REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)
Decembro 2013
O CLUB DEPORTIVO LUGO LEVA A MARCA GASTROTURÍSTICA AOS PARTIDOS DA SEGUNDA DIVISIÓN DO FÚTBOL ESPAÑOL
I XORNADAS GASTROACCESIBLES DE LUGO, UNHA INICIATIVA PIONEIRA O barco …E para comer, Lugo, ouro no Nacional e bronce no Mundial
Novo éxito do posto da Apehl na Vuelta a España
As tapas máis ricas dos concursos
número
16
GALA DA HOSTELERÍA
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
Te ayudamos a hacer más rentable tu negocio.
1. Electricidad: 24% de descuento para tarifas 2.1A, 2.1DHA, 3.0A y 3.1A, a aplicar sobre el término variable de la electricidad durante los 12 primeros meses del contrato. Oferta válida para clientes que contraten la electricidad con Gas Natural Servicios con las tarifas referidas antes del 31/03/2014. Gas: 10% de descuento para tarifas 3.3 y 3.4, a aplicar sobre el término variable del gas natural durante los 12 primeros meses de contrato. Oferta válida para clientes que contraten la electricidad y el gas con Gas Natural Servicios con las tarifas referidas antes del 31/03/2014. 2. Oferta válida para nuevas contrataciones con Gas Natural Servicios SDG, S.A. si con la nueva contratación se dispone de contrato de gas, de luz y de dos sevicios (Servigas y Servielectric, en cualquiera de sus modalidades, o Servihogar) con Gas Natural Servicios SDG, S.A. Oferta aplicable durante 12 meses, para suministros de gas natural con tarifas de referencia 3.1 y 3.2, y tarifas eléctricas con potencia inferior o igual a 10 kW. Los precios del gas y de la luz estarán referenciados LUCENSE a los valores-máximos HOSTELERÍA Nº 1 de las Tarifas de Último Recurso que en cada momento se publiquen en el BOE.
2
EDITORIAL/SUMARIO
A UNIÓN FAI A FORZA Na Apehl traballamos coa idea de xuntar esforzos para o desenvolvemento do ambicioso e continuo proxecto de promoción da gastronomía e o turismo da provincia de Lugo. Se todos os axentes que desempeñamos este labor separadamente, tanto dende a iniciativa pública coma dende a privada, deseñásemos unha política común de actuacións neste marco obteriamos mellores resultados. Nesta liña, por exemplo, participamos ultimamente en varias iniciativas colectivas que redundaron no beneficio do conxunto da provincia. Algunhas delas están recollidas neste número da nosa revista. A máis recente foi a celebración das I Xornadas Gastroaccesibles de Lugo, un evento pioneiro en España que organizamos coa Asociación de Loita contra as Enfermidades Renais, a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple, a Asociación de Diabéticos Lucenses, a Asociación de Celíacos de Galicia, a Asociación Galega de Lupus e a Asociación para a Promoción Social e Cultural de Persoas con Discapacidade Física, baixo o patrocinio das concellerías de Benestar Social e Igualdade de Lugo e da Área de Cultura e Turismo da Deputación provincial e coa colaboración de dez establecementos socios da Apehl. Estas xornadas permitiron ofrecer un servizo hostaleiro completo, para todas as persoas, sen barreiras físicas nin alimentarias, combinando información e degustacións. Trátase dun campo de actuación aberto, moi necesario e útil, no que seguiremos profundando. Outra campaña moi representativa de promoción exitosa foi a levada a cabo na Vuelta a España de 2013 xunto con Turismo de Galicia e con produtores e restauradores lucenses. Montamos un posto propio da marca …E para comer, Lugo en todas as etapas da proba ciclista, onde servimos aperitivos e repartimos guías e folletos turísticos. Deste xeito logrouse unha amplísima difusión da imaxe da provincia por boa parte da xeografía española. O balance fora moi satisfactorio xa en 2012, cando se puxo en marcha, e repetiuse nesta edición, polo que intentaremos darlle continuidade. Tamén imos obter representación a partir deste ano por España adiante nos estadios de fútbol, xa que, por mediación da Área de Cultura e Turismo da Deputación, os xogadores do Club Deportivo Lugo levan a marca nos seus equipamentos. Igualmente témola nas regatas nacionais e internacionais nas que compite o barco que promovemos co apoio de Río Natura e Carrís Hoteles, empresas patrocinadoras. Estes son grandes exemplos do que se pode facer en termos de promoción cunha boa planificación e cunha boa colaboración. Pero hai outras mostras a outros niveis que tamén resultan efectivas e que dan a medida das nosas posibilidades. Só fai falta vontade, a vontade de reunirse, de falar, de “arremangarse” para lograr que a provincia reciba cada vez máis e máis visitantes que se vaian contentos do que viron e probaron.
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
SUMARIO CONVENIO DE PROMOCIÓN XORNADAS GASTROACCESIBLES VUELTA A ESPAÑA PREMIOS DO BARCO CONCURSOS DE TAPAS LEXISLACIÓN FORMACIÓN NOVOS SOCIOS
4 6 8 11 12 20 21 22
EDITA: ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL) r/ Ramón Montenegro, 15, entresolo 27002 Lugo Tfno.: 982 226 912 Fax: 982 244 256 E-mail: comunicacion@apehl.org Delegación Zona Sur r/ Zapaterías s/n Torreón da Cárcere Vella 27400 Monforte de Lemos Tfno.: 982 412 050 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org Delegación A Mariña r/ Lugo, 3, baixo 27780 Foz Tfno./Fax: 982 133 047 E-mail: delegacionamarina@apehl.org PRODUCIÓN: Transmedia Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, entresolo A Tfno.: 982 221 278 E-mail: transmedia@ctransmedia.com DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
3
NOVAS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
A ÁREA DE CULTURA E TURISMO DA DEPUTACIÓN E A APEHL COLABORAN NA PROMOCIÓN DA PROVINCIA
Os futbolistas do CD Lugo posan coa marca antes do partido contra o Alcorcón do 4 de decembro
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o presidente da Apehl, Cheché Real, asinaron o 12 de novembro, no pazo de San Marcos, un convenio de colaboración polo que as entidades que representan se comprometen a continuar traballando conxuntamente na promoción turística e gastronómica da provincia lucense. Entre as áreas de actuación pactadas inclúense a edición de publicacións, folletos e material propagandístico, coma a guía turística …E para comer, Lugo, que se dá a coñecer en Fitur e cuxos 15.000 exemplares se distribúen polas oficinas de turismo, os albergues de
4
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
peregrinos, as feiras sectoriais ou as distintas etapas da Vuelta a España. Outro dos piares deste convenio é o incremento da promoción a través das novas tecnoloxías, en páxinas web coma www.lugoterra.com e www.eparacomerlugo.es e nas redes sociais, así como a difusión da marca …E para comer, Lugo en distintos eventos con repercusión dentro e fóra de Galicia. O obxectivo do acordo é atraer visitantes en calquera época do ano ofrecéndolles alternativas ao turismo masificado, o que, en palabras de Mario Outeiro, “require facer un esforzo económico na difusión do patrimonio cultural material e
NOVAS
inmaterial, gastronómico e natural da provincia. Todas as nosas comarcas teñen particularidades e marcos incomparables e irrepetibles cheos de cultura e encanto que debemos xestionar adecuadamente para que actúen como polos de atracción turística”. Na mesma liña, Cheché Real fixo fincapé nunha das prioridades da Asociación que preside, a de realizar a devandita promoción a nivel provincial: “Temos moitísimo que ofrecer desde o punto de vista turístico, pero hai que ter en conta que moitos deses aspectos son descoñecidos, polo que é necesario poñelos en valor e dalos a coñecer”.
vo, está pensada para que os hostaleiros poidan informar os turistas dos numerosos plans de ocio que alberga a provincia. Como vén sendo habitual, cada mantel loce por diante un mapa de Galicia coa sinalización de establecementos hoteleiros e da rede museística provincial; respecto do segundo punto, aparecen referidos os horarios e os datos de contacto do Museo do Mar (San Cibrao), o Museo Etnográfico Pazo de Tor (Monforte), a Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) e o Museo Provincial de Lugo (Lugo).
No envés figuran as tres rutas fluviais que se poden facer este verán nos catamaráns da Deputación: a dos Robles e a de Belesar polo Miño, e a de Doade polo Sil. Os manteis inclúen os puntos de saída de cada embarcación e o modo de compra dos billetes, así como unha breve descrición dos atractivos de cada ruta, a súa duración e o punto de chegada. Os baixopratos están a disposición de todos os locais socios da Apehl, que poden recollelos durante todo o ano contactando coa Asociación no teléfono 982 226 912.
