AUTÓCTONAS número
9
A REVISTA DAS RAZAS AUTÓCTONAS GANDEIRAS GALEGAS
VERÁN 2016
GANADO DE LEMOS, GRANXA TEIXEIRO E PISTÓN, MOSTEIRO DE OSEIRA E RAMÓN VÁZQUEZ. CATRO CASOS DE PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN
CACHENA
CALDELÁ
LIMIÁ
FRIEIRESA
VIANESA
XA SOMOS 100% RAZA AUTÓCTONA. ÚNETE A NÓS!
A NOSA COCIÑA, UNHA PROPOSTA DIFERENTE E DE CALIDADE
PRIMEIROS CENTROS DE EMBALAXE DE OVOS DA RAZA GALIÑA DE MOS
EDITORIAL
A CERTIFICACIÓN 100% RAZA AUTÓCTONA, UN PASO ADIANTE No mes de febreiro deste ano, as cinco razas bovinas autóctonas galegas recibiron a autorización para o emprego do novo logotipo oficial 100% Raza Autóctona coa que xa contaban a Ovella Galega, a Galiña de Mos e a Cabra Galega, polo que actualmente as oito razas pertencentes a Boaga poden ser etiquetadas con este selo de calidade. Os operadores (produtores, transformadores e comercializadores) que queirades facer uso del debedes darvos de alta especificamente para o caso a través das asociacións da Federación correspondentes, como o fixestes ata a data preto dun cento de vós. Se ben a súa utilización non é obrigatoria, si é moi recomendable cara aos consumidores, para ofrecerlles unha información completa da trazabilidade da vosa produción e unha garantía de seguridade alimentaria, cada vez máis demandadas no mercado global. A comercialización e o marketing asociado son, precisamente, os aspectos que máis traballamos nos últimos anos para paliar o descoñecemento que había sobre as razas autóctonas de Galicia que se atopan en perigo de extinción e para que este sistema de produción sexa rendible. Neste número da revista continuamos a serie de entrevistas a través das cales falades en primeira persoa da vosa experiencia: que produtos sacades, que canles de distribución tedes, quen son os vosos clientes, se optastes por unha marca comercial propia, cales son as vosas estratexias de venda, como evolucionou o voso negocio, etcétera. É a mellor maneira de presentar este tipo de actividade, e de convencer. Por iso cando planificamos a asistencia a feiras agroalimentarias e a outros eventos profesionais contamos coa vosa presenza, para manter esa relación directa. Na mesma liña, nas nosas campañas de promoción queremos mostrar o gando, que o público vexa a beleza das vacas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa, do Galo e da Galiña de Mos, da Ovella Galega, da Cabra Galega. Que saiba que excepcionalmente eses días están nun recinto feiral, pero que o seu lugar é o monte, o medio natural. E que desa crianza en liberdade proveñen as carnes e os ovos que logo sorprenden polo seu sabor, o sabor de raza. Destacámolo na portada, a cociña coas razas autóctonas é unha aposta diferente, tamén, sen dúbida, unha cociña 100%. Detrás da súa potencialidade culinaria hai moito traballo. Primeiro, o dos gandeiros que criamos as razas e, despois, o dos técnicos que estamos a investigar o valor engadido das producións. Desta vez presentamos os estudos dos novos produtos cárnicos e os novos cortes comerciais do cordeiro da raza Ovella Galega, por unha banda, e do efecto da produción e da calidade dos ovos da raza Galiña de Mos fronte á estirpe industrial, coa caracterización da canal e da carne de desvelle, pola outra. O outro avance da temporada é a creación e posta en funcionamento dunha rede de pequenos centros de envasado de ovos da Galiña de Mos procedentes de explotacións avícolas artesanais, para cuxa instalación publicamos unha guía da que vos damos conta nestas páxinas. Imos polo bo camiño!
3
AUTÓCTONAS número
9
A REVISTA DAS RAZAS AUTÓCTONAS GANDEIRAS GALEGAS
VERÁN 2016
EDITA: FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA Fontefiz. 32152. Coles (Ourense). Teléfono: 988.20.54.86 Fax: 988.20.54.89 Email: boaga@boaga.es Web: www.boaga.es Presidente: José Benito Gayoso González Vicepresidente: José Manuel González Lamelas Secretario-tesoureiro: Lisardo López Blanco Vogais: M.ª Hortensia Alonso Alonso, José Blanco Blanco, M.ª Hortensia Rodríguez González, Francisco José Monasterio Solveira PRODUCE: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A. 27002. Lugo. Teléfonos: 982.22.12.78 / 636.95.28.93, 610.21.53.66 Email: transmedia@ctransmedia.com Web: www.transmedia.es Tirada: 2.500 exemplares Depósito legal: LU-399/2007
SUMARIO ENTREVISTA Pascual Abalo (Mosteiro de Oseira)
4
Miguel Cordero (Granxa Teixeiro e Pistón)
7
José Manuel González (Ganado de Lemos SL)
10
Ramón Vázquez
13
COMERCIALIZACIÓN Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa xa somos 100% Raza Autóctona. Únete a nós!
16
OVELLA GALEGA Novos produtos e cortes comerciais da raza Ovella Galega
18
GALIÑA DE MOS Efecto da produción e calidade do ovo da raza Galiña de Mos fronte á estirpe industrial
21
Primeiros pequenos centros de embalaxe de ovos da raza Galiña de Mos
34
NOVAS
38
eNTREVISTA ENTREVISTA
4
Para Pascual, que leva 21 anos no mosteiro, é a súa primeira experiencia como gandeiro
PASCUAL ABALO IGLESIAS CRIADOR DE FRIEIRESA. MOSTEIRO DE OSEIRA
“TEMOS CERTA VANTAXE AO TRATARSE DUN MOSTEIRO MOI COÑECIDO PERO O QUE DETERMINA O ÉXITO DUN PRODUTO É QUE Á XENTE LLE GUSTE, E NON HAI MÁIS” No mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea (Ourense), conviven 12 monxes cistercienses con preto de 40 exemplares de Frieiresa. Comezaron coa cría desta raza no ano 2012, ao quedar sen utilidade a finca que rodea o edificio despois da finalización dun arrendamento. Nesta entrevista, o monxe Pascual cóntanos a súa experiencia como gandeiro e aclara cal é o obxectivo da explotación. _Como foron os inicios? _ Puxémonos en contacto cunha criadora de Frieirega da zona e a ela comprámoslle os seis primeiros animais, que aínda temos. Empezamos timidamente pero dando pasos pouco a pouco coa compra dun tractor, dunha rozadora… Non foi fácil porque non estabamos acostumados a isto.
Autóctonas Galegas Número 9
_Cal era o obxectivo? _O primeiro obxectivo era manter a finca viva e ese obxectivo, hoxe en día, está cuberto, pero o que é o segundo, o partido económico, por agora non. Imos compensando algún gasto pero hai que ir con moita prudencia. Tiñamos como 25 UGM e ímola manter en 18 UGM para que poidamos levar mellor o manexo.
_Quen se encarga de coidar os animais? _Temos un obreiro de fóra, pero cando hai que facer unha operación de traslado dos animais dunha finca a outra chamamos os novizos. Nós o que fixemos sempre foi apoiarnos en gandeiros e tamén en Boaga; cando temos algunha dúbida sempre recorremos a xente que nos pode axudar.
ENTREVISTA
_De canta superficie dispoñedes para o mantemento do rabaño? _Dedicadas a isto, temos entre 20 e 25 hectáreas.
que segamos unha vez ao ano, algo de penso algunha vez de cara ao manexo, pero moi pouco. Practicamente, viven do pasto que hai aquí nesta zona.
_Como é o día a día da explotación? _Temos a vantaxe ou a desgraza, non o sei, de ter todas as parcelas unidas, que iso é moi raro no agro galego, pero, na práctica, comprobamos que as vacas están mal criadas porque teñen moito campo e moi vasto, e iso dificulta o manexo. Entón, estamos pensando en limitar con valos algúns espazos para que elas non estean tan libres e poidan suxeitarse máis. Pero, por outro lado, é unha vantaxe porque nós podémolas deixar en oito hectáreas durante días, semanas incluso e, en certa maneira, é unha despreocupación. Dentro da cuadra temos unha manga de manexo e fixemos algunha separación no interior para facer cebadeiros. Cando se trata de poñer un crotal, dunha desparasitación etc., o que facemos é metelas no cortello e despois na manga.
_Que proceso de cebo seguides cos becerros? _Cebámolos con cereais e cun penso que elaboramos nós para que a cría colla un pouco de carne, aínda que temos algún carniceiro que quere que as collamos directamente da finca, sen penso e sen nada. A nós sáenos máis económico así, pero é raro.
_ Como xestionades os partos? _Algunha vez a cría viña do revés e tivemos que axudarlle, pero en xeral non hai dificultades. _En que consiste a súa alimentación? _Aquí teñen un pasto moi bo, pero nós completámolo con rolos de herba seca
_Como é o carácter destes animais? _Non son animais bravos como din en moitos sitios. Ás veces tamén é certo que é máis ben querer, ter vontade de entendelas e de aprender a manexalas. _A que idade sacrificades os becerros e con que pesos? _Sacrificámolos antes de que cumpran o ano. Dous ou tres meses antes xa os metemos no cebadeiro e, normalmente, sáennos a 120 kg en canal. Non é moito pero compénsanos. _Que fluxo de produción tedes? _Hai dous anos naceron todo machos e sacrificamos sete ou oito, pero este ano viñeron todo femias e quixemos engrosar un pouco o rabaño, polo que houbo poucas matanzas. E fixemos un experi-
5
Actualmente están cebando estes dous bois
mento de cebar dous bois, pero consideramos que non é rendible. Estes animais están na cuadra, con alimento especial. Están moi gordos, pero aínda así pensamos que non compensa. O penso é moi caro. _Onde facedes os sacrificios? _Normalmente matamos no Celtaverde de Taboada ou vendémolo a un carniceiro e el encárgase de matalo. Cando ten menos dun ano, en Celtaverde ocúpanse de despezalo e incluso de envasalo coa nosa etiqueta. _Como lle dades saída aos produtos? _Temos moi pouco percorrido, moi pouca experiencia. Polo de agora [a venda] ou ben a fixemos nós directamente ou
O rabaño mantense nas fincas que rodean o mosteiro
Autóctonas Galegas Número 9
6
eNTREVISTA ENTREVISTA
“O LOGOTIPO REPRESENTARÍA UN REFORZO QUE ASEGURE A GARANTÍA E A CALIDADE DO PRODUTO DUNHA MANEIRA PÚBLICA E OFICIAL”
Grupo de reprodutoras
ben a través dun carniceiro. Incluso algunha vez foi o matadoiro, pero non sempre atopou clientes, entón tivemos que buscar nós pola nosa conta. Temos algún carniceiro, na Praza de Abastos de Santiago, por exemplo, que se interesa por este tipo de raza. _No caso da venda a través de carnicerías, comercialízase coa vosa propia marca comercial? _Si, coa marca Monasterio Cisterciense de Oseira.
economicamente nunca imos vivir disto e, entón, máis ben buscamos que non dea perdas nin moita dor de cabeza. _Que vantaxes ten a venda con marca propia? _Nós temos certa vantaxe ao tratarse dun mosteiro moi coñecido pero, ao final, o que determina o éxito dun produto é que á xente lle guste, e non hai máis. Poden vir ao principio cunha expectativa grande, pero repiten se lles gustou o produto.
_Que oportunidades lle atopas ao recentemente aprobado logotipo 100% Raza Autóctona Frieiresa? _Esperemos que nos poida afectar para ben, pero eu creo que este tipo de carne ten unha demanda específica dun tipo de cliente que, polas razóns que sexan, lle gusta máis esta carne porque lle parece máis selecta, cunhas propiedades determinadas etc. O caso é atopar ese tipo de cliente. Para nós, o logotipo representaría un reforzo que asegure a garantía e a calidade do produto dunha maneira pública e oficial. _Cal é a vosa clientela? _Os mesmos veciños, cando se enteran de que temos un animal sacrificado veñen comprar algo. O problema que temos é que veñen comprar unha determinada parte do animal, pero nós tratamos de facer un paquete que leve algo de todo. Sabemos que teriamos que meternos no mundo das redes sociais, pero nós tampouco temos unha meta moi alta, moi ambiciosa, xa que sabemos que Autóctonas Galegas Número 9
Na última edición de Salimat
_De que maneira lles dades visibilidade aos produtos? _O ano pasado fomos á feira de Silleda e saímos satisfeitos, atopamos xente que se interesou por nós. O das redes sociais está aí, pero está en función do que nós vaiamos producindo. _Persoalmente, como che resultou esta experiencia? _Eu toda a miña vida dediqueime a estudar, entón resúltame moi gratificante. Tómoo coma un reto, coma un desafío para crecer humanamente. Para min é unha satisfacción dicir que traballo no campo.
ENTREVISTA
7
Miguel, Yolanda e Elba, xunto coas pastoras do rabaño, Zara e Leila
MIGUEL CORDERO SOUTO CRIADOR DE CABRA GALEGA. GRANXA TEIXEIRO E PISTÓN
“O DE ESCOLLER CABRAS FOI POLO ABANDONO DA TERRA QUE HAI NA ZONA DOS ANCARES” No ano 2010, Miguel e a súa familia trasladaron a súa residencia da cidade ao rural, concretamente á localidade de Becerreá, na montaña lucense. Logo de estudar varias posibilidades, en 2013 apostaron pola cría de Cabra Galega. Hoxe en día, a explotación atópase en pleno proceso de crecemento. O seu desafío para o medio prazo é facerse un oco no mercado da carne de cabrito. _De onde vén o nome da granxa? _Teixeiro é a casa de onde veño eu, no concello do Corgo, e Pistón é a casa de onde vén a muller. A ‘E’ do medio é da nosa filla Elba, por iso hai que poñela en maiúscula. _Que motivou a idea de montar unha explotación de cabras? _Nosoutros viñémonos para o campo porque aos dous [a Miguel e mais á súa muller Yolanda] nos gusta o campo, os dous temos formación en forestal e no tema do territorio, e, ademais diso, os primeiros anos que viñemos para a casa nova toda a finca estaba a monte; había
unhas silveiras enormes que, cando tiven que rozalas dúas veces, dixen: “Mellor que o fagan as cabras!”. _Con cantos animais empezastes? _Empezamos con dúas cabras para ver se nos adaptabamos uns aos outros e foinos ben. Fomos aumentando cada ano e, cando xa tiñamos unhas poucas, vimos que podiamos tomalo máis en serio e ver se realmente eramos capaces de soster unha explotación seria. _Cantos tedes agora? _Agora hai sobre 120 sen contar os que naceron este ano.
_Por que vos decantastes polas cabras? _O de escoller cabras foi polo abandono da terra que hai na zona dos Ancares. _De canta superficie dispoñedes? _Superficie propia non temos apenas ningunha. Da familia da muller temos fincas que podemos pastar, e tamén contamos coas que nos deixan os veciños que queren que lles limpen as fincas. Despois temos certas parcelas alugadas do Banco de Terras, que son as que forman o groso da explotación. Agora mesmo pode haber sobre 70 hectáreas alugadas, aínda que realmente utilizadas Autóctonas Galegas Número 9
eNTREVISTA ENTREVISTA
8
van dez ou quince, o resto é monte que aínda non estamos aproveitando o suficiente. _Onde están esas fincas? _O groso é un monte veciñal en Cervantes, a un 18 km de aquí, e despois hai varias fincas en Lugo e en Castroverde. _Como transportades as cabras ata eses lugares? _Pois ese é un dos problemas porque agora mesmo vense poucas cabras polos camiños. Xeralmente movémolas no carro do coche ou nun pequeno camión do que dispoñemos, para molestar o menos posible os veciños. _Como é o manexo no día a día? _Basicamente, é procurar que teñan un peche e que dentro haxa comida. As cabras, se o sitio é o suficientemente grande, preocúpanse de buscar refuxio, de estar na zona que máis lles convén, de pastar o que deben e de criar elas soas. Do que nos temos que preocupar é de telas ben pechadas e de que haxa suficiente pasto dentro porque, se non o hai, á parte de que pasan fame, escapan. Para o lobo hai que ter mastíns, que tamén é outro manexo complicado, xa que te obrigan a ir ver todos os días o rabaño e a alimentalos. E pouco máis. Agora mesmo, na época de parideira, si que tes que atendelas máis, pero o resto do ano é simplemente iso. _Como xestionades a parideira? _Nosoutros facémola no exterior, que é relativamente raro en Galicia. Temos os partos concentrados na primavera por-
Os partos concéntranse na primavera e teñen lugar no exterior
que é cando elas teñen pasto. Se o cabrito nace un día con moito frío ten que ter algún refuxio para que non teña problemas para empezar a mamar, xa que, se non o fai en poucas horas, morre de frío ou de inanición. Por iso é un pouco máis complicada a parideira no exterior. Unha vez superado o primeiro-segundo día, os cabritos e as cabras son autosuficientes e non tes que preocuparte máis que de ilos ver, ás veces por desfrutar un pouco do bonitos que son. _Tedes algún sitio no que se poidan resgardar? _Facemos algún refuxio que son como unha especie de invernadoiro pero abertos por todos os lados, simplemente para que non lles chova enriba, sobre todo de noite. E con iso, pode facer moito frío,
que lles dá igual; elas mesmas saben cando vai chover, métense rapidamente no refuxio e non teñen problema. _ Sobreviven co que atopan fóra ou suplementádeslles a alimentación? _Non, se o pasto é bo non hai ningún problema. Pasto bo para as cabras refírese a que haxa unha mesturanza de matogueira, silveira, algo de prado tamén queren… pero non complementamos en xeral.
“ATA AGORA ESTÁMONOS CONCENTRANDO EN QUE OS ANIMAIS MEDREN BEN, QUE SEXAN SANS E QUE A EXPLOTACIÓN FUNCIONE BEN EN TERMOS DE CRÍA. O SEGUINTE É O TEMA DO MERCADO”
_E no caso dos cabritos? _Non, porque os sacrificamos na época na que aínda están medrando moito co leite e co primeiro pasto que comen. Complementamos se temos algún para o inverno, que é raro, ou se nace algún fóra da época de partos, que é en abrilmaio, cando o pasto é moi bo e a cabra dá moito leite. Aos 2-3 meses o cabrito xa está para matar, xa está gordo e engraxado.
Os cabritos aliméntanse co leite da nai e co que pastan Autóctonas Galegas Número 9
_Sacrificades sempre a esa idade? _Dependendo un pouco da demanda, ímolos matando cando necesitamos
ENTREVISTA pero, normalmente, o que che pide a xente son cabritos de 2-3 meses e de 7-8 kg en canal. Algunha vez fixemos unha proba para nós ata os 5-6 meses, estando os machos castrados, e non vimos que houbese unha merma de calidade. _Cando castrades os machos? _A partir dos dous meses, para que poidan seguir estando coas nais. Facémolo cunhas tenaces que se chaman ‘sen sangue’, polo que non tes que preocuparte de que non teñan feridas ou de que sufran moito… _Que tipo de venda facedes? _Na maioría dos casos facemos venda en vivo a particulares porque ata agora non tiñamos lotes para vender en conxunto. Non obstante, este ano queriamos empezar a ir ao matadoiro e facer distribución propia, pero para iso necesitamos permisos, rexistros sanitarios… e seguramente non nos dea tempo porque isto ao final é unha actividade parcial e non nos dá tempo de poñer en práctica todas as ideas. _Traballades con clientes locais? _Si, ese é un dos problemas que temos coas cabras. A cabra é o animal que mellor aproveita os recursos na zona de montaña pero, desde o punto de vista do mercado, é o peor animal porque non hai un mercado regulado. É un mercado moi de andar por casa, todo entre particulares, entre coñecidos, a xente vai case sempre á granxa de toda a vida. É un mercado de boca a boca e no noso caso, ao ser novos nisto, é un pouco o
problema que temos. A ver como podemos facer para superar iso.
“EMPEZAMOS A IR A SALIMAT E Á SEMANA VERDE COA AXUDA DE CAPRIGA, E SON MERCADOS NOS QUE XA EMPEZAMOS A VER OS PRIMEIROS RESULTADOS, SOBRE TODO A NIVEL DE COMPRA DE ANIMAIS PARA VIDA”
_Que beneficios lle atopades ao selo 100% Raza Autóctona Cabra Galega? _Todo o que sexan marcas distintivas de calidade axudan a posicionar o produto. O problema da especie en Galicia, ou polo menos é o que percibo eu, que estou empezando, é que non existe unha asociación entre os produtores que che permita aproveitar eses selos porque ti como produtor necesitas manexar un volume e moitas veces nin ti mesmo dás producido ese volume. A persoa que che compraba antes polo boca a boca vaino seguir facendo independentemente, pero o selo deberá atraer novos clientes aos que tes que darlles unha certa cantidade, estandarización etc. E iso é o que no mercado, polo menos da cabra, non está funcionando.
9
_Pódese vivir dunha explotación deste tipo? _No noso caso, esta actividade complementa outros traballos, que son os principais. Precisamente, un dos fins deste experimento é ver se acadamos un certo coñecemento da explotación, dos nichos de mercado que pode haber, do manexo dos animais e dos custos que teñen para ver se realmente hai un custo cero a partir do cal saibamos que, se temos máis cabezas, vai empezar a dar beneficios. Pero agora mesmo, coa cantidade de animais que nós temos, de ningunha maneira. _Que estratexias estades empregando para introducir o voso produto no mercado? _Empezamos a ir a Salimat e á Semana Verde coa axuda de Capriga, e son mercados nos que xa empezamos a ver os primeiros resultados, sobre todo a nivel de compra de animais para vida. _E para a produción cárnica? _Como mercado de carne, eu penso que ata agora a nosa dimensión non nos permite ofrecer un produto para ter, por exemplo, unha relación cun posible exportador ou cunha gran superficie. Para iso necesitamos estar máis establecidos e ter xa unhas licenzas que che permitan distribuír nun coche no que a carne vaia refrixerada e poida ir do matadoiro cun selo e con todas as cousas. A nós fáltannos 2-3 anos para ter todo iso. Ata agora estámonos concentrando en que os animais medren ben, que sexan sans e que a explotación funcione ben en termos de cría. O seguinte é o tema do mercado.
Autóctonas Galegas Número 9
10
eNTREVISTA ENTREVISTA
JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ ILLÁN CRIADOR DE VIANESA. GANADO DE LEMOS SL
“HOXE TEMOS UN PRODUTO DE CALIDADE, PERO O QUE NON SABEMOS É VENDELO FÓRA, VALORIZAR O NOSO” Ganado de Lemos é un proxecto empresarial iniciado por dous matrimonios que se asociaron no ano 2009 para a cría e a comercialización de carne de boi da raza Vianesa. A explotación está situada na parroquia de Seteventos, no Saviñao. Entrevistamos a José Manuel González, un dos seus socios. _Como xurdiu este proxecto? _Nós tiñamos a necesidade de ter unha extensión grande de terreo limpo e pensamos nunha raza autóctona. Dentro do grupo das Morenas do Noroeste, entre as razas que máis nos gustaban, a Limiá, a Frieiresa e a Vianesa, decantámonos pola raza que máis exemplares tiña, xa que as outras dúas tiñan pouquiños animais, polo que, á parte de ser máis caros, era máis difícil conseguir un rabaño importante. _Con cantos exemplares empezastes? _Con 36 xovencas, seis vacas e un semental. Autóctonas Galegas Número 9
_Cantos tedes agora? _Sobre 140. Unhas 70 reprodutoras, 52 bois de distintas idades e as crías que van nacendo. Xa vendemos moitos animais para vida; vendemos para Ávila e para outros sitios rabaños de 30 ou 40 xovencas. _De canta superficie dispoñedes? _De 136 hectáreas que comparten con 4-6 cabalos que adoitamos ter habitualmente. A finca máis grande ten algunha división por dentro e logo temos outra a carón de 14 hectáreas, que é onde facemos a desteta con 5-6 meses para que as vacas se recuperen para o seguinte parto.
_Como é o manexo destes animais? _Ao tratarse dun sistema en extensivo, o manexo é sinxelo e agradecido. Incluso un desfruta estando entre tanto animal e con tanta natureza arredor. O que si se vai complicando é o manexo dos bois co paso do tempo. Temos animais de ata seis anos que xa alcanzan mil quilos de peso en vivo e, loxicamente, aí o manexo empeza a ser algo máis complexo aínda que ao estar capados non son agresivos.
ENTREVISTA
_ Quen se ocupa do seu coidado? _O manexo facémolo entre dúas ou tres persoas, a non ser que sexa un saneamento, que aí xa precisamos de máis axuda. Temos unha persoa contratada que se encarga de visitar os animais a diario, sobre todo agora na temporada de partos para ter controladas as nais e as fillas e asegurarse de que saia todo ben. Tamén se encarga de darlles o cereal aos bois e de mirar que non haxa ningunha vaca enferma.
“OS BOIS CEBÁMOLOS EN EXTENSIVO E SOAMENTE CON CEREAL, XA QUE SELAMOS COA FUNDACIÓN FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE DE ANIMAIS CRIADOS EN BIODIVERSIDADE”
_Son frecuentes as visitas do veterinario por enfermidades? _Desde o ano 2009 ao mellor temos dous medicamentos apuntados no libro de tratamentos, a non ser as desparasitacións, que facemos tres ao ano. _En que consiste a súa alimentación? _O 80 % é o pasto que temos nas fincas e o 20 % restante é herba seca e palla de cebada picada. Iso témolo durante todo o ano, aínda que nos meses de inverno
11
gástase máis porque o pasto vén a menos, e no verán sucede un pouco o mesmo porque, se non chove, seca. _Como é o proceso de ceba dos bois? _Os bois cebámolos en extensivo e soamente con cereal, xa que selamos coa Fundación Félix Rodríguez de la Fuente de animais criados en biodiversidade. O proceso é máis lento con cereal, pero a calidade é distinta. A porcentaxe de graxa infiltrada é altísima en comparación con outras razas, pero tárdase moito máis ao facelo con cereal en vez de con penso. Os animais non están estabulados en ningunha temporada do ano, aínda que temos dous ou tres refuxios nos que, se queren, poden meterse. _Con que idade os sacrificades? _Entre os cinco e os seis anos. Incluso a día de hoxe temos algúns que teñen seis anos e medio. _Cal é o voso fluxo de produción? _Agora estamos sacrificando entre 12 e 14 animais por ano. Despois iremos subindo porque ao aumentar as reprodutoras tamén o fai o número de bois. _Comercializades animais máis novos nalgunha ocasión? _Becerros apenas comercializamos porque case todos os deixamos para sacalos como carne de boi. Pero si vendemos para vida as tenreiras coas que non nos quedamos para recuperar as vacas que imos tendo de baixa.
Stand de Ganado de Lemos na última edición de Salimat
_Como lles dades saída aos produtos? _Optamos pola venda directa porque o risco é do gandeiro, e o intermediario, ao final, é o que se queda os cartos. _Que beneficios ten o selo de calidade 100% Raza Autóctona Vianesa? _Ese é un labor primordial de Boaga e de Vianega para o tema da valorización porque hoxe temos un produto de calidade, pero o que non sabemos é vendelo fóra, valorizar o noso. Eu penso que todos os certificados son necesarios para darlle ao consumidor unha mensaxe sobre a orixe do produto, sobre a raza do animal do cal procede e sobre o seu manexo, xa que non é o mesmo un animal que non coma penso ou que non estea estabulado que un que si o estea. Vai ter unhas características distintas. Calquera manexo pode ser bo pero o consumidor ten que saber cal é o que lle están vendendo.
Grupo de nais coas súas crías
Autóctonas Galegas Número 9
ENTREVISTA
12
Os bois sacrifícanse entre os cinco e os seis anos
_Que vantaxes ofrece a venda con marca propia? _Para nós é importante polo tema da trazabilidade. Cando imos ao matadoiro seguimos as nosas canais, cando imos á sala de despezamento estamos alí presentes, é dicir, non se rompe a trazabilidade do produto en ningún momento, e ao cliente querémoslle dar toda a información, tanto alimentaria como sanitaria, de sacrificio e de despezamento. _Cal é a vosa clientela? _Temos catro ou cinco restaurantes aos que lles servimos e entre 70 e 75 clientes particulares que nos piden por adiantado cando imos facer o sacrificio. Os máis afastados témolos en Ávila, en Cuenca, en Madrid e ata chegamos a Palma de Mallorca con algún.
_Como lle dades visibilidade ao voso produto? _Neste mercado é fundamental o boca a boca porque, loxicamente, un animal de seis anos ten un prezo alto, xa que ten uns gastos que un becerro con 9-10 meses non ten. Intentamos valorizar o produto e explicarlle ao consumidor o proceso que tivo nese tempo porque non aparece un boi cebado por arte de maxia no último ano, como se fai cun tenreiro. É máis complexo e caro. _Asistides a algún evento para mostrar a vosa produción? _Si, Boaga ofrécenos a posibilidade de asistir a distintas feiras, como a Semana Verde ou, no noso caso, a que se fai en Lugo no San Froilán. Aí vense os nosos produtos, sempre hai alguén que os proba e sempre facemos algún cliente máis nese tipo de actividades.
O terreo no que crían os animais ten, ademais, un uso industrial
Autóctonas Galegas Número 9
_Pódese vivir unicamente deste negocio? _Eu penso que hai que compatibilizalo con outras actividades porque hoxe a carne non se está pagando polo que custa realmente. Estase baseando moito en subvencións e as subvencións están ben, pero sería mellor non cobrar ningunha e si vender o produto ao prezo que hai que vendelo. Eu creo que cada vez máis o tema vai pola venda directa ou pola unión de gandeiros que fan esa venda directa.
ENTREVISTA
13
Ramón, diante do rabaño que ten na parroquia de Espasantes, en Pantón
RAMÓN VÁZQUEZ FERNÁNDEZ CRIADOR DE CACHENA, GALIÑA DE MOS E OVELLA GALEGA
“POLOS CORNOS QUE TEÑEN PARECE QUE IMPOÑEN UN RESPECTO PERO, SE LLE DÁS CARIÑO, A CACHENA É UN ANIMAL MOI DÓCIL” A actividade principal de Ramón é a de carniceiro –é propietario da carnicería Eurolemos, en Monforte de Lemos– pero, ademais, ten uns terreos nese concello e no de Pantón nos que mantén dous rabaños de cachenas para a posterior venda dos becerros. O seu gusto polas razas autóctonas vén de atrás. Empezou coa Galiña de Mos no ano 2010 e recentemente fíxose con algún exemplar de Ovella Galega. _Cando comezaches coa cría de Cachena? _Empecei no ano 2014. Eu xa estaba na asociación da Galiña de Mos e despois de probar as diferentes carnes de todas as razas autóctonas, á que lle notei un sabor diferente, á parte de ser un animal distinto, foi á da Cachena. A partir de aí, empecei un pouquiño de broma e metín unhas seis cabezas para probar entre uns amigos, pero despois vin que era bonito, que non daban un traballo excesivo e que se podía compaxinar coa miña
actividade principal, e agora estamos en 2016 con arredor de 40 cabezas entre pequenas e grandes. _De canta superficie dispós para o mantemento do rabaño? _Dunhas 15 hectáreas. _Como é o carácter destes animais? _Polos cornos que teñen parece que impoñen un respecto pero, se lle dás cariño, a Cachena é un animal moi dócil. Ao
dono apréciano moito, coñéceno perfectamente e teñen un carácter moito máis nobre do que parece á primeira vista. Non quere dicir que ao forasteiro non se asusten ou, ao mellor, intenten botarse a el pero, ao propio dono, non ho! _Como é o día a día da explotación? _Requiren moi pouco coidado porque é un gando que está en extensivo e o único que comen é o pasto verde mais herba seca, que teñen sempre de sobra. Os Autóctonas Galegas Número 9
eNTREVISTA ENTREVISTA
14
becerros botan ata os sete meses coas nais e logo métolles uns meses de cebo con cereal. Nesta zona hai un pasto rico, no que crece o gando, non é coma se fose un pasto de monte; co pouquiño leite que lles dá a vaca, o que crecen xa se lles ve no pelo, que o teñen suave coma se estivesen encuadrados. _Onde fas o cebo? _Facémolo dentro, nunhas instalacións que temos en Monforte. _Canto dura ese proceso? _Dous ou tres meses, máis ou menos. Non sería necesario, xa que un becerriño destes cóllelo con sete meses e xa valería para sacrificar. Que pasa? Que ten poucos quilos. Eu fágolles mestura de cereais ou, ás veces, se vexo que están moi frouxos, bótolles bastante millo para que saquen un pouquiño de graxa. Calquera becerro que se ceba en calquera explotación gandeira de calquera raza non ten mellor pelo ca este, e estes están fóra desde que nacen. _Fas a desteta cando os metes no cebadeiro ou antes? _Si, a desteta faise nese momento. Hai vacas que necesitan que o becerro estea máis tempo e hai vacas que teñen menos cantidade de leite e podes facela algo antes pero, máis ou menos, con sete ou oito meses vén sendo.
Curro é un dos dous sementais
_Con que frecuencia visitas os animais? _Xeralmente cada dous días vimos velos e, unha vez á semana, cambiámoslles o peche, xa que os imos cambiando de sitio pouco a pouco, é dicir, cando limpan cambiámolas para outro lado e botamos auga. _Cantos sementais tes? _Teño dous, un aquí [na finca onde se fixo a entrevista, en Espasantes (Pantón)], que terá dous anos e pico, e teño outro de menos de dous meses no outro rabaño [en Monforte]. _A monta é sempre natural? _Si, sempre natural.
As cachenas de Ramón críanse en extensivo a base de pasto e herba seca Autóctonas Galegas Número 9
_Tedes problemas co lobo nesta zona? _A verdade é que, de momento, non. Hai algún veciño que ten ovellas e cando lle nacen os años si que lle ten matado algún. Nós aquí temos vido de noite e si temos visto algún animal salvaxe que dorme con elas. Non sabemos se é o raposo ou que é, só que lle brillan os ollos e que, cando nos achegamos, escapa; convive con elas, pero non sabemos que animal é. _A que idade sacrificas os animais e con que pesos? _Sobre os dez ou once meses e veñen pesando entre 100 e 120 kg en canal. Aínda o outro día se sacrificou un e pesou 108 kg.
ENTREVISTA
15
cebo, ata que pasen sete ou oito meses. No caso da galiña podes vender a pularda para consumo ou podes vender a pola para xente que a queira para poñer ovos, quero dicir, tes case un ano para xogar con ela. O que máis comercializo eu é o ovo para consumo. Á carne doulle saída a través da carnicería. Na zona son bastante coñecido e ás veces tamén me fan encargos na casa, pero o punto principal é a carnicería.
Produtos do último becerro sacrificado na súa carnicería, en Monforte de Lemos
_Cal é o fluxo de produción? _Agora mesmo, nunha finca hai catro becerros e na outra debe de haber outros catro, pero cando haxa 40 vacas adultas máis, eu supoño que 35 becerros se poden sacar tranquilamente ao ano. _Onde fas os sacrificios? _Os sacrificios fágoos nun matadoiro de Ourense e o despezamento, no meu local; podería facelo alí porque teñen sala de elaboración, pero eu non teño necesidade diso, xa que, ao ter a carnicería, prepároo todo á miña medida. _Vendes o produto unicamente a través da carnicería? _En principio, si. Tamén lle vendo a algún restaurante que está interesado neste produto e quere probar; nós dámoslle o mellor servicio que podemos e así intentamos colocar a mercancía. _Que vantaxes cres que ofrece o selo 100% Raza Autóctona Cachena? _Eu penso que vai ser un paso importante porque, á parte de que o produto xa é distinto e de que xa levaba uns controis bastante importantes, agora vai estar máis marcado. Cada establecemento que o teña vai saber cal é a canal, o número, o nome, cando naceu, onde se criou… O consumidor vai ter moita información sobre o produto que está consumindo, e penso que hoxe en día hai unha parte de consumidores aos que o que realmente lles interesa é saber a procedencia e todo o que pasou co animal desde que nace ata o final.
publicidade, do boca a boca… e sempre vai caendo algo.
“ÁS VECES OS CONTACTOS NON SE FAN AO MOMENTO, PERO A XENTE QUEDA CUNHA TARXETA, CUN TELÉFONO, E CHÁMANTE CANDO TEÑEN NECESIDADE”
_No caso da Galiña de Mos, cantos exemplares tes a día de hoxe? _Unhas vinte e pico, máis o menos. _Que produtos vendes desta raza? _A Galiña de Mos comercialízase de moitísimas formas. O primeiro que podes sacar son os ovos, que podes vender para consumo e para incubar; os que non deas vendido, mételos na incubadora e logo podes vender os poliños dun día, dunha semana… O resto vai quedando ata o
_Recentemente empezaches coa cría de Ovella Galega… _Si, empecei a finais do verán pasado. Teño cinco ovellas e un macho nun soar en Monforte; están cun bolo de herba e prado, e alí andan. A idea é a nivel particular porque probei o cordeiro galego, gustoume moito e dixen: “Isto hai que telo”. Non quere dicir que máis adiante non teña vinte ou así, non sei. _Es asiduo a feiras como a Semana Verde? _Si, gústanme bastante todo tipo de mercados e de feiras. O ano pasado foi o primeiro que estivemos en Salimat con Cachena; co Galo de Mos xa estiveramos un ano ou dous antes, e este ano imos volver participar. E tamén imos ao salón de exposición e concurso de animais vivos… _Son produtivas para facer novos clientes? _Todo o que se faga de publicidade, se non é ao cabo dun mes é ao cabo de cinco ou de seis, pero sempre é produtivo porque sempre aparece alguén que di: “Vinte tal día en tal sitio”, aínda que ao mellor pasaran seis meses. Ás veces os contactos non se fan ao momento, pero a xente queda cunha tarxeta, cun teléfono, e chámante cando teñen necesidade.
_De que outras ferramentas te vales para darlle visibilidade aos produtos? _Do apoio que nos dá a Asociación, da Autóctonas Galegas Número 9
COMERCIALIZACIÓN
16
CACHENA, CALDELÁ, FRIEIRESA, LIMIÁ E VIANESA XA SOMOS 100% RAZA AUTÓCTONA. ÚNETE A NÓS!
CACHENA
FRIEIRESA
CALDELÁ
LIMIÁ
VIANESA
En decembro de 2015, as asociacións de criadores das cinco razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción reciben a resolución aprobatoria do uso do logotipo 100% Raza Autóctona por parte da Consellería do Medio Rural, e en febreiro de 2016, por parte do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A marca xorde para diferenciar e valorizar no mercado os produtos derivados das nosas razas autóctonas. JUAN JOSÉ LAMA LÓPEZ
Veterinario da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga
UNHA NECESIDADE, UNHA RESPOSTA
A marca 100% Raza Autóctona xorde pola necesidade de distinguir os produtos procedentes das nosas razas autóctonas. Mentres que os animais se poden diferenciar polas súas características morfolóxicas, non sucede o mesmo cos produtos que deles se derivan; toda diferenciación queda diluída nas propias canles de distribución. É no ano 2014 cando o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) presenta o distintivo 100% Raza Autóctona como selo que identifica calquera produto procedente de animais de razas autóctonas. Este distintivo, ademais de indicar a orixe do produto e de asegurar que provén de gando de raza autóctona da nosa terra, fala da historia dos nosos gandeiros que, xeración tras xeración, traballan para conservar as razas autóctonas españolas puras. Autóctonas Galegas Número 9
É un distintivo que garante a pureza de raza, ofrecendo unha oportunidade de mercado e unha apertura dos criadores a todas as etapas da cadea alimentaria ata chegar ao consumidor final. O obxectivo primordial é que o consumidor final recoñeza os produtos da raza como 100 % nosos, con garantía de orixe, porque consumíndoos axudamos a que non se perdan, porque teñen un sabor intenso e moi especial, os sabores de antes, diferentes, próximos e naturais, e porque consumíndoos fomentamos unha produción e unha cría que coidan e manteñen o noso medio rural. Podemos concluír que esta marca supón a creación dunha imaxe atractiva para fomentar o coñecemento e o consumo dos produtos das razas autóctonas, dotándoas dun valor engadido, ao mesmo tempo que ofrece unha ferramenta para preservar a nosa biodiversidade a través da conservación dos valores naturais.
O LOGOTIPO
Trátase dunha iniciativa das asociacións de criadores de razas autóctonas e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que se enmarca no Programa Nacional de Conservación, Mellora e Fomento das Razas Gandeiras. Carne de Cachena marcada co logotipo 100% Raza Autóctona
A normativa nacional pola que se rexe é o Real Decreto 505/2013 do 28 de xuño (publicado no BOE o 24 de xullo de 2013), polo que se regula o seu emprego voluntario nos produtos de orixe animal. A norma establece as condicións de uso
COMERCIALIZACIÓN para calquera produto derivado de razas autóctonas puras, sen ningún tipo de cruzamento, e convive con outros sistemas de calidade que xa existen no mercado, como as denominacións de orixe protexidas, as indicacións xeográficas protexidas e as producións ecolóxicas.
Sayaguesa, Tudanca, Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Cabra Galega, Payoya, Verata, Del Guadarrama, Alcarreña, Ansotana, Colmenareña, Ovella Galega, Merina de Grazalema, Talaverana e Celta).
O USO DO LOGOTIPO 100% RAZA AUTÓCTONA NAS RAZAS CACHENA, CALDELÁ, FRIEIRESA, LIMIÁ E VIANESA
En novembro de 2015 preséntase na Consellería do Medio Rural a solicitude de aprobación do prego de condicións para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona para os produtos das cinco razas bovinas en perigo de extinción segundo o Real Decreto 505/2013 do 28 de xuño.
ATA A DATA SON ARREDOR DE 80 OS OPERADORES AUTORIZADOS PARA A UTILIZACIÓN DO LOGOTIPO 100% RAZA AUTÓCTONA DESTAS CINCO RAZAS, E PREVESE UN INCREMENTO INMEDIATO DESTES
Existen dous formatos, un xenérico, en negro coa imaxe de varias especies, que se utiliza para campañas de promoción, e outro específico para cada especie, que pode imprimirse en cor e que irá acompañado ao pé polo nome da raza correspondente, tal como figura no Catálogo Oficial de Razas de Ganado de España. Ata a data son 34 as razas que teñen recoñecido o uso do logotipo 100% : 11 razas de fomento (Asturiana de los Valles, Avileña-Negra Ibérica, Lidia, Morucha, Retinta, Malagueña, Churra, Manchega, Merina, Ojinegra de Teruel e Segureña) e 23 razas en perigo de extinción (Galiña de Mos, Alistana-Sanabresa, Berrenda en Colorado, Berrenda en Negro, Menorquina,
Vianesa
17
En decembro de 2015, as asociacións de criadores das correspondentes razas, responsables de devandita solicitude e da supervisión do uso correcto do logotipo 100% Raza Autóctona, reciben a resolución aprobatoria por parte da Consellería, e en febreiro de 2016, por parte do Magrama. Comeza nese momento a engrenaxe para a implantación dos logotipos 100% RAZA AUTÓCTONA CACHENA, 100% RAZA AUTÓCTONA CALDELÁ, 100% RAZA AUTÓCTONA FRIEIRESA, 100% RAZA AUTÓCTONA LIMIÁ e 100% RAZA AUTÓCTONA VIANESA. Tal como se recolle nos respectivos pregos de condicións, os produtos acollidos ao logotipo 100% serán os derivados dos animais das cinco razas autóctonas (carne, leite, peles, faneros e
produtos elaborados ou transformados, así como comida preparada). Esta normativa aféctalles aos operadores que se queiran acoller, dende a explotación de nacemento dos animais ata os puntos de venda. Os operadores autorizados para o uso do logotipo serán: • Os produtores primarios: as explotacións gandeiras onde nacen, se crían e/ou se engordan os animais das cinco razas. • Os transformadores: matadoiros, salas de despezamento, procesado de peles e faneros, elaboradores de leite, de queixo e doutros produtos lácteos e, en xeral, calquera establecemento admitido pola lexislación vixente no que se realice o sacrificio, o despezamento, o envasado, a elaboración, a transformación e a embalaxe dos produtos das cinco razas. • Os comercializadores: puntos de venda cara ao público onde se expoñan e se comercialicen produtos das cinco razas, incluíndo locais de restauración onde se consuman. Dende as respectivas asociacións animamos a que todos aqueles que traballen coas cinco razas bovinas se dean de alta como operadores autorizados para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona, poñéndose en contacto coa correspondente asociación de criadores por teléfono, fax, correo electrónico ou correo postal. O listado de operadores autorizados para o uso deste logotipo será publicado nas páxinas web de cadansúa raza.
