24 minute read
Especial 25 aniversario
Vídeo íntegro do acto oficial
O Craega cumpre 25 anos certificando a calidade galega do sector
O Consello da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) celebrou o 23 de setembro o seu 25.° aniversario nun acto que uniu diversas autoridades e operadores e no que non faltaron a música nin a representación de produtos ecolóxicos galegos. No marco desta cerimonia, foron homenaxeados os cinco primeiros operadores inscritos: Cooperativa Santa María de Loureiro, Alibos Galicia, Verín Biocoop SCG, Jesús Boán Méndez e Miguel Areán e Hijos SL.
A cerimonia do XXV aniversario do Craega, que tivo lugar no complexo rural lucense A Parada das Bestas (Pidre, Palas de Rei), coincidiu coa celebración do Día da Agricultura Ecolóxica da Unión Europea, que se fixou o pasado ano para o 23 de setembro.
O actor galego Luis Iglesia foi o encargado de conducir o evento, que arrancou coas intervencións das autoridades. O presidente do Craega, Francisco López Valladares, estivo
O actor galego Luis Iglesia foi o condutor do evento
acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González; polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos; pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; pola conselleira do Mar, Rosa Quintana; polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, ademais doutras autoridades autonómicas, provinciais e locais que tamén asistiron como convidados.
Abriu a rolda de intervencións López Valladares, quen lembrou o seu propio comezo coma un dos primeiros operadores, hai 23 anos e, a continuación, recordou as palabras do anterior presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que na súa presentación no vixésimo aniversario do Craega lle pedira medrar un 20 % a produción ecolóxica. Apoiándose no cadro de datos comparativos entre os anos 2016 e 2022, o presidente do Consello amosouse moi satisfeito por “ter feito os deberes”, pois o balance nese período arroxou unha dinámica ascendente nos piares fundamentais, pasando de 27.716 hectáreas ecolóxicas ás 45.510, é dicir, a superficie ecolóxica galega incrementouse en 17.794 ha (+64 %); en canto ao número de operadores ecolóxicos, a lista de inscritos subiu de 945 a 1.523, isto é, 578 máis (+61 %); finalmente, tamén lembrou que o volume de negocio mostrou unha evidente tendencia á alza, xa que hai cinco anos se facturaron preto de 42 millóns de euros, e en xuño deste ano rozaron os 113 millóns, é dicir, o aumento foi de máis de 70 millóns de euros (+170 %). Con estas cifras, considera que deron “a misión por cumprida”.
Tras agradecer a presenza dos tres conselleiros asistentes a este evento, o presidente tamén aproveitou para advertir que aínda queda “moito camiño por percorrer” e que “hai que arrimar o ombro” para cumprir coa axenda da Unión Europea, que esixe para o ano 2030 que o 25 % de superficie agraria útil (SAU) sexa de produción ecolóxica. López Valladares tamén lles deu as grazas a todos os convidados, aos antigos presidentes, a todas as institucións e ao equipo humano e congratulouse de estar celebrando o seu cuarto de siglo no primeiro Día da Agricultura Ecolóxica da UE.
A continuación tomou a palabra o presidente da Deputación, José Tomé, quen destacou o Craega coma “un elemento clave para a evolución do sector”, e manifestou a importancia do “valor engadido que significa a produción ecolóxica para o sector primario” e animou a seguir traballando.
R. Quintana, J. González, A. Vázquez, Francisco L. Valladares, P. Taboada e J. Tomé, nun momento da gala
Francisco L. Valladares amosou a súa satisfacción ante o aumento no número de operadores nestes 25 anos O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, salientou o Consello coma un axente fundamental para o futuro do sector
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, agradeceu o compromiso co subsector eco acuícola
A terceira en intervir foi Rosa Quintana, a titular da Consellería do Mar, quen, tras darlle os parabéns ao equipo de hoxe e do pasado, agradeceu o compromiso adquirido coa terra e co mar, “máis verde e máis azul” grazas ao seu labor destes 25 anos e, como representante da Administración pública, comprometeuse a seguir traballando polo subsector eco do mar: “Galicia seguirá sabendo a mar”, apuntou no final da súa charla.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, felicitou o Consello e animouno a seguir pola mesma senda e alcanzar a excelencia O conselleiro do Medio Rural, José González, resaltou a importancia da agricultura eco para o territorio
Tras ela, subiu á palestra Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, quen tamén se sumou aos parabéns e deulle as grazas ao Consello por “facer de Galicia un lugar mellor” e convidouno a continuar neste camiño para “alcanzar a excelencia”.
