacular desenvolvemento. Nos anos sesenta foron publicados bastantes folletos de divulgación por diversas institucións coma o Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas, o Servicio de Extensión Agraria do Ministerio de Agricultura, a Diputación Provincial de A Coruña e o Servicio Agropecuario de Nestlé, entre outras. En todos eles a recomendación básica para establecer pradeiras era preparar unha boa cama da semente mediante un bo labor de arado e gradeos sucesivos. Nos últimos anos empeza a ser algo máis abundante a información sobre o uso de maquinaria especializada para establecemento e mellora de pradeiras sen laboreo, pero que en Galicia non acaba de superar a fase experimental para converterse nunha práctica común nas explotacións comerciais. As experiencias recentes son alentadoras, polo que estimamos oportuno reflectilas neste artigo para contribuír ao seu espallamento.
MANEIRAS DE ESTABLECER E MELLORAR AS PRADEIRAS. TERMINOLOXÍA Os avances que se produciron no eido da investigación agraria na segunda metade do século XX permitiron coñecer mellor a competencia entre as distintas especies pratenses, o que, unido á aparición de nova maquinaria especializada na sementeira sen laboreo e ao desenvolvemento de novos herbicidas, abriu un amplo abano de posibilidades para o establecemento e mellora de pastos. Estes son complementarios ao establecemento por laboreo completo, único utilizado até o de agora na gran maioría dos casos. As diferentes maneiras quedan recollidas nos termos seguintes: Sementeira con labor convencional ou completo. Faise unha preparación esmerada da cama da semente que implica a total desaparición da vexetación existente. Sementeira con labor mínimo. A maquinaria usada, habitualmente grades, fresadoras e rodillos, fai só unha preparación lixeira da cama da semente, quedando ás veces parte da vexetación existente. Sementeira sen labor. Non se utilizan máquinas convencionais, como grade e arado, para a preparación da cama para a semente. Neste caso úsanse só máquinas especializadas que deixan a semente sobre a superficie do solo ou abren un risco moi estreito para a introdución da semente.
AGRICULTURA
35
Úsase fundamentalmente para mellorar as pradeiras vellas que perderon as especies pratenses máis produtivas e de máis calidade, como consecuencia dun manexo non axeitado, dun ataque de pragas ou enfermidades, do efecto dunha forte seca ou da súa desaparición natural por ser especies de corta duración. Dentro da sementeira sen labor distínguense a sementeira en superficie e a sementeira directa. Sementeira en superficie. A semente deixase na superficie do solo e distribúese ao voo: a man, cunha abonadora de péndulo ou con máquinas especializadas que a deixan entre as púas dunha grade, que move lixeiramente a superficie do solo. Sementeira directa. A semente é depositada en riscos abertos sobre a superficie do solo por máquinas especializadas dotadas de botas e/ou discos.
ASPECTOS A CONSIDERAR PARA O ESTABLECEMENTO DUNHA PRADEIRA Para o establecemento dunha pradeira debemos ter en conta os aspectos seguintes: v Eliminación da vexetación existente v Preparación dunha cama da semente axeitada para o xermolado, nacemento e establecemento das especies sementadas v Corrección da acedume do solo e subministración de nutrientes ao solo v Elección das especies mellor adaptadas ao ambiente e á utilización prevista v Época de sementeira v Manexo na fase de establecemento En xeral, os catro últimos son comúns para todos os métodos antes sinalados. As grandes diferencias entre métodos están sobre todo na forma de eliminación da vexetación existente e na preparación da cama da semente.
SEMENTEIRA CON LABOR CONVENCIONAL OU COMPLETO A sementeira mediante un labor convencional ou completo fai especial fincapé en conseguir: 1) A eliminación total da vexetación existente 2) Unha boa cama para semente. Eliminación da vexetación existente Neste apartado podemos atopar dúas situacións de establecemento moi distintas: 1) En terras de mato 2) En zonas de cultivos e pastos. Nas terras de mato é necesario acudir en moitos casos a maquinaria pesada dotada de pá ou angazo frontal para o desarraigo de especies arbustivas de gran tamaño e raíces profundas, que se complementa co paso dun subsolador de tres dentes e un ou máis pases de grades de discos moi grandes, denominadas grades forestais.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura_01.indd 35
15/8/08 20:24:02
36
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
AS SEMENTES PRATENSES SON DE MOI PEQUENO TAMAÑO E NON DEBEN QUEDAR MOI ENTERRADAS. O IDEAL É QUE QUEDEN A 1-2 CM DA SUPERFICIE Para mover estes aparellos son necesarios tractores de gran potencia, de rodas ou de cadeas, que non son frecuentes nas explotacións agrarias, polo que o habitual é que as transformacións de mato en pradeiras as fagan empresas especializadas. Por eso trataremos máis polo miudo o caso do labor convencional en terras de cultivos e pastos porque, aínda que ás veces se contrata a empresas de servizos, o mais común é que se faga coas máquinas propias da explotación. Preparación da cama para a semente O obxectivo é conseguir unha terra de agregados moi finos nos 15-20 cm superiores do solo, ben asentada en todo o perfil e ben compactada nos 3-5 cm da capa superficial. Os labores que debe recibir a terra para conseguir este obxectivo varían co tipo de solo e, sobre todo, co cultivo previo á sementeira da pradeira. A continuación descríbense a título orientativo os labores necesarios en tres posibles casos, que deben ser adaptados aos casos concretos de cada explotación e circunstancia. a) Despois dun cultivo de patacas A situación ideal para preparar unha boa cama de sementeira é despois da colleita dun cultivo de patacas, porque deixa a terra en agregados finos, moi ben traballada. Esto foi moi salientado na maior parte dos folletos publicados nos anos cincuenta e sesenta como a mellor maneira de establecer pradeiras. Un pase lixeiro de grade, seguido dun pase de rulo, é suficiente para preparar o leito para a semente. En todo caso, a situación actual
é que nas zonas máis dedicadas á produción de patacas hai poucas pradeiras, sendo frecuente rotar o cultivo de patacas co do trigo ou con outro cereal de inverno. Son zonas fundamentalmente agrícolas con escasa presenza de gandería, onde a herba non é necesaria. b) Despois dun cultivo de millo, de cereal de inverno ou de raigrás italiano Despois de colleitar o cultivo anterior debe facerse un gradeo intenso para romper a superficie do solo, seguido dun gradeo lixeiro de refino, un pase de táboa para alisar a superficie se fose necesario e, para rematar, un pase de rulo despois da sementeira. Nos casos máis difíciles pode ser necesario un pase de arado antes do gradeo. Na actualidade xa existen no mercado máquinas combinadas que fan os labores de gradeo, alisado, compactado e sementeira nunha sola pasada. c) Despois de pradeira O máis recomendable sería facer un cultivo intermedio de millo ou dun cereal de inverno, co que estariamos na situación comentada no apartado anterior. No caso de querer establecer unha pradeira despois doutra pradeira, o recomendable sería tratar o rebrote do primeiro ou do segundo corte para silo ou do segundo ou terceiro pastoreo da primavera cun herbicida coma o glifosato e labrar uns 20-30 días despois cun arado de vertedeira ou de discos, seguido dun labor de grade. No mes de setembro completaranse estes labores cun gradeo de refino, seguido dun pase de táboa antes da sementeira. Hai que estar especialmente atentos nos casos de solos con máis arxila, que endurecen moito coa seca do verán. Neste caso sería máis recomendable facer o tratamento con herbicida despois do primeiro corte de silo ou do segundo pastoreo, para que os labores de arado e grade sexan feitos con suficiente tempo antes de que os solos perdan o tempero pola seca no verán.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura_01.indd 36
15/8/08 20:24:42
CALFENSA, A CALIZA DA TÚA TERRA CALIZA AGRICOLA - CALIZA MAGNESIANA
MODALIDADES DE SERVIZO: • APLICADO SOBRE O TERREO • ENVASADO. Saco de 40 Kg.- Big Bag de 1.000 Kg. • A GRANEL
OFICINAS: 27161 SANTA COMBA-LUGO Teléfono: 982 30 59 02
FÁBRICA: OURAL-LUGO Teléfono: 982 54 66 23
pub_calfensa.indd 37
12/8/08 00:03:36
38
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
PASE DE RULO DESPOIS DA DISTRIBUCIÓN DA SEMENTE E SENTIDO DOS LABORES Nas explotacións comerciais, a maioría da semente distribúese ao voo, a man ou por medio dunha abonadora pendular. Neste caso é recomendable pasar un rulo despois da distribución da semente para conseguir un bo contacto entre os agregados finos do solo e a semente, moi conveniente como se comentará no apartado seguinte. Se se utilizasen sementadoras especializadas de pratenses, non é necesario pasar un rulo despois da sementeira porque estas sementadoras van normalmente dotadas de dous rodillos. Os labores posteriores de mantemento e uso da pradeira deben facerse no mesmo sentido cós labores de paso do rulo ou da táboa e da sementeira. Se estas se fixeran en sentido transversal, tanto o tractor coma os aparellos estarían sometidos a botes continuos, debido ás rodeiras deixadas polos labores previos, co conseguinte dano para a conservación das máquinas e, sobre todo, para a confortabilidade do tractorista.
A COLOCACIÓN DA SEMENTE As especies pratenses utilizadas en Galicia para o establecemento de pradeiras son sobre todo raigrases (italiano, inglés ou híbrido) e algo de dactilo –nalgúns casos- ou festuca alta –en casos contados-, entre as gramíneas, e os trevos (branco ou violeta) entre as leguminosas Todas elas son sementes de moi pequeno tamaño e non deben quedar moi enterradas, porque non teñen reservas suficientes para chegar a alcanzar a superficie do solo se quedan moi fondas. O ideal é que queden a 1-2 cm da superficie.
A COMPACTACIÓN DO SOLO EN PROFUNDIDADE E NA SUPERFICIE Despois dos labores de arado e grade, o solo perde a súa estrutura e queda moi solto, rompéndose o seu sistema de capilaridade, o que dificulta o subministro de auga de horizontes mais profundos ao sistema radicular das pequenas plántulas, que é moi superficial. Esto pode comprometer o establecemento da pradeira no caso de que se produzan chuvias escasas despois da sementeira, que desencadeen o proceso de xermolado, seguidas dun período de seca. Neste caso, a subida de auga de zonas máis profundas ata as proximidades das raíces é imprescindible. Por eso é recomendable o pase dun rulo ou dun tablón pesado despois do gradeo, co obxectivo de recuperar o sistema de capilaridade o antes posible. Por outro lado, é necesario un íntimo contacto entre as partículas do solo e as sementes, para que poidan tomar a auga que necesitan para o xermolado e posterior emerxencia. Sobre todo, para as sementes de gramíneas, que son sementes vestidas polas glumillas que rodean o gran, formando unha pequena cámara de aire que dificulta a toma de auga do solo. Por eso é tamén recomendable un pase de rulo despois da sementeira. Esta é unha das razóns de que a nascencia das pradeiras empece a verse antes nas rodeiras dos tractores, zonas en que a compactación é maior. Outras razóns poden ser a maior proximidade da semente á superficie do solo e a maior acumulación de auga de chuvia, por ser zonas máis baixas que recollen algunha auga de escorrentía de zonas máis altas e menos compactadas.
DESPOIS DOS LABORES DE ARADO E GRADE, O SOLO PERDE A SÚA ESTRUTURA E QUEDA MOI SOLTO. É RECOMENDABLE O PASE DUN RULO OU DUN TABLÓN PESADO DESPOIS DO GRADEO
SE SE EMPREGAN ESTERCOS OU XURROS, QUE TEÑEN UNHA BOA CANTIDADE DE FÓSFORO E POTASIO, HAI QUE REBAIXAR OS ABONOS QUÍMICOS PARA EVITAR UN ABONADO EXCESIVO CORRECIÓN DA ACIDEZ DO SOLO. O ENCALADO Os solos galegos son xeralmente acedos, sobre todo aqueles das terras a mato. Nos solos agrícolas hai grandes diferencias que dependen sobre todo da historia da fertilización e do encalado da parcela. En todo caso, hai unha tendencia á acidez en todos eles que convén corrixir de vez en cando, dacordo coas análises do solo. Os solos moi acedos teñen un alto contido en aluminio nos zumes do solo que é tóxico para as plantas das pradeiras, sobre todo para os trevos. No caso de que o contido sexa moi alto, que é o caso das terras a mato, o aluminio é tamén tóxico para as gramíneas das pradeiras (raigrás, dactilo, festuca alta, etc.). A forma de bloquear este aluminio para que non estea diluído nos zumes do solo é engadir materiais correctores da acidez como son os carbonatos cálcicos ou magnésicos e os seus derivados, óxido de cal ou óxido de magnesio, etc. As cantidades a empregar dependen do grao de acidez, para o que e necesario dispor dunha análise da terra a sementar. Na Táboa 1 figura a clasificación das terras según o nivel de acidez, é dicir, según o contido en aluminio nos zumes do solo, e as cantidades de calizas recomedadas para corrixilos. Táboa 1. Encalado: Recomendacións según nivel de acidez
Nivel 1. Moi acedo 2. Acedo 3. Regular 4. Pouco acedo 5. Desexable
Aluminio (Al) no solo (Al %)1 >= 60 41-60 21-40 0-20 0
Recomendación de encalado (kg/ha calizas moídas)2 5000 4000 3000 2000 Nada
1) Análises de laboratorio (% de aluminio no complexo de cambio), 2) Calizas moídas con riqueza mínima en carbonato cálcico do 90%. Poden ser substituídas por cantidades equivalentes doutro material encalante
SUBMINISTRO DE NUTRIENTES AO SOLO. O ABONADO As pradeiras, coma os outros cultivos, necesitan tomar elementos nutritivos do solo para establecerse e medrar. Os máis importantes son o nitróxeno, o fósforo e o potasio. Nalgúns casos é necesario engadir tamén magnesio se as análises de solo así o indican. Fósforo e potasio As necesidades de fósforo e de potasio dependen da riqueza destes elementos no solo e das necesidades que teñen os cultivos, habendo certas diferencias entre eles. Unha pradeira aproveitada por sega, que alcance unha produción de 10 toneladas por hectárea de herba seca, extrae do solo unha media de 70 kg de P2O5 e 300 de K2O por hectárea. Para compensar estas extraccións será, polo tanto, necesario abonar con 70 kg/ha de P2O5 e 300 kg/ha de K2O, no suposto de que non houbera perdas. Para integrar estas cifras coas das análises de solo que nos proporcione o laboratorio, elaboráronse as recomendacións indicadas nas Táboas 2 e 3. A modo de exemplo, indícanse as cantidades de superfosfato do 18% e de cloruro potásico do 60% coas que se cubrirían as cantidades recomendadas de fósforo e potasio, respectivamente.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura_01.indd 38
15/8/08 20:24:54
%JTUSJCVJEPS PmDJBM EF -( 'PSSBKFSBT 1BSB MB QSÂYJNB DBNQBÁB EF SFOPWBDJÂO EF QSBEFSBT EFTDVCSB MB BNQMJB HBNB EF TFNJMMBT QSBUFOTFT -( Z FM BCPOP FTQFDJBM 'FSUJMBOE 1SBEFSBT
'FSUJMBOE 1SBEFSB Z HBNB -( 'PSSBKFSBT FO MB SFE EF EJTUSJCVJEPSFT $FDPBHSP 40-*$*5& . 4 */'03."$*¦/ &/ &- pub_todocampo.indd 79
18/8/08 18:33:41
40
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
Resultado da sementeira da foto 1. A Pastoriza (Lugo). ELOI VILLADA
NO CASO DE QUE SE USEN XURROS DE VACÚN OU DE PORCO NON É NECESARIO ENGADIR NITRÓXENO DE ABONOS QUÍMICOS NO ESTABLECEMENTO
Táboa 2. Abonado fosfórico: Recomendacións según nivel de fertilidade do solo
Nivel 1. Moi baixo 2. Baixo 3. Regular 4. Alto 5. Moi alto
Fósforo (P) no solo (P en ppm)3 0-5 6-15 16-25 26-40 >=40
Recomendación de abonado (kg/ha P2O5)4 (kg/ha Superfosfato 18,5%)5 140 778 140 778 105 583 70 389 Nada Nada
3) Análises de Laboratorio, 4) Estas cantidades quedan cubertas mediante a aplicación das cantidades de superfosfato (5) sinaladas Táboa 3. Abonado potásico: Recomendacións según nivel de fertilidade do solo
Nivel 1. Moi baixo 2. Baixo 3. Regular 4. Alto 5. Moi alto
Potasio (K) no solo (K en ppm)6 0-40 41-80 81-150 151-270 >=271
Recomendación de abonado (kg/ha K2O)7 (kg/ha Cloruro potásico 60%)8 300 500 300 500 225 375 150 250 Nada Nada
JUAN PIÑEIRO
No caso de empregar estercos de vaca ou de polo, ou xurros de vacún ou de porco, que teñen unha boa cantidade de fósforo e de potasio, hai que rebaixar a aplicación de abonos químicos para evitar un abonado excesivo, que é desaconsellable tanto dende o punto de vista económico coma dende o punto de vista do medio ambiente natural. O abonado recomendado ten como obxectivo elevar pouco a pouco os niveis de fósforo e de potasio cando están por debaixo do nivel sinalado como alto e reducilos cando alcanzan o nivel moi alto. A redución é especialmente importante cando se trata do fósforo, porque sábese que cando os niveis superan a cifra de 60 ppm pode haber saída do fósforo ás augas fluviais, converténdose neste caso nun elemento contaminante do medio ambiente. Hai bastantes explotacións de vacún de leite que teñen un contido excesivamente alto de fósforo no solo, como consecuencia da sua política de abonado e do manexo da alimentación do rabaño. É moi importante que revisen a súa situación, porque o manexo do fósforo que están facendo neste momento non é axeitado nin para a sua economía nin para o medio ambiente natural. As cifras indicadas asumen que a produción esperada é de 10 toneladas de herba seca por hectárea, e deberían cambiarse no caso de que se saiba que a produción é distinta, no caso de que se coñeza. Por outra banda, as análises do solo cada 4 anos son o mellor indicador sobre se a recomendación é escasa ou excesiva, debendo modificarse as cifras de abonado de acordo coa evolución da fertilidade no futuro. Recoméndase, polo tanto, facer análises de solo regularmente para que as decisións sobre o abonado sexan as axeitadas.
