REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA E TURISMO DE LUGO (APEHL)
O POSTO DE … E PARA COMER, LUGO VOLVEU SUBIR Á CARAVANA DA VUELTA A ESPAÑA
A MERLUZA DO PINCHO DE BURELA, PROTAGONISTA NA PROVINCIA 10.º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO Paprica - Gañador
España - 2.º posto
Campos - 3.º posto
Outono 2014
número
18
1. Electricidad: 24% de descuento para tarifas 2.1A, 2.1DHA, 3.0A y 3.1A, a aplicar sobre el término variable de la electricidad durante los 12 primeros meses del contrato. Oferta válida para clientes que contraten la electricidad con Gas Natural Servicios con las tarifas referidas antes del 31/12/2014. Gas: 10% de descuento para tarifas 3.3 y 3.4, a aplicar sobre el término variable del gas natural durante los 12 primeros meses de contrato. Oferta válida para clientes que contraten la electricidad y el gas con Gas Natural Servicios con las tarifas referidas antes del 31/12/2014.
APHL_(210x297+5).indd 1
27/11/14 12:52
EDITORIAL/SUMARIO HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
OS MEUS DESEXOS PARA 2015
SUMARIO
Aproveitando a saída do prelo deste número no Nadal e o costume de escribirlles a carta aos Reis Magos para pedir algún que outro agasallo, en representación de todos os que formades parte da Apehl, e que depositastes a vosa confianza en min, gustaríame deixar de manifesto cales son os meus grandes desexos para o sector da hostalería lucense para o vindeiro ano: Un maior compromiso das Administracións Un compromiso de colaboración para o desenvolvemento de campañas de promoción turística no exterior, fundamentais para incentivar entre os viaxeiros a escolla da provincia de Lugo como destino das súas vacacións. Queremos recibir máis visitantes, que se aloxen durante bastantes días, que se movan polos distintos concellos, que proben os nosos produtos autóctonos e que nos recomenden. Temos unha boa base, unha cociña famosa, fermosas paisaxes, unha ampla rede hostaleira e unha marca propia e representativa, … E para comer, Lugo, e tamén temos ao noso favor unhas estatísticas estatais que sitúan a gastronomía coma un dos principais estímulos para os turistas.
La Vuelta a España 2014 10.º Concurso de Tapas de Lugo Xornadas da Merluza do Pincho de Burela Outras actividades da Apehl Homenaxe nacional á saga do Leytón Lexislación sobre alérxenos Novos socios
4 8 12 13 16 19 21
EDITA: ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA E TURISMO DE LUGO (APEHL) r/ Ramón Montenegro, 15, entresolo 27002 Lugo Tfno.: 982 226 912 Fax: 982 244 256 E-mail: comunicacion@apehl.org Delegación Zona Sur
Un compromiso de discriminación positiva, para fortalecer obrigatoriamente o interior de Galicia, no que nos atopamos, que ten que crecer en igualdade de condicións que o eixe atlántico. Non podemos prescindir de servizos tan necesarios para ser competitivos coma unhas boas comunicacións ou a dotación de centros de formación especializada. A nosa oferta ten que ser como mínimo equiparable á doutros destinos turísticos. Un maior compromiso dos hostaleiros Somos moitos compañeiros na Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo pero podemos ser máis. Cantos máis sexamos, e canto máis participedes en todas as iniciativas (concursos de tapas, xornadas gastronómicas, obradoiros de cociña…), maior forza terán estas actividades entre o público e maior será o retorno.
r/ Zapaterías s/n Torreón da Cárcere Vella 27400 Monforte de Lemos Tfno.: 982 412 050 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org PRODUCIÓN: Transmedia Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, entresolo A Tfno.: 982 221 278 E-mail: transmedia@ctransmedia.com DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008
Como cremos nos contos, esta carta non será papel mollado na caixa do correo de Oriente. Felices festas!
