Revista do Craega 26

Page 1

REVISTA do

CRAEGA

Nº 26  >  Primavera 2013

> Terapias

alternativas en gandería

> Presenza en

Biofach, no Fórum Gastronómico de Xirona e en Xantar

> Cambio da orientación

produtiva para a produción ecolóxica ante a normativa de benestar animal

Gran campaña de promoción do Craega nos puntos de venda e nos locais hostaleiros de Galicia


Taboleiro de anuncios

sumario   3  |  Xornadas sobre Terapias Alternativas en Gandería   4  |  Campaña de promoción do Craega nos puntos de venda e na hostalería   6  |  Participación na feira alemá de Biofach e no Fórum Gastronómico de Xirona   7  |  Degustación de produtos ecolóxicos en Xantar, próxima visita ao Salón de Gourmets e beneficios dos kiwis ecolóxicos   8  |  Comercialización de produtos bio en España   9  |  Cambio da orientación produtiva para a produción ecolóxica ante a normativa de benestar animal. Porcas reprodutoras

CRAEGA EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez Salgado DEPÓSITO LEGAL: Pendente IMPRIME: Ulzama Gráficas

Establecementos colaboradores minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, caseta 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Tropical, Finarrei SL Rúa da Paz, 20 32005 Ourense 988 220 688 demetrio@finarrei.com www.finarrei.com A Xoaniña, SCG Rúa Venezuela, 78 15404 Ferrol - A Coruña 981 930 868 cooperativaxoaninha@ cooperativaxoaninha.org www.cooperativaxoaninha.org Álvarez López, Mª Teresa Ecocentro Natureza Avenida de Galicia, 52 baixo 27400 Monforte de Lemos - Lugo 982 404 797 Consumo Consciente Árbore, SCG Rúa Arquitecto Pérez Bellas, 5 baixo 36203 Vigo - Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org Ecogaliza, SLU Praza de Abastos, nave 7, caseta 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com

Eu Consumo Responsable Natalia Pérez Sousa Rúa Santo Domingo 41, local 5, Galerías Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es Fernández Blanco, Juan Carlos Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20 baixo 32004 Ourense 988 245 812 www.carnicasoxures.com Gueimonde y Liste, SC As Cabaciñas Rúa Restollal, 79 baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es Horno Integral Pandarán, SL Avenida de Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra info@pandaran.es www.pandaran.com Horta Fresca Tenda Ecolóxica María Carrera Fernández Rúa Damas Apostólicas 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán - Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com Horta Verde, CB Rúa Irmáns Maristas, 38 36700 Tui - Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es La Aldea Biomarket, SL Avenida Finisterre, 25 baixo 15004 A Coruña 626 765 567

▶  Repartimos caixas de verduras

ecolóxicas a domicilio en Santiago de Compostela e concellos limítrofes (Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)    Finca de horta en Vedra inscrita no Craega    miguel@tempocompartido.com

▶  Servimos pedidos de carne ecolóxica

de tenreira envasada ao baleiro    Carnicería Carballada (Sarria, Lugo)    982 886 225    carniceriacaballada@hotmail.com

▶  Patacas ecolóxicas Ribeira de Portizó

Sober (Lugo)    Irene: 608 038 785    Marena: 627 214 476

▶  Venda de produtos ecolóxicos:

legumes e hortalizas. Colleita propia    Agricultura Ecolóxica Cristimil    Román Viz Santomé: 625 202 417

▶  Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria    San Xulián da Veiga, 27614    Luís López: 982 531 273

▶  Descontos do 20% nas tarifas de

aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no Craega Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 030 contacto@arqueixal.com www.arqueixal.com

▶  Véndense fabas ecolóxicas de

Lourenzá, a granel ou envasadas    Mª Josefa Leitón Ramallal: 648 705 100 / 982 146 006

▶  Recibimos visitas guiadas de

escolares e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia Galega    Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo)    650 343 777