A sementadora Sulky, de sementeira directa, abre uns riscos no solo nos que deita a semente.
6) Análises de Laboratorio, 7) Estas cantidades quedan cubertas mediante a aplicación das cantidades de cloruro potásico (8) sinaladas Nitróxeno No caso de que se utilicen xurros de vacún ou de porco non é necesario engadir nitróxeno de abonos químicos ó solo no establecemento. Se non se aplicasen xurros, recoméndase abonar con 40 kg de nitróxeno (N) por hectárea.
ELECCIÓN DAS ESPECIES MELLOR ADAPTADAS Para escoller as especies, as mesturas entre elas e as variedades das distintas especies para sementar unha pradeira, recoméndase consultar as publicacións Mesturas de pradeiras recomendadas para Galicia e Valor agronómico de variedades comerciais de gramíneas e leguminosas pratenses, na páxina web do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (www.ciam.es).
ÉPOCA DE SEMENTEIRA A época máis recomendable para a sementeira de pradeiras é sobre todo o outono, durante o mes de setembro. Esta época pode ampliarse ata o mes de outubro na zona costeira. É tamén posible a sementeira na primavera, entre mediados de marzo e mediados de abril, aínda que o risco de contaminación por vexetación espontánea na fase de nascencia e establecemento aumenta. Deben evitarse sementeiras serodias, posteriores ao mes de abril, polo risco que supón unha seca precoz sobre as pequenas plántulas en fase de establecemento. En zonas costeiras, de invernos máis suaves, a sementeira de primavera pode adiantarse a finais de febreiroprincipios de marzo.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura_01.indd 40
15/8/08 20:25:17
pub_rocalba.indd 41
13/8/08 22:24:41
42
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
A ÉPOCA IDEAL PARA ESTABLECER PRADEIRAS É SETEMBRO-OUTUBRO. EN MARZO-ABRIL AUMENTA O RISCO DE CONTAMINACIÓN POR VEXETACIÓN ESPONTÁNEA
JUAN VALLADARES
Dobre pase de grade.
MANEXO NA FASE DE ESTABLECEMENTO. PEQUENOS COIDADOS A fase de establecemento, que segue á nascencia das especies que forman a pradeira, é especialmente delicada porque pode haber abundancia de malas herbas que comprometan o establecemento das especies sementadas, sobre todo das que teñen menor vigor de establecemento. Para limitar a competencia da vexetación espontánea recoméndase facer unha sega ou un pastoreo cando se alcancen os 30-40 cm. A sega é preferible ao pastoreo porque algunhas das especies espontáneas son mal aceptadas polo gando e, como consecuencia, mal pacidas. Esta operación debe repetirse se a invasión persiste. No caso de mesturas con especies de distinto vigor de establecemento, un corte cando a pradeira ten unha altura reducida, duns 30-40 cm, axuda a limitar a competencia entre especies e favorece o establecemento de todas elas.
SEMENTEIRA CON LABOR MÍNIMO E SEN LABOR. APLICACIÓN ÁS TERRAS CUBERTAS DE MATO Nos anos setenta do século XX fíxose un esforzo investigador importante no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo para atopar os mellores métodos para a transformación de terras a mato en pradeiras, nas distintas situacións que se dan en Galicia. Naquelas zonas onde o labor completo non é recomendable por exceso de pendente do solo, abundancia de pedra superficial ou presenza de tocóns de árbores, empregouse o método de labor mínimo para a conversión do mato en pradeiras, que consistiu en: 1) Aplastado do mato con grade de discos 2) Queima do mato aplastado 3) Gradeo de discos 4) Reparto de cal e abono 5) Novo gradeo de discos 6) Sementeira ao voo 7) Pase de rulo.
Con esta técnica conseguiuse converter en pastos unha ampla zona de mato na finca do Marco da Curra, que segue a ser un bo pasto na actualidade despois da súa transformación en 1978. O pasto só pode ser usado en pastoreo, por non ser posible a sega a causa da pendente, da irregularidade da superficie do solo e da pedregosidade. Onde o terreo era tan pendente que non se podía usar maquinaria por razóns de estabilidade, a tranformación en pasto fíxose por sementeira sen laboreo, que consistiu en: 1) Queima do mato 2) Sementeira manual 3) Abonado e encalado. Con esta técnica transformouse en pastos unha superficie máis reducida que segue a ser un bo pasto na actualidade, e que se aproveita exclusivamente en pastoreo. Posteriormente desenvolveuse en Galicia, sobre todo na provincia de Lugo, un amplo programa de conversión de mato en pastos en montes de veciños en man común, no que se aplicou sobre todo a técnica de labor completo. A transformación por labor mínimo e sen labor apenas tiveron reflexo nesta práctica. A esto contribuíu o xeito de desenvolverse o programa, que subvencionaba xenerosamente a transformación por labor completo co obxectivo de conseguir un impacto máis inmediato e sinxelo dende o punto de vista dos comuneiros.
SEMENTEIRA SEN LABOR. APLICACIÓN A PRADEIRAS DETERIORADAS A simplificación do proceso de mellora de pradeiras empregando técnicas de sementeira sen labor vénse facendo en Estados Unidos de América dende 1950. A técnica desenvolveuse posteriormente noutros países, chegando a alcanzar grande importancia en Nova Zelanda, Reino Unido, Francia, entre outros países. Os primeiros ensaios de sementeira sen laboreo de especies pratenses en España datan de 1964, ano no que a Dirección Xeral de Agricultura do Ministerio de Agricultura iniciou unha serie de ensaios de sementeira directa en Gerona, Salamanca, Palencia, Madrid e Huelva, nos que houbo resultados varios.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura_01.indd 42
15/8/08 20:25:37
SERVIZO EN CAMIร NS A CALQUERA PUNTO DE GALICIA INCLร ESE APLICACIร N SOBRE O TERREO
NON LEVANTA PO
GALICAL
Reducen rapidamente a acidez dos solos Aumentan a produtividade das colleitas
CALES E CARBONATOS AGRร COLAS GRAN PODER DE NEUTRALIZACIร N EMENDA DE CAL VIVA GRANULADA (98% CaO) Alta porcentaxe en calcio. Valor neutralizante: 90% Sacos de 35 quilos, big bag de 1.100 quilos, camiรณn FLVWHUQD FDPLyQ YROTXHWH H[WHQGLGD QD SURSLD ยฟQFD EMENDA DE CAL VIVA GRANULADA DOLOMร TICA (35% MgO) (60% CaO) Alta porcentaxe de magnesio. Valor neutralizante: 70% Big bag de 1.100 quilos, camiรณn cisterna, camiรณn YROTXHWH H[WHQGLGD QD SURSLD ยฟQFD EMENDA DE CAL VIVA (79% CaO) Gran poder de neutralizaciรณn. Valor neutralizante: 77% Sacos de 35 quilos, big bag de 1.100 quilos, camiรณn FLVWHUQD FDPLyQ YROTXHWH H[WHQGLGD QD SURSLD ยฟQFD
EMENDA DE CAL APAGADA (61% CaO) Potencia o rendemento agrรญcola. De fรกcil asimilaciรณn. Valor neutralizante: 58% - Big bag de 1.100 quilos, FDPLyQ YROTXHWH H[WHQGLGD QD SURSLD ยฟQFD EMENDA DE CAL APAGADA Mร IS DOLOMร A (61% CaO)(13 MgO) Aporta magnesio. Favorece a actividade clorofรญlica da planta. Valor neutralizante: 62% - Sacos de 35 quilos, Big bag de 1.100 quilos, camiรณn cisterna, camiรณn volquete, H[WHQGLGD QD SURSLD ยฟQFD EMENDA CALIZA, CARBONATO 56% (CaO) 3DUD FDPDV KL[LpQLFDV (ยฟFD] QD UHGXFLyQ GH PDPLWHV ambientais e dermatites. Apropiado para la produciรณn de todo tipo de pensos. Valor neutralizante: 48% - Big bag de 1.100 quilos, produto a granel en camiรณn volquete FANSE ANALร TICAS DE TERRAS PARA APLICAR A VARIEDADE Mร IS ACONSELLABLE EN CADA CASO
GALICAL, S.L.L. CALES Y DOLOMIAS AGRICOLAS Arieiras s/n P.I. Louzaneta, 27294 LUGO โ ข Telรฉfono 982 22.14.84 โ ข Fax 982 22.14.08 E-mail: info@galical.es โ ข Web: www.galical.es pub_galical.indd 43
12/8/08 00:03:01
44
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
HAI BASTANTES EXPLOTACIÓNS DE VACÚN DE LEITE QUE TEÑEN UN CONTIDO EXCESIVO DE FÓSFORO NO SOLO. É MOI IMPORTANTE QUE REVISEN A SÚA SITUACIÓN
JUAN PIÑEIRO
ELOI VILLADA
Pradeira deteriorada de tres anos. Fase de nascencia de liñas de leguminosas despois dunha sementeira directa con Sulky. Penamá (Ourense).
Rebrote das liñas dunha sementeira directa despois da colleita para ensilar. A Pastoriza (Lugo).
JUAN PIÑEIRO
JUAN VALLADARES
Pradeira cortada para facer herba seca nas partes sementadas por sementeira directa con Sulky. Abundancia de trevos. Penamá (Ourense).
Combinada directa sobre pradeira.
No que atinxe a Galicia, despois de pequenas probas feitas en 1992, a cooperativa Leyma iniciou un programa de sementeira directa entre os seus socios para sementar unha mestura de raigrás italiano e/ou híbrido con trevo violeta en pradeiras deterioradas, despois da aplicación dunha dose moi baixa de herbicida (0,5 l/ha, 36% de glifosato) para adormecer a vexetación previa. Noutros casos sementouse raigrás inglés con trevo branco trala aplicación dunha dose alta de glifosato (6 l/ha, 36% glifosato), para destruír completamente a vexetación da pradeira existente. Chegáronse a sementar da orde de 80 ha/ano con resultados diversos, pero sen que se fixera un seguimento sistemático. O programa abandonouse aos catro anos do seu inicio porque os resultados non foron suficientemente atractivos e porque era moi custoso xestionalo, pola gran distancia entre as poucas explotacións interesadas.
A partir de 1995 xurdiu unha forte iniciativa por parte de vendedores locais de maquinas de sementeira directa, que ofertaban un paquete que incluía o herbicida e a semente. Os resultados non están avaliados pero son diversos, de tal maneira que os vendedores trataron de evitar danar o seu prestixo, gañado na sementeira directa do millo forraxeiro, deixando toda a responsabilidade da sementeira das pradeira aos agricultores que querían probar. Despois destes intentos fallidos, a realidade é que a sementeira sen labor para mellorar as pradeiras en Galicia é moi escasa. Non pasa de pequenos intentos, entre os que reseñamos dous polos seus resultados alentadores. a) Pradeiras sobre solos fértiles de A Pastoriza Os intentos dos 3 últimos anos de rexeneración de pradeiras deterioradas pola seca do verán ou por ataques esporádicos de vermes brancos na zona de A Pastoriza (Lugo) están dando resultados moi positivos. Tanto a sementeira en superficie coa máquina Vertikator coma a sementeira directa coa sementadora Sulky deron resultados positivos, que animan aos agricultores a continuar con este sistema de mellora.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura_01.indd 44
15/8/08 20:26:10
RAIGRAS ITALIANO
WESTERWOLD
Tanyl Virgyl
Missyl
RAIGRAS INGLES Bahial Lactal
pub_ragt.indd 45
TRITICALE Bellac
COLZA LINEA Ibex
COLZA HÍBRIDA Finesse
12/8/08 00:01:47
46
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
JUAN PIÑEIRO
JUAN VALLADARES
Pradeira deteriorada de tres anos. Comparación da parte mellorada por sementeira directa con leguminosas, á esquerda, coa parte non mellorada, á dereita. Penamá (Ourense).
Grade pesada máis combinada.
JUAN VALLADARES
PARA LIMITAR A COMPETENCIA DA VEXETACIÓN ESPONTÁNEA RECOMÉNDASE FACER UNHA SEGA OU UN PASTOREO CANDO SE ALCANCEN OS 30-40 CM
1) A sementadora Vertikator consiste basicamente nunha grade de púas para mover a superficie do solo, unha caixa de semente dotada de mecanismos que a deixan caer entre as púas e pequenos rulos traseiros que compactan un pouco o solo movido e favorecen o contacto entre as partículas do solo e a semente. É unha máquina moi sinxela, pesa 500 kg e é moi fácil de transportar nun remolque arrastrado por unha furgoneta ou similar. 2) A sementadora Sulky é unha máquina máis completa, dotada dunha serie de discos con botas asociadas, unha caixa para a semente da que saen os tubos que levan a semente ás botas e un conxunto traseiro de discos moi pesados que pechan o risco despois de ser depositada a semente. É unha máquina que pesa 2000 kg, máis difícil de transportar que a Vertikator. b) Pradeiras sobre solos pouco fértiles nos montes de Ourense No outono do 2006 iniciouse un programa de mellora das pradeiras do monte Penamá (Allariz, Ourense) que carecían da compoñente leguminosa porque: 1) Desaparecera o trevo branco das pradeiras sementadas no 2003, como consecuencia da seca e da baixa fertilidade 2) Non se sementaran nunha pradeira feita só con gramíneas na primavera do 2006. Nas pradeiras do 2003 introduciuse, a principios de setembro do 2006, unha mestura de 9 leguminosas (trevo migueliano, trevo vesiculoso, trevo encarnado, trevo subterráneo, trevo persa, trevo fresa, trevo branco, serradela e aserruche) por sementeira directa coa sementadora Sulky, deixando franxas sen sementar para comparación. Na pradeira do 2006 sementouse a mesma mestura de leguminosas por sementeira en superficie coa sementadora Vertikator, na mesma data, deixando tamén franxas sen sementar para comparación. O outono do 2006 e o inverno do 2006-2007 foron húmidos e con temperaturas suaves, o que facilitou a xerminación e establecemento dos trevos sementados. A produción do 2007 das zonas sementadas foi moi alta e cun alto contido en leguminosas (ver fotos).
CONCLUSIÓN
Sementadora combinada.
Tanto os resultados de A Pastoriza (Lugo) coma os de Penamá (Ourense) son alentadores e suxiren que a sementeira sen labor pode ser un modo sinxelo e económico de mellorar as pradeiras mediante a incorporación de especies de alto valor forraxeiro.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura_01.indd 46
15/8/08 20:26:28
pub_fertiprado.indd 47
13/8/08 22:29:08
48
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
Fotos: Odón Castro Díaz (SAT O Palomar)
As plantas alcanzaron alturas cercanas aos 1,5 metros
UNHA EXPERIENCIA EXITOSA NO CULTIVO DE GUISANTE E TRITICALE
José Luis Castro no medio da plantación
UNHA FINCA DE 4,8 HECTÁREAS NO CORGO (LUGO) PRODUCE 88 TONELADAS
O artigo sobre guisante e triticale en rotación con millo, publicado no número de setembro do 2007 desta revista, animou a José Antonio Castro, titular da SAT O Palomar de Ronfe (Láncara), a probar este cultivo. A experiencia, que xa dera bos rendementos no Centro de Investigacións Agrarias (CIAM) de Mabegondo, tamén funcionou nunha finca “real”. Cúmprese así unha das aspiracións de Afriga: contribuír á transferencia de coñecementos entre os centros de investigación e os produtores. _A finca, en concreto, está situada no lugar de Cerceda, no municipio lugués do Corgo. Atópase á beira do río, no lugar onde as augas do Neira desembocan no Miño. É un terreo chan e cadrado, de 4,8 hectáreas de extensión, onde se viña practicando a rotación de millo con avea e veza nos últimos 8 anos.