- Productos de limpieza - Detergentes y sistemas para lavandería - Celulosa - Complementos - Servilletas y palillos con la marca . . . E para comer, Lugo - Realizamos impresiones
HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN
Laxosa, 7 27163 O Corgo (Lugo) Telf.: 982 300 001 / Fax: 982 300 969 exreija@exreija.es
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
3
NOVAS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
O POSTO DE … E PARA COMER, LUGO VOLVEU SUBIR Á CARAVANA DA VUELTA A ESPAÑA A Apehl, co apoio de Turismo de Galicia e coa colaboración de varios consellos reguladores e asociacións de produtores, deu a coñecer a provincia luguesa como destino turístico en todas as etapas da competición ciclista por terceiro ano consecutivo.
Saída de etapa desde Cádiz
O stand de … E para comer, Lugo instalouse na zona VIP das 21 saídas de etapa da 69.ª edición da Vuelta Ciclista a España, por onde pasaron veciños das localidades anfitrioas, ciclistas, patrocinadores, xornalistas, representantes da vida pública e afeccionados de múltiples nacionalidades. O persoal da Apehl que atendeu o posto serviu diariamente numerosas especialidades gastronómicas elaboradas con produtos autóctonos facilitados de xeito altruísta polos consellos reguladores da DO Ribeira Sacra, Ternera Gallega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo San Simón da Costa, Queixo do Cebreiro, Pataca de Galicia, Castaña de Galicia, Grelos de Galicia, Pemento de Mougán e Agricultura Ecolóxica de Galicia, así como por Asoporcel, Avimós, Asovega, Fabas de Lourenzá, Armadores de Burela e Daveiga. Ademais, levouse a cabo unha promoción informativa dos atractivos
4
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
da provincia a través da distribución da guía turística … E para comer, Lugo. Entre as caras coñecidas que este ano se fotografaron co cartel de … E para comer, Lugo están o cinco veces gañador do Tour de Francia, Miguel Indurain; o cantante David Demaría; o músico e intérprete Serafín Zubiri; os xornalistas Alfredo Relaño e Tomás Roncero; o director de La Vuelta, Javier Guillén, e a presidenta da Comunidade Foral de Navarra, Yolanda Barcina. A estes sumáronse varios corredores, tales coma os nacionais Samuel Sánchez, David Arroyo, José Herrada e Gorka Izaguirre ou os internacionais Christopher Froome, Giampaolo Caruso e Dominik Nerz. Etapas galegas A comunidade galega foi a gran protagonista desta edición, xa que por ela discorreron as últimas cinco etapas da proba. Pola zona VIP das saídas pa-
saron persoeiros coma a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o alcalde de Santiago, Agustín Hernández; o alcalde de Lalín, José Crespo, e o seu irmán, Antonio Crespo, director xeral de Agader; os presidentes da Deputación da Coruña e da Deputación de Ourense, Diego Calvo e Manuel Baltar, e o xornalista deportivo Terio Carrera. Segundo Turismo de Galicia, a presenza da marca Galicia na televisión alcanzou un valor de mercado de máis de 186.000 euros. O retorno económico de La Vuelta ao seu paso pola comunidade foi de 4.283.487 euros, dos que máis de dous millóns proviñeron da repercusión mediática. En canto ao beneficio directo, soamente a organización de La Vuelta realizou reservas en 80 hoteis galegos, o que supuxo un total de 2.500 prazas, ás que hai que sumarlles as dos invitados, medios de comunicación e afeccionados.
