AUTÓCTONAS GALEGAS 6

Page 1

6 VERÁN 2011

A RAZA MOS:

IMPORTANCIA DA INCUBACIÓN DA GALIÑA E ESTUDO COMPARATIVO DOS GALOS FRONTE A UNHA ESTIRPE INDUSTRIAL

ANTONIO DÍAZ, PROMOTOR DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CACHENA DO EUME: “OXALÁ SIRVAN PARA METER MÁIS CACHENAS NAS GRANXAS”

RETRATO DA SITUACIÓN ACTUAL DA RAZA CABRA GALEGA

COIDADOS BÁSICOS DA RECRÍA EN OVINO E CAPRINO


A FORZA DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

“Os seus produtos son únicos, tanto en sabor coma en textura. É o resultado da súa xenética, a alimentación natural e a vida ao aire libre”

Francisco Manuel Penabad, criador de razas autóctonas Caxigueira (Ortigueira) 7 vacas frieiresas 30 ovellas galegas

FEADER Europa inviste no rural

9 cabras galegas 20 galos Mos 15 galiñas de Mos 15 cabalos de pura raza galega 2 cans de palleiro


EDITORIAL

3

5

A INCORPORACIÓN DAS

NOSAS RAZAS AO MERCADO Este ano, as Xornadas Gastronómicas da Cachena do Eume chegaron á súa terceira edición grazas á actividade da Asociación de Empresarios de Turismo do Eume e ao restaurador Antonio Díaz Calvo, promotor desta iniciativa que significa moito máis ca unha degustación puntual da carne desta raza autóctona. Antonio, con quen mantivemos unha conversa que publicamos neste número, reivindica con este evento que os sectores hostaleiro e gandeiro vaian da man para facer habitual a presenza das razas nas cartas dos restaurantes e, polo tanto, para darlles aos consumidores a oportunidade de probalas e de valorar as cualidades que as diferencian doutros produtos cárnicos. Tanto BOAGA coma a Federación Nacional de Razas Autóctonas (FEDERAPES) traballan na recuperación destes animais tamén cos obxectivos de darlles saída no mercado baixo os selos de calidade que merecen e de crear demanda. Precisamente, esta cuestión centrou o V Simposium de Razas Autóctonas Españolas, celebrado en novembro do 2010 no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, e ao que tamén lle damos cobertura na revista. Os relatores deste encontro comentaron distintas estratexias de comercialización efectivas que se están aplicando en España e Francia e todas se basean na importancia da marca oficial como garantía de vendas. Neste sentido, confiamos en que frutifiquen medidas coma o proxecto de Real Decreto posto en marcha polo Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, para regular o uso do logotipo Raza Autóctona. A creación desa nova etiqueta non é a única boa noticia para as nosas razas. Por unha banda, aprobáronse os estudos solicitados nas convocatorias Incite e Feader para analizar as características produtivas e da canal e a carne das razas Ovella Galega e a bovina Vianesa. Esta clase de estudos constitúen unha ferramenta máis para expoñer e defender a calidade dos produtos de razas autóctonas; nestas páxinas, de feito, damos a coñecer os resultados do que se realizou sobre a raza Mos. Por outra banda, o director xeral de Produción Agropecuaria anunciou que este ano verá a luz o decreto de regulación da avicultura artesanal, unha vella demanda do sector formulada hai tempo por Avimós e por BOAGA para a produción da Galiña de Mos. Asociacións e produtores buscamos que a crianza destas razas non sexa simbólica, senón rendible, e nesta dirección nos encamiñamos. De momento, como vedes, o proceso vai avanzando nas áreas da investigación, a regulación, a promoción e a comercialización.

EDITA: FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA Fontefiz. 32152. Coles (Ourense). Teléfono: 988.20.54.86 Fax: 988.20.54.89 Email: boaga@boaga.com Web: www.boaga.com Presidente: José Manuel González Lamelas Vicepresidente: José Blanco Blanco Secretaria-tesoureira: María Josefa Fernández Padín Vogais: Pablo Pérez Barroso, Manuel Devesa Fernández, Lisardo López Blanco, Francisco José Monasterio Solveira PRODUCE: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A. 27002. Lugo. Teléfonos: 982.22.12.78 / 636.95.28.93, 610.21.53.66 Email: transmedia@ctransmedia.com Web: www.transmedia.es Tirada: 1.500 exemplares Depósito legal: LU-399/2007

SUMARIO NOVAS

4

ENTREVISTA Antonio Díaz, promotor das Xornadas Gastronómicas da Cachena do Eume

16

FEDERACIÓN V Simposium das Razas Autóctonas

18

CABRA GALEGA Situación actual da raza

21

RECRÍA Coidados básicos en ovino e caprino

24

GALIÑA DE MOS A incubación e os primeiros días

28

INVESTIGACIÓN Estudo comparativo dos galos Mos fronte a unha estirpe industrial

35


novas

4

PRESENZA DAS RAZAS AUTÓCTONAS NA MOSTRA AGROGANDEIRA EXPOLUGO 2010 As razas autóctonas galegas desempeñaron un papel moi importante na cuarta Mostra Agrogandeira, celebrada do 2 ao 5 de outubro do 2010 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e englobada na feira anual Expolugo. A mostra contou con varias razas autóctonas entre as que destacaron os exemplares de Cachena do criador José Manuel Fontal Belón (Samos, Lugo); os de Caldelá, de Juan Manuel Lage Cid (Maceda, Ourense); os de Frieiresa, de José Luís López López (Paradela, Lugo); os de Limiá, de Javier Blanco González (Maceda, Ourense), e os de Vianesa, de Fernando Bouzas Bentín (Rois, A Coruña). Tamén se presentou un fermoso lote da raza Ovella Galega de cor negra, propiedade de Luis Fernández, de Riotorto.

O pavillón das razas autóctonas estivo moi concorrido os catro días da mostra

O pavillón da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, formado por paneis informativos das cinco razas bovinas, da Ovella Galega e da Galiña de Mos, ademais do Pazo de Fontefiz, estivo moi concorrido durante os catro días. Repartíronse máis de 3.000 folletos informativos e establecéronse numerosos contactos con persoas interesadas neste ámbito. Tamén se fixeron importantes transaccións, conseguido vender a maior parte dos animais presentados na feira. Foto de familia dos premiados

IV CONCURSO DA GALIÑA DE MOS Dentro de Expolugo celebrouse tamén o IV Concurso-Exposición Monográfico da Galiña de Mos. Ao certame acudiron 25 criadores que presentaron entre tres e catro exemplares cada un. Os animais caracterizáronse pola súa boa calidade, especialmente na categoría de galiñas, o que fixo que as valoracións finais estivesen especialmente igualadas.

PALMARÉS

Categoría de Galos: 1º premio. Galo propiedade de Alejandro Collazo, de Mos (Pontevedra). 2º premio. Galo propiedade de Filomena Varela, de Outeiro de Rei (Lugo). 3º premio. Galo propiedade de Álvaro Rodríguez, de Mos (Pontevedra). Categoría de Galiñas: 1º premio. Galiña propiedade de Miguel Verde, de Mos (Pontevedra). 2º premio. Galiña propiedade de Mariña Grille, de Val do Dubra (A Coruña). 3º premio. Galiña propiedade de Sara González, de Xermade (Lugo).

En paralelo, realizouse una venda de poliños de entre un e tres meses por parte de catro criadores da raza, movéndose case 300 pitos nos catro días que durou a feira e pola que pasaron arredor de 20.000 visitantes.

Autóctonas Galegas Número 6


novas

5

APROBADOS OS ESTUDOS DE RAZA VIANESA E OVELLA GALEGA SOLICITADOS NAS CONVOCATORIAS INCITE E FEADER 2010 En novembro do 2010 saíron aprobados os estudos solicitados para a raza Ovella Galega e a bovina Vianesa. Para a Ovella Galega, o proxecto titulado “Estudo das características produtivas da calidade da canal e da carne en cordeiros da raza Ovella Galega sometidos a distintos sistemas de crianza” foi aprobado pola Consellería de Economía e Industria. Este estudo ten unha duración de 36 meses e o seu remate está previsto para setembro do 2013. Nel colaboran o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) e o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), e atópase na primeira fase de manexo e control dos animais no campo. Xa se fixeron as tarefas de control de parideiras e a identificación e o peso dos cordeiros ao nacer, que se dividen en dous tipos de lotes. O lote A inclúe os cordeiros en extensivo, alimentados a base de leite materno, pasto e herba seca ad libitum, mentres que no lote B están os cordeiros en semiextensivo, aos que se lles engadiu concentrado na súa alimentación. Nestes momentos estanse a controlar quincenalmente os pesos individuais dos cordeiros que se sacrificarán en xullo, aos 4 meses de idade. O outro proxecto é o FEADER 2010/10 da raza Vianesa titulado “Estudo comparativo, a distintas idades de sacrificio, das características produtivas e da calidade da canal e da carne en animais de raza Vianesa nun sistema sustentable”. Foi aprobado pola Consellería do Medio

Rural, estase facendo en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne e neste momento xa se fixo a identificación individual dos animais e a clasificación por lotes segundo idades de sacrificio: lote A (aos 14-15 meses) e lote B (aos 19-20 meses). A partir do sétimo mes desde o nacemento, ás crías contrólaselles o peso

mensual e fáiselles a toma de medidas zoométricas. Ambos os dous lotes reciben a mesma alimentación, leite materno os 6 primeiros meses e, do sétimo mes ata o sacrificio, palla de cereal e preparado de multicereal ad libitum. Este estudo ten unha duración de 26 meses e o seu remate está previsto para setembro do 2012.

Os años do estudo dividíronse en dous lotes: un en extensivo e outro en semiextensivo

I MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS EN CASTROPOL A fin de semana do 12 ao 14 de novembro tivo lugar en Castropol (Asturias), no marco dunha exposición de avicultura internacional, un monográfico sobre a Galiña de Mos. A raza destacou pola boa calidade, en liñas xerais, dos máis de 120 exemplares presentes. Un dos grandes triunfadores foi o criador Juan Pernas (Xermade, Lugo), que acadou tanto o primeiro premio en galiñas como o de mellor criador, con exemplares inscritos a nome da súa muller, Sara

González. Unha das galiñas de Juan proclamouse mellor galiña da exposición de Castropol, unha mostra na que participaron máis de 1.700 aves. Outro dos campións foi Luis Fernández (Riotorto, Lugo) grazas a un fermoso galo que acadou o primeiro premio. Por outro lado, o premio ao mellor lote da raza levouno Miguel Purriños, de Pontedeume (A Coruña). Os exemplares destacaron pola súa boa calidade

Autóctonas Galegas Número 6


6

novas

CARNE CALDELÁ GAÑA O I CONCURSO NACIONAL DE PARRILLAS EN DONOSTI A vaca de raza Caldelá da que procedeu a mellor carne do I Concurso Nacional de Parrillas, de nome Chica, naceu no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (CRZG), situado no pazo de Fontefiz, en Coles (Ourense), dentro dun programa de recuperación desta raza autóctona galega. O animal, cedido ao criador Martín González González, foi sacrificado no matadoiro de Frigoríficos Bandeira (Silleda) e vendido a un carniceiro de Donosti. Segundo fontes do matadoiro, “intentamos adquirir as mellores vacas que temos en Galicia e vender a carne a xente que lle dá valor e que a leva a restaurantes de moito nivel”. Seguindo este obxectivo, moita da súa produción vai para o norte de España, como ocorreu cos chuleteiros de Chica, adquiridos por Luis Miguel Garayar Oira. Este maiorista guipuscoano merca carne galega desde hai 22 anos. Viaxa semanalmente desde San Sebastián ao matadoiro de Bandeira porque “es el que más calidad de producto tiene y el que más carne trabaja”. Á súa vez, Luis Miguel vendeu as mellores pezas desta carne de raza Caldelá ao carniceiro Patxi Larrañaga. El e mailo restaurador Joxean Eizmendi acudiron con elas á primeira edición do Concurso Nacional de Parrillas, convocado no marco do San Sebastian Gastronomika 2010,

celebrado do 21 ao 24 de novembro no Palacio Kursaal desta cidade. Joxean Eizmendi, que rexenta o restaurante Illara, de San Sebastián, impúxose como mellor parrilleiro do país neste certame. E fíxoo apostando pola carne de Caldelá: “Hemos ganado por la elección del producto, que es una auténtica joya”. Joxean, defensor da calidade do produto

e do coidado na súa trazabilidade, quixo ir ao concurso con sinais de identidade: “Quería participar con carne española y en Galicia hay una gran carne”. O xurado e o público, que puideron degustar chuletas de vaca Caldelá recén saídas da grella, valoraron sobre todo o sabor da carne.

Esta é Chica, a fermosa vaca Caldelá da que procedeu a carne gañadora do concurso

O PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA VISITA AS INSTALACIÓNS DE FONTEFIZ O 28 de decembro do 2010, con motivo da presentación do Libro da Vaca, en cuxa portada aparece unha vaca de raza Cachena, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, situado no Pazo de Fontefiz (Coles, Ourense). Despois de presidir o acto, Feijóo percorreu as instalacións do pazo onde se atopa a sede social da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga e departiu cos presidentes das distintas asociacións que integran a federación, os cales lle achegaron as súas inquedanzas e proxectos futuros. Autóctonas Galegas Número 6

Alberto Núñez Feijóo coa directiva de Boaga


novas

7

EXPODEGUSTACIÓN EN SAN XIAO DE MOS San Xiao de Mos (Castro de Rei) acolleu o 15 de xaneiro unha nova edición da xornada de exaltación da raza Galiña de Mos, orixinaria desta parroquia lucense.

A boa acollida do público quedou avalada polas arredor de 700 racións que se repartiron, preparadas de tres formas distintas: ao allo, ao forno e en salsa.

A cita, organizada entre o Concello e a Asociación de Criadores de Mos (Avimós), reuniu a máis de medio milleiro de persoas e estivo marcada polo protagonismo dos veciños da zona, xa que cinco deles criaron os máis de 200 galos que se ofreceron na degustación.

A exposición de exemplares de galiñas e galos de Mos, na que participaron un total de quince criadores da comarca, suscitou a curiosidade dos asistentes, os cales tiveron a ocasión de coñecer as distintas fases de crecemento desta raza avícola autóctona.

VENDIDO UN BOI DE RAZA CACHENA EN 1.354 EUROS NA POXA DE SILLEDA A poxa de gando bovino da Central Agropecuaria de Galicia (Silleda, Pontevedra) recibiu o 15 de febrero dous bois da raza Cachena, os primeiros da historia desta poxa. Os exemplares, ambos de 18 anos de idade, pertencían a Cárnicas Hermanos Boo, de Trives (Pontevedra). Un deles foi adquirido pola firma Galcarnes por 1.354 euros. O outro non puido ser comercializado por motivos de identificación, debido a un probema no crotal.

Á degustación da Galiña de Mos asistiron arredor de 500 comensais

A GALIÑA DE MOS NO PRATO Nos últimos tempos están xurdindo iniciativas de restauradores que, en colaboración cos criadores, están incluíndo nos seus menús pratos elaborados con carne da raza Mos, debido á calidade e ás características diferenciais que presenta. Este é o caso do restaurador Tomás, da casa de comidas Adega da tía Carmen, na parroquia de Louredo (Mos, Pontevedra), que desde o mes de febreiro está promocionando no seu menú o galo e a pita de Mos, obtendo unha impresionante acollida entre os comensais máis esixentes, que recoñeceron a altísima calidade do produto. Os exemplares cos que traballa proceden das granxas dos criadores Manuel Rodríguez (Ivo) e Miguel Verde. Os comensais recoñecen a excelente calidade da carne

Autóctonas Galegas Número 6


8

novas

A CARNE DE CACHENA, PRESENTE NO FÓRUM GASTRONÓMICO DE GIRONA A raza Cachena, xunto con outros produtos galegos procedentes da pesca tradicional e da agricultura, estivo presente no Fórum Gastronómico de Girona do 20 ao 23 de abril. Os visitantes que se achegaron ao pavillón da Xunta de Galicia, no que participaron as consellerías do Mar e do Medio Rural, degustaron unha oferta conxunta de produtos do mar e da terra acompañados por unha selección dos mellores viños e licores da comunidade.

