REVISTA do
CRAEGA
Nº 34 > Primavera 2015
ual n a a i r o m Me do Craega
A agricultura ecolóxica galega, en pleno auxe > Ourense vive o
Craega viaxa de novo a Biofach
mercado ecolóxico
> Receitas gourmet
ecolóxicas en Xantar 2015 e no Fórum Gastronómico
> Craega participa en
diversas actividades formativas
> Medio Rural anuncia
axudas para a agricultura ecolóxica
3 | Memoria anual do Craega 7 | De feiras CRAEGA
15 | Formación
EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez Salgado DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015
17 | Actualidade do sector 19 | Taboleiro de anuncios
Establecementos colaboradores
Establecementos colaboradores
minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es
Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es
A Cesta da Saúde Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es
Ganadería Tierra Celta S.L. Vilar, 35, San Pedro de Baroña 15979 Porto do Son A Coruña 981 853 111 office@tierra-celta.com www.tierra-celta.com
A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com
Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es
ABC de Bio R/ Padre Don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230 Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com
Horno Integral Pandarán Avda. Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra 986 303 610 info@pandaran.es www.pandaran.com Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com Horta Verde Tui R/ Alcalde Casal Aboi, 4 36700 Tui Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es Hortasán Praza de Abastos, posto 33 36002 Pontevedra 981 512 491 casadocampo@tempocompartido.com La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com
hostaleiros Maguz Ecolóxicos Mercado San Agustín, posto 3 15001 A Coruña 615 600 182 alfredosessa30@gmail.com Ourense Bio, SL R/ San Rosendo, 9, baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com Ponte Bio Praza Arxentina 5 36160 Ponteareas Pontevedra 603 602 050 Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Terra Ecolóxica Travesía de Rianxo, 3 15009 A Coruña 881 879 299 info@terraecoloxica.com www.terraecoloxica.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com
A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Coto do Rano 2 R/ Reza, 11, baixo 32003 Ourense 988 240 121 www.restaurantecoto.es info@restaurantecoto.es Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es O Lar de Adrián Carril das Flores, 30 27002 Lugo 982 244 245 olardeadrian@hotmail.com lardeadrian.atagalicia.com Picota Espazo Gastronómico R/ Bailén, Praza de Abastos 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 418 408 karrasquito@hotmail.com Restaurante Biobania R/ Cordelería, 7 15003 A Coruña 981 221 301 biobania@gmail.com www.biobania.blogspot.com.es
Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 restaurantespana@gmail.com www.restespana.com Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 905 portasantiago@mundo-r.com Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com Taberna Vegetariana Gaia R/ Orzán, 206-208 baixo 15003 A Coruña 658 155 440 tabernagaia@gmail.com
MEMORIA ANUAL DO CRAEGA >
Galicia aumentou en máis dun 20 % o volume de vendas certificadas de produto ecolóxico en 2014 O pasado venres 27 de marzo presentouse na Escola Galega de Administración Pública (Egap) a memoria anual do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, foi a encargada de facer balance dos datos máis destacados do pasado ano 2014. Xunto a ela estiveron o presidente da entidade, José Antonio Fernández Álvarez, e mais o seu secretario, Javier García Lozano.
O
primeiro dato positivo posto na mesa por Patricia Ulloa foi que Galicia aumentou en máis dun 20 % o volume de vendas certificadas de produto ecolóxico en 2014, o que supón un incremento da facturación con respecto ao ano anterior de máis de 5,3 millóns de euros, ao pasar dos preto de 26 millóns de euros do ano 2013 aos máis de 31 millóns do ano pasado. A directora xeral subliñou que os datos amosan unha agricultura ecolóxica “en pleno auxe” e un gran crecemento en termos económicos. Como se pode observar no cadro comparativo 2013-2014, os produtos máis beneficiados foron os destinados á alimentación animal e, en segundo lugar, o sector do leite e os derivados, que o ano pasado acadou un volume económico de máis de 9,5 millóns de euros. CRAEGA
> 3
MEMORIA ANUAL DO CRAEGA > Cadro comparativo do volume de negocio 2013-2014 PRODUTOS
V. NEGOCIO 2013
V. NEGOCIO 2014
365.996,16
340.185,26
-25.810,90
-7,05 %
Bosque e recolleita silvestre
1.668.107,81
1.598.867,03
-69.240,78
-4,15 %
Carnes e derivados
3.597.103,66
3.820.457,13
223.353,47
6,21 %
1.464,00
760,00
-704,00
-48,09 %
3.564.411,04
3.649.280,17
84.869,13
2,38 %
Conservas vexetais
239.191,23
307.444,04
68.252,81
28,53 %
Árbores froiteiras
409.015,09
354.865,67
-54.149,42
-13,24 %
Hortalizas
365.500,97
351.908,71
-13.592,26
-3,72 %
Leite e derivados
8.493.001,37
9.510.709,67
1.017.708,30
11,98 %
Outros elaborados
1.537.261,75
2.327.797,05
790.535,30
51,42 %
Ovos e derivados
1.823.980,35
1.847.310,51
23.330,16
1,28 %
488.144,49
559.636,34
71.491,85
14,65 %
1.695.837,78
3.711.152,95
2.015.315,17
118,84 %
Produtos apícolas
756.345,57
872.231,06
115.885,49
15,32 %
Viños, sidras e vinagres de sidra
637.881,34
994.985,86
357.104,52
55,98 %
5.759,70
11.505,00
5.745,30
99,75 %
267.444,47
965.236,39
697.791,92
260,91 %
25.916.446,78
31.224.332,84
5.307.886,06
20,48 %
Aceites
Cereais
Os datos amosan unha agricultura ecolóxica “en pleno auxe” e un gran crecemento en termos económicos
Conservas de pescado
Panifi cación Pensos e alimentación animal
Tubérculos Acuicultura e recolleita de algas TOTAIS
Outro dos datos positivos destacados na presentación da memoria foi o aumento do número de inscritos nos rexistros respecto de 2013, cun aumento do 5,49 %. O número de produtores
DIFERENZA
% VARIACIÓN
medrou un 5,93 % e o número de elaboradores, importadores e comercializadores medra nun 12,03 %, o que supón que o Consello pasou dos 656 afi liados no 2013 aos 703 no 2014.