O pasado mes de novembro, José Antonio e a súa familia sementaron 60 quilos de triticale e 110 de guisante. Foi unha sementeira serodia, debido a que o outono viñera demasiado caloroso. O laboreo foi moi simple, con grade rotativa. Empregouse unha sementadora de disco e aplicáronse preto de 200.000 litros de purín.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura2.indd 48
18/8/08 20:19:56
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
AGRICULTURA
49
SEMENTÁRONSE EN NOVEMBRO 60 QUILOS DE GUISANTE E 110 DE TRITICALE. PARA O ABONADO EMPREGÁRONSE 200.000 LITROS DE PURÍN
A colleita de guisante e triticale fíxose o 6 de maio
A finca está á beira da desembocadura do Neira no Miño
A colleita foi de 88 toneladas, case 20 por hectárea
O RENDEMENTO DA COLLEITA FOI DE 20 TONELADAS DE MATERIA VERDE POR HECTÁREA, SEIS VECES MÁIS CÓ COMBINADO AVEA-VEZA
O cultivo non precisou o emprego de fertilizantes nin de herbicidas
En abril levouse a cabo un control das plantas, comprobándose que non era necesario o uso de fertilizantes, dado que a colleita tiña un desenvolvemento espléndido a aquela altura. Tampouco foi preciso o uso de herbicidas. No momento da colleita, o pasado 6 de maio, as plantas alcanzaran entre 1,20 e 1,50 metros de altura. A plantación segouse con acondicionadora e tivo un día de presecado no terreo antes de ser colleitada para o silo. O peso total da colleita foi de 88 toneladas de materia verde, é dicir, case 20 toneladas por hectárea.
As plantas tiveron un día de presecado sobre o terreo
É a primeira vez que este terreo ofrece un rendemento tan bo. De millo vén dando entre 40 e 45 toneladas por hectárea. A colleita de avea e veza ronda as 15 toneladas por hectárea. Castro optaba por esta rotación buscando a aportación de nitróxeno ao terreo que garante este cultivo de inverno. Non obstante, despois da exitosa experiencia co combinado guisante-triticale, e á espera das analíticas de outono, a idea destes gandeiros e volver usar estas plantas o ano que vén.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura2.indd 49
18/8/08 20:20:33
50
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
UPPSALA (SUECIA), 9-12 DE XUÑO DO 2008
CONGRESO EUROPEO DE PASTOS: RETOS FUTUROS PARA A PRODUCIÓN PASTOS Visita a un experimento de especies pratenses
Carl Gustaf XVI, Rey de Suecia
Juan Piñeiro Andión Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
O Congreso de 2008 da Federación Europea de Pastos (European Grassland Federation, EGF) celebrouse en Uppsala (Suecia) do 9 ao 12 de xuño do 2008. Este encontro científico estivo organizado pola Sociedade Sueca de Pastos en colaboración coa Universidade de Ciencias Agrarias, que ten en Uppsala a súa sé principal. A Universidade ten unha reputación universal histórica, por ser onde o botánico Carlos Linneo exerceu a súa docencia e desenvolveu a súa grande actividade investigadora. Ofrecemos un resumo de todas as conferencias do congreso.
SESIÓN DE APERTURA Na cerimonia de apertura interviñeron G. Dalin, presidente da EGF, E. Erlandsson, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación de Suecia, e Carl Gustaf XVI, Rey de Suecia. O Rei destacou no seu discurso o “sistema de produción con base en pastos” da súa finca de Stenhammar, situada ao sur de Estocolmo, na que se está a desenvolver un proxecto de recuperación de pastos seminaturais para preservar o alto valor cultural e biolóxico de la zona, que é a base principal de alimentación dun rabaño de 300 vacas de carne, que cos xatos se eleva a un total de 600 animais ao final da estación de pastoreo. Era a primeira vez que un Rei participaba nun congreso da Federación Europea de Pastos.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agri_3.indd 50
17/8/08 18:51:42
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
PASTOS SEMINATURAIS EN EUROPA U. Emanuelsson Os prados seminaturais tiveron unha prioridade baixa nos programas de conservación da natureza de Europa. Desde a II Guerra Mundial houbo unha perda rápida de pastos seminaturais en Europa Occidental. Sen embargo, a situación cambiou a partir do 2004, ano no que a Unión Europea empezou a facer un esforzo importante para avaliar as áreas de pastos seminaturais. En todo caso, as cifras actuais non pasan de ser estimacións groseiras. A situación actual é bastante desalentadora en Finlandia, Dinamarca, Benelux e o Norte de Francia, mentres que en Suecia e o Reino Unido é bastante máis favorable. Nos países mediterráneos mantéñense aínda zonas moi amplas de pastos seminaturais que recibiron pouca atención nos últimos anos, se ben a situación está mellorando recentemente. España é o país da UE coa maior superficie de pastos seminaturais. Destacou a atención crecente que está a recibir a dehesa en España nos últimos tempos, e o alto valor dos pastos seminaturais de Rumanía, que están a recibir unha atención destacada no contexto europeo, xunto cos de Rusia e España. Paga a pena protexer as especies dos pastos seminaturais porque, aínda que viven nun sistema moi influenciado polo home, é un sistema con tradicións culturais moi antigas. Algúns signos indican que o valor das árbores e arbustos non foi aínda ben entendido polos expertos da UE, se se ten en conta a estrutura das subvencións medioambientais, que son esenciais para a conservación dos pastos seminaturais europeos.
AGRICULTURA
51
ESPAÑA É O PAÍS DA UE COA MAIOR SUPERFICIE DE PASTOS SEMINATURAIS RETOS PARA OS PASTOS. OS SISTEMAS BASEADOS EN PASTOS E A SÚA PRODUCIÓN POTENCIAL EN EUROPA A. Peeters Dúas tendenzas caracterizaron os sistemas de pastos nos últimos 50 anos, aproximadamente desde o comezo da Política Agraria Común (PAC) a comezos dos anos 60: a intensificación e o abandono de terras. A fertilización de pastos das terras baixas (lowlands) con abonos nitroxenados empezou a utilizarse de forma intensiva desde a década dos 60. Carga gandeira, frecuencia de cortes para ensilar, uso de fertilizantes, drenaxe, regadío, renovación de pastos por sementeira con laboreo, mellora por sementeira en superficie con variedades melloradas e control de malas herbas con herbicidas fixéronse cada vez máis importantes. O número de especies de plantas (e a biodiversidade en xeral) descendeu significativamente nos pastos, mentres que a produción e a calidade das forraxes aumentaron. Ao mesmo tempo, o número de explotacións e de agricultores diminuíu. Entre 1975 e 1990 (UE dos 15), a superficie de pastos diminuíu significativamente a favor da produción de millo forraxeiro e doutros cultivos. Despois da caída dos réximes comunistas en 1989, moitas terras agrícolas, especialmente as terras a pastos, foron abandonadas nos países afectados.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agri_3.indd 51
17/8/08 18:51:58
52
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
Vacas nun establo experimental con robot de ordeño e acceso libre dos animais a unha pequena zona de pasto. Centro de Investigación de Kungsängen (raza vermella sueca).
Estímase que cando menos o 30% da superficie de pastos foi abandonada en países como Bulgaria e Rumanía. De feito, nalgunhas rexións, incluídas as zonas de montaña, a case totalidade dos pastos abandonáronse. Como consecuencia desta tendenza, a redución de UGMs entre 1985 e 2005 foi do 66% en Bulgaria, e do 65% en Eslovaquia entre 1990 e 2005. Incluso na UE dos 15 houbo unha tendenza ao abandono de terras marxinais, especialmente en zonas de montaña. Cando as producións aumentan necesítase menos superficie para conseguir a mesma produción final, e os custos de produción son cada vez máis importantes nas zonas marxinais comparados cos de zonas máis favorables e intensivas. A especialización da produción levou á progresiva desaparición das explotacións mixtas. Unhas zonas especializáronse en cultivos mentres que outras se orientaron á produción animal. A importancia da alfalfa diminuíu na maior parte das rexións, incluso en zonas de pastos, a causa da diminución da man de obra no campo, que fixo moi difícil o secado tradicional da herba para feo. A reforma da PAC do 2003 introduciu cambios importantes: disociación, condicionalidade, modulación e renacionalización parcial. A disociación supón a asignación das axudas á superficie en lugar de ao tipo de cultivo ou animal. Con esta medida desaparecen as axudas directas á produción de millo forraxeiro, que estaban resultando desfavorables para o mantemento das superficies de pastos. En resumo, as sucesivas reformas da PAC levaron á modernización do sector, ao aumento da superficie das explotacións, unha diminución moi importante do número de agricultores, a especialización das producións, a intensificación da produción de pastos e da produción animal, o aumento do volume de produción, o aumento de rendemento dos pastos e dos animais, a redución do uso das leguminosas e a redución da superficie de pastos e da súa proporción con respecto á superficie agrícola. Fortalezas das pradeiras con respecto ao millo 1) Boas producións das pradeiras intensivas 2) Alto contido en proteínas e minerais 3) Cobertura permanente da superficie do solo 4) Custos de produción máis baixos 5) Nulo ou escaso uso de pesticidas 6) Menor risco de contaminación ambiental por nitratos e fosfatos 7) Mellor protección do solo e das aguas 8) Efectos positivos sobre a biodiversidade. Debilidades 1) Son necesarios varios cortes ao ano para colleitalas 2) A conservación en forma de silo ou feo é moi dependente das condicións climáticas
3) O valor nutritivo e a inxesta (ensilado ou pastoreo) poden ser limitados en caso de condicións climáticas adversas 4) Os custos do ensilado son maiores 5) O contido en proteína pode ser demasiado alto, especialmente durante o pastoreo 6) A contaminación do ambiente por nitratos pode ser alta cando se renovan as pradeiras por laboreo completo 7) Sistemas intensivos de aproveitamento por corte son desfavorables para a vida silvestre 8) Sistemas intensivos de aproveitamento mediante pastoreo poden xerar contaminación do ambiente por nitratos e fosfatos e unha forte redución da vida silvestre Oportunidades 1) A desaparición no 2003 das subvencións da PAC á produción de millo forraxeiro 2) A protección de zonas de pastos está incluída na PAC do 2003 para manter a terra en boas condicións agrícolas e medioambientais 3) Hai unha demanda social e intención política para protexer o medio ambiente, a paisaxe e a biodiversidade 4) O aumento do prezo da enerxía fósil fai máis atractivas as mesturas de gramíneas e leguminosas 5) O aumento do prezo dos concentrados pode levar a un maior uso dos pastos e forraxes na alimentación animal Ameazas 1) A posible redución das axudas da PAC ao desenvolvemento rural 2) Unha proporción importante da superficie de pastos pode ser utilizada para a produción de cultivos enerxéticos 3) Un aumento dos prezos dos cereais pode animar aos agricultores a labrar as superficies de pastos para producir cereais 4) A diminución do poder adquisitivo do consumidor pode reducir o consumo de carne de vacún e ovino, así como de produtos lácteos de alta calidade Novos retos Despois dun período de produción excedentaria e de control das producións en Europa mediante políticas de cotas, cese de produción e disociación, novas demandas de produtos agrícolas están a aparecer no mercado mundial debido ao aumento da poboación mundial e á emerxencia económica de novos países coma China. Por outra banda, o aumento do prezo da enerxía fósil e da preocupación polo cambio climático está a promover a produción e demanda de agrocarburantes producidos con cultivos enerxéticos. Entre os cultivos denominados “de segunda xeración” estarían os prados e pradeiras e cultivos monofitos de gramíneas ou leguminosas pratenses. Tendenzas previsibles e adaptacións precisas Aínda que o potencial de produción dos pastos é ben coñecido, é necesario facer aínda un importante esforzo investigador para coñecer o potencial dos pastos para a produción de enerxía. Parece claro que seguirá a tendenza actual de intensificación da produción de pastos e da produción animal. Son difíciles de predicir, sen embargo, os cambios futuros da superficie destinada a pastos e do número de animais. O futuro dos pastos e dos sistemas de produción animal baseados en pastos non pode separarse das múltiples funcións que ofrece á sociedade. Neste sentido, o pasto non é un cultivo coma os outros e os sistemas de produción animal son diferentes dos sistemas agrícolas. Os sistemas de produción animal con base en pastos deben ser apoiados pola sociedade polos servizos que proporcionan, incluídos a conservación da biodiversidade e a protección da paisaxe, ademais de contribuír á produción de produtos sabrosos e saudables.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agri_3.indd 52
17/8/08 18:51:23
pub_LG.indd 53
13/8/08 22:38:34
54
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
O LEITE E A CARNE PRODUCIDOS CON PASTOS BOTANICAMENTE DIVERSOS TEÑEN MAIOR CONCENTRACIÓN EN ÁCIDOS GRAXOS E ANTIOXIDANTES, BENEFICIOSOS PARA A SAÚDE HUMANA OS BENEFICIOS DA DIVERSIDADE NOS PASTOS CULTIVADOS Cea de campo dos asistentes ao congreso. En primeiro termo, Willy Kessler, secretario da Federación Europea de Pastos
Non hai dúbida de que o aumento de prezo da enerxía fósil, co correspondente aumento de prezo dos abonos nitroxenados, levará a reformas importantes dos sistemas de produción animal con base en pastos de Europa. Os sistemas do futuro teñen que ser necesariamente menos demandantes en enerxía. Hai información que permite afirmar que hai grandes posibilidades de aforrar enerxía por hectárea ou por tonelada de leite producido. As investigacións do futuro deben ser orientadas sistematicamente ao estudo dos custos energéticos e da emisión de gases invernadoiro, con obxecto de desenvolver sistemas eficientes desde ambos puntos de vista. Unha nova integración das superficies de pastos e de cultivos, a nivel de explotación e/ou de comarca, vai ser probablemente necesaria para reducir gastos de transporte, por exemplo. A fixación de nitróxeno polas leguminosas será un dos piares dos sistemas futuros para aforrar altas cantidades de enerxía fósil que os abonos nitroxenados de síntese requiren. Un esforzo especial terá que facerse nos sistemas de produción animal, porque son enerxeticamente menos eficientes cós sistemas agrícolas de cultivos por quilogramo de alimento producido. Os sistemas futuros terán que emitir á atmosfera menos gases invernadoiro, non só CO2 senón tambén CH4 e N2O.
¿ESTÁ A HERBA SEMPRE MÁIS VERDE DO OUTRO LADO DO VALADO? PRIMULA VERIS L. COMO EXEMPLO DE PLANTA QUE SOBREVIVE A INTENSIDADES DISTINTAS DE MANEXO J. Wissman, T. Lennartsson e A. Berg O alto número de especies ameazadas, tanto de plantas como de animais, na paisaxe agrícola de Europa atribuíuse con frecuencia ao abandono dos pastos seminaturais. Pero as especies poden estar tamén ameazadas nos pastos seminaturais actuais a causa da intensificación do seu manexo. Aproximadamente a terceira parte das especies ameazadas en Suecia están en zonas agrícolas, atopándose a maioría en pastos seminaturais, o que é extensible a outros países nórdicos coma Finlandia. A perda de superficie de pastos e o alto número de especies ameazadas plantea unha cuestión importante: ¿Como podemos manexar os pastos seminaturais que quedan dun xeito óptimo? A explotación intensiva de pastos inflúe do mesmo xeito có abandono de pastos na crecente desaparición de especies coma a primula veris. Os aproveitamentos serodios por sega favorecen esta especie porque permiten a produción de semente. Isto é aplicable a moitas outras especies ameazadas. A Primula veris reprodúcese principalmente por semente, florece unhas dúas semanas despois da entrada do ganado ao pasto na zona e está diminuíndo en moitas partes de Europa.
OS APROVEITAMENTOS SERODIOS DE PASTOS POR SEGA FAVORECEN AS ESPECIES AMEAZADAS, PORQUE PERMITEN A PRODUCIÓN DE SEMENTE
A. Helgadóttir e outros trece autores Esta conferencia recolle os resultados dun experimento desenvolvido en 40 lugares de Europa, desde España ata Islandia, no que se estuda a produción de catro cultivos monofitos de especies pratenses: 2 gramíneas (raigrás inglés e dactilo) e 2 leguminosas (trevo branco e trevo violeta) e das mesturas entre elas, desde dúas ata as catro especies. Os resultados medios de 3 anos de produción dos 12 lugares de Centroeuropa indican que, en xeral, as mesturas dan unha produción superior aos compoñentes máis produtivos cando se sementan en cultivo monofito. Por outro lado, as mesturas reduciron a incidencia das especies espontáneas na pradeira. A maior produción da mestura con respecto aos cultivos monofitos das especies compoñentes ocorreu incluso nun experimento de Suíza, no que se aplicaron tamén doses anuais moi altas de N, de ata 450 kg/ ha de N, a pesar da forte redución da compoñente leguminosa. O reto que estes resultados presentan tanto a agrónomos como a ecólogos é coñecer cales son os mecanismos específicos que explican estes beneficios da biodiversidade.