A degustación da raza Cachena estivo combinada cunha das denominacións de orixe vitivinícola que máis peso ten na comunidade, a D.O. Rías Baixas. O obxectivo do departamento que dirixe Samuel Juárez é incentivar o consumo e o recoñecemento dos productos do agro máis aló das fronteiras galegas para consolidarse como referentes gastronómicos a nivel internacional. O foro de Xirona é unha das grandes citas anuais do campo gastronómico que

conta con presenza internacional. As actividades que se organizan nel garanten unha repercusión notable en canto a público profesional e experto, abrindo as portas a posibles contactos comerciais. Desde o seu nacemento, en 1999, converteuse nunha feira clave na difusión da cultura que rodea os fogóns. No 2008 transformouse nun encontro anual que alterna escenario nas cidades de Xirona e Santiago de Compostela.

ÉXITO DO CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR GANDEIRO O curso de prevención de riscos laborais no sector gandeiro que se organizou para facilitar a formación dos criadores pertencentes a Boaga tivo moi boa acollida. Debido ao interese mostrado e á grande afluencia de xente que se inscribiu nel, houbo que facer dous grupos, cada un integrado por 15 persoas. Esta acción formativa, que constou de 90 horas, desenvolveuse en dúas fases.

A primeira, de carácter presencial e dunha duración de catro horas, tivo lugar no pazo de Fontefiz (Coles, Ourense) os días 22 de febreiro (primeiro grupo) e 1 de marzo (segundo grupo). Nas clases distribuíuse o material e o profesor fixo as orientacións de estudo necesarias para desenvolver a segunda fase, que se fixo a distancia e cuxa duración foi de 86 horas. Cada alumno dispuxo, ademais do material, de titorías personalizadas, nas que puideron facer as consultas, e mais

de seguimento por teléfono ou a través de correo electrónico e dirección web. Ao remate, cada alumno recibiu un diploma acreditativo. Os obxectivos globais do curso foron, por unha parte, o de aumentar a cualificación dos traballadores no sector gandeiro e, por outra, o de sensibilizalos coa problemática ambiental.

A fase presencial tivo lugar no pazo de Fontefiz os días 22 de febreiro (primeiro grupo) e 1 de marzo (segundo grupo)

Autóctonas Galegas Número 6


novas

9

A RAZA MOS, NA FEIRA DE ARTESANÍA DE VIGO O 6 de marzo, os criadores Marcos Pichel, de Mos (Pontevedra), e Ángel Pavón, de Ourense, foron invitados polo Centro de Artesanía Tradicional de Vigo (CAT) a participar na sétima edición da Feira de Artesáns, que se celebra todos os meses no Paseo de Alfonso XII da cidade olívica. Acudiron ao evento cunha representación de animais do seu criadeiro, que fixeron a

ledicia de nenos e maiores abraiados pola fermosura e gran porte dos exemplares. Nesta cita, que quixeron que fora especial, levaron con eles unha obra da pintora Nuria Vilanova, a cal aceptou o reto de empregar como materia prima para a súa pintura ovo de Galiña de Mos, e cuxo resultado espertou a curiosidade do público que alí se congregou.

VIÑO E GANDO AUTÓCTONO EN CHANTADA No marco da XXIX edición da Feira do Viño de Chantada, desenvolvida os días 12 e 13 de marzo, tivo lugar unha exposición de gando frisón no recinto feiral da vila na que tamén estiveron presentes varios exemplares de raza Cachena. Os animais pertencen á explotación da criadora Milagros Lamas Varela, situada no lugar de Centulle, no municipio chantadino.

A Feira de Artesáns celébrase o primeiro domigo de cada mes

A GALIÑA DE MOS VIAXOU ATA ZARAGOZA A Fima Ganadera, celebrada en Zaragoza do 15 ao 18 de marzo, é unha das maiores feiras agrícolas e gandeiras que se organizan en España. Ten carácter bianual e no presente ano asistiron case 60.000 persoas, todas cunha vocación profesional, estando presentes, nos sete pavillóns que conforman a feira, as empresas máis destacadas do ámbito da gandería e do agro de case todos os países europeos. En representación da raza Galiña de Mos houbo un galo e tres galiñas que formaron parte dunha exposición de razas avícolas de toda España. Avimós estivo invitada no pavillón da Federación Española de Avicultura-Fesacocur, onde tivo ocasión de repartir numerosos trípticos informativos da raza entre diversos profesionais e o público en xeral, que se mostraron interesados polas bondades desta raza. Na Fima Ganadera houbo un galo e tres galiñas da raza Mos

Autóctonas Galegas Número 6


10

novas

A GALIÑA DE MOS E A CACHENA, NO CONCELLO DE ORDES A XIII Festa do Lacón con Grelos, celebrada os días 19 e 20 de marzo no Mesón do Vento (Ordes), contou con miles de persoas que se achegaron ao recinto feiral para visitar a ampla mostra de gando e maquinaria agrícola que se instalou. Ata alí se desprazou a criadora Mari Luz Gómez Fernández con varios exemplares de Galiña de Mos, acompañados de material publicitario proporcionado por Avimós. Na feira fixéronse moitos contactos con público interesado na raza, resaltando o grande interés que esperta entre a xente do rural a crianza destas aves debido á calidade que está demostrando. Na mostra tamén houbo varios exemplares da raza autóctona Cachena.

III XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CACHENA DO EUME Do 1 ao 23 de abril, a Asociación de Empresarios de Turismo do Eume (Tureume), en colaboración co Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), puxo en marcha as III Xornadas Gastronómicas da Cachena no Eume. Con elas preténdese dar a coñecer ao público unha das razas bovinas autóctonas galegas, animando a máis gandeiros a apostar pola súa cría, amosándolles as súas prestacións dentro da cociña e pretendendo que sexa unha saída económica no medio rural. Nelas participaron sete restaurantes situados na comarca do Eume, que incluíron nas súas cartas habituais pratos elaborados con esta prezada carne procedente da Baixa Limia. O acto de presentación das xornadas, que tivo lugar a 31 de marzo no Centro de Interpretación das Fragas do Eume, comezou coa intervención de José Ramón Justo, coordinador xeral de Boaga, quen lle explicou aos presentes as características da raza Cachena, a súa morfoloxía, hábitats, programa de recuperación, etc. A continuación, desenvolvéronse tres charlas. A primeira, impartida por Cástor J. Rivero Martínez, veterinario e director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, versou sobre as diferentes razas autóctonas galegas existentes, o seu censo e as súas características. Rivero fixo fincapé naquelas que están en perigo de extinción e sinalou os factores que inciden nunha produción efectiva das mesmas, resaltando a cría extensiva como a máis beneficiosa e interesante desde diferentes puntos de vista.

Autóctonas Galegas Número 6

A segunda conferencia foi a de José Antonio Meixide, profesor do centro de formación e experimentación agroforestal de Guísamo, que falou da actual crise pola que pasan os diferentes sectores agrícola, gandeiro, da industria alimentaria e da restauración, así como da necesidade de innovar nos produtos. Ao respecto, subraiou a importancia de apostar pola calidade e a diferenciación como estratexias de comercialización, transmitíndolle ao consumidor a exclusividade e calidade destes produtos autóctonos diferenciados e as vantaxes que teñen ao ser consumidos. A última charla correu a cargo de Ana Isabel Benze Permuy, en representación da Cooperativa do Campo Capela, situada na Capela (A Coruña) e que funciona con pequenas explotacións elaborando distintos produtos con leite crú, manteiga, queixo e o afamado requeixo da Capela. Ana Isabel falou da experiencia da cooperativa e puxo de manifesto o interese do consumidor por este tipo de produtos, diferentes aos de elaboración industrial, así como da aposta que están facendo por ampliar a gama e chegar a un maior número de consu-

midores, precisamente apostando pola calidade e a diferenciación recomendadas. Finalmente, Antonio Díaz Calvo, do restaurante Andarubel, que foi quen presentou o acto e moderou as charlas, resaltou a sorte de contar con produtos galegos de calidade dos que aproveitarse e lamentou que se lles dea un maior recoñecemento aos produtos estranxeiros e do resto do territorio nacional por riba dos propios de Galicia. Os locais participantes nestas xornadas gastronómicas foron o Andarubel (Pontedeume), La Palma (A Capela), A Pitanza (Pontedeume), Casa Peizás (A Capela), La Solana (Cabanas), Las 5 Jotas (As Pontes) e Casa Sixto (Paderne).

Coas xornadas dáselle coñecer ao público unha das razas bovinas autóctonas de Galicia


novas

11

AS RAZAS AUTÓCTONAS NA EXPOFEIRA DE VAL DO DUBRA A fin de semana do 2 e 3 de abril celebrouse no concello de Val do Dubra (A Coruña) a sétima edición da Expofeira Ecolóxica, Multisectorial e de Razas Autóctonas. Ata o recinto feiral de Bembibre achegáronse membros de varias asociacións que forman parte da Federación de Razas Autóctonas Galegas-Boaga. Coa Galiña de Mos participaron os criadores Mariña Grille, Sergio Noya e Rocío Calvelo, todos de Val do Dubra. Mariña Grille acudiu tamén cun fermoso lote de Ovella Galega, mentres que José Antonio Liñares o fixo coa Cabra Galega. En canto ás razas bovinas, participaron Fernando Bouzas coa Vianesa, José Antonio Liñares coa Cachena e Jesús Pardal coa Limiá. Entre os asistentes á Expofeira estivo o director xeral de Produción Agropecuaria da Xunta de Galicia, José Álvarez Robledo, quen destacou que as feiras e mercados “forman parte inseparable da cultura e a tradición do noso mundo rural”. Así mesmo, loou as razas autóctonas galegas, destacando a calidade dos seus produtos.

Neste contexto, a cervexería-restaurante Liñares, situada na parroquia de San Roque, acolleu unhas xornadas gastronómicas de carne de Cachena. O xerente deste local hostaleiro, José Liñares, está a facer unha aposta decidida polas carnes autóc-

tonas, principalmente de Cachena e Galo de Mos, co obxectivo de ofrecerlle ao consumidor a máxima calidade nos seus produtos.

A Expofeira contou coa visita do director xeral de Produción Agropecuaria da Xunta, José Álvarez Robledo

A GALIÑA DE MOS, UN ÉXITO DE VENDAS NAS RODRIGAS A Galiña de Mos estivo presente o 10 de abril nas Rodrigas (Riotorto, Lugo) con motivo da celebración da feira anual do ferro. Xa participara no último mercado de produtos ecolóxicos da tempada organizado na mesma localidade o pasado 13 de febreiro. Alí estivo unha vez máis o criador Luis Fernández Fernández, que acudiu cun bo número de exemplares, conseguindo moitas vendas.

NO MEDIEVO TAMÉN HABÍA GALIÑAS DE MOS A Galiña de Mos estivo representada na feira medieval de Monforte de Lemos (Lugo) o pasado 23 de abril. Os exemplares foron presentados polo criador monfortino Manuel Aira Losada. Un gran número de visitantes percorreu as rúas e o posto da raza foi moi visitado.

Autóctonas Galegas Número 6


12

novas

A CARNE DE CACHENA TIVO REPRESENTACIÓN NA FEIRA DE TRIACASTELA O pasado 24 de abril, Triacastela celebrou a segunda edición da Feira de Artesanía e Produtos da Zona, na que se deron cita arredor de medio centenar de expositores, entre os que se encontraba un de carne envasada da raza autóctona Cachena. O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, foi o encargado de pronunciar o pregón, no que destacou a importancia desta feira para promocionar a calidade dos produtos da zona e como “dinamizador socio-económico da bisbarra”. Así mesmo, incidiu na tradición artesanal de Triacastela, exemplificada na arte do tear, “toda unha cultura propia” que permite a ese municipio “presumir de ser un dos pobos galegos de máis longa historia e recoñecida tradición”. Tras o pregón, o conselleiro, acompañado por outras autoridades e representantes políticos, percorreu todos os postos instalados de artesanía da madeira, calzado, tear, instrumentos musicais e produtos gastronómicos entre os que destacaba a carne de Cachena.

O expositor da raza Cachena contou con trípticos informativos

VII FESTA DA CACHENA EN ENTRIMO E VIII DA CACHENA ECOLÓXICA EN QUINTELA DE LEIRADO O pasado domingo 1 de maio celebrouse a VII Festa da Exaltación da Empanada de Forquellas e a carne de Cachena do Entrimo (Ourense) no campo da feira de Terrachán. Ao igual que en edicións precedentes, a afluencia de público foi moi numerosa, o que avala o éxito desta xa consolidada cita gastronómica. O menú, a un prezo de 12 euros por persoa, estivo composto por unha ración de empanada, carne cocida de Cachena, pan, viño e un obsequio conmemorativo. O ambiente estivo moi animado e mesmo se contou cunha banda de gaitas para amenizar a xornada. Por outra banda, o municipio ourensán de Quintela de Leirado xa ten todo preparado para a celebración da oitava edición da Festa da Cachena Ecolóxica, que terá lugar o último sábado do mes de agosto.

Autóctonas Galegas Número 6

Trátase dunha cita cuxa afluencia de público foi en aumento desde a primeira edición ata a última, festexada o 21 de agosto do ano pasado e á que acudiron preto de medio millar de comensais. Unha das súas características diferenciais é que os asistentes teñen ocasión de ver como se produce esa carne antes de consumila. Por exemplo, no 2010, a organización dispuxo autobuses para visitar a explotación gandeira Moncho, na que o seu propietario, Ramón Vázquez, explicou con detalle a estrita alimentación e os coidados que reciben os tenreiros. O reto que se fixou a organización para esta edición é conseguir superarse unha vez máis tanto en público coma en calidade.

GALIÑA DE MOS E OVELLA GALEGA NA FEIRA DE SARRIA Os días 7 e 8 de maio reeditouse en Sarria (Lugo) unha nova convocatoria da feira de San Isidro. Organizada pola asociación de gandeiros Á Cabana, contou con poxas de frisona e de Rubia Galega, participando na mostra un lote de Galiña de Mos e de Ovella Galega presentado polo criador Luis Fenández, de Riotorto.


novas

13

CELEBRACIÓN DA XVIII FESTA DO GALO DE CURRAL DE VILA DE CRUCES O 29 de maio, Vila de Cruces (Pontevedra) acolleu a XVIII edición da súa Festa do Galo de Curral, que vén de declararse de interese turístico galego. Nos últimos anos, este concello pontevedrés apostou decididamente pola Galiña de Mos e, actualmente, o 50% da produción de Galo de Vila de Cruces procede da raza Mos. A Asociación de Criadores do Galo de Curral de Vila de Cruces O Agro está á espera de poder incrementar a produción para poder acadar a curto prazo a totalidade da produción da raza autóctona, agora que están construíndo un matadoiro. Nesta xornada festiva, que estivo moi concorrida e animada, fíxose unha exposición-concurso de aves vivas na que participaron máis de 60 entre polos, galos e galiñas. Escolléronse os tres mellores galos, que foron valorados por xuíces da raza. Tamén houbo degustación de galo e venda de exemplares.

Na exposición participaron máis de 60 aves entre polos, galos e galiñas

XORNADAS DE DEGUSTACIÓN DO GALO MOS Durante todo o mes de xuño, o restaurante Liñares (San Román, Val do Dubra) acolle unhas xornadas de degustación do Galo Mos. O xerente do local hostaleiro, José Liñares, anima a todo o mundo a achegarse ata alí e probalo, seguro de que o seu excelente sabor e a súa textura non defraudarán a ninguén. Os exemplares son subministrados por criadores do concello coruñés de Val do Dubra.