Evolución no número de inscritos nos últimos 18 anos 800
700
Elaboradores Produtores
600
500
400
300
200
100
0 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014
4
<
CRAEGA
MEMORIA ANUAL DO CRAEGA >
Número de operadores por provincia Este ano o Consello engadiu unha nova táboa na súa memoria, a cal reflicte o número de operadores por cada provincia, desagregada por tipo de produción. Dela dedúcese que a produción acuícola foi maior, por razóns obvias, nas dúas provincias costeiras pero é máis importante na de Pontevedra, con 27 operadores rexistrados, fronte aos 15 da provincia da Coruña. Respecto da produción vexetal, Lugo é a que ten maior presenza, con 117 operadores, seguida de 100 de Pontevedra, e 66 e 40 para A Coruña e Ourense respectivamente. A provincia de Lugo volve ser a primeira en produción animal con 101 explotacións; tras ela, Ourense, con 44; Pontevedra, con 37, e, finalmente, A Coruña, con 27. No que se refire á elaboración e comercialización, tamén Lugo logra o maior número de operadores con 50, seguida de Pontevedra, con 41, e das provincias da Coruña e Ourense, con 29 e 26 respectivamente. TIPO DE PRODUCIÓN Acuicultura
A CORUÑA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
TOTAIS
15
0
0
27
42
Recolleita de algas
2
0
0
2
4
Comercializador
2
7
3
4
16
Exportador/Importador
1
0
0
2
3
Elaboradores
27
43
23
37
130
Produción animal
27
101
44
13
185
Produción vexetal
66
117
40
100
323
Totais
140
268
110
185
703
Superficie inscrita para o cultivo ecolóxico No que se refire á superficie inscrita en Galicia para o cultivo ecolóxico, as cifras son lixeiramente máis baixas que en 2013, pois pasouse das 15.670,85 ha ata as 15.233,10 en 2014, o que supón un decrecemento do -2,79 %. Por prosuperficie 2013 (ha)
vincias obsérvanse resultados dispares, pois en Lugo e Ourense a superficie medrou un 1,72 % e un 0,63 % respectivamente, mentres que Pontevedra e A Coruña perden superficie respecto do ano anterior, un -7,85 % e un -31,39 % respectivamente. Coa nova liña de axudas prevese un crecemento, sobre todo na superficie de pastos destinada á gandería de vacún de carne.
superficie 2014 (ha)
VARIACIÓN
VARIACIÓN (%)
A CORUÑA
1.620,79
1.112,00
-508,79
-31,39 %
LUGO
6.971,11
7.090,92
119,81
1,72 %
OURENSE
5.979,28
6.016,86
37,58
0,63 %
PONTEVEDRA
1.099,67
1.013,32
-86,35
-7,85 %
15.670,85
15.233,10
-437,75
-2,79 %
TOTAL GALICIA
O número de afiliados medra dos 656 en 2013 aos 703 en 2014, o que supón un aumento do 5,93 %
CRAEGA
> 5
MEMORIA ANUAL DO CRAEGA >
Patricia Ulloa está convencida de que “esta modalidade abre o camiño a novas oportunidades de negocio e se converte nun sector con futuro”
6
<
CRAEGA
Apoio da Administración autonómica En relación ao apoio do Goberno autonómico á agricultura ecolóxica, Patricia Ulloa destacou o esforzo que está a facer neste eido a Xunta de Galicia a través de diferentes liñas de axudas. Expuxo que para diversas actividades de promoción, información e programas de control de calidade a Xunta incrementou en máis dun 43 % estas axudas ao Craega, pasando dos máis de 132.000 euros destinados en 2013 aos máis de 189.000 de 2014. Salientou, ademais, as subvencións para os produtores asociados ao Craega que participaron en programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade
diferenciada, das que se beneficiaron máis de 400 agricultores e gandeiros por un importe de preto de 90.000 euros. A responsable de Produción Agropecuaria tamén sinalou as achegas para a agricultura ecolóxica enmarcadas nas axudas agroambientais do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013, das que se beneficiaron desde 2009 preto de 950 produtores por importe de preto de 2,5 millóns de euros. A directora xeral fixo fincapé en que esta actividade supón un valor engadido para as producións da terra de Galicia, xa que lles ofrece aos consumidores un produto natural e de máxima calidade e está convencida de que “esta modalidade abre o camiño a novas oportunidades de negocio e convértese nun sector con futuro”.
DE FEIRAS >
Foto de familia dos operadores participantes en Núremberg
Galicia estivo representada na gran feira de Núremberg a través do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e de sete empresas expositoras. No stand do Craega luciron os produtos de Porto-Muíños, Daveiga, Mieles Anta, Casa Grande de Xanceda, Aceites Abril e Algamar, que recibiron a visita do secretario xeral de Medio Rural e Montes da Xunta de Galicia, Tomás Fernández-Couto.
