7 PRIMAVERA 2012
VISITAMOS OS RABAÑOS E OS NEGOCIOS DE MARCOS NOGUEIRAS, PEPE O CAZADOR E JAVIER BLANCO, TRES CRIADORES EMPRENDEDORES
FLAVIO MORGANTI: O ALÓCTONO APOSTA POLO AUTÓCTONO
NOVA NORMATIVA SOBRE AVICULTURA ARTESÁ
MARCAS DE CALIDADE, IMAXE PÚBLICA E MERCADOS NO SIMPOSIO HISPANO-LUSO DAS RAZAS
CORNADIZAS PARA VACAS CON CUERNOS
distribución material gandeiro
Gomas y Camas para Vacas Limpiezas Automáticas Estabulaciones Libres
TOLVAS PARA PIENSO
COMEDEROS
EQUIPAMIENTO PARA OVINO Y CAPRINO
BARRERAS Y CIERRES
CORRALETAS Y MANGAS SELECTORAS Polígono Industrial do Corgo, parcela 3, 27163 O Corgo (Lugo) Novo teléfono: 671 485 702 (TONI) • 671 485 703 (Servicio Técnico) E-mail: toni@dismagan.es // Web: www. dismagan.es distribución material ganadero
Distribuidor en Asturias: Almacenes Ladislao, S.L. Polígono El Zarrín, S.N. La Espina, 33891 Salas (Asturias) Tlf.: 985.837385 - 629566500
EDITORIAL
3
7
CRIANZA DAS
AUTÓCTONAS E VENDA DIRECTA DA SÚA PRODUCIÓN
Os criadores de animais das razas autóctonas en perigo de extinción coñecemos a calidade dos produtos derivados delas e os efectos positivos medioambientais da súa crianza no monte, pero ao non defender estas vantaxes en primeira persoa pérdese a mensaxe que queremos dirixir ao consumidor e, en ocasións, tampouco se lle outorga un prezo xusto á nosa produción. Por iso cremos que é interesante comezar a vender directamente, o que é factible nos mercados máis próximos, é dicir, nos denominados circuítos curtos ou locais. Neste número da revista quixemos conversar con algúns criadores que deron este paso. Marcos Nogueiras, Javier Bueno e Pepe O Cazador cóntannos como montaron os seus propios negocios, dúas carnicerías e un restaurante, respectivamente, onde a diario lle dan saída, e popularizan, a carne das razas Cachena, Vianesa, Caldelá e Limiá. Loxicamente, este tipo de comercialización dos produtos das autóctonas require que os criadores sexamos tamén comerciantes e vaiamos un pouco máis aló no papel de empresarios. De todos modos, non é un cambio que teñamos que facer sós. Na actualidade, asociacións de criadores de toda España e de Portugal estamos traballando na creación de marcas para as distintas razas autóctonas e na obtención de denominacións de calidade, dous puntos fundamentais para coordinar e facilitar a venda directa e para que esta se realice de modo profesional e con garantías sanitarias. Incluímos nestas páxinas exemplos destacados de comercialización e marketing expostos no simposio hispano-luso das razas autóctonas en perigo de extinción de San Vitero (Zamora), no que participamos. Este proceso tamén involucra ás administracións, das que depende a construción dun marco legal axeitado para o desenvolvemento dunha actividade comercial e, no que a nós nos concerne, adaptado ao noso tipo de produción. Así, a recente aprobación da nova normativa de avicultura artesá por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, tan reivindicada por Avimós durante anos, permítelles por fin aos criadores da raza Mos introducir regulamentariamente as súas producións nos mercados. O obxectivo deste paso a dar no ámbito das autóctonas é xerar demanda e fidelizar ao consumidor, polo que, ademais de emprender, é moi importante estar presente entre o público, promocionando os produtos non só nos grandes escaparates do sector (GandAgro, Expolugo, Xantar, Semana Verde, Fórum Gastronómico…), senón tamén nas pequenas feiras e nos restaurantes. O 15% das explotacións da Unión Europea comercializan a súa produción a nivel local. Esperamos formar parte desa porcentaxe.
EDITA: FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA Fontefiz. 32152. Coles (Ourense). Teléfono: 988.20.54.86 Fax: 988.20.54.89 Email: boaga@boaga.com Web: www.boaga.com Presidente: José Manuel González Lamelas Vicepresidente: José Blanco Blanco Secretaria-tesoureira: María Josefa Fernández Padín Vogais: Pablo Pérez Barroso, Manuel Devesa Fernández, Lisardo López Blanco, Francisco José Monasterio Solveira PRODUCE: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A. 27002. Lugo. Teléfonos: 982.22.12.78 / 636.95.28.93, 610.21.53.66 Email: transmedia@ctransmedia.com Web: www.transmedia.es Tirada: 1.500 exemplares Depósito legal: LU-399/2007
SUMARIO ENTREVISTA Marcos Nogueiras (Carnicería Orballo)
4
Pepe O Cazador (Restaurante Cazador)
8
Javier Blanco (Carnicería do País)
12
Flavio Morganti, cociñeiro especialista en razas autóctonas
16
GALIÑA DE MOS Aplicación da nova normativa da avicultura artesá
18
FEDERACIÓN Simposio Hispano-Luso das Razas Autóctonas
24
NOVAS
28
eNTREVISTA
4
Marcos Nogueiras inaugurou a súa carnicería en agosto de 2011
MARCOS NOGUEIRAS DEL RÍO CRIADOR DE CACHENA E DONO DA CARNICERÍA ORBALLO (CELANOVA, OURENSE)
“COMO PAGAN POUCO POLA CARNE, QUERIAMOS VENDELA DIRECTAMENTE” Con 25 anos, Marcos coida Cachenas no alto do Furriolo e comercialízaas na súa propia carnicería. Rexéntaa coa súa muller, Estela, na rúa Celso Emilio Ferreiro da mítica Celanova. Estudou Forestais, pero tiroulle máis a crianza da raza autóctona, algo que vén de familia. Naceu en Suíza, na emigración, e hoxe é un emprendedor co que o sector se torna máis fresco en Galicia. Visitamos a Marcos no mes de xaneiro. Recibiunos sorrinte á porta da carnicería Orballo, onde o letreiro da fachada xa marca a diferenza: Rubia Galega, Limusín, Cachena e Vianesa, ademais de poldro e caza. Por dentro tamén se nota: unha gran foto de Rubia Galega enmarcada e o calendario de 2012 das razas autóctonas en perigo de extinción. Primeiro foi o relevo na granxa dos seus pais, María del Carmen e Antonio, despois a aprendizaxe do oficio no Centro Tecnolóxico da Carne de Fontefiz e, por último, o negocio. Autóctonas Galegas Número 7
_Como xurdiu a idea de montar a carnicería? _De ter a raza autóctona. Como pagan moi pouco por ela, pois queriamos intentar vender o produto directamente. _Goza de boa acollida? _… Bastante boa. Os mellores días son os xoves de mercado, os venres e os sábados antes do mediodía. _Quen vos abastece? _Veciños que teñen tamén por aquí explotacións coma nós.
_Hai moitos criadores na vosa zona? _Non, moitos non. De Limiá e algún de Vianesa. _Cantos animais sacrificades? _Depende… sobre un e medio á semana. _Quen os transporta e os despeza? _Para transportalos ao matadoiro levámolos nós directamente. Despois alí xa se encargan os do matadoiro de Celanova.
ENTREVISTA
5
_Cando empezastes a ofertar estas carnes, notastes se a xente as coñecía? _Noon, das autóctonas nada! Da Rubia Galega si, pero das demais nada. _Como as promocionades? Que cualidades destacades, por exemplo, da Cachena? _Pois que é máis ecolóxica ca outras, as vacas non proban pensos nin nada diso. Entón a xente aí vai probando, vaille gustando… A xente que a proba volve repetir. O sabor da Cachena é moi diferente de todos, de calquera das outras razas, creo eu. Porque eu teño probado con todas e non sei por que pero ten aí un sabor diferente ao das outras todas. _Cales son os seus mellores cortes? _Sobre todo as costeletas. E a faldra de Cachena para facer ao caldeiro, é moi saborosa. _Algún truco á hora de cortala? _No corte vai todo. Vaise todo pola vista. Un corte ben feito vale máis cá carne en si. O que compra moitas veces é a vista, non a calidade da carne. Se a cortas mal, vese como que non vale. Ao principio, cando empezamos, non sabiamos practicamente nada. Tivemos un carniceiro tres meses con nós. A xente tivo bastante paciencia porque, claro, non eramos profesionais no corte. Pero agora xa vai saíndo bastante ben. _E que pezas demanda a clientela? _Sobre todo costeletas, xarretes, faldras… _Vendedes só a particulares ou tamén a establecementos hostaleiros? _De momento só a particulares. _Cónstavos que haxa algún restaurante en Celanova que meta as autóctonas na carta? _Que eu saiba non. Falei con algún pero eles traen carnes moito máis baratas doutros lados e non se arriscan. Claro, eu a ese prezo non llas podo deixar. _Contades con clientes de fóra? _Si, hai moita xente que a leva cortada e envásana ao baleiro. De Barcelona temos varios clientes que veñen sobre todo no verán ou en Nadal e levan bastantes cantidades para alá. E por exemplo os de Vigo compran media canal ou incluso como a Cachena é pequena levan o becerro enteiro.
Marcos e Estela teñen á venda carne de Cachena, Rubia Galega, Limusín, Vianesa e poldro
_Os prezos da produción cárnica destas razas son altos, adaptados á súa alta calidade… _Nós témola igual cá Rubia Galega. Exactamente ao mesmo prezo. As costeletas a 11 euros, o que é a faldra a 8,20, a agulla a 6,50, que é a máis barata, e os filetes a 10 euros.
Estaba en Barcelona e alí pouco había ver disto. Pero a fin de semana vén comigo para arriba, axúdame a botarlles de comer, non lles ten medo ningún. E a pequena [Ana, de dous anos]… xa non digamos! Tamén lle vai gustar. O gusto dela tamén é andar entre as vacas. Se te crías niso, vai...
_A xente é consciente de que adquirir este tipo de carne significa máis ca unha compra puntual de alimento porque as vacas autóctonas conservan o medio? _Si, eu coméntollo a todos e moitas veces veñen velas á explotación. Acostuman a ir algúns clientes. Como están ao lado da estrada xeral van velas. Despois da visita acaban convencidos.
_Como ves o negocio das razas autóctonas dende a túa experiencia na carnicería? _Home… moi fácil non está. Pero o balance deste ano foi bo, sobre todo en canto á Cachena. Véndese bastante ben.
_Chama a atención que sexades tan novos e esteades comprometidos coa causa. _A ver, a min gústame moito isto. Eu fixen a carreira de Forestais e, de feito, non busquei traballo niso e estou aquí coa gandería. E seguramente viviría mellor de funcionario ca vivo así. Á miña muller tamén lle gusta moito, que ela nunca vira nada disto.
Autóctonas Galegas Número 7
eNTREVISTA
6
100 CACHENAS A 858 METROS Tras o paso pola carnicería acompañamos a Marcos ata o alto do Furriolo, no limítrofe municipio da Bola, para ver o cento de Cachenas que pastan a 858 metros de altitude en 50 hectáreas de monte cercado. É monte arrendado pero non no monte comunal do pobo, onde lles resulta difícil incrementar a superficie e, en consecuencia, as reses. Seguimos falando da raza. _Dende cando e por que as Cachenas? _As Cachenas témolas dende haberá uns 10 anos. Foi cando saíu o boom das autóctonas. Juan [veterinario de Boaga] falou con nós e díxonos que por que non metiamos algunha e foi a maneira. Empezamos con… non sei, 20 ou así, e cada vez aumentamos máis. E agora Cachenas teremos 100 máis ou menos, entre grandes e pequenas. _Como aumentastes a cabana? _Comprando na zona de Olelas, en Entrimo, as primeiras. Despois cedeunos Fontefiz algunhas, seis ou sete cabezas. Compramos tamén un par delas na zona de Lobeira e despois, nada, criar xa. _E canta superficie ocupa a finca na que están? _Onde teño as Cachenas hai sobre 50 hectáreas alí pechadas. Despois temos máis onde se sega a herba, pero onde están elas son 50 hectáreas. Teñen alí un cuberto pero rara vez se meten dentro, elas fóra sempre. _Cada canto tempo as ides ver? _Todos os días porque hoxe [un día frío de inverno] hai que levarlles de comer, que non hai nada. _Quen se encarga delas? Como vos repartides o traballo? _Na carnicería está sempre a miña muller. Eu estou a primeira hora e despois xa subo para arriba. Na explotación estaAutóctonas Galegas Número 7
mos eu, meu pai e miña mai; a miña irmá tamén bota unha man. O meu pai atende ademais unhas Limiás en Penamá e eu as nosas.
_Visitas do veterinario? _Poucas! Problemas de parto non teñen ningún, a diferenza coas Rubias, que hai que axudalas sempre.
_Como é o día a día? _Meu pai ás mañás vai sempre coidar as de Penamá [máis de cen nunha explotación de Allariz que é da comunidade de veciños]. E eu estou aquí a primeira hora porque teño unha nena e hai que levala á gardería! Despois xa vén Estela e subo para arriba. As Rubias están no establo, entón hai que sacalas todos os días e limpar a corte, e despois hai que levarlles a comida ás Cachenas. Silo de herba e herba seca todos os días. E miralas por alí, que estean todas correctamente.
Ademais das Cachenas, posúen uns 16 exemplares de cabalo de Pura Raza Galega no terreo da outra beira da estrada, algunha Limiá ao pé da explotación e 32 reprodutoras de Rubia Galega estabuladas.
_E que tal o trato destas vacas? _Para min son moi boas, son bastante boas de manexar. Home, cando hai que metelas á manga e iso… saben que cando se meten alí non é por cousa boa, entón…
“A XENTE QUE PROBA A CACHENA VOLVE REPETIR. O SEU SABOR É MOI DIFERENTE DE TODOS, DE CALQUERA DAS OUTRAS RAZAS, CREO EU”
ENTREVISTA
7
A carne de Cachena é moi demandada por particulares, tanto da zona coma de Pontevedra ou mesmo Barcelona
ANTONIO NOGUEIRAS. AS ORIXES
“TODO O QUE GAÑEI EN SUÍZA EN 18 ANOS INVESTÍNO NA EXPLOTACIÓN” Mentres Marcos atendeu os animais, o pai, Antonio, explicounos que o seu gusto polo gando se remonta á época na que permaneceu en Suíza, onde de vez en cando ía ver algunha explotación bovina. Volveu a Galicia a principios dos 90 e ao pouco animouse a probar coas vacas, coa axuda da súa señora: “Empezamos comprando sobre unhas 30 ou por aí. Primeiro unhas Rubias, unhas 15 ou así, e despois empezamos coas Cachenas, que por certo naquel momento pagábanse moi caras”. Preguntámoslle se foi difícil arrincar e recoñece que gastou moito diñeiro, todo o aforrado nos 18 anos fóra, investido nos animais, as instalacións e a maquinaria, non
obstante, dio coa satisfacción dunha decisión ben tomada. Antonio está “moi contento” de ter introducido as Cachenas, que “son moi comedoras. Elas limpan todo, son coma desbrozadoras! Comen os carpazos, a herba brava que nace entre os toxos… Tamén son vacas máis pequenas entón para o monte van mellor”. Non escatima tampouco eloxios para o sabor da súa carne: “Non é nada parecida ao resto, é totalmente distinta doutra carne a Cachena. A min como máis me gusta é ao caldeiro e guisada”. Agora comparte afección con Marcos, que co seu apoio deu un paso adiante como carniceiro.