Caldelá
Frieiresa
Limiá
Cachena
Autóctonas Galegas Número 9
18
OVELLA GALEGA
NOVOS PRODUTOS E CORTES COMERCIAIS DA RAZA OVELLA GALEGA
Neste artigo expóñense os resultados máis salientables obtidos dos traballos de investigación para estudar novos cortes comerciais do cordeiro de raza Ovella Galega, así como o desenvolvemento de novos produtos cárnicos diferenciados procedentes dos cortes de pezas da canal que teñen menor valor comercial para darlles un valor engadido e adaptalos aos gustos e ás preferencias do consumidor actual. GARCÍA-FONTÁN, M.C.1; ADÁN, S.2; GARCÍA, G.1; JUSTO, J.R.2; GONZÁLEZ, E.1; ROIS, D.2, BRAGADO, C.1 E FERNÁNDEZ, M.1
1Fundación Centro Tecnolóxico da Carne-CTC. Avda. Galicia 4, Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole - 32900 San Cibrao das Viñas, Ourense 2Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. Pazo de Fontefiz s/n - 32152 Coles, Ourense
O traballo forma parte do proxecto de investigación Feader 2015/47 “Diferenciación e calidade como estratexia para impulsar o mercado da Ovella Galega: desenvolvemento de novos produtos e cortes comerciais”, e foi realizado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga en colaboración coa Fundación Centro Tecnolóxico da Carne-CTC. A Ovella Galega representa un patrimonio xenético, social, cultural, ambiental e económico en Galicia. Neste proxecto buscouse acadar unha nova percepción da carne de cordeiro da raza Ovella Galega, ao observar como as súas características a converten nun produto diferenciado, de calidade, accesible para cociñar en ocasións distintas ás habituais, e como as novas presentacións conseguen unha maior facilidade para a súa venda nos distintos puntos tanto de venda coma de consumo.
Autóctonas Galegas Número 9
NOVOS CORTES COMERCIAIS DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA • Presentacións da perna
OVELLA GALEGA
19
• Presentacións da faldra
• Presentacións do pescozo
NOVOS PRODUTOS DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA • Medallóns de pescozo osobuco Os medallóns de pescozo osobuco resultaron un produto cunha composición nutricional cun 10,28 % de graxa e cun 17,70 % de proteína. A estratexia de envasado empregada para alongar a vida comercial foi o baleiro. Aínda que se atoparon recontos baixos dos grupos microbianos, estes foron superiores aos das minihamburguesas, probablemente debido a que a zona anatómica da que procede o osobuco (pescozo) ten xa de por si moita máis carga microbiana. De todas as formas, o envasado ao baleiro preséntase como opción para alongar a súa vida comercial. Trátase dunha alternativa sinxela e accesible para o sector ao que principalmente vai dirixido este traballo (carniceiros e pequenos comercios). O período de vida comercial para os medallóns pode quedar establecido en 4 días.
Autóctonas Galegas Número 9
OVELLA GALEGA
20
• Minihamburguesas gourmet As minihamburguesas son un produto con pouca graxa (4,4 %) se o comparamos co mesmo produto pero elaborado con outras especies como porco ou vacún; cun contido considerable de proteína (19,17 %), nutricionalmente podemos dicir que se trata dun alimento recomendable na nosa dieta. En canto á estratexia de envasado empregada para alongar a vida comercial (termoselado, atmosfera modificada e baleiro), observáronse diferenzas significativas entre o termoselado e o resto dos envasados, pois obtivéronse recontos moi superiores para todos os grupos microbianos no primeiro caso, o que fai descartalo como opción. En relación ao resto dos envasados, non se atoparon diferenzas significativas entre eles, o que fai elixir como opción de envasado para as minihamburguesas o baleiro, por tratarse dunha alternativa sinxela e accesible para o sector ao que principalmente vai dirixido este traballo (carniceiros e pequenos comercios).
O período de vida comercial para as minihamburguesas podería quedar establecido no intervalo entre 7 e 10 días.
frase “gústame” e o 31 % “encántame”, polo que podemos dicir que se trata dun produto cunha aceptabilidade moi boa.
Respecto á avaliación sensorial, as minihamburguesas acadaron resultados moi positivos en canto a olor e a intensidade de sabor. Foron consideradas polos catadores como bastante xugosas, mastigables e cunha dureza intermedia. No test de aceptabilidade global, o 69 % dos catadores marcaron a
Non se atoparon diferenzas organolépticas entre mostra control (mostra do día 0) e as mostras envasadas ao baleiro nos puntos de mostraxe do deseño experimental (días 3, 5, 7 e 10), o que reafirma aínda máis a elección do envasado ao baleiro como estratexia para aumentar a súa vida comercial.
Olor
Intensidade de sabor
Textura
Gráfica 1. Resultados da avaliación sensorial das minihamburguesas de Ovella Galega Xugosidade
Autóctonas Galegas Número 9
Mastigabilidade
GALIÑA DE MOS
21
EFECTO DA PRODUCIÓN E CALIDADE DO OVO DA RAZA GALIÑA DE MOS FRONTE Á ESTIRPE INDUSTRIAL, NUN SISTEMA DE PRODUCIÓN ARTESANAL CON DIFERENTES SISTEMAS DE ALIMENTACIÓN. CARACTERIZACIÓN DA CANAL E DA CARNE DO DESVELLE
Este traballo é froito dos estudos comparativos feitos entre a Galiña de Mos e unha estirpe industrial de poñedoras para caracterizar dous dos produtos da raza, os ovos e a carne do desvelle, así como para analizar as propiedades nutritivas das materias primas utilizadas para poñedoras, e forma parte do proxecto de investigación Feader 2013/25 “Efecto da produción e calidade do ovo da raza Galiña de Mos fronte á estirpe industrial, nun sistema de produción artesanal con diferentes sistemas de alimentación. Caracterización da canal e da carne do desvelle”. Realizado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga en colaboración coa Fundación Centro Tecnolóxico da Carne-CTC, é un proxecto máis dos feitos para comprobar, con datos contrastados, a influencia do xenotipo nas calidades dos produtos da raza Galiña de Mos e así poder tipificalos e valorizalos con calidade diferenciada. D. ROIS1, D. FRANCO2, A. ARIAS1, L. GARCÍA2, N. ROSENDE1, J.M. LORENZO2, S. ADÁN1, L. PURRIÑOS2, J.R. JUSTO1 E M. FERNÁNDEZ2
1Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. Pazo de Fontefiz s/n - 32152 Coles, Ourense 2 Fundación Centro Tecnolóxico da Carne-CTC. Avda. Galicia 4, Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole - 32900 San Cibrao das Viñas, Ourense
INTRODUCIÓN Dende tempos remotos existían por toda Galicia galiñas moi adaptadas ás condicións do agro galego, que eran usadas para a produción familiar de carne e de ovos e, usando uns métodos de crianza tradicionais e totalmente naturais, ofrecían produtos de gran calidade,
satisfacendo unha parte das necesidades de alimentación da poboación. Foi esta unha especie moitas veces esquecida, que nos dá tanto por tan pouco.
aves híbridas moi seleccionadas xeneticamente para acadar altas producións, apartando ás autóctonas dun primeiro plano.
A liberación das importacións nos anos sesenta provocou a entrada masiva de
A Galiña de Mos, que tamén se viu involucrada nese proceso, é, na actualidade, Autóctonas Galegas Número 9
22
GALIÑA DE MOS
a raza autóctona de galiñas españolas cun maior censo (Magrama, 2016). Tras superar os tempos nos que estivo ao bordo da extinción, o programa de recuperación instaurado na última década –tras a publicación da normativa que lle daba oficialidade ao patrón da raza, creándose o Libro de Rexistro (DOG, 11/05/2001)– deu os seus froitos e hoxe ten uns censos suficientes para afrontar unha comercialización dos seus produtos. A publicación por parte da Xunta de Galicia do decreto lexislativo que permite a produción avícola de maneira artesanal (Decreto 216/2011 do 10 de novembro) abre unha posibilidade de comercialización dos produtos da raza autóctona dunha maneira global. As crianzas ao aire libre están baseadas en métodos alternativos, con saída a parques exteriores onde as aves poden facer exercicio, modificando desta maneira as súas condicións cárnicas. As galiñas inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais (RGEAA) diferéncianse das galiñas engaioladas en que saen ao aire libre e poden moverse en espazos amplos, facer exercicio e desenvolver condutas básicas como estirar as ás ou bañarse no po. Os galiñeiros teñen tamén perchas e niños, e as aves atópanse con maiores comodidades. Ademais, as galiñas criadas neste sistema avícola, a diferenza das galiñas en chan, contan con máis espazo e con acceso a parques exteriores, polo que poden explorar a contorna e peteirar plantas, animais (vermes, insectos...) ou pedras. Son criadas en lotes de exemplares reducidos, o que garante unha menor competencia entre as aves. En xeral búscase unha crianza coma a de tempos pasados pero adaptada aos tempos modernos. Segundo os estudos que se teñen, pódense considerar como condicionantes da calidade dos produtos das carnes avícolas factores como a idade das aves, o sexo, o alimento que reciben, o ambiente no que se crían e a raza. Este último factor, o efecto raza, non está suficientemente investigado no caso da produción de ovos, en especial, sobre a calidade interna do ovo. Na produción industrial tense pouco en conta o concepto de raza, xa que a produción de estirpes está feita a partir do cruzamento de moitas razas e liñas co único obxectivo da busca de aves Autóctonas Galegas Número 9
de rápido crecemento ou de alta postura, aínda que en detrimento da calidade. Actualmente, o xenotipo está a ter grande importancia. Os ovos de tipo campeiro están en auxe, xa que o consumidor busca calidades diferentes. Estes ovos campeiros véndense en tendas pequenas, onde todo funciona dunha maneira máis lenta, con maior relación persoal entre vendedor e comprador. Os consumidores europeos están dispostos a pagar máis por un ovo de calidade, sempre que teñan garantías de que o ovo cumpre as súas expectativas nestes termos. Se falamos da carne de galiña de desvelle, para poder efectuar unha comercialización axeitada é indispensable dispoñer de galiñas que teñan unha carne apreciada. En tempos pasados era común o consumo das galiñas vellas que, como eran escasas, estaban consideradas coma un artigo de luxo, tendo fama pola súa capacidade enerxética, de ser idóneas para a recuperación das mulleres acabadas de parir cos caldos que se podían preparar. Naqueles momentos, a Galiña de Mos era a predominante, xa que ten unhas carnes ideais. Como se verá nos resultados acadados, a raza Galiña de Mos é moito mellor fronte ás estirpes industriais empregadas na actualidade, as cales non teñen interese comercial por ser moi pequenas e pouco apreciadas polo consumidor. A raza Galiña de Mos, por ser de tipo semipesado, non ten unha produción de ovos tan elevada coma as estirpes indus-
triais pero, a cambio, ten un maior volume corporal e unha carne apreciada, especialmente polas persoas maiores que aínda recordan as súas cualidades. Hoxe en día moitos consumidores congratúlanse de poder mercar carne de galiña vella de calidade, e afirman que por fin se pode volver xantar unha galiña. Neste senso, para a Galiña de Mos existe un nicho de mercado moi interesante no sector produtivo na comercialización de carne de galiña, pois no mercado actual non atopa competencia. A inexistencia de estudos de investigación profundos sobre a posta das galiñas con diferentes tipos de alimentación fixeron que afrontásemos este proxecto, xa que os criadores da raza estaban a demandar que se comprobasen analiticamente as características diferenciadoras para ser utilizadas como marketing adicional para o seu produto. Desta maneira, a caracterización oveira é indispensable para comprobar o potencial produtivo dunha raza. Neste traballo estudouse o poder nutritivo de diferentes cultivos, a produción e a calidade dos ovos nun sistema de produción artesanal da raza Galiña de Mos fronte a unha estirpe comercial utilizada normalmente para a posta (Isa Brown), cunha alimentación de materias primas colleitadas na propia explotación fronte a unha alimentación convencional baseada en pensos comerciais. Tamén se avaliou comparativamente a calidade da canal e da carne unha vez rematado o ciclo de posta tanto na Galiña de Mos coma na estirpe industrial de posta.
GALIÑA DE MOS
23
Imaxes dunha das plantacións de millo Como sistema de alimentación para a avicultura artesanal podemos empregar diferentes tipos de cereais, colleitados, en moitos dos casos, na propia explotación, co conseguinte aforro de custos. Tamén pode haber emprego de diferentes leguminosas que acheguen unha cantidade suplementaria de proteína, necesaria para o correcto crecemento da ave. Neste último caso existen diferentes estudos que indican a dependencia que temos sobre a soia do estranxeiro (como importante fonte de proteína), xa que nas nosas terras non é un cultivo que sexa viable. A aplicación deste tipo de alimentos de orixe local é básico para un aforro de custos, pero sempre tendo en conta non comprometer a calidade do produto e a formulación básica da ración alimentaria para os requirimentos básicos do animal e da súa produción. Coa realización deste proxecto dispoñemos de datos precisos sobre uns produtos tan comúns na nosa alimentación como son o ovo e a carne de galiña de desvelle, que serven para que os consumidores coñezan as súas propiedades e as valoren, proben os produtos da raza Galiña de Mos e, sen dúbida, repitan. MATERIAL E MÉTODOS O proxecto comezou coa selección de terras no norte e no sur de Galicia para levar a cabo distintos tipos de cultivos. Realizáronse sementeiras de dúas variedades de millo –ás que, no noso caso, lles chamamos millo laranxa e millo amarelo–, de triticale con chícharo, de chícharo por separado e de trigo. O obxectivo, neste caso, foi o de avaliar o poder nutritivo de diferentes cultivos, a súa formulación e forma física e mais o nivel de inclusión para a alimentación das galiñas poñedoras, colleitados en diferentes campos de ensaio.
e do trigo mercado a un distribuidor autorizado, para realizarlles as mesmas probas.
Nun principio, a idea orixinal era a de empregar para a mestura, nos lotes 3 e 4 de galiñas, triticale en lugar de trigo mercado, pero non se dispoñía de suficiente cantidade, polo que se decidiu empregar o trigo.
Imaxe do parque exterior utilizado para os lotes do estudo
Posteriormente, recolleitáronse os cereais e as leguminosas que se analizaron no Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia-CTC. Analizáronse o poder nutritivo de cada unha das sementes (análises de proteína, graxa, humidade, cinzas, hidratos de carbono e enerxía) e despois fixéronse, segundo os resultados, as mesturas correspondentes que formaron o alimento dos diferentes lotes de estudo. Tamén se aproveitou para comprobar as diferentes calidades dos tipos de cereal e, no caso do millo Autóctonas Galegas Número 9
GALIÑA DE MOS
24
Posteriormente, a fase de cría e posta das aves fíxose no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. As instalacións das aves foron ao aire libre, cumprindo os requisitos esixidos polo decreto lexislativo da Xunta de Galicia que permite a produción avícola de maneira artesanal (Decreto 216/2011 do 10 de novembro) e segundo a normativa europea de comercialización de carne de ave de curral (Regulamento CE 543/2008), en especial, no capítulo de producións ao aire libre. Os animais aloxáronse en galiñeiros en extensivo con saída exterior, con densidades no interior do galiñeiro de 6 aves/m2, e de 4 m2 de parque exterior por animal, distribuíndose en 6 lotes en función da raza e do tipo de alimentación, da forma seguinte e tal e como se mostra na figura 1. • Lote 1-Galiña de Mos: formado por 20 galiñas poñedoras de raza alimentadas con penso comercial dun contido mínimo do 65 % en cereais e do 15,40 % de proteína. • Lote 2-Isa Brown: formado por 20 galiñas poñedoras da estirpe industrial Isa Brown alimentadas cun penso comercial dun contido mínimo do 65 % en cereais e do 15,40 % de proteína. • Lote 3-Galiña de Mos: formado por 20 galiñas poñedoras da raza Galiña de Mos alimentadas cunha mestura elaborada
Imaxe dos galiñeiros utilizados para os lotes do estudo
na propia explotación formada por un 40 % de millo, un 40 % de trigo e un 20 % de chícharo. Esta mestura achegou un 12,44 % de proteína. O chícharo colleitouse en fincas experimentais e o trigo e o millo mercáronse. • Lote 4-Isa Brown: formado por 20 galiñas poñedoras da estirpe industrial Isa Brown, alimentadas cunha mestura elaborada na propia explotación formada por un 40 % de millo, un 40 % de trigo e un 20 % de chícharo. Esta mestura achegou un 12,44 % de proteína. O chícharo colleitouse en fincas experimentais; o trigo e o millo, mercáronse.
Figura 1. Distribución dos lotes do estudo segundo xenotipo e tipo de alimentación
Nas imaxes móstranse os dous xenotipos utilizados para o estudo: a raza autóctona Galiña de Mos (á esquerda) e a estirpe industrial Isa Brown (á dereita) Autóctonas Galegas Número 9
• Lote 5-Galiña de Mos: formado por 20 galiñas poñedoras da raza Galiña de Mos, alimentadas cunha mestura elaborada na propia explotación formada por 66 % de millo e un 34 % de trigo. Esta mestura aportou un 9,15 % proteína, colleitada en parte nas fincas experimentais. • Lote 6-Isa Brown: formado por 20 galiñas poñedoras da estirpe industrial Isa Brown, alimentadas cunha mestura elaborada na propia explotación formada por un 66 % de millo e un 34 % de trigo. Esta mestura achegou un 9,15 % de proteína, colleitada, en parte, nas fincas experimentais.
GALIÑA DE MOS
25
Imaxes dos tres tipos de alimentación aos que se someteron as galiñas poñedoras
Penso comercial Analizouse a posta entre as 20 e as 72 semanas, momento no que se sacrificaron as galiñas, tras completar un ciclo completo de posta de 52 semanas. Fíxo se así porque comunmente as galiñas empezan a poñer ás 20 semanas de vida e, desde ese momento, calcúlanse os ovos postos nas seguintes 52 semanas de vida (un ano completo de postura). Cos datos semanais calculáronse as porcentaxes de posta. A pesar de que as galiñas poden poñer ovos durante varios anos da súa vida, adóitanse calcular os ovos postos no primeiro ano, xa que é o de maior capacidade oveira de todas as galiñas. Non se suplementou con luz artificial, polo que a curva de posta pode variar en función dos meses do ano nos que se tomen os datos; neste caso, o estudo realizouse de marzo a febreiro do ano seguinte.
40 % millo + 40 % trigo + 20 % chícharo
a escala Roche) e dureza da casca (por texturómetro). Separouse a xema, o albume e a casca, calculando por pesada a porcentaxe de cada compoñente. • Determinacións químicas: pH, composición química. Cuantificación do perfil de ácidos graxos, do colesterol total e do retinol na xema do ovo. Cuantificación do perfil de aminoácidos na clara do ovo. • Avaliación sensorial. Foi feita por un panel de 8-10 catadores adestrados. Avaliouse a calidade sensorial de ovos crus e cocidos co emprego de probas afectivas (preferencia do produto) e descritivas (intensidade de cada parámetro de interese avaliado). Avaliáronse parámetros como a cor da xema, a cor do albume, o chei-
66 % millo + 34 % trigo
ro, o sabor, a textura e mais a aceptación xeral. A avaliación da calidade da canal e da carne dos animais de desvelle fíxose ás 72 semanas de vida, cando se sacrificaron os seis lotes unha vez rematado o ciclo de posta. Dende o matadoiro tras ladáronse as canais ao Centro Tecnolóxico da Carne-CTC, onde se realizaron: • Os despezamentos para determinar a calidade da canal, calculando os rendementos da canal e das distintas proporcións de partes comerciais, así como as proporcións en carne, óso e graxa. • Determinacións químicas: composición química, pH, cor, textura. Análise do perfil de ácidos graxos e do perfil de aminoácidos.
Separación do ovo enteiro para a determinación de porcentaxes das distintas partes
Calculáronse parámetros como a produción de ovos (porcentaxe de posta), o peso medio dos ovos, o número de ovos rotos e sucios (porcentaxe) e a mortalidade dos animais (porcentaxe). Recolléronse datos sobre o consumo de penso (kg penso/galiña) e calculáronse outros parámetros, como o consumo medio diario de alimento (g/día). A calidade e as características dos ovos avaliáronse cada dous meses, ata un total de seis determinacións. Recolléronse os 60 últimos ovos postos por cada grupo de galiñas, facendo as seguintes determinacións no Centro Tecnolóxico da Carne: • Determinacións físicas: peso (g), espesor da casca, cor da xema (empregando
Autóctonas Galegas Número 9
GALIÑA DE MOS
26
RESULTADOS Resultados de composición das diferentes materias primas Analizáronse as composicións das seguintes materias primas: • O millo que denominamos laranxa é dunha variedade cun gran pequeno, empregado en ocasións en avicultura na zona norte porque as aves poden comelo enteiro. • O millo amarelo é outra variedade de gran máis gordo, empregado comunmente en Galicia. • O millo mercado é o que atopamos en calquera distribuidora de pensos e é de importación. • O chícharo cultivado nas fincas experimentais. • O triticale é un cereal híbrido procedente do cruzamento do trigo e o centeo, cultivado nas fincas experimentais. • O trigo mercado, que o atopamos en calquera distribuidora de pensos. Observouse que o millo amarelo foi o que tivo menor porcentaxe de graxa. A porcentaxe de proteína é un factor fundamental na alimentación das aves. Unha materia prima cunha boa cantidade de proteína tende a ser máis aproveitable. Como se pode ver no gráfico 2, existen importantes diferenzas entre os tipos de millo empregado, en especial o millo mercado (7,57 %
de proteína), que ten moita menos proteína que os outros dous millos analizados. A explicación é que o millo comercial adoita vir de países estranxeiros, soportando longos e variables períodos e condicións de almacenamento, o que provoca unha deterioración das súas calidades nutritivas, ademais da variedade empregada. Respecto da humidade, valores inferiores indican que o cereal ten un grao de sequidade correcto ou ben que tarda menos en secarse. Que un cereal seque antes é importante para garantir a súa conservación. No caso do millo é recomendable almacenalo con menos dun 14 % de humidade. No millo laranxa, a porcentaxe de humidade foi superior (18,19 %), como se pode ver no gráfico 3, polo que no momento da análise inda non acadara o grao correcto de sequidade. A cantidade de azucre foi sensiblemente superior no millo mercado (gráfico 5). A materia prima que máis proteína achegou foi o chícharo (22,61 %), como se pode ver no gráfico 2, moi por enriba do que achegaron o millo e o trigo. Non obstante, púidose comprobar que non por ter moita proteína esta é dixerida adecuadamente pola galiña, pois o chícharo ten factores antinutritivos que impiden unha correcta asimilación dos nutrientes.
Gráfico 1. Porcentaxe de graxa nas materias primas 3,83
3,60
22,61
3,83
12,22 9,75
0,35
0,31
Millo mercado
Chícharo
11,19
7,57
1,26
Millo amarelo
O triticale ensaiouse nunha parcela en cultivo mixto con chícharo e noutra parcela cultivouse soamente chícharo, xa que na bibliografía descríbese como cultivando chícharo con triticale estes se complementan ben. Non obstante, neste estudo, os resultados do cultivo conxunto non foron satisfactorios porque provocaron un aumento importante dos custos e unha menor colleita, polo que se recomenda que o chícharo sexa cultivado por separado. Así pois, polos resultados obtidos na composición química e tamén pola escaseza das materias primas cultivadas nas fincas experimentais, optouse por mercar o millo e o trigo para utilizar nos diferentes lotes de galiñas.
Gráfico 2. Porcentaxe de proteína nas materias primas
10,83
Millo laranxa
Os niveis de enerxía están moi ligados ao grao de humidade existente no interior do millo. Canta máis humidade teñan as materias primas menos enerxía achegan e, como se pode ver no gráfico 6, o millo mercado foi o que menos humidade tiña e achegou moita máis enerxía que os outros dous tipos de millo cultivados. O mesmo ocorreu co nivel de humidade no trigo e no triticale (gráfico 6); neste caso a porcentaxe de humidade foi maior no triticale, obténdose menos enerxía e tamén menos porcentaxe de proteína respecto do trigo mercado.
Trigo mercado
Triticale
Gráfico 3. Porcentaxe de humidade nas materias primas
Millo laranxa
Millo amarelo
Millo mercado
Chícharo
Trigo mercado
Triticale
Gráfico 4. Porcentaxe de cinzas nas materias primas
18,19
2,87 13,41 10,69
11,28
11,23
1,54
7,92
Millo laranxa
Millo amarelo
Autóctonas Galegas Número 9
Millo mercado
Chícharo
Trigo mercado
Triticale
Millo Laranxa
1,40
1,30
Millo Amarelo
Millo Mercado
Chícharo
1,64
1,73
Trigo Mercado
Triticale
GALIÑA DE MOS Gráfico 5. Porcentaxe de hidratos de carbono nas materias primas
27
Gráfico 6. Enerxía (kcal/100 g) das materias primas 371,21
65,61
71,84
76,95
76,61
368,06
75,45 358,76
62,98
349,67 345,15 340,21
Millo laranxa
Millo amarelo
Millo mercado
Chícharo
Resultados da posta oveira anual e dos consumos de alimento nas aves Segundo se mostra no gráfico 7, o lote que máis ovos puxo no ano foi o da estirpe industrial Isa Brown alimentada con penso comercial (249,78 ovos/ ano), seguido pola Galiña de Mos, tamén alimentada con penso comercial (185,39 ovos/ano). Resultado esperado, xa que os pensos comerciais teñen unha formulación idónea para que a galiña estea correctamente alimentada segundo as necesidades de posta. Tamén se apreciou como os lotes da estirpe industrial foron moito máis sensibles ás variacións de alimentación, xa que os lotes que non puideron ter unha maior cantidade de proteína na dieta viron sensiblemente reducida a súa capacidade de posta. Observouse como a estirpe industrial sofre moito máis a eliminación da soia no penso que comen as galiñas.
Trigo mercado
Triticale
Millo laranxa Millo amarelo
No caso da Galiña de Mos, a pesar de que o número de ovos postos no ano foi maior nas galiñas alimentadas con penso, non existiron unhas diferenzas tan acusadas coma no caso da estirpe industrial. Observouse como a mestura que contiña chícharo e que posuía unha maior cantidade de proteína en comparación coa mestura de millo e trigo (12,44 % vs. 9,15 %) proporcionou resultados inferiores en canto ao número de ovos postos no ano, debido a que se o chícharo supera unha determinada porcentaxe na ración pode proporcionarlles ás aves factores antinutritivos que as prexudican. No noso caso, a porcentaxe foi do 20 % de chícharo na ración e, en vista dos resultados acadados, que non foron os esperados, deberíase probar e analizar cunha menor concentración de chícharo, buscando o equilibrio idóneo para poder empregar esta leguminosa como fonte externa de
Gráfico 7. Posta anual das galiñas por ano e segundo lotes
Millo mercado
Chícharo
Trigo mercado
Triticale
proteína e que puidera aproximarse á calidade de proteína da soia. Analizando os consumos de alimento, observouse como as aves que consumiron unha maior cantidade de alimento diario foron as alimentadas con millo e trigo (mestura que achega menos nutrientes), un resultado esperado, xa que, para obter os nutrientes necesarios para as súas necesidades tanto fisiolóxicas coma produtivas, se o alimento que consomen non llelo proporciona, necesitan comer máis cantidade ou ben reducen a súa capacidade produtiva. De todas formas, o consumo estabilizouse en todos os lotes nunha media anual diaria de consumo en algo máis dos 130 g de alimento diarios. Aínda así, hai que ter en conta que os consumos alimenticios se ven influenciados por diversos factores ao longo do ano, como as variacións meteorolóxicas, a condición corporal da ave, a capacidade produtiva etc. PRINCIPAIS RESULTADOS DA CALIDADE DO OVO Pesos do ovo enteiro, parte comestible, casca, xema e clara O factor raza foi determinante para obter distintas proporcións de xema e de clara. Como se pode ver na táboa 1 e no gráfico 8, os ovos da raza Galiña de Mos teñen xemas proporcionalmente máis grandes e claras máis pequenas se as comparamos coa estirpe industrial Isa Brown. Estas diferenzas non inflúen no total de parte comestible (xema máis clara), que son similares, porén, ao ter máis xema os ovos da raza Galiña de Mos son máis nutritivos que os da estirpe industrial.
Autóctonas Galegas Número 9
GALIÑA DE MOS
28
En canto ao tamaño do ovo e á proporción da casca, e comparando entre razas, as diferenzas son pequenas e pouco apreciables. O mesmo que ocorre coa cantidade de casca, sendo esta última unha porcentaxe alta, algo moi positivo, xa que os consumidores europeos aprecian como signo de calidade do ovo a
dureza da súa casca, que é mais grosa e pesada nos ovos de galiñas criadas ao aire libre. Comparando os ovos da raza Galiña de Mos alimentada de tres formas diferentes, obsérvase como o lote de galiñas alimentadas a penso puxo ovos máis grandes,
con maior proporción de clara e menor de xema, fronte aos lotes alimentados con mestura de millo, trigo e chícharo e con mestura de millo e trigo. Facendo a comparativa de alimentacións para as galiñas da estirpe industrial, os resultados acadados foron parecidos e no mesmo senso.
Táboa 1. Proporcións das distintas partes do ovo para os seis lotes estudados MOS-PC
ISA BROWN-PC
MOS (M+T+C)
ISA BROWN (M+T+C)
MOS (M+T)
ISA BROWN (M+T)
% clara
53,82
61,49
51,37
60,01
53,04
60,56
% xema
30,64
24,49
33,84
26,03
32,66
24,52
% casca
15,54
14,02
14,8
13,97
14,3
14,92
% parte comestible
84,46
85,98
85,2
86,03
85,7
85,08
Mos-PC: lote Galiña de Mos alimentado con penso comercial Isa Brown-PC: lote Isa Brown alimentado con penso comercial Mos-(M+T+C): lote Galiña de Mos alimentado con mestura de millo + trigo + chícharo Isa Brown-(M+T+C): lote Isa Brown alimentado con mestura de millo + trigo + chícharo Mos-(M+T): lote Galiña de Mos alimentado con mestura de millo + trigo Isa Brown-(M+T): lote Isa Brown alimentado con mestura de millo + trigo
Gráfico 8. Porcentaxe das distintas partes do ovo para os seis lotes de estudo
% DAS DISTINTAS PARTES DO OVO NOS 6 LOTES DE ESTUDO
100 90 80 70 60
% clara 50
% xema % casca
40
% Parte comestible 30 20 10 0
MOS-P.C.
ISA BROWN-P.C.
Autóctonas Galegas Número 9
MOS (M+T+C)
ISA BROWN (M+T+C)
MOS (M+T)
ISA BROWN (M+T)
GALIÑA DE MOS Composición química no ovo enteiro, na xema e na clara No ovo enteiro, ao analizar os resultados entre razas, obsérvase que os ovos da raza Galiña de Mos teñen menos humidade e máis graxa, proteína e cinzas que os ovos da estirpe industrial Isa Brown. Isto, sen dúbida, débese a que as xemas dos ovos da raza Galiña de Mos son máis grandes que as da estirpe industrial, o que indica que os ovos da nosa raza son máis nutritivos. É de destacar o menor contido en humidade do ovo de Galiña de Mos, algo de grande importancia para darlle unha maior consistencia ao ovo, mellorando a súa calidade. A alimentación inflúe no sentido de que, en xeral, os lotes alimentados con penso comercial producen ovos con máis humidade, menos graxa e máis cinzas que os ovos procedentes dos lotes alimentados con mesturas de millo, chícharo e trigo ou con mesturas de millo e trigo. A porcentaxe de proteína é superior para os ovos procedentes de Galiñas de Mos alimentadas con penso comercial e coa mestura de millo, chícharo e trigo, debido á achega da soia e do chícharo na alimentación das galiñas. A achega de millo na dieta das galiñas provoca un aumento de graxa dos ovos, o que se reflicte nos lotes alimentados con mesturas onde a proporción de millo é superior, como se pode observar na figura 2.
Figura 2. Representación da composición química no ovo enteiro, en función do xenotipo e para os tres tipos de alimentación MOS PC
ISA BROWN PC
SIG
SEM
% humidade
74,98
77,65
***
0,3
% graxa
8,82
7,44
***
0,19
% proteína
12,61
11,78
***
0,12
% cinzas
1,12
1,07
***
0,01
MOS (M+T+C)
ISA BROWN (M+T+C)
SIG
SEM
% humidade
73,75
77,36
***
0,28
% graxa
9,74
7,7
***
0,18
% proteína
12,3
11,65
***
0,09
% cinzas
1,07
1,03
**
0,01
MOS (M+T)
ISA BROWN (M+T)
SIG
SEM
% humidade
74,22
77,37
***
0,26
% graxa
10,11
7,6
***
0,18
% proteína
11,97
11,56
**
0,07
% cinzas
1,07
1,01
***
0,01
Ovos de Galiña de Mos (dereita) e da estirpe Isa Brown (esquerda)
Mos-PC: lote Galiña de Mos alimentado con penso comercial Isa Brown-PC: lote Isa Brown alimentado con penso comercial
A cor da casca, que vén determinada pola raza, é máis luminosa e clara nos ovos da raza Galiña de Mos fronte á estirpe industrial, como se pode observar na foto. As claras dos ovos de Galiña de Mos presentan, en xeral, menos humidade e graxa e máis proteína e cinzas en comparación cos da estirpe industrial. Por isto, moitos consumidores resaltan que os ovos de Galiña de Mos “saltan menos na tixola”, por ese menor contido en auga. Ao ter en conta a composición química da clara na raza Galiña de Mos, comparando diferentes alimentacións comprobouse que, nas galiñas alimentadas con penso e coa mestura de millo, chícharo e trigo, as claras presentan menos humidade e máis proteína que as claras do lote de galiñas alimentadas coa mestura de millo e trigo. Vólvese poñer de manifesto a importancia da maior cantidade de proteína inxerida pola galiña para que a clara do ovo posúa maior porcentaxe de proteína.
29
Mos-(M+T+C): lote Galiña de Mos alimentado con mestura de millo + trigo + chícharo Isa Brown-(M+T+C): lote Isa Brown alimentado con mestura de millo + trigo + chícharo Mos-(M+T): lote Galiña de Mos alimentado con mestura de millo + trigo Isa Brown-(M+T): lote Isa Brown alimentado con mestura de millo + trigo
O máis destacable respecto da composición química da xema e da súa coloración é que a cor da xema nas Galiñas de Mos é superior á cor da xema nas da estirpe industrial en todos os lotes e para as tres alimentacións seleccionadas, sendo o rango de cor que os consumidores aprecian entre 10 e 14 na escala Roche, polo que a cor das xemas da raza Galiña de Mos, un amarelo alaranxado, é a axeitada cara á aceptación polo consumidor, que obtivo na escala Roche os valores de 13, 12,21 e 11,17, correspondentes aos lotes das galiñas Mos-penso, Mosmillo+trigo+chícharo e Mos-millo+trigo.
Ao comparar diferentes tipos de alimentación para a raza Galiña de Mos obsérvase como as xemas de galiñas alimentadas con penso comercial teñen menos humidade e máis graxa, proteínas e cinzas respecto dos lotes alimentados coas mesturas de millo, chícharo e trigo, e de millo e trigo. A cor amarela alaranxada, tamén máis intensa a atopada no lote das galiñas alimentadas con penso comercial, corrobora que os pensos comerciais levan colorantes sintéticos, o que provoca unha maior intensidade de cor na xema
Autóctonas Galegas Número 9
30
do ovo, factor que pode confundir o consumidor, que en moitos casos interpreta as tonalidades das xemas de ovos máis intensas como as que corresponden ás galiñas que recibiron unha alimentación con cereais na súa totalidade, o que se comprobou que non é certo. O chícharo achega cor á xema do ovo pola cantidade de carotenos que presenta, aínda que non é comparable cos carotenos que achegan os colorantes sintéticos dos pensos comerciais. Ao analizar o perfil de textura, o máis destacable é que a clara dos ovos cocidos da raza Galiña de Mos é máis consistente que a clara dos da estirpe industrial, influíndo, de novo, a menor humidade atopada nos ovos da raza Galiña de Mos.
GALIÑA DE MOS Táboa 2. Contido en aminoácidos esenciais (mg/100 g clara) para os seis lotes do estudo (segundo xenotipo e tipo de alimentación) MOS-PC
ISA BROWNPC
MOS (M+T+C)
ISA BROWN (M+T+C)
MOS (M+T)
ISA BROWN (M+T)
Histidina
277,1
256,9
268,15
253,45
282,43
272,46
Treonina
566,55
510,52
503,51
529,75
569,36
566,57
Valina
713,24
709,87
686,67
697,24
744,58
715,94
Metionina
235,96
212,29
254,05
232,71
262,18
248,81
Lisina
851,78
826,2
810
790,55
887,56
736,76
Isoleucina
591,87
590,1
579,86
558,17
603,06
528,68
Leucina
921,39
908,92
924,16
904,52
911,87
837,64
Fenilalanina
668,31
644,32
633,45
628,17
665,12
670,5
Total de aminoácidos esenciais
4826,2
4659,13
4659,86
4594,56
4926,17
4577,34
Mos-PC: lote Galiña de Mos alimentado con penso comercial Isa Brown-PC: lote Isa Brown alimentado con penso comercial
Ovos da raza Galiña de Mos
Mos-(M+T+C): lote Galiña de Mos alimentado con mestura de millo + trigo + chícharo Isa Brown-(M+T+C): lote Isa Brown alimentado con mestura de millo + trigo + chícharo Mos-(M+T): lote Galiña de Mos alimentado con mestura de millo + trigo Isa Brown-(M+T): lote Isa Brown alimentado con mestura de millo + trigo
Táboa 3. Contido total de aminoácidos esenciais, aminoácidos non esenciais e aminoácidos totais (mg/100 g clara) para os seis lotes do estudo (segundo xenotipo e tipo de alimentación)
Composición en aminoácidos esenciais e non esenciais O ovo é un dos alimentos de maior valor nutritivo. A calidade da súa proteína é moi elevada, xa que é rica en aminoácidos esenciais, que son aqueles que debemos inxerir na dieta porque o noso organismo non os pode sintetizar. Debido a este factor e ás características das súas proteínas, o ovo achega a proteína de maior calidade biolóxica de todos os alimentos, xunto coa do leite materno. Así pois, canta máis cantidade de aminoácidos esenciais teña o ovo, máis valor nutritivo terá. Ao analizar o contido de aminoácidos observouse que as claras dos ovos de raza Galiña de Mos teñen maior cantidade de aminoácidos esenciais e non esenciais en comparación cos da estirpe industrial Isa Brown e para todos os casos en que se comparan as dúas razas. Estudando a influencia das distintas alimentacións que se lles dá a cada raza obsérvase, para a Galiña de Mos, que a alimentación con mestura de millo e trigo Autóctonas Galegas Número 9
MOS-PC
ISA BROWNPC
MOS (M+T+C)
ISA BROWN (M+T+C)
MOS (M+T)
ISA BROWN (M+T)
Total de aminoácidos esenciais
4826,20
4659,13
4659,86
4594,56
4926,17
4577,34
Total de aminoácidos non esenciais
6515,18
6393,74
6420,17
6407,52
6916,16
6744,93
Total de aminoácidos
11341,38
11052,87
11080,03
11002,08
11842,33
11322,27
Mos-PC: lote Galiña de Mos alimentado con penso comercial Isa Brown-PC: lote Isa Brown alimentado con penso comercial Mos-(M+T+C): lote Galiña de Mos alimentado con mestura de millo + trigo + chícharo Isa Brown-(M+T+C): lote Isa Brown alimentado con mestura de millo + trigo + chícharo Mos-(M+T): lote Galiña de Mos alimentado con mestura de millo + trigo Isa Brown-(M+T): lote Isa Brown alimentado con mestura de millo + trigo
é a que proporciona máis aminoácidos esenciais. Existiron importantes diferenzas na cantidade atopada dos aminoácidos treonina, valina, metionina e lisina, que foron en todos os casos maiores nos ovos do lote alimentados 100 % con cereais, como se pode ver na táboa 2. A suplementación con chícharo non provocou un aumento no contido de aminoácidos esenciais, a pesar de ter unha maior porcentaxe de proteína en comparación
cos cereais, polo que se deduce que a proteína do chícharo é de menor calidade en comparación coa que achegan os cereais e outras leguminosas, coma a soia que leva o penso. As variacións atopadas entre diferentes alimentacións e para a raza Galiña de Mos atenúanse no caso dos da estirpe industrial, na que a diferente alimentación non provocou diferenzas importantes no contido de aminoácidos na clara dos ovos.
GALIÑA DE MOS
31
Figura 4. Gráficas do total de aminoácidos esenciais, non esenciais e totais atopados na clara dos ovos segundo os seis lotes estudados (xenotipo - tipo de alimentación)
Composición de ácidos graxos, colesterol e retinol nas xemas Ao analizar o factor raza non se atoparon diferenzas salientables no contido de colesterol e entre lotes. Comparando entre as diferentes alimentacións dentro de cada raza comprobouse que os ovos dos lotes alimentados con millo e trigo presentaron máis colesterol. No caso do retinol, apreciáronse diferenzas nos lotes alimentados cunha maior cantidade de cereais, que tende a ser superior. Os valores dos ovos da raza Galiña de Mos, tanto de colesterol coma de retinol, atópanse dentro dos valores normais dos ovos. Ao analizar o perfil de ácidos graxos na xema do ovo atopáronse como maioritarios: • ácido oleico (C18:1n9c)(AGMI): (40-42 %) • ácido palmítico (C16:0)(AGS): (24-26 %) • ácido linoleico (C18:2n6n)(AGS): (8-10 %) • ácido araquidónico (C20:4n6)(AGPI): (2-2,5 %) A xema dos ovos tamén presenta outros ácidos graxos minoritarios monoinsaturados, poliinsaturados, omega 6 e omega 3 (non menos importantes).