O
Manuel Cruz Director de O Agro-Labranza
interese polos alimentos ecolóxicos segue en auxe en todo o mundo: unha oferta cada vez maior de produtos, novas canles de distribución e a fidelización dos clientes está a facer que o mercado evolucione moi positivamente na maioría dos países occidentais industrializados, entre eles Alemaña e Estados Unidos, con incrementos próximos ao 10 %. Boa mostra deste crecemento foi a vixésimo sexta edición da Feira de Alimentos Ecolóxicos Biofach e do Monográfico Internacional de Cosmética Natural Vivaness. Do 11 ao 14 de febreiro o recinto feiral da Nürnberg Messe volveuse encher de centos de falas distintas e de milleiros de cores, sabores e sensacións. Un total de 44.624 visitantes profesionais de 136 países acudiron ata a cidade alemá de Núremberg para participar na principal reunión anual do sector ecolóxico, un 5 % máis que na edición anterior. Foi un dos síntomas da recuperación deste certame, que tamén aumentou o número de expositores, un total de 2.344 de 76 países dos cinco continentes, despois de dous anos cunha lixeira baixada, consonte aos momentos máis duros da crise económica. Organizada pola Federación Internacional de Movementos de Agricultura Orgánica (IFOAM),
Biofach 2015: o sector mundial da alimentación apúntase ao cambio ecolóxico a máis representativa do mundo ecolóxico, con presenza en máis dun cento de países, e pola Asociación da Industria Alemá de Alimentos Ecolóxicos, Biofach xa está consolidada no calendario como a gran cita anual para todos aqueles interesados neste tipo de producións. E é que o interese polos alimentos ecolóxicos segue en auxe en todo o mundo, un mercado que xa está a mover máis de 60.000 millóns de euros en transaccións comerciais a nivel global e que pechou o primeiro semestre de 2014 cun saldo positivo internacional de case o 10 %. A produción ecolóxica, máis coñecida como “orgánica” nos países anglosaxóns e “biolóxica” ou “bio” por franceses e italianos, é un movemento presente xa en todas as culturas e continentes, e en todos os ámbitos da nosa vida. Máis de 43 millóns de hectáreas no planeta están sendo cultivadas baixo os criterios da agricultura ecolóxica certificada, ás que habería que engadir outros 35 millóns de hectáreas de terras non agrarias en que se practica a recolección salvaxe. Máis de dous millóns de agricultores e gandeiros no planeta están acollidos hoxe a algún selo de certificación ecolóxica, en 164 países dos 198 que hai na terra. CRAEGA
> 7
DE FEIRAS > En Europa, España é o primeiro país en superficie dedicada á produción ecolóxica, cun millón seiscentas mil hectáreas, e o segundo en número de produtores, con máis de 30.000. Iso notouse na presenza de 120 empresas españolas na feira, só superada polo país anfitrión, Alemaña, ademais de Italia e Francia.
Galicia en Biofach
Aínda que de vocación internacional, o feito de que a maior feira ecolóxica do mundo se celebre en Núremberg xustifícase pola importancia que o consumo ecolóxico ten neste país
Galicia tamén estivo presente en Biofach a través do Consellor Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e do Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia. Este ano participou cun stand de 50 metros cadrados, no que estaban presentes 6 empresas galegas: Porto-Muíños, Daveiga, Mieles Anta, Casa Grande de Xanceda, Aceites Abril e Algamar. Como destacou o presidente do Craega, José Antonio Fernández, “esta feira é para nós a máis importante do sector ecolóxico, na que cremos que debemos estar por tres motivos principalmente: un, para darlles apoio ás nosas empresas e que se sintan respaldados nun mercado tan importante como Alemaña; tamén para ver todas esas novas iniciativas que xorden de aquí, xa que esta é a feira de referencia, a que che di por onde vai ir nos próximos anos o mundo da produción ecolóxica, e, en terceiro lugar, porque se celebran multitude de foros, conferencias e mesas redondas nas que participan as organizacións ás que estamos asociados”. Localizado ao carón dunha das entradas do pavillón 5, dedicado ás empresas internacionais, o stand de Galicia amosaba varias fotografías a gran tamaño alusivas á produción ecolóxica en Galicia xunto a un mapa de Europa onde se localizaba a nosa comunidade. De cara ao público, cada unha das seis empresas presentes dispoñía dun expositor para os seus produtos e unha mesa para falar cos clientes.
Porto-Muíños foi unha das firmas que repetiu en Biofach
8
<
CRAEGA
Porto-Muíños foi unha das firmas que repetiron a súa asistencia a Biofach. Esta empresa familiar está dedicada á recolección de algas e á súa comercialización en conservas, pastas e outros produtos máis accesibles a un consumidor que en moitos casos aínda non coñece o potencial culinario das chamadas verduras do mar: “No mercado español xa estamos ben introducidos, tanto no sector ecolóxico coma na restauración. Fóra, dependendo do país, hai quen ten máis cultura de consumo de algas, como Francia, e noutros países non. Por iso hai que ensinarlle á xente como traballar coas algas, como elaboralas, e por iso facemos as conservas, porque é moi fácil, é abrilas e tomar as algas como unha verdura máis”, di Bibiana Canosa, responsable de exportación de Porto-Muíños. Máis habituais para o consumidor de todo o mundo son os biscoitos que elabora Daveiga. Esta empresa radicada en Chantada naceu en 2005 como un proxecto de emprendemento: todos os seus promotores estaban traballando naquel momento e decidiron deixar as súas ocupacións para emprender un proxecto propio, comprometidos coa economía social e coa sustentabilidade. En Daveiga atoparon no ecolóxico a aposta polo natural e o saudable que buscaban para os seus biscoitos, que xa están a atopar mercados máis aló da nosa terra, como sinala Xosé Lois Lamazares, coordinador de Daveiga: “Desde o principio tiñamos claro que había que saír de Galicia e de España. Nese senso empezamos xa desde o principio co mercado portugués por ser o máis próximo a nós e despois empezamos a facer prospeccións noutros mercados, como Centroeuropa, a través da participación en feiras internacionais coma esta. Hoxe estamos traballando en Inglaterra e a raíz da participación na feira SIAL de París saíronnos unhas oportunidades que posiblemente frutifiquen”. A empresa chantadina Daveiga levou á feira as súas tradicionais galletas mariñeiras
DE FEIRAS >
A gama ecolóxica de Mieles Antas exporta, ademais de mel, pole, própole e cera
Casa Grande de Xanceda é o segundo maior produtor de leite ecolóxico de España
Mieles Anta é na actualidade o principal produtor de mel ecolóxico de Galicia e de toda España. Veteranos na asistencia a esta feira, o mercado exterior supón xa máis do 20 % do seu volume de negocio anual. A gama ecolóxica de Mieles Anta non se limita só ao mel, tamén están a exportar pole, própole e cera, polo que decidiron crear unha liña nova para o mercado exterior, que lles presentaron aos seus clientes nesta edición de Biofach, como indica Pablo Villasenín, responsable de comercio exterior da empresa: “Mieles Anta como proxecto xa está presente no mercado alemán desde os anos 80 coa marca Mel da Anta, pero quixemos aportar un factor diferenciador e cubrir a gran demanda que o mercado alemán ten de produtos ecolóxicos, non só de mel, senón doutros produtos. Por iso nesta feira en concreto estamos presentando Toca, un novo proxecto de marca ecolóxica que engloba unha gama completa de produtos apícolas, directamente da colmea e en ecolóxico”.