PROXECTOS CONXUNTOS Estes son dous exemplos de accións levadas a cabo coa filosofía do novo convenio: Visibilidade co CD Lugo Os xogadores do Club Deportivo Lugo SAD están lucindo a marca …E para comer, Lugo nos seus equipamentos grazas á xestión da Área de Cultura e Turismo da Deputación. O equipo que adestra Quique Setién goza dunha grande afección que os anima tanto no Anxo Carro coma nos demais estadios da liga da segunda división onde compiten. Daquela, a unión da marca ao CD Lugo fai que esta sexa visible por boa parte de España e mais nos medios de comunicación que lle dan cobertura a este deporte. Tiraxe dos baixopratos de 2013 No mes de xullo saíu o novo modelo de baixopratos de …E para comer, Lugo, do que se editaron 400.000 exemplares. Esta iniciativa conxunta da Apehl e da Deputación, que se emprendeu por sexto ano consecuti-
Mario Outeiro e Cheché Real durante a sinatura do convenio
Presentación dos novos baixopratos turísticos no Museo
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
5
NOVAS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
I XORNADAS GASTROACCESIBLES DE LUGO, UNHA INICIATIVA PIONEIRA O evento, coorganizado pola Apehl, puxo a accesibilidade da hostalería lucense no punto de mira dos medios galegos e nacionais. Participaron dez locais asociados.
Presentación das xornadas no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl) promoveu do 28 de novembro ao 8 de decembro as I Xornadas Gastroaccesibles de Lugo xunto coa Asociación de Loita contra as Enfermidades Renais (Alcer Lugo), a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (Alucem), a Asociación de Diabéticos Lucenses (ADIL), a Asociación de Celíacos de Galicia (Acega), a Asociación Galega de Lupus (AGAL) e a Asociación para a Promoción Social e Cultural de Persoas con Discapacidade Física (Auxilia Lugo) e baixo o patrocinio das concellerías de Benestar Social e Igualdade de Lugo e da Área de Cultura e Turismo da Deputación provincial. Trátase dunha iniciativa pioneira no ámbito da accesibilidade, ao empregar as degustacións gastronómicas como fórmula para dar a coñecer ca-
6
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
les son as barreiras arquitectónicas e alimenticias que existen na hostalería e cales as formas de eliminalas. Segundo indicaron as entidades organizadoras, probablemente foi o único evento deste tipo levado a cabo en España. Os dez locais adscritos, socios da Apehl, foron Abrente, Antas, España, La Iguana, Los Soportales, Minuetto, O Cantiño, O Figón, O Lar de Adrián e Pizzería Piccolo. Todos cumpren requisitos de accesibilidade e ofreceron a prezos asequibles tapas, racións, pratos ou menús elaborados tendo en conta as intolerancias alimentarias de consumidores celíacos e con enfermidades renais, esclerose múltiple, diabetes ou lupus. Ademais, o programa incluíu a celebración o día 3 dunha charla divulgadora sobre gastroaccesibilidade.
A presentación deste evento tivo lugar o día 28 no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra da capital lucense e correu a cargo da presidenta de Alucem, Ángela María Lopes Barata; de Manuel Ignacio Piñeiro, en representación de Auxilia; da concelleira de Cultura e Turismo, Carmen Basadre, e do presidente da Apehl, Cheché Real. Real adiantou que as xornadas non ían ser “un acto illado”, senón “un paso importante dentro dun proxecto de hostalería accesible, que se desenvolverá a través da adaptación física dos locais e da integración desta oferta culinaria especializada nas súas cartas”. Así mesmo, subliñou que o obxectivo co que se realizaron é “que todas as persoas poidan gozar da gastronomía en condicións de igualdade”.
NOVAS
HOSTELERร A LUCENSE - Nยบ 16
7
NOVAS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
ÉXITO DO POSTO DE …E PARA COMER, LUGO NA VUELTA CICLISTA A ESPAÑA DE 2013 Ofrecéronse 60.000 aperitivos e recibíronse máis de 25.000 visitantes, cifras que melloran as obtidas na campaña de promoción de 2012. A Apehl contou co apoio de Turismo de Galicia e coa colaboración de produtores da provincia de Lugo.
Con base nos bos resultados da participación do posto de …E para comer, Lugo na proba ciclista do ano pasado, a Apehl decidiu repetir a experiencia e para iso volveu contar co apoio da Administración e dos produtores. Deste xeito foi posible montar novamente un stand propio, atendido por persoal da Asociación, na zona VIP das 21 saídas de etapa da Vuelta. Nesta edición aumentou o número de persoas que se achegaron ata o posto. Recibíronse máis de 25.000 visitantes de múltiples procedencias, aos que lles habería que sumar os moitos integrantes do grande equipo organizativo da Vuelta a España, que tamén foron asiduos. Outra cifra significativa desta iniciativa foi a da cantidade de aperitivos
8
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
servidos ao público, posto que se aproximou aos 60.000. Grazas aos produtores colaboradores que facilitaron altruistamente a súa materia prima, ofrecéronse degustacións de bonito de Burela, Galo Mos, Ovella Galega, Porco Celta, Ternera Gallega, Castaña de Galicia, galletas ecolóxicas Daveiga, Pataca de Galicia, Grelo de Galicia, Pemento de Mougán e de queixos San Simón da Costa, ArzúaUlloa e Marqués de Cernadas, ademais de viño da Ribeira Sacra. Estes produtos elaborounos diariamente o cátering da Vuelta, ao mando de Iñaki Albistur, e, nas etapas de Sober e de Vilanova de Arousa, os restauradores lucenses Héctor López, do Restaurante España; Martín Mantilla e Emilio Rodríguez, do restaurante O Grelo de Monforte; Damián Novoa e Yoel Rodríguez,
do Espazo Gastronómico Picota de Monforte; Anxo Ríos, do restaurante Dona Branca do Palacio de Sober, e Xenxo Pereiro e David Cidre, da Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández de Sober. Ademais, realizouse unha promoción informativa: distribuíronse 8.000 exemplares da guía …E para comer, Lugo, así como diversos folletos turísticos. O presidente da Apehl, Cheché Real, amosou a súa satisfacción pola presenza da Asociación na Vuelta a España, xa que “permitiu que durante máis de vinte días a provincia de Lugo estivese á vista do público e de moitos medios de comunicación” e que o posto se convertese en “escaparate da provincia e polo de atracción de turistas”.
NOVAS
Comitiva oficial, presidida por Alberto Núñez Feijóo, en Sober
Héctor e Paco, do Restaurante España, en Vilanova de Arousa
Torredelcampo (Xaén)
Burgos
San Vicente de la Barquera (Cantabria)
Almendralejo (Badaxoz)
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
9
NOVAS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
Christopher Horner, gañador da Vuelta
Simon Clarke
Matteo Tosatto
Jurgen Van de Walle
Andrey Zeits
Romain Zingle
Miguel Indurain
Óscar Pereiro
Perico Delgado
10
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
NOVAS
O BARCO ...E PARA COMER, LUGO, CAMPIÓN DE ESPAÑA E TERCEIRO NO MUNDIAL A embarcación ...E para comer, Lugo engadiu dous novos premios ao seu amplo historial ao proclamarse vencedora do Campionato de España de Platu 25, desenvolvido do 29 de agosto ao 1 de setembro en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), e terceira no Campionato do Mundo da mesma categoría, celebrado en Portosín (Porto do Son) entre o 24 e o 29 de setembro.
O Nacional, organizado polo Liceo Casino Vilagarcía, botou o peche con tres xornadas e nove probas completadas, todas baixo unhas moi boas condicións de vento. Xunto ao barco de Araújo, accederon ao podio o Red Bull Racing Eyerwear, de José Manuel Pérez e Alfredo Me-
lla, e o Bribón-Movistar, de Marc de Antonio. No caso do campionato mundial, o …E para comer, Lugo acadou o bronce tras unha final moi emocionante na que conseguiu a vitoria o portugués Credite EGS, de Afonso Domingos e Hugo Rocha.
Promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, co patrocinio de Carrís Hoteles e Río Natura, o barco tivo como patrón unha vez máis ao galego con raíces lucenses Gonzalo Araújo, un dos regatistas máis prestixiosos do panorama internacional, quen enrolou nesta competición a Jano Toro, Duarte Neves, Guillerme Almeida e Luís Bugallo.
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
11
NOVAS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
LA ENCINA TRIUNFA NO SEGUNDO CONCURSO DE TAPAS DE LUGO ORGANIZADO POLA APEHL Este restaurante da céntrica rúa de San Pedro gañou o certame cos votos do público e conseguiu ademais os premios de mellor tapa tradicional e mellor maridaxe con viño da denominación de orixe Ribeira Sacra.