Táboa 4. Cantidade de colesterol e retinol atopados para os seis lotes estudados (en función do xenotipo e do tipo de alimentación) LOTE 1 MOS-PC
LOTE 2 ISA BROWNPC
LOTE 3 MOS (M+T+C)
LOTE 4 ISA BROWN (M+T+C)
LOTE 5 MOS (M+T)
LOTE 6 ISA BROWN (M+T)
mg colesterol/100 g de porción comestible
460,58
440,02
495,98
495,08
502,80
530,20
μg retinol/100 g mostra
200,66
211,77
230,58
197,91
197,89
237,13
Mos-PC: lote Galiña de Mos alimentado con penso comercial Isa Brown-PC: lote Isa Brown alimentado con penso comercial Mos-(M+T+C): lote Galiña de Mos alimentado con mestura de millo + trigo + chícharo Isa Brown-(M+T+C): lote Isa Brown alimentado con mestura de millo + trigo + chícharo Mos-(M+T): lote Galiña de Mos alimentado con mestura de millo + trigo Isa Brown-(M+T): lote Isa Brown alimentado con mestura de millo + trigo
Gráfico 9. Efecto dos distintos tipos de alimentación no perfil de ácidos graxos en xema de ovo para a raza Galiña de Mos
O ovo, a pesar da mala fama de alimento con graxa, presenta un perfil de ácidos graxos saudable, pois ten moita maior porcentaxe de ácidos graxos insaturados (monoinsaturados e poliinsaturados) [6465 %] que de ácidos graxos saturados (3536 %). Autóctonas Galegas Número 9
32
GALIÑA DE MOS
O máis destacable ao comparar entre razas é que non existen diferenzas significativas en canto ao contido en ácidos graxos saturados, monoinsaturados e poliinsaturados, se ben o ácido oleico foi maior nos ovos de Galiña de Mos e, pola contra, a porcentaxe de linoleico foi maior nos da estirpe industrial Isa Brown. Ao analizar o efecto das distintas alimentacións na raza Galiña de Mos observouse como unha alimentación con base en millo, trigo e chícharo aumenta a porcentaxe de ácidos graxos poliinsaturados (ácido linoleico e linolénico), así coma as porcentaxes de omega 3, e fai descender a porcentaxe de ácidos graxos monoinsaturados (ácido oleico). A mestura de millo e trigo fai aumentar a porcentaxe de ácidos graxos monoinsaturados (ácido oleico). Resultados parecidos observáronse para a estirpe industrial Isa Brown. Análise sensorial nos ovos cocidos O máis destacable na análise sensorial realizada polos catadores foi que apreciaron como a xema cocida dos ovos da Galiña de Mos tivo máis intensidade de cor vermella e amarela en comparación coas xemas dos ovos da estirpe Isa Brown, que foron máis claras. Ademais, apreciaron unha maior consistencia na clara cocida dos ovos da raza Galiña de Mos, posiblemente pola menor humidade do albume. Respecto do sabor, os catadores non apreciaron diferenzas significativas.
Mostra de ovo cocido
RESULTADOS DA CALIDADE DA CANAL E DA CARNE DAS GALIÑAS DE DESVELLE Calidade da canal Valorando a calidade da canal apreciáronse moitas diferenzas entre a raza autóctona e a estirpe industrial, como se pode ver na táboa 5. O peso da canal na
Autóctonas Galegas Número 9
Análise sensorial nunha cabina de cata
raza Galiña de Mos (2,01 kg) foi o dobre do peso da canal da estirpe industrial (1,02 kg), existindo un quilogramo de diferenza a favor da raza Galiña de Mos. O mesmo ocorreu cos rendementos da canal, moi superiores na Galiña de Mos fronte á estirpe industrial (69,82 % vs. 63 %). Tamén se atoparon maiores porcentaxes de partes nobres, coma a peituga e os contrazancos, para as femias de Galiña de Mos, e no cómputo total presenta mellores valores (57,84 % vs. 55,18 %). A estirpe Isa Brown ten maiores porcentaxes en partes de pou-
co valor comercial, coma patas, pescozo e cabeza. Cómpre destacar a graxa abdominal na canal, que para a estirpe Isa Brown foi moi pequena, inferior ao 1 %, e na Ga liña de Mos foi dun 3,39 %. Este é un resultado moi interesante, pois as galiñas de desvelle necesitan ter unha cantidade de graxa axeitada que axude no cociñado ao abrandamento da carne e que achegue sabor. Que exista esta graxa é moi valorado dende o punto de vista culinario.
Táboa 5. Efecto do xenotipo (Mos vs. Isa Brown) na calidade da canal da galiña despois da fase de posta Mos
Isa Brown
Media ± S.D.
Media ± S.D.
SEM
Peso vivo (kg)
2.88±0.09
1.64±0.05
0.10
**
Peso canal (kg)
2.01±0.07
1.02±0.03
0.08
**
Rendemento (%)
69.82±0.67
63.00±1.15
0.87
**
Zanco (%)
11.81±0.28
12.33±0.16
0.15
n.s.
SIG
Pel (% sobre zanco)
11.84±0.10
9.94±0.24
0.14
n.s.
Carne (% sobre zanco)
67.34±0.18
67.10±0.12
0.10
n.s.
Óso (% sobre zanco)
20.81±0.09
22.95±0.16
0.13
**
Contrazancos (%)
16.70±0.21
16.10±0.21
0.15
n.s.
Ás (%)
9.63±0.22
11.32±0.18
0.19
**
Peituga (%)
19.70±0.28
15.43±0.38
0.41
**
Cabeza (%)
3.23±0.10
4.64±0.13
0.14
**
Pescozo (%)
6.12±0.18
7.59±0.17
0.16
**
Patas (%)
3.30±0.10
4.35±0.18
0.13
**
Carcasa (%)
30.48±0.92
30.82±0.90
0.64
n.s.
Graxa canal (%)
3.39±0.76
0.84±0.43
0.45
**
S.D.: Desviación estándar; SEM: erro estándar da media SIG: Significancia: *** (P < 0.001), ** (P < 0.01), * (P < 0.05), n.s. (non significativo) (P ≥ 0.05)
GALIÑA DE MOS
Vista lateral das canais de Galiña de Mos (esquerda) e da estirpe Isa Brown (dereita)
Calidade da carne Respecto dos valores de composición química, cor e textura nas peitugas das galiñas de desvelle da raza Galiña de Mos fronte á estirpe industrial Isa Brown, é de destacar que as peitugas de Isa Brown presentaron un índice de vermello superior ao das peitugas na Galiña de Mos. No resto dos parámetros non se atoparon diferenzas salientables. Ao analizar a composición química, o pH e a cor no zanco das galiñas, en función do xenotipo, atopáronse diferenzas no contido de auga, superior na estirpe Isa Brown, e no contido de graxa, que foi superior na raza Galiña de Mos. Apreciouse un menor pH nos zancos da raza Galiña de Mos, o que resulta beneficioso para a mellor conservación e vida útil das mesmas. Perfil de ácidos graxos e de aminoácidos na carne de desvelle Cando se analizou o perfil de ácidos graxos na carne de peituga das galiñas de desvelle, atopáronse diferenzas nos ácidos graxos mirístico (superior na raza Galiña de Mos) e nos ácidos palmitoleico e araquidónico, superiores na estirpe Isa Brown. Non se atoparon diferenzas salientables entre os principais índices (relación omega 6/omega3 e ácidos graxos poliinsaturados/ácidos graxos saturados). Respecto do perfil de ácidos graxos no zanco, tampouco houbo diferenzas significativas nos principais índices, se ben se atoparon diferenzas nos ácidos palmitoleico e araquidónico, superiores na estirpe Isa Brown. En xeral, o sistema de crianza artesanal mellora as cantida-
33
Frontal das canais de Galiña de Mos (esquerda) e da estirpe Isa Brown (dereita)
des de ácidos graxos omega 6, omega 3 e ácidos graxos poliinsaturados. Respecto do perfil de aminoácidos na peituga das galiñas de desvelle, ao comparar entre xenotipos encontráronse diferenzas significativas tanto no total de aminoácidos esenciais e aminoácidos non esenciais como a nivel individual, sendo superiores na carne de raza Galiña de Mos. As diferenzas non son tan acusadas no zanco, se ben as galiñas da estirpe industrial presentan valores maiores de aminoácidos esenciais respecto dos da raza Galiña de Mos. CONCLUSIÓNS Observouse que as galiñas Isa Brown foron máis selectivas ao escoller o tipo de alimento, algo que non sucedeu nas de raza Galiña de Mos. As galiñas Isa Brown responderon mellor cunha alimentación con penso comercial fronte ás da raza Galiña de Mos, pero cunha maior mestura de cereais os resultados foron peores. A alimentación cun 20 % de chícharo non obtivo os resultados esperados; deberíase probar cunha porcentaxe inferior. O lote cunha maior posta foi o das galiñas Isa Brown alimentadas con penso. A redución dos niveis de proteína no penso afectou máis nos lotes da estirpe industrial, tendo en conta o número de ovos postos nun ano. A porcentaxe de xema é moito maior nos ovos da raza Galiña de Mos fronte
aos da estirpe Isa Brown, sendo maior canto máis cantidade de cereais se lle suplemente ao alimento. Ademais, teñen máis proteína, graxa e cinzas e menos humidade que os da estirpe industrial Isa Brown, polo que son máis nutritivos. Os ovos de Galiña de Mos posúen un alto contido en proteína, que é dun alto valor biolóxico. Teñen unha maior cantidade de aminoácidos, en especial de aminoácidos esenciais. As cantidades de colesterol foron similares en todos os ovos, inda que algo maiores nos alimentados con maior cantidade de millo. As galiñas vellas da raza Mos, tras un ciclo de posta, tiveron pesos canal superiores aos 2 kg, case o dobre dos pesos obtidos nas galiñas poñedoras industriais Isa Brown, con rendementos da canal do 57,84 % para a Galiña de Mos. A porcentaxe de pel e graxa subcutánea foi dun 11,85 %, sendo o produto, de todos os da raza analizados, que máis graxa ten, o que é positivo dende o punto de vista culinario, xa que a graxa nas galiñas vellas mellora as propiedades organolépticas da carne, en especial, a textura e o sabor. A raza é ideal para unha produción mixta de carne e ovos en sistemas de crianza artesanal e ao aire libre, ofrecendo produtos de maior calidade nutritiva e organoléptica fronte ás estirpes industriais, aínda que de menores crecementos. É un cambio de cantidade por calidade. Con ela, recupéranse os sabores de antes, a importancia do xenotipo, da raza. O sabor de raza.
Autóctonas Galegas Número 9
34
GALIÑA DE MOS
PRIMEIROS PEQUENOS CENTROS DE EMBALAXE DE OVOS DA RAZA GALIÑA DE MOS Desde a Federación de Razas Autóctonas de GaliciaBoaga e mais desde a Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-Avimós impulsouse a creación dunha rede de pequenos centros de envasado ou embalaxe de ovos co obxectivo de ofrecerlles aos consumidores uns alimentos máis sans. En maio de 2016 xa temos en funcionamento seis centros de embalaxe autorizados para clasificar ovos de Galiña de Mos procedentes de explotacións avícolas artesanais.
DIEGO ROIS
Veterinario da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga Director técnico da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-Avimós Actualmente existe en Galicia unha crecente demanda pola instalación de pequenas explotacións produtoras de alimentos que están a ser un importante complemento á renda agraria, proporcionándolle a un tipo de consumidores uns alimentos que piden. No caso da avicultura, Galicia foi unha rexión na que sempre existiron pequenos galiñeiros de autoconsumo nos que se criaban galiñas cruzadas coa raza autóctona galega, a Galiña de Mos. Tras a aposta pola recuperación da raza feita hai uns anos por diversos organismos, hoxe a Galiña de Mos é a de maior censo entre as razas avícolas españolas, segundo os datos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. O crecemento dos pequenos produtores avícolas estase a ver favorecido pola publicación do Decreto 216/2011, do 10 de novembro (DOG do 24 de novembro de 2011), da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, polo que se establecen as normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e se crea o Rexistro Galego de ExAutóctonas Galegas Número 9
plotacións Avícolas Artesanais (RGEAA). Esta norma é unha vella aspiración de Avimós para que os pequenos produtores avícolas teñan amparo legal, cara a legalizar as súas pequenas explotacións realizando os programas sanitarios esixibles pola lexislación e poñendo no mercado produtos de calidade sanitaria contrastada. As normativas existentes ata esa data non permitían, en moitos casos, a comercialización das producións avícolas dos pequenos produtores ao non quedar reflectidas as súas ganderías na lexislación vixente. A produción oveira coa raza autóctona estase a basear, en parte, en pequenas explotacións avícolas que sintonizan con moitos dos consumidores que están a demandar produtos locais, de proximidade e con garantías. Cara á comercialización do ovo para consumo por parte das explotacións avícolas artesanais, na normativa existente –Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mer-
cados dos produtos agrarios, e Real Decreto 226/2008, do 15 de febreiro, polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa comunitaria de comercialización de ovos– obsérvase como os produtores con menos de 50 galiñas poñedoras poderán venderlle os ovos ao consumidor final tanto in situ na propia granxa coma nun mercado local, nestes casos incluso exceptuándose o marcado obrigatorio na casca, sempre que no lugar de venda se atope información sobre o nome, os apelidos e o enderezo do criador, ou ben a razón social. Non obstante, actualmente hai unha demanda cada vez maior para a comercialización en establecementos de venda polo miúdo e locais de hostalería de pequenas cantidades de produtos que proveñen de explotacións avícolas artesanais perfectamente reguladas pola autoridade competente. Neste caso, as normativas existentes específicas da comercialización do ovo indican que a súa venda será posible sempre que exista unha clasificación e un marcado do ovo nun centro de envasado ou embalaxe.
GALIÑA DE MOS Na actualidade, a maioría dos centros de envasado de ovos atópanse en mans da grande industria, onde os pequenos produtores artesanais non poden acceder. Por iso, desde a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga e desde a Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-Avimós impulsouse a creación dunha rede de pequenos centros de envasado ou embalaxe de ovos procedentes de granxas inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais e da raza autóctona, con instalacións acordes ao seu volume de produción. Desta maneira poderáselles ofrecer aos nosos consumi-
35
de Sanidade da Xunta de Galicia. Esta guía foi aprobada o 12 de xuño de 2015 pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, e pódese descargar no enderezo da web do Sergas (http://srv.sergas. es/gal/DocumentacionTecnica/docs/SaudePublica/alimentos/Guia_para_Instalacion_Centros_Embalaxe_definitivo.pdf ) ou ben na web de Avimós.
dores cada vez mellores alimentos, uns ovos máis sans. Para o desenvolvemento desta estratexia creouse a Guía para a instalación de Centros de Embalaxe de ovos da raza Galiña de Mos, procedentes de granxas inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais. Aplicación do sistema de autocontrol baseado nos principios do APPCC, elaborada por representantes de Avimós, de Boaga e do Servizo de Seguridade Alimentaria da Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde, pertencente á Consellería
Tal como se indica nas normativas existentes, a venda de ovos deberá cumprir o seguinte, tendo en conta os diferentes supostos:
O produtor pode vender ovos con destino ao consumidor final Na granxa
Sen necesidade de marcado nin etiquetaxe
Nun mercado público local ou en venda a domicilio
Deberán ir marcados (excepción: produtor de < 50 galiñas que indique o seu nome e a súa dirección no punto de venda, como é o caso da avicultura artesanal)
En ambos os casos: - Rexistro de cantidades totais vendidas ao día - Non se poden vender con categoría de calidade nin de peso
Marcado dos ovos Todos os ovos vendidos para consumo humano directo (en fresco) deben ir marcados cun código na súa casca que identifique o lugar de produción. Deberá ser facilmente visible, claramente lexible e ter unha altura mínima de 2 mm: 0: produción ecolóxica 1: campeira 2: chan (non permitido para Galiña de Mos) 3: gaiolas (non permitido para Galiña de Mos)
Primeiro díxito
Código da forma de cría
Dúas letras seguintes
Código do Estado membro
ES no noso caso
Resto de díxitos
Identificación da granxa
Numeración do REGA
Etiquetaxe dos estoxos Os estoxos que conteñan ovos de categoría A deberán levar nunha das súas caras exteriores, en letras claramente visibles e perfectamente lexibles: O código do centro de embalaxe
En España comeza por ES14…
A categoría de calidade
"Categoría A" XL (≥ 73 g)
A categoría de peso
L (≥ 63 e < 73 g) M (≥ 53 e < 63 g) S (< 53 g)
A data de consumo preferente O sistema de cría das galiñas
Cando sexan de diferentes tamaños indicarase o peso neto mínimo dos ovos en gramos e a indicación “ovos de tamaños diferentes” ou termos equivalentes
Non deberá superar un prazo superior a 28 días despois da posta Ovos de galiñas criadas en gaiola, no chan, campeiras, ecolóxicas… Primeiro díxito: forma de cría das galiñas
A explicación do significado do código do produtor, dentro ou fóra do estoxo, coa seguinte información:
Dúas letras seguintes: Estado membro de produción Resto de díxitos: granxa de produción
Número de ovos envasados NON SERÁN OBRIGATORIOS
Opcional se poden contarse sen abrir o envase LOTE (data de duración mínima indicada claramente e, en orde, día e mes) MARCA DE IDENTIFICACIÓN (indicación do código do centro de embalaxe) Autóctonas Galegas Número 9
GALIÑA DE MOS
36
Venda de ovos a granel Deberá facilitarse a seguinte información ao consumidor (de acordo ao especificado con anterioridade) de forma clara e lexible: -
A categoría de calidade A categoría de peso O sistema de cría das galiñas A explicación do significado do código do produtor A data de consumo preferente
Deberá facerse tamén unha recomendación de consumo, como a de manter os ovos en refrixeración tras a compra. Polo tanto, cando os ovos non son comercializados a través da venda directa ao consumidor final teñen que ser marcados e clasificados nun centro de embalaxe. A data de maio de 2016 existen seis centros de embalaxe autorizados para clasificar ovos de Galiña de Mos
procedentes de explotacións avícolas artesanais. Na Guía para a instalación de Centros de Embalaxe de ovos da raza Galiña de Mos, procedentes de granxas inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais. Aplicación do sistema de autocontrol baseado nos principios do APPCC indícanse os contidos mínimos para este tipo de instalacións. Debemos
ter presente que un pequeno centro de embalaxe ou envasado de ovos é unha industria sanitaria, polo que debe cumprir os requisitos esixidos para este tipo de instalacións, aínda que se presupoña un pequeno volume de clasificación de ovos. Na páxina 30 da guía podemos ver este plano que serve como exemplo dun centro de embalaxe de ovos da raza Galiña de Mos procedentes de explotacións avícolas artesanais, cun único local:
Tanto no caso de que exista un único local como centro de envasado coma no caso de dispoñer de máis dun local para facer as actuacións de clasificación e almacenamento, débese ter en conta que o fluxo de circulación dos ovos será nun sentido cara a adiante, evitando desta maneira contaminacións cruzadas e garantindo a óptima hixiene en todas as etapas desde a clasificación ata o envasado.
Fluxo de circulación dos ovos Entrada do persoal
1-Entrada de ovos recollidos: depositaranse na estantería aberta existente.
8-Papel secante.
2-Vestiario: unha vez deixados os ovos desde o compartimento 1, o persoal accede ao vestiario, que poderá ser aberto na entrada.
9-Cubo con bolsa de plástico.
3-Taquillas: dúas taquillas. Nunha estará a roupa limpa de traballo e o calzado e na outra os produtos de limpeza. 4-Estantería de metal aberta de preselección: neste paso preseleccionamos os ovos, apartando os sucios ou rotos, que quedan na mesma estantería. Os ovos seleccionados pasan a 5. 5-Estantería de metal aberta de ovos seleccionados: colocamos os ovos seleccionados. 6-Mesa auxiliar: para axudar a preseleccionar os ovos, se fixera falta. 7-Lavabo.
Autóctonas Galegas Número 9
10-Mesa de clasificación: nesta mesa farase a clasificación dos ovos, a miraxe, o marcado e o pesado de oveira. 11-Estantería pechada: para almacenar rexistros, etiquetas, selos e tinta de marcado. 12-Almacén/estantería de envases e embalaxes: almacenaranse as oveiras proporcionadas polo provedor. 13-Estantería de metal aberta para ovos clasificados: na que se almacenan as oveiras e os ovos clasificados. 14-Recollida de ovos clasificados: saída e recollida dos ovos envasados.
GALIÑA DE MOS
37
Exemplos de como instalar un pequeno centro de embalaxe de ovos de Galiña de Mos seguindo a guía
Vista exterior dunha caseta de aproximadamente 7x3 m. Na entrada debe existir un vestiario para cambiar a roupa e o calzado, con gardarroupas. Accederemos ao interior a través doutra porta. Polos laterais existirán ventás para poñer, por un lado, os ovos que entran e, do outro, os que saen xa clasificados
A disposición, o deseño, a construción, o emprazamento e o tamaño do local permitirán un mantemento, unha limpeza e unha desinfección axeitadas con auga quente e potable etc.
Vistas dun pequeno centro de embalaxe nun local de construción existente, con vestiario nun dos laterais, que podería estar tamén na entrada Autóctonas Galegas Número 9
38
O BAR COTÁ APOSTA POLA PULARDA E O GALO DA RAZA MOS O Cotá, que se atopa na cidade de Lugo, na praza da Soidade, serviu durante todas as fins de semana de xaneiro de 2015, ata agotar existencias, uns saborosos pratos cociñados con Pularda e Galo de Mos, anunciados no marco dunha nova xornada gastronómica desenvolvida neste coñecido local hostaleiro. As aves foron proporcionadas polo criador lucense Salvador Mato.
novas
OS PRODUTOS DA GALIÑA DE MOS, CON TRUFAS! Ese mesmo mes, o restaurante Esteban Selección Culinaria, de Sanguiñeda, atreveuse cunha serie de receitas elaboradas con trufas e con produtos da Galiña de Mos. Nun menú degustación propúxonos pastel de Galo de Mos e Porco Celta con vinagreta trufada; ovo trufado de Galiña de Mos con lasquiñas de xamón ibérico; risoto de cogomelos, trufa e queixo San Simón, e mais zanco de Galo de Mos trufado.
A CARNE DE CACHENA PROTAGONIZA UN SHOWCOOKING EN BEGONTE A Taberna do Labrego (Pacios) foi o lugar escollido en febreiro de 2015 para organizar un dos Showcooking Cociña Autóctona promovidos pola Deputación Provincial de Lugo en colaboración con diferentes establecementos. Nesta ocasión presentóuselles aos asistentes un menú baseado en carne de Cachena da gandería Cachenas de San Breixo, de Triacastela, no que había dende carpacciode solombo con vinagreta ata solombo de Cachena con redución de mencía, entrecosto de vaca Cachena á grella ou redondo de Cachena con viño mencía.
AS RAZAS AUTÓCTONAS, NA FEIRA CIMAGGANDAGRO 2015 As razas autóctonas estiveron en CimagGandAgro, a feira de maquinaria, agricultura e gandería que se celebrou entre o 19 e o 21 de febreiro de 2015 en Silleda (Pontevedra) e á que acudiron máis de 21.000 visitantes. Boaga, xunto coas asociacións integradas, participou nela con exposición e represen
Autóctonas Galegas Número 9
tación de exemplares vivos das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Galiña de Mos e Cabra Galega. Tamén mantivo un stand de atención ao público no que se fixo promoción do libro Cociñando
coas razas autóctonas e dos peluches da Ovella Galega e da Galiña de Mos. Tratouse dun evento profesional no que se conseguiron moitos contactos e se distribuíu información abundante sobre as razas.
novas
AS AXUDAS DA PAC CENTRAN UNHA XORNADA TÉCNICA DIRIXIDA AOS CRIADORES DAS RAZAS AUTÓCTONAS O 4 de marzo de 2015 celebrouse no Centro de Recursos Zooxenéticos do pazo de Fontefiz unha xornada sobre a PAC e as axudas ao desenvolvemento rural en Galicia, organizada especificamente para os gandeiros pertencentes ás asociacións das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos. O evento deu comezo coa charla titu-
EXHIBICIÓN DE GALIÑA DE MOS EN FIGAN 2015 A Feira Internacional da Produción Animal, FIGAN, que se desenvolveu en marzo de 2015 en Zaragoza, contou con exemplares da raza Mos. Grazas á exposición avícola organizada pola Federación Española de Avicultura e Cunicultura (Fesacocur), presentáronse exemplares de varias razas do país, entre elas a nosa, e deuse información detallada sobre as características de cada unha.
lada “Axudas aos criadores dentro do desenvolvemento rural, agroambiente, clima e razas autóctonas”, impartida por Raimundo Castaño Bascoy. Posteriormente, José Julián Bermello López explicou os aspectos prácticos da aplicación da nova PAC en Galicia. Houbo grande afluencia de público, posto que existía moita demanda deste tipo de información.
39
UN GRUPO DE BLOGUEIROS GASTRONÓMICOS CATOU O GALO DE MOS A adega de albariño Casal de Flores acolleu o 8 de marzo un encontro de blogueiros especializados en cociña. Neste lugar de Simes (Meaño) degustaron uns galos da nosa raza, proporcionados pola granxa Mercamos que teñen Marcial e Luis no concello pontevedrés de Barro. Os comensais valoraron positivamente esta carne, tenra e zumarenta, con baixo nivel de graxa, e o seu sabor intenso.
… E NO FÓRUM GASTRONÓMICO! Tamén en marzo, do 15 ao 17, a Galiña de Mos tivo presenza noutro concorrido evento, neste caso no Fórum Gastronómico que se adoita celebrar en Galicia e en Cataluña, de
modo alterno. A cooperativa Vicogalo dispuxo dun espazo no posto das cooperativas galegas, ao que levou produtos da Galiña de Mos. Ademais, estes formaron parte da degustación coordinada por Flavio Morganti.
Autóctonas Galegas Número 9
40
novas
AS NOSAS RAZAS PARTICIPAN NA FEIRA ANUAL DE TRIACASTELA O sábado 4 de abril celebrouse en Triacastela (Lugo) a VI Feira de Artesanía e Produtos da Zona. Dende primeira hora da mañá puideron visitarse os postos
nunha carpa instalada na praza do Concello, algúns dos cales correspondían a criadores das razas autóctonas. Carlos Gayo, de Ganadería Gayo, tivo un stand de produtos cárnicos da raza Vianesa, Roberto Raposo Díaz levou animais vivos de exposición ao seu posto da raza Galiña de Mos e no de Jordi Ánguez, de Cachenas de San Breixo, fíxose promoción de Cachena, Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega.
CLASES CON GALO DE MOS EN COMPOSTELA GASTRONÓMICA Compostela Gastronómica é unha iniciativa impulsada por Turismo de Santiago de Compostela, consistente na programación durante varios días de distintas actividades que xiran en torno á cociña galega. Entre as da edición de 2015 houbo un taller centrado no Galo de raza Mos, impartido o 20 de abril. Foi no mercado de abastos e correu a cargo do chef asturiano Nacho Manzano, posuidor de dúas estrelas Michelin, quen ofreceu a clase con animais proporcionados pola granxa Galo Celta.
O GALO DE MOS, NO CARTEL DAS XORNADAS DO RESTAURANTE AURORA Do 24 de abril ao 3 de maio de 2015 celebráronse con éxito de participación unhas Xornadas do Galo da raza Mos no restaurante-pulpería Aurora da cidade de Lugo, con aves achegadas pola granxa Chousa do Lea, de Castro de Ribeiras de Lea.
Autóctonas Galegas Número 9
AS AUTÓCTONAS E A SÚA RELACIÓN COA TRAZABILIDADE DOS ALIMENTOS NOS MONTES GALEGOS, A ANÁLISE A Escola Superior de Hostelería de Galicia acolleu o 6 de maio a xornada Bosques Sostibles e Gastronomía Galega. PEFC, Garantía de Trazabilidade dos Produtos do Bosque, un encontro dirixido a propie tarios e xestores forestais, produtores, chefs e outras entidades da cadea de valor dos produtos silvestres. Un dos relatores foi o director de Boaga, José Ramón Justo, quen interveu na mesa redonda sobre sostibilidade e trazabilidade dos alimentos nos montes. Justo falou sobre todas as razas autóctonas galegas e as súas posibilidades produtivas, así como dos traballos que se están a facer para recuperar os
censos dos animais e dos labores de control, xestión e promoción das asociacións e os seus integrantes.
NOVAS
41
BECERROS ECOLÓXICOS DA RAZA FRIEIRESA… AO ESPETO!
A GALIÑA DE MOS, PRESENTE NO SANTO ISIDRO DE POL
Dada a boa acollida da primeira edición, a Festa Gastronómica do Becerro Ecolóxico ao Espeto de Viascón (Cotobade) gozou dunha segunda convocatoria o 31 de maio de 2015, na que os organizadores contaron con carne de gran calidade duns xatos da raza Frieiresa criados en ecolóxico na explotación dun veciño, Roberto Louzán Alonso.
A campaña de promoción das razas autóctonas lévanos por distintos puntos da xeografía galega para amosar os animais e informar os consumidores das características da súa produción. Así ocorreu na feira de Santo Isidro de Pol, celebrada en Mosteiro no mes de maio, onde se montou un posto específico da Galiña de Mos.
O CORDEIRO DE OVELLA GALEGA, UN MANXAR NA ROSADA
II FESTA GASTRONÓMICA DA CARNE DE TENREIRA CACHENA
A PROMOCIÓN DAS AUTÓCTONAS GALEGAS CHEGA A ALACANTE
O restaurante A Rosada de Lugo celebrou do 5 ao 14 de xuño as Xornadas Gastronómicas de Cordeiro da Raza Ovella Galega con cordeiros de produción ecolóxica procedentes da SAT Torre, de Arcos (Outeiro de Rei), coorganizadora deste evento xunto con Asovega. O menú incluíu como segundos pratos costeletas de cordeiro flamexadas con patacas e verduriñas confeitadas, pata de cordeiro rechea de cogomelos con salsa de boletos e patacas torneadas, e cordeiro braseado con patacas panadeiras e pementos do piquillo.
En Pazos de Monte, no concello ourensán de Vilamarín, impulsouse a segunda edición dunha festa dedicada á tenreira Cachena, levada a cabo o 6 de xuño. De novo foi Malé o cociñeiro encargado da preparación desta carne en empanada, ao caldeiro e richada. A materia prima proveu de Delvezón, unha gandería que cría Cachenas en extensivo.
O 10 de xuño de 2015 tivo lugar a presentación e degustación da carne das cinco razas bovinas autóctonas de Galicia (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa) en Alacante, no resto-bar Gema Penalva.
Autóctonas Galegas Número 9
NOVAS
42
Semana Verde 2015
RESULTADOS DOS CONCURSOS DE VACÚN
Durante a celebración da Feira Internacional Semana Verde de Galicia foron moitas as actividades e promocións que se realizaron coas razas autóctonas ga-
legas en perigo de extinción. Así, dende Boaga queremos felicitar a todos os criadores que participaron tanto nos concursos coma nas exposicións de animais
vivos das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos.
RESULTADOS DOS CERTAMES MORFOLÓXICOS
IV Concurso Morfolóxico da Cachena 1.º premio 2.º premio 3.º premio
Cantera, de Gandería Tras do Río (Ortigueira, A Coruña) Caupa, de Gandería Tras do Río (Ortigueira, A Coruña) Kinder, de Cachenas de San Breixo (Triacastela, Lugo)
III Concurso Morfolóxico da Vianesa 1.º premio 2.º premio 3.º premio
Vilaza, de Miguel Gómez (Maceda, Ourense) Xiana, de Ganado de Lemos SL (O Saviñao, Lugo) Rubia, de Ganado de Lemos SL (O Saviñao, Lugo)
II Concurso Morfolóxico da Caldelá 1.º premio 2.º premio 3.º premio
Cabana, de Ana y Alejandro SC (A Pontenova, Lugo) Lixeira, de Gandería Juan M. Lage (Maceda, Ourense) Corneira, de Gandería Juan M. Lage (Maceda, Ourense)
I Concurso Morfolóxico da Limiá 1.º premio 2.º premio 3.º premio
Autóctonas Galegas Número 9
Laga, de Lisarso López Blanco (Xinzo de Limia, Ourense) Liosa, de Dolores Rodríguez Fernández (Rairiz de Veiga, Ourense) Laberca, de Ganadería Malba (Laza, Ourense)
NOVAS
43
Semana Verde 2015
EXPOSICIÓN DE ANIMAIS
Caldelá
Frieiresa
Vianesa
Cachena
Limiá
Ovella Galega
Cabra Galega Autóctonas Galegas Número 9
NOVAS
44
A RAZA MOS, EN TRIPLA COMPETICIÓN! O II Campionato Galego da Raza Galiña de Mos xuntou 22 criadores das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra e englobou tres certames: por lotes, monográfico da Galiña de Mos e do Galo de Mos e un novo da Galiña de Mos e os seus poliños. As valoracións das aves correspondéronlles tanto aos xuíces oficiais da raza (o xoves 11) coma ao xurado popular (ao longo da feira).
Semana Verde 2015
Nos monográficos tamén se inscribiron aves maiores de 5 meses e menores de 4 anos, non obstante, instalaron cada ave soa nunha xaula, xa que o xulgamento foi individual.
No concurso por lotes participaron 19, cada un deles conformado por tres galiñas e un galo maiores de 5 meses e menores de 4 anos, que se atopaban nuns galiñeiros de madeira específicos. Neste caso o xurado avaliou as características xerais dos exemplares e a homoxeneidade do lote.
IV EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS 1.º premio 2.º premio 3.º premio
Lote propiedade de Mariña Grille Negreira (Val do Dubra, A Coruña) Lote propiedade de Cruz Lucía Grille Negreira (Tordoia, A Coruña) Lote propiedade de Alejandro Collazo Casal (Mos, Pontevedra)
VIII CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS
Categoría de Galos 1.º premio 2.º premio 3.º premio
Galo propiedade de Cruz Lucía Grille Negreira (Tordoia, A Coruña) Galo propiedade de Álvaro Rodríguez Rodríguez (Mos, Pontevedra) Galo propiedade de Javier Riqueza Lois (Pontevedra)
Categoría de Galiñas 1.º premio 2.º premio 3.º premio
Autóctonas Galegas Número 9
Galiña propiedade de José Luis Freire Castedo (Pol, Lugo) Galiña propiedade de Lourdes Mulet Abeledo (Lalín, Pontevedra) Galiña propiedade de Mariña Grille Negreira (Val do Dubra, A Coruña)
NOVAS
45
Semana Verde 2015
ESTREA DE “A GALIÑA E OS SEUS POLIÑOS” Este ano Avimós organizou unha orixinal competición entre unha decena de galiñas da raza Mos que por incubación natural viñan de ter entre 10 e 17 poliños. Durante a Semana Verde, cada galiña cos seus poliños estivo exposta ao público, quen se encargou de votar polo mellor lote tendo en conta criterios coma a beleza dos exemplares e o bo estado dos galiñeiros. Entre as persoas que participaron co seu voto sorteouse un lote de produtos e agasallos da raza Mos, que lle tocou a Tatiana Borrajo González, do Carballiño (Ourense).
CONCURSO DA GALIÑA E OS SEUS POLIÑOS 1.º premio
Lote propiedade de José Zapata Sánchez (Castro de Rei, Lugo)
2.º premio
Lote propiedade de José Zapata Sánchez (Castro de Rei, Lugo)
3.º premio
Lote propiedade de José Luis Freire Castedo (Pol, Lugo)
CELEBRACIÓN DUN MERCADO DE AVES VIVAS A Galiña de Mos tamén formou parte dun mercado de aves vivas montado un ano máis en colaboración coa fundación Semana Verde de Galicia. Puxéronse á venda máis dun milleiro de exemplares con idades comprendidas entre un e catro meses, e todas foron adxudicadas; a xente mesmo comprou algúns dos animais expostos.
EXHIBICIÓN DE PASTOREO COAS RAZAS OVELLA GALEGA E BORDER COLLIE Outra das actividades que chamou a atención en Silleda foi a mostra de pastoreo que se realizou con exemplares da raza Ovella Galega que levou Asovega para a exposición, guiados habilmente por cans Border Collie que recollían o rabaño, separaban animais ou os metían na corte, poñendo de manifesto a manexabilidade da Ovella Galega. A exhibición foi levada a cabo por Alejandro Ibarra, adestrador de cans pastores de dilatada experiencia.
Autóctonas Galegas Número 9
NOVAS
46
Semana Verde 2015
ÉXITO ROTUNDO DO TAPIRAZAS!
Boaga presentou por terceiro ano consecutivo o seu restaurante de tapas feitas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción que xa triunfaron en-
tre o público en anteriores edicións. Novamente contouse coa axuda do chef do Andarubel, Antonio Díaz, quen elaborou unhas receitas atractivas que chamaron
Tortelini de estufado de agulla de tenreira de raza Caldelá
Pularda de raza Mos estufada
Minihamburguesas 100% cordeiro de raza Ovella Galega con cebola acaramelada
Carne ao caldeiro de tenreira de raza Limiá
Costeletas de cordeiro de raza Ovella Galega con mazá glasada
Autóctonas Galegas Número 9
Cordeiro de raza Ovella Galega asado no forno
a atención das persoas que nunca probaron esta produción das nosas razas e que convenceron aos clientes asiduos. Deseñáronse 17 tapas diferentes coa Cachena, a Caldelá, a Frieiresa, a Limiá, a Vianesa, a Ovella Galega, a Cabra Galega e a Galiña de Mos, que se serviron acompañadas de pan, de cervexa artesá Áncora e de viño da Adega Fernández Rodríguez SC-Adega da Capela, coa marca Pousadoiro (Ribeiro), e da Adega Cachín SC, coa marca Peza do Rei (Ribeira Sacra). O éxito foi absoluto e agotáronse as existencias. Estas foron algunhas das apetitosas propostas:
Posta de croca de tenreira de raza Cachena á grella
Galo de raza Mos confeitado en tarteira
Cabrito de raza Cabra Galega asado ao forno en dúas coccións con patacas ao romeu
Miniespeto de tenreira de raza Frieiresa con chips de tubérculos
Escalope de tenreira de raza Vianesa á pementa
Albóndegas de tenreira de raza Vianesa con prebe de pementos do piquillo
NOVAS
UN SHOWCOOKING CON 100% RAZA AUTÓCTONA GALIÑA DE MOS, OVELLA GALEGA E CABRA GALEGA
47
Semana Verde 2015
A Feira Internacional foi unha boa ocasión para presentar e divulgar os logotipos 100% Raza Autóctona específicos que xa usan a Galiña de Mos, a Ovella Galega e a Cabra Galega. Esta nova marca de calidade foi visible nunha orixinal e rica degustación ideada por Antonio Díaz, o cociñeiro do restaurante Andarubel. No showcooking acompañárono os directores técnicos de Avimós e de Asovega e Capriga, Diego Rois e Silvia Adán, respectivamente, así como criadores, hostaleiros e outros profesionais do sector que achegaron as súas experiencias.
Tártaro de cordeiro de raza Ovella Galega
Rulo de cordeiro de raza Ovella Galega recheo de pasas, castañas e orellóns
Ovos de raza Galiña de Mos a baixa temperatura sobre parmentier de pataca con allada á galega
Contraala de galo de raza Mos confeitada con verduriñas
Tortelini de cabrito de raza Cabra Galega en salsa de menta
Asado tradicional de cabrito de raza Cabra Galega con pataca ao romeu
Autóctonas Galegas Número 9
NOVAS
48
AMPLA PRESENTACIÓN DE PRODUTO NO SALIMAT O Salón de Alimentación do Atlántico da Semana Verde contou con puntos de venda directa de 14 produtores de razas autóctonas galegas, agrupados no espazo “De nós a vós” habilitado por Boaga: Ganado de Lemos, do Saviñao (Lugo), con produtos da raza Vianesa. Galo Celta, de Vila de Cruces (Pontevedra), con produtos da raza Galiña de Mos. Granxa Teixeiro e Pistón, de Becerreá (Lugo), con produtos da raza Cabra Galega. Mosteiro Cisterciense de Oseira, de Cea (Ourense), con produtos da raza Frieiresa. Gacarli SL, de Xinzo de Limia (Ourense), con produtos das razas Ovella Galega, Limiá, Cachena, Caldelá, Vianesa, Frieiresa e Galiña de Mos. Cachenas de San Breixo, de Triacastela (Lugo), con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos.
Gandería Tras do Río, de Ortigueira (A Coruña), con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos. Gandería Juan M. Lage, de Maceda (Ourense), con produtos da raza Caldelá. Granxa Chousa do Lea, de Castro de Rei (Lugo), con produtos da raza Galiña de Mos. Granxa Aves do Concello, de Vilalba (Lugo), con produtos da raza Galiña de Mos. Granxa Ecolóxica O Carballo, das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), con produtos da raza Limiá. Ramón Vázquez, de Monforte de Lemos (Lugo), con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos. Tierra Celta, de Porto do Son (A Coruña), con produtos da raza Cachena. Castro de Madrosende, de Vila de Cruces (Pontevedra), con produtos da raza Galiña de Mos.
Cachenas de San Breixo
Chousa do Lea
Galo Celta
Ganado de Lemos
Granxa Teixeiro e Pistón
Aves do Concello
Tierra Celta
Tras do Río
O Carballo
Autóctonas Galegas Número 9
Semana Verde 2015
NOVAS
49
Semana Verde 2015 Os visitantes puideron mercar nos postos carne de todas as nosas razas bovinas e embutidos coma os chourizos con carne de Cachena de Tierra Celta, así como cabrito de raza Cabra Galega, cordeiro de Ovella Galega, galo, pularda e ovos de Galiña de Mos…
guesas de boi da raza Vianesa de Ganado de Lemos. Constitúen un exemplo de como os criadores traballan ao longo de
O Salimat é unha oportunidade única para facer novos contactos, abrir novos mercados, mesmo internacionais, e realizar a promoción destes produtos únicos, por iso o balance da participación nel resultou moi positivo.
Entre as innovacións cómpre destacar as hamburguesas de Limiá con algas, con queixo ecolóxico ou á pementa da Granxa Ecolóxica O Carballo e as minihambur-
Gacarli SL
Mosteiro de Oseira
Juan M. Lage
todo o ano para valorizar o seu produto e darlle novas saídas comerciais, apostando por diversas elaboracións e coidando a presentación e a imaxe de marca propia, como é o caso da liña de Galo Celta.
Ramón Vázquez
Castro de Madrosende
Autóctonas Galegas Número 9
NOVAS
50
XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN Como é habitual, Boaga organizou no marco da Semana Verde unhas xornadas sobre as razas autóctonas galegas para fomentar o coñecemento sobre elas e a especialización dos gandeiros neste tipo de crianza e produción. Desenvolvéronse a carón do stand da Federación, no recinto feiral de Silleda, do 12 ao 14 de xuño de 2015. O programa do primeiro día estivo centrado nos pequenos ruminantes. Nesta área, Raúl Martínez Fernández, veterinario de ruminantes de Syva, abordou os seus procesos patolóxicos e as enfermidades, así como a medicina preventiva. Pola súa banda, a directora técnica de Asovega e Capriga, Silvia Adán Belmonte, impartiu unha conferencia sobre a realidade dos logotipos 100% Raza Autóctona Ovella Galega e 100% Raza Autóctona Cabra Galega.
Diego Rois
A apertura da segunda sesión correu a cargo de Miguel Abelleira, nutrólogo e asesor de explotacións de Setna Nutrición, que tratou a alimentación dos tenreiros para unha boa finalización, e de Marina Rosende Iglesias, técnica de Boaga, quen comentou as pautas de prevención de riscos laborais aplicables no sector gandeiro.
produción e a calidade do ovo da raza Galiña de Mos en comparación cunha estirpe industrial, e Diego Rois Losada, director técnico de Avimós, falou da importancia de contar co logotipo 100% Raza Autóctona Galiña de Mos, da guía para a instalación de pequenos centros de embalaxe de ovos desta raza procedentes de granxas inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais e mais do sistema de autocontrol destes centros baseado nos principios da APPCC (Análise de Perigos e Puntos Críticos de Control).
Pola tarde e o día seguinte a protagonista das charlas foi a Galiña de Mos: Daniel Franco Ruiz, investigador do Centro Tecnolóxico da Carne, explicou o efecto da
Os vídeos de todas as charlas están dispoñibles no apartado de TV da web de Boaga.
Daniel Franco
Marina Rosende
Miguel Abelleira Autóctonas Galegas Número 9
Silvia Adán
Semana Verde 2015
novas
51
O NACEMENTO DE POLIÑOS MOS, UNHA EXPERIENCIA DIDÁCTICA! Os estudantes do CEIP A Maía, de Bertamiráns, puideron ver en directo como naceron varios poliños de Galiña de Mos. Para que isto fose posible, Avimós cedeu unha incubadora que se instalou nunha das aulas do centro de ensino. O nacemento dos pitiños foi retransmitido en todas as clases, co que puideron desfrutar
del máis de 600 alumnos, así como facer seguimento do crecemento dos polos nos días consecutivos. Máis adiante publicouse un artigo na revista escolar anual coa explicación do proceso de incubación e da crianza destas aves e coas experiencias dos rapaces que se encargaron deses poliños nas súas casas.
A PARRILLADA SANTA COMBA REPITE COA VIANESA Este restaurante de San Pedro de Santa Comba (Lugo) organizou do 13 ao 30 de xuño unhas novas xornadas gastronómicas protagonizadas pola carne de tenreira da raza Vianesa. Abasteceuno a explotación Gayo, do Biduedo (Triacastela).
O RESTAURANTE RÍO LEA, FIEL AO CORDEIRO DE OVELLA GALEGA O establecemento hostaleiro de Castro de Ribeiras de Lea volveu ser escenario en xullo de 2015 das Xornadas Gastronómicas de Cordeiro da Raza Ovella Galega, que acadaron a terceira edición grazas á boa acollida do público, ao que desta vez se lle presentou un menú de ensalada de bacallau, canelóns de cor-
deiro de raza Ovella Galega con Pleurotus, cordeiro de raza Ovella Galega asado ao modo tradicional con patacas ao pobre e sobremesas caseiras. O provedor dos animais foi a gandería ecolóxica SAT Torre de Arcos, coorganizadora do evento xunto con Asovega.
Autóctonas Galegas Número 9
novas
52
A FEIRA MEDIEVAL DE PONTEDEUME OFRECEU “BURGER” DE TENREIRA CACHENA A localidade coruñesa de Pontedeume acolleu a principios de xullo de 2015 a sexta edición do Feirón Medieval dos Andrade, no que a Cachena tivo unha presenza destacada. Houbo unha degustación de tenreira desta raza faci-
litada pola gandería Tras do Río (Ortigueira) e preparada en hamburguesa e, ademais, distribuíronse trípticos con información sobre as súas calidades no abarrotado stand da ACRM Nogueirosa Xente de Aquí e de Acolá.
… E TAMÉN SE SERVIU CARNE DESTA RAZA EN RIBADAVIA! O 4 de xullo celebrouse en Santo André de Campo Redondo a 2.ª Festa Gastronómica da Tenreira Cachena, unha xornada de exaltación da produción destes animais que se crían en liberdade nos montes do corazón do Ribeiro. De feito, os exemplares que logo cataron os centos de comensais nun menú de empanada de carne, carne cocida e carne richada procederon da explotación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Coto San Cibrao, que precisamente organizou este festexo co obxectivo de poñer en valor tanto o traballo realizado para a ordenación e o aproveitamento do monte coma as boas calidades que presenta a Cachena na cociña.
Autóctonas Galegas Número 9
PARTICIPACIÓN DOS CRIADORES NA FEIRA DE ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI A cuarta convocatoria da Feira de Artesanía tivo lugar o 4 de xullo e, como vén sendo habitual, ese día fíxose promoción das razas autóctonas galegas. O criador Alberto Fernández, veciño de Outeiro de Rei, levou exemplares da Galiña de Mos, e Jordi Ánguez, tamén criador de Galiña de Mos e mais de Cachena, atendeu o posto de Cachenas de San Breixo.
novas
53
MÚLTIPLES ELABORACIÓNS DO CORDEIRO DE OVELLA GALEGA NO ANDARUBEL O chef Antonio Díaz volveu apostar pola Ovella Galega no seu restaurante das Fragas do Eume e, así, do 10 ao 26 de xullo impulsou as II Xornadas Gastronómicas do Cordeiro de Ovella Galega en Ecolóxico, coa colaboración da SAT Torre de Arcos, abastecedora dos exemplares necesarios para as degustacións. Cociñáronse cordeiro ao forno, costeletas, pa braseada e hamburguesas.
A CARNE DE CACHENA FOI SABOREADA EN QUINTELA DE LEIRADO Cada vez son máis as citas gastronómicas coas que se pretende fomentar o gusto polos produtos derivados das razas autóctonas, así como fixar a atención na importancia que ten este tipo de producións nos núcleos pequenos para atraer poboación e coidar o medio. Un exemplo é a Festa da Carne de
Cachena que se desenvolveu no municipio ourensán de Quintela de Leirado o 11 de xullo. Os numerosos asistentes probárona en empanada, ao caldeiro e richada, e entraron no sorteo dun tenreiro desta raza. A materia prima era de Ganadería Moncho, que cría en ecolóxico e en extensivo.
UNHA CITA SOLIDARIA O sábado 1 de agosto de 2015 celebrouse unha nova Andaina Solidaria que partiu a primeira hora da mañá do souto de San Ramón, en Armariz (Nogueira de Ramuín), co
obxectivo de acadar fondos para Cruz Vermella Ourense. O criador das razas Ovella Galega e Galiña de Mos de Finca A Tellada foi un dos patrocinadores desta iniciativa.
Autóctonas Galegas Número 9
novas
54
EXPOSICIÓN DE GALIÑAS DE MOS EN SAMOS
O GALO DA RAZA MOS CONVENCE O XURADO DO CONCURSO PROVINCIAL DE TAPAS DE LUGO
O criador Roberto Raposo, do concello de Pedrafita do Cebreiro, amosou exemplares da raza Galiña de Mos en Samos con motivo da Feira de Artesanía de agosto, onde ademais de contar con produtos artesáns se programaron actividades coma a malla de cereais ou bailes tradicionais.
Os membros do xurado do I Concurso Provincial de Tapas de Lugo escolleron os nomes dos hostaleiros premiados no transcurso dunha degustación de Galo Mos celebrada no Restaurante Mazo de Santa Comba. As calidades do noso produto foron moi eloxiadas por Quique Rodríguez, editor xefe e asesor gastronómico do portal Gastronomicum.net e afamado chef en Madrid; Bárbara Buenache, chef executiva da cadea Sushimore e presidenta da Federación de Cociñeiros e Reposteiros da Comunidade de Madrid; Cristina Martínez “Garbancita”, divulgadora gastronómica en medios especializados e editora da web garbancita.blogspot.com.es, e Rocío Garrido, editora do blog La cocina de mi abuelo e autora do libro Cociñando coas razas autóctonas.
AS AUTÓCTONAS, RAÍÑAS DE MACEDA Este municipio ourensán conta con máis dunha ducia de explotacións dedicadas á cría de razas autóctonas en perigo de extinción e concentra o 20 % de todos os exemplares vivos rexistrados actualmente de Caldelá, polo que non é de estrañar que fosen protagonistas na Festa Medieval. A iniciativa do Concello e dos gandeiros de autóctonas da zona, foi o primeiro ano que contou cunha exposición de
Autóctonas Galegas Número 9
gando, na que participaron Juan Manuel Lage Cid, con vacas das razas Cachena e Caldelá da súa gandería de Foncuberta; Pilar Martínez Peña, cunha representación de gando de raza Limiá de Vilardecás; Miguel Gómez García, con animais de raza Vianesa que cría en Santiso; Escuadro SC, con exemplares de Ovella Galega da súa explotación do lugar homónimo, e Visitación Cid Fariñas, cunha mostra de Cabra Galega de Foncuberta.
novas
55
PROMOCIÓN DO OVO DA GALIÑA DE MOS EN NEGREIRA O 30 de agosto inaugurouse o Monte do Cotro, en Campolongo, no concello de Negreira, e na conmemoración houbo unha degustación de produtos locais organizada polo GDR Terras de Compostela na que os criadores de Galiña de Mos do Val do Dubra fixeron promoción dos ovos da raza. O restaurante O Brañón, de Bembibre, elaborou con eles unhas boas tortillas de pataca.
O GALO DE MOS E A OVELLA GALEGA DAN A VOLTA A ESPAÑA Un ano máis demos a coñecer a Galiña de Mos e a Ovella Galega na Volta Ciclista a España. Grazas á Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl), os produtos destas razas formaron parte da oferta culinaria do posto … E para comer, Lugo, montado na zona VIP das saídas de cada etapa. Nunha delas, na de Luarca, arroupamos o stand para facer a promoción en persoa e comprobamos a grande acollida que tivo a carne pola súa excelente calidade. Ese día acompañáronnos o director da Volta, Javier Guillén, e o presidente da Apehl, Cheché Real.
Autóctonas Galegas Número 9
56
novas
IX FEIRA DOS REMEDIOS EN PONTEAREAS
POSTA EN VALOR DA LA DA RAZA OVELLA GALEGA
O 5 de setembro de 2015 celebrouse unha nova Feira dos Remedios neste concello pontevedrés coa presenza de tres criadores das razas Ovella Galega e Galiña de Mos, que acudiron con exemplares das súas explotacións.
Excelente experiencia a dos días 12 e 13 de setembro en Lavandeira, Cabanas (A Coruña). A Ovella Galega participou nos talleres de fiado do sétimo certame A Fía da La con éxito, pois quedou patente o futuro que ten tamén esta raza con este tipo de produción. No evento contamos cun posto con abundantes carteis e folletos explicativos e a exposición completouse cunha charla divulgativa impartida pola directora técnica de Asovega. O encontro non só pretende recuperar a tradición, compartir experiencias e dar a coñecer as distintas características e variedades de la, senón tamén amosar como hai que tratar unha materia prima que se viña empregando dende sempre e que está de actualidade no mundo da moda e do deseño polas tendencias de busca de tecidos máis naturais.
A CABRA GALEGA VOLVEU Á FESTA DE MERLÁN O 20 de setembro de 2015 tivo lugar unha nova edición da tradicional Festa das Cabras de Merlán que organiza todos os anos a Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán (Chantada) no campo da festa do pobo. Capriga estivo presente dende a mañá cunha exposición de exemplares da raza nun stand propio e achegou carne de Cabra Galega adulta que se cociñou ao caldeiro para os asistentes.
ASISTIMOS Á FEIRA DO POLDRO E DO GANDO DO MONTE O 26 dese mes tamén participamos na Feira do Poldro e do Gando do Monte que se celebrou en Muras (Lugo). Entre outras actividades houbo exposición de razas autóctonas nun stand de Boaga no que distribuímos material divulgativo de Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega.
Autóctonas Galegas Número 9
NOVAS
57
O MANEXO E A PRODUCIÓN DE GANDO VACÚN EN EXTENSIVO, OBXECTO DUNHA CHARLA A conferencia, impartida o 28 de setembro, enmarcouse nun curso de capacitación agraria do plan de formación continua do agro galego e tratou os censos das razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa, as súas características, as distintas producións e as boas prácticas de manexo na explotación, así como as axudas da PAC ás cales poden acollerse os seus criadores.
GRAN PAPEL DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN EXPOLUGO O 3 e o 4 de outubro, con motivo do San Froilán, a cidade amurallada acolleu unha nova edición da Mostra Gandeira Expolugo, localizada no Pazo de Feiras e Congresos. Alí estivemos criadores, animais e técnicos das asociacións de Boaga participando nas actividades que se organizaron co patrocinio da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo.
Desfile de gando polas rúas da capital
Expolugo
Un galo e unha galiña da raza Mos, unha femia de Ovella Galega e unha femia e a súa cría de raza Cachena foron transportadas en remolques ata o centro de Lugo, onde foron presentados e expostos ao público na praza do Concello. Houbo moita expectación, xa que era a primeira vez que o desfile incluía exemplares de Cachena.
Autóctonas Galegas Número 9
58
NOVAS
Exposición provincial de animais Os 35 exemplares das razas Cachena, Caldelá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega levados por unha decena de criadores conformaron unha ampla exposición inaugurada no Pazo o 3 de outubro pola directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa.
Mercado alimentario de razas autóctonas Cinco criadores das razas Cachena, Vianesa e Galiña de Mos con marcas comerciais propias puxeron á venda os produtos cárnicos e os ovos procedentes de animais das súas explotacións. Foron Aves do Concello, Chousa do Lea, Cachenas de San Breixo, Ganado de Lemos e Ramón Vázquez.
Autóctonas Galegas Número 9
Expolugo
NOVAS
Concurso de Galiña de Mos
59
Expolugo
A Expolugo de 2015 programou o III Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos, no que competiron nove criadores con 42 animais.
PALMARÉS
Categoría de Galos 1.º premio 2.º premio 3.º premio
Galo propiedade de Roberto Raposo Díaz (Pedrafita do Cebreiro) Galo propiedade de José Luis Freire Castedo (Pol) Galo propiedade de Javier Álvarez Cela (Becerreá)
Categoría de Galiñas 1.º premio 2.º premio 3.º premio
Galiña propiedade de Javier Álvarez Cela (Becerreá) Galiña propiedade de Luis Fernández Fernández (Riotorto) Galiña propiedade de José Luis Freire Castedo (Pol)
Degustacións Esa fin de semana do 3 e 4 de outubro realizáronse degustacións de carne de Cachena, Vianesa, Galo de Mos e cordeiro de Ovella Galega, así como de ovos de Galiña de Mos, produtos que sorprenderon e gustaron.
Estas degustacións foron organizadas polos criadores das nosas razas autóctonas. Unha iniciativa con excelente acollida, noraboa a todos!
Autóctonas Galegas Número 9
60
novas
BOAGA INTERVEU NA XORNADA TÉCNICA SOBRE SISTEMAS SILVOPASTORAIS EN MONTES ATLÁNTICOS
CATA DE PRODUTOS DA GALIÑA DE MOS E DA CACHENA EN LONDRES!
A Casa da Cultura de Porto do Son acolleu os días 3 e 4 de outubro de 2015 esta xornada, organizada pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Porto do Son e dirixida a membros das comunidades de montes veciñais en man común, propietarios forestais, traballadores en activo e desempregados dos sectores agrícola e forestal, así como a estudantes e titulados de ciclos formativos da rama agraria e ao público en xeral. Boaga encargouse dunha charla específica sobre a xestión de sistemas silvopastorais con gando vacún. Ademais, os asistentes visitaron a explotación gandeira ecolóxica Tierra Celta, onde crían animais da raza Cachena.
Durante a celebración do Galician Gourmet Extravaganza, entre o 15 e o 18 de outubro de 2015, no hotel Meliá White House de Londres ofrecéronse case 500 menús con produtos de calidade galegos. Presentáronse sete pratos diferentes, tres dos cales estaban elaborados con produtos das razas Galiña de Mos e Cachena: • Huevo de Colón: ovo de Galiña de Mos con aceite e chourizo de cabaza. • Atún de Chianti: feito con carne de raza Cachena, aceite e conservas. • Gallo de Mos con queso San Simón: Galo de Mos con queixo San Simón da Costa e cervexa.
A EXPO-DEGUSTACIÓN DE SAN XIAO DE MOS BATE RÉCORD DE ASISTENTES A Exposición e Degustación da Galiña de Mos celebrada o domingo 25 de outubro de 2015 na parroquia de San Xiao de Mos chegou á súa sexta edición mellorando as cifras de visitantes. Xuntáronse máis de mil persoas para desfrutar dun menú composto por ovo de Galiña de Mos con patacas asadas e Galo e Pularda de Mos, acompañados de queixo de Leitigal e tarta de améndoa na sobremesa. A xornada, na que colaboraron os criadores da zona –apoiados por Avimós–, o Concello de Castro de Rei e a Deputación Provincial de Lugo, incluíu o desenvolvemento do primeiro concurso comarcal da Terra Chá de Galiña de Mos. Tras a avaliación de Cástor Rivero, director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, resultaron gañadores unha galiña de José Zapata Sánchez (Castro de Ribeiras de Lea) e un galo de Antonio Carballo Ameijeiras (San Xiao de Mos).
Autóctonas Galegas Número 9
novas
EXALTACIÓN DA CARNE DA VIANESA NA FONSAGRADA Do 31 de outubro ao 8 de novembro leváronse a cabo unhas novas xornadas gastronómicas de carne da raza Vianesa na Fonsagrada, en concreto no restaurante Mesón Catro Ventos, que está situado en Barbeitos, no Camiño Primitivo de Santiago. Os exemplares cociñados foron proporcionados pola explotación Ganados Amanei SL, de Baleira, na que Amaro López cría en extensivo a Vianesa dende o ano 2007.
61
A TAPA DE GALO DE MOS GAÑA O CONCURSO DA MILAGROSA! O barrio lucense da Milagrosa celebrou o seu I Concurso de Tapas en novembro de 2015, do 12 ao 22, e a vitoria indiscutible foi para a tapa Lagar de Mos, servida pola cervexería Lagar, pois obtivo a primeira posición tanto na valoración do público coma na do xurado profesional. A proposta gañadora consistía nunha pataca rechea de Galo de Mos con salsa de queixo San Simón e prebe de arandos. As aves procedían da granxa Chousa do Lea.
MARCHANDO UNHA DE GALO DA RAZA MOS CON NÍSCAROS… No VIII Concurso de Tapas de Santiago de Compostela, coñecido coma Santiago(é)tapas, reservouse un día, o 19 de novembro, para a degustación de diversos produtos procedentes de áreas próximas á cidade, polo que un dos locais participantes na competición, o Restaurante O Ferro, ofreceu a tapa de Galo de Mos de outono con níscaros, preparada no DonDin de Vila de Cruces.
UN GALO E UNHA GALIÑA DE MOS ENTRAN NAS AULAS DO COLEXIO DE LAXE O CPI Cabo da Area, de Laxe, recibiu unha visita extraordinaria en novembro. Con motivo dunha charla didáctica sobre a vida das galiñas e a súa crianza dirixida aos seus alumnos, levamos un galo e unha galiña da raza Mos ás aulas
de infantil, para alegría dos nenos. A actividade completouse coa incubación duns ovos e o nacemento dos poliños, procesos dos que tamén puideron aprender.
Autóctonas Galegas Número 9
62
novas
ASISTENCIA AO I FEIRÓN ADINA O sábado 5 de decembro o recinto feiral de Mesón do Vento, en Ordes, acolleu a primeira edición do chamado Feirón Adina, unha estrea na que estivo presente a raza Mos coa criadora Cruz Grille, quen amosou algúns exemplares e, ademais, repartiu abundante información.
OURENSE FOI SEDE DAS XORNADAS DE RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS Os días 10 e 11 de decembro de 2015 celebráronse as X Xornadas de Razas Autóctonas Españolas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, que organizou Federapes coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). Estas xornadas estruturáronse en dúas sesións dedicadas a charlas técnicas, ao longo de dous días, e nunha visita cultural polo centro da cidade das Burgas. Nas conferencias tratáronse a situación actual dos Programas de Desenvolvemento Rural das comunidades autónomas, os Programas de Cooperación e Innovación 2014/2020 e a súa aplicación nas asociacións de criadores de razas autóctonas, o establecemento de Grupos Operativos de ámbito nacional e os programas de innovación aplicados para criadores e asociacións de criadores de razas autóctonas, entre outros temas técnicos. Así mesmo, houbo unha mesa redonda sobre a aplicación do logotipo de raza autóctona e a comercialización directa deste tipo de produtos, na que participaron distintos criadores, entre eles os das autóctonas galegas. Lisardo López (criador das razas Limiá e Ovella Galega, coa marca comercial Gacarli SL), Jordi Ánguez (criador das razas Cachena e Galiña de Mos, coa marca comercial Cachenas de San Breixo), Juan Manuel Lage (criador das razas Caldelá e Cabra Galega, coa marca Juan M. Lage) e José Manuel Illán (criador da raza Vianesa, coa marca comercial Ganado de Lemos) compartiron as súas experiencias de venda dos produtos de raza autóctona a través do logotipo ou dunha marca e directamente ao consumidor ou á restauración, e contaron como e por que comezaron a cría de razas autóctonas. Nesta mesa redonda tamén participou o chef do Andarubel Antonio Díaz, quen falou da súa experiencia no negocio da compra e do cociñado dos produtos das razas autóctonas. Cabe destacar, por último, a presentación que se fixo do proxecto fotográfico Bestiarium, iniciado hai seis anos co obxectivo de dar a coñecer ao público en xeral as razas autóctonas españolas a través das fermosas fotografías de José Barea. Autóctonas Galegas Número 9
novas
63
BOA DIFUSIÓN DAS TESES SOBRE AS “MORENAS GALEGAS” E A GALIÑA DE MOS O veterinario Cástor José Rivero Martínez, director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, presentou a súa tese de doutoramento titulada “Aportacións á caracterización das razas bovinas autóctonas de Galicia en perigo de extinción” na Facultade de Veterinaria de Lugo en decembro de 2015. Nela realizou unha análise da orixe e da historia das cinco razas bovinas autóctonas de Galicia incluídas actualmente baixo a denominación de Morenas Galegas: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa.
Pola súa parte, o veterinario e director técnico de Avimós, Diego Rois, leu tamén na Facultade de Veterinaria de Lugo, o 15 de xaneiro de 2016, a súa tese de doutoramento, titulada “Caracterización da raza Galiña de Mos”. Cualificada cun sobresaliente cum laude, foi dirixida polos profesores José Luis Benedito Castellote e Marta López Alonso, do
No traballo abordou os seus censos, a creación do banco de xermoplasma, a constitución dos rabaños fundacionais e o comezo das actividades de rexistro e reintrodución de todas as razas nas súas áreas de orixe. Tamén tratou os avances feitos nestes últimos anos no Programa de Conservación das razas, entre os que destacan o incremento considerable do número de exemplares e a conseguinte xeración de ganderías de vacún autóctono. Así mesmo, Cástor analizou varios caracteres reprodutivos, cuxo coñecemento resulta de indubidable interese para o desenvolvemento destas razas.
Departamento de Patoloxía Animal da USC. Nela presenta os aspectos históricos, morfolóxicos e xenéticos da raza e fai unha análise da súa poboación, das estratexias para a súa promoción e da súa caracterización produtiva. Os seus resultados chamaron a atención dos medios de comunicación, que se fixeron eco deste excelente traballo.
Diego Rois cos directores da súa tese
A tese, que foi dirixida polos profesores José Luis Benedito Castellote e Joaquín Hernández Bermúdez, do Departamento de Patoloxía Animal da Universidade de Santiago de Compostela, obtivo a cualificación máxima de cum laude.
Exposición de Cástor José Rivero
A GALIÑA DE MOS ESTIVO EN MELIDE Os días 12 e 13 de decembro Avimós tivo representación na Feira Alimentaria Manxares de Melide a través dunha criadora deste municipio, Dolores Mosteiro, e do seu fillo Manuel, que repartiron información sobre a súa granxa e sobre a Raza Mos. O evento estivo moi animado e foi un bo escaparate para os produtos da zona.
Autóctonas Galegas Número 9
64
novas
OITO CRIADORES DA RAZA MOS, NA FEIRA DE NADAL DE VILA DE CRUCES
GALO CELTA INTRODUCE A PULARDA DE MOS NO MERCADO
A XVI Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces, desenvolvida o 22 de decembro con moi bo ambiente, contou con oito criadores de Galiña de Mos, que venderon varios dos seus exemplares no mercado. Ademais, os preto de vinte restaurantes da comarca que participaron na degustación cociñaron Galo de Mos de diversas maneiras e houbo aves de diferentes razas, entre elas a nosa, expostas ao público nunha carpa.
A empresa Galo Celta, de David Sueiro, puxo no mercado na campaña de Nadal de 2015 unha pularda da nosa raza elaborada en colaboración con Euroambrosías, nunha edición limitada a 400 unidades que se podían atopar no Club del Gourmet de El Corte Inglés. A pularda presentouse cociñada e envasada, lista para consumir tras quentala.
ASISTIMOS Á PRESENTACIÓN DA GUÍA “… E PARA COMER, LUGO” EN FITUR Un ano máis, grazas á invitación da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, en xaneiro fomos á Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) á presentación da guía gastroturística … E para comer, Lugo, que inclúe infor-
Autóctonas Galegas Número 9
mación dos produtos da Galiña de Mos e da Ovella Galega. A asistencia a este acto permitiunos presentar os produtos das dúas razas diante de hostaleiros madrileños, publicistas e xornalistas gastronómicos e mais autoridades.
novas
65
PLENO DE VENDAS NA FEIRA DO CAPÓN DE VILALBA! Os criadores Francisco Monasterio e David Cristóbal levaron á Feira do Capón de Vilalba de 2015 os únicos capóns da Raza Mos postos á venda e agotaron as existencias, pois as cualidades destes produtos autóctonos galegos acapararon a atención dos visitantes.
XANTAR DE GALO DE MOS ENTRE AMIGOS Que mellor que un galo da nosa raza para desfrutar dunha comida! Así o fixeron no Mesón Orensano da cidade olívica en xaneiro, tal como recolleu nas súas páxinas o xornal Faro de Vigo que nos fixo chegar o criador Manuel Rodríguez Alonso. Entre os comensais estaba o xornalista Pepe Cadavedo.
OS CENTROS DE ENVASADO DE OVOS DA RAZA GALIÑA DE MOS, NA TELEVISIÓN! O equipo dos programas “Labranza” e “O agro” da Televisión de Galicia gravaron no mes de xaneiro imaxes dos dous centros de envasado de ovos procedentes das explotacións avícolas artesanais que estaban daquela en funcionamento, así como dun restaurante e dunha tenda. A
reportaxe emitiuse os días 29 de xaneiro (“O agro”) e 7 de febreiro (“Labranza”) e pode verse on-line na web da TVG ou a través deste enlace da web de Avimós: http://galinhademos.blogspot.com. es/2016/02/programa-labranza-sobreos-centros-de.html.
Autóctonas Galegas Número 9
66
novas
AS NOSAS RAZAS, Á VISTA NA FEIRA DO GRELO DAS PONTES A Feira do Grelo das Pontes de García Rodríguez acadou unha nova edición o 7 de febreiro de 2016 cunha novidade: a mostra de autóctonas organizada polo Concello e por Boaga, para a que se contou con varios lotes de Galiña de Mos e de Ovella Galega que espertaron moito interese.
NOVO RESTAURANTE ONDE DEGUSTAR CARNE DE CACHENA
A GALIÑA DE MOS, DE NOVO Á VENDA NO FEIRÓN DE ORDES
Dende febreiro de 2016 tedes unha nova opción para probar a carne de Cachena. Trátase do restaurante Praia de Arealonga, en Teis (Vigo). Os produtos proceden da explotación de Ramón Vázquez, criador desta raza e mais das de Galiña de Mos e Ovella Galega en Monforte de Lemos.
O 20 de febreiro o Mesón do Vento acolleu outro Feirón Adina, no que as criadoras Mari Luz Gómez (Ordes) e Cruz Grille (Tordoia) participaron con exposición e venda de exemplares de Galiña de Mos. A maiores, os bares da localidade serviron Galo de Mos e tortilla de pataca con ovos da raza.
Autóctonas Galegas Número 9
novas
67
PRESENZA DAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN XANTAR Boaga participou na 16.ª e na 17.ª edicións do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo-Xantar, celebradas en marzo de 2015 e en febreiro de 2016, respectivamente. No stand ofreceuse información sobre as razas autóctonas, sobre os produtos que se derivan delas e sobre as súas posibilidades culinarias, neste último caso a través do libro Cociñando coas razas autóctonas. Como é habitual, tamén fixe-
mos promoción cos peluches da Ovella Galega e da Galiña de Mos. Ademais, na edición de 2015 Boaga orga nizou un obradoiro gastronómico que levou por título “Razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción” e que incluíu unha sesión de maridaxe co viño da Ribeira Sacra Ponte da Boga impartida polo chef Carlos Parra (Castillo de Maceda) e por técnicos de Boaga.
I XORNADAS TÉCNICAS DE DINAMIZACIÓN E APROVEITAMENTO SOSTIBLE DOS MONTES DO IRIXO A Asociación Cultural Arracada do concello ourensán do Irixo organizou os días 4 e 5 de marzo a primeira edición das Xornadas de Dinamización e Aproveitamento Sostible dos Montes do Irixo no centro multiusos da Ponte. Nestas xornadas participaron, entre outros, o secretario xeral de Federapes e director de Boaga, José Ramón Justo, coa charla “Gandería de razas autóctonas, montes en man común e coeficientes de aproveitamento de pastos CAP”, e mais José Núñez, criador de Capriga e de Limiaga, que falou da súa Gandería Carballosa, unha explotación extensiva localizada en Pedrafita do Cebreiro. O obxectivo do encontro foi informar e asesorar as comunidades de montes, os propietarios forestais e os veciños da capacidade produtiva do sector forestal cara á creación de emprego e a diversificación da actividade económica do medio rural.
Autóctonas Galegas Número 9
68
novas
AVIMÓS, RECOÑECIDA COMO EMBAIXADORA HOSTALEIRA DA PROVINCIA DE LUGO A Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos, Avimós, foi distinguida o 14 de marzo de 2016 como Embaixadora Hostaleira da Provincia de Lugo na gala anual da hostalería lucense. O recoñecemento responde ao compromiso e ao esforzo empregado na posta en valor do noso produto e das producións galegas de calidade.
SORTEO DUN CABRITO DE CABRA GALEGA EN CERDIDO O 19 de marzo celebrouse en Cerdido (A Coruña) a Xuntanza Cabalar Os Casás. Ao remate das carreiras sorteouse un cabrito da raza Cabra Galega achegado por un dos socios de Capriga e procedente dunha explotación do propio concello de Cerdido.
Autóctonas Galegas Número 9
A OVELLA GALEGA E A GALIÑA DE MOS PARTICIPARON EN MAGRECO A Feira de Maquinaria Agrícola, Artesanía e Produtos Ecolóxicos (Magreco), que se celebra en Boimorto, contou coa presenza da Galiña de Mos e da Ovella Galega nestes dous últimos anos. Nos postos de Avimós e de Asovega repartiuse información sobre cada raza. Ademais, participaron varios criadores con exemplares da Raza Mos chegados desde o concello pontevedrés de Vila de Cruces, en concreto, Granxa Castelo de Alcobre, Granxa Castro de Madrosende, Alejandro Fiuza Mosquera e José Ramón Cillero Ferro.
novas
69
EXITOSAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO GALO E DOS OVOS DA RAZA GALIÑA DE MOS EN LUGO As Xornadas Gastronómicas do Galo da Raza Mos celebradas en marzo no restaurante-pulpería Aurora do Carballiño, na cidade de Lugo, remataron cun grande éxito. O evento, que foi organizado polo propio restaurante e mais pola granxa Chousa do Lea, de Castro de Rei, contou con moitos comensais que acabaron satisfeitos e valoraron positivamente a calidade do produto. De primeiro prato ofreceuse revolto de ovos ou ben ovos fritidos con chourizo e patacas e, de segundo, Galo de Mos guisado.
A GALIÑA DE MOS LUCIUSE NA FEIRA DO QUEIXO DO CEBREIRO
A Galiña de Mos estivo na Feira do Queixo do Cebreiro dos anos 2015 e 2016, pois o criador de Pedrafita do Cebreiro Roberto Raposo estivo á fronte dun posto con exemplares e repartiu información sobre a raza e sobre a súa granxa.
XORNADA SOBRE AS NOVIDADES DA PAC E O LOGOTIPO 100% RAZA AUTÓCTONA O 1 de abril de 2016 celebrouse unha xornada sobre as principais novidades da PAC e mais sobre a aprobación, en xaneiro de 2016, do logotipo 100% Raza Autóctona para as cinco bovinas galegas en perigo de extinción: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. A sesión informativa desenvolveuse no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, no
Pazo de Fontefiz (Coles, Ourense), e estivo dirixida aos criadores das asociacións integradas en Boaga. Os asistentes interesáronse en como facerse operadores para poder utilizar este logotipo na etiquetaxe dos produtos das razas autóctonas e tamén sobre as novidades da PAC acontecidas neste último ano.
Autóctonas Galegas Número 9
70
novas
DEGUSTACIÓN DE TENREIRA CACHENA NO VAL DO DUBRA Os días 3 e 4 de abril, dentro do programa das Feiras de Abril 2016 que organizou o Concello do Val do Dubra, celebráronse con grande afluencia de público unhas degustacións gastronómicas de carne de raza Cachena preparada de diferentes
formas: guisada, ao caldeiro, en churrasco e costeletas. Os produtos de Cachena procederon da gandería de José Antonio Liñares Rey, veciño dese municipio.
CELEBRADAS AS PRIMEIRAS XORNADAS DE GALO DE MOS NA MONTAÑA LUCENSE O restaurante Cantábrico da Fonsagrada organizou unhas xornadas de Galo da Raza Mos durante as fins de semana do mes de abril de 2016. As aves foron proporcionadas pola granxa Chousa do Lea. Foron as primeiras xornadas deste tipo organizadas na montaña lucense e as propostas culinarias resultaron un éxito.
Autóctonas Galegas Número 9
novas
A TAPA DE CROCA DE LIMIÁ TRIUNFA NO CONCURSO DE CASTRO DE RIBEIRAS DE LEA A tapa de croca de Limiá con gratinado de pataca ao Quescrem de San Simón ofertada polo restaurante Suso converteuse na gañadora do III Concurso de Tapas de Castro de Ribeiras de Lea, celebrado do 7 ao 17 de abril e no que participaron 15 establecementos hostaleiros. Foi unha aposta excelente para degustar a carne desta raza, que nesta ocasión procedeu da Ganadería Taluco de Loentia (Castro de Rei), á fronte da cal se atopa a criadora Ana María Teijeira Castro.
71
A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA DEIXÁRONSE VER NA FEIRA MULTISECTORIAL DE NARÓN O criador Xosé María García Villaverde, da granxa Quinta da Vacaloura, estivo os días 10 e 11 de abril na Feira Multisectorial Agrícola de Narón, desenvolvida na parroquia de Sedes. Ofreceu información da súa granxa e das razas Galiña de Mos e Ovella Galega.
As criadoras Mari Luz Gómez Fernández e Cruz Grille estiveron os días 23 e 24 de abril con stand propio nunha exposición celebrada en Ordes con motivo da Festa do Champiñón. A feira estivo moi concorrida e foron moitas as persoas que se interesaron pola raza e por ambas as dúas granxas.
A GALIÑA DE MOS COMPARTIU PROTAGONISMO CO CHAMPIÑÓN EN ORDES
Autóctonas Galegas Número 9
72
novas
NOVAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO CORDEIRO DE OVELLA GALEGA EN LUGO O restaurante lugués A Rotonda acolleu unhas xornadas gastronómicas do cordeiro de Ovella Galega en abril de 2016, nas que se puido degustar esta carne e apreciar as sensacións que transmite. Os cordeiros procederon da explotación SAT Torre de Arcos, de Outeiro de Rei, que tamén cría en ecolóxico.
AS NOSAS RAZAS, COCIÑADAS Á VISTA DA XENTE NO MERCADO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA O 23 de abril un grupo de cociñeiros fixo promoción das razas autóctonas no mercado municipal de Pontevedra mediante un showcooking. Iñaki Bretal, Rubén Vallejo e Rocío Garrido prepararon tataki de raza Cachena, Galo de Mos recheo e ke-
Autóctonas Galegas Número 9
bab de cordeiro de Ovella Galega, respectivamente. Tamén se distribuíron folletos informativos e o libro Cociñando coas razas autóctonas.
novas
A ASOCIACIÓN A VACALOURA ORGANIZOU UNHA DEGUSTACIÓN DE GALO DA RAZA MOS A asociación cultural e gastronómica A Vacaloura organi zou o 29 de abril en Vilares, na parroquia pontevedresa de Bora, a primeira edición da Exaltación do Galo de Mos, consistente nunha degustación gastronómica. Os exemplares foron proporcionados polos criadores Augusto Fontán, da granxa Finca IN-Dependencia, e Javier Riqueza, da granxa Finca O Eirado, ambas as dúas pertencentes ao concello de Pontevedra. O obxectivo foi darlles visibilidade na zona ás virtudes da carne do galo da nosa raza.
73
UNHA ORIXINAL PROPOSTA DE PROMOCIÓN O criador Manuel Rodríguez Alonso “Ivo” enviounos estas fotografías da súa caravana, na que ten rotuladas diversas siluetas dun Galo de Mos, facéndoas visibles por todos os recunchos de España polos que se despraza. É unha proposta de marketing diferente e orixinal, unha maneira máis de promocionar a Raza Mos.
A LIMIÁ, PRESENTE EN COMPOSTELA ECO 2016 Do 5 ao 8 de maio, dentro das Festas da Ascensión, celebrouse en Santiago de Compostela a feira ecolóxica labrega Compostela Eco 2016, na que participou a gandería Chotoiba SC, dedicada á cría de Limiá en ecolóxico, cun posto de promoción e de venda de produtos da raza.
A GALIÑA DE MOS ESTIVO NA FESTA DA TENREIRA GALEGA O 1 de maio de 2016 celebrouse na Pobra de San Xiao (Láncara, Lugo) unha nova edición da Festa da Tenreira Galega. Con motivo da exposición de gando que tivo lugar no marco do evento, a criadora local Sandra López presentou un posto con exemplares da Raza Mos.
Autóctonas Galegas Número 9
74
LUCIMENTO DA GALIÑA DE MOS NO SANTO ISIDRO DE SARRIA O criador Roberto Raposo asistiu o pasa do 8 de maio á Feira do Santo Isidro de Sarria con exemplares da Raza Mos. Repartiuse moita información, xa que foi unha feira moi visitada.
novas
NOVAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DE VIANESA NO RESTAURANTE PARRILLADA SANTA COMBA Do 13 ao 28 de maio de 2016 celebráronse outras xornadas gastronómicas da tenreira de raza Vianesa na Parrillada Santa Comba (Lugo), xa con experiencia na organización destas iniciativas. Os animais procederon de Ganadería Gayo, localizada no lugar do Biduedo, en Triacastela, e propiedade do criador Carlos Gayo Tourón. Desta vez houbo propostas saborosas e tan atractivas coma a tosta de carpaccio de Vianesa, os pementos do piquillo recheos de Vianesa, o rolo de matambre de Vianesa á grella e, como non, as habituais da parrillada, entre as que se atopan os filetes, as costeletas, o churrasco ou o asado de tenreira Vianesa. Todo un éxito!
A GALIÑA DE MOS, HABITUAL NA FESTA DO GALO DE CURRAL DE VILA DE CRUCES O concello de Vila de Cruces acolleu a XXIII Festa do Galo de Curral o pasado 29 de maio e nela estivo presente, como vén sendo habitual, a nosa Galiña de Mos. Houbo venda e exposición de aves vivas de diferentes razas e o día anterior preparáronse varios concursos e tamén unha carreira de galos, actividades organizadas pola cooperativa Crugalo. Na edición anterior, Avimós asistiu ademais á presentación da festa, que se celebrou o 12 de maio de 2015 no mercado de abastos de Santiago de Compostela. Diego Rois, director técnico de Avimós, falou das bondades da raza. Ese ano, e xa na propia festa, celebrouse unha exposición de aves vivas e unha degustación de Galo de Mos moi concorrida. O pregoeiro foi o afamado cociñeiro Iván Domínguez, posuidor dunha estrela Michelin e coñecedor e gran defensor dos produtos da nosa raza.
PARADA EN ROIS! O criador Rafael Carbajales, da Granxa Eo dos Menecos, presentou un lote de exemplares de raza Galiña de Mos na feira de Santo Isidro celebrada no concello de Rois (A Coruña) o domingo 15 de maio. Carbajales repartiu abundante publicidade; non en van, foi unha feira moi animada na que houbo moitos contactos interesados na nosa raza.
Autóctonas Galegas Número 9
novas
75
A RAZA MOS FORMA PARTE DUNHA MOSTRA DE PRODUTOS ETIQUETADOS EN GALEGO O 17 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas 2016 en homenaxe ao poeta Manuel María, o Concello de Castrelo de Miño presentou unha mostra de produtos etiquetados en galego. A esta mostra, na que participaron distintas marcas de viños, de mel, de marmeladas ou de ovos, foi invitada a Asociación de Avicultores de Raza Galiña de Mos-Avimós, que expuxo algún dos produtos da raza coas etiquetas en galego, así como diversa publicidade para facer promoción da raza e das súas producións.
Na presentación participaron o alcalde e mais a concelleira de Castrelo de Miño, así como Xosé González e Xosé Carba llido, pertencentes á Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (Irgade) da que Avimós é membro dende o ano 2013, por apoiar campañas de divulgación da elaboración de publicidade e etiquetaxe en galego dos produtos agroalimentarios e por fomentar o consumo responsable, potenciando e dándolle promoción aos produtos derivados das razas autóctonas galegas. Esta mostra estará exposta ao público no Parque Náutico de Castrelo de Miño durante o verán.
MAKING OF DAS ENTREVISTAS A CRIADORES DAS RAZAS AUTÓCTONAS Os días 13 e 18 de maio estivemos gravando en vídeo varios criadores, seguindo coa estratexia de promoción das ganderías de razas autóctonas. O obxectivo é mostrar o día a día dunha explotación gandeira deste tipo, coñecer o como e o por que do seu inicio no mundo da cría destes animais e mostrar con experien cias prácticas e particulares as distintas estratexias comerciais de venda que seguen para sacar ao mercado os seus produtos. As catro entrevistas realizadas son as que publicamos neste número da revista, que teñen como protagonistas a Ganado de Lemos SL (Seteventos, O Saviñao), criadores de Vianesa; Mosteiro Cisterciense de Oseira (Oseira, Cea), criadores de Frieiresa; Ramón Vázquez (Monforte de Lemos), criador de Cachena, Galiña de Mos e Ovella Galega; e Granxa Teixeiro e Pistón (Becerreá), criadores de Cabra Galega.
Autóctonas Galegas Número 9
xa estamos aquí
GOBIERNO DE ESPAÑA
MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
FEADER Europa inviste no rural