REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)
Maio 2012
número
12
ENTREVISTA A LUÍS IGLESIA BESTEIRO, UN GALEGO ACTOR:
“NA ALDEA O PRIMEIRO É COMER E LOGO, SE CHE QUEDAN CARTOS, VISTES”
OS CONCURSOS DE TAPAS PÓÑENSE DE MODA ENTRE OS HOSTALEIROS DA PROVINCIA Homenaxe nacional á saga do restaurante Campos
Crónica e álbum de fotos da gala da hostalería lucense
Lanzamento da quinta guía …E para comer, Lugo en Fitur
EDITORIAL/SUMARIO HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
DINAMISMO PARA O BEN COMÚN
SUMARIO
Na Apehl contamos con preto dun milleiro de hostaleiros asociados que constrúen unha parte moi significativa da imaxe turística da provincia coa actividade nos seus establecementos, dedicados enteiramente a prestarlles un servizo integral e de calidade aos visitantes. Somos un conglomerado de restaurantes, casas de turismo rural, hoteis, balnearios, cafeterías, pubs, campings, bares, albergues e pensións, aunados baixo a marca …E para comer, Lugo. Funcionamos coma unha asociación hostaleira e de turismo e entre todos facemos que estes sexan os sectores económicos máis importantes e os motores fundamentais para crear novos postos traballo nesta situación de crise na que nos atopamos, dada a nosa rápida capacidade de resposta na rexeneración. Corrobórano as cifras: o turismo representa o 12% do PIB provincial e, na actualidade, a hostalería dálle emprego a unhas dez mil persoas na provincia de Lugo, ademais de ser un medio idóneo para fixar poboación no rural, que é maioritario.
O MARQUÉS, UN HOSTALEIRO ACTIVO
4
CONVERSA CON MATALOBOS HOMENAXE AO CAMPOS A APEHL EN FITUR
6
O TAPEO DE CONCURSO
14
GALA ANUAL DA HOSTALERÍA
20
10 12
EDITA: ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL) r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 Lugo Tfno.: 982.226.912 Fax: 982.244.256 E-mail: comunicacion@apehl.org Delegación Zona Sur
Nos tempos que corren queremos romper unha lanza en favor da unión do gremio porque somos conscientes de que, se ben hai que recortar gastos e facer axustes nas contas individuais, tamén hai investimentos necesarios para o ben común, para evitar derivar na inactividade e na falta de rumbo. As nosas iniciativas, da Apehl e dos nosos socios, das que damos conta neste número da revista, son boa proba dos beneficios que comporta ser dinámico: o lanzamento dunha guía de Lugo nun escaparate internacional do turismo coma é Fitur, a realización de xornadas gastronómicas especiais que innovan a oferta e serven de reclamo para os visitantes foráneos, a organización de concursos de tapas en distintos concellos para invitar a veciños e a xente dos arredores a pasar polos locais e levar premio, os recoñecementos a nivel nacional e galego dos hostaleiros ou os plans de formación para a profesionalización do persoal, entre outros exemplos, son accións levadas a cabo por e para o sector hostaleiro
r/ Zapaterías s/n Torreón da Cárcere Vella 27400 Monforte de Lemos Tfno: 982.412.050 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org Delegación A Mariña r/ Lugo, 3, baixo. 27780 Foz Tfno/Fax: 982.133.047 E-mail: delegacionamarina@apehl.org PRODUCIÓN: Transmedia Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, Entrechán A Tfno.: 982.221.278 E-mail: transmedia@ctransmedia.com DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008
lucense no seu conxunto. Non nos faltan motivos para promocionar Lugo como destino, pero si que nos resulta imprescindible a vosa fidelidade.
- Productos de limpieza - Detergentes y sistemas para lavandería - Celulosa - Complementos - Servilletas y palillos con la marca . . E para comer, Lugo - Disponemos de planes de limpieza adaptables a todas sus necesidades
HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
3
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ VETERANOS
SUSO SEIVANE. CAFÉ BAR MODERNO
“BARREIROS É UN DIAMANTE EN BRUTO SEN PULIR” grandes moles construídas na zona. E para acadar este obxectivo cre que xoga un papel fundamental o asociacionismo. Afirma que asociacións tales como a Apehl deben promocionar A Mariña desde un ámbito máis global, dando a coñecer non só as praias senón a riqueza natural, paisaxística, cultural e patrimonial, a gastronomía etc. como un modo eficaz de desestacionalizar o fluxo de visitantes. “Barreiros é un diamante en bruto sen pulir”, afirma, “só se necesita vontade e planificación para sacarlle todo o partido que pode chegar a ter”.
Suso é neto dos fundadores do Moderno, Albina e Antonio. Arriba, Albina xunto á cafeteira moderna. FOTO: P. Villapol
O café bar Moderno foi bautizado así por ser o único da zona que contaba cunha cafeteira moderna para aquela época. Corría o ano 1934. Dende aquela pasaron case oito décadas, pero o tempo non impediu que este establecemento hostaleiro siga abrindo as súas portas diariamente e estea máis vivo ca nunca. O Moderno non é soamente unha fonda na que hospedarse ou xantar, senón un verdadeiro espazo dinamizador da zona. O responsable de que isto ocorra é o seu propietario, Suso Seivane, máis coñecido coma o Marqués, que dirixe o local xunto coa súa dona Montse, á que califica como unha gran cociñeira de pratos tradicionais. O espírito “revolucionario” do Marqués e as súas capacidades divulgadoras fan posible que tan só con acceder ao interior o visitante se empape dunha morea de información gráfica e oral sobre as múltiples posibilidades para desfrutar da contorna con todos os sentidos. Unha destas opcións son os baños das Carolas, unha tradición que, segundo relata Suso, comezou
4
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
durante a posguerra cando moita xente humilde de diversas zonas de Lugo acudía a Barreiros en setembro, despois de facer os labores propios do campo, a tomar estas augas ricas en iodo coa finalidade de curar algunha enfermidade. Outro dos asuntos que se afana por potenciar o Marqués é a condición labrega do municipio de Barreiros. “Este concello foi, é e será sempre labrego”, afirma rotundo. Por iso cre imprescindible potenciar os produtos da terra e dalos a coñecer entre a xente que visita a zona. Este empresario da hostalería e sustentador dos valores tradicionais está convencido de que compatibilizar a defensa da labranza e da gandería, así como a calidade dos produtos do mar e da terra, co impulso do turismo sostible é unha unión frutuosa que beneficia a todas as partes. Non obstante, matiza que por turismo débese entender a súa variante tradicional e non a que se impuxo nos últimos anos de “coelleiras” e “galiñeiros”, en referencia ás
O Moderno tamén é un punto de paso para os peregrinos que escollen o Camiño Norte para chegar a Compostela. Á parte de selar a credencial e de poder informarse de todo o que merece a pena visitar no municipio, os camiñantes poden comer un saboroso menú a base de produtos locais. E falando de comida, as dúas especialidades desta fonda mariñá son os percebes da pena do altar e o caviar de cabozo. Pero, ollo, que ninguén se confunda pensando que os percebes saíron do mar ou que o caviar é a ova do esturión, pois o certo é que se trata doutras delicias culinarias a base de liscos de porco, no primeiro caso, e de cachucha con pemento picante e pataca cocida, no segundo. Afirma o Marqués que o nome artificioso destas suxerencias é un xeito máis de potenciar os produtos da terra e de reivindicar a súa calidade. No 2007, Suso e Montse abriron o hotel Ría do Masma na punta da Anguieira, na costa de Barreiros, cunha filosofía similar á do Moderno. Os turistas que alí se hospedan gozan do encanto das praias á vez que ante eles se desprega a posibilidade de descubrir unha paisaxe e un modo de vida únicos, grazas ao asesoramento xeneroso do Marqués e da súa familia.
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ ...E PARA COMER, LUGO
LUÍS IGLESIA BESTEIRO
“PARA REGALAR, REGALO TARTA DE RIOTORTO” Para moitos é Carmelo Matalobos, o protagonista dunha das series de culto da TVG. Pero a tarde que compartimos con Luís demostrounos que pouco ou nada se parece ao personaxe de ficción que tanto éxito lle está outorgando. Nacido en Riotorto hai medio século, este lucense afincado en Compostela defínese como un galego actor, nesa orde, e a súa prolífica traxectoria está avalada polos máis de 300 intérpretes que dobrou ao galego e polas súas participacións no teatro, no cine e na televisión.
