Autóctonas Galegas 16

Page 1


AUTÓCTONAS

O traballo de recuperación e promoción das nosas razas autóctonas, factor clave para a súa conservación

CELTA
CACHENA CALDELÁ FRIEIRESA
VIANESA
LIMIÁ
CABRA
GALEGA
OVELLA
GALEGA
GALIÑA DE MOS
PORCO

CONSERVACIÓN,

RECUPERACIÓN, PROMOCIÓN… E FORMACIÓN

Coa chegada do verán, dende a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA presentamos un novo número da nosa revista.

Comezamos esta décimo sexta edición de Autóctonas Galegas falando con Julio Feijóo, unha das figuras máis veteranas no traballo coas nosas razas e que recentemente asumiu, con ilusión e sentido da responsabilidade, o cargo de director de Fontefiz.

Así mesmo, e a raíz dos cambios á fronte da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, conversamos coa nova titular, María José Gómez, sobre a súa postura ante a necesidade de recuperación e preservación das autóctonas galegas, así como de cales serán as accións que se prevén para tal fin dende a consellería que agora dirixe.

No apartado técnico, incluímos as principais ideas extraídas dos webinarios sobre xestión de pastos e sobre as queimas pastorais, e a súa contribución ao réxime de lumes do Alto Minho, conferencias que estiveron a cargo de Xan Pouliquén e de Emanuel Oliveira, respectivamente.

Por suposto, boa parte desta edición está dedicada a reunir o noso paso polo cento de feiras, xornadas e actos nos que participamos acotío como parte dunha das accións clave para a conservación das nosas razas: a promoción. Nos últimos meses, demos charlas, fixemos publicidade en eventos, realizamos viaxes formativas, reunimos os nosos gandeiros… todo é pouco para avanzar nesta misión esencial que é a recuperación e visibilización das autóctonas galegas.

Por outra banda, volvemos unir forzas cos compañeiros da Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), os cales nos traen nesta ocasión dúas entrevistas, unha ao veterinario e consultor Pep Font e outra a Senén Barral, o responsable de comedores na Área de Innovación de Inditex, onde levan varios anos incluíndo nos menús derivados de razas autóctonas galegas. Con Asoporcel repasamos, ademais, a súa participación en feiras e recompilamos a súa presenza en medios e eventos diversos, ademais de afondar no proxecto de certificación e trazabilidade do Porco Celta no que están a traballar e de coñecer os pormenores da mesa redonda sobre as razas porcinas españolas, que tivo lugar durante a última edición da súa xornada técnica monográfica.

Como vedes, esta revista segue a ser un reflexo bastante fidedigno do que é o noso traballo diario, e no que non deixamos de combinar catro eixes de acción esenciais: a conservación, a recuperación, a promoción e a formación. Os nosos alicerces están claros e o noso compromiso con mantelos segue a ser firme.

EDITA:

FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA

Fontefiz, 32152, Coles (Ourense)

Teléfono: 634 54 86 00

Email: frag@boaga.es

Web: www.boaga.es

Presidente: Cástor José Rivero Martínez

Vicepresidente: José Manuel González Lamelas

Secretario-tesoureiro: Lisardo López Blanco

Vogais: M.ª Hortensia Alonso Alonso, Roberto Louzán Alonso, Francisco José Monasterio Solveira, Alberto Santín González e Fernando Bouzas Bentín

PRODUCE:

TRANSMEDIA Comunicación & Prensa

Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002, Lugo

Teléfono: 982 22 12 78

Email: transmedia@ctransmedia.com

Web: www.transmedia.es

Tiraxe: 2.000 exemplares

Depósito legal: LU 339-2007

SUMARIO

Julio Feijóo (director de Fontefiz)

María José Gómez (conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia)

Pep Font (SIP Consultors)

(Área de Innovación de Inditex)

WEBINARIO

Pacer non é levar vacas a unha pradeira. Claves básicas do pastoreo 16

As queimas pastorais e a súa contribución ao réxime de lumes do Alto Minho 18

PORCO CELTA

Transparencia, tecnoloxía e tradición: innovando e certificando a trazabilidade do Porco Celta 22

As razas porcinas autóctonas de España: primeira posta en común para unha futura unión 24

“O TRABALLO DE FONTEFIZ É UNHA REFERENCIA FÓRA DAS NOSAS FRONTEIRAS”

Julio Feijóo asumiu a finais de 2022 o cargo de director do Pazo de Fontefiz. Logo de colaborar coa entidade dende os anos 90 e acumular quince anos de experiencia como xefe de área do seu Centro de Recursos Zooxenéticos, xestiona esta responsabilidade con ilusión e retos por diante.

Como se produciu a súa chegada á dirección?

Propuxéronme asumir o cargo tras a xubilación de Cástor Rivero e aceptei de bo grado. Xestionar este centro é complexo, por iso é preferible que as persoas que acaden esta responsabilidade coñezan previamente as tarefas que se desenvolven aquí. Fontefiz aglutina tres funcións principais: atender un rabaño fundacional de aproximadamente 250 cabezas de gando vacún, dirixir a unidade de recuperación de Galiña de Mos (cunha actividade diaria pola posta en venda dos poliños dun día) e conservar e implementar o banco de xermoplasma. A maiores, as operacións rutineiras deben casar co

funcionamento dun servizo administrativo. Este é un dos centros públicos con peculiaridades, funciona as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Que supón para vostede traballar en Fontefiz?

En 1999 xa me contrataran oito meses para a posta en funcionamento das asociacións. A Frieirega foi a primeira en fundarse, constituída no concello ourensán da Mezquita. Sempre colaborei con Fontefiz e en 2009 culminouse un soño ao entrar na rutina dun centro de referencia e a casa de todos os criadores das razas autóctonas galegas. Asignáronme a praza de xefe de área, que se encarga

da supervisión do rabaño fundacional e do laboratorio de produción animal. Podemos sentirnos orgullosos, fóra das nosas fronteiras, cando se fala da recuperación de razas, o primeiro no que se pensa é en Galicia e no Pazo de Fontefiz.

Ata onde chega a implicación dos traballadores?

Todo o equipo se leva moi ben, somos discípulos do mestre don Paco Yebra (veterinario e exdirector do centro), que deixou a vida polas razas autóctonas e divisou o futuro. Somos conscientes de todo o esforzo realizado, coñecemos os primeiros gandeiros, erramos nalgúns momentos etc., todo o vivimos dende un lado persoal.

“A

RELACIÓN COS GANDEIROS É O OBXECTIVO DO NOSO TRABALLO, NON TEN SENTIDO TER UNHA RAZA NUNHA CÁNTARA”

Que importancia ten o Pazo?

Sen presumir de nada, en Fontefiz deseñouse a conservación das razas autóctonas galegas. Leva dedicado a esa función dende 1986. Primeiro, coas cinco razas de vacún, a partir do 2000, coa Ovella Galega e a Galiña de Mos e, en 2011, tamén coa Cabra Galega. Ademais, colaboramos con informes e permanecemos en contacto coas asociacións de Pura Raza Galega, de Porco Celta e de Can de Palleiro. Fontefiz é o responsable de que as razas autóctonas non desaparecesen.

Cal foi a clave da súa recuperación?

O número de cabezas bovinas que quedaban a finais dos 80 era ridículo. Aquí, entre 1976 e 1983, tiveron a visión de obter seme conxelado de machos bovinos destas razas. E este seme utilizouse no programa de conservación porque xa non existían bois vivos en pureza para realizar un plan viable.

Cambiou a morfoloxía das razas actuais con respecto aos exemplares de hai 30 anos?

Non se coñece a xenealoxía dos animais cando comezas a recuperar unha raza. Existían uns exemplares que reunían as características, pero sen ser puros no 90 % dos casos. Nese sentido, optamos polo conservacionismo. Aceptamos todos os animais que naceron no centro, agás os que non tivesen unha morfoloxía acorde coa raza.

A conservación foi a prioridade en todo momento?

Si. Nunca seleccionamos, todo o contrario, abrimos o abanico todo o que puidemos. Cando haxa 9.000 reprodutoras descartaremos; mentres, é unha excepción, xa que a conservación é o proceso inverso á selección.

Se buscas o prototipo ideal, desperdicias unha morea de xenes. Por exemplo, se do cruzamento dunha Limiá que posúe un 50 % dos xenes da raza nace unha cría cunha mancha máis clara e a descartas, desperdicias un 50 % dos xenes.

Como é a relación con Boaga e cos gandeiros?

A relación coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia é constante, diaria e extraordinaria, porque compartimos sede aquí no Pazo. Parte das nosas funcións consisten en vender os animais excedentes do rabaño. As peticións dos gandeiros recibímolas a través de Boaga, cos que realizamos os informes de consanguinidade previos entre as ganderías e os exemplares do centro. A Federación serve como instrumento para coordinarnos coas demandas dos criadores. Aquí saben que teñen a súa casa para facer reunións, cursos de formación etc. A nosa finalidade é procurar que estas razas se conserven e estean nas ganderías, que é o seu lugar. Esa relación é o obxectivo do noso traballo, porque non ten sentido ter unha raza nunha cántara.

Desta vinculación, que valoran máis os gandeiros?

Facemos unha achega fundamental en canto a sementais no gando vacún. Non cubrimos toda a demanda, pero saen aproximadamente 30 bois ao ano con destino ás explotacións. No tocante á Galiña de Mos, subministrámoslles aos criadores preto de 10.000 poliños cun día de vida, á parte duns 100 galos adultos. Ademais, no banco de xermoplasma dispoñemos de case 400 touros. Se hai algún gandeiro que precise disminuír a consanguinidade dalgún dos seus animais, sabe que aquí pode dispoñer de seme.

As ganderías precisan máis axudas? Dentro das nosas competencias, considero que non se poden queixar de Fontefiz porque o prezo das vacas, dos bois ou do seme que subministramos aos criadores é inferior á metade do prezo do mercado. No caso doutro tipo de subvencións, non son competente. As nosas razas reciben un apoio de 200 € por UGM. Unha das demandas que si comentan é que se poidan incorporar novos gandeiros aos plans que se elaboran a cinco ou sete anos.

Como é o día a día de traballo en Fontefiz?

Ocúpanos moitísimo tempo a xestión do gando vacún. Ao ter os apareamentos dirixidos, todos os rabaños se supervisan diariamente por se naceron novas crías, se algún animal caeu enfermo ou está en celo. Na parte administrativa encargámonos de xestionar toda a documentación. A maiores, necesítase de catro persoas no centro de reprodución para a obtención de seme con destino ao banco de xermoplasma. É un labor complexo, é necesario traballar con moita concentración e adestrar os bois. Precísase tamén destreza e perseveranza por parte dos propios traballadores do centro.

Por que son valorados os sementais de Fontefiz?

Polo manexo e a garantía sanitaria. Hai case corenta anos que non entra unha vaca de fóra. Ademais, o prezo de poxa é bastante accesible para os seus criadores porque a finalidade é que os gandeiros críen en pureza.

Aínda así, a actividade dos polos é a máis constante?

Por regra xeral, proporcionamos polos unhas 35 semanas das 52 que ten o ano. Depende de varios factores; por exemplo, o ano pasado ocorreunos unha desfeita porque unha doniña matou máis de 80 pitas. Levamos a cabo unha reposición e houbo meses sen crías.

“AS

AUTÓCTONAS SON ANIMAIS QUE SE DEFENDEN NO MEDIO”

Que puntos fortes destacaría das razas autóctonas?

A rusticidade e adaptabilidade ao medio. Dende finais dos 80, rexistramos uns 2.000 nacementos, en todo este tempo, os veterinarios atendemos tres partos, non teño constancia de mortes de nais ao parir nin practicamente hai documentados falecementos perinatais. As vacas paren no exterior e sen auxilio. O noso gasto de antibiótico ao ano é mínimo.

“A GANDERÍA É A RESPONSABLE DO PATRIMONIO PAISAXÍSTICO GALEGO”

Que lles aconsella aos gandeiros que piden información?

Sempre lles digo que non veñan buscando un Porsche Cayenne; este é o Land Rover de 30 anos que tes para subir ao monte cunha aixada e unha motoserra, fáltalle un asento, pero nunca te deixou tirado. Estes son animais que se defenden no medio.

É difícil que o Porsche e o Land Rover compartan garaxe na mesma casa. É posible que as razas autóctonas convivan con outras máis produtivas?

Ambas son perfectamente compatibles. Cando nos 90 se deseñaron os primeiros programas de cesión a gandeiros con animais excedentes do rabaño fundacional, as entregas obrigatoriamente

se realizaron en zonas locais, onde eran orixinarias as razas (as cinco na provincia de Ourense). Esta circunstancia complicaba a xestión e daquela non había unha estrutura tan definida entre a produción de leite e a de carne. Exercemos de visionarios cos gandeiros e anticipámoslles que a produción de carne se ía extensificar. Desde un principio apostouse pola gandería extensiva coas nosas razas como instrumento. O programa deunos a razón, aumentaron grazas a que se adaptaron coas súas boas aptitudes: baixos custos e aproveitamento de espazos próximos ao abandono.

En que medida as razas autóctonas axudan na conservación do medio?

Calquera delas son as mellores bombeiras posibles e as máis baratas. Non van apagar lumes, van procurar que non se produzan moitos e, no caso de que prendan, intentarán ter creado un cinto ao redor dos núcleos de poboación rural que exerza de cortalumes. Estes animais, polos seus baixos custos, son os axeitados para manter esa contorna limpa e produtiva, ademais de facilitar a biodiversidade.

De que maneira contribúen a unha maior diversidade de especies animais e vexetais?

En Fontefiz aínda cantan os paxaros; noutras aldeas xa non, porque non se cultiva. A gandería é a responsable do patrimonio paisaxístico galego, é produto da evolución da nosa historia. En Galicia o rural non era un método de produción, era unha forma de vida na que a gandería

era o 80 % do sustento do territorio, conformou a Galicia que nós coñecemos e que tanto lle gusta á xente. É un patrimonio que temos todos os galegos do que temos que estar moi orgullosos. Non significa que teñamos máis PIB, nin que baixe a inflación, pero é un tesouro incuantificable.

“AS

NOSAS RAZAS SON AS MELLORES BOMBEIRAS POSIBLES, E AS MÁIS BARATAS”

Que poden anticipar agora do que vai pasar no futuro?

Nos próximos anos, o 20 ou o 30 % das ganderías van desaparecer por falta de remuda ou rendibilidade. Hai que buscar a maneira de ocupar, con pouco custo e con beneficio, o chan que quede. A nosa teoría leva 30 anos vixente e, ata agora, cúmprese. As razas autóctonas van aproveitar espazos marxinais, as terras de peor calidade e as fincas abandonadas que non dispoñan de man de obra para atendelas. Sabemos que vai ser unha actividade secundaria para ocupar espazos que noutros momentos foran dedicados a alta produción e, polo que sexa, na zona ninguén absorbe ese terreo. A nosa obriga é ir pensando 10 ou 15 anos por diante, ás veces acertamos e outras non, pero, polo menos, intentámolo.

Entón, é optimista?

Si, porque estas razas van ser unha necesidade para evitar posibles incendios no excedente de chan que vai quedar no campo. Ademais, están avaladas pola calidade das producións e a forma de producir sa e ambientalmente moi compatible coas novas normas, circunstancia que cada vez vai ser máis valorada no mercado.

É posible a cría de razas autóctonas fóra de Galicia?

No caso do vacún, hai granxas rexistradas fóra de Galicia e manteñen colaboración coas asociacións de criadores. Estes animais rústicos adáptanse mellor aquí que ás condicións de seca de Castela-A Mancha. Pero hai casos en Burgos, León, Estremadura etc.

“O MÁIS RENDIBLE É QUE LLE VENDAS UN AÑO AO CARNICEIRO DA TÚA VILA E EL ESTEA ORGULLOSO DE COMERCIALIZAR OVELLA GALEGA“

Quen debe exercer de actor principal no momento de comercializar os derivados das razas autóctonas?

Na miña opinión, as asociacións de criadores fundáronse principalmente para que as ganderías mellorasen e obtivesen produtos en pureza. Hai unha gran diversidade de formas de comercializar, non creo que sexa a asociación de criadores a responsable da forma de venda; diso teñen que encargarse os gandeiros. Haberá quen produza en ecolóxico, para un local ou quen consiga colocar un poldro nun mercado italiano. De maneira global, ampáranse no logotipo 100 % Raza Autóctona, pero non se poden establecer grandes plans de comercialización, porque escasearía o produto. O ideal é que nas zonas de orixe se valore ese produto.

Valórase a maneira de producir?

Teño a teoría de que non se produce mal, non hai que meterse con ninguén para defender o dun. Eu afirmo que as nosas razas permiten producir en calidade, con baixos custos e en sitios onde as demais non serían capaces, pero un gandeiro que cría animais de carne nunha pradeira, coa súa corte e mamando na súa nai, estao facendo igual de san.

Cal é a forma para que as autóctonas afiancen o seu sitio no mercado?

A nosa marca de identidade é o que nos diferencia, hai campos de fútbol onde só nós nos atrevemos a xogar. Non hai nada máis rendible que ti lle vendas un año ao carniceiro da túa vila e que el estea orgulloso de comercializar Ovella Galega.

O prezo é máis elevado, pero sabes que ten unhas características determinadas. O resto das razas teñen que seguir existindo para que todos poidamos comer, pero eu teño que buscar a maneira de que o meu produto se coloque no mercado noutra valoración superior.

En que fase diría que se atopa o traballo de Fontefiz?

O centro debería aumentar a variabilidade do banco de xermoplasma. Témolo moi asegurado vía seme no gando vacún, pero debemos aumentar as reservas en todas as especies. A idea é comezar o ano que vén a almacenar seme de Galo de Mos. Logo deberiamos darlles un impulso ás doses de ovino e caprino. Pretendemos diminuír o tamaño do rabaño fundacional e centrarnos máis nos labores técnicos de ter máis xenes masculinos e femininos das razas. Iso garantiría definitivamente a súa presenza, ademais de axudar en proxectos de investigación para tipificar perfectamente as razas e realizar traballos máis científicos.

Hai remuda xeracional no sector veterinario?

Precisamos xente nova que dea a remuda nos vindeiros anos. A nivel profesional, Fontefiz sempre foi a casa dos veterinarios.

Isto foi un centro de selección de gando e de reprodución. Aquí naceu o primeiro animal documentado por inseminación artificial. Ademais, sitúase a sede da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia. Para nós é un orgullo que esta profesión vaia en paralelo coas ganderías de razas autóctonas.

Como ve o futuro das razas?

Desde un punto de vista normativo, unha raza considérase en perigo de extinción ata que non alcance as 7.500 reprodutoras. Non temos ese caso en ningunha das razas. A Cachena é a que máis censos ten e andará sobre as 4.000. Sendo un programa exitoso, non é homoxéneo en todas as razas nin en todas as especies. Temos as bases ben feitas, banco de xermoplasma, estruturas de criadores e difusión; estamos no camiño de afianzarnos, pero pode haber atrancos.

Están superados os prexuízos?

A día de hoxe as razas autóctonas son moito máis valoradas, xa se teñen en conta nas normativas, contamos cun apoio administrativo e social moito maior. Lembro, hai 30 anos, que as cesións de vacas aos gandeiros ían gratis e ríanse deles os veciños. Todo iso vencémolo e está superado. A xente

“NO BANCO DE XERMOPLASMA DEBEMOS AUMENTAR AS RESERVAS DE TODAS AS ESPECIES”

ten máis información, sabe cales son as virtudes das razas.

Soña con que algunha das razas deixe de estar en perigo de extinción ou ten outras prioridades?

Preocúpame máis que os gandeiros que puxeron a alma durante estes 30 anos vexan recompensado o seu labor de calquera das formas: monetaria ou socialmente. Co tempo, imos recuperar as razas e a etiqueta “en perigo de extinción” non deixa de ser unha cifra. Obviamente, gustaríame que saísen desa condición, pero é un camiño longo que non remata pasado mañá. Os que traballamos ao redor das asociacións sentímonos unha familia e estamos orgullosos de facer algo polo país e pola gandería.

MARÍA JOSÉ GÓMEZ

CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL DA XUNTA DE GALICIA

“AS RAZAS AUTÓCTONAS SON UN ELEMENTO ESENCIAL PARA SOSTER O NOSO TERRITORIO”

A nova conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia desprazouse ata Fontefiz para conversar con nós sobre as liñas de traballo da súa consellería no que ás razas autóctonas se refire, así como sobre as características destes animais nas que é necesario facer maior fincapé para atraer o interese tanto de posibles gandeiros como de novos consumidores.

Dende os inicios da Federación, o apoio da Administración foi esencial para poder desenvolver o proxecto de recuperación e conservación das razas autóctonas de Galicia. Cal debe ser a súa función para seguir nesta senda? Sabemos que a Xunta de Galicia ten un papel básico na recuperación das razas autóctonas; doutro xeito, ao mellor estarían perdidas. Lévase feito un traballo espectacular no que se refire á conservación, tanto das cinco razas de vacún como da Cabra Galega, a Ovella Galega, a Galiña de Mos, o Porco Celta ou mesmo o Can de Palleiro.

Dende a Administración somos conscientes de que as razas autóctonas son un elemento esencial para soster o noso territorio. Aquí, na provincia de Ourense, teñen un papel moi importante neste sentido e a Xunta debe seguir estando aí para continuar dinamizando a súa expansión.

É necesario salientar máis a utilidade destes animais para a preservación do noso medio? Sempre se pode incidir máis. Evidentemente, alí onde haxa gando, haberá un coidado natural do medio, xa que os

propios animais o manteñen limpo, e, se o territorio está traballado, haberá un menor risco de incendios forestais. Neste sentido, unha das novidades do Plan Preventivo de 2024 é un programa piloto para fomentar o silvopastoreo a través de gando propio, e nel faise especial fincapé nas razas autóctonas para a prevención de incendios forestais. Nesta estratexia tamén poñeremos en marcha axudas para que os gandeiros empreguen este tipo de rabaños contra o lume. O obxectivo é controlar a vexetación natural e fomentar o uso de gando en réxime extensivo en zonas estratéxicas.

En vídeo
“O

TRABALLO DE RECUPERACIÓN FEITO, NON SÓ DAS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS, SENÓN TAMÉN DO NOSO PATRIMONIO, É EXEMPLAR”

A fin de contas, todo isto é como unha pescada que morde a cola. Por iso, debemos promover esas actividades secundarias da gandería. Sempre digo que cada un é libre de escoller o que quere, pero se estás concienciado para manter limpas as túas propiedades, aínda que non as traballes, apostar por razas autóctonas é unha opción moi boa. Intentaremos fomentar máis esta vía.

A outra parte importante para a recuperación destas razas é o labor que se fai dende as asociacións. Como valora este traballo?

O traballo de recuperación feito, non só das nosas razas autóctonas, senón tamén do noso patrimonio, é exemplar. Logo a valoración sempre é boa, por suposto. Eu creo que xa hai un antes e un despois no que se refire á concienciación da xente en xeral, así como

á visión dos gandeiros respecto do traballo con estes animais como unha oportunidade.

As autóctonas teñen un valor engadido, ben é sabido que producen unhas carnes de excelente calidade, e así o ven cada vez máis os mercados. Xa é típico oír falar do excelente sabor da carne de Cachena, ou da Cabra Galega, por exemplo, e, para continuar avanzando, os gandeiros, e as súas respectivas asociacións, xogan un papel fundamental. Para iso, seguirán tendo o apoio da Administración, continuaremos traballando e colaborando con eles, como non pode ser doutro xeito.

Agora mesmo o sector en xeral, e as autóctonas en particular, sofren un grave problema de remuda xeracional. Como se debe traballar neste sentido?

A remuda xeracional é un problema non só na gandería e na agricultura,

senón en moitos outros sectores. Neste aspecto, o interesante das razas autóctonas é que pode ser unha actividade complementaria para moita xente que ten outros oficios. Persoas que, por exemplo, herdaron propiedades das que non viven, e que poden compaxinar os seus traballos coa introdución destas razas, que ofrecen unha maior liberdade á hora de manexalas. Estamos traballando nun plan de remuda xeracional máis amplo e ambicioso de cara a estes próximos anos, é algo no que dende a Xunta queremos incidir, sen descoidar o ámbito da promoción dos produtos autóctonos.

Como están traballando o eido da promoción?

Lévase feito moito e vaise seguir potenciando. Toda a promoción é pouca para vender a nosa excelencia alimentaria. Ben é verdade que o produto galego xa ten renome. Saes das nosas fronteiras e ves que a marca Galicia é sinónimo de calidade.