Foto de familia dos premiados co alcalde de Lugo, a concelleira de Turismo e o presidente da Apehl
A Apehl organizou por segundo ano consecutivo o Concurso de Tapas de Lugo, co patrocinio do Concello e coa colaboración de distintas entidades. Esta novena edición celebrouse do 13 ao 30 de setembro nun total de 44 establecementos hostaleiros. Nese período servíronse 38.088 tapas e xerouse un volume de negocio superior aos 190.400 euros, co que se melloraron notablemente as cifras da convocatoria de 2012. De novo foi a clientela quen elixiu os gañadores e, de acordo co seu ditame, recibiron as placas conmemorativas La Encina, vencedor do concurso; o Verruga, como segundo clasificado; o restaurante España, como terceiro clasificado; o Pa-
12
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
prica, mellor tapa ecolóxica; e Casa d’Auga, mellor tapa con queixo Marqués de Cernadas. O resto dos títulos do palmarés dependeron da decisión dun xurado técnico composto por Iago Castrillón, xefe de cociña e propietario do restaurante Acio (Santiago de Compostela), posuidor dun Sol Repsol e dun Bib Gourmand da Guía Michelín e proclamado Cociñeiro Revelación en Madrid Fusión 2013; Carlos G. Cano, xornalista encargado da sección “Gastro” na páxina web da Cadena SER e blogueiro en Tinta de Calamar; José Manuel Rodríguez, presidente do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, e Concepción Carreiras Vizoso, profesora de Cociña e Gastronomía no IES de Foz.
Os catro membros do xurado visitaron os dez locais hostaleiros máis votados polo público durante a ponte do 31 de outubro ao 3 de novembro. Da súa cata e valoración saíron premiados novamente La Encina, cos títulos de mellor tapa tradicional e mellor maridaxe con viño da denominación de orixe Ribeira Sacra, e o Paprica, coa distinción de mellor tapa creativa. Agasallos para os clientes Os votantes do certame tamén foron obsequiados, xa que entraron nun par de sorteos de regalos. Entre os máis de corenta premios repartidos houbo un cruceiro polo Meditérraneo para dúas persoas, unha fin de semana en Londres para dúas persoas, estancias en hoteis,
NOVAS casas de turismo rural e balnearios da provincia, ceas en restaurantes lucenses, rutas en catamarán e a cabalo, entradas a un parque natural e lotes de viño. Novidades O concurso deste ano introduciu varias novidades. Tres locais competiron con tapas sen glute para
celíacos, os clientes tiveron a oportunidade de pagar as tapas tanto con euros coma con pesetas e todos os establecementos tiveron a disposición do público unhas urnas para recadar fondos para o Banco de Alimentos de Lugo, campaña promovida pola Apehl co apoio do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra.
Membros do xurado técnico
PALMARÉS DO 9.º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO GAÑADOR, MELLOR TAPA TRADICIONAL E MELLOR MARIDAXE CON VIÑO DA DO RIBEIRA SACRA La Encina Peregrino: saquiño de pasta filo recheo de grelos e lagostinos con corpo de polbo e cabeza de zamburiña 2.º POSTO Verruga Solombo de porco cociñado en salsa de queixo e acompañado con cogomelos, beicon e pataquiñas palla
VERRUGA
RESTAURANTE ESPAÑA
3.º POSTO Restaurante España Tataky de bonito de Burela, perlas de soia, pan especiado e pompas de cítricos MELLOR TAPA ECOLÓXICA E MELLOR TAPA CREATIVA Paprica Eco-Capresse: xeado San Simón con tomate mariñado, consomé de tomate, alfábega e pan de San Simón MELLOR TAPA CON QUEIXO MARQUÉS DE CERNADAS Casa d’Auga Sorpresa Casa da Auga: doce de xamón con queixo do Cebreiro e espeto de mandarina
LA ENCINA
PAPRICA
CASA D´AUGA
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
13
PUBLIRREPORTAXE
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
O MUSEO PROVINCIAL DE LUGO PRESENTARÁ EN 2014 NOVAS PROPOSTAS EXPOSITIVAS
Museo Provincial de Lugo (MLP)
O Museo Provincial de Lugo (MPL) foi creado pola Deputación de Lugo en 1932 e tivo como primeira sede o Pazo de San Marcos ata o seu traslado ao antigo convento de San Francisco, en 1957, do que se conservaron tres dependencias: cociña, claustro e refectorio. No ano 2009 fíxose unha reordenación de contidos das obras de pintura e escultura galega do séculos XIX e, sobre todo, XX, e mantivéronse as salas monográficas de Xulia Minguillón e Corredoira, ás que se lles engadiu a de Antonio Fernández, xunto coa colección de acibeches, ourivería e louza de Sargadelos, que conforman o conxunto da sección de Arte Galega do MPL, completada coa posterior musealización do debuxo e gravado galego nas salas 24 a 27, dedicadas a Castelao, Castro Gil e Prieto Nespereira. Tamén se renovaron moitos elementos expositivos, gráficos, adecuación de al-
macéns, novos equipamentos para a biblioteca, realización do proxecto de saneamento e mellora do claustro e, xa que logo, das coleccións de epigrafía alí expostas etc. Seguindo criterios de dinamismo e alternancia, as reformas expositivas seguen a realizarse acotío e os investimentos, tanto na exposición permanente coma nas temporais, así como na programación didáctica-cultural, son continuos. Actualmente tamén se están a elaborar novas propostas expositivas, que se materializarán no ano 2014. A Rede Museística Provincial conta con outras tres institucións, coa súa propia identidade e con actividades ad hoc que dinamizan culturalmente o territorio no que están situadas a través do apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo: O Museo do Mar, localizado en San Cibrao (Cervo), conta con catro salas nas
que se mostra documentación gráfica de San Cibrao, caza das baleas, a frota galega dos primeiros anos do século XX e unha colección macolóxica na que se poden observar numerosas pezas agrupadas nos cinco principais grupos de moluscos, así como instrumental de navegación como compases, sextantes, rodas de temón… O Museo-Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, alberga o Museo Etnográfico e da Historia e recolle diferentes coleccións relacionadas coa agricultura e cos oficios tradicionais, así como armas brancas e de fogo. O Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, non só permite coñecer de primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura palaciana galega, senón que conforma un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna. + información: www.museolugo.org
Museo do Mar
14
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
Museo-Fortaleza de San Paio de Narla
Pazo de Tor
PUBLIRREPORTAXE Nome de sección
A CASA MUSEO DE MANUEL MARÍA: UN ESPAZO ABERTO Á VIDA E Á XENTE A Fundación Manuel María converte a casa natal do poeta nun museo dedicado á súa vida e obra No corazón de Outeiro de Rei, a carón mesmo da súa Casa do Concello, está a Casa de Hortas, a vivenda natal do poeta e escritor Manuel María: o poeta da Terra Chá por excelencia. Edificada pola familia paterna hai arredor de 130 anos, é, desde o pasado 7 de setembro de 2013 por iniciativa da fundación que leva o seu nome, unha casa museo que acolle e reúne o inmenso legado persoal, artístico, documental e bibliográfico dunha das personalidades máis senlleiras da cultura galega da segunda metade do século XX e talvez o escritor máis prolífico de toda a literatura galega contemporánea.
HORARIOS E PREZOS
Non foi casualidade que a casa en que Manuel María naceu en 1929 fose a escollida pola Fundación –que preside a súa viúva, Saleta Goi– para a localización da casa museo: a Casa de Hortas, na que o poeta viviu a súa infancia e adolescencia, foi non só un paraíso persoal ao longo de toda a vida senón tamén un espazo constantemente evocado ao longo de toda a súa obra. Para Manuel María casa, terra e identidade eran tres expresións dunha mesma idea: a casa era Outeiro, a Terra Chá, Galiza; era o punto de orixe e á vez o lugar ao que sempre volver. Se algún lugar era o axeitado para conservar e difundir o legado, a obra, o pensamento, a vitalidade e a fonda pegada que Manuel María deixou en cantas xentes o coñeceron e trataron ese era, sen dúbida, a súa casa familiar.
