CA LENDA RIO A NUAL DA RA ZA FRISONA | CONVO CATOR IAS | SA NIDA DE A NIMA L
No. 56 ANO XI Marzo 2005
AFRIGA P R
O D
U
C I
Ó
N
D E
L E I
T
E
D
E
G
A L
I
C
I
A
GRANXA REIGADA. As vacas máis produtivas de Galicia
ENTREVISTAS: EDUARDO YUS, PROFESOR DE ENFERMIDADES INFECIOSAS NA FACULTADE DE VETERINARIA DE LUGO JOSÉ MANUEL RIESGO, RESPONSABLE DO PROGRAMA DE MELLORA XENÉTICA DA XUNTA
OS GANDEIROS ESPERAN O INICIO DA CAMPAÑA PARA TRANSFERIR CON CANTIDADES DE COTA PROCEDENTES DA RESERVA DO 2000 O MAPA PRETENDE RECUPERAR AS RESERVAS DAS CAMPAÑAS POSTERIORES
SUMARIO 3
AFRIGA P R O D U C I Ó N
07
D E
L E I T E
D E
G A L I C I A
CONVOCATORIAS Feriradeza de Lalín . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .6 Nacional de Torrelavega . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .7
08
EXPLOTACIÓNS Granxa Reigada . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .8
12
SANIDADE ANIMAL Eduardo Yus, Profesor de Enfermidades Infecciosas na Facultade de Veterinaria de Lugo . . . . . . . . . . . . . . . . . . .12
17
Primeiras experiencias de certificación sanitaria . . . . . . . . .16 Servizo ambulatorio do Rof Codina . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .17
XENETICA
20
Entrevista a José Manuel Riesgo, responsable de Mellora Xenética da Xunta . . . . . . . . . . . . . .20
22
PRODUCIÓN Incógnitas en torno á cota láctea . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .22 A asignatura pendente do leite negro . . . . . . . . . . . . . . . . . .23 Incrementos de prezos e axudas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .24
26 XESTIÓN Claves para maximizar a rendibilidade . . . . . . . . . . . . . . . . .26
30
AGRICULTURA A inxeción de abono líquido . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .28 A potencia dos lodos orgánicos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .30
Edita: AFRIGA, Asociación Frisona Galega. Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Juan Francisco Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIO, Agustín Pulleiro Bermúdez. TESOUREIRO, Manuel Berdomás Tejo. VOCAIS, José Ramón Pazos Fondevila, José Rodríguez Berbetoros e Juan Carlos Landeira Castro. E-mail: revista@afriga.es Produce: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa. DIRECTOR, Manuel Darriba. DIRECTOR COMERCIAL, José Manuel Gegúndez. DESEÑADOR GRÁFICO, Marcos Sánchez. Enderezo: Recinto Feiral O Palomar s/n. 27004 Lugo. Teléfonos: 982 221 278, 636 952 893, 610 215 366. Email: transmedia@ctransmedia.com. Web: www.ctransmedia.com Administración: AGER Servicios Empresariais SL. Praza da Mercé de Conxo 1, 1º B. 15706 Compostela. Teléfono: 981 534 350. Email: ager@ager.com.es. Web: www.ager.com.es Imprime: El Progreso Artes Gráficas SL. Depósito Legal: C-1.292/94 - Afriga non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinados. AFRIGA | ANO XI - Nº 56
4 CALENDARIO ANUAL DA RAZA FRISONA
M Luns
A
R
Z
O
A Luns
Martes
B
Martes
Mércores
Xoves
Venres
Sábado
Domingo
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
4
5
6
14
15
16
17
18
19
20
11
12
21
22
23
24
25
26
27
18
28
29
30
31
25
R
Mércores
I
Xoves
L Venres
Sábado
Domingo
1
2
3
7
8
9
10
13
14
15
16
17
19
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
5.
VI Subasta de xovencas de Castro de Ribeiras de Lea (Lugo)
2-3.
XIX concurso e subasta da Mostra Exposición de Muimenta (Lugo)
12-13.
XI Concurso provincial Feiradeza. Lalín (Pontevedra)
10.
VII Subasta de novillas de Santa Comba (A Coruña).
17-20.
VIII Concurso nacional de primavera de Conafe. Torrelavega (Cantabria)
17.
II Subasta de Monterroso (Lugo)
M Luns
Martes
A
Mércores
I
O
Xoves
X
Venres
Sábado
Domingo
Luns
Martes
1
U
Ñ
O
Mércores
Xoves
Venres
Sábado
Domingo
1
2
3
4
5
2
3
4
5
6
7
8
7
8
9
10
11
12
13
9
10
11
12
13
14
15
14
13
14
15
16
17
18
16
17
18
19
20
21
22
19
20
21
22
23
24
25
23
24
25
26
27
28
29
26
27
28
29
30
31
30
31
28.
VII Subasta de Castro de Ribeiras de Lea (Lugo)
11-12.
XXXI Concurso-Exposición de Gando Vacún de Vegadeo (Asturias)
15-19.
28ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Silleda (Ponteveda) XXVII Concurso Internacional de Frisón Semana Verde. XIV Concurso Autonómico de Raza Frisona Fefriga XXI Concurso de Xóvenes Manexadores Semana Verde IX Subasta TOP-BOS de Fefriga V Concurso de Pintura de Fefriga
X Luns
Martes
U
Mércores
L
L
Xoves
O
S
Venres
Sábado
Domingo
1
2
3
Luns
E
Martes
T
E
Mércores
M
B
R
O
Xoves
Venres
Sábado
Domingo
1
2
3
4
4
5
6
7
8
9
10
5
6
7
8
9
10
11
11
12
13
14
15
16
17
12
13
14
15
16
17
18
18
19
20
21
22
23
24
19
20
21
22
23
24
25
25
26
27
28
29
30
26
27
28
29
30
31
23-24.
II Certame do Ocio e do Mundo Rural Expogranxa. Castropol (Asturias).
3-4.
X Feira da Becerra Selecta da Estrada (Pontevedra).
27-29.
Escola de Xuíces Gandeiros de Fefriga. Lugo.
29-30.
Inicio do XXVII Concurso Nacional de Outono de Conafe. Xixón (Asturias).
O Luns
Martes
U
T
Mércores
U Xoves
B
R Venres
O
N
Sábado
Domingo
1
2
Luns
O
V
E
M
B
R
O
Martes
Mércores
Xoves
Venres
Sábado
Domingo
1
2
3
4
5
6
3
4
5
6
7
8
9
7
8
9
10
11
12
13
10
11
12
13
14
15
16
14
15
16
17
18
19
20
17
18
19
20
21
22
23
21
22
23
24
25
26
27
24
25
26
27
28
29
30
28
29
30
31
5.
1-2.
XXVII Concurso Nacional de Outono de Conafe. Xixón (Asturias).
29-30.
XIV Concurso de Gando Frisón de Chantada.
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
VII Subasta de xovencas de Castro de Ribeiras de Lea (Lugo).
EDITORIAL 5
AFRIGA Editorial A revista da Asociación Frisona Galega regresa despois dunha paréntese de case un ano de duración. Somos conscientes de que hai un estenso campo informativo no sector lácteo galego e pensamos modestamente que a nosa actividade contribúe a cubrilo. Persoas vinculadas de moi distinto xeito ao mundo agrogandeiro téñennos manifestado nestes meses unhas mostras de cariño e respeto que esperamos seguir merecendo. As circunstancias en que se atopa o sector lácteo xustifican con creces que falemos dunha época de transición. A campaña que comeza o próximo 1 de abril será a última na que os dereitos de produción vaian ligados ás axudas procedentes da Unión Europea. O famoso desacoplamento entrará en vigor o 1 de abril de 2006 e a axuda única que perciba cada explotación a partir dese momento calcularase en función á cantidade de cota disponible a 31 de marzo de 2006. É difícil determinar como influirá o desacoplamento no sector a medio prazo. A filosofía que o impulsa é propiciar un escenario no que as explotacións empresarialmente viables non precisen das axudas e aquelas que non o son se vexan apoiadas e mesmo estimuladas a facer un abandono non traumático da actividade. O sector asume o novo sistema como un feito, á espera de que se concreten os seus froitos en próximas campañas. O período produtivo 2005-2006 anuncia un elevado número de transferencias de cota entre particulares. Nesta última campaña caducou o compromiso de vender ou ceder cota obtida do gran reparto de reserva do ano 2000 (550.000 toneladas) e moitos gandeiros esperan a data do 1 de abril para facer as súas ventas contando xa con esas importantes cantidades. As transaccións xa están comprometidas en moitos casos e é sabido que os produtores galegos son compradores natos no conxunto do Estado. Non é descartable, por tanto, un quentamento do prezo do quilo de cota, máxime se hai explotacións que enfocan a adquisición como unha maneira de ampliar a súa base para o cálculo de axudas da PAC antes da foto fixa de marzo de 2006. Sobre isto cómpre dicir que o gandeiro moderno debe contemplar as axudas como un complemento e nunca como parte fundamental da contabilidade da súa explotación. Para que o produtor poida vivir adecuadamente do seu traballo e escape ao círculo vicioso do subsidio é fundamental conseguir dignos prezos de leite en orixe. A situación é a máis doce dos últimos anos para os granxeiros do Estado español, cun incremento medio dun 5% en 2004. Non obstante, o optimismo enfríase ao observar tendencias en sentido contrario en países gandeiros do entorno. Por outra banda, a industria é de por si reacia ás alzas de prezos e os acordos de estabilidade entre firmas lácteas e produtores son por agora anecdóticos. O control do leite negro e un nivel non excesivo de importación dos países excedentarios serán fundamentais para a evolución dos prezos nos próximos meses. En resumo, o futuro do sector lácteo está en constante proceso de redefinición. Esta revista pretenderá ser un atento observador das cousas que interesan ao productor de leite, desde as novidades normativas ata as innovacións tecnolóxicas, pasando por todo o que atingue ao día a día da explotación en materia sanitaria, de alimentación e de manexo. Produtores, veterinarios, asesores e negocios relacionados co mundo agrogandeiro sodes os protagonistas naturais destas páxinas e esperamos que os mellores lectores e colaboradores da nosa publicación.
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
6 CONVOCATORIAS
LALÍN/ 12 E 13 DE MARZO Corenta ganderías participarán na XI edición de Feiradeza
Ganderías de toda a provincia de Pontevedra e da comarca luguesa de Chantada daranse cita na segunda fin de semana de marzo en Lalín. Feiradeza alcanza o seu undécimo ano de vida e recibe máis de 120 reses para un concurso de 19 seccións con 4.200 euros de premios en metálico a repartir.
Xata campeona e gran campeona de Feiradeza 2004. Carballeiras Enter Diana, Gandería Carballeiras (Lalin)
Os organizadores, como é habitual, son Africor Pontevedra, o Concello de Lalín e cooperativas gandeiras da comarca. O evento conta este ano cun presuposto de 30.000 euros.