Sección gratuíta para os inscritos. Para publicar os anuncios enviar solicitude a craega@craega.es

riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com López Chamorro, Isabel Horta+Sá Rúa Pérez Ardá, 26 baixo esqu. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es www.hortamaissa.com Ortega Río, Mª Soledad - Menta Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño - Ourense 988 274 123 salchasa@yahoo.es Ourense Bío, SL Rúa San Rosendo, 9 baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com Rosa María Castro Conde Maguz Ecolóxicos Mercado de San Agustín Posto 3 15001 A Coruña alfredosessa300@gmail.com Seoane Albela, Purificación Hortasán Praza de Abastos, posto 33 36002 Pontevedra 981 512 491 casadocampo@tempocompartido.com Tenda Ecolóxica Equilibrio, SL Avenida Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Todo Bío, SL Rúa Doutor Fleming, 7B 32003 Pontevedra 986 493 617 vbtienda@hotmail.com

Establecementos colaboradores hostaleiros A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 restauranteanosaterra@gmail.com A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Fogar do Santiso Trasellas, 13 - Luou 15883 Teo 981 805 948 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es O Lar de Adrián Carril das Flores, 30 27002 Lugo 982 244 245 olardeadrian@hotmail.com www.lardeadrian.atagalicia.com Picota Espazo Gastronómico Rúa Bailén, 17 - Praza de Abastos 27400 Monforte de Lemos 982 418 408 karrasquito@hotmail.com Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 405 portasantiago@mundo-r.com

Restaurante Biobania Cordelería, 7 15003 A Coruña 981 221 301 biobania@gmail.com www.biobania.blogspot.com.es/ Restaurante Campos Rúa Nova, 4 27001 Lugo 982 229 743 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.com Restaurante España Rúa do Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 restaurantespana@gmail.com www.restespana.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Taberna Do Labrego Camiño Real, 32 Pacios 27372 Begonte 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com


Boa acollida das Xornadas sobre Terapias Alternativas en Gandería Clausura das xornadas

A Facultade de Veterinaria e a consultora Xestión Agrogandeira e Natureza organizaron os pasados 15 e 16 de marzo, en Lugo, unhas xornadas ao redor das técnicas alternativas para o coidado do gando. Asistiron unhas 120 persoas, entre veterinarios, peritos, estudantes e gandeiros.

J

uan Luis Amor, veterinario en Ribadeo, iniciou as xornadas cunha exposición sobre a enerxía dentro do mundo. Levou a súa charla ata mostrar que non existen en realidade as enfermidades: o que si existen son organismos enfermos. En consecuencia, afirmou que hai que repensar a ciencia veterinaria, dado que debemos curar enfermos, e non acabar coa enfermidade. O persoal veterinario e gandeiro debe considerar o enfermo no seu conxunto, e non só atender a un virus ou bacteria. Nesta dirección profundou Coral Mateo, veterinaria en Xixón e especialista en homeopatía. Segundo Coral, as enfermidades non son o problema, senón que son síntomas dos problemas reais. Polo tanto, ao seu entender, quitar os síntomas dunha enfermidade dun animal (a febre, por exemplo) non acabará con ela, que fatalmente presentará máis problemas no futuro. Explicou en que consiste a homeopatía, uns tratamentos baratos e sen período de supresión.

Bruno Giboudeau, un dos relatores

Pola tarde, Manuel Ramos, gandeiro de leite ecolóxico en Melide, contou como está a coidar dos seus animais con homeopatía. Na mesma liña que os relatores anteriores, mostrou como agora observa moito máis o comportamento dos animais e como este tipo de observacións son imprescindibles para facer fronte a problemas de reprodución ou de mamites. Á pregunta de que usaba para resolver os problemas de fertilidade, respondeu que non existe un remedio xenérico, senón que cada animal que presenta problemas de fertilidade o fai por unha razón distinta, polo que cada tratamento vai ser distinto. O primeiro día rematou cunha presentación moi dinámica de Nuria Otero, responsable de acupuntura, terapia física e quiropráctica de Integralvet, na Coruña. Nuria demostrou o seu coñecemento en tratamento de animais mediante

a acupuntura e fixo tamén unha introdución á quiropráctica, unha técnica para sanear os animais baseada no desbloqueo de zonas da columna vertebral; os exemplos e vídeos que puxo mostraron claramente a eficacia destas técnicas. A segunda quenda das xornadas deu comezo cunha conferencia de Marta López, profesora da Facultade de Veterinaria de Lugo, que ensinou resultados das súas investigacións recentes, nas que apreciou carencias en determinados microminerais nas vacas de leite e carne de Galicia. Carmelo García, veterinario en Castela e académico e experto en gandería ecolóxica e terapias naturais, foi o encargado de presentar as técnicas da fitoterapia e ofreceu múltiples exemplos de remedios elaborados en base a plantas que poden ser útiles para o tratamento das enfermidades do gando. Procedente de Francia, Bruno Giboudeau sorprendeu ao público coas súas prácticas como osteópata. Con técnicas semellantes ás que presentou Nuria Otero, pero sen agullas, con medición de fluxos de enerxía no animal, Bruno é quen de atopar tamén bloqueos na columna que impiden a boa saúde do animal. Ademais, presentou un novo e revolucionario sistema de avaliación da ración dos animais, baseado na observación de determinados síntomas no animal (ollos, pezuños, pelo...) que permiten establecer un diagnóstico sobre a eficacia da ración, e así mellorala ou reducir o seu custo. Xose Regueiro foi o último en intervir. Mostrou o seu coñecemento de etnoveterinario, cunha recompilación de técnicas tradicionalmente usadas en Galicia para o coidado dos animais, e comentou como existían e aínda existen en Galicia unhas técnicas propias e eficaces para tratar os animais con base en remedios procedentes de plantas da nosa contorna. Os organizadores concluíron as xornadas subliñando o seu éxito de asistencia. Xan Pouliquen recalcou que lles permitiron lexitimar as terapias alternativas, xa que quedou evidente que “non son cousas de meigas”. Insistiu tamén en que os distintos profesores deixaron patente que estas técnicas funcionan e que con elas se poden obter melloras significativas en saúde e en resultados económicos. CRAEGA

>

3


1

2

3

4

5

6

7

8

Campaña de difusión da agricultura ecolóxica en puntos de venda 9 10

O

Craega desenvolveu no mes de xaneiro unha intensa campaña de divulgación da agricultura ecolóxica en 18 puntos de venda de retallistas distribuídos por toda Galicia. Para este fin, contou con persoal especializado que ofreceu información técnica dos produtos ecolóxicos certificados e do Consello no interior de cada tenda adscrita á campaña e que tamén repartiu folletos informativos a pé de rúa.

14 15

Os comercios polo miúdo nos que se levou a cabo esta promoción foron:

11 12

13

4

<

CRAEGA

1   >  As Cabaciñas (Santiago de Compostela) 2   >  A Casa da Quenlla (Mercado Central de Abastos de Santiago) 3   >  A Xoaniña (Ferrol) 4   >  Cárnicas O Xurés (Ourense) 5   >  Ecocentro Natureza (Monforte) 6   >  Ecogaliza (Mercado Central de Abastos de Santiago) 7   >  Equilibrio (A Coruña) 8   >  Finarrei (Ourense) 9   >  Horta Verde (Tui) 10   >  Horta+Sá (A Coruña) 11   >  Hortasán (Pontevedra) 12   >  La Aldea Biomarket (A Coruña) 13   >  Maguz Ecolóxicos (A Coruña) 14   >  Menta (O Carballiño) 15   >  Ourense Bío (Ourense) 16   >  Pandarán (Cangas do Morrazo) 17   >  Todo Bío (Pontevedra) 18   >  Verde Bioleta (Vigo)

16 17

18


Aquí

alimentos ecolóxicos

O Craega promove a introdución dos alimentos ecolóxicos nos locais hostaleiros O Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia puxo en marcha unha iniciativa de introdución e consolidación dos alimentos ecolóxicos certificados na oferta dos locais hostaleiros galegos.

establecemento

recomendado FEADER

Europa inviste no Rural

gobierno de españa

ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente

O

presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, José Antonio Fernández, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl), Cheché Real, presentaron a campaña de promoción dos produtos ecolóxicos nos establecementos hostaleiros o 24 de xaneiro na sede da Apehl. Esta iniciativa é froito dun convenio de colaboración asinado por ambas as dúas entidades co obxectivo de poñer a disposición dos clientes dos locais de hostalería un entrante, un primeiro prato, un segundo prato, unha sobremesa e unha bebida preparados con produtos ecolóxicos, ben como menú, ben de forma independente.

Locais participantes

A campaña arrincou en Lugo pero é de ámbito galego. De momento uníronse 13 locais: na provincia lucense, Taberna do Labrego, de Begonte; Picota Espazo Gastronómico e Restaurante O Grelo, de Monforte de Lemos; A Parada das Bestas, de Palas de Rei; e A Nosa Terra, Canela Bakery Coffee, O Lar de Adrián, Porta Santiago, Restaurante Campos, Restaurante España e Restaurante Paprica, de Lugo; e, na provincia da Coruña, Fogar de Santiso, en Teo, e Restaurante Biobania, na Coruña. Todos eles aboaron unha cota de 60 euros por participar, adquiriron o compromiso de manter esta oferta ecolóxica durante un ano e contan cun cartel distintivo do Craega que os acredita como establecementos recomendados.

Presentación da campaña en Lugo

Taberna do Labrego, Begonte Picota Espazo Gastronómico, Monforte    de Lemos Restaurante O Grelo, Monforte de Lemos A Parada das Bestas, Palas de Rei A Nosa Terra, Lugo Canela Bakery Coffee, Lugo O Lar de Adrián, Lugo Porta Santiago, Lugo Restaurante Campos, Lugo Restaurante España, Lugo Restaurante Paprica, Lugo Fogar de Santiso, Teo Restaurante Biobania, A Coruña

CRAEGA

>

5


Seis empresas ecolóxicas galegas entre os expositores de Biofach

Concorrida entrada do recinto feiral

Co Craega acudiron Innolact, Mieles Anta, Ecofunghi e Alacena Galega

Co Craega, e en colaboración co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, acudiron as empresas Innolact, que levou o queixo en crema ecolóxico en diversos envases e presentacións; Mieles Anta, con pole e mel ecolóxico; Ecofunghi, dedicada á comercialización de boletos silvestres ecolóxicos; e Alacena Galega, que asistía por primeira vez a Biofach para amosar a súa gama de produtos tradicionais, coma empanadas, empanadillas ou croquetas. Tamén estiveron presentes neste gran recinto expositivo as firmas ecolóxicas Hifas da Terra, con posto propio no que ofreceu fungos e produtos derivados, e Conservas Antonio Pérez Lafuente, que fixo promoción das marcas Pan do Mar e Fishnature no posto de Demeter.

Posto de Galicia

Presenza do sector no Fórum Gastronómico de Xirona

O

Fórum Gastronómico de Xirona de 2013, que tivo lugar do 24 ao 26 de febreiro, contou con máis de 300 expositores, entre os que se encontraban dúas empresas inscritas no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia: a chantadina Daveiga, que asistiu coas Galletas Mariñeiras, e a viguesa Alacena Galega, que presentou os seus produtos de cuarta gama conxelados e en atmosfera inerte.

6

<

CRAEGA

A

feira mundial de agricultura ecolóxica e orgánica Biofach 2013, celebrada do 13 ao 16 de febreiro en Núremberg (Alemaña), recibiu máis de 41.500 profesionais de 129 países que puideron visitar os máis de 2.300 estands, entre os que se atopaban seis en representación de Galicia.


O restaurador Koki preparou unha degustación de produtos ecolóxicos en Xantar Koki García

Javier García

O

XIV Salón Galego de Gastronomía e Turismo Xantar que acolleu Ourense no mes de marzo deulle cabida á produción ecolóxica. O sábado 9, Javier García Lozano, en representación do Craega, e Koki García, restaurador lucense do Mesón de Alberto, realizaron simultaneamente unha presentación do funcionamento do Consello Regulador e unha degustación de produtos ecolóxicos. Os asistentes abarrotaron a aula de catas, con capacidade para 64 persoas, na que se puideron probar canelóns con recheo de bonito en aceite de oliva ecolóxico con alga wakame, mistos de pan de aceite con queixo Arzúa-Ulloa ecolóxico e tomate deshidratado, sorbete de mazá ecolóxica e volcán de castaña ecolóxica con nata montada. Para acompañar estes pratos servíronse uns viños de Diego de Lemos e Regina Viarum.

Próxima cita internacional, o Salón de Gourmets

O

Craega continuará co labor de proxección da produción ecolóxica de Galicia no Salón de Gourmets, o maior evento europeo dedicado a produtos delicatessen, que terá lugar en Madrid do 8 ao 11 de abril. O Consello Regulador participará cunha degustación de produtos ecolóxicos que se realizará o día 9 ás 12.00 horas no estand da Consellería do Medio Rural e do Mar, situado no pavillón 6.

Unha recente investigación realizada pola bióloga Lourdes Martínez para a Universidade de Vigo revelou que o cultivo ecolóxico do kiwi produce un froito con maior contido en minerais e un calibre e unha produción iguais ou maiores que o convencional.

O kiwi ecolóxico, máis beneficioso que o convencional

A

investigadora galega desenvolveu o estudo en colaboración coa empresa Kiwi Atlántico ao longo de dous anos en tres plantacións da zona de Tomiño (Pontevedra), onde recompilou datos sobre o ciclo produtivo, en produción ecolóxica, integrada e convencional, do kiwi da variedade deliciosa Hayward, a máis empregada en plantacións comerciais. Segundo Lourdes Martínez, os tres sistemas de cultivo obtiveron froitos de calidade e sen ningunha anomalía, pero o kiwi madurado de forma ecolóxica presentaba maior contido de minerais e, por tanto, mellor carga nutricional. Tamén determinou que o terreo nas producións integradas e, máis aínda nas orgánicas, ofrecía mellores condicións para a planta ao garantir unha maior dispoñibilidade de nutrientes. A investigación supón unha nova contribución aos estudos que sinalan que a agricultura ecolóxica non é menos rendible. Segundo explica Martínez, prodúcese tanto ou máis que na convencional e sempre por riba da integrada. Ademais, os beneficios ambientais a longo prazo son obvios. CRAEGA

>

7


España comercializa o 35% dos alimentos bio que se consomen en Europa Nos últimos 10 anos o mercado ecolóxico nacional creceu a un ritmo do 25%, superando a media de crecemento do conxunto da Unión Europea

E

spaña mantense como o principal produtor e subministrador de produtos ecolóxicos de toda Europa, onde o 35% dos alimentos orgánicos que se consomen proceden do noso país, segundo datos da Asociación Valor Ecolóxico Ecoavalia. O sector ecolóxico español, que conta con máis de 1,8 millóns de hectáreas de superficie de agricultura ecolóxica, unhas 6.000 explotacións gandeiras e preto de 3.000 industrias (datos do Magrama de 2011), destina o 75% da produción á exportación para satisfacer a demanda exterior. Estes datos indican que España se sitúa como un país cunha gran produción pero cun consumo reducido de produtos bio –o 1% da alimentación

consumida é ecolóxica–, lonxe dos datos de consumo de países do centro e do norte de Europa. Non obstante, as cifras revelan un cambio de tendencia e unha gran capacidade de crecemento. Así se desprende do último informe publicado pola consultora Everis, que destaca que nos últimos 10 anos o mercado ecolóxico nacional creceu a un ritmo do 25%, superando a media de crecemento do conxunto da Unión Europea, que se sitúa nun 12%, e por riba tamén de países cun forte arraigamento da cultura orgánica, como Dinamarca ou Alemaña. Entre as principais barreiras que frean o crecemento doméstico do sector atópanse o prezo elevado, o descoñecemento e a dificultade de atopar produtos ecolóxicos fóra das tendas especializadas.

O consumo aumenta case un 7% A pesar da difícil conxuntura económica e social que vive España, o mercado ecolóxico segue crecendo. En 2011 acadou un volume de vendas de 965 millóns de euros, o que supón un incremento dun 6,62% con respecto ao ano anterior. Ademais, a suba do consumo de produtos ecolóxicos en España foi superior á media de incremento no mercado mundial, que no mesmo período creceu un 6,26% (de 59.100 millóns de dólares en 2010 a 62.800 en 2011). España é o sétimo consumidor europeo de produtos ecolóxicos, un mercado que lidera Alemaña, cuxos cidadáns gastan cada ano 6.590 millóns de euros neste tipo de produtos. O principal mercado mundial, con todo, é Os Estados Unidos, que consome produtos ecolóxicos por valor de 21.038 millóns de euros. Séguenlle Alemaña, Francia, O Canadá, O Reino Unido, Italia e Suíza; España ocupa o décimo lugar.

de y

8

< ¡Infórmate! revista-ae.es • tel: 961 26 71 22   CRAEGA

Respecto do gasto medio por consumidor en Europa, é Suíza quen lidera a clasificación cunha media 177 euros ao ano neste mercado, seguido de Dinamarca (162), Luxemburgo (134), Austria (127) e Liechtenstein (100). En España, o gasto medio dos cidadáns experimentou un crecemento superior ao 10% en 2011, situándose en 21 euros por persoa.


Cambio da orientación produtiva para a produción ecolóxica ante a normativa de benestar animal Blanco-Penedoa, I. Cantalapiedrab, J. Rivadulla Varelac, R. Villanueva Lópezc, J. Subprograma Benestar Animal, IRTA. Monells (Xirona). a

Servizo de Gandería de Lugo, Xunta de Galicia.

b

Agronovo Ecoloxía S.L. Lugo, Galicia. c

Introdución O Real Decreto 1135/2002 que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro de 2013 establece as normas mínimas para a protección de porcos confinados para cría e engorde. Esta lei tamén coñecida como a Lei do Benestar Animal supón importantes cambios no manexo e nas instalacións das explotacións de porcino cun grande esforzo por parte dos produtores. Cun presumible impacto no mercado de porcino en Europa, a magnitude da normativa mesmo dependerá da capacidade por parte do produtor de acatala, do tamaño inicial da explotación, da produtividade dos rabaños e das accións tomadas para o seu cumprimento. O requirimento máis significativo e de maior esixencia desta normativa é, salvo contadas excepcións, que as porcas adultas e novas se manteñan en grupos sociais durante un período comprendido desde as catro semanas post-cubrición aos sete días anteriores á data prevista do parto. Por tanto, prohíbese manter ás porcas de forma individual durante este período.

A directiva profunda na mellora do benestar animal nas explotacións porcinas intensivas e responde á necesidade de establecer en toda a Unión Europea un nivel aceptable de benestar para os porcos. Nun primeiro momento, fai máis dunha década, houbo un posicionamento contrario a unha lexislación da que se descoñecía a súa base científica. Pero os técnicos que interviñeron na redacción da lei elaborárona baseándose en criterios científicos. E o que máis influíu na súa toma de decisións foi un criterio etolóxico (comportamento animal), o que por regra xeral nunca se ten considerado á hora de deseñar instalacións, sistemas de manexo etc., e que son as necesidades de comportamento natural do animal (convivencia en grupos e os diferentes tipos de xerarquías que se establecen nelas, a necesidade intrínseca de fozar, o instinto de facer niño antes do parto etc.). Pola contra, a satisfacción destas necesidades si que se consideraron na normativa ecolóxica (IFOAM, 2002). Con todo, poida que os produtores de porcino convencional non imaxinasen a oportunidade deste momento, tanto en granxas de nova construción coma na transformación de explotacións que xa estaban en funcionamento, para lograr mesmo cualificacións máis altas na súa produción ao dar un paso máis e orientar a súa produción cara a un sistema de produción ecolóxico. Tendo en conta o mercado de produtos certificados ecolóxicos que está en expansión no noso territorio e no resto de Europa, a produción porcina ecolóxica é unha alternativa a considerar para pequenos e medianos produtores que ven complicado o seu crecemento e a súa competitividade futura no mercado convencional. Pretendemos amosar neste artigo unha análise da situación das explotacións porcinas cara a un sistema alternativo como a produción ecolóxica unha vez que é necesario adaptar obrigatoriamente a explotación á normativa RD 1135/2002.

CRAEGA

>

9


Porcas reprodutoras

A directiva profunda na mellora do benestar animal nas explotacións porcinas intensivas e responde á necesidade de establecer en toda a Unión Europea un nivel aceptable de benestar para os porcos

10

<

CRAEGA

En xeral, a instauración da normativa sobre benestar animal provoca un profundo cambio nas instalacións e o manexo da explotación, pero iso non debe supoñer unha diminución das producións. No caso particular das porcas reprodutoras, a adaptación da normativa obriga a reducir o seu censo (algo que xa cadra co incremento de espazo ao que obrigan as xestacións de porcas en grupo e tamén a normativa en ecolóxico). Aquí os investimentos relacionados coa maior superficie por porca son moi importantes. A clave do éxito está en lograr implantar modelos de xestación que non impliquen un descenso nos índices produtivos e que, ao mesmo tempo, simplifiquen o manexo e optimicen así os custos derivados da man de obra. Nas xestacións libres pódese manter e mesmo superar a produtividade, pero para iso é necesario aplicar criterios de manexo e deseño das instalacións baseados nun amplo coñecemento dos distintos factores que afectan á produción. Existen achados científicos neste punto, ao mesmo tempo que se observaron melloras na calidade dos leitóns e a condición corporal das porcas (Martínez Dávila et ál., 2009). En Europa, coa nova lexislación vixente, estanse a propoñer e probar un número importante de sistemas para o aloxamento de porcas en grupo. Á hora de decidir o sistema máis adecuado, o maior peso correspondeulle á xestión da alimentación. Tamén en función do censo de nais elixido se condiciona o sistema de alimentación. Dos diferentes tipos, algúns adecúanse perfectamente aos que se empregan en ecolóxico, coma a alimentación en chan e as gaiolas de libre acceso. O investimento por praza de porca xestante en grupo para estes casos sería de 78 ou 148 euros, respectivamente, fronte a outros sistemas non permitidos en ecolóxico e máis caros, como o sistema alimentador electrónico de porcas que alcanzaría os 273 euros por praza de porca xestante (Martínez Dávila et ál., 2009).

Entre os países europeos, en xeral, na elección do sistema de alimentación primaron os sistemas ou estratexias destinadas a reter ás porcas na súa praza durante a comida. O país máis avanzado na aplicación da normativa foi Dinamarca, onde a elección maioritaria foi por “gaiolas autobloqueantes” e a “alimentación electrónica en estación individual”. En España existen moitas dúbidas sobre o sistema máis adecuado e o rigor co que se aplicou a normativa. Aínda que na última actualización do Consello Europeo de Agricultura (28 de xaneiro de 2013) se presentan cifras moi altas no número de explotacións españolas que cumpren a normativa (96%). Outras consideracións deben terse na superficie de chan útil correspondente aos patios exteriores comunicados directamente coa sala de xestación e con acceso permanente que permita a libre entrada e saída aos mesmos das porcas aloxadas en grupo (De Andrés, 2011). Dependendo das condicións iniciais e dos cambios realizados, outras partidas orzamentarias poderían destinarse ao revestimento do chan e a valos de separación na transformación cara a un sistema de produción ecolóxico. Por exemplo, as camas de palla teñen un custo de 7 euros/ porca e ano, isto é, 5 euros a palla e 2 euros a man de obra (De Andrés, 2011). O manexo das porcas lactantes en grupo é un sistema alternativo á única vivenda obrigatoria para porcino ecolóxico (Früh et ál., 2008). A vivenda e o manexo das porcas lactantes é un dos temas máis desafiantes neste tipo de produción. O custo da adaptación ás reformas sería variable no caso da adaptación de instalacións xa existentes. Cada metro cadrado, se se mantén o número de nais, estímase nuns 180 euros. A normativa ecolóxica define períodos de lactación (de polo menos 40 días e nalgúns países de 8 semanas), sendo maiores que os que se utilizan normalmente na produción convencional (3 a 5 semanas). Os autores deste artigo non atoparon estimacións feitas en función do