Luís Iglesia asegura que a gastronomía lucense se recoñece fóra moito máis do que parece
_Hai máis de 30 anos que non resides en Riotorto. Segues indo con frecuencia? _Si. O que pasa é que o interior de Galicia estase despoboando a pasos axigantados e ás veces dáche certa dor ir á casa. Ademais, agora os meus pais residen en Santiago preto de min e ao telos a eles alí teño menos necesidade e tempo para ir. _Luís, …E para comer, Lugo? _Si [afirma con rotundidade].
6
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
_Coñecías a marca? _De toda a vida! Antes, cando ía de Riotorto a Lugo, entraba pola Fervedoira e o primeiro que vía era o cartel de …Y para comer, Lugo, en castelán. Hai anos, cando saía traballar fóra e comentaba que era de Lugo automaticamente me contestaban: “Y para comer, Lugo”. E parecíame mal porque era tanto como dicir que en Lugo o único que sabiamos facer era comer. Pero hoxe en día, en relación á cultura gastronómica e ao
fast food, é un pracer que me digan iso, e eu respondo: “Si, sabemos comer e vivir mellor ca vos”. _Se tiveses que escoller un prato, con cal te quedarías? _Coas “fillogas” [filloas]. Eu ademais prefiro as de sangue. Na casa da miña avoa facíanas nunha lousa na aira e gustábanme incluso máis de quentadura ao día seguinte. E digo gustábanme porque agora non hai quen as faga.
...E PARA COMER, LUGO _Comida caseira ou de restaurante? _Se é un restaurante bo, gústame comer de restaurante. Hoxe [polo día no que realizou a entrevista] comín encantado da vida un par de vieiras e un solombo ben preparadiño nun restaurante. Era feliz! En Galicia é tan boa a materia prima que non fai falta facerlle moitas cousas. _Gústache cociñar? _Non, é que se me dá moi mal. O da cociña pasou da nai ao fillo porque teño un fillo de 24 anos que cociña moi ben, vai por bo camiño. _O tapeo en Lugo é un comportamento social moi asentado, unha forma de relacionarse. Que diferenzas atopas con respecto a outros lugares onde estiveches? _A primeira vez que fun vivir a unha cidade grande de Galicia, o primeiro que me chamou a atención é que no supermercado atopábaste con xente que ía vestida coma se fose a unha voda e que logo compraba 50 gramos de queixo, dúas mazás, un plátano… e non me entraba na cabeza. Na aldea o primeiro é comer e logo, se che quedan cartos, vistes. Son dúas concepcións moi distintas da vida. E en Madrid [recentemente estivo gravando unha serie alí] pasábame un pouco o mesmo. Ti queres quedar con alguén para tomar un viño e dinche: “O sábado”. E eu respondo: “Non, o sábado non, eu digo de tomalo agora, cando acabemos o choio…”. Ás veces xeneralizar é estú-
“A cociña dáseme moi mal, pasou da nai ao fillo porque teño un fillo de 24 anos que cociña moi ben, vai por bo camiño”
Ao actor lucense encántalle comer de restaurante, sempre que a materia prima sexa boa
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
7
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ ...E PARA COMER, LUGO pido pero como que as relacións son moi superficiais ou que mesmo non dá tempo a que se establezan. _No teu pobo natal tedes a vosa propia tarta… Gústache esta sobremesa? _Por suposto, é un elemento de orgullo. Eu, para regalar, regalo tarta de Riotorto. Teño un amigo de Guitiriz que traballa comigo na dobraxe e cando estivemos en Vigo gravando Walker, ranger de Texas eu levaba unha tarta de Riotorto e el, á semana seguinte, levaba unha de Guitiriz e competiamos a ver quen quedaba mellor, pero gañaba por goleada a de Riotorto, unha cousa… [risas]. _Veraneas na Mariña? _Veraneaba de pequeno. Iamos os fins de semana nunha citrolas que tiña o meu pai, daquelas que tiñan caixa, a Barreiros, Reinante e toda esta zona, que é moi bonita. _Hai algunha zona da provincia que non coñezas e che gustase coñecer? _Curiosamente, as zonas que menos pisara eran A Fonsagrada e Os Ancares, pero este verán estiven gravando a película Vilamor en Negueira de Muñiz e pareceume unha pasada. _Eres asiduo ao San Froilán? _Claro! Imos alí todos os das “puchas caladas”, como nos chama un amigo meu, a levar empuxóns… É unha festa que non ten xeito ningún, pero que é marabillosa. É coma unha especie de catarse colectiva do norte.
_E que que me dis do Arde Lucus? _Tamén me gusta, pero hai demasiado romano [risas]. Paréceme que foi unha festa que empezou marabillosamente ben e segue estando ben, pero ás veces véxoa un pouco pija, non é que renegue dos romanos, que nós somos descendentes de romanos, pero na festa recréanse uns romanos moi ricos, coma se todos os que vivían aquí fosen ricos…
“O San Froilán é unha festa que non ten xeito ningún, pero que é marabillosa”
_Cres que a gastronomía lucense se recoñece fóra? _Si, bastante máis do que parece. O outro día uns compañeiros de Madrid empezaron a falar de gastronomía galega e da de Lugo en particular e alucinei. O actor Alberto Jo Lee, que traballa comigo en La Fuga, pónseme un día a falar de bares de Santiago e restaurantes de Lugo e creo que coñecía máis ca min, e iso que estivo aquí catro veces contadas. E díxome: “¿La próxima vez que vengas me haces un favor? Tráeme una botella de licor café” [risas].
“CARMELO FOI O MELLOR AGASALLO QUE ME FIXERON NUNCA” Ía para banqueiro pero unhas probas de dobraxe cambiáronlle o destino para sempre. Con pouco máis de vinte anos mudouse a Santiago e alí quedou, facendo o que máis lle gusta: actuar. _Como empezaches no mundo da actuación? _Desde os sete anos quería ser cantante e actor e conseguín ser un actor que cantaba. Toda a miña vida, sen pensalo, prepareime pra isto, de maneira que cando se me presentou a primeira oportunidade, que foi unha proba de dobraxe, xa quedei.
8
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
_A túa familia apoioute desde o principio? _Non, foi un disgusto e un disgusto lóxico. Para a miña nai menos porque as nais sempre son moito máis intuitivas e deuse conta de que o fillo era titiriteiro, pero meu pai esperaba que fora banqueiro e si levou un disgusto. Pero despois pasoulle, hoxe está moi orgulloso…
...E PARA COMER, LUGO
_Comezaches coa dobraxe e o teatro e seguiches co cine e a televisión. En que ámbito te sentes máis cómodo? _Na tele e podo razoar o porqué. O teatro gústame moito, creo que é a esencia da interpretación, pero nos tempos que estamos vivindo facer oito funcións dun espectáculo separadas entre si un mes e pico implica estar estreando sempre e nunca chega a estar no punto a peza que interpretas. A min gústame a inmediatez da tele. De feito, eu son moi despistado pero chego a un plató e teño un control absoluto sobre todo o que pasa ao meu redor: a luz, a pértega… E alucino porque podo repetir unha escena cincuenta veces e facela exactamente igual. Eu creo que é porque me gusta, porque estou nun sitio no que me atopo ben. Tamén me gusta moito a dobraxe pero na dobraxe non creas, tes que imitar o mellor posible algo que outra persoa xa fixo por ti. _Non podo deixar de preguntarche por Carmelo Matalobos… _Carmelo foi o mellor agasallo que me fixeron nunca. Desde o principio vinlle tantas posibilidades que tiven claro que o personaxe tiña que ser pra min. E logo foi bonito todo o proceso, que non adoita pasar moitas veces. Puiden aportar cousas, como o seu sentido do humor. Pensei que aínda que este tipo era un cabrón tiña que caerlle ben á xente porque a min gústame ver series onde o malo cae ben, nas que nun momento dado digas: “Pero como me pode caer ben un tipo que é tan desgraciado coma este”. E iso traballeino, traballeino ata no ximnasio porque me parece bonito que os malos resulten atractivos. Tamén creo que se me escapou das mans porque logo á xente cáelle tan ben que parece que o xustifica todo. _Gústache interpretar papeis de malo? _Os papeis de malo son moi agradecidos. De todas formas os actores, contrariamente ao que se pensa, salvo casos de elite, non temos capacidade de elección. Dinche: “Queres facer isto?”. E soamente hai dúas posibilidades, ou si ou non. En calquera caso, os malos mólanme porque ofrecen máis posibilidades. _E como levas a fama? _Ben, creo que evolucionou moito como a xente ve estas cousas. Antes, nas primeiras series que se facían
aquí en Galicia, en Mareas [Mareas vivas] por exemplo, si había unha identificación actor-personaxe, pero agora a xente está moito máis afeita, entende que eres un actor e que estás facendo un papel. En calquera caso, o 99% da xente a min éntrame moi ben. Eu son moi “aldeas” nese sentido, gústame falar coa xente e teño unha teoría: se che dedican unha hora ou dúas á semana poñéndose diante do televisor e os entretemos, que menos que ti lle dediques cinco minutos. _Saberse recoñecido polo público obriga a comportarse dun modo concreto? _Non se pode xeneralizar porque cada un lévao dunha maneira distinta. Ten máis que ver con como es ti e como te educaches que co oficio en si. Non hai unha lei común. E eu lévoo moi ben, nunca penso en portarme dunha maneira distinta a como son, sería estúpido pola miña parte. Despois haberá xente á que lle guste e xente á que non. _Éxito e popularidade camiñan da man? _A popularidade ten a caducidade no fondo do frasco, é dicir, hoxe en día podo ser moi coñecido por Carmelo Matalobos pero o día que deixen de emitir a serie e vaia ao supermercado van ser cinco as persoas que me recoñezan. Cando me din que son un crack míroo cunha distancia absoluta porque sei que é algo que ten unha caducidade. Para min o éxito é que os traballos que ti fagas che fagan mellorar como individuo e como profesional. Pode coincidir que un personaxe que ten popularidade sexa un éxito pra ti, que medres con el, pero non sempre ocorre así. A popularidade é algo que vén amecido e que hai que disfrutar e agradecer, pero nunca é unha meta. A miña meta é ser actor, quero chegar a ser actor de maior. Na miña cabeza sei o actor que quero chegar a ser e vou día a día, pasiño a pasiño. Ao mellor non o consigo pero en calquera caso o importante non sempre é chegar, senón facer o camiño. _Seguirémoste vendo en… _Na televisión en Matalobos e en La Fuga, e agora no cine, en Vilamor. Tamén teño dúas curtas programadas pero non sei aínda cando van saír.