NOVAS
Degustación de Queixo Arzúa-Ulloa
Degustación de Pataca de Galicia
Borja (Zaragoza)
Logroño (La Rioja)
Ortigueira (A Coruña)
Priego de Córdoba
Cordeiro de Ovella Galega
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
5
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
NOVAS
Winner Anacona
Giampaolo Caruso
Queixo San Simón e crema de Castaña de Galicia
Christopher Froome
O cantante David Demaría
Gorka Izagirre
José Herrada
Juan Carlos Higuero, atleta
VIÑA RIBEIRO do CAMPO www.bodegasdocampo.com
6
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
NOVAS
Dominik Nerz
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia
David Arroyo
Samuel Sánchez
Miguel Indurain
Degustación de Galo Mos
O músico Serafín Zubiri
O xornalista Terio Carrera
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
7
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
O PÚBLICO ELIXIU O PAPRICA GAÑADOR DO 10.º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO O Restaurante España fíxose co segundo posto e o Campos, co terceiro. Os clientes tamén elixiron a proposta do Canela Bakery Coffee coma a mellor tapa ecolóxica e a de Casa D’Auga coma a mellor tapa elaborada con queixo Marqués de Cernadas.
Foto de familia dos premiados coa concelleira de Turismo, o presidente do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, o xornalista Paco Rivera Cela e o presidente da Apehl
O terceiro Concurso de Tapas de Lugo organizado pola Apehl, co patrocinio do Concello e coa colaboración de distintas entidades, celebrouse do 12 ao 30 de setembro. Nesta décima edición participaron 50 locais, servíronse 38.426 tapas –cuxo prezo oscilou entre 1 e 3 euros– e xerouse un volume de negocio superior aos 192.100 euros, co que se melloraron as cifras da convocatoria de 2013. De novo foi a clientela quen escolleu os gañadores e, de acordo co seu ditame, recibiron as placas conmemorativas Paprica, vencedor do concurso; Restaurante España, segundo clasificado; Campos, terceiro clasificado; Canela Bakery Coffee, coma mellor tapa ecolóxica, e Casa D’Auga, coma mellor tapa elaborada con queixo Marqués de Cernadas.
8
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
O resto dos títulos do palmarés dependeu da decisión dun xurado técnico integrado por Beatriz Díaz Fernández, profesora de Hostalería e Turismo do IES Hotel Escuela de la Comunidad de Madrid; Miguel Ángel Echalecu, chef de El Celler de Monforte de Lemos, gañador do 6.º Cume Tapas; Alberto Lareo, chef do Restaurante Manso de Santiago de Compostela; Pepe Beiro, en representación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e o xornalista e blogueiro lugués Paco Rivera Cela. Do 6 ao 9 de novembro, os membros deste xurado percorreron os dez establecementos máis votados polo xurado popular para catar e valorar as súas propostas e outorgar os títulos de mellor tapa tradicional,
que recaeu en El Riba; mellor tapa creativa, que foi para o Paprica, e mellor maridaxe con viño da denominación de orixe Ribeira Sacra, que logrou a Casa D’Auga. Agasallos para os clientes O público do certame tamén foi obsequiado, xa que se celebraron dous sorteos de regalos. Entre os máis de corenta premios repartidos houbo un cruceiro polo Mediterráneo para dúas persoas; unha fin de semana en Londres, tamén para dúas persoas; estancias en casas de turismo rural, en balnearios e en hoteis da provincia; rutas en catamarán pola Ribeira Sacra; rutas a cabalo; ceas en restaurantes e lotes de viño.