O pai de Marcos abriu a explotación en 1993 e incorporou as Cachenas ao cabo dunha década
Autóctonas Galegas Número 7
8
eNTREVISTA
Pepe é fillo de labrador pero de pequeno nunca tivo Cachenas. Agora cóidaas no monte Castiñeira e popularízaas a través do restaurante
PEPE O CAZADOR CRIADOR DE CACHENA E FUNDADOR DO RESTAURANTE CAZADOR (A MEZQUITA, OURENSE)
“TEMOS PENSADO IR A MÁIS PORQUE NON DAMOS FEITO PARA O RESTAURANTE” Inda que A Mezquita é berce da Frieiresa, Pepe e a súa familia crían Cachena, outra raza autóctona galega en perigo de extinción orixinaria da provincia de Ourense. En seis anos, a cabana pasou de nove cabezas a 150, que van do monte Castiñeira (Vilariño de Conso) ao mantel do restaurante Cazador (O Pereiro), onde probar esta carne é cousa do día. A Cachena entra no menú e véndese por encargo. Pepe O Cazador, como é coñecido na zona, montou o restaurante cando era novo e hoxe sucédeo á fronte do negocio o seu fillo Jose. Serven comida tradicional e no comedor hai unha pista da marca da casa: preside a cabeza desecada da Cachena Cereixa. _Que foi antes, a explotación ou o restaurante? _O restaurante, no ano 89, e no ano 97 foi cando nos fixeron aquí a autovía e cando nos dedicamos a cebado de tenreiros. No ano 2006 trouxemos nove Cachenas do Miguel, do Pernas, de Ortigueira, e aí empezamos. Despois, había aquí un señor que tiña outras nove, tiña Frieiresa tamén, e un día díxome: “Pois xa que ti tes Cachena e eu teño as dúas razas, queda ti coa Frieiresa e eu coa Cachena, Autóctonas Galegas Número 7
ou ao revés”. Ao final compreille as nove Cachenas e un boi. No 2007 fomos a Quintela, de Lobios, e comprámoslle 34 vacas a unha muller que se retirou. Metémolas aí na explotación e así estamos, fomos criando todo... Nunca pensamos tampouco chegar a onde chegamos porque tiñamos poucas vacas daquela. Era por hobby. _Como se vos ocorreu introducir as vacas autóctonas? _Ocorréusenos porque un día viñeron por aquí Juan [veterinario de Boaga], Cástor [director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia] e Moncho [director de Boaga]. Eu coñecíaos porque Moncho estivera de veterinario aquí. Estivemos falando, dixéronme que me apoiaban, que era unha boa opción para
empezar, que era unha carne moi boa e que para o restaurante me podía valer. Probamos a carne e vimos que era unha carne marabillosa que a nós nos encaixaba. Hai dous anos fixemos comida gratis para todos os amigos que quixeron vir. Incluso chegamos a ter 150 persoas aquí dentro comendo Cachena. Para dala a probar... Dixéronnos que estaba moi boa, que tiñamos que potenciala e así empezamos a introducila no restaurante e vimos que a xente a pedía de boa gana. _E agora que tal? _Temos pensado ir a máis porque nos fai falta, non damos feito para o restaurante, incluso non chega. Estamos matando un á semana. Un todas as semanas e no verán pois algo máis e entón non nos dá porque polo medio vén algunha femia.
ENTREVISTA
9
Exterior do restaurante Cazador. Á esquerda, Maider, Pepe e Jose posan no comedor
_A carne de Cachena forma parte do menú, é especialidade da casa ou ofrécese no marco dalgunha xornada gastronómica específica? _Témola no menú e como especialidade. A xente cómea e pide se se lle pode vender para levar para casa… Vendémoslles costeletas feitas, ou de asar feito por quilos… Temos aí unha xente que é de Verín que vén ex profeso por ela. Tamén ten vido xente de Ourense. Chámannos e nós témoslla preparada. Estamos vendendo moita, incluso estamos vendendo canais enteiras para familias. [Venden segundo as existencias e recomendan que se faga o pedido cun día de antelación] _Entón están funcionándovos moi ben as Cachenas, non? _A nós si. Nós estamos comercializando a nosa e estámoslles comprando Cachenas a dous criadores máis que están aquí na zona porque non damos! _No Cazador cómese carne doutras razas autóctonas? _Só de Cachena. _Como a preparades? _Temos a costeleta de Cachena, o medallón, a carne guisada, o churrasco de Cacheno, carne asada ao forno de Cacheno tamén, carne ao caldeiro… O medallón, riquísimo!
_Quen é o cociñeiro ou a cociñeira? _A miña muller! Agora non traballa na cociña pero cociñan coas mesmas receitas que as da miña muller. Aquí tense que facer a carne como a facía Maruxa! _Aos clientes que non coñecen a carne desta raza, convéncelles despois de probala? _Si, pregúntanche: “Isto que é?”. Porque, claro, vén un señor de Sevilla ou de Madrid, e pregúntache que é a carne de Cachena. E eu dígolles: “Pois mira, son unhas vacas autóctonas que hai aquí en Galicia”. Próbana e cando van pagar dinche: “Exquisita!”. Logo veñen outro día, ou de alí nun ano, e piden o que pediron da outra vez. Xa saben o que queren. Tamén temos xente que nos vén e nos pregunta pola vaca en si, como é, mansa ou brava, se ten moito corno… _Véndea… _É unha vaca que quero apoiar porque non damos feito carne para o restaurante. Temos que potenciala. Eu teño 56 anos, despois retirareime pero quedarán os rapaces con ela porque a carne sae e a carne vai… Temos que ir a máis. _O seu prezo é máis elevado có doutras carnes. Inflúevos? _Non, non. A ver, os suplementos nor-
malmente noutros restaurantes os aplican un pouco pero nós non, somos criadores, temos nós a materia prima e sempre nos sae moito mellor que a un restaurante que teña que comprar un becerro só. A nosa pauta: imos metendo becerros en cebo a partir dos tres meses e ímolos sacando e programándoos para que nos veña todas as semanas un. A ver, as vacas tampouco paren un cada día, paren cada mes, pero nós quitámoslles becerros con seis meses ás vacas e ímolos metendo. Algúns témolos ata os sete meses, incluso os temos levado aos oito, ou ao ano ou 14 meses, que é cando mellor sabe a carne. _Animarías a outros hostaleiros a darlles saída aos produtos destas razas? _Na nosa zona non os animo! [bromea] Penso que a calquera restaurante que meta carne autóctona lle iría ben. Eu levo na hostalería dende o ano 89 e co que eu levo vivido ata o día de hoxe penso que apostar por unha carne de raza, calquera das autóctonas, lle sería moi bo a calquera restaurante porque é unha carne moi boa, é unha carne criada no monte.
“VENDEMOS PARA LEVAR PARA CASA COSTELETAS FEITAS OU DE ASAR FEITO POR QUILOS. INCLUSO CANAIS ENTEIRAS PARA FAMILIAS” O medallón de Cachena, a carne guisada e a costeleta son algúns dos pratos ofrecidos a diario Autóctonas Galegas Número 7
eNTREVISTA
10
CACHENAS DE POSTAL O monte comunal Castiñeira atópase a 1.450 metros de altitude e frecuentemente nevado no inverno. Alí pacen as 150 Cachenas de Pepe nunha superficie de 500 hectáreas alugada por 10 anos en maio de 2011 e onde había un par de naves que aproveitan para gardar herba e palla e para que se poidan resgardar as vacas de parto, inda que a maioría paren ao aire libre, agochadas nas matogueiras. A finca está a 30 quilómetros de distancia da casa familiar pero o traxecto non se fai longo e, ademais, a medio camiño, un pouco antes de chegar ao encoro das Portas, posúen outro terreo con preto dunha vintena de Caldelás tamén da súa propiedade (e cuxo destino non é o restaurante senón Ternera Gallega Suprema). En calquera caso, estes animais non preci-
Autóctonas Galegas Número 7
san de moita visita, tal como comenta Pepe: “Incluso pasamos quince días sen velas, no verán ata un mes porque teñen comida e aquilo ten un peche todo arredor”. Nin sequera requiren de moita atención por parte do veterinario: “Grazas a Deus, e tocamos madeira, non nos veu o veterinario quizais nunca. Para sacarlle unha cría a unha vaca, nunca!”. Os encargados desta explotación en extensivo asociada a Boaga son Pepe, a súa dona Maruxa e a súa nora Maider, quen lles bota unha man coa contabilidade e co rexistro das reses. “Seille o nome a todas!”, presume Pepe, e iso que son máis dun cento e xa teñen que recorrer ao calendario para bautizalas.
“PENSO QUE APOSTAR POR UNHA CARNE DE RAZA, CALQUERA DAS AUTÓCTONAS, LLE SERÍA MOI BO A CALQUERA RESTAURANTE PORQUE É UNHA CARNE MOI BOA, CRIADA NO MONTE ”
A FORZA DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS
“Os seus produtos son únicos, tanto en sabor coma en textura. É o resultado da súa xenética, a alimentación natural e a vida ao aire libre”
Francisco Manuel Penabad, criador de razas autóctonas Caxigueira (Ortigueira) 7 vacas frieiresas 30 ovellas galegas
FEADER Europa inviste no rural
9 cabras galegas 20 galos Mos 15 galiñas de Mos 15 cabalos de pura raza galega 2 cans de palleiro
12
eNTREVISTA
De esquerda a dereita, Javier, María del Mar e Rosa, a carniceira que teñen empregada
JAVIER BLANCO PROPIETARIO DA CARNICERÍA DO PAÍS E CRIADOR DE CALDELÁS E LIMIÁS
“SE A COUSA NON CAMBIA, A PERSPECTIVA É BOA” Javier Blanco e a súa muller María del Mar Fariñas son os propietarios da Carnicería do País, que abriu en Ourense o pasado 2 de maio. Nela pódense adquirir fundamentalmente produtos de razas autóctonas galegas, en especial carne de Caldelá e Limiá que o propio Javier cría da maneira tradicional en varias fincas do concello de Maceda. As fotografías que decoran a carnicería avalan esta crianza en total liberdade. _Como se che ocorreu montar a carnicería? _Pois penso que temos un produto de bastante calidade ao que non se lle dá o aprecio que se lle debería de dar polas grandes competencias industriais […] Entón, a ver se lanzamos o produto ao mercado. _Á parte de Caldelá e Limiá, vendedes algunha outra raza de vacún? _De vacún non, pero tamén vendemos polo de Galo de Mos, cordeiro de Ovella Galega… todo autóctono menos o porco. Autóctonas Galegas Número 7
_Cales son as diferenzas máis relevantes entre a carne de Caldelá e a de Limiá? _No sabor, eu noto que é máis característico o da Caldelá, agora, iso vai sempre nos gustos. Unha persoa que non estea afeita a comer carne desta vai notar moitísima diferenza entre unha carne destas e unha industrial. _Cales son os mellores cortes de cada unha delas? _Pra min, pra min, a mellor parte que hai é o rabo, en calquera das dúas. E logo, as costeletas e o solombo pra min son… exquisitas. Nós vendemos todo con óso.
_Cal vendedes mellor? _É que de momento ou ben ofrecemos Caldelá ou ben ofrecemos Limiá, non temos os dous produtos ao mesmo tempo. A semana pasada tivemos Caldelá e esta semana temos Limiá. _Que pezas son máis demandadas polos clientes? _Os chuleteiros e os filetes… E hai unha cousa que me sorprende: as moellas e os riles voan. _Abastécevos algún provedor? _Para o futuro, se non nos chegan os nosos recursos, tivemos conversas cuns
ENTREVISTA
13
“UNHA PERSOA QUE NON ESTEA AFEITA A COMER CARNE DESTA VAI NOTAR MOITÍSIMA DIFERENZA ENTRE UNHA CARNE DESTAS E UNHA INDUSTRIAL”
compañeiros que tamén producen Caldelá e Limiá e dixeron que non había problema ningún. Todos son da contorna, da zona onde teño eu a explotación. _Polo de agora, como está sendo a acollida da carnicería? _Se a cousa non cambia, a perspectiva é boa. _Cantos animais estades sacrificando á semana? _A semana pasada sacrificáronse tres de Caldelá e esta semana sacrificouse un de Limiá. _A que idade os sacrificades? _Estamos sacrificando entre os 10 e os 11 meses. _Como promocionades esta carne? _Animando a xente a que a probe. _Que tipo de clientes se decantan por estas razas? _Ata agora, os clientes que tivemos foron veciños do barrio, e agora imos empezar con catro restaurantes de aquí aos que lles levamos unhas mostras e quedaron asombrados. _Tedes algún cliente de fóra? _Si, temos unha cadea de restaurantes de Madrid aos que abastecemos unicamente de Limiá e Caldelá.
O despezamento dos animais fano na carnicería, a onde os transportan en vehículo propio despois de sacrificalos no matadoiro municipal de Ourense
_Como andan de prezo estas carnes? _Exactamente igual cá carne de vacún industrial. Vendémolas ao mesmo prezo. _Que opinas do negocio das razas autóctonas? _Eu penso que é o futuro porque son vacas que cunha alimentación rústica son capaces de resistir, de manterse, mentres que outras morren. Non hai enfermidades, hai unha facilidade de parto do 99,9% e son durísimas. Por iso, nun monte no que non haxa outra cousa, só carqueixas e uces, estas vacas están gordas, cando outras… O mantemento é moi rústico.
Os chuleteiros son unha das pezas máis demandadas polos clientes Autóctonas Galegas Número 7
eNTREVISTA
14
UN MODO DE CRÍA TRADICIONAL ASENTADO NA ALIMENTACIÓN A BASE DE FORRAXE NATURAL Actualmente, a cabana de Caldelás e Limiás de Javier Blanco ascende ás 250 cabezas entre nais, machos e becerros. Estes animais están distribuídos en varias fincas do concello de Maceda, a uns 750 metros de altitude aproximadamente. A razón pola que este criador ourensán se decantou por estas razas é sinxela: os seus terreos sitúanse entre a zona de Caldelas (lugar de orixe da Caldelá) e Xinzo (lugar de orixe da Limiá). Comezamos a nosa ruta coa visita a un pequeno grupo de Caldelás, segundo Javier as máis dóciles e das que se recría toda a descendencia. Nunha superficie de 27 hectáreas que se estenden por un val pastan 15 nais e tres bois, inda que actualmente só un vale para cubrir. Os outros dous son pequenos, pero críanse entre as femias para que se vaian afacendo e para que no futuro sexan mansos. A continuación achegámonos a outra finca, de 100 hectáreas neste caso,
onde está o resto das Caldelás. O primeiro que chama a atención aquí, á parte da fermosura e o cromatismo do rabaño, é o excelente aproveitamento do monte. Cereixa, que é a vaca que domina o conxunto, logo se dá conta da nosa presenza e ao cabo duns minutos todas desaparecen da nosa vista. Coméntanos Javier que non están acostumadas a ver tanta xente —eramos 6 persoas— e que por iso escapan. Nesta finca tamén nos atopamos con tres mastíns de grandes dimensións que coidan as vacas dos ataques do lobo, inda que non sempre o conseguen. E finalmente visitamos as Limiás. Trátase dun único rabaño composto por 68 nais mailas crías. Neste momento, entre estas femias non hai ningún macho con capacidade para procrear porque o boi que había tiveron que sacrificalo debido a uns parámetros incorrectos que presentaba no sangue e que podían ser perigosos para a descendencia.
A CABANA DE CALDELÁS E LIMIÁS DE JAVIER BLANCO ASCENDE ÁS 250 CABEZAS ENTRE NAIS, MACHOS E BECERROS
Autóctonas Galegas Número 7
ENTREVISTA
A explotación, paso a paso Cinco anos despois do comezo desta aventura gandeira, Javier afirma que “está moi contento”, se ben recoñece que “os beneficios non son os que poderían ou os que chegarán a ser”, xa que durante os primeiros anos o investimento foi moi elevado. Para facerse cuns rabaños coma os que agora ten, Javier cóntanos que percorreu toda Galicia visitando gandeiros que tiñan exemplares destas razas. “Vacas que ían morrer por bravas compreinas e hoxe son as máis mansas…”, manifesta, á vez que asegura que “non hai vaca mala se o dono é bo”. De feito, cómpre recordar que antigamente estas razas eran aproveitadas non só para carne e leite senón tamén para o traballo. O mantemento destes animais é moi rústico. Javier visítaos dúas veces ao día, á mañá e á noite, basicamente para comprobar que todo está en orde e algunhas veces para levar forraxe, seca ou en bobinas de silo, que recolle na primavera e no verán. As visitas dos veterinarios non son frecuentes porque estes animais non adoitan enfermar e porque para parir teñen unha gran facilidade.
15
De feito, o seu dono afirma que se unha vaca está parindo “o mellor é marchar, para que teña máis tranquilidade”. Os animais rexístranse aos poucos días de nacer. Primeiro crotalízanse e logo sácaselles unha proba de ADN para certificar a raza e confirmar os seus ascendentes. Se o animal cumpre todos os requisitos pasa a inscribirse no libro xenealóxico da raza, xestionado por Boaga. Ao remate da xornada preguntámoslle a Javier como ve el este estilo de vida: “Moi atado pero moita liberdade”. Con esta afirmación tan concisa refírese a que este traballo é moi constante, pero que se un día quere marchar, tamén o pode facer. “Aquí non hai horario, uns días traballas 18 horas e outros dormes ata as 12 da mañá. Dependendo de como te planifiques podes ter todo o tempo do mundo ou podes estar abafado de traballo”. Para este gandeiro, ser criador de dúas razas autóctonas como son a Caldelá e a Limiá implica “un respecto aos nosos antepasados”, que lograron manter intacto un patrimonio natural tan importante que anos despois case se deixou extinguir, inda que actualmente se está recuperando ben.
Os nomes Javier ponlles nome a todos os animais, inda que a veces lle custe acordarse do de cada un. Un sorriso pícaro debúxase no seu rostro cando comezamos a falar deste tema: “Eu utilizo moito os nomes de persoas […] A unha ata lle puxen o da miña cuñada porque me gustaba a vaca e para acordarme perfectamente dela pois… Chámase Lita”.
Autóctonas Galegas Número 7
16
eNTREVISTA
Flavio Morganti participó en un taller de platos elaborados con razas autóctonas en la pasada edición de Xantar
FLAVIO MORGANTI COCINERO ESPECIALISTA EN RAZAS AUTÓCTONAS
“SI QUIERES VENDER TU PRODUCTO, TIENES QUE CREER EN ÉL” Nació en Italia pero lleva 28 años residiendo en Galicia y toda su vida ha estado dedicado a lo que más le gusta: la cocina. Desde 1998 dirige el restaurante Galileo (Santa Baia, Ourense), en donde ofrece platos elaborados con razas autóctonas gallegas. _En el Galileo trabajáis con razas autóctonas gallegas. ¿Con cuáles? _Nos encantan y disfrutamos con todas: con la Caldelá, con la Cachena, con la Frieiresa, con la Limiá... Para mí es un compromiso que he adquirido desde que escribí el libro Vacas [2007] porque creo que lo importante es hacer posible que los productores puedan seguir ofreciéndonos estos productos para que los podamos disfrutar. Y, aparte, cuando consumimos un producto autóctono estamos perseverando los esfuerzos de nuestros antepasados. _¿Y desde el comienzo optásteis por las razas autóctonas? _Nosotros siempre hemos apoyado el producto gallego, pero la verdad es que mi relación con las razas autóctonas empezó un poco más tarde, en 2004. Autóctonas Galegas Número 7
Antes no tenía conocimiento ni tampoco estaba tan apoyado todo este asunto por la Administración. _¿En la carta especificáis a qué raza pertenece la carne? _No lo hacemos diariamente porque es complicado, pero sí respetamos que sea vacuno gallego, buey o vaca indiferentemente. Y puntualmente, cuando hacemos una fiesta —hemos hecho fiesta de la Caldelá, de la Cachena…—, entonces sí especificamos la raza. Y cuando hacemos estas cosas procuramos que todo el mundo se entere de cuál es la raza, qué partes tiene, en qué se diferencia de otras, cuál es el territorio por el que se mueve.. Foto: Xurxo Lobato
ENTREVISTA _Es decir, hacéis una labor de divulgación… _Exactamente. De hecho, intentamos hacerlo compartiendo mesa y mantel con periodistas y gastrónomos de toda España. Aquí ya sabemos que la tenemos y lo que queremos es darla a valorar fuera. _Pero aquí a veces no se conocen lo suficiente estas razas… _Sí. Antes de nada, si quieres vender tu producto, tú tienes que creer en él. Es fundamental que los agricultores, la Administración y todos creamos en nuestro producto para poder exteriorizar sus valores. _¿Qué características aportan estas carnes en la cocina? _Te dan una solvencia de producto. Cuando tú sabes que tienes algo bueno te hinchas el pecho porque sabes que te va a cumplir. Cuando tienes un producto regular te tienes que esmerar para taparle los defectos, en cambio aquí te tienes que esmerar para no estropearle las virtudes. _Supongo que la adaptación al territorio es fundamental en la calidad de los productos. _Yo creo que la clave está en la evolución de la adaptación de la raza a su territorio durante mucho tiempo. Por ejemplo, en A Limia tenemos una vaca fuerte porque el territorio en el que se mueve lo requiere, es decir, está adaptada a sus pastos, a su contexto. Cuando en un territorio tienes un producto siempre te tienes que preguntar por qué existe ese producto, entonces nosotros simplemente ponemos en valor el porqué de las cosas. _¿Existen diferencias importantes entre unas razas y otras? _Existen morfologías, es decir, hay cortes que pueden diferenciar unas de otras porque en función de si una vaca pesa 200, 500 o 700 kilos va a haber una diferencia morfológica y también una diferencia de sabor que muchas veces depende de la alimentación que ha recibido. En todo caso, una vaca bien alimentada va a ser una vaca buena, no tienen por qué ser mejores unas razas que otras.
17
_¿El cliente valora estos productos? _El cliente valora lo bueno y aprecia la calidad. Y nos gusta que cuando la aprecia tenga la oportunidad de saber de dónde viene, porque muchas veces no es hablar como gallegos sino que hay que ejercer de gallegos, con compromiso hacia los productos gallegos, también en el sentido de saber pagarlos y de darle al trabajo de los productores el valor que merece.
nes y asociaciones como la Xunta o Boaga? _Yo personalmente estoy encantado con las personas de Boaga. Saben que mi puerta está abierta, al igual que está abierta la suya, y colaboramos y compartimos siempre buenos ratos. Yo respeto todas las decisiones que se toman y lo que se propone y siempre intento sumar, nunca restar, y así lo seguiré haciendo.
_¿La diferencia de precio es muy alta? _Claramente, si hablamos de relación calidad-precio, la carne de vacuno gallego es regalada. La relación calidadprecio la tiene muy ajustada y, de hecho, nuestros agricultores están sufriendo un periodo de mucha incertidumbre y hay mucho abandono. Vemos que los pueblos se están desabasteciendo de gente joven, no hay renovación en las explotaciones y yo creo que esto debiera de hacernos pensar.
_¿Cómo valorarías la situación actual de las razas? _Creo que lo estamos haciendo bien, pero no pensemos que el camino está andado porque queda mucho recorrido y el día que me encuentre en el Madrid Fusión o en San Sebastián algo que represente a mis amigas las vacas y que pongamos en valor lo que tenemos aquí sobre lo de fuera, estaré muy feliz. Entonces, primero en casa hay que darle duro y a partir de ahí tenemos que estar orgullosos de lo que tenemos.
_La promoción que se hace desde restaurantes como el tuyo es fundamental… _Lo que es importante es que la gente se acerque a este tipo de carnes y las sepa poner en valor. Cuando preparas un producto que representa el trabajo de meses de mucha gente es una gran responsabilidad y todo tiene que estar bueno. Nosotros tenemos que saber valorar el producto y no estropear el trabajo hecho por el ganadero. _¿Crees que se está caminando en la dirección correcta desde institucio-
_Aparte de cocinero eres divulgador… _Yo intento divulgar todo lo que creo que merece la pena, ya sea sobre la vaca o sobre la castaña. Me gusta que mis amigos puedan compartir lo bueno que yo tengo, y así lo hago, sin más. _¿Nunca te planteaste hacer un libro sobre las razas autóctonas gallegas? _Cada raza daría para escribir 10 libros. Y quién sabe, nunca se descarta ninguna idea, dejamos la puerta abierta.
Las razas autóctonas ofrecen muchas posibilidades en la cocina Autóctonas Galegas Número 7
18
GALIÑA DE MOS
A AVICULTURA ARTESÁ NA RAZA GALIÑA DE MOS. APLICACIÓN DA NOVA NORMATIVA E ACTUACIÓNS FUTURAS Desde tempos remotos, as producións a partir da Galiña de Mos foron moi famosas a nivel nacional pola calidade dos seus produtos. Tras a recuperación da raza, comezada hai unha década, atopámonos coa imposibilidade de comercializar dun xeito legal as producións, debido á aplicación dunha lexislación avícola obsoleta e que se apartaba da idiosincrasia deste tipo de produto. Desde os anos 60, as normativas de regulación das explotacións avícolas unicamente se referían ás de tipo industrial, quedando excluídas as pequenas e de tipo tradicional, como a maioría das existentes no agro galego, o que impedía a comercialización destes alimentos de altísima calidade fóra da propia granxa. Por fin, a finais do pasado ano viu a luz unha normativa da Consellería do Medio Rural e do Mar, amplamente demandada por Avimós, que permite esta actividade baixo unha serie de requisitos.
A filosofía da avicultura artesá é a da crianza de aves ao aire libre e dun xeito tradicional, con aproveitamento dos recursos da propia granxa na medida do posible
DIEGO ROIS LOSADA Veterinario da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga Director técnico da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-Avimós A Consellería do Medio Rural e do Mar vén de publicar o Decreto 216/2011, do 10 de novembro (DOG do 24 de novembro de 2011), polo que se establecen as normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais. Esta norma dá cumprimento a unha antiga aspiración dos produtores de Galiña de Mos, xa que non se atopaba un marco legal axeitado para o desenvolvemento dunha activiAutóctonas Galegas Número 7
dade comercial. Con esta iniciativa, Galicia convértese ademais na primeira comunidade española en posuír un marco normativo específico e adaptado a esta realidade. A produción avícola galega, tanto de carne coma de ovos, ten un carácter industrial que se planea maioritariamente sobre réximes de intensividade cun forte desenvolvemento tecnolóxico. Esta realidade coexiste con sistemas de produción
tradicional, definidos pola súa condición artesanal e caracterizados polo seu escaso volume de produción e a calidade diferenciada dos seus produtos. Malia a súa reducida dimensión económica, a importancia dos sistemas tradicionais radica na súa función coadxuvante no fomento e mantemento de razas autóctonas, na creación de rendas agrarias complementarias, na produción de alimentos diferenciados e, sobre todo, na fixación de poboación no medio rural.
GALIÑA DE MOS
Manter as producións agroalimentarias artesanais constitúe ademais unha garantía para que os consumidores dispoñan de produtos diferenciados, sans e de calidade, tendo en conta que en Galicia dispoñemos da raza autóctona española de galiñas cun maior censo, a Galiña de Mos. Esta norma non é de obrigado cumprimento para as granxas de autoconsumo, senón para aquelas que queren comercializar as súas producións, cando antes non podían. ANTECEDENTES Na Unión Europea existen moitas normativas que eximen do seu cumprimento a casos como as destinadas á subministración directa por parte do produtor de pequenas cantidades de produtos primarios ao consumidor final ou a establecementos locais de venda ao por menor que abastecen directamente de produtos primarios ao consumidor final, como as de hixiene dos alimentos de orixe animal. Algo similar ocorre en canto ás análises de determinadas zoonoses e outras varias de diversas instalacións. Desgraciadamente, en España non son de aplicación estas exencións e por tanto non podemos aplicar sistemas de crianza nas nosas aves como os que se empregan en moitos países europeos, e non podemos competir en igualdade de condicións. As normativas existentes ata o momento para a instalación de granxas de aves eran unicamente para unha granxa de avicultura industrial ou para unha simplemente de autoconsumo. Os requisitos que se solicitaban para a autorización dunha granxa de Galiña de Mos (obtención do código REGA) eran os mesmos que se quixeramos instalar unha gran nave industrial de 50.000 polos, por exemplo. Desta maneira, a autorización da posta en funcionamento da pequena granxa era totalmente imposible, xa que non era viable nin lóxico o investimento a realizar. Observando as normativas avícolas de avicultura industrial apreciouse un baleiro existente cando se trata de determinadas producións pequenas, xa que, nese caso, a norma non obrigaba a ningún tipo de cumprimento, existindo o que para nós se considerou unha situación de “alegalidade”. Neste problema atopáronse a maioría das granxas de Galiña de Mos, que non puideron vender os
19
produtos dunha maneira regulada. Por exemplo, un criador que quixera levar un lote de galos ao matadoiro non o podería facer en ningún caso, xa que ao non ter a explotación de alta non podería conseguir a correspondente Guía Sanitaria que autorizara o movemento. En calquera caso, os movementos das aves vivas fixéronse coma se foran mascotas (envíos por MRW etc.) cando en realidade non o son. O mesmo sucedeu para a súa asistencia aos concursos en feiras, nos que se permitiu a súa entrada unicamente grazas á xentileza da Administración galega. Debemos ter en conta que a comercialización efectuada ata o momento, especialmente de animais vivos, foi feita fóra do amparo da normativa de ordenación das explotacións avícolas, pero se non se fixera así, nunca estaría a raza onde chegou ata o de agora. Actualmente, a Galiña de Mos é a raza de galiñas autóctonas españolas cun maior censo, segundo os datos do Ministerio. O decreto de Medio Rural fixa as condicións necesarias para que os criadores poidan establecer unha actividade comercial ofrecéndolle as debidas garantías sanitarias ao consumidor. Non é difícil adaptar instalacións gandeiras previas a este novo uso, polo que a avicultura artesanal pódese converter nunha al-
ternativa de negocio ou, simplemente, nunha actividade complementaria. En todo caso, o decreto non é de aplicación aos galiñeiros de autoconsumo. A publicación desta normativa, moi demandada por Avimós, abre unha esperanzadora vía de entrada das nosas producións nos mercados, cando antes non se podía. REQUISITOS PRINCIPAIS PARA A GRANXA Filosofía da avicultura artesanal A avicultura artesanal é un sistema de produción avícola comercial, pero non industrial, baseado na explotación dun número pequeno de aves, criadas de xeito tradicional e con aproveitamento dos recursos da propia granxa na medida do posible. Cantas aves se poden criar? Pódense criar ata un máximo de 50 galiñas poñedoras e 50 reprodutoras e 400 polos de cebo ao ano. Tamén se pode facer a recría ou incubar os ovos na propia explotación. A grandes rasgos, as reprodutoras son as que están con galo e das que destinamos os ovos cara á reprodución e as poñedoras son as que están sen galo e cuxos ovos van para consumo.
NÚMERO DE AVES QUE SE PODEN CRIAR
50
50
400
Galiñas poñedoras (lote sen galo)
Galiñas reprodutoras (lote con galo)
Lote de aves de cebo (polos, galos, capóns...)
* Se se pretende superar esta cifra débese solicitar o REGA coa normativa de avicultura industrial
INCUBADORA
RECRÍAS Autóctonas Galegas Número 7
GALIÑA DE MOS
20
Localización e distancias Deberá estar a máis de 500 metros dunha granxa industrial de aves e a máis de 250 metros doutro galiñeiro artesanal. Neste último caso poderíase autorizar unha distancia inferior en determinadas circunstancias. Que equipos e instalacións se precisan? A gran maioría das instalacións actuais onde se crían as nosas galiñas son aptas para a autorización. A filosofía que inspirou o decreto foi a de adaptar a normativa o máximo posible á realidade, de xeito que os gandeiros non tivesen que facer grandes investimentos para cumprir coas súas esixencias: •
• •
• • •
Terá que ter un peche que impida o contacto das aves con outros animais. É suficiente cunha tea metálica ou malla de uso gandeiro. Existirá un galiñeiro sinxelo para protexer aos animais das inclemencias do tempo. Deben colocarse comedeiros e bebedeiros axeitados e en número suficiente para a cantidade de aves existente. Deberá garantir a dispoñibilidade de auga apta para os animais e, se fose necesario, de depósitos estancos. As galiñas non se poden criar en gaiolas (exceptuando os poliños pequenos). Deberá dispor dun sistema de desinfección dos equipos, das instalacións e do calzado do gandeiro e dos visitantes. As pequenas mochilas de fumigar poden servir.
•
A incubadora estará separada das zonas de cría, en instalacións de fácil limpeza e desinfección.
Que requisitos básicos de manexo hai que cumprir? • Limpar e desinfectar a explotación regularmente. • Manter un programa de desratización. • Se se utiliza auga de pozo, analizala cada 6 meses. • Entre cada lote de aves que entre na explotación, ou nun compartimento da explotación, hai que manter un baleiro sanitario mínimo de 12 días. • Vacinacións das aves en determinadas circunstancias, baixo recomendación do veterinario. • Realizar análises de salmonela cada 6 meses ou ben –se cría polos con destino a matadoiro– nos 21 días anteriores ao seu sacrificio. Que documentos hai que levar ao día? En xeral, ao ser unha explotación gandeira, débense cumprir determinados requisitos en canto á documentación esixida, especialmente en canto aos movementos das aves, ao igual que nas especies de gando maior. •
A granxa debe estar inscrita no Rexistro de explotacións gandeiras de Galicia, polo que debe solicitar a súa inscrición ante os Servizos Veterinarios Oficiais. Este rexistro vai permitir que os pequenos produtores obteñan un código de explotación que permite movementos das aves cara ao matadoiro, feiras etc.
•
•
• •
•
Débese ter un libro de explotación, onde se anotan todos os datos do censo de aves e as entradas e saídas, e un libro de tratamentos, onde se anotarán os medicamentos aplicados ás aves. Estes libros deben estar correctamente actualizados. As aves deben entrar e saír da granxa acompañadas da documentación requirida en cada momento segundo as circunstancias de cada movemento. Deben vir acompañadas de documentación relativa ás analíticas de salmonela da granxa de orixe. É obrigatorio comunicar na oficina agraria comarcal a entrada ou saída dos animais da súa granxa, nos 7 días dende a chegada ou saída, en determinadas circunstancias. Antes do 1 de marzo de cada ano hai que declarar na oficina agraria comarcal, ou a través da oficina agraria virtual, o censo de animais presentes no ano anterior.
Esta norma non é de obrigado cumprimento para as granxas de autoconsumo, senón para aquelas que queren comercializar as súas producións, cando antes non podían
Admítese o emprego de malla gandeira, tea metálica, valados etc. para evitar a entrada de predadores ao parque das galiñas. Loxicamente, nós somos os primeiros interesados en que non nos entren animais externos Autóctonas Galegas Número 7
GALIÑA DE MOS
Que documentación se require para autorizar a explotación? • Fotocopia do DNI ou NIF do titular. • Memoria básica da explotación: plano sinxelo das instalacións con indicación das coordenadas xeográficas da granxa, especie de aves a criar, procedencia e destinos habituais previstos das aves, censo previsto e tipo de alimentación. • Declaración responsable do cumprimento das distancias esixibles con outras explotacións avícolas. • Documentación do pago das taxas. • Programa sanitario.
Este programa sanitario contén 11 páxinas e, grosso modo, incide en aspectos sobre as instalacións, o procedemento de cría, a orixe das aves, a subministración de alimentos, o control da auga de bebida, como efectuar a limpeza, desinfección, desinsectación e desratización, o rexistro de tratamentos medicamentosos, o sistema de eliminación de cadáveres e camas, o control de salmonelas, a identificación das aves e outras medidas aplicables ao persoal.
21
Manter unhas boas condicións para as nosas aves desde o primeiro día é básico para un bo rendemento dos nosos exemplares. Cando temos aves de diferentes idades debemos ser especialmente coidadosos, empezando a atención diaria das aves polas máis pequenas e rematando polas máis grandes
Que é o programa sanitario? Este programa é o conxunto de medidas e actuacións que debe desenvolver o gandeiro para manter a saúde das aves, é dicir, todas aquelas medidas hixiénicas e sanitarias que manterá na súa explotación. O obxectivo é ofrecerlle ao consumidor as garantías sanitarias necesarias. Debe ser elaborado polo veterinario da explotación, que se responsabilizará xunto co criador do cumprimento. Pode ser feito de maneira individual ou colectiva no caso de que a granxa figure nalgunha asociación que teña un programa aprobado. O PROGRAMA SANITARIO DE AVIMÓS Debido a que a normativa indica que o programa sanitario poderá ser establecido individualmente na explotación ou ben de xeito colectivo naquelas explotacións asociadas ou pertencentes a unha entidade recoñecida que conte cun programa sanitario aprobado e cun soporte técnico para a súa execución nas explotacións, Avimós solicitoulle á Consellería do Medio Rural a aprobación dun programa sanitario para todos os produtores da raza e este foi aprobado por parte do director xeral de Produción Agropecuaria, da Consellería do Medio Rural e do Mar, o 20 de marzo de 2012.
Debemos prestar especial atención á roupa e á desinfección do calzado. Os visitantes deben empregar calzas dun só uso se entran na granxa (aínda que as visitas teñen que ser limitadas). Debemos ter un calzado específico para traballar na granxa e desinfectalo a miúdo, sobre todo cando atendamos lotes de diferentes idades. Desde Avimós proporcionamos estes materiais e un desinfectante axeitado
O programa sanitario a desenvolver nas granxas de Galiña de Mos inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais comprende aspectos relacionados coa sanidade, a bioseguridade e as condicións de crianza. O obxectivo do programa é aplicar medidas de bioseguridade e de manexo para garantir as mellores condicións sanitarias das explotacións da raza que efectúen a comercialización dos seus produtos. Autóctonas Galegas Número 7
22
As medidas poden variar en cada explotación en función do tipo de produción, en función das idades das aves, de se existe incubadora ou non etc. As condicións de crianza das aves rexeranse polo punto d, do anexo V do Regulamento (CE) 543/2008 de 16 de xuño por el que se establecen normas de desarrollo del Reglamento (CE) 1234/2007 del Consejo en lo que atañe a la comercialización de carne de aves de corral, en especial para poder definir o sistema de cría como de “granxa ao aire libre”. Esta norma cita procedementos de cría e idades de sacrificio e fase de engorde máxima permitida, polo que así podemos regular as denominacións dos produtos principais da raza (galo, galiña, capón e pularda).
Grazas ás condicións de crianza do programa sanitario e ao Libro de Rexistro da raza, desde Avimós xa podemos achegarlle ao consumidor máis información dos produtos da raza con etiquetado específico
GALIÑA DE MOS
Os autocontrois de salmonela nas reprodutoras e poñedoras (dous ao ano) son efectuados polo veterinario da explotación e as mostras envíanse ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lasapaga), podendo ser recollida a mostra polo criador no caso de ter que efectuar os mesmos controis para os galos de cebo para envío a matadoiro.
Este programa sanitario de Avimós compleméntase cun Libro de Rexistro de Explotación Avícola e de Tratamentos que é específico para a nosa raza, xa que se adapta á tipoloxía das granxas de Galiña de Mos, e co resto de documentos do Libro de Rexistro da raza, cos que xa estamos a traballar desde hai anos. Actualmente, na asociación estamos a ofrecer asesoramento técnico de cara á instalación deste tipo de granxas, con cumprimentación de documentación, xeolocalización, elaboración de declaracións e certificados, achega de desinfectantes recomendados e mecanismos de limpeza, sistema de identificación das aves e analíticas para control de salmonelas, todo mediante o pago dunha cota anual para cubrir os custos básicos.
A publicación desta normativa, moi demandada por Avimós, abre unha esperanzadora vía de entrada das nosas producións nos mercados, antes imposible
A finais de febreiro e en marzo impartíronse catro charlas informativas, unha por provincia, sobre a aplicación da normativa na Galiña de Mos. Os que non puideron asistir poden ver unha gravación da xornada celebrada en Silleda o 10 de marzo en http://vimeo.com/40672920 Autóctonas Galegas Número 7
GALIÑA DE MOS
A adaptación a esta normativa ábrenos unha esperanzadora vía cara á comercialización regulada dos produtos da raza, posibilitando ampliar aínda máis o importante volume económico que se está xerar ao redor da Galiña de Mos. Tamén debemos ter en conta que ao poder ser unha explotación gandeira podémonos beneficiar de calquera outra iniciativa que beneficie a este tipo de granxas, sexan de maior ou de menor tamaño. ACTUACIÓNS FUTURAS. A UE CONTARÁ COS PEQUENOS PRODUTORES Actualmente estamos traballando en novas propostas de actuación para a posible adaptación doutro tipo de normativas europeas no noso sector, sempre tendo en conta o tipo de produción que estamos a desenvolver e coa idea de mellorar a produción dos criadores da raza. Hai que ter en conta que a Unión Europea intenta facer unha clara aposta pola comercialización dos produtos locais. Na conferencia de agricultura local e circuítos de comercialización curtos celebrada en Bruselas o pasado 20 de abril, o comisario europeo de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Dacian Ciolos, subliñou as grandes expectativas dos consumidores da Unión Europea en relación cos produtos locais, con base nas enquisas que se fixeron recentemente, e destacou o gran potencial que existe con este tipo de comercialización. Dacian Ciolos constata que as vendas directas e en circuítos curtos de comercialización teñen moitas vantaxes; normalmente fanse desde pequenas explotacións que en contra do que algúns cren si que son competitivas e eficaces social e medioambientalmente, pois evitan o transporte de larga distancia (que esixe un gran gasto enerxético e contaminante) e favorecen o desenvolvemento económico dos territorios. Ademais, permite que os consumidores sexan actores
do desenvolvemento económico local. Tense constatado que actualmente o 15% das explotacións da UE xa comercializan máis da metade da súa produción a nivel local, sendo estas as máis viables. Ciolos salientou a grande importancia dos mercados e feiras locais, que están a ser máis numerosos cada ano en varios países europeos. Outras das consideracións tratadas foron que os pequenos produtores son con frecuencia os máis dinámicos e creativos e que os consumidores vinculan esta produción á calidade, á riqueza da oferta agrícola e ás súas tradicións. Con todo, a UE confirma que o desenvolvemento deste potencial non será fácil, xa que se observa que un de cada dous consumidores se atopa con dificultades para encontrar os produtos locais e existen moitos prexuízos desde medios políticos e económicos cara este tipo de comercialización, por motivos especialmente de monopolio, ao estar concentrada a distribución de alimentos en moitos dos casos en mans duns poucos grupos distribuidores. Pero este tipo de comercialización tamén supón outro reto para os agricultores e gandeiros: aprender outro oficio, o de ser comerciantes, algo do que antes non tiñan que ocuparse. O comisario informou de que a partir de 2013 a UE porá nas mans dos Estados membros instrumentos de apoio para reforzar o espírito empresarial das zonas rurais con este tipo de comercialización, para apoiar as iniciativas de mercados urbanos, evitar obstáculos administrativos para o desenvolvemento de iniciativas sen comprometer a seguridade alimentaria, reforzar a comprensión deste modo de comercialización redescubrindo as súas vantaxes e evitar o despilfarro enerxético polo transporte inútil de mercancías e o despilfarro dos produtos alimenticios perdidos en diferentes etapas da cadea loxística.
