REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)
Maio 2013
número
15
CONVERSA CO HUMORISTA ROBERTO VILAR
“NOS FOGÓNS PÁSAME COMA NA MIÑA PROFESIÓN, QUE ME GUSTA IMPROVISAR”
VITORIA DO BARCO …E PARA COMER, LUGO NO GRAN PREMIO EL CORTE INGLÉS DE PLATU 25 Campaña de promoción dos alimentos ecolóxicos certificados na hostalería
Novo encontro anual dos hostaleiros da provincia
Presentación da sexta guía …E para comer, Lugo en Fitur
Nome NOVOS de SOCIOS sección
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
31
EDITORIAL/SUMARIO HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
UN NOVO EQUIPO DO QUE BOTAR MAN O pasado 12 de marzo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo celebrou a súa asemblea xeral e electoral, da que saíu unha nova directiva, novamente presidida por Cheché Real. Así que este é o equipo que vai traballar con vós, xunto co persoal técnico da sede da Apehl e das súas delegacións das zonas norte e sur: Presidente José Francisco Real Castro (Restaurante Mesón de Pallares, Guntín) Vicepresidente José Manuel Cela Rodríguez (Restaurante Porta Santiago, Lugo) Secretario Jacobo García-Bobadilla Prósper (Hotel Méndez Núñez, Lugo) Tesoureiro José Manuel Quiroga Álvarez (Pub Particular, Lugo) Vogais César Álvarez Rodríguez (Restaurante Compañía, Monforte de Lemos) Alfonso Arias Castro (Hotel Los Olmos, Lugo) Manuel Balseiro Pardo (Hotel Ego, Viveiro) Jesús Díaz Anllo (Cook, Lugo) Manuel-Ángel Fernández Díaz (Pazo de Orbán, Lugo) Héctor López López (Restaurante España, Lugo) Daniel Romay Piñeiro (Taberna Daniel, Lugo) A liña de acción da Apehl continuará priorizando a promoción da hostalería da provincia baixo a marca …E para comer, Lugo, a través do desenvolvemento de iniciativas de ámbito nacional que poidan atraer visitantes. Como é o caso da publicación e distribución estratéxica da guía turística …E para comer, Lugo, a participación en todas as etapas da Vuelta a España con posto propio, a inserción de cuñas publicitarias en coñecidos programas de radio especializados en viaxes, a colaboración co Azkar Lugo, con Transportes Valín e cos pilotos de rallye Sergio e Diego Vallejo para a incorporación da marca nos seus equipamentos e vehículos, o apoio ao barco de competición …E para comer, Lugo en regatas de alto nivel ou a actualización on-line continua na web www.eparacomerlugo.es e nos perfís de Facebook, Twitter e Flickr. Son só algúns exemplos. Evidentemente, seguirase ofrecendo aos asociados o bloque de servizos permanentes e gratuítos de asesoría xurídica e laboral, formación, organización de eventos gastronómicos e consecución de vantaxes varias derivadas da sinatura de convenios.
SUMARIO ENTREVISTA A ROBERTO VILAR PRESENZA EN FITUR ENCONTRO ANUAL DE HOSTALEIROS SINATURA DE CONVENIOS EVENTOS GASTRONÓMICOS NOVIDADES LEXISLATIVAS NOVOS SOCIOS DA APEHL
4 8 10 14 18 24 27
EDITA: ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL) r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 Lugo Tfno.: 982.226.912 Fax: 982.244.256 E-mail: comunicacion@apehl.org Delegación Zona Sur r/ Zapaterías s/n Torreón da Cárcere Vella 27400 Monforte de Lemos Tfno: 982.412.050 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org Delegación A Mariña r/ Lugo, 3, baixo. 27780 Foz Tfno/Fax: 982.133.047 E-mail: delegacionamarina@apehl.org PRODUCIÓN: Transmedia Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, Entrechán A Tfno.: 982.221.278 E-mail: transmedia@ctransmedia.com DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008
A mensaxe é clara: remar todos á vez e na mesma dirección axuda.
- Productos de limpieza - Detergentes y sistemas para lavandería - Celulosa - Complementos - Servilletas y palillos con la marca . . E para comer, Lugo - Disponemos de planes de limpieza adaptables a todas sus necesidades
HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
3
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ ...E PARA COMER, LUGO
ROBERTO VILAR, HUMORISTA
“AQUÍ LÉVASE O TAPEO PORQUE A XENTE É DE IR DE VIÑOS E CHEGA UN MOMENTO NO QUE TES QUE COMER UN POUCO DE QUEIXO!” Roberto Vilar (Xove, 1971) é tamén presentador e actor, pero na súa carreira (e na entrevista) impera a vis cómica que lle deu sona. Quedamos con el o 4 de febreiro na tapería do Centro do Viño da Ribeira Sacra, momentos antes de que fose investido compadre do “Estase Cocendo”.
A sesión de fotos tivo lugar na Ponte Vella de Monforte, sobre o río Cabe
_Gústache o cocido? _Si, si, home! O cocido tenche que gustar porque leva de todo. Se non che gusta unha cousa gústache a outra. Se non che gusta a froita gústache a verdura. Gústame moito… Gústame todo, ben se me nota! _Atréveste a cociñalo? _Pois gústame cociñar pero nunca me deu por facer o cocido. Debe de haber que ir á compra, comprar moitas cousas, non? Dáme a impresión… Tes que comprar os chourizos, a carne, a verdura… [Di preguizoso]
4
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
_Que sobremesa do Entroido é máis típica na túa casa? _Na miña casa sempre se fixeron filloas. Miña mai poñía alí a tixola e un prato ao lado. Eramos tres irmáns e o prato non avanzaba. Ela ía facendo filloas pero segundo se ían poñendo no prato iámolas comendo. _Cando te pos ao mando dos fogóns, cales son as túas especialidades? _Curiosamente, pásame coma na miña profesión, que me gusta improvisar, coller cousas que haxa na casa e “a ver se isto combina con aquilo”. Dáseme bastante ben, debe
de ser que na miña casa me ensinaron xa a cociñar de pequeno. Poñíame a miña mai a facer lentellas con cinco ou seis anos. Explicábame: “Isto vai ás dez e cuarto, aquilo a e vinte…”. _E se comes fóra da casa, que pratos che tiran máis? _Como fóra moitas veces, moitos días, entón intento cambiar e ir a sitios onde haxa cousas distintas, pero tampouco te podes saír moito porque este é un país onde cando te sentas nunha mesa che din: “Carne ou peixe”. E xa te deixan li-
...E PARA COMER, LUGO
mitado! Pero gústame probar todo o que haxa novo. Se vou a un sitio e me din: “Aquí está boa a bolsa de canguro”. Respondo: “Pois trae a bolsa de canguro! Debe de estar dura, porque ten pinta de goma, pero próboa”. Total, vou comer fóra ao día seguinte tamén… _Traballando no mundo do espectáculo, hai tempo para xantar ben? _Traballando no mundo do espectáculo hai moito tempo para todo, o que non hai tempo é traballando de albanel ou no Gran Sol, pero no noso tes tempo para todo! Para comer, para beber… e desfrutamos! Para min é un desfrute comer, a sobremesa con amigos. Hai unha anécdota, que non sei se é politicamente correcta. Había unha deputada portuguesa que fora prostituta e preguntáralle unha vez un periodista: “Vostede, claro, ao ser prostituta, tivo que deitarse e cear con xente que non quería…”. E dixo ela: “Cear, nunca! Porque cear, comer, é unha cousa moi seria!”. _Fasnos unha proposta de menú cen por cento lucense? _Ai! Hai tantas cousas! Eu son da zona da costa e alí comemos moito peixe. Meu pai ía ao Gran Sol e co-
miamos pescada. Pero os recordos que eu teño de comer pola zona sur son de comer moi boa carne, embutido, grelos, patacas… _Nesta provincia lévase moito o tapeo. Ti es de ir de tapas? _“Tapeo chiqueteo”! Aquí lévase o tapeo non porque a xente sexa de tapas, que tamén, senón porque a xente é de beber, de ir de viños, e chega un momento no que tes que comer un pouco de queixo! Senón, non hai maneira de beber máis… A min gústame andar de tapas. Fixen o instituto en Mondoñedo, que é un sitio moi tradicional de tapas, pero de tapas elaboradas, de riles, cocidos, guisos, arroces… Esta zona [a Ribeira Sacra] tamén. Si que me gusta ir tomar as tapas. _Na asociación de hostaleiros abandeiramos a marca ...E para comer, Lugo. Paréceche apropiada para a nosa idiosincrasia? _Si, á parte é unha marca que xa funciona e xa ten a súa tradición. É desas marcas nas que a xente se acorda da frase e di: “…E para comer, Lugo”. E ademais son reais. Esta para toda a provincia. Paréceme moi, moi, moi acertada. …E para comer, Lugo! [Repite con entoación publicitaria]
_Saltamos da gastronomía á paisaxe. As xornadas do “Estase Cocendo” naceron en Monforte e agora esténdense á Ribeira Sacra. Andaches de visita por esta zona? _Si, si, si, claro, encántame a Ribeira Sacra. Non tiven moitas oportunidades de vir pero inda cando pasamos [procedentes de Santiago de Compostela], cando cruzabamos a ponte alí abaixo de Belesar, daban ganas de quedarse alí, tirar o móbil ao río e quedar alí na Ribeira Sacra. Dá moita paz, e máis cando vas polo río e a miras. Ten como dúas mallas de verde, dende arriba e dende abaixo, e as dúas dan moita paz, ver eses acantilados, eses valados cara ao río, tranquilízame moito. Cando vas nos barcos… dáche unha paz, veste tan pequeniño alí abaixo… É marabilloso!
“O cocido tenche que gustar porque leva de todo. Se non che gusta unha cousa gústache a outra. Gústame moito… Gústame todo, ben se me nota!”
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
5
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ ...E PARA COMER, LUGO
“Esa mestura da Ribeira Sacra, O Courel e A Mariña é tremenda. Tres cousas tremendamente distintas e as tres espectaculares. Ese é un bo triángulo! Sen desprezar a Terra Chá!”