NOVAS GAÑADOR E MELLOR TAPA CREATIVA
2.º POSTO
Vieira, fideos de cabaciña aromatizados con soia, cervexa 1906 e laranxa, tempura de codium fresco e caviar de soia, salsa de ostras e teriyaki
Pescada de Celeiro a baixa temperatura, “bocabits” de luriña e xeado de tomate asado
aña
Restaurante Esp
3.º POSTO
Tapa de tempada con tronco de bonito de Burela acompañado por unha suave salsa de manga agridoce, cogomelos confeitados e unha xuliana de feixón salteado
Campos
Paprica MELLOR TAPA ECOLÓXICA
Tapa doce de xeado de iogur ecolóxico, tofe, Peta Zetas e chocolate
Canela Ba k Coffee ery
MELLOR TAPA ELABORADA CON QUEIXO MARQUÉS DE CERNADAS E MELLOR MARIDAXE CON VIÑO DA DO RIBEIRA SACRA
Crocante de tartar de carne recheo de queixo do Cebreiro Marqués de Cernadas
Casa D´Auga
MELLOR TAPA TRADICIONAL
Hamburguesa deconstruída de tenreira con cogomelos e pementos, cun toque de cebola crocante e alioli e rematada cun ovo de paspallás
El Riba
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
9
NOVAS Concurso no Facebook Este ano púxose en marcha un certame fotográfico na páxina do concurso en Facebook, na que se buscaba a instantánea máis orixinal da competición. O gañador foi Emilio López Carral, ao que se premiou cunha cea para dúas persoas. Visita de blogueiros A fin de semana do 20 e 21 de setembro visitaron Lugo os blogueiros especializados en gastronomía Juan Carlos Alonso (A Coruña), Javier Castro (Madrid) e Pau García Solbes (Valencia) para probar as propostas do Concurso de Tapas. A súa presenza na cidade formou parte da campaña de promoción de turismo urbano e gastronómico “De Tapas por Galicia”, impulsada por Turismo de Galicia. Posteriormente, cada un deles publicou unha entrada no seu respectivo blog –El Pachinko, no caso de Pau García Solbes; Gastronomía en verso, no de Juan Carlos Alonso, e Viajes de primera, no de Javier Castro–, onde achegaron opinións moi positivas sobre o certame, sobre a gastronomía e, en xeral, sobre a súa estancia na capital luguesa.
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ Non obstante, a Apehl, debido á alerta de falta de comida lanzada pola presidenta desta organización, Amadora Núñez, adiantou a doazón prevista e entregou 1,5 toneladas de macarróns antes do inicio do concurso. O alimento foi adquirido coa mesma cantidade de diñeiro reunida no certame do ano pasado (1.500 euros).
A devandita entrega tivo lugar no Cash-Ifa do Ceao e nela participaron a presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez; o encargado deste establecemento, Carlos Díaz; o presidente e mais o vicepresidente da Apehl, Cheché Real e José Manuel Cela, respectivamente, e voluntarios do Banco de Alimentos.
De esquerda a dereita, Pau García Solbes, Javier Castro, Juan Carlos Alonso e Cheché Real
Unha competición solidaria Un ano máis, o Concurso de Tapas de Lugo converteuse nunha ferramenta de axuda para os máis necesitados. Todos os locais competidores tiveron a disposición do público unhas urnas de cerámica de Gundivós doadas polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para recadar fondos para o Banco de Alimentos de Lugo. Acto de entrega de 1,5 toneladas de macarróns ao Banco de Alimentos de Lugo
Dosgar
Pol. Ind. O Ceao, Rúa das Cesteiras, 5 27003 - LUGO Teléfono: 982.20.91.84 · Fax: 982.20.91.12 e-mail: dosgar@amh.es
10
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
NOVAS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
A MERLUZA DO PINCHO DE BURELA, PROTAGONISTA EN 32 RESTAURANTES
De esquerda a dereita, o xerente de Absa, o alcalde de Burela, o director comercial de El Progreso e o presidente da Apehl
O pasado 14 de novembro arrancaban as Xornadas de Exaltación da Merluza do Pincho de Burela, que organizou a Apehl, xunto con El Progreso e mais con Armadores de Burela (Absa), en colaboración co Concello de Burela e coa Fundación Expomar, e estendéronse ata o 30. Durante os 15 días que permaneceu esta nova iniciativa gastronómica, a pescada do pincho de Burela foi o ingrediente protagonista na cociña de 32 establecementos participantes de distintos municipios tanto da Mariña coma das restantes comarcas lucenses, todos eles socios da Apehl. Os restauradores ofreceron saborosas e variadas propostas culinarias de base tradicional, como a pescada á galega ou con salsa verde, e innovadora, con Chantarelus, en salsa de caviar de ourizo con ameixas, en salsa de nécoras ou como recheo de filloa. Estas xornadas, que tiveron unha grande acollida entre o público, puxéronse en marcha co fin de dar a coñecer un produto de máxima calidade que para Burela ten moita repercusión económica, ao mesmo tempo que se fixo promoción turística da costa lucense e mais da hostalería da provincia.