RACIÓNS FORRAXEIRAS BOTANICAMENTE DIVERSAS: O SEU EFECTO NA COMPOSICIÓN E CALIDADE DO PRODUTO E NA SAÚDE DO CONSUMIDOR A.P. Moloney, V. Fievez, B. Martin, G.R. Nute e R.I. Richardson A forraxe é un compoñente importante para a sostibilidade da produción de rumiantes en moitas partes de Europa, e os produtos de animais alimentados con forraxes son cada vez máis valorados polo consumidor. Datos recentes indican que o leite e a carne producidos con pastos botanicamente diversos teñen unha maior concentración en ácidos graxos e en antioxidantes, que se estima son beneficiosos para a saúde humana. As diferencias organolépticas entre os produtos animais alimentados con pastos botanicamente diversos cuando se comparan cos de animais alimentados con pastos intensivos non son convincentes. Sen embargo, as diferencias no sistema de produción, xunto coas diferencias no ambiente/comarca e posiblemente o tipo de animal, así como na diversidade botánica dos pastos, poden influír nas cualidades organolépticas dos queixos. Entre os retos para coñecer os beneficios dos pastos botanicamente diversos está a necesidade de autentificar produtos dun determinado ambiente/sistema de produción e de manter a longo prazo a diversidade botánica dun pasto, de xeito que sexa o único factor que contribúa á composición e características organolépticas dos produtos do sistema.
BIODIVERSIDADE EN PASTOS E VALOR NUTRITIVO C. Huyghe, R. Baumont e J. Isselsten A diversidade de plantas en pastos complexos estrutúrase en tres niveis de organización: 1) Grupos funcionais de plantas 2) Especies dentro dun determinado grupo funcional 3) Xenotipos dentro de cada especie Moitos traballos de investigación amosan a influenza positiva entre a produción de biomasa e a riqueza en especies de pastos sembrados. Na maioría dos casos a biomasa máxima conséguese con niveis intermedios de diversidade.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agri_3.indd 54
17/8/08 18:52:19
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
Zona de pastos seminaturais húmidos, con restauración de valados históricos
AGRICULTURA
55
AS MESTURAS DAN UNHA PRODUCIÓN SUPERIOR AOS CULTIVOS DUNHA SOA ESPECIE E REDUCEN A INCIDENCIA DE ESPECIES ESPONTÁNEAS NA PRADEIRA MANEXO SOSTIBLE DE NUTRIENTES EN SISTEMAS ECOLÓXICOS
Polo contrario, a relación entre diversidade de especies e composición química recibiu pouca atención por parte da investigación científica. As melloras conseguidas en valor nutritivo a través da mellora xenética poden poñerse en valor cando as variedades melloradas sexan incluídas nas mesturas de especies para as sementeiras de pradeiras. Este é especialmente o caso de contido en carbohidratos solubles das gramíneas e na encima polifenol oxidasa (PO), implicada nos procesos de proteolise e lipolise das leguminosas. Variedades melloradas para alta actividade PO serían beneficiosas para reducir as perdas de lípidos e proteínas durante o proceso de ensilado e posiblemente no rume. Isto abre novas posibilidades para a investigación e especialmente para o desenvolvemento de modelos. Os modelos serían moi importantes para valorar a abundancia específica, a variación xenotípica dentro de cada especie e as consecuencias das prácticas de manexo.
C.A. Watson e M. Wachendorf En agricultura ecolóxica, o manexo do solo ten en conta a subministración de nutrientes aos cultivos e, en consecuencia, aos animais e o home. A rotación de cultivos, que inclúe unha mestura de leguminosas para a mellora do nivel de fertilidade, é o método básico para subministrar nitróxeno (N) ao sistema de produción ecolóxica. As rotacións ecolóxicas compóñense de fases que aumentan o nivel de N no solo e de fases que o consumen. Ao N fixado simbioticamente engádese o que provén da atmosfera por deposición e os nutrientes que entran a través dos alimentos para os animais, estercos e materiais compostados, e fertilizantes permitidos. Un dos retos principais na achega de N aos cultivos e forraxes ecolóxicas para evitar perdas por lavado e volatilización é a sincronización da oferta e a demanda, tanto estacionalmente como ao longo da rotación. Os sistemas ecolóxicos favorecen a produción en pastoreo, sendo, por tanto, necesario desenvolver sistemas de manexo que minimicen as perdas de nutrientes inherentes a este sistema de produción. Para evitar a diminución no contido do solo en nutrientes é importante facer un balance das entradas e saídas de fósforo, potasio e elementos traza. As prácticas de manexo de nutrientes dos sistemas ecolóxicos son aplicables a sistemas de produción convencional, especialmente neste momento de aumento dos prezos dos fertilizantes.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agri_3.indd 55
17/8/08 18:52:34
56
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
A MAQUINARIA EMPREGADA INFLÚE DECISIVAMENTE NA EFICIENCIA ENERXÉTICA, OS CUSTOS DE ENSILADO, A PERDA DE NUTRIENTES E A CALIDADE DOS ENSILADOS AVANCES RECENTES NA TECNOLOXÍA DE RECOLECCIÓN E CONSERVACIÓN DE FORRAXES E PRODUCIÓN DE BIOMASA CON ESPECIES PERENNES S. Orosz, J. Szücsne-Péter, V. Owens e Z. Bellus A maquinaria empregada (segadoras, acondicionadoras, hileradoras e esparexedoras, colleitadoras) inflúe decisivamente na eficiencia enerxética, os custos de ensilado, a perda de nutrientes e a calidade dos ensilados. Os distintos métodos de ensilado (sistemas convencionais en silo horizontal, sistemas tubulares, ensilado en bólas usando a nova xeración de máquinas de embalaxe, tecnoloxía de encintado e tipos de láminas de plástico) inflúen nas características físicas (homoxeneidade, tamaño de partícula, densidade e condicións anaeróbicas), na calidade fermentativa (pH, ácidos orgánicos), no contido en enerxía e valor nutritivo, na estabilidade aeróbica e nos factores anticalidade (microorganismos e compoñentes químicos como as toxinas) dos ensilados. Tomáronse tamén en consideración as prácticas de manexo con respecto á produción de biomasa con gramíneas perennes para fins enerxéticos.
DIVERSIDADE DOS SISTEMAS DE PRODUCIÓN DE CARNE DE VACÚN E USO DE PASTOS EN EUROPA P. Sarzeaud, A. Pflimlin, C. Perrot e F. Becherel A rede do Grupo de Traballo de Vacún da Asociación Europea de Produción Animal levou a cabo investigacións sobre a aplicación da PAC e o seu impacto sobre os sistemas de produción de vacún de carne. A conferencia baséase en datos da Rede Contable de Explotacións (Farm Accountancy Data Network) e en expertos nacionais para establecer a relación entre os pastos e a produción de carne de vacún en Europa. O sistema de produción é moi variable e compleméntase con frecuencia con outras actividades. A UE dos 15 dividiuse en sete zonas de produción con base nas súas características bioxeográficas, o uso da terra e as súas limitacións. Os sistemas de produción de carne son responsables do mantemento de moitas zonas de pastos. O papel multifuncional dos pastos (almacenamento de carbono, biodiversidade, etc.) debe ser identificado con máis claridade. A reforma da PAC do 2003 representou un gran cambio na política agraria. Dous terzos da produción de vacún de carne de Europa foron completamente disociados. Tres tendenzas económicas están cambiando o uso da terra: 1) Demanda crecente de alimentos 2) Establecemento de cultivos enerxéticos 3) Disociación completa das axudas a cultivos ou tipo de animais nalgúns países.
Os sistemas de produción de vacún de carne son moi sensibles á competencia por terra, especialmente nas zonas mixtas de cultivos e produción animal.
PACER OU NON PACER, ESA É A CUESTIÓN A. Van den Pol-van Sasselaar, T.V. Vellinga, A. Johansen e E. Kennedy A tendenzas actuais nas explotacións de vacún de leite en Europa están causando unha diminución da popularidade dos sistemas de pastoreo. A forraxe é o alimento principal do gando de leite en Europa. A herba emprégase en fresco –predominantemente, a través do pastoreo – ou conservada en forma de silo ou feo. Hai unha tendenza xeral de redución do pastoreo na maioría dos países de Europa. As razóns desta tendenza varían, debido fundamentalmente ás grandes diferenzas dos sistemas de produción típicos das distintas rexións. Hai poucos datos de longo prazo dispoñibles sobre o pastoreo en Europa. Hai grandes diferenzas, tanto entre os distintos países como dentro de cada un. En Dinamarca, o 16% do gando de leite non pacía no 2001. Esta cifra aumentou ao 30% no 2003 e segue aumentando. En Noruega, Suecia e Finlandia existe unha lexislación de benestar animal que esixe que o gando teña acceso ao pasto ou a zonas de exercicio durante un mínimo período de tempo en verán, desde seis semanas a cuatro meses, dependendo da zona. En Finlandia o pastoreo diminuíu desde 1990 ata a introdución da lexislación mencionada, no 2006. En Holanda, o número de vacas de leite que non sae pacer aumentou considerablemente nos últimos anos. En Inglaterra estímase que menos do 5% das vacas non saía pacer no 2005, aínda que este número aumenta. En Irlanda, os sistemas de pastoreo de vacas de leite predominan. A estación de pastoreo é de 8 meses no norte do país e de 11 no suroeste. Os gandeiros teñen razóns diversas para elixir un sistema de pastoreo. A importancia que dan a distintos aspectos relacionados co pastoreo (produción e uso da herba, sostibilidade, benestar animal, lixiviación de nitratos, sociedade, tamaño da explotación, dificultades asociadas ao uso crecente de robots de ordeño, etc.) é moi persoal. A transferencia de coñecementos aos gandeiros é aínda moi necesaria na actualidade. Sen embargo, sabendo que la preferencia persoal ten unha influenza tan grande, a transferencia de coñecementos soa non é suficiente para deter a diminución do pastoreo. Os proxectos para estimular o pastoreo deben orientarse tamén ás preferencias do gandeiro.
Vacas en pastoreo. En Suecia, a lexislación esixe que o gando teña acceso ao pasto
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agri_3.indd 56
17/8/08 18:52:43
SEMILLAS PARA PRADERAS: Raygrasses, tréboles, alfalfas, fórmulas, etc. OTROS PRODUCTOS QUE OFRECE AGROMUNDO:
MALLAS CORTAVIENTOS PARA ESTABLOS
Q
Q
ALIMENTACIÓN ANIMAL
Fabricación propia
ENSILADO
Q
Q
Leches Maternizadas Correctores Piensos para perros y gatos
Q Q
Film para encintadoras Hilo y malla para rotoempacadoras Mallas protectoras
Q
FITOSANITARIOS
Q
Q
Q
HIGIENE GANADERA
Q Q
Herbicidas Insecticidas
Q
Limpieza y desinfección del ordeño Selladores y Predipings Cuidado de patas Celulosa
Polígono Industrial La Curiscada, 391-392 • 33877 TINEO • Principado de Asturias Teléfono 985 80 16 54 • Fax 985 80 09 58
agromundo.indd 57
13/8/08 22:45:03
58
AGRICULTURA
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
Explicación sobre pastos seminaturais húmidos no val do río Fyris
SISTEMAS EXTENSIVOS DE PRODUCIÓN ANIMAL EN EUROPA: UNHA OPORTUNIDADE PARA OS PRODUTOS DE CALIDADE, O LECER E A CONSERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE
O LEGADO HISTÓRICO SOBRE A DIVERSIDADE FLORÍSTICA DOS PASTOS A.K.M. Dahlstroöm Non podemos protexer a riqueza específica dos pastos seminaturais para o futuro sen tomar en consideración o contexto espacial e temporal no que se desenvolveron. Ao longo dos últimos 100-150 anos, moitos tipos de pastos seminaturais destruíronse mediante o cultivo, a fertilización, o abandono ou a forestación. Mapas antigos de 200-300 anos e fotografías aéreas máis recentes son ferramentas importantes para comprender o desenvolvemento de distintos tipos de paisaxe. En todo caso, o cambio dos pastos depende das características xeográficas da paisaxe. Estudos de diferentes paisaxes sobre o efecto da fragmentación na riqueza específica comparáronse e os seus resultados diverxentes foron analizados. Pequenos hábitats remanentes tales coma marxes de estradas e illotes no medio do campo son tamén importantes para a riqueza específica, especialmente en paisaxes con poucos pastos seminaturais. Aínda que a estrutura da paisaxe anterior non inflúe directamente na riqueza específica actual en paisaxes moi transformadas, é aínda importante usar datos xeográficos históricos para comprender o proceso de fragmentación e para deseñar medidas axeitadas de conservación.
AO LONGO DOS ÚLTIMOS 150 ANOS, MOITOS PASTOS SEMINATURAIS DESTRUÍRONSE MEDIANTE O CULTIVO, A FERTILIZACIÓN, O ABANDONO OU A FORESTACIÓN
M.T. Sebastià, R.M. Canals, E. Marks e R. Llurba Os sistemas gandeiros pouco intensivos son reservas importantes de biodiversidade, á vez que proporcionan servizos do ecosistema á sociedade, sendo unha fonte de ingresos en moitas zonas agricolamente marxinais. A pesar de que en moitas zonas os sistemas de produción de vacún de leite continúan intensificándose, os sistemas de produción de carne de vacún e ovino tenden a ser pouco intensivos, o que é reflexo de solos pobres e climas difíciles. Os sistemas extensivos poden ofrecer beneficios do ecosistema e de saúde á sociedade, por riba e máis alá dos intensivos. Dada a alta produtividade das zonas intensivas, os sistemas extensivos non deberan quedar relegados ás zonas marxinais de Europa. Certos retos importantes mantéñense, destacando o cambio do uso da terra, o cambio climático e a viabilidade económica e sostibilidade ecolóxica a longo prazo. A situación de cambio das condicións actuais do planeta fai prever perdas significativas da biodiversidade e unha degradación dos servizos do ecosistema a nivel mundial. É urxente deseñar medidas novidosas, tanto para os sistemas intensivos coma para os extensivos, para facer fronte á nova situación, dentro da cal os sistemas extensivos están chamados a xogar un papel importante.
A REFORMA DA PAC. O FUTURO DA PRODUCIÓN DE PASTOS Mariann Fischer Boel Comisaria de Agricultura da Unión Europea Estase a facer un chequeo de saúde da PAC para facer que esta sexa máis efectiva, eficiente e simple na UE de 27 estados e no mundo. Este chequeo está a ter lugar nun momento interesante, no que os prezos agrícolas – incluídos os dos cereais – estiveron nos titulares das noticias varias semanas. O que foi unha bendición para los agricultores cerealistas foi unha maldición para as explotacións gandeiras intensivas. Por outra banda, o cambio climático está tamén presente nas conversas porque a temperatura media de Europa subiu 1 grao Celsius no último século, máis que a media mundial.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
congresoPastos.indd 58
16/8/08 10:33:23
DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES
SE SE MANTEÑEN AS SUPERFICIES DE PASTOS, O CARBONO MANTENSE ALMACENADO NO SOLO E EMPRÉGANSE MENOS FERTILIZANTES, QUE SON OS RESPONSABLES PRINCIPAIS DAS EMISIÓNS DE ÓXIDO NITROSO A Federación Europea de Pastos
Q Q
A Federación Europea de Pastos (EGF) fundouse en 1963 en Hurley (Reino Unido). Os distintos países están representados nela a través das súas Sociedades de Pastos. No caso de España é a Sociedad Española para el Estudio de los Pastos, fundada en 1960.
Q
En 1964, a Federación estaba formada por dez países. Na actualidade hai 35 países asociados: trinta son membros de pleno dereito e cinco son membros correspondentes.
Q
Na actualidade hai reunións científicas da EGF todos os anos, simposios nos anos impares (cun tema máis concreto e limitado) e reunións xerais nos anos pares (temas máis amplos e contido paneuropeo).
Q
Ata este momento celebráronse en España dúas reunións xerais: Produción de pastos e forraxes en climas estacionalmente áridos (Madrid, 1975) e Manexo eficiente de pastos (Badajoz 2006).
Q
A reunión xeral de 2008, celebrada en Uppsala (Suecia), contou coa participación de 25 investigadores españois, unha cifra récord de participación española (se se exceptúan as reunións celebradas en España en 1975 e 2006). As reunións da Federación Europea seguen a ter unha clara orientación cara a pastos de zonas húmidas polo gran peso que os centros de investigación destas zonas, xeralmente ben dotados, teñen nas reunións.