SECCIÓNS DO CONCURSO 1ª Xatas de 8 a 10 meses 2ª Xatas de 11 a 13 meses 3ª Premio de Xatas da Consellería de Política Agroalimentaria. Compiten as tres primeiras clasificadas nas seccións 1 e 2 fillas de sementais do Programa de Mellora Xenética. 4ª Xovencas de 14 a 17 meses
Xovenca campeona Feiradeza 2004. Carballeiras Lerez Betty, Gandería Carballeiras
5ª Xovencas de 18 a 21 meses 6ª Xovencas de 22 a 29 meses 7ª Premio de Xovencas da Consellería. Compiten as tre primeiras das seccións 4, 5 e 6 fillas de sementais de Mellora Xenética. 8ª Xata campeona. Compiten as dúas primeiras das seccións 1 e 2. 9ª Xovenca campeona. Compiten as dúas primeiras das seccións 4, 5 e 6. 10ª Gran campeonato de xovencas. Compiten a xata campeona e a xovenca campeona. 11ª Vaca nova campeona Feiradeza. Femias en lactación de ata 3 anos. 12ª Vacas en lactación de ata 54 meses. 13ª Vacas adultas en lactacion de máis de 54 meses.
Vaca xove campeona Feiradeza 2004. Blanco Progress Jineta, Gandería Blanco (Lalin)
14ª Premio de Vacas da Consellería. Compiten as tres primerias das seccións 11, 12 e 13 fillas de sementais de Mellora Xenética. 15ª Vaca adulta campeona Feiradeza. Compiten as dúas primeiras das seccións 12 e 13. 16ª Gran campeonato de vacas Feiradeza. Compiten a vaca nova campeona e a vaca adulta campeona. 17ª Mellor ubre Feiradeza. Femias en lactación de calquera idade. 18ª Mellor criador Feiradeza. Grupos de tres femias nacidas nunha mesma explotación. 19ª Mellor rebaño Feiradeza. Grupos de tres femias propiedade do mesmo gandeiro Vaca adulta campeona Feiradeza 2004. Las escuelas James Lulu, Gandería Blanco AFRIGA | ANO XI - Nº 56
CONVOCATORIAS 7
VIII CONCURSO DE PRIMAVERA DE CONAFE
A LOCALIDADE CÁNTABRA DE TORRELAVEGA, ESCAPARATE NACIONAL DO FRISÓN DO 17 AO 20 DE MARZO Torrelavega, en Cantabria, é a localidade escollida este ano por Conafe para a celebración do seu Concurso Nacional de Primavera da Raza Frisona. O mercado nacional de gando Jesús Collado Soto acolle a cita entre os días 17 e 20 de marzo. A Asociación Frisona de Cantabria (Afca) comparte con Conafe o peso da organización, co apoio da Consejería de Ganadería, Agricultura y Pesca de Cantabria e do Ayuntamiento de Torrelavega. A cita gandeira involucra de maneira especial aos produtores de leite e os organismos relacionados coa mellora xenética da raza frisona, aos que a organización anima a participar activamente. Haberá 23 seccións a concurso e substanciosos premios en metálico:
Vaca Gran Campeona Vaca Campeona Adulta Vaca Campeona Intermedia Vaca Campeona Xove Novilla Gran Campeona Novilla Campeona Xata Campeona Mellor criador Mellor rebaño
1º Premio
2º Premio
1.500 euros 900 euros 900 euros 900 euros 900 euros 900 euros 900 euros 1.100 euros 500 euros
500 euros 500 euros 500 euros 500 euros 500 euros 700 euros 300 euros
Todas as seccións restantes (excepto mellor autonomía): 1º posto, 250 euros; 2º posto, 150 euros; 3º posto, 100 euros. Entregaranse banderíns aos cinco primeiros clasificados de cada sección e un banderín único para a mellor ubre de cada sección. A organización das 23 seccións a concurso pode consultarse integramente na páxina web de Conafe: www.conafe.com O XUÍZ Jaume Serrabassa, xuíz internacional de Conafe, será o responsable dos dictames no concurso de Torrelavega. Naceu en 1970 en Vic (Barcelona), onde rexenta a granxa de Comas Novas, con 20 hectáreas de cultivo e un rebaño de 14 vacas
A vaca Prat Lee 362, da Gandería Prat Castillejo/Prat García de Navarra foi a Gran Campeona Nacional na pasada edición do concurso Fotos e publicidade gratis As primeiras clasificadas de cada sección terán dereito a unha fotografía gratuita realizada no set que se instalará no recinto do concurso.
adultas, 5 novillas e 4 xatas. Os seus animais teñen conseguido premios de Vaca Campeona Nacional de primavera e Novilla Gran Campeona Nacional, entre outros. Sebarrassa exerce de xuíz en concursos gandeiros desde 1998. Actuou en máis dunha ducia de concursos rexionais e locais.
Concederase unha páxina gratuita de publicidade na revista Frisona Española aos gañadores nas categorías de xata campeona, novilla campeona, gran campeona nacional de novillas, vaca xove campeona, vaca xove intermedia campeona, vaca adulta campeona, gran campeona nacional, mellor autonomía, mellor rebaño nacional e mellor criador nacional. AFRIGA | ANO XI - Nº 56
8 EXPLOTACIÓNS
GRANXA REIGADA
A VÍA DA ALTA PRODUTIVIDADE LÁCTEA Datos da explotación • Estabulación libre de 65 vacas en muxido, cinco secas e 10 xovencas. 41 reses en recría externa. • Hai unha nave de nova planta con 330 metros cadrados de corredor de alimentación, 390 metros cadrados de cubículos e 250 metros cadrados para sala de ordeño, sala de espera e leitería. • A nave vella dá servizo de almacén e conta con tres parideiras e cubículos para xatos. Mide uns 400 metros cadrados.
Ubicada na parroquia de Santa Leocadia, en Castro de Rei (Lugo), a Granxa Reigada pode tomarse como paradigma de relevo xeracional. José Carlos Vega Rodríguez, de 35 anos, empezou a modernizar a explotación familiar en 1999. Entón tiña 340.000 quilogramos de cota e hoxendía dispón de 800.000. Nas últimas duas campañas ofreceu os mellores resultados de Galicia en produción por animal e ano, case 13.000 quilos.
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
EXPLOTACIÓNS 9
O propietario de Granxa Reigada aposta polo respecto escrupuloso ás cotas e o decidido control do leite negro
osé Carlos Vega asumiu a modernización da granxa de seus pais cun obxectivo moi claro. "A miña filosofía é centrarme na produción de leite e facelo de maneira moi profesional. Ata agora creo que me deu moi bos resultados". José Carlos considera que "este é o perfil normal dunha explotación aquí na Terra Chá, en Galicia e, se me apuras, en España".
J
A explotación toma o nome do barrio natal do pai de José Carlos, na veciña parroquia de Quintela. En 1999 tiña 44 vacas en ordeño. Ese ano inaugurouse a nova nave e a granxa comezou a medrar campaña tras campaña. "Eu estudiei ata COU e despois fixen a mili. Meus pais non me condicionaron a quedarme coa explotación, pero vaste metendo pouco a pouco e cando te dás conta xa estás metido de todo", relata o herdeiro.
O problema para José Carlos Vega é, como noutros moitos lugares, a excesiva dispersión das terras Unha xornada calquera na Granxa Reigada non é precisamente cura. Múxese en tres quendas, ás seis da mañá, ás dúas da tarde e ás dez da noite. "O traballo nunca remata antes das doce e media da noite", explica José Carlos. A sala de ordeño dispón de oito puntos. "Fago lotes para muxir co
Unha xornada calquera na Granxa Reigada
A maquinaria imprescindible e dous contratados O parque de maquinaria na Granxa Reigada redúcese ao mínimo imprescindible: un tractor, un carro mezclador e unha cisterna para o purín. Toda a maquinaria e a man de obra necesarias para o cultivo do forraxe contrátase externamente. Vega non está integrado en ningunha cooperativa de uso compartido de maquinaria ou compra de insumos. Considera que para unha explotación do volume da súa granxa non reporta grandes ventaxas. Granxa Reigada ten dúas persoas en nómina, con contrato fixo desde hai tres anos. Un operario fai xornada completa e unha empregada encárgase do turno nocturno de ordeño. El libra un día en fin de semana e ela tamén unha xornada, pero pola semana. "Eu, en teoría, non libro nunca, pero podería ausentarme sen problemas porque os turnos de traballo están cubertos", explica o granxeiro. "Unha persoa soa é suficiente para muxir".
obxecto de que as vacas non estean paradas moito tempo na sala de espera". O reparto único da ración no carro mezclador faise sobre as nove e media da mañá. "Deixámoslles a ración para todo o día. Despois o que facemos é arrimárllela á man nos momentos de
Unha xornada calquera na Granxa Reigada
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
10 EXPLOTACIÓNS
A granxa ten actualmente 41 reses en recría externa, nunha explotación especial da provincia de Zaragoza que ten máis clientes na Terra Chá e outras zonas de Galicia
José Carlos Vega emprega un programa informático para levar a xestion da súa explotación
As claves da alta productividade José Carlos Vega ten claras as razóns que determinan o alto nivel de produción da súa granxa. Todas elas se resumen nunha: "o benestar dos animais, que as vacas estean a gusto". _Alimentación abundante e de calidade nos comedeiros. _Bebedeiros moi limpos.
En 2004 a explotación subsituíu o ensilado mixto de millo e herba polo uso exclusivo de millo. Os resultados deste cambio non os poden valorar aínda
_Un protocolo escrupuloso de manexo á hora de ordeñar. "A rutina de ordeño debe estar moi ben feita e ser todos os días igual co obxecto de que non haxa problemas de mamitis, que causa unhas perdas terribles". _Cubículos espaciosos e ben arranxados e nivelados. Na granxa úsanse camas de area. "A area é un material boísimo, moi limpo e inerte, que evita moitos problemas de contaminación de ubres. Repoñemos a area dúas veces á semana, luns e xoves".
novillas e aproveitámola. Algunhas terras son da familia e outras témolas arrendadas. En total ensilamos entre 900 e 1000 toneladas", conta o responsable da granxa.
En xuño de 2004, José Carlos Vega decidiu substituír o ensilado mixto de millo e herba polo uso exclusivo de millo. "De herba facía un corte na primavera cedo e xusto despois sementaba o millo. A herba dábame problemas polo clima. O resultado desta substitución non o podo valorar aínda".
O problema para este xove gandeiro é, como noutros moitos lugares, a excesiva dispersión das terras, que dispara os custos de explotación. "O problema da terra é un dos lastres que temos. A concentración parcelaria está feita aquí desde hai 25 anos pero xa se podía reconcentrar. Nós temos fincas ás que se chega en 20 minutos e outras que están a 45 minutos". Esta dispersión vese agravada polo moito que varían os tamaños das parcelas, desde fincas que non chegan á hectárea de superficie ata as máis grandes, que miden 12 hectáreas.
A granxa sementa na actualidade 20 hectáreas de millo, con previsión de ir a máis nos próximos anos. José Carlos practica o ensilado tradicional, aproveitando toda a planta de millo, pero a súa idea no futuro próximo é facer pastoner, para o cal se ensilan unicamente as mazarocas. "Dispoñemos de máis terreo para o millo porque libramos unha finca onde tiñamos
A Granxa Reigada ten un consumo medio de concentrado por animal e día de 13,5 quilogramos. O silo de millo que están aproveitando é aínda o de 2003. "A relación entre concentrado é forraxe é do 50% Son racións agresivas. O que se aconsella normalmente é unha relación de 60% de forraxe e 40% de concentrado", apunta José Carlos Vega.
muxir. Pola mañá, despois de muxir, facemos o último arrimo antes de limpar o pesebre para botar a nova ración".
Importantes cambios na alimentación
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
EXPLOTACIÓNS 11
José Carlos Vega fixo as súas últimas adquisicións de cota láctea en comunidades como Baleares e Madrid. O gandeiro afirma que non hai moitas diferencias de prezo entre comprar en Galicia ou comprar fóra
Unha xornada calquera na Granxa Reigada
A recría, "asignatura pendente" Vega decidiu recentemente externalizar a recría de reses. "Consideraba que a recría non a estabamos facendo todo o ben que me gustaría". Na actualidade a Granxa Reigada ten 41 unidades nunha explotación especial da provincia de Zaragoza. O servizo que esa granxa presta aos gandeiros consiste en recoller xuvencas de menos dun ano de idade, completar a súa cría, inseminalas e devolvelas á explotación de procedencia preñadas de sete ou oito meses.
A granxa aragonesa fai retiradas de gando na zona cada quince días e encárgase de transportalo á explotación de acollida. Os obxectivos que persigue este servizo é que os animais dean a luz aos 23-24 meses e coas crías en boas condicións de tamaño. "A recría era a miña asignatura pendente. Por eso demandei este servizo". explica José Carlos. "O custo de estancia por animal e día é de 2,44 euros e a inseminación e o transporte páganse aparte".q
Control leiteiro e xenética Granxa Reigada vende uns 2.000 litros diarios. A cota anual é de 800.000 quilogramos. Nos últimos anos accederon a 11 toneladas da Reserva Nacional e recibiron outras 15 coa adquisición dunha cantidade similar. O resto da capacidade produtiva ampliouse a base de compras. "As últimas cotas compradas viñeron de fóra, de sitios como Baleares e Madrid", explica José Carlos Vega. "Quizais antes estaba mellor de prezo a cota
comprada fóra, pero hoxe é todo máis ou menos igual porque hai que pagar peaxes, transferencias, etc". No informe anual da frisona galega de 2003, o último publicado ata o momento, a producción de Granxa Reigada por animal e ano ascende a 12.262 quilogramos. José Carlos explica que en 2004 rexistraron un lixeiro aumento de cantidade, así como unha mellora considerable de materia útil, graxa e
proteínas. "Non obstante, o segundo semestre non foi bo. Coincidiron a adaptación á nova ración e o feito de que tralo verán sempre hai un descenso de produción". Os datos de control leiteiro da explotación son os seguintes: 120.000 en células somáticas, menos de 10.000 en bacterioloxía, 3,50% de graxa e entre 3,20% e 3,30% en proteínas. A granxa vende directamente o leite. Desde hai unha década o
comprador é a corporación Peñasanta (Central Lechera Asturiana). José Carlos Vega admite de que aumentaron moito os controis sobre calidade do leite e, en particular, sobre a comercialización de leite fóra de cota. Así e todo, considera que "falta un golpe máis por parte da Administración e das empresas para controlar de todo o leite negro. Non serve producir se non gañas cartos".
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
12 SANIDADE ANIMAL
EDUARDO YUS, PROFESOR DE ENFERMIDADES INFECCIOSAS NA FACULTADE DE VETERINARIA DE LUGO
“A ERRADICACIÓN TOTAL DA MAMITE É IMPOSIBLE, POR MOI LIMPA QUE ESTEA A EXPLOTACIÓN” Eduardo Yus, zaragozano de 43 anos, coordina un equipo do que tamén forman parte os profesores Gonzalo Fernández e María Luisa Sanjuán, así como catro investigadores, na Unidade de Epidemioloxía e Sanidade Animal (Instituto de Investigación e Análises Alimentarias) da Facultade de Veterinaria de Lugo. Desde hai anos traballan en contacto permanente cos produtores de leite e os veterinarios de Galicia. Os seus obxectivos son manter a mamite baixo control e aproximarse á erradicación total das outras tres grandes patoloxías infeciosas do vacún de leite, a diarrea bovina (BVD), a rinotraquite bovina (IBR) e a paratuberculose.
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
ENTREVISTA | SANIDADE ANIMAL 13
_Desde sempre tiveron vostedes unha estreita relación co sector. _Eu cheguei en 1989 e xa o primeiro traballo fixémolo sobre a situación da mamite bovina en Galicia. Contactamos con veterinarios e gandeiros para estudiar o tema e desde entón seguimos esta dinámica.
_¿De que maneira fan vostedes os estudios de campo? _As mostras iniciais son de leite de cuarterón individual e ás veces de leite de tanque. Neste tipo de estudios o que interesa sobre todo é o seguimento dos cuarteróns.
_¿En cantas explotacións levan a cabo analíticas? _ O tema da mamite é aínda un dos máis preocupantes en bovino de leite. _Exactamente. Nós publicamos hai pouco un manual dirixido a técnicos de control de calidade láctea. Agora estamos máis centrados no estudio dos axentes infeciosos, sobre todo nos estafilococos, un dos principais causantes. A propagación depende normalmente da rutina de ordeño. Se non se limpan ben as ubres antes de ordeñar, se se usa a mesma toalla para varias vacas... Se falla esto pode diseminarse a infeción dunha vaca a todo o resto. _¿Notouse unha mellora dos hábitos de hixiene das explotacións nos últimos anos?
_En cada un dos estudios que realizamos movémonos entre 150 e 200 explotacións de toda Galicia escollidas ao azar e despois extrapolamos os datos ao total. _Ademais do tema da mamite, que é o máis antigo, teñen outras liñas de traballo en vacún de leite. _Levamos ano e medio facendo un traballo en colaboración coa Xunta e cos veterinarios que levan asociacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG). Estas asociacións estanse potenciando en Galicia e noutras zonas de España. En porcino levan moitos anos, en 1985 creáronse as primeiras para a erradicación de enfermidades como a peste porcina africana, pero en vacún empezaron máis recentemente. Agora estamos debatindo como abordar as tres enfermidades infeciosas que máis preocupan ao sector lácteo: a IBR (rinotraquite infecciosa bovina), a BVD (diarrea vírica bovina) e a paratuberculose.
“Concienciamos aos gandeiros da importancia de facerlles probas aos animais que entran na granxa para reposición. Débense ter nunha nave aparte e tomarlles mostras de sangue antes de xuntalos co resto”
_A verdade é que si. Tamén pola incentivación ou a penalización según a calidade do leite. Melloráronse moito os parámetros de células somáticas e de bacterias. Antes había moitas explotacións que daban recontos de células por riba do que marca a Lei, que é 400.000, e disparábanse moito os coágulos de leite por mamites clínicas. Mellorouse moito en rutina de ordeño e limpeza e en conservación de leite na explotación: control da temperatura de refrixeración, limpeza de circuitos de ordeño... Hai máis concienciación e educación. Moitas explotacións pequenas que pecharon fallaban en infraestructuras, había moitas que non tiñan sala de ordeño e nas que non se podían facer grandes cambios. Quedan as explotacións boas e os gandeiros teñen máis unha mentalización de xestores de empresa. Agora estamos nunha calidade de leite moi boa. A maioría é de clase A, con reconto de células somáticas de menos de 400.000 e menos de 100.000 en reconto bacteriano. _En liñas xerais, ¿cómo evolucionou o problema da mamite?
_Antes había máis problemas con mamites contaxiosas causadas por estreptococos pola mala hixiene durante o ordeño. Agora o gandeiro coida máis eso. A erradicación da mamite é imposible ao 100%, pola propia natureza e difusión dos xermes. Falamos de microorganismos que están nas mamas, na pel, no ambiente... Por moi limpo que estea todo en calquera momento pode saltar este problema.
_¿Qué tipo de problemas causan cada unha destas enfermidades? _A IBR e a BVD dan problemas reproductivos, respiratorios e de diarrea. A paratuberculose, na súa última fase, ocasiona que a vaca adulta perda peso aínda que siga comendo igual. _¿O IBR, a BVD e a tuberculose afectan tanto á calidade do leite como a mamite? _A mamite causa perdas de cantidade e de calidade. As outras tres, de cantidade. O IBR e o BVD afectan á reproducción e ás inmunodefensas dos animais e a paratuberculose, ás inmunodefensas. _¿Como é a súa rutina de traballo nestes campos? _Facemos reunións todos os meses e un compañeiro do departamento vai cos veterinarios a visitar as explotacións. Damos charlas a gandeiros para potenciar as ADSG, miramos as pautas de vacunación para ver cando as hai que corrixir...
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
14 ENTREVISTA | SANIDADE ANIMAL
Toma dunha mostra de leite de cuarterón para analizar
Desinfeción de pezón previa á recollida da mostra de leite
_Así como a mellora da hixiene foi fundamental no caso da mamite, ¿nas outras enfermidades as melloras dependen máis doutros aspectos?
débense ter aparte as reses chegadas de fóra como mínimo 21 días.
_Exactamente, de aspectos como son a bioseguridade e a aplicación correcta de vacunas adecuadas. En IBR estamos vendo o que fixeron noutros países onde avanzaron moito cara a erradicación. Trátase de usar as chamadas vacunas marcadoras, que permiten diferenciar os animais vacunados dos infectados. Esta vacuna é fundamental e estase usando pouco. Estamos intentando potenciar o seu uso. No caso do BVD as vacunas teñen limitacións porque hai moitas diferencias de resposta. Tamén hai algo que os gandeiros coñecen moi ben, os animais persistentemente infectados. Aquí insistimos moito na importancia de identificalos o antes posible e eliminalos. Un punto no que se está concienciando moito aos gandeiros é o de facerlles probas a todos os animais que se introducen na granxa para reposición.
_En liñas xerais, ¿pódese dicir que a mamite seguiu unha curva descendente nos últimos anos?
_¿En que consisten esas probas? _Antes de xuntar os animais que se compran cos que xa están na explotación débense ter nunha nave aparte e tomarlles mostras de sangue para comprobar se teñen anticorpos contra os virus. Nese tempo son explorados frecuentemente polos veterinarios e espérase aos resultados das probas para asegurarse de que non se están introducindo animais infectados que poidan contaminar ao resto da cabana. _¿É moi importante facer esa separación previa? _En Galicia, ao aumentar as cotas do leite nos últimos 15 anos, importáronse moitos animais de Canadá, de Alemania, de Francia... e pódese sospeitar que estes países, que levaban programas máis adiantados de control, pudieron introducirnos nalgúns casos gando infectado. Aquí non se pedía información sanitaria das reses, só se facía unha inspección clínica.
_En canto ás perdas económicas, si. Non obstante, segue a ser a nivel de vacún de leite a enfermidade que máis perdas causa. _¿E as outras tres patoloxías infeciosas? _As outras tres son, xunto coas neoesporas (unha enfermidade parasitaria), as que provocan as principais perdas económicas despois da mamite. Por outro lado, como país membro da UE temos que poñernos a punto nestas enfermidades. A mamite non se pode erradicar, hai que vivir con ela e controlala. No resto das enfermidades hai países da Unión Europea que desde hai anos están en programas de erradicación total: os países escandinavos, Holanda, moitos departamentos de Francia, o Reino Unido… Son países que teñen unha cabana gandeira similar á nosa pero que xa están nunha dinámica moi avanzada de erradicación. Estes países queren erradicar estas enfermidades porque exportan xenética: animais, seme ou embrións. E aquí xa se está potenciando a mellora da xenética galega e a exportación a outras zonas de España ou incluso a Sudamérica. Este tema os gandeiros aínda non o ven, pero estámoslles dicindo que poden pecharlles as fronteiras se o día de mañá o queren facer. _¿Todo este control de enfermidades infecciosas está supoñendo un aumento de gasto farmacéutico para os gandeiros? _Non, ao contrario. Un programa de prevención e control evita ter moitos cadros clínicos e, polo tanto, gastos en
_¿As granxas están respondendo a estas recomendacións? _O ideal sería o modelo de explotación pechada, con cría propia. Pero sucede que se están clausurando moitas explotacións pequenas e as grandes están comprando cota láctea. Cando non se pode ter un ciclo pechado, polo menos hai que intentar ter un lazareto para facer a corentena do gando novo, que é algo que agora esixen nas explotacións de novo deseño. Nas antigas é difícil, pero sempre que se poida
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
O luminímetro serve para medir indirectamente a cantidade de materia orgánica no equipo de ordeño e, por tanto, para coñecer o nivel de limpeza do mesmo
ENTREVISTA | SANIDADE ANIMAL 15
“Nos últimos 15 anos importáronse moitos animais de Canadá, Alemania ou Francia e sospeitamos que nalgúns casos puideron introducirnos gando infectado” medicamentos. É outro tema que intentamos controlar. O gandeiro gasta a consecuencia dunha mala educación, moitas veces mal asesorado. Desde o noso punto de vista gástase moito diñeiro en vacunar por vacunar. Nós estamos demostrando que pode interesar máis vacunar unicamente grupos de risco, por exemplo as xuvencas recén chegadas e os xatos. É mellor gastar ese diñeiro, ou incluso menos, en facer periodicamente análises a grupos de animais para saber se teñen infeccións ou se están reaccionando ben ás vacunas. Para controlar estas catro enfermidades infeciosas gastas por cada animal que procesas 12 euros ao ano. E eso non o tes que multiplicar por todos os animais da granxa porque non hai que facerlle probas a todos. Bastaría controlar cinco animais de calquera grupo de idade. Por outra parte, no Laboratorio de Sanidade e Producción Animal estamos ultimando a detección de anticorpos infecciosos nos tanques de leite para dispoñer dunha ferramenta de control máis. _¿O excesivo uso dos medicamentos ten que ver tamén cunha política de presión por parte dos laboratorios? _En veterinaria había moita presión de laboratorios comerciais, pero agora cada vez hai menos. Por exemplo, baixou moito a oferta de antibióticos-cóctel. Antes un único fármaco comercial levaba varios antibióticos e había vacunas polivalentes. Todo eso contrólase agora por parte de
CAMBIOS DE MENTALIDADE Do gandeiro 'sentimental' ao gandeiro empresario "O ganadero de porcino e de aves ten claro desde hai tempo que é xestor dunha empresa. En vacún aínda hai o componente sentimental, pero esto xa está cambiando. Agora cando sacamos ás granxas os alumnos en prácticas e lle preguntan ao gandeiro que que fai cando ten unha vaca cunha pata rota ou algún problema, a resposta é: eliminala. É dicir, xa se están decatando de que incluso a cirurxía puntual non interesa, a non ser que sexa unha vaca de moi alta produción. Das subvencións aos recursos propios "Hai outro problema: ao gandeiro educárono desde a Administración para as subvencións. Todo está subvencionado: a compra dun tractor, a calidade do leite… Agora hai que mentalizar a un gandeiro de que a sanidade animal do seu rebaño vaina ter que pagar el. Moitos dinche que todo o ten que poñer a Xunta, pero máis pronto ou máis tarde esto vaise acabar. De todo o que se move en sanidade animal (subvencións de calidade de leite, de programas de reproducción…) o 80% chega de axudas europeas que veñen por Madrid e logo chegan ás autonomías. A partir de xaneiro de 2007 posiblemente haxa un recorte moi grande destas subvencións"
organismos internacionais e comités científicos. Os laboratorios teñen que demostrar as calidades do producto e só lles permiten un ou como máximo dous antibióticos no mesmo producto. Moitos laboratorios tiveron que retirar productos comerciais do mercado. _¿Que pasa cando unha explotación ten un protocolo de sanidade óptimo? _As explotacións que non teñen problemas de IBR, BVD ou paratuberculose e que periodicamente fan analíticas en grupos de aniamais, poden obter a certificación de rebaños libres. Hai explotacións ben levadas ás que lles interesa esta certificación _¿En que lles pode repercutir a efectos prácticos? _En principio, na reducción de perdas económicas. Por outra banda terían que implicarse as industrias lácteas para incentivar a eses gandeiros, pagándolles un pouco mellor o leite. Estase insistindo moito nesto pero aínda non o demos conseguido. _¿Xa se están expedindo certificacións de rebaños libres? _A nivel unicamente da granxa de Bos para transferencia de embrións. As granxas que actualmente están doando embrións a Bos teñen que ser granxas libres de enfermidades. Noutros países implicouse a Administración, informando e expedindo certificados. _O que detectarían vostedes nos últimos anos é que o relevo xeracional e a chegada de xente nova ás explotacións favorece as boas prácticas. _Exacto. Nós traballamos a través dos veterinarios e ao gandeiro ao que mellor chegamos é ao gandeiro novo. Ou ben ao gandeiro que xa é maior pero que ten a perspectiva de que os fillos ou un familiar directo hereden a explotación. Nós facemos enquisas de opinión aos gandeiros sobre como ven o sector economica e sanitariamente. Cando están a punto de xubilarse pouco lles podes axudar, pero os que teñen perspectivas de futuro si que están máis concienciados e preocupáronse por reciclarse en cursos e charlas. Este ano sacamos o que chamamos folletos manuais, uns folletos que editou a Xunta, moi explicativos, resaltando os puntos máis importantes das enfermidades e explicando temas de vacunas e de control e incluso como cuantificar co apoio do veterinario as perdas económicas que causan as enfermidades. Hai xa programas informáticos que calculan esto. q
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
16 SANIDADE ANIMAL
AS INDUSTRIAS E A FACULTADE DE VETERINARIA INVOLUCRAN NO TEMA AS PRIMEIRAS 250 GRANXAS
OS PROGRAMAS DE CERTIFICACIÓN SANITARIA EMPEZAN A DESENVOLVERSE EN GALICIA Os programas de certificación sanitaria chegan ao Estado español despois dalgúns anos de funcionamento noutros países do entorno. Están promovidos orixinariamente pola industria láctea e consisten, en esencia, nunha certificación por escrito das boas prácticas gandeiras a través dunha auditoría externa. certificado sanitario obtense previo análise de todas as variables de traballo da explotación, desde a rutina de ordeño ata o benestar animal, pasando por medidas de bioseguridade, control de alimentación e agua, manexo de gando, limpeza de instalacións, etc. "Para os gandeiros que xa o fan ben, esto non supón grandes cambios. Só se trata de recoller de maneira regulada certos datos para demostrar a terceiros que se están facendo ben as cousas", afirma o veterinario Eduardo Yus. Esta demostración faise a través de guías que cubre o veterinario da explotación ou incluso o propio gandeiro. A avaliación fixa unha serie de puntos críticos e aconsella as melloras pertinentes para chegar ao estándar de calidade que permite obter o certificado.
O
O departamento de Patoloxía Animal da Facultade de Veterinaria leva dous anos traballando en temas de certificación sanitaria con dúas industrias lácteas, Leche de Galicia S.A. e Puleva-Leyma. "Sacamos un manual de boas prácticas con Leche de Galicia e fixemos durante cinco meses un estudio previo de explotacións de Puleva", explica Eduardo Yus. "A certificación sanitaria tamén se está potenciando a través de cooperativas e de grupos de veterinarios. Seragro, como grupo de veterinarios, está tratando de crear o seu sistema de certificación" Outras dúas empresas, Danone e Pascual, están desenvolvendo programas similares pola súa conta. ¿Qué consecuencias prácticas pode ter para o gandeiro a obtención deste certificado? Yus indica que "algunhas empresas xa están polo labor de pagarlles algo máis o leite aos gandeiros
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
que o teñen". Por outra banda, o veterinario opina que "hai que concienciar ao consumidor de que igual lle merece a pena pagar máis por cada tetrabrik que leve esta certificación porque o leite vai mellor". A certificación sanitaria garantiría dúas cousas: que se trata dun bo producto e que, por tanto, hai unha seguridade alimentaria para o consumidor. As explotacións galegas que se sumaron a programas de certificación sanitaria non son moitas de momento. Leche de Galicia ten algo máis de 100, Puleva traballou cunhas 50 inicialmente _quere ampliar o número nun plan piloto próximo_ e Pascual faino con 80. En total, unhas 250 granxas de Galicia teñen ou están tramitando a certificación sanitaria. O diploma acreditativo xa existe fisicamente e, de feito, xa se expediu a algúns produtores. Eduardo Yus confía en que este tema irá a máis nos próximos anos, non só en España senón tamén noutros países. "Espero que se irán sumando outros países. En Francia, que está moi posta nesto e con normativa bastante estandarizada, foron as industrias lácteas as impulsoras. Pascual vendía leite de certas granxas aos americanos para facer iogur e os americanos xa lles esixiron poñer en marcha este sistema. As industrias máis importantes de España son as que se están movendo neste tema". q
Modelo real de certificación sanitaria
SANIDADE ANIMAL 17
Grupo de alumnos en práticas do servizo ambulatorio do ‘Rof Codina’
MÁIS DE 150 ESTUDIANTES VISITAN CADA ANO AS 30 GRANXAS ASOCIADAS AO PROXECTO
O SERVIZO AMBULATORIO DO HOSPITAL ‘ROF CODINA’, CANTEIRA DE FUTUROS VETERINARIOS O hospital veterinario Rof Codina de Lugo conta entre as súas prestacións co chamado servizo ambulatorio de animais de renda (SAAR), un sistema de atención sanitaria en granxas que serve principalmente para a formación sobre o terreo dos alumnos de Patoloxía Animal, en quinto curso de carreira. As 30 granxas da provincia de Lugo que participan no proxecto non só brindan un apoio imprescindible para a formación práctica de veterinarios, senón que se benefician dunha atención profesional por parte dos profesores responsables desta iniciativa. O servizo ambulatorio está dirixido polo profesor de Patoloxías Médicas Luis Fidalgo, que conta no seu equipo cun veterinario contratado e con dous becarios. Fidalgo matiza, non obstante, que calquera dos compañeiros do hospital Rof Codina presta labores de apoio. Ademais de desprazarse a diario ás explotacións organizan turnos de garda en fin de semana, días festivos e vacacións. En principio, este servizo non está concebido para que calquera gandeiro poida acceder a el. Pola súa orientación formativa limítase ás 30 granxas asociadas, a maioría situadas nun radio de 50 quilómetros en torno a Lugo capital. Non obstante, Fidalgo explica que “nalgunhas ocasións atendemos casos referidos por outros compañeiros e imos a establos cos que non temos acordo”. A dinámica habitual do servizo é programar saídas cos alumnos ou ben atender as chamadas das explotacións asociadas. O equipo ambulante do Rof Codina desprázase practicamente a diario ás explotacións. O normal é que en cada unha das saídas participe un equipo de catro alumnos. Ao longo do
curso, entre 150 e 200 estudiantes toman parte nestas prácticas. O tempo real de prácticas é de 15 a 20 horas por estudiante, insuficiente na opinión de Luis Fidalgo. No caso de urxencias nalgunha das granxas vinculadas (unha hemorraxia, por exemplo), a operatividade prima sobre a formación e os veterinarios desprázanse con rapidez ao lugar independentemente de que os alumnos estean convocados ou non. Eso si, Luis Fidalgo destaca que hai moitos estudiantes con interese que deixan o seu número de móbil co obxecto de recibir aviso para acudir ás explotacións. O servizo ambulatorio dispón dunha furgoneta, un todoterreo para lugares de acceso máis accidentado e un remolque para os casos en que é necesario trasladar reses ao hospital. As atencións ás granxas non se prestan de maneira gratuíta, co obxecto de non entrar en competencia desleal cos empresarios. Fidalgo explica que se usan como referencia as tarefas aprobadas polo Colexio de Veterinarios, corrixidas lixeiramente á alza. O director do servizo destaca “a boa vontade por parte dos que nos ofertan a granxa para a docencia práctica dos alumnos”. Ademais deste acto de xenerosidade está o feito de que os granxeiros, en xeral, están contentos coa atención profesional que brinda o servizo. A inicitiva naceu da Facultade de Veterinaria no curso 1987-1988 e posteriormente, coa creación do Rof Codina, foi asimilada polo hospital veterinario. Durante todo este tempo non houbo baixas significativas de explotacións dentro do programa. q
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
18 PUBLIRREPORTAXE | SANIDADE ANIMAL
O aporte de inmunidade é fundamental para un bo arranque do xato recén nacido Cando nace, o xato non dispón de defensas para combatir as enfermidades. Sen o suplemento adecuado do “primeiro leite” da vaca ou calostro como fonte de nutrientes esenciais e anticorpos, o xato é moi vulnerable ás infecións procedentes do entorno e doutros animais que o rodean. De feito, a evolución ao longo da súa vida verase significativamente comprometida se o xato non recibe suficiente calostro e de boa calidade. Os xatos deben consumir como mínimo dous litros de calostro inmediatamente despois de nacer e outros dous máis antes das seis horas de vida. Esto é debido a que a capacidade para absorber os anticorpos do calostro redúcese co paso do tempo e a que a concentración de anticorpos do calostro descende rapidamente. Así, o aporte de inmunidade depende de 3 factores : • Rapidez de distribución do calostro despois do parto • Cantidade suficiente de calostro • Calidade de calostro : riqueza en Ig (Inmunoglobulinas) Considérase que un bo calostro é o que contén un mínimo de 70 gr Ig/Litro. En base ás nosas estadísticas, como empresa que recolle calostros, e según un estudio sobre 16.500 l de calostro recollidos, comprobamos que o 45% contiña 50-75 gr Ig/l e o 21% contiña menos de 50 gr Ig/l. Estes datos demostran que arredor dun 40% son calostros de mala calidade.