como evolucionará este mercado nos próximos anos”, en palabras de Jessica Rei, responsable de mercadotecnia de Casa Grande de Xanceda.
Outra das empresas que repetiron asistencia a Biofach foi Casa Grande de Xanceda. Esta granxa, localizada en Mesía, no interior da provincia da Coruña, é na actualidade o segundo maior produtor de leite ecolóxico de España, un leite que transforman en iogures, queixos e outros elaborados. Para eles Biofach é a maneira de darse a coñecer no principal mercado de produtos lácteos ecolóxicos de Europa: “Aquí estamos para presentarlle os nosos produtos a un público máis internacional e tamén para afianzar relacións comerciais con clientes que temos en España, xa que aquí hai moitísima presenza española. Tamén nos serve para ver como está o mercado ecolóxico dos produtos lácteos en Europa, as novas tendencias, novos produtos e presentacións... Algo fundamental para saber
Desde a posta en marcha do Craega, a produción ecolóxica na nosa comunidade non deixou de medrar, pasando das 13,35 hectáreas certificadas en 1997 ás máis de 15.600 de 2013, e de 11 operadores a 703 na actualidade
No stand do Craega tamén estaba presente a empresa ourensá Aceites Abril. Pioneiros na recuperación das plantacións de oliveiras en Galicia, hoxe en día están a comercializar os seus produtos en máis de 30 países, e a exportación supón xa case unha terceira parte do seu volume de negocio total, segundo Patricia González, comercial de exportación de Aceites Abril: “Sempre apostamos pola internacionalización, polo que intentamos acudir a todas as feiras de alimentación, nestes momentos eu estou aquí en Alemaña e un compañeiro meu está en Sudáfrica e, pouco a pouco, comezamos a ver os resultados”. Aínda que pequena en proporción, a súa gama ecolóxica axúdaos a abrir novos mercados “porque é un segmento cada vez máis puxante e demandado, sobre todo en países como Alemaña ou Reino Unido”, sinala Patricia. Para Aceites Abril a exportación supón xa case unha terceira parte do seu volume de negocio total
CRAEGA
> 9
DE FEIRAS > que é unha empresa pequena. Para nós, chegar da man de Demeter foi abrir as portas do mercado alemán e, a partir deste, estendernos por toda Europa”.
Algamar é unha das empresas pioneiras na recolección e preparación de algas
Desde 2007 celébrase xunto con Biofach o Salón Vivaness, dedicado á cosmética natural. Participaron 203 expositores de 30 países, que presentaron en Núremberg 149 novos produtos de beleza e cosmética
10
<
CRAEGA
A empresa pontevedresa Algamar acudiu por primeira vez a Biofach baixo o amparo do Craega. Fundada en 1996, foron uns dos pioneiros no ámbito europeo na recolección e preparación de algas. Xa estaban presentes no mercado alemán, principalmente no sector da macrobiótica, e o seu obxectivo é expandirse ao consumidor convencional de produto ecolóxico, como destaca o seu representante en Alemaña, José María Ordeix: “A idea é entrar no consumidor orgánico, o que ten conciencia da saúde na alimentación, que en Alemaña é un mercado moi grande. Como se trata dun produto novo que non está na tradición culinaria alemá hai que facer un esforzo de pioneiros, de falar con maioristas pero tamén co pequeno consumidor. Ou sexa, que é un labor a medio e longo prazo, pero estamos seguros de que nuns anos as algas serán un alimento máis dentro dunha dieta saudable”. Completaba a presenza galega en Biofach a conserveira Antonio Pérez Lafuente, de Vilanova de Arousa, que participou cun stand propio no pavillón 7, dentro da zona do selo Demeter. Este organismo certificador de carácter internacional está vinculado á denominada “produción biodinámica” e integra 5.000 produtores de 50 países. En palabras de Álvaro Pérez Lafuente, director comercial da conserveira, o 82 % da facturación é o mercado exterior, especialmente Alemaña, onde son líderes no seu segmento: “O paso á produción ecolóxica foi unha maneira de entender o cambio de tendencias do consumidor, e tamén de concienciarnos coa sustentabilidade do mar, apostar por un tipo de pesca artesá, explorar novos mercados e atopar un nicho de mercado para unha conserveira como a nosa,
Ademais dos expositores, outros galegos acudiron a Biofach en calidade de visitantes, coma os representantes das empresas pontevedresas Hifas da Terra e Bioalacena, ou Caponcito de Vilalba. Por segundo ano consecutivo o secretario xeral de Medio Rural e Montes da Xunta de Galicia, Tomás Fernández-Couto, visitou Biofach para darlles apoio ás empresas galegas presentes na feira. Fernández-Couto destacou o pulo que a produción ecolóxica está a acadar na nosa comunidade: “Hoxe en día temos capacidade de producir en practicamente todos os ámbitos territoriais, o difícil é ser diferentes e saber posicionarse nos mercados. No caso da produción ecolóxica estamos ante un mundo que non deixa de medrar, estamos a falar de produtos cunha garantía de sanidade xeral, de conservación organoléptica, de producións totalmente respectuosas co benestar animal e coa biodiversidade, que é o que demandan hoxe mercados coma este de Alemaña”. Desde a posta en marcha do Craega hai 17 anos, a produción ecolóxica na nosa comunidade non deixou de medrar, pasando das 13,35 hectáreas certificadas en 1997 ás máis de 15.600 de 2013, e de 11 operadores a 703 na actualidade. Máis dun trinta por cento da produción ecolóxica galega vai xa a estes mercados internacionais: “Temos que mandarlles unha mensaxe aos produtores galegos para que estean atentos ás promocións que veñen da Administración e de organizacións coma o Craega, porque é o futuro do mercado. Neste momento practicamente en todo o que sexamos capaces de producir en ecolóxico imos ter un bo mercado. Debemos facernos máis ecolóxicos desde o punto de vista de producir e de consumir”. “Pan do Mar” é o nome comercial da conserveira Antonio Pérez Lafuente