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
9
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
A CALIDADE E A DEDICACIÓN TEÑEN PREMIO O restaurante Campos (Lugo) e o Asador Coto Real (Rábade) foron os dous establecementos hostaleiros lucenses recoñecidos este ano co Prato de Ouro que concede Radio Turismo. Os propietarios recibiron o galardón o pasado 2 de febreiro no marco de Xantar 2012, en Ourense. Neste mesmo escenario fíxoselles outro recoñecemento público aos restaurantes galegos que conseguiron a Estrela Michelin ou o Sol Repsol e entre eles figuraba o Nito de Viveiro, que obtivo un dos soles que cada ano reparte a coñecida guía entre os mellores restaurantes de España. No caso do Campos, que leva funcionando no centro histórico de Lugo desde 1952, o Prato de Ouro non foi a única distinción que recibiu recentemente, xa que tamén foi seleccionado pola Federación Española de
Hostelería (Fehr) para ser obxecto da Homenaxe Nacional a Sagas Hostaleiras que se celebrou o pasado 16 de abril en San Sebastián, no marco do XIV Congreso Nacional de Hostalería. Por último, cómpre salientar tamén o premio Santa Bárbara que outorga a Cámara Mineira de Galicia e que
recaeu no director do balneario de Lugo e vicepresidente da Asociación de Balnearios de Galicia, Antonio Garaloces Paz, así como a participación do chef do restaurante Dona Branca do Palacio de Sober, Marco Varela, na final do Concurso Cocinero del Año, que tivo lugar no transcurso de Alimentaria 2012.
Os presidentes da Apehl e da Fehr apoiaron á familia Vázquez en San Sebastián
DEZ ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS Á APEHL OBTIVERON OU RENOVARON A Q DE CALIDADE A 10 establecementos asociados á Apehl certificóuselles ou renovóuselles ao longo de 2011 a Q de Calidade Turística, unha distinción que o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) concede aos establecementos turísticos que cumpren determinados requisitos de calidade nos seus servizos. O último en conseguir este esixente selo de calidade foi o Hotel Balneario de Guitiriz. O resto de locais certificados foron os aloxamentos rurais A Casa de Piego (Foz), Casa Areal (Viveiro) e Finca O Bizarro (Trabada); os hoteis e apartamentos turísticos Hotel Eo (Ribadeo) e Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort (Pantón); e os restaurantes Nito (Viveiro), O Grelo (Monforte) e Campos (Lugo). A estes súmase o Pazo da Trave (Viveiro), ao que se lle concedeu a renovación. En total foron 14 os establecementos lucenses aos que o ICTE certificou por primeira vez a súa calidade e 3
10
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
aos que llela renovaron, ademais das praias da Rapadoira (Foz), e As Catedrais e Os Castros-Illas (Ribadeo). Entrega dos distintivos Os representantes dos locais hostaleiros galegos certificados por vez primeira ou cuxa certificación lles foi renovada ao longo de 2011 recibiron o 31 de xaneiro o correspondente
distintivo nun acto presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se celebrou no Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort de Pantón. Feijóo mostrou a súa satisfacción de que, por segundo ano consecutivo, Galicia sexa a primeira comunidade que máis certificados Q de Calidade Turística ten conseguido.
Os representantes dos establecementos certificados coa Q de Calidade recibiron o distintivo acreditativo nun acto presidido por Alberto Núñez Feijóo
NOVAS
O GALO DA RAZA MOS TRIUNFA EN SANTA COMBA Do 17 ao 30 de abril celebrouse na parrillada Santa Comba (San Pedro de Santa Comba, Lugo) a Quincena Gastronómica do Galo de Mos, unhas xornadas dedicadas á degustación e desfrute da carne desta raza avícola autóctona de Galicia. Aínda sendo a primeira vez que se realizaban, o éxito de acollida sentiuse desde o comezo e continuou durante os días nos que se prolongaron as xornadas. O dono do establecemento, José Luís Gónzalez, non dubidou en cualificar a iniciativa de “espectacular”, xa que incluso se achegaron grupos de comensais doutras provincias só por gozar do sabor desta carne. Quizais por iso, José Luís xa adiantou que ía deixar o de galo de Mos na carta tras o remate das xornadas, ao tratarse dun produto “dunha gran calidade”.
As dúas posibilidades que ofrecían para probar este produto eran ou ben o Menú Galo Mos, consistente nunha sopa de Mos de primeiro prato e galo de Mos como prato principal, ou ben
O dono da parrillada mostraba orgulloso o prato de galo de Mos na inauguración das xornadas
escoller algunha das propostas por separado na carta. O galo preparárono ao “estilo avoa”, en pota, cortado en anacos e acompañado de patacas asadas e de pementos, como se facía antigamente. Os animais procedían da granxa Chousa do Lea, de Castro de Rei. Na parrillada Santa Comba son especialistas na organización de xornadas gastronómicas, tanto de razas autóctonas galegas en perigo de extinción coma doutros produtos. Hai pouco celebraron unhas xornadas de arroces, en breve enxalzarán o bacallau, ocasión para a que virá expresamente un cociñeiro portugués para preparalo á portuguesa, e en xuño, os amantes das carnes vermellas terán a oportunidade de saborear a deliciosa carne de Cachena.
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
11
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
A QUINTA GUÍA ...E PARA COMER, LUGO SAÍU DO PRELO DIRECTAMENTE A FITUR 2012 Como cada ano, a Apehl levou á Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) un novo número da súa colección de guías …E para comer, Lugo. O que xa é o quinto volume foi presentado oficialmente o 18 de xaneiro ante os medios de comunicación e os asistentes a esta gran cita sectorial.
Os participantes no acto con Jenaro Castro e os hosteleiros madrileños de orixes lucenses
A presentación da guía correu a cargo do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega; a xerente de Turgalicia, Carmen Pita; e o presidente da Apehl, Cheché Real. Os tres participantes no acto tiveron palabras de eloxio sobre a proxección hostaleira da provincia. Durante a súa intervención, Ónega destacou o acertado dos eslóganes …E para comer, Lugo e Todos los caminos llevan a Lugo e salientou ademais a súa condición de lucense, ao manifestar que estar alí en representación do Goberno galego foi un honor porque se considera “un lucense máis”. Pola súa banda, Carmen Pita, estadísticas en mans, resaltou o feito de que a gastronomía, que ten tanto tirón en terras luguesas, se sitúe como segundo motivo polo cal os turistas visitan Galicia. Igualmente sobre a importancia da gastronomía falou Cheché Real, quen quixo subliñar o papel que desempeñan os cociñeiros coma “auténticos intérpretes do territorio”.