O requirimento máis significativo e de maior esixencia é que as porcas adultas e novas se manteñan en grupos sociais durante un período comprendido desde as catro semanas postcubrición aos sete días anteriores á data prevista do parto

período de lactación facendo a transición de convencional a ecolóxico. Non obstante, considérase que unha diferenza de 7 días na desteta implicaría a creación dunha nova praza de maternidade cun custo de 3.000 euros (Martínez Dávila et ál., 2009). A bibliografía e a experiencia dalgúns produtores indica que o aloxamento en grupo de porcas con leitóns é un sistema interesante para gandería ecolóxica desde a óptica do benestar animal e económico. O aloxamento permite o comportamento social natural das porcas: que se manteñen nun ambiente natural reunidas nun grupo maternal primario após separación para o parto e os primeiros días de vida dos leitóns; así, os leitóns de varias camadas son criados xuntos (Stolba e Woodgush, 1989). En explotacións comerciais viuse que este sistema reduce tensión para os leitóns no momento da desteta porque non hai ningunha necesidade para mesturar leitóns (Bünger et ál., 2004). Os custos de investimento máis reducidos e os deseños máis funcionais son outras vantaxes dos sistemas de aloxamento en grupo. A maiores dos cambios expostos nas instalacións con algunhas especificacións, un dos requisitos é que os animais en ecolóxico que teñan acceso ao alimento ad líbitum, incluíndo substratos con volume ou alta cantidade de

fibra para previr estados de fame. Este punto concorda coa nova normativa nas explotacións convencionais, na que se promove que as porcas teñan acceso a alimentos ricos en fibra. No caso das explotacións ecolóxicas, é unha practica de manexo de hai tempo pois crese que a suplementación forraxeira durante a xestación é moi importante, xa que evita a tensión por fame, activa a motilidade gastrointestinal e potencia un incremento na inxestión de penso na seguinte etapa: a lactación (Matte et ál., 1994). De feito, cun consumo de 2-4 kg/MS de forraxe, as porcas xestantes poden satisfacer a metade das súas necesidades enerxéticas (RodríguezEstévez et ál., 2005). Brevemente comentar que, ao entrar en sistema de produción ecolóxico, o período de conversión sería variable e dependente das condicións previas. Un aspecto importante é o tema da orixe dos animais. Estes deben proceder doutras explotacións ecolóxicas ou da mesma explotación tras o período de conversión. Unha excepción constitúena os sementais, que poden provir de explotacións convencionais e que pasarían a ser ecolóxicos desde o momento da súa introdución. Outros factores (bioseguridade, manexo sanitario) non se contemplan nesta revisión por limitacións de espazo.

Bibliografía Anónimo (2013). 17 EU countries flouting pig sow stalls rules. Farmers weekly. Dispoñible en: http://www.fwi.co.uk/articles/29/01/2013/137387/17eu-countries-flouting-pig-sow-stalls-rules.htm Früh, B., Hagmüller, W., Aubel, E., Simantke, C., Schwarz, P., Baumgartner, J. (2008). Group suckling in organic sow units. 16th IFOAM Organic World Congress, Modena, Italy, June 16-20, 2008. IFOAM (2002). Dispoñible en: http://www.ifoam.org/standard/norms/ibs.pdf. De Andrés, J.M. 2011. Hoja de ruta para la adaptación del sector porcino a la normativa sobre protección animal. JORNADAS TÉCNICAS DEL PORCINO. INTIA. INSTITUTO NAVARRO DE TECNOLOGIAS E INFRAESTRUCTURAS AGROALIMENTARIAS S.A. Martínez Dávila, C., Casaús Melero, C., Cano García, G. (2009). Gestaciones libres, ¿alternativa o problema? SUIS 61, 18-25. Matte, J. J., S. Robert, et al. (1994). “Effect of bulky diets based on wheat bran or oat hulls on reproductive performance of sows during their first two parities.” Animal Science 72. Rodríguez-Estévez, V., I. C. et al. (2005). Porcino Ecológico. Revista Porci 89. Stolba, A. e Wood-Gush, D. G. M. (1989): The behaviour of pigs in a seminatural environment. Anim. Prod. 18: 419-425.

CRAEGA

>

11


Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

gobierno de españa

12

<

CRAEGA

ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente

FEADER Europa inviste no Rural


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.