Estase facendo un grande esforzo por lles dar pulo ás nosas producións (o viño, as carnes, o leite…) baixo selos que promoven esa calidade diferenciada. Tamén se levan a cabo accións importantes a través de feiras, como a de Silleda; tentamos poñer en marcha en todas as cidades galegas unha gran feira de promoción do produto galego, non só con aqueles con denominación de orixe ou con IXP, senón tamén cos que se atopan baixo o paraugas de Artesanía Alimentaria e que son elaborados por produtores de toda Galicia. Ademais, dende a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) estase comezando cunha experiencia piloto: a posta en marcha dunha web onde os pequenos produtores poden poñer á venda os seus produtos. A Xunta de Galicia poñerá a base, esa páxina web,

e os produtores poderán comercializar directamente o seu produto e relacionarse con posibles compradores a través dela.

O acceso á base territorial, así como os medios para xestionala, é outros dos retos que afrontan os nosos criadores. Que medidas propoñen para facerlle fronte?

Como ferramenta para poñer en produción terras en estado de abandono e infrautilización, así como para fixar poboación no rural e favorecer a remuda xeracional, a Consellería do Medio Rural puxo en marcha en maio de 2021 a Lei de recuperación da terra agraria. Esta norma impulsou figuras como os polígonos agroforestais, as aldeas modelo, as permutas ou as agrupacións de xestión conxuntas.

Ademais de poñer en valor a terra e previr os incendios forestais, estes instrumentos facilitan o acceso á base territorial. O Banco de Terras tamén xoga un papel importante neste eido, xa que actúa como intermediario entre as persoas propietarias e aquelas que precisan terras para levar a cabo o seu proxecto agrícola ou gandeiro. Na actualidade, hai máis de 16.000 parcelas no Banco, das que o 75 % son propiedade da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

O obxectivo desta lexislatura é seguir avanzando con todas as ferramentas incluídas nesta norma e axilizar os procesos de concentración e reestruturación parcelarias abertos, que suman case 100.000 hectáreas. Por cada un que pechemos, abriremos un novo.

“POÑEREMOS AO SERVIZO DE GALICIA TODOS OS INSTRUMENTOS E FERRAMENTAS NECESARIOS PARA MOBILIZAR A TERRA, PERO É PRECISA A CONCIENCIACIÓN DOS PROPIETARIOS PARA MOVER ESES MARCOS E CONCENTRAR A TERRA”

Que problemas hai para o desenvolvemento desta norma?

A concentración parcelaria, a figura máis coñecida para recuperar a terra agraria, ten a desvantaxe do tempo, xa que o proceso adoita ser longo debido a que é moi garantista coa propiedade privada. Porén, hai outros instrumentos, como os polígonos, que son un pouco máis áxiles, e as permutas voluntarias por parte da propiedade do terreo para agrandar o minifundismo en Galicia. Debería haber maior concienciación de que, se é voluntario, é máis áxil e permite ver os resultados a máis curto prazo, que é o que todos queremos. Queremos unha Administración áxil, capaz de mostrar os froitos das súas decisións rapidamente.

Poñeremos ao servizo de Galicia todos os instrumentos e ferramentas necesarios para mobilizar a terra, pero é precisa a concienciación dos propietarios para mover eses marcos e concentrar a terra. A min nada me gustaría máis que isto fose voluntario. Faremos un esforzo para que a mobilización de terra sexa máis útil, máis produtiva e reduza os custos de produción, pero aínda hai moito traballo por facer, a maiores do que xa se leva feito.

Como lles beneficiará ás autóctonas a Estratexia de Dinamización do Sector Cárnico Galego para o período 2022-2030?

A Estratexia ten en conta varias liñas de actuación centradas na promoción e a recuperación destas razas. De cara ao 2030, preténdese promover a mellora xenética das autóctonas, así como a diferenciación da súa carne.

Así mesmo, espérase seguir implementando e afondando na mellora e consolidación deste eixe pasando claramente pola recuperación e promoción destes animais.

Teñen pensado algún cambio na PAC que poida axudar aos gandeiros destas razas?

Dentro das nosas competencias, apostamos sempre polo fomento das razas autóctonas. Con respecto á PAC, é importante lembrar que levamos meses demandando unha redución da burocracia que lles permita aos titulares das ganderías poder solicitar as axudas con trámites sinxelos.

Reclamamos tamén que os requisitos impostos polas liñas de axudas se adapten ás características de Galicia e ás do resto das comunidades autónomas da cornixa cantábrica.

Neste sentido, esperamos que Europa e o Goberno central sexan sensibles coas nosas peticións e que teñan en conta a calidade das nosas producións, incluídas aquelas vencelladas coas razas autóctonas.

En xeral, que perspectivas se marca, de cara a esta lexislatura, no que se refire ao traballo coas razas autóctonas de Galicia?

A mellora xenética é unha das nosas prioridades, e Galicia é un referente neste ámbito, grazas ao traballo desenvolvido por entidades como Fontefiz ou Xenética Fontao. Ademais, dende Medio Rural participamos en proxectos de investigación, a nivel nacional e europeo, no eido da gandería. Outro dos nosos obxectivos é, como xa comentaba, promover unha maior diferenciación na etiquetaxe dos produtos cárnicos con selo de calidade diferenciada.

“CANTA

MÁIS ACTIVIDADE

GANDEIRA HAXA, MÁIS BONITA E COIDADA ESTARÁ GALICIA”

A nosa intención é que os consumidores sexan máis conscientes e poñan en valor a orixe dos alimentos que mercan e todo o traballo que hai detrás da súa produción.

No que se refire á cabana gandeira autóctona, a perspectiva é que siga medrando, por suposto. A Xunta de Galicia seguirá a ser impulsora desas razas, pero, como diciamos ao principio, se non hai iniciativa privada, se non hai gandeiros, conservaranse, pero non medrarán. Entón temos que axudar a todos eses produtores que queiran introducir razas autóctonas na súa cabana gandeira, e así o faremos. O traballo coas razas autóctonas é unha maneira fantástica de manter o noso territorio. Canta máis actividade gandeira haxa, máis bonita e coidada estará Galicia.

“ESTAS REUNIÓNS SON FUNDAMENTAIS PARA QUE A XENTE SE DEA CONTA DA FORZA QUE TEN A COLECTIVIDADE”

O veterinario especializado en economía gandeira Pep Font foi un dos relatores da V Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia, organizada por Asoporcel no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Na súa charla abordou o rendemento económico das granxas porcinas, especialmente das máis pequenas.

En que se centra a túa área de traballo?

Son de orixe gandeira e, de formación, veterinario. En 1999 desenvolvemos un sistema de análise económica de explotacións que actualmente dirixo e que se chama SIP Consultors. Ofrecemos servizos en España, nalgúns países da contorna, como Italia ou Portugal, e tamén na parte de Europa do leste e nalgún país latinoamericano.

Estás dedicado ao sector porcino ou tratas máis ámbitos dentro da gandería? Eu soamente me dedico ao porcino, pero na nosa empresa tamén traballamos con outros animais, como as vacas de leite ou as aves poñedoras.

Na charla técnica falaches sobre o rendemento económico das granxas familiares pequenas. Cales son as claves para mellorar?

Destaco a importancia de rexistrar datos, xa que permiten ver como se está situado, é dicir, coñecer o rendemento, para, logo, tomar decisións. A rendibilidade destes negocios familiares non é fácil ao producir en pequenas explotacións. Isto agrávase polo contexto de competencia e as situacións de inflación. É importante que as persoas que están traballando nestas áreas teñan unhas nocións básicas do que é a economía.

Parece que xestionar datos para ser rendibles é algo pensado para grandes explotacións. Están preparadas as pequenas ganderías para isto?

É certo que o desenvolvemento que tivo a gandería intensiva foi moi importante e hai ferramentas pensadas para grandes granxas. Non obstante, para calquera explotación é fundamental ver se está xerando beneficios ou non. Non fai falta ter grandes equipos informáticos: simplemente con anotar información, os negocios pequenos poden saber onde están e tomar decisións de cara ao futuro.

Que che pareceron as temáticas tratadas na Xornada?

Participei por vez primeira e penso que estivo moi ben enfocada. Paréceme fantástico o feito de que participasen outras razas porcinas autóctonas españolas, iso deu unha visión de conxunto moi interesante. Agradézolle a Asoporcel que contase con nós. Oxalá que poidan axudar a que a xente reflexione sobre a importancia de ganar a vida no medio rural. Por desgraza, no país cada vez estamos vendo que hai menos sector primario e menos persoas vivindo no rural.

Que importancia cres que teñen este tipo de eventos?

É esencial ter entidades que nos permitan ver como os demais están traballando e aglutinar esforzos para que a xente se sinta máis reconfortada e poida compartir as súas experiencias. Asoporcel realiza un gran labor para que a xente se vexa, participe e se preocupe un pouquiño máis aló do que é o día a día. Xa temos 365 días ao ano un traballo de 24 horas, así que, de vez en cando, estas reunións son fundamentais para que a xente se dea conta da forza que ten a colectividade.

En vídeo

“O PORCO CELTA FOI A PRIMEIRA RAZA AUTÓCTONA COA QUE FIXEMOS UNHA COLABORACIÓN”

Dende o 2017, os comedores de Inditex ofrecen nos seus menús produtos derivados de razas autóctonas galegas. O seu responsable, Senén Barral, foi un dos relatores da V Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia, que contou coa asistencia de máis dun cento de persoas. No seu relatorio afondou na restauración sostible que levan a cabo dende a multinacional coruñesa.

En que consiste a túa área de traballo? É moi ampla. Dentro de Inditex o departamento de Innovación abarca restauración, embalaxes, servizos e mesmo enerxía. No que imos vendo, propoñemos melloras.

Por onde enfocaches a túa charla?

No relatorio falei da filosofía de traballo nos nosos comedores, isto é, de como unha empresa que necesita uns servizos como os que demandamos nós pode traballar man a man co sector primario e intentar facer mellor as cousas.

Cando comezastes a engadir nos vosos menús produtos de razas autóctonas? Os comedores de km 0 en Inditex empezaron a funcionar a finais de 2016 e a

mediados de 2017 xa estabamos engadindo razas autóctonas. O Porco Celta foi a primeira raza autóctona coa que fixemos unha colaboración.

Servides a miles de persoas a diario. É posible que unha raza autóctona en perigo de extinción dea de comer a tanta xente?

En Arteixo temos catro comedores e damos unhas cinco mil comidas ao día. Si é posible que unha raza autóctona dea de comer a tanta xente; sempre e cando se planifiquen as cousas. Para nós a ecoloxía é planificación. É moi fácil planificar se pos de acordo aos actores implicados: ao gandeiro e ao xestor en consonancia cos menús que queres ofrecer.

SENÉN BARRAL

RESPONSABLE DE COMEDORES NA ÁREA DE INNOVACIÓN DE INDITEX

Onde comeza o voso contacto cos gandeiros do Porco Celta?

No inicio do proceso. Son eles os que nos marcan os prazos. Pásanos co Porco Celta e co resto das razas. Para calquera tipo de prato, antes de nada, temos que coordinarnos cos gandeiros.

Por que Inditex se interesou en incorporar as razas autóctonas nos seus menús?

Realmente fixémolo porque somos conscientes de que estamos rodeados dun ecosistema que xa estaba antes ca nós. Temos que intentar garantir que se rexenere todo o que tiñamos. Baixo o noso punto de vista, equivocámonos nalgún momento no camiño e comezamos a consumir de maneira desordenada. Cremos que temos que dar uns pasiños para atrás e volver recuperar as boas prácticas.

Que valoración fas deste tipo de xornadas?

Para nós son importantísimas. Hai que facer ver que o sector primario é a clave do noso desenvolvemento. É esencial que haxa remuda xeracional e, para que exista, ten que compensar. Estas xornadas tratan de visibilizar todo o proceso da cría do Porco Celta para que a ninguén lle queden dúbidas de que isto pode ser rendible.

Que importancia lle dades vós, como demandantes do produto, a que cada vez haxa máis gandeiros que o ofrezan directamente?

É fundamental ordenar as canles de distribución, e que clientes coma nós, empresas e administracións, teñan o foco nas razas autóctonas. É un dos piares no que nos baseamos.

En vídeo

PACER NON É LEVAR VACAS A UNHA PRADEIRA. CLAVES BÁSICAS DO PASTOREO

É evidente: para producir carne en Galicia, debemos aproveitar os pastos. Pero só con iso temos o pastoreo máis eficiente e rendible? Pois non. Fai falta algo máis. Ese “algo máis” ten que ver co solo, coa herba, coas vacas e con como xestionamos todo isto. Analizámolo no seguinte artigo.

Xan Pouliquen Kerlau

Enxeñeiro agrónomo

Xestión Agrogandeira e Natureza SL

O primeiro elemento que debemos ter en conta é o solo. Basicamente, precisamos que as herbas se implanten, exploren ben o perfil do solo, se alimenten e atopen auga, é dicir, que precisamos un solo aireado, que evacúe os excesos de auga e, pola contra, conserve as reservas de auga cando peta o sol. Necesitamos un solo que non estea pisado nin compactado, e tamén precisamos que este solo estea vivo, con insectos, fungos e bacterias que van axudar precisamente a estruturalo. Iso vano facer incorporando ao solo e transformando as bostas das vacas e outra materia orgánica que poidamos achegar.

O segundo elemento son as herbas e, dentro delas, impórtanos fixarnos nas gramíneas, as de folla estreita. As gramíneas, cando as cortamos, volven crecer, por iso son moi interesantes como herbas forraxei-

ras perennes. Para medrar de novo despois dun corte, esas herbas utilizan as follas que lles quedan e usan tamén reservas que fixeron con antelación. O punto clave aquí está en que estas reservas non son suficientes para un rebrote ata que a planta tiña, como mínimo, tres follas. Que quere dicir isto? Que se cortamos unha planta con menos de tres follas de xeito repetido, o que imos facer é matala pouco a pouco.

Así mesmo, as gramíneas forraxeiras interesantes reprodúcense a través dos fillos que fan. Un fillo espigado morre e non fai máis fillos despois. De aí que non nos interese cortar plantas con espigas xa feitas.

Finalmente, debemos saber que as gramíneas, unha vez que fixeron tres follas nun fillo, sacan unha cuarta, pero, con iso, a primeira morre, o que significa que, cando

temos tres follas desenvolvidas, non precisamos agardar máis para cortar, xa que o prado non vai facer máis follas totais.

O terceiro elemento do pastoreo son as vacas, as cales non han gastar máis

O PUNTO CLAVE AQUÍ ESTÁ EN QUE ESTAS RESERVAS NON SON SUFICIENTES PARA UN REBROTE ATA QUE A PLANTA TIÑA, COMO MÍNIMO, TRES FOLLAS. QUE QUERE DICIR ISTO? QUE SE CORTAMOS UNHA PLANTA CON MENOS DE TRES FOLLAS DE XEITO REPETIDO, O QUE IMOS FACER É MATALA POUCO A POUCO

En vídeo

dun terzo do seu día para comer, haxa o pasto que haxa, de aí que, cun pasto moi pequeno, que precisa de máis bocados e máis tempo para cada bocado, os animais van comer menos. O que vai pasar tamén se a herba é demasiado grande. En definitiva, os animais deben comer unha herba nin moi baixa nin moi alta.

As vacas pisan o terreo e, en consecuencia, son un factor de compactación. Canto máis espazo teñen á súa disposición, máis van dar voltas no pasto e entón máis van pisar.

Ás vacas gústanlles a herba o máis tenra posible, polo que comen primeiro as puntas da herba e despois van rebaixando o pasto. Os brotes máis novos, os que acaban de saír xusto aos 2-4 días dun corte, son especialmente atractivos.

As herbas son cada vez menos dixeribles canto máis envellecen. Unha cantidade de herba tenra alimentará os animais moito máis que a mesma cantidade de herba espigada. Mirando o conxunto dunha pradeira, conforme pasa o tempo, máis herba imos ter, certo, pero tamén máis vella será, e entón menos capacidade de facer leite e carne terá. A combinación destas dúas observacións leva a concluír que, a partir do momento en que vemos as primeiras espigas, o prado no seu conxunto acadou o seu tope de capacidade de produción de leite ou carne. De alí non ganamos nada en agardar máis. Non, nin para herba seca... A herba perenne hai que usala antes de que espigue.

Con estas pinceladas, xa podemos formular unhas ideas fundamentais para facer un pastoreo moito máis eficiente que só botar unhas vacas nun prado. Son as chamadas “Leis de Voisin”, por se escoitades o nome algunha vez. Din o seguinte:

1. Debemos deixar descansar o pasto entre corte e corte (a dente ou sega). Se non o facemos, o pasto non ten tempo de repoñerse e, entón, estámolo matando pouco a pouco. Canto tempo de descanso entre dous usos? Por tema de efecto repelente das bostas, en todo caso, nunca menos de 12 días de descanso. O tempo de descanso mínimo dependerá do clima, pero a base son tres follas. Non se debe entrar nun pasto se as gramíneas que nos interesan non teñen xa tres follas. Ás veces precisaremos de 15 días de descanso do pasto, outras veces de tres meses...

2. Debemos permanecer en cada parcela un máximo de tres días. Se estamos máis tempo, os animais volven a comer os brotes novos, polo que non hai descanso da herba. O tempo calcúlase desde que entramos na parcela, é dicir, se avanzamos con fío de pastor de diante, aínda que abramos un anaco novo a diario, o tempo de permanencia na parcela contarase dende o primeiro día que entramos nela.

3. Hai unha altura óptima de pastoreo para o aproveitamento máximo do pasto. Cal é este óptimo? Desde as tres follas ata que vexamos as primeiras espigas.

4. Canto menos tempo esteamos na parcela, máis produtividade terán os animais.

Todo isto dá lugar a diversas técnicas de uso dos pastos, todas centradas na idea de ir rotando parcelas en función de como está a herba. Pero todas con varios puntos en común:

• Os animais poden estar un máximo de tres días nunha mesma parcela. Unha parcela grande con alimento para máis días debe ser dividida en varias subparcelas con acceso independente a auga.

• O pasto debe descansar entre dous cortes ata que as gramíneas de interese teñan de novo un mínimo de tres follas.

• A herba débese cortar, a dente ou sega, entre as tres follas e a saída das primeiras espigas.

• O peor para o pasto é ter poucos animais moito tempo nunha parcela grande.

ÁS VACAS GÚSTANLLES A HERBA O MÁIS TENRA POSIBLE, POLO QUE COMEN PRIMEIRO AS PUNTAS DA HERBA E DESPOIS VAN REBAIXANDO O PASTO. OS BROTES MÁIS NOVOS, OS QUE ACABAN DE SAÍR XUSTO AOS 2-4 DÍAS DUN CORTE, SON ESPECIALMENTE ATRACTIVOS

Concluímos con dúas ideas que adoitan escandalizar moito, pero que son pura realidade; ben o sinto:

Unha: parte da seca que temos non é falta de auga per se, senón que se debe a que matamos os nosos prados. Somos moito más sensibles á seca porque non pacemos ben.

Dúas: se temos “malas herbas”, é culpa nosa. Non é que as herbas compitan co prado, non, non... é que matamos o prado, entón métense esas herbas non oportunas. A perda dos prados, a necesidade de renovalos, son consecuencia de xestionar mal o pastoreo.

AS QUEIMAS PASTORAIS E A SÚA

CONTRIBUCIÓN AO RÉXIME DE LUMES DO ALTO MINHO

Neste artigo reflexiono sobre a importancia de tomar decisións adecuadas por parte das institucións á hora de levar a cabo a práctica de lume prescrito para acadar, principalmente, tres obxectivos: conservar as paisaxes rurais, reducir a vulnerabilidade territorial ás alteracións climáticas e minimizar os riscos asociados.

As habilidades para producir, controlar e utilizar o lume foron determinantes na evolución da especie humana desde os albores da humanidade. A primeira era enerxética comezou hai máis de 300.000 anos, cando a humanidade empezou a utilizar a enerxía do lume queimando biomasa. Co control desta poderosa enerxía, os humanos moldearon o seu territorio e a si mesmos como individuos a nivel físico, cognitivo e social. O uso do lume cambiou as paisaxes, o que permitiu o xurdimento e desenvolvemento das sociedades cazadoras-colectoras. Foi un factor determinante na creación e expansión das sociedades pastorís durante o Neolítico.

A presenza humana no territorio portugués, así como en Galicia, sempre implicou un uso continuo do lume para xestionar a paisaxe. Esta foi modelada

A

polo lume asociado a prácticas tradicionais dentro dun arraigado e complexo sistema agrosilvopastoral, desenvolvido e mellorado de xeración en xeración.

PIRODIVERSIDADE, É DICIR, A MEMORIA DO LUME PRECEDENTE QUE CREA PATRÓNS ESPACIAIS MÁIS HETEROXÉNEOS E DE GRAN MÁIS FINO NA VEXETACIÓN LIMITA O DESENVOLVEMENTO DE GRANDES INCENDIOS NOS LUGARES ONDE AS QUEIMAS PASTORAIS SON COMÚNS EN PORTUGAL

Queimas pastorais en Valença (E. Oliveira, 2017)
En vídeo

Dende o Neolítico ata o século XIX, o lume acompañou a agricultura e o pastoreo, inicialmente itinerantes e máis tarde rotativos, xerando paisaxes culturais. As paisaxes culturais son, por tanto, o resultado das actividades de xestión de recursos de diferentes sociedades e a evolución da paisaxe foi dirixida polas sociedades que se converteron en dominantes nos diferentes períodos.

O Alto Minho (fronteira con Galicia) é unha das rexións europeas máis afectadas polos incendios. Moitos destes teñen a súa orixe na xestión das matogueiras atlánticas e, aínda que son ilegais, a miúdo non se extinguen de forma activa. Os lumes asociados ás queimas pastorais dominan o réxime de lume en certas paisaxes do Alto Minho, expresando a persistencia das devanditas prácticas tradicionais de uso do lume para a xestión dos pastos, particularmente onde existe gandería extensiva en maior cantidade.

A cantidade de gando diminuíu substancialmente en gran parte do Alto Minho entre 1999 e 2019, continuando as tendencias a longo prazo, que comezaron na década de 1940. A perda de gando e as restricións legais cada vez máis represivas sobre o uso do lume por parte das comunidades locais poden reducir as queimas pastorais, sobre todo de baixa intensidade e pouca gravidade, o que contribúe potencialmente ao aumento da superficie perturbada por incendios grandes e graves, coma nas parroquias costeiras e occidentais da rexión do Alto Minho. A pirodiversidade , é dicir, a memoria do lume precedente que crea patróns espaciais máis heteroxéneos e de gran máis fino na vexetación limita o desenvolvemento de grandes incendios nos lugares onde as queimas pastorais son comúns en Portugal.

O estudo recente para a rexión do Alto Minho (https://doi.org/10.3390/ fire6050210) permitiu identificar que: (i) menos gando equivalía a máis incendios forestais estivais e menos incendios dende o outono ata a primavera, pero a tendencia viña determinada sobre todo polos extremos superior e inferior da cantidade de gando, e (ii) que a presenza de máis gando aumentaba a superficie total queimada. De feito, as relacións entre o lume e o gando respondían a patróns aínda máis complexos.

O MANTEMENTO DOS LUMES DENDE O OUTONO ATA A PRIMAVERA ESTÁ CONDICIONADO AO SISTEMA PRODUTIVO DA GANDERÍA EXTENSIVA E AMBAS TEÑEN UN PAPEL CONSIDERABLE NA CONSERVACIÓN DA PAISAXE, MODELANDO O MOSAICO DE UCEIRAS E A DISTRIBUCIÓN DE ESPECIES E HÁBITATS DE INTERESE PASTORIL OU DE CONSERVACIÓN, COMA O LOBO IBÉRICO

A partir da análise dos datos obtidos verificouse que, aínda que as queimas pastorais son máis frecuentes cando as matogueiras ocupan unha maior fracción da paisaxe, o feito de que haxa máis matogueiras na paisaxe non implica que haxa máis gando e máis queimas pastorais. Do mesmo xeito, a alta probabilidade de queima por incendios forestais do verán limítase a niveis de gandería baixos ou intermedios, pero pode coincidir con altos niveis de queima pastoral.

Así, esta investigación permitiu constatar que a percepción común de que as queimas pastorais son a causa principal do aumento dos graves incendios estivais carece de fundamento. Os lumes pastorais prodúcense no inverno ou preceden á estación de choivas a principios de outono, cando o lume se propaga con maior eficacia en matogueiras dominadas por especies pobres en combustible morto, a saber, Cytisus sp. (pers. observ.). O

mantemento dos lumes dende o outono ata a primavera está condicionado ao sistema produtivo da gandería extensiva e ambas teñen un papel considerable na conservación da paisaxe, modelando o mosaico de uceiras e a distribución de especies e hábitats de interese pastoril ou de conservación, coma o lobo ibérico.