Roberto é un profesional ante a cámara. Ao fondo vese a cúpula do Colexio dos Escolapios
_Inda que es xovense, de San Cristovo. Seguro que sabes como facer unha boa promoción da Mariña... _Eu crieime alí, son un namorado de alí, meus pais viven alí… É un sitio marabilloso para vivir. Eu funme xa novo por aí polo mundo adiante pero de Xove, Viveiro, Mondoñedo e de toda esa zona teño un recordo de rapaz marabilloso… E no verán estase marabillosamente ben. Hai unha gastronomía espectacular, o mesmo que pasa aquí, os produtos son bos e inda que o cociñeiro sexa bastante tonto, como o produto é bo, tería que estar bo adrede! Eu, sinceramente, é onde mellor estou, na Mariña. _Presume de recunchos preferidos no teu concello natal. _Onde nacín eu, en Portocelo, alí ao lado de San Cristovo, hai unha praia marabillosa, a praia de Esteiro. E o meu monte preferido é Portocelo, cun portiño marabilloso que corta o ceo e é como unha piscina de auga alí metidiña entre dous montes. É tranquiliño… Un sitio precioso. _Estudaches no seminario de Mondoñedo, así que visitarías a catedral, verías ao mago Merlín... _Vin ao mago Merlín, como ten a cabeza ese home! Debe de estar vivo aínda, imaxino! É que Mondoñedo é unha cidade moi máxica, eh! Non só por Álvaro Cunqueiro senón por toda a xente, tremenda. Personaxes
6
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
coma o mago Merlín había varios. Recordo de Mondoñedo sobre todo a xente, e de toda esa zona, de Lourenzá, Riotorto, Alfoz… _Imos abrir inda máis o mapa da provincia de Lugo: que destinos serían imprescindibles nunha recomendación de Roberto Vilar? _Oh! Hai motísimos. Toda A Mariña. Teño oído algunha vez unha definición como que A Mariña era a praia da Ribeira Sacra. Pero esa mestura da Ribeira Sacra, O Courel e A Mariña é tremenda. Tres cousas tremendamente distintas e as tres espectaculares. Ese é un bo triángulo! Ribeira Sacra, O Courel, A Mariña. [Garda silencio e, apurado, lembra despois] Sen desprezar a Terra Chá! _As festas luguesas tamén son un reclamo. De cales es seguidor? _Eu son moi das San Lucas de Mon-
Vilar asinounos este autógrafo dedicado aos hostaleiros da provincia
doñedo, moi de San Froilán, moi do Naseiro, da Maruxaina tamén… Son cada vez menos porque, claro, hai moita xente e a xente bebe e pégase e chega un momento no que xa é difícil estar. E á parte están as que son de comer, todas estas do viño da Ribeira Sacra… marabillosas! Antes de despedir a Roberto preguntámoslle que proxectos profesionais tiña en mentes e anunciounos que estaba preparando unha xira de teatros por toda Galicia que lle facía “especial ilusión”. Falaba do show bautizado como A cabeza non para, que se estreou ao cabo de dous meses, en abril, e que ideou “para que a xente se ría e non se acorde dos chourizos, e non dos do cocido, senón doutros que hai por aí. A risa suspende o pensamento, así que imos intentar que a xente se divirta”. Palabra de humorista.
...E PARA COMER, LUGO
Te ayudamos a hacer más rentable tu negocio.
1) 19% de descuento para tarifas 2.1A y 3.0A, 12% de descuento para tarifas con discriminación horaria 2.1DHA, y 10% de descuento para tarifas 3.1A, a aplicar sobre el término variable por el consumo efectuado durante los 12 primeros meses del contrato. Oferta válida para clientes que contraten la electricidad con Gas Natural Servicios con tarifas 2.1A, 2.1DHA, 3.0A y 3.1A antes del 31/07/2013. La campaña GAS 10TV, ofrece el 10% de descuento en el término variable del gas natural durante los 12 primeros meses de contrato. Oferta válida para clientes que contraten el gas con Gas Natural Servicios con tarifa Gas Plus Prima/Gas Supra Prima y la electricidad con Gas Natural Servicios antes del 31/07/2013. 2) Oferta válida para nuevas contrataciones con Gas Natural Servicios SDG, S.A. si con la nueva contratación se dispone de contrato de gas, de luz y de dos sevicios (Servigas y Servielectric, en cualquiera de sus modalidades, o Servihogar) con Gas Natural Servicios SDG, S.A. Oferta aplicable durante 12 meses, para suministros de gas natural con tarifas de referencia 3.1 y 3.2, y tarifas eléctricas con potencia inferior o igual a 10 kW. Los precios del gas y de la luz estarán referenciados a los valores máximos de las Tarifas de Último Recurso que en cada momento se publiquen en el BOE.
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
7
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
A NOVA GUÍA DA APEHL SAÍU Á LUZ EN FITUR A edición de 2013 da Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) acolleu o lanzamento do sexto volume da guía da provincia feita pola Apehl, nesta ocasión dedicada aos produtos autóctonos e titulada …E para comer, Lugo. Interpretando el territorio.
De esquerda a dereita, Francisco Monasterio, Cheché Real, Raquel Arias, Lara Méndez e Nava Castro
O acto de presentación tivo lugar o día da apertura de Fitur, o 30 de xaneiro, e estivo conducido polo presidente da Apehl, Cheché Real, acompañado na mesa pola secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez; e o presidente de Avimós, Francisco Monasterio Solveira. O lanzamento do novo número da guía foi arroupado por persoeiros coma Jorge Mira, Martín Barreiro, José Ramón Ónega, Jenaro Castro, José Manuel Parada, Elías Rodríguez, Noemí Mazoy, Máximo Valverde e Eloísa Martín. Entre o público que se achegou ata alí tamén se atopaban o conselleiro de Economía e Industria, o
presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, os alcaldes de Barreiros, Cervo e Ferrol, o prior de Samos, representantes dos empresarios e os hostaleiros galegos asentados en Madrid e algúns produtores de Lugo. Este ano, a publicación está protagonizada por unha ducia de produtos autóctonos con denominacións de orixe e outras marcas de garantía, en agradecemento á colaboración dos seus consellos reguladores e asociacións coa Apehl e a Secretaría Xeral para o Turismo na campaña de promoción da provincia de Lugo feita na Vuelta Ciclista a España de 2012. Deste xeito, amósase un gran menú lucense conformado por Bonito de Burela, Ternera Gallega, Porco Celta, Galo Mos, Ovella Galega, Pataca de
Galicia, os queixos Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro Marqués de Cernadas, Castaña de Galicia, o viño Ribeira Sacra, as galletas ecolóxicas Daveiga e as famosas tapas. Estas páxinas gastronómicas serven á vez de fíos condutores para dar a coñecer o berce de cada un destes pratos e a súa contorna. …E para comer, Lugo ten unha tirada de 15.000 exemplares que se distribúen polas oficinas de turismo de toda España, os albergues de peregrinos das rutas xacobeas, as feiras sectoriais e as etapas da Vuelta a España, ademais de entre os locais asociados e os rexentados por lucenses da diáspora. Tamén conta cunha edición on-line, dispoñible na web www.eparacomerlugo.es.
M EDIO AM B IEN TE M PRES A CERTIFICADA
ISO 4 0 0
MA-1869/10
Cer t if ic a t io n Tec h n o l o g ic a l Cen t er
SEGURIDAD ALIM ENTARIA EM PRESA CERTIFICADA
ISO 2 2 0 0 0 EA-0032/10
Cer t if ic a t io n Tec h n o l o g ic a l Cen t er
IFS (v .5) Agosto 2007
CC - IFS - 13 / 10
ACREDITADO POR ENAC
PRODUCTOS CÁRNICOS, EMBUTIDOS, SALAZONES Y DESPIECES. Villamoure – Saa 27188 LUGO
8
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
Télefono: 982 208 163 – 982 208 900 Fax: 982 208 110 Mail: lualco@lualco.es
SERVICIO ESPECIAL PARA HOSTELERíA
NOVAS
…E para comer, Lugo. Interpretando el territorio
Con Martín Barreiro, Jorge Mira e Jenaro Castro, antes da presentación
Con José Manuel Parada e o prior de Samos
Entre os asistentes estaba a soprano Noemí Mazoy
Máximo Valverde e Eloísa Martín
Con Francisco Conde López, conselleiro de Economía e Industria
Cheché Real, José Ramón Ónega e Nava Castro
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
9
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
OS HOSTALEIROS DA PROVINCIA FESTEXARON O ENCONTRO ANUAL EN CHANTADA A cea organizada pola Apehl celebrouse o 19 de marzo en Casa Quinteliña cun cento de compañeiros do gremio e incluíu o acto de entrega dos tradicionais premios a profesionais do sector pola súa traxectoria e colaboración na difusión da marca …E para comer, Lugo.
Foto de familia do presidente da Apehl cos hostaleiros galardoados e autoridades invitadas
A cerimonia deu comezo cun cóctel, tras o que se sucedeu a concesión das distincións da Apehl nun acto presentado polo xornalista lucense Antón Grande. O premio por toda unha vida nos fogóns foi dobre. Por unha banda, para Linda Machado e Antonio García, fundadores da casa de turismo rural Torrevilariño (O Saviñao), unha das primeiras destas características que se abriu en Galicia, na década dos 90, e onde se aloxaron personalidades coma Dominique Lapierre, Manuel Fraga ou Cristina Alberdi.
10
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
Tamén foi merecedora deste galardón Ana María Gay, propietaria do mítico hotel e restaurante Mogay (Chantada). O Mogay tivo as súas orixes nos anos 40, cando a familia Moure Gay colleu a concesión do bar do campo da feira, e foi crecendo ata converterse no completo establecemento hostaleiro actual. O título de Embaixador Hostaleiro da Provincia 2013 recaeu no chantadino Amancio López Seijas, presidente do grupo Hotusa, quen iniciou a súa actividade no ámbito da hostalería en 1977 en Cataluña
cun proxecto de central de reservas hoteleiras que hoxe é a organización de hoteis independentes líder en Europa. López Seijas non puido asistir ao evento e recibiu o premio no seu nome a súa sobriña María López. Na organización deste encontro, a Apehl contou coa colaboración dos magos Rafa e Charlie e mais de Damián Seijas, para as demostracións de latte art. Ademais, sorteáronse algúns agasallos entre os asistentes e houbo unha festa posterior amenizada cun trío musical.