12
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
NOVAS
O POSTO DE … E PARA COMER, LUGO PARTICIPOU NA GALA DOS 75 ANOS DA AXENCIA EFE O posto de … E para comer, Lugo, que percorreu a xeografía española na caravana da Vuelta Ciclista a España, estivo presente na festa de conmemoración do 75 aniversario da Axencia EFE, celebrada o 18 de setembro no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela e na que se inaugurou a exposición EFE, 75 anos en fotos. A asistencia do posto á efeméride partiu do propio persoal da Axencia EFE que, logo de observar o bo labor de promoción do turismo e da gastronomía da provincia nas diferentes saídas de etapa da competición deportiva, quixo que a marca gastroturística promovida pola Apehl formase parte da celebración. O restaurante que ofreceu o catering elaborado con produtos autóctonos lucenses foi o Porta Santiago, radicado na cidade
amurallada. No acto tamén colaborou a Asociación de Fabricantes de Pan da Provincia de Lugo (Afapan). Á conmemoración asistiron máis de 150 persoas de diferentes ámbitos da vida pública, entre eles o presidente
da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Lugo, José López Orozco; o alcalde de Santiago, Agustín Hernández; o ex-presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e o actor e presentador Francis Lorenzo.
O equipo da Apehl con Francis Lorenzo
CHECHÉ REAL ASISTIU Á PRESENTACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA TAPA EN MADRID O presidente da Apehl, Cheché Real, participou na festa de presentación da terceira edición do Día Mundial da Tapa, que tivo lugar no restaurante Lateral de Madrid o pasado 29 de setembro. O evento contou coa presenza do chef David Muñoz e incluíu un show cooking a cargo do cociñeiro Enrique Díaz. O Día Mundial da Tapa é unha iniciativa organizada pola Asociación Saborea España, que pretende pór en valor, tanto fóra coma dentro das nosas fronteiras, a cultura do tapeo como elemento diferencial da gastronomía e da sociedade españolas. Entre as accións conxuntas que se levaron a cabo simultaneamente por toda España con motivo da celebración, a Federación Española de Hostalería (FEHR) fixo especial fincapé na promoción dos concursos de tapas, da que a provincia lucense se beneficiou de xeito especial por coincidir co desenvolvemento do 10.º Concurso de Tapas de Lugo.
O presidente da Apehl co chef David Muñoz e mais co secretario e o presidente da FEHR
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
13
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
A APEHL ASINOU UN ACORDO DE COLABORACIÓN CO CLUB DEPORTIVO LUGO
De esquerda a dereita, Cheché Real, José María Seijas, José Bouso e Daniel Fernández
O 21 de novembro, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), representada polo seu presidente, Cheché Real, asinou un convenio de colaboración co Club Deportivo Lugo no que tamén participou José María Seijas, no nome da Federación de Comercio de Lugo. O director de Marketing do CD Lugo, Daniel Fernández, agradeceulles a ambas as organizacións o seu apoio na campaña de captación de socios e reivindicou “que todo o mundo pode axudar ao Club cun simple carné”, isto é, cun abono desde 120 euros, un distintivo para entidades colaboradoras cun custo de 200 euros ou, por 300, formando parte do mapa de establecementos copartícipes que se publican habitualmente nos medios oficiais do CD Lugo (www.cdlugo.com, redes sociais e xornal Forza Lugo Sport). Cheché Real afirmou que lles insistirán máis aos asociados “na importancia de que o Lugo estea en Segunda” e de que leva o nome da cidade máis aló do imaxinable. Neste sentido, o presidente da Apehl referiuse a que o camiño é tratar de colaborar no que se poida co Club.
14
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
NOVAS
DEPORTE E GASTRONOMÍA UNIDOS NO I TORNEO DE GOLF … E PARA COMER, LUGO O día 30 de setembