AUTÓCTONAS GALEGAS 5

Page 1

5 VERÁN 2010

PRIMEIRAS MEDIDAS PARA

RECUPERAR A CABRA GALEGA

CÁSTOR RIVERO, DIRECTOR DO CENTRO DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS: “HABERÁ UNHA MARCA PARA OS PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS”

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 1

CHEGA AO SEU REMATE O PROXECTO FEADER PARA CARACTERIZAR A CARNE DE OVELLA GALEGA

HISTORIA DA RECUPERACIÓN E FOMENTO DAS RAZAS MORENAS GALEGAS

20/9/10 19:18:49


“Para paladares finos”

QUESOS TRADICIONALES: TETILLA Y SAN SIMÓN DA COSTA CON DENOMINACIÓN DE ORIGEN PROTEGIDA Y QUESO PAÍS. QUESO MEZCLA SEMICURADO “DON UBALDO” QUESO MEZCLA CURADO “DON UBALDO” QUESO DE BARRA

PUBLICIDAD

CÁMARAS FRIGORÍFICAS (17.000 m3) Y TÚNEL DE CONGELACIÓN Pol. Ind. Castro Ribeiras de Lea P-50 27260 - Castro de Rei Lugo Telf: 982-310505 Fax: 982-311031 e-mail: info@leitigal.com web: www.leitigal.com

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 32

23/9/10 20:41:48


EDITORIAL

3

5

UN FUTURO PROMETEDOR PARA

AS NOSAS RAZAS Desde que o Centro de Recursos Zooxenéticos do Pazo de Fontefiz, e máis tarde as distintas asociacións de criadores de razas autóctonas, iniciaron a súa andaina, o obxectivo era ben claro: evitar que este importante patrimonio xenético desaparecese. Grazas aos esforzos de todos, Administración, gandeiros e técnicos, este perigo parece que quedou atrás. Como sinala o director do Centro de Recursos Zooxenéticos, Cástor Rivero, nunha entrevista que traemos a este número, o próximo reto que temos que marcarnos é o de atopar vías de comercialización para os produtos das nosas razas. Esa é, engade Rivero, a mellor maneira de que o número de cabezas creza: conseguir crear demanda entre os consumidores. Neste sentido, resultan importantes dúas cousas. Unha é a posibilidade de obter, nun futuro próximo, un selo de calidade que ampare os produtos das razas autóctonas. A este respecto, neste mes de setembro remitiuse á Federación Nacional de Razas Autóctonas (Federapes) o borrador de normativa de amparo de produtos de orixe animal procedentes en exclusiva de razas autóctonas. Outra cousa destacable son os diversos estudos que a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga está a levar a cabo coa finalidade de caracterizar os produtos para optimizar os procesos de crecemento e a calidade final. Coma o proxecto Feader de Ovella Galega que Asovega rematou recentemente, tamén reseñado neste número.

EDITA: FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA Fontefiz. 32152. Coles (Ourense). Teléfono: 988.20.54.86 Fax: 988.20.54.89 Email: boaga@boaga.com Web: www.boaga.com Presidente: José Manuel González Lamelas Vicepresidente: José Blanco Blanco Secretaria-tesoureira: María Josefa Fernández Padín Vogais: Pablo Pérez Barroso, Manuel Devesa Fernández, Lisardo López Blanco, Francisco José Monasterio Solveira PRODUCE: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A. 27002. Lugo. Teléfonos: 982.22.12.78 / 636.95.28.93, 610.21.53.66 Email: transmedia@ctransmedia.com Web: www.transmedia.es Tirada: 1.000 exemplares Depósito legal: LU-399/2007

SUMARIO NOVAS Gandagro 2010

5

Este estudo, así coma todos os que se fixeron ata agora e os que se farán no futuro, ten como finalidade última a transferencia de coñecemento aos produtores. Só así se poderá rendibilizar social e economicamente a cría de razas autóctonas, convertíndoa nunha actividade económica de interese para os criadores e un polo de atracción para os consumidores.

Novos estudos en Vianesa e Ovella Galega

6

A Galiña de Mos, nas Rutas Agroalimentarias de Galicia

7

Semana Verde

8

Convenio con Medio Rural

11

É tamén baixo este prisma como hai que considerar as primeiras actuacións de recuperación da Cabra Galega, emprendidas pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia coa colaboración da Consellería do Medio Rural

Fomento da raza

CABRA GALEGA 12

BOVINO O camiño da recuperación

16

OVELLA GALEGA

Todas estas iniciativas amósannos que estamos no bo camiño, e que o futuro para as nosas razas só pode ser o crecemento continuo. .

Balance do proxecto Feader

22

ENTREVISTA Cástor Rivero, director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

26

A revista Autóctonas Galegas non se fai responsable das opinións vertidas nos artigos asinados.

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 3

23/9/10 20:41:13


4

novas

FERRÁN ADRIÀ DEGUSTOU GALIÑA DE MOS E PORCO CELTA DURANTE UNHA VISITA A VIGO Ferrán Adrià, considerado unanimemente o mellor cociñeiro do mundo, tivo oportunidade de degustar algúns produtos de razas autóctonas galegas na visita que fixo a Vigo o pasado mes de febreiro, convidado polo Consello Social da Universidade. O ágape celebrouse en Esteban Selección Culinaria, establecemento rexentado no concello de Mos por Esteban Cidanes , que ademais de restaurador de prestixio é criador de Galiña de Mos e firme defensor deste e doutros produtos autóctonos. Esteban serviulle a Adrià unha ampla selección de entrantes, tapas e pratos preparados con produtos galegos. Entre eles, un ovo trufado de galiña de Mos, unha receita de esmerada elaboración. É preciso introducir os ovos nun bol pechado con trufa durante varios días para que absorban o sabor, e posteriormente frítense e sérvense sobre a base dun puré de patacas suave con gornición de lascas da propia trufa. Ferrán Adrià tamén tivo oportunidade de probar en Esteban un muslo de galo de Mos asado. Este prato prepárase sobre o seu propio zume a baixa temperatura durante seis horas, servíndose en compaña de verduras ecolóxicas. Ambas receitas amosan a versatilidade da Galiña de Mos e a calidade dos seus produtos, aptos para usos de alta restauración. Esteban ten na carta outros pratos baseados nesta ave, coma o estofado de galo, galo con arroz ou ovos fritidos con fabiñas, alcachofa, lascas de xamón ibérico e foie.

Ferrán Adrià, sentado, con Esteban Cidanes de pé ó seu lado

“Adrià non coñecía este produto e encantoulle”, explica Esteban. “A idea foi darlle a probar produtos totalmente autóctonos, e que mellor que poñer galo de Mos, eu que son criador e gran defensor desta ave”. Cidanes, ten na actualidade uns 80 exemplares, entre galos e galiñas.

A GALIÑA DE MOS, NO MERCADO DE PRODUTOS ECOLÓXICOS DE RIOTORTO

A Galiña de Mos non é o único produto autóctono co que traballa o restaurador. Na carta de Esteban Selección Culinaria tamén está presente o porco celta, con propostas coma o codillo, o lombo mechado, a costela ou os embutidos. En temporada de cocido, este prato tamén se elabora a base de porco celta. A Adrià deulle a probar o produto como aperitivo, en concreto un tarriño de lacón e cacheira.

II XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CACHENA NO EUME A Asociación de Empresarios de Turismo do Eume (Tureume) celebrou as II Xornadas Gastronómicas da Cachena entre os días 15 de abril e 2 de maio, coa participación de oito restaurantes da zona.

me), A Pitanza (Pontedeume), La Palma (A Capela), Casa Peizás (A Capela) Casa Garabana (Vilarmaior), La Solana (Cabanas), Las 5 Jotas (As Pontes) e Casa Sixto (Paderne).

Os establecementos participantes incluíron pratos elaborados con carne de Cachena nas súas cartas habituais. Os restaurantes que se sumaron ás Xornadas foron o Andarubel (Pontedeu-

Con este tipo de iniciativas trátase de converter a gastronomía en transmisora de cultura, ademais de dar a coñecer e potenciar un produto autóctono de Galicia como é a raza bovina Cachena.

Como vén sendo habitual, a Galiña de Mos estivo presente no Mercado de Produtos Ecolóxicos e de Tempada que se celebra cada estación no concello de Riotorto, no espazo feiral da vila. Luis Fernández, criador de Galiña de Mos e Ovella Galega e veciño do propio concello de Riotorto, foi o encargado de amosar a calidade de conformación e ovos da Galiña de Mos. A foto pertence ao primeiro mercado do ano, o 14 de febreiro, que tivo unha moi boa afluencia de público e un máis que aceptable nivel de venda de ovos. O resto de mercados estacionais de Riotorto celébranse nos meses de maio, agosto e novembro, coincidindo sempre no segundo domingo de mes.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 4

21/9/10 19:12:10


novas

5

A PRIMEIRA EDICIÓN DE GANDAGRO CONCEDEULLE UN AMPLO ESPAZO ÁS RAZAS AUTÓCTONAS GandAgro, a primeira feira monográfica especializada en gandería e agricultura no Noroeste peninsular, celebrou a súa primeira edición entre os días 4 e 6 de marzo deste ano. Dentro do espazo expositivo, situado no recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda, Pontevedra), destacou a ampla área destinada a exhibir algúns dos mellores exemplares de razas autóctonas galegas. Presentáronse animais das 5 razas de bovino autóctono (Cachena, Vianesa, Frieiresa, Limiá e Caldelá), procedentes do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, así como un lote de Ovella Galega. A Galiña de Mos tamén tivo unha destacada presenza, xa que dentro do programa da feira incluíuse un concursoexposición desta raza. GandAgro ten como unha das súas premisas o respecto ao medio ambiente nos procesos produtivos, aspecto no que encaixan plenamente as razas autóctonas galegas. Con elas quíxose chamar a atención sobre as novas oportunidades de negocio que ofrece a produción de calidade: ecolóxica, con elementos diferenciadores respecto aos produtos de consumo masivo e amparada por selos de calidade.

A nova feira monográfica, que terá unha periodicidade bianual, naceu coa vocación de dar resposta ás necesidades da ganadería e a agricultura, constituíndose como a plataforma de negocios e o escaparate de propostas e novidades que o sector primario precisaba e demandaba.

GandAgro ofrece ademais a faceta de foro de debate, no que agricultores, gandeiros, importadores, distribuidores, fabricantes, expertos e Administración poden coñecer os aspectos máis relevantes da gandería e a agricultura, as súas inquedanzas e a situación actual.

GRAN NIVEL NO CONCURSO-EXPOSICIÓN DE GALIÑA DE MOS Con motivo da primeira edición de GandAgro, a Asociación de Criadores de Galiña de Mos (Avimós) organizou un concurso exposición que tivo unha excelente acollida entre o público visitante do evento.

Participaron 50 exemplares de 25 criadores, todos eles dun gran nivel. Destacable foi a participación na categoría de galos, onde os exemplares acadaron altas puntuacións, proba da calidade das aves presentadas.

Foto de familia dos premiados no concurso de Galiña de Mos

PREMIADOS Categoría de Galos 1º premio. Galo propiedade de Arlindo Riveiro Rodríguez (Vigo). 2º premio. Galo propiedade de Francisco Monasterio Solveira (Vilalba, Lugo) 3º premio. Galo propiedade de Marcos Pichel Dávila (Mos, Pontevedra). O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, observa os exemplares de Galiña de Mos en presenza do presidente de Avimós, Francisco Monasterio; a directora xerente da Fundación Semana Verde de Galicia, Paloma Hidalgo, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán

Categoría de Galiñas 1º premio. Galiña propiedade de Dolores Mosteiro Costoya (Melide, A Coruña). 2º premio. Galiña propiedade de Luis Fernández Fernández (Riotorto, Lugo). 3º premio. Galiña propiedade de Álvaro Rodríguez Rodríguez (Mos, Pontevedra).

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 5

21/9/10 19:11:58


6

novas

SOLICITADOS ESTUDOS PARA A CARACTERIZACIÓN DA CANAL E DA CARNE EN OVELLA GALEGA E RAZA VIANESA A Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga vén de solicitar axudas para levar a cabo dous proxectos de investigación, centrados, respectivamente, na Ovella Galega e na raza bovina Vianesa. Dentro da Federación están integradas as asociacións Asovega (Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega) e Vianega (Asociación de Criadores da raza Vianesa). No caso da Ovella Galega solicitouse un proxecto con axudas a cargo da Consellería de Economía e Industria, dentro dos programas sectoriais de investigación aplicada Peme I+D e I+D Suma, do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, na convocatoria do 2010. O proxecto, titulado Estudo das características produtivas da calidade da canal e da carne en cordeiros da raza Ovella Galega sometidos a distintos sistemas de crianza, está programado cunha duración de 36 meses e o seu obxectivo fundamental é o de seguir impulsando a recuperación da raza Ovella Galega. Trátase de estudar as principais características produtivas da canal e da carne dos cordeiros da raza

sometidos a distintos sistemas de crianza e sacrificados aos 4 meses de idade, coa finalidade de establecer cal das formas de crianza é máis rendible dende o punto de vista económico, de calidade do produto e tamén de sostibilidade. Farase un estudo do crecemento dos cordeiros ata a idade de sacrificio, recopilando quincenalmente os datos. Tamén se estudará o efecto que producen distintos tipos de alimentación na calidade da canal e da carne dos cordeiros, co obxecto de determinar cal é o mellor sistema de crianza. A calidade da canal e da carne establecerase mediante a valoración da conformación, estado de engraxamento e despezamento da canal, con análises fisicoquímicas e sensoriais. Así mesmo, preténdese facer a caracterización do perfil de ácidos graxos e do perfil de aminoácidos. Tamén se realizará un estudo de maduración da carne a distintos tempos de permanencia en cámara, para determinar cal é o mellor tempo de maduración para que a carne estea en óptimas condicións de consumo. Para a consecución deste proxecto, Boaga solicitou a colaboración do Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico), onde se pretende realizar a primeira fase do proxecto, a de crianza e control de crecemento, e máis do Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria (CTC), onde se realizarán as restantes análises. RAZA VIANESA Para a raza Vianesa solicitouse un proxecto con cargo a fondos Feader, pertencente á convocatoria do 2010 da Consellería do Medio Rural, dentro do epígrafe de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal.

Canais de cordeiro de Ovella Galega

Este proxecto, titulado Estudo comparativo, a distintas idades de sacrificio, das características produtivas e da calidade da

canal e da carne en animais de raza Vianesa nun sistema sustentable, planifícase cunha duración 3 anos, durante os cales se estudarán dous grupos de animais alimentados nun sistema tipo extensivo a distintas idades de sacrificio, todos eles pertencentes a unha explotación colaboradora. Con este proxecto preténdese estudar en animais da raza as principais características zoométricas e produtivas a medida que os xatos van crecendo, así como establecer cal é a mellor idade de sacrificio, na que a calidade da canal e da carne sexan as máis adecuadas.

Exemplares da raza Vianesa

Criaranse dous lotes de animais da raza nunha explotación onde se controlarán os parámetros de crecemento e as principais medidas zoométricas. Unha vez sacrificados, faranse estudos da calidade de canal e da carne, avaliando índices de compacidade e rendementos da canal, así como parámetros de cor, textura, CRA, maduración, composición química e perfil de ácidos graxos. Este proxecto desenvolverase en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria (CTC), onde se realizarán as análises da canal e da carne. En ámbolos dous proxectos, o de Ovella Galega e o de Vianesa, faranse posteriormente a avaliación e promoción dos resultados acadados.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 6

20/9/10 19:23:50


novas

7

A GALIÑA DE MOS FORMARÁ PARTE DAS RUTAS AGROALIMENTARIAS DE GALICIA A asociación de criadores de Galiña de Mos, Avimós, foi convidada a sumarse ao proxecto Rutas Agroalimentarias de Galicia, un produto turístico innovador promovido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Unha ruta agroalimentaria é un itinerario que permite coñecer e gozar, de forma organizada, do proceso produtivo agropecuario e industrial e da degustación da cociña local. Avimós divulgou información entre os socios para explicarlles o proxecto, e tamén lle facilitou a Agader un listado de criadores interesados en adherirse a esta iniciativa. A abundancia de produtos agroalimentarios galegos con características singulares, moitos deles amparados por unha denominación de orixe ou outras figuras de protección da calidade, fai que as posibilidades de desenvolvemento de rutas agroalimentarias sexa moi ampla. Para a posta en marcha do proxecto seleccionáronse os seguintes produtos: queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (San Simón, Tetilla, Arzúa- Ulloa e Cebreiro), IXP Mel de Galicia, IXP Castaña de Galicia e aves de curral criadas tradicionalmente (capón de Vilalba, galo de vila de Cruces e Galiña de Mos). Como obxectivos motores das rutas agroalimentarias están a configuración dun produto turístico innovador que achegue ao visitante aos procesos produtivos, a cultura, a gastronomía e a paisaxe do medio rural galego, así como a creación dun espazo de cooperación entre produtores e empresas que garanta a sostibilidade das actividades agroalimentarias e turísticas. As actuacións estarán estruturadas en torno ás seguintes actividades: _Diagnóstico e deseño do produto e da marca Rutas Agroalimentarias de Galicia, que comprende a realización dun estudo de mercado sobre as rutas agroalimentarias, proposta de actuación para o desenvolvemento do produto e a elaboración dun decálogo de produto de rutas agroalimentarias. _Capacitación e desenvolvemento de produto, para o que se organizan cursos de sensibilización e formación para o persoal das empresas con interese en participar e obradoiros de traballo. _Equipamento, promoción e internacio-

nalización: promoción de marca, páxina web, actividades de márketing e promoción on line (pod casts, realidade virtual, e-books, tecnoloxía Bluetooth para prover de información a interpretación de lugares e rutas) e asistencia conxunta a feiras nacionais e internacionais. As Rutas Agroalimentarias de Galicia enmárcanse no Proxecto Cantata 2, cofinanciado polo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) a través do Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico. O proxecto remata o 31 de marzo de 2012 e conta cun orzamento total de 2.279.984 euros.

innovador e uso de ferramentas promocionais dixitais e seminarios de difusión en tódalas rexións participantes. CALENDARIO Os socios do proxecto reuníronse en Denbigshire (Gales) os días 29 e 30 de outubro do 2009 para presentalo e iniciar de inmediato os traballos. Nos pasados meses de xuño e xullo, Agader presentaba as Rutas Agroalimentarias aos concellos integrantes dos catro nodos de actuación piloto _con reunións nos concellos lugueses de Vilalba, Palas de Rei e Quiroga e o ourensán de Verín_, e tamén a empresarios desas zonas xeográficas. En xullo deste ano, os participantes no proxecto tiveron ocasión de seguir uns obradoiros de creación de produto celebrados nos concellos lugueses de Vilalba, Palas de Rei e Folgoso do Courel e no ourensán de Riós.

No Cantata 2 participan 5 rexións atlánticas. Como xefe de filas figura o Denbighshire County Council, de Gales (Reino Unido). Os socios son o Shannon Development (Irlanda), a Communauté de Communes du Poher, en Bretaña (Francia), a Câmara Municipal de Montemor-o-Velho (Portugal) e Agader (Galicia). As actividades do Proxecto Cantata 2 buscan o desenvolvemento integral do medio rural nas rexións participantes, mediante un maior aproveitamento do potencial local agroalimentario e turístico e a mellora da competitividade das pemes, téndose como metas o desenvolvemento sostible e á diversificación económica. Como parte da actividade transnacional de Cantata 2 realízanse actuacións de promoción internacional das rexións socias en eventos clave: visitas de familiarización para prensa e empresarios nas rexións socias; márketing conxunto

Galicia acollerá ademais o seminario final do Proxecto Cantata 2, con representación das cinco rexións participantes, no ano 2011. ADHESIÓN Para participar en Rutas Agroalimentarias de Galicia como entidade adherida, o interesado deberá descargar a ficha correspondente de solicitude de información na páxina web de Agader, cumprimentala e enviala ao enderezo electrónico cantata2@xunta.es ou ao número de fax 981.54.73.81. As solicitudes están deseñadas de acordo ás seguintes categorías: tenda especializada, aloxamento, restauración, axencia de viaxes, patrimonio, museos e centros de interpretación de temática agroalimentaria, recurso agroalimentario, empresa de servizos complementarios e empresa agroalimentaria. O proceso de adhesión rematará coa sinatura do documento de compromiso de adhesión de Rutas Agroalimentarias de Galicia.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 7

20/9/10 19:25:15


8

novas SEMANA VERDE 2010

A SEMANA VERDE DEULE UN AMPLO PROTAGONISMO AO BOVINO AUTÓCTONO, A OVELLA E A GALIÑA DE MOS Un ano máis, a Federación de Autóctonas de Galicia-Boaga estivo presente na 33ª edición da Semana Verde, celebrada entre os días 9 e 13 de xuño no recin-

Zona do bovino autóctono na Semana Verde 2010

Os criadores de bovino procedían de concellos de Lugo e Ourense

to da Feira Internacional de Galicia. 50 exemplares das razas bovinas (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa) e de Ovella Galega foron exhibidos no recinto, ademais case 1.500 exemplares de Galiña de Mos. Unhas 100.000 persoas pasaron pola última edición da Semana Verde. Sen dúbida, un dos alicientes para o público foi observar o potencial das razas autóctonas, que polos seus reducidos custos de produción e gran calidade cárnica son unha clara aposta polo desenvolvemento sostible e unha alternativa á reconversión do sector gandeiro.

da (Ourense). En canto á Ovella Galega, houbo un lote de exemplares de Luis Fernández, de Riotorto (Lugo). Xunto aos criadores estiveron veterinarios da Federación, que, como é habitual, facilitaron información e asesoramento técnico a todos aqueles gandeiros interesados. O nivel de vendas foi moi satisfactorio, despachándose varias cabezas de vacas. Os polos tamén se esgotaron rapidamente. Avimós incrementará o número de exemplares á venda na edición do ano próximo, de maneira que se poida satisfacer toda a demanda existente.

A raza Cachena estivo representada por 4 xatos da criadora María Luisa García Pérez e 10 xatos de Esperanza García Méndez, ambas de Lalín (Pontevedra). De Vianesa puideron verse 6 vacas de Sagrario Martínez Villa, de O Rosal (Pontevedra). A SC Gandeiría Riega, de As Nogais (Lugo) levou 5 xatos de raza Limiá. A SC Bermejo López y Remedios Carballo, de Xunqueira de Espadañedo (Ourense), amosou 3 vacas da raza Frieiresa. De Caldelá puideron verse 5 xatos e 2 vacas, do criador Juan Manuel Lage Cid, de Mace-

EXPOSICIÓN DE REPRODUTORES E VENDA DE POLIÑOS DE GALIÑA DE MOS Cerca de 400 metros cuadrados ocupou a exposición e mercado da Galiña de Mos na Semana Verde do 2010. A exposición acolleu 100 galos e galiñas adultos achegados por 24 criadores de toda Galicia. Todos eles competiron no concurso paralelo, no que se elixiron os mellores exemplares de la raza.

O evento é un lugar idóneo para o contacto entre criadores e público

A exposición de Galiña de Mos ocupou case 400 metros cadrados

O concurso foi xulgado por Cástor Rivero e Julio Feijoo, en representación da Consellería do Medio Rural, e Julio Pérez, da Fundación Semana Verde de Galicia. Os animais gañadores foron colocados nun podio especial.

Lote de reses de raza Caldelá

A Ovella Galega atraeu a atención do público da feira

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 8

20/9/10 19:31:24


novas

9

SEMANA VERDE 2010

Máis de 1.300 poliños de entre 1 e 3 meses foron vendidos na Semana Verde

PREMIADOS Categoría de Galos 1º premio. Galo propiedade de Álvaro Rodríguez Rodríguez, de Mos (Pontevedra). 2º premio. Galo propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto (Lugo). 3º premio. Galo propiedade de Carlos Durán Vázquez, de Ferrol (A Coruña).

Categoría de Galiñas 1º premio. Galiña propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto (Lugo). 2º premio. Galiña propiedade de Manuel Rodríguez Alonso, de Mos (Pontevedra). 3º premio. Galiña propiedade de Miguel Verde Martínez, de Mos (Pontevedra).

Podio das galiñas e galos gañadores do concurso

Xurado do concurso de Galiña de Mos. De esquerda a dereita, Julio Pérez, Julio Feijoo e Castor Rivero

Os dous últimos días da feira, 12 e 13 de xuño, reserváronse para o mercado de poliños, máis de 1.300 exemplares de entre 1 e 3 meses de vida. Os exemplares adquiridos teñen a garantía de estar inscritos no Libro Oficial de Rexistro da Raza Galiña de Mos, pertencendo a unha edición especial para a feira. Os exemplares identificáronse individualmente e entregáronse aos compradores nunha caixa de transporte especial para o seu traslado. A Galiña de Mos é unha raza ideal para a cría ao aire libre, de gran beleza e rusticidade. Produce uns ovos moi sabrosos e unhas carnes moi apreciadas polo seu

baixo contido en graxa. Trátase dunha das razas máis antigas de España e das máis apreciadas en todo o territorio peninsular. A Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos, Avimós, traballa desde hai uns anos en potenciar e fomentar a súa cría, actualizando o interese que a raza espertou en tempos pasados. Coa súa participación na 33ª Feria Internacional Semana Verde de Galicia, Avimós quixo relanzar o despegue definitivo da produción da raza, de maneira que esta e futuras edicións do evento sexan un punto de contacto para os interesados na Galiña de Mos.

Criadores premiados no concurso da Galiña de Mos

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 9

20/9/10 19:31:38


10

novas

AS RAZAS AUTÓCTONAS, NA EXPOFEIRA ECOLÓXICA DE VAL DO DUBRA A VI Expofeira Ecolóxica Multisectorial e de Razas Autóctonas da localidade de Bembibre, celebrada no concello coruñés de Val do Dubra, contou cunha notable presenza de animais das razas autóctonas galegas. A feira tivo lugar os pasados días 3 e 4 de abril. Os asistentes a este evento gandeiro puideron ver exemplares de razas como a Cachena, a Ovella Galega, o Porco Celta e o Cabalo de Pura Raza Galega.

7.000 PERSOAS VISITARON A FESTA DO GALO DE CURRAL DE VILA DE CRUCES A localidade de Vila de Cruces (Pontevedra) acolleu o pasado 30 de maio a decimosétima edición da Festa do Galo de Curral, cunha excelente cifra de visitantes. Ao longo da xornada, unhas 7.000 persoas pasaron por este evento.

xuíces da raza. Resultou gañador un galo propiedade do criador Nicolás Castro Rodríguez. O segundo premio foi para un exemplar presentado por Florentino Varela Mato e o terceiro levouno un galo de Evaristo Rodríguez Da Torre.

A programación incluíu diversas actividades, destacando unha exposición de aves vivas na que participaron máis de 60 aves, entre polos, galos e galiñas. Tamén houbo degustación de carne de galo e venda de exemplares.

Nos últimos anos, os criadores de Vila de Cruces apostaron decididamente pola Galiña de Mos. Na actualidade a produción de Galo de Vila de Cruces procede ao 50% da Galiña de Mos. A Asociación de Criadores do Galo de Curral de Vila de Cruces O Agro planea incrementar esta porcentaxe, co obxectivo de que no curto prazo o 100% da produción sexa de Galiña de Mos.

Por outra banda, celebrouse un concurso para escoller os tres mellores galos presentes na feira, que foron valorados por

UNHA CRIADORA DE OVELLA GALEGA, CONDECORADA POLO MINISTERIO DE MEDIO RURAL A criadora de Ovella Galega María Nieves Fernández Vidueira recibiu a encomenda de número, sección Mérito Agrario, da Orde do Mérito Agrario, Pesqueiro e Alimentario, coa que se premia a persoas que tiveran unha destacada actuación neste sector. María Nieves recolleu a condecoración de mans da ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, Elena Espinosa, o pasado 22 de xuño. Fernández Vidueira rexenta unha explotación de Ovella Galega en Quintela do Pando, no concello ourensán de Viana do Bolo. Ten 205 reprodutores da raza, o que a convirte na segunda explotación de Ovella Galega máis grande de España. A galardoada tamén é membro da xunta directiva da Asociación de Criadores de Ovella Galega (Asovega), compaxinando a súa ocupación de gandeira co traballo artesán.

María Nieves, segunda pola esquerda, no momento de recoller a distinción

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 10

20/9/10 19:36:45


novas

MEDIO RURAL COLABORA COS CRIADORES DE RAZAS AUTÓCTONAS O 2 de marzo do 2010, no Pazo de Fontefiz (Coles, Ourense), asinouse o convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga para realizar actividades de recuperación, conservación e fomento das cinco razas bovinas morenas galegas, a Ovella Galega, a Cabra Galega e a Galiña de Mos. Este convenio pretende ser o pulo para seguir promocionando a recuperación das razas autóctonas en perigo de extinción, un traballo intenso que dende o ano 2001 ata a actualidade leva feito a Xunta de Galicia xunto coa federación de criadores de autóctonas. A promoción da explotación sostible dos recursos gandeiros autóctonos é o obxectivo principal polo que foi asinado este convenio, de forma que o traballo sostible no campo sexa unha actividade rendible e con futuro. Entre as actividades que Boaga realizará atópanse as de caracterización, inventariado e avaliación dos censos das razas incluídas no convenio, así coma o asesoramento na selección e mantemento da variabilidade xenética dos rabaños fundacionais e o asesoramento aos distintos

Sinatura do convenio entre José Manuel González Lamelas, presidente de Boaga (esquerda), e o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez

axentes implicados nas posibilidades produtivas das razas e tipificación dos seus produtos. Para acadar estes obxectivos, a Consellería, a través do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, asumirá os cometidos de albergar os rabaños fundacionais, así como a custodia dos bancos xenéticos das razas obxecto do programa. Así mesmo, encargarase da divulgación das distintas posibilidades produtivas das razas. A duración do convenio é por catro anos e a contía económica máxima presupostada é de 250.000 euros anuais.

Marcos Pichel Dávila, criador de Galiña de Mos, convídanos a visitar o seu blog, http://soutodeherville09.blogaliza.org/ Avimós anima a todos os criadores que teñan iniciativas interesantes a que llas comuniquen á asociación para divulgalas convenientemente.

VII FESTA DA CACHENA EN ENTRIMO Un ano máis, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga colaborou na VII Festa da Exaltación da Empanada de Forquellas e a Cachena da Serra do Quinxo, que se celebrou no concello de Entrimo o 2 de maio.

IV Exposición de Raza Frieiresa en santigoso O pasado 8 de agosto tiña lugar a IV Exposición de Raza Frieiresa, promovida pola asociación de veciños de Santigoso (A Mezquita) e celebrada, como cada ano, na carballeira da Devesa de Santigoso.

UN CRIADOR DE GALIÑA DE MOS ESTREA O SEU BLOG

Foto: Marchos Pichel

11

Unha carpa ubicada no campo da Feira de Terrachán albergou unha comida na que máis de 1.500 comensais puideron degustar a carne de Cachena, raza autóctona galega de gran calidade.

Ademais dun xantar onde se puido degustar carne de Frieiresa, organizáronse, entre outras actividades, unha exposición e venda de exemplares da raza procedentes de 5 explotacións do propio concello de A Mezquita. Houbo tamén un concurso morfolóxico con premios para os mellores animais e unha chea de actividades lúdicas, coma o tiro de carro por parellas ou o concurso de arrastre de pedra. Este último supuxo un notable esforzo para os criadores participantes, que tiveron que entrenar os animais durante semanas.

CACHENA ECOLÓXICA EN QUINTELA DE LEIRADO O concello ourensán de Quintela de Leirado celebrou o pasado 21 de agosto a sétima edición da súa Festa da Carne de Cachena Ecolóxica. Este ano puido degustarse, a un prezo de 10 euros, un menú de carne de cachena ao caldeiro, richada e en empanada. Como novidade, nesta última edición da festa houbo a posibilidade de visitar a gandería do criador José Ramón Vázquez, Ganadería Moncho, para ver os exemplares de Cachena da explotación. Para esta actividade habilitáronse autobuses a primeira hora da mañá. A Festa da Cachena de Quintela de Leirado recibe visitantes de toda Galicia e do norte de Portugal. O número de comensais vai en aumento ano tras ano, superándose o milleiro nas últimas edicións.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 11

20/9/10 19:36:55


12

CABRA GALEGA

PRIMEIRAS ACTUACIÓNS NA RECUPERACIÓN DA CABRA GALEGA A Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga comezou o traballo efectivo no eido da recuperación da Cabra Galega, en colaboración coa Consellería do Medio Rural.

A Cabra Galega existe dende hai máis de 3.000 anos

HISTORIA A orixe filoxenética da Cabra Galega está no representante ancestral Capra hircus aegragus, de orixe europea, que na súa forma secundaria racial derivaría no primitivo tronco pirenaico. As testemuñas máis antigas, recollidas na Cova de Pala da Vella (situada no concello de Rubiá, ao este da provincia de Ourense), documentan restos de animais domésticos coma vacas, porcos, ovellas e cabras. De forma aproximada, pódese afirmar que os restos máis antigos de cabras remóntanse ao IV milenio a. C., en pleno Neolítico. A especie cabrúa, xunto coa ovina, era a máis abundante no período prerromano. A tendenza virou posteriormente coa romanización, cando a especie bovina pasou a ser a predominante, unha situación que se mantén ata os nosos días. Ade-

Trátase dunha especie vinculada, fundamentalmente, a zonas rurais

mais dos achados arqueolóxicos, tamén queda patente a presenza de cabras nesta época polos textos de Estrabón (64 a. C.–25 d. C.), nos que se alude a sacrificios relixiosos de machos cabrúns. Na época romana, grazas aos achados atopados, queda patente que do gando cabrún aproveitábanse practicamente tódalas producións: carne, leite, esterco, pel, pelo e cornos, dado que os animais sacrificábanse entre os 2 e os 4 anos de idade. Este gando era máis importante nas vilas ca nas cidades. Dadas as súas peculiares características, sempre estivo unido a zonas rurais, sobre todo de montaña. A

Cada vez son máis numerosas as explotacións que crían exclusivamente gando CABRÚN ou de forma conxunta co ovino

súa explotación estaba moi vinculada á do gando ovino, presentándose nunha proporción de 3:1 ovino-cabrún, debido sobre todo á maior capacidade de ramoneo do cabrún e por obterse del pelo en vez de la. Os restos atopados de animais desta época reflicten que as cabras eran dun tamaño aproximado de 63 centímetros de alzada e con presenza xeralizada de cornos. Na Idade Media, o gando ovino e cabrún resulta importante sobre todo pola súa pel, xa que se utilizaba para a elaboración de calzado e vestidos. Nesa época, o curtido dos pelicos e a industria do coiro tiveron un notable desenvolvemento en Galicia. Durante os séculos XVI e XVII, Galicia presenta unhas condicións favorables para a gandería, xa que existían grandes superficies para o pastoreo e unha baixa

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 12

20/9/10 19:39:09


CABRA GALEGA

13

O macho de Cabra Galega presenta os cornos tipo prisca

densidade de poboación. Desta maneira, o censo de gando, tanto bovino coma ovino e cabrún, era elevado nas explotacións, atopándose as tres especies na maioría das ganderías. No século XVII aumentan a superficie de terreo cultivado e a poboación, polo que diminúe o terreo dedicado ao gando. O gando cabrún é o primeiro en acusar estes factores, producíndose a súa diminución, e mesmo desaparición nalgunhas comarcas, debido a que era o que presentaba máis problemas para as árbores e os cultivos. No século XIX é cando a gandería volve experimentar un claro ascenso, e neste caso benefíciase o gando cabrún. Nesta época as explotacións seguen un réxime de autoabastecemento, sendo o gando vacún o máis relevante, pero seguido en importancia polo gando ovino e cabrún. Na primeira metade do século XX, o gando cabrún experimenta un incremento e resalta polas súas excelentes calidades, como queda reflectido en distintos artigos e escritos desa época. Rof Codina, nos seus traballos sobre os concellos de Chantada, Carballedo, Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei para a elaboración da Estadística dos animais domésticos e os seus principais productos existentes en España a 31 de decembro de 1932, fai mención das características do gando cabrún que existía en Chantada:

A rusticidade destas cabras permítelles acceder a sitios difíciles na procura de alimento

Gando presente na parte montesía do concello.