23
Finalmente, Ciolos fixo unha reflexión cara ás Administracións: de que sen dúbida será necesario interpretar mellor esta nova realidade dos sistemas de subministración de alimentos para conferirlles a súa lexitimidade inherente e permitirlles un maior despregamento en boas condicións. Desde Avimós sempre consideramos a importancia da comercialización da Galiña de Mos con este sistema de venda directa en canles curtas. Coas premisas da UE, comezaremos a investigación de produtos da raza usados hai décadas, caracterizando as súas carnes e a súa viabilidade económica. Tamén propoñeremos negociacións coa Administración para favorecer novas normativas de promoción destes produtos, o desenvolvemento de estratexias de marketing e identificación do produto e dos propios produtores, o asesoramento na implantación de iniciativas comerciais coa raza nas que se lles dea preferencia aos mercados locais e o establecemento de vías de colaboración con consumidores e hostaleiros, actores fundamentais nas estratexias de turismo agroalimentario. Paralelamente, traballaremos na mellora da produción das explotacións e da sensibilización dos consumidores cara esta produción.
Debemos ter en conta que a comercialización efectuada ata o momento, especialmente de animais vivos, foi feita fóra do amparo da normativa de ordenación das explotacións avícolas, pero se non se fixera así, nunca estaría a raza onde chegou ata o de agora. Actualmente, a Galiña de Mos é a raza de galiñas autóctonas españolas cun maior censo, segundo os datos do Ministerio
Autóctonas Galegas Número 7
24
FEDERACIÓN
SIMPOSIO HISPANO-LUSO DAS RAZAS AUTÓCTONAS. SAN VITERO (ZAMORA). OUTUBRO 2011
MARCAS DE CALIDADE, IMAXE PÚBLICA E MERCADOS, EIXES DO SIMPOSIO
Inauguración do simposio que tivo lugar a finais de outubro no paraninfo do novo recinto feiral de San Vitero
O municipio de San Vitero (Zamora) acolleu os días 27, 28 e 29 de outubro de 2011 a nova edición do simposio das razas autóctonas que organizou Federapes, no que se analizaron as fortalezas e debilidades do sector e os seus avances xunto con criadores, investigadores, técnicos e representantes das Administracións. Houbo cheo de público e unha das mensaxes máis repetidas foi a necesidade de facer máis visibles ante a sociedade as calidades destas razas e dos seus produtos derivados. Os tres días que durou o Simposium Hispano-Luso de Razas Autóctonas en Perigo de Extinción que promoveu Federapes en Zamora, coa colaboración da Federación de Asociacións de Gando Autóctono de Castela e León (Fagacyl) e do concello de San Vitero, enchéronse cun amplo programa de charlas, visitas a explotacións e a centros de interpretación e exposicións de animais. Autóctonas Galegas Número 7
Nas xornadas técnicas falouse moito do enfoque da comercialización dos produtos das autóctonas a través da consecución de denominacións de calidade e marcas de garantía e dunha boa imaxe pública, así como do modo de adxudicar e deseñar mellor os programas de conservación para optimizalos.
FEDERACIÓN
USO DE DENOMINACIÓNS DE CALIDADE E MARCAS A conferencia sobre o uso actual no mercado das denominacións de calidade e marcas de garantía correu a cargo de Teodoro López Moral, secretario executivo da Asociación de Criadores de Raza Ovina Churra (Anche). Desta raza obtense o leitón Churro, amparado pola Indicación Xeográfica Protexida Lechazo de Castilla y León. Trátase dun produto que se ve afectado polas importacións porque ten unha oferta homoxénea “estacionalmente” e se atopa cos dous grandes picos da demanda no Nadal.
Teodoro aconsellou que “como produtores debemos estudar os mercados, o consumo e a distribución alimentaria”. Indicou que hai que saber que o que máis lle importa ao consumidor é a calidade, en primeiro lugar, seguida do prezo e da proximidade. Incidiu tamén en que se debe influír en tres segmentos de mercado: nos carniceiros (“para que a nosa marca sexa a súa imaxe”), nos restaurantes (“para que inclúan a nosa marca nas cartas”) e nos consumidores finais (“para que desexen o noso produto”).
É aquí onde o relator insistiu na importancia da marca de calidade para defender o produto fronte á xeneralidade. Por iso lembrou na súa intervención cales son os obxectivos a nivel europeo das marcas de calidade para un bo posicionamento no mercado: diferenciar o produto e ofrecer un produto homoxéneo, de calidade contrastada e imaxe específica (rural, sostible, autóctona).
25
SIMPOSIO HISPANO-LUSO DAS RAZAS AUTÓCTONAS
Para Teodoro, estas son as ideas fundamentais a ter en conta respecto do uso de denominacións e marcas: as marcas de calidade son imprescindibles pero deben diferenciar; os sectores distribuidores e retallistas deberían estar nos órganos de control e decisión do produto; hai que seguir estudando o mercado e os hábitos do consumidor para que funcione a venda de produtos; e, por último, hai que intentar certificar o procedemento para descartar produtos que non cumpran uns requisitos mínimos.
Exposición de ovellas da raza Churra, orixinaria de Castela e León
EXEMPLOS DE COMERCIALIZACIÓN
SIMPOSIO HISPANO-LUSO DAS RAZAS AUTÓCTONAS
cido como slow food e están vendéndoo por 24,98 euros. “O máis importante para a competitividade do produto é a xestión da calidade, e non tanto a trazabilidade”, sinalou. A etiqueta da Mirandesa especifica o nome do produto, a localidade da que procede e a categoría e data de nacemento do animal. O volume total de vendas en 2009 xerou máis de dous millóns de euros, non obstante, hai que ter en conta que investiron catro millóns nunha gran fábrica que posúe laboratorios de innovación, controis de calidade, centro de cualificación, sistemas de embalaxe, conservación, refrixeración etc. Participantes na mesa redonda sobre comercialización
As claves da comercialización dos produtos das autóctonas foron abordadas nunha conferencia de Fernando de Sousa, do Departamento de Ciência Animal do Instituto Politécnico de Bragança, e nunha mesa redonda moderada polo secretario xeral de Federapes, José Ramón Justo Feijoo, na que participaron representantes das razas porcina Celta, caprinas Verata e Malagueña, bovina Sayaguesa e asnal Zamorano-Leonés. Estes foron algúns dos exemplos que saíron á palestra:
Raza Mirandesa Salientable na conferencia de Sousa foi o exemplo da comercialización da raza Mirandesa, coa que empezaron no ano 1995 e na que hai 180 explotacións. O prezo da súa carne foi aumentando e chegou aos sete euros/quilo. Primeiro vendían as canais, logo o despezamento e corte e despois exploráronse novos nichos e valorizouse. Unha mostra disto é o chourizo mirandés: recuperárono hai dous anos, conseguiron que fose recoñe-
Mirandesa Raza Sayaguesa Para a potenciación da raza Sayaguesa contratáronse os servizos dunha consultora que preparou unha promoción buscando as particularidades da carne desta Autóctonas Galegas Número 7
FEDERACIÓN
26
raza e facendo fincapé na alimentación natural dos animais. Creouse a marca de garantía Carne de Raza Sayaguesa, controlouse todo o proceso e vendeuse a grandes superficies, establecementos hostaleiros, distribuidores e franquicias delicatessen 2.0. O resultado foi un éxito e mesmo o xornal The Guardian chegou a incluír un prato de carne desta raza entre os 50 mellores do mundo. Agora están inmersos no desenvolvemento dun plan de marketing exclusivo para
esta marca, cuxo principal obxectivo é subir o prezo do produto; concretamente atópanse na primeira fase, de deseño dunha imaxe corporativa propia inspirada nas cores da vaca (negra e vermella). Entre os seguintes pasos do plan figuran unha campaña de fomento da calidade da carne, a certificación e a etiquetaxe e a creación dunha páxina web oficial con tenda on-line. Campaña ConSuma Naturalidad A Fundación Félix Rodríguez de la Fuente desenvolveu unha campaña de promoción do consumo dos produtos cárnicos das razas autóctonas, dándolle forma a un proxecto Life e da Unión Europea que se leva a cabo en zonas pertencentes a Rede Natura 2000. Nesta campaña están definidas tres actuacións: promoción de
DEBATE SOBRE IMAXE PÚBLICA E MERCADOS Na segunda mesa redonda do programa, moderada por un dos coordinadores do comité científico do simposio,
canles específicas de comercialización, realización de talleres con axentes locais e execución de campañas de información para o consumidor. O obxectivo é concienciar aos cidadáns de que poden realizar unha contribución específica á conservación da biodiversidade a través dun consumo responsable.
José Emilio Yanes, interviron técnicos e membros de gabinetes de comunicación que traballan na imaxe pública de
SIMPOSIO HISPANO-LUSO DAS RAZAS AUTÓCTONAS
razas autóctonas en perigo de extinción. Expoñemos algunhas das propostas comentadas:
Iván Ledesma Trufero, de European Business Consulting
“As empresas que crean unha identidade por si soas tardan máis que as que delegan e fan estratexias de mercado e difusión da marca”
Ángel Rodríguez Castañón, secretario executivo de Aseava e Aseamo
“Hai que facer un labor formativo das autóctonas dende a escola para que incremente a autoestima e as persoas veñan con coñecemento e sentimento cara ás razas”
Atilano Suárez, do Instituto Politécnico de Bragança
“Os gandeiros teñen que enfrontarse ao mercado e con idea de competencia. Hai que coidar o escenario: decoración, indumentaria dos dependentes, vehículos, carteis, probas de degustacións…”
Curro Fidalgo Bueno, de Jaus Comunicación
“Temos que crear protagonistas, saber transmitir a mensaxe e saber arriscar con creatividade”
Manuel Luque Cuesta, dos servizos técnicos de Feagas
“Temos que asociar a raza ao territorio para que logo o cidadán a demande cando visite esa zona; asociar a raza á calidade e asociar a raza a un modo de cría, para que o cidadán fomente un tipo de cría en harmonía co medio”
Outras conclusións interesantes ás que se chegou neste debate foron a conveniencia de buscar a implicación dos restauradores da zona dándolles valor engadido pero sen abaratar o prezo, de pedir liñas de axuda para proxectos de I+D+i que inclúan a promoción das razas, de deseñar campañas de comunicación que saian do grupo de xente que xa coñece as autóctonas e se dirixan a persoas que nunca as viron nin leron nada sobre elas, de fidelizar ao público local e de enfrontarse á competencia en mercados onde non hai produtos de calidade. Autóctonas Galegas Número 7
A raza Zamorano-Leonés úsase en sesións de asnoterapia
FEDERACIÓN
ORIENTACIÓN DOS PROGRAMAS DE CONSERVACIÓN Para tratar o estado dos programas de conservación en España contouse co xenetista Fernando de la Fuente Crespo, do Departamento de Producción Animal da Universidade de León, quen expuxo a necesidade de valorar as prioridades á hora de determinar que razas deben conservarse, xa que hai 123 en perigo de extinción e “se os fondos se manteñen, tocará a menos”. Nesta liña, propuxo catro criterios para cuantificar a importancia dunha raza autóctona e a súa achega á diversidade total: a diversidade nas características fenotípicas e herdables, a diversidade xenética molecular partindo do DNA, a evidencia do illamento xenético no pasado e o valor patrimonial e cultural. Para o conferenciante, cuantificar esta importancia é posible se se comparan todas as razas: as potencialmente en perigo, as que xa o están e as que hai (actualmente existe un borrador do MARM cos criterios que o deciden). De la Fuente opinou ademais que se debe repartir o orzamento “proporcionalmente á probabilidade de extinción” e que “o éxito dos programas está máis baseado na imaxinación para buscar fórmulas de conservación”.
OUTROS TEMAS O simposio deu para moito e os asistentes tamén puideron escoitar á directora técnica de Anca (raza Castellana), Concepción González Rodríguez, explicar as causas da deriva do gando ovino nas zonas desfavorecidas; a Alfonso Garrido Jiménez, da Dirección Xeral de Política
Concepción González, directora técnica de Anca
27
SIMPOSIO HISPANO-LUSO DAS RAZAS AUTÓCTONAS
Sobre este tema, pero contextualizado en Portugal, tamén disertou Nuno Carolino, da Unidade de Investigaçao de Recursos Genéticos, Reproduçao e Melhoramento Animal do Instituto Nacional dos Recursos Biológicos. Nuno comentou que no seu país teñen poucas razas protexidas, que só 12 produtos derivados delas posúen denominación dun total de 78 e que están todas conservadas nun banco de xermoplasma animal. Destacou algún exemplo de recuperación, coma o da raza ovina Campaniça, as bovinas Mertolenga e Alentejana e a raza cabalar Sorraia, pero alertou do baixo grao de cumprimento dos criterios de conservación por parte dalgunhas agrupacións, así como a baixa adhesión destas ás novas tecnoloxías. Por iso citou como un dos principais retos para o futuro a reestruturación dos programas de selección e conservación e reclamou das Administracións e da sociedade a mesma sensibilización cara estas razas que a que teñen cara ao lobo, a cegoña ou o oso panda, por exemplo. Fernando de la Fuente alertou da necesidade de valorar as prioridades á hora de determinar que razas deben conservarse
SIMPOSIO HISPANO-LUSO DAS RAZAS AUTÓCTONAS
Agraria Comunitaria de Castela e León, lanzar unha mensaxe tranquilizadora sobre os efectos da reforma da PAC no apoio ás razas autóctonas; e ao doutor en Veterinaria e investigador Manuel Rodríguez Pascual facer unha revisión histórica da transhumancia.