Sabido é que o calostro das xovencas de primeiro parto é xeralmente de baixa calidade, polo que sería moi conveniente un aporte extra de Ig.
En vacas de 2°, 3°…parto, sería importante medir cun calostrómetro a concentración de anticorpos e en caso de necesidade complementar o aporte de Ig.
Por eso, elaboramos RUMISTRUM, verdadero calostro liofilizado que responde a estas necesidades: RUMISTRUM é producido con calostros de primeiro ordeño, seleccionados polo seu importante contido en Ig. RUMISTRUM aporta Ig calostrais naturalmente protexidas da acción enzimática do proceso dixestivo, garantindo así o seu paso ao sangue. RUMISTRUM é moi fácil de usar. RUMISTRUM é distribuído en Galicia por COLUGA
Claude DEZALYS Departamento técnico NUVIT FRANCIA
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
Susana GARCÍA Veterinaria
20 XENÉTICA
TÉCNICO DE MELLORA XENÉTICA DO SERVIZO DE PRODUCIÓN GANDEIRA (SPG) DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
“HOXE A SELECCIÓN VAI ENCAMIÑADA A BUSCAR VACAS CON MENOS PROBLEMAS E MÁIS VIDA PRODUTIVA” José Manuel Riesgo Fonseca, veterinario nacido en Pola de Siero (Asturias) hai 46 anos, leva cinco coordinando desde a Xunta o programa de mellora xenética do vacún de leite. Riesgo aposta pola xenética producida en Galicia, pero avisa de que a xenética por si soa non é suficiente. É prioritario criar correctamente os animais _¿Cando se pode datar o inicio da mellora xenética nas explotacións de leite de Galicia?
_¿Como evolucionaron nos últimos anos os sementais en proba da comunidade galega?
_A mellora xenética, como actividade xeralizada en Galicia, pode dicirse que empezou no ano 1991 co famoso PIMX (Plan Integral de Mellora Xenética). Con el déronse os primeiros pasos para facer un programa propio de selección e incrementouse ostensiblemente o número de explotacións en control leiteiro. Esto era necesario para facer partícipe á maior cantidade posible de gandeiros e crear a infraestrutura necesaria para levar a cabo un proxecto deste tipo. Neses momentos había menos de 1.000 explotacións en control leiteiro e non chegaban a 20.000 as vacas.
_Os touros que se valoran van incrementando a súa calidade ano tras ano. Como exemplo hai que lembrar que o ano pasado dous touros galegos ocuparon os dous primeiros postos por ICO dos touros nacionais, e este ano 2005 18 dos 50 mellores touros españois por ICO son tamén galegos. Esto non é froito da casualidade, están utilizándose as mellores liñas xenéticas mundiais e eso ten que notarse. Nestes últimos anos o aumento da calidade dos touros é constante e en xeral o gandeiro galego que ordeña fillas de touros de Fontao está moi satisfeito con elas.
_¿Tomáronse modelos doutras comunidades autónomas españolas?
_¿De onde proceden estes animais?
_Optouse por unha estratexia adaptada a Galicia. Podíase ter optado por outras opcións, como comprar sementais probados, pero considerouse a produción propia de xenética como a mellor estratexia a longo plazo . A xenética é universal, pero se a produces aquí prodúcese adaptada ás nosas condicións e a prezos máis baixos que se se trae de fora, ademais de que esta opción estimula aos gandeiros seleccionadores
_As orixes están normalmente en Norteamérica, e Europa. Pero, como sinalei antes, a xenética tamén está globalizada e en calquera país se poden atopar sementais sobresaíntes, anque seguen predominando as liñas norteamericanas. Antes non chegaban os sementais que se producían aquí e comprábanse fóra. Agora a tendencia é incorporar a xenética en forma de embrións, das mellores vacas e touros do mundo, e implantalos en xovencas de aquí de Galicia. Os machos que nacen van a Fontao e as femias constitúense en reproductoras de alto valor xenético, parte das cales está nunha unidade de doadoras de embrións na finca de Bos (Guísamo) xestionada por Fefriga. Tamén se están incorporando varios sementais nacidos en ganderías de Galicia. En 2004 aínda se importou algún animal, pero a partir de 2005, se todo segue o seu curso esperamos que non faga falta traer máis, unicamente se existe algún exemplar extraordinario dunha liña que non teñamos e que consideremos interesante. A intención é que nazan aquí.
_¿Houbo algunha data ou acontecemento que se poida considerar un punto de inflexión na mellora xenética do vacún de leite? _Eu citaría dúas datas: unha é o ano 91, cando empezou o PIMX sen practicamente contar con infraestrutura. No ano 1988 creárase Xenética Fontao en Lugo e logo déuselle un impulso bastante forte ao programa, que pasou a chamarse Programa Integral de Mellora Xenética coa finalidade de que as súas actuacións fosen máis adaptadas ás novas formas de produción. En poucos anos as cousas cambiaron moito. _¿En que medida é importante para a selección xenética a implicación do sector a través dos Africores? _Sen eles pouco se podería facer. Para levar a cabo un programa así é necesario recabar datos sobre o terreo. Se non hai eses datos non se pode ver a que nivel se está e onde fai falta mellorar máis, nin tampouco se pode ver como van evolucionando as cousas.. E hai que lembrar que máis dunha terceira parte do leite de España sae de Galicia. Por eso é tan importante a actuación conxunta de todos os elementos implicados. A Administración tutela o Programa, pero desde logo é o sector o que se ten que beneficiar del
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
_¿Cal é o nivel de Fontao en comparación con outros centros de xenética do Estado español? _En España hai tres centros grandes: Fontao, Aberekin (Pais Vasco) e Ascol (Asturias). Fontao é o centro que proba máis touros de raza Holstein de toda España. Para este ano 2005 están xa previstos 50. En canto á calidade temos que ser conscientes de que os machos que se poñen en proba en Galicia son de similar nivel xenético aos que se poñen en proba nos mellores centros de selección do mundo, e esto non é ningunha esaxeración. _¿O gandeiro ten estes centros como referencia fundamental ou aínda compra moitas doses de seme en casas comerciais? _O mercado é libre e Galicia é a comunidade de España con máis vacas de
XENÉTICA 21
“Os touros que se testan en Xenética Fontao incrementan a súa calidade ano tras ano. Este centro é o que proba máis sementais de raza Holstein de todos os do Estado” leite, polo que tamén están implantadas numerosas casas comerciais de distribución de seme, algunas das cales xa levan moitos anos traballando aquí. Os touros de Fontao teñen unha excelente relación calidade/prezo e o gandeiro empeza a apreciar esto, por eso o centro de Lugo é hoxe unha fonte moi importante de material xenético para as ganderías galegas. De feito máis do 40% das lactacións finalizadas o ano pasado son de fillas de touros de Fontao, e este número medra cada ano.
podemos facer á hora de seleccionar é cambiar de criterio dentro de catro ou cinco anos porque perdemos un tempo precioso. Nesto Galicia non se vai distinguir dos países do entorno gandeiro. En Estados Unidos, Canadá, Francia, Holanda, Alemania, etc. as cousas van polo mesmo camiñ000o: non buscar só boas produtoras de leite senón reses que sexan funcionais, que dean poucos problemas e que produzcan moito e durante o maior tempo posible.
_¿Que importancia ten a implantación de embrións respecto á inseminación?
_¿Que evolución observamos nas vacas en canto a cantidade de leite producido?
_ En Galicia praticamente o 100% das vacas son inseminadas, a inseminación é unha técnica masivamente utilizada. Comparada con ela, a implantación de embrións é minoritaria aínda e sempre vai ser minoritaria, aquí e en todos os sitios. O que pasa é que esta técnica serve para conseguir unha mellora máis rápida. É máis cara e tecnicamente máis complexa e reservada a animais de élite, pero afortunadamente cada vez está máis popularizada en Galicia. A implantación de embrións faise fundamentalmente naquelas ganderías que consideran o investimento en embrións como unha forma máis rápida e efetiva de obter mellores animais.
_En 1990 eran aproximadamente 6.000 quilos por vaca e ano. En 2004 estivemos cerca dos 8.000 quilos por vaca e ano. Falo das vacas que están rexistradas e en control leiteiro. Por suposto que este aumento de 2.000 quilos non se debe só á xenética. Houbo melloras nas rutinas de manexo, na produción de forraxe, etc. Pero está claro que a xenética tamén é indispensable. Anque o gandeiro non pode apreciar en que medida a xenética contribuíu a ese aumento de produción, a súa aportación é evidente.
_¿A importancia da selección é algo plenamente asumido polo produtor de leite?
_Ata agora non. Ata agora case se pode dicir que era ao revés. As vacas cada vez producían máis pero tendían a durar menos, por eso no que a seleción se refire trátase de considerar tamén aqueles caracteres que tenden a aumentar a vida produtiva das vacas para mellorar a súa rendibilidade. Loxicamente esto non se vai conseguir de maneira rápida, dado que a mellora xenética ten o inconveniente de que os seus resultados tardan tempo en apreciarse. Pero é seguro que cunha estratexia de selección correcta ao cabo dun tiempo veremos resultados.
_O gandeiro ten que ser consciente de que a xenética non é unha panacea. O que hai que facer nas explotacións é optimizar todos os recursos e que estes permitan obter máis beneficios: unha boa produción de forraxes, un bo manexo, boa xestión, etc. A xenética é unha ferramenta máis e por tanto é imprescindible para obter vacas eficientes que axuden ao gandeiro a mellorar os beneficios. Ten o inconveniente de que, ao contrario que noutros aspectos como pode ser a alimentación, non se consiguen resultados dun ano para outro, pero tendo un obxectivo claro e sendo constantes os resultados que pode aportar son moi destacables . Agora ben, non por contar con boa xenética se ten todo resolto. Se os animais teñen boa xenética pero non están ben alimentados e ben manexados non van dar o resultado que se espera deles. _¿Cales son as liñas de futuro na evolución da mellora xenética? _ En resume trátase de buscar vacas máis funcionais, con menos problemas e máis vida produtiva, coa finalidade de que axuden a obter máis beneficios. O camiño da seleción en Galicia é continuar con estratexias de búsqueda dos animais que producirán este tipo de vacas. Para eso hai que ter en perspetiva como pode ser o sistema de produción de leite no futuro e buscar vacas adaptadas a ese sistema. A seleción que facemos agora vai dar froitos dentro duns anos. O gandeiro non só busca vacas que sexan boas produtoras, tamén quere que produzan sen problemas e durante máis tempo. Hai uns anos buscábase moito o aumento das proteínas e agora dáselle máis importancia á funcionalidade e ao aumento da vida produtiva das vacas. Esto é lóxico, cada vez as explotacións son máis grandes, co cal o gandeiro non pode prestar máis atención da imprescindible a cada animal individual. Búscanse vacas que soporten o estrés da alta produción e que se adapten a sistemas de manexo cada vez máis exquisitos e industrializados. _¿Cando veremos esas ‘novas vacas’? _Oito ou dez anos é un horizonte razoable. Das vacas e os touros que se seleccionen hoxe nacerá unha cría en 2006. Se é macho testarase no 2007. As súas fillas empezarán a dar leite en 2010 e estarán no seu auxe como produtoras en 2012. É moi importante que teñamos moi claro que tipo de vaca vai ser máis eficiente nos sistemas de produción futuros. O que non
_¿Conseguíronse tamén incrementos no número de lactacións?
_¿Cal é o peso específico das explotacións en control leiteiro no conxunto do sector lácteo galego? _Agora mesmo son máis de 4.500 en Galicia, mas del 40% do total de España. O número das explotacións en control leiteiro está estabilizado nos últimos anos. Houbo novas incorporacións, pero por outra banda tamén se deron fusións de produtores. O que hai que dicir é que as ganderías baixo este sistema son as máis profesionalizadas e as que producen a maior parte do leite de Galicia. E en canto ao futuro, son as que teñen máis posibilidades de seguir producindo. qq
O calendario do seme Neste mes de marzo envíanse ás explotacións en control leiteiro as follas de pedidos de doses de seme. Ademais dos touros probados en Xenética Fontao ofértanse doses de casas comerciais que a mesa técnica (Consellería, Africores e Fefriga) seleccionou previamente nun concurso aberto. O gandeiro pode pedir doses en función do número de vacas que teña en control leiteiro. O reparto farase a través dos Africores no mes de maio. A dose de seme máis cara de Xenética Fontao ten un prezo de 18 euros. No mercado libre poden alcanzarse prezos de ata 80 euros por dose.
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
22 PRODUCIÓN
MÁIS DE 100.000 TONELADAS REVERTIRÍAN NA ADMINISTRACIÓN EN LUGAR DE PASAR A PROPIEDADE DOS GANDEIROS
O MAPA INTENTA RECUPERAR OS REPARTOS DE RESERVA POSTERIORES AO 2000 O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) pretende que as cantidades de cota repartidas como reserva nas campañas posteriores á do 2000 revirtan na Administración en lugar de pasar a propiedade dos gandeiros. Trátase de máis de 100.000 toneladas. Ministerio dispón dun borrador sobre o tema e ten nun artigo publicado en Mundo Ganadero que no mercado de solicitados informes ao seu gabinete xurídico e ao Consello transferencia de cotas “a principal presión compradora está nos de Estado. As cantidades de cota láctea que regresarían aos gandeiros de Galicia, que foron os destinatarios de cerca do 80% das fondos públicos son 12.000 toneladas da campaña 2001-2002, transferencias realizadas [na campaña 2003-2004]. A orixe principal outras 12.000 da campaña destas transferencias está en 2002-2003 e 80.000 da campaña gandeiros de Asturias e do País 11.500 toneladas de abandonos 2003-2004. O tema quedaría Vasco”. de 2004, pendentes de repartir formalizado nun Real Decreto, polo que rexiría sobre todos os Xabier Gómez Santiso, do repartos de reserva que se fagan Sindicato Labrego Galego (SLG), A Consellería de Política Agroalimentaria resolverá este ano 549 no futuro, que nunca se asegura que “todo o mundo solicitudes de abandono da campaña pasada: 250 na provincia da Coruña, 197 en Lugo, 81 en Pontevedra e 21 en Ourense. consolidarían como propiedade quere venderlle aos galegos privada senón como dereito porque son os que máis pagan: A cantidade total de toneladas en abandono compradas pola produtivo en réxime de cesión. 115, 150, ata 130 pesetas por Administración é de 11.557, repartidas deste xeito por provincias: 5.453 quilo de cota. Pero é un mercado na Coruña, 4.560 en Lugo, 1.226 en Pontevedra e 317 en Ourense. En principio está despexada a que non está formalizado. Estes A redistribución dos abandonos de Galicia, xunto cos do resto das incógnita sobre as 550.000 son os prezos que se falan pola comunidades autónomas, debe ser convocada polo Ministerio de toneladas da reserva do 2000 (o rúa”. Javier Iglesias, responsable Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). José Álvarez Robledo, 10% da cota total española), que de gandería do sindicato Unións subdirector de Explotacións Agrarias da Xunta, indica que non hai datas fixadas para levar a cabo esta operación. despois de catro campañas pasan Agrarias, indica que “están a a pertencer aos adxudicatarios e, pagarse 120 pesetas por Álvarez Robledo confía no sistema de abandonos e fondos como “un por tanto, poderán ser obxecto quilogramo de cota láctea, e de aí gran motor de reparto de cota”, se ben admite que “sempre se move de transación. Non dispoñer desa para arriba. En todas partes se máis pola vía de transferencias entre particulares”. cantidade suporía un problema manexan prezos parecidos ¿Canta da cota abandonada en 2004 podería quedarse en Galicia? Está importante para os produtores, porque o mercado é coñecido por estipulado por Real Decreto que o 80% do abandono debe revertir na tendo en conta que moitos todos. Un cántabro que sabe a comunidade da que partiu. particulares están esperando a canto pagan os galegos non vai data do 31 de marzo _en que vender máis barato”. En opinión finaliza o compromiso de retención da cota do 2000_ para facer de Manuel López, de Xóvenes Agricultores, “con eses prezos é moi compraventas. difícil facer rendible o investimento”.
O
O tema das transferencias afecta especialmente ás explotacións de Galicia. Según indica o gandeiro leonés José Antonio Herrero, presidente da Federación de Empresarios Productores de Lácteos (Feplac), “calculamos que os gandeiros galegos teñen comprados 14 millóns de litros fóra da comunidade autónoma, en espera de que se poidan transferir en abril. Case todos subscribiron contratos e pagaron anticipos”. Todo o mundo no sector sabe que os gandeiros galegos son compradores natos, especialmente nas tres últimas campañas. O xerente da Interprofesional Láctea (Inlac), José María Ocáriz, explica
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
Capítulo aparte é que estes prezos de transmisión de cota vense encarecidos a miúdo pola presenza dos intermediarios de compraventa, sobre os que é difícil saber sequera cantos son. A súa actividade non está regularizada nin permitida por Lei. As necesidades de incremento de cota das explotacións galegas non só se evidencian nas compras a particulares ou axentes senón tamén nas solicitudes á reserva nacional. No reparto gratuito realizado ao final da campaña 2003-2004, os 2/3 da cantidade distribuída foron asignados a explotacións de Galicia. Das 19.000 solicitudes presentadas, 10.000 eran de gandeiros galegos. q
PRODUCIÓN 23
A CUESTIÓN NON RESOLTA DO ‘LEITE NEGRO’ A Administración ten na súa man pór en marcha o cruce de datos que faga aflorar as as ventas fóra de cota
cooperativa Os Irmandiños, con asociados no norte e centro da provincia de Lugo e o occidente de Asturias, é unha das máis potentes do país: case 18.000 vacas en ordeño. Javier Barcia, o xerente, sinala que “a falta de cota é manifesta. A xente está procurando solventar o tema chegando a acordos coas centrais leiteiras para o leite B. Sempre atopas xente que pode aceptar esto. No sector hai vontade de acabar co ‘leite negro’ pero non sempre é posible dispoñer dos dereitos de produción para viabilizar a explotación. Vender en B non é o máis conveniente a longo prazo, pero a curto prazo funciona”.