DE FEIRAS >
Escaparate do ecolóxico no mundo Boa parte do mercado destas empresas está en Alemaña. Aínda que de vocación internacional, o feito de que a maior feira ecolóxica do mundo se celebre en Núremberg xustifícase pola importancia que o consumo ecolóxico ten neste país. Segundo a Asociación da Industria Alemá de Alimentos Ecolóxicos (BÖLW) en 2014 os fogares alemáns investiron un 4,8 % máis en bebidas e alimentos ecolóxicos que o ano anterior e a cifra de negocios ascendeu a preto de 8.000 millóns de euros ao ano, o 10 % de todo o mercado mundial. As dúas tendencias máis destacadas da Biofach 2015 foron os Free From e a dieta vegana. Free From é o nome que reciben os alimentos sen ovo, glute nin lactosa, cada vez máis demandados no comercio tras a nova lexislación europea sobre declaración de alérxenos. A dieta vegana é a daqueles vexetarianos puros que, ademais de non comer carne nin peixe, tampouco consomen produtos lácteos, ovos nin calquera outro alimento de orixe animal. Desta volta Biofach acolleu un salón específico para os produtos veganos, no que participaron 726 fabricantes. No stand de novidades de Biofach os visitantes puideron dar o seu voto aos 545 produtos que se presentaron este ano aos Best New Products Awards. Entre eles estaba un produto galego, unha salsa chimichurri elaborada a base de algas presentada pola empresa Porto-Muíños. Outro dos protagonistas desta edición foi Holanda, escollido coma País do Ano. 99 expositores dos Países Baixos amosaron en Biofach o
crecemento que a agricultura ecolóxica está a experimentar neste país, unhas producións enfocadas sobre todo á exportación. Pero o ecolóxico non se limita só á alimentación... Desde 2007 celébrase xunto con Biofach o Salón Vivaness, dedicado á cosmética natural. Participaron 203 expositores de 30 países, que presentaron en Núremberg 149 novos produtos de beleza e cosmética. Cun incremento do 6 % no número de expositores, Vivaness puxo de manifesto o futuro que ten esta liña de produción, que a nivel internacional está a facturar preto de 11.500 millóns de euros. Xa hai data para a próxima cita do dúo feiral Biofach e Vivaness, será do 10 ao 13 de febreiro de 2016 novamente en Núremberg, unha oportunidade de negocio que, á vista das cifras que move a agricultura ecolóxica, seguirá a medrar nos próximos anos.
CRAEGA
> 11
DE FEIRAS >
Os produtos ecolóxicos estiveron presentes nas grandes citas gastronómicas galegas
N
o mes de marzo celebráronse dous importantes eventos gastronómicos de recoñecemento internacional: o 16.º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2015, que se levou a cabo en Ourense entre os días 4 e 8 de marzo, e o Fórum Gastronómico A Coruña 2015, que se desenvolveu entre os días 15 e 17 de marzo. A cita ourensá tivo lugar no recinto feiral de Expourense e durante eses días os visitantes puideron escoller entre máis de cen propostas gastronómicas, menús, expositores, obradoiros, catas de viños e cervexas artesás, así como coñecer de preto o país invitado deste ano, Costa Rica. A gastronomía galega estivo presente a través do programa da Consellería do Medio Rural e do Mar coas “Degustacións de produtos do mar maridados con produtos da terra” elaborados por catro cociñeiros pertencentes aos restaurantes España e Paprica, de Lugo; o Galileo de Ourense, e o Gastrobar O Birrán, de Ribadavia, que presentaron menús cuxos protagonistas foron os froitos do mar ao abeiro do selo PescadeRías, acompañados de produtos ecolóxicos como algas, polo e xeados. Outra das actividades destacadas foi o showcooking da firma ourensá Aceites Abril, que presentou unha sorprendente receita consistente nun falso ovo de mirabel con queixo do país e o seu novo aceite Oliveiras Galegas. O xefe de cociña
12
<
CRAEGA
Luís Vidal, de SG Tino Iglesias, foi o encargado de dirixir esta orixinal mostra, que contou cun gran número de asistentes. No marco do Salón celebrouse tamén o III Concurso de Cociña Xantar Gourmet entre cuxas bases figuraba a de utilizar, como mínimo, dous dos ingredientes dunha ampla listaxe de produtos autóctonos coas etiquetas do CRIXP, DOP ou adscritos ao CRDO Agricultura Ecolóxica de Galicia. Na última xornada foron entregados os premios, que, por segundo ano consecutivo, gañou Manuel Garea coa receita “Trufa de mar”, na que empregou vieiras de Galicia do selo PescadeRías, bonito, algas, grelos e aceite de oliva ecolóxico.