12
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
Entre o público atopábanse dous habituais deste evento, os lucenses e televisivos Jenaro Castro e José Manuel Parada, quen nesta ocasión acudiu acompañado pola que fora pianista de Cine de barrio, Eloísa Martín. Tamén repetiron arroupamento hostaleiros
madrileños con raíces en Lugo e acudiron os alcaldes de Barreiros, Burela, Folgoso do Courel, Foz e Lourenzá, así como algúns concelleiros, entre eles o concelleiro de Viveiro e deputado no Congreso Jaime de Olano.
Apehl estivo arroupada en Fitur por coñecidos personaxes de Lugo e por representantes da Administración local
NOVAS
Nove rutas e un álbum gastronómico
Eloísa Martín, José Manuel Parada e Cheché Real posan coa nova guía
A nova guía titúlase Todos los caminos llevan a Lugo porque se marcaron nela nove rutas a seguir na provincia: a costeira dende Ribadeo ata O Vicedo, a do prelitoral, o circuíto pola Terra Chá, o paseo polo anfiteatro natural da Ulloa, a visita a Lugo e aos concellos do seu redor, a ruta pola comarca de Sarria, o percorrido pola Ribeira Sacra e a penetración nas serras orientais e no corazón das montañas dos Ancares e O Courel. De apoio para estas viaxes incluíuse información das principais vías de comunicación e menús de produtos típicos por cada itinerario, un mapa xeral dos accesos e os servizos de transporte e turísticos e mais un directorio de todos os establecementos que forman parte da Apehl. E, a diferenza de edicións anteriores, o quinto volume engade un pequeno álbum fotográfico dedicado á gastronomía lucense. A guía pode lerse en www.eparacomerlugo.com e os exemplares en papel levan incorporado o código BIDI correspondente para rastrexar esta dirección.
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
13
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
O TAPEO DE CONCURSO ASÉNTASE NA PROVINCIA Cada vez son máis os concellos que apostan polo tapeo de competición para osixenar o sector hostaleiro. Durante o inverno e a primavera celebráronse concursos en Mondoñedo, A Pobra do Brollón, Sarria, Quiroga, Vilalba, Palas de Rei e Meira. MONDOÑEDO A Asociación de Comerciantes de Mondoñedo (Aciam) promoveu do 25 ao 27 de novembro o Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, no que participaron 14 locais de hostalería. Cada establecemento achegou dúas tapas –unha na categoría tradicional e outra na creativa–, propostas que os clientes degustaron a un prezo único de 1,5 euros e que tiveron ocasión de valorar. Ademais, a través do seu voto, accedían ao sorteo dun vale de 100 euros para comprar nos locais da asociación. O concurso tamén contou cun xurado profesional composto por un membro da Aciam e dous profesores de Hostalería do IES de Foz. Unha tapa de magret de pato sobre unha capa de mazá regada con viño Mencía e acompañada con escuma sobre unha cama de patacas chips violeta xunto a unha escuma aromatizada de infusión de froitas do bosque sobre xeo seco que ao facer reacción provocaba fume converteuse na flamante campioa no apartado creativo, así coma na tapa máis popular. Chamábase By the quoi e era a proposta do mesón Os Arcos de Mondoñedo. No apartado tradicional, o bar Mini fíxose co primeiro posto gracias a Lembranza As San Lucas. A POBRA DO BROLLÓN A comezos de decembro –do 3 ao 11– tivo lugar a terceira edición do concurso de tapas da Pobra do Brollón. No certame, organizado pola concellería de Cultura, e no que colaborou
En Mondoñedo, esta proposta do mesón Os Arcos converteuse na tapa creativa campioa
14
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
a Apehl, participaron sete locais hostaleiros con propostas tan suxestivas coma o espeto de tenreira e kiwi con viño da Ribeira Sacra que ofreceu O Mesón do Lor e que lle proporcionou o primeiro premio ou as croquetas de xabarín e cogomelos da Cantina de Julia de Salcedo, merecedoras do segundo premio. A terceira posición foi para La Vieja Taberna, que competiu cunha tosta vexetal. SARRIA O V Tapicheo de Sarria transcorreu entre o 5 e o 10 de decembro. Nel competiron 34 establecementos que ofreceron preto de 70 propostas culinarias. O certame incluíu as categorías tradicional e innovadora e, á súa vez, os locais participantes dividíronse en seis rutas gastronómicas. Os gañadores foron o Café Bar Atlántico na especialidade tradicional e o Ave Turuta na innovadora, coas tapas Ovos en niño e Timbal de bacallau confeitado salteado con verduriñas sobre allada de dúas cores, respectivamente. VILALBA Aproveitando o tirón do queixo de San Simón, o concello de Vilalba celebrou unha nova edición do concurso de tapas elaboradas co afamado queixo chairego. A competición desenvolveuse do 22 de marzo ao 1 de abril e nela participaron 33 locais hostaleiros divididos nas modalidades tradicional e creativa, sendo a primeira a de maior aceptación entre os participantes. Por ela decantáronse 28 establecementos e só os 5 restan-
Este espeto de tenreira e kiwi foi o gañador do concurso da Pobra do Brollón
tes pola creativa. En canto aos prezos, estipulouse que fora dun euro para as propostas tradicionais e de dous para as creativas. Nos 10 días nos que se prolongou o concurso servíronse arredor de 40.000 tapas. A votación popular converteu ao bar Estudiante no campión da categoría tradicional e ao restaurante A Nova Ruta no da creativa. Pola súa banda, o xurado profesional premiou a tapa do bar Albeni como a mellor no apartado tradicional e a do Mesón do Campo como a mellor no apartado creativo. A entrega de premios coincidiu coa xornada inaugural da Festa do Queixo de San Simón, o 7 de abril. En Palas de Rei tamén se celebrou un concurso de tapas de queixo con motivo da XXI Feira do Queixo da Ulloa. O gañador foi o hostal-restaurante Vilariño, que competiu cunha tosta de crema de espinacas con queixo de Arzúa-Ulloa e lombo. Unha tapa de gazpacho de fresón con queixo e unha de chipiróns recheos de queixo foron as merecedoras do segundo e o terceiro premio, respectivamente.
A tapa do Mesón do Campo foi unha das premiadas polo xurado profesional de Vilalba
Timbal de bacallau confeitado, unha das tapas vencedoras do Tapicheo
NOVAS QUIROGA Do 2 ao 10 de abril o municipio de Quiroga celebrou o seu primeiro concurso de tapas. Na competencia, organizada polo Concello e na que colaborou a Apehl, participaron 16 establecementos hostaleiros, cuxas tapas –unha por establecemento– foron valoradas por un xurado popular. O campión foi o Mesón Escaleira, que
se converteu no preferido do público grazas a unha proposta que consistía nun lagostino crocante con escuma de queixo de Arzúa curado e ensalada de algas. O establecemento gañador recibiu 100 euros e unha placa conmemorativa. Para os clientes, a condición para que o seu voto fose válido era probar todas as tapas. Ademais, deste xeito entraban no sorteo dunha noite para dúas persoas con cea incluída na Ferrería Rugando (Vilarmel, Quiroga).
ocupárono os bares Xeira e Pozo, respectivamente. Cada local concorreu cunha única tapa pola que os clientes puideron votar facendo uso das tarxetas correspondentes. Para emitir o voto foi necesario probar, como mínimo, as tapas de dous bares diferentes, e aqueles que completaron o tapeo polos sete entraron no sorteo dunha sesión de spa e unha comida no Spa Attica21 de Vilalba.
MEIRA Meira estreou concurso de tapas este ano. Organizouno do 20 ao 28 de abril o Concello en colaboración coa Apehl, coa Deputación de Lugo e cos sete establecementos inscritos.
Proposta gañadora do certame de Quiroga
POLO MIÑO
Declarouse gañador do certame o mesón Pedreira, que se impuxo cunha robaliza bautizada como Serra de Meira. O segundo e o terceiro posto
RUTA BELESAR - MAIORGA
Saídas: ás 11:30 e ás 16:00 horas De mércores a domingo Todos os días en Semana Santa Catamarán: Pelegrín Duración: 1 hora e 45 minutos Prazas: 60
Tapa do mesón Pedreira, vencedor do concurso meirense
AS RUTAS DE CATAMARÁN NO INVERNO
O Pelegrín navega polo río Miño dende a aldea de Belesar ata a insua de Maiorga e ofrécenos vistas dos moitos bancais de viñedos da Ribeira Sacra. Ademais, o embarcadoiro de Belesar dispón de servizo de restaurante-bar especializado en gastronomía da zona.
POLO SIL
RUTA DOADE - SANTA CRISTINA
Saídas: ás 11:30 e ás 16:00 horas De mércores a domingo Todos os días en Semana Santa (ás 11:30, 16:00 e 18:30 horas) Catamarán: Mencía Duración: 2 horas Prazas: 50
O Mencía atravesa fondos vales e canóns entre as montañas polas que discorre o río Sil. Dende o catamarán podemos ver as vides cultivadas en socalcos e as igrexas e mosteiros da ruta do románico. Esta é terra tamén da olería de Gundivós, característica pola cor negra que lle dá o seu afumado.
Cultura e Turismo
ENTRADAS Reserva anticipada No teléfono 982 260 196 (de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas) Na web www.deputacionlugo.org No catamarán 20 minutos antes da saída Prezos Adultos/as: 9 euros 4-12 anos, >65 anos e carné xove: 5 euros Nenos/as de 0-3 anos: gratis Para grupos (mínimo 30 persoas) Adultos/as: 7 euros 4-12 anos, >65 anos e carné xove: 4 euros Nenos/as de 0-3 anos: gratis O funcionamento do programa de rutas está condicionado ao nivel da auga dos encoros e ríos. A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo resérvase o dereito a facer calquera modificación en horarios e rutas.
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
15
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ PUBLIRREPORTAXE
“PASEANDO ENTRE VIÑEDOS”: XORNADA DE PORTAS ABERTAS NAS ADEGAS DE GALICIA Turgalicia e as asociacións das rutas dos viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras organizan esta xornada innovadora de enoturismo que se vai celebrar o 26 de maio simultaneamente nas cinco grandes zonas vitivinícolas galegas.
A xornada de portas abertas vai ter lugar o 26 de maio á vez en máis de 70 adegas das cinco denominacións de orixe dos viños de Galicia. Nelas ofrecerase unha visita guiada polas instalacións, así como a degustación gratuíta, ao longo de todo o día, dos mellores caldos de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras. A oferta enogastronómica tamén inclúe a posibilidade de probar menús maridados con estes afamados viños. Participan nesta promoción 31 restaurantes situados polas cinco rutas vitivinícolas, que servirán en total ata 62 menús diferentes, a un prezo de 25 euros para adultos e de 10 euros para os menores de 12 anos.
16
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
Plans alternativos O programa desta xornada compleméntase con actividades alternativas para o lecer. Haberá visitas guiadas e gratuítas polo casco histórico de Monforte de Lemos e pola ruta dos pazos e os xardíns do concello de Vedra e tamén excursións de baixo custe pola vila medieval de Ribadavia, para ver o patrimonio románico da Ribeira Sacra e do Ribeiro, con destino ao castro de Santa Tegra ou para contemplar os viñedos de Amandi nunha incursión en tren turístico. Ademais, poderase entrar de balde no Museo do Viño de Cambados, no centro do Viño da Ribeira Sacra e no Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde manteñen a exposición
sobre lagares rupestres atopados en Galicia. E faranse ofertas de paquetes enoturísticos con empresas especializadas en Valdeorras e no Ribeiro e ofertas especiais de aloxamento para esa fin de semana. Máis información As persoas que queiran consultar toda a información desta xornada poden obtela na páxina web www.turgalicia.es, chamando ao 902 200 432 ou por email, dirixíndose a cir.turgalicia@xunta.es. Así mesmo, as oficinas de turismo de Galicia contarán cos correspondentes folletos explicativos.
MONFORTE
Do 16
ao 27
de m
aio
PREMIO TAPA TRADICIONAL 2011
PREMIO MELLOR MARIDAXE 2011
PREMIO TAPA CREATIVA 2011
ORGANIZA:
PREMIO VOTACIÓN POPULAR 2011 PATROCINA: QUEIXERÍA
Cultura e Turismo COLABORA:
CASA FELISA
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
AS XORNADAS DO COCIDO DE ENTROIDO BATERON UN NOVO RÉCORD DE PARTICIPACIÓN As cuartas Xornadas do Cocido de Entroido “Estase Cocendo”, organizadas pola delegación da Apehl na zona sur e celebradas do 10 ao 19 de febreiro, achegaron este ano múltiples novidades. Ademais de bater un novo récord de participación, cun total de 65 establecementos inscritos —11 máis respecto do ano pasado—, o principal cambio foi que non se delimitou ao concello de Monforte, como se viña facendo ata o de agora, senón que se estendeu a toda a Ribeira Sacra.
Deste xeito, sumáronse locais hostaleiros dos municipios de Bóveda, Chantada, Quiroga, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober. Os bares e restaurantes serviron o cocido en menús e tapas, os pubs da Asociación Duquesa de Alba organizaron festas, e os hoteis, pensións e casas de turismo rural realizaron distintas ofertas de aloxamento. Así, ao longo dos dez días que duraron as xornadas foron moitos os veciños da comarca que degustaron este
Presentación das xornadas. De esquerda a dereita, Severino Rodríguez (alcalde de Monforte), Luís Iglesia, que recibiu varios agasallos durante o acto, e Cheché Real
manxar e os turistas que aproveitaron para hospedarse pola zona. Luís Iglesia, compadre do “Estase Cocendo 2012” O actor riotortense Luís Iglesia Besteiro, moi coñecido polo seu papel televisivo de Carmelo Matalobos, foi nomeado compadre desta edición do “Estase Cocendo”. Durante o acto de presentación da cita gastronómica, que tivo lugar o 10 de febreiro no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte, Luís Iglesia referiuse á gastronomía coma o “reflexo dunha filosofía de vida”, e puxo de exemplo a preparación do cocido, o tempo que se necesita para saborealo e as longas sobremesas que adoitan acompañalo. Pola súa parte, o presidente da asociación, Cheché Real, describía así este acontecemento: “Con esta iniciativa quixemos ofrecer un paquete turístico onde queden reflectidos os distintos representantes do noso sector hostaleiro e que resulte práctico para que os turistas veñan visitarnos nesta época e poidan ver o noso patrimonio cultural, comer un bo cocido acompañado dun viño da Ribeira Sacra, saír de marcha e descansar”.
HOSTALEIROS MEDIEVAIS EN MONFORTE Monforte de Lemos celebrou a décima edición da súa consolidada Feira Medieval o 7 de abril e os moitos visitantes puideron desfrutar da gran Festa Gastronómica Medieval organizada ese día pola delegación na zona sur da Apehl en preto de 50 locais hostaleiros asociados.
Houbo postos de comida na rúa e unha Festa Gastronómica Medieval por varios establecementos hostaleiros
18
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
Os bares, as cafeterías e as cervexerías ofreceron almorzos, tapas e racións medievais; nos restaurantes servíronse menús e ceas da época e nos pubs organizáronse festas temáticas. O paquete deseñado para o evento tamén incluíu prezos especiais no aloxamento.
PUBLIRREPORTAXE Nome de sección
CRECE A PRODUCIÓN ECOLÓXICA CERTIFICADA O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) vén de presentar a memoria de 2011, onde se recolle a evolución do sector e se constata unha mellora da produción certificada en cantidade e variedade. A superficie inscrita en agricultura ecolóxica en toda Galicia experimentou en 2011 un crecemento do 8% respecto do ano anterior e situouse en máis de 15.300 hectáreas cultivadas, das que case a metade se rexistrou na provincia de Lugo (máis de 6.400). Tamén aumentou un 2,2% o número de operadores inscritos, que actualmente chega aos 586, dos cales 484 son produtores e 102 son elaboradores. Superficie total inscrita A Coruña
1.033,67
Lugo
6.491,47
Ourense
6.658,18
Pontevedra
1.119,61
GALICIA
15.302,93
A memoria do Craega deste último ano tamén reflicte unha suba do 27,7% nas vendas certificadas en ecolóxico, o que supuxo un volume de negocio total por riba dos 21 millóns de euros, ao redor de 4,7 millóns máis que en 2010. Os produtos ecolóxicos con maior demanda seguen sendo o leite, a carne e os ovos e os seus derivados, así como as conservas de pescado. Tamén cómpre destacar a demanda que teñen nos mercados nacional e internacional tanto os froitos silvestres, especialmente as castañas, coma os viños, a sidra e o vinagre de sidra. De todos modos, o abano da produción ecolóxica é moi amplo, o que fai que a esta oferta se poida engadir a de hortalizas, froitas, cereais, produtos apícolas, panificación ou tubérculos, por exemplo. Ademais de ser adquiridos por consumidores particulares, os produtos ecolóxicos cada vez teñen máis cabida entre os restaurantes galegos, que empezan a incorporalos nas cartas, innovándoas.
Os axentes da produción ecolóxica uníronse recentemente no Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia (AEG) para promocionala e fomentar o seu consumo; o clúster constituíuse con 18 asociados, dende empresas comercializadoras, industria, universidades e centros tecnolóxicos ata outras entidades que traballan no desenvolvemento do sector.
O aval da certificación ecolóxica A certificación ecolóxica é o respaldo legal que autentifica a procedencia dun produto con indicativo ecolóxico. Implica a totalidade do proceso produtivo e en Galicia é exercida polo Craega, por autorización da Consellería do Medio Rural. Esta certificación ten recoñecemento internacional e os seus obxectivos son brindar ao consumidor un produto de calidade, garantir a trazabilidade na produción dun alimento ecolóxico, evitar o fraude e abrir novas alternativas de mercado.
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
19
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
Gala da Hostalería Lucense 2012
NOVO ENCONTRO DOS HOSTALEIROS DA PROVINCIA DE LUGO A Apehl organizou unha nova edición da Gala da Hostalería Lucense e xuntou preto de 200 profesionais do sector a noite do 5 de marzo no Hotel Jorge I da capital provincial para desfrutar do cóctel, a tradicional entrega de premios aos compañeiros do gremio e unha animada cea-baile. A Gala da Hostalería Lucense deu comezo cun cóctel que deu paso á cerimonia de entrega dos premios da Apehl, conducida polo xornalista Antón Grande. A primeira hostaleira en recibir galardón foi María Luisa Díaz Doval, por toda unha vida nos fogóns. María Luisa empezou a traballar na hostalería aos 17 anos como axudante de cociña nunha casa de comidas de Madrid e tamén estivo na Costa Brava e no Vall d’Hebron ata que en 1986 volveu a Galicia e fundou no Corgo o Hostal-Restaurante Alborada, á fronte do que permaneceu ata a súa xubilación. Entregoulle o premio a xerente de Turgalicia, Carmen Pita. O título de Embaixador Hostaleiro da Provincia 2012 recaeu na Asociación Cultural Amigos de San Froilán de Barcelona, organizadora dende hai anos destes festexos na honra do patrón lucense no popular distrito de Nou Barris. O encargado de dar este galardón foi Mario Outeiro, responsable de Turismo na Deputación Provincial de Lugo, e recollérono Manuel Fouce, Domingo Díaz e Ramón Rey, quen quixo pronunciar unhas palabras de agradecemento. Ademais, este ano a Apehl rendeulle unha homenaxe a un compañeiro,
20
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
Santiago Argüeso, pola súa colaboración na posta en marcha da propia asociación de hostaleiros, así como para o seu bo funcionamento. O seu presidente, Cheché Real, acompañado polo presidente de honra e fundador desta asociación, Manuel González Granxeiro, outorgoulle a Santiago a Medalla de Ouro da Apehl, un recoñecemento novo creado nesta edición. Tras a concesión dos premios interveu Cheché Real, quen remarcou o carácter da asociación de hostalería como asociación de turismo e reivindicou o papel do sector como rexenerador de economía e a ne-
cesidade de que a provincia conte cun centro de formación continua. Participaron ademais no acto a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Lugo, José López Orozco, e entre as autoridades invitadas tamén se encontraban o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo Páez, e o presidente da Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia, Héctor Cañete. Ao remate da cea procedeuse ao sorteo de agasallos entre os comensais e logo continuou a festa ata a madrugada.
NOVAS
Gala da Hostalería Lucense 2012 PREMIO A TODA UNHA VIDA
María Luisa Díaz Doval (Hostal-Restaurante Alborada, O Corgo)
María Luisa Díaz Doval é unha lancaresa de Trasliste que comezou a traballar na hostalería con 17 anos, como axudante de cociña nunha casa de comidas en Madrid, primeiro, e como camareira de restaurante nun hotel da Costa Brava, aos 18 anos. A súa aventura como empresaria data de 1969, cando abriu un bar de comidas no Vall d’Hebron, en Barcelona, coa axuda do seu marido Víctor. María Luisa estivo á fronte deste negocio durante sete anos, tras os que fixo unha paréntese para dedicarse ao coidado da súa familia. Con todo, apaixonada da cociña como era, inda preparaba biscoitos e empanadas por encargo para restaurantes e tendas. A volta de María Luisa a Galicia produciuse en 1986 e coincidiu coa súa volta á hostalería. De novo coa colaboración do seu marido, inaugurou no Corgo o Hostal-Restaurante Alborada, do que se encargou ata a súa xubilación.
EMBAIXADOR HOSTALEIRO DA PROVINCIA 2012
Asociación Cultural Amigos de San Froilán de Barcelona
Amigos de San Froilán de Barcelona creouse en 1995 por iniciativa tres lucenses residentes en Cataluña: Manuel Fouce e Domingo Díaz, orixinarios de Guntín, e Ramón Rey, natural de Monforte de Lemos. Todo comezou coa celebración do triunfo do Deportivo na Copa do Rei, que resultou ser un éxito e que os levou a fundar unha asociación sen ánimo de lucro para promocionar en Barcelona a cultura, a gastronomía e os costumes galegos.
Tal é o bo ambiente que recibiu o premio Distrito de Nou Barris e o Concello de Barcelona a recoñeceu como a segunda mellor festa da cidade.
Hoxe en día, falar desta asociación é falar do San Froilán catalán que todos os anos anima as rúas de Nou Barris, un distrito con miles de habitantes galegos. Durante os tres días que duran estas festas, participan nelas máis de 50.000 persoas. O programa é moi completo e inclúe actuacións de grupos de folk, orquestras e coros, animación na rúa e xogos infantís, e por suposto tamén están presentes os produtos da provincia lucense e a marca …E para comer, Lugo.
a í r e x i e u Q Marqués de Cernadas
Praza de abastos de Lugo. Posto 50 Tel. 660 549 763
Oferta de apertura:
30
Por cada € de compra, un queixo *
gratis
s ializamo Comerc queixos s re o os mell rocedentes ia, p de Galic ión artesanal uc de prod a polas D.O. d certifica rexistro e con o. sanitari
*O queixo a entregar nesta oferta será de 500 gr e de produción propia. A oferta será para as compras feitas na queixería durante o mes de maio de 2012, e poderán acumularse as compras realizadas durante o mes no cupón que se entrega na propia queixería.
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
21
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
Gala da Hostalería Lucense 2012 MEDALLA DE OURO A traxectoria de Santiago Argüeso Peña está moi unida á da Apehl. En 1967 foi nomeado secretario provincial do Sindicato de Hostalería e Actividades Turísticas, sendo presidente Manuel González Granxeiro. Permaneceu neste cargo ata a extinción do Sindicato, en 1977, pero a súa pegada foi boa e Granxeiro solicitou a súa colaboración para o proceso de constitución dunha asociación empresarial de hostalería, unha das primeiras asociacións empresariais de Lugo, a Apehl. Santiago Argüeso é unha persoa moi coñecida na cidade, pois tamén é directivo do Breogán e fun-
22
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
Santiago Argüeso (Apehl) dador e actual vicepresidente do Club Deportivo Ensino e está en posesión da Medalla de Ouro do Círculo das Artes de Lugo. A entrega desta distinción foi moi emotiva. No seu discurso, Cheché Real agradeceulle persoalmente a Santiago a súa dedicación á asociación e aos asociados, igual que o fixeron as súas compañeiras da Apehl a través dunha carta lida en público na que lembraron con cariño as anécdotas compartidas con elas por Argüeso.
NOVAS
Gala da Hostalería Lucense 2012
A gala reuniu aos hostaleiros da provincia cos traballadores da Apehl e con representantes de Administracións que colaboran no desenvolvemento do sector
D F
DISTRIBUICIONES
FESOBA, S.L.
DISTRIBUCIONES FESOBA, S.L. Polígono Industrial O Ceao Rua dos Carpinteiros, Nave 4 27003 LUGO Teléfono: 982 20 90 34 Fax: 982 20 93 90 dfesoba@jet.es
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
23
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
Gala da Hostalería Lucense 2012
24
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
NOVAS
Gala da Hostalería Lucense 2012
www.caixaruralgalega.es HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
25
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
NOVA PLATAFORMA DE COMERCIO ELECTRÓNICO PARA OS PRODUTOS DA PROVINCIA DE LUGO
PREMIO SABOR DO ANO PARA LECHERA ASTURIANA
A Deputación de Lugo ten en marcha unha plataforma de comercio electrónico, www.losproductosdelugo.com, para abrirlles novos mercados nacionais e internacionais ás pequenas e medianas empresas da provincia. O centro comercial virtual, promovido con fondos europeos, leva un ano en funcionamento e xa conta cunha oferta de máis de 25 empresas e uns 200 produtos e servizos de distintos sectores, entre eles o hostaleiro, o da alimentación e o de lecer, pero a capacidade de firmas que pode acoller é ilimitada.
Central Lechera Asturiana Hostelería Original foi distinguida por terceiro ano consecutivo co selo de Calidad Sabor del Año Restauración 2012, na categoría de leite natural. Na cata destacou polo seu sabor e tamén pola súa facilidade de preparación.
As empresas dispoñen dun espazo para anunciarse, vender e distribuír os seus produtos as 24 horas do día, os 365 días do ano. A adhesión a esta plataforma é totalmente gratuíta e o organismo provincial brinda asesoramento personalizado e continuo para unirse á plataforma e funcionar axeitadamente nela.
26
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
Neste certame participaron 20 chefs de recoñecido prestixio, algúns deles con Estrelas Michelin e consumidores habituais deste leite. O proceso de selección estivo avalado por un laboratorio independente, conseguindo así resultados reais e fidedignos dos produtos testados.
NomeFORMACIÓN de sección
A APEHL LEVOU A CABO VARIOS CURSOS DE INICIACIÓN E ESPECIALIZACIÓN HOSTALEIRA O plan de formación da Apehl nos primeiros meses do ano incluíu tanto cursos de operacións básicas de cociña e restaurante-bar para iniciar ás persoas na actividade hostaleira coma cursos especializados dirixidos a profesionais, entre eles de cociña vexetariana e coctelería. Proxecto de inserción laboral en hostalería Abrindo Portas En Lugo leváronse a cabo varios cursos enmarcados no proxecto Abrindo Portas, de fomento da inserción laboral na hostalería. Un deles foi o de operacións básicas de cociña que tivo lugar durante os meses de febreiro e marzo; en total déronse 112 horas de teoría no local de Cáritas na cidade e 80 horas de prácticas en establecementos hostaleiros. Con anterioridade organizárase un curso sobre as operacións básicas dun restaurante-bar. Aqueles locais hostaleiros que pertenzan á asociación e queiran participar en proxectos similares recibindo alumnos en prácticas só teñen que poñerse en contacto coa Apehl.
Desenvolvemento do curso de operacións básicas de cociña do proxecto Abrindo Portas
Plan de formación sectorial A través do plan de formación sectorial en hostalería, os traballadores ocupados puideron apuntarse a varios cursos para facer a distancia: sobre cociña vexetariana, coctelería e ergonomía e seguridade no traballo, promovidos pola Confederación Española de Hoteles y Alojamientos, e de manipulación de alimentos, impulsados pola Federación Española de Hostelería. Formación iniciática para mozos desempregados O concello de Sober acolleu un par de cursos de iniciación á actividade hostaleira dirixidos a persoas desempregadas menores de 30 anos. Un deles está centrado nas operacións básicas de restaurante e bar, de 290 horas, das cales 210 son presenciais e as restantes se van completar con prácticas profesionais non laborais. No outro, que comenzou a finais de marzo e continuará ata o 25 de xuño, os alumnos están aprendendo a executar as operacións básicas de cociña. Estas accións formativas enmárcanse nun programa específico de ámbito estatal de cualificación e mellora da empregabilidade da xente nova e a Apehl organizounas en colaboración coa Escola de Hostalería e Turismo Belarmino Fernández Iglesias, da localidade soberina de Rosende.
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
27
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVOS SOCIOS ALDEA RURAL O MAZO
A CASA DE MAÑAS
Como o seu nome indica, trátase dunha aldea rural totalmente rehabilitada que agora se dedica ao turismo rural. Dispón de 27 habitacións dobres repartidas en varias casas. Ademais, conta con numerosas zonas comúns como a terraza e o xardín, unha piscina climatizada ou mesmo unha sala de conferencias. Nesta aldea tamén hai un restaurante con capacidade para 60 comensais no que se pode desfrutar tanto do menú do día coma do menú gastronómico e no que se poden celebrar todo tipo de banquetes. Entre outros servizos, dispón de conexión gratuíta a internet e wi-fi. E, debido á súa situación nunha zona de montaña, desde ela poden facerse varias rutas de sendeirismo.
Hai algo máis de cinco anos, María Jesús Arrieiro decidiu restaurar a casa da familia da súa nai, construída en 1820, e sacarlle partido converténdoa nunha casa de turismo rural que se aluga por habitacións. Dispón de seis dormitorios dobres, un deles con bañeira de hidromasaxe. Cada cuarto é diferente ao resto, xa que cada un ten a súa propia decoración dentro do estilo xeral da casa, que combina os mobles antigos con outros de último deseño. Entre as zonas comúns destacan a biblioteca e o salón.
Lugar de Meiraos - Folgoso do Courel - Tel: 608 277 430
Calvela, 1, Vilamor - Mondoñedo Tel: 619 916 341 www.acasademanas.com
LA NOCHE
PARRILLADA ANDREA
Manolo Rodríguez colleu este pub situado nunha das principais arterias da movida focense no ano 2007. No inverno, a actividade desde local de copas restrínxese ás fins de semana, en moitas ocasións unicamente aos venres, pero durante os meses do verán a clientela multiplícase e abre todos os días da semana. En La Noche propoñen música comercial, a que o público demanda, se ben nalgunha ocasión se pode escoitar algo de house a última hora.
O churrasco e os pratos caseiros constitúen as dúas especialidades culinarias deste restaurante lucense que leva aberto desde hai sete anos no barrio da Piringalla. De luns a venres ofrecen menú do día para xantar, inda que o cliente ten sempre a posibilidade de elixir un prato combinado ou un bocadillo. Teñen capacidade para 60 persoas e acollen banquetes por encargo. Pechan as fins de semana, excepto durante as festas ou debido a algunha petición especial.
Rego de Foz, Foz - Tel: 617 658 356
Rúa do Buxo, 17 - Lugo - Tel: 982 217 187
LA BOLERA
PEREIRA II
Segundo a súa propietaria, María Cruz Sol Alonso, este café bar é o local perfecto para tomar unha caña ou un viño ao saír de traballar. Destaca pola gran variedade de tapas, así como polos saborosos pratos do día e racións cunha excelente relación calidade-prezo. Entre as súas especialidades encóntranse as paellas por encargo e os callos que preparan todos os domingos.
O café bar Pereira II é un negocio familiar fundado hai case trinta anos que pasou de pais a fillo e que probablemente pasará ao neto. Abre todos os días ás 7 e media da mañá e pecha arredor da media noite de luns a venres e máis tarde durante as fins de semana, que é cando se concentra o maior número de clientes. Ten capacidade para unhas 50 persoas e conta cunha terraza exterior integrada no núcleo urbano da vila. Son moi apreciadas as súas tapas, que ofrece de xeito gratuíto coas consumicións.
Trapero Pardo, 2 - Foz - Tel: 689 954 012
Praza do Concello, 4 - Castroverde - Tel: 982 312 352
PEREIRA III
ROYAL BOUNDARY
Durante moitos anos compartiu espazo coa cafetería Pereira II, pero desde hai algo máis dunha década o restaurante homónimo estableceuse nun local independente. Abre de luns a domingo e ten capacidade para 50 persoas. A súa propietaria, Isabel Díaz, é tamén a encargada dos fogóns, dos que saen pratos tan saborosos coma o cabrito, o bacallau e as luras. De luns a venres ofrecen menú do día en horario de 13.00 a 16.00 horas. Pola noite e durante as fins de semana traballan á carta. No Pereira III pódense celebrar bautizos, comuñóns e outras reunións sociais.
Situado no corazón da cidade amurallada, este cóctel-bar abriu as súas portas en xuño do ano pasado. Son especialistas na elaboración de gin-tonics e outros cócteles coma daiquiris e cosmopolitans, así coma nas bebidas premium. Ademais, en horario de tarde potencian os tés e os cafés especiais. Nel son habituais as actividades relacionadas coa gastro-coctelería, coma as noites xaponesas, que se celebraron ata o mes de abril todos os xoves e que consistían en ceas a base de comida deste país oriental. Abren todos os días, excepto os luns, de 5 da tarde ata a madrugada.