A prohibición do uso do lume para a renovación dos pastos por parte da comunidade non impide que se utilice ilegalmente, como demostran exemplos doutras rexións do mundo. Por exemplo, as comunidades, coma as das parroquias de Castro Laboreiro e Lamas de Mouro (fronteira con Entrimo) víronse obrigadas a adaptar o uso do lume, abandonando a práctica de “pastorear o lume” (como se di localmente) e de vixialo. No seu lugar, elixiron días con condicións meteorolóxicas e de humidade do combustible propicias para a súa autoextinción. Pero estes lumes poden converterse en importantes

Queima prescrita para renovación de pastos en Arcos de Valdevez (E. Oliveira, 2014)

incendios forestais en condicións meteorolóxicas máis propensas e para as condicións clandestinas nas que levan a cabo tratando de fuxir da lei e da burocracia.

Os constrinximentos a que están actualmente suxeitas as queimadas para renovación dos pastos levan ao uso de “lume proscrito”, que, por veces, escapa e esixe accións de extinción. Nunha época en que a xestión do lume é cada vez máis desafiada polas mudanzas globais, os usuarios tradicionais do fogo deben ser activamente envolvidos e os seus coñe -

cementos aproveitados, en vez de seren marxinalizados polos organismos de xestión do territorio e polas axencias de resposta a emerxencias.

Finalmente, é importante recoñecer que erradicar o lume das paisaxes non só é imposible, senón tamén indesexable. As políticas que defenden a exclusión total dos lumes están, na verdade, a seleccionar os incendios forestais maiores e máis destrutivos, en vez de xestionar incendios de baixa intensidade que cumpran os obxectivos de xestión do territorio e formen parte

A ACTUAL PRÁCTICA DO LUME INSTITUCIONAL (PRESCRITO) NON É ADECUADA ÁS NECESIDADES DAS COMUNIDADES LOCAIS

de ecosistemas sustentables. Así mesmo, a actual práctica do lume institucional (prescrito) non é adecuada ás necesidades das comunidades locais.

Tendo en conta estes factores agravados, é responsabilidade dos suxeitos decisorios con coñecementos técnicos ou funcións políticas considerar coidadosamente que tipo de lume debe ser mantido para conservar as paisaxes rurais, reducir a vulnerabilidade territorial ás alteracións climáticas e minimizar os riscos asociados.

Queimas pastorais en Valença (E. Oliveira, 2017)
Queima prescrita para renovación de pastos en Melgaço (E. Oliveira, 2021)

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AUTÓCTONAS GALEGAS 2024

1. Participantes: poderán participar unicamente os criadores socios dalgunha das Asociacións de criadores integradas na Federación de Razas Autóctonas de Galicia polo tanto, o concurso realizarase sobre as razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos

2. Temática: “AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS NO SEU ENTORNO”.

3. As fotografías deberán realizarse, preferentemente, sobre unha única raza, das sinaladas no punto anterior, con técnica libre.

4. Obras: cada autor ou autora poderá presentar ata un máximo de 5 fotografías, en branco e negro, sepia ou color.

5. Presentación: as fotografías presentaranse en formato dixital, e entregaranse no correo electrónico FOTOGRAFIA2024@BOAGA.ES indicando os datos completos da autoría das imaxes.

6. Prazo de admisión: ata o 15 de setembro de 2024.

7. Xurado: será nomeado polos servizos veterinarios da Federación de Razas Autóctonas de Galicia, participando nel veterinarios da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e, en todo caso, con experiencia na recuperación e conservación de Recursos Zooxenéticos Autóctonos.

8. A decisión do xurado será inapelable. O xurado resolverá ante os posibles imprevistos existentes. O fallo do xurado comunicarase durante o mes de outubro.

9. Premios: haberá un máximo de dous premios por raza, que se entregarán na celebración das asembleas anuais das asociacións de criadores, a celebrar no mes de maio de 2025. AS FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS FORMARÁN PARTE DO CALENDARIO DAS RAZAS AUTÓCTONAS 2025.

10. Dereitos de autor: as fotografías, quedarán en propiedade da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. A propiedade intelectual e autorías serán sempre do autor/a. A Federación fará exposicións fotográficas cunha selección das fotografías participantes. Tamén poderá empregalas en diversas publicacións, citando o nome do autor da imaxe.

11. Aceptación das bases: a participación neste concurso implica a aceptación das bases.

RECOMENDACIÓNS PARA A TOMA DE IMAXES

Todas as imaxes deberán estar en formato horizontal e sacadas coa mellor resolución posible (isto é importante para a posterior producción do calendario 2025). A calidade debe ser HD, con 300 píxeles por pulgada a un tamaño de 32x24 cm

Evitar sacar fotos moi escuras ou con demasiada claridade (queimadas pola luz).

Ollo ao contrazul, o foco de luz debe estar sempre detrás da persona que saca a foto.

Evitar fotos desenfocadas ou borrosas.

Intentar colocar o elemento máis importante da foto no centro do encadre.

TRANSPARENCIA, TECNOLOXÍA E TRADICIÓN: INNOVANDO E CERTIFICANDO A TRAZABILIDADE DO PORCO CELTA

Mediante Asopqrcel, un proxecto financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) está traballando no futuro da agricultura cun obxectivo claro: a total transparencia “do campo á mesa” para a raza autóctona Porco Celta.

Utilizando a tecnoloxía blockchain e códigos QR, Asoporcel está a desenvolver un sistema de trazabilidade que pretende garantir a autenticidade e calidade do produto, ao mesmo tempo que busca redefinir a interacción entre consumidores, retailers e produtores. Mediante esta innovadora iniciativa, impúlsase a economía local, á vez que se protexe o medio ambiente e se mellora a experiencia dos consumidores.

INNOVACIÓN E SOSTIBILIDADE

Asopqrcel, un proxecto liderado por Asoporcel, e financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, aspira a redefinir a cría do Porco Celta fusionando tradición e tecnoloxía. O obxectivo principal é transformar a cadea de produción da raza autóctona

Porco Celta mediante sistemas avanzados de trazabilidade, comportamento animal e índices de biodiversidade, garantindo así a calidade, a seguridade alimentaria e un impacto ambiental positivo.

UN EQUIPO MULTIDISCIPLINAR

O proxecto conta coa colaboración da Fundación Terreo, a startup galega Innogando, a cooperativa Tres Fuciños e o centro tecnolóxico Ibader da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén participan como entidades subcontratadas a consultora de Innovación Medrar Innovation Office, a empresa de desenvolvemento de software Pyramis e Transmedia, que colabora na difusión do proxecto, achegando cada unha a súa experiencia no sector.

Asoporcel, con máis de dúas décadas de experiencia na promoción da raza Porco Celta, lidera o grupo co seu coñecemento en xenética e manexo gandeiro. A Fundación Terreo, dende o seu enclave rural en Ribeira de Piquín, ofrece un enfoque de cría en pastoreo que respecta o medio ambiente e revitaliza a economía local; Innogando lidera o desenvolvemento do dispositivo “crotal intelixente”; Tres Fuciños ten un papel clave na comercialización e axuste ás demandas do mercado, e Ibader contribúe coa súa capacidade de análise científico, avaliando o impacto ambiental das prácticas gandeiras e axudando a implementar técnicas de produción sostibles.

INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

NO CAMPO

O núcleo da innovación do proxecto radica na implementación de tecnoloxías como blockchain e códigos QR para crear un sistema de trazabilidade desde a granxa ata o consumidor final. Esta metodoloxía é fundamental para combater o fraude no etiquetado e permítelles aos consumidores acceder a información veraz e detallada sobre a orixe e a cría do produto.

UNHA ESTRATEXIA DE TRAZABILIDADE INTEGRADA

A trazabilidade completa lógrase mediante etiquetas intelixentes que acompañan cada peza de carne desde o animal na granxa ata o produto final no supermercado. Cada etiqueta incorpora un código QR único que, ao ser escaneado polos consumidores, revela información detallada sobre a alimentación, o manexo e o procesamento do animal. Este nivel de detalle fortalece a confianza dos consumidores e enriquece a súa experiencia de compra, o que lles facilita tomar decisións informadas sobre os alimentos que consomen.

TECNOLOXÍA AO SERVIZO DO CAMPO

O corazón tecnolóxico do proxecto radica no uso de blockchain , unha tecnoloxía descentralizada e segura que proporciona unha base de datos inmutable e transparente. Cada paso do proceso de cría e produción queda rexistrado permanentemente na cadea de bloques, o que garante que a información sexa accesible e verificable en tempo real. Os produtores poden identificar e actuar rapidamente ante calquera problema no ciclo de produción, asegurando así unha eficiencia e calidade constantes.

MEDIANTE ESTA INNOVADORA

INICIATIVA, IMPÚLSASE A ECONOMÍA LOCAL, AO TEMPO QUE

SE PROTEXE O MEDIO AMBIENTE E SE MELLORA A EXPERIENCIA DOS CONSUMIDORES

IMPACTO ECONÓMICO E EXPANSIÓN DE MERCADO

Implementar un sistema de trazabilidade robusto ten un impacto directo no valor de mercado do Porco Celta. Os produtos que poden demostrar claramente a súa orixe e calidade mediante tecnoloxía recoñecible e fiable tenden a prezos máis altos no mercado, o que beneficia tanto a produtores como a distribuidores e impulsa a economía local.

UN FUTURO SOSTIBLE E TRANSPARENTE

Máis aló dos beneficios económicos, este proxecto representa un modelo sostible de produción alimentaria. A trazabilidade completa permite unha xes -

tión máis eficaz dos recursos e reduce o desperdicio, aspectos críticos na loita contra o cambio climático e a degradación ambiental. A longo prazo, esta iniciativa promove prácticas agrícolas responsables e apoia a conservación dunha raza autóctona, contribuíndo á biodiversidade e ao patrimonio cultural de Galicia.

Con este proxecto, Asoporcel sitúase á vangarda da innovación na agricultura, combinando tradición e tecnoloxía para garantir un futuro máis claro e sostible para os agricultores locais e redefinir a relación entre produtores e consumidores nunha era onde a transparencia alimentaria non só é desexada, senón esixida.

AS RAZAS PORCINAS AUTÓCTONAS DE ESPAÑA: PRIMEIRA POSTA EN COMÚN PARA UNHA FUTURA UNIÓN

No desenvolvemento da V Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia, celebrouse unha mesa redonda entre os voceiros de cinco das asociacións de razas porcinas minoritarias en España. Repasaron a súa traxectoria, debateron sobre rendibilidade e normativas e puxeron as primeiras ideas para crear unha federación a nivel estatal.

“Presente e futuro das razas porcinas minoritarias en España”, ese foi o lema escollido por Asoporcel para reunir por primeira vez a cinco das asociacións de razas autóctonas de porcino españolas. O evento celebrouse en novembro de 2023 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo dentro da V Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia.

No encontro participaron Agustín Fernández, representante de Criadores Asociados de Chato Murciano (Cachamur); Moisés Noval, presidente da Asociación de Criadores de Gochu Asturcelta (AGCA); Fidel Pérez, representante da Asociación de Criadores de Cochino Negro Canario; Pere Antoni Company, representante da Associació de Ramaders de Porc Negre Mallorquí, e María Cruz Castro, representante da Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta (Asoporcel).

Á cita asistiron máis dun cento de persoas, feito que subliñou o canario Fidel Pérez, “sorprendido porque houbese tanta xente”. Durante a xornada, os distintos representantes presentaron o estado actual das súas razas autóctonas coa súa evolución dende as últimas décadas do século XX.

A asociación de máis recente creación é Cachamur. Logo de dúas entidades predecesoras, constituíuse en 2022 e andan na procura de tramitar o selo 100% Raza Autóctona para o Chato Murciano. Contan con catorce gandeiros asociados e unhas 300 femias reprodutoras. A Asociación de Criadores de Gochu Asturcelta é a entidade máis ligada a Asoporcel. De feito, o seu presidente, Moisés Noval, remarcou que “o Gochu é primo irmán do Porco Celta, moi similar á variedade barcina”.

Dende finais da década dos 90 está catalogado o Cochino Negro Canario. A iniciativa partiu das administracións e de varios gandeiros que “se lanzaron a piscina”, subliñou Fidel Pérez. Contan cunhas 600 femias reprodutoras. A sobrasada e a ensaimada son os grandes estandartes que permitiron colocar no mercado ao Porc Negre Mallorquí. “Conseguimos que a sociedade de Mallorca teña a raza como parte da súa identidade e cultura”, subliñou Company. Baixo o paraugas desta asociación creada en 1989 están unhas 60 explotacións que teñen de media 25 reprodutoras.

A Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta xogou na casa nesta reunión. A súa representante María Cruz Castro puxo en valor o traballo realizado para o posterior nacemento da asociación en 1999: “Rescatáronse exemplares que tiñan nas aldeas para realizar a ceba

naqueles sitios nos que se resistían a perder o sabor desa raza”. Asoporcel ten rexistrados uns 4000 exemplares de Porco Celta, entre os que destacan unhas 500 nais reprodutoras e uns 100 machos.

RENDIBILIDADE DAS EXPLOTACIÓNS

A maneira de ganar a vida a través dunha explotación de porcino de raza autóctona foi o tema central da mesa redonda. O murciano Agustín Fernández ten claro que “para que sexa rendible hai que facer todo o proceso: a cría, o sacrificio, a transformación e a venda ao consumidor final”.

Con todo, dende a asociación canaria non son partidarios de que a única idea posible sexa chegar ao final da cadea. “Hai que contar coas industrias ou crealas, e iso require unificación do sector. O diñeiro entra no mostrador da carnicería ou na mesa dun restaurante. De aí, cara ao campo, temos que facer que chegue a parte xusta. Vai haber tamaños de produción que non van ser un medio exclusivo de vida. O importante é que cada fase da produción teña un prezo razoable”, argumentou.

Pola súa parte, o asturiano Moisés Noval incidiu na necesidade de facer labor pedagóxico, xa que “a sociedade é a que ten que recoñecer que existe un beneficio para o medio e que iso repercuta no prezo”. Nesta liña, o balear Pere Antoni Company foi contundente: “Hai que dicir a palabra ‘exclusivo’. Quen o queira, que o pague”.

Cruz Castro subliñou que do Porco Celta existe “máis demanda que oferta”. Non obstante, “as ganderías pequenas teñen problemas porque non poden competir en reducir custes de produción”, apuntou.

PROFESIONALIDADE

No contexto da rendibilidade, todos os voceiros coincidiron na necesidade de asociarse para ser máis profesionais e competitivos. “A maneira de escalar a economía para os pequenos é xuntarse para facerse grandes”, destacou Moisés Noval. Neste sentido, dende Asoporcel, Cruz Castro subliñou que “se o gandeiro soubese cando e cantos porcos ten que subministrar e se o comprador coñecese cando e de canta mercancía vai dispoñer; sería o idóneo”, a sabendas de que “cando tes moitas granxas pequenas son moitas persoas ás que poñer de acordo”.

“O GANDEIRO TEN QUE TOCAR A TECNOLOXÍA PARA TRABALLAR CON MÁIS EFICIENCIA”

Company tamén aproveitou para comentar a necesidade de formar os gandeiros: “Hai moita tecnoloxía e o gandeiro ten que empezar a tocala para traballar con máis eficiencia”. Puxo de exemplo unha innovación en selección que desenvolveron en Mallorca: “Estamos sacando porcos de 140 kg mirando o espesor da graxa dorsal. Ao medir este valor, decidimos se o animal vai para facer sobrasada ou para carne”.

AMEAZAS

No encontro, os oradores tamén amosaron a súa preocupación polas ameazas do sector, como a peste porcina africana. “Corremos un grave risco de desaparecer”, remarcou Agustín Fernández. O asturiano Moisés Noval, deulle importancia á tarefa de “facer negociacións e buscar solucións coas administracións para facer fronte a todo isto”.

A cría en Asturias é similar a galega. Moisés argumentou que “o vector desta enfermidade é o xabaril, e a fauna silvestre depende das administracións”. Afirmou que “somos os máis interesados

en conservar a raza, pero non podemos pechar unha finca dun perímetro de 6 km”. Neste sentido, Cruz Castro engadiu que “encontrar o equilibrio entre a normativa e a realidade é difícil. Conséguense cousas, pero pouco a pouco”.

UNHA FEDERACIÓN ESTATAL

Debido a que este foi o primeiro encontro que realizaron cinco das asociacións porcinas minoritarias en España, xurdiron as primeiras valoracións para crear unha entidade estatal que as agrupase. “Conseguir aglutinar todos os que temos menos voz é imprescindible para lograr cambios e excepcionalidades a favor”, comentou Fidel Pérez.

Á espera de que esta sexa a primeira pedra para un asociacionismo máis forte, o encontro xa serviu para sentar unhas bases. Como apuntou Pere Antoni Company, “non é só producir, producir e producir; hai que ter en conta a estratexia que debemos seguir”. Cruz Castro de Asoporcel concluíu que “a unión fai a forza, polo que este foi un primeiro paso que deberiamos volver a repetir”.

Cruz Castro
Moisés Noval
Pere Antony Company
Agustín Fernández
Fidel Pérez

UNHA PARELLA DE GALIÑAS VISITOU OS NOVOS POLIÑOS DO CEIP DE RIOTORTO

Os nenos e nenas do colexio lucense de Riotorto tiveron o 5 de maio de 2023 unha xornada de pleno coñecemento da raza Galiña de Mos. Por unha parte, asistiron ao nacemento de novos poliños. Logo da incubación dos ovos, comezaron a nacer as crías que continuaron medrando grazas a unha lámpada de calor que se instalou nunha das aulas. Ademais, o alumnado puido ver e tocar unha parella de Mos que os foi visitar. O director técnico de Avimós, Diego Rois, e o presidente da asociación, Francisco Monasterio, levaron un galo e unha galiña adulta de paseo polo centro riotortego.

EN VALDOVIÑO NACERON POLIÑOS A CARÓN DOS MÁIS PEQUENOS

O 5 de maio de 2023 non foi un día calquera para os integrantes do Colexio Público Infantil de Atios, situado no concello coruñés de Valdoviño. Os máis pequenos viron como nacían os poliños da raza Galiña de Mos. Logo de poñer vinte ovos na incubadora, tras 21 días, finalmente saíron once pitiños. Despois de coñecer o proceso de incubación e cría da man do director técnico de Avimós, Diego Rois, varios alumnos e alumnas levaron estas crías para coidar nos seus galiñeiros.

QUINCE POLIÑOS ROMPERON A CASCA NA CORUÑA

O 9 de maio de 2023 viñeron ao mundo novos poliños no CEIP Ramón de la Sagra, situado no centro da cidade da Coruña. En total, foron quince as crías que finalizaron o seu proceso de incubación coa súa saída ao exterior da casca. Os nenos e nenas deste colexio coruñés puideron ter entre as súas mans os poliños e tamén tiveron a oportunidade de ver dous exemplares adultos que acompañaron a Diego Rois e a Francisco Monasterio.

AS RAZAS AUTÓCTONAS, NA PRESENTACIÓN ‘DA ESCOLA Á GRANXA’

Asistimos á presentación da segunda edición do programa ‘Da Escola á Granxa’. Celebrouse o 9 de maio de 2023 no Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla), situado no concello lucense de Láncara. A iniciativa foi impulsada pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo e foi exposta pola deputada Mónica Freire. Ao acto acudiron tamén granxeiros e granxeiras e representantes das ANPAS que xa participaran na primeira edición. Este proxecto levou os escolares lucenses

a ganderías, explotacións agrícolas e entidades relacionadas co sector primario na provincia. Os alumnos e alumnas realizaron actividades divulgativas e de educación ambiental, como os labores de cultivo, o manexo do gando ou a elaboración de produtos. Este programa tamén contou coa colaboración dos Bolechas. A serie infantil de libros en galego sacou á luz un novo título dentro da súa colección, Os Bolechas da escola á granxa , no cal transmiten as premisas deste proxecto educativo a través das aventuras da familia.

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS ASISTIRON Á XX EDICIÓN DE RAIGAME

O Día das Letras Galegas, tivemos un stand promocional das razas autóctonas galegas na Romaría Etnográfica Raigame. Esta celebración da parroquia ourensá de Vilanova dos Infantes (Celanova) chegou á súa vixésima edición e homenaxeou os canteiros. Centos de persoas visitaron o núcleo medieval deste lugar, que, cada ano, exalta os oficios e as diversas formas de ocio máis tradicionais. Entre os asistentes difundimos o coñecemento sobre as nosas razas autóctonas e repartimos material publicitario. O evento está declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.

NACERON NOVOS POLIÑOS EN SARRIA ANTES DE FINALIZAR O CURSO

O 2 de xuño de 2023, os nenos e nenas do colexio Frei Luis de Granada da vila lucense de Sarria puideron presenciar en directo o nacemento de poliños da raza Galiña de Mos. Tras tres semanas de incubación en maio, as crías saíron á luz no último mes do curso escolar. Neses días, os alumnos realizaron diversas actividades sobre as aves, en especial afondaron no coñecemento das galiñas. Pintaron e describiron as súas partes principais, ademais de poñerlles nome ás súas características elementais: un animal ovíparo, terrestre e omnívoro.

Semana Verde 2023

AS AUTÓCTONAS GALEGAS, PROTAGONISTAS NA SEMANA VERDE 2023!

A BELEZA PRÉMIASE!

Coma cada ano, as Autóctonas Galegas volveron destacar durante a celebración da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia 2023, cuxa 45.ª edición tivo lugar en Silleda do 8 ao 11 de xuño. Durante estes días, organizáronse os concursos das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos con exemplares procedentes de distintos puntos de Galicia.

Dende a Federación queremos agradecerlles aos criadores participantes o seu esforzo, porque sen eles esta feira agrogandeira non sería o mesmo. GRAZAS!

Reprodutoras de catorce ganderías das razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa demostraron a alta calidade xenética e morfolóxica dos animais.

Participantes no V Concurso Morfolóxico da Raza Frieiresa:

José Rodríguez Teijeiro, de Ganadería Armental (Begonte, Lugo)

Roberto Louzán Alonso (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra)

Gonzalo Seoane Prado (Vilalba, Lugo)

Participantes no VII Concurso Morfolóxico da Raza Limiá:

Jesús Pardal Castro (Rois, A Coruña)

David López García (Cervo, Lugo)

Participantes no VIII Concurso Morfolóxico da Raza Caldelá:

Juan M. Lage Cid (Maceda, Ourense)

Alejandro Salvatierra Fernández (A Pontenova, Lugo)

Roberto Louzán Alonso (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra)

Participantes no IX Concurso Morfolóxico da Raza Vianesa:

Roberto Lago Lago, de Ganadería Martelo (Outes, A Coruña)

María Concepción Gómez Fernández (Maceda, Ourense)

Participantes no X Concurso Morfolóxico da Raza Cachena:

M.ª Rebeca Yáñez Candamil, de Gandería Tras do Río (Ortigueira, A Coruña)

Marco Vázquez López (Ourol, Lugo)

José Antonio Liñares Rey, de Finca A Ferreira (Val do Dubra, A Coruña)

María Carmen Álvarez Álvarez, de Cachenas de Pantón (Pantón, Lugo)

Fernando López García (Mondoñedo, Lugo)

Como novidade expúxose un macho de raza Cachena propiedade de Mario Nogueira Rodríguez (Quiroga, Lugo).

Semana Verde 2023 AS GALARDOADAS FORON…

V CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA FRIEIRESA

1.º premio

2.º premio

3.º premio

1.º premio

2.º premio

3.º premio

1.º premio

2.º premio

3.º premio

1.º premio

2.º premio

3.º premio

1.º premio

2.º premio

3.º premio

Parabéns a todos!

Festa, de José Rodríguez Teijeiro, de Ganadería Armental (Begonte, Lugo)

Fanática, de Roberto Louzán Alonso (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra)

Carmiña, de Gonzalo Seoane Prado (Vilalba, Lugo)

VII CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ

Pacheca, de Jesús Pardal Castro (Rois, A Coruña)

Lixosa, de David López García (Cervo, Lugo)

Lágrima, de Jesús Pardal Castro (Rois, A Coruña)

VIII CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ

Cebada, de Alejandro Salvatierra Fernández (A Pontenova, Lugo)

Cabaza, de Roberto Louzán Alonso (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra)

Ceboleira, de Juan M. Lage Cid (Maceda, Ourense)

IX CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA VIANESA

Vitureira, de Roberto Lago Lago, de Ganadería Martelo (Outes, A Coruña)

Vivi, de María Concepción Gómez Fernández (Maceda, Ourense)

Muralla, de Roberto Lago Lago, de Ganadería Martelo (Outes, A Coruña)

X CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CACHENA

Solfa, de M.ª Rebeca Yáñez Candamil, de Gandería Tras do Río (Ortigueira, A Coruña)

Truana, de José Antonio Liñares Rey-Finca A Ferreira (Val do Dubra, A Coruña)

Mosca, de María Carmen Álvarez Álvarez-Cachenas de Pantón (Pantón, Lugo)

Semana Verde 2023

Pacheca, de Jesús Pardal Castro (Rois, A Coruña)
Cebada, de Alejandro Salvatierra Fernández (A Pontenova, Lugo)
Vitureira, de Roberto Lago Lago, de Ganadería Martelo (Outes, A Coruña)
Festa, de José Rodríguez Teijeiro, de Ganadería Armental (Begonte, Lugo)
Solfa, de M.ª Rebeca Yáñez Candamil, de Gandería Tras do Río (Ortigueira, A Coruña)
RAZA FRIEIRESA
RAZA CALDELÁ
RAZA LIMIÁ
RAZA CACHENA
RAZA VIANESA

III CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA OVELLA GALEGA

Este ano as reprodutoras de dous criadores da provincia de Ourense foron as protagonistas. Femias brancas e negras procedentes das explotacións de Manuel Teijeiro Castillo, de Xinzo de Limia, e de David González Rojo, de Nogueira

Semana Verde 2023

de Ramuín, participaron no III Concurso Morfolóxico da Raza Ovella Galega. Sen dúbida, os seus currais foron parada obrigatoria para todos os asistentes.