DE FEIRAS >
Unha semana máis tarde foi a quenda da cidade herculina, que acolleu no ExpoCoruña o Fórum Gastronómico, no cal se levou a cabo un amplo abano de actividades para o público asistente, entre as que se encontraba novamente o programa de “Degustacións de produtos do mar maridados con produtos da terra” da Consellería do Medio Rural e do Mar, no que prestixiosos cociñeiros realizaron catas de suculentas propostas culinarias elaboradas con produtos galegos. En concreto, o día 16 de marzo o cociñeiro Martín Mantilla, do restaurante monfortino O Grelo, elaborou o prato “Galicia, un mar ecolóxico”, con viños e sidras de produción ecolóxica, que consistiu nunha ensalada de grelos con verduras sobre crema de porros, troita ecolóxica en escabeche e po de remolacha; canelón de castañas ecolóxicas de Galicia con polo ecolóxico ao viño Ribeira Sacra tamén ecolóxico e roxóns, e mais croqueta de queixo Tetilla con marmelo, maruxas de nata e salsa de mazá. A cata desenvolveuse nun ambiente ameno e comezou coa presentación do xefe de servizo da Secretaría do Mar, Ramón Fernández Conchas, de Martín Mantilla e do sommelier Nacho Costolla e nela participaron o secretario do Craega, Javier García Lozano, Ramón Jesús Lamelo Otero, xefe de Área do Servizo de Calidade Alimentaria, e José Luis Olmedo, de Customdrinks.
CRAEGA
> 13
DE FEIRAS >
A praza de abastos de Ourense aposta polo mercado ecolóxico
D
urante os días 30 e 31 de xaneiro a praza de abastos de Ourense pendurou o cartel de mercado ecolóxico a través da iniciativa “Vive o mercado ecolóxico”. Baixo este lema un total de 13 produtores levaron ata alí os seus produtos para amosar as bondades destes alimentos entre o público asistente. A cita estivo promovida polo Concello de Ourense e a ela acudiu o alcalde da cidade, Agustín Fernández, acompañado polos concelleiros José Ángel Vázquez Barquero e Juana Ageitos, así como polo presidente da praza, Emilio González, polo vicepresidente do Craega, Albino Fernández Rodríguez, e polo seu secretario, Javier García Lozano, quen na súa intervención para os medios de comunicación explicou que o obxectivo desta iniciativa é facerlle chegar á cidadanía as vantaxes dos produtos ecolóxicos. Ademais, resaltou que o sector está medrando, como o demostra o incremento da facturación nos últimos anos, polo que considera que estamos ante un mercado incipiente grazas á concienciación dos cidadáns. En canto ás cifras económicas, apuntou que en 2013 se facturaron 26 millóns de euros e que esperaban superar en 2014 os 30 millóns, aumento que tamén se observa na cifra de produtores ecolóxicos, que pasou de 656 a 703.
14
<
CRAEGA
PRODUTORES PARTICIPANTES • Aceites Abril • Casa Grande de Xanceda • Caurelor • Conservas do Támega • Coren • Customdrinks • Daiquí • Diego de Lemos • Ecoleia • Ecosetalia • Mar de Ardora • Pecado de Outono • Verín Biocoop
FORMACIÓN >
Xornada en Dodro sobre agricultura ecolóxica
O
s días 29 e 30 de xaneiro tivo lugar no concello de Dodro a xornada titulada “Emprender baixo a fórmula cooperativa. Agricultura ecolóxica”, que se enmarca no programa de actuación 2015 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social. Entre os participantes estivo Antonio Eduardo Pérez, responsable de Calidade do Craega, quen interveu o venres día 30 cunha charla sobre a “Normativa da Agricultura Ecolóxica”.
Craega participa no Seminario sobre o manexo do solo e a fertilidade
D
urante os días 6 e 7 de febreiro desenvolveuse na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo o Seminario “O manexo do solo e a fertilidade en agricultura ecolóxica”, un espazo de debate no que interviñeron, entre outros, o secretario técnico do Consello, Ernesto Sánchez Salgado, quen se encargou de inaugurar a xornada do sábado co relatorio “Regulamento de AE e fertilizantes”. O Seminario, que foi organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Ibader, Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE), Deputación de Lugo e Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), estivo dirixido principalmente a técnicos e profesionais do sector.
CRAEGA
>
15
FORMACIÓN >
Debate sobre horticultura en Coristanco
Coristanco Xoves 19 de febreiro de 2015
16.15 Presentación da Xornada 16.30 Experiencia de emprendemento empresarial en horticultura
A
D. Pablo López Calviño, xerente do Viveiro As Angustias de Betanzos, especializado na produción de variedades autóctonas para horta. (Proxecto participante no Programa de Apoio ao Emprendemento Agroalimentario da Fundación Juana de Vega)
sala Feiraco de Fonteboa de Coristanco acolleu o xoves 19 de febreiro unha Xornada de Horticultura, organizada polo GDR Bergantiños coa colaboración do Centro de Promoción Rural-EFA. O evento tivo lugar en horario de tarde e nel déronse cita diversos profesionais do sector, que presentaron proxectos relacionados coa horticultura. O primeiro dos relatores foi Pablo López Calviño, xerente do Viveiro As Angustias (Betanzos), quen presentou un proxecto participante no Programa de Apoio ao Emprendemento Agroalimentario da Fundación Juana de Vega. A súa charla deu paso á do director técnico do Craega, Ernesto Sánchez Salgado, quen falou sobre a “Produción hortícola en ecolóxico”. A xornada deu remate coa constitución dun Grupo de Estudo e Desenvolvemento Agrario (GEDA).