As crías véndense para o consumo particular.

Os adultos véndense para os lugares de produción de viño. Aprovéitase a súa carne, cunha preparación baseada no salgado e afumado, e tamén os seus pelicos para transportar viños e aguardentes, despois dun peculiar curtido.

No xornal El Progreso do 29 de marzo de 1946 tamén aparece un artigo onde se resaltan as características das cabras e o feito de que o seu censo está a incrementar: •

Animal que aproveita pastos duros e vexetais arbustivos, inutilizables para vacas e ovellas.

Animal que se explota para leite, carne e pel.

Alta porcentaxe de partos dobres e triples.

O leite consúmese en fresco ou transformado en queixo, mesturado co de vaca (queixo do Cebreiro).

É unha especie prolífica, cunha media de 2-3 cabritos por parto

A pel emprégase para encadernacións, calzado, odres ou pelellos para transportar fariñas, viño ou aceite.

O esterco ten alto valor para a agricultura pola súa riqueza nitroxenada.

Dende mediados do século XX houbo unha regresión bastante marcada nos censos de ovino e cabrún, directamente relacionada coas repoboacións forestais. Estas deron lugar á redución importante das zonas de pasto aproveitadas polas citadas especies, quedando relegadas no caso das cabras ás zonas montañosas, onde a reforestación era máis complicada. Na actualidade o sector está a experimentar unha profesionalización, e cada

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 13

20/9/10 19:41:37


CABRA GALEGA

14

Os machos poden alcanzar ata 70 quilos de peso e 80 centímetros de alzada

vez son máis numerosas as explotacións que crían exclusivamente gando cabrún ou de forma conxunta co gando ovino, xa que resulta unha formula idónea para optimizar os recursos naturais que posúe a comunidade galega. SISTEMAS DE EXPLOTACIÓN Os rabaños de cabras en Galicia sempre estiveron ligados ás zonas de montaña, onde se explotaban en veceiras (rabaños comunitarios), normalmente de forma mixta xunto con gando ovino. Tamén existían pequenos rabaños en zonas de menor altitude, xunto con gando bovino, que servían de produción complementaria. Este tipo de explotación en veceiras xorde pola necesidade de optimizar os recursos naturais, ademais de diminuír a man de obra necesaria para o coidado do gando. Existían dous tipos de organización, un no que se lle encargaba o traballo a un pastor ou pegureiro e outro no que cada veciño se ocupaba do gando uns días segundo o número de cabezas que posuía (rolda). En canto aos sistemas de explotación, atópanse desde rabaños puramente extensivos, nos que as cabras dormen fóra nas épocas do ano que a climatoloxía o permite, ata as explotacións semiextensivas, nas que as cabras se recollen ao mediodía e á noite ou soamente pola noite, pasando todo o día fóra.

As femias teñen entre 60 e 70 centímetros de alzada

marzo, nos rabaños nos que os machos están todo o tempo coas femias pódense atopar partos distribuídos por todo o ano.

Eliminan mato, plantas leñosas e maleza en xeral. Neste sentido, axudan a previr e limitar os incendios forestais • IMPORTANCIA E PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DA RAZA • Rusticidade e alta capacidade de adaptación ao medio. Trátase dunha característica froito, sen dúbida, da propia selección natural á que se viu exposta ao longo dos anos, como consecuencia de habitar nos lugares onde escaseaban os recursos. •

Resistencia ás enfermidades maior ca noutras especies.

Axilidade, o cal lle permite acceder a lugares case inalcanzables para outros animais na procura de alimento.

Capacidade especial para dixerir celulosa, o que fai que sexa capaz de aproveitar troncos leñosos que outras especies non comen mediante o chamado ramoneo.

Alta prolificidade. A maioría dos partos son de 2 e 3 cabritos cando as condicións son favorables.

Poliéstrica permanente. Aínda que, por causas de manexo, os partos adoitan concentrarse en febreiro e

Mellora do medio ambiente no que habita. Cando se realiza o pastoreo de forma controlada, favorece o equilibrio ecolóxico, xa que realiza unhas tarefas de limpeza, eliminando mato, plantas leñosas e maleza en xeral. Neste sentido, axuda a previr e limitar os incendios forestais.

MORFOTIPO Trátase de animais de perfil recto ou subcóncavo, eumétricos e sublonxilíneos. Capa de cor vermella, aceptándose as distintas tonalidades, dende rubia ata retinta. Por rexións, podemos describir as características da raza do seguinte xeito: 1.Cabeza Cabeza braquicéfala e pequena. De perfil frontonasal recto a subcóncavo. Fronte lixeiramente abombada debido ao nacemento dos cornos. Ollos grandes e expresivos. Fuciño rosáceo. Orellas de tamaño pequeno ou medio, finas, erectas e movedizas. Presenza de barba ou perilla nos machos e menos frecuente en femias. Presenza de topete ás veces nos machos. As cornamentas son de maior tamaño en machos ca en femias, con maior predominio en arco ou aegagrus

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 14

20/9/10 19:45:10


CABRA GALEGA

15

ou íbex e en menor proporción en espiral. Aceptándose nas femias só os cornos en arco. 2. Pescozo Pescozo fino e longo en femias, sendo nos machos máis groso e forte. Frecuente a presenza de aros ou gorgueiras.. 3. Tronco Tórax amplo e ben desenvovido con costelares arqueados. Peito desenvolvido e cruz lixeiramente destacada. Liña dorsolumbar rectilínea ou levemente enselada. Cruz dos cadrís curta e lixeiramente caída. Ventre voluminoso e recollido, sobre todo nos machos. A cola é curta e ergueita. 4. Ubre Ubre recollido e ben implantado, recuberto de pilosidade, con tetos ben diferenciados e pequenos. 5. Extremidades Membros finos con articulacións fortes e marcadas e tendóns robustos. Bos apromos. Pezuños fortes. 6. Capa Capa completamente uniforme, de cor vermella con distintas tonalidades, dende o rubio ata o retinto. O pelo é curto e brillante nas femias e de lonxitude media nos machos. Sen embargo, en ocasións aparecen no mesmo animal variacións de lonxitude nalgunhas rexións corporais (raspil, calzón), sobre todo nos sementais. A pel é forte e elástica.

A capa é uniforme, en vermello de distintas tonalidades

O característico das femias son os cornos en arco

ción de carne, destacando neste sentido a venda de cabritos leitóns con pesos de 10-12 quilos, alimentados só con leite das nais, ou cabritos un pouco maiores, de 3-4 meses, con maior peso en canal e cebados xeralmente a base de cereal. DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA E SITUACIÓN ACTUAL A distribución xeográfica destes animais é, principalmente, polas zonas de montaña das provincias de Lugo e Ourense, destacando neste sentido as zonas dos

Ancares e O Courel, en Lugo, e as serras da Baixa Limia e de Queixa, en Ourense. O Catálogo oficial de razas de ganado de España inclúe dende hai uns anos a Cabra Galega no grupo de razas autóctonas de protección especial en perigo de extinción. Co obxectivo de tentar recuperar esta raza, dende Boaga estanse a realizar unha serie de traballos de prospección e marcaxe dos animais que cumpren co estándar racial, así como un rexistro das ganderías onde se atopan estes animais.

A maioría dos partos son de 2 e 3 cabritos cando as condicións son favorables. Adoitan concentrarse en febreiro e marzo

7. Alzada e peso Dependendo do sistema de explotación e manexo aplicados, estímase que o rango medio de peso e alzada nas femias atópase nos 40-50 quilos e 60-70 centímetros e nos machos, nos 55-70 quilos e 70-80 centímetros. CARACTERÍSTICAS PRODUTIVAS O obxectivo principal e case único da explotación da cabra galega é a produ-

A Cabra Galega ten unha alta capacidade de adaptación ao medio e unha resistencia ás enfermidades maior cá doutras especies

As explotacións poden ser extensivas ou semiextensivas, alternando as estancias no monte con períodos de estabulación

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 15

20/9/10 19:45:18


16

BOVINO

AS ASOCIACIÓNS DE CRIADORES NO PROGRAMA DE CONSERVACIÓN, RECUPERACIÓN E FOMENTO DAS RAZAS MORENAS GALEGAS (*) José Ramón Justo DIRECTOR DE BOAGA (*) Extracto do seu discurso de ingreso na Real Academia de Ciencias Veterinarias Existen en Galicia 1.000.000 de cabezas de gando vacún, concretamente 922.572 cabezas, das cales 578.755 son vacas, animais de máis de dous anos, segundo os últimos datos da Consellería do Medio Rural. Se somos 2.784.169 galegos, tocamos a 0,20 vacas por galego. Poucas son, tranquilos, están atendidas por 47.163 gandeiros, que son os que posúen unha explotación gandeira en Galicia, correspondéndolles 12,27 vacas a cada un. Os que están ou estiveron relacionados co campo galego, creo que moitos dos presentes nesta sala, recordan una expresión no campo que soa foneticamente como “wou” ou “wou vaca”, usada polos noso gandeiros en xeral para mandar deter ou quedar quieto a un animal, pero só aos da especie bovina. Ese termo provén da protohistoria do vocablo indoeuropeo “gwou”, que significa vaca. Un bo amigo, amante das razas autóctonas asturianas e das tradicións astures, Antón Álvarez Sevilla, contaba cómo un gandeiro, co seu pequeno tractor novo recén mercado, non o daba detido e faláballe gritando: ”Wou, maquinaria, wou”. Durante tempos creo que xa pasados, ou non, as administracións, tamén de forma figurada, dicían “wou” a todo o referido ás razas autóctonas. As razas, incluídas dentro da zootecnia como ciencia que estuda as razas de gando, teñen unha definición e concepto complexos. En todo caso, o termo sempre se refire a especies domésticas,

non existen razas nas especies salvaxes. É dicir, no concepto de raza aparece implicado o home como criador de gando. Temos así tres elementos claves no concepto de raza animal: 1. Domesticación das especies. 2. Intervención humana mediante a selección artificial na especie doméstica. 3. Control humano de recoñecemento de razas e a súa xestión. O futuro dun estado, e da humanidade, vai depender de cómo hoxe poidamos comprender e entender o desenvolvemento de políticas e actuacións para producir alimentos de forma sostible, é dicir, producir sen esquilmar.

Os gandeiros e agricultores, dende sempre, conservaban o capital (terras, gando) e só retiraban os intereses producidos (carne, leite, froitos). Non se podían permitir outra forma de produción, e non podía ser máis sostible ca esta. Os recursos xenéticos animais (RXA) son a base da produción de alimentos proteicos, e na actualidade a diversidade destes recursos está a desaparecer, quedando limitadas as opcións para lograr una gandería sostible. A propia demanda do mercado e a necesidade do gandeiro de aumentar a produción provocan o abandono ou a desaparición de varias razas.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 16

23/9/10 19:38:47


BOVINO

Só 40 especies domésticas son as que producen o 50% do valor total da produción agraria. A diversidade xenética animal permitiralles aos gandeiros futuros adaptarse a novas condicións ambientais, enfermidades nutricionais ou muda de gustos dos consumidores, ou o desenvolvemento de novas razas como resposta a estas condicións cambiantes. No mundo desenvolvido, a gandería comercial está baseada en poucas razas, seleccionadas para a produción intensiva de leite, carne, etc., pero a partir de elevadas necesidades enerxéticas, baseadas en achega de pensos e condicións ambientais moi reguladas. Podemos dicir que son “ferraris” que necesitan gasolina de alta octanaxe para poder funcionar e, ao igual que sucede cos Fórmula 1, unha pequena variación en rodas, chuvia ou calor leva a perder a carreira ou o campionato mundial. Unha pequena variación nestas razas, no contido en proteína ou fibra nos pensos que reciben, pode ocasionar patoloxías metabólicas ou, simplemente, que deixen de producir. A poboación urbana é perfectamente consciente da conservación de especies salvaxes (osos, lince, aguias, etc.), pero é unha perfecta descoñecedora das especies domésticas e das súas razas. O profesor do CEU, especialista en Etoloxía, Federico Guillén-Salazar fala do síndrome de Walt Disney, a imaxe que nos inculcou e inculca a factoría Disney de que os animais salvaxes son todos bos, e que se poden tocar sen que nos fagan dano. De feito, cando un animal ataca a unha persoa é noticia, cando o normal é, a noticia sería, que unha persoa atacara a un animal. Así pois, non existen as razas no ámbito das especies salvaxes, só no eido das especies domésticas, o que explica a influenza humana na creación de razas ligada a domesticación. Todas estas razas constitúen un pool de diversidade gandeira, de diversidade de formas de producir e de diversidade de produtos, e constitúen a esencia da diversidade de culturas.

Os recursos zooxenéticos, xa se utilicen na explotación agropecuaria, na cría convencional ou na enxeñería xenética, constitúen un patrimonio mundial de inestimable valor. A perda de diversidade xenética baixa a nosa capacidade para manter e mellorar a produción e produtividade pecuaria e a agricultura sustentable, e reduce a aptitude para facer fronte a novas condicións. A conservación da diversidade xenética é esencial para garantir a seguridade alimentaria e facer fronte aos desafíos do futuro. Esta é a razón pola que a FAO iniciou, hai xa anos, un Programa Mundial para a Ordenación dos Recursos Xenéticos dos Animais de Granxa

17

do 28 de xaneiro de 1992 de protección das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción (DOG 14/02/1992), de acordo co Plan Integral de Mellora Xenética do Gando Vacún de Galicia. A primeira orde de axudas aos gandeiros, parte fundamental dos programas de recuperación. RAZAS AUTÓCTONAS MORENAS GALEGAS O nome de morenas galegas está intimamente ligado ao de raza morena do Noroeste, nome (así, en singular) que aparece por primeira vez, segundo Sánchez Belda (1984), no Censo Oficial de Razas de 1970. Neste censo agregábanse a continuación, e entre parénteses, unha serie de nomes que correspondían a aquela raza, que son: Alístano-sanabresa, de Zamora; Mantequera leonesa, hoxe desaparecida; Sayagüesa, de Zamora; Cachena, Caldelana, Frieiresa, Limiana e Vianesa. Así pois, e como simplificación, denominamos morenas galegas as razas cun común asentamento xeográfico (Galicia).

Para Zorita et al. (1995), “As políticas agrarias e gandeiras inadecuadas levaron a moitas administracións e institucións científicas a buscar novas formas de produción sen degradar o medio ambiente, é dicir, á agricultura sustentable. Hai un clamor mundial a prol das razas e variedades locais e en defensa das formas tradicionais de explotación animal e vexetal que, no fundamental, se consideren correctas”. Este cambio de actitude, no caso concreto da gandería, obriga a dirixirse cara ás razas autóctonas, ao estar perfectamente adaptadas á nova situación. Galicia, e concretamente Ourense, é unha das áreas da Unión Europea con maior riqueza en razas autóctonas das distintas especies, que se atopan adaptadas a un medio especial. En Galicia, no ano 1991, ponse en marcha o Plan Integral de Mellora Xenética (PIMX), aparecendo no ano 1992 a Orde

Subliñar que na Orden de 30 de julio de 1979 por la que se establece el Catálogo Oficial de Razas de Ganado de España, publicada no BOE do 9/08/1979, aparece como raza bovina en estudo e observación a raza Verinesa, que de seguro que se trataba dunha raza a medio camiño entre as razas Frieiresa, Vianesa e Limiá. No seguinte catálogo de raza desaparece esta denominación racial, non existindo na actualidade. Raza Cachena Orixinaria de Olelas, parroquia da Illa, no concello de Entrimo, hoxe está espallada por toda a xeografía galega, como máis tarde veremos, e incluso en Estremadura e no País Vasco. Non sabemos con exactitude a orixe do nome de Cachena, xa que, mentres nas outras catro razas si que o nome está ligado a unha situación xeográfica, na Cachena non sucede así. Alúdese a termos como “pisca”. Xosé Afonso Álvarez Pérez, na súa tese de doutoramento O léxico da vaca. Nomes baseados no físico (2008) defíneo así: ”De cornaxe ben presentada”. Asemade ma-

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 17

20/9/10 19:46:39


18

nifesta: “O verbo piscar existe na lingua para a acción de chiscar os ollos, posiblemente unha formación fonosimbólica sobre unha base p/b-sk, expresando esa idea de movemento rápido. Desde aí produciríase unha deriva semántica cara a significados do tipo “estar cego, chosco ou virollo”, que explica ben unha posible aplicación ós cornos cunha dirección particular”. Tamén di que o termo ”concéntrase sobre todo no sur, especialmente no terzo inferior de Pontevedra, con especial relevancia ó longo da fronteira con Portugal”. Outro termo aludido por diversos autores é “galluda”, ou tamén “galleira”, unha derivación a partir do nome dun instrumento agrícola, a galla, caracterizándose así estas vacas como de “cornos moi grandes”. Así, na tese do doutor Xosé Alfonso Álvarez lese: “Localizamos diferentes testemuños que confirman o uso deste adxectivo para a morfoloxía dos cornos, especialmente para indicar os trazos “grande” e “orientado cara arriba”. Temos “galludo” en Eladio Rodríguez: “1. Aplícase al buey o a la vaca de cuernos grandes y muy abiertos hacia lo alto”. Sobre o termo “galleira“ di: “No que respecta á forma en feminino, galleira, Otero (1977) defínea como “vaca que abre los cuernos”, mentres que Eladio Rodríguez dá unha explicación moi similar á de galleiro: “Denominación que se da a la vaca que tiene los cuernos galludos”. A denominación final de Cachena é o nome oficial da raza. Sobre este termo, Álvarez di na súa tese: “En varias fontes aparece un verbo cachenar, “escachizar” (máis frecuente, con prefixo: escachenar), e tamén existe cacheno como substantivo, “anaco dunha cousa”. Atopamos este adxectivo en Rivas Quintas (1988), s.v. Cachena, non para se referir explicitamente ós cornos da vaca, aínda que si a unha raza de vaca que os ten como unha das características máis salientables: “Raza de vacas de pequeña alzada y cuernos en forma de lira, de las sierras de Santa Eufemia y O Quinxo, Entrimo (Raia Seca)”. Sánchez Belda (1984) di que o seu aspecto sitúaa no tronco Cántabro, pero pola suá cornamenta suponlle outra ascen-

BOVINO

dencia, quizais da subespecie Bos taurus mauretanicus, do norte de África. A raza Cachena, ó igual que a Maremmana italiana, pode ter segundo outros autores unha orixe podólica, do grupo de vacúns grises derivados do uro que existían na rexión de Podolia, en Ucrania, e que polas invasións bárbaras chegaron a Italia no século V e cruzáronse co gando local, dando lugar á raza Maremmana. Outros autores (Ciani e Matassino, 2001), negan a orixe podólica das razas grises italianas, evidenciando que os bovinos macróceros (con cornos amplos) están documentados na rexión mediterránea dende o Neolítico, vivindo xunto co seu antepasado bravo Bos primigenius. Nas representacións pictóricas e plásticas exipcias e minoicas vense rasgos parecidos aos do gando macrócero de hoxe, caso dos maremmanos ou das razas españolas coma a Cachena, que mostra unha encornadura moi parecida á Maremmana. Tamén en Italia existen representacións, sobre todo etruscas, de gando macrócero, coma os frescos da tumba dos touros de Caere (Cerveteri, na Maremma lacial), o Askos villanoviano do museo de Tarquinia, tamén na Maremma lacial (século VIII a.C.) ou a cabeza taurina do museo de Vetulonia (na Maremma toscana). Quedaremos coa descrición que fai Javier Prado Rodríguez, Lameiro, veterinario e xefe provincial de Gandería de Ourense, que dicía a principios de século: “Vaquita liliputiense, rústica, que vive en libertad en pastoreo constante en las montañas del ayuntamiento de Entrimo y que, aparte de su diminuta talla, ofrece como signo característico una franja a lo largo de la cara de coloración más baja que el resto de su capa castaño oscura y unas líneas negras alrededor de los ojos como si la res llevase gafas de gruesa montura”. Raza Caldelá Animais orixinarios da comarca de Terra de Caldelas, con exemplares atopados nas áreas limítrofes de Lugo, a Serra do Courel e O Cebreiro, de onde partían as xentes antano a buscar os famosos “bois caldelaos”, extraordinarios animais de tiro que tamén eran solicitados nas terras de Valdeorras e O Bierzo.

Con xatos ó nacemento de cor castaño, rabicano negro, como carácter etnomónico da raza, que paseniñamente torna a súa cor a negro peceño, sendo esta unha característica que nos fai encadrala no tronco castaño, coa cúpula na bolsa testicular común a todas as razas deste tronco. A cor negra da súa capa distínguea perfectamente do resto das razas morenas galegas. Raza Frieiresa Toma o seu nome da zona chamada das Frieiras, nome derivado do vocábulo frieira, que en castelán sería “sabañón”. Abrangue os termos do concello da Mezquita (Ourense), xunto cos núcleos de O Canizo e O Tameirón, no concello da Mezquita. O fleco ou tupé na súa testa distingue peculiarmente a esta raza. De cor castaño, encádrase o seu lugar de orixe limitando co da raza Vianesa. Raza Limiá Orixinaria da comarca da Limia. Pasan por ser os xigantes rexionais da especie bovina. Raza de gran formato, produto da cría de exemplares nunha comarca de grande actividade agraria. E gran raza exportadora. Os bois limiaus eran exportados e comercializados en Madrid e no País Vasco. Raza Vianesa Toma o seu nome da comarca de Viana do Bolo (Ourense). É unha das razas máis queridas polos criadores antergos, xa que foi da que máis exemplares se atoparon nos inicios dos programas de recuperación. Xunto coa raza Caldelá, compite polo segundo posto en censo das morenas galegas, detrás da raza Cachena. SITUACIÓN ACTUAL E FUTURO DAS RAZAS AUTÓCTONAS Os primeiros censos de razas autóctonas bovinas en perigo de extinción corresponden ao ano 1991, elaborados en colaboración cos veterinarios das campañas oficiais de saneamento gandeiro. Recolléronse datos de 355 vacas en 242 explotacións, unha media de 1,47 vacas/ explotación.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 18

20/9/10 19:46:46


BOVINO

Esta recopilación de datos coincide co punto de partida do programa de recuperación, que tería sido imposible sen as axudas contempladas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria a través do Plan Integral de Mellora Xenética do Gando Vacún en Galicia (PIMX). Estas axudas vehiculáronse mediante a publicación anual da Orde de protección do gando bovino autóctono de Galicia en perigo de extinción, a partir do ano 1992.

Estoutro gráfico recolle o número de criadores rexistrados a aquela altura.

Só estaban localizadas16 vacas de raza Frieiresa e 30 e 33, respectivamente, de Caldelá e Limiá, sendo o número de reses máis importante o da raza Vianesa, unha raza moi querida polos gandeiros e nunha zona gandeira importante, as Terras do Bolo.

Existía, pois, xa unha media de 6,71 vacas por criador, media moi baixa pero infinitamente superior á de 1 vaca por casa do ano 1993, con picos inferiores de 4,85 en Frieiresa e de 11,04 en Cachena.

No rexistro das razas situado no Centro de Fontefiz, o 62% dos gandeiros estaban xubilados ou con idade próxima á de xubilación.

19

dos criadores, un total de 105 en toda Galicia, cun 99% na provincia de Ourense. Esta situación vai evolucionando ata o ano 2008, con datos consolidados de 2.660 nacementos rexistrados, un incremento do 729% en nacementos e 2.470 recrías femias feitas, un 1.716% máis ca no ano 1999. O mapa de distribución de morenas galegas por concellos no ano 2009 varía substancialmente respecto do anterior.

No seguinte mapa podemos ver a distribución de razas autóctonas polos concellos de Galicia.