A carne desta raza avícola destaca polo seu excelente sabor e a súa textura

Autóctonas Galegas Número 6


14

novas

A RAZA MOS PARTICIPA NO PROXECTO ANATOLE O Grupo de Criadores de Galiña de Mos do Concello de Val do Dubra está participando activamente no proxecto Anatole debido aos beneficios que o seu desenvolvemento lle pode producir á comercialización dos seus produtos. Trátase dunha iniciativa na que o papel dos Concellos é moi importante, pois a través deles, e mediante a normativa de hixiene sanitaria, pódese permitir (con certas limitacións) a venda de produtos sen rexistro sanitario.

zonas onde xa existe este sistema, intentáronse extraer os puntos de partida para concretar o que é produto de proximidade, que debe atender, entre outros, aos seguintes criterios: que pertenza á área de Compostela (Composterra) ou que tradicionalmente se venda ou se compre na mesma, que exista tradición gastronómica e identidade do produto, que o seu consumo sexa socialmente

responsable e que se produza de acordo a uns parámetros de sostibilidade próximos aos ecolóxicos e non industriais. Todos estes requisitos son cumplidos pola raza autóctona Galiña de Mos. Finalmente, na reunión tentouse definir o ámbito xeográfico do produto de proximidade, chegando á conclusión de que ten que ser un produto galego.

O proxecto Anatole desenvólvese baixo o lema Unha aposta pola competitividade e calidade dos nosos mercados para o desenvolvemento da economía de proximidade. Promovido pola Asociación de Cámaras Agrarias do Arco Atlántico, é unha iniciativa transnacional para promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe intercultural, a formación e a conformación de redes no ámbito do desenvolvemento de mercados de proximidade para o sector primario. En Galicia, o promotor institucional do proxecto é a concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, e o operador técnico é a asociación ADTERRA. O territorio rural de incidencia é o correspondente ao GDR 24 Terras de Compostela, do Programa LEADER. Os obxectivos principais deste proxecto son promocionar a produción local dos territorios rurais periféricos a Santiago coa fin de favorecer a súa comercialización e consumo nos mercados de proximidade e establecer un modelo innovador na organización da economía de proximidade que favoreza un desenvolvemento urbano-rural sustentable con capacidade de transferencia e aplicación noutros territorios, así como crear unha rede europea de intercambio de experiencias e creación de novos modelos de organización para unha economía de proximidade con dimensión atlántica. Un dos referentes desta aspiración é a experiencia vasca, na que, mediante a organización dos produtores e a demanda dos consumidores, se conseguiu crear unha rede de venda de produtos locais. Despois de analizar varios exemplos de

Autóctonas Galegas Número 6

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento de mercados de proximidade para o sector primario


novas

15

DESCANSO, AVENTURA E COÑECEMENTO DA RAZA CACHENA: UNHA ALTERNATIVA AO TURISMO HABITUAL O restaurante-pensión Cazador (A Mezquita, Ourense) e a Asociación Cultural Os Tres Reinos puxeron en marcha unha iniciativa na que ofertan fins de semana de descanso, deporte e aventura nunha contorna natural privilexiada. Entre as actividades propostas inclúese a visita a unha explotación de gando bovino en extensivo da raza Cachena. Alí, os asistentes teñen ocasión de escoitar unha

explicación sobre as características e trazos diferenciais desta raza autóctona galega, á vez que viven experiencias coas vacas e, se o desexan, realizan prácticas coas tarefas diarias da explotación. Durante a cea do sábado, os presentes poden degustar tenreira Cachena, apreciando así a diferenza con carnes bovinas doutras razas máis estendidas.

A iniciativa, que se prolongará ata finais do mes de xullo, inclúe pensión completa a base de pratos e bebidas da zona, dúas noites de aloxamento e un paquete de actividades programadas (multiaventura, circuíto de spa, camiñada, visita ao patrimonio etnográfico, geocaching, etc.). O único requisito necesario é un mínimo de 8 persoas por grupo. O prezo individual é de 130 euros.

MEDIO RURAL PUBLICARÁ ESTE ANO UN DECRETO DE AVICULTURA ARTESANAL QUE PERMITIRÁ REGULAR AS GRANXAS DE GALIÑA DE MOS O director xeral de Produción Agropecuaria da Xunta de Galicia, José Álvarez Robledo, informou de que no presente ano verá a luz o decreto que regulará a produción de avicultura artesanal. Este decreto é unha longa proposta feita desde hai tempo por Avimós e por Boaga. A principios do 2011, as dúas entidades presentaron un borrador de proposta de aplicación da normativa existente para poder legalizar as explotacións da Galiña de Mos e regular a produción, ao igual que se fixo noutros países europeos no caso de producións similares. A principal limitación para o crecemento da comercialización da raza é a dificultade exis-

tente para que os criadores consigan o correspondente código REGA de explotación avícola. As normativas nacionais existentes están encamiñadas á avicultura industrial e existe un baleiro nas pequenas granxas de galiñas, malia que en Galicia existen por todos os recunchos galiñeiros familiares enfocados ao autoconsumo, na maioría dos casos. Existen normas, coma o plan sanitario avícola, que non é de aplicación en granxas de menos de 250 galiñas reprodutoras, pero non se especifican os requisitos que deben cumprir as granxas con menos galiñas, quedando nunha situación de alegalidade.

Outras normativas, coma a de ordenación da avicultura de carne, indican os requisitos que deben cumprir estas explotacións deixando os criterios moi abertos, decidindo a aprobación ou non segundo a sensibilidade do inspector e non existindo uniformidade nas distintas áreas. É común que en Galicia se adopten criterios moi restritivos provocando a imposibilidade de continuar coa actividade avícola. A nova normativa pretende aclarar e simplificar os requisitos, favorecendo a xeración dunha economía avícola moi importante como complemento á renda agraria.

PRESENTACIÓN DA GRANXA SOUTO DE HERVILLE No lugar de Erville, na parroquia de Cela (Mos, Pontevedra), encóntrase a granxa Souto de Herville, cuxo obxectivo é recuperar e estender a raza autóctona Galiña de Mos baixo a tutela de Avimós. Trátase dunha raza noutrora dispersada por toda Galicia, cunhas características de rusticidade que lle confiren aos seus produtos, ovos e carne, unhas propiedades únicas na súa especie. A páxina www.soutodeherville.es ofrece información actualizada sobre esta raza, eventos, galería de fotos e vídeos, así como novidades sobre a súa estandarización. A través dela tamén se poden encargar exemplares de distintas idades deste fermoso animal.

Autóctonas Galegas Número 6


16

eNTREVISTA

Antonio Díaz en pleno parque natural das Fragas do Eume, onde rexenta o restaurante Andarubel dende 2005

ANTONIO DÍAZ CALVO COORDINADOR DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CACHENA DO EUME

“OXALÁ AS XORNADAS SEXAN UN TRAMPOLÍN PARA QUE OS GANDEIROS DA ZONA METAN MÁIS CACHENAS NAS GRANXAS” O cociñeiro e propietario do restaurante Andarubel, “o escaparate gastronómico da comarca do Eume”, é un entusiasta das razas autóctonas en perigo de extinción. Tanto é así, que non só as leva á carta do seu establecemento, senón que dende hai tres anos promove coa Asociación de Empresarios de Turismo do Eume (Tureume) a celebración na zona das Xornadas Gastronómicas da Cachena. Antonio Díaz Calvo (Pontedeume, 1976) teno claro: “Dende que vin esta carne no prato dixen: Haberá que pensar en criar isto!”. _En abril celebráronse as III Xornadas Gastronómicas da Cachena do Eume. O Andarubel participa dende a primeira. _Somos o restaurante precursor das xornadas. Estou moi sensibilizado coas razas autóctonas e xa levaba anos probando a carne de Cachena. A primeira Cachena que comprei foi no ano 2007, a Manolo de Triacastela, que é un dos míticos. E todos os anos lle sigo comprando! Algúns empresarios da comarca do Autóctonas Galegas Número 6

Eume non a coñecían pero animáronse a probar un produto diferenciado. Trátase de crear demanda, a nós parécenos que hai que diferenciar as cartas dos restaurantes. Fixémolo con Porco Celta, coa Ovella Galega… Dende o principio intentei ter os dous puntos de vista, é dicir, entender tamén o que é unha produción cárnica, a diferenza entre un animal e outro. Coa Cachena levamos tres anos e as xornadas xa están consolidadas. Fanse antes de Semana Santa e po-

ñémonos a traballar cun mes e medio de antelación, máis ou menos. _Como foi esta edición? _Este ano invitamos a xente dos Refuxios do Mandeo. Ata agora centrarámonos máis na Asociación Tureume pero xuntámonos cos dos Refuxios e a acollida foi tremenda. Quedaron con ganas de coller máis Cachena. O tema é probar…


ENTREVISTA _Que pratos preparaches para as xornadas coa carne desta raza? _Un montón! Tiñamos 12 ou 15 pratos distintos… Carne ao caldeiro, estofados e guisos tradicionais, unha agulla estofada con viño de Betanzos… Intentamos maridar a Cachena con produtos típicos da zona, dándolle protagonismo total á comarca do Eume. Por exemplo, preparamos pratos con viño e augardente de Betanzos, algún prato con grelo de Monfero, Cachena con augardente de Betanzos e mel do Eume... Tamén maridamos con queixos da zona, das queixerías do Eume e de Campo Capela. Son pratos tirando a tradicionais. Compramos unha res enteira, unha canal, e témola que vender! Fixemos chuletas, lomos, xarretes, carpaccio crú con queixo de Allariz, nun guiño a Ourense, de onde procede a Cachena… _Que diferencia para ti a carne da Cachena doutras de vacún? _Engraxa máis, é máis sabrosa, máis potente, máis feita, máis intensa… A graxa é o que lle vemos á Cachena. Ten unha infiltración, un acabado en graxa, que lle dá un sabor diferente no paladar. Outras carnes están tenras, pero non é o mesmo. Levamos matado sete ou oito animais en tres anos. Gústanme os animais moi feitos, que incluso pasen do ano. Mesmo matamos un de 16 anos, nunha proba de vacún. Cebámolo e deu moi boa carne. _Quen te abastece? Son criadores da zona? _O criador máis cercano é Miguel Pernas, de Loiba (Ortigueira). Estamos moi contentos con el, ten uns animais moi acabadiños e está moi aberto a suxerencias. Sempre lle dicimos: “Isto ten futuro, é un produto de calidade, cobra máis!”. Iso si, o produto é de altísima calidade pero ten que estar ben acabado, ben engraxado. O que se paga é a infiltración e a graxa e esta raza en pouco tempo infiltra moito. Tamén lle compramos a Plácido, que é un gandeiro de Muras. _E cal é a opinión dos clientes? Valoran a diferenza? _Hai clientes que sempre preguntan: “Cando son as Cachenas este ano?”. A xente valóraa, no prato nótase. Depende da elaboración, claro, pero nótase na cor, no despece… é unha carne máis vermella.

17

Unha das cualidades desta carne é o seu acabado en graxa

_Volvendo ás xornadas da Cachena, van máis alá da degustación… _Si, facemos un acto ao que eu lle chamo “exaltación do medio rural gastronómico”. Invitamos a unha empresa agroalimentaria. Este ano veu un profesor do centro de formación e experimentación agroforestal de Guísamo. Tamén tivemos ao director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, invitamos a xente das asociacións… E ademais montamos unha exposición de razas autóctonas. _Apostas pola carne das autóctonas e polos produtos agroalimentarios do Eume. Dende o 2007 formas parte de Asoporcel e tes unha pequena explotación con catro nais de Porco Celta. É toda unha filosofía de traballo! _Penso que teñen que ir da man o sector hostaleiro e o sector gandeiro. Non hai unha gastronomía rexional se non

hai produtos rexionais. A culpa témola os hostaleiros, que non sabemos valorar. Nunca seremos grandes gastronomicamente falando se non atendemos ao que temos arredor. Se temos unha pila de razas autóctonas! Ollo! Estamos empezando con bo pé. Aquí na nosa comarca sonan, o que xa é un paso. Salvo na zona de Ourense, os gandeiros normalmente venden a particulares. Fai falta darlle prestixio, que a xente coñeza a carne destas razas e a demande… Hai que comercializar este produto, é o seguinte paso para achegar este poderío xenético ao gran público, que é o que vai decidir. Pero se a xente do rural se ten que reconverter ao cárnico, que sexa de calidade. Temos razas para facelo e tamén territorio. Oxalá as xornadas sexan un trampolín para que os gandeiros da zona metan máis Cachenas nas granxas!

Antonio acostuma a maridar a carne da Cachena con produtos da comarca coma o queixo ou o mel

Autóctonas Galegas Número 6


18

FEDERACIÓN

OS PONENTES DO V SIMPOSIUM DE RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS EXPUXERON DISTINTAS ESTRATEXIAS DE COMERCIALIZACIÓN Os días 14 e 15 de decembro de 2010 celebrouse no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, no pazo de Fontefiz (Coles, Ourense), o V Simposium organizado pola Federación de Razas Autóctonas Españolas-FEDERAPES. Acudiron arredor de cen asistentes entre criadores, persoal técnico e investigadores de universidades, así como representantes da Administración.

O simposium foi inaugurado polo director xeral de Producións Agropecuarias da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, José Álvarez Robledo. Á súa dereita figuran Ricardo Ignacio Vecillas (xefe territorial da Consellería do Medio Rural en Ourense) e Cástor José Rivero (director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia). Á súa esquerda están José Ramón Justo (secretario xeral de FEDERAPES) e José Manuel Freire (presidente do INORDE)

O simposium deste ano desenvolveuse baixo tres vertentes de interese. Unha arredor da xestión económica e aspectos de contabilidade nas asociacións de criadores, outra máis xeral na que se tiveron en conta estratexias de comercialización dos produtos das razas autóctonas españolas e estranxeiras e unha terceira de coñecemento e intercambio de experiencias. Autóctonas Galegas Número 6

No primeiro día, as charlas versaron sobre aspectos da xestión e economía, afondando na auditoría e contabilidade das asociacións de criadores. Dirixíronse ao persoal administrativo e económico das entidades asociativas, e o ponente que as expuxo foi Luis Manuel Fernández Llames, auditor de contas e profesor no máster de auditoría de contas de Oviedo.

O segundo día comezou cunha ponencia a cargo de Carmen Zomeño Rodríguez, xefa de servizo de produción diferenciada da Subdirección Xeral de Conservación de Recursos e Alimentación Animal, pertencente á Dirección Xeral de Recursos Agrícolas e Gandeiros do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM). Na charla tratou cuestións sobre o etiquetado e a comercialización


FEDERACIÓN

dos produtos de razas autóctonas españolas e falou do importante papel que xogan as razas autóctonas en aspectos como o medioambiental, o social e o da conservación dos recursos xenéticos e a calidade das súas producións. Zomeño profundou nos instrumentos legais dos que dispoñemos para a valorización do factor raza autóctona nos produtos de orixe animal, entre os cales se encontran as IXPs (Indicacións Xeográficas Protexidas) e DOPs (Denominacións de Orixe Protexidas), a gandería ecolóxica, os etiquetados facultativos de carne de vacún, cordeiro e cabrito, así como as marcas colectivas e de garantía. Por último, presentou as novas iniciativas do Ministerio, así como o futuro da política de calidade europea. Un proxecto interesante é a posta en marcha por parte do MARM do proxecto de Real Decreto polo que se regula o uso do logotipo Raza Autóctona nos produtos de orixe animal. Este logo poderase aplicar aos produtos de orixe animal pero con restricións. Só se poderá aplicar aos das especies recollidas no catálogo de razas autóctonas (Anexo I do R.D. 2129/2008 de 26 de decembro polo que se establece o Programa Nacional de Conservación, Mellora e Fomento das Razas Gandeiras), así como para os produtos procedentes de animais inscritos nos Libros Xenealóxicos. O logo será compatible con outras figuras de calidade diferenciada e está previsto que sexa controlado por organismos independentes de control. A segunda charla, titulada “Os produtos e comercialización das razas francesas”, estivo a cargo do ponente francés Nils Beaumond, pertencente á asociación interprofesional de vacún máis potente da Unión Europea (INTERBEV), quen comentou as experiencias e estratexias de comercialización que levan poñendo en marcha no país veciño dende o ano 1960 Un proxecto interesante é a posta en marcha por parte do MARM do proxecto de Real Decreto polo que se regula o uso do logotipo Raza Autóctona nos produtos de orixe animal

a través da diferenciación e defensa da excelencia dos produtos autóctonos e a protección das formas tradicionais de produción. Beaumond afondou na utilización de signos de identificación da calidade e da orixe, destacando entre outros o Label Rouge e Race à Viande. Label Rouge é o selo creado en 1960 polo Ministerio de Agricultura francés para certificar que un produto é de calidade superior fronte a outros produtos existentes no mercado. Este signo abarca tanto produtos alimenticios como produtos agrícolas non alimentarios e non transformados, e agrupa aos distintos