O programa de actividades incluíu a visita a unha das poucas explotacións de ovellas brancas e negras da raza Castellana dedicadas á produción de leite Autóctonas Galegas Número 7
novas
28
GASTRONOMIA
Morenas gallegas
Las mejores vacas del mundo A MEDIADOS DE JULIO LA FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA (BOAGA) Y LA ASOCIACIÓN DE CRIADORES DE RAZA VIANESA CELEBRARON UNA JORNADA EN EL RESTAURANTE GALILEO, EN SANTA BAIA (OURENSE), PARA IMPULSAR EL CONSUMO DE LA CARNE DE ESTAS VACAS DE VIDA LONGEVA. EN EL LOCAL, EN EL QUE OFICIAN FLAVIO MORGANTI Y SU FAMILIA, TUVIMOS OCASIÓN DE PROBAR DISTINTAS PREPARACIONES, DESDE LAS MÁS MODERNAS HASTA LAS DE TODA LA VIDA. [TEXTO Y FOTOS: MIKEL ZEBERIO]
E
ntre los invitados estaba Luismi, una de las piezas clave de este encuentro después de adquirir el pasado noviembre una res vacuna de 19 años de raza caldelá que resultó ser la ganadora del primer premio en el I Concurso Nacional de Carne a la Parrilla en el Salón San Sebastián Gastronomika, que se desarrolló en el palacio Kursaal y de cuya preparación se encargó Joxean Eizmendi, del restaurante Illara de San Sebastián. Esa experiencia a finales del año pasado animó a la Federación a intentar promover estas razas, a las que Galicia está muy unida, y sobre todo Ourense, que originariamente cuenta con un patrimonio genético de valor incalculable. A todas ellas se las conoce como morenas gallegas y en este grupo se encuentran la vaca cachena, considerada como la más pequeña del mundo; la caldelá, que expresa la fuerza del trabajo; la frieiresa, todo un ejemplo de adaptación al medio; la limiá, la más grande del mundo; y la vianesa, raza rústica y de producción. Tanto a los criadores como a la BOAGA les debemos el cuidado y sobre todo la proyección de estas razas, porque si nos fijamos en el censo de estas especies, en 1991 estaban registradas 135 vacas cachena, pasando en 2010 a las 2.677 (incremento del 1.868%); de las 30 caldelá que había en 1991 se había llegado 19 años después a 836 (un aumento del 2.800%); mientras que el número de frieiresa creció un 2.500% ( de
40 ❘ GASTRONOMÍAON
Autóctonas Galegas Número 7
Vaca cachena.
Vaca caldelá.
16 a 421) y el de raza limiá un 444%. Por último, frente a las 194 vianesas existentes en 1991 se registraban 1.247 en 2010 (con un crecimiento del 542%). El aumento medio fue del 1.257%, pasando de 409
vacas autóctonas a 5.624. Sin embargo, el numero total de las vacas morenas gallegas es muy pequeño en relación a las 296.962 frisonas o a las 58.790 rubias gallegas y a otras razas: blon-
novas
29
el dato mi, que se encarga de distribuirlos por todo el Estado.
RAZAS Y MUNICIPIOS
Raza frieiresa.
Vaca limiá.
Raza vianesa.
da de Aquitania, asturiana de los valles, limousin, charolesa, parda, etc. Estas cifras reflejan el importante trabajo que están realizando los criadores para mantener las razas autóctonas, cuidando con detalle el trato al animal, así como su alimentación y su modo de vida. Animales que después son seleccionados con mimo por la familia Cochón, del matadero Bandeira, y posteriormente por Luis-
La raza cachena tiene su origen en el suroeste de Ourense, en el concejo de Entrimo, sobre todo en la localidad de Olelas. La capital del área geográfica de la raza caldelá es el municipio de Castro Caldelas, en el límite con la provincia de Lugo. La raza frieiresa toma su nombre de la comarca natural de las Frierias y se extiende por los ayuntamientos de A Gudiña y A Mezquita. Por su tamaño, ha sido una de las grandes proveedoras de bueyes en las apuestas de arrastres de Euskadi. La raza vianesa llega hasta Sanabria, en Zamora, y con este nombre se conoce a la población bovina autóctona asentada en la comarca de Viana do Bolo, al sureste de la provincia de Ourense. Cuidando todos los aspectos, desde la parte humana hasta la alimentación del ejemplar, las morenas gallegas se erigen como las de mayor calidad del mundo. Así lo he comprobado durante años y confirmado en la degustación del pasado día en el Galileo, con un suculento menú que consistió en vaca sobre fondo de pimiento asado; láminas de vianesa con base agria; tartar clásico de vianesa; vianesa a la vinagreta; carpaccio de vianesa con parmesano y champiñones; empanada casera de vianesa; albóndiga con tomate aromatizado; hamburguesa vianesa; consomé natural de vianesa; risotto al tempranillo de Mariano García con vaca vianesa selección Luismi Premium; queso de Amelia, tosta y tosta de pan artesano; y selección de postre de leche de vaca. Hay que agradecer una vez más el empeño y el tesón de las asociaciones, criadores y la gente que, como Luismi, lleva el nombre y el sabor de esta magnífica carne a todos los rincones del mapa.
■ CAE EL CONSUMO DE FUERA DE CASA
El consumo de vino fuera ha caído un 7,6%, lo que s por un menor número de los establecimientos (-4,9 ta situarnos con 6.263 mil visitas al año en los niveles dos años. Sin embargo, c este periodo el gasto m
comensal en cada visita hasta los 4,33 € por perso do este siempre un poco en la temporada otoño-invi en la de primavera-verano. ción de consumo alimen España parece empeora arranque del 2011 frente parecía una tímida recupe finales del pasado año, en al consumo fuera del hog que se refiere al consumo según la encuesta, se en entre los productos que má cen. Su consumo en el tota tas realizadas a establecim restauración cae en este pe -7,6%, que es una cifra pe media, más moderada q licores (-23,4%), sidras (-1 aguas (-12,7%), pero con p lución que la de la cerveza zumos (+2,6%) o bebid (+8,4%).
AS MORENAS CONQUISTARON EUSKADI No mes de agosto, a revista ON facíase eco das numerosas bondades das cinco razas bovinas autóctonas de Galicia. O cociñeiro e divulgador gastronómico vasco Mikel Zeberio quedou fascinado co sabor e coa textura destas carnes despois dunha xornada de degustación celebrada no restaurante Galileo (O Pereiro de Aguiar, Ourense), rexentado polo cociñeiro de orixe italiana e grande impulsor do consumo destas carnes en Galicia, Flavio Morganti. A raíz desta gra-
ta experiencia quixo deixar constancia das súas sensacións nunha reportaxe na que define as morenas galegas como “as mellores vacas do mundo”. A revista ON é un suplemento de estilo, ocio e televisión que se distribúe conxuntamente cos xornais Diario de Noticias (Navarra), Deia-Noticias de Bizkaia, Diario de Noticias de Alava e Noticias de Gipuzkoa.
Autóctonas Galegas Número 7
30
novas
AS AUTÓCTONAS, ESTUDADAS NUN CURSO DE VERÁN DA USC As razas autóctonas galegas foron protagonistas dun curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que tivo lugar do 7 ao 9 de setembro no Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural (Ibader), no campus de Lugo. Baixo o título “Razas autóctonas de Galicia e os seus produtos tradicionais” presentáronse varios relatorios, entre os que se encontraban os referidos ás razas bovinas, á Ovella Galega e á Galiña de Mos, impartidos por veterinarios de Boaga.
A CACHENA ENTROU NO PALMARÉS DO VII CONCURSO DE TAPAS DE LUGO Lugo celebrou entre o 9 e o 25 de setembro a sétima edición do seu concurso de tapas, no que competiron un total de 40 establecementos hostaleiros e onde a carne da raza Cachena obtivo un recoñecemento especial ao ser a base da tapa tradicional gañadora. A Taberna do España proclamouse vencedora cun xarrete de Cachena ecolóxica adubado no forno con verduras e viño da Ribeira Sacra e acompañado por unha salsa obtida de ligar viño, castañas e mazá salteada. O xurado profesional estivo formado por cociñeiros e gastrónomos de renome, entre eles Roberto Wagner, representante do Centro Superior de Hostelería de Galicia; Xoan Cannas, sommelier do restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe galardoado co premio Nariz de Ouro
2004; Marcos Cerqueiro Rey, cociñeiro do restaurante Abastos 2.0 de Santiago de Compostela; Antonio Graña Vázquez, director do Parador de Ribadeo, e Manuel Gago Mariño, periodista e blogueiro especializado na gastronomía galega.
O certame, organizado polo Concello de Lugo en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, logrou un éxito de público e de vendas, con máis de 40.000 tapas servidas.
Esta tapa feita con xarrete de Cachena ecolóxica venceu na categoría tradicional
PRESENZA NA FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN A Cabra Galega participou por primeira vez, e con moi boa acollida, na tradicional Feira das Cabras de Merlán, un dos poucos monográficos de gando caprino que hai en Galicia. A cita foi a fin de semana do 17 e 18 de setembro na parroquia de Merlán, no municipio de Chantada, e alí tivemos a ocasión de presentar ante os asistentes esta raza autóctona galega e as súas posibilidades produtivas. Por vez primeira acudiron á Feira de Merlán criadores de Cabra Galega
Autóctonas Galegas Número 7
novas
31
PRESENTACIÓN DUN TRABALLO SOBRE A CABRA GALEGA NO CONGRESO DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE OVINOTECNIA E CAPRINOTECNIA Os días 6 e 7 de outubro desenvolveuse na cidade de San Sebastián a vixésimo sexta edición do Congreso da Sociedade Española de Ovinotecnia e Caprinotecnia, un consolidado foro de expertos onde Boaga presentou o traballo de investigación “Infecciones parasitarias digestivas y pulmonares en la raza autóc-
tona Cabra Galega”. O devandito traballo estase levando a cabo coa colaboración do Departamento de Parasitoloxía e Enfermidades Parasitarias da Universidade de Santiago de Compostela e ten por obxecto coñecer as principais afeccións causadas por parasitos nesta raza.
A OVELLA GALEGA E ASOVEGA, NO XII SIMPOSIO IBEROAMERICANO SOBRE A CONSERVACIÓN E UTILIZACIÓN DOS RECURSOS ZOOXENÉTICOS A Red Conbiand é unha asociación de ámbito iberoamericano centrada na conservación da biodiversidade dos animais domésticos locais para o desenvolvemento rural sostible. Todos os anos celebra un simposio para poñer en común as accións que se están a realizar en relación cos recursos zooxenéticos dos distintos países. En 2011, o encontro desenvolveuse en Panamá do 23 ao 25 de setembro e a Ovella Galega estivo presente por partida dobre. Por unha banda, mediante un traballo sobre as características produtivas de crecemento e canal de cordeiros de catro meses; dos resultados preliminares deste estudo, aínda que son parciais, á espera dos resultados concluíntes no ano 2013, destacan a influencia no tipo de alimentación tanto no crecemen-
to coma nos rendementos da canal. Ademais, Asovega estivo representada pola súa secretaria executiva, Silvia Adán,
nunha mesa redonda na que se falou da organización do subsector gandeiro como o gran reto para as razas locais.
Asovega tivo representación na mesa redonda sobre a organización do sector
XUNTANZA DE CRIADORES DE BOVINO NAS NOGAIS A casa de turismo rural A Lareira, situada en Chan de Vilar, no concello lucense das Nogais, acolleu o 11 de novembro unha reunión dun grupo de criadores da zona cos técnicos de Boaga para sondar o estado das explotacións, ver as súas eivas e fixar camiños de traballo, tanto de xeito individualizado como dende a Federación. Como non podía ser doutro xeito, na cea tomouse carne dunha das razas autóctonas, nesta ocasión de Vianesa.
Autóctonas Galegas Número 7
32
novas
DESTACADO PAPEL DAS AUTÓCTONAS EN EXPOLUGO 2011
O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo foi un ano máis o escenario da tradicional mostra rural e agrogandeira Expolugo, que reuniu en exposición exemplares das razas autóctonas galegas do 7 ao 9 de outubro, coincidindo coas concorridas festas do San Froilán. De feito, Expolugo congregou nesta edición máis de 15.000 visitantes. No posto informativo do que dispuxo Boaga dentro do pavillón da mostra recibíronse moitas persoas que se interesaron polas características de cada raza e polas súas producións, así como polos puntos de venda nos que adquirir os animais e os produtos derivados deles.
Autóctonas Galegas Número 7
Tamén as reses expostas levantaron unha grande expectación entre o público asistente. Os animais non só estiveron no Pazo de Feiras, senón que algúns saíron ás rúas da capital provincial para participar nun desfile de gando seguido por milleiros de transeúntes e que serviu de preámbulo do evento. Outra das actividades de Expolugo relacionadas coas autóctonas foi a elaboración dun menú degustación que se ofreceu os tres días que durou a mostra e que incluíu pratos coma os de carne de cordeiro de Ovella Galega ao forno e Galo de Mos en pepitoria.
novas
33
V CONCURSO DA GALIÑA DE MOS Como vén sendo habitual, no marco de Expolugo celebrouse o Concurso-Exposición Monográfico da Galiña de Mos, que xa vai pola quinta convocatoria e
que constitúe un bo escaparate para esta raza. Destacou a gran calidade das aves presentadas, síntoma de que a xenética Mos se está consolidando cada vez máis.
PALMARÉS Categoría de Galos: 1º premio. Galo propiedade de Ramón Francisco Sueiro Varela, da Laracha (A Coruña). 2º premio. Galo propiedade de Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra (A Coruña). 3º premio. Galo propiedade de Filomena Varela Ferro, de Outeiro de Rei (Lugo). Categoría de Galiñas: 1º premio. Galiña propiedade de María López Rodríguez, de Lugo. 2º premio. Galiña propiedade de José Manuel Rama García, de Carral (A Coruña). 3º premio. Galiña propiedade de Sara González Balsa, de Xermade (Lugo).
Autóctonas Galegas Número 7
34
novas
POSTA DE LARGO DOS PRODUTOS DERIVADOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS
O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, a carnicería, a venda delicatessen e o turismo, ademais de medios de comunicación. Tratouse dun acto exclusivamente profesional coorganizado pola Fundación Semana Verde de Galicia e a Consellería do Medio Rural, coa colaboración de Boaga e Puraga, co obxectivo de promocionar de forma conxunta todas as razas e impulsar o consumo e a comercialización da súa produción. A parte máis atractiva da xornada foi a completa degustación de pratos elaborados con carnes destas razas polos alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, baixo a dirección do profesor Rafael Brantuas; Boaga encargouse de contactar cos criadores para abastecer aos cociñeiros das distintas pezas solicitadas. Integraron o menú estas 11 propostas culinarias: sopa de Galiña de Mos con castañas asadas, Galo de Mos en escabeche con follas frescas, tirabuzóns de presa de Porco Celta con mollo de boletos, cordeiro de Ovella Galega con mollo de améndoas, cabrito de Cabra Galega á cazadora con ceboliñas, poldro de Cabalo Galego ao viño de mencía, roastbeef de tenreira Cachena, tacos ao allo de tenreira Caldelá, tenreira Frieiresa ao caldeiro, carbonada de tenreira Limiá e carpaccio de tenreira Vianesa. Autóctonas Galegas Número 7
O programa deste evento incluíu ademais unha serie de charlas técnicas previas á degustación. A sesión comezou cunha presentación das características morfolóxicas e cárnicas das razas autóctonas galegas a cargo do director de Boaga, José Ramón Justo Feijoo, quen na súa intervención destacou que para que exista unha demanda destes produtos é fundamental que antes se dean a coñecer.
O xantar foi inaugurado polo daquela conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e conforme se ía servindo cada prato, os técnicos das asociacións de criadores de cada raza explicábanlles aos comensais as principais cualidades do produto.