A
A Federación de Empresarios Produtores de Leite (Feplac) é unha das máis críticas nesta cuestión e non dubida en pedir publicamente inspecións duras nas explotacións e incluso penas de prisión. A Feplac aseguraba nun comunicado de prensa en xaneiro pasado que “o Plan Letra Q, que se creou para controlar a trazabilidade do leite, permite que en 48 horas, desde a recollida do leite na explotación, estean os datos no Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA). A mesa do FEGA debe dispoñer de datos máis que suficientes. Se desde a Administración hai verdadeira vontade de poñer orde neste sector, o leite fóra de cota ten os días contados”. Se este cruce de datos funciona ou non é algo que se verá ao longo da campaña que vai comezar. De momento, o Sindicato Labrego Galego (SLG) expresa as súas dúbidas por boca de Xabier Gómez Santiso: “Nunhas xornadas técnicas
celebradas en novembro en Asturias, un responsable da Letra Q de Madrid falaba de que non había cruce de datos porque o FEGA non os pedía”. Gómez Santiso ten claro que sen unha cantidade importante de leite non declarado non sería posible o incremento global de produción no Estado español, que foi dun 4% durante a campaña 2004-2005. “En Galicia non sabemos canto leite producimos. Temos dereito para producir algo máis de dous millóns de toneladas. Na realidade pode haber cerca de dous millóns e medio”. O sindicalista destaca dous datos: un, que a produción en Galicia nuon caeu a pesar do pronunciado descenso do número de explotacións. E segundo, que a realidade é que hai moitas explotacións sobredimensionadas ás que lles vai ser difícil recortar de maneira inmediata o nivel para acomodarse á cota real. José Antonio Herrero, presidente de Feplac, non se mostra tan indulxente. “Houbo tempo e formas para irse facendo coa cota. Neste problema entran tamén a comodidade do gandeiro e o engano das industrias. Hai explotacións ás que agora lles vai ser difícil porque non foron comprando cando tiñan que facelo”. Manuel López, de Xóvenes Agricultores, entende que os gandeiros galegos fan os deberes. “Cada ano o gandeiro intenta facerse cun pouco máis de cota. O tema do leite negro é cada vez menor en Galicia. O gandeiro está a facer investimentos importantes”. q
ASESORAMENTO • • • •
ASESORAMENTO INTEGRAL DE EXPLOTACIÓNS XESTIÓN E COMPRAVENDA DE COTA LÁCTEA SEGUROS AGRARIOS IMPORTACIÓN DE VACÚN DE LEITE
Río Sil, n. 9 Entlo. 2 (esquina Río Eo) 27002 Lugo Tlfn: 982-81.74.23 FAX: 982-98.05.06 Móbil: 660-49.11.12 - 666-49.79.12 e-mail: afiteco@mundo-r.com
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
24 PRODUCIÓN
OS MELLORES PREZOS DE VENTA Á INDUSTRIA DOS ÚLTIMOS ANOS A campaña que finaliza rexistrou un encarecemento do leite en orixe de ata un 5% cooperativa Os Irmandiños pechaba en febreiro as contas de 2004 con números positivos para os seus asociados. “Rexistrouse unha subida medida de prezos de 2,12 euros por cada cen litros de leite, entre un 4,5% e un 5%”, explica Javier Barcia, xerente da entidade. José María Ocáriz, da Interprofesional Láctea, indica nun artigo recente que a subida media do 5% pódese tomar como referencia para o conxunto do Estado español. “Esta situación de prezo do leite ao gandeiro á alza en España contrasta co que está a ocorrer no resto de Europa, onde a evolución é claramente á baixa, con descensos de entre o 3% e o 4%”.
A
O sector é consciente de vivir a situación máis doce dos últimos anos. “Desde o ano 2001 non había prezos tan bos”, apunta Xabier Santiso, do SLG. “En decembro o prezo medio era de 55 pesetas por litro, anque houbo industrias que o baixaron a 53 pesetas e incluso a 51”. Javier Taboada, presidente da cooperativa chantadina Icos está de acordo en que os prezos melloraron pero tamén chama a atención sobre o feito de que “o leite vai perdendo poder adquisitivo”. Javier Iglesias, do sindicato Unións Agrarias, opina que “este non parece un mal ano para os prezos. Xa hai pactos entre cooperativas e industrias para todo o ano. De momento son moi pouquiños e nós estamos tratando de que se estendan. Máis alá de que se poidan chegar a mellorar os prezos interesa ter unha estabilidade”. Javier Taboada, de Icos, está de acordo en que a estabilidade resulta fundamental, pero non considera que vaia ser tan doado mantela na campaña 2004-2005. “Que os prezos se manteñan estables na próxima campaña vai ser difícil, por un lado hai bolsas de faude e por outro están as importancións de excedentes. Os mercados francés e holandés son claramente excedentarios”. José Antonio Herrero, presidente de Feplac, pensa que estes competidores non van prexudicar aos gandeiros galegos, senón todo o contrario, a partir do mes de abril. “Historicamente, Francia ten moito leite de xaneiro a abril. A partir dese mes baixa moito a produción e téñena que consumir eles. A industria española non vai ter a partir dese momento un suministro tan barato”. Feplac maniféstase coa súa habitual contundencia en contra da baixada do prezo do leite en orixe. A principios de ano, esta organización de produtores mantivo contactos con diversas empresas nas que observou posicionamentos distintos. Mentres que firmas como Pascual, Danone e García Vaquero non consideraban que fose a haber variacións a baixa, outras como Río, Celta, Central Lechera e Puleva si manifestaron o seu interese en recortar prezos entre unha e dúas pesetas o litro.q
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
O aumento das axudas e o horizonte do desacoplamento A finais de 2004 abonáronse as primeiras axudas compensatorias da Política Agraria Común (PAC) da Unión Europea aos gandeiros de leite. Estas axudas, que se formularon para compensar o previsible recorte de prezos, non contemplan as ampliacións de cota da reserva do 2000. Foron solicitadas por algo menos de 37.000 gandeiros españois. Estas axudas compensatorias teñen dous componentes, a prima láctea e o pago adicional. A prima láctea na campaña que finaliza foi de 7,64 euros por tonelada de cota e o pago adicional, de 3,44 euros por tonelada como media. Para 2005 a contía das axudas é o dobre e para 2006, o triple. En 2006 estas axudas desacoplaranse da produción e formarán parte dun pago único a cada explotación. A cota disponible a 31 de marzo de 2006 é a que se fixa como referente para calcular o que a explotación percibirá en campañas sucesivas, con 2014 como posible horizonte final para as axudas. A campaña presente vai estar moi marcada polo desacoplamento. Como explica Javier Taboada, de Icos, “é o último ano que hai para facer mochila e esto pode ocasionar un tirón dos prezos de quilo de cota para arriba. Pero tamén pode actuar no sentido contrario, se soben moitos os prezos pódese inhibir a xente e esperar a que en anos sucesivos se abarate a cota, anque xa se teña que comprar desvinculada das axudas”. José María Herrero, de Feplac, explica que en materia de arrendamentos o desacoplamento pode funcionar exactamente ao revés que no caso das compras: dado que será o arrendatario o que anote esa cota á hora de computar en abril de 2006 as axudas a percibir, moita xente pode optar por non alugar cota para non perder a axuda. “O mercado de arrendamentos é moi áxil e este ano non vai haber nada. Os arrendamentos resolven problemas puntuais en campaña, anque non en porcentaxes moi grandes. Pero permiten, por exemplo, que unha explotación que ten problemas e debe deixar de producir temporalmente poida obter unha rentabilidade arrendando”. O desacoplamento apunta a que o estímulo para cobrar axudas sen producir elimine as explotacións menos viables e deixe en activo as mellor dotadas para manterse só ou en gran parte pola súa actividade económica. É difícil anticipar o resultado desta medida, que sen embargo xa é unha realidade de inminente aplicación. O presidente da cooperativa Icos considera, a xeito de resume, que “vivir da axuda é unha perspectiva moi cativa. Se a prima láctea sobe é porque a Comisión Europea sabe que os mercados se van resentir e van baixar as marxes de beneficio. A axuda debe ser sempre un mero complemento. Do que hai que vivir é do leite”. Sobre todo, considerando esa data de 2014 como a do final do maná europeo compensatorio.
PIENSOS ARA • Fabricación personalizada de todo tipo de pensos: mesturas, pensos simples, compostos, en fariña ou granulados • Servizo de racionamentos para calquera especie animal • Asesoramento técnico • Servizo de menos de 24 horas para pedidos de calquera volume e a calquera lugar • Venta de forraxes (Alfalfa, palla, reigrás). Cantidade minima, unha paca • Venta de fertilizantes Praza Maior, s/n - 27377 Muimenta (Lugo) - Telf.: 982.52.81.03 - Fax: 982.52.81.33 - Mail: poehisl@infonegocio.com
26 XESTION
A ADECUADA XESTIÓN DE EXPLOTACIÓNS. MITOS E REALIDADES O gandeiro debe procurar obter a máxima rendibilidade económica da súa explotación. Velaquí varios interrogantes solventados nun sitio de Internet de máximo interese para o sector: www.frisona.com
¿Paga a pena facer mellora xenética? ¿Non se pode conseguir o mesmo co manexo e a alimentación?
adecuados. O custo de reposición é un dos maiores e máis ignorados da explotación
Se co manexo e a alimentación non se aproveita a xenética, perdemos diñeiro. Se forzamos a xenética, quedaremos sen vaca. A información sobre índices xenéticos de Conafe é unha ferramenta de primeira magnitude. O valor sobre quilos de leite debidos ao manexo indícanos se estamos obtendo máis ou menos rendemento da xenética. Ollo: hai unha correlación entre quilos por manexo e menor número de partos por vaca.
A media de partos por vaca descende cada ano. A diferencia entre o valor dunha xovenca ao primeiro parto e o da vaca prescindible é de 160.000 pesetas ou máis. Esta cantidade hai que recuperala a base dos litros de leite producidos entre o día en que a vaca pare por primeira vez e o día en que se sacrifica. ¿Cómo se van recuperar 160.000 pesetas en dous partos ou
A xenética é rendible por varias razóns: unha vaca xeneticamente superior porduce leite de máis calidade cun custo de alimentación menor, é máis resistente e dura máis tempo. Hai que ser máis agresivo en xenética e menos en alimentación. Hai que utilizar os índices xenéticos apropiados, que reflexan a rendibilidade económica da xenética. ¿A primeira inseminación debe facerse 40 días despois do parto? O intervalo entre partos é un índice económico fundamental. Reducilo é a máxima preocupación de gandeiros e veterinarios. Empezar inseminar aos 40 días despois do parto vislúmbrase como unha posibilidade de reducir o intervalo. Ollo: unha fecundación a 40 días non compensa outra de 200. A resposta está en que cando a vaca queda preñada antes de 120 días a lactación é menor da prevista. Se queda preñada pasados os 120 días, a cantidade de leite producida de máis non compensa. ¿É bo ter unha taxa de reposición alta? A única ventaxa dunha reposición alta é a aceleracion da mellora xenética, supoñendo que se usen os touros
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
O ABC DA XESTIÓN GANDEIRA _Cada explotación é distinta. Non se pode copiar ao veciño porque o que pode ser bo para el pode non selo para nós. _A contabilidade de compras e ventas é incompleta. Interesa máis ter custos sobre consumos e producións. _A produción da granxa non é unicamente leite. Están tamén os xatos de leite o ou carne, as xovencas, as vacas de desvelle, o esterco.. _O custo do leite é a acumulación doutros custos. Algúns son externos: alimentos adquiridos, inseminación, veterinario, combustibles… Outros son internos: alimentos propios, xovencas, traballo agrícola, xornal… Hai que calcular todos os custos. _A xestión económica da explotación debe alcanzar todos os ámbitos: agricultura, alimentación, reproducción, sanidade, manexo, instalación e xenética. Este último talvez sexa o máis importante. _O gandeiro debe fixar uns obxectivos, elaborar sistemas de traballo e levar un control. Se non se levan as contas é imposible saber se o facemos ben ou mal.
XESTION 27
O gandeiro dispón dunha ampla oferta de programas informáticos para a xestió´n de explotacións
menos?A porcentaxe óptima pode estar entre o 20% e o 25% Unha reposición maior custa cartos polo prezo da xovenca, pola menor venta de xatos, por ter que gastar máis en seme e por non poder facer cruce con carne. ¿Paga a pena gastar diñeiro en curar un animal? Desde logo, pero non máis do necesario. Mellor é gastar en prevención. Ampliar a media de vida produtiva das vacas da explotación sempre é rendible. Aumentar en dous meses a media de vida produtiva pode reducir en 1,10 pesetas o custo do litro de leite. ¿Máis leite é igual a máis beneficio?