Estratexia de comunicación impactante da marca francesa Race à Viande. ““El bistec de raza de aptitudes cárnicas, un buen pedazo de medio ambiente” (Fonte: INTERBEV)

sectores desde a produción ata a venda ao consumidor. Existen en Francia 500 produtos que se amparan baixo esta marca e representan un volume de negocio de 1.400 millóns de euros. No sector cárnico, a carne Label Rouge distribúese maioritariamente por canais de distribución artesanal (62%), fronte a un 38% de distribución nas grandes superficies. Moitas son as vantaxes que achega esta marca. Para os produtores supón un recoñecemento e valorización do seu traballo así como unha garantía de venda do produto que se traduce ao final nun maior rendemento económico. Transformadores e distribuidores obteñen unha

19

maior amplitude e gama de produtos que ofertar no mercado cuns maiores beneficios. En canto aos consumidores, estes poden elixir diferentes produtos coa seguridade e garantía oficiais. Outro signo distintivo francés creado máis recentemente, no 2004, é o Race à Viande, que identifica os produtos das razas cárnicas francesas e entre cuxos obxectivos está o de unificar, a través dunha firma colectiva, todos os procesos que promoven as razas cárnicas, así como transmitir o concepto de “raza cárnica” globalmente, de forma que o consumidor recoñeza e identifique facilmente o tipo de produto coa raza á que pertence a través de cada un dos circuítos de distribución. Ao final, todo isto está a repercutir positivamente no mantemento da diversidade das razas existentes e mais do contorno rural francés, no que se inclúe o sostemento dun sistema de produción cunha longa tradición. Por último, Nils Beaumond contou os esforzos que están facendo e o importante que é promocionar os produtos con signos distintivos a través de concursos, degustacións, feiras, salóns gastronómicos, a creación e subministración de material publicitario a través de toda a cadea de distribución ata o consumidor e tamén a través da publicidade en páxinas web como de campañas imaxinativas sobre a calidade dos produtos cárnicos, asociándoos á tradición e á conservación do medio ambiente. A seguinte conferencia foi a de José Puntas, presidente da Asociación Nacional de Criadores de Ovino Segureño (ANCOS), que expuxo as experiencias da asociación desde os seus comezos, o funcionamento e organización actuais e as estratexias de comercialización para diferenciar os seus produtos a través da posta en marcha da comercializadora segureña S.C.A. (COSEGUR), creada no 2002 por 22 gandeiros e 15.000 cabezas Label Rouge é o selo creado en 1960 polo Ministerio de Agricultura francés para certificar que un produto é de calidade superior fronte a outros produtos existentes no mercado

Autóctonas Galegas Número 6


20

FEDERACIÓN

Antonio Xende comentou a experiencia comercial da IXP Ternera Gallega

produtoras e que comprende a venda de animais vivos, canais e despezamento cárnico, así como un etiquetado facultativo específico. Tamén falou da recente creación da IGP Cordero Segureño, se ben esta última non é un signo distintivo para protexer a produción dunha raza determinada, senón para a diferenciación da produción de cordeiro das zonas que abarca a IXP. Nas últimas ponencias, María Fernández Fernández, directora de Xata Roxa S.L. en Asturias, e Antonio Xende Barbeito, director da IXP Ternera Gallega, falaron das experiencias na posta en marcha, a Autóctonas Galegas Número 6

sistemática de traballo e as dificultades destas dúas entidades desde os comezos ata a actualidade. Nils Beaumond falou das estratexias de comercialización que levan poñendo en marcha en Francia dende 1960 a través da diferenciación e defensa da excelencia dos produtos autóctonos e a protección das formas tradicionais de produción

Xata Roxa S.L. constituíuse no ano 2001 como unha iniciativa para enlazar o sector produtor e o comercializador asturiano. O seu obxectivo é o de promocionar e controlar a venda de carne de animais inscritos no Libro Xenealóxico da raza Asturiana de los Valles. Pola súa parte, a IXP Ternera Gallega constituíuse fai máis de 20 anos, sendo a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. Ocupa a primeira posición no mercado español dentro das IXP e marcas de calidade, con máis de 17.000 toneladas métricas de carne de vacún certificada, representando máis do 50% de todas as producións de IXP de España.


CABRA GALEGA

21

SITUACIÓN ACTUAL DA RAZA CABRA GALEGA A Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga vén realizando dende agosto do 2010 unha serie de traballos de prospección e marcaxe de exemplares que cumpren co estándar racial da Cabra Galega.

Nos Ancares atopáronse en torno ao 30% do total de animais marcados da comunidade

Desde agosto do ano 2010, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, en base ao convenio que ten firmado coa Xunta de Galicia para a conservación e recuperación das razas autóctonas galegas onde se inclúe a cabra, vén realizando unha serie de traballos de prospección e marcaxe de exemplares que cumpren co estándar racial da Cabra Galega. O obxectivo destas accións é determinar a situación actual da raza, xa que existían evidencias de que se atopaba en serio perigo de extinción.

Os resultados extraídos dos traballos realizados son os seguintes: OS EXEMPLARES DE CABRA GALEGA CONVIVEN EN CASE TODAS AS EXPLOTACIÓNS CON OUTRAS RAZAS CAPRINAS, ATOPÁNDOSE EN CLARA MINORÍA E PREDOMINANDO A MESTURA DE RAZAS

Localización Están localizados un total de 333 animais da raza galega en 48 explotacións, dos cales 25 son machos e 308 femias. Estas cifras dan lugar a unha media de 6,4 femias por explotación e, o máis preocupante, só 0,52 machos, o que indica que existen moitas granxas onde periga a continuidade da raza por carecer de semental para cruzar cos exemplares existentes.

Autóctonas Galegas Número 6


CABRA GALEGA

22

Están localizados un total de 333 animais da raza Cabra Galega en 48 explotacións

Os exemplares de Cabra Galega conviven en case todas as explotacións con outras razas caprinas, atopándose en clara minoría con respecto a estas e predominando, na maioría dos casos, unha mestura de razas como resultado de non ter apostado nunca por unha en particular.

A Coruña

Pontevedra

Lugo

Ourense

Número de explotacións

3

3

25

17

Total machos

2

1

13

9

Total femias

24

11

149

124

A disgregación dos exemplares e a falta de sementais representan os principais problemas a afrontar a curto prazo

! Autóctonas Galegas Número 6


CABRA GALEGA

23

En canto á distribución por concellos, está da seguinte forma:

Como se pode apreciar no mapa, os ani! mais atópanse concentrados nas zonas de montaña sobre todo, o cal era bastante esperable polas características da raza, entre as que destacan a rusticidade e a capacidade de adaptación a zonas onde os recursos escasean, como son as de alta montaña. Desta maneira, podemos dicir que existen dous núcleos onde os censos son máis altos e que se corresponden coa Baixa Limia (concellos de Bande, Lobeiras e Lobios), cunha media de máis de 12 animais de raza por explotación, e cos Ancares (concellos de Cervantes e Becerreá), onde se atopan en torno ao 30% do total de animais marcados da comunidade. En menor grao cabe destacar outras zonas de montaña onde tamén se encontraron exemplares, como son a serra do Caurel (Samos, Folgoso do Courel, O Incio e A Pobra do Brollón) e o parque do Invernadeiro (Vilariño de Conso), aínda que os censos son inferiores ás outras zonas mencionadas.

Idade dos exemplares Malia esperar una media de idade elevada polo tarde que se iniciaron os traballos de recuperación, a idade media dos animais atopados está en torno aos 4,7 anos, o cal é un dato bastante esperanzador. Os resultados dos exemplares encontrados pódense desglosar como se aprecia na seguinte figura:

Para resumir os resultados obtidos, comentar que a pesar de que os censos non están tan reducidos como se podería pensar nun principio, a disgregación dos exemplares e a falta de sementais representan os principais problemas a afrontar a curto prazo para garantir a supervivencia da raza. menores de 30 maiores de 50

1-3 anos 7-9 anos

3-5 anos máis de 9 anos

30-40

40-50

5-7 anos

10% 37%

8% 14%

29%

37%

17%

24% 24%

Idade dos gandeiros A media de idade dos gandeiros das explotacións onde se atoparon os exemplares é de case 45 anos. Non obstante, o 35% son gandeiros de máis de 50 anos, moitos deles sen posibilidades de dar continuidade ás explotacións pola falta de xente nova que se faga cargo delas.

Co Rabaño Fundacional que se está creando en Armariz, no concello de Nogueira de Ramuín, nas instalacións das que dispón o INORDE (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico), preténdese manter a variabilidade xenética existente nas explotacións e que nun futuro as explotacións poidan adquirir os sementais que necesiten. Autóctonas Galegas Número 6


24

RECRÍA

COIDADOS DA RECRÍA EN OVINO E CAPRINO Entre o 60 e o 80% do total das baixas no gando ovino e caprino detéctanse nos primeiros 15 días de vida, polo que é fundamental coñecer as nocións básicas de manexo dos animais na época do periparto.

De todos os períodos da produción dos pequenos ruminantes o periparto é, sen dúbida algunha, o máis crítico. Durante esta época prodúcese o maior número de baixas totais nos rabaños, estimándose que a porcentaxe de cabritos e cordeiros mortos durante os primeiros 15 días de vida está entre o 60 e o 80% do total das baixas. A esas porcentaxes habería que sumar as baixas debidas aos abortos, estimadas en torno a un 5% .

Autóctonas Galegas Número 6

Cando os animais paren nas explotacións o mellor é ter un lugar preparado para eles. O máis axeitado é unha cuadra apartada ou un corral pequeno e o máis limpo posible

Se nas condicións que estamos a pasar na gandería actual non se controlan na medida do posible esas taxas de mortalidade, dificilmente se conseguirá unha boa rendibilidade nas nosas explotacións, onde as ganancias do ano van directamente ligadas á produción de cabritos e cordeiros. Neste artigo preténdense dar unhas nocións básicas do manexo dos animais na época do periparto que inclúe non só os días despois do nacemento dos animais, senón tamen os días previos ao parto.


RECRÍA

AS ETAPAS PREVIAS É evidente que nas etapas previas aos nacementos é fundamental extremar dentro do posible os coidados das futuras nais. Os problemas máis importantes que se presentan nesta etapa son os abortos, aínda que ás veces se presentan outro tipo de patoloxías como hernias abdominais, prolapsos de útero ou de vaxina, mamites, hipocalcemias, toxemias de xestación, etc. Con relación aos abortos, son moitas e moi diversas as causas desencadeantes no último terzo de xestación, dividíndose fundamentalmente en dous grupos: Causas non infecciosas: Aínda que é difícil atopar datos fiables da súa importancia, fálase de que entre o 10 e o 30% dos procesos abortivos nunha explotación son debidos a estas causas, incluíndo aquí factores de moi diversos tipos como anomalías xenéticas, traumatismos, estrés, axentes tóxicos (plantas tóxicas, micotoxinas, químicos, nutricionais…). Causas infecciosas: Representan entre o 70 e o 90% dos brotes de abortos e vai ser onde o veterinario de cada explotación deberá planificar un adecuado programa sanitario adaptado ás necesidades de cada granxa. Son moitos e moi variados os axentes infecciosos desencadeantes de abortos, podendo destacar pola súa importancia os seguintes: aborto por Salmonella spp, brucelose, clamidiose (aborto enzoótico), toxoplasmose, border disease, febre Q, listeriose, aborto vibriónico… Ante un foco de abortos, o máis recomendable é illar os animais que presenten algunha sintomatoloxía e avisar ao veterinario da explotación o antes posible.

fensas ás crías ao nacer. Para iso, recordar tamén a importancia de ter os animais desparasitados en tempo e forma para que as vacinas fagan o seu efecto correctamente. O programa vacinal debe ser establecido polo veterinario da granxa e debe axudar a previr as patoloxías do rabaño presentes na explotación, tales como abortos, neumonías ou enterotoxemias, lembrando sempre que previr as enfermidades é mellor e máis económico que ter que curalas. Unha das vacinas que máis se empregan polos bos resultados que dá é a das enterotoxemias (enfermidade producida por clostridios), que acostuma incluír a da basquilla (ril pulposo) e que, posta no último mes de xestación, ademais de protexer á nai tamén protexe ás crías durante as oito primeiras semanas de vida. O PARTO O parto, tanto en ovino como en caprino, é un proceso natural que normalmente non precisa axuda debido á facilidade que adoitan ter as femias para levalo a cabo. Non obstante, é interesante recoñecer os signos máis habituais dun animal que está a parir, que son os seguintes: 1. O animal sepárase do rabaño e busca unha zona máis tranquila 2. Acostuma haber unha perda de atención polo contorno 3. No caso das ovellas é frecuente que o animal se deite debido ás dores e levante a cabeza

25

4. Durante os días previos, o animal anda un pouco máis inquedo e non come ben 5. É normal que se aprecie unha inflamación da vulva e o primeiro en saír é a bolsa das augas Nun parto normal, os animais van parir de pé ou tumbados. Xeralmente, primeiro aparecen a cabeza e as extremidades anteriores, aínda que ás veces saen primeiro as posteriores. As nais primeirizas son as que máis problemas poden ter no parto. Para facilitar o parto nos casos nos que as crías se presentan en posicións anormais, o máis importante é extremar a hixiene (lavar moi ben as mans con auga limpa e xabón así como as zonas arredor da vulva) e con tranquilidade e delicadeza intentar meter unha man para averiguar cal é o problema e intentar solucionalo. Ante a mínima dúbida, o mellor é recorrer ao veterinario da explotación. Cando os animais paren nas explotacións o mellor é ter un lugar preparado para eles. O máis axeitado é unha cuadra apartada ou un corral pequeno e o máis limpo posible. Cando os animais saian deles convén desinfectalos e deixalos listos para a entrada doutro animal. O parto normal dura entre 10 e 30 minutos en función do número de crías. Ao acabar, o animal adoita levantarse provocando a rotura do cordón umbilical por estiramento.

Un punto importante que non debe fallar nunca nesta etapa é a necesidade de axustar dentro do posible o programa anual de vacinacións das nais para intentar que lles coincida un mes antes dos partos, o cal fará que lle transmitan de-

O primeiro factor que vai influír positivamente na viabilidade e no crecemento das crías é a adecuada inxesta de costro Cordón umbilical ovino Autóctonas Galegas Número 6


RECRÍA

26

Para prever as infeccións dos recén nacidos é moi importante a desinfección dos embigos o antes posible

Cordón umbilical caprino

A continuación, as nais olfactean e lamben as crías creando un efecto estimulante sobre elas e establecendo o recoñecemento materno-filial. Isto pódese utilizar no caso de que se pretenda forzar a adopción dun animal, xa que funciona moi ben untar cos líquidos e as placentas os fillos que se pretenden introducir, enganando así ás nais polo olor. Débese ter en conta tamén que os cabritos ao nacer son case cegos e detectan a mamila da nai por vía olfactiva, tardando case unha semana en recoñecela visualmente, o cal fai moi interesante a utilización de xaulas de afillamento nos primeiros días tralo parto.

O POSPARTO: O RECÉN NACIDO O manexo dos cordeiros e dos cabritos recén nacidos é unha das fases máis delicadas na vida dos animais, por iso existen unha serie de pautas a ter en conta pola súa importancia de cara á supervivencia. Como se mencionaba anteriormente, as baixas nas dúas primeiras semanas representan entre o 60 e o 80% das baixas de cordeiros e cabritos nas explotacións, sendo o manexo unha das claves para reducir estas porcentaxes. Entre os principais factores que predispoñen aos recén nacidos a unha mortalidade elevada destacan os seguintes:

O 60-80% das baixas prodúcense nos primeiros 15 días de vida das crías

Autóctonas Galegas Número 6

1. Peso do animal ao nacemento 2. Problemas no parto 3. Niveis de anticorpos sericos, condicións ambientais e problemas infecciosos O primeiro factor que vai influír positivamente na viabilidade e no crecemento das crías é a adecuada inxesta de costro. O costro é a primeira secreción que fai a glándula mamaria da ovella ou da cabra despois do parto e, polo tanto, é o primeiro alimento que deben inxerir os animais acabados de nacer.


RECRÍA

27

O costro contén unha elevada concentración de anticorpos e outros factores de protección, nutrientes para prover aos recén nacidos de enerxía, vitaminas e minerais. Ademais, cumpre tres funcións básicas: 1. Proporciona enerxía aos animais neonatos para evitar a hipotermia 2. Exerce un efecto laxante que axuda ao cordeiro ou cabrito a eliminar o meconio (primeiros excrementos) 3. Grazas ao seu contido en inmunoglobulinas, protexe ao recén nacido durante os primeiros días de vida fronte ás infeccións Non todos os costros son iguais. A súa calidade vai depender de varios factores como son a idade da nai, a súa condición corporal e a xenética. Os factores máis importantes que se deben ter en conta durante o encostramento son: Momento da inxesta de costro: é moi importante que esta se produza canto antes, xa que canto máis tempo pase menor é a capacidade de absorción no intestino das crías de inmunoglobulinas (defensas), co cal máis desprotexidos están de cara ás infeccións. Como máis tardar, a primeira toma de costro debería ser antes das 6 primeiras horas de vida.

O costro axuda a eliminar as primeiras feces das crías

Calidade e cantidade de costro recibido: como referencia, dicir que as necesidades de costro nun cordeiro ou cabrito están en torno a 160-210 ml/kg de peso vivo. No caso de non dispoñer de costro fresco, a mellor alternativa é o costro conxelado, xa que as características deste permanecen inalteradas. Outra das causas de infeccións dos recén nacidos son as que penetran polo embigo (onfalites), producindo infeccións a nivel do fígado ou do intestino que polo tipo de xerme van desencadear cadros de diarreas ou en moitos casos inflamacións das articulacións (poliartrite). Para previlas é moi importante a limpeza das zonas de parto dos animais e a desinfección dos embigos o antes posible. Para corrixir posibles carencias nutricionais é moi interesante que tanto as nais como as crías dispoñan de correctores minerais especiais (pedras) en todo momento.

É interesante que tanto as nais como as crías dispoñan de correctores minerais especiais en todo momento

Para rematar, recordar que calquera tipo de enfermidade infecciosa que poida afectar á recría sempre é mellor previla (vacinando dentro do posible) que inten-

tar curala, xa que os custos derivados dos tratamentos e as perdas xeradas superan amplamente o investido nas vacinas.

Autóctonas Galegas Número 6


28

GALIÑA DE MOS

GALIÑA DE MOS: A IMPORTANCIA DO PROCESO DE INCUBACIÓN E DOS PRIMEIROS DÍAS En ocasións non temos suficientemente en conta a importancia que teñen os primeiros días de vida nos poliños. Na avicultura industrial este proceso está moi estudado pero nas granxas de produción artesanal de Galiña de Mos non tanto, podendo comprometer os mellores resultados de crecemento nas nosas aves. Neste capítulo abordaremos a importancia do proceso de incubación, xa que incide directamente na viabilidade do poliño. DIEGO ROIS LOSADA Veterinario da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga Secretario técnico da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-Avimós

Débese ter presente que moitas das características desexables nas galiñas son soamente de media ou baixa herdabilidade, intervindo moitos e diversos xenes (tamaño dos ovos 40-60%, calidade interna, grosor e cor da casca 20-40%, a posta 10-40%, resistencia a enfermidades 10%; fertilidade 10-20%, velocidade de crecemento 40-50%, etc.). Polo tanto, a maior incidencia na obtención de bos exemplares dependerá da incidencia positiva ou negativa de aspectos que nós mesmos podemos controlar, como a calidade e manexo do alimento e da auga, do aloxamento, da sanidade e do manexo en xeral, coa idea de eliminar as situacións de estrés. A idea é a de proporcionarlle aos nosos animais o que se denomina “calor humano”. Daquela, é moi importante que prestemos especial atención a todos os factores cotiáns da vida das nosas aves, xa que do seu grao de saúde depende a maximización dos beneficios que nos proporcionan. Autóctonas Galegas Número 6

OBTENCIÓN DE POLOS Como sabemos, o proceso de incubación nas galiñas dura 21 días (variables ata nunhas horas en función de diversos factores). A obtención de poliños de Galiña de Mos pode vir dada por incubación natural ou ben por incubación artificial. A incubación natural feita polas propias reprodutoras ou por outro tipo de galiñas que sexan boas incubadoras (as coñecidas como “kikas”) é ideal, xa que os poliños teñen unha gran vitalidade e fortaleza ao estarse criando coas súas nais, tendo así unha adaptación rápida e axeitada á súa nova vida e sendo ademais un motivo de satisfacción a observación diaria deste fermoso aspecto de cría.


GALIÑA DE MOS

Se se quere proceder á incubación con galiña, debemos separar á galiña choca do resto das galiñas, situándoa nun niñal onde se atope tranquila e teña acceso permanente a auga e comida. Pode estar con outras galiñas chocas nun mesmo local, sempre que cada unha estea no seu niño. Débense molestar as galiñas o menos posible, pero en ocasións hai que revisar os niñais, retirando os ovos rotos cando a galiña sae a comer, no caso de que os houbera. Tamén é importante que ao local onde se atopen as chocas non accedan roedores, xa que é común que as galiñas se estresen podendo abandonar o niño. Non obstante, este tipo de crianza ten unha capacidade moi limitada xa que as galiñas, en función do tamaño, poden incubar en torno a unha ducia de ovos, polo que se se quere ter un maior número de exemplares hai que optar pola crianza artificial con poliños nados dunha máquina incubadora. INCUBACIÓN ARTIFICIAL Tense comprobado que os fallos nos procesos de incubación veñen dados por unha operatividade errónea. O proceso de incubación está influenciado por múltiples factores como os caracteres do ovo, causas xenéticas e sanitarias, de manexo dos reprodutores e de factores específicos do proceso dentro da incubadora. Os ovos que non eclosionan -dos que non nace polo- fano principalmente por tres razóns: - Son infértiles e non posúen célula xerminativa. - O embrión morreu durante o tempo transcorrido desde que se puxo o ovo ata que se colocou na bandexa de incubar. - O embrión non se desenvolveu correctamente ou morreu durante o tempo transcorrido desde que se iniciou a incubación ata o nacemento. En función de cal foi o factor, os motivos do descenso dos nacementos serán uns ou outros. Para producir bos poliños é importante optimizar o proceso de incubación e darlles o mellor inicio posible da súa vida. Para iso, débense considerar unha serie de factores:

29

PRINCIPAIS FACTORES A TER EN CONTA NO PROCESO DE INCUBACIÓN 1.

Localización da incubadora

2.

Calidade das máquinas

3.

Fertilidade, condición sanitaria e manexo dos reprodutores

4.

Orixe e selección dos ovos

5.

Condición nutricional dos ovos

6.

Selección e manexo dos ovos antes da incubación

7.

Ambiente da incubación

8.

Manexo durante a incubación

1. Localización da incubadora En ocasións, nas pequenas granxas non se lle dá excesiva importancia á localización das pequenas incubadoras. Este tipo de máquinas deben estar colocadas nun local á parte da granxa e o máis aséptico posible, preferiblemente cunha temperatura de entre 15 e 20⁰C. É importante que ese local teña ventilación, aínda que sen correntes de aire. Tamén se debe limpar e desinfectar ben o local. 2. Calidade das máquinas Loxicamente é un dos principais factores que afectan ao proceso de incubación. Non é o mesmo unha pequena incubadora de 20 ovos con volteo manual que unha incubadora semiprofesional de 1.000 ovos con control de temperatura e humidade automáticos. E logo están as grandes salas de incubación industriais, con incubadoras profesionais. A elección do equipo é moi importante e débese facer tendo en conta as vantaxes e desvantaxes e, sobre todo, o factor económico.

A norma a seguir é a de incubar principalmente ovos de galiñas de segundo ciclo de posta (de dous anos), xa que son moito mellores tanto sanitariamente como para a morfoloxía do polo

Os equipos non necesariamente teñen por que ser novos. Existe no mercado de segunda man oportunidades moi interesantes. NAS GRANXAS PEQUENAS, CANDO EXISTE UN PROBLEMA DE ESCASOS NACEMENTOS, TÉNDESE A ACUSAR A MIÚDO A ALTERACIÓNS NOS REPRODUTORES, ESPECIALMENTE DO GALO, CANDO O MÁIS PROBABLE É QUE OS PROBLEMAS SEXAN OUTROS

Autóctonas Galegas Número 6


30

3. Fertilidade, condición sanitaria e manexo dos reprodutores A fertilidade dos reprodutores pode descender por varios factores. Por exemplo, deben estar ben alimentados para que obteñan todos os nutrientes necesarios para a correcta reprodución. A idade afecta negativamente, obtendo peores resultados canto maior sexa o lote, ao igual que as altas temperaturas, xa que condicionan o consumo de alimento e a frecuencia dos apareamentos.

GALIÑA DE MOS

Non se deben utilizar ovos para incubar se non pasaron polo menos sete días desde que xuntamos o galo coas galiñas. As reprodutoras novas producen ovos máis pequenos e non uniformes, co que darán polos máis pequenos e desiguais entre si. As reprodutoras adultas producen ovos de maior tamaño e máis uniformes, polo que os polos serán de maior tamaño e máis iguais entre si.

Non se deben incubar ovos vellos, posto que a partir dos sete días de conservación do ovo descende moito a porcentaxe de nacementos

Tamén debe existir unha correcta proporción macho/femias, tendo en conta que se se teñen poucos machos para atender a moitas galiñas podería significar que non todas as femias foron cubertas, mentres que se se teñen lotes con moi poucas galiñas ou varios machos, increméntanse as condicións de estrés tanto das femias coma dos machos máis débiles. En avicultura recoméndase o emprego dunha proporción dun macho por cada oito ou dez galiñas. En cambio, na Galiña de Mos esta proporción non é correcta xa que os galos teñen unha maior actividade que os doutras razas, polo que se se emprega esta proporción, as galiñas estarían moito máis estresadas. Na Galiña de Mos, a proporción ideal é de aproximadamente un galo por cada vinte galiñas, aínda que se teñen observado índices de fertilidade correctos con proporcións dun galo por cada vinte e cinco ou trinta femias. Este aspecto é moi importante, xa que permite ter proporcións máis favorables economicamente en comparación coas galiñas industriais, ao manter menos galos reprodutores. Por outra banda, a condición sanitaria dos reprodutores debe ser boa. Existen moitos xermes que provocan enfermidades que afectan á fertilidade, xa sexa directamente por alteracións na posta e na formación do embrión, debido á debilidade provocada pola diminución da inxesta de alimento ou ao descenso do número de apareamentos pola debilidade xeral. En liñas xerais, ás aves débeselles evitar calquera tipo de condición estresante para que produzan ovos da máxima calidade. Autóctonas Galegas Número 6

Non son os mesmos os resultados que se poden acadar nunha pequena incubadora (esquerda) que en incubadoras semiprofesionais de gran tamaño (dereita). As incubadoras débense instalar en locais específicos que sexan de fácil limpeza

4. Orixe dos ovos O mellor para a crianza é incubar soamente os ovos da propia granxa para controlar ben os procesos. En ocasións téndese a introducir nas máquinas ovos procedentes de diversas granxas. Porén, o emprego sistemático deste procedemento non é moi recomendable, xa que se corre o perigo de que calquera problema existente cos ovos dunha granxa se estenda ás restantes a través do proceso de incubación. O ideal é facer incubacións totalmente separadas, tentando que existan as menores mesturas de ovos de diversos propietarios dentro da incubadora ao mesmo tempo. Tamén se debe ter en conta que existen diversas enfermidades que se transmiten de nais a fillos a través do ovo. Segundo os investigadores, a maioría transmítense no primeiro ciclo de posta das galiñas (no seu primeiro ano), polo que a norma a seguir é a de incubar principalmente ovos de galiñas de segundo ciclo de posta (de dous anos), xa que son moito mellores tanto sanitariamente como para a morfoloxía do polo.

5. Calidade nutricional dos ovos O futuro desenvolvemento do embrión depende por completo para o seu crecemento dos nutrientes depositados no ovo, influíndo directamente no tamaño do poliño. No ovo, unha deficiente calidade da casca supón un maior risco de contaminación bacteriana que á súa vez provocaría poliños máis débiles, sensibles ao estrés e contaminados. No poliño, un baixo nivel de vitaminas do ovo pode provocar un crecemento máis lento e de peor calidade.

Nas incubadoras de carga múltiple débense incubar os ovos e sacar os poliños nados todos a un tempo, baleirando as máquinas completamente e desinfectando despois


GALIÑA DE MOS

6. Manexo e selección dos ovos antes da incubación Para obter unha maior porcentaxe de nacementos débense descartar ovos que presenten sinal de rotura na casca, que estean deteriorados, que sexan moi pequenos ou excesivamente grandes, que teñan dobre xema, a casca áspera, calcificacións defectuosas ou que estean sucios. En canto á forma, débese ter en conta que non sexan excesivamente redondos ou moi puntiagudos. O recomendable é recoller os ovos varias veces ao día e limpalos antes da súa almacenaxe. Para esta tarefa pódese usar un papel lixeiramente humedecido ou un estropallo, pero nunca lavalos, xa que se pode modificar a cutícula que os protexe da entrada de patóxenos externos. É preferible que os ovos sucios non se incuben nunca. Débese ter en conta que neste tipo de produción non se adoita facer desinfección do ovo como na avicultura industrial, polo que é conveniente extremar as precaucións.

tadas, senón que ademais debe procurar un ambiente que estea libre de contaminación microbiana. Nas incubadoras de carga múltiple débense incubar os ovos e sacar os poliños nados todos a un tempo, baleirando as máquinas completamente e desinfectando despois, xa que o ovo que se está incubando abre os poros da casca, polo que é moi sensible á entrada de axentes externos.

31

Xa se sabe que o proceso de nacemento é moi sucio, polo que os ovos incubados mediante este procedemento corren o risco dunha maior contaminación. Non obstante, cando se empreguen incubadoras de carga múltiple onde se produzan nacementos mentres se seguen incubando outros ovos, débense facer paradas cada dous meses baleirando completamente a incubadora para proceder a unha desinfección profunda.

PROBLEMAS COMÚNS NA INCUBACIÓN ARTIFICIAL PROBLEMA

CAUSA MÁIS FRECUENTE

Demasiados ovos claros, sen anel de sangue, infértiles

- Ovos almacenados en condicións inadecuadas de temperatura e humidade - Machos infértiles - Machos desnutridos ou enfermos - Mala proporción machos/femias ou interferencia entre machos.

O ideal é conservar os ovos nun cuarto cunha temperatura constante de 16⁰C. Temperaturas superiores aos 20⁰C provocan que o desenvolvemento embrionario dentro do ovo se produza lentamente, provocando un debilitamento do embrión que está no ovo que posteriormente se incubará. Tamén sería ideal que o cuarto tivera unha humidade do 70-80% para conseguir que o ovo evapore a menor cantidade de auga posible. Aínda que estes parámetros son difíciles de conseguir nas pequenas granxas, é conveniente telos como referencia.

Ovos claros pero con anel de sangue que indica unha morte embrionaria temperá

- Temperatura de incubación moi baixa - Temperatura de incubación moi alta - Ovos almacenados en condicións de temperatura superiores aos 20⁰C

Moitos embrións mortos en fase avanzada ou na casca sen picar

- Temperatura moi alta na incubadora - Volteo inaxeitado - Ventilación deficiente - Enfermidades infecciosas - Alta humidade ou baixa temperatura

Embrión morto na casca co ovo picado

- Baixa humidade, tanto na incubadora coma na nacedora - Exceso de temperatura en cortos períodos de tempo - Temperatura baixa - Ventilación deficiente

A cantidade de nacementos descende progresivamente en función do maior número de días que teñan os ovos. Non se deben incubar ovos vellos, xa que a partir dos sete días de conservación do ovo descende moito a porcentaxe de nacementos. Tamén se acostuma recomendar que os ovos permanezan nas bandexas antes da incubación co polo agudo cara abaixo, e incluso voltealos lixeiramente un par de veces ao día.

Nacementos temperás

- Temperatura de incubación elevada

Nacementos tardíos

- Temperatura de incubación moi baixa

Nacementos irregulares, uns nacen antes que os outros

- Mal manexo do ovo a incubar (conservación deficiente, tamaños e idades desiguais, etc.)

Tamaño desigual dos poliños

- Carga de peso e tamaño dos ovos desigual

Poliños coas patas abertas

- Bandexas da nacedoras esvaradías

Poliños moi pequenos

- Carga de ovos pequenos - Humidade baixa - Deficiente nutrición das reprodutoras

7. Ambiente da incubación O ambiente no que se desenvolve a incubación pode influír na incubabilidade e a calidade do poliño de varias maneiras. O proceso de incubación non só debe proporcionar unhas condicións físicas axei-

Poliños débiles, mal formados ou defectuosos - Moi alta ou moi baixa temperatura - Mala ventilación ou volteo - Infeccións - Deficiente nutrición das reprodutoras Ovos bomba (os que rompen no proceso de incubación)

- Sucidade e contaminación do ovo - Deficiencias da casca do ovo

Poliños deshidratados

- Poliños deixados moito tempo na nacedora despois da eclosión

Autóctonas Galegas Número 6


GALIÑA DE MOS

32

8. Manexo durante a incubación O proceso de incubación ten dúas grandes fases. Na primeira, ata o día 18-19, os ovos están colocados na bandexa de incubación co polo agudo cara abaixo. Na segunda, últimos 2-3 días, pásanse para as bandexas de nacemento, momento no que sucede a eclosión do poliño. Existen catro factores físicos que afectan ao proceso de incubación no interior da incubadora: temperatura, humidade, ventilación e volteo dos ovos. Estes procedementos varían en función do sistema que se empregue. Se a incubadora é de carga múltiple e se producen nacementos dentro da mesma máquina mentres outros ovos se están incubando, deberanse empregar un tipo de parámetros diferentes que se os ovos ao ser incubados pasan a nacer a outra máquina nacedora.

A temperatura é o principal factor que afecta ao proceso de incubación. Pequenas variacións poden resultar letais nos embrións

• Temperatura: É o factor máis importante a ter en conta. Antes de introducir os ovos na incubadora, débese conectar á rede durante un par de horas co fin de obter unha perfecta estabilidade no seu interior. A temperatura pode variar unhas décimas en función dunha serie de factores que dependen da uniformidade que se desexe á hora dos nacementos, nos que inflúen o tempo de conservación dos ovos e a idade da reprodutora, tendo en conta que os ovos máis vellos e os das reprodutoras de máis idade tardan máis en saír. En todo caso trátase duns minutos ou como moito dunhas horas. En liñas xerais, a temperatura de incubación debe ser de 37,7⁰C (100º F) ou 37,8⁰C. A temperaturas máis altas prodúcese un adianto do desenvolvemento embrionario con moitas mortes, principalmente na fase máis tardía da incubación, cando o embrión xa está formado. Por iso, Autóctonas Galegas Número 6

nunca se deben superar os 38⁰C. Non obstante, tampouco se debe incubar por baixo dos 37⁰C porque con temperaturas menores prodúcese un retraso no desenvolvemento embrionario e moitas baixas, principalmente nos primeiros días. Neste caso, débese prestar especial atención nas granxas de Galiña de Mos, xa que non é fácil distinguir se a morte é por baixa temperatura ou por problemas de fertilidade, sendo este un dos casos nos que se lle bota a culpa ao reprodutor cando o problema é de baixa temperatura na incubadora. Nas incubadoras pequenas horizontais tenderase a incubar con algunha décima máis, xa que son máis sensibles ás perdas de calor polas paredes da máquina, non chegando os ovos a alcanzar a temperatura necesaria en moitos casos. É importante revisar periodicamente o estado das paredes da máquina e sobre todo das gomas das portas, xa que se están desgastadas provocarán perdas de temperatura e afectarán ao proceso de incubación. No caso de que se observen gastadas deberanse substituír. A mesma revisión se debe facer co termómetro de control, incluso mediante testaxes con termómetros externos. O fundamental é coñecer a máquina coa que se está traballando. Nos últimos 2-3 días, a temperatura non debe variar no caso de incubadoras de carga múltiple e que teñan bandexas de nacemento, onde ao mesmo tempo que nacen uns polos se seguen incubando outros ovos. Pero no caso de que se empregue unha nacedora, en primeiro lugar débese conectar a máquina horas antes para que alcance a temperatura e os ovos non noten un cambio brusco, facendo o cambio o máis rápido posible; a temperatura, neste caso, débese reducir ata os 37⁰C, baixándoa ata os 36 unha vez que os poliños eclosionaron. Tense observado que fallos na corrente eléctrica inferiores a 24 horas durante o proceso de incubación non provocan moitas baixas, aínda que si que se produce un parón no proceso de nacemento. Neste caso, o poliño nace algo máis debilitado, polo que se debe instalar rapidamente no local de cría para que beba e se alimente con urxencia.

• Humidade: En función do tipo de incubadora, a humidade conséguese mediante bandexas con auga que se colocan no fondo ou por sistemas automáticos con depósitos externos. O obxectivo é que o ovo non perda excesiva auga. A humidade recomendada para os 18-19 primeiros días é dun 55%. Esta porcentaxe é difícil de obter en incubadoras que non teñan sistemas automáticos de humidade, polo que se debe aumentar o número de bandexas e a cantidade de auga, vixiando que nunca estean sen auga. Nos días 20-21, cando estean nas nacedoras, a porcentaxe de humidade debe ser dun 70-75% para favorecer o proceso de picaxe do cascarón. Incluso cando se observe que a maioría dos ovos están picados se pode aumentar a humidade ata o 85%. En nacedoras que non teñan control automático de humidade pódense asperxir os ovos con auga morna, pero tendo en conta que non se pode estar abrindo a máquina continuamente, xa que se provocarían variacións de temperatura e humidade que poderían provocar efectos peores.

Débese revisar periodicamente o estado do termómetro de control da temperatura, incluso mediante testaxes con termómetros externos. O fundamental é coñecer a máquina coa que se está traballando En incubadoras de carga múltiple onde se fagan tamén nacementos recoméndase reducir a porcentaxe de humidade na fase de incubación cara un 45% para contrarrestar o efecto que poida ter o incremento que se lle dará na fase de nacemento nos dous últimos días, mentres nacen uns polos e se seguen a incubar outros ovos. O principal efecto que se observa ante unha baixa humidade nos dous últimos días é a existencia de poliños mortos no momento de picar o ovo. • Ventilación: A función da ventilación é a de proporcionarlles aos ovos un aire que conteña o osíxeno suficiente para contrarrestar o desprendemento de dióxido de carbono que se produce, permitindo que o embrión respire.


GALIÑA DE MOS

Ademais, a correcta circulación do aire garante unha temperatura uniforme eliminando o exceso de auga formada na transpiración do ovo. Débese revisar periodicamente o estado dos ventiladores e dos extractores das máquinas, asegurándose de que o aire estea sempre limpo. Unha deficiente ventilación produce polos débiles e brandos que teñen moitas dificultades para saír da casca. • Volteo: Ao igual que as nais voltean os ovos con frecuencia na incubación natural, nas máquinas débese reproducir o proceso. O volteo dos ovos é necesario para que o embrión non se adhira á parede da casca e para garantir un quentamento uniforme nas incubadoras horizontais.

33

NACEDORAS Sempre que sexa posible, deberíase contar cunha nacedora para que os ovos eclosionen todos á vez. Tamén se podería empregar a propia incubadora como nacedora, cambiando as bandexas de incubación por unhas de nacemento. O tamaño das bandexas de nacemento “de fábrica” non adoita ser o mesmo que as de incubación, pero sempre se poden construír unhas bandexas que permitan a colocación dos ovos nos últimos días para que nazan aí os poliños. É importante que nazan todos os ovos incubados xuntos, xa que ademais de ser mellor sanitariamente obteranse lotes máis homoxéneos.

A maioría das incubadoras posúen volteo automático. No caso de pequenas incubadoras nas que haxa que facer o volteo manual, este farase como mínimo tres veces ao día e variando dirección. É recomendable facer unha marca na casca cun lapis que sirva como referencia e voltear cada vez en sentido contrario.

O traslado ás nacedoras dos ovos incubados durante 18-19 días debe ser rápido e nunhas condicións de humidade e temperatura similares para que os embrións non acusen un cambio brusco. Os poliños débense retirar cando estean completamente secos. É importante que os 19 primeiros días os embrións teñan un desenvolvemento similar para que o nacemento sexa o máis homoxéneo posible á hora de sacar os poliños, evitando a deshidratación dos polos xa nacidos e que están esperando polo nacemento dos máis tardíos.

Cando os ovos vaian ás nacedoras débese suprimir o volteo e colocalos en posición horizontal. En incubadoras horizontais deixaranse de voltear os últimos tres días.

Cando se coloquen os poliños no local de crianza débeselles dar auga morna cun pouco de azucre. Hai que ter en conta que veñen de estar a 38⁰C e a auga fría pode provocar diarreas en moitos dos casos.

Cando se coloquen os poliños no local de crianza débeselles dar auga morna cun pouco de azucre. Hai que ter en conta que veñen de estar a 38⁰C e a auga fría pode provocar diarreas

Autóctonas Galegas Número 6


GALIÑA DE MOS

34

OBSERVACIÓN DOS OVOS AO TRASLUZ Os primeiros catro días e os últimos cinco son os dous períodos críticos onde se pode producir principalmente a mortalidade embrionaria. Para aprender a distinguir cando está sucedendo a mortalidade embrionaria pódense facer miraxes ao trasluz a través de ovoscopios. Estes aparatos non son máis que unha bombilla rodeada dun material que pode ser plástico ou cartón e que ten un oco dun tamaño algo inferior ao dun ovo polo que pasa a luz. Nun local a escuras, nese oco colócase o ovo que está sendo incubado para poder ver como está discorrendo o proceso de incubación ao traspasar a luz a través do ovo. Se a miraxe se fai antes de meter os ovos na incubadora poderanse detectar os que teñan deficiencias na casca ou roturas. Xa no sétimo día pódense mirar os ovos para detectar os infértiles e retiralos. No día 18-19 farase a última miraxe pasando á nacedora soamente os que teñan embrión viable no seu interior. Desta maneira terase máis espazo nas bandexas nacedoras, podendo xa facer un cálculo estimativo dos nacementos previstos. Ao eliminar os ovos infértiles e abortados, que representan un risco sanitario ao ser un substrato para axentes fúnxicos e bacterianos, tamén se minimizará o risco sanitario durante o nacemento, xa que así os poliños nados estarán expostos a unha menor contaminación ambiental nas nacedoras.

OS PRIMEIROS CATRO DÍAS E OS ÚLTIMOS CINCO SON OS DOUS PERÍODOS CRÍTICOS ONDE SE PODE PRODUCIR PRINCIPALMENTE A MORTALIDADE EMBRIONARIA

RESUMO Pódese observar como son moitos os factores que inflúen na viabilidade do embrión no proceso de incubación. O correcto desenvolvemento no interior do ovo daranos poliños fortes e sans, sendo a orixe dos éxitos do proceso posterior de cría.

Autóctonas Galegas Número 6

Vista do ovo antes de metelo na incubadora, colocado co polo agudo cara abaixo. Apréciase como a luz traspasa por completo todo o interior, véndose completamente. No caso dun ovo infértil, tras varios días de incubación seguiríase vendo así

Vista do ovo de 7 días, pero neste caso colocado co polo agudo cara arriba. O embrión está colocado na parte de abaixo do ovo, onde está a zona máis escura

Vista do ovo con 7 días de incubación co polo agudo cara abaixo. A luz xa non traspasa nitidamente como no caso anterior. O embrión está colocado na parte de abaixo (zona máis escura), mentres que na superior vese un círculo no que se está formando a cámara de aire

Vista do ovo con 20 días. A zona clara é a cámara de aire e a escura é o embrión. Obsérvase como é unha zona opaca que non traspasa a luz. Cando se fixo a foto, o poliño estaba comezando a romper a casca do ovo e ao trasluz pódese ver a súa cabeza que xa atravesa a cámara de aire para saír


INVESTIGACIÓN

35

ESTUDO COMPARATIVO DAS CARACTERÍSTICAS PRODUTIVAS E ORGANOLÉPTICAS DOS GALOS MOS FRONTE A UNHA ESTIRPE COMERCIAL: RESULTADOS PRELIMINARES (I) Rois, D.1, C.J. Rivero2, J.R. Justo1, J.J. Lama1, C. López2, A. Arias1, J. Feijóo2 e Adán, S.1 1Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. Fontefiz. Coles, 32152 Ourense 2 Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. Fontefiz. Coles, 32152 Ourense

INTRODUCIÓN Como é sabido, desde tempos remotos as carnes dos produtos que se obtiñan a partir da raza Mos, xa foran polos, galos, capóns ou galiñas, eran moi prezados polos consumidores, sendo en moitos casos exportados a mercados do resto da Península Ibérica. Este tipo de carne era un artigo considerado de luxo, xa que noutrotra a produción era escasa e só se consumía en épocas festivas. O recoñecemento que tiña a raza Mos naqueles tempos viña dado principalmente pola suma dunhas características xenéticas peculiares máis un sistema de crianza ao aire libre, que lle outorgaba á carne unhas características diferenciais. Despois dos anos críticos onde a raza estivo a punto de desaparecer, hoxe, plenamente recuperada, todo indica que para que unha raza se asente definitivamente, as súas producións deben alcanzar un nivel de rendemento económico aceptable e constatar unha calidade diferenciada. Por iso, nun mercado tan competitivo como o actual, débenselle ofrecer ao consumidor datos fidedignos e suficientemente contrastados cando nos atopemos ante unha produción diferenciada. En Galicia levamos séculos de experiencia na crianza de galos, que na maioría dos casos son destinados ao autoconsumo. Coa decadencia da Galiña de Mos, a maioría dos habitantes do rural galego

abasteceuse de cruzamentos industriais para criar os seus galos. Estas estirpes proveñen, na maioría dos casos, de países estranxeiros coma Francia, e adoitan ser de cor rubia. O tipo principal de galos rubios cos que se estivo criando nos últimos anos son os da empresa francesa SASSO, concretamente o modelo T44. Sabendo que as estirpes industriais están seleccionadas para crecementos rápidos, o que se pretende é realizar estudos comparativos coa Galiña de Mos para analizar a súa competitividade fronte a elas, analizando unicamente aqueles sistemas de cría da raza.

Segundo os estudos que se teñen, pódense considerar como condicionantes da calidade da carne de galiña factores como a idade das aves, o sexo, o alimento que reciben, o ambiente no que se crían e a raza. Atendendo a estes factores, no presente estudo preténdese traballar en similares condicións de idade de sacrificio, que será de 32 semanas para todos os lotes; de alimentación, que será idéntica e estará baseada nos pensos comerciais existentes para este tipo de produción; o ambiente, que será o de aloxamento dos lotes en galiñeiros con saída a parque exterior e, finalmente, o xenotipo ou a raza, factor que vai ser o único di-

Galos industriais SASSO-T44 (esquerda) e galos Mos (dereita)

Autóctonas Galegas Número 6


36

ferente debido á importancia que ten para a avicultura e a raza Mos, podendo atribuír unha diferenza na produción e nas carnes dos dous tipos xenéticos diferentes. Desta maneira, no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia deseñouse un estudo para comparar a crianza entre a raza autóctona e a industrial ata os 8 meses, con penso en toda a crianza e criados nun galiñeiro con saída ao aire libre. Posteriormente, os galos sacrificáronse e foron analizados no Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) da Xunta de Galicia para coñecer as características da canal e da carne.

INVESTIGACIÓN

sición continuamente e que foi variando en función da idade que tiñan en cada momento. Trasladáronse ao exterior ás 8 semanas, dividíndose en catro galiñeiros específicos con saída a parque ao aire libre. En cada lote dispuxéronse 15 exemplares, obténdose así 30 galos Mos e 30 SASSOT44, que foron os que continuaron o estudo. As casetas estiveron sempre abertas, incluso polas noites, de xeito que os galos puideron entrar e saír cando quixeron. Cada un dispuxo de 6 m2 de parque e no interior da caseta-galiñeiro a concentración foi de 3 galos/m2.