Manuel María, que se gababa das súas orixes labregas e que sempre se negou a renunciar á súa identidade, foi firme defensor dun modelo de sociedade que soubese combinar tradición e modernidade, progreso e respecto polo territorio, desenvolvemento sen explotación. Desde as súas orixes chairegas foi consciente do declive do mundo rural galego, do drama da emigración, do abandono da terra: Manuel expresou unha gran preocupación polo futuro que nese contexto de desertización podería padecer no futuro a súa Casa de Hortas. El desexou que a Casa o sobrevivise: Nós pasamos, a casa permanece. En realidade, converténdoa hoxe en casa museo non seguimos senón o seu desexo. A CASA DE HORTAS, O SOÑO CUMPRIDO A Casa de Hortas de Outeiro de Rei é un bo exemplo de casa labrega tradicional da Terra Chá, casa grande e rexa con catro augas construída con xisto, lousa e cantería; casa de fartura no seu tempo, con curral, palleiras, bufarda, corredor, cortes, aira, pozo e horta, elementos, case todos, conservados o máis fielmente posíbel para non alterar a súa esencia. Unha casa que, como calquera, foi evolucionando, modernizándose e adaptándose ás necesidades da vida familiar co paso dos anos, adaptación que a Fundación Manuel María completou nestes últimos tres anos para a facer casa museo.
A Casa Museo é visitábel todas as fins de semana do ano. Horario: sábados de 11 a 14 h e de 16.30 a 18.30 h (nos meses de xullo e agosto até as 20.30) e os domingos de 11 a 14 h
Prezo xeral: 2,50 € / persoa maior de 12 anos Visita gratuíta: menores de 12 anos e amigas/ os da Fundación Prezo reducido: familias con máis de dúas persoas adultas 2 € / persoa. Grupos: 2 € / persoa
Para este proxecto contamos co apoio económico da Vicepresidencia 1.ª da Deputación de Lugo, da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, do GDR Terras de Lugo, de diferentes concellos galegos (como o de Monforte de Lemos, cidade na que Manuel María viviu boa parte da súa vida), da Agader e dalgunha outra institución, mais case un terzo das achegas económicas procederon exclusivamente de particulares: pequenas cantidades, na súa maioría, que xuntadas tornaron realidade o soño que agora comeza a tomar forma. Foi de sempre a de Hortas casa aberta á vida, á xente, ás visitas: casa acolledora á que Manuel María gustaba de ir e levar sempre amizades que sentar á mesa ou coas que manter demorados parladoiros. Por ela pasaron algúns dos persoeiros máis significativos da cultura galega do tempo do poeta: amigas e amigos que hoxe, coa casa museo, volveron alí para ficar nela para sempre a xeito de libros, cadros, manuscritos e outros obxectos. Esa filosofía de casa viva e casa aberta é a que a Fundación Manuel María de Estudos Galegos quere agora manter e agrandar. Pondo tamén espazos como a vella palleira, hoxe tornada en auditorio, ou a biblioteca –as antigas cortes– ao servizo da veciñanza de Outeiro de Rei, da Terra Chá e do país enteiro, dotando a casa dunha programación cultural estábel que irá collendo forma nos próximos meses. para grupos de entre 6 e 25. 1,80 € / persoa para grupos a partir dos 25 membros Pódese consultar máis información en www.manuelmaria.com e seguir a actualidade da Fundación e do Museo nas redes sociais.
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
15
NOVAS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
O CUME TAPAS CUMPRE CINCO ANOS Amadriñado pola actriz galega Ana Santos, a coñecida Pitusa de Mareas vivas, o concurso de tapas do concello de Monforte de Lemos celebrou o quinto aniversario con 32 locais en competición. A vitoria nesta data sinalada foi para Los Goya.
A entrega dos premios do V Cume Tapas tivo lugar o 5 de agosto no Centro do Viño da Ribeira Sacra
A delegación da zona sur da Apehl organizou un ano máis o Cume Tapas, que nesta ocasión se desenvolveu do 11 ao 26 de maio. Participaron 32 establecementos hostaleiros e a novidade principal foi que todas as propostas culinarias se ofreceron cun prezo único de 1 euro. Los Goya converteuse no gañador do certame cos votos do público, quen tamén decidiu que o segundo clasificado fose o Compañía e o terceiro, o Katanga. Os demais premios do palmarés viñeron dados por un xurado profesional dirixido por Quique Rodríguez, cociñeiro do restaurante do Hotel Villa Magna de Madrid e editor xefe de Gastronomicum.net, e integrado polo sommelier chantadino Bruno Lovelle; por Marian Rodríguez, xefe de cociña para Galicia Calidade e creadora do espazo web www.cocinandoconmarianrodriguez.com, e polo chef Francisco Jiménez, propietario do restaurante Culuca da Coruña e vencedor no certame autonómico Des Tapa Galicia. As distincións deste xurado recaeron no Casablanca, O Gato Negro, a Cervecería Mulligan´s e o Pa-
16
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
rador de Turismo, gañadores nas categorías de mellor tapa creativa, mellor tapa tradicional, mellor maridaxe con viño da DO Ribeira Sacra e mellor tapa elaborada con queixo Marqués de Cernadas, respectivamente. Esta quinta edición do Cume Tapas tamén deixou premios para o público, entre o que se sorteou un bo número de agasallos, coma unha viaxe a Londres, unha estancia nunha casa de turismo rural, unha fin de semana nun hotel con encanto e comidas en restaurantes, rutas en catamarán ou circuítos termais, entre outros. Para o desenvolvemento desta iniciativa, a Apehl contou coa colaboración de establecementos hoteleiros da Ribeira Sacra, que aplicaron tarifas especiais no aloxamento.
edora
Tapa venc
PRIMEIRO PREMIO Los Goya Sí, sí, sí, pues es en Los Goya SEGUNDO PREMIO Compañía Solomillo a mi manera TERCEIRO PREMIO Katanga Jubilado MELLOR TAPA CREATIVA Casablanca Paspallás ao prato MELLOR TAPA TRADICIONAL O Gato Negro O Gato Negro III MELLOR MARIDAXE CON VIÑO DA DO RIBEIRA SACRA Cervecería Mulligan’s O niño da Ribeira Sacra PREMIO MARQUÉS DE CERNADAS Parador de Turismo Xarrete de tenreira con crocante de pan xaponés sobre cremoso de cachelos e queixo de Cebreiro
PUBLIRREPORTAXE Nome FORMACIÓN de sección
EXITOSA CAMPAÑA DE INTRODUCIÓN DE ALIMENTOS ECOLÓXICOS NA HOSTALERÍA No proxecto, desenvolvido polo Craega coa colaboración da Apehl, participan 14 locais hostaleiros, a maioría da provincia de Lugo. A principios de ano, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia emprendeu unha iniciativa de promoción dos produtos ecolóxicos certificados na oferta dos establecementos hostaleiros, posta en marcha coa colaboración da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo. A campaña arrincou na provincia lucense e estendeuse á da Coruña, en cuxa capital se atopa a Taberna Vegetariana Gaia, o último local que se incorporou ao proxecto. Actualmente son 14 os establecementos adscritos. Na provincia de Lugo, Taberna do Labrego, de Begonte; Picota Espazo Gastronómico e Restaurante O A NOSA TERRA Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 A PARADA DAS BESTAS Pidre, 27 27207 Palas de Rei 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com CANELA BAKERY COFFEE Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com FOGAR DO SANTISO Trasellas, 13 Luou 15883 Teo 981 805 948 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es O LAR DE ADRIÁN Carril das Flores, 30 27002 Lugo 982 244 245 olardeadrian@hotmail.com www.lardeadrian.atagalicia.com PICOTA ESPAZO GASTRONÓMICO Rúa Bailén, 17 Praza de Abastos 27400 Monforte de Lemos 982 418 408 karrasquito@hotmail.com
Grelo, de Monforte de Lemos; A Parada das Bestas, de Palas de Rei; e A Nosa Terra, Canela Bakery Coffee, O Lar de Adrián, Porta Santiago, Restaurante Campos, Restaurante España e Restaurante Paprica, de Lugo. Na provincia da Coruña adheríronse Fogar de Santiso, de Teo; Restaurante Biobania, da Coruña, e a devandita Taberna Vegetariana Gaia. Todos estes locais teñen a disposición dos clientes un entrante, un primeiro prato, un segundo prato, unha sobremesa e unha bebida preparados con produtos ecolóxicos, ben como menú, ben de forma independente na carta, e locen un cartel distintivo do Craega que os acredita como recomendados.
PORTA SANTIAGO Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 405 portasantiago@mundo-r.com RESTAURANTE BIOBANIA Cordelería, 7 15003 A Coruña 981 221 301 biobania@gmail.com www.biobania.blogspot.com.es RESTAURANTE CAMPOS Rúa Nova, 4 27001 Lugo 982 229 743 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.com RESTAURANTE ESPAÑA Rúa do Teatro, 10 27001 982 242 717 restaurantespana@gmail.com www.restespana.com
RESTAURANTE PAPRICA Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es
Con este proxecto, o Consello Regulador cumpre co seu obxectivo de fomento do consumo de alimentos ecolóxicos autóctonos, aos que a sociedade cada vez ten un mellor acceso, neste caso grazas á implicación dos hostaleiros.
Presentación da campaña na sede da Apehl
AQUÍ
TABERNA DO LABREGO Camiño Real, 32 Pacios 27372 Begonte 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com TABERNA VEGETARIANA GAIA Orzán, 206-208, baixo 15003 A Coruña 658 155 440 tabernagaia@gmail.com
CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA AGRICULTURA ECOLÓXICA NA
HOSTALERÍA
RESTAURANTE O GRELO Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com FEADER Europa inviste no rural
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
17
NOVAS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
I XORNADA GASTRONÓMICA DO OUTONO-INVERNO NA RIBEIRA SACRA Máis dunha vintena de establecementos da Ribeira Sacra sumáronse a unha nova oferta hostaleira baixo o lema “Saborea os xoves”, que se materializou nun prezo único en todas as racións de 4,50 euros.
Esta I Xornada Gastronómica, organizada pola delegación da Apehl na zona sur, incluíu tamén unha proposta para as fins de semana de degustacións de tapas, racións e menús elaborados con produtos típicos das estacións outonal e invernal, así como descontos no aloxamento hoteleiro.
DESCONTOS PARA OS SOCIOS DA APEHL NO CENTRO DE REHABILITACIÓN LUGO Os socios da Apehl contan dende o mes de maio cun servizo médico en materia de rehabilitación, traumatoloxía, medicina deportiva e tratamentos fisioterapéuticos con descontos desde o 15 ao 30%. Este novo servizo é posible grazas ao convenio de colaboración asinado pola Apehl co Centro de Rehabilitación Lugo. O acordo firmárono na sede da Asociación o presidente da Apehl, Cheché Real, e a representante do centro de rehabilitación, María José Doce.
Cartel da xornada
APEHL ASINA UN CONVENIO CON RECIFLU PARA A RECOLLIDA DE ACEITES USADOS O pasado mes de xullo a Asociación Provincial de Hostelería de Lugo asinou un convenio coa empresa Reciclaje de Fluidos y Sólidos SL (Reciflu) para a recollida de aceites usados nos establecementos asociados. As condicións do acordo foron as seguintes: para os produtores de ata 50 k/mes, 2 litros de aceite de oliva ou 3 litros de aceite de xirasol, 0,12 cts. o quilo do aceite reciclado; para os produtores entre 50-150 k/mes, 15 cts. quilo de aceite reciclado, e, por último, para os produtores a partir de 150 k/mes, a razón de 20 cts. o quilo de aceite reciclado.
18
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
NOVAS
A APEHL COLABOROU NO TALLER DE COCIÑA DO SAN FROILÁN MIÚDO No marco das festas do San Froilán de 2013, a programación oficial do San Froilán Miúdo que se lles dedica aos máis pequenos incluíu o día 9 de outubro un obradoiro de cociña en cuxa organización colaborou
Os cativos aprenden a seren cociñeiros
a Apehl. A actividade levouse a cabo nos xardíns da Deputación provincial e o encargado de impartila foi Rubén García, cociñeiro do restaurante Campos, que acadou grande éxito de público.
O público atende entusiasmado ás explicacións de R. García
CELEBROUSE O SAN FROILÁN CATALÁN MÁIS SOLIDARIO DOS ÚLTIMOS ANOS A Asociación de Amigos do San Froilán vén organizando dende hai 19 anos a festa de San Froilán de Barcelona, onde, como é habitual, houbo representación lucense a través da Deputación provincial. A vicepresidenta segunda desta entidade, Lara Méndez, apoiou os actos do peche destes multitudinarios festexos. No transcurso desta celebración, a Asociación recibiu a Medalla de Ouro da Cidade de Lugo e o 26 de novembro foille entregada a Medalla de Honra da Cidade de Barcelona, como agradecemento por manter o vínculo entre ambas as cidades. Ademais, este ano a Asociación e mais a institución lucense compartiron un solidario obxectivo: reunir varias toneladas de tapóns para axudar a pequena lucense Uxía, que cumpriron sobradamente co incremento de recollida deste material durante as festas.
Foto de familia con autoridades e organizadores
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
19
LEXISLACIÓN
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
LIBRO DE VISITAS DA INSPECCIÓN TURÍSTICA E FOLLAS DE RECLAMACIÓN As normas vixentes nesta materia son o Decreto 148/2013, do 12 de setembro, polo que se regulan o libro de visitas da inspección turística e as follas de reclamacións de turismo, e mais a orde do 5 de novembro de 2013, pola que se regulan os prezos privados aplicables pola expedición das follas de reclamacións de turismo. As empresas turísticas deben ter nos establecementos os dous tipos de documentos, libro de visitas e follas. O primeiro será expedido pola persoa titular da área de ámbito provincial da Axencia de Turismo de Galicia, tras a solicitude e tras o pago das taxas correspondentes; atoparase no local a
permanente disposición dos inspectores de turismo e seralles presentado en canto o soliciten. Cando se esgote haberá que pedir un novo nun prazo de 10 días; non obstante, os libros rematados conservaranse durante 5 anos. No caso das follas de reclamacións, estarán tamén dispoñibles en todos os locais, igualmente expídense na Axencia de Turismo de Galicia e ademais poden descargarse na web turismo.xunta.es, no apartado sobre normativa. Deberá informarse ao público da súa existencia cun cartel, escrito en galego, castelán, francés e inglés, que leve esta lenda: “Neste establecemento existen follas
de reclamacións a disposición das usuarias e usuarios”. Outros requisitos para este cartel son o tamaño da letra, dun centímetro como mínimo, e a localización, nun lugar moi visible para os clientes, aos que se lles entregarán as follas sempre que o desexen e tras o pagamento dos servizos prestados. Estas follas terán validez ata o final das súas existencias ou ata que transcorra un ano desde a entrada en vigor do decreto.
*Os socios poden recoller nas oficinas de Apehl o cartel anunciador ao que fai referencia a normativa citada anteriormente. Para calquera dúbida ou aclaración contacten con esta Asociación.
USO DE ACEITEIRAS REENCHIBLES O 15 de novembro, o Consello de Ministros aprobou unha proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e mais do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade pola que se prohíbe o uso de aceiteiras reenchibles na hostalería. O Boletín Oficial do Estado (BOE) do día seguinte publica o real decreto corres-
pondente, onde se indica que “nos establecementos do sector de hostalería e restauración e nos servizos de cátering, os aceites poranse a disposición do consumidor final en envases etiquetados e provistos dun sistema de apertura que perda a súa integridade tras a súa primeira utilización”. Así mesmo, recóllese que “os envases que pola súa
capacidade se poidan pór a disposición dos consumidores finais máis dunha vez, disporán ademais dun sistema de protección que impida a súa reutilización unha vez esgotado o seu contido orixinal”. A nova normativa entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2014.
SEPA: ZONA ÚNICA DE PAGOS EN EUROS SEPA (Single Euro Payments Area) ou Zona Única de Pagos en Euros significa que a cidadanía, as empresas e outros axentes económicos poden facer e recibir pagos en euros, con igualdade de condicións, dereitos e obrigacións, todo iso con independencia da súa localización xeográfica e de que eses pagos se realicen entre diferentes países. A devandita zona está integrada por 33 países, os 28 da Unión Europea e mais Islandia, Liechtenstein, Mónaco, Noruega e Suíza. A SEPA fundaméntase en tres instrumentos de pagamento: as transferen-
20
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
cias, que substitúen as actuais, permitirán enviar fondos dun país a outro no prazo dun día hábil e necesitarán dun código internacional de conta bancaria denominado IBAN e mais do código BIC; os endebedamentos directos, no canto das domiciliacións de recibos existentes, cos que unha empresa de calquera país poderá realizar cargos directos en contas de calquera outro país adherido ao SEPA, e cos que se disporá dun prazo de 13 meses para facer rectificacións de operacións incorrectas ou non autorizadas; e tarxetas bancarias de pago, que fan referencia ao non tan novo chip EMV, que inclúen
na actualidade case todas as tarxetas de crédito ou débito e que se utilizan nos comercios para ler a tarxeta do cliente no canto da tradicional banda magnética. Esta normativa rexerá a partir do 1 de febreiro de 2014.
*É aconsellable que o empresario hostaleiro lles solicite o IBAN aos seus clientes, provedores etc., substituíndo o anterior CCC (Código Conta Cliente), e que actualice os ficheiros contables relacionados con pagos e transaccións.