OS AFORTUNADOS NA SECCIÓN FEMIAS FORON…

1.º premio

2.º premio

3.º premio

David González Rojo, de Finca A Tellada (Nogueira de Ramuín, Ourense)

Manuel Teijeiro Castillo, de Montes de Boado (Xinzo de Limia, Ourense)

David González Rojo, de Finca A Tellada (Nogueira de Ramuín, Ourense)

III CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CABRA GALEGA

Nove femias procedentes das ganderías coruñesas de José Antonio Liñares Rey (Val do Dubra), Jaime Elías Fernández Sanjurjo (Cerdido) e Dolores García Sánchez (Toques) participaron este ano no III Concurso Morfolóxico da Raza Cabra Galega.

OS AFORTUNADOS NA SECCIÓN FEMIAS FORON…

1.º premio Jaime Elías Fernández Sanjurjo (Cerdido, A Coruña)

2.º premio Dolores García Sánchez (Toques, A Coruña)

3.º premio

José Antonio Liñares Rey, Finca A Ferreira (Val do Dubra, A Coruña)

GRAN PARTICIPACIÓN NO 8.º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS

Semana Verde 2023

Un total de 21 criadores procedentes das catro provincias galegas participaron este ano nun campionato no que se engloba o concurso por lotes e o monográfico do Galo e a Galiña de Mos. Os exemplares de José M. Garrido Jiménez (A Estrada, Pontevedra), Álvaro Rodríguez Rodríguez (Mos, Pontevedra), Óscar Rodríguez Otero (Mos, Pontevedra), Remedios Noche Lozano (Vilalba, Lugo), Ramón Vázquez Fernández (Monforte de Lemos, Lugo), Gonzalo Rodríguez Lamblín (Monforte de Lemos, Lugo), M.ª Carmen Fernández Barros (Betanzos, A Coruña), Francisco José Monasterio Solveira (Vilalba, Lugo), Alejandro Collazo Casal (Mos, Pontevedra), Lourdes Mulet Abeledo (Lalín, Pontevedra), Jesús Manuel Soneira Ramos (O Saviñao, Lugo), José Luis Freire Castedo (Pol, Lugo), José Zapata Sánchez (Castro de Rei, Lugo), Sandra López López (Láncara, Lugo), Beatriz Canto Edrosa (Castro de Rei, Lugo), Óscar Miranda Gómez (Cospeito, Lugo), José Rodríguez González (Lalín, Pontevedra), M.ª Luisa Rodríguez Rodríguez (Cartelle, Ourense), José Ramón Cillero Ferro (Vila de Cruces, Pontevedra), Asociación ASPAS (Santiago de Compostela, A Coruña) e Carlos Alberto Pampín Otero (Vila de Cruces, Pontevedra) destacaron pola súa alta calidade xenética.

Na 10.ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DA GALIÑA DE MOS , no que se valoraban os lotes formados por tres galiñas e un galo, os gañadores foron:

1.º premio Lote de José Luis Freire Castedo (Pol, Lugo)

2.º premio Lote de Óscar Rodríguez Otero (Mos, Pontevedra)

3.º premio Lote de José Zapata Sánchez (Castro de Rei, Lugo)

No XIV CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS , no que se escollían os mellores exemplares valorados individualmente, os gañadores na categoría de galos foron:

1.º premio Galo de José Luis Freire Castedo (Pol, Lugo)

2.º premio Galo de Óscar Rodríguez Otero (Mos, Pontevedra)

3.º premio Galo de José Zapata Sánchez (Castro de Rei, Lugo)

E, na categoría de galiñas , os galardóns recaeron en:

1.º premio Galiña de Carlos Alberto Pampín Otero (Vila de Cruces, Pontevedra)

2.º premio Galiña de José Luis Freire Castedo (Pol, Lugo)

3.º premio Galiña de Óscar Miranda Gómez (Castro de Rei, Lugo)

UN ANO MÁIS, MERCADO DE AVES VIVAS

Sandra López (Láncara, Lugo) e Mari Luz Gómez (Ordes, A Coruña) montaron un mercado de aves vivas en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, no que se venderon exemplares con idades comprendidas entre un e catro meses. O resultado foi, coma sempre, todo vendido!

TAPIRAZAS, CITA CON SABOR DE RAZA

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga presentou un ano máis o Restaurante TapiRazas , no que se ofreceron tapas elaboradas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción e co selo de calidade 100% Raza Autóctona.

Durante os catro días de feira, os asistentes tiveron ocasión de probar distintos pratos con produtos das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mos, Porco Celta e Poldro de Pura Raza Galega, elaborados polo equipo do cociñeiro Antonio Díaz Calvo. Como de costume, superáronse as previsións e demostrouse que a elaboración artesá e as fórmulas tradicionais non están enfrontadas coa innovación.

Semana Verde 2023

Sandra López (Granxa Aeiroá)
Mari Luz Gómez

RECEITAS COA NOSA ETIQUETA GOURMET !

Minihamburguesa 100% tenreira de raza Vianesa con salsa de cebola caramelizada e queixo Galmesano

Semana Verde 2023

Empanada de zorza de raza Porco Celta e pementos asados e afumados
Galo de raza Galiña de Mos confitado ao alliño
Cordeiro de raza Ovella Galega asado no forno con patacas asadas ao romeu
Croquetas de chicharrón de raza Porco Celta
Carne ao caldeiro de tenreira das razas Cachena, Caldelá e Vianesa
Callos de tenreira de raza Cachena
Entrecosto das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa e Limiá con chips de vexetais
Posta de tenreira das razas Cachena, Caldelá e Frieiresa ao mencía
Pan Bao de agulla estufada de raza Frieiresa con salsa de castañas
Ovos rotos de raza Galiña de Mos con xamón de raza Porco Celta
Cabrito de raza Cabra Galega asado ao forno en dúas coccións con patacas ao romeu
Escalopiño de poldro de Pura Raza Galega 100% R.A. con salsa de queixo D.O. Tetilla
Carbonara das razas Cachena, Caldelá e Vianesa á cervexa con castañas
Guiso de xarrete das razas Cachena, Caldelá e Frieiresa con ñoquis de pataca
Costela das razas Cachena, Caldelá e Frieiresa afumada e asada en dúas coccións

“DE NÓS A VÓS”, UN SELO 100% RAZA AUTÓCTONA!

“De nós a vós” é un espazo habilitado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga no Salón de Alimentación do Atlántico da Semana Verde (Salimat) para que os produtores das distintas razas autóctonas se reúnan e compartan experiencias sobre produción, marca comercial, posibilidades culinarias e estratexias de comercialización e, sobre todo, para que teñan a oportunidade de tratar directamente co consumidor.

Once foron os criadores que nos acompañaron nesta edición:

• O Agro, de Roberto Louzán, con produtos de raza Frieiresa.

• Cachenas de San Breixo, de Jordi Anguez Grases, con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos.

• Granxa Aeiroá , de Sandra López López, con produtos da raza Galiña de Mos.

• Gandería Tras do Río , de Mª Rebeca Yáñez Candamil, con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos.

Semana Verde 2023

• Gandaría e Carnicería Lage , de Juan Manuel Lage, con produtos das razas Caldelá e Galiña de Mos.

• Granxa Castro de Madrosende , de María José Castro Abonjo, con produtos da raza Galiña de Mos.

• Aves do Concello, de Francisco José Monasterio Solveira, con produtos da raza Galiña de Mos.

• Churras da Caneira , de Lourdes Mulet Abeledo, con produtos da raza Galiña de Mos.

• Montes de Boado, de Manuel Teijeiro Castillo, con produtos das razas Cachena e Ovella Galega

• Ganadería Balín , con produtos da raza Limiá.

• Gandería e Carnicería Mario Nogueira , de Mario Nogueira, con produtos das razas Cachena e Frieiresa.

Así mesmo, tamén se atopaba no recinto feiral Nando López (Celtagal), con produtos de raza Cachena. Sen dúbida, trátase dun lugar ideal para probar o produto e levalo despois para a casa!

Gandería Tras do Río
Granxa Castro de Madrosende
Cachenas de San Breixo
Granxa Aeiroá
Gandaría e Carnicería Lage
O Agro

Semana Verde 2023

GRAN DIFUSIÓN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN!

Cómpre sinalar que as razas autóctonas nesta edición da Semana Verde tamén tiveron cabida nos medios de comunicación. Conversamos sobre a presenza da federación nesta feira con equipos de programas da Televisión de Galicia como Quen anda aí e Labranza; coa Televisión Española, con Noticias Galicia e con A tarde, da Radio Galega.

COLABORACIÓN UN ANO MÁIS NO CONCURSO DE TORTILLAS!

Tamén no marco da Feira Semana Verde de Galicia se celebrou o concurso popular de tortillas organizado pola DOP de Aceite de Baena coa colaboración de Avimós, do Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia e do Consello Regulador Pan de Cea. Os nosos ovos participaron… e triunfaron!

Churras da Caneira
Gandería e Carnicería Mario Nogueira
Ganadería Balín
Aves do Concello
Montes de Boado

A CACHENA, UN LUSTRO DE FESTA NO GROVE

O 18 de xuño de 2023, a Comunidade de Montes de San Vicente do Grove organizou a quinta edición da Festa da Vaca Cachena. O evento tivo lugar en Con da Hedra, pertencente ao concello pontevedrés do Grove. Xuntáronse máis de 160 persoas para degustar empanada e carne ao caldeiro de raza Cachena. Ademais, o menú tamén incluíu polbo, sobremesa, café e licores. Os comuneiros grovenses decidiron incorporar a Cachena hai dez anos para manter limpos de maleza os seus montes e diminuír o risco de incendio. Neste lugar con vistas ao Atlántico, os animais pastan nunha superficie dunhas 300 hectáreas.

A OVELLA GALEGA, PRESENTE NA 13.ª ANDAINA DE ARMARIZ

O concello ourensán de Nogueira de Ramuín acolleu unha nova edición da Andaina de Armariz. Esta actividade realizouse o 5 de agosto de 2023 e contou coa Gandería Finca A Tellada de Ovella Galega como unha das organizadoras. Diferentes entidades doaron agasallos para un sorteo e os participantes foron

obsequiados con material publicitario das razas autóctonas galegas. A camiñada tivo un percorrido de 12 km tras partir do Souto do San Ramón. Para participar foi necesario inscribirse previamente cun pago de 7 €; parte do prezo foi destinado á Asociación de Crohn y Colitis Ulcerosa de Ourense (ACCU).

OS ÚLTIMOS POLIÑOS DO CURSO 2022/23 NACERON EN LUGO

O colexio Fingoi da cidade de Lugo foi o último centro escolar do curso 2022/23 no que romperon a casca novos poliños da raza Galiña de Mos. En total, foron nove as crías que naceron antes de rematar o período lectivo. Os nenos e nenas viviron con grande expectación a chegada destes pitiños, xa que levaban 21 días seguindo o proceso con detalle tras poñer os ovos na incubadora. Puideron tocalos e acaricialos nos seus primeiros minutos de vida fóra da casca do ovo.

AS

AUTÓCTONAS DEIXÁRONSE VER NA FEIRA DE ANO DE GOMEÁN

O 13 de agosto de 2023, celebrouse na parroquia lucense de Gomeán (O Corgo) a Feira de Ano de Gomeán, a terceira edición dende que foi recuperada. Estivemos presentes cun stand con material publicitario, asesoramento sobre as nosas razas e varias ganderías realizaron unha exposición de animais vivos. Con respecto ao gando vacún, a explotación Cachenas O Antoxo exerceu de anfitrioa na súa localidade. Os seus animais estiveron acompañados polas caldelás de Alejandro Salvatierra (Neipín, A Pontenova) e as frieiresas de Gonzalo Seoane (Oleiros, Vilalba). Ademais, houbo representación da Raza Cabra Galega e Ovella Galega da man da Gandería Soli (Alfoz). Tamén se deixou ver a Galiña de Mos a través dos exemplares de Sandra López (Láncara).

A Feira estivo organizada pola Asocia ción de Veciños O Salgueiriño e foi especial, xa que se cumprían 100 anos da festa orixinal de gando desta parroquia. A maiores da nosa exposición, levouse a cabo unha demostración de oficios artesanais, venda de produtos de proximidade e degustación de carne de Cachena.

A LÁ E A OVELLA GALEGA VOLVERON IR DA MAN EN CABANAS

O pavillón Lavandeira do concello coruñés de Cabanas acolleu a 13.ª edición da Fía da Lá. O 2 de setembro de 2023 participamos neste evento cun stand e moita información sobre a raza e, por suposto, tamén sobre a lá. A cita foi organizada pola Asociación de Mulleres Cabanas Rural, entidade que dinamiza varias accións neste municipio da comarca do Eume. Ao longo da xornada impartíronse obradoiros, mostráronse traballos, realizáronse sorteos e a música tradicional amenizou os asistentes.

PONTEAREAS ACOLLEU A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA NA FEIRA DOS REMEDIOS

A Feira Tradicional dos Remedios alcanzou a súa 14.ª edición. O 9 de setembro de 2023 as razas Galiña de Mos e Ovella Galega asistiron a este evento no concello pontevedrés de Ponteareas. O criador Alejandro Collazo acudiu con exemplares da Galiña de Mos, mentres que Álvaro Rodríguez levou animais da Ovella Galega. Con esta feira, a vila ponteareá volve cada ano ao século XX e a grande actividade comercial que tiña antano. Durante a cita, as persoas presentes puideron gozar dunha ampla variedade de postos de exposición e venda de produtos ecolóxicos e artesanais.

A GALIÑA DE MOS, A OVELLA GALEGA E O PORCO CELTA, EN RADIO LUGO

Representantes das razas autóctonas Galiña de Mos, Ovella Galega e Porco Celta foron entrevistados o 14 de setembro de 2023 en Radio Lugo Cadena Ser, na sección “Primeiro o primario” do programa Hoy por hoy. O motivo principal da súa participación nas ondas foi que estes animais estaban sendo protagonistas en La Vuelta a España. Dentro da proba ciclista máis importante das estradas españolas, levouse a cabo unha campaña de promoción da marca ... E para Comer, Lugo , impulsada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (Apehl). Diversos produtos derivados das razas autóctonas formaron parte do stand gastronómico. “Se temos un produto cerca, non o valoramos tanto, pero se ese produto vai fóra e volve máis caro, comprámolo de mellor gana”, declarou nos micrófonos de La Ser Iván Rodríguez, director técnico de Asoporcel. Para Francisco Monasterio, presidente de Avimós, estes “son produtos que se fan moi pouco a

pouco, non estamos masificados e a calidade é exquisita”. Con todo, a directora técnica de Asovega, Silvia Adán, puxo o foco nun dos problemas do sector: “Estamos pasando uns anos complicados. Hai xente nova que está montando ganderías, pero non grandes explotacións”, comentou.

MOSTRA DE CALDELÁ E VIANESA NO CONCURSOEXPOSICIÓN DE CASTRO CALDELAS

O concello ourensán de Castro Caldelas celebrou o 10 de setembro de 2023 a 26.ª edición do Concurso-Exposición de gando bovino. As razas autóctonas formaron parte do evento, que contou coa presenza de exemplares de Caldelá e Vianesa, ademais da Rubia Galega, e no que participaron as ganderías Escuadro SC, Carmen Fernández Fernández, Ganadería Pedrouzos SC, María Concepción Gómez Fernández, José Antonio González Álvarez, Eloy Pérez Fernández e Manuel Yáñez González. Foron moitos os premiados e a xornada completouse cun desfile de carros e xugadas para poñer en valor o patrimonio inmaterial ligado á gandería.

A GALIÑA DE MOS

TAMÉN CHEGOU Á META DE LA VUELTA

O 15 de setembro de 2023 asistimos á saída da 19.ª etapa de La Vuelta a España, que partiu do concello leonés de La Bañeza. Participamos na promoción da carne de Galiña de Mos, visible no stand da marca ... E para Comer, Lugo, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl). Ao longo de todo o percorrido da proba ciclista, produtos derivados das razas autóctonas galegas foron protagonistas no expositor da Asociación lucense que difundiu a súa calidade e excelencia.

A DEFENSA DAS RAZAS AUTÓCTONAS E DO RURAL, NA APERTURA DO CURSO ACADÉMICO

O noso presidente, Castor José Rivero Martínez, impartiu o 21 de setembro de 2023 un relatorio con motivo da apertura do curso académico na Facultade de Veterinaria en Lugo. A exposición titulouse As razas autóctonas na recuperación do rural galego. Realizou unha gran defensa do rural de Galicia como produtor de alimentos cara ao mundo urbano. Ademais, fixo especial fincapé na influencia que están a ter as nosas razas no fomento da autoestima dos produtores. Asistiron diversos representantes da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, que organizou o encontro.

A CACHENA E A GALIÑA DE MOS FORON DE FEIRA A TRIACASTELA

A gandería Cachenas de San Breixo exerceu de anfitrioa na undécima edición da Feira de Artesanía e Produtos da zona celebrada o 23 de setembro de 2023 no concello lucense de Triacastela. A explotación de Jordi e Mirella conta con exemplares de Cachena e Galiña de Mos.

No seu stand do evento repartiron información sobre as nosas razas. Cachenas de San Breixo sitúase na montaña de Lugo, en Triacastela e aos pés do monte Oribio. Trátase dunha gandería familiar que selecciona os mellores animais para salvagardar a raza e producir de forma natural e artesanal.

ASISTIMOS Á TERCEIRA EDICIÓN DE ‘L DE LUGO’, A FESTA DAS DISTRIBUIDORAS LUCENSES

A última fin de semana de setembro de 2023 participamos na terceira festa das distribuidoras galegas, evento catalogado como feira gastronómica. A cita celebrouse no recinto feiral de Expolugo e contou con criadores das razas autóctonas Cachena e Galiña de Mos, por medio das ganderías Cachenas de San Breixo e Granxa Aeiroá. Foi un pracer ter a oportunidade de difundir as nosas razas nun dos encontros gastronómicos de referencia no noroeste peninsular.

DIFUNDIMOS AS RAZAS AUTÓCTONAS NA RADIO LUGO SER

Volvemos á radio o 4 de outubro de 2023 para participar no programa Hoy por hoy da Radio Lugo Cadena Ser, que nesta temporada iniciou a sección “Primeiro o primario”, na que falan protagonistas do noso sector. O motivo foi darlles detalles da Feira Expolugo, que contou con exposición e concursos das razas autócto -

nas galegas, ademais dun desfile de gando autóctono polas rúas de Lugo, que se celebrou en plenas festas do San Froilán. No espazo radiofónico interviñeron Diego Rois, veterinario de Avimós; Cruz Castro, veterinaria de Asoporcel; Sandra López, da Granxa Aeiroá, e Adrián Sixto, da Finca A Rega.

AS RAZAS AUTÓCTONAS, DE PASARELA NO

SAN FROILÁN

O 6 de outubro de 2023 celebrouse polas rúas do centro de Lugo o tradicional desfile de gando no segundo día das festas do San Froilán. A este paseo sumáronse varios dos nosos criadores, todos ben caracterizados con roupa de época e acompañados de exemplares das súas razas.

A Galiña de Mos estivo representada con animais de Sandra López, Francisco Monasterio e Noel Freire; Elba Cordero levou a Cabra Galega e Luis Fernández a Ovella Galega. O bo tempo favoreceu que os nosos animais chamasen a atención dos veciños e visitantes da cidade.

AS NOSAS RAZAS, EN EXPOLUGO 2023

No marco do San Froilán, do 6 ao 8 de outubro de 2023 o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolleu unha nova edición da Mostra Agrogandeira Expolugo. No evento tivo lugar unha exposición das nosas razas autóctonas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa e Limiá, ademais de exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega. Unha das atraccións do encontro foi o oitavo Concurso de Exposición Monográfico Provincial da Raza Galiña de Mos. Na categoría de galiñas, o gañador foi José Luis Freire Castedo (Pol) e, na categoría de galos, o primeiro premio levouno Luis Fernández Fernández (Riotorto). Na exposición participaron Luis Fernández Fernández, con exemplares de Ovella Galega; Granxa Teixeiro e Pistón, con animais de Cabra Galega; Marco Vázquez, con Cachena; Lembraeco SC Jonathan e Xoraida, con Caldelá; Gonzalo Seoane, con Frieiresa, e David López, con Limiá. Ademais, Sandra López de Aeiroá trouxo uns poliños de Mos cunha semana de vida.

VIII CONCURSO EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO PROVINCIAL DA RAZA GALIÑA DE MOS

1.º premio José Luis Freire Castedo (Pol)

AS AUTÓCTONAS XERAN EXPECTACIÓN NA VEIGA

O concello ourensán da Veiga celebrou o 14 e o 15 de outubro de 2023 a feira Crianza Trevinca. Estivemos presentes xunto con Asoporcel na exposición de gando, maquinaria agrícola e postos de produtos locais e de artesanía. Participaron tamén a gandería Escuadro SC, con animais de raza Caldelá, e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), con animais de Ovella e Cabra Galega. A gandería de Mario Nogueira sumouse ás xuntas de bois de raza Cachena.

CATEGORÍA DE GALIÑAS

CATEGORÍA DE GALOS

2.º premio Sandra López López (Láncara)

3.º premio Beatriz Canto Edrosa (Castro de Rei)

1.º premio Luis Fernández Fernández (Riotorto)

2.º premio José Luis Freire Castedo (Pol)

3.º premio Sandra López López (Láncara)

PRETO DE 1.000 PERSOAS ASISTIRON A EXPO-DEGUSTACIÓN DA GALIÑA DE MOS NO SEU LUGAR DE ORIXE

A pesar de que o tempo non acompañou, o 29 de outubro de 2023 case un milleiro de persoas acudiron á 12.ª edición da Expo-Degustación Galiña de Mos. O evento foi organizado na parroquia lucense onde se comezou o proceso de recuperación desta cría, San Xiao de Mos (Castro de Rei). No transcurso da xornada celebrouse o 9.º Concurso Comarcal da Raza Galiña de Mos-San Xiao de Mos. Na categoría de galiñas, o primeiro premio foi para Luis Fernández Fernández, de Riotorto, mentres que na de galos o

primeiro galardón recaeu nas mans de José Luis Freire Castedo, de Pol. Os premios foron entregados polo alcalde do concello de Castro de Rei, Francisco Balado, e polo deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo, Daniel García. O concurso contou co apoio da Área de Vicepresidencia e de Medio Rural da Deputación de Lugo. Por primeira vez, participamos co espazo de divulgación das razas autóctonas galegas, que incluíu unha degustación dos manxares da Galiña de Mos e tamén xogos populares e actuacións musicais.

CATEGORÍA DE GALIÑAS

1.º premio Luis Fernández Fernández (Riotorto)

2.º premio José Carlos Silvosa Piñeiro (Castro de Rei)

3.º premio Francisco Monasterio Solveira (Vilalba)

CATEGORÍA DE GALOS

1.º premio José Luis Freire Castedo (Pol)

2.º premio Sandra López López (Láncara)

3.º premio Beatriz Canto Edrosa (Castro de Rei)

CATEGORÍA DE LOTES

ALUMNOS DO IES DE MELIDE RECIBIRON UNHA CHARLA SOBRE AS RAZAS AUTÓCTONAS

Estudantes do Instituto de Educación Secundaria do concello coruñés de Melide tiveron unha sesión técnica sobre as razas autóctonas galegas en perigo de extinción. O veterinario de Boaga Davide Outeiro impartiu a charla, na que os alumnos e alumnas estiveron moi pendentes.

O COLEXIO DE PRADO EN LALÍN ACOLLEU O NACEMENTO DE NOVOS POLIÑOS DE MOS

En outubro de 2023 a comunidade educativa do colexio da parroquia lalinense de Prado (Pontevedra) asistiu ao nacemento de dez poliños da raza Galiña de Mos. Tras 21 días de incubación, as crías romperon a casca e foron trasladados a unha caixa máis grande provista dunha luz para continuar dándolles calor. Diego Rois, de Avimós, acudiu ao centro para ensinarlles aos nenos e nenas como coidalos e alimentalos. Os poliños medraron nas instalacións do colexio e os alumnos e alumnas realizaron quendas para facer as tarefas de coidado e alimentación.

Mellor lote de femias

Mellor lote de machos

Óscar Miranda Gómez (Castro de Rei)

José Zapata Sánchez (Castro de Rei)

O CONGRESO DAS RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS CELEBROUSE NO BAIXO MIÑO

A finais de outubro, colaboramos na organización do Congreso Federal Ordinario 2023 e Extraordinario de eleccións 2023-2027 da Federación de Razas Autóctonas Españolas. Os encontros desenvolvéronse no Baixo Miño, concretamente nos concellos da Guarda e do Rosal, e neles (ademais de ter a oportunidade de visitar a explotación de Miguel Amaro, que conta con exemplares de Cachena, Porco Celta e Galiña de Mos) o noso compañeiro Davide Outeiro impartiu unha charla sobre tracción animal e razas autóctonas. Así mesmo, acudimos á taberna Lagar en Eiras, onde degustamos un menú con produtos de razas autóctonas. Tivemos a oportunidade de completar a xornada visitando o Castro de Santa Trega e a adega Terras Gauda.

A OVELLA GALEGA, NA FESTA DA CASTAÑA E DO COGOMELO DE

Na XXVIII Festa da Castaña e do Cogomelo, que tivo lugar o 4 de novembro en Riós (Ourense), participou como expositor a granxa Vilariño. Ofreceu información sobre a súa gandería de Ovella Galega e, ademais, os asistentes puideron ver in situ algúns dos seus exemplares da raza.

RIÓS

ENTREVISTA NA TVG AO PRESIDENTE DE AVIMÓS

O día 8 de novembro o presidente de Avimós, Francisco Monasterio, e o director técnico da raza, Diego Rois, participaron no programa Quen anda aí?, da TVG. Durante o tempo das entrevistas ambos aproveitaron para reivindicar a calidade da carne da Galiña de Mos, a súa relevancia actual na alta cociña española, as súas características e a importancia de que a xente coñeza de onde veñen os produtos que consomen.

NOVAS XORNADAS GASTRONÓMICAS

Durante o mes de novembro celebráronse unhas novas Xornadas Gastronómicas sobre os produtos da raza Galiña de Mos no restaurante Beiramiño, en Cospeito (Lugo). As aves foron proporcionadas pola granxa Chousa do Lea.

ENTREVISTAS E MENÚ DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR 2023

Na vixésimo cuarta edición de Xantar, o Salón de Turismo Gastronómico de Ourense que se desenvolveu do 2 ao 5 de novembro, púidose degustar un menú con produtos das razas bovinas galegas e tamén de cordeiro de raza Ovella Galega no restaurante Vía da Prata.

Así mesmo, o noso director, José Ramón Justo, foi entrevistado por Paco Gil para o programa Cousas de comer, de Telemiño, e para Cadena Ser Ourense. Durante estas conversas, aproveitou para facer promoción das nosas razas e dos seus produtos derivados 100% autóctonos galegos.

EXPOSICIÓN EN VEGADEO CON PREMIO PARA UN DOS NOSOS GALOS

Outra boa nova! Na Exposición Internacional de Avicultura de Vegadeo, organizada pola Asociación de Avicultura «La Pinina», proclamouse como mellor galo de toda a exposición de razas españolas un exemplar propiedade do gandeiro de Galiña de Mos Alberto Buján Morandeira, de Guitiriz (Lugo). Sen dúbida, a raza Galiña de Mos está de moda!

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE AVICULTURA

Entre o 2 e o 5 de novembro celebrouse en Xerez o Campionato de España de Avicultura. Un grupo de criadores de Galiña de Mos participaron con exemplares que quedaron en excelentes posicións: o galo campión de España é propiedade de Luís Fernández Fernández, de Riotorto (Lugo), e o subcampión é de Jesús Soneira Ramos, do Saviñao (Lugo). Por outra banda, a galiña campioa foi unha das presentadas por María del Carmen Fernández Barros, de Betanzos (A Coruña), e a subcampioa pertence a Óscar Miranda Gómez, de Castro de Rei (Lugo). Parabéns!

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN ETIQUETA NEGRA GOURMET

Na última edición de Etiqueta Negra Gourmet, celebrada en Pontevedra do 11 ao 13 de novembro, participaron varios dos nosos criadores das razas autóctonas galegas! Este ano contamos cos seguintes colaboradores: Sandra López (Granxa Aeiroá), criadora de Galiña de Mos; Roberto Louzán, criador de Frieiresa e Caldelá; Tonecho (Ganadería Balín), criador de Limiá; a granxa Montes de Boado, criador de Cachena e de Ovella Galega, e Nando López, criador de Cachena e Porco Celta.

Ademais, amosáronse pratos e produtos etiquetados co logotipo 100% Raza

Autóctona e levouse a cabo unha degustación moi variada con produtos derivados das razas autóctonas Limiá, Frieiresa, Cachena, Ovella Galega e Galiña de Mos.

Etiqueta Negra tamén é unha gran plataforma para a mostra de produtos e, neste sentido, desta volta desenvolvéronse interesantes propostas e sinerxías entre CienPorCel, marca do operador de Porco Celta Martín Touceda, e Granxa O Agro, do gandeiro de Frieiresa Roberto Louzán. Presentaron o chourizo Nin Arre nin Xo, o salchichón Outra Vaca no Millo e unha saborosa zorza que mestura a carne de Frieiresa e de Porco Celta. Así mesmo, Nando López, de Celtagal, tamén deu a coñecer os seus produtos de Cachena e Porco Celta. De entre todos os derivados ofrecidos, a estrela foi o salchichón Come e cala! Parabéns a todos polo esforzo e as iniciativas para diferenciarse nun mercado cada vez máis esixente.

CHARLAS SOBRE AS RAZAS BOVINAS AUTÓCTONAS NO CIFP A GRANXA

O 15 de novembro, Davide Outeiro, o técnico veterinario de Boaga experto nas razas de vacún, estivo cos rapaces do CIFP A Granxa, en Ponteareas (Pontevedra), impartindo unha charla divulgativa sobre as razas bovinas autóctonas galegas. Durante a conversa, faloulles aos rapaces dos proxectos e iniciativas que ten en marcha a Federación, así como dos labores de xestión cos animais e da promoción dos seus derivados.

EN BAIO NACERON POLIÑOS

No IES Maximino Romero de Lema, en Baio (Zas, A Coruña), naceron en novembro nove poliños da raza Galiña de Mos, tras a incubación posta en marcha 21 días atrás. Con motivo deste acontecemento, os alumnos e alumnas do instituto asistiron a unha charla na que afondaron no proceso de incubación dos ovos. Os polos foron criados nunha das aulas do centro, onde os estudantes tiveron a oportunidade de ir seguindo o seu crecemento e, posteriormente, foron trasladados a galiñeiros exteriores.

OS PRODUTOS DA RAZA OVELLA GALEGA EN XUNQUEIRA DE AMBÍA

O sábado 18 de novembro celebráronse unhas xornadas gastronómicas na Asociación Cultural Tarangaño, en Sobradelo (Xunqueira de Ambía, Ourense). Nelas contouse con produtos galegos, entre os que se atopaban os da raza Ovella Galega da explotación de Finca A Tellada. Os asistentes puideron degustar dous tipos de hamburguesas da raza: de cordeiro, cabaza e curri, e de cordeiro con cebola acaramelada e queixo.

A CARNE DE LIMIÁ PÚIDOSE DEGUSTAR NA INTUR

Na Feira Internacional do Turismo de Interior (Intur) que tivo lugar en Valladolid do 16 ao 19 de novembro, estivo Casa Alongos, restaurante de Melide e operador autorizado de raza Limiá, o cal foi invitado a través da Deputación da Coruña para participar no evento chamado "Delicias del interior de Galicia".

Nel preparou, entre outros pratos, unha carne ao caldeiro de raza Limiá que tivo moita aceptación. A carne procedía de Chotoiba, gandería criadora de Limiá e provedora habitual de Casa Alongos.

CHARLAS DIVULGATIVAS EN SERGUDE E NA EXPLOTACIÓN DE JESÚS PARDAL

En novembro estivemos no Centro de Experimentación Forestal de Sergude (Boqueixón, A Coruña) impartindo unha charla divulgativa sobre as razas autóctonas galegas. Posteriormente, trasladámonos á explotación de Jesús Pardal, criador da raza autóctona Limiá,

no concello coruñés de Rois, para desenvolver unha clase práctica cos alumnos e alumnas do centro, na que afondamos nas características da cría das razas autóctonas galegas en xeral e da Limiá en particular.

OS PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS

GALEGAS, PROTAGONISTAS NO CONCURSO DE TAPAS DE LUGO

As propostas de razas autóctonas servidas no restaurante El Boni e Orixe do Campo durante o desenvolvemento do XVIII Concurso de Tapas de Lugo sorprenderon polo seu sabor e presentación.

A primeira, chamada "Noite Meiga", compoñíase dun medallón de galo de raza Galiña de Mos (produto procedente de Chousa do Lea, granxa de José Zapata Sánchez localizada en Castro Ribeiras de Lea) acompañado de gambón ao estilo Boni.

A segunda, "O Noso Tesouro", consistía en carne de raza Cachena cociñada a baixa temperatura con milfollas de verduras, produto ofrecido polas ganderías Cachenas de Antía Finca Eco-Robra, de Outeiro de Rei, e Cachenas de San Breixo, de Triacastela.

Ambas as dúas propostas foron un espectáculo de sabores, posta en escena e presentación. Tanto foi así, que "Noite Meiga" foi a escollida como gañadora polo público que as degustou. Felicitacións para os restaurantes e tamén para os criadores!

CELEBRADAS AS ASEMBLEAS DE ASOCIACIÓNS DE RAZAS AUTÓCTONAS 2023

O 29 de novembro de 2023 organizáronse no pazo de Fontefiz, en Coles (Ourense), as asembleas ordinarias e extraordinarias de socios, das asociacións de razas autóctonas galegas Asoporcel, Asovega, Avimós, Cachega, Caldega,

Capriga, Frieirega, Limiaga e Vianega. Sen dúbida, un día de encontros, propostas e confraternización entre socios, que rematou cun xantar entre os asistentes. Grazas a todos os que fixestes un esforzo por vir!

UN XERSEI DE LÁ DE OVELLA GALEGA ENTRE OS TRES FINALISTAS DOS PREMIOS ARTESANÍA DE GALICIA

O xersei deseñado e tecido por Lola Logaro é un exemplo da recuperación da lá de Ovella Galega para a súa utilización no téxtil. Este proxecto foi ideado polo taller Hilokune, en Ourense, e foi un dos tres finalistas dos Premios Artesanía de Galicia do 2023.

A peza pretende ser un compendio de técnicas téxtiles vinculadas ás culturas celtas e, ao mesmo tempo, representa as cestas usadas na pesca e o transporte de colleitas, segundo contaba para La Voz de Galicia a súa creadora. Sentímonos moi orgullosos de que a orixe da lá empregada na súa fabricación sexa 100% de Ovella Galega e, sobre todo, deste tipo de iniciativas, que pretenden recuperar produtos autóctonos para a produción de pezas de roupa.

NO CEIP TERRA CHÁ NACERON POLIÑOS

En decembro no CEIP Terra Chá, en Román (Vilalba, Lugo), naceron poliños de raza Galiña de Mos. Alí asistimos para darlles aos alumnos e alumnas varias charlas sobre o ciclo de incubación das galiñas e sobre as características das aves da raza Galiña de Mos. Esta actividade, na provincia de Lugo, inclúese dentro do programa "A Galiña de Mos Vai á Escola", que está financiado pola Área de Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

OS PRODUTOS DA RAZA CACHENA

ESTIVERON NA

FEIRA DE NADAL DE BOIMORTO

Na Feira de Nadal en Boimorto, participou Nando López, criador e comercializador de razas autóctonas baixo a marca Celtagal, con produtos de raza autóctona 100x100 Cachena e Porco Celta.

A GALIÑA DE MOS

ESTIVO NA FEIRA DO GALO DE ARTEIXO

A Feira do Galo de Arteixo, celebrada o 23 de decembro, contou coa presenza de autóctonas galegas. Concretamente, o criador Carlos Cotelo, de granxa A Senra, participou con exemplares de Galiña de Mos.

CHARLA DAS RAZAS OVELLA

GALEGA E CABRA

GALEGA EN MELIDE

O 18 de xaneiro, a directora técnica de Ovella Galega e Cabra Galega, Silvia Adán Belmonte, impartiu unha charla sobre estas dúas razas para os rapaces do IES de Melide (A Coruña).

O CEIP MONSEIVANE, TESTEMUÑA DO NACEMENTO DOUTRA ROLADA DE POLOS

En decembro tamén houbo nacemento de polos no CEIP Monseivane de Lanzós, en Vilalba (Lugo). Ata alí chegou o programa “A Galiña de Mos Vai á Escola” para que os nenos e nenas do centro puidesen ver de preto o nacemento de novos pitiños.

PARTICIPAMOS UN ANO MÁIS EN FITUR!

A Feira Internacional de Turismo (Fitur), celebrada en xaneiro na cidade de Madrid, contou un ano máis coa presenza de autóctonas galegas. Asistimos á presentación da guía ... E para comer, Lugo, acto ao que fomos convidados pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (Apehl). Ademais, aproveitamos para visitar varios dos restaurantes que comercializan os produtos de razas autóctonas galegas, como La Lorenza, La Falda de Lavapiés, Portomarín, La Caníbal, Pazo de Lugo y Verdeo. Nesta ruta acompañáronnos ilustres galegos que traballan en Madrid e que son fans declarados das nosas producións.

CHARLA DIVULGATIVA DE RAZAS AUTÓCTONAS NO

CEIP PLURILINGÜE

LAGOSTELLE

O 1 de febreiro de 2024 visitamos o CEIP Plurilingüe Lagostelle en Guitiriz e fixémoslle unha visita aos nenos de Infantil. Os alumnos puideron afondar nas características das nosas razas autóctonas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos. Os cativos estiveron moi atentos e participaron en todo momento.

PRESENTES NA FEIRA DE RAZAS AUTÓCTONAS DA MARIÑA DO VALADOURO

En febreiro estivemos na V Feira de Razas Autóctonas da Mariña do Valadouro, ata onde levamos unha exposición e participamos, así mesmo, no Concurso Morfolóxico de Animais de Raza Autóctona.

Por unha banda, en canto á Galiña de Mos, presentáronse os gandeiros Francisco Monasterio (Vilalba), Pablo Val (Alfoz), Luís Fernández (Riotorto) e Mari Carmen Barral (Lugo).

No que se refire ao gando bovino, caprino e ovino, participaron Explotacións Gandeiras Soli (Alfoz), que amosou exemplares das razas Cachena, Ovella Galega e Cabra Galega; Gonzalo Seoane (Vilalba), con frieiresas, e David López (Cervo), con limiás. Por último, Luís Fernández asistiu con exemplares de Ovella Galega e a gandería García Díaz (Mondoñedo) concursou con cabras de raza Cabra Galega.

CONTINÚA EN LUGO O PROGRAMA “A GALIÑA DE MOS VAI Á ESCOLA”

No mes de febreiro tivemos boas noticias: a Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo comunicoulle a Avimós a ampliación da axuda para desenvolver na provincia de Lugo o programa “A Galiña de Mos Vai á Escola”, proxecto que non tardou en cubrir todas as prazas para o curso lectivo 2023-2024. Así pois, os alumnos e alumnas da provincia de Lugo poderán seguir asistindo a nacementos de pitiños desta raza autóctona galega. Ademais, as incubacións non só contan en Lugo coa axuda da Vicepresidencia da Deputación, senón que nas outras tres provincias galegas tamén temos unha colaboración similar coa Xunta de Galicia, ao abeiro do convenio coa Federación de Razas Autóctonas Galegas.

CHARLA SOBRE A GALIÑA DE MOS NO IES MELIDE

En febreiro, os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de FP Dual de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal do IES Melide, asistiron a unha charla sobre nocións de avicultura. No ciclo que están a estudar, incídese especialmente en producións gandeiras como a láctea, pero é importante que coñezan outro tipo de alternativas, coma a da crianza da Galiña de Mos.

BOAGA DOOULLE MATERIAL DIVULGATIVO Á BIBLIOTECA DE CELANOVA

A finais de febreiro, estivemos na biblioteca municipal de Celanova (Ourense), onde fixemos entrega dun lote de libros e revistas para achegar á poboación os fondos da Federación, nunha comarca onde contamos cun gran número de criadores de razas autóctonas e operadores autorizados para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona.

Estiveron presentes no acto de entrega o alcalde de Celanova, Antonio Puga, e

a responsable da biblioteca, Elisa López, e o noso compañeiro Davide Outeiro.

NOVO NACEMENTO DE PITIÑOS NO CEIP CRUCEIRO DE CANIDO

O 8 de febreiro foi un día especial no CEIP Cruceiro de Canido, en Ferrol, xa que puideron contemplar o nacemento de pitiños de Galiña de Mos. Esta actividade causou sensación e sorpresa entre os alumnos e alumnas que asistiron ao desenvolvemento do proceso de nacemento destas aves.

VEN A LUZ MÁIS POLIÑOS NAS PONTES!

No CEIP A Magdalena nas Pontes de García Rodríguez, coincidindo co Entroido, naceu outra quenda de poliños da raza Galiña de Mos da incubación posta en marcha 21 días antes.

A OVELLA GALEGA EN DESERTORES DO ASFALTO

O programa da plataforma agalega.gal, Desertores do asfalto , foi dedicado o día 3 de marzo a Viana do Bolo e á raza Ovella Galega. Os nosos socios e operadores do logotipo 100% Raza Autóctona, Xoán González, Nieves Fernández e Teté Mareque amosaron o seu día a día, e o orgullosos que están da súa terra, dos seus valores, dos seus costumes e da raza Ovella Galega, coa que traballan a diario.

AS AUTÓCTONAS, NA FEIRA DE GANDO E ARTESANÍA DE SAN ROSENDO

O domingo 3 de marzo estivemos na Feira de Gando e Artesanía de San Rosendo (San Miguel de Reinante, Lugo). Esta exposición incluíu exemplares das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa e Limiá e tamén contou cun stand das razas autóctonas.

Entre os participantes estaban David López, criador da raza Limiá; Marco Vázquez e Nando López, criadores da raza Cachena; Gonzalo Seoane, criador da raza Frieiresa, e Alejandro Salvatierra, criador da raza Caldelá.

PRIMEIRAS XORNADAS DE FORMACIÓN PARA GANDEIROS DE RAZAS AUTÓCTONAS

O 6 de marzo celebramos as primeiras Xornadas de Formación para Gandeiros de Razas Autóctonas nas instalacións do CRZG do pazo de Fontefiz (Coles, Ourense). A proposta tivo unha grande acollida. Foron moitos os gandeiros que se achegaron para participar nas actividades previstas. Os relatorios trataron sobre temáticas de relevancia para a gandería actual, coma o virus da lingua azul, a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE), o Sistema Integral de Xestión de Explotacións e a actualización da normativa sobre medicamentos veterinarios. Felipe Iglesias Pedreira, veterinario da Xefatura de Sanidade Animal de Ourense, falou sobre a EHE e describiu en que consiste, cal é súa incidencia e avance en España, os síntomas que presenta o gando (tales como febre e lesións na mucosa oral), o tratamento e as medidas para previr esta enfermidade.

José Antonio Varela Señarís, veterinario do Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras, explicou o Sistema Integral de Xestión de Explotacións, os factores a ter en conta polos gandeiros á hora de empregalo e os beneficios que se obteñen do seu uso, entre os que salientou a simplificación do manexo da documentación da explotación, que queda unificada nun só documento.

O último relatorio estivo a cargo de Gerardo Rivero Cuesta, xefe do Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras, dependente da Subdirección Xeral de Gandaría. Na súa intervención ofreceu unha actualización sobre a normativa relativa aos medicamentos veterinarios e explicou o actual marco social e xurídico, así como as derrogacións e prohibicións especificadas e a xustificación das novas medidas.

SIMPOSIO MUNDIAL DE BOVINOS DE TRABALLO DE LORSCH

Do 8 ao 10 de marzo, estivemos no Simposio Mundial de Bovinos de Traballo, no Lauresham Outdoor Laboratory en Lorsch (Alemaña). Trátase dun museo vivo onde se centran na recuperación de traballos tradicionais e antigos. Alí, Mario Nogueira, socio de Cachega, falou para gandeiros e investigadores chegados de 19 países de Asia, América, Europa e África sobre como

a aptitude para o traballo de vacas e bois foi determinante para preservar ata os nosos días as razas autóctonas. Explicou os motivos polos que é fundamental entender estas razas no seu contexto cultural e histórico e fixo fincapé nas razóns para non perdelas alí onde aínda perduran. No evento tivemos tamén ocasión de contactar con asociacións de criadores

NO CEIP CERNADAS DE CASTRO NACERON PITIÑOS

O CEIP Cernadas de Castro, en Lousame, acolleu unha fermosa experiencia para os seus alumnos, que puideron presenciar o nacemento de poliños de Galiña de Mos e formarse na cría das galiñas. Durante todo o mes, o colexio desenvolveu actividades relacionadas co ciclo da vida das aves e puidemos atoparnos cunhas mestras moi comprometidas co medio natural. O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, visitou tamén as instalacións e puido observar como se levaron a cabo as actividades.

das razas de bovino Gelbvieh, Grauvieh e Vosgesen, e aproveitamos para facer promoción da nosa raza Cachena. Como engadido, houbo unha exposición de diferentes razas locais e tamén puidemos coñecer un proxecto de recreación do Uro, Bos primigenius , no que interveñen diferentes razas autóctonas ibéricas.

ESTIVEMOS NA III EDICIÓN DO CONCURSO “MAESTRO PARRILLERO”

En marzo desenvolveuse a III edición do concurso Maestro Parrillero, celebrado na praia de Zarautz (Guipúzcoa).

Este evento contou con 50 parrilleros de España e Portugal, que tiveron a oportunidade de demostrar a súa mestría fronte ás brasas no maior certame de parrilleros do país. Entre os xuíces da gran final atopábase o noso presidente, Castor Rivero. Invitados por Okelan (transformador e comercializador autorizado para as razas Cachena e Frieiresa), tamén puidemos visitar as súas instalacións e comprobar como é o proceso de preparación e maduración das carnes máis selectas, entre as que se atopan as nosas razas Cachena e Frieiresa.

XORNADA FORMATIVA NO EFA FONTEBOA

O 22 de marzo os alumnos e alumnas do ciclo medio de produción agropecuaria do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa recibiron unha xornada formativa sobre avicultura artesanal impartida polo director técnico de Avimós, Diego Rois.

VEÑEN POLIÑOS AO MUNDO NO COLEXIO DE CASTRO DE REI

O programa “A Galiña de Mos Vai á Escola” chegou tamén ao CEIP Ramón Falcón, de Castro de Rei (Lugo), grazas ao cal os alumnos e alumnas asistiron ao nacemento de poliños da nosa raza e participaron no seu coñecemento.

Tamén se contou coa participación do criador de Arteixo Carlos López Cotelo, da granxa Avicultura Artesanal A Senra, que lles falou das súas experiencias coa raza e coa comercialización das producións.

CHARLAS DIVULGATIVAS SOBRE AS AUTÓCTONAS NA SEMANA FORESTAL DE PONTEVEDRA

En marzo estivemos nas xornadas que se celebraron na Semana Forestal 2024, na Escola de Enxeñaría Forestal en Pontevedra. Nesta ocasión, o noso compañeiro Davide Outeiro e o criador das razas autóctonas Caldelá e Frieiresa, Roberto Louzán, de Cerdedo-Cotobade, explicáronlles aos asistentes a importancia que ten o gando galego no monte, e o papel que desempeñan para o control de lumes e a estruturación do solo, ademais dos beneficios destes ruminantes na diversificación da flora e fauna autóctonas.

OUTRO NACEMENTO NO COLEXIO DE MUIMENTA

Tamén ao CEIP de Muimenta, do concello de Cospeito (Lugo), chegou o programa “A Galiña de Mos Vai á Escola”, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co que os nenos e nenas poden coñecer o ciclo de incubación das galiñas e afondar en todos os detalles relacionados con esta raza autóctona galega.

AS AUTÓCTONAS

ASISTIRON ÁS

FEIRAS DE ABRIL DO VAL DO DUBRA

A criadora das razas Ovella Galega e Galiña de Mos, Mariña Grille, e o criador das razas Cachena e Cabra Galega, José Antonio Liñares, ambos do concello de Val do Dubra, estiveron o domingo 31 de marzo na exposición de gando que se celebrou con motivo das Feiras do Abril en Bembibre, neste mesmo municipio da provincia da Coruña.

AS AUTÓCTONAS ESTIVERON EN MAGRECO 2024

O 23 e 24 de marzo estivemos en Magreco, a Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos organizada anualmente polo Concello de Boimorto (A Coruña). Participamos cun stand xunto cos nosos compañeiros de Asoporcel, para patrocinar e reivindicar a importancia das razas autóctonas galegas.

XORNADAS GASTRONÓMICAS AO REDOR DA GALIÑA DE MOS

Entre o 15 e o 24 de marzo celebráronse no restaurante O Forno de Tovar, en Lourenzá (Lugo), unhas Xornadas Gastronómicas sobre a Galiña de Mos. Neste espazo puidéronse catar distintas elaboracións suculentas que incluían esta raza galega. Destacan neste restaurante as famosas Fabas de Lourenzá con Galiña de Mos, que son a unión de dous dos mellores produtos da nosa terra.

PRIMEIRA DEGUSTACIÓN DE CARNE DE RAZA FRIEIRESA EN CARTELLE

A mediados de marzo levouse a cabo a primeira Festa da Carne de Raza Frieiresa no concello de Cartelle (Ourense). Foi organizada pola comisión de festas e pola CMVMC de Nogueiró. Puidéronse degustar callos, carne ao caldeiro e carne da raza procedente da explotación da comunidade de montes. Servíronse ao redor de 600 menús!

Autor: Rafa Espín

II ENCONTRO DE GANDEIROS DE RAZA

OVELLA GALEGA

O II Encontro de Gandeiros de Raza Ovella Galega tivo lugar o 13 de abril entre os concellos de Triacastela e Samos, na provincia de Lugo. Foi un día de reunión, intercambio de opinións e experiencias, no que, ademais, se visitaron granxas de Ovella Galega e se celebrou un xantar de confraternidade. O encontro estivo organizado polas ganderías Finca A Tellada, Granxa A Cirurxana e Montes de Boado, coa colaboración da Asociación de Criadores de Ovella Galega (Asovega).

A CACHENA, NA FEIRA DO VIÑO DA ULLA

O noso criador e comercializador das razas Cachena e Porco Celta, Nando López, estivo promovendo os seus produtos baixo a marca Celtagal na cadraxésimo segunda Feira do Viño da Ulla, durante a cal deron apoio as doce adegas presentes da denominación Alvariño.

NA PRESENTACIÓN DA 3.ª EDICIÓN DO PROGRAMA “DA ESCOLA Á GRANXA”

A comezos de maio asistimos á presentación do programa “Da Escola á Granxa”, impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Nesta edición participaron as seguintes ganderías de razas autóctonas da provincia: Gandería

Lois Varela (raza Limiá), Granxa A Eiroá (razas Galiña de Mos e Ovella Galega), Granxa Teixeiro e Pistón (razas Cabra Galega e Cabalo de Pura Raza Galega), Gandería Alejandro Salvatierra (raza Caldelá), e Avicava Natur (razas Caldelá e Cabra Galega).

CHARLA DIVULGATIVA NA PONTENOVA

Tamén en maio estivemos na Pontenova (Lugo) dándolles unha charla formativa sobre o sistema de cría das razas autóctonas galegas aos estudantes de Formación Profesional Agraria do Aeres Hogeschool de Dronten (Holanda), os cales non perderon detalle do que lles contamos e amosaron moito interese nas nosas autóctonas.

NOVOS

NACEMENTOS DE PITIÑOS NAS ESCOLAS GALEGAS!

Os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal A Rolada (San Sadurniño), do Punto de Atención á Infancia de Valdoviño, do CEIP Menéndez Pelayo (Lugo) e do CEIP de Castroverde puideron seguir durante o mes de abril nas aulas o proceso de incubación, nacemento e crianza de poliños da raza Galiña de Mos, no marco do programa “A Galiña de Mos Vai á Escola”.

PARTICIPAMOS NUNHA REUNIÓN

CO DISTRITO

FORESTAL DE PONTEVEDRA

O 24 de abril estivemos no Distrito Forestal XIX, reunidos co persoal do Equipo de Prevención de Incendios Forestais de Pontevedra. A conversa serviu para transmitirlles as demandas e experiencias dos nosos criadores, as cales foron moi ben acollidas pola súa parte, e para iniciar contactos para avaliar as diferentes situacións sobre o terreo.

EN MAIO CELEBRÁRONSE AS ASEMBLEAS ANUAIS DE

SOCIOS

O Día de San Isidro celebramos as asembleas anuais de socios das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega nas instalacións do

Pazo de Fontefiz, en Coles (Ourense). Posteriormente, tivo lugar un xantar de confraternidade. Grazas a todos os asistentes polo seu esforzo por participar.

MÁIS POLIÑOS POR TODA GALICIA

O CPI Uxío Novoneyra (Seoane do Courel), o CPI Castro Baxoi (Miño), o CPI Atios (Valdoviño) e o CEIP San Xoán (Becerreá) foron os centros que visitamos durante o mes de maio para que os máis pequenos visen o nacemento de poliños da raza Galiña de Mos e aprendesen máis sobre a súa cría.

NA ROMARÍA DE RAIGAME

O Día das Letras Galegas, as nosas autóctonas estiveron presentes, cun posto con material informativo, na Romaría Etnográfica de Raigame, en Vilanova dos Infantes (Celanova).

CHARLA DIVULGATIVA COS RAPACES DA ESCOLA DE HOSTALERÍA DE LUGO

En xuño tivemos un coloquio sobre as razas autóctonas galegas e a comercialización diferenciada dos seus produtos cos alumnos da Escola de Hostalería do IES Sanxillao de Lugo. Nela, o noso produtor e comercializador de raza Galiña de Mos José Zapata Sánchez tamén lles falou da súa ampla experiencia.

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE BOAGA PARA A ELECCIÓN DOS NOVOS CARGOS DA XUNTA DIRECTIVA

O 30 de maio celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección e aprobación dos novos cargos da Xunta Directiva de Boaga. Os candidatos escolléronse entre os representantes das oito asociacións que forman parte da asemblea da Federación.

Este acto levouse a cabo nas instalacións da Fundación Feira Internacional de Galicia-Abanca, coincidindo coa Semana Verde en Silleda (Pontevedra). Foron elixidos por unanimidade os seguintes

cargos da Xunta Directiva para o período 2024-2027:

· Presidente:

D. Cástor José Rivero Martínez

· Vicepresidente :

D. José Manuel González Lamelas

· Secretario-tesoureiro:

D. Lisardo López Blanco

· Vogal:

D.ª M.ª Hortensia Alonso Alonso

· Vogal:

D. Roberto Louzán Alonso

RENOVAMOS A ALIANZA CON ABANCA PARA PROMOVER A VIABILIDADE DAS NOSAS GANDERÍAS

Abanca e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) firmamos un novo acordo de colaboración, que mellora as condicións do asinado en 2018, para mellorar a competitividade das pequenas explotacións de razas autóctonas e para promover a súa viabilidade económica. Deste xeito, os nosos socios desfrutarán de mellores condicións na contratación de produtos desta entidade. Na sinatura, que tivo lugar o xoves 30 de maio en Silleda, durante a Feira de Semana Verde de Galicia-Abanca, participaron o director de Boaga, José Ramón Justo, e o director de Abanca Agro, Jesús Combarro.

· Vogal:

D. Francisco José Monasterio Solveira

· Vogal:

D. Alberto Santín González

· Vogal:

D. Fernando Bouzas Bentín

Posteriormente, a nova Xunta Directiva nomeou os cargos de director-xerente e de directora adxunta de Boaga, que recaeron en D. José Ramón Justo Feijóo e D.ª Silvia Adán Belmonte.

NOVA EDICIÓN DA FESTA DA CARNE DE CACHENA EN SAN VICENTE DO GROVE

Na sexta Festa da Vaca Cachena, organizada o 9 de xuño pola CMVMC San Vicente do Grove (Pontevedra), os asistentes tiveron a oportunidade de degustar produtos derivados da raza

Cachena. Serviuse empanada, carne ao caldeiro e polbo á feira para as máis de 200 persoas que alí se congregaron.

MÁIS POLIÑOS NO VARELA BUXÁN

A mediados de xuño naceron no Colexio Público Varela Buxán (Cercio, Lalín) os once poliños da derradeira incubación do curso escolar 20232024. Desprazámonos ata alí para a ocasión co noso criador Alberto Pampín, deste mesmo concello, quen lles falou da nosa raza autóctona, a Galiña de Mos, e do seu método de crianza.

TERCEIRA EDICIÓN DO “PASEO DA LÁ” EN COUSO

A nova edición do Paseo da Lá, de Couso (Sarreaus, Ourense), foi organizada en xuño por Lola Logaro e Bea Carbón, operadoras autorizadas para o uso do logotipo 100% Raza

Autóctona Ovella Galega. Durante os seus tres días de duración desenvolvéronse unha ampla variedade de actividades e iniciativas ao redor da lá, dos oficios e dos produtos de diferentes artesáns. Ademais, tivo lugar unha pasarela na que se puideron ver diversas pezas realizadas con lá de Ovella Galega.

FESTA DA CARNE DE CACHENA DE PAZOS DE VILAMARÍN

O 8 de xuño tivo lugar en Pazos de Vilamarín (Ourense) a tradicional Festa da Carne de Cachena, que xa vai pola súa oitava edición. Asistiron uns 400 comensais que puideron comprobar por si mesmos a exquisitez de pratos que se poden elaborar con esta raza.

AS AUTÓCTONAS GALEGAS DESTACAN NA SEMANA VERDE 2024!

As autóctonas galegas foron as protagonistas durante a celebración da 46.ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia 2024, a cal tivo lugar do 30 de maio ao 2 de xuño. Exemplares procedentes de distintos puntos de Galicia postuláronse nos concursos das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos.

PREMIO ÁS MÁIS FERMOSAS

Reprodutoras de catorce ganderías das razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa demostraron a súa alta calidade xenética e morfolóxica.

Participantes no XI Concurso Morfolóxico da Raza Cachena:

Jordi Ánguez, de Cachenas de San Breixo (Triacastela, Lugo)

M.ª Rebeca Yáñez Candamil, de Gandería Tras do Río (Ortigueira, A Coruña)

Marco Vázquez López (Ourol, Lugo)

José Antonio Liñares Rey, de Finca A Ferreira (Val do Dubra, A Coruña)

Nando López García, de Celtagal (Mondoñedo, Lugo)

Participantes no X Concurso Morfolóxico da Raza Vianesa:

María Concepción Gómez Fernández (Maceda, Ourense)

Estefanía Puga Fernández (Baños de Molgas, Ourense)

Un ano máis, queremos agradecerlles a todos os criadores a súa participación, porque sen o seu esforzo todo isto non sería posible. MIL GRAZAS!

Participantes no IX Concurso Morfolóxico da Raza Caldelá:

Juan M. Lage Cid (Maceda, Ourense)

Alejandro Salvatierra Fernández (A Pontenova, Lugo)

Roberto Louzán Alonso (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra)

Participantes no VIII Concurso Morfolóxico da Raza Limiá:

David López García (Cervo, Lugo)

Ganadería Balín SC (Verea, Ourense)

Ganadería Costoya SC (Mesía, A Coruña)

Participantes no VI Concurso Morfolóxico da Raza Frieiresa:

Roberto Louzán Alonso (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra)

Gonzalo Seoane Prado (Vilalba, Lugo)

Semana Verde 2024 AS PREMIADAS FORON…

XI CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CACHENA

1.º premio

2.º premio

3.º premio

1.º premio

2.º premio

1.º premio

2.º premio

3.º premio

1.º premio

2.º premio

3.º premio

1.º premio

2.º premio

Parabéns a todos!

Truana, de José Antonio Liñares Rey, de Finca A Ferreira (Val do Dubra, A Coruña)

Choiva, de Nando López García, de Celtagal (Mondoñedo, Lugo)

Merla, de Marco Vázquez López (Ourol, Lugo)

X CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA VIANESA

Bora, de Estefanía Puga Fernández (Baños de Molgas, Ourense)

Visa, de María Concepción Gómez Fernández (Maceda, Ourense)

IX CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ

Camelia, de Juan M. Lage Cid (Maceda, Ourense)

Chupada, de Roberto Louzán Alonso (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra)

Cebada, de Alejandro Salvatierra Fernández (A Pontenova, Lugo)

VIII CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ

Bragada, de Ganadería Balín SC (Verea, Ourense)

Lucía, de Ganadería Costoya SC (Mesía, A Coruña)

Leira, de David López García (Cervo, Lugo)

VI CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA FRIEIRESA

Feira, de Gonzalo Seoane Prado (Vilalba, Lugo)

Fanática I, de Roberto Louzán Alonso (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra)

Semana Verde 2024

Bragada, de Ganadería Balín SC (Verea, Ourense)
Camelia, de Juan M. Lage Cid (Maceda, Ourense)
Bora, de Estefanía Puga Fernández (Baños de Molgas, Ourense)
Feira, de Gonzalo Seoane Prado (Vilalba, Lugo)
Truana, de José Antonio Liñares Rey, de Finca A Ferreira (Val do Dubra, A Coruña)
RAZA FRIEIRESA
RAZA CALDELÁ
RAZA LIMIÁ
RAZA CACHENA
RAZA VIANESA

IV CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA OVELLA GALEGA

Seis criadores das provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra déronse cita este ano no Concurso Morfolóxico da Raza Ovella Galega. Participaron reprodutoras negras e brancas procedentes das explotacións de Manuel Teijeiro Castillo, de Xinzo de Limia;

Semana Verde 2024

de David González Rojo, de Nogueira de Ramuín; de Rosario García Peña, de Riós; de Luis Fernández Fernández, de Riotorto; de Sandra López López, de Láncara, e de Álvaro Rodríguez Rodríguez, de Mos. TODO UN ESPECTÁCULO!

OS AFORTUNADOS NA SECCIÓN DE FEMIAS FORON…

1.º premio

2.º premio

3.º premio

David González Rojo, de Finca A Tellada (Nogueira de Ramuín, Ourense)

Manuel Teijeiro Castillo, de Montes de Boado (Xinzo de Limia, Ourense)

Luis Fernández Fernández (Riotorto, Lugo)

IV CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CABRA GALEGA

Este ano participaron no Concurso Morfolóxico da Raza Cabra Galega femias procedentes das explotacións de Jaime Elías Fernández Sanjurjo (Cerdido) e de Dolores García Sánchez (Toques), ambas as dúas da provincia da Coruña.

OS AFORTUNADOS NA SECCIÓN DE FEMIAS FORON…

1.º premio

Dolores García Sánchez (Toques, A Coruña)

2.º premio Jaime Elías Fernández Sanjurjo (Cerdido, A Coruña)

3.º premio Dolores García Sánchez (Toques, A Coruña)

AMPLA PARTICIPACIÓN NO 9.º CAMPIONATO GALEGO DA

RAZA GALIÑA

DE

MOS

Este campionato no que se engloba o concurso por lotes e o monográfico do Galo e da Galiña de Mos contou coa participación de José M. Garrido Jiménez (A Estrada, Pontevedra), Álvaro Rodríguez Rodríguez (Mos, Pontevedra), Óscar Rodríguez Otero (Mos, Pontevedra), Gonzalo Rodríguez Lamblín (Monforte de Lemos, Lugo), M.ª Carmen Fernández Barros (Betanzos, A Coruña), Francisco José Monasterio Solveira (Vilalba, Lugo), Alejandro Collazo Casal (Mos, Pontevedra), Lourdes Mulet Abeledo (Lalín, Pontevedra), Jesús Manuel Soneira Ramos (O Saviñao, Lugo), José Luis Freire Castedo (Pol, Lugo),

Semana Verde 2024

José Zapata Sánchez (Castro de Rei, Lugo), Sandra López López (Láncara, Lugo), Óscar Miranda Gómez (Cospeito, Lugo), José Rodríguez González (Lalín, Pontevedra), M.ª Luisa Rodríguez Rodríguez (Cartelle, Ourense), José Ramón Cillero Ferro (Vila de Cruces, Pontevedra), Luis Fernández Fernández (Riotorto, Lugo), Iván Potel Conde (Valga, Pontevedra), M.ª Rebeca Yáñez Candamil (Mañón, A Coruña), José Herminio Lorenzo López (Sarreaus, Ourense) e Mariluz Gómez Fernández (Ordes, A Coruña). En total, entre machos e femias, houbo 108 exemplares que amosaron unha alta calidade xenética.

Na 11.ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DA GALIÑA DE MOS , no que se valoraban os lotes formados por tres galiñas e un galo, os premiados foron:

1.º premio Lote de Óscar Rodríguez Otero (Mos, Pontevedra)

2.º premio Lote de Lourdes Mulet Abeledo (Lalín, Pontevedra)

3.º premio Lote de Álvaro Rodríguez Rodríguez (Mos, Pontevedra)

No XV CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS , no que se escollían os mellores exemplares valorados individualmente, os premiados na categoría de galos foron:

1.º premio Galo de José Luis Freire Castedo (Pol, Lugo)

2.º premio Galo de Francisco José Monasterio Solveira (Vilalba, Lugo)

3.º premio Galo de Sandra López López (Láncara, Lugo)

E na categoría de galiñas os premios recaeron en:

1.º premio Galiña de Luis Fernández Fernández (Riotorto, Lugo)

2.º premio Galiña de Óscar Rodríguez Otero (Mos, Pontevedra)

3.º premio Galiña de José Zapata Sánchez (Castro de Rei, Lugo)

Como novidade, este ano expuxéronse dous lotes de exemplares de Galiña de Mos cos seus pitiños. Un era propiedade de Alejandro Collazo (Mos) e o outro, de Mariluz Gómez, de Granxa O Castiñeiro (Ordes).

TAPIRAZAS, CITA COS SABORES TRADICIONAIS

Durante os catro días de feira, no restaurante TapiRazas, presentado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, os asistentes tiveron ocasión de probar distintas tapas elaboradas polo equipo do cociñeiro Antonio Díaz Calvo con produtos das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mos, Porco Celta e poldro de Pura Raza Galega. Como de costume, superáronse as previsións e demostrouse a excelente calidade culinaria do produto cun selo de calidade 100% Raza Autóctona.

DEGUSTACIÓN

RECEITAS PARA ABRIR BOCA

Semana Verde 2024

Galega

Albóndigas

Galega

Croquetas de carne asada das razas Caldelá e Frieiresa
Galiña de Mos estufada á maneira tradicional
Cordeiro de raza Ovella Galega asado no forno con patacas asadas ao romeu
Entrecosto das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa con chips de vexetais
Carne ao caldeiro de tenreira das razas Cachena, Caldelá e Vianesa
Callos de tenreira de raza Cachena
Raxo de raza Porco Celta con pataca chip
Posta de tenreira das razas Cachena, Caldelá e Frieiresa con salsa de Queixo Tetilla DOP
Arroz meloso de agulla asada das razas Limiá e Vianesa con verduriñas
Ovos rotos de raza Galiña de Mos con roxóns de raza Porco Celta
Cabrito de raza Cabra Galega asado ao forno en dúas coccións con patacas ao romeu
Minihamburguesa de poldro de Pura Raza
100% R.A. e de raza Porco Celta con cebola caramelizada e queixo do Cebreiro
Goulach das razas Cachena e Caldelá con Fabas de Lourenzá
Empanada de zorza de raza Porco Celta e pementos asados e afumados
Brioche de pastrami afumado das razas Frieiresa e Limiá
de poldro de Pura Raza
100% R.A. con crema de castaña

“DE NÓS A VÓS” UNIÓN DE EXPERIENCIAS E PRODUTO!

Cada vez é máis numeroso o público que se achega a “De nós a vós”, espazo habilitado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga no Salón de Alimentación do Atlántico da Semana Verde (Salimat). Nesta edición, nove criadores das distintas razas autóctonas déronse cita para compartir experiencias apostando pola valorización dos seus produtos, por diversas elaboracións e polo coidado da presentación.

• Explotaciones O Agro, de Roberto Louzán, con produtos de raza Caldelá e Frieiresa.

• Cachenas de San Breixo, de Jordi Ánguez Grases, con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos.

• Aeiroá, de Sandra López López, con produtos das razas Galiña de Mos e Ovella Galega.

• Gandería Tras do Río , de Mª Rebeca Yáñez Candamil, con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos.

Semana Verde 2024

• Carnicería e Gandaría Lage , de Juan Manuel Lage Cid, con produtos das razas Caldelá e Galiña de Mos.

• Aves do Concello, de Francisco José Monasterio Solveira, con produtos da raza Galiña de Mos.

• Churras da Caneira , de Lourdes Mulet Abeledo, con produtos da raza Galiña de Mos.

• Montes de Boado, de Manuel Teijeiro Castillo, con produtos das razas Cachena e Ovella Galega

• Ganadería Balín , con produtos da raza Limiá.

Así mesmo, tamén se encontraban no recinto feiral Nando López, de Celtagal , e Ramón Vázquez, de Eurolemos , ambos os dous con produto de raza Cachena.

A XENTE PUIDO PROBAR E MERCAR!

Ganadería Balín
Carnicería e Gandería Lage
Explotaciones O Agro
Churras da Caneira
Aeiroá
Montes de Boado
Gandería Tras do Río
Aves do Concello
Cachenas de San Breixo

TODO VENDIDO NO MERCADO DE AVES VIVAS

Un ano máis, Aeiroá (Láncara) e Granxa O Castiñeiro (Ordes) montaron, en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, un mercado de aves vivas no que se vendían

UNHA CRIADORA DE AVIMÓS, GAÑADORA NO CONCURSO DE TORTILLAS

Un ano máis, na Feira Semana Verde de Galicia celebrouse o Concurso Popular de Tortillas organizado pola DOP de Aceite de Baena coa colaboración de Avimós, do Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia e do Consello Regulador Pan de Cea. María, de Aeiroá, foi a galardoada este ano coa mellor tortilla. Parabéns!

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Nesta edición da Semana Verde as autóctonas galegas tamén estiveron nos medios de comunicación. Hora galega e Labranza , da TVG; os programas Agrosfera e Noticias Galicia, da Televisión Española; A tarde, da Radio Galega, e os xornais Faro de Vigo, La Región e La Voz de Galicia foron algúns dos medios que se interesaron polas nosas razas.

exemplares con idades comprendidas entre un e catro meses. O resultado foi o esperado: UN ÉXITO!

Aeiroá Granxa O Castiñeiro

De feira en feira co Porco Celta!

Feiras, festas, xornadas, encontros gastronómicos... Máis de medio cento de eventos percorreu o Porco Celta nos últimos meses de man dos nosos operadores. Neles, os asistentes puideron coñecer as bon dades dos derivados da raza, afondaron no traballo que realizamos dende Asoporcel para a súa conservación e promoción e descu briron as peculiaridades da cría deste porco in Galicia. A continuación, deixámosvos un resumo fotográfico da presenza da raza en todas estas reunións, así como unha relación dos operadores asistentes a cada una delas.

MAIO 2023

Mercado aos Pés de Cornería en Vilaronte (Foz, Lugo) – Embutidos Hermelino

Foliada e Feira de Artesanía (Cervo, Lugo) –CienPorCel

Friulio Castrexo-Romano (Friol, Lugo) – Óscar Santos e Antonio Díaz

Media Maratón Cidade de Lugo (Lugo)

Feira Gastronómica Galicia sen Glute (Santiago de Compos tela, A Coruña) – CienPorCel

Festa das Flores (Xove, Lugo) – Embutidos Hermelino

XUÑO 2023

Semana Verde de Galicia (Silleda, Pontevedra) Feira do Trece en Carballido (Alfoz, Lugo) – Porco Celta de Couboeira

Finca A Rega

Lumeirada de San Xoán en San Román (Cedeira, A Coruña) Festa da Capital do Turismo Rural (Campo Lameiro, Pontevedra) –CienPorCel

XULLO 2023

Feira de Artesanía (Moraña, Pontevedra) – CienPorCel

Campus Álex Llorca (Lugo)

Feira de Alimentación e Artesanía Feminina Galega (Cambados, Pontevedra) – CienPorCel

Festa Popular do Porco Celta e do Polo de Curral (Paderne de Allariz, Ourense) – CienPorCel

Mercado Medieval (Alfoz, Lugo) – Embutidos Hermelino

Comida de Irmandade Camiño Norte en Vilela (Ribadeo, Lugo)

Degustación de Porco Celta (Ribeira de Piquín, Lugo)

AGOSTO 2023

Produart (Burela, Lugo) – CienPorCel

Festa de Ludrio (Castro de Rei, Lugo) – Porco Celta de Outeiro

Feira Tradicional (Caldas de Reis, Pontevedra) – CienPorCel

Feira de Ano de Gomeán (O Corgo, Lugo) – Porco Celta de Couboeira, Óscar Santos, Antonio Díaz e José Vega (Porco Celta O Cibrao)

Festa do Xamón (A Cañiza, Pontevedra) – Tres Fuciños

Degustación de xamón no Restaurante Beiramiño (Cospeito, Lugo) –Porco Celta de Outeiro

SETEMBRO 2023

La Vuelta Ciclista

Festa dos Remedios (Ponteareas, Pontevedra) – Tres Fuciños e Marcelino Soto

Feira das Distribuidoras Lucenses “L de Lugo” (Lugo) – Celtagal, Tres Fuciños e Eurolemos

Festa da Terra (O Grove, Pontevedra) – Tres Fuciños

OUTUBRO 2023

Expolugo - A Rural (Lugo) – Tres Fuciños

Mercadiño no Outono (Barreiros, Lugo) – Tres Fuciños

O Porco Celta nas Adegas Galegas (Sober, Lugo)

Feira Revive (Ribadavia, Ourense) – CienPorCel

Crianza Trevinca (A Veiga, Ourense)

NOVEMBRO 2023

Xantar (Ourense) – Tres Fuciños

Mercado de Outono (Monforte de Lemos, Lugo) – Tres Fuciños

Xornadas Forestais e Micolóxicas (Mos, Pontevedra) – Tres Fuciños

Magosto de Buriz (Guitiriz, Lugo) – Porco Celta de Outeiro

Intur (Valladolid) – Celtagal

Etiqueta Negra Gourmet (Pontevedra) – Celtagal, CMF Celtaporc, Porco Celta de Outeiro, Eurolemos e CienPorCel

DECEMBRO 2023

Mercadiño de Nadal (Barreiros, Lugo) – Celtagal e CMF Celtaporc

Mercado de Nadal (Monforte de Lemos, Lugo) – Tres Fuciños

Mercado de Nadal (Boimorto, A Coruña) – Celtagal e CMF Celtaporc

XANEIRO 2024

Festa do Cocido de Porco Celta en Cabarcos (Barreiros, Lugo)

FEBREIRO 2024

Xornadas Gastronómicas en Vilela (Ribadeo, Lugo)

Festa do Cocido de Porco Celta (Sarria, Lugo)

Feira do Butelo (A Fonsagrada, Lugo) – Casa Castelao e Embutidos

Buenavista

Feira de Razas Autóctonas da Mariña (O Valadouro, Lugo) - Casa Labradela, Finca A Rega e Porco Celta de Couboeira

Feira do Grelo (As Pontes, A Coruña) – Porco Celta de Outeiro

Festa do Caldo de Ósos (Taboada, Lugo) – Tres Fuciños e Francisco

José Fernández

Feria de Productos del Cerdo (Vegadeo, Asturias) – Celtagal

Festa do Cocido (Carballedo, Lugo) – Tres Fuciños

MARZO 2024

Feira de San Rosendo en San Miguel de Reinante (Barreiros, Lugo)

– Celtagal e Iván Amor Pedreira

Festa do Lacón con Grelos (Ordes, A Coruña) – Óscar Santos

Voces Delas (Padrón, A Coruña) – Tres Fuciños

Festa do Cocido de Porco Celta (Portas, Pontevedra) – Tres Fuciños e Alfonso Fojo

Magreco (Boimorto, A Coruña) – CMF Celtaporc

Mercado de Primavera (O Valadouro, Lugo) – Embutidos Hermelino

Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá (Friol, Lugo) – Celtagal

Feira da Carne ó Caldeiro e Produtos Locais (Carballedo, Lugo) – Tres Fuciños

Mostra de Encaixe de Camariñas (A Coruña) – CienPorCel

ABRIL 2024

Feiras do Abril no Val do Dubra (A Coruña) – Celtagal

Galicia Fórum Gastronómico (A Coruña) – Celtagal, CMF Celtaporc, Tres Fuciños, CienPorCel e Jamones González

Feira da Carne ó Caldeiro e Produtos Locais (Carballedo, Lugo) – Tres Fuciños

Feira do Viño da Ulla (Vedra, A Coruña) – CMF Celtaporc e Celtagal Campionato Galego de Coctelería (Santiago de Compostela, A Coruña) – Tres Fuciños

Galicia Market Place (Vigo, Pontevedra) – Tres Fuciños

MAIO 2024

As Quendas (Mondoñedo, Lugo) – Lucinda Monasterio, Finca A Rega e Porco Celta de Couboeira

Festa da Filloa de Muimenta (Cospeito, Lugo) - Porco Celta de Outeiro

Festa do Porco Celta (Friol, Lugo) – Celtagal, CMF Celtaporc, Porco Celta de Outeiro, Tres Fuciños, Roimil, Óscar Santos, Javier Serén, Antonio Díaz e MVMC de Carballo

Mercado aos Pés de Cornería en Vilaronte (Foz, Lugo) – Embutidos

Hermelino

Feira de San Isidro (Sarria, Lugo) – Óscar Santos

Facela Fest (Lugo)

O Encontro de Sober. Diálogos Rural-Industria – Tres Fuciños, Cárnicas

Teijeiro, Celtagal, CMF Celtaporc, Eurolemos e Porco Celta O Cibrao Friulio Castrexo-Romano (Friol, Lugo) – Óscar Santos

Media Maratón Cidade de Lugo (Lugo)

Mercadiño de Primavera (Barreiros, Lugo) – Celtagal e CMF Celtaporc

Demostración Culinaria con Degustación de Porco Celta (Lugo)

Curso de cata e corte de xamón de Porco Celta (Lugo) – Carlos Teijeiro

Semana Verde de Galicia (Silleda, Pontevedra)

O PORCO CELTA ACUDIU Á SEMANA VERDE 2023 CON PROPOSTAS PARA TODOS OS PÚBLICOS

A raza Porco Celta estivo amplamente representada na Semana Verde de Galicia 2023, na que se bateron récords en volume de animais presentes e en número de operadores participantes no Salón de Alimentación Atlántico (Salimat).

Participaron medio cento de exemplares chegados de granxas de toda a comunidade, así como do rabaño de Porco Celta de Armariz, dependente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde).

A Casa da Rúa, CMF Celtaporc, Ramón Vázquez, Tres Fuciños, Embutidos Hermelino, CienPorCel e Celtagal foron as marcas dos operadores da raza en Salimat.

Por outra banda, o Porco Celta volveu ser un dos esenciais nos menús degustación do TapiRazas. Xamón de Porco Celta con ovos rotos de Galiña de Mos, croquetas de roxóns de Porco Celta ou empanada de zorza de Porco Celta foron algúns dos pratos elaborados polo cociñeiro Antonio Díaz.

Ademais, sorteáronse 3 lotes de produtos entre todos aqueles que fixesen unha foto con algún elemento no que estivese presente o Porco Celta na feira.

Semana Verde 2023

PALMARÉS

V CONCURSO MORFOLÓXICO

1.ª Criadora: Laura Sánchez (Oza-Cesuras, A Coruña)

2.º Criador: José Vega (Castro de Rei, Lugo)

3.º Criador: Diego Díaz (Lugo)

1.º Criador: Manuel París (Outes, A Coruña)

2.º Criador: Celso Toimil (Lalín, Pontevedra)

3.º Fernando Saavedra (Castro de Rei, Lugo)

CROTAIS CON XEOLOCALIZACIÓN PARA FACER SEGUIMENTO DE EXEMPLARES DE PORCO CELTA

Rabaños de Porco Celta de Ribeira de Piquín e de Cenlle foron escollidos para formar parte do estudo Life-Silfore, o cal analiza métodos que melloren a resistencia das masas forestais ante o cambio climático e os incendios.

En xuño de 2023 os técnicos de Asoporcel e do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) levaron a cabo o programa sanitario e mais as probas iniciais cos xeolocalizadores GPS. A finalidade é coñecer os hábitos de desprazamento e descanso dos animais, así como as súas zonas de preferencia e os seus comportamentos sociais. Este proxecto prolongarase ata o 2027.

1.ª Criadora: María Isabel González (Maside, Ourense)

2.º Criador: Pablo Cabodevila (Riotorto, Lugo)

3.º Criador: Hermelino Javier Sixto (Alfoz, Lugo)

1.º Sotas (29’’) Laura Sánchez

2.ª Froilana (32’’) Fernando Saavedra

3.ª Rosa (33’’) Antonio Díaz

ASOPORCEL CONVERTEUSE EN ENTIDADE AUTORIZADA PARA O USO DO SELO GALICIA CALIDADE

A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta recibiu en xullo de 2023 a autorización para o uso do selo Galicia Calidade, distintivo que garante que os produtos certificados superaron os controis e normativas de calidade e que son de orixe galega.

O presidente de Asoporcel, José Barreira, aludiu ao valor deste selo coma “un paso máis no camiño de promover a raza Porco Celta, fomentar o seu consumo e abrir novas vías de comercialización”. Esta acreditación súmase ao logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta, que garante a trazabilidade dos derivados da raza.

IV CONCURSO DE MANEXO MACHO FEMIA RECRÍA
José Barreira, presidente de Asoporcel e Manuel Heredia, director xeral de Galicia Calidade

O

FUTURO DAS RAZAS AUTÓCTONAS PORCINAS ESPAÑOLAS CENTROU O PROGRAMA DA V XORNADA TÉCNICA

DO PORCO CELTA

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolleu o sábado 25 de novembro de 2023 a V Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia, organizada por Asoporcel.

O evento, ao que asistiron máis dun cento de persoas, incluíu unha charla técnica sobre rendemento económico das granxas, a cargo de Pep Font, socio fundador de SIP Consultors, e outra sobre restauración sostible para colectividades, que impartiu Senén Barral, responsable de comedores na Área de Innovación de Inditex.

Así mesmo, levouse a cabo unha mesa redonda na que se tratou o futuro das razas porcinas españolas en perigo de extinción. Participaron voceiros da Asociación de Criadores de Gochu Asturcelta (AGCA), da Associació de Ramaders de Porc Negre Mallorquí, dos Criadores Asociados de Chato Murciano (Cachamur), da Asociación de Criadores de Cochino Negro Canario e de Asoporcel.

ASOPORCEL REPASOU OS SEUS 25 ANOS DE TRABALLO NO ÚLTIMO SPOT DE PROMOCIÓN DA RAZA

“Non hai San Martiño que poida con nós!” celebrou Asoporcel no seu último spot de televisión presentado no Nadal de 2023. No seu 25.º aniversario, a asociación centrou a campaña no percorrido polo que foron as súas grandes liñas de traballo ata a data. “Se algo aprendemos neste tempo é que, se non tivésemos ao outro lado consumidores que apostan polos derivados da nosa raza porcina autóctona, non poderiamos facer nada”, salientaron os voceiros da asociación. Por este motivo, apuntaron que, desta volta, a campaña foi, en parte, dedicada “a todas as persoas que, dun xeito ou doutro, apoiades o noso labor”.

anos coidando da raza

OS PRODUTOS GALEGOS TRIUNFARON NA SEGUNDA EDICIÓN DO COCIDO DE PORCO CELTA CELEBRADO NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Asoporcel celebrou o 25 de marzo de 2024 a segunda edición do seu cocido de Porco Celta na Casa de Galicia en Madrid. O evento contou coa presenza de diversas autoridades e representantes do sector da alimentación.

“Esta é unha convocatoria especial porque, malia os nosos 25 anos de traballo, a raza Porco Celta continúa en risco de desaparición e, dende logo, a súa recuperación e conservación sería imposible se non contásemos co cento de gandeiros que contribúen a manter a raza en activo”, subliñou o director técnico de Asoporcel, Iván Rodríguez.

Pola súa banda, o director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez Prado, quixo salientar na súa intervención a intención da entidade que representa de seguir sendo un nexo entre Galicia e a capital do país.

UN MENÚ 100 % GALEGO No xantar, o prato estrela foi, por suposto, o Porco Celta, elaborado seguindo o estilo tradicional da Festa do Cocido de Porco Celta da comarca de Sarria e composto por cachola, lacón, chourizos, botelo e soá. Como acompañamento, patacas coa IXP Pataca de Galicia, grelos coa IXP Grelo de Galicia, pan coa IXP Pan de Galicia, viño con DOP Riberia Sacra e para a sobremesa contaron cos doces das filloeiras de Muimenta.

ACHEGÁMOSLLES O RURAL AOS MÁIS PEQUENOS CON ‘DA ESCOLA Á GRANXA’

Asoporcel forma parte do proxecto “Da Escola á Granxa”, o programa de educación ofertado dende a Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través das Anpas para darlles visibilidade a proxectos de emprendemento no rural.

COLEGAS PORTUGUESES

INTERÉSANSE POLA

NOSA RAZA PORCINA

O 12 de maio de 2023, técnicos de Asoporcel estiveron cos estudantes do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC), que viñeron coñecer a raza Porco Celta e o sistema de aproveitamento silvopastoril con estes animais.

Na primeira convocatoria participaron as ganderías lucenses de Porco Celta Finca A Rega (Alfoz), o MVMC de Carballo (Friol), Porco Celta de Couboeira (Mondoñedo) e Casa da Fonte (Pantón). Esta última repetiu en 2023, e a ela sumáronse Casa Labradela (Xove), Fraga do Coto (Vilalba) e a Fundación Terreo (Ribeira de Piquín). Casa da Fonte, Tres Fuciños (Carballedo) e Porco Celta Outeiro (Castro de Rei) son as ganderías de Porco Celta que recibirán os cativos en 2024.

"PORCO CELTA, EN BUSCA DE NOVAS FRONTEIRAS"

A NOSA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

VOLVEUSE ITINERANTE

Dende a súa estrea oficial na Casa de Galicia en Madrid a principios de 2023, a nosa exposición fotográfica Crónica da pegada do Porco Celta en Galicia foi facendo paradas por diversos locais de toda a comunidade galega. A igrexa vella de Muimenta (Cospeito), a Biblioteca Intercentros e a Facultade de Veterinaria da USC, o mercado Quiroga Ballesteros (Lugo), a Anaveporc (A Coruña) e o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo foron algúns dos espazos nos que estivo esta mostra que recolle a evolución da raza no último século.

A RECUPERACIÓN E PROMOCIÓN DO PORCO CELTA

A finais de maio o Telexornal serán da Televisión de Galicia recolleu unha reportaxe na que repasaron os datos actuais de recuperación do Porco Celta. Ademais, aproveitaron para adiantar a presenza que ía ter o Porco Celta na Semana Verde 2023. Así mesmo, o programa Labranza cubriu amplamente o paso da raza pola feira. O Porco Celta tamén protagonizou nestas datas unha noticia de La Voz de Galicia na que se fala sobre o seu sistema de cría e os produtos que se elaboran coa súa carne.

Ese é o título do documental por capítulos que Asoporcel presentou a pasada primavera e cuxo obxectivo é dar a coñecer distintos aspectos da conservación e promoción desta raza autóctona galega. O sistema de cría, as características da súa carne, o proceso de transformación e comercialización dos seus derivados ou os selos diferenciadores de calidade cos que conta son algúns dos temas tratados ata o momento.

ARTIGO TÉCNICO EN PORCINEWS

En maio de 2023, publicouse no medio especializado PorciNews España un artigo técnico elaborado por Cristina Díaz, enxeñeira de Asoporcel. Nel, afondou na liña PDR de fomento de razas autóctonas en perigo de extinción, da que se poden beneficiar os criadores de Porco Celta.

PARTO DE RÉCORD EN CASA DA RÚA

Amadora, unha das reprodutoras de raza Porco Celta de Casa da Rúa trouxo ao mundo nove leitóns en maio 2023. O programa Hora galega da Televisión de Galicia fíxose eco deste nacemento e o reporteiro Adrián Díaz bautizou un dos bacoriños co nome de David Espiño, presentador do programa.

PARTICIPAMOS NA VII REUNIÓN CASAL DE ARMÁN

O 8 de xuño asistimos á VII Reunión Casal de Armán sobre o futuro do sector cárnico en Galicia. Interviñemos na mesa redonda centrada nos problemas actuais e os retos futuros das razas autóctonas galegas, xunto cos compañeiros de Acruga, Boaga, Ovica e Puraga. Grazas ao Foro Económico de Galicia por contar con nós!

CIENPORCEL GAÑA O PREMIO CLUSAGA

CienPorCel recibiu o 14 de xuño o Premio Clusaga ao Produto Excelente polo seu paté de Porco Celta “Cunca e Cortizo”! Sen dúbida, este galardón pon de manifesto o gran traballo que están levando a cabo a prol da revalorización do rural e da recuperación do Porco Celta. A principios de outubro este operador foi tamén o protagonista dunha das reportaxes de Labranza, da TVG, con motivo da recepción deste premio.

“SOMOS AGRO” ABORDA A COMERCIALIZACIÓN

DE DERIVADOS DA RAZA

“Somos Agro”, o suplemento de gandería de La Voz de Galicia, publicou o 11 de xuño unha reportaxe na que unha ducia dos nosos gandeiros afondan na súa experiencia comercializando derivados da nosa raza porcina autóctona.

Tamén o gandeiro de Porco Celta Víctor Piñeiro saíu por estas datas neste mesmo xornal falando da súa aposta polo cultivo de chícharo tremoceiro, o cal usará para a alimentación dos seus animais.

CONQUISTAMOS A SERRA DO COUREL

Sotas, un exemplar de Casa da Rúa que se erixiu coma o gran vencedor da última edición do noso Concurso de Manexo, foi protagonista dunha nota de Hora galega, da Televisión de Galicia. Nela púidose ver o exemplar adestrando en directo mentres afondaban nas características morfolóxicas que, por certo, o fixeron merecedor do primeiro posto na categoría de Macho Reprodutor do V Concurso Morfolóxico da Raza Porco Celta celebrado durante a Semana Verde de Galicia.

O PARAÍSO DO QUE

TODO SE APROVEITA

O 6 de xuño El Progreso, na súa edición da Chaira, publicaba unha ampla reportaxe con este titular, na que se fai mención ao Porco Celta e ao labor que levamos a cabo dende Asoporcel para conservar esta raza autóctona galega.

MEDRA O INTERESE POLA CRÍA DO NOSO PORCO AUTÓCTONO

O Telexornal da Televisión de Galicia recolleu en xuño a chegada dun grupo de exemplares da raza á aldea modelo de Moreda (Folgoso do Courel). Con eles, estase a estudar a adaptación destes porcos ao terreo en costo e calíbranse os efectos da dieta de montaña no seu desenvolvemento.

Tamén en xullo se publicou un artigo en La Voz de Galicia no que investigadores da USC visitaron a aciñeira de Moreda para estudar novos aproveitamentos para este froito.

PROGRAMA DE AVALIACIÓN DA RAZA

O 20 de xuño participamos no despezamento de canais de Porco Celta no Centro Tecnolóxico da Carne. Trátase dunha acción de cooperación na que colaboran unha vintena de ganderías da raza, a cal está enmarcada dentro dos “Estudos preliminares para o establecemento dun programa de avaliación da raza porcina Porco Celta” e que se está a desenvolver co apoio da Agacal.

VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO FORESCELTA

Asoporcel presentou en xullo do 2023 un vídeo resumo do desenvolvemento do proxecto Forescelta, de xestión de precisión en extensivo de gando porcino do tronco celta en bosques caducifolios iberoatlánticos, o cal levou a cabo en colaboración con InterEo, a Agacal, o Serida, o CTC, a Asociación de Criadores de Gochu Asturcelta, os Propietarios Forestais de Asturias e o MVMC de Carballo.

O interese pola cría do Porco Celta está en aumento, especialmente entre as novas xeracións de gandeiros. La Voz de Galicia fíxose eco dun caso que así o demostra en xuño. Concretamente, falaron de Mercedes Fernández, unha graduada en Relacións Laborais e Recursos Humanos que mercou un predio de sete hectáreas no Corgo e, con tan só 26 anos, quixo comezar este proxecto polo seu amor ao medio rural.

O PORCO CELTA NAS ONDAS

No mes de xuño, a nosa técnica veterinaria Cruz Castro estivo conversando co equipo de Radio Valladares sobre as características do Porco Celta e a súa importancia para o noso territorio.

Tamén o EsRuta de esRadio Galicia da semana do 21 de xuño percorreu Cenlle (Ourense). Martín Touceda, de CienPorCel, participou no programa para falar de como se xestou o seu proxecto de vida e traballo no rural.

DISTRIBUCIÓN DE HAMBURGUESAS DE PORCO CELTA

La Voz de Galicia compartiu o 14 de novembro unha noticia sobre o noso operador Nando López (Porco Celta de Couboeira), que se lanzou a distribuír hamburguesas de Porco Celta e de Cachena entre particulares e hostalería baixo a marca Celtagal.

TRIUNFA NA TVG O PATÉ DE CIENPORCEL

O paté de Porco Celta de CienPorCel foi todo un éxito no programa Quen anda aí? do 11 de xullo. Grazas ao mel e o viño da súa composición, consegue un delicioso toque a froita, que deixou pampo ao presentador deste programa da TVG!

A este proxecto referiuse tamén o programa Labranza da TVG nunha peza difundida unhas semanas antes, a finais de maio.

ASOPORCEL DISTÍNGUESE COMO

“PYME INNOVADORA”

Dende mediados de 2023 a nosa asociación conta co selo “Pyme innovadora”, un distintivo co que se obteñen unha serie de beneficios que fan que poidamos seguir traballando na recuperación da raza Porco Celta.

AS AUTÓCTONAS NON FALTARON Á FEIRA DE GOMEÁN

Gomeán (O Corgo) acolleu a súa feira por terceiro ano consecutivo en agosto, despois dun parón de varias décadas. La Voz de Galicia recollía nun artigo a presenza das razas autóctonas neste evento, no que tamén tivo lugar o I Concurso Provincial de Manexo de Raza Porco Celta.

A NOSA RAZA EN LA

VOZ E NA SER

“Somos Agro”, suplemento de La Voz de Galicia publicou o 19 de agosto unha reportaxe na que o protagonista é o noso criador Javier Serén, quen conta como está traballando co Porco Celta. Tamén por estas datas falamos en A vivir Galicia, de Cadena Ser, sobre a raza e os beneficios que traerá o uso do selo Galicia Calidade nos produtos derivados deste porco.

LABRANZAAFONDA NO PECHE DO CICLO COA RAZA PORCO CELTA

O programa Labranza dedicou unha das súas reportaxes de setembro a afondar na experiencia de varios dos nosos gandeiros pechando o ciclo de produción, transformación e comercialización de produtos derivados da raza Porco Celta.

A SITUACIÓN DAS AUTÓCTONAS, NA GALEGA

Con motivo do Día Mundial dos Animais, o Telexornal serán da Televisión de Galicia emitiu unha peza na que se abordou a situación na que se atopa o proceso de recuperación das razas autóctonas galegas.

OS NOSOS GANDEIROS, EN LAVOZ

La Voz de Galicia publicou o 13 de outubro unha reportaxe na que se inclúen os testemuños de distintos produtores que están a comercializar directamente os seus produtos. Entre eles, atópase o gandeiro de Porco Celta Xosé García (Casa da Fonte). O xornal tamén recolleu o día 28 dese mesmo mes unha peza na que o gandeiro Lucas Cabanelas conta que se interesou pola cría desta raza porcina autóctona ao oír falar da aldea modelo de Osmo (Ourense).

... E para comer, Lugo pasou por todas as etapas de La Vuelta a España 2023 cun posto moi ben equipado cunha chea de produtos lucenses, entre os que se atopaban elaborados do noso Porco Celta! Trátase dunha acción que desenvolvemos dende hai varios anos en colaboración coa Asociación de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl).

Sobre isto falamos o 14 de setembro na sección “Primeiro o primario”, de Cadena Ser Lugo, xunto cos compañeiros de Avimós, Asovega e a Apehl.

PRESENTES NA XORNADA DA AGACAL

O 20 de setembro gandeiros e persoal técnico de Asoporcel asistimos á xornada da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) na que se abordaron, entre outras temáticas, aspectos xerais e morfolóxicos do Porco Celta, a mellora xenética do animal e o futuro desta raza. Na pausa para o café os asistentes desfrutaron coa degustación de produtos de Porco Celta e cortador de xamón!

O PORCO CELTA TRIUNFOU EN AQUÍLATIERRA

Manuel Pérez, de Fogar do Selmo, recibiu no mes de outubro na súa casa de turismo rural de Rois (A Coruña) ao equipo de Aquí la tierra para falarlles das dúas razas autóctonas galegas que cría: o Porco Celta e a Galiña de Mos. O equipo do programa tamén se desprazou ata Pontevedra para afondar, da man do noso gandeiro César Roo, no sistema de cría desta raza porcina autóctona galega.

REUNIÓN DE AUTÓCTONOS

Ata o Baixo Miño nos desprazamos o 27 de outubro para participar, xunto con representantes de asociacións de razas autóctonas de toda España, nas actividades organizadas pola Federación Razas Autóctonas Españolas (Federapes). Con motivo da celebración do Consello Federal Ordinario 2023 e do Consello Federal Extraordinario de Eleccións (2023-2027), aproveitamos para visitar a gandería de Miguel Amaro (Tomiño, Pontevedra), que conta con exemplares de Porco Celta, de Cachena e de Galiña de Mos.

AS AUTÓCTONAS GALEGAS NO

DESFILE DE GANDO DE SAN FROILÁN

Con motivo das festas patronais de Lugo, en outubro visitamos o estudio de Cadena Ser Lugo para falar, xunto cos compañeiros de Avimós, da participación das razas autóctonas galegas no Desfile de Gando de San Froilán que, como vén sendo habitual, tivo lugar o venres ás seis da tarde polo centro de Lugo.

ESTREAMOS NOVA PÁXINA WEB!

No mes de outubro presentamos oficialmente a nosa nova páxina web, a cal recolle un amplo compendio de informacións sobre ao Porco Celta: a súa historia, a evolución dos censos, a listaxe dos nosos operadores, os distintivos cos que contamos, os labores que desenvolve Asoporcel, unha selección de fotografías da raza, todos os nosos vídeos de formación e divulgación...

UNHA TAPA 100% PORCO CELTA

O Porco Celta foi o protagonista dunha das tapas do XVIII Concurso de Tapas de Lugo, organizado por ... E Para Comer, Lugo durante a segunda quincena de novembro. O restaurante Paprica partici -

pou no certame coa súa "Vendetta da Ulloa", un prato de Porco Celta carbonara feito con rigatoni, queixo da nabiza, ovo e xeado.

VÍDEO VIRAL!

Vaia xoia de vídeo nos fixeron chegar! No clip, extraído da Filmoteca Española, pódese ver o fragmento dunha reportaxe sobre a Feira de Monterroso do ano 1959, na que había unha notable presenza de exemplares de Porco Celta, a raza porcina máis habitual en Galicia ata mediados de século pasado.

MASSEDA CATERING E A SÚA APOSTA POLOS DERIVADOS DA RAZA

En La Voz de Galicia recolleron en novembro o traballo que levou a cabo Masseda Catering en Etiqueta Negra Gourmet, onde estivo ofrecendo elaboracións nas que o Porco Celta foi o elemento indispensable.

‘COME E CALA!’, O SALCHICHÓN DE CELTAGAL

En "Somos Agro" de La Voz de Galicia quixeron afondar no salchichón Come e Cala!, un dos últimos produtos presentados por Celtagal e que, segundo din na reportaxe, “ten moitas papeletas para triunfar”. Non temos dúbidas de que así será!

EN APOIO Á ASOCIACIÓN XACOBEA DE GASTRONOMÍA E TURISMO

A Casa de Galicia en Madrid acolleu o 27 de novembro a presentación da Asociación Xacobea de Gastronomía e Turismo (Axgatur), coa que esperamos manter colaboracións para seguir promovendo a raza Porco Celta.

O QUENANDAAÍ?, NA PESCUDA DUN PORQUIÑO

A finais de novembro, un equipo do Quen anda aí?, da Televisión de Galicia, visitou a granxa da nosa gandeira Laura Sánchez, na Laracha, na pescuda dun exemplar de Porco Celta. Agardamos que o escollido fose ben recibido!

ÉPOCA DE MATANZAS

El Progreso recolleu a finais de ano unha reportaxe sobre a época de matanzas. Concretamente, incluíu as testemuñas dun grupo de veciños de Roimil, en Friol, os cales no momento se atopaban inmersos neste rito desde comezos de decembro. “A raza que dá a mellor carne é a do Porco Celta, que foi criado en liberdade. A súa calidade é excelente”, aseguraron.

CELTAGAL EN GALICIA CONFIDENCIAL

“A pandemia e a guerra de Ucraína encareceron os cereais e os medica-

O PORCO CELTA, A PRIMEIRA RAZA PORCINA EN EMPREGAR O MATADOIRO MÓBIL DA XUNTA

A finais de novembro asistimos ao acto de presentación en Chantada do matadoiro móbil que puxo en funcionamento a Xunta. Agárdase que esta iniciativa permita mellorar a xestión e a rendibilidade de moitas ganderías de pequeno tamaño, localizadas en zonas afastadas de grandes núcleos de poboación e situadas a distancia dos matadoiros convencionais. O Porco Celta é a única raza porcina que, polo momento, ten a posibilidade de sacrificar exemplares nel.

VISITAS A FRAGA DO COTO E CASA DA FONTE

Os cativos de Vilalba (Lugo) visitaron en febreiro a gandería de Porco Celta Fraga do Coto dentro da iniciativa da Escola á Granxa, que desenvolve a Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo. Tamén nesas datas o programa Labranza da TVG se fixo eco doutra destas visitas, a que os alumnos do CEIP das Mercedes (Lugo) fixeron a Casa da Fonte, en Pantón.

EXPERIENCIA NA ALDEA MODELO DE MOREDA

En Campo Galego falaron da presenza da raza Porco Celta na aldea modelo de Moreda. “Fixémolo

porque todos os veciños estaban encantados. A maior parte do proxecto de Porco Celta está en monte común, menos dúas ou tres fincas que son de particulares”, contou José Antonio Castro, un dos veciños que colabora.

mentos, e os prezos da carne mantivéronse, entón non había marxe de beneficios”, explicou Nando López a Galicia Confidencial. Foi nese punto no que se aventurou a elaborar produtos propios para comercializar baixo a marca Celtagal.

Os derivados da raza Porco Celta puidéronse degustar no acto de presentación do informe económico de Galicia Calidade 2023, celebrado o 14 de decembro.

O 23 de novembro tivemos a oportunidade de falar do futuro do Porco Celta no VIII Congreso da Asociación Nacional de Veterinarios de Porcino (Anavepor), que se celebrou en Palexco, na Coruña, o 22 e o 23 de novembro. Ademais, a nosa exposición fotográfica titulada “Crónica da pegada do Porco Celta en Galicia”estivo alí exposta para que todos os asistentes puidesen coñecer máis da nosa raza.

O 29 de novembro tocou xornada de reunións no Pazo de Fontefiz (Coles, Ourense)! Pola mañá celebramos a nosa asemblea anual da raza e, posteriormente, asistimos a un xantar de confraternidade con membros do resto das asociacións de razas autóctonas.

ESPECIAL DE NADAL DE MÁSDEUNO

Un ano máis, desprazámonos ata a praza de abastos de Lugo para

charlar sobre a raza con Mónica Santos, de Más de uno Lugo, durante a tradicional emisión especial do Nadal da cadea en apoio aos produtos galegos.

VÍCTOR PIÑEIRO E RUBÉN GÓMEZ FALAN DA RAZA CON CAMPO GALEGO

Campo Galego visitou en decembro a granxa de Porco Celta que Víctor Piñeiro e Rubén Gómez teñen en Cospeito: “É algo que nos gusta e, ao mesmo tempo, obtemos un complemento económico. Aínda que levamos pouco tempo e parte dos beneficios os fomos reinvestindo na explotación, xa podemos sacar unha renda complementaria coa granxa”.

A RAZA, COS CENSOS EN AUMENTO

O director técnico de Asoporcel, Iván Rodríguez, falou en Galicia confidencial sobre a evolución das ganderías de Porco Celta: “A xente non se preocupaba de facerse profesional ata o de agora porque a maioría das explotacións eran complementarias a unha actividade principal”, afirmou. Agárdase que nuns anos haxa “un crecemento máis significativo porque na actualidade xa temos en marcha varias explotacións que se espera que pasen de tres a catro nais a unhas 15 ou 20“.

A NOSA XORNADA TÉCNICA, EN FERRADO E MEDIO

O 3 de decembro tivemos a oportunidade de conversar con Xusto López en Ferrado e medio, da Radio Galega, sobre as conclusións e iniciativas que xurdiron a raíz da mesa redonda que tivemos durante a nosa V Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia.

FACEMOS PROMO DO NOSO NOVO SPOT NA CADENA SER

De volta das vacacións do Nadal pasámonos polo estudio de Cadena Ser en Lugo para falarlles da nosa última campaña de promoción, centrada nos 25 anos de recuperación e conservación do Porco Celta.

LAVOZDEGALICIAE A TVG FANSE

ECO DO PROXECTO FORESCELTA

O Telexornal serán da Televisión de Galicia tratou nunha peza publicada o 15 de xaneiro a experiencia coa raza Porco Celta nos montes de Mestre, en Ribeira de Piquín, no marco do proxecto Forescelta. Uns días antes, La Voz de Galicia recolleu nunha reportaxe as novas vías de traballo que están a explorar neste concello coa cría de gando porcino ao aire libre.

O NOSO PORCO, EN FOOD DESIGN

A revista Food Design incluíu, no seu primeiro número, publicado en xaneiro de 2024, unha pequena reportaxe falando das orixes do Porco Celta e das calidades organolépticas dos seus derivados.

CAMPOGALEGOFALA DA INICIATIVA “DA ESCOLA Á GRANXA”

O xornal dixital Campo Galego afondou a mediados de xaneiro no programa “Da Escola á Granxa”, iniciativa posta en marcha pola Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo a través da cal máis de

5.000 nenas e nenos de toda a provincia acudiron a algunha das 106 visitas organizadas. Delas, máis de trinta foron as granxas de gando porcino autóctono.

DESTACAMOS A XERACIÓN DE BIODIVERSIDADE

QUE PROMOVE O PORCO CELTA

FERNANDO CALVIÑO CONVERSOU

COS MEDIOS E PARTICIPOU NUN DOCUMENTAL

O noso gandeiro Fernando Calviño repasou en xaneiro con equipos de Hora galega e de Faro de Vigo as distintas fases da cría e comercialización de Porco Celta que abarca coa súa marca CMF Celtaporc. Tamén polas mesmas datas, Calviño foi, xunto cos seus exemplares de Porco Celta, un dos protagonistas do filme Vilar de Cruces, marcando o tempo

DE TOURCUN GRUPO DE FONTEBOA

A finais de xaneiro, levamos os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal do Centro de Promoción Rural de Fonteboa coñecer o Porco Celta de preto. Acudimos a unha das nosas ganderías colaboradoras da Laracha (A Coruña) para amosarlles in situ o sistema de cría da nosa raza porcina autóctona.

“SE MÁIS TIVÉSEMOS, MÁIS VENDERIAMOS”

Así o afirmaron os propietarios de Casa Labradela, granxa de Porco Celta de Xove (Lugo), nunha reportaxe publicada a finais de xaneiro en La Voz de Galicia. Sheila e José Ángel, irmáns a cargo do negocio, celebraron que os produtos derivados da raza cada vez teñan máis sona.

CONVERSA COS ALUMNOS DE COCIÑA DO SANXILLAO

A principios de febreiro visitamos o IES Sanxillao (Lugo), onde estivemos falando cos alumnos do primeiro curso de Dirección de Cociña sobre as propiedades dos produtos derivados da raza Porco Celta. Uns días despois, volvemos ao centro para realizar unha sesión práctica con estudantes do Ciclo Medio de Cociña e do Ciclo Superior de Dirección de Cociña. Nesta ocasión, contamos coa colaboración de Adrián Sixto (Embutidos Hermelino-Finca A Rega) para realizar un despezamento dun canal de Porco Celta cedido pola gandería Porco Celta Fraga do Coto.

O director técnico de Asoporcel, Iván Rodríguez, estivo conversando con La Voz de Galicia sobre a nova granxa de Porco Celta, que botará a andar durante o verán de 2024 no Incio con 400 exemplares da raza.

NA PRESENTACIÓN DA GUÍA DE TURISMO E GASTRONOMÍA DE LUGO EN FITUR

O Porco Celta volveu estar presente en Fitur! Un ano máis, acompañamos a Asociación de Hostalería e Turismo de Lugo na presentación da nova edición da guía turístico-gastronómica ... E para comer, Lugo Unha recompilación... para todos os gustos!

CASA CABO RECIBE A PRIMEIRA PARTICIPANTE NO PROGRAMA CULTIVA 2023

Na semana do 29 de xaneiro, a gandería Casa Cabo recibiu a primeira participante no ”#ProgramaCULTIVA 2023. Programa de Estancias Formativas de Jóvenes Agricultores y Explotaciones Modelo”, unha iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Verónica Molleda Martínez coñeceu da man do seu propietario, José Domingo López, a súa explotación en extensivo de razas autóctonas, así como a xestión que fai da base territorial en ecolóxico. Tamén realizamos un visita técnica complementaria á aldea modelo de Moreda (Folgoso do Courel), durante a cal se trataron a recuperación

e o manexo da raza Porco Celta en extensivo e as figuras de recuperación da terra agraria de Galicia.

VISITA DE CAMPO CO CICLO SUPERIOR DE GANDERÍA DE MELIDE

A mediados de xaneiro, estivemos no IES de Melide, conversando cos estudantes do Ciclo Superior de Gandería e

Asistencia en Sanidade Animal sobre os pormenores do sistema de cría do Porco Celta. Posteriormente, o 6 de febreiro, achegámonos con eles ata a explotación de Porco Celta que xestiona a Fundación Terreo en Ribeira de Piquín para coñecer de primeira man o sistema de cría da nosa raza porcina autóctona.

Como entidade de aconsellamento, durante todo o ano participamos en distintas reunións para formarnos respecto de todas as novidades que inclúa a nova PAC. Entre outros encontros, acudimos a xuntanzas que tiveron lugar nos meses de decembro e febreiro.

O ‘CARLOS OROZA’ EXALTA OS PRODUTOS DA CASA

Un ano máis, o CIFP Carlos Oroza celebrou a principios de febreiro a súa Semana de Exaltación dos Produtos Galegos de Calidade Diferenciada con DOP e IXP... e o Porco Celta estivo moi presente no menú!

FERNANDO SAAVEDRA, EN COSPÉS NA TERRA E NO QUENANDAAÍ?

O gandeiro Fernando Saavedra, propietario de Porco Celta Outeiro, particiou no mes de febreiro no programa da TVG Cos pés na terra, onde contou a súa experiencia criando exemplares desta raza e reflexionou sobre a comercialización dos seus produtos derivados. Uns días despois, visitou o plató do Quen anda aí? para darlle á audiencia algunhas pistas sobre a mellor maneira de cortar o xamón de Porco Celta!

CIENPORCEL EN OFFITRAVEL

CienPorCel foi o protagonista dunha das reportaxes publicadas por Offitravel: ”Martín e Alba confiaron na cría de Porco Celta polas características do terreo e pola súa preferencia polas razas autóctonas galegas. Ademais, esta raza limpa e aproveita recursos como as bolotas ou as castañas, ao mesmo tempo que controla unha especie invasora que se suma ao problema que representa o eucalipto no monte galego: a mimosa”, destacaron.

DEGUSTACIÓN

NO IES SANXILLAO

O 5 de marzo participamos, xunto con Porco Celta Finca A Rega e Porco Celta Fraga do Coto, nunha xornada de degustación do IES Sanxillao na que alumnos dos ciclos de formación básica e media de Cociña e do Ciclo Superior de Dirección de Cociña presentaron diferentes elaboracións feitas con derivados do Porco Celta. Excelente (e saboroso) traballo, que tamén recolleu nunha peza o Telexornal da Televisión de Galicia!

ASOPQRCEL: TRAZABILIDADE DIXITAL NA CADEA PRODUTIVA DO PORCO CELTA

Comezamos nova andaina! O 9 de febreiro celebramos no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a reunión de presentación do grupo operativo “AsopQRcel”. Desenvolverase durante os vindeiros tres anos e poñerá o foco en implementar un sistema de trazabilidade certificado que permita garantirlle ao consumidor, non só a calidade e autenticidade do produto, senón

tamén achegar información sobre o impacto medioambiental e o benestar animal na súa produción. Forman parte do consorcio, xunto con Asoporcel, Tres Fuciños, o Ibader, Innogando e a Fundación Terreo. Así mesmo, contaremos co apoio da consultora Medrar, da empresa de comunicación Transmedia e dos especialistas en desenvolvemento de software Pyramis.

FOMOS NA PESCUDA DO MELLOR COCIDO DE PORCO CELTA!

Máis de 450 persoas votaron na nosa enquisa, da que saíu o gañador da primeira edición do Mellor Cocido de Porco Celta: o IES Sanxillao de Lugo. Así mesmo, levamos a cabo o sorteo entre todos os participantes para escoller os tres gañadores dos lotes de produtos: M.ª Teresa Carballal, María de Carmen Gómez e Ángel Abella foron os afortunados que recibiron as cestas con derivados da raza para poder elaborar un cocido 100% Raza Autóctona Porco Celta!

ESTUDANTES DE SERGUDE, EN CMF CELTAPORC

Un grupo de alumnos do segundo curso do Ciclo Medio de Produción Agropecuaria do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude visitaron a finais de febreiro a granxa de Porco Celta de CMF Celtaporc, en Vila de Cruces (Pontevedra).

A PRODUCIÓN ECO EN GRANXAS DA LOUSADA

Como previa á súa presenza en Biocultura do 1 ou 3 de marzo, o noso operador Granxas de Lousada falou con Vida Sana da súa experiencia producindo e comercializando produtos certificados en ecolóxico. Entre eles, por suposto, o Porco Celta.

O LOGO 100%, EN PORCINEWS

A técnica veterinaria de Asoporcel Cruz Castro escribiu en PorciNews España sobre o valor engadido que achega o uso do logotipo 100% Raza Autóctona en produtos derivados da razas autóctonas españolas en perigo de extinción. Botádelle un ollo ao artigo!

O PORCO CELTA SABE MÁIS QUE OS OUTROS

Así o din nunha nova publicada o 24 de marzo en El Progreso na que Nando López, un dos nosos gandeiros, falaba de como o traballo con esta raza implica unha evolución constante para acadar a calidade excelsa.

DEIXOUNOS PANTALONES

El Progreso fíxose eco, nunha nova publicada a principios de marzo, do pasamento de Pantalones, un macho de raza Porco Celta propiedade de Antonio Díaz e que era un habitual de moitas feiras e concursos. Os restos deste exemplar, que xa superaba os oito anos de idade, foron doados ao Rof Codina para a súa investigación.

A NOSA EXPERIENCIA CO MATADOIRO MÓBIL

A mediados de marzo, realizouse no CFEA Sergude un sacrificio no matadoiro móbil posto en funcionamento pola Xunta de Galicia. Posteriormente, o primeiro de abril, estivemos falando cun equipo e Labranza da Televisión de Galicia sobre a nosa experiencia nel. Durante a xornada, sacrificáronse exemplares de Porco Celta de CMF Celtaporc e de CienPorCel.

XORNADA DE FORMACIÓN PARA OS NOSOS SOCIOS

O 4 de abril organizamos, en colaboración cos Servizos Veterinarios Oficiais de Saúde Pública da zona de Lugo, unha xornada técnica para coñecer máis de preto os requisitos para elaborar e comercializar produtos cárnicos.

FERNANDO CALVIÑO E SERGIO BOADO FALARON DA SÚA EXPERIENCIA EN LAVOZ

Fernando Calviño, de CMF Celtaporc (Vila de Cruces), explicou a La Voz de Galicia a mediados de abril as vantaxes que está percibindo tras apostar por pechar o ciclo de produción de

Porco Celta. Uns días despois, Sergio Boado, propietario de Granxas de Lousada (Irixoa), falou neste mesmo medio sobre a súa experiencia coa produción ecolóxica e fixo fincapé no problema da falta de persoas interesadas en apostar pola actividade agrogandeira.

VICTORIA MASEDA COMEZA NOVO PROXECTO

Victoria Maseda (Masseda Catering), colaboradora habitual de Asoporcel, salientou en larazon.es o éxito que logran os alimentos galegos en

Madrid. A actual presidenta da Asociación Xacobea de Gastronomía e Turismo abrirá en setembro o restaurante Airiños, onde se poderán realizar presentacións de produtos da nosa terra, coma o Porco Celta.

FORMACIÓN CON AGACA

Durante a mañá do 18 de abril participamos na xornada formativa organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) sobre oportunidades de negocio arredor do Porco Celta.

Con só sete anos, Anxo Calviño decidiu participar con Galiciana, unha femia de Porco Celta de cinco, no Concurso Nacional de Manexo da Raza Porco Celta que, como vén sendo tradición, se celebra o domingo de Semana Verde pola tarde.

ASEMBLEA ANUAL DE ASOPORCEL

O sábado 11 de maio xuntamos os socios para celebrar, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, a Asemblea Anual de Asoporcel e unha comida de confraternidade ao remate. Sempre é un gusto vernos e intercambiar impresións!

...EPARACOMER,LUGO

E O PORCO CELTA, UNA VEZ MÁIS DA MAN

Non faltamos á cita anual coa Gala Provincial de Hostalería Lucense, que desta volta tivo lugar en Lugo o luns 15 de abril. Durante o evento, os asistentes puideron degustar embutidos da raza e lombo de Porco Celta á grella con Pataca de Galicia IXP.

NA GALA DA ACISA

O Porco Celta foi un dos protagonistas da X Gala Acisa, celebrada o sábado 27 de abril en Ribadeo. O director técnico da asociación, Iván Rodríguez, xunto cos gandeiros Adrián Sixto e Fernando Saavedra, asistiron ao evento en representación de Asoporcel. Noraboa á organización e aos premiados!

VISITA DOS VECIÑOS PORTUGUESES

A mediados de maio visitounos unha delegación do Município de Melgaço. Viñeron coñecer de primeira man o proxecto silvopastoral que estamos a desenvolver con exemplares da raza Porco Celta nos montes de Mestre. Agardamos que a visita fose moi proveitosa.

PRESENTES NA SEMANA VERDE 2024 CUNHA OFERTA

MOI COMPLETA

Un ano máis, preparamos unha ampla oferta ao redor do Porco Celta para promover esta raza na Semana Verde de Galicia. Tivemos máis de medio cento de animais no pavillón de gando, nove operadores presentaron os seus produtos en Salimat e, como xa é tradición, celebramos durante a feira certames morfolóxicos e de manexo.

A Casa da Rúa, Celtagal, Cienporcel, CMF Celtaporc, DOD Celtas da Ulloa, Embutidos Hermelino, Granxa O Cibrao, Carnicería Eurolemos e a Cooperativa Tres Fuciños foron as marcas dos operadores que venderon os seus derivados da raza Porco Celta no Salimat. Varios deles participaron tamén no espazo Alinova presentando algún elaborado innovador derivado do Porco Celta.

Ademais, a raza volveu formar parte dos menús degustación do TapiRazas, elaborados polo cociñeiro Antonio Díaz. O xoves púidose saborear minihamburguesa e roxóns de raza Porco Celta; o venres, raxo de raza Porco Celta, e o domingo, empanada de zorza de raza Porco Celta.

Así mesmo, volvéronse sortear 3 lotes de produtos entre todos os asistentes que fixeron unha foto con algún elemento da Semana Verde que estivese relacionado co noso cocho autóctono.

PROXECTO LIFE SILFORE

O 19 de abril tivemos xornada de campo en CienPorCel! Fómonos ata Cenlle para visitar esta gandería colaboradora no marco do proxecto ”Life Silfore: cara á conservación de sistemas agroforestais resilientes a través do silvopastoralismo”.

DEGUSTACIÓN CULINARIA CON AGRO DINÁMICO

O xoves 23 de maio celebramos a mediodía na Praza de Abastos de Lugo, e baixo o

paraugas do programa Agro Dinámico con Porco Celta da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo, a "Demostración culinaria con degustación de Porco Celta", un evento no que se puido saborear tataki de solombo de Porco Celta, arroz meloso de xamón de Porco Celta e xema de ovo, torreznos de Porco Celta e faceiras de Porco Celta. Enmárcanse tamén dentro do programa Agro Dinámico as participacións da asociación na Festa do Caldo de Ósos (Taboada), na Festa da Filloa de Muimenta (Cospeito), na Festa de Primavera (Barreiros) e na Festa do Cocido (Carballedo).

Semana Verde 2024

1.º Criador: Granxas de Lousada (Irixoa, A Coruña)

2.º Criador: Carmen García Arteaga (Vila de Cruces, Pontevedra)

3.º Criador: Diego Díaz Pérez (Lugo)

1.º Criador: Lembraeco (Palas de Rei, Lugo)

2.º Criador: José Vega Eiras (Castro de Rei, Lugo)

3.º Criador: Iván Uz López (A Pastoriza, Lugo)

Celso

2.º Criador: Pablo Cabodevila Pedride (Riotorto, Lugo)

3.º Criador: Finca O Peñasco (A Laracha, A Coruña)

3.º Piqué (17'')

PALMARÉS VI CONCURSO MORFOLÓXICO
V CONCURSO DE MANEXO MACHO FEMIA RECRÍA
1.º Criador:
Toimil Marín (Lalín, Pontevedra)
1.ª Galiciña (10'') Anxo Calviño
2.º Pirata (15'') Cristian Buján
Fernando Saavedra

GALIÑA DE MOS

CACHENA
CALDELÁ
VIANESA
FRIEIRESA
LIMIÁ
CABRA GALEGA
OVELLA GALEGA

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.