17.15 Produción hortícola en ecolóxico
D. Ernesto Sánchez Salgado, Director Técnico do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
18.00 Pausa e Café 18.15 Constitución dun GEDA (Grupo de estudo e desenvolvemento agrario), no que participen horticultores locais interesados en buscar solucións a problemas técnicos, organizativos e de comercialización nas súas explotación hortícolas. 18.45 Remate. Organiza: GDR BERGANTIÑOS Colabora: Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa Lugar: Sala Feiraco (Fonteboa) Inscrición: 981 733 051 (Fonteboa) 981 707 377 (AD Bergantiños)
O Craega ofrece charlas didácticas en diversos centros de Galicia sobre agricultura ecolóxica
O
día 9 de febreiro o secretario do Craega, Javier García Lozano, achegouse ao colexio CEIP Novo de Monforte de Lemos para impartir unha charla ante o alumnado do colexio con idades comprendidas entre 6 e 9 anos, divididos en 2 grupos, de infantil e
primaria. Os pequenos asistentes puideron desfrutar dun sinxelo vídeo sobre a produción ecolóxica e, tras o visionado, levouse a cabo unha batería de preguntas para observar o nivel de comprensión acadado por parte dos cativos. Un mes máis tarde, García Lozano desprazouse ata a parroquia lucense de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei) para dar unha conferencia ante un grupo de case corenta alumnos do Ciclo Superior de Paisaxismo e Medio Rural e do Ciclo Superior de Xestión Forestal e Conservación do Medio Natural do IES José Trapero Pardo. O representante do Craega abordou temas sobre o proceso de inscrición e transformación de explotacións e cultivos ao sistema ecolóxico, así como sobre o proceso de control e certifi cación. A actividade estivo organizada polo profesor do centro Nilo Carballal Vázquez.
16
<
CRAEGA
ACTUALIDADE DO SECTOR >
Medio Rural anuncia axudas para a agricultura ecolóxica
A
Consellería do Medio Rural e do Mar está convencida de que o sector agroalimentario de Galicia ten que seguir apostando por producións de calidade e tamén respectuosas co medio ambiente, que cada vez son máis demandadas polos consumidores galegos, españois e europeos. Nese marco, no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, en fase de aprobación pola Comisión Europea, prevese un importante apoio á agricultura ecolóxica a través dunhas axudas específicas para ela.
Duración dos compromisos
Estas axudas á agricultura ecolóxica xa se poderán solicitar este ano dentro da solicitude única da PAC e serán xestionadas a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) e das propias oficinas agrarias comarcais (OAC).
En función do tipo de cultivo e da fase na que se atope a explotación (conversión ou mantemento) existirán as seguintes axudas unitarias:
Para acceder a estas axudas deberanse cumprir os requisitos e compromisos que se indican deseguido:
Agricultura ecolóxica
1. Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos. 2. Durante ese período non será posible aumentar as unidades comprometidas (hectáreas ou colmeas). 3. Cada ano deberase presentar unha solicitude de pago dentro da Solicitude Única de axudas.
Importe das axudas
TIPO DE CULTIVO
Conversión €/ha
Mantemento €/ha
Requisitos
Cultivos herbáceos
245
213
1. Ser titular dunha explotación agraria inscrita no correspondente rexistro (REGA/Reaga).
Froiteiras (pebida e óso)
385
335
Outras froiteiras (castiñeiro etc.)
165
143
Hortícolas aire libre
469
408
Hortícolas baixo
600
560
Viñedo para vinificación
897
780
Conversión €/ha
Mantemento €/ha
331
288
99
86
Conversión €/colmea
Mantemento €/colmea
35
30
2. Reunir as condicións de agricultor activo recollidas no artigo 8 do Real Decreto 1075/2014, de aplicación dos pagos directos á agricultura e á gandería e outros réximes de axuda e de desenvolvemento rural. 3. Recibir un servizo de aconsellamento específico dunha entidade de inscrita no Resaxega.
Gandería ecolóxica
Compromisos que se han de respectar 1. Empregar as técnicas de produción ecolóxica establecidas no Regulamento (CE) 834/2007 e demais normativa de aplicación. 2. Estar inscrito no correspondente rexistro de operadores de agricultura ecolóxica. 3. Manter as parcelas e a superficie comprometida durante os anos que dure o compromiso. Porén, o número de hectáreas poderá reducirse, como máximo, nun 10 % da superficie suxeita a este no seu inicio, sempre e cando non se vexa comprometido o seu logro. 4. As explotacións de gandería ecolóxica deberán manter unha carga gandeira maior de 0,7 UGM/ha e menor de 2 UGM/ha. 5. No caso da apicultura ecolóxica manteranse durante os anos que dura o compromiso as colmeas comprometidas que, como mínimo, serán 80. Se se dispón de varias alvarizas, a distancia entre as alvarizas primables do mesmo beneficiario será, polo menos, de 1 km. 6. Manter o caderno de explotación esixido en agricultura ecolóxica para os efectos do control das producións.
TIPO DE CULTIVO
Prados e cultivos forraxeiros Pastos arbustivos e pastos con arboredo
Apicultura ecolóxica TIPO DE CULTIVO
Colmea
Para os efectos destas axudas non serán indemnizables: a) As superficies de usos en común, entendendo como tales aquelas nas que se faga un aproveitamento conxunto por varios produtores. b) As superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do RD 1075/2014 (barbeitos e cultivos fixadores de nitróxeno). Por último, para calquera outra información poderá dirixirse aos propios servizos do Fogga, ás OAC, ás entidades de aconsellamento e ao Craega. CRAEGA
> 17
ACTUALIDADE DO SECTOR >
O biochip de Biodiagsan diagnosticará patóxenos asociados á produción do gando bovino
O
s patóxenos asociados á produtividade en gando bovino son a orixe das enfermidades máis comúns de ámbito mundial e están vinculados ao propio sistema produtivo. Son de moi difícil erradicación e son os máis importantes polas perdas económicas que provocan na industria láctea, debido á suma de tratamentos, perdas de produción, sacrificio de exemplares afectados, cambios na calidade do leite, risco de contraer outras doenzas e custo de servizos veterinarios, do diagnóstico, investimento para renovar a explotación tras un episodio infeccioso etc.
alerta, redundará nun aumento da produtividade mediante actividades asociadas a calidade, seguridade e trazabilidade dos produtos lácteos, co consecuente aumento da rendibilidade das explotacións e mellora de calidade de vida da cabana gandeira (non só bovina). Para obter máis información pódese contactar no correo electrónico info@biodiagsan.com.
A única solución é preventiva: a súa detección precoz antes de que existan signos clínicos, separar inmediatamente os animais afectados e tratalos se é posible, pero necesita o deseño de novos programas e estratexias para unha prevención real nas granxas. A solución sería o biochip formato LOC que: • facilite resultados concluíntes en horas. • inclúa as especies de patóxenos de significación epidemiolóxica. • mellore a sensibilidade, especificidade e fiabilidade das técnicas actuais de diagnóstico e permita unha análise simultánea de todos os microorganismos dianas de risco, menor esixencia de recursos, sen persoal cualificado, in situ e en tempo real e a un custo axustado. • sexa válido para diferentes matrices (leite, penso, soro, sangue ou mostras ambientais). Este biochip será desenvolvido pola empresa Biodiagsan SL, en cooperación internacional con centros tecnolóxicos, universidades e empresas do sector agropecuario. O dispositivo combina a tecnoloxía Microarray LDR cun biochip de ADN de cámara múltiple, cuxo deseño permitirá a redución do tempo de
Revista de divulgación Técnica
de Agricultura y Ganadería Ecológica
Existe en versíon papel y versión digital interactiva* ¡Infórmate! www.revista-ae.es • tel: 961 26 71 22 *Contenidos
18
<
CRAEGA
y publicidad con enlaces a páginas web
Taboleiro de anuncios as a de verduras ecolóxic Repartimos caixas ellos nc co e a o de Compostel ión) domicilio en Santiag Br e es Am o, queixón, Te limítrofes (Vedra, Bo ga dra inscrita no Crae Finca de horta en Ve m .co ido art mp co miguel@tempo
Venda de carne de vacún de produció n ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o dese xe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en tran sporte frigorífico para non romper a cadea de frío. Vicente Prieto Ledo 609 864 738 info@limusinatouza.com
Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacarballada@hotmail.com
Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia Galega Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777
la ecolóxico. Viveiro de plantel hortíco encarga por l Facemos plante Biohorta 981 483 312 / 669 690 212 agricolacuruxeira@gmail.com
Véndese ou alúg ase finca de 10 .700 m2 de prod de froita ecolóx ución ica con 700 árbo res. Venda de fro asegurada. Casa ita de pedra para restaurar, situad nun lugar privile a xiado na ribeira do Miño César García Alon so: 670 852 638 puchadiza@hotm ail.com
Realízanse sacrifi cios eco lóxicos. Matadoiro Comarcal de Sar ria San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273
ns Venda de Porco Celta en ecolóxico. Leitó ade bilid Posi . para criar ou para consumir de engorde dos porcos por encarga Elisa e Camilo: 676 666 157
Descontos do 20 % nas tari aloxamento fas de en Ecoagrotur is m o Arqueixal para inscrito s no Craega Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 03 contacto@arqu 0 eixal.com / w ww.arqueixal .com
ura e froita adas de verd iz al on rs pe cestas ementar con Repartimos poden compl se e qu , go de Lu certificados no concello ou ecolóxicos os ic ám in od (Lugo) produtos bi , A Pontenova A Panturreira 641 9 84 7 63 olz: Isabel Zaera D om shambhalla.c izaera@granja om alla.c granjashambh 650 343 777
Véndense fabas ecolóxicas de Lourenzá, a granel ou envasadas Mª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006
Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en va rios pesos. Posibilid ade de servir en despec es en distintos forma tos. Granxas de Lousada SC 657 103 467 sboados@gmail.com
óxico. Realizamos plantón hortícola en ecol tura ticul ofru hort Asesoramento con cursos de oiro rnad inve de e cultivos Semilleros Penateixa 636 060 286 / 693 654 130 semillerospenateixa@hotmail.com semillerospenateixa.blogspot.com
Viveiro de plan tel hortícola en ecolóxico. Tem plantas en stoc os k e recollemos encargas. Sem convencionais entes e tradicionais ce rtificadas Feitoría Verde 698 164 249 / 69 8 161 760 pedidos@feitoria verde.com https://feitoriave rde.wordpress.c om
Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es
Impreso en papel reciclado Maine Gloss Green
Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos
gobierno de españa
20
<
CRAEGA
ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente
FEADER Europa inviste no Rural