AGRICULTURA
59
Polo tanto, a agricultura europea debe responder a este reto de dúas maneiras: 1) Redución das emisións de gases invernadoiro cando menos nun 20% para o 2020, con respecto aos niveis de 1990 2) Adaptación ao cambio climático que está a ocorrer neste momento. ¿Que significa isto para os pastos? Por unha banda, os pastos son maiormente empregados en sistemas gandeiros extensivos, que producen máis metano cós sistemas intensivos por unidade de produto. Por outra banda, os pastos xogan un papel na loita contra o cambio climático. Se se manteñen as superficies de pastos, o carbono mantense almacenado no solo e empréganse menos fertilizantes, que son os responsables principais das emisións de óxido nitroso. Ademais, o gando en pastoreo proporciona beneficios ao medio natural e axuda a manter a biodiversidade. En resumo, os sistemas de produción animal con base en pastos teñen moitos aspectos medioambientais positivos e, polo tanto, a política da UE debe reflectir isto. Os consumidores piden sabores e texturas especiais aos seus alimentos e moitos queren que os seus alimentos sexan producidos en sistemas moi respetuosos co medio ambiente e co benestar animal. Os sistemas extensivos están entre eles. Está claro que varios factores terán influenza sobre o futuro dos sistemas baseados en pastos, incluído o chequeo da saúde da PAC. Pero está tamén claro que os sistemas extensivos teñen futuro na UE, xunto con outros métodos de produción tales como os intensivos por un lado e a agricultura ecolóxica, no extremo oposto do espectro. En conclusión, despois da reforma da PAC os pastos seguirán a ser un compoñente importante da paisaxe europea.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
congresoPastos.indd 59
16/8/08 10:33:40
60
NUTRICIÓN
MELLORA DA CALIDADE DO ENSILADO DE MILLO MEDIANTE UNHA BOA TÉCNICA DE ENSILADO E O USO DE INOCULANTES B. Fernández-Lorenzo, G. Flores, A. González-Arráez, J. Valladares e S. Pereira Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM)
Colleita de millo
PERDAS DE MATERIA SECA DURANTE O ENSILADO A cantidade de forraxe que se perde desde o enchido do silo ata que o ensilado chega ao comedeiro, expresada en termos de materia seca, pode variar desde o 2%, en silos ben manexados, ata máis do 30%, en silos mal manexados. Habitualmente, estas perdas pasan desapercibidas para o gandeiro, a menos que se tome a molestia de pesar e medir a materia seca de toda a forraxe que entra e sae do silo.
¿POR QUE É IMPORTANTE COIDAR A TÉCNICA DE ENSILADO? Producir altos rendementos de forraxe de alta calidade é fundamental para incrementar os resultados económicos da explotación, pero o esforzo pode ser inútil se a forraxe producida e o seu valor nutritivo non son conservados correctamente durante o ensilado. As consecuencias dunha mala técnica de ensilado son: a) Incremento das perdas de ensilado en termos de materia seca b) Diminución do valor nutritivo do ensilado c) Diminución da calidade hixiénica do ensilado.
PERDAS DE VALOR NUTRITIVO DURANTE O ENSILADO As perdas de materia seca no ensilado débense, maioritariamente, á produción de dióxido de carbono (CO2) e auga durante o proceso de respiración e fermentación a partir dos azucres e dos ácidos da fermentación. Estes son os compoñentes máis dixestibles da forraxe, polo que se expresamos as perdas en unidades de enerxía o balance é aínda máis negativo. Na Táboa 1 preséntase unha estimación das perdas de enerxía producidas durante as distintas fases do ensilado e as súas causas.
Táboa 1: Perdas de enerxía durante o ensilado Fase do ensilado
Proceso
Axente causante
Perda aproximada (%)
Clasificación
Enchido do silo
Respiración residual
Encimas da planta
1a2
inevitable
Silo tapado
Fermentación primaria
Bacterias lácticas
2a4
inevitable
Fermentación secundaria
Clostridios
0 a >5
evitable
Respiración na codia (por infiltración de aire)
Levaduras, acetobacterias, mofos
0 a >10
evitable
Respiración na fronte do silo e no comedeiro (por infiltración de aire)
Levaduras, acetobacterias, mofos
0 a >15
evitable
Apertura do silo Total
3 a >36
Fonte: Zimmer (1980)
IMPORTADOR PARA ESPAÑA DURAN MAQUINARIA AGRICOLA, S.L. • Carretera N 640 Km 87.5 • 27192 A Campiña, Lugo Tel. 982.22.71.65 • Tel / Fax 982.25.20.86 • E-mail mduran@duranmaquinaria.com • Web www.duranmaquinaria.com
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura4.indd 60
16/8/08 10:45:47
NUTRICIÓN
PERDAS POR DIMINUCIÓN DA CALIDADE HIXIÉNICA Os efectos negativos mencionados anteriormente (perda de materia seca e diminución do valor nutritivo) pódense agravar coa presenza de material visiblemente deteriorado, producido pola oxidación prolongada da forraxe, como resultado da actividade de bacterias aerobias, levaduras e mofos. A presenza de material deteriorado é habitual na codia dos silos mal tapados ou na fronte de silos mal manexados. Este material non só reduce a inxestabilidade do ensilado, e polo tanto o seu valor nutritivo, senón que ademais pode ser un foco de contaminación con micotoxinas e de microorganismos potencialmente patóxenos como Listeria ou Enterobacterias, polo que na práctica recoméndase desbotalo.
A INFILTRACIÓN DE AIRE NO ENSILADO En ensilados ben conservados, coma os de millo, as perdas estimadas debidas a fermentación son inferiores ao 4% (ver Táboa 1) e pódense considerar como o prezo que hai que pagar por conservar a forraxe. Sen embargo, as perdas por respiración debidas a infiltración de aire poden ser moito maiores (podendo superar o 25% da enerxía orixinal) e son en gran parte evitables cunha correcta técnica de ensilado.
PERDAS POR INFILTRACIÓN DE AIRE DURANTE O ENCHIDO DO SILO Durante o proceso de enchido e despois do pechado do silo, a respiración encimática dos azucres da planta continúa ata que se esgota o osíxeno, o que nun silo ben compactado e perfectamente
61
tapado pode durar menos de 30 minutos dende que se tapa co plástico. Durante esta fase, as perdas estimadas de materia seca son de 0,3, 0,6 e 1,6 % por cada día de retraso no tapado en silos trincheira, silos plataforma e rotopacas, respectivamente. O retraso do tapado do silo ten un triple efecto: a) Aumenta as perdas de forraxe pola oxidación dos azucres mencionada anteriormente. b) A diminución do substrato fermentable pode comprometer a calidade da fermentación no caso de forraxes difíciles de ensilar (herba ou leguminosas con baixo contido en carbohidratos solubles e elevada capacidade tampón). c) Aumenta a carga microbiana de levaduras e fungos, o que máis tarde, durante a apertura do silo, pode aumentar o deterioro aeróbico. As perdas por respiración encimática pódense minimizar reducindo a cantidade de osíxeno atrapado na masa de forraxe mediante unha boa compactación e tapando o silo rapidamente tralo seu enchido ou cando o enchido do silo se interrompe por algún imprevisto.
PERDAS POR INFILTRACIÓN DE AIRE NO SILO TAPADO Durante o tempo que o silo está tapado, a infiltración de aire, producida maioritariamente a través de roturas no plástico ou polos bordes mal selados do silo, permite que se manteña o metabolismo aeróbico de microorganismos, algúns deles potencialmente patóxenos (p.e.: Listeria monocytogenes e fungos micotoxixénicos), podendo dar lugar á aparición de material deteriorado.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura4.indd 61
16/8/08 09:39:53
62
NUTRICIÓN
NUN SILO MAL MANEXADO, AS PERDAS DE FORRAXE ANTES DE CHEGAR AO COMEDEIRO PODEN CHEAR AO 30%
Enchido dun silo de millo
A única solución eficaz é a prevención mediante una boa técnica de ensilado, complementada, se esta fose insuficiente, coa aplicación de aditivos. Non obstante, aínda que os plásticos normalmente usados non son totalmente impermeables ao osíxeno, se o selado se realiza correctamente, as perdas de materia seca poden ser case imperceptibles (< 0,5 %/mes) e a presenza de material deteriorado na codia inapreciable.
PERDAS POR INFILTRACIÓN DE AIRE NA APERTURA DO SILO Trala apertura do silo, nun período variable de tempo, os microorganismos aerobios que permanecían en estado latente (levaduras, acetobacterias e mofos) reinician a súa actividade, dando lugar ao proceso de inestabilidade aeróbica. O mellor indicador da inestabilidade aeróbica é o incremento da temperatura do ensilado. Considérase que un ensilado é máis estable canto máis tarda en elevarse a súa temperatura e, unha vez iniciada a fase de inestabilidade, o deterioro aeróbico será maior canto maior sexa o incremento da mesma. Na práctica habitual das explotacións, podemos atopar unha gran variación na estabilidade aeróbica dos ensilados. Algúns comezan o quecemento na fronte do silo ou no comedeiro, ás poucas horas da súa exposición ao aire, e outros poden permanecer estables durante días ou semanas. Paradoxalmente, ensilados como os de millo, cunha boa calidade de fermentación, presentan unha maior predisposición á inestabilidade aeróbica debido ao seu maior contido en azucres residuais e ao menor contido en ácidos graxos volátiles (ácidos acético, propiónico e butírico). Sen embargo, nos ensilados peor conservados o maior contido en amoníaco e ácidos graxos volátiles inhibe a actividade de levaduras e mofos polo que adoitan ser máis estables. A inestabilidade aeróbica é maior nos meses máis calorosos do ano, e naqueles silos nos que a penetración do aire se ve favorecida por unha mala compactación e unha superficie da fronte irregular e mal consolidada.
¿COMO EVITAR AS PERDAS DEBIDAS AO DETERIORO AERÓBICO? Unha vez comezado, o proceso de deterioro aeróbico do ensilado é practicamente imparable. Avanzar na fronte do silo pode solventar momentaneamente o problema, pero se as condicións que provocaron o deterioro se manteñen este volverá a aparecer.
TÉCNICAS DE ENSILADO RECOMENDADAS PARA REDUCIR O DETERIORO AERÓBICO v Deseño dos silos Os silos débense deseñar e dimensionar tendo en conta a demanda diaria de ensilado e evitar a tentación de construír silos demasiado grandes. Son preferibles silos altos, longos e estreitos, e varios silos pequenos que un único silo de gran tamaño. Deste xeito, podemos reservar para o inverno os silos peor compactados ou os máis anchos, máis tendentes ao deterioro aeróbico, e utilizar os mellor compactados ou os máis estreitos no verán. Isto tamén ofrece a vantaxe de poder separar os ensilados segundo a súa calidade. v Picado do millo O millo para ensilar debe ser picado a unha lonxitude teórica de 9 a 12 mm. Se o millo está demasiado seco (MS > 37 %), é recomendable unha lonxitude de 6 a 9 mm, para mellorar a compactación. v Asegurar unha compactación suficiente A mellor compactación obtense espallando o millo picado en capas de 20 cm, utilizando o tractor máis pesado do que dispoñamos e aumentando o tempo de pisado. O obxectivo debe ser acadar polo menos unha densidade de 200 a 300 kg MS/m3, dependendo do contido en MS da forraxe. v Asegurar un correcto selado do silo Recoméndase tapar a forraxe con dúas capas de polietileno negro (0,125 mm), cargándoas nos bordes cunha liña continua de bolsas de area, terra, grava, etc, e no resto cunha capa o máis densa posible de bolsas de area ou neumáticos. Revisar regularmente a cuberta do silo e reparar as roturas que puideran aparecer no plástico. Nos silos trincheira, antes de comezar o enchido, recoméndase colocar as láminas de plástico de xeito que queden situadas entre a parede do silo e a forraxe, deste xeito reduciranse as perdas nos bordes da codia do silo. v Manexo da fronte do silo Recoméndase avanzar na fronte do silo a unha velocidade de máis de 15 cm por día, superando os 30 cm por día no verán, e non botar máis de 3 días en retornar ao mesmo punto de avance na fronte do silo. A superficie da fronte debe ser o mais regular e compacta posible para reducir a penetracion do aire. v Manexo do carro mesturador e o comedeiro O carro mesturador e o comedeiro son dous importantes reservorios de microorganismos aerobios, polo que a súa limpeza diaria pode reducir o risco de inestabilidade aeróbica no comedeiro.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura4.indd 62
16/8/08 09:40:12
pub_mga.indd 63
13/8/08 22:47:46
64
NUTRICIÓN
Mofo nun ensilado de gran húmido de millo
RECOMÉNDASE AVANZAR NA FRONTE DO SILO A UNHA VELOCIDADE DE MÁIS DE 15 CM POR DÍA, SUPERANDO OS 30 CM POR DÍA NO VERÁN USO DE INOCULANTES PARA REDUCIR O DETERIORO AERÓBICO Existen diversos aditivos, como ácidos orgánicos ou amoníaco, que poden mellorar a estabilidade aeróbica e/ou reducir o deterioro aeróbico dos ensilados. Sen embargo, os inoculantes a base de bacterias lácticas son os máis utilizados na actualidade, fundamentalmente porque non son corrosivos, son máis seguros para os operarios e moitas das colleitadoras de precisión veñen provistas de dosificadores e aplicadores específicos para inoculantes. Hai distintas marcas de inoculantes para ensilados de millo dispoñibles no mercado, pero soamente os inoculantes a base Lactobacillus buchneri teñen resultado realmente efectivo reducindo a inestabilidade aeróbica. Avaliación de inoculantes comerciais No Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, en colaboración co LIGAL, levouse a cabo un experimento co obxectivo de determinar a eficacia de varios dos inoculantes comerciais dispoñibles en Galicia, como melloradores da estabilidade aeróbica e a calidade microbiolóxica dos ensilados de millo. Ensiláronse, en 72 silos de laboratorio, tres variedades de millo colleitadas en tres datas distintas cada unha. A forraxe foi ensilada sen ningún aditivo ou cos seguintes inoculantes: 1) Lalsil MS01, a base de Lactobacillus plantarum e Propionibaterium acidipronionici. 2) Lalsil Fresh, a base de Lactobacillus buchneri, ambos da casa Lallemand 3) P-11A44, a base de Lactobacillus buchneri, da casa Pioneer. Neste experimento confirmouse que Listeria monocytogenes, Clostridios sulfitoreductores, mofos e levaduras e Enterobacterias (especialmente Escherichia coli) son microorganismos que se atopan regularmente na forraxe acabada de colleitar (Táboa 2). Sen embargo, as condicións de acidez e anaerobiose que se dan nun correcto ensilado poden reducir a viabilidade destes microorganismos e incluso poden eliminalos, coma no caso de Listeria monocytogenes e Escherichia coli.
SON PREFERIBLES SILOS ALTOS, LONGOS E ESTREITOS, E VARIOS SILOS PEQUENOS QUE UN ÚNICO SILO DE GRAN TAMAÑO
Setas na superficie dun ensilado
Táboa 2: Calidade hixiénica do millo antes e despois de ensilar. fresco
ensilado
18
72
Salmonella spp.
0
0
Escherichia coli
18
0
Listeria monocytogenes
17
0
nº de mostras analizadas nº de mostras con presenza de:
Recontos microbianos en log10 ufc/g
media
media
Microorganismos aerobios totais
*
8.00
Staphylococos spp.
<1
<1
Enterobacterias
> 5,18
<1
Mofos e levaduras
6.06
5.31
Clostridios sulfitoreductores (log10 esporas/g)
2.76
2.13
* Valor non determinado. > e <: valores por riba e por debaixo dos límites de reconto, respectivamente.
Os inoculantes a base de L. buchneri (Lalsil Fresh e P-11A44) promoveron un aumento da concentración de ácido acético e propiónico (Táboa 3) o que se reflectiu na diminución dos recontos microbianos de mofos e levaduras, e nunha maior estabilidade aeróbica do ensilado (Figuras 1, 2 e 3). Os ensilados tratados con L. buchneri presentaron unha clara tendencia a retrasar o inicio do quecemento (permaneceron estables durante 64 e 49 horas mentres que os ensilados sen aditivo só foron estables durante 20 horas) e tamén tenderon a acadar menores temperaturas. Como resultado, o grao de deterioro aeróbico sufrido durante 144 horas foi inferior nos ensilados tratados con L. Buchneri, como indican os valores inferiores de temperatura acumulada (Figuras 1, 2 e 3). Sen embargo, o inoculante a base de L. plantarum e P. acidipropionici (aditivo LMS01) non diminuíu o contido en mofos e levaduras (Táboa 3) nin melloraron os índices de estabilidade aeróbica dos ensilados (Fig 1, 2 e 3).