Seguidamente interveu Constantino Bragado, mestre carniceiro do Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca), que falou das novas orientacións no comercio minorista de carnes e insistiu na necesidade de adaptarse aos tempos e buscar a profesionalización tanto dos gandeiros coma dos transformadores industriais e do persoal técnico das oficinas. No terceiro relatorio da mañá tamén participaron traballadores do Ceteca.
novas
35
Daniel Franco, responsable do Laboratorio Físico-Químico, e José Manuel Lorenzo, responsable do Laboratorio de Cromotografía, profundaron nas calidades da canal e carne das razas autóctonas galegas e nos aspectos prácticos para unha correcta maduración e conservación; tras a explicación levaron a cabo unha cata de lombo de poldro para testar a aceptación deste produto entre os consumidores. A quenda de conferencias rematou coa cooperativa galega Monte Cabalar e a presentación que fixo dun novo salchichón preparado con carne magra de poldro e touciño de Porco Celta, salientable pola pouca cantidade de graxa, a riqueza en omega 3 e o suave sabor a caza. Ao longo deste día, o recinto feiral mantivo unha exposición de varios exemplares de autóctonas no exterior, e da carne crúa destes animais e mais de folletos informativos, catálogos e revistas no interior das instalacións.
TRATOUSE DUNHA PRESENTACIÓN DOS PRODUTOS DAS NOSAS RAZAS ANTE MÁIS DE 180 PROFESIONAIS DA HOSTALERÍA, A CARNICERÍA, A VENDA DELICATESSEN E O TURISMO
Autóctonas Galegas Número 7
novas
36
XORNADA SOBRE O GALO DE MOS NO RESTAURANTE MARINA DAVILA O restaurante vigués Marina Davila organizou unha xornada sobre o galo de Mos o xoves 17 de novembro. Primeiramente tivo lugar unha charla para contar a historia desta raza e explicar as características de crianza e as diferenzas existentes respecto das carnes de aves industriais. Logo serviuse un xantar para 40 comensais onde o Galo de Mos, guisado con patacas e chícharos tenros, gustou moito.
O restaurante vigués preparou o Galo de Mos guisado para 40 comensais
PARTICIPACIÓN NUN PROXECTO NACIONAL DE CONSERVACIÓN DAS RAZAS OVINAS
Raza Canaria de Pelo
Raza Ovella Galega
Raza Ripollesa
No mes de novembro de 2011 aprobouse o proxecto “Análisis de la diversidad genética de razas ovinas mediante genotipado de alta densidad e identificación de alelos distintivos de razas mediante secuenciación masiva de genes” nas accións complementarias de apoio á conservación dos recursos xenéticos de interese agroalimentario do Plan Nacional de I+d+i 2008-2011, coordinado polo Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA) e o Ministerio de Ciencia e Innovación.
de xenotipado e secuenciación masivos. Concretamente utilizarase a ferramenta OvineSNP50 BeadChip de Illumina para xenotipar 50.000 polimorfismos nucleotídicos (SNP) autosómicos nunha mostra representativa de cada raza. Tamén se estimará a variabilidade xenética mitocondrial mediante técnicas de secuenciación convencionais. Así mesmo, coa finalidade de identificar secuencias distintivas de raza, usarase unha plataforma GS FLX 454 de Roche para secuenciar xenes expresados no músculo, caracterizar a súa variabilidade xenética e identificar novas variantes, algunhas das cales poderían ter
efectos potenciais sobre a calidade da carne. Como aproximación complementaria para identificar secuencias distintivas de raza caracterizaranse, mediante secuenciación convencional, diversos xenes relacionados coa pigmentación.
Raza Roja Mallorquina
Raza Xisqueta
Este proxecto, que está formado por tres subproxectos e do que é responsable o Consorcii CSIC-IRTA-UAB Centre de Recerca en Agrigenòmica de Barcelona, conta con 15 investigadores de distintas comunidades autónomas e entidades, entre elas Boaga. O obxectivo deste estudo implica a caracterización xenética e identificación de secuencias distintivas correspondentes a cinco razas ovinas de protección especial (Xisqueta, Ripollesa, Canaria de Pelo, Roja Mallorquina e Ovella Galega) mediante aproximacións moleculares Autóctonas Galegas Número 7
A información xerada no proxecto empregarase para deseñar paneis reducidos de SNP que poidan ser útiles na realización de probas de paternidade e de identificación de produtos específicos de raza, así como no contexto da implementación de estratexias de conservación xenética.
novas
37
VISITA DA ACADEMIA GALEGA DE GASTRONOMÍA Á SEDE DE BOAGA O 13 de decembro recibimos a visita dun comité da Academia Galega de Gastronomía nas oficinas da Federación, en Fontefiz. Os membros deste comité foron atendidos polo director de Boaga, con quen compartiron os coñecementos que teñen das carnes da nosas razas e a quen lle comentaron o apreciadas que son tanto dentro como fóra de Galicia.
REUNIÓN COS GANDEIROS DE VIVEIRÓ E ARREDORES Os técnicos de Boaga reuníronse o 20 de xaneiro cun grupo de gandeiros de Viveiró (Muras) e de concellos limítrofes e aproveitaron o encontro para visitar algunhas explotacións da zona. Estas xuntanzas sérvennos para tomar nota das inquedanzas e demandas dos produtores e para analizar conxuntamente o estado do sector.
AS RAZAS AUTÓCTONAS DEGUSTÁRONSE EN XANTAR Co obxectivo de promocionar a calidade dos produtos gastronómicos das razas autóctonas, Boaga acudiu á décimo terceira edición do Salón Galego de Gastronomía e Turismo, máis coñecido como Xantar, que se celebrou en Ourense do 1 ao 5 de febreiro. Á parte do estand informativo co que se fixeron presentes, para este evento organizaron un obradoiro de elaboración de pratos con razas autóctonas coa colaboración do cociñeiro de orixe italiana Flavio Morganti, que desde hai 14 anos rexenta o restaurante Galileo no Pereiro de Aguiar. Morganti preparou, entre outros pratos, un tartar de vacún de razas autóctonas, unha sopa de polo de Galiña de Mos e unha triloxía de hamburguesas de vacún, polo de Mos e Ovella Galega con mazá que cociñou en directo, ante os comensais participantes.
Durante a degustación destas carnes, que se complementou coa cata de distintas variedades de viño do Ribeiro, Flavio Morganti destacou a tremenda capacidade de adaptación das razas autóctonas ao territorio, polo que os produtos alimenticios que delas se derivan transmiten mellor ca ningún outro o sabor da zona da que proceden. Tamén fixo especial fincapé no labor fundamental dos gandeiros, xa que grazas ao seu traballo diario e constante fan posible
que logo na cociña se poidan elaborar pratos de sabores inigualables e que a gastronomía galega se sitúe “entre unha das mellores”. Non obstante, o dono do restaurante Galileo insistiu en que como recoñecemento a esa materia prima de primeiro nivel, tanto comensais como cociñeiros deben saber pór en valor o produto, saber difundilo e saber pagalo.
Autóctonas Galegas Número 7
38
A GRANXA SOUTODEHERVILLE CONVOCOU O PRIMEIRO CONCURSO DE RECEITAS CO GALO DE MOS Un criador da raza Mos, Soutodeherville, lanzou no mes de febreiro a convocatoria ao primeiro concurso de receitas feitas con polo ou Galo de Mos, enfocado exclusivamente a bloggers e a editores de páxinas web relacionadas coa gastronomía. Concorreron máis de 30 internautas e o resultado das votacións foi moi axustado debido á orixinalidade das propostas culinarias. Fíxose co primeiro premio (consistente nun Galo de Mos da granxa convocante) a receita de polo á sal sobre torta de patacas e salsa de chocolate e café presentada por Almudena Abalo, de Vilagarcía de Arousa, creadora do blog Almudelicias. En segundo lugar situouse o Galo de Mos estufado ao azafrán sobre puré de patacas galegas e verza, recomendación enviada dende Madrid por José Romero, de Romero y algo más. O terceiro posto foi para unha receita proveniente de Tenerife de polo en crumble de muesli, mandada por Isabel López, autora do blog Lamboadas de Samhaim.
RECEPCIÓN EN FONTEFIZ DOS AMIGOS DA COCIÑA GALEGA Os Amigos da Cociña Galega achegáronse o 15 de febreiro ata o Pazo de Fontefiz para coñecer as nosas instalacións e o traballo desenvolvido nelas. Os membros desta asociación estiveron atendidos polo director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, Cástor Rivero, e o director de Boaga, José Ramón Justo, e mostráronse moi interesados nas explicacións que lles deron acerca das razas e a súa produción cárnica.
Autóctonas Galegas Número 7
novas
AS RAZAS AUTÓCTONAS, PRESENTES NO FÓRUM GASTRONÓMICO 2012
Do 26 ao 28 de febreiro, a capital galega foi escenario do Forum Gastronómico Santiago 2012, un punto de encontro para os profesionais da gastronomía e as empresas do sector agroalimentario que se celebra anualmente, alternando sede entre as cidades de Xirona e Santiago de Compostela. A Federación de Razas Autóctonas de Galicia estivo presente nesta convocatoria coa premisa de pór en valor as bondades das carnes das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Con esta finalidade, o día 27 tivo lugar unha degustación de pratos que tiñan como ingrediente principal a carne dalgunha destas razas e que foron elaborados por alumnos de hostalería do Centro Integrado de Formación Profesional Compostela. Unha ensalada de Galiña de Mos, un roastbeef de Cachena, unha caldeirada de cordeiro de Ovella Galega, uns tacos de Caldelá con allo ou un espeto de Limiá á pementa foron algunhas das propostas servidas aos comensais participantes. Durante a mostra, o veterinario de Boaga José Antonio Carril expuxo a situación actual das razas autóctonas en perigo de extinción e eloxiou os programas de recuperación auspiciados pola administración que fixeron posible que o proceso de extinción non fose irreversible. Superada esta primeira fase, o propósito agora é achegar estes produtos ao consumidor, divulgalos para que a xente os coñeza e os valore e, finalmente, os consuma. Carril falou da combinación do xenuíno e o tradicional que se dá neste tipo de carnes, sentenciando que “as autóctonas galegas sempre estiveron aí e aí deben continuar”.
novas
39
AS AUTÓCTONAS COBRARON PROTAGONISMO NA FEIRA MONOGRÁFICA DE GANDAGRO
O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que forman parte de Boaga. Ata Silleda trasladáronse 21 exemplares das cinco razas de bovino (Cachena, Frieiresa, Limiá, Vianesa e Caldelá), 10 de Ovella Galega, 20 de Cabra Calega e 60 da Galiña de Mos. Ademais, o día de inauguración da feira houbo unha presentación dalgunhas das razas galegas en perigo de extinción na que participaron exemplares de Cabra Galega, Ovella Galega e Galiña de Mos. Aínda que as vacas non desfilaron pola pista, a súa vistosidade tamén quedou de manifesto, converténdose no centro de atención para moitos visitantes. A segunda edición de GandAgro, que pechou cunha cifra de visitantes próxima aos 11.000, contou con 231 firmas expositoras de 14 países e un programa con máis de 30 actividades, nas que se incluíron conferencias, concursos, presentacións, exhibicións e reunións sectoriais.
A FEIRA INCLUÍU A TRADICIONAL PRESENTACIÓN DE GANDO AUTÓCTONO ANTE AS AUTORIDADES
Autóctonas Galegas Número 7
40
novas
DESPRAZÁRONSE ATA SILLEDA MÁIS DE 20 EXEMPLARES DAS CINCO RAZAS BOVINAS AUTÓCTONAS
Autóctonas Galegas Número 7
novas
41
NOVA EDICIÓN DO CONCURSO-EXPOSICIÓN DA GALIÑA DE MOS
No II Concurso da Galiña de Mos participaron 60 exemplares pertencentes a 17 criadores de distintos puntos de Galicia. Ademais, esta raza avícola foi a protagonista dunha conferencia celebrada durante a tarde do día 10
no marco do salón, na que o director técnico de Avimós, Diego Rois Losada, falou sobre a aplicación da nova normativa que rexe a avicultura artesá.
PALMARÉS
Categoría de Galos: 1º premio. Galo propiedade de Alejandro Collazo Casal (Mos, Pontevedra) 2º premio. Galo propiedade de José Manuel Rama García (Carral, A Coruña) 3º premio. Galo propiedade de Francisco Monasterio Solveira (Vilalba, Lugo)
Categoría de Galiñas: 1º premio. Galiña propiedade de Luís Fernández Fernández (Riotorto, Lugo) 2º premio. Galiña propiedade de Manuel Rodríguez Alonso (Mos, Pontevedra) 3º premio. Galiña propiedade de Mariña Grille Negreira (Val do Dubra, A Coruña)
Autóctonas Galegas Número 7
42
novas
NO QUE FOI O SEGUNDO CONCURSO DA GALIÑA DE MOS COMPETIRON 60 EXEMPLARES DE 17 CRIADORES
ÉXITO DOS CURSOS DE PRIMEIROS AUXILIOS NA ACTIVIDADE AGROPECUARIA E DE MANEXO E PRODUCIÓN EN EXTENSIVO Cada vez é maior a preocupación que os gandeiros mostran por acadar unha formación axeitada. Coñecementos que en ocasións lles van facilitar o desempeño diario da súa actividade, que lles serven para a adopción de boas prácticas e que, por outra banda, constitúen un exemplo do interese crecente na profesionalización dun sector onde a combinación entre os usos tradicionais e a preparación vai marcar a diferenza.
Autóctonas Galegas Número 7
Asistentes ao curso de manexo e produción de gando en extensivo impartido en Fontefiz
Boa proba disto é o éxito que tiveron as accións formativas programadas para este ano. Unha delas tratou os primeiros auxilios na actividade agropecuaria; constou de 4 horas presenciais, impartidas nas instalacións de Fontefiz o 23 de marzo, e de 66 horas de formación a distancia. O outro curso ofertado centrouse no manexo e a produción de gando en extensivo e tamén foi mixto, con 8 horas presenciais levadas a cabo o 30 de marzo, complementadas con 62 horas na modalidade a distancia.
novas
43
BOAGA NAS XORNADAS DE CLAUSURA DO PROXECTO NATURA XURÉS-GÊRES O 28 de marzo tiveron lugar en Lobios (Ourense) as xornadas de clausura do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal POCTEP Natura Xurés-Gêres, no que participou Boaga. Na conferencia ofrecida no marco da clausura explicouse o traballo realizado, consistente nun estudo dos efectivos gandeiros que se encontran no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, as estatísticas das razas autóctonas e a representación dos datos en soporte informático a través dun Sistema de Información Xeográfica (gvSIG 1.9). Como conclusións do devandito estudo saíron á palestra as seguintes: o número de explotacións neste parque natural diminúe, mentres que o número de cabezas por explotación aumenta para a especie bovina e mingua no caso da ovina; as razas autóctonas domésticas en
perigo de extinción máis representativas son a Cachena e a Limiá; e constátase a tendencia ao despoboamento e, por tanto, á diminución da actividade gandeira tradicional e á destrución do parque tal como o coñecemos dende que o home está no Xurés-Gêres. En canto aos posibles plans de actuación eficaces para incentivar a actividade
agrogandeira sostible neste lugar, pasan por ter unha xestión agrogandeira adecuada do territorio, unha modernización dos sistemas de pastoreo, explotacións gandeiras en extensivo, razas autóctonas adaptadas ao seu medio e unha dinamización económica e turística tamén a nivel agrogandeiro.