FORMACIÓN
A APEHL ORGANIZOU UNHAS XORNADAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA O SECTOR En colaboración coa Xunta de Galicia, a Apehl levou a cabo unha campaña de difusión e sensibilización de prevención de riscos laborais baixo o lema “A prevención está nas túas mans”. Dentro do programa de actividades incluíronse dúas xornadas técnicas que se desenvolveron na Fundación Fernández, en Sober, e no local que a Asociación ten en Monforte de Lemos, os días 28 e 29 de outubro de 2013 respectivamente. A formación estivo dirixida a empresarios e traballadores do sector, persoas desempregadas con experiencia no sector da hostalería, estudantes de hostalería do último ano e, en xeral, a cidadanía interesada nesta temática. Ademais, durante a campaña distribuíuse unha guía orientativa en materia de requisitos e obrigas legais en prevencións de riscos laborais no sector.
NOVAS TECNOLOXÍAS Co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Apehl puxo en marcha o proxecto “Implantación de Ferramentas de Mellora de Procesos eMira Integra 5.0” no que formaron parte varias empresas da provincia de Lugo. O devandito proxecto consistiu en promover a integración dos sistemas de xestión auxiliares nas organizacións hostaleiras e de servizo.
Mediante a aplicación do Modelo de Xestión Avanzada, proposto pola citada ferramenta, as empresas teñen á súa disposición unha solución innovadora para integrar todos os sistemas auxiliares (obrigatorios e voluntarios), tales como o Sistema Calidade Q Turística, SIGTED, Sistema G. Calid ISO9001, Sistema Autocontrol Hixiénico Sanitario APPCC, Prevención de Riscos Laborais e Requisitos LOPD.
Desenvolvemento da xornada formativa en Sober
E S TA A S O C I A C I Ó N DÁ M O I T O A S O C I A C I Ó N P R O V I N C I AL DE EMP RES ARIOS DE HOS T EL ERÍA DE L U GO
APOIO PERSONALIZADO AO EMPRESARIO Servizos xerais Trámites ante o Servizo de Turismo Elaboración de listas de prezos Follas de reclamacións Cartelería informativa regulamentaria (tabaco, alcohol...)
Asesoría xurídica
Concertada con Álvarez Real en distintas delegacións: Lugo, Chantada, Escairón, Quiroga, A Barrela, Guitiriz, Bretoña, A Pontenova e Ribadeo
Asistencia laboral
Tramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nóminas, seguros sociais e certificados de retención (cota de 8,30 €/mes nómina) Negóciase coas Centrais Sindicais o Convenio de Hostelería e infórmase aos asociados do contido do mesmo e as súas novidades
IMPORTANTES DESCONTOS EN PRODUTOS E SERVIZOS Consumo de propano líquido (5 cts./kg) Recibos da SGAE, AGEDI e AIE (10% desconto) Prevención de riscos laborais APPCC, Manipulador de alimentos Inspeccións eléctricas Recollida de aceite Descontos en consumos de gas e luz Sistemas de alarmas Servizo de traumatoloxía e outros PROMOCIÓN
Promoción da gastronomía lucense
Póliza de seguros colectiva
Difundimos a marca …E para comer, Lugo en feiras sectoriais, medios de comunicación e puntos turísticos
Formación específica do sector
Publicamos noticias de interese dos establecementos asociados na páxina web www.eparacomerlugo.es e nas redes sociais
Para cubrir a morte ou a incapacidade derivadas dun accidente de traballo que establece o convenio colectivo do sector (13 € traballador/ano)
Publicidades dos asociados en Internet
Organización de concurso de tapas 10
OFICINAS DA ASOCIACIÓN: r/ Ramón Montenegro, 15, entresolo 27002 Lugo Tfno.: 982 226 912 Fax: 982 244 256 E-mail: comunicacion@apehl.org
14
Delegación Zona Sur
Delegación A Mariña
r/ Zapaterías s/n Torreón da Cárcere Vella 27400 Monforte de Lemos Tfno: 982 412 050 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org
r/ Lugo, 3, baixo 27780 Foz Tfno/Fax: 982 133 047 E-mail: delegacionamarina@apehl.org
22 37 50 59
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
21
NOVOS SOCIOS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
EL ALMACÉN DE LA HAMBURGUESA
XEITOSO
A hamburguesa de foie-gras, a de lagostinos ou a mexicana son só algunhas das hamburguesas gourmet que propoñen en El Almacén de la Hamburguesa, unha oferta distinta que dá lugar a un novo concepto gastronómico en Lugo. Estamos a falar de hamburguesas artesanais elaboradas manualmente, tanto as gourmet como as máis tradicionais. O pan tamén é protagonista nestas creacións, nas que o cliente ten a oportunidade de escoller entre varios tipos: negro –elaborado con cervexa negra e tinta de luras–, de tomate seco, de olivas, de sementes… As ensaladas son o outro punto forte do establecemento, que abre os 365 días do ano con horario de cociña ininterrompido.
O café bar Xeitoso foi fundado hai 32 anos polos pais da actual propietaria, Ana María López Alonso, aínda que ao longo destas tres décadas se fixeron varias reformas para irse adaptando aos tempos. O Xeitoso ofrécelles aos seus clientes cervexa de bodega e unha gran variedade de tapas de cociña. Tamén é moi coñecido na zona por ser un punto de venda de Loterías y Apuestas del Estado. A súa clientela é variada, aínda que a maioría son veciños da Pobra e arredores, aos que se lles suman os turistas no verán. Abre de 7 da mañá a peche todos os días excepto os domingos, que permanece pechado. Dispón de terraza exterior con toldo.
Avenida de Magoi, 59 – Lugo – 982 815 286 www.facebook.com/almacen.delahamburguesa
Rúa Benigno Quiroga, 20 – A Pobra de San Xiao (Láncara)
LENNON
PALOMA Y LEÑA
Este café bar foi fundado por José Luis Bermúdez Martínez e a súa muller, Esperanza Buide, en 1983, e hoxe en día seguen a ser os seus propietarios. Ao longo destas tres décadas acometeron varias reformas, como o cambio do chan e o recubrimento das paredes de madeira, pero a esencia do establecemento e a proximidade cos clientes mantivéronse intactas co paso dos anos. A súa especialidade son os viños, que venden a prezos económicos e acompañados por saborosos pinchos e tapas de cociña. O Lennon abre todos os días a partir das 9.30 horas e ten capacidade para unhas 200 persoas.
O nome deste albergue provén dos seus donos, Paloma Rodríguez e José Antonio Ruiz, a quen os seus achegados coñecen co sobrenome de “Leña”. Paloma y Leña botou a andar en marzo de 2006, despois de que este matrimonio formado por unha madrileña e un valenciano fixeran o Camiño de Santiago e decidiran comezar unha nova etapa vital e empresarial en Sarria, asumindo o risco de construír un albergue para peregrinos e facelo rendible. Actualmente, contan con 2 salas de 8 camas cada unha, outra de 4 e 5 habitacións dobres. Cada cama custa 10 euros/noite e cada habitación, 40, en ambos os casos co almorzo incluído. Tamén ofrecen ceas cun menú único que se serve de 7 a 8 da tarde e que custa 9 €. Outros servizos dos que dispoñen son lavadora, secadora, internet, wi-fi, masaxes e, para quen o prefira, servizo de cátering externo. Tamén contan con instalacións para o aloxamento de cabalos.
Avenida Vilaoudriz, 47 – A Pontenova – 982 342 393
San Mamede do Camiño – Sarria – 658 906 816 www.palomaylena.com
LA PIAZZA Este café bar de Ferreira do Valadouro está enfocado cara ao tradicional; así, o trato cos clientes é moi próximo e os almorzos acompáñanos con biscoito, rosquillas, madalenas ou torradas, que elaboran no propio establecemento. Ademais, ofrecen unha ampla variedade de tapas coas consumicións. Unha delas son os callos con carne de porco, que sempre teñen a disposición dos clientes os sábados de mercado. Por outra parte, por encarga fan empanadas e pizzas artesás. O seu horario é de 08.00 a 01.00 horas, de luns a venres, e de 09.00 a 01.00 h, sábados e domingos.
Praza de Santa María, 10 – Ferreira do Valadouro – 982 574 404
22
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
Nome NOVOS de SOCIOS sección
MESÓN A PLAYA
VENTORRO 2
José Manuel Iglesias Rebolo fundou o Mesón A Playa hai 20 anos en fronte ás piscinas municipais de Friol, un lugar de moito movemento de transeúntes, non só durante os meses de verán. Unha das particularidades deste establecemento hostaleiro é que ofrece polbo á feira os días de feira, que se celebra o primeiro domingo de cada mes. O seu horario é de 15.30 horas –excepto os días de feira, que abre antes– ata o peche, arredor da medianoite.