A media de vacas autóctonas por explotación era de 1,08, cunha idade media de 10,94 anos. O 67% das explotacións só tiña unha vaca autóctona. No ano 1992, dos 181 gandeiros rexistrados só tramitaron axudas 66, o 36,4%. Unha proporción moi baixa que non se debeu ao diñeiro destinado, que en euros contantes era superior ás axudas de hoxe. Había reticencias por parte dos gandeiros. Centrémonos a partir do ano 1999, ano de creación das asociación de criadores, coa salvedade de subliñar o labor feito polo Centro de Fontefiz a partir da restruturación dos servicios veterinarios oficiais, no ano 1994, a pé de campo cos gandeiros. As asociacións recollimos os froitos xa encarrilados. A situación dos censos de vacas das cinco razas no ano 1999 reflíctese no seguinte gráfico.

Se miramos o número total de vacas de carne por concellos (datos da Consellería), observamos que as autóctonas coinciden na distribución en Lugo, pero en Pontevedra e Ourense predominan as morenas galegas. Había unha preponderancia nas zonas de montaña de Ourense e tímidas manchas na Coruña (Curtis, Porto do Son e Sobrado), Pontevedra (Lalín) e Lugo (Triacastela, Folgoso do Courel e O Corgo). O persoal das asociacions de criadores era de 1 veterinario a tempo completo, realizando este todos os labores: de campo, administrativos, de xestión de axudas e da xestión propia das cinco asociacións. Contábase coa axuda do persoal de Fontefiz. Sen eles, o traballo non tería sido posible. Participaron das axudas o 100% dos criadores, con 321 nacementos en pureza rexistrados e 136 recrías de femias feitas. Visitouse persoalmente ao 100%

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 19

20/9/10 19:53:55


BOVINO

20

A nivel provincial, podemos dicir que Ourense se converteu nunha provincia exportadora de gando de razas autóctonas, e que case todas as razas se atopan nas catro provincias, con pequenas excepcións. Nos seguintes mapas podemos ver as distribucións raza por raza. CACHENA 2009

CALDELÁ 2009

LIMIÁ 2009

En Ourense existen un total de 21.098 vacas de aptitude cárnica, das cales 1.804 son autóctonas (datos da Consellería do ano 2006). É dicir, preto do 10% son morenas galegas, algo impensable hai 10 anos. O incremento dos censos, pasando de 812 vacas no ano 1999 a 3.724 no ano 2008 (unha suba do 358,62%) evidencia o bo traballo feito polos gandeiros e as súas asociacións e as axudas da Administración galega.

FRIEIRESA 2009

VIANESA 2009

O gasto efectuado dende o ano 1999 ata o 2008, en forma de axudas recibidas polos criadores de morenas galegas, foi de 5.546.926.41 euros, unha media de 554.692,64 euros/ano. Dende o inicio dos programas de conservación, no ano 1991, a cantidade percibida por todos os gandeiros participantes no programa foi de 5.939.972,54 euros. Nótase, polo tanto, unha grande aposta dende o ano 1999 ata o 2008. Se hoxe, dos 2.784.169 galegos que somos, restamos os nenos, os maiores de 65 anos e os que non teñen traballo, quedarían 1.500.000 galegos activos. Pois se lles pediramos que pagasen hoxe o programa de conservación das súas ra-

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 20

20/9/10 19:54:05


BOVINO

21

zas autóctonas, tocarían a 3,59 euros por persoa. Se dividimos estes cartos entre os 17 anos de programa, resulta que investiron 0,23 céntimos ao ano dos seus impostos no programa in situ de conservación de razas autóctonas. Sumando todos os gastos inherentes ao programa (asociacións de criadores, gastos do Centro de Fontefiz, soldos, gastos do Banco de Xermoplasma, gastos de feiras, etc.), non se chegaría ao custo dun café ao ano por cada galego activo. Son datos para a reflexión. FUTURO E REFLEXIÓNS O futuro esta xa aquí. Cada ano e case cada día son discutidas as axudas que perciben os gandeiros. Se vemos os datos públicos de beneficiarios de axudas da Política Agraria Común Europea (PAC) no ano 2008 en todo o Estado español, o máximo perceptor, con 32.028.072,30 euros, no é un gandeiro, é unha azucareira. Seguro que as merece, se non non as podería cobrar. Non poden, nin queren, vivir os gandeiros das axudas exclusivamente. Queren vivir do seu traballo, traballo non recoñecido e non valorado socialmente. Pero debemos reflexionar sobre se os gandeiros e agricultores son necesarios ou non. Ao viaxar, un vai observando con ollos atentos o que discorre ao seu redor. A xente, as edificacións, os monumentos, a paisaxe sobre todo, ese mosaico multicor coma un cadro en movemento. A paisaxe está formada por cultivos, bosques, praderías, cidades, etc. Pero esa paisaxe que está entre cidades está feita polos gandeiros e agricultores, está metaforicamente pintada por todos eles. Así, se falta o pintor vén a monocromía, a non diversidade, e xa non nos gosta tanto. Ao visitar, por exemplo, Suíza, un pensa que é un país de mentira, esas paisaxes de prados e bosques case milimetricamente deseñadas parece que son unha postal. Pero é verdade, en Suíza a agricultura e a gandería son unha prioridade nacional, e invístense fondos procedentes do turismo na gandería e na agricultura. Nos pintores.

Se concluímos que os pintores da natureza son necesarios, e cada día máis pintores da biodiversidade deixan a súa actividade, como así sucede, non deben estar tan suvencionados como din, tontos serían ao marcharse, e tampouco hai filas de xente chamando ás portas das consellerías de Agricultura do Estado para seren gandeiros e agricultores. Debemos reflexionar sobre se deixar en mans de países alleos, sen poder controlalos, a produción de alimentos para nós. Porque un país cheo de xestas e toxos non é un país pobre, é un pais de millonarios. Non fai falta, pero é bo recordar a historia para non repetir os erros. Nos seus inicios, a PAC europea, despois da guerra mundial, foi planificada para garantir a seguridade alimentaria, que non é outra cousa que ter a seguridade de ter comida, de alimentarse: a primeira necesidade do ser humano, xa explicitada por Maslow na súa obra Una teoría sobre la motivación humana (1943). Os gandeiros das razas morenas están a traballar para o futuro, cunhas accións concretas de cara á calidade das súas producións. 1. Teñen identificados por ADN todos os reprodutores, como inicio dun

2. 3.

4.

5.

6.

programa de trazabilidade das súas producións. Participan, case nun 70%, e nalgúns casos no 80%, en programas formativos da súa empresa gandeira. Teñen en marcha dous proxectos de investigación, co INIA e coa Consellería de Industria, para coñecer a composición da carne producida e a maneira de producir carne a custos razonables. Son conscientes de que a mellor carne non ten por que ser a máis cara. Por iso, sempre buscan a maneira de usar o medio ao seu redor para producir máis barato. Crearase, a través de Federapes, unha marca de garantía que lles permitirá identificar a carne aos consumidores. Seguirase aplicando a extensificación da produción gandeira, abranguendo máis territorio, como método de producir máis barato e diminuír a incidencia de incendios.

Xa para rematar, recordo o que algún que outro gandeiro me dicía nos meus anos de campañas de saneamento gandeiro: “Queren acabar con nós!”. Hoxe, dende a miña modesta posición, en todo o que poida, direi: “Vailles custar!”.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 21

20/9/10 19:54:13


22

OVELLA GALEGA

O Proxecto FEADER 2008/19 de ovella galega chega ao seu reMATE No ano 2008, Boaga solicitou o Proxecto Feader 2008/19 Caracterización produtiva e calidade da canal e da carne dos cordeiros da raza Ovella Galega sometidos a distintos sistemas de manexo, que foi aprobado nese ano e que vén desenvolvéndose dende entón. Este Proxecto está financiado pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino e Feader, contando como entidades participantes coa Federación de Autóctonas de Galicia-Boaga, a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). Este ano estase a realizar o procesado, interpretación e transferencia de todos os resultados acadados. Con tal motivo, o día 12 de xuño de 2010 tivo lugar a I Xornada Divulgativa sobre a carne da raza Ovella Galega, na 33ª edición da Feria Internacional Semana Verde de Galicia, na que se presentou aos criadores da raza e ao público en xeral a carne da raza Ovella Galega, realizando unha descrición das súas características, dende o nacemento do cordeiro ata o

produto final, é dicir, a súa carne. Esta xornada tivo un grande impacto, aparecendo en diversos medios de comunicación tanto escritos como de televisión. Esta tarefa de divulgación continuou na II Xornada Divulgativa sobre a carne da raza Ovella Galega, que tivo lugar o día 22 de xuño de 2010 no Hotel AC Vila de Allariz, no que se presentou un menú degustación realizado polo prestixioso cociñeiro Flavio Morganti. Nesta ocasión puídose valorar obxectiva e subxectivamente a produción da Ovella Galega como un produto diferenciado. A carne presentada procedeu de cordeiros inscritos no Libro Xenealóxico da raza, criados na montaña de Maceda (Ourense) coa súa nai. Ademais, contamos cunha exposición de animais da raza nos xardíns do hotel, para que os asistentes puidesen admirar in situ as características morfolóxicas da Ovella Galega, todo isto grazas á colaboración do presidente de Asovega, Lisardo López Blanco. O menú degustación, realizado polo prestixioso cociñeiro Flavio Morganti, contou cos seguintes pratos:

Exposición dos animais da raza no Hotel AC Vila de Allariz

• • • • • • • • • • • • • • • • •

I Xornada divulgativa sobre a carne de Ovella Galega, na Semana Verde

Crema de caldo galego con ovella. Raviolo recheo de cordeiro con crema de queixo do país. Pasta con salsa boloñesa de cordeiro. Croquetiña de cordeiro. Albóndigas de cordeiro leitón con timo. Espeto con patacas. Fritura fina de cordeiro. “Lamb burger”. Paletilla asada á menta. “Roast lamb“. Figadiño encebolado. Riles á borgoñesa. Chuletiña “queimadedos”. Cordeiro tradicional. Costelas de cordeiro asadas. “Celtic stew”. Salteado de cordeiro con finas herbas. Xamóns de cordeiro asados e cortados en sala polo chef.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 22

20/9/10 19:57:52


OVELLA GALEGA

23

O conselleiro do Medio Rural, na II Xornada Divulgativa de Ovella Galega

Allariz

Público asistente á II Xornada Divulgativa de Ovella Galega en Allariz

O cociñeiro Flavio Morganti, cunha das súas elaboracións de carne de Ovella Galega

Nesta ocasión contouse coa presenza no acto do conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez. Entre os máis de 200 asistentes atopabánse autoridades, gandeiros, críticos gastronómicos e público especializado. Esta xornada tamén tivo o seu reflexo na prensa, tanto a escrita coma a televisiva,

o cal axuda a dar a coñecer a raza e as súas características.

nos Aires – Argentina; 10, 11 e 12 de novembro do 2008.

A maiores, deste proxecto emanaron numerosos traballos científicos que foron ou van ser presentados en congresos internacionais e nacionais, coa finalidade de difundir os resultados obtidos en foros científico-técnicos:

1.- Estudo do crecemento dos cordeiros da raza Ovella Gallega: desde o nacemento ata os 45 días.

IX Simposio Iberoamericano sobre Conservación y Utilización de Recursos Zoogenéticos. Mar de Plata - Bue-

2.- Caracterización das canais e estudo do despece de cordeiros da raza ovina gallega: resultados preliminares. 3.- Caracterización da carne de cordeiros da raza ovina galega.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 23

20/9/10 19:58:00


24

OVELLA GALEGA

Cordeiro

1.- Parámetros fisicoquímicos e de aminoácidos en carne de cordeiros da raza Ovella Galega sacrificados a 90 días. 2.- Perfil de ácidos graxos en carne de cordeiros de raza Ovella Galega sacrificados a 90 días. Carneiro

VII Congreso Ibérico sobre Recursos Genéticos Animales. Gijón; 16, 17 e 18 de setembro do 2010. 1.- Parámetros de crecemento e canal de cordeiros de raza Ovella Galega sacrificados a 45 días. 2.- Características fisicoquímicas e perfil de ácidos graxos e aminoácidos na carne de cordeiros de raza Ovella Galega sacrificados a 45 días.

XXXV Congreso de la Sociedad Española de Ovinotecnia y Caprinotecnia. Valladolid; 22, 23 e 24 de setembro de 2010. 1.- Parámetros de crecemento e características da canal de cordeiros da raza Ovella Galega a distintas idades de sacrificio. XI Simposio Iberoamericano sobre Conservación y Utilización de Recursos Zoogenéticos. João Pessoa – Paraíba - Brasil; 17, 18 e 19 de noviembre de 2010.

Dado que Asovega asiste a numerosas feiras durante o ano, realizáronse trípticos específicos sobre os resultados máis relevantes do Proxecto, os cales estiveron presentes nas xornadas, coa finalidade de acadar unha difusión maior entre o público en xeral. CARACTERÍSTICAS DA RAZA • Alta fecundidade e prolificidade, excelente instinto maternal. • Animais de pequeno tamaño, proporcións equilibradas, laúdos, de cor branca e negra. • Aptitude principal: produción de carne.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 24

20/9/10 20:00:38


OVELLA GALEGA

• •

25

Rusticidade: perfecta adaptación ao medio natural, aproveitamento idóneo dos recursos naturais. Raza autóctona en perigo de extinción.

FINALIDADE DO PROXECTO • Caracterización da raza e das súas producións. • Investigación das características diferenciadoras con respecto a outros produtos. • Revalorización da súa produción e obtención dun distintivo de calidade. METODOLOXÍA DO PROXECTO LOTE A: Animal macho, amamantado pola ovella con leite materno ata a idade de sacrificio (45 días). n=10. LOTE B: Animal macho, amamantado pola ovella con leite materno ata a idade do sacrificio (60 días), suplementado a partir de 45 días con concentrado e herba ad libitum. n= 10. LOTE C: Animal macho, amamantado pola ovella con leite materno ata a idade de sacrificio (90 días), suplementado a partir de 45 días con concentrado e herba ad libitum. n=10. Caracterización da canal • Valoración de conformación e estado de engraxamento da canal. • Cálculo de rendementos e toma de medidas da canal. • Despece e categorías comerciais.

Crías de Ovella Galega

Caracterización da carne • Análise físico-química da carne: pH, CRA, composición química (proteína, graxa, cinzas e humidade), hidroxiprolina, minerais e textura. • Perfil de ácidos graxos e aminoácidos da carne. • Calidade microbiolóxica da carne. • Calidade sensorial da carne. RESULTADOS DO PROXECTO

CRECEMENTO DOS ANIMAIS Pesos medios dos cordeiros segundo lotes (en kg) Peso nacemento

Peso sacrificio

GMD

45 días

3,08

12,14

0,2013

60 días

2,97

13,05

0,1681

90 días

2,67

12,83

0,1129

Canal

Características da canal • Alto rendemento comercial (54%). • Alta porcentaxe en categorías comerciais de 1ª e 2ª. • Alta tenreza. Carne pouco graxa.

Longissimus dorsi

Características físico-químicas da carne • Alto contido en minerais (P, Zn, Cu). • Proteína de alta calidade. • Graxa de calidade: alta porcentaxe

de ácidos graxos insaturados (55%); axeitada relación omega 6/omega 3= 2/1. Características sensoriais da carne • Olor e sabor agradables. • Xugosa e tenra.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 25

20/9/10 20:00:46


26

eNTREVISTA

CÁSTOR RIVERO DIRECTOR DO CENTRO DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS DE GALICIA

“SERÁ POSIBLE TER UNHA MARCA DE CALIDADE PARA OS PRODUTOS DE RAZAS AUTÓCTONAS” O veterinario Cástor Rivero leva un ano á fronte do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, no Pazo de Fontefiz (Coles, Ourense). Desde alí coordina os programas e estudos para a conservación da riqueza xenética que supoñen as razas de gando autóctonas. Rivero, nacido no concello de ourensán de Ramirás, vén traballando no Centro desde 1994 e xa fora director entre os anos 1998 e 2003 e durante o 2005.

Cástor Rivero, na entrada do Pazo de Fontefiz

_¿Como se lle explicaría a utilidade deste centro a unha persoa que descoñeza a súa existencia? _O centro foi fundamental na recuperación dos nosos recursos xenéticos animais autóctonos. Empezouse con vacún a finais dos 80, cando os censos empezaron a ter uns números alarmantes. Os números máis baixos nos censos acadáronse no ano 94, cando a penas contabamos con 240 reprodutoras entre as cinco razas (cachena, caldelá, vianesa, frieiresa e limiá) nos rabaños propiedade dos gandeiros. A partir desa data empezaron a medrar e unha porcentaxe altísima de femias destas razas procede dos rabaños fundacionais que se manteñen en Fontefiz. En canto a machos, desde 1994 para acó non houbo ningún touro

que se incorporara aos programas de conservación que non saíse do Banco de Xermoplasma ubicado no propio Centro. É dicir, que se non fora por Fontefiz, sería practicamente imposible a recuperación do bovino autóctono. Unha vez que os censos das vacas empezaron a aumentar, empezouse a traballar con outras especies autóctonas: porcino, ovino, cabalar, galiñas, e agora tamén coa cabra. _¿En que situación están neste momento as razas autóctonas de bovino? _En bovino hai dúas épocas fundamentais. Por un lado, ata o ano 99, en que o traballo de recuperación asumíao a Administración. A partir do 99 créanse as asociacións de criadores e a Adminis-

tración pásalles a elas parte do traballo. Son as que empezan a xestionar os libros xenéticos, primeiro como entidades colaboradoras e despois como entidades responsables, cuns resultados que conduciron a unha situación actual que podemos considerar como moi boa. _¿Como se reflicte a evolución en cifras? _É altamente positiva para tódolos parámetros relacionados coa recuperación. No ano 92, a media de vacas [de razas autóctonas] por explotación era de 1,2 e a media de idade dos gandeiros, de 62 anos. Na actualidade, a idade media dos gandeiros anda sobre os corenta e tantos anos e o número medio de cabezas por explotación é de 27,7. Isto é funda-

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 26

20/9/10 20:01:04


ENTREVISTA

27

“As razas autóctonas forman parte do noso patrimonio. Igual que conservamos un muíño ou unha ponte, temos a obriga de manter isto para futuras xeneracións, e só por iso é necesario o Centro”

mental, porque consideramos que, para que as explotacións de gando autóctono poidan ser economicamente viables, o seu tamaño debe ser suficientemente grande. Pasamos de 35-50 explotacións colaboradoras ás 380 da actualidade. E seguen aumentando, non só os gandeiros, senón tamén o número de animais, que xa está próximo ás 9.000 cabezas para o conxunto das cinco razas. _¿Cal é a relación que se establece entre o centro e as explotacións? _No caso do gando bovino foi total. Era o Centro o que promovía todas as actividades de recuperación, incluso eramos nós os que tramitabamos as axudas. Desde 1999, o Centro o que fai é coordinar e controlar as actividades das asociacións, aparte de manter os rabaños fundacionais de bovino, a unidade de recuperación da Galiña de Mos e o Banco de Xermoplasma. Os rabaños fundacionais son moi importantes, porque é fundamental a xestión xenética dos rabaños para evitar os problemas orixinados pola consanguinidade. Con cruzamentos dirixidos mantemos un nivel de consanguinidade moi baixo, e a política de cesións de femias tamén persegue evitar a consanguinidade. As cesións nútrense de animais que xa teñen a descendencia asegurada nos rabaños fundacionais e, polo tanto, poden ser cedidos ou vendidos. Baixo estas premisas tamén xestionamos a venda de sementais para usalos en monta natural nas explotacións. _¿O Banco de Xermoplasma úsase para inseminacións artificiais? _ O banco de seme é un banco de seguridade, por se houbera unha catástrofe, para poder tirar de aí para recuperar unha raza. Nós a inseminación artificial usámola nos rabaños fundacionais, para manter a variabilidade xenética, pero a recuperación fóra do Centro vai ligada a unha filosofía de produción, a

O director do Centro, no laboratorio

gandería sostible. Nós intentamos que os nosos gandeiros asuman esa filosofía como propia, aproveitando os recursos naturais e xestionando o entorno. O feito de críar gando autóctono supón criar animais que están adaptados ao medio, que resisten as enfermidades, que coñecen o terreo e a climatoloxía... En suma, que aproveitan moito mellor o que o medio natural produce. Entón, aconsellamos a monta natural para os rabaños criados fóra, xa que un rabaño ben alimentado que conte cun macho ten practicamente garantida unha cría ó ano por cada vaca. _Falando doutras razas, a Galiña de Mos cada vez é máis popular. _Espectacular! A galiña empezou cun pequeno número de exemplares, colléronse as primeiras que foron aparecendo. Apareceron 5 poboacións non emparentadas, e despois outras 2 máis, a maioría pola zona da Terra Chá de Lugo. Trouxéronse para aquí e fixemos unidades de recuperación cunha xestión xenética baseada en non cruzar dentro da mesma poboación. Nós somos conservacionistas, e cando unha raza ten poucos exemplares, hai que aproveitar a xenética ao máximo, e non se pode desperdiciar ningún animal que teña algo que aportar; camiñando sempre entre o mantemento do estándar racial

e variabilidade xenética e a conservación da raza. _É dicir, que non se ten a mellora xenética como obxectivo. _Nós perseguimos unha mellora xenética intrarracial, respectando as características de rusticidade propias de cada raza. Non queremos conseguir crías de maior tamaño a costa de que o animal perda estas características particulares. _Volvendo ao da popularidade da Galiña de Mos, ¿a que se debe? _ Hai varios factores: por un lado, ten un nome, e iso dáche a sensación de ter algo distinto, particular. Por outro lado, as súas características produtivas en condicións ambientais e a particular calidade dos seus produtos. A Galiña de Mos, como raza aviar autóctona, é das que teñen maior potencial en España para este tipo de producións. _¿Cal é o ritmo de produción desta raza? _Unha pita no primeiro ano vén pondo 182 ovos; no segundo, entre 120 e 140, e no terceiro, entre 80 e 90. A porcentaxe de crías viables vén sendo do 60% dos ovos. O que temos aquí son 7 poladas de 20 pitas cada unha, con 3 machos en cada polada, e imos rotando machos en cada grupo e recriando cada tres anos.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 27

20/9/10 20:01:15


28

eNTREVISTA

Reses de bovino nunha das fincas do Centro de Recursos Zooxenéticos

O ano pasado, como foi o último ano de posta, tivemos as cifras máis baixas; vendemos sobre 5.000 polos. Posiblemente este ano, que é o primeiro ano, e o pico da posta, andaremos nos 10.000. _¿Como se venden estes polos? _Os polos saen de aquí de 1 día, fanse lotes de 20 polos que se venden segundo a lista de espera de solicitantes, que neste momento é de 2 anos. Pero a nosa función non é vender polos, senón conservar a raza; hai moitos criadores que “Non debemos orientar o gando autóctono exclusivamente a montes comunais, hai moitas superficies pequenas ao lado das aldeas que había que aproveitar”

venden e non podemos competir coa súa iniciativa. A nosa función é manter o lume vivo e parte deses polos resérvanse aos socios de Avimós, asociación que pasou de xestionar os 8 criadores e 300 exemplares do ano 2001 a preto de 450 criadores e máis de 10.000 exemplares na actualidade, e isto dá fe do traballo desenvolvido. _¿Como é o traballo coa Ovella Galega? _Traballamos cun convenio co Inorde. Eles teñen os rabaños fundacionais na súa finca de Armariz, pero só femias. Os machos veñen para aquí; os mellores selecciónanse como pais da seguinte xeneración e doantes de seme para o banco de seme de ovino, que empezou hai dous anos con arredor de 300 doses procedentes de 4 machos e que necesi-

tamos incrementar. Os restantes machos véndense como reprodutores para as explotacións colaboradoras que xestiona Asovega, e que tamén tiveron unha evolución positiva, desde os 6 gandeiros fundadores aos 100 da actualidade, pasando os exemplares rexistrados de 300 a perto de 3.000. _Este centro responde a unha filosofía particular de recuperación de razas en perigo de extinción. _Estas razas forman parte do noso patrimonio. Igual que conservamos un muíño ou unha ponte, temos a obriga de manter isto para futuras xeneracións, e só por iso é necesario o Centro, pero hai dúas maneiras de conceptuar a conservación destas razas: como animais-reliquia, que se manteñen cun baixo aproveitamento social dos mesmos, ou coma, no noso