Rúa da Feira, 4 - Castroverde - Tel: 982 313 211
Bolaño Rivadeneira, 5 - Lugo - Tel: 982 803 448
28
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
Nome NOVOS de SOCIOS sección
LA PLATA
DA COSTA
Esta cafetería viveirense toma o seu nome da cidade arxentina homónima, que é o lugar de procedencia de Sergio e Edith, os seus propietarios desde novembro do 2009. A hora dos almorzos é o momento do día no que se concentra a maior actividade. De luns a venres abren de 8 da mañá a 10 e media da noite, os sábados de 9 da mañá a 12 da noite e os domingos pechan, excepto nos meses de verán, cando a clientela, debido á súa situación nunha vila turística, aumenta considerablemente. Ten terraza exterior. Pastor Díaz, 39 - Viveiro - Tel: 982 560 989
A historia deste restaurante burelés está moi ligada á do Hospital da Costa, non en van teñen exactamente os mesmos anos, 26. Desde que os seus fundadores se xubilaran hai dous anos, a uruguaia Mónica Cambeiro é a súa propietaria. As persoas que por un motivo ou outro pasan polo hospital supoñen o groso dos clientes deste establecemento, no que se pode comer o menú do día a 8 euros de luns a venres e a 10 durante as fins de semana. A súa especialidade é a carne á grella e, entre outras prestacións, dispón de terraza climatizada. Rafael Vior, 7 - Burela - Tel: 982 581 711
CASA BEIRAMIÑO
CASA MIÑA
En 1994 abriu as súas portas como mesón e café bar, pero foi no ano 2000 cando se transformou nun establecemento de turismo rural con restaurante incorporado. Conta con tres dormitorios dobres, dous con cama de matrimonio e un con dúas individuais. En todas hai televisión e wi-fi. O restaurante ten dous comedores, un con capacidade para 30 comensais e outro para 80. Nel pódense celebrar bautizos, comuñóns e demais eventos sociais. A Casa Beiramiño dispón tamén dunha terraza exterior na que collen arredor de 70 persoas. Ademais, destaca pola fermosa paisaxe na que está integrada, con vistas ao río Miño.
Este restaurante, situado na N-VI, á altura do concello do Corgo, abriu o pasado 4 de febreiro. A comida caseira é o seu sinal distintivo e entre as súas especialidades están o polbo, as carnes á brasa e o bacallau. De luns a venres, en horario de 13.00 a 16.00 horas, ofrecen menú do día a un prezo económico. Para a cea e durante as fins de semana só traballan á carta, na que destacan as ameixas á mariñeira. Por encargo tamén teñen lumbrigante, centolo e arroz con lumbrigante. Os dous comedores dos que dispoñen teñen un aforamento aproximado de 60 prazas. Pechan os martes.
Escanavada, 26, Xustás - Cospeito - Tel: 982 504 743
N-VI, km 88 - O Corgo - Tel: 982 302 351
A SOALTA
VIRUTAS
Atopar esta pizzería en Foz non é unha tarefa complicada, xa que se atopa en fronte á praia da Rapadoira. Na Soalta o cliente poderá desfrutar de pizzas artesás, elaboradas con ingredientes naturais e cocidas en forno de pedra. Ademais, poderá confeccionar a súa propia pizza elixindo os ingredientes que máis lle apetezan. Outro dos rasgos polos que merece a pena achegarse ata ela é a posibilidade de compartir entre amigos unha fondue de tenreira, porco ou polo acompañada de varias prebes. Neste caso, o máis recomendable é encargala, ao igual ca outras suxerencias coma o arroz con lumbrigante ou a paleta de cordeiro ao forno. Avenida do Cantábrico, s/n - Foz - Tel: 982 140 676
Situado na rúa Doutor Ochoa, o Virutas é un dos locais hostaleiros con máis tradición do barrio da Residencia, inda que nos últimos anos cambiou varias veces de nome. Entre as súas particularidades destaca o expositor de xeados artesáns e o afamado xamón cocido, para tomar en bocadillo ou en ración. Neste bar o típico é ir tomar un viño do país, se ben o cliente tamén pode escoller un Mencía, un Rioxa ou calquera outra consumición habitual. Doutor Ochoa, 15 - Lugo - Tel: 982 217 524
MESÓN A RUCA No mes de abril comezou unha nova etapa para o Mesón A Ruca ao que, logo de 15 anos en funcionamento, os seus propietarios quixeron darlle un impulso coa incorporación dun bufete libre a base de pratos galegos. Nos expositores o cliente atopará desde o clásico lacón con grelos ata, por exemplo, canelóns de caldo galego ou queixadas de bacallau. Iso si, para os máis tradicionais tamén contan con comida á carta. Outra característica distintiva é o horario de cociña ininterrompido de oito da mañá a 11 da noite. Acollen banquetes de todo tipo ata un número máximo de 110 comensais. Porto, 14 - Ribadeo - Tel: 982 130 228
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12
29
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVOS SOCIOS VINOS Y MÁS
NORDESTE
Hai apenas dous meses comezou a funcionar en Lugo a viñoteca Vinos y más. Trátase dun local actual, equipado e decorado especialmente para acoller esta nova iniciativa hostaleira detrás da que se encontra o empresario Miguel Rodríguez Diéguez. Á parte da variada oferta de viños e tapas, as especialidades do local son as táboas de ibéricos, queixos e patés. Está aberto de luns a sábados a partir das 8 da mañá. Ten wi-fi e terraza exterior.
O Nordeste é unha taberna mariñá enfocada á consumición e desfrute de viños seleccionados. Desde que no mes de decembro Ángel Fernández Rey tomou as rendas do negocio, a bodega deste local sufriu varias transformacións para facilitar a organización dos diferentes caldos. Á parte da bebida, no Nordeste tamén se poden saborear táboas de embutidos ibéricos e de queixos. Ademais, sempre hai exposicións de pintura e fotografía que se renovan cada mes ou mes e medio.
Avenidas das Américas, 72 - Lugo - Tel: 982 819 557
Praciña do Penal, 1 - San Cibrao - Tel: 686 782 278
LA TABERNA DE BACO
O MERCADO
Esta tapería e cervexería monfortina abriu as súas portas o pasado 2 de decembro. Ofrecen racións e menú do día, ademais de menús personalizados para ceas e celebracións de todo tipo. Entre as tapas que dan gratuitamente coas consumicións destacan a tortilla Baco, elaborada con grelos e chourizo, e a tosta de xamón. Antigamente neste local había un hostal que agora están reformando e que prevén abrir cara ao verán. Disporá de 10 habitacións e dunha capacidade para 14 persoas.
Situado onde durante décadas estivo a droguería Guerra, este establecemento hostaleiro lucense comezou a súa andaina o pasado 2 de marzo. Os seus propietarios defíneno como unha tapería onde a especialidade son os ovos rotos e na que tamén se poden tomar racións. Cada día achéganse á Praza de Abastos para coñecer as diferentes ofertas de carne e pescado, e con eses produtos elaboran a tapa e a suxerencia do día, que se oferta para xantar e cear. A súa filosofía de traballo baséase na potenciación dos produtos galegos e de calidade, así coma no trato amable e próximo. Pechan os domingos.
Roberto Baamonde, 30 - Monforte de Lemos - Tel: 982 044 002
Quiroga Ballesteros, 6 - Lugo - Tel: 982 227 614
CAMBIO DE TITULARIDADE
O LAR
AGARIMO
Este restaurante está na zona do porto e cumprirá 50 anos o 1 de agosto. Entre as súas propostas destacan os mariscos, os peixes de roca coma o rodaballo e a robaliza, as carnes seleccionadas e os arroces, todas acompañadas por unha ampla carta de viños. Traballan con produtos da zona e as sobremesas son caseiras. Para xantar, o comensal pode optar polo menú do día, con tres primeiros pratos e tres segundos a escoller. Abre todos os días ás 11 da mañá, excepto os martes, que o fai ás 9 xa que, aproveitando que hai mercado, celebran o día especial dos callos, o que significa que se poden degustar coas consumicións ou tamén no menú e na carta.
En xuño do 2011, o café bar Agarimo cambiou de donos. E co cambio de titularidade producíronse tamén algunhas reformas que lle deron unha aparencia máis moderna e acolledora. Á parte das tapas que ofrecen coas consumicións, neste café bar monfortino pódense comer racións e bocadillos. A súa especialidade son os bolos preñados. O groso da actividade concéntrase en horario laboral debido á súa localización nunha zona de numerosos comercios.
Praza Conde Fontao, 3 - Foz - Tel: 982 140 829
Cardeal, 30 (Galerías Fontecha) - Monforte de Lemos - Tel: 982 416 361
PLAZA Luis Francisco Villar Amandi é o novo propietario do monfortino café bar Plaza desde o pasado mes de marzo. Ás tapas máis habituais que pode haber en calquera establecemento hostaleiro súmase a fabada, moi afamada neste. As horas de máxima actividade son as dos viños, tanto ao mediodía coma antes da cea. Conta cun aforamento aproximado para 120 persoas e ten terraza na parte de atrás. Tamén dispón de zona wi-fi. Doutor Teijeiro, 20 - Monforte de Lemos - Tel: 982 403 897
30
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12