Situado no polígono lucense do Sagrado Corazón, este establecemento cambiou de titularidade no mes de abril, aínda que a súa filosofía de traballo segue a ser a mesma. A súa propietaria actual, Dolores Martínez, afirma que os veciños da zona se achegan ata alí tanto para tomar o café polas mañás como para tomar uns chatos ao mediodía ou á noite. Ofrecen pinchos e tapas de cociña coas consumicións e os champiñóns rebozados son a súa especialidade. Tamén fan bocadillos e hamburguesas. Abren de luns a sábado desde as sete e media da mañá ata o peche.
Avenida Santiago, 1 – Friol – 982 375 144
Polígono do Sagrado Corazón, 1 – Lugo – 982 224 418
A TINERÍA
MINUETTO
Esta cervezoteca ofrécelles aos seus clientes máis de corenta referencias de cervexa, entre elas algunhas lucenses e viguesas. Un dos trazos diferenciadores deste establecemento de nova creación é a súa oferta de pinchos e tapas, singular con respecto á oferta xeral da zona. Entre os primeiros destacan a sobrasada con cebola caramelizada, a “olivada” (paté de oliva negra), o paté picante ou o paté de atún e, entre as segundas, as patacas engurradas con mollo verde ou mojo picón, a hamburguesa con marmelada de tomate, cebola crocante e queixo de cabra, o suxi, as fabas con zamburiñas ou o guiso de choupa. Por outra parte, ofrecen comidas por encarga para grupos, para os que teñen establecidos diferentes menús en función das necesidades dos clientes. A Tinería pecha os luns.
Este café-concerto está enfocado principalmente aos estudantes e profesores dos centros de formación da zona, por iso, o ambiente de cafetería abarca practicamente toda a mañá e toda a tarde. No Minuetto sempre hai bandexas de pinchos nas mesas e na barra, tales como anacos de biscoito, rosquillas, filloas, boliños de chocolate e de friame de xamón e queixo, anacos de pizza e tortilla. O seu reto agora é potenciar o horario nocturno e para iso teñen ofertas coma estas: os xoves, cana de cervexa a 70 céntimos e, todos os días, pizza artesanal grande de balde consumindo 6 canas de cervexa, en ambos os casos a partir das 22.00 horas. Nas fins de semana tamén funciona como pub.
Rúa do Miño, 32 – Lugo – 982 100 788 www.facebook.com/atineria.atineria
Ronda Xosé Castiñeira, 2 – Lugo – 982 223 110 www.facebook.com/correo.minuetto”
ANCARES
TRES MONOS
Os irmáns Piñeiro Tato –José Antonio e Rocío– colleron este café bar, sito na lucense rúa Serra de Ancares, o pasado 8 de agosto. O establecemento xa existía pero, co cambio de titularidade, acometéronse algunhas reformas co obxectivo de adecualo aos tempos actuais, converténdoo nun sitio máis cómodo e acolledor. A esencia do Ancares son os cafés, os viños da Ribeira Sacra e da Rioxa e unha gran variedade de tapas tradicionais. Permanece aberto de luns a domingo de 7 e media da mañá ata peche (arredor da medianoite), aínda que os cafés matutinos e os viños da última hora da tarde son os momentos de maior tránsito de clientes.
A cervexería Tres Monos abriu ao público o pasado 9 de setembro despois de facer unha renovación estética, cara a unha decoración máis retro, do que anteriormente era a Biblioteca de Alejandría. Como non podía ser doutra maneira, o tapeo é fundamental neste establecemento hostaleiro, no que gozan dun grande éxito as minihamburguesas e o os ovos fritos con chourizo, máis coñecidos como cojonudos. As retransmisións de fútbol e os equipos de dardos tamén son característicos do local. O seu horario abrangue de 7.00 horas a peche de luns a venres. O sábados abre ás catro da tarde e os domingos, ás dez da mañá. Conta cun vestíbulo á entrada no que se pode fumar.
Serra dos Ancares, 2 – Lugo – 635 601 548 / 687 871 333
Rondas das Mercedes, 11 – Lugo – 982 873 413 twitter.com/TresMonosLugo – www.facebook.com/indeterminadolugo
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
23
NOVOS SOCIOS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
PAU&AUREO
PAZO DO SIL
Esta moderna cafetería e cervexería abriu as súas portas no barrio da Milagrosa o pasado 9 de outubro da man dos curmáns Iván Cancio-Donlebún López e Virginia Cancio-Donlebún Lolo. O seu nome está estreitamente relacionado coa decoración, en madeira (Pau) e en cor ouro (Aureo). Aquí o cliente atopará unha ampla carta de viños e cervexas de importación que poderá saborear con deliciosos pinchos e tapas ou ben, se prefire algo máis completo, cunha táboa de xamón, de ibéricos, de queixo ou mixta. Os almorzos son outro dos seus puntos fortes; por 2,90 € pódese desfrutar dun café con bolería variada e zume de laranxa natural. Abren ás 7.30 horas de luns a venres e ás 10.30 os sábados e os domingos. Ten capacidade para 250 persoas.
O Pazo do Sil leva aberto desde hai varios anos en Ribas de Sil, pero a súa titularidade cambiou no mes de maio e a finais de xullo comezaba unha nova etapa da man de Jesús Mazaira. As especialidades deste restaurante son a grellada de tenreira e porco, os callos e o cocido. Traballan co menú do día, tanto para xantar como para a cea, e este inclúe 4 primeiros pratos e 4 segundos a elixir, pan, bebida e sobremesa caseira por 9 euros de luns a domingo, excepto os sábados, que pechan. Por outra parte, ofrecen unha ampla variedade de pinchos, tapas e racións, entre as que destaca a orella cocida á feira. O seu horario vai de 7.30 a 23.00 horas.
Pazo do Sil Estrada Nacional 120, km 52 – Ribas de Sil – 689 653 440
SOA Camiño Real, 170 – Lugo – 982 873 413 www.facebook.com/pages/PauAureo
ALDEA RURAL O BUSTO O proxecto de recuperación da aldea rural O Busto, situada na parroquia de Saa (A Pobra do Brollón), xorde en 2009 da man de Pedro Yáñez Britos e Antonio Parada Fernández. Actualmente teñen catro casas arranxadas e outras dúas que o estarán de cara ao verán, así como un bar restaurante. Das que teñen en funcionamento, tres son apartamentos de dúas habitacións con baño compartido e a outra ten tres habitacións con baño incorporado en cada unha. Pódese contratar tanto a casa enteira como unha ou varias habitacións con dereito a cociña e salón. A contorna, na serra do Courel, ofrece un montón de posibilidades, desde rutas de sendeirismo e trekking ata actividades de caza e pesca, ademais doutras de aventura pensadas para grupos amplos. A súa situación preto da Ribeira Sacra tamén a converte nun punto de aloxamento interesante para coñecer a zona.
Saa – A Pobra do Brollón – 646 958 027 www.aldearuralobusto.es
AS RODAS Este establecemento sarriao ofrece servizo de aloxamento, restaurante e café bar. Os seus donos, Juan Manuel Vázquez e Vanesa López, reabrírono o pasado 8 de novembro despois de afrontar unha renovación completa de todas as instalacións. A pensión conta con 6 habitacións dobres, todas con baño incluído. A especialidade do restaurante son as carnes á brasa, aínda que na carta teñen unha gran variedade de propostas culinarias, desde ensaladas e arroces, pasando por tostas, peixes e carnes ata as saborosas sobremesas caseiras, que tamén fan para levar por encargo. Ademais, traballan o menú do día, de 9 euros, de luns a venres, e de 13,5 euros, nas fins de semana. Acollen todo tipo de banquetes; a súa capacidade é de 90 persoas no comedor mais outras 40 na terraza, que é pechada e ten calefacción. A Valiña, 7 – Sarria – 982 546 749
24
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
O pub Soa leva funcionando no centro de Guitiriz desde hai 27 anos e a súa propietaria desde outubro, Pilar Cruz, traballou nel os últimos 14; por iso, cando os antigos donos se xubilaron ela non dubidou en poñerse á fronte do negocio. O primeiro que fixo Pilar foron algúns cambios na decoración, volvendo ao estilo orixinal: sofás, televisión e música. O Soa abre todos os días a partir das nove e media da mañá como cafetería. Ademais agora, a partir das catro da tarde, abre a parte de atrás do local –que antes só funcionaba como pub–, onde os clientes poden xogar aos dardos e ao futbolín, ver unha película ou un partido de fútbol. Á hora dos viños ofrecen pinchos fríos e tamén traballan como bocadillería. Os venres e os sábados funciona como pub e a música que predomina é o rock and roll.