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura4.indd 64
16/8/08 09:40:39
pub_pioneer.indd 65
12/8/08 00:04:51
66
NUTRICIÓN
CONCLUSIÓNS A infiltración de aire no silo pode provocar importantes perdas de forraxe e do valor nutritivo dos ensilados, durante o enchido, o almacenado e despois da apertura dos silos. Asemade, pode provocar a aparición de material deteriorado na codia e na fronte do silo, reducir a inxestibilidade do ensilado e afectar a saúde dos animais que o consumen. A aplicación dunha correcta técnica de ensilado,
Taboa 3: Calidade fermentativa, calidade hixiénica e estabilidade aeróbica de ensilados de millo tratados con distintos inoculantes
que minimice a entrada de aire no silo, é o xeito máis eficiente de reducir as perdas polo deterioro aeróbico. O uso de inoculantes a base de Lactobacillus buchneri pode axudar a retrasar o inicio do quecemento dos ensilados de millo unha vez aberto o silo e diminuír a extensión do deterioro aeróbico.
Aditivo Variables
Sen inoculante
MS (%)
41 3.81 5.7 0.6 0.03 0.06 3.8 1.6 5.9 2.0 20.6 13.3 1292
pH NH 3-N (% N total) Ácido acético (%MS) Ácido propiónico (%MS) Ácido butírico (%MS) Ácido láctico (%MS) Etanol (%MS) Mohos e levaduras (log 10 ufc/g) Clostridios sulfitoreductores (log Hora T > 2 ºC T máxima (ºC) INTEGRAL
10
esp/g)
L-MS01
P-11A44
L-Fresh
40 3.79 4.8 0.5 0.01 0.06 3.9 1.8 6.1 2.1 18.4 11.7 1032
41 3.87 5.8 0.9 0.39 0.05 3.6 1.7 4.8 2.2 64.4 9.2 530
41 3.92 5.8 1.2 0.85 0.03 2.8 1.6 4.4 2.2 49.4 10.0 807
c a c c a a
a
c b d c a a
a
b a b b a b
b
a a a a b b
ab
MS: materia seca correxida por perda de volátiles; NH 3-N nitroxeno amoniacal en % s/N total; T = ºC por riba da temperatura ambiente; INTEGRAL = suma dos graos por riba da temperatura ambiente rexistrados cada media hora durante 144 horas. Medias con letras distintas dentro da mesma fila considéranse significativamente diferentes.
1400
60
1200
50
Hora
Fig 2 (dereita): Graos acumulados por riba da temperatura ambiente durante 144 horas
70
Graos Centígrados
Fig 1 (esquerda): Retraso no inicio do quecemento do ensilado tratado con distintos inoculantes
40 30 20 10
800 600 400 200
0
0
Sen inoc
L-MS01
P-11A44
L-Fresh
Sen inoc
L-MS01
P-11A44
L-Fresh
Sen inoculante
9 8
Graos Centígrados
Fig 3: Evolución da temperatura dos ensilados durante 122 horas trala apertura do silo (expresada en graos centígrados por riba da temperatura ambiente).
1000
L-MS01
7 6
P-11A44
5 4 3
L-FRESH
2 1
hora
0 0
24
48
72
96
120
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
agricultura4.indd 66
16/8/08 09:41:04
.9<76
(.96(4) O .Y\WV (.96(4) ĂŠ unha compaĂąĂa orientada a dar soluciĂłns de valorizaciĂłn e xestiĂłn integral dos residuos, empregando sempre as mellores tĂŠcnicas disponibles e optimizando a loxĂstica de transporte. O .Y\WV (.96(4) posĂşe autorizaciĂłn para a xestiĂłn de: Transporte de residuos perigosos (T/001/01) Transporte de residuos sĂłlidos urbanos (SC-U-NP-XRT- 00072) Transporte de residuos industriais non perigosos (SC-I-NP-XRT00083, SC-I-NP-XRT-00056 e SC-I-NP-XRT-00122) ValorizaciĂłn e xestiĂłn de residuos sĂłlidos urbanos (SC-U-NP-XV-00040 y SC-U-NP-XV-00036 ) ValorizaciĂłn e xestiĂłn de residuos industriais non perigosos (SC-INP-XV-00064 y RIV-24/01) RexeneraciĂłn ambiental Conforman o .Y\WV (.96(4) as seguintes empresas:
(.96(4)
=(3690A(*0Ă&#x201D;5 , ;9(;(4,5;6 +, 9,:0+<6: )06+,.9(+()3,:
Titular da primeira planta cunha capacidade prĂłxima a 100.000 tms/ano para a valorizaciĂłn e tratamento de residuos agrarios segundo o disposto no RD 824/2005 sobre fertilizantes, o RD 1310/1990 sobre a aplicaciĂłn agrĂcola de lodos e o Regulamento CEE 1774/2002 sobre subprodutos animais. Agroamb aposta fortemente por I+D+i coa sĂşa presenza en mĂĄis de 10 proxectos de investigaciĂłn.
;9,:(4)
36?Ă?:;0*( ,:7,*Ă?-0*( ,5 *65;,+69,:
DispĂłn de vehĂculos especĂficos en diferentes configuraciĂłns, adaptĂĄndose a cada necesidade medioambiental do cliente. InnovaciĂłn e eficacia no transporte. Servizos de conselleiro de seguridade e operador de transportes.
(.96(4) ;9,:04( <;,
?,:;0Ă&#x201D;5 , 79,:;(*0Ă&#x201D;5 +, :,9=0A6: 4,+06(4)0,5;(0:
Comercializa e coordina a prestaciĂłn de servizos para a xestiĂłn ambiental integral dos distintos residuos (incluĂdos residuos perigosos). Desde a sĂşa recente creaciĂłn, xestiona mĂĄis de 50.000 tms/ano de residuos biodegradables.
65,.( (9,: : 3 <
:,9=0A6: (=(5A(+6: +, ;,*5636?Ă?( (.9(90(
Empresa de servizos agrarios que conta cos Ăşltimos equipos en mecanizaciĂłn para a sementeira, cultivo e posterior recolecciĂłn das diferentes produciĂłns agrarias.
;96)6 (.9Ă?*63( : * . 796+<*0Ă&#x201D;5 05;,.9(+( +( ;,99(
Sociedade para a explotaciĂłn en comĂşn da terra, orientada ĂĄ produciĂłn integrada de forraxes e cultivos enerxĂŠticos. DispĂłn dun banco de terras que supera as 3.000 hectĂĄreas.
Agroamb C/ Calzada das GĂĄndaras, 11. Local bajo dcha. 27003 Lugo TelĂŠfono (+34) 982 231 365
pub_agroamb.indd 67
Fax (+34) 982 240 534 E-mail agroamb@agroamb.com Web www.agroamb.com
.(3,.6 Âś .36)(30A(*0Ă&#x201D;5 Âś ,5,9?Ă?(: 9,56=()3,: Âś
O .Y\WV (.96(4) fĂłrmano un conxunto de empresas relacionadas coa xestiĂłn integral dos residuos liderado por un equipo multidisciplinar na xestiĂłn ambiental.
76:;6: +09,*;6: 4Ă?0: +, 05+09,*;6: Âś *(70;(3
Agroamb acaba de obter a primeira autorizaciĂłn por parte da ConsellerĂa de Medio Ambiente para a VALORIZACIĂ&#x201C;N DE LODOS na sĂşa planta de tratamento ubicada en Ponte de Outeiro (Castro de Rei), para a elaboraciĂłn de fertilizantes orgĂĄnicos a base de residuos biodegradables (incluĂdo material de CategorĂa 3 transformado)
0 + 0 Âś +,:,5=63=,4,5;6 36*(3 Âś *9,(*0Ă&#x201D;5 +, ,479,.6
: , 5 ; 0 + 6 + ( 9 , * 0 * 3 ( ? ,
16/8/08 10:56:20
68
NUTRICIÓN
ESTRATEXIAS NUTRICIONAIS EN XATOS DE CEBO: ALTERNATIVAS AO USO DE ANTIBIÓTICOS
Vázquez Chas, P.; Pereira, V.; Vecillas, R.; Castillo, C.; Hernández, J.; García Vaquero, M.; Gutiérrez, B.; Blanco, I.; López Alonso, M.; Miranda, M. e Benedito, J.L. Departamento de Patoloxía Animal. Universidade de Santiago de Compostela
A prohibición de usar antibióticos en xatos de cebo obriga a buscar outras alternativas para previr a acidose derivada da alta concentración de carbohidratos nos pensos. As levaduras e extractos vexetais poden ser bos substitutivos.
INTRODUCIÓN O consumidor cada día esixe un maior control e seguridade dos alimentos e a carne de vacún ou outra especie non é diferente, xa que os conceptos de saúde pública e de seguridade alimentaria están na mente de todos os produtores de alimentos. Sempre conservando unhas marxes de seguridade, inténtase aumentar as producións cárnicas, para o cal se precisa, por exemplo, que os xatos de cebo incrementen a súa ganancia de peso ao máximo. Isto conduce a un manexo nutricional distinto do tradicional que, con frecuencia, supera a capacidade metabólica dos animais. Esta situación leva á enfermidade do animal de forma individual ou colectiva, como sucede nos cebadeiros. Tamén no gando vacún de leite acontecen problemas similares, ao intentar levar as producións lácteas das vacas leiteiras por riba dos límites fisiolóxicos. Neste artigo ímonos referir aos sistemas de cebo intensivo, onde predominan as dietas baseadas en pensos que conteñen na súa fór-
mula dietética unha elevada porcentaxe de cereais e un escaso aporte de produtos fibrosos. Isto implica a acumulación de almidóns e azucres (carbohidratos) rapidamente fermentables no rume, que na súa degradación producen elevadas cantidades de ácidos. A situación vese agravada pola escasez de fibra na dieta, que leva asociado o efecto de falta de estímulo para a rumia e produción de saliva (que entre os seus compoñentes ten o bicarbonato, importante para contrarrestar a excesiva produción de ácidos). Polo tanto, a síntese de ácidos resultantes da fermentación é máis elevada cando non existe fibra. Como non hai bicarbonato para amortiguar o exceso de ácidos que alteran a funcionalidade do rume, prodúcese este estado de acidose. Estes factores predispoñen a aparición dunha serie de trastornos dixestivos en xatos de cebo, concretamente a acidose láctica ruminal, que merma significativamente a rendibilidade dos cebadeiros, chegando a supoñer o 30% do total das mortes rexistradas dentro do ciclo produtivo de cebo dos xatos.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
nutricion.indd 68
16/8/08 10:47:53
NUTRICIÓN
69
OS ANTIBIÓTICOS NA ALIMENTACION DE XATOS A maioría das investigacións nos últimos 25 anos centráronse no estudo dos compostos antimicrobianos sobre as fermentacións ruminais. Estes aditivos convertéronse nunha ferramenta de manexo fundamental para previr ou controlar os problemas metabólicos, incrementando a eficiencia produtiva na alimentación de xatos. Dentro do grupo de aditivos antimicrobianos, os antibióticos foron amplamente empregados e entre os más utilizados estaban os ionóforos e, en concreto, a monensina. O uso de monensina diminúe a incidencia de enfermidades en xeral do gando. En concreto, mellora a dixestión e utilización dos alimentos e diminúe a contaminación por eliminación de excretas e metano (efecto beneficioso sobre o medio ambiente). A pesar dos efectos beneficiosos da monensina, e a raíz da crecente preocupación nos consumidores europeos sobre o uso indiscriminado destes aditivos e a súa repercusión sobre a seguridade da cadea alimentaria, o Regulamento 1831/2003 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os aditivos na alimentación animal prohibiu totalmente o uso destes antibióticos a partir do 1 de xaneiro do 2006. Esta prohibición baseouse na posibilidade de que poidan producirse resistencias cruzadas con outros antibióticos empregados en medicina humana e, sobre todo, na repercusión que tivo esta noticia na opinión pública. Unha vez analizada a situación actual, moitos investigadores advertiron sobre as posibles repercusións da prohibición, tanto sobre a saúde dos animais (incrementando a incidencia de determinadas patoloxías como diarreas, acidoses ou timpanismo) como sobre a contaminación do medio ambiente, xa que o uso de monansina reduce as emisións de metano e nitróxeno. De forma xeral, calculouse un incremento nos custos de producción de entre un 3,5% e un 5% Todos estes inconvenientes poderían paliarse atopando alternativas eficaces ao uso destes antibióticos. A posibilidad de empregar dietas cunha cantidade reducida de carbohidratos reduciría de maneira considerable as patoloxías dixestivas asociadas. Sen embargo, esta medida implica unha rebaixa no nivel enerxético que, á súa vez, leva asociada a caída do rendemento produtivo e, polo tanto, menor produción cárnica. É por iso que a solución pasa por conxugar o benestar animal e o beneficio económico.
OUTRAS MEDIDAS NUTRICIONAIS Para garantir o benestar animal deben ser consideradas unha serie de estratexias nutricionais, entre as que se atopan a composición da dieta, a aplicación de medidas tecnolóxicas e, sobre todo, boas medidas xerais de manexo. Para potenciar o beneficio económico e manter os índices produtivos empréganse os promotores de crecemento, englobados dentro do grupo de aditivos para produción animal. Os aditivos poden ser clasificados segundo a súa composición en 3 grandes grupos: I. Prebióticos. Defínense como ingredientes non viables que afectan beneficiosamente ao hóspede por unha estimulación selectiva do crecemento e actividade dunha ou varias bacterias. Destacan neste grupo os extractos vexetais e aceites esenciais. II. Probióticos. Son ingredientes viables que alteran a microflora ruminal, implantando ou colonizando, e melloran tanto o rendemento produtivo coma os índices sanitarios. Neste grupo destacan as levaduras como saccharomyces cerevisiae. III. Simbióticos. Son a combinación daqueles ingredientes viables e non viables. O emprego de aditivos sinérxicos (aprobados na última normativa europea e en permanente revisión) que teñan efectos similares aos dos antibióticos sobre os niveis produtivos dos animais é o principal obxectivo da industria dedicada á elaboración de pensos.
De esquerda a dereita, Isabel Blanco, Joaquín Hernández, Cristina Castillo, Marco García Vaquero, Marta López Alonso e José Luis Benedito, 6 dos 11 autores do estudo no que se basea este artigo
AS LEVADURAS SON ADITIVOS SEGUROS PARA O CONSUMIDOR, PARA OS ANIMAIS E PARA O MEDIO AMBIENTE. SEN EMBARGO, OS BENEFICIOS DO SEU USO AÍNDA ESTÁN POR DEMOSTRAR E O SEU PREZO É ELEVADO
LEVADURAS Existen diferentes estudos nutricionais sobre as alternativas á monensina, aínda que a maioría foron realizados só in vitro, polo que os resultados non poden ser extrapolados á realidade gandeira. Os novos aditivos alimentarios, como os cultivos de levadura ou os extractos vexetais, deben satisfacer os requirimentos lexislativos da UE en relación cos estándares de seguridade, calidade e eficacia. O uso de probióticos como promotores de crecemento non é un concepto novidoso, xa que os cultivos de levadura empréganse coa finalidade de mellorar a resposta produtiva en rumiantes desde hai máis de tres décadas. Levadura é un nome xenérico que agrupa unha gran variedade de fungos, incluíndo tanto especies patóxenas para plantas e animais como especies non só inocuas senón de grande utilidade, entre as cales destacamos o xénero saccharomyces. A especie cerevisiae constitúe a levadura e o microorganismo eucariota máis estudado. Na lista de aditivos alimentarios proposta pola UE, as levaduras foron catalogadas como aditivos zootécnicos, co código E 1702, e autorízase o seu uso en todas as especies gandeiras, xa que ao non deixar residuos na canle considéranse substancias seguras (GRAS: Generally Recognised As Safe) (US Food and Drugs Administration). Estos compostos presentan a vantaxe de que son aditivos totalmente seguros para o consumidor, para os animais e para o medio ambiente. Sen embargo, os beneficios do seu uso aínda están por demostrar. Ademais, o seu prezo é elevado e a consistencia da súa actividade non é totalmente coñecida. Dentro do grupo dos probióticos englóbanse, de forma xenérica, catro tipos de aditivos microbianos para rumiantes: Concentrados de levaduras vivas. Están compostos por células de levaduras obtidas por un procedemento de secado mediante o cal se preserva a máxima viabilidade da levadura. Cultivos de levadura “verdadeira”. Unha mestura de células vivas de levadura nun soporte de medio nutritivo rico en “nutrilitos”. Neste caso, as doses de emprego recomendadas para os cultivos de levadura verdadeira son moi elevadas, o cal resulta problemático no caso de preparacións de premesturas. Por iso o seu uso como probiótico actualmente é moi limitado. AFRIGA ANO XIV - Nº 76
nutricion.indd 69
16/8/08 10:48:06
70
NUTRICIÓN
Cultivos de levaduras. Obtéñense por dilución da levadura nun soporte. Esta dilución provoca que a concentración de levadura sexa baixa pero cunha taxa de reactivación moi rápida. Extractos do fungo aspergillus orizae. Contén o medio de cultivo e os seus produtos de fermentación, pero sen garantía de que as células estean vivas. De forma xeral, os principais efectos que estes microorganismos exercen sobre o ambiente ruminal son: 1. Estimulan o crecemento de determinadas bacterias ruminais e incrementan o número total de bacterias 2. Estimulan o crecimiento do fungo neocallimastix frontalis, que posúe un amplo rango de encimas que poden degradar os principais carbohidratos estruturais (celulosa e hemicelulosa), polo que se considera unha cepa altamente celulolítica. 3. Estimulan o crecemento de bacterias consumidoras de ácido láctico como megasphaera elsdenii e selenomonas ruminantium, diminuíndo a aparición de acidoses 4. Favorecen o crecemento de bacterias fibrolíticas, resultando nun incremento na dixestión da fibra e na produción de ácidos graxos volátiles. Actualmente disponse de moi pouca información sobre o efecto dos cultivos de levaduras a nivel metabólico e produtivo en xatos alimentados con dietas ricas en gran, o cal é debido, en parte, ao elevado custo que supón a monitorización dos animais.