Pechou a rolda de intervencións José González, o conselleiro do Medio Rural, quen no seu discurso puxo o foco na importancia do labor da agricultura ecolóxica para impedir os incendios do noso territorio e recordou que, tras acadar as case 46.000 ha de superficie agraria en ecolóxico, o “gran reto é mantelas”. Así mesmo, apuntou dous grandes obxectivos máis: reverter o abandono da terra e cumprir a normativa que impón Europa de conseguir chegar a producir o 25 % da superficie agraria en ecolóxico.
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, tamén alabou o labor do Craega
Homenaxe aos históricos
O Craega rendeulles unha homenaxe aos cinco operadores máis veteranos, pois foron partícipes do nacemento deste Consello. No transcurso do acto proxectáronse vídeos coas declaracións dos cinco empresarios, que recibiron cadanseu galardón en recoñecemento a todos estes anos de traballo.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, entrégalle o galardón a Xesús Quintá, representante de Alibos Galicia
Pola súa banda, a entidade Alibos Galicia (Monterroso, Lugo) dispón en ecolóxico de castañas conxeladas a granel e en puré. O seu representante, Xesús Quintá García, rememorou o seu inicio: “Para nós foi unha oportunidade, xa que moitos clientes estranxeiros nos demandaban produtos ecolóxicos” e congratulouse de que o seu proxecto continúe a medrar a escala internacional.
José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo, entrégalle o galardón a Antonio González, da Cooperativa Santa Mariña de Loureiro
A Cooperativa Santa Mariña de Loureiro (O Irixo, Ourense), con Antonio González Bernárdez á fronte, empezou a certificar quefir, queixo fresco e iogur natural. González Bernárdez fixo fincapé nas inspeccións que fan dende o Consello para outorgar o selo: “Isto fai que se presente un produto de calidade e extraordinario para a saúde”.
O alcalde Palas de Rei, Pablo Taboada, entrégalle o galardón a José Luis Vaz, presidente de Verín Biocoop SCG
Verín Biocoop SCG (Verín, Ourense), dirixida por José Luis Vaz, é outra das primeiras firmas co selo do Craega. Esta cooperativa certifica carne de caprino, ovino, vacún e hamburguesas de tenreira. “Para min foi unha honra meterme na produción ecolóxica, traballar co Craega e ver que xa temos uns resultados interesantes despois de percorrer este proceso”, sinalou Vaz.
O conselleiro do Medio Rural, José González, entrégalle o galardón a Miguel Ángel Areán da firma comercial Naiciña A conselleira do Mar, Rosa Quintana, entrégalle o galardón a Jesús Boán, produtor de castañas de Taboada
Miguel Areán e Hijos SL (Chantada, Lugo) tamén forma parte da lista máis antiga. Baixo a firma comercial Naiciña, Miguel Areán e o seu fillo Miguel Ángel Areán producen castañas conxeladas a granel, en caldo de azucre, en puré, en crema, precocidas e en fariña. “Levamos 25 anos traballando co Craega e cada día temos máis vendas, hai máis futuro”, apuntou Miguel Areán.
O quinto homenaxeado foi Jesús Boán, outro produtor de castañas que traballa dende Taboada (Lugo), quen se mostrou moi satisfeito por producir castaña en ecolóxico e declarou que “merece a pena, pero oxalá houbese máis xente e máis interese en promover este tipo de produtos, que son excelentes e sans”.
As autoridades posan cos homenaxeados
Música, gastronomía eco e escaparate de produtos ecolóxicos
Tras os discursos oficiais e a entrega de premios, os convidados gozaron dun día festivo, no que puideron saborear un menú a base de petiscos elaborados con produtos eco in situ por María Varela (A Parada das Bestas), Álvaro Villasante (restaurante Paprica, Lugo), Martín Mantilla (restaurante Berso, Sober, Lugo), Criselda Iglesias (Tapería Lecer, Cangas do Morrazo, Pontevedra), Héctor López (restaurante España, Lugo) e José Manuel Mallón (Espazo Gastronómico Remollo, Ames, A Coruña). Foi un xantar que estivo amenizado polas actuacións de The Sar Swing Quintet, Marcos Vázquez e Mekanika Rolling Band.
Así mesmo, co obxectivo de darlle máis visibilidade a produción ecolóxica galega que conta co selo do Craega, durante todo o acto púidose ver unha mostra significativa de produtos que achegaron algúns dos operadores que se integran na entidade.
O gaiteiro Marcos Vázquez amenizou o acto oficial
The Sar Swing Quintet nun momento da súa actuación A Mekanika Rolling Band animou o ambiente
Durante toda a xornada, na entrada ao recinto elaborouse un grafiti inspirado na agricultura sostible
A Parada das Bestas, a vista de paxaro
Ver o vídeo resumo da gala
Os showcooking puxéronlle moi bo sabor á cita
Restaurante España
Tapería Lecer
A Parada das Bestas
Espazo Remollo Restaurante Berso
Agradecementos
O Consello agradécelles a todas as autoridades a súa presenza neste acto conmemorativo, así como aos operadores que se achegaron a celebrar o cuarto de século, posto que sen eles todo isto non sería posible. Tamén lles dan as grazas a todas as persoas que se encargaron da organización da cita na Parada das Bestas e aos músicos que puxeron a banda sonora a esta xornada.
Durante todo o acto luciuse un bodegón con produtos certificados
Ofrecemos unha escolma das instantáneas dos numerosos convidados e convidadas que pasaron polo noso particular photocall, onde se podía elixir entre “horta”, “produción”, “tradición” e outros carteis vinculados á agricultura eco!
José Luis Cabarcos, Antonio Basanta, Raquel Arias, Belen Docampo, Rosa Quintana, Ángeles Vázquez, Francisco L. Valladares, José González, José Tomé Roca, Pablo Taboada, Javier Arias, Pilar García Porto, Roberto Fernández e Roberto García Pernas
Raimundo Castaño, Ricardo Rivas, María José Gonzalez, José Luis Cabarcos, Ramón Lamelo, Teresa Jove, María José García e María Jesús Sousa
José Luis Cabarcos, director da Agacal; Belén María do Campo, directora xeral de Patrimonio Natural; Francisco L. Valladares, presidente do Craega; José González, conselleiro do Medio Rural; Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei, e Javier Arias, representante da Xunta de Lugo
Os gandeiros Ovidio Rodríguez, Rogelio Gayoso, David Regueiro e Borja Álvarez
Abel Yáñez, José Mouriño, José Luis Graña, Andrés de la Fuente e Manuel José Ferreiro
Pilar García Porto, Francisco L. Valladares, José Tomé Roca, Pablo Taboada Camoira, Roberto García Pernas e Roberto Fernández Rico, representantes da Deputación de Lugo co presidente do Craega Presidentes do IXP Lacón, DOP San Simón, Craega, IXP Mel de Galicia e IXP de Castaña de Galicia retratáronse xunto ao director da Agacal
Juan Antonio Rodríguez, produtor de carne
Celso Fernández, agricultor e gandeiro
Luis de Lorenzo e Andrés de la Fuente Luisa López, María Digna García e Alberto Méndez, produtores de carne
Representantes de Miguel Areán e hijos (esq.) e Mieles Anta (dta.)
José Canda Rodríguez, produtor de carne Representantes de Celebridade Galega
Ángel Regueiro, Albino Fernández, Rocío Freire e José Luis Martínez Pérez
Representantes de Discosta Norte SL
Xavier Simón, Universidade de Vigo
José Ángel Ares Pintor, produtor avícola
Francisco Couso e J. Carlos Gómez, de Carrefour Antonio González, da Cooperativa Santa Mariña de Loureiro
Raquel Rodríguez Rozas, produtora avícola
Antonio Ferreiro Ferreiro, produtor avícola José Ramón e Manuel, produtores de carne
Rubén Domínguez Estraviz, produtor de leite
Cayetano Carballo, Daniel Rodríguez e Fernando Pomares, de Coren
Rosa Mosquera Losada, Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Luis Fernández, produtor de cordeiro
Orlando Villamayor e cía., de Biostore, e Juan Pascual Larrinaga, de Gabesa José Luis Cabarcos e Francisco L. Valladares
Concepción Torres, gandeira de leite
Carmen Baloira, produtora de mazá Francisco L. Valladares e Pablo Taboada
Xosé Luis Fernández e Ovidio Tato, produtores de leite
José Costoya, coordinador institucional de Intereco, e Rocío Freire, vicepresidenta do Craega
Francisco L. Valladares, José Mouriño, Begoña Seco, Ricardo Rivas e Ernesto Sánchez
Rosa Quintana, Ángeles Vázquez, Francisco L. Valladares e José González
Manuel Santiago, produtor de carne José Pereda, José Castro e Luis Fernández
José Ramón Irimia e Antonio Díaz Pérez, produtores de carne
Esther Torreira, de Chotoiba SC Rafael Rivadulla, Luisa Gómez e Javier Villanueva, de Agronovo
Sandra Álvarez, de Algamar
Juan Antonio Estévez, de Terra de Baronceli
Julio Domínguez, Sotero Sampedro, Ángel Regueiro e Rocío Freire
Xesús Quintá, de Alibos Galicia
Sotero Sampedro, de Celtaverde Julio Domínguez, José Castro e Carmen Rey, do grupo Lactalis
Javier García, secretario do Craega
Marcelo Castro e Miguel Arias José Luis Vaz, de Verín Biocoop SCG
Salvador Liste
Jesús Boán, produtor de castaña
Ramón Fernández e Javier García
Lucía Vila e Natalia Rodríguez, de Bodegas Corisca Marta e María Álvarez, de Granxa Maruxa
José Manuel Rodríguez, DO Ribeira Sacra
Jorge Hombre e Manuel Cruz, da CRTVG Gonzalo Rodríguez, Marta Cela, Antonio Velilla e Manuel Cancio
Antonio Rivas, Borja Mirón e Ángel Rivas, de Casa Codesal
Nesta reportaxe facemos un repaso polas diferentes áreas do Craega para lembrar o seu nacemento e analizar como foi o seu crecemento, algunhas das actividades realizadas ao longo destes anos e cales son os seus principais obxectivos. Botamos unha mirada ao pasado e destacamos algúns dos datos máis relevantes destes 25 anos de historia.
Unha mirada polos 25 anos de historia do Craega
O nacemento da produción ecolóxica en Galicia
A Unión Europea define a agricultura ecolóxica como un método de produción cuxo obxectivo é obter alimentos utilizando substancias e procesos naturais. Este sistema tende a ter un impacto medioambiental limitado e promove o uso responsable da enerxía e dos recursos naturais, o mantemento da biodiversidade, a conservación dos equilibrios ecolóxicos rexionais, a mellora da fertilidade do solo e o mantemento da calidade da auga.
Este tipo de agricultura atópase regulada legalmente en España desde 1989 e desde 2007 o Regulamento é común a todos os Estados membros da Unión Europea. O seu control e a súa certificación é competencia das distintas comunidades autónomas e lévase a cabo maioritariamente por autoridades de control públicas, a través de consellos ou comités de agricultura ecolóxica territoriais, que son organismos dependentes das correspondentes consellerías ou departamentos de agricultura, ou directamente por direccións xerais adscritas a estas.
No caso de Galicia o órgano encargado do control e da certificación da agricultura ecolóxica é o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. O Consello naceu en 1997 e comezou a súa actividade coa certificación de producións vexetais. Nos anos 2000-2001 ampliou a súa certificación á produción animal e xa desde 2010 incluíu a produción acuícola, que certifica determinados produtos de pesca, como é o caso do mexillón ou a extracción sostible das algas.
Na actualidade, o Craega ampara vexetais e produtos vexetais non procesados (incluídas sementes e outro material reprodutivo vexetal); animais e produtos animais non transformados; algas e produtos da acuicultura non transformados; produtos agrícolas transformados, incluídos os produtos da acuicultura destinados ao consumo humano; pensos; viño e outros elaborados como a cera de abella.
O equipo humano
O organigrama do Consello está formado por un pleno de vogais, no que se integran o presidente, as comisións e un vicepresidente. A nivel executivo o equipo confórmano un secretario, un director técnico, un comité de certificación e un comité consultivo. En canto ao órgano de control, está estruturado polos departamentos de comunicación, administración e xestión de calidade, ademais dos técnicos.
Francisco L. Valladares é o actual presidente
Cando se fundou o Craega, colleu o mando da entidade Gabino Vázquez. Tras el, tomou as rendas da dirección José Antonio Fernández, quen estivo durante unha década, e dende o ano 2017 o presidente é Francisco L. Valladares.
Un sector en constante crecemento
A evolución deste sector constátase a través dos informes que o Consello elabora anualmente. Entre os últimos datos que manexan (2022), podemos salientar que desde o nacemento do Craega a superficie ecolóxica pasou de menos de 1.000 ha no ano 1997 ata as 45.510
O selo ecolóxico non só certifica os produtos hortícolas senón tamén algúns alimentos derivados, coma o pan, galletas, tortas… elaborados con materias primas de calidade sen aditivos nin saborizantes ou conservantes artificiais.
PRODUCIÓN ANIMAL
A gandería é outro dos piares da produción ecolóxica, que inclúe a produción avícola e vacún, tanto de carne coma de leite e derivados (iogures, queixo, xeados...), todos procedentes de granxas que cumpren estritamente os requisitos de benestar animal e que garanten a mellor calidade para o consumo humano.
En diversas zonas de montaña de Galicia varios produtores decidiron apostar pola apicultura ecolóxica con grandes resultados. O mel galego atópase en plena expansión e mesmo se pode encontrar nos lineais dalgunhas cadeas de supermercados bío fóra das nosas fronteiras.
PRODUCIÓN ACUÍCOLA
O sector da acuicultura, das algas e das conservas de peixe e moluscos, nomeadamente mexillóns, estase a converter nun negocio en auxe cun significativo aumento na demanda dos consumidores. De feito, recentemente inaugurouse unha sede en Vilanova de Arousa, para así evitar os desprazamentos á sede de Monforte que teñen que facer numerosos produtores da zona de Pontevedra, onde se atopa a maior cantidade de bateeiros e conserveiras ecolóxicas.
Tamén é destacable o avance na produción eco de bebidas espiritosas, a partir de froitos coidadosamente seleccionados e certificados polo Craega, como son o viño e a sidra.
O selo eco non só certifica produtos hortícolas senón tamén algúns derivados (pan, marmeladas, tortas...)
Formación e outras actividades
Ao longo destes 25 anos foron moitos os cursos que se organizaron dende o Consello co obxectivo de preparar aquelas persoas interesadas en producir ecolóxico. Por iso, percorremos Galicia ofrecendo talleres de recolección de castaña e mazá e a súa certifi-
que se computan na actualidade. A cifra de operadores tamén é moi elocuente, pois a certificación eco comezou con menos de 100 inscritos e a data de hoxe alcanzamos os 1.523 (2022).