Anúnciese na revista de AFRIGA, a publicación idónea para dar a coñecer o seu produto ou servizo ao sector lácteo galego Fáganos chegar os seus comentarios e suxerencias
A primeira impresión é que a maior produción, maior beneficio. Estudios feitos nos Estados Unidos sobre datos reais de granxas demostran que o promedio de beneficio é maior canto maior é a produción. Non obstante, algunhas explotacións de menor produción poden superar en rendibilidade a outras de maior produción.q
contacto: revista@afriga.es Teléfonos 982 22 12 78 636 95 28 93
Joan J. Galí Hugas www.gruptecnicveterinari.com
Asóciese chamando ao 981 680 575 ou enviando un Fax ao 981 688 335
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
28 PUBLIRREPORTAXE | FERTILIZACIÓN DE TERRAS
ESTE MÉTODO ELIMINA OS MALOS OLORES E AUMENTA O PODER FERTILIZANTE
DÍAZ Y TORRÓN COMERCIALIZA UN INNOVADOR EQUIPO BELGA PARA A INXECIÓN DE PURÍN A comercial lucense Díaz y Torrón é a distribuidora exclusiva para o norte de España da maquinaria da firma belga Joskin. Unha das novidades máis importantes que oferta ao agricultor é a inxetora de purín.
Inxetora de abono líquido multiacción, apta para traballar sobre prados e sobre cultivos. Mando hidráulico simplificado. Unha soa función permite dirixir a elevación, accionar o repartidor e abrir a chave da cuba.
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
PUBLIRREPORTAXE | FERTILIZACIÓN DE TERRAS 29
A
aplicación de abono líquido baixo terra elimina os malos olores e permite que o gando poida pacer normalmente unha vez botado o purín, cousa que non sucede cando se emprega o método convencional. Outra ventaxa da inxeción é que multiplica por dez o rendemento do purín en época de verán, cando as altas temperaturas desecan rapidamente o abono líquido en superficie. Según estudios especializados, nesas circunstancias térmicas dez litros de purín baixo terra teñen a mesma eficacia que 100 litros ao aire libre. O inxetor de purín é unha máquina de fácil emprego. Adáptase á cisterna e funciona como outro aparello calquera, por arrastre sobre o terreo. Te n unha gran adaptabilidade que lle permite tolerar desniveis de ata o 30% A inxeción de purín é un método ecolóxico e de futuro. En países de Europa especialmente preocupados polo medio ambiente vénse aplicando desde hai máis de dez anos. Estímase que o 50% do abono líquido empregado polos agricultores de Dinamarca, Bélxica ou Suíza chega á terra mediante o sistema de inxeción. Cisternas adaptables. Joskin fabrica unha completa gama de cisternas para abono líquido, aproveitables tanto no sistema convencional como no de inxeción. Nos últimos dous anos, o 80% das cubas que
Cuba módulo 2. 8.400 litros. Fabricación en aceiro especial, galvanizada no interior e no exterior. Ganchos portatubos en ambos lados. Válvula antidesbordamento.
Cuba módulo 2. 12.000 litros. Aceiro especial galvanizado. Ganchos portatubos en ambos lados. Válvula antidesbordamento. Eixo seguidor con bloqueo hidráulico.
Caixas de ensilado de gran capacidade montadas sobre chasis de dobre eixo. Paredes cónicas para evitar atascos na descarga. Paredes en chapa perfilada galvanizada e pintura plastificada no exterior. Motor hidráulico en dúas velocidades.
comercializa Díaz y Torrón permiten o uso de inxetores. A gran diferencia dos equipos de Joskin está non só na calidade senón tamén no peso. As cubas son fabricadas con materiais industrias de primeira calidade, o que as fai máis lixeiras cás das firmas competidoras. Joskin é tamén punteira na fabricación de remolques de ensilado. O seu servizo ao agricultor inclúe o chasis universal, que admite cisternas, remolques e calquera outro tipo de accesorio.q Contactos: Díaz y Torrón Maquinaria Agrícola. Estrada de Santiago km. 5. Tlf. 982. 22.19.66. E-mail: correo@diazytorron.com
Detalles _O catálogo de Joskin, disponible a través da comercial Díaz y Torrón, inclúe cubas de entre 2.500 e 24.000 litros con máis de 200 accesorios _Entre os modelos da firma belga destacan a cuba de 8.400 litros e a cuba de 12.000 litros. _Os inxetores de purín para aplicación sobre pradeiras teñen anchuras de traballo entre 2,24 e 6,16 metros. _Os inxetores de purín para aplicación sobre cultivos teñen entre 2,80 e 5,60 metros de ancho. _O inxetor multiacción permite traballar sobre prados e sobre cultivos. Ten entre 3 e 7,74 metros de ancho. _A firma Joskin dispón de plantas de fabricación e ensamblado en Francia, Bélxica e Polonia. O centro neurálxico do grupo está en Soumagne (Bélxica).
Web: www.diazytorron.com AFRIGA | ANO XI - Nº 56
30 PUBLIRREPORTAXE | FERTILIZACIÓN DE TERRAS
OS LODOS DE DEPURADORA PODEN SER UN BO COMPLEMENTO DO PURÍN
AGROAMB XESTIONA PLANS INTEGRAIS DE FERTILIZACIÓN A empresa lucense Agroamb ofrece aos gandeiros a aplicación de plans integrais de fertilización de terras. Os enxeñeiros de Agroamb estudian as necesidades de cada productor e elaboran un tratamento específico para as súas extensións forraxeiras, combinando o tradicional purín con lodos de depuradora e outros fertilizantes de orixe orgánica ou química.
s lodos de depuradora previamente tratados constitúen un fertilizante moito máis barato e duradeiro cós productos químicos. Agroamb transforma os materiais procedentes das depuradoras, corrixíndoos e enriquecéndoos coa adición de cal, cinzas, restos vexetais, etc. Desta maneira os lodos convírtense nunha materia máis manexable e con maior poder fertilizante que ademais desprende menos cheiro có purín.
O
A planta de tratamento de Agroamb está ubicada en Ponte de Outeiro (Castro de Rei). Ademais de lodos de depuradora aproveita outros materiais de orixe orgánica tales como restos vexetais procedentes de podas e incluso froita que non pode ser distribuída no mercado. Os residuos orgánicos veñen usándose con éxito na fertilización de terras en países como Australia, o Reino Unido ou os Estados Unidos. A súa aplicación en España e Galicia é moito máis recente. O enxeñeiro director de Agroamb explica que "o purín pódese seguir usando, sempre e cando un se ateña ás normas. Pero na liña de ir a unha gandería máis extensiva quizais en moitas explotacións non sexa suficiente o purín. E en lugar de ir aos fertilizantes tradicionais podemos intervir nós e elaborar un plan completo no que entren os fertilizantes orgánicos". O técnico entende que as explotacións que funcionan máis racionalmente e aproveitan mellor os seus recursos "teñen que externalizar cada vez máis servizos".
AFRIGA | ANO XI - Nº 56
Os traballadores de Agroamb experimentan con éxito nas súas propias terras a aplicación de fertilizantes orgánicos desde hai tres anos. A Universidade, en colaboración con esta empresa, ten en marcha catro proxectos de investigación relacionados coa resposta de diferentes cultivos forraxeiros frente a unha fertilización con este tipo de producto. Ata o momento os resultados obtidos confirmano como un bo fertilizante. Teléfonos de contacto: 982 23 13 65/ 982 24 05 34/ 656 85 28 09
Ventaxas do lodo como fertilizante
_Apórtalle á terra nitróxeno, potasio e fósforo. _Aporta tamén materia orgánica. A concentración de materia orgánica nas terras de labor descendeu nos últimos anos. _Ten unha potencia fertilizante similar á do esterco _Os fertilizantes químicos son lavados pola chuvia e fíltranse nas augas subterráneas. Dun cultivo para outro consúmese todo o material. A mateira orgánica, en cambio, libera os componentes nutricionais máis lentamente e deixa remanentes para o segundo e o terceiro ano de aplicación.
10 ANOS DE LIDERAZGO NO SECTOR AGRÍCOLA E GANDEIRO AGROBOTICA S.L.
ANTONIO REY S.L.
POL. IND. LALIN 2000 36500 LALIN TFNO. 986 78 76 01 FAX. 986 78 75 14 isabel@agrobotica.com
CALVO SOTELO, 35 27000 SARRIA TFNO/ FAX. 982 53 31 22 sarria@agrobotica.com
AGROPECUARIA BETANZOS S.L.L. AGROBOTICA LALIN S.L. ARENAL, 63 BAIXO 36500 LALIN TFNO. 986 78 45 51 FAX. 986 78 22 78 lalin@agrobotica.com
AGROBOTICA CHANTADA S.L. C/ JUAN XXIII Nº 53 BAIXO 57500 CHANTADA TFNO. 986 46 20 10 FAX. 986 45 41 07 chantada@agrobotica.com
AGROBOTICA SANTIAGO S.L. C/ SALGUEIRIÑOS Nº 22 BAIXO 15705 SANTIAGO TFNO/ FAX. 981 57 63 19 santiago@agrobotica.com
AGROBOTICA ARZUA S.L.
TRAV. DR. JOSE FARIÑAS 2, BJO IZDA 15300 BETANZOS TFNO. 981 77 50 96 betanzos@agrobotica.com
BOTICA DO CAMPO S.L. AVDA. CASTELAO 18 BJO 15822 TOURO TFNO. 981 51 73 48 sarria@agrobotica.com
AGROBOTICA ORDENES: C/ JOSE ANTONIO 4º BAIXO ORDENES TFNO. 981 68 06 08 ordenes@agrobotica.com
VETERSIL S.L.
AVDA DE LUGO Nº 110 BAIXO 15000 ARZUA TFNO/ FAX. 981 50 80 61 arzua@agrobotica.com
C/ JOSE ANTONIO, 68 36500 SILLEDA TFNO. 986 58 06 23 silleda@agrobotica.com
AGROBOTICA CARBALLO S.L.U.
MANUEL COTELO S.L.
C/ EL SOL 68 15100 CARBALLO TFNO/ FAX. 981 75 49 98 carballo@agrobotica.com
LGAR DA BOTICA- CTRA DOS COLEXIOS 15145 LARACHA TFNO. 981 60 58 15 laracha@agrobotica.com
AGROBOTICA ESTRADA S.L. C/ JUSTO MARTINEZ Nº 4 36680 A ESTRADA TFNO/ FAX. 986 57 30 04 aestrada@grobotica.com
AGROBOTICA FRIOL C/ ROSALÍA DE CASTRO 9 27000 FRIOL TFNO/ FAX. 982 37 53 27 friol@grobotica.com
JAIME GONZALEZ YAÑEZ CTRA DE SANTIAGO 155 BAIXO 27000 LUGO TFNO. 982 22 01 55 lugo@agrobotica.com
AGROBOTICA CERCEDA AVDA. DE GALICIA, 19 15185 CERCEDA TFNO/ FAX. 981 68 52 36 cerceda@agrobotica.com
AGROBOTICA URDILDE A RUA S/ N 15281 URDILDE TFNO/ FAX. 981 80 52 54 urbilde@grobotica.com
AGROCASTRO S.L. AVDA. TERRA CHA 85 27000 CASTRO RIBERAS DE LEA TFNO/ FAX. 982 31 02 13 castro@grobotica.com
AGRO - DUBRA S.L. RUA FAXON Nº 3 15873 VAL DO DUBRA- BEMBIBRE TFNO. 981 89 25 62 bembibre@agrobotica.com
www.agrobotica.com AFRIGA | ANO XI - Nº 56