Os exemplares pesáronse o día do nacemento e, posteriormente, cada dúas semanas. Efectuáronse controis sobre o alimento consumido para facer o cálculo dos índices de conversión. O consumo alimenticio controlouse anotando o penso botado nos comedeiros menos o sobrante. Para efectuar o seguimento individual dos exemplares, identificáronse ao nacer con crotal numerado na á dereita e posteriormente con anel.

Nesta primeira parte explícanse os resultados de crecemento obtidos, na seguinte explícanse os resultados do laboratorio e na terceira abórdanse unhas conclusións xerais. MATERIAL E MÉTODOS Distribuíronse dous lotes de exemplares, un formado por 100 poliños dun día da raza Mos, que foron sexados ás 8 semanas, e outro formado por 40 poliños machos da estirpe industrial SASSO-T44, tamén dun día, sexados na incubadora e adquiridos a unha empresa avícola industrial. Administróuselles unicamente penso comercial en toda a crianza, á súa dispo-

Desde os primeiros días xa se observaron diferenzas morfolóxicas. Por exemplo, os Mos (esquerda) son máis clariños cós industriais (dereita). Ademais, xa desde o primeiro día se pode ver o tipo de crista

TODO INDICA QUE PARA QUE UNHA RAZA SE ASENTE DEFINITIVAMENTE, AS SÚAS PRODUCIÓNS DEBEN ALCANZAR UN NIVEL DE RENDEMENTO ECONÓMICO ACEPTABLE E CONSTATAR UNHA CALIDADE DIFERENCIADA

Os exemplares criáronse en galiñeiros abertos con parques anexos

Autóctonas Galegas Número 6


INVESTIGACIÓN

RESULTADOS Calculáronse diversos parámetros, como a evolución do peso, a ganancia media diaria, acumulada e bisemanal, o consumo de alimento tanto acumulado como por día e o índice de conversión acumulado e bisemanal. O índice de conversión é a expresión que indica os quilogramos

de alimento para producir un quilogramo de peso da ave. Emprégase moito no ámbito da gandería, xa que é o que dá a referencia do consumo de alimento do animal, co que se pode facer un cálculo rápido do consumo a cada idade e, polo tanto, prever os custos de alimentación. Multiplicando este índice polos quilo-

37

gramos que pesa o animal, saberanse os quilos de penso que consumiu. Na seguinte táboa pódese observar unha comparación entre o peso a cada semana e a ganancia por día en cada período bisemanal entre os dous tipos de galos.

MOS

SASSO-T44

Ganancia diaria por día nas dúas semanas (g)

Peso (kg)

Ganancia diaria por día nas dúas semanas (g)

Semana

Peso (kg)

0

0,04

*2

0,15

7,30

0,20

11,25

*4

0,41

18,82

0,55

25,40

*6

0,78

26,44

1,02

33,05

8

1,17

27,66

1,66

46,09

0,04

10

1,45

20,24

2,17

36,36

12

1,98

37,50

2,86

49,42

14

2,36

27,43

3,41

39,04

16

2,71

25,23

3,62

15,00

18

2,97

18,49

3,82

14,21

20

3,21

17,30

3,98

11,35

22

3,33

8,40

4,08

7,17

24

3,53

14,43

4,19

8,15

26

3,65

8,67

4,31

8,68

28

3,92

16,37

4,50

11,99

30

4,06

12,28

4,75

20,33

32

4,19

10,80

5,02

19,49

*Machos e femias

Na seguinte gráfica pódense ver os valores de crecemento e ganancia media diaria bisemanal de peso.

Á vista destes datos, obsérvase como a estirpe industrial ten un maior crecemento en comparación coa raza Mos, como era de esperar. Os SASSO teñen un crecemento máis rápido ata as 14 semanas e despois reducen notablemente a progresión. Isto débese a que os industriais están seleccionados para acadar rápidos crecementos a idades temperás para ser vendidos como polos. Porén, a partir das 14 semanas, os Mos gañan peso máis rápido que os SASSO. Nos dous tipos de galos observouse como do quinto ao sexto mes (das 20 ás 24 semanas) é a peor época de crecemento debido a que os polos se fan galos, ao comezar a madurez sexual. A partir do sexto mes, o crecemento volve a subir.

!

Autóctonas Galegas Número 6


INVESTIGACIÓN

38

Este é o período máis crítico porque se aprecia un “despertar da actividade sexual” moi intenso, o que produce pelexas entre os galos que desencadean que nesta época se concentre a maior porcentaxe de baixas. Observouse que nos SASSO o comezo desta actividade hormonal foi máis temperán cá nos Mos (18 vs. 20 semanas). Nesta fase obsérvase unha diminución do incremento de

peso e tamén do consumo, pero tamén se transmite unha acusada peor transformación alimenticia, máis intensa nos SASSO ca nos Mos. Entre a oitava e a décima semana tamén existiu unha depresión no crecemento de ambas razas, xa que foi o momento no que as aves foron trasladadas aos parques exteriores, véndose compro-

metida a curva de crecemento cunha menor ganancia media diaria debido ao cambio polas inclemencias meteorolóxicas e o período de aclimatación ao novo galiñeiro e parque. Na seguinte táboa vese a evolución do consumo de penso acumulado por galo e a evolución do índice de conversión acumulado.

MOS Semana

Consumo de penso acumulado (kg)

SASSO-T44 Índice de conversión acumulado

Consumo de penso acumulado (kg)

Índice de conversión acumulado

*2

0,21

1,46

0,30

1,53

*4

0,83

2,02

1,15

2,08

*6

1,84

2,37

2,37

2,33

8

3,21

2,75

4,30

2,59

10

4,66

3,21

6,51

3,00

12

6,77

3,43

9,29

3,25

14

8,94

3,79

11,90

3,49

16

11,69

4,31

14,79

4,09

18

14,09

4,74

17,25

4,52

20

16,71

5,20

19,51

4,91

22

18,78

5,64

21,70

5,32

24

21,28

6,02

24,12

5,76

26

23,21

6,35

26,32

6,10

28

25,64

6,55

29,67

6,59

30

27,79

6,84

32,08

6,76

32

29,88

7,12

34,78

6,93

*Machos e femias

No estudo compárase a crianza entre a raza Mos e unha industrial ata AS 32 SEMANAS, momento do sacrificio, con penso durante toda ela e criados nun galiñeiro con saída ao aire libre

Autóctonas Galegas Número 6

En ambas razas, a peor época de crecemento é do quinto ao sexto mes, ao comezar a madurez sexual. Tamén é na que se producen máis baixas


INVESTIGACIÓN

Apréciase como a pesar de que os SASSO medraron máis, tamén comeron máis, case 5 kg máis de penso por galo. O índice de conversión foi mellor nos SASSO, aínda que non existiron diferenzas significativas, chegando a igualarse ás 28 semanas. O número de baixas nos dous lotes foi o mesmo (5), polo que dos 30 galos que pasaron aos parques exteriores chegaron 25 ao sacrificio. Nas táboas da dereita pódense ver datos do estudo económico en función dos consumos e do peso dos animais. Para o cálculo dos custos, multiplicouse o consumo en quilogramos polo custo medio do penso de arranque (0,50 €/kg) ata as seis semanas de vida, segundo recomendacións do fabricante, e logo polo prezo do penso de terminado (a unha media de 0,45 €/kg). Na táboa de arriba obsérvase o custo de produción por galo vivo en función da época e o consumo, tendo en conta unicamente o consumo de alimento. Os Mos deron un gasto inferior debido ao menor consumo alimenticio. Tendo en conta o custo por quilogramo de peso vivo e unicamente os gastos de alimentación, calculados en euros, os resultados foron os que se mostran na táboa de abaixo.

O ESTUDO COMPARATIVO INCLUÍU UNHA ANÁLISE ECONÓMICA FEITA EN FUNCIÓN DOS CONSUMOS E DO PESO DOS ANIMAIS

Como se pode ver, os resultados finais de custo de alimentación por quilo son moi parellos cara ao final da crianza. Non obstante, débese subliñar que a estes custos habería que engadir o resto de gastos, como o custo de incubación ou do poliño dun día, a enerxía calorífica, a man de obra, a amortización de inmobilizados, etc.

39

Custo de produción por galo (só alimentación con penso) en euros Semana

MOS

SASSO-T44

2

0,11

0,15

4

0,41

0,57

6

0,92

1,18

8

1,54

2,05

10

2,19

3,05

12

3,14

4,30

14

4,12

5,47

16

5,35

6,77

18

6,43

7,88

20

7,61

8,90

22

8,54

9,88

24

9,67

10,97

26

10,54

11,96

28

11,63

13,47

30

12,60

14,55

32

13,54

15,77

0

Custo produción/kg de peso vivo (só alimentación) Semana

MOS

SASSO-T44

2

0,73

0,76

4

1,01

1,04

6

1,18

1,17

8

1,32

1,24

10

1,51

1,40

12

1,59

1,50

14

1,74

1,61

16

1,97

1,87

18

2,17

2,06

20

2,37

2,24

22

2,56

2,42

24

2,74

2,62

26

2,88

2,77

28

2,97

2,99

30

3,10

3,07

32

3,23

3,14

Autóctonas Galegas Número 6


INVESTIGACIÓN

40

CARACTERÍSTICAS DA CANAL E DA CARNE DO GALO MOS FRONTE A UNHA ESTIRPE COMERCIAL (II) Lorenzo, J.M; Montes, R; Temperán, S; González, R; Purriños, L. e Franco, D. Centro Tecnolóxico da Carne. Rúa Galicia 4, Parque Tecnolóxico de Galicia. San Cibrao das Viñas, 32900. Ourense INTRODUCIÓN Despois do estudo comparativo da crianza entre 25 galos Mos e 25 da estirpe comercial SASSO-T44 durante oito meses, os animais foron pesados e trasladados ao matadoiro lalinense de Rodeiro. Unha vez sacrificados, as canais foron transportadas baixo refrixeración ás instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne, onde se procedeu a realizar o despezamento segundo o procedemento oficial da World´s Poultry Science Association. RESULTADOS Como se pode observar na táboa 1, as canais da raza SASSO-T44 foron significativamente máis pesadas cás da raza Mos (4,05 vs. 3,36 kg). Polo tanto, ao comparar as pezas nobres (zanco, contrazanco, peituga e á), o peso obtido para a raza SASSO-T44 foi sempre maior. Porén, se se expresan os resultados en porcentaxes respecto ao peso da canal, si se pode observar que tanto o zanco (15,8% para Mos e 13,56% para SASSO-T44) coma o contrazanco (19,6% para Mos e 18,25% para SASSO-T44) mostraron diferenzas e foron claramente superiores na raza Mos.

Táboa 1. Rendementos obtidos tras o despezamento das canais da raza Mos e SASSO-T44

Mos

SASSO-T44

Sig

Peso vivo

4.163

±

0.289

5.021

±

0.414

***

Peso canal

3.361

±

0.277

4.055

±

0.421

***

Zanco

0.266

±

0.061

0.274

±

0.024

n.s.

Pel (zanco)

0.016

±

0.003

0.027

±

0.005

***

Carne (zanco)

0.192

±

0.023

0.194

±

0.018

n.s.

Óso (zanco)

0.042

±

0.007

0.052

±

0.006

***

Contrazanco

0.331

±

0.039

0.369

±

0.035

**

Ala

0.151

±

0.011

0.174

±

0.016

***

Peituga

0.271

±

0.030

0.323

±

0.036

***

Cabeza

0.087

±

0.009

0.137

±

0.013

***

Pescozo

0.208

±

0.025

0.259

±

0.026

***

Patas

0.141

±

0.010

0.165

±

0.018

***

Carcasa

1.432

±

0.142

1.723

±

0.151

***

Resultados expresados en kg. Significancia: *** (p<0,001), ** (p<0,01), n.s. = p≥0,05

Canal de galo de Mos e SASSO-T44 Autóctonas Galegas Número 6


INVESTIGACIÓN

41

Porcentaxe das pezas nobres (zanco, contrazanco, á e peituga) respecto ao peso da canal para a raza Mos e SASSO-T4

SASSO-T44

MOS zanco

contrazanco

16,1

ala

peituga

zanco

contrazanco

ala

peituga

13,56

15,8 16,03

8,9

8,63

19,6

18,25

Aínda que as canais da estirpe comercial pesan máis, porcentualmente, tanto o zanco coma o contrazanco son superiores na raza Mos

Partes nobres da canal de Mos e SASSO-T44

A táboa 2 presenta os valores físicoquímicos da carne da peituga de ambas razas. Ao comparar os da raza Mos cos do híbrido (SASSO-T44), pódense apreciar diferenzas significativas no pH, contido en agua e cinzas, así como na capacidade de retención de auga e a luminosidade. Non hai diferenzas entre a graxa dos galos Mos e os galos híbridos, se ben foron menores na carne do galo Mos. É destacable a pouca cantidade de graxa que posúen comparados coa que mostran, por exemplo, capóns das mesmas razas e liñas (4-5%), aínda que desde o punto de vista nutricional é unha vantaxe.

Polo contrario, a cantidade de proteína que se inxire ao consumir 100 gramos de carne de peituga de Mos é considerable (aproximadamente un 25%). Ao mesmo tempo, os niveis de mioglobina son elevados para unha carne branca, superiores ás mostradas, por exemplo, polo porco celta, de acordo con estudos realizados no CTC. Isto é interesante nu-

A carne da raza autóctona é máis luminosa, o que a fai máis atractiva de cara ao consumidor

tricionalmente porque a mioglobina é fonte de ferro hemo, necesario en mulleres embarazadas con anemia. Ademais, o ferro hemo presente na carne pódese absorber ata niveis do 20-30%, mentres que o ferro inorgánico presente en plantas e leguminosas non chega ao 10%. A luminosidade da carne Mos foi maior cá presentada pola estirpe comercial e isto é moi atractivo para os consumidores á hora de escoller este produto. Os índices de vermello e amarelo, pola contra, foron iguais nos dous tipos de carne.

Autóctonas Galegas Número 6


INVESTIGACIÓN

42

Na capacidade de retención de auga, que indica a cantidade de auga que se perde durante o cociñado do produto, os valores obtidos en ambos tipos foron moi favorables, pois sinalan que a pesar dos contidos altos en auga (>73%) a carne non a perde durante o cociñado. Respecto á textura, atopámonos ante unha carne extremadamente tenra, tanto ao corte inicial cos incisivos (1,47 kg) como durante a mastigación con molares (0,48 kg), con valores moi inferiores aos de outras especies como o porco ou o vacún. Para determinar o perfil nutricional da carne realizouse a análise de ácidos graxos que se mostra na táboa 3. De xeito xeral, como é habitual na graxa dos polos, a cantidade de ácidos graxos insaturados é superior á de saturados, o que o converte nun alimento saudable. Neste caso, pódese observar como o contido en ácidos graxos saturados foi practicamente igual para as dúas razas (arredor do 38%), mentres que o de monoinsaturados foi superior para o SASSO-T44 (37,9 vs. 33,4%) e o de poliinsaturados para a raza Mos (28,5 vs. 23,5%). Neste sentido, tamén é importante a relación entre poliinsaturados/ saturados, sendo moito máis favorable canto máis alta sexa esta; neste caso, a que presentou unha maior relación foi a graxa procedente do galo Mos (0,75 vs. 0,61). Cando se analiza o valor nutricional da graxa dos alimentos hai que considerar a importancia do contido de graxa total, o cociente PUFA/SFA, así coma o cociente omega 6/omega 3. As recomendacións nutricionais actuais suxiren incrementar a inxesta de omega 3 e reducir a de omega 6. Neste sentido, as mostras procedentes do galo Mos mostraron unha relación máis baixa e, polo tanto, unha graxa máis saudable (12 vs. 14).

A graxa da carne da raza Mos é máis saudable debido á mellor relación presentada entre omega 6 e omega 3

Táboa 2. Propiedades físico-químicas das mostras de peituga da raza Mos e SASSO-T44

Mos

SASSO-T44

pH

5.20

±

0.41

5.52

±

0.51

*

% Humidade

73.57

±

0.53

73.12

±

0.46

**

% Cinzas

1.18

±

0.05

1.21

±

0.03

*

% Graxa

0.12

±

0.11

0.16

±

0.12

n.s.

% Proteína

24.85

±

0.66

25.14

±

0.58

n.s.

Mioglobina mg/g carne

0.70

±

0.19

0.73

±

0.17

n.s.

Luminosidade

49.84

±

4.01

47.44

±

2.95

*

Índice de vermello

5.01

±

2.10

5.93

±

1.90

n.s.

Índice de amarelo

10.79

±

2.52

10.34

±

2.17

n.s.

CRA (%)

13.28

±

2.94

11.09

±

1.60

**

Forza (kg)

1.47

±

0.39

1.43

±

0.19

n.s.

Firmeza g/sg

0.46

±

0.12

0.48

±

0.06

n.s.

Traballo corte (kg*mm)

5.48

±

2.09

4.24

±

0.71

**

Dureza (kg)

0.48

0.107

0.49

±

0.09

n.s.

Significancia: ** (p<0,01), * (p<0,05), n.s. = p≥0,05

Táboa 3. Perfil de ácidos graxos das mostras de peituga da raza MOS e SASSO-T44

Mos

SASSO-T44

Sig

C14:0

0.651

±

0.111

0.862

±

0.176

***

C16:0

27.493

±

0.894

29.060

±

1.306

***

C16:1

1.497

±

0.593

2.344

±

0.531

***

C17:0

0.167

±

0.046

0.176

±

0.049

n.s.

C17:1

0.476

±

0.225

0.284

±

0.227

**

C18:0

9.486

±

0.656

8.258

±

0.565

***

C18:1n9c

30.185

±

3.009

34.368

±

2.372

***

C18:2n6c

19.781

±

1.541

17.704

±

1.655

***

C20:1

0.252

±

0.040

0.241

±

0.030

n.s.

C18:3n3

0.913

±

0.170

0.889

±

0.195

n.s.

C20:2

0.207

±

0.066

0.142

±

0.045

***

C20:3n6

0.325

±

0.085

0.266

±

0.090

*

C20:4n6

5.912

±

2.457

3.891

±

2.133

**

C23:0

0.304

±

0.124

0.164

±

0.101

***

C20:5n3

0.061

±

0.016

0.030

±

0.009

*

C24:1

1.030

±

0.348

0.670

±

0.296

***

C22:6n3

1.250

±

0.544

0.652

±

0.392

***

SATURADOS

38.100

±

1.168

38.520

±

1.198

n.s.

MONOINSATURADOS

33.439

±

3.014

37.908

±

2.430

***

POLIINSATURADOS

28.460

±

3.271

23.572

±

3.018

***

INSATURADOS

61.900

±

1.168

61.480

±

1.198

n.s.

OMEGA3

2.225

±

0.465

1.570

±

0.376

***

OMEGA6

26.027

±

2.864

21.860

±

2.643

***

OMEGA6/OMEGA3

12.012

±

1.855

14.340

±

1.958

***

POLIINSATURADOS/SATURADOS

0.748

±

0.097

0.614

±

0.092

***

Significancia: *** (p<0,001), ** (p<0,01), * (p<0,05), n.s. = p≥0,05

Autóctonas Galegas Número 6

Sig


INVESTIGACIÓN

Tamén se realizou unha análise sensorial das mostras por parte do panel de cata do CTC. Sobre o produto en crú, va-

43

loráronse os atributos de olor e visuais. Como se pode observar na táboa 4, os catadores detectaron diferenzas signifi-

cativas (P<0,001) respecto á cor amarela da pel, transparencia da pel e dureza da graxa.

Táboa 4. Resultados da análise sensorial das mostras en crú

Mos

SASSO-T44

Sig

Cor amarela da pel

2.8

±

0.5

6.8

±

1.0

***

Transparencia da pel

6.7

±

0.6

1.4

±

0.5

***

Cor escura da carne

6.6

±

0.5

7.0

±

0.7

n.s.

Uniformidade de cor

6.6

±

1.1

6.8

±

1.3

n.s.

Dureza da graxa

2.7

±

0.6

7.4

±

0.5

***

Intensidade de olor da carne

3.5

±

3.1

4.0

±

2.4

n.s.

Olor fígado/metálico

2.5

±

1.7

2.3

±

1.5

n.s.

Significancia: *** (p<0,001), n.s. = p≥0,05

Posteriormente, as mostras cociñáronse no forno a unha temperatura de 240⁰C durante unha hora. Nesta ocasión des-

taca a maior dureza da carne de galo Mos fronte ao híbrido, un resultado que xa era esperable; porén, isto non afec-

tou á aceptación xeral, xa que os catadores preferiron a carne da raza autóctona (6,1 vs. 5,3).

Táboa 5. Resultados da análise sensorial das mostras cociñadas

Mos

SASSO-T44

Sig

Intensidade de sabor a carne

6.6

±

0.5

6.1

±

1.3

n.s.

Sabor a fígado/metálico

2.0

±

0.8

1.8

±

0.9

n.s.

Dureza

6.1

±

0.4

2.9

±

0.9

***

Xugosidade

3.0

±

1.2

4.0

±

1.0

n.s.

Pastosidade

3.8

±

1.9

1.8

±

0.7

*

Fibrosidade

1.7

±

0.5

1.7

±

1.0

n.s.

Aceptación xeral

6.1

±

0.7

5.3

±

1.5

n.s.

Mostras cociñadas para a realización da análise sensorial

Significancia: *** (p<0,001), * (p<0,05), n.s. = p≥0,05

Autóctonas Galegas Número 6


INVESTIGACIÓN

44

CONCLUSIÓNS COMPLEMENTARIAS DO ESTUDO COMPARATIVO ENTRE A GALIÑA DE MOS E UNHA ESTIRPE COMERCIAL (III) O rendemento da canal (porcentaxe de peso da canal sen vísceras, sobre o peso vivo) foi moi similar (80,74% nos Mos e 80,72% nos SASSO). A chamada comunmente carcasa pesou nos Mos 0,881 kg e 1,212 nos industriais. A suma das partes nobres (peituga, ás, zanco e contrazanco) foi moi superior nos Mos (60,95% da canal) fronte aos SASSO (56,25% da canal). Isto débese a que nos industriais pesan máis, proporcionalmente, as partes de menos valor ou que se tiran, como a carcasa, a cabeza, o pescozo e as patas. A maior diferenza proporcional de peso na canal dáse nos zancos e contrazancos, que foi moi superior nos Mos debido a que son exemplares que se moven máis, provocando un maior volume de peso nesa zona.

A MAIOR DIFERENZA PROPORCIONAL DE PESO NA CANAL DÁSE NOS ZANCOS E CONTRAZANCOS, SUPERIOR NOS MOS PORQUE SE MOVEN MÁIS

Autóctonas Galegas Número 6

Mos

SASSO-T44

Rendemento da canal sen vísceras (%)

80,74

80,72

Resto da carcasa (kg)

0,881

1,212

% de carcasa sobre o total da canal

26,07

29,93

Kg partes nobres

2,06

2,278

Partes nobres sobre total da canal (%)

60,95

56,25

Suma de zanco e contrazanco sobre total da canal (%)

35,74

31,75

Suma de pel e graxa subcutánea sobre o peso total do zanco (%)

5,93

9,85

Carne sobre o peso total do zanco sen pel e óso (%)

72,18

70,80


INVESTIGACIÓN

Apreciouse, tomando como referencia os zancos, como existe unha maior deposición de graxa subcutánea nos SASSO, o que provoca que a súa pel pese máis. Isto confírelles aos industriais unha coloración máis amarela en todo o corpo. O peso da carne dos zancos, descontando o peso do óso e da pel, foi superior

No despezamento observouse un menor peso do óso e pel na raza Mos, dando como resultado unha maior cantidade de carne

COMPROBOUSE QUE SON CARNES QUE SOPORTAN BEN A CONXELACIÓN. NON PERDEN SABOR

nos Mos. Isto é moi importante xa que normalmente tómase como referencia o despezamento do zanco, ao permitirnos estimar de maneira precisa a repartición da carne, da pel e do óso na canal enteira en aves da mesma idade. Polo tanto, podemos concluír neste caso que os Mos teñen un produto consumible maior que os SASSO debido ao seu menor peso do óso e da pel.

A graxa subcutánea que teñen os industriais dálles un aspecto máis amarelo (zanco da dereita). A pel dos Mos (esquerda) é moi fina, case transparente, dando un aspecto máis branco

45

Varias das pezas comerciais conxeláronse ao baleiro durante máis de seis meses, procedendo, unha vez desconxeladas, a unha valoración sensorial na que non se apreciaron perdas nin sabores estraños a rancio, polo que son carnes que soportan ben a conxelación.

Nesta imaxe vemos un galo Mos (esquerda) e un SASSO-T44 (dereita). Nos de Mos obsérvase a pel case transparente pola escasa graxa subcutánea. Os SASSO son máis anchos na zona traseira (carcasa), lugar onde depositan unha maior cantidade de graxa que os Mos

OS MOS TEÑEN UN PRODUTO CONSUMIBLE MAIOR CÓS SASSO DEBIDO AO SEU MENOR PESO DO ÓSO E DA PEL

Despois dunha conxelación por máis de seis meses, observáronse unicamente algunhas pequenas queimaduras na pel por efecto da conxelación. Nestes zancos conxelados pódese ver a graxa intramuscular e subcutánea dos SASSO-T44 (esquerda) fronte aos Mos (dereita)

Autóctonas Galegas Número 6


46

Continuando cos custos de produción analizados no primeiro capítulo, pero agora tendo en conta os custos por quilo canal, obsérvase como ás 32 semanas o custo de produción por kg canal, tendo en conta soamente a alimentación, é de 4 euros nos Mos e 3,89 euros nos SASSOT44. Pero se analizamos o custo de produción de partes nobres é de 6,56 €/kg nos Mos fronte a 6,92 €/kg nos SASSOT44. Así podemos deducir o rendible que pode ser facer despezamento comercial nos Mos. PERSPECTIVAS DE FUTURO A chegada da avicultura industrial a partir da segunda metade do século XX provocou o acceso rápido ao consumo de carne de polo criado en condicións industriais. Non obstante, actualmente, se ben segue imperando este tipo de consumo industrial, os consumidores empezan a apostar por outro tipo de carnes avícolas con sabores e sistemas de cría diferentes.

Autóctonas Galegas Número 6

INVESTIGACIÓN

En Galicia temos séculos de experiencia na crianza de galos, galiñas e capóns, sendo unha zona de referencia a nivel europeo na produción deste tipo de avicultura artesanal. Na maioría das zonas de España e do resto de Europa non está moi estendida a crianza e posterior con-

ACTUALMENTE, SE BEN IMPERA O CONSUMO INDUSTRIAL, OS CONSUMIDORES EMPEZAN A APOSTAR POR OUTRO TIPO DE CARNES AVÍCOLAS CON SABORES E SISTEMAS DE CRÍA DIFERENTES

sumo das carnes dos galos, aínda que si de polos ou capóns (polo castrado). Isto ábrenos unha grande oportunidade de

mercado, xa que a crianza tradicional de galos lévase facendo na nosa terra historicamente e temos os coñecementos necesarios para afrontar este reto. Malia que as liñas industriais están adaptadas a rápidos crecementos, cando se someten a crianzas prolongadas para a produción de galos, os Mos compiten perfectamente con eles ao ser unhas carnes diferentes debido á súa xenética, como se pode comprobar con esta investigación. Agradecementos Este estudo foi financiado con fondos Feader e fondos propios da Xunta de Galicia e do Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino.

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE Y MEDIO RURAL Y MARINO

FEADER Europa inviste no rural


TABOLEIRO

Véndense VACAS OU BECERRAS DE RAZA CACHENA. Muras (Lugo). Tels. 679.357.498, 982.168.246. Véndense VACAS DE RAZA CACHENA DE CALQUERA IDADE E EN CALQUERA ESTADO. Ganados Rogar, SL. Lalín. Tel. 619.270.146. Véndense XOVENCAS DE RAZA CALDELÁ PRÓXIMAS Á CUBRICION OU PREÑADAS. Montederramo (Ourense). Prezo a tratar. Tels. 699.894.845, 988.268.439. Véndense CACHENAS. Riba do Val, S.L. O Páramo (Lugo). Tel. 678.588.391. Véndense BECERRAS VIANESAS. Albino. Tels. 667.687.644, 988.426.067.

Véndense VACAS, XOVENCAS E BECERROS DE RAZA VIANESA. Manuel Santín. Pereira (Cervantes). Tels. 982.151.337, 680.885.890, 636.233.500. Véndense ANIMAIS DE RAZA CACHENA. José Luis. Sobrado (A Coruña). Tel. 981.196.283. Véndense VACAS DE RAZA VIANESA DE 2 ANOS E MENORES DE 2 ANOS. Navallo (Laza). Tels. 988.305.188, 689.174.831. Véndense 3 XOVENCAS E UN XOVENCO DE RAZA LIMIÁ. Antonio Fontal. Triacastela. Tel. 659.494.776.

Véndense BECERRAS DE RAZA CACHENA. Jorge. Cesuras (A Coruña). Tel. 629.140.085.

Véndese TOURO DE 21 MESES DE RAZA LIMIÁ. Pais: Martiño e Leticia ES071105498377. José Lino Vidal. Tels. 648.291.470, 986.768.225.

Véndense VACAS OU BECERRAS DE RAZA CALDELÁ. Juan Manuel. Maceda (Ourense). Tel. 670.956.084.

Véndense ANIMAIS DE RAZA LIMIÁ. Ganadería Ramos. Castro de Rei (Lugo). Tel. 659.185.730.

Véndense CACHENAS. Samos. Tel. 620.535.555

Véndense EXEMPLARES DE RAZA CACHENA. Muras (Lugo). Tel. 609.454.906.

Véndense 3 BECERRAS DE RAZA CACHENA. Os Blancos (Ourense). Tel. 988.452.237.

Véndense BECERRAS PREÑADAS E XATAS CACHENAS. José Antonio. Val do Dubra (A Coruña). Tel. 699.444.424.

Véndense VACAS, BECERRAS E BECERROS DE RAZA CACHENA. Juan Francisco. Santaia-Curtis (A Coruña). Tel. 608.083.598.

Véndense CACHENAS. Delfín. Vilar de Barrio (Ourense). Tel. 605.022.895.

47

Véndense ata 10 ANIMAIS DE RAZA CACHENA DE DIVERSAS IDADES. Pedro Xaquín. Carnota (A Coruña). Tel. 655.578.668. Véndese OVELLA GALEGA. Manuel Álvarez Peña. Maceda (Ourense). Tel. 626.446.764. Véndese OVELLA GALEGA. José García Blanco. Vilariño de Conso (Ourense). Tels. 608.005.246, 988.307.745. Véndense AÑOS E CORDEIROS DE PRODUCIÓN ECOLÓXICA DE RAZA OVELLA GALEGA. Mariña. Tels. 981.882.675, 659.154.643. Ganadería Montouto, 13 anos seleccionando animais de pura RAZA CACHENA. VACAS, XOVENCAS, XATAS E SEMENTAIS DE ALTA XENÉTICA E GRAN BELEZA a moi bo prezo. Tel. 669.667.744. Véndense VACA PREÑADA E CRÍA. Manuel e Mercedes. Tel. 609.392.124. Véndense VIANESAS E 2 VACAS DE RAZA CACHENA. José Luis. Lama de Dozón. Tel. 664.649.739. Para mercar exemplares de GALIÑA DE MOS, visite www.avimos.org Véndense ata 5 BECERRAS CACHENAS a escoller. Nacidas na primavera do 2010 en finca ecolóxica. Diego Rois. Boimorto (A Coruña). Tel. 620.295.920

Inserción gratuíta de anuncios en 2 números consecutivos da revista, salvo comunicación do criador para a retirada do mesmo. A revista Autóctonas Galegas non se fai responsable das garantías de calidade dos animais que ofrecen os anunciantes. Autóctonas Galegas Número 6


xa estamos aquí

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE Y MEDIO RURAL Y MARINO

FEADER Europa inviste no rural


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.