NOVAS
Encontro da hostalería lucense 2013
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
11
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
Encontro da hostalería lucense 2013
12
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
HGA Bodegas y Viñedos de Altura, el grupo bodeguero gallego al que pertenece la bodega de Ribeira Sacra, Regina Viarum ha adquirido la Bodega de Pazo Villarei, bodega de referencia de las Rías Baixas, en la Subzona de O Salnés. Recientemente, HGA Bodegas y Viñedos de Altura, propiedad del empresario Horacio Gómez Araújo, ha dado un paso más en la creación de un gran grupo bodeguero gallego, con la adquisición de dos nuevas Bodegas en la D.O. Rías Baixas. Hasta el momento, el grupo estaba compuesto por Bodegas Regina Viarum, en la subzona de Amandi, D.O. Ribeira Sacra, en la que se elaboran sus vinos como Regina Viarum Mencía, y por el viñedo de Altos de Torona, en la subzona del Rosal, D.O. Rías Baixas, que con casi 100 hectáreas de terreno cultivado, es uno de los viñedos más importantes de España de uva blanca en una sola parcela y de un único propietario. De este viñedo se elaboran vinos como el Rosal Altos de Torona, Albanta y Torres Ermelo. El proceso de innovación e internacionalización que HGA Bodegas y Viñedos de Altura está llevando a cabo, ha hecho necesario dotar al grupo de una bodega propia para Bodegas Altos de Torona en la zona de O Rosal y a adquirir Bodegas Pazo Villarei a la multinacional Pernord Ricard, en la subzona de O Salnés, ambas dentro de la D.O. Rías Baixas. La operación, que ha ascendido a más de tres millones de euros, ha sido provocada por la necesidad del grupo HGA de apostar por la innovación constante y para ser capaces de asumir la expansión nacional e internacional. El proyecto bodeguero de HGA Bodegas y Viñedos de Altura nace en el año 2001, fruto de la ilusión y el cariño por el mundo del vino de Galicia, invirtiendo y apostando por estas zonas vinícolas y por los productores locales de uva, buscando la diferenciación en cada uno de los vinos elaborados, manteniendo siempre la tracidición, a la vez que se incorporan las técnicas y recursos más innovadores. El grupo HGA Bodegas y Viñedos de Altura genera en estos momentos cincuenta puestos de trabajo directos y más de ciento treinta puestos de trabajo indirectos, convirtiendo a las personas integrantes del equipo de HGA Bodegas y Viñedos de Altura en su principal activo. El volumen de botellas estimado del grupo asciende a un millón trescientas mil botellas/ año, con una fuerte presencia en HORECA y el la Gran Distribución con marcas como Regina Viarum, Altos de Torona, Albanta, Pazo Villarei y Tollodouro.
NOVAS
HGA Bodegas y Viñedos de Altura, el grupo bodeguero gallego al que pertenece la bodega de Ribeira Sacra, Regina Viarum ha adquirido de Bodegas Pazo Villarei , una bodega de referencia de las Rías Baixas, en la Subzona de O Salnés
Recientemente, HGA Bodegas y Viñedos de Altura propiedad del empresario Horacio Gómez Araújo, ha dado un paso más en la creación de un gran grupo bodeguero gallego, con la adquisición de dos nuevas Bodegas en la D.O. Rías Baixas. Hasta el momento, el grupo estaba compuesto por Bodegas Regina Viarum, en la subzona de Amandi, D.O. Ribeira Sacra, en la que se elaboran sus vinos como Regina Viarum Mencía, y por el viñedo de Altos de Torona, en la subzona del Rosal, D.O. Rías Baixas que con case 100 hectáreas de terreno cultivado, es uno de los viñedos más importantes de España de uva blanca en una sola parcela y de un único propietario. De este viñedo se elaboran vinos como el Rosal Altos de Torona
El proceso de innovación e internacionalización que HGA Bodegas y Viñedos de Altura está llevando a cabo, ha hecho necesario dotar al grupo de una bodega propia para Bodegas Altos de Torona en la zona de O Rosal y a adquiri Bodegas Pazo Villarei a la multinacional Pernord Ricard en la subzona de O Salnés, ambas dentro de la D.O. Rías Baixas. La operación, que ha ascendido a más de tres millones de euros, ha sido provocada por la necesidad de grupo HGA de apostar por la innovación constante y para se capaces de asumir la expansión nacional e internacional
El proyecto bodeguero de HGA Bodegas y Viñedos de Altura nace en el año 2001, fruto de la ilusión y el cariño por el mundo del vino de Galicia, invirtiendo y apostando por estas zonas vinícolas y por los productores locales de uva, buscando la diferenciación en cada uno de los vinos elaborados, manteniendo siempre la tracidición, a la ve que se incorporan las técnicas y recursos más innovadores
El grupo HGA Bodegas y Viñedos de Altura genera en estos momentos cincuenta puestos de trabajo directos y más de ciento treinta puestos de trabajo indirectos, convirtiendo a las personas integrantes del equipo de HGA Bodegas y Viñedos de Altura en su principal activo. El volumen de botellas estimado del grupo asciende a un millón trescientas mil botellas/año, con una fuerte presencia en HORECA y el la Gran Distribución con marcas como Regina Viarum, Altos de Torona, Villarei y Tollodouro
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15 www.hgabodegas.com
13
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
A APEHL ASINOU VARIOS CONVENIOS PARA OBTER VANTAXES PARA OS SEUS ASOCIADOS DESCONTOS EN SERVIZOS DE LIMPEZA A delegación da zona sur da Apehl foi o escenario da sinatura do convenio de colaboración con Limpiezas Peña o pasado 5 de marzo. Mediante este acordo, aos locais asociados aplicaráselles un desconto do 25% nos servizos que ofrece esta empresa monfortina dedicada ao control de pragas e
diversos tratamentos específicos para o sector de hostalería, coma o plan de desratización, desinsectación e desinfección. O convenio foi subscrito polo presidente de Apehl, Cheché Real, e o representante de Limpiezas Peña, Eduardo Salceda Balboa.
ESTUDOS DE NECESIDADES EN SEGURIDADE O 27 de marzo firmouse na sede da Asociación un convenio coa empresa de seguridade privada Tecvipro Sistemas, que quedou formalizado coas sinaturas do presidente da Apehl, Cheché Real, e de Ignacio Castro Fernández, en representación de Tecvipro.
Para os asociados á Apehl, este acordo supón a realización de estudos de necesidades e orzamentos en función das características de cada establecemento, que se realizará sen custo nin compromiso, así como comporta descontos aplicables sobre instalacións e mantemento.
CONSECUCIÓN DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA Cheché Real asinou o 3 de abril o convenio de colaboración coas socias directoras de E-Sostible e GlobalMed Galicia, Elena García Rodríguez e María González Gómez, respectivamente, para promover entre os asociados a obtención do certificado Q de Calidade Turística, así como a súa renovación e o seu mantemen-
14
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
to. As dúas empresas asinantes son consultoras de Lugo e, en virtude do convenio, e a un prezo módico, impartirán formación específica para a capacitación dos responsables de implantación do sistema de calidade nos locais adheridos e prestarán asistencia técnica no proceso de tramitación desta certificación.
NOVAS
CRAEGA E APEHL PROMOVEN A INCLUSIÓN DE ALIMENTOS ECOLÓXICOS NA OFERTA DOS LOCAIS HOSTALEIROS DA PROVINCIA O Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl) puxeron en marcha a finais de xaneiro unha iniciativa conxunta de introdución e consolidación dos alimentos ecolóxicos certificados na oferta dos locais hostaleiros da provincia lucense. Esta campaña de promoción é froito dun convenio de colaboración que asinaron as dúas entidades co obxectivo de poñer a disposición dos clientes dos establecementos de hostalería un entrante, un primeiro prato, un segundo prato, unha sobremesa e unha bebida preparados con produtos ecolóxicos, ben como menú, ben como opcións independentes na carta.
De momento uníronse un total de 11 locais integrados na Apehl: Taberna do Labrego, de Begonte; O Grelo e Picota, de Monforte de Lemos; A Parada das Bestas, de Palas de Rei; e A Nosa Terra, Campos, Canela, España, O Lar de Adrián, Paprica e Porta Santiago, de Lugo. Todos eles aboaron unha cota
de 60 euros por participar, adquiriron o compromiso de manter esta oferta ecolóxica durante un ano e contan cun cartel distintivo do Craega que os acredita como establecementos recomendados. Os hostaleiros que desexen adscribirse poden facelo poñéndose en contacto coa Apehl.
Presentación pública da campaña na sede da Apehl
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
15
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ PUBLIRREPORTAXE
TURISMO DE GALICIA PRESENTA AS EXPERIENCIAS TURÍSTICAS DOS PRODUTOS CABECEIRA DE MARCA A través da web de Turismo de Galicia xa se poden adquirir 35 paquetes turísticos relacionados con Santuarios máxicos, Patrimonio oculto, Faros e praias salvaxes, Bosques de Galicia e Dez lugares únicos.
Miradoiro en Parada de Sil (Ourense)
A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, pon no mercado turístico un grupo de experiencias turísticas dos produtos cabeceira de marca Bosques de Galicia, Camiño de Santiago, Faros e praias salvaxes, Mananciais de Galicia, Paseando entre viñedos, Patrimonio oculto, Ruta da camelia, Santuarios máxicos, Turismo mariñeiro e Top Ten-Lugares únicos, o que supón unha nova maneira de apoio á comercialización turística da comunidade galega baixo a marca Galicia, gárdasme o segredo?
romaría a Santo André de Teixido, O corazón da Galicia máxica, Santuarios do océano Atlántico, Auga e milagres nas terras de Pontevedra e Santuarios entre viñedos. Polo que respecta ao produto Patrimonio oculto, as experiencias e paquetes que xa se poden adquirir
En total trátase de 78 experiencias para elixir que inclúen 35 paquetes turísticos aptos para todos os petos. Pódese acceder a eles directamente a través da páxina web www.turgalicia.es. OS PRODUTOS Dentro do produto cabeceira de marca Santuarios máxicos atópanse, entre outros, as experiencias e paquetes Santuarios literarios, De
16
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
Uvas da Ribeira Sacra
son: As chaves do románico no Ribeiro, Segredos do Miño, As pedras sacras da Costa da Morte, Ribeira Sacra: entre viñedos e mosteiros no Miño, Ribeira Sacra: entre mosteiros, castelos e bosques no río Sil, Segredos ocultos nas terras de Celanova, Baixa Limia e Allariz e Viaxe ao pasado nas terras de Lugo.
PUBLIRREPORTAXE Nome de sección
Santo André de Teixido (Cedeira)
Dentro do produto Faros e praias salvaxes entran os paquetes Praias de azucre, de Ferrol a Cedeira, Ata Bares, non te pares, No tren polo norte do Norte, Marabillas naturais na Mariña lucense, Ruta do mexillón e visita á Illa da Sirena, Praias naturais nas Rías Baixas e Os gardiáns das Rías (cruceiro a vela). En Bosques de Galicia xa se poden reservar os paquetes Cortegada, a illa dos loureiros, Fraga das barbudas, paz entre fervenzas, Fervenzas e fentos xigantes entre o Mandeo e o Eume, Bosque da fervenza, flotando sobre o río Miño, Bosques do Eume, o último bosque Atlántico, Ribeira Sacra, os bosques que rezan, Devesa da Rogueira, o bosque máis fermoso, Os Ancares, tras as pegadas do oso, Entre osos, trasgos e castañas, Teixa-
Vieiras
dal de Casaio, o bosque inmortal e O Xurés, os bosques da fronteira. O Camiño de Santiago permite alcanzar a meta en Compostela a través de sete rutas: Camiño Francés, Camiño do Sueste, Camiño Portugués, Ruta do Mar de Arousa, Camiño Inglés, Camiño do Norte e Camiño Primitivo. Tamén se inclúe Camiño de Fisterra-Muxía. No produto Paseando entre viñedos inclúense as rutas das cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia, mentres que en Mananciais de Galicia están todos os balnearios e spas da comunidade galega. O produto Turismo mariñeiro inclúe oito experiencias relacionadas coa Mariña lucense, Ferrolterra, A Co-
Illa Cíes
ruña e As Mariñas, Costa da Morte, Ría de Muros e Noia, Ría de Arousa, Ría e Terras de Pontevedra e Ría de Vigo e Baixo Miño. CIRCUÍTO DEZ LUGARES ÚNICOS Por último, dentro do produto turístico Dez lugares únicos pódense encontrar catro paquetes relacionados cun gran tour por Galicia, e mais os paquetes Galicia é única, Esencias de Galicia e Historias de mar e pedra. Os paquetes turísticos que xorden das experiencias turísticas de Galicia comercialízanse a través dunha almacenista de viaxes, gañadora do concurso público convocado por Turismo de Galicia e pódense reservar desde a web da sociedade pública de promoción turística.
Santiago de Compostela
O Courel
Serra da Enciña da Lastra
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
17
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
AS XORNADAS DO COCIDO DE ENTROIDO DA RIBEIRA SACRA CUMPRIRON CINCO ANOS A Apehl levou a cabo en febreiro unha nova edición do “Estase Cocendo”, un evento gastronómico que non deixou de crecer dende a súa primeira convocatoria. No que foi o quinto aniversario destas Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra participaron máis de 70 establecementos hostaleiros dos concellos de Bóveda, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, Quiroga, O Saviñao e Sober, co que novamente se melloraron as cifras do ano anterior. Ademais, a oferta, consistente en cocido en menú e en tapas, festas nos pubs e prezos especiais no aloxamento en hoteis, pensións e casas de turismo rural, mantívose por primeira vez durante todo o mes.
O “Estase Cocendo” de 2013 foi apadriñado polo humorista, presentador e actor xovense Roberto Vilar, quen foi investido como compadre nun acto desenvolvido o 4 de febreiro no Centro do Viño. Vilar felicitou á orga-
nización “porque en vez de queixarse intentan facer cousas novas para que os negocios vaian mellor” e identificouse cos hostaleiros, “autónomos coma min, que tamén vivo da xente á que lle gusta o meu produto”.
Presentación do “Estase Cocendo” en Monforte de Lemos
O BAR QUIPE GAÑOU O CONCURSO DE TAPAS DE QUIROGA
O PEDREIRA, VENCEDOR NO CERTAME DE MEIRA
Do 21 ao 29 de marzo tivo lugar o II Concurso de Tapas de Quiroga, organizado polo Concello e a Apehl coa colaboración de 19 locais hostaleiros. O vencedor foi o bar Quipe, que concorreu cunha carrilleira de Porco Celta con mousse de foie, adozada con confeitura de figos da terra e salteado con fungos do Courel ao curry e tella de queixo. A segunda clasificada foi a Adega de María e en terceira posición quedaron empatados Casa Torres e O Roxo Vivo. Tapa vencedora
O 19 de marzo deu comezo en Meira o segundo concurso de tapas, organizado polo Concello coa colaboración da Apehl. Competiron 11 locais e o certame prolongouse ata o 28 de abril. O público deulle o primeiro premio ao restaurante Pedreira, que logrou este triunfo por segundo ano consecutivo, nesta ocasión cun rodaballo con salsa trufada, acompañado de pasta salteada con queixo, noces e tomatiños e de mexillóns rebozados en tempura. O segundo posto foi para O Muíño e o terceiro Rodaballo trufado para O Pozo.
www.caixaruralgalega.es
18
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
NOVAS
O CLUB ANCARES PREMIOU O LABOR DE DIFUSIÓN TURÍSTICA DA ASOCIACIÓN DE HOSTALEIROS O Club Ancares, asociación de amantes da serra e afeccionados ao deporte de montaña, conmemorou o 4 de febreiro os seus 50 anos de existencia nun acto festivo celebrado na aldea do Piornedo (Cervantes), onde se forxou a súa historia.
cer o labor de difusión da provincia de Lugo e da súa gastronomía que realiza dende hai anos a Asociación. O presidente da Apehl, Cheché Real, acompañado polo
vicepresidente, José Manuel Cela, recolleu este premio de mans do presidente do Club Ancares, Alfredo Sánchez Carro, creador do lema …E para comer, Lugo.
A xornada iniciouse pouco antes do mediodía cunha breve reunión e un percorrido pola exposición La nieve en Ancares. A continuación, os asistentes gozaron dunha comida a base de caldo galego, lomedro con patacas, queixo do país, café e augardente de Portomarín. Como broche final do evento, o Club Ancares fíxolle entrega á Apehl do Urogallo do Cincuentenario, unha distinción coa que quixo recoñe-
Acto de entrega do Urogallo do Cincuentenario do Club Ancares
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
19
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
VITORIA DO BARCO …E PARA COMER, LUGO NO GRAN PREMIO EL CORTE INGLÉS A embarcación …E para comer, Lugo, capitaneada polo coñecido regatista Gonzalo Araújo, foi a clara vencedora do Gran Premio El Corte Inglés de Platu 25, un éxito que se suma aos xa obtidos ao longo das nove edicións deste circuíto vigués, onde coroou a parte máis alta do podio ata en catro ocasións. O veleiro lucense foi o máis regular durante as seis fases que durou a competición dos monotipo, iniciada en novembro do ano pasado e finalizada en abril, e amosou un alto nivel deportivo no mar, froito do destacado elenco de tripulantes que tomou parte.
O seu patrón manifestou a alegría polo resultado obtido “sobre todo tendo en conta o nivel do circuíto deste ano, onde chegamos todos os barcos moi apretados na clasificación xeral á última fase”. “É un aliciente para prepararnos cara ao Campionato de España de Vilagarcía e o Mundial de
Portosín, onde o nivel será moi similar ao do Gran Premio El Corte Inglés desta tempada”, valorou tamén Araújo. A Apehl congratúlase de que o barco que apoia para que leve a marca ...E para comer, Lugo ao mundo da vela represente tan ben a provincia.
A tripulación do barco co novo trofeo acadado
PRESENTADO O CIRCUÍTO DE OCIO DE CALIDADE DE LUGO
A APEHL IMPÚXOLLE A INSIGNIA DE OURO AO AZKAR LUGO
A Apehl colaborou co Concello de Lugo e coa ONG Control Club na implantación do I Circuíto de Ocio de Calidade na cidade, un programa de prevención do consumo de drogas e do consumo abusivo do alcohol no que se integraron dez locais hostaleiros. En liñas xerais, o traballo realizado con eles consistiu na aplicación do Código de boas prácticas profesionais do sector hostaleiro (un manual feito para a ocasión), na realización de cursos de prevención da drogodependencia dirixidos a traballadores e empresarios e na instalación de sinais informativos da campaña nos locais adscritos.
O presidente e o vicepresidente da Apehl, Cheché Real e José Manuel Cela, respectivamente, fixéronlle entrega ao presidente do Azkar Lugo F.S., Manuel Vázquez, da insignia de ouro da Asociación e dunha placa conmemorativa en agradecemento á difusión que está facendo o equipo da marca …E para comer, Lugo por toda España. Dende hai un par de anos, os xogadores do Azkar locen esta marca nos seus equipamentos, un detalle desinteresado e sen custo para a Apehl que contribúe a proxectar a imaxe da provincia e da súa gastronomía. A imposición da insignia tivo lugar o sábado 27 de abril.
Presentación dos resultados do proxecto
20
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
NOVAS
COLABORACIÓN DA HOSTALERÍA LUCENSE NA OPERACIÓN CAFÉ A Apehl colabora este ano na campaña solidaria Operación Café, que arrincou o 1 de maio e se prolongará ata o 15 de xuño e cuxo obxectivo é a loita contra a desnutrición infantil. Trátase dunha iniciativa de ámbito nacional
promovida pola ONG Acción Contra el Hambre e a Federación Española de Hostelería. Os establecementos adscritos doan para a campaña 0,10 euros por cada “café solidario” consumido. Na provincia de Lugo participan
o restaurante Antas (Lugo), a Taberna do Labrego (Begonte), Picota Espazo Gastronómico (Monforte de Lemos), o café bar O Rincón de Mondoñedo (Mondoñedo) e o café bar Esquina (A Pontenova).
169 LOCAIS HOSTALEIROS NO II DESTAPA GALICIA
XORNADAS DE GALO MOS NO RESTAURANTE PEREIRA
Begano, empresa concesionaria de Coca-Cola para Galicia, celebrou entre marzo e abril a segunda edición do certame Destapa Galicia, no que participaron 169 establecementos. Entre os gañadores atópase o Culuca (A Coruña), vencedor na modalidade de Tapa de Aquí, cuxo xefe de cociña e propietario, Francisco Jiménez, é membro do xurado do Cume Tapas de Monforte 2013. Ademais, no podio situáronse O Ferro (Santiago de Compostela), na modalidade de Tapa Coca-Cola, e o Central Park (A Coruña), na de Tapa Creativa.
O Restaurante Pereira III de Castroverde preparou con éxito unhas Xornadas do Galo de Raza Mos do 15 de marzo ao 7 de abril. Ofreceulles aos seus clientes un menú conformado por sopa de galo, revolto de grelos con ovos, galo asado, tiramisú caseiro e flan de ovo. Ademais, facía por encargo galo de Mos con lumbrigante. Todos estes pratos estaban preparados con produtos da raza Mos.
PRIMEIRA REMESA DE TAPÓNS DA APEHL PARA AXUDAR A UXÍA O 8 de abril, o presidente da Apehl, Cheché Real, fixo entrega dunha parte dos tapóns de plástico reunidos polos establecementos de hostalería para a campaña de axuda a Uxía, a nena de Quiroga nacida sen unha man. O obxectivo é recadar fondos para financiar os gastos médicos da cativa. A sede da Apehl e as súas delegacións norte e sur seguirán sendo un punto de recollida do banco de tapóns, polo que todos os locais hostaleiros da provincia de Lugo, asociados ou non, poden colaborar nesta iniciativa solidaria.
A Apehl seguirá recollendo tapóns para a causa
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
21
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ FORMACIÓN
A APEHL ESTÁ LEVANDO A CABO SERVIZOS DE DOCENCIA EN HOSTALERÍA A Apehl está colaborando coa Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos e coa Federación Española de Hostelería no Plan de Formación Sectorial de Hostelería, dirixido prioritariamente aos traballadores ocupados. No mes de abril levou a cabo o curso de certificación da capacitación profesional de manipulador de alimentos de maior risco, impartido en modalidade mixta tanto en Monforte de Lemos coma en Lugo; proximamente organizarase unha nova edición deste curso. Así mesmo, dentro deste mesmo plan organizou un curso sobre coctelería, neste caso na modalidade de teleformación, a impartir entre o 3 de maio e o 14 de xuño. É de carácter gratuíto e está dirixido
a profesionais do sector, cun 40% das prazas reservado a persoas desempregadas. Por outra banda, a Apehl continúa colaborando no plan de formación de Cáritas Diocesanas, ofrecendo o servizo de docencia nun curso de operacións básicas de cociña. Esta actividade formativa enmarcouse no Programa Operativo Plurirrexional de Loita contra a Discriminación 2007-2013, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Algúns establecementos hostaleiros asociados están acollendo os alumnos en prácticas procedentes destes cursos. Os locais que queiran contribuír neste aspecto teñen que comunicarllo á Apehl.
E S TA A S O C I A C I Ó N DÁ M O I T O A S O C I A C I Ó N P R O V I N C I A L DE EMP RES ARIOS DE HOS T EL ERÍA DE L U GO
APOIO PERSONALIZADO AO EMPRESARIO Servizos xerais Trámites ante o Servizo de Turismo Elaboración de listas de prezos Follas de reclamacións Cartelería informativa regulamentaria (tabaco, alcohol...)
Asesoría xurídica
Concertada con Álvarez Real en distintas delegacións: Lugo, Chantada, Escairón, Quiroga, A Barrela, Guitiriz, Bretoña, A Pontenova e Ribadeo
Asistencia laboral
IMPORTANTES DESCONTOS EN PRODUTOS E SERVIZOS
Consumo de propano líquido (5 cts./kg) Recibos da SGAE, AGEDI e AIE (10% desconto) Prevención de riscos laborais APPCC, Manipulador de alimentos Inspeccións eléctricas Recollida de aceite Descontos en consumos de gas e luz
Tramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nóminas, seguros sociais e certificados de retención (cota de 8,30 €/mes nómina) Negóciase coas Centrais Sindicais o Convenio de Hostelería e infórmase aos asociados do contido do mesmo e as súas novidades
PROMOCIÓN
Promoción da gastronomía lucense
Póliza de seguros colectiva
Difundimos a marca …E para comer, Lugo en feiras sectoriais, medios de comunicación e puntos turísticos
Formación específica do sector
Publicamos noticias de interese dos establecementos asociados na páxina web www.eparacomerlugo.com e nas redes sociais
Para cubrir a morte ou a incapacidade derivadas dun accidente de traballo que establece o convenio colectivo do sector (13 € traballador/ano)
Publicidades dos asociados en Internet
Organización de concurso de tapas 10
OFICINAS DA ASOCIACIÓN: r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 Lugo Tfno.: 982.22.69.12 Fax: 982.24.42.56 E-mail: comunicacion@apehl.org
22
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
14
Delegación Zona Sur
Delegación A Mariña
r/ Zapaterías s/n Torreón da Cárcere Vella 27400 Monforte de Lemos Tfno: 982.412.050 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org
r/ Lugo, 3, baixo. 27780 Foz Tfno/Fax: 982.13.30.47 E-mail: delegacionamarina@apehl.org
22 37 50 59
Nome LEXISLACIÓN de sección
TURISMO DE GALICIA DESTINA 1,5 MILLÓNS DE EUROS A CINCO LIÑAS DE AXUDAS AO SECTOR As subvencións están dirixidas á mellora de infraestruturas turísticas, á comercialización e promoción dos produtos turísticos galegos, á renovación ou mantemento dos distintivos de calidade, ao apoio para a promoción de festas de Interese Turístico de Galicia e á dotación de equipamento para servizos turísticos complementarios. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou o 8 de maio en Santiago de Compostela o investimento do Goberno galego de 1.550.000 euros en ordes de axudas dirixidas ao sector turístico de Galicia. Castro explicou que o obxectivo destas axudas é desenvolver o turismo na comunidade de acordo cos principios de calidade, accesibilidade e sostibilidade, así como potenciar o turismo como factor de crecemento económico, mellorar o posicionamento do destino Galicia e crear novos produtos que posibiliten a vantaxe competitiva e permitan desestacionalizar a demanda. A directora de Turismo de Galicia indicou que estas ordes contemplan discriminación positiva para os establecementos e empresas situados nas provincias do interior, para aqueles establecementos que primen a accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida e o acceso para persoas con diversidade funcional, o feito de que poidan acreditar unha distinción en calidade ou ben en xestión medioambiental ou eficiencia e aforro enerxético e tamén, nalgúns casos, a orientación da oferta ao público familiar ou a incidencia na desestacionalización, así como a innovación e a creatividade. AXUDAS Mellora de infraestruturas. Unha das liñas de axuda convocadas está dirixida á mellora de infraestruturas turísticas en establecementos hoteleiros do grupo 1, albergues turísticos, empresas de servizos turísticos complementarios e restaurantes. Subvenciónanse a modernización das instalacións e mais as obras que se realicen para aumentar a categoría do local, mellorar a accesibi-
lidade, implantar sistemas de protección ambiental ou obter certificacións de calidade.
de lecer: bicicletas, piraguas, embarcacións, material de golf, sendeirismo, hípica, material náutico, escalada etc.
Certificación da calidade. Outra das axudas presentadas é para a obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española. Concederase a establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, turismo rural, acampamentos de turismo, axencias de viaxes, cafeterías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios. Neste caso subvenciónanse os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á certificación, ao seguimento e á renovación da marca Q; por exemplo, os custos de auditoría externa ou os derivados do uso da devandita marca.
Comercialización do destino Galicia. Estas axudas oriéntanse ás axencias de viaxes, para a comercialización e a promoción do destino Galicia a través da creación de paquetes turísticos cos produtos cabeceira da marca turística de Galicia. Estes paquetes incluirán obrigatoriamente o aloxamento e dúas actividades de lecer como mínimo.
Dotación de equipamento. Esta orde vai dirixida ás entidades privadas para incentivar o turismo mediante a dotación de equipamento para servizos turísticos complementarios, isto é, para a práctica de actividades deportivas e
Promoción de festas de Interese Turístico Galego. Por último, sacouse unha orde de subvencións a Concellos galegos para o apoio, a promoción e a difusión de festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Sufragaranse parcialmente os investimentos vinculados directamente a este tipo de accións, coma os efectuados en publicidade, cartelería, anuncios nos medios de comunicación etc. No caso de que a festa sexa gastronómica, serán subvencionables os gastos de adquisición do producto protagonista do evento.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación das axudas
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
23
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ LEXISLACIÓN
O Boletín Oficial do Estado (BOE) do 23 de febreiro recolle o Real Decreto-lei 4/2013 no que se inclúe unha serie de medidas en materia de Seguridade Social e de estímulo á contratación. TRABALLADORES POR CONTA ALLEA BONIFICACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL POR CONTRATACIÓNS Contratación indefinida inicial Bonificacións á Seguridade Social - Discapacitados - Vítimas de violencia de xénero ou de terrorismo - Situación de exclusión social Contratación indefinida de apoio a emprendedores Bonificacións á Seguridade Social - Mozos entre 16 e 30 anos (ambas as dúas idades inclusive) - Maiores de 45 anos Transformacións de contratos temporais a indefinidos Bonificacións/reducións á Seguridade Social - Transf. de contrato temp. de fomento de emprego ou formativos de discapacitados - Transf. de contrato de vítimas de violencia de xénero ou de terrorismo - Transf. de contrato de situación de exclusión social - Transf. de contratos en prácticas, relevo e substitución por xubilación anticipada en empresas de menos de 50 traballadores - Transf. de contratos para a formación e a aprendizaxe Contratación temporal de desempregados Bonificacións á Seguridade Social - Cto. temp. de fomento de emprego con discapacitados - Cto. temp. de interinidade con discapacitados para substituír a discapacitados en it - Cto. temp. con vítimas de violencia de xénero ou de terrorismo - Cto. temp. con persoas en situación de exclusión social
24
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
- Cto. temp. de interinidade para substituír a persoas vítimas de violencia de xénero que teñan suspendido o seu contrato, cambio de centro de traballo e mobilidade xeográfica - Cto. temp. de interinidade con desempregados para substituír maternidade, paternidade, risco en embarazo, risco en lactación natural, adopción e acollemento preadoptivo ou permanente - Traballadores substituídos en interinidade por desempregados por maternidade, paternidade, risco en embarazo, risco en lactación natural, adopción e acollemento - Cto. temp. interinidade con desempregados con máis dun ano de prestación para substituír excedencias por coidado de familiares - Cto. formación
MEDIDAS DE APOIO AO EMPRENDEDOR E DE ESTÍMULO DO CRECEMENTO E CREACIÓN DE EMPREGO Todos os contratos relacionados a continuación teñen algún tipo de bonificación ou redución nas cotas da Seguridade Social. - Cto. a tempo parcial, indefinido ou temporal, que non supere o 50% da xornada a tempo completo, con vinculación formativa de mozos desempregados menores de 30 anos (requisitos) - Cto. indefinido dun único traballador desempregado menor de 30 anos, se a empresa ten como máximo 9 traballadores (exclusións) - Cto. indefinido con desempregados maiores de 45 anos que leven 12 meses desempregados ininterrompidamente ou sexan beneficiarios do pro-
grama de recualificación profesional (este contrato só o poden facer autónomos menores de 30 anos e sen traballadores) - Transformación a indefinido de cto. temp. de xornada completa ou xornada parcial superior ao 75% de mozos desempregados menores de 30 anos que non teñan experiencia laboral ou que sexa inferior a 3 meses. o contrato temporal terá unha duración mínima de 3 meses e máxima de 6 ou 12 meses (se se estipula en convenio) - Cto. en prácticas celebrado con mozos menores de 30 anos. - Incorporación por cooperativas de traballo asociado de mozos menores de 30 anos como socios traballadores (condicións) - Incorporación por sociedades laborais de traballo asociado de mozos menores de 30 anos como socios de traballo - Cto. por empresas de inserción de menores de 30 anos en situación de exclusión social As empresas encadradas nos sectores de turismo, comercio vinculado ao mesmo e hostalería que xeren actividade produtiva nos meses de marzo e novembro deste ano 2013 e que inicien e/ou manteñan en alta durante os devanditos meses a ocupación dos traballadores fixos-descontinuos poderán aplicar unha bonificación do 50% nos devanditos meses.
TRABALLADORES POR CONTA PROPIA A. TRABALLADORES DE 30 ANOS OU MENOS (35 ANOS EN CASO DE MULLERES) Os traballadores que causen alta no
Nome LEXISLACIÓN de sección RETA ou Réxime Especial do Mar, terán dereito a que se lles aplique unha redución, sobre a cota de continxencias comúns, durante os 15 meses seguintes á data de efectos de alta, equivalente ao 30% da cota resultante de aplicar o tipo mínimo vixente á base mínima de cotización. Así mesmo, nos 15 meses seguintes, terá dereito a unha bonificación de igual contía.
B. DISCAPACITADOS Cando causen alta no RETA beneficiaranse, durante os 5 anos seguintes á data de alta, dunha bonificación do 50% da cota que resulte de aplicar sobre a base mínima de cotización o tipo vixente en cada momento. Nos supostos A e B, a partir de data 24 de febreiro de 2013 e alternativamente á bonificación e redución exposta no parágrafo anterior, os traballadores por conta propia que teñan menos de 30 anos e que causen alta inicial no RETA ou que non estivesen en situación de alta nos 5 anos inmediatamente anteriores á alta, poderán aplicar reducións e bonificacións sobre a cota por continxencias comúns, resultante de aplicar á base mínima o tipo mínimo de cotización vixente en cada momento por un período máximo de 30 meses (quedan excluídos de forma expresa os traballadores por conta propia que contraten traballadores por conta allea).
C. TRABALLADORES CON 65 ANOS OU MÁIS Os traballadores autónomos quedarán exentos de cotizar á Seguridade Social, excepto por incapacidade temporal e por continxencias profesionais, sempre que teñan cumpridos 65
anos e acrediten polo menos 38 anos e 6 meses de cotización á Seguridade Social, ou cumpridos 67 anos e acrediten polo menos 37 anos de cotización á Seguridade Social (sen computar, en ambos os casos, as partes proporcionais das pagas extraordinarias).
D. SUBSTITUCIÓN POR DESCANSO POR MATERNIDADE, ADOPCIÓN, ACOLLEMENTO, PATERNIDADE, RISCO DURANTE O EMBARAZO OU DURANTE A LACTANCIA NATURAL Os autónomos substituídos durante estas situacións mediante os contratos de interinidade bonificados, celebrados con desempregados a que se refire o Real Decreto-Lei 11/1998, seralles de aplicación unha bonificación do 100% da cota que resulte de aplicar sobre a base mínima ou fixa que corresponda o tipo de cotización establecido como obrigatorio neste Réxime. Só será de aplicación esta bonificación mentres coincidan no tempo a suspensión de actividade polas devanditas causas e o contrato de interinidade do substituto e, en todo caso, co límite máximo do período de suspensión. Igualmente, aplicarase unha bonificación do 100% nas cotas empresariais á Seguridade Social, por todas as continxencias, con respecto á cotización correspondente ao traballador desempregado que se contrate en interinidade, nos termos establecidos no Real Decreto-Lei 11/1998, por razón de substitución de traballador autónomo durante os períodos citados.
E. NOVAS ALTAS DE FAMILIARES COLABORADORES DE
suministros de hostelería y colectividades VAJILLAS / CRISTALERÍAS / CUBERTERÍAS / MENAJE / MOBILIARIO / MANTELERÍAS MÁQUINAS DE VENDING: TABACO / BEBIDAS / SNACKS / COMIDA CALIENTE / SISTEMAS DE PAGO
Avda. Américas, 67 - LUGO Telf.: 982 201 084 - www.lugostel.com
Venta a Profesionales y Particulares
TRABALLADORES AUTÓNOMOS O cónxuxe, parella de feito e familiares de traballadores autónomos ata o segundo grao inclusive, por consanguinidade ou afinidade, que se incorporen como novas altas no RETA e colaboren con eles mediante a realización de traballos na actividade de que se trate, terán dereito a unha bonificación equivalente ao 50% da cota que resulte de aplicar o tipo de cotización vixente en cada momento á base mínima de cotización, durante os 18 meses seguintes á data de efectos da alta.
F. OS MENORES DE 30 ANOS PODEN COMPATIBILIZAR PRESTACIÓN DE DESEMPREGO CON RETA Os beneficiarios de prestación por desemprego de nivel contributivo que se dean de alta no RETA poderán percibir mensualmente a prestación, por un máximo de 270 días, se son menores de 30 anos no momento de inicio da actividade e non teñen traballadores e o solicitan no prazo de 15 días a contar desde a data de inicio da actividade.
G. AMPLIACIÓN DE POSIBILIDADES DE APLICACIÓN DE PAGO ÚNICO DA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO PARA ALTAS NO RETA H. SUSPENSIÓN E REANUDACIÓN DO COBRO DA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO TRAS REALIZAR UNHA ACTIVIDADE POR CONTA PROPIA
DISTRIBUIDOR OFICIAL PARA LA PROVINCIA DE LUGO
VENTA Y SERVICIO TÉCNICO Telfs.: 647 743 158 687 357 006
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
25
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ LEXISLACIÓN
RECORDATORIO DA NORMATIVA DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS EN MENORES DE IDADE E SINALIZACIÓN LIMITACIÓNS AO CONSUMO, A VENDA E A SUBMINISTRACIÓN DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS 1. Queda prohibido o consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade. 2. Queda prohibida a venda e subministración de bebidas alcohólicas a menores de idade. 3. Queda prohibida a venda e subministración a menores de idade de calquera produto que imite os envases de bebidas alcohólicas.
LIMITACIÓNS AO ACCESO DE MENORES DE IDADE A LOCAIS 1. Con carácter xeral, queda prohibida a entrada dos menores de idade en salas de festas, de baile ou discotecas, salvo que estean acompañados de maiores de idade con responsabilidade sobre eles.
2. Excepcionalmente, estes locais poderán dispor de sesións especiais para maiores de 14 anos, con horarios e sinalización diferenciadas, sen que poida ter continuidade ininterrompida con aquelas sesións nas que se produza a venda de bebidas alcohólicas, retirándose dos locais, durante estas sesións especiais, a exhibición e publicidade deste tipo de bebidas.
SINALIZACIÓN DAS LIMITACIÓNS NO CONSUMO, A VENDA E A SUBMINISTRACIÓN DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS Todos os establecementos nos que se vendan ou fornezan bebidas alcohólicas deberán estar sinalizados no referente ás prohibicións de consumo, venda e subministración de bebidas alcohólicas para menores de idade. Así mesmo, na superficie frontal das máquinas expendedoras de bebidas alcohólicas figurará un cartel coa advertencia de prohibición de uso por menores de idade.
Os carteis sinalizadores terán carácter permanente, estarán fixados de modo visible e deberán incluír obrigatoriamente información en galego e castelán. Serán responsables da sinalización as persoas físicas ou xurídicas titulares das entidades, centros, locais ou establecementos nos que se cometese a infracción ou, na súa ausencia, os empregados que estivesen ao seu cargo. Os carteis deberán colocarse: - Na entrada dos establecementos, nun lugar claramente visible desde o exterior e a unha altura de entre 1,5 e 2 metros do chan. - No interior, nun lugar visible, a unha altura de entre 2 e 2,5 metros do chan.
*Os asociados poden solicitar nas oficinas de Apehl a cartelería regulamentaria.
REXISTRO GALEGO SANITARIO DE EMPRESAS E ESTABLECEMENTOS ALIMENTARIOS O decreto 204/2012 de 4 de outubro crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa), cuxa finalidade é a protección da saúde pública e dos intereses dos consumidores. Inscribiranse no Regasa as empresas ou establecementos alimentarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos: a) Que o operador económico teña sede, domicilio, axencia ou exerza actividade comercial na Comunidade Autónoma de Galicia. b) Que a actividade que realice consista
26
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
exclusivamente en manipular, transformar, envasar, almacenar ou servir alimentos para a súa venda ou entrega in situ ao consumidor final, con ou sen repartición a domicilio, ou a colectividades. O citado decreto estipula na súa Disposición Adicional Segunda que aos operadores cuxos datos obren en poder do órgano de adscrición do Regasa asignaráselles de oficio o número de rexistro que lles corresponda. Por este motivo, a Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo está a enviar aos establecementos de hostalería carta informativa cos datos e número
de Regasa para que o titular do establecemento poida confirmar, modificar ou dar de baixa a información que se envía a través da páxina web www.sergas.es.
*Informamos aos nosos asociados de que, aínda que os datos que reciban sexan correctos, deben verificalos e confirmalos a través da páxina web do Sergas antes do 31 de maio de 2013. Para calquera dúbida ou aclaración poden contactar con esta Asociación.
Nome NOVOS LEXISLACIÓN de SOCIOS sección
O CAPRICHO DE LUGO
O´CASOA
A elaboración de diversos cafés (irlandés, cubano, bombón, tofe…) e chocolates (suízo, galego, con plátano, estilo Capricho…) é unha das especialidades de O Capricho de Lugo, situado nunha das principais arterias da cidade, a avenida da Coruña. Non obstante, os viños e o tapeo asociado tamén teñen un lugar destacado no día a día deste café bar. Ofrecen como mínimo nove tapas diarias entre os pinchos fríos e as de cociña, entre elas o “niño de raxo” e o “chourizo ao inferno”. Á parte das racións habituais, ofertan racións low cost, máis pequenas e con prezos moi asequibles. Unha característica distintiva do local é a realización de distintas actividades todos os meses. Exemplos disto son o club da calceta, que se fai unha tarde á semana, ou os monólogos que se celebran este mes de maio. Pecha os martes.
Desde novembro, unha boa opción para comer no polígono industrial de Meira é o restaurante O´Casoa, que ofrece de luns a venres un menú de 9 euros con catros primeiros e catros segundos pratos a elixir, e un menú de 12 euros os sábados e os domingos. Neste segundo caso, as posibilidades de elección aumentan a oito entrantes e oito pratos principais. Entre as propostas atopamos, por exemplo, carpaccio de verduras gratinadas con queixo, trío de vieiras, bombón de pescada recheo de verduras en salsa ou entrecosto de boi á pedra. Á hora dos viños, cos que ofrecen tapas quentes e pinchos fríos, tamén se rexistra moita actividade no local. Doutra banda, a afición do seu propietario polas motos é un dos motivos polos que regalan xamón e cervexa aos grupos de moteiros que inclúen O´Casoa como parada habitual. Pecha os domingos que non hai feira e os demais domingos pola tarde.
Avenida da Coruña, 441 – Lugo – Tel.: 982 206 084 www.facebook.com/pages/O-capricho-de-Lugo
Polígono industrial, parcela 0 – Meira – Tel.: 982 330 089
PICOTA – ESPAZO GASTRONÓMICO
RONY BAR
A praza de abastos de Monforte conta desde decembro cun lugar no que o cliente atopará a oferta adecuada para cada momento. Se de almorzar se trata, a Picota ofrece bolaría caseira, mentres que para a merenda adáptanse moi ben os batidos de froitas naturais e de xeado ou tamén os smoothies, a base de iogur líquido e froitas. A tapería baseada en produtos de mercado típicos de Galicia é outro dos piares do negocio, e as tapas de sopas de allo están de moda na cidade desde que Damián Seijas, propietario do local, reinventou este tradicional prato de culler. Por suposto, quen se achegue á Picota tamén poderá gozar dun café ou dun cóctel de excelente calidade e sabor, posto que Damián ten no seu haber varios títulos de campión barista.
Despois dun considerable investimento económico –antigamente nese local había unha boleira–, o pub Rony Bar abriu as súas portas ao público en marzo deste ano cunhas instalacións completamente renovadas e con aseos adaptados para persoas con discapacidade. A día de hoxe, segundo comenta o seu propietario, J. Manuel Ron Lombardero, o gin-tonic é a bebida máis solicitada. Non obstante, o local abre todos os días a partir das doce do mediodía e á hora dos viños e o tapeo tamén funciona moi ben. A música que máis soa é o pop-rock mais os temas do momento, aínda que teñen pensado acoller actuacións en directo de grupos locais de vez en cando. Entre outros eventos, o Rony Bar fará anualmente unha festa da caipiriña. O local dispón de wi-fi, futbolín e máquina de dardos.
Bailén, 17 – Monforte de Lemos – Tel.: 982 418 408 www.facebook.com/EspazoGastronomicoPicota
Estrada xeral, 10 – A Pontenova –www.facebook.com/RonyCafeBar
EL CELLER
LA ROTONDA
El Celler (que significa bodega en catalán) está dirixido por Almudena González e o seu marido e xefe de cociña, Miguel Ángel Echalecu. As piruletas de queixo de cabra con marmelada de tomate, as luras en tempura caseira, o micuit de pato ou a “boina parrillera” (pan recheo de distinas carnes á brasa) son algúns dos pratos que o cliente atopará na súa carta. Outra das singularidades son as tapas internacionais que ofrecen durante a fin de semana, tales como os burriños mexicanos, o suxi xaponés ou outras propostas típicas de países coma Irlanda ou Tailandia. Ademais, de luns a venres ofrecen un menú do día por 9 euros. A súa carta de viños é ampla, desde mencías da zona ata somontanos e cariñena. Pecha os martes.
O polbo á feira e á grella son os pratos estrela do restaurante La Rotonda. Pero na súa carta tamén destacan o ollomol estilo Santurce ou en espeto, o bacallau á grella e carnes coma o entrecosto e o chuletón de boi ou o cabrito. As xornadas gastronómicas son outro dos sinais de identidade, sendo habituais as de arroz con lumbrigante, polbo, cogomelos, bacallau e lagosta. Para os que se decantan polas racións, aquí son afamadas as croquetas caseiras de xamón ibérico e as de bacallau, as gambas ao allo e os chocos. De luns a sábado ofrecen un menú do día por 9 euros. Dispoñen de dous comedores con capacidade para 160 persoas. Pecha os domingos.
Leopoldo Calvo Sotelo, 36 - Monforte de Lemos - Telf.: 982 410 779 www.facebook.com/celler.monfortedelemos
Avenida da Coruña, 435 A – Lugo – Tel.: 982 204 057
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
27
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVOS SOCIOS SOL CAFÉ
IRMANDIÑOS
A partir das 7:30 da mañá, Sol Café é o lugar apropiado para tomar ese primeiro café do día acompañado duns churros, uns sobaos, un croissant ou unhas napolitanas cos que afrontar con forza a xornada que queda por diante. Para comer ao mediodía entre semana, esta cafetería ofrece un prato único por 3,95 euros, aínda que, para quen o prefira, tamén elaboran unha extensa variedade de bocadillos. O tapeo á hora dos viños tamén é popular entre os veciños da zona. Dispón de terraza exterior en época de verán e pecha os domingos.
O café bar Irmandiños atópase no número 3 da praza Conde Fontao, no barrio lucense da Estación. O biscoito caseiro é unha das propostas máis demandadas que ofrecen para almorzar, a partir das seis da mañá. Non obstante, cando máis xente se concentra neste local é durante a hora dos viños, tanto a mediodía coma antes de cear. A maior parte dos clientes son veciños do barrio, aínda que a súa afamada tortilla mariñeira –elaborada con luras, ameixas e salsa mariñeira– atrae a xente de toda a cidade, desexosa de saborear este orixinal prato. Ofertan menú do día por 8 euros e comida por encargo. Pechan os domingos.
Concepción Arenal, 11 – Lugo – Tel.: 982 000 814
Praza Conde Fontao, 3 – Lugo – Tel: 982 228 859
CARLOS
PULPERÍA SERRA
O traballo industrial condiciona o horario deste café bar, de 7:00 a 23:00 horas, sendo a hora dos almorzos e a dos viños as que conforman o groso da actividade. Os dous segredos da afluencia de xente, tanto traballadores do polígono coma doutros puntos da cidade, son a variedade de tapas (callos, bocareos, patacas bravas, patacas alioli…) e a heteroxénea carta de viños. Ademais, as persoas que van almorzar son obsequiadas cun vaso de zume de laranxa natural. Doutra banda, tamén é unha boa opción para comer o menú do día a un prezo económico. Pecha os sábados á tarde, os domingos e os festivos.
A Pulpería Serra trasladouse en decembro ao número 38 da rúa San Francisco, en pleno casco histórico de Ribadeo, a un local no que xa había unha viñoteca cun pequeno comedor. Pero esta nova etapa non rompe coa anterior, sobre todo no que á oferta se refire. O polbo á galega, con gambas, ao allo e con ameixas continúan sendo as propostas estrela do establecemento, ás que se suma unha carta ampla composta por pratos tradicionais de peixe e carne, así como un variado abano de racións. De luns a venres ofrecen un menú de 10 euros con tres primeiros e tres segundos pratos a escoller e que inclúe bebida e sobremesa ou café. E nas fins de semana elaboran un menú especial cuxo prezo varía en función das propostas do día. Outro punto forte deste restaurante é a comida por encargo.
Rúa da Industria, 77 (Polígono industrial O Ceao) – Lugo – Tel.: 982 209 986 www.cafebarcarlos.com
San Francisco, 38 – Ribadeo – Tel.: 982 885 459 www.pulperiaserra.com - www.facebook.com/pages/Pulperia-Meson-Serra
EL RINCÓN DE QUIQUE
PARRILLADA FONSAGRADA
O propietario de El Rincón de Quique non se chama Quique, senón Carlos López, quen explica rapidamente que este nome púxoo en honor ao seu sogro, unha persoa moi querida por el. Aberto desde o 12 de marzo en pleno corazón da cidade amurallada, a actividade deste café bar xira en torno aos viños e o tapeo. O caldo galego, o polbo, o raxo, os chipiróns, a zorza, a ensalada rusa caseira e os champiñóns son algunas das propostas que ofertan gratuitamente coas consumicións. El Rincón de Quique é un local de pequenas dimensións, pero moi acolledor. Ademais dispón de terraza na rúa da Cruz cando o tempo acompaña.
Os propietarios da Parrillada Fonsagrada, situada na rúa Río Chamoso (Lugo), acaban de abrir outro restaurante co mesmo nome na Calzada das Gándaras, onde ata hai pouco funcionaba o Ventorro. As carnes á brasa son a súa especialidade, sobre todo a tenreira, que eles mesmos traen da Fonsagrada – rexentan tamén a carnicería Fonsagrada–. A outra especialidade do local é o cocido durante a época invernal. Ofrecen menú do día de luns a venres con tres primeiros e tres segundos pratos a elixir mais sobremesa caseira, bebida e café por 8,5 euros. Outro punto forte son os almorzos, nos que destaca o biscoito caseiro e a gran variedade de bocadillos. A Parrillada Fonsagrada abre todos os días ás 6:00 da mañá, excepto os luns, que permanece pechada. Dispoñen de terraza cuberta con televisión.
Cruz, 16 – Lugo – Tel.: 616 89 29 28 www.facebook.com/pages/El-Rincón-De-Quique
Calzada das Gándaras, 382 – Lugo - Tel.: 982 223 664 www.facebook.com/parrillada.fonsagrada
28
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
Nome NOVOS de SOCIOS sección
EL CONVENTO
MESÓN PEDREIRA
A selección de tostas especiais é un dos atractivos desta tapería monfortina. A de xamón ibérico con marmelada de tomate, a de cebola acaramelada con queixo de cabra, a de pemento do piquillo con ventrecha e a de queixo do Cebreiro con pementos confeitados son algunhas das súas propostas. No que a racións se refire, o bacallau en tempura e as patacas panadeiras con ventrecha ou con ovos e xamón son das preferidas polos clientes. E, por suposto, para o chateo non faltan os caldos da Ribeira Sacra. Abre de martes a domingo de 9:30 da mañá ata a medianoite. Ten capacidade para unhas 50 persoas e dispón de terraza exterior. Compañía, 3 – Monforte de Lemos – Tel.: 663 865 038
Ao propietario do Mesón Pedreira gústalle definir o seu restaurante coma a casa dos peixes da montaña. E non lle falta razón, xa que chega con botarlle un ollo á carta para darse conta da variedade de pescados que ofrecen, ben forma habitual, coma a robaliza, as troitas e a pescada, ben en función da tempada. Entre as súas especialidades están a sopa de pescado, as ameixas á mariñeira, o salpicón de ollomol e, no que a carne se refire, o osobuco de tenreira, a tenreira ao estilo tradicional e o cordeiro da serra de Meira. Como complemento ofrecen un pequeno servizo de pensión con cinco habitacións dobres e unha individual. Pecha os sábados, excepto en agosto. Avenida Xeral, 88 – Meira – Tel.: 982 330 281
LA TAPERÍA
A CANTOLA
O polbo, as carnes á brasa e as tostas son os tres pratos estrela do restaurante lucense La Tapería. O cliente tamén atopará na carta entrantes fríos e temperados, cazolas, como a de zamburiñas e gambas en salsa de vieiras ou a silvestre (con champiñóns, cogomelos, pementos do piquillo e cebola acaramelada), carnes, pescados, ensaladas e pizzas artesás. Por outra banda, de luns a venres dispoñen dun menú do día de 8 euros con tres primeiros e tres segundos a elixir. Pero o verdadeiro honor ao seu nome fano coa ampla variedade de tapas que serven coas consumicións. A de polbo, a de cogomelos ao allo e as de patacas alioli ou bravas atópanse entre as favoritas dos clientes.
O día 12 de abril inaugurábase en Lugo un novo café bar que leva por nome A Cantola. O seu propietario, José Besteiro Castaño, asegura que as tapas e as racións son o selo distintivo do local; a de segredo ibérico, a de polbo, a de callos e a de orella á prancha figuran entre elas. E no que a viños se refire, A Cantola é un sitio de referencia para caldos da Ribeira Sacra, xa que José ten viñas na Pobra do Brollón e, de aí, a súa especial predilección por estas variedades. O seu horario esténdese desde as 7.45 da mañá ata o peche, arredor da media noite. Para as comidas grupais dispoñen dun pequeno comedor con capacidade para 25 persoas.
Serra de Ancares, 12 – Lugo – Tel.: 982 253 832 www.facebook.com/mina.parrillada
Carril das Hortas, 18 – Lugo – Tel.: 982 25 36 97
LA ENCINA
MACEDA
O restaurante La Encina abriu as súas portas o pasado 7 de febreiro na céntrica rúa San Pedro de Lugo. Na súa carta atopamos pratos da cociña tradicional cun toque anovador. Un bo exemplo desta filosofía son os arroces; os preparados con zamburiñas e champiñóns, con verduriñas e queixo San Simón gratinado ou con polbo e lagostinos son algúns dos máis solicitados pola clientela. Na carta tamén hai espazo para a carne, como o milfollas de solombo ibérico con mazá deshidratada, para os peixes e para outras propostas máis inusuais coma a pasta brie rechea de fungos e lagostinos. Pecha os domingos.
A confeitería Maceda é un dos negocios con máis prestixio da parroquia corguense que lle dá o nome. Inés e Mercedes Nogueira López encarnan a terceira xeración dunha familia de pasteleiros que iniciou esta empresa aló pola década dos 20. Ao longo destes anos fixéronse varias reformas na tenda e no obradoiro, pero a esencia dos doces mantívose intacta. As canas de follado, os milfollas e o brazo de xitano, que son as tres especialidades do local, séguense elaborando segundo a receita tradicional. A súa oferta tamén inclúe todo tipo de pasteis a base de biscoito e follado e tartas por encargo, entre as que destaca a de milfollas de froitas. Ademais, agora están lanzando as empanadas de follado. Por outra parte, para quen prefira desfrutar dun doce in situ dispoñen de servizo de cafetería de 9 da mañá a 8 da tarde.
San Pedro, 42 – Lugo – Tel.: 982 253 727 www.facebook.com/pages/La-Encina
Maceda, 4 – O Corgo – Tel.: 982 543 081
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
29
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVOS SOCIOS CAÑA AQUÍ
CARDENAL
Ao café bar Caña Aquí pódese acudir desde as 8:30 da mañá para tomar un café acompañado dunha peza de bolaría ou dunhas torradas, un zume de laranxa ou calquera outra consumición, sempre ao gusto do cliente. A súa oferta en tapas e racións tamén é moi variada. Dispoñen dunha grella para facer churrasco, xa que que tamén serven comidas e ceas por encargo. A decoración é rústica, con predominancia da madeira. Ten un aforamento interior aproximado para 50 persoas mais unha terraza exterior e unha carpa. Pecha os domingos.
A rúa Cardeal dálle nome ao novo establecemento hostaleiro da cidade do Cabe, aberto desde o 4 de marzo. O restaurante funciona como bufete ao mediodía de domingo a xoves e todo o día os venres e os sábados. Nel ofértanse arredor de 30 pratos entre ensaladas, sopas, cremas, pizzas, pastas, pescados, carnes e gornicións, e máis de 15 sobremesas. O prezo é de 11,95 euros (coas bebidas non incluídas) e o cliente pode consumir tantos pratos como desexe. Para as ceas, excepto os venres e os sábados, traballan á carta. Tamén elaboran comida para levar. Por agora teñen un comedor con capacidade para 120 persoas na planta baixa e dispoñen tamén dun patio con espazo para 15 persoas orientado á consumición de racións. Cardeal, 24 – Monforte de Lemos – Tel.: 982 410 510 www.facebook.com/pages/Restaurante-Cardenal
Calvo Sotelo, 99 – Monforte de Lemos – Tel.: 982 404 448
CAMBIO DE TITULARIDADE
CLAUDIO
FIGÓN
Este hostal de dúas estrelas, situado na estrada N-634 ao seu paso por Abadín, dispón de sete habitacións dobres con baño, calefacción, aire acondicionado, televisión e wi-fi. Ten servizo de cafetería, especializada en almorzos e bocadillos, e restaurante, onde fundamentalmente traballan co menú do día. Esta oferta compleméntase cun notable abano de racións e tapas variadas e pinchos, que elaboran sobre todo para os venres á hora dos viños. O comedor ten capacidade para unhas 80 persoas e acollen todo tipo de banquetes. A cafetería abre todos os días ás 6:30 horas. Pechan os sábados despois das comidas.
O restaurante Figón ofrece propostas de primeira calidade tanto de carne e peixe coma de pasta fresca e ensaladas. Entre as racións teñen moito éxito o polbo á grella, as zamburiñas gratinadas e os carpaccios. No que a viño se refire, contan con máis de 80 referencias, predominando os rioxa e os da Ribera del Duero. Con eles ou con calquera outra consumición serven tapas de sabor tradicional cun toque visual anovador e impactante. O Figón ofrece tamén un menú do día de luns a venres; o seu prezo é de 12 euros. Pechan os luns.
N-634, km 603 – Abadín - Tel.: 616 148 643986
Campo Castelo, 47 – Lugo – Tel.: 982 253 072
MORRIGAN
EGGO
A cervexería irlandesa Morrigan cambiou de propietario en decembro do ano pasado, pero a cervexa de importación, embotellada ou de barril, continúa sendo o trazo distintivo deste local que, de forma complementaria, oferta unha gran variedade de racións e tapas innovadoras. Ademais, regularmente acolle actuacións de música, de maxia e monólogos que adoitan ter lugar os xoves, os venres ou durante as fins de semana. A decoración é típica de Irlanda, con predominancia da madeira. Dispoñen dun aforamento aproximado para 110 persoas e contan con terraza interior e exterior. O seu horario esténdese desde as oito da mañá ata as catro da madrugada.
O pasado 29 de abril inaugurábase un novo establecemento hostaleiro en Lugo, na praza Fernando de Casas Novoa, de sobra coñecida entre os lucenses por atoparse na zona de Clérigos, un dos principais lugares de festa nocturna da cidade. O pub Eggo, cuxo propietario é Damián Carballo Méndez, ocupa o lugar no que ata hai pouco estaba o Budha Bar. Abre todos os días a partir das 12 da noite, ofrece as bebidas espirituosas propias de calquera bar nocturno e nel escóitanse, sobre todo, temas comerciais.
Avenida de Madrid, 46 – Lugo – Tel.: 982 230 584 www.facebook.com/morrigan.lugo - www.morriganlugo.es
30
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15
Praza Fernando de Casas Novoa, 7 – Lugo
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ GALA DA HOSTELERÍA
La chispa de la hidratación
2
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVOS SOCIOS
32
HOSTELERร A LUCENSE - Nยบ 15