EXTRACTOS VEXETAIS A utilización de plantas ou dalgún dos seus compoñentes preséntase actualmente como unha das alternativas máis naturais á adición de antibióticos promotores do crecemento (APC). Os extractos de plantas forman parte do que se denomina zona gris nos aditivos, un grupo de substancias toleradas pero non admitidas como aditivos de maneira estritamente legal. Clasifícanse como substancias aromáticas e saborizantes, que é o grupo no que se inclúen todos os produtos naturais e os produtos sintéticos correspondentes que poden ser utilizados en todas as especies animais sen restrición algunha na súa idade ou na dose de produto. Estas substancias parten coa vantaxe de que son moi ben aceptadas polos consumidores, por iso constitúen a alternativa aos antibióticos con máis futuro a curto prazo. Sen embargo, tamén presentan algúns inconvenientes, xa que a obtención de extractos vexetais é en moitos casos complicada e custosa, as doses efectivas son elevadas e, xeralmente, trátase de compostos volátiles de difícil manipulación. Ademais, é necesario coñecer a procedencia destes produtos para que o seu uso sexa totalmente seguro, o que actualmente non resulta fácil. Os extractos de plantas conteñen unha gran cantidade de moléculas diferentes con bioactividade intrínseca na fisioloxía e metabolismo animal. Algúns dos principios activos que compoñen os extractos poden clasificarse quimicamente como fenoles, terpenos, taninos ou flavonas. As diferenzas estruturais condicionan o seu mecanismo de acción e efectos cando son administrados como aditivos. O efecto antiséptico e antimicrobiano dos extractos de plantas foi amplamente estudado, e na actualidade é un aspecto indiscutible. Sen embargo, existen poucos estudos en canto ás súas funcións e posibles usos no campo da nutrición animal e moitos menos na área da nutrición de rumiantes. Actualmente disponse de moi pouca información sobre o efecto dos extractos vexetais sobre o metabolismo enerxético e nitroxenado en xatos alimentados con dietas ricas en concentrados, o cal é debido en parte ao elevado custo que supoñen os estudos in vivo. O que si se demostrou é que la utilización destes extractos provoca no rume un descenso das bacterias Gram-positivas e das poboacións
NUN ESTUDO DA USC, OS EFECTOS DO EMPREGO DE EXTRACTOS VEXETAIS COA DIETA FORON BOS, DADO QUE MELLORARON OS RENDEMENTOS PRODUTIVOS DOS XATOS
de protozoos, o que se traduce nunha redución dos niveis de amoníaco no rume, aumento da produción de ácidos graxos volátiles (propionato e butirato) e incremento da síntese de proteína microbiana. Todo isto ten efectos positivos sobre a nutrición animal.
PROXECTO DA USC A USC desenvolveu o proxecto de investigación titulado Estudo de tres estratexias nutricionais como alternativa ao emprego de promotores do crecemento tipo monensina en explotacións de xatos de cebo. Este proxecto foi concedido pola Xunta de Galicia en colaboración coa empresa Coren e a Universidade de Santiago de Compostela. O investigador principal é o profesor José Luis Benedito Castellote. O obxectivo xeral do estudo foi abordar a eficacia sobre a produción e o metabolismo de distintas estratexias nutricionais (levaduras, extractos vexetais e tipos de cereal) como substitutos da monensina nun futuro próximo. A pauta de manexo foi que xatos de entre 3 e 5 meses de idade chegaban a unha granxa e administrábaselles un penso de arranque con fariña de soia, millo, trigo e cebada que leva ademais un lactorreemprazante (durante dous meses). Seguidamente, na fase de crecemento (que dura aproximadamente outros dous meses) e na fase de acabado (dez semanas), os xatos reciben penso con millo e cebada e, como fonte de proteína, soia. Varíase o penso na fase de acabado, cunha maior densidade enerxética polo maior contido de graxa. Os investigadores chegaron ás seguintes apreciacións: Ao estudar o efecto da levadura saccharomyces cerevisiae sobre xatos de cebo, comprobouse que os efectos observados sobre a produción e o metabolismo non foron tan claramente favorables. Isto pode ser debido á cepa utilizada e a dose empregada, sen descartar as cualidades nutricionais da ración. Os efectos do emprego de extractos vexetais coa dieta foron bos, dado que melloraron os rendementos produtivos dos xatos. É aconsellable que se poidan facer outros experimentos con outras dietas. As dietas mixtas con millo e cebada son moi aconsellables na fase de crecemento, mentres que na fase de acabado é aconsellable usar só cebada, pero coa consideración de que este cereal pode ocasionar un incremento dos disturbios ruminais. Bibliografía en poder dos autores
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
nutricion.indd 70
16/8/08 10:48:19
INFORMA:
O importe máximo das subvencións establécese en 1.200 IYVSW TSV FIRIßGMEVMS
OS AGRICULTORES PROFESIONAIS RECIBIRÁN AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL A Orde do 8 de febreiro de 2008 (DOG nº37. Xoves, 21 de febreiro de 2008 Paxs. 2.869-2.875) establece as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril en cultivos, en toda Galicia, con independencia dos titulares dos terreos de caza. O ámbito temporal destas axudas abrangue desde o 1 de outubro de 2007 ata o 30 de setembro de 2008.
TAMÉN PARA O LOBO
SOLICITUDE _Os titulares de cultivos afectados deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible nun prazo máximo de sete días mediante unha chamada ao teléfono 900.186.186. _Os agricultores que sufrisen algún dano durante a campaña deberán comunicarlle á Consellería o seu propósito de iniciar a colleita ou a corta en pradeira cunha antelación mínima de 15 días. Persoal da Consellería desprazarase ao lugar dos feitos para facer unha valoración ½REP HI HERSW 9RLE ZI^ VIEPM^EHE E ZEPSVEGMzR TSHIVEWI principiar a colleita ou a corta. IMPORTES
Medio Ambiente incrementou este ano ata 100.000 euros a partida de axudas destinadas a paliar os danos producidos polo lobo. No caso do gando vacún, a contía das axudas oscilará entre os 182 e os 1.210 euros, dependendo da idade do animal e de se se trata de raza rubia galega, de gando leiteiro ou do resto de reses. Por outra banda, a Consellería de Medio Ambiente xa publicou a orde de axudas para prevención de ataques de lobos, cunha contía de 94.500 euros en axudas para os propietarios de gando. Esta orde realizouse por primeira vez en 2006 e inclúe, entre outras medidas, a adquisición de mastíns e pastores eléctricos.
pub_medioambiente.indd 71
IMPORTE MÁXIMO: 1.200 euros TSV FIRIßGMEVMS I ERS
16/8/08 10:49:04
72
SANIDADE
FÍGADO GRAXO
(LIPIDOSE HEPÁTICA).
CARACTERIZACIÓN, PREVENCIÓN E TRATAMENTOS ALBEITANERIA S.L.
O fígado graxo é unha das enfermidades metabólicas máis importantes no pre e postparto das vacas de leite. A repercusión a nivel económico é tal que, nas explotacións dimensionadas, as vacas que chegan ao secado excesivamente engraxadas son sistematicamente eliminadas en función da alta probabilidade de ter problemas.
RESUMO A causa principal desta enfermidade é o excesivo engraxamento ou obesidade. As vacas que chegan ao parto cunha condición corporal por riba do 4 presentan un exceso de mobilización da graxa corporal e unha redución da inxesta, o que provoca unha malfunción do fígado. Outras causas ou factores importantes na presentación da enfermidade son: Q Manexo. Limitación do espazo (densidade), pouca hixiene, temperaturas elevadas, ventilación... Todos estes factores causan unha diminución aínda máis marcada da inxesta e favorecen as infeccións. Q Enfermidades. En especial, o desprazamento do calleiro, a coxeira, mamites, metrites, hipocalcemia e retención de parias. Q Vacas multíparas ou vellas. Unha alta porcentaxe padece do fígado graxo. Q Racións postparto. Racións de mala calidade, cambios bruscos da ración, racións moi concentradas...
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
sanidade.indd 72
16/8/08 10:52:46
SANIDADE
A ENFERMIDADE DO FÍGADO GRAXO TEN LUGAR CANDO A ENTRADA DE LÍPIDOS NO FÍGADO SOBREPASA A SÚA OXIDACIÓN E SECRECIÓN O tratamento é poucas veces favorable. Polo tanto, as medidas de prevención teñen a maior importancia no aspecto do control da enfermidade: Q Evitar a elevada densidade de animais, favorecer a mobilidade dos animais Q Racións e manexo pre e postparto axeitados Q Tratamentos rápidos e agresivos nas enfermidades do post-parto (hipocalcemia, metrites, desprazamentos de abomaso, coxeira ...) Q Alimentos sen problemas de calidade: conservación das forraxes, calidade dos concentrados. . .
INTRODUCIÓN O fígado graxo describiuse como unha das enfermidades metabólicas máis importantes en vacas de leite. Ten lugar cando a entrada de lípidos no fígado sobrepasa a súa oxidación e secreción. Normalmente, vén precedida dun aumento das concentracións plasmáticas de ácidos graxos non esterificados (NEFA), que foron mobilizados do tecido adiposo. Habitualmente acontece nas primeiras 4 semanas despois do parto, véndose favorecido polos cambios hormonais e a maior incidencia de infeccións.
cia, ataxia, somnolencia, coma e morte por fallo renal e hepático ou paro cardíaco. No primeiro mes postparto, dun 5 a un 10% das vacas padecen fígado graxo severo, e dun 30 a un 40 %, fígado graxo moderado. Isto indícanos que preto dun 50% das vacas teñen un alto risco de padecer enfermidade ou problemas reprodutivos.
PATOLOXÍAS DO FÍGADO GRAXO Patoloxía xeral A excesiva infiltración de lípidos no fígado causa a súa inflamación e aumento de tamaño, que se evidencia por unha cor pálida e bordes redondeados. Tamén poden verse afectadas as glándulas adrenais, os riles e os músculos esqueléticos e cardíaco. Outros achádegos en vacas con fígado graxo severo poden ser: Q Miocardite Q Necrose en ril, ovarios, útero e músculos Q Necrose e involución da glándula pituitaria Q Involución do páncreas e do sistema linfático Q Necrose, inflamación e ulceración do tracto gastrointestinal
73
Patoloxía histolóxica e metabólica Os achádegos histolóxicos en vacas con fígado graxo inclúen: Q Quistes lipídeos no parénquima hepático Q Aumento do volume individual das células hepáticas Q Dano mitocondrial Q Compresión e diminución do volume do núcleo Q Diminución do número de organelas. En vacas con fígado graxo, diferentes compoñentes varían as súas concentracións Q Constituíntes da bile (bilirrubina, ácido bílico e ácido cólico). Aumentan as súas concentracións en plasma, xa que o fluxo da bile vese diminuído. Q Radicais libres: Aumentan as súas concentracións no fígado, tal como amosa o aumento das concentracións de malondialdehído, un dos produtos finais da peroxidación. Descende a concentración de actocoferol, un antioxidante en plasma. Q Lípidos estruturais (colesterol e fosfolípidos). Diminúen as súas concentracións. Son importantes precursores da síntese de esteroides. Q Moléculas de almacenamento de energía (glicóxeno). Diminúen as súas concentracións, indicando un aumento do risco de enfermidades metabólicas: NEFA, BHBA, acetoacetato. Aumentan as súas concentracións en sangue, podendo chegar a ser citotóxicas.
CATEGORÍAS E EPIDEMIOLOXÍA DO FÍGADO GRAXO O fígado graxo poderíase definir pola porcentaxe de TAG (triacilglicéridos), tamén chamados lípidos de depósito ou almacenamento. Poderiamos clasificar o fígado en: fígado san, fígado graxo leve, moderado ou severo. Debemos ter en conta que as vacas responden de maneira diferente a iguais concentracións de TAG, xa que estas concentracións son unha medida indirecta do efecto dos lípidos na función das células hepáticas. No fígado graxo severo, as concentracións de glucocorticoides tamén poden verse elevadas, o que induce a pensar que se desenvolve antes do parto. En casos extremos, a vaca pode desenvolver unha encefalopatía hepática, caracterizada por falta de concien-
Diagrama simplificado do metabolismo do fígado
Categorías % TAG en hígado Corpos cetónicos Normal <1% 0 Fígado graxo leve 1-5% + Fígado graxo moderado 5-10% — Fígado graxo severo >10°o
Inxesta e produción 0 0 0 —
Estado saúde, reprodutivo 0 ...
Fígado Normal Infiltración centrolobulillar de TAG Extensa infiltración de TAG Aumentado de tamaño, necróti co
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
sanidade.indd 73
16/8/08 10:53:00
74
SANIDADE
Q Apoproteína B (a proteína máis grande dentro das lipoproteínas VLDL). Lipoproteínas LDL, proteinquinasa C, carnitina palmitoiltransferasa (implicada na p-oxidación e a cetoxénese). Están diminuídas no fígado. Q Lípidos plasmáticos, lipoproteínas (apoproteína A-I, B-100, e C-III) e enzimas (lecitín colesterol, aciltranferasa) implicados no transporte de lípidos. Tamén se ven diminuídos, o que indica unha diminución na secreción de lipoproteínas, especialmente as VLDL. Os cambios histolóxicos e estruturais que teñen lugar no fígado graxo están asociados con cambios no metabolismo dos carbohidratos, lípidos e proteínas nas células hepáticas. Un aumento na infiltración de TAG está asociado cun descenso na produción dos precursores de energía (diminúen a gluconeoxénese e existen efectos variables na cetoxénese e a p-oxidación) e un aumento da lipoxénese no hígado. Ademais, a ureaxénese e a habilidade da insulina para aumentar a síntese de proteínas vense diminuídas, o que podería explicar as elevadas concentracións de amoniaco en vacas con fígado graxo. O fígado graxo está asociado cunha alteración da sensibilidade hormonal do tecido
Nestas análises ao microscopio aprécianse os depósitos de graxa nas células do fígado (máis evidentes na imaxe de abaixo)
ESTA AFECCIÓN ADOITA DARSE NAS PRIMEIRAS 4 SEMANAS DESPOIS DO PARTO, VÉNDOSE FAVORECIDA POLOS CAMBIOS HORMONAIS E A MAIOR INCIDENCIA DE INFECCIÓNS Compoñente NEFA BHBA. Acetoacetato
+++ ––
Acción Incrementa lipoxéneses e cetoxéneses nos hepatocitos Diminúe a p-oxidación, gluconeoxénese e o ciclo do ácido cíclico nos hepatocitos
adiposo e o páncreas. Ademais, tamén se asocia a cambios na concentración de hormonas. Diminúe a síntese e secreción de IGF-1 polo fígado, de glucocorticoides pola glándula adrenal, de insulina polo páncreas e de tiroxina e triiodotironina polo tiroides. Ademais, a secreción de insulina vese afectada polo descenso de glucosa e glucagón. Patoloxía clínica Os cambios hormonais e patolóxicos asociados co fígado graxo afectan as concentracións de metabolitos e minerais en plasma. A acumulación de TAG en fígado diminúe lentamente a medida que as células do fígado se rexeneran. Sen embargo, as consecuencias do fígado graxo noutros tecidos probablemente se estabilizan a máis longo prazo e serán menos reversibles.