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 28

20/9/10 20:01:26


ENTREVISTA

“O noso cabalo de batalla ata o de agora era que non desapareceran as razas, e estámolo conseguindo. O seguinte é poder colocar no mercado os produtos” caso, intentando que a sociedade aproveite esta riqueza. Xa que a recuperación custa cartos, intentamos que os gandeiros se poidan aproveitar dos nosos traballos. _Está tamén a idea da rendibilidade económica. _Si. Compartimos valores da produción animal e da ecoloxía. E posiblemente o futuro vaia por aí, en producir de maneira sostible; consideramos que os gandeiros son fundamentais para manter unha axeitada xestión do territorio no espacio xeográfico no que vivimos. Os incendios son consecuencia do abandono do rural, non hai máis historia. Antes non ardía tanto porque se aproveitaba máis o que o monte producía. Unha das actividades máis eficaces para a defensa contra o lume é a actividade gandeira. _En todo caso, os beneficios ambientais das razas autóctonas en extensivo están claros. _Pois si. Agora, por exemplo, hai un proxecto en Holanda para recuperar o uro, o ancestro de todos os bovinos actuais, con finalidades medioambientais. O último uro desapareceu no século XVII, recuperaron mostras de ADN de ósos e a partir de aí secuenciaron o xenoma. Agora están a recopilar mostras das razas máis ancestrais que existen (entre elas, algunhas das nosas) para recrealo. Din que un megaherbívoro é necesario para estabilizar os ecosistemas. Nós xa temos ese camiño andado: xa temos as vacas feitas. _Pero así como é fácil despachar lotes de polos, e que todo o mundo teña unhas galiñas na horta, o tema das vacas ten máis complicación. _Exacto. E o dos porcos, ovellas ou cabras tamén. O que faltan son gandeiros. O abandono do rural é tremendo, non hai relevo xeracional. ¿Cando hai relevo xeracional? Cando a empresa dá beneficios. Se tes unha explotación cun tama-

ño suficiente, cunhas canles de comercialización axeitadas (que é o seguinte paso que intentamos dar), ao mellor podía resultarche interesante. Outra cousa importante é a consideración social do gandeiro. Non tanto nas outras provincias, pero en Ourense a constante era o rexeitamento: había que saír de aquí. E tampouco había estrutura para poder desenvolverse, os terreos eran moi pequenos. Aquí o que nos quedan como extensións grandes son os montes comunais. E tampouco debemos orientar o gando autóctono exclusivamente a estas superficies, hai moitas superficies pequenas ao lado das aldeas que había que aproveitar. _O que necesita esta produción, basicamente, é territorio. _Territorio e uns medios básicos de manexo: unhas mangas, auga, peches… Pero, fundamentalmente, territorio. O gandeiro, para manter o gando, está obrigado a xestionar o territorio, pastorear, segar, desbrozar.... Os nosos gandeiros xestionan neste momento miles de hectáreas sen cobrar un peso por esa xestión, debería calibrarse o feito de que ao gandeiro hai que pagarlle por manter o medio, a paisaxe e a biodiversidade. Este gando é unha alternativa autónoma e autóctona de aproveitamento do terri-

29

torio mediante o silvopastoralismo. _Desde o punto de vista económico, o interesante sería valorizar o produto final. _Si, pero para iso fai falta ter unha sociedade de consumo que apoie estas iniciativas de maneira responsable. O feito de mercar un año de ovella galega ou unha cría de porco celta está asegurando unha xenética autóctona, e estase axudando a que un gandeiro pastoree unhas ovellas na Serra de San Mamede ou uns porcos na Serra do Caurel, por exemplo; mantendo unha paisaxe e loitando contra os incendios. Iso é bonito explicalo, pero a xente cando vai comprar o que mira é o prezo. _De todas maneiras, os produtos de razas autóctonas teñen calidade: a carne, os ovos... _Teñen unha calidade distinta. Hai mercado para todos e temos que buscar o que se adapte a estes produtos. Necesitan unha comercialización distinta que debemos enfocar correctamente. O noso cabalo de batalla ata o de agora era que non desapareceran as razas, e estámolo conseguindo. O seguinte é poder colocar no mercado os produtos. A calidade é dada polo sistema de explotación e polas razas, son razas moi resistentes, que non

Banco de seme

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 29

20/9/10 20:01:33


eNTREVISTA

30

un de ovella, dous de bovino e dous de galiña, e sempre están encamiñados a ter un coñecemento máis profundo das razas para que os gandeiros poidan aproveitalo. _Antes falabas do aumento do número medio de cabezas nos rabaños de bovino das explotacións. _ Para as preto de 9.000 cabezas actuais de bovino, a media é de 27,7 reses por explotación, pero hai explotacións que teñen máis de 100. Nós pensamos que hai que ter o maior número posible de animais, respectando as cargas gandeiras. Agora mesmo hai explotacións que están a vivir de gando autóctono exclusivamente, noutros casos esta actividade repórtalle uns ingresos que complementan a súas rendas, pero en todo caso, máis de 1.500 familias do rural están vencelladas á cría e aproveitamento das razas autóctonas en tódalas especies. _¿Esa tendenza de aumento do número de reses vai seguir? _A mellor maneira de conservar unha raza en perigo de extinción é coméndoa. Se se consume, se se comercializa, vai haber unha demanda para que se siga producindo e o número de animais deberá aumentar.

Panorámica do pazo, coa fonte que lle dá nome en primeiro termo

enferman e que, polo tanto, non requiren medicamentos; que se alimentan de produtos naturais, co cal non hai residuos... A calidade vén dada por todo iso.

de criadores de toda España e ten a súa sede en Fontefiz, para conseguir unha marca que ampare os produtos procedentes de razas autóctonas.

_¿Entra dentro do posible ter unha denominación de orixe para a carne de bovino autóctono? _Unha denominación de orixe, non. Todo o proceso de constitución dunha denominación de orixe é moi complexo. Nós estamos englobados dentro da IXP [indicación protexida de calidade] Ternera Gallega, que inclúe a raza Rubia Galega e as autóctonas. Entra dentro do posible ter unha marca de calidade, nestes momentos existe unha iniciativa da Federación Nacional de Razas Autóctonas (Federapes), que abrangue asociacións

_¿Cal é o censo actual de cabezas de gando no centro? _265 cabezas de bovino (das 5 razas, en lotes de números similares), 45 de ovino (machos e 2 femias que nos fan falta para a monta) e unhas 500 aves. Ademais das 160 das poladas de produción temos outros dous lotes, un de 240 e outro de 80 galos, para dous proxectos de investigación en marcha, para investigar a calidade da carne, o crecemento e o rendemento en comparación coas razas híbridas. Neste momento temos cinco proxectos de investigación en marcha,

_En todo este labor tamén resultou fundamental o papel das asociacións, ao que aludías ao principio. _As asociacións tomaron o relevo, no caso do bovino, ou iniciárono, no caso das demais especies, de maneira exemplar. Os censos de animais e criadores seguen a subir e iso é un reflexo da actividade destas asociacións. _¿Que plans de futuro tes para o centro? _Seguir cos proxectos de investigación, para ter un coñecemento o máis amplo posible do comportamento produtivo e reprodutivo, así coma da calidade e composición dos produtos das nosas razas autóctonas. Estender o Banco de Xermoplasma a tódalas especies. Crear tamén un banco xenético con mostras de ADN. Implementar os rabaños fundacionais con novos exemplares. A todo isto, engadirlle actividades de seguimento dos convenios asinados coas diversas entidades colaboradoras e intentar que as nosas actividades teñan a máxima difusión posible.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 30

20/9/10 20:03:47


TABOLEIRO

Véndense VACAS OU BECERRAS DE RAZA CACHENA. Muras (Lugo). Tels. 679.357.498, 982.168.246. Véndense VACAS DE RAZA CACHENA DE CALQUERA IDADE E EN CALQUERA ESTADO. Ganados Rogar, SL. Lalín. Tel. 619.270.146. Véndense XOVENCAS DE RAZA CALDELÁ PRÓXIMAS Á CUBRICION OU PREÑADAS. Montederramo (Ourense). Prezo a tratar. Tels. 699.894.845, 988.268.439. Véndense CACHENAS. Riba do Val, S.L. O Páramo (Lugo). Tel. 678.588.391. Véndense BECERRAS VIANESAS. Albino. Tels. 667.687.644, 988.426.067. Véndense BECERRAS DE RAZA CACHENA. Jorge. Cesuras (A Coruña). Tel. 629.140.085. Véndense VACAS OU BECERRAS DE RAZA CALDELÁ. Juan Manuel. Maceda (Ourense). Tel. 670.956.084. Véndense CACHENAS. Samos. Tel. 620.535.555 Véndense 3 BECERRAS DE RAZA CACHENA. Os Blancos (Ourense). Tel. 988.452.237.

Véndense VACAS, BECERRAS E BECERROS DE RAZA CACHENA. Juan Francisco. Santaia-Curtis (A Coruña). Tel. 608.083.598. Véndense VACAS, XOVENCAS E BECERROS DE RAZA VIANESA. Manuel Santín. Pereira (Cervantes). Tels. 982.151.337, 680.885.890, 636.233.500. Véndense ANIMAIS DE RAZA CACHENA. José Luis. Sobrado (A Coruña). Tel. 981.196.283. Véndense VACAS DE RAZA VIANESA DE 2 ANOS E MENORES DE 2 ANOS. Navallo (Laza). Tels. 988.305.188, 689.174.831. Véndense 3 XOVENCAS E UN XOVENCO DE RAZA LIMIÁ. Antonio Fontal. Triacastela. Tel. 659.494.776. Véndese TOURO DE 21 MESES DE RAZA LIMIÁ. Pais: Martiño e Leticia ES071105498377. José Lino Vidal. Tels. 648.291.470, 986.768.225. Véndense ANIMAIS DE RAZA LIMIÁ. Ganadería Ramos. Castro de Rei (Lugo). Tel. 659.185.730. Véndense EXEMPLARES DE RAZA CACHENA. Muras (Lugo). Tel. 609.454.906. Véndense BECERRAS PREÑADAS E XATAS CACHENAS. José Antonio. Val do Dubra (A Coruña). Tel. 699.444.424.

31

Véndense CACHENAS. Delfín. Vilar de Barrio (Ourense). Tel. 605.022.895. Véndense ata 10 ANIMAIS DE RAZA CACHENA DE DIVERSAS IDADES. Pedro Xaquín. Carnota (A Coruña). Tel. 655.578.668. Véndese OVELLA GALEGA. Manuel Álvarez Peña. Maceda (Ourense). Tel. 626.446.764. Véndese OVELLA GALEGA. José García Blanco. Vilariño de Conso (Ourense). Tels. 608.005.246, 988.307.745. Véndense AÑOS E CORDEIROS DE PRODUCIÓN ECOLÓXICA DE RAZA OVELLA GALEGA. Mariña. Tels. 981.882.675, 659.154.643. Ganadería Montouto, 13 anos seleccionando animais de pura RAZA CACHENA. VACAS, XOVENCAS, XATAS E SEMENTAIS DE ALTA XENÉTICA E GRAN BELEZA a moi bo prezo. Tel. 669.667.744. Véndense VACA PREÑADA E CRÍA. Manuel e Mercedes. Tel. 609.392.124. Véndense VIANESAS E 2 VACAS DE RAZA CACHENA. José Luis. Lama de Dozón. Tel. 664.649.739. Para mercar exemplares de GALIÑA DE MOS, visite www.avimos.org

Inserción gratuíta de anuncios en 2 números consecutivos da revista, salvo comunicación do criador para a retirada do mesmo. A revista Autóctonas Galegas non se fai responsable das garantías de calidade dos animais que ofrecen os anunciantes.

Autóctonas Galegas Número 5

AUTÓCTONAS_numero_5.indd 31

23/9/10 19:38:09


AUTOフ,TONAS_numero_4.indd 32

15/2/10 19:02:34


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.