Rúa do Concello, 2 – Guitiriz– 982 370 603 www.facebook.com/soa.lugo
Nome NOVOS de SOCIOS sección
BRISAY
AS CEPAS
O café bar Brisay leva 6 anos funcionando baixo a dirección de Manuel García Eiras, que fixo unha completa remodelación das instalacións no seu día para modernizalo, xa que o establecemento existía desde hai moitos anos. O viño de colleita é un dos sinais de identidade do local, así como o raxo e as luriñas, que serven en tapas gratuítas coas consumicións ou en racións máis completas. No Brisay tamén ofrecen un menú do día de prato único por 5,95 euros, hamburguesas e unha ampla variedade de racións. Dispoñen de terraza exterior no verán con capacidade para unhas 25 persoas. Abren de luns a sábado ás 8.30 horas e pechan os domingos.
O raxo, a tortilla de patacas, a zorza, as patacas alioli e as patacas bravas, ademais da tapa do día, como poden ser os callos, as fabas con ameixas e gulas, o revolto de gambas con grelos ou mesmo o cocido, conforman as especialidades de As Cepas, que se poden tomar como tapas ou como racións, para gozar destes suculentos bocados en máis cantidade. Esta taberna, situada no barrio da Milagrosa, traballa moito ás horas dos viños e ofrécelles aos seus clientes tanto caldos de colleita coma outros de diferentes denominacións, marcas e anos. En As Cepas tamén fan comidas e ceas para grupos por encarga.
Avenida da Coruña, 257 – Lugo – 982 801 174
Divina Pastora, 6 – Lugo – 982 215 049 www.facebook.com/tabernaascepas
PIZZERÍA BAHÍA
CASTRO
As pizzas artesás deste establecemento monterrosino son tan afamadas que todas as fins de semana se achegan persoas de Lugo e doutras zonas da comarca a propósito para saborealas. Quizais o segredo do seu éxito estea na elaboración a diario da súa masa fresca para ofrecer un produto de excelente calidade. A oferta complétana os bocadillos, as hamburguesas e os sándwichs, así como as táboas de embutidos e queixos, ideais para acompañar calquera dos viños da súa ampla carta, na que se poden atopar referencias procedentes desde a próxima Ribeira Sacra ata outras chegadas de países tan afastados como Chile ou Sudáfrica. O café bar Bahía pecha os xoves, excepto festivos e vésperas de festivos. Conta con terraza no verán.
O albergue Castro inaugurouse en xullo e atópase nun local acondicionado especialmente para acoller estas instalacións. Dispón de 58 prazas divididas en habitacións de 4 liteiras, todas con calefacción e aire acondicionado; os baños son compartidos, aínda que con diferenciación entre homes e mulleres. Entre os servizos que ofrece están os de lavandería, ordenadores con conexión a internet e webcam e wi-fi. O albergue conta cunha cafetería aberta desde as 6 da mañá e cun restaurante con horario de cociña ininterrompido. Nel sérvese un “menú do peregrino” con 8 primeiros pratos e 8 segundos a elixir, a un prezo de 9 euros; ademais, teñen carta e unha ampla variedade de racións.
Benigno Vázquez, 20 – Monterroso – 982 377 477 www.pizzeriabahia.net – www.facebook.com/pizzeria.bahia
Avenida de Ourense, 24 – Palas de Rei – 609 080 655 www.alberguecastro.com www.facebook.com/alberguecastro.palasderey
XUVENTUDE
O RINCÓN
Ana María Vázquez Vilela abriu o café bar Xuventude hai 18 anos en Palas de Rei, en fronte á parada de taxis. A súa clientela, composta case na súa totalidade por veciños da vila de toda a vida, pode gozar dos seus pinchos e tapas tradicionais desde a media mañá para acompañar un viño ou calquera outra consumición. Neste local é habitual ver as persoas maiores pasando o tempo coas partidas de cartas mentres quitan o frío cun rico café. Abren de luns a sábados de sete da mañá a doce da noite e pechan os domingos.
Desde o mes de febreiro, Jesusa Mejuto Castiñeira deulle un novo aire a O Rincón, converténdoo nun café bar e pastelería que, non obstante, ten as pizzas artesás elaboradas con base de torta de trigo como principal atracción gastronómica. A esta oferta únense os bocadillos e, sobre todo, o chocolate con churros que a propia Jesusa elabora a diario. O Camiño de Santiago pasa xusto por diante do establecemento, polo que os peregrinos son unha peza clave para o negocio. Quizais por iso, O Rincón abre todos os días ás 6 da mañá, para que ningún camiñante se quede sen o seu almorzo. Os pasteis tamén son artesanais, aínda que non os elaboran aquí.
Avenida de Ourense, 8 – Palas de Rei – 982 380 093
Avenida de Compostela, 43 – Palas de Rei – 680 297 768 www.facebook.com/cafebarpasteleria.orincon
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
25
NOVOS SOCIOS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
EL MAÑO O antigo Palas é agora El Maño, un café bar máis moderno e acolledor rexentado por José Antonio Herrera Quintillo. Para comer, este establecemento ofrécelles aos seus clientes pratos combinados, hamburguesas e bocadillos, á parte dos pinchos e tapas quentes (zorza, lombo e entreteto con queixo e espetada moura) que serven gratuítamente coas consumicións. Con respecto aos viños, traballan fundamentalmente con caldos galegos e da Rioxa, sen esquecer os “da casa”. O local ten dúas zonas: unha de bar, na planta de abaixo, e outra de relax con mesas e televisión, na de arriba. A idea do propietario é enfocalo tamén como punto de encontro para tomar a primeira copa nas fins de semana. Abre ás 10 da mañá de luns a venres e ás 11 os sábados e domingos. Agro do Rolo, 3 – Palas de Rei – 689 568 542
CAMBIO DE TITULARIDADE
EL POLVORÍN
DARÍO
Desde o mes de xullo, a cafetería El Polvorín ten novos propietarios, Gonzalo Pía e Jesús Vázquez. Este coñecido establecemento hostaleiro do barrio de Montirón funciona como cafetería especializada en almorzos completos a primeira hora da mañá e como tasca o resto do día. O viño dos Peares e as tapas de patacas bravas son as súas especialidades, aínda que a oferta de caldos e pinchos é moi variada. A súa clientela habitual intégrana veciños do barrio e usarios e visitantes do campo de fútbol O Polvorín, pero sempre están encantados de recibir a calquera persoa.
Roberto Martínez López é o propietario único do restaurante Darío desde o mes de outubro. De luns a venres traballan cun menú do día no que ofrecen tres primeiros pratos e tres segundos a elixir a un prezo de 8 euros, ou ben un prato único a 6 euros. Durante as fins de semana e mais os festivos aumentan a sete as propostas a elixir, tanto de primeiros pratos coma de segundos, e o prezo ascende a 12 euros. A partir do mes de xaneiro contarán tamén cunha carta de bocadillos, hamburguesas e pratos combinados enfocada á xente nova. O horario de cociña vai de 13.00 a 16.00 e de 21.00 a 00.00 horas.
Montirón, 55 – Lugo – 982 244 523
Avenida da Coruña, 298 – Lugo – 982 214 751
DARÍO
LOS TILOS
Rocío López Martínez é a propietaria do hotel-pensión Darío desde comezos do mes de outubro. O hotel dispón de 28 habitacións e todas cumpren cos requisitos básicos de accesibilidade. O aparcadoiro ten acceso directo ás habitacións e tamén conta cunha praza para persoas con discapacidade. Outro dos servizos que ofrece é wi-fi gratuíta na totalidade das instalacións. A pensión, situada no edificio contiguo, ten outros 20 dormitorios, a maioría con baño integrado. O servizo de comedor, tanto para os hóspedes do hotel como para os da pensión, téñeno concertado co restaurante Darío, situado na próxima avenida da Coruña.
O propietario do popular Don Mac, Jesús Carral Freire, fíxose cargo do restaurante e café bar Los Tilos o pasado 1 de novembro, un cambio de titularidade que veu acompañado dalgunhas transformacións na decoración e nas propostas culinarias. Os almorzos, para os que ofrecen churros e chocolate, son un dos puntos fortes do establecemento, xunto co servizo de prancha e de cociña en horario ininterrompido de sete da mañá ata a medianoite. En Los Tilos propoñen un menú do día de 9 euros ou, se é de prato único, de 6,5. Á parte, dispoñen dunha ampla carta de pratos combinados, ensaladas, hamburguesas, sándwichs, baguetas etc., así como outra específica para comidas por encarga nas que se pode elixir entre varios entrantes, peixes e carnes.
Rúa do Franco, 12-14 – Lugo – 982 203 483 www.hoteldario.es
26
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
Bispo Aguirre, 15 – Lugo – 982 242 758
Nome NOVOS de SOCIOS sección
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 16
27
NOVOS SOCIOS
28
HOSTELERร A LUCENSE - Nยบ 16
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