Patoloxía inmunolóxica O fígado graxo está estreitamente relacionado con outras enfermidades metabólicas, especialmente cetoses e desprazamento de abomaso, xa que todos estes desordes teñen en común que a vaca estivo ou está cun balance enerxético negativo severo. Tamén se asocia cun aumento na severidade e duración dalgúns procesos infecciosos tales coma a mamite e a metrite. A resposta inmune diminúe nos animais con fígado graxo, debido a que a capacidade de fagocitose das células polimorfonucleares e dos macrófagos vese reducida. A diminución da eliminación de endotoxinas e o incremento das concentracións de haptoglobulinas de fase aguda e de amiloide A en souro, ambos sintetizados en fígado, suxire que a acumulación de lípidos no fígado podería afectar directamente a resposta immunitaria pola alteración da habilidade do fígado para sintetizar e degradar compoñentes implicados directamente na resposta inmunitaria. Ademais, a resposta inflamatoria podería ser parte da etioloxía do fígado graxo e outras desordes do periparto, xa que a acumulación de lípidos no fígado vén precedida dun aumento nas concentracións da citokina proinflamatoria TNFa, a cal aumenta a resistencia da insulina e as concentracións en plasma de haptoglobulina e amiloide. Patoloxía reprodutiva En vacas con fígado graxo a función reprodutiva vese afectada, debido principalmente a dúas causas: Q Involución uterina retrasada. Como consecuencia dun incremento, duración e severidade da endometrite, que podería ser causada por un retraso e unha diminución da resposta inmune no útero. Q Retraso no inicio da actividade ovárica. Como resultado da diminución e retraso na síntese de hormonas esteroideas, tales como a proxesterona e a hormona luteinizante. Así mesmo, a diminución nas concentracións de IGF-I, insulina e lipoproteínas e as elevadas concentracións de amoniaco, NEFA e urea poden impedir a axeitada función do ovario. O número de oocitos viables aos 120 DEL vese reducido, o que inclina a pensar que os efectos do fígado graxo poden persistir ata a metade ou máis da lactación.
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
sanidade.indd 74
16/8/08 10:53:21
SANIDADE
ETIOLOXÍA O fígado graxo ten lugar principalmente no período periparto, debido aos cambios metabólicos e fisiolóxicos que teñen lugar. Un aporte inadecuado de nutrientes e os cambios hormonais están asociados cunha maior incidencia de enfermidades, infeccións e inflamacións. Causas nutricionais As causas nutricionais están relacionadas cun aumento da lipólise do tecido adiposo ou de nutrientes específicos, hormonas ou toxinas, que máis tarde se metabolizarán no fígado. A principal causa é a sobrealimentación enerxética que conduce ao exceso de graxa corporal. As vacas obesas (BCS>4) presentan unha lipólise do tecido adiposo moi alta e ademais unha marcada diminución da inxesta. Isto explícase por un incremento na masa adiposa que está asociado cun aumento no tamaño dos adipocitos e da sensibilidade destes aos glucocorticoides e unha diminución da sensibilidade a BHBA, á glucosa e á insulina. Os adipocitos secretan compoñentes hormonais coma a leptina e a citokina pro-
inflamatoria TNFa, e ambos compoñentes diminúen a inxesta e a sensibilidade da insulina e aumentan a lipoxénese hepática, o catabolismo e a inflamación. A obesidade non causa necesariamente fígado graxo, especialmente cando as vacas están sas e cunha inxesta axeitada á súa produción. As dietas postparto poderían ser unha das causas do fígado graxo, debido principalmente a tres factores: Q Cambios bruscos e racións concentradas aumentan o risco de acidose ruminal e endotoxemia bacteriana Q Dietas con altas concentracións de proteína causan un balance enerxético aínda máis negativo e incrementan as concentracións de amoniaco en sangue, que poden chegar a ser tóxicas Q Restricións alimentarias dun 30 a un 50 % aumentarían aínda máis o balance enerxético negativo no que se atopan as vacas despois do parto Causas de manexo Factores de manexo relacionados coa nutrición e a saúde tamén poden influír na incidencia de fígado graxo.
Unha Axencia Agroalimentaria garantía da Saúde Pública
75
Q Racións de mala calidade. Forraxes; por exemplo, silos con elevadas concentracións de butirato aumentan a produción de BHBA e disminúen a inxesta, contaminación por bacterias indesexables, etc. Q Cambios bruscos de dieta e racións demasiado concentradas poden causar acidose ruminal, a cal aumenta a cetoxénese e as concentracións de endotoxinas e citokinas proinflamatorias. Por tanto, a administración de fluídos ruminais en vacas con fígado graxo severo pode ser moi recomendable para previr a acidose ruminal. Q Vacas vellas. Unha alta porcentaxe delas padece fígado graxo debido a exceso de tecido adiposo ao parir, unha alta produción, un intervalo entre partos máis longo, unha menor resposta inmunitaria e un poder antioxidante máis baixo. Q Outros factores de risco. Espazo inadecuado ou falta de exercicio en vacas periparturentas; condicións sanitarias inadecuadas; temperaturas ambientais elevadas; alta humidade e pouca ventilación. Todos estes factores provocan a liberación de catecolaminas que inducen a liberación de NEFA do tecido adiposo, diminúen a inxesta e aumentan o risco de infeccións.
A Veterinaria, unha profesión con moitos campos
CONSELLO GALEGO DE
COLEXIOS VETERINARIOS
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
sanidade.indd 75
16/8/08 10:53:31
76
SANIDADE
O FÍGADO GRAXO ESTÁ RELACIONADO CON OUTRAS ENFERMIDADES METABÓLICAS, ESPECIALMENTE CETOSES E DESPRAZAMENTO DE ABOMASO, XA QUE A VACA ESTIVO OU ESTÁ CUN BALANCE ENERXÉTICO NEGATIVO SEVERO
O fígado graxo adquire unha cor amarela e unha consistencia pastosa. Ao cortalo co coitelo deixa rastro graxo. É fráxil e ao manipulalo rompe con facilidade
Q Enfermidades. En especial, o desprazamento de abomaso, coxeiras, mamites tóxicas, metrites, hipocalcemia e retención de placenta, aumentan os requirimentos nutricionais e causan respostas inflamatorias que incrementan a lipólise no tecido adiposo e, polo tanto, aumentan a infiltración de lípidos no fígado. Causas xenéticas Os factores xenéticos que poderían aumentar o risco de fígado graxo poderían incluír mutacións que afectasen a inxesta, o metabolismo lipídico no tecido adiposo ou no fígado. Ata o momento non se atopou ningún xen relacionado directamente co fígado graxo, pero si coa cetose e o desprazamento de abomaso, o que nos indicaría unha posible base xenética do fígado graxo.
PREVENCIÓN O obxectivo dun programa de prevención deberá ser diminuír, ou mellor, eliminar moitos dos factores potenciais de risco de fígado graxo: Q Racións preparto axeitadas Q Tratamentos agresivos e inmediatos ás enfermidades metabólicas e infeccións do posparto Q Establos limpos, ben ventilados e con espazo suficiente Q Comida fresca e de boa calidade Q A glucosa poderíase aumentar mediante a inxección de hormonas tales como glucagón, insulina, ACTH e glucocorticoides. Os seus principais beneficios serían aumentar a gluconeoxénese no hígado, aumentando así as concentracións de glucosa en plasma O Glucagón. Inxección subcutánea, 15 mg/día durante 14 días O Glucocorticoides. Inxección intramuscular de 200 mg/día de prednisolona O Pequenas doses de insulina (0.14 ÍU/Kg) poderían ser efectivas para previr a acumulación de TAG no fígado, aínda que a doses altas poderiamos causar un shock hipoglucémico o 1 l/día de propilenglicol vía oral, nos últimos dez días preparto, prevén o fígado graxo e a cetose, xa que aumenta as concentracións de glucosa e insulina en plasma e diminúe
as concentracións de BHBA e NEFA. O propilenglicol diminúe as concentracións de acetato e butirato no rume, indicando que altas concentracións poderían ser tóxicas para algunhas bacterias ruminais O Borato sódico en concentracións non tóxicas prevén o fígado graxo, pero está pouco estudado. Suxírese que aumenta a función inmune e diminúe as infeccións O A administración na dieta de monensina e de precursores de glucosa coma o glicerol ou as sales de propionato son novas alternativas alentadoras. A administración de amoniaco e propionato calcico oralmente e a administración de 1 kg/día de glicerol á dieta en vacas preparto diminúe as concentracións en plasma de BHBA e NEFA respectivamente. Debemos ter en conta que calquera das nosas eleccións dependerá da nutrición e manexo específico de cada granxa, ademais das normativas legais vixentes.
TRATAMENTO DO FÍGADO GRAXO LEVE OU MODERADO O tratamento do fígado graxo dependerá da extensión da infiltración lipídica e da etioloxía. Sen embargo, o diagnóstico do fígado graxo moderado é difícil, xa que a miúdo as vacas enfermas non presentan diferencias en produción de leite e inxesta coas vacas sas, e o único camiño para o correcto diagnóstico é a biopsia de fígado. Non obstante, podemos atopar signos xerais que nos indican un aumento no risco de padecer fígado graxo leve ou moderado, e que están relacionados cun balance enerxético negativo severo: Q Elevadas concentracións de corpos cetónicos na orina Q Perda importante de peso nun corto período de tempo
Q Inxesta moi por debaixo da requirida para a produción de leite O tratamento do fígado graxo moderado é importante, xa que afectará durante meses á futura saúde, reprodución e produción da vaca. E ademais, para previr un futuro fígado graxo severo. Dentro das prácticas xerais de manexo poderiamos citar: Q Aumentar a inxesta, ofrecendo leguminosas e feos de herba frescos e de gran calidade Q Exercicio moderado: 1 h/día é o recomendado, porque promove a oxidación dos corpos cetónicos do músculo Só se atopan 2 artigos que determinen a eficacia dos tratamentos potenciais para o fígado graxo leve ou moderado: Q Inxeccións durante 5 días de 200 mg de prednisolona intramuscular. Diminúen as concentracións hepáticas de TAG Q Inxeccións subcutáneas de 15 mg de glucagón durante 14 días. Revirten a acumulación de TAG no fígado en vacas de máis de 3,5 años Q As vacas con cetoses son primeiramente tratadas con múltiples inxeccións de glucocorticoides (10 a 30 mg de dexametasona, 2 a 5 mg de flumetazona ou 100 a 200 mg de prednisolona) e con precursores de glucosa, IV ou oral, ou pola combinación de ambos tratamentos. Os diferentes tipos de glucocorticoides difieren na súa eficacia para aumentar as concentracións de glucosa en sangue: Q Os glucocorticoides non esterificados causan unha resposta máis rápida pero máis curta cós esterificados. Por tanto, recoméndase a combinación de ambos tipos de glucocorticoides Q Os glucocorticodes poden substituírse por ACTH cando a glándula adrenal funciona axeitadamente, pero o seu uso é raro
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
sanidade.indd 76
16/8/08 10:53:40
pub_premio.indd 77
19/8/08 19:28:03
SANIDADE
A principal vantaxe dos tratamentos con glucocorticoides, glucagón e ACTH é que aumentan a gluconeoxénese no fígado, provocando un aumento da concentración de glucosa en sangue. Un dos inconvenientes é que teñen que ser inxectados repetidamente. Un dos inconvenientes máis importantes dos glucocorticoides é que afectan a resposta immunitaria. Os glucocorticoides sós son menos efectivos que asociados con perfusións de glucosa no tratamento da cetose, e os glucocorticoides incrementan en menor medida a glucosa en sangue e son menos efectivos no tratamento da cetose có glicerol. En comparación cos glucocorticoides e a ACTH, o glucagón é máis específico do fígado, menos lipolítico, e máis glicoxenolítico, gluconeoxénico e insulinotrópico. A administración de 1 kg/día de glicerol 1 l/día de propilenglicol, ou 100 g/día de propionato sódico son efectivos para o tratamento da cetose. Dos 3 precursores, o glicerol é o máis palatable e máis efectivo en aumentar os niveis de glucosa durante moito tempo; sen embargo, as concentracións de glucosa aumentan despacio e son necesarias doses altas. Un dos inconvenientes destes 3 compoñentes é que diminúen as concentracións de VFA en rume, especialmente as concentracións de acetato e butirato. Ademais, 1,8 kg de propilenglicol ou de 2 a 3 litros de glicerol administrados oralmente poden causar neurotoxicidade e altas doses de propionato de sodio, diarrea e aumento da inxesta de auga, xa que os ións sodio poden aumentar a concentración de electrolitos en sangue e o pH ruminal, o cal pode ser un efecto positivo para controlar la acidose ruminal. As combinacións de propionato sódico con glicerol ou propilenglicol poden ser máis recomendables, xa que o propionato sódico incrementa a glucosa en sangue máis rápido có glicerol ou o propilenglicol. A asociación de propionato sódico con glicerol causa diarrea severa en vacas cetónicas, posiblemente polas altas concentracións de precursores de glucosa utilizados. Un estudo recente amosa efectivo o tratamento de 75 g de propionato, 125 g de glicerol e 100 g de propilenglicol en vacas cetónicas. O propionato calcico e magnésico tamén foron empregados para o tratamento de cetoses, pero son menos solubles, aumentan a glucosa en sangue máis despacio e teñen un efecto no pH do rume e nas concentracións de electrolitos menor có propionato sódico. En comparación cos glucocorticoides, o glicerol e o propionato sódico, a eficacia das perfusións de glucosa para previr a cetose é menor. Unha das razóns é que a glucosa en sangue só se ve incrementada entre 80 e 100
NO PRIMEIRO MES POSTPARTO, DUN 5 A UN 10% DAS VACAS PADECEN FÍGADO GRAXO SEVERO, E DUN 30 A UN 40 %, FÍGADO GRAXO MODERADO. PRETO DUN 50% DAS VACAS TEÑEN UN ALTO RISCO DE PADECER A ENFERMIDADE OU PROBLEMAS REPRODUTIVOS
Na imaxe da esquerda, a tinción vermella revela os depósitos de graxa no fígado. Á dereita, sección dun fígado graxo
minutos despois da perfusión. Ademais, un número significativo de vacas non reacciona ás perfusións de glucosa, o que suxire que estas perfusións non inducen a secreción pancreática de insulina ou que as vacas desenvolven resistencia á insulina. En lugar de glucosa, empregáronse administracións intravenosas de carbohidratos coma a fructosa, glucosa e xilitol. O xilitol é máis prometedor, xa que incrementa as concentracións de insulina e diminúe os corpos cetónicos en plasma mellor cá glucosa. A asociación de glucosa e fructosa é probablemente a mellor alternativa, porque inhibe a gluconeoxénese e orixina menores perdas de glucosa por orina cá glucosa soa.
TRATAMENTO DO FÍGADO GRAXO SEVERO Existen 2 formas de fígado graxo severo: Q Non encefalopático. Caracterizado normalmente por unha diminución na inxesta e concentracións elevadas de corpos cetónicos en orina. Q Encefalopático. Forma extrema de fígado graxo, que se caracteriza adicionalmente por perda de conciencia, ataxia, somnolencia e coma. A miúdo é letal, aínda que se aplique un tratamento agresivo. Hippen et al. demostraron que a infusión continua de glucagón durante 14 días era útil nos fígados graxos severos non encefalopáticos; pero este tratamento ten 2 inconvenientes: a administración intravenosa continua en granxa é moi complicada e o glucagón non está rexistrado para o seu uso en vacas de leite. Ademais, o custo é privativo. O tratamento típico das cetoses severas é a perfusión continua de 0,5 a 1 kg/día de glucosa durante 2 ou 3 días, ou perfusións de glucosa combinadas con glucocorticoides e/ou insulina. Son preferibles os tratamentos combinados, xa que a perfusión de glucosa aporta rapidamente glucosa, os glucocorticoides suplen a glucosa a máis longo
prazo e a insulina aporta glucosa aos tecidos periféricos.
CONCLUSIÓNS O fígado graxo é unha enfermidade multifactorial que ten lugar cando se sobrepasa a capacidade de oxidación e secreción de lípidos polo hígado e se produce a acumulación de TAG neste órgano. Esta circunstancia asóciase cun descenso nas funcións metabólicas do fígado. Diversos factores favorecen a aparición desta enfermidade. Entre os máis destacados poderiamos citar: inxesta insuficiente ou inadecuada; engraxamento; concentracións elevadas de estróxenos, etc. Todos estes factores están asociados con distocia, enfermidades, infeccións e inflamación. A circunstancia máis frecuente para o desenvolvemento do fígado graso postparto é a combinación dunha sobrealimentación nun longo período de secado, cun período curto de subalimentación, xusto despois do parto. O mellor tratamento é a prevención. Un aporte de nutrientes suficientes e un ambiente limpo no periparto serán claves na prevención deste trastorno. Outras medidas preventivas serán: evitar a excesiva lipólise do tecido adiposo, aumentando a gluconeoxénese hepática ou suplementado con glucosa, e incrementando a liberación de glucosa dos tecidos extrahepáticos. Todas estas accións serán especialmente importantes en vacas engraxadas, que non comen axeitadamente, con dificultades no parto ou xemelgos, con enfermidades metabólicas ou infecciosas ou, posteriormente, cun balance enerxético negativo severo.
BIBLIOGRAFÍA: “Pathology, Etiology, prevenction and Treatment of fatty liver in dairy cows”. G. Bobe, J. W. Youyng and D.C. Beitz. Iowa State University. J. Dairy Science 87: 3105-3124.
Fotos cedidas polo Departamento de Anatomía Patolóxica da Facultade de Veterinaria de Lugo
78
AFRIGA ANO XIV - Nº 76
sanidade.indd 78
16/8/08 10:53:55
pub_fontao.indd 80
11/8/08 18:04:00