Na clausura deuse unha conferencia sobre a presenza das razas autóctonas no Parque Natural Xurés-Gêres
LUCIMENTO DA GALIÑA DE MOS NA FEIRA DE QUEIXO DO CEBREIRO O 5 de abril, persoal de Avimós desprazouse entre a neve para acudir á Feira do Queixo do Cebreiro, onde dous criadores de Galiña de Mos residentes en Pedrafita mostraban os seus exemplares aos moitos visitantes desta festa que se achegaron ao estand.
CARNE DE CACHENA Á VISTA E Á VENDA NA FEIRA DE TRIACASTELA O mal tempo non conseguiu deslucir unha nova edición da Feira de Artesanía e Produtos Locais que se celebrou o 7 de abril en Triacastela. O número de expositores superou o medio cento e entre eles atopábase o posto dun criador de Cachena, Manuel Iglesias Fernández, quen xa na anterior convocatoria desta feira vendeu carne desta raza procedente da explotación que ten nese concello; os visitantes que ateigaban a carpa instalada para a ocasión animáronse a probala e tamén a mercala. Entre as autoridades asistentes este ano ao evento estaba o director xeral de Desenvolvemento Rural e de Agader, Antonio Crespo Iglesias, quen na lectura do pregón louvou a calidade dos produtos expostos.
Autóctonas Galegas Número 7
novas
44
IV XORNADAS DA TENREIRA CACHENA NO EUME As xornadas gastronómicas en torno á Cachena van camiño de consolidarse no Eume tras a boa acollida dunha nova edición, a cuarta, na que se inscribiron 11 establecementos hostaleiros: Casa de Graña da Acea, Casa Platas, Mesón Balarés, Albergue Alvarella, Casa Garabana, Andarubel, A Pitanza, La Solana, Casa Sixto, Casa Peizás e A Palma.
nicos, xa que a apreciación dos consumidores e os estudos de investigación están demostrando o diferentes que son os produtos da raza autóctona en comparación cos polos industriais. Os restauradores da zona amosáronse moi interesados na introdución dos produtos da Galiña de Mos nos seus menús.
• CASA DE GRAÑA DA ACEA ACEA, 4 - SAN FIZ - MONFERO TELF.: 981 788 282 / 639 652 331 • CASA PLATAS C/PUENTE ARANGA, 15 - ARANGA TELF.: 981 793 550 • MESÓN BALARÉS AV. DE LUGO, 18 - AS PONTES TELF.: 881 090 450 • ALBERGUE ALVARELLA BREANCA S/N - DOROÑA - VILARMAIOR TELF.: 981 784 563 • CASA GARABANA LUGAR DE CHAOS S/N - DOROÑA -VILARMAIOR TELF.: 981 784 006 • ANDARUBEL CRTA. OMBRE-CAAVEIRO-PONTEDEUME TELF.: 981 433 969 • A PITANZA C/REAL, 44 - PONTEDEUME TELF.: 981 495 621 • LA SOLANA PRAIA DA MAGDALENA, 2 BAIXO - CABANAS TELF.: 981 430 960 • CASA SIXTO SAS, 44 - PADERNE TELF.: 981 782 831
A cita foi do 13 ao 29 de abril e un ano máis organizárona a Asociación de Empresarios de Turismo do Eume (Tureume), Boaga e Cachega, coa colaboración da Casa do Mel. Ademais de ofrecer carne desta raza nas cartas dos restaurantes participantes programáronse varias charlas técnicas no Centro de Interpretación das Fragas do Eume para a inauguración do evento, como vén sendo habitual, e unha delas xirou arredor da Galiña de Mos. Informouse dos avances conseguidos coa raza, das súas características morfolóxicas e, especialmente, dos seus caracteres cár-
• CASA PEIZAS A ESTOXA, 4 - A CAPELA TELF.: 981 492 406 • A PALMA VILARDEMOUROS, 6 - A CAPELA TELF.: 981 459 552
Ademais de degustarse produtos das autóctonas organizouse unha charla sobre a Galiña de Mos
CAPRIGA, RESPONSABLE DA XESTIÓN DO LIBRO XENEALÓXICO DA CABRA GALEGA O 13 de abril de 2012, a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar recoñeceu a Asociación de Gandeiros da raza Cabra Galega-Capriga como responsable da xestión do Libro Xenealóxico da Cabra Galega e do desenvolvemento do programa de mellora desta raza. A Cabra Galega aparece recoñecida no Decreto 149/2011 do 7 de xullo, o cal establece o catálogo oficial de razas autóctonas de Galicia e fixa as regulamentacións específicas dos libros xenealóxicos das razas que xa están catalogadas; no punto VIII do anexo III atópase a parte correspondente á Cabra Galega. Capriga constituíuse en setembro do ano 2010 e o seu obxectivo principal é integrar a todos os criadores da raza Cabra Galega interesados na súa conservación e mellora. Actualmente aglutina máis de 50 criadores que posúen exemplares da raza nos seus rabaños e que están a traballar para recuperala, xa que debido ao seu reducido censo está en perigo de extinción. Autóctonas Galegas Número 7
QUINCENA GASTRONÓMICA DO GALO DE MOS NA PARRILLADA SANTA COMBA Do 17 ao 30 de abril celebrouse na parrillada Santa Comba (Santa Comba, Lugo) a Quincena Gastronómica do Galo de Mos, unhas xornadas dedicadas á degustación e desfrute da carne desta raza avícola autóctona de Galicia. Aínda sendo a primeira vez que se realizaban, o éxito de acollida sentiuse desde o comezo e mesmo levou a prolongar a súa duración ata o 6 de maio. O dono do establecemento, José Luís Gónzalez, non dubidou en cualificar a iniciativa de “espectacular”, xa que incluso se achegaron grupos de comensais doutras provincias só por gozar do sabor desta carne. Quizais por iso, José Luís xa adiantou que ía deixar o Galo de Mos na carta tras o remate das xornadas, ao tratarse dun produto “dunha gran calidade”. As dúas posibilidades que ofrecían para degustar o produto eran ou ben o Menú Galo Mos, consistente nunha sopa feita con varias partes do galo de Mos para comezar e en galo guisado de prato principal a un prezo de 20 euros por persoa (con sobremesa e café
incluídos, pero sen bebida), ou ben escoller algunha das propostas por separado na carta. O galo prepárono ao “estilo avoa”, en pota, cortado en anacos e acompañado de patacas asadas e pementos, como se facía antigamente. O criador que os abasteceu foi a granxa Chousa do Lea, de Castro de Rei. Esta non é a primeira vez que se organizan xornadas de razas autóctonas nesta parrillada lucense. Coas razas bovinas xa tiveron experiencias deste tipo e están pensando en facer de novo unhas de Cachena.
novas
MERCAR ALIMENTOS LOCAIS MITIGA O CAMBIO CLIMÁTICO A asociación Amigos da Terra presentou no mes de abril os resultados dun estudo de economía ecolóxica, elaborado por grupos de investigación das universidades de Vigo e Sevilla, no que se recomenda comprar alimentos procedentes da agricultura e a gandería locais para reducir o cambio climático e mellorar a situación económica.
45
OS MERCADOS DE MADRID INTRODUCEN A CARNE DAS VACAS AUTÓCTONAS As carnes das razas bovinas autóctonas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa gozan de cada vez máis demanda nas carnicerías dos mercados de Madrid, para onde se están enviando actualmente moitas canais de vacas e becerros, cuxa venda está resultando exitosa. A acollida desta produción é moi boa tanto entre os carniceiros coma entre os clientes debido á calidade, a certificación de garantía e as virtudes culinarias destas carnes vermellas derivadas das nosas razas.
Grosso modo, os autores do estudo baséanse en que unha parte importante da comida que chega aos supermercados o fai tras percorrer de media máis de 5.000 quilómetros en medios de transporte coma camións, barcos e trenes que xeran emisións de efecto invernadoiro que conducen ao quentamento global.
A GALIÑA DE MOS, UNHA HABITUAL DO MERCADO ECOLÓXICO DE RIOTORTO Riotorto celebrou o domingo 13 de maio o mercado de primavera de produtos ecolóxicos e de tempada e contou con representación da raza Mos. Nos últimos anos, este concello lucense vén organizando un mercado en cada estación do ano para os
produtores locais e entre eles atópase Luis Fernández, criador de Galiña de Mos, e tamén de Ovella Galega, quen adoita montar posto propio.
Autóctonas Galegas Número 7
46
novas
OS CRIADORES DE VILA DE CRUCES CONTINÚAN APOSTANDO POLA RAZA MOS O domingo 27 de maio, a localidade pontevedresa de Vila de Cruces celebrou a XIX Festa do Galo de Curral. Nos últimos anos, a Asociación de Criadores do Galo de Curral de Vila de Cruces O Agro está apostando pola crianza do seu produto coa nosa raza autóctona de galiñas, o que signifi-
PROMOCIÓN TELEVISIVA DAS RAZAS NO PROGRAMA LARPEIROS Larpeiros, o coñecido programa de cociña e entretemento da Televisión de Galicia, contou coa colaboración dalgunhas asociacións de criadores das razas autóctonas para as súas gravacións de novas receitas e historias. Recentemente emitíronse programas dedicados ao Galo de Mos, o cordeiro de Ovella Galega, o cabrito de Cabra Galega e as vacas Caldelá e Limiá, onde non só se lle amosaba aos telespectadores o modo de preparación de pratos con carnes destas razas, senón que se lles explicaba o tipo de crianza e outras curiosidades.
Autóctonas Galegas Número 7
ca que está abandonando a produción con galos industriais. Actualmente está completando o proceso produtivo incrementando o número de exemplares e o obxectivo a curto prazo é acadar a totalidade da produción a partir da raza Mos.
Con motivo da celebración desta festa declarada de interese turístico galego, os criadores organizaron no recinto feiral, coa colaboración do Concello, unha mostra de exemplares dende o ovo ao galo.
TABOLEIRO
Véndense VACAS OU BECERRAS DE RAZA CACHENA. Muras (Lugo). Tels. 679.357.498, 982.168.246. Véndense VACAS DE RAZA CACHENA DE CALQUERA IDADE E EN CALQUERA ESTADO. Ganados Rogar, SL. Lalín. Tel. 619.270.146. Véndense XOVENCAS DE RAZA CALDELÁ PRÓXIMAS Á CUBRICION OU PREÑADAS. Montederramo (Ourense). Prezo a tratar. Tels. 699.894.845, 988.268.439. Véndense CACHENAS. Riba do Val, S.L. O Páramo (Lugo). Tel. 678.588.391. Véndense BECERRAS VIANESAS. Albino. Tels. 667.687.644, 988.426.067.
Véndense VACAS, XOVENCAS E BECERROS DE RAZA VIANESA. Manuel Santín. Pereira (Cervantes). Tels. 982.151.337, 680.885.890, 636.233.500. Véndense ANIMAIS DE RAZA CACHENA. José Luis. Sobrado (A Coruña). Tel. 981.196.283. Véndense VACAS DE RAZA VIANESA DE 2 ANOS E MENORES DE 2 ANOS. Navallo (Laza). Tels. 988.305.188, 689.174.831. Véndense 3 XOVENCAS E UN XOVENCO DE RAZA LIMIÁ. Antonio Fontal. Triacastela. Tel. 659.494.776.
Véndense BECERRAS DE RAZA CACHENA. Jorge. Cesuras (A Coruña). Tel. 629.140.085.
Véndese TOURO DE 21 MESES DE RAZA LIMIÁ. Pais: Martiño e Leticia ES071105498377. José Lino Vidal. Tels. 648.291.470, 986.768.225.
Véndense VACAS OU BECERRAS DE RAZA CALDELÁ. Juan Manuel. Maceda (Ourense). Tel. 670.956.084.
Véndense ANIMAIS DE RAZA LIMIÁ. Ganadería Ramos. Castro de Rei (Lugo). Tel. 659.185.730.
Véndense CACHENAS. Samos. Tel. 620.535.555
Véndense EXEMPLARES DE RAZA CACHENA. Muras (Lugo). Tel. 609.454.906.
Véndense 3 BECERRAS DE RAZA CACHENA. Os Blancos (Ourense). Tel. 988.452.237.
Véndense BECERRAS PREÑADAS E XATAS CACHENAS. José Antonio. Val do Dubra (A Coruña). Tel. 699.444.424.
Véndense VACAS, BECERRAS E BECERROS DE RAZA CACHENA. Juan Francisco. Santaia-Curtis (A Coruña). Tel. 608.083.598.
Véndense CACHENAS. Delfín. Vilar de Barrio (Ourense). Tel. 605.022.895.
47
Véndense ata 10 ANIMAIS DE RAZA CACHENA DE DIVERSAS IDADES. Pedro Xaquín. Carnota (A Coruña). Tel. 655.578.668. Véndese OVELLA GALEGA. Manuel Álvarez Peña. Maceda (Ourense). Tel. 626.446.764. Véndese OVELLA GALEGA. José García Blanco. Vilariño de Conso (Ourense). Tels. 608.005.246, 988.307.745. Véndense AÑOS E CORDEIROS DE PRODUCIÓN ECOLÓXICA DE RAZA OVELLA GALEGA. Mariña. Tels. 981.882.675, 659.154.643. Ganadería Montouto, 13 anos seleccionando animais de pura RAZA CACHENA. VACAS, XOVENCAS, XATAS E SEMENTAIS DE ALTA XENÉTICA E GRAN BELEZA a moi bo prezo. Tel. 669.667.744. Véndense VACA PREÑADA E CRÍA. Manuel e Mercedes. Tel. 609.392.124. Véndense VIANESAS E 2 VACAS DE RAZA CACHENA. José Luis. Lama de Dozón. Tel. 664.649.739. Para mercar exemplares de GALIÑA DE MOS, visite www.avimos.org Véndense ata 5 BECERRAS CACHENAS a escoller. Nacidas na primavera do 2010 en finca ecolóxica. Diego Rois. Boimorto (A Coruña). Tel. 620.295.920
Inserción gratuíta de anuncios en 2 números consecutivos da revista, salvo comunicación do criador para a retirada do mesmo. A revista Autóctonas Galegas non se fai responsable das garantías de calidade dos animais que ofrecen os anunciantes. Autóctonas Galegas Número 6
xa estamos aquí
GOBIERNO DE ESPAÑA
MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
FEADER Europa inviste no rural