PRODUCIÓN VEXETAL
Os produtos agrícolas constitúen a actividade orixinaria e unha das principais do sector: froitas e hortalizas frescas e conservadas (tomates, cebolas, berenxenas, amorodos, allos, kiwis…) cultívanse todo o ano tanto en invernadoiros coma en horta. Os datos da última memoria (2021) reflicten un volume de vendas de 24.685.446 euros e mostran un crecemento constante desde o inicio.
O sector acuícola ecolóxico está en auxe
No verán de 2021 levouse a cabo, en colaboración con Slow Food Compostela, a campaña titulada “Ecoexperiencias de Galicia”
cación; técnicas de produción ecolóxica animal; comercialización de pequenos froitos; sementes hortícolas e outros temas que resultaron de interese.
Ademais de obradoiros de formación, tamén se organizaron outras actividades, como foi o congreso de consumo saudable, que tivo lugar en Santiago de Compostela varios anos. O obxectivo era intercambiar coñecementos e resultados de investigacións, expoñer e debater as consecuencias dos estudos de consumo de produtos ecolóxicos e, dalgún xeito, formular políticas a favor da produción ecolóxica en materia de calidade e seguridade alimentaria. Outra iniciativa foi formar parte do Concurso de Tapas de Lugo, que organiza a Asociación Provincial de Empresarios, Hostelería e Turismo de Lugo, no que se incluíu un apartado para a mellor tapa ecolóxica.
En setembro de 2021, o Craega e Slow Food Compostela puxeron en marcha as chamadas Ecoexperiencias durante catro fins de semana, nas que visitaron diferentes produtores das catro provincias galegas, acompañados de influencers e deportistas de Galicia. A finalidade era poñer en valor o labor que se fai desde o Craega, así como dar a coñecer o traballo dos diferentes produtores para que estes persoeiros os promovesen a través das súas redes sociais e tamén tomasen unha maior conciencia da calidade da produción eco galega.
Unha das últimas feiras ás que asistiu o Craega
Presenza de produtos en numerosas feiras
Desde o nacemento do Craega, un dos seus principais cometidos é facer visibles todos os produtos que contan con este selo; por iso, participan activamente nas feiras que se organizan tanto en Galicia ou España como a nivel internacional. Entre elas, podemos enumerar o Salón Gourmets (Madrid), Natexpo (Francia), Salimat (Pontevedra), Sial (Francia) ou BioFach (Alemaña), ademais de ter unha importante presenza nas diferentes BioCultura que se organizan ao longo do ano en variados puntos de España.
Formar parte destas citas é un xeito non só de divulgar o propio selo senón que lles brinda a oportunidade aos produtores de chegar cos seus produtos a consumidores moi variados. Para o Consello é relevante que todo o mundo poida participar e trata de que, baixo o seu paraugas, poidan asistir ao maior número de eventos. Cabe destacar que en cada acontecemento se constata a grande acollida que ten a produción galega ecolóxica, feito que anima a que cada ano haxa máis entidades interesadas en asistir ás feiras.
Campañas de promoción e visibilización
No transcurso deste cuarto de século, o Craega levou, e segue a levar, a cabo moitas actividades, cuxa finalidade fundamental é impulsar a produción ecolóxica galega para aumentar o seu consumo e dar a coñecer a súa importancia tanto para a saúde como para o medio ambiente. Así mesmo, preténdese difundir o traballo da entidade como único órgano de certificación do selo eco, que avala a calidade destes produtos.
Entre todas elas, pódense destacar a campaña de promoción dos alimentos eco na restauración, que consistiu en potenciar aqueles restaurantes que engadiron nos seus menús produtos ecolóxicos. Outra foi o Concurso de Eco-Receitas, no que se recolleron propostas doces e salgadas, elaboradas unicamente con produtos certificados polo Craega.
Así mesmo, co pulo acadado polas redes sociais na última década, puxéronse en marcha diversas iniciativas para involucrar os consumidores. Por iso, nos últimos anos organizáronse campañas nas diferentes estacións do ano, nas que os consumidores participantes recibiron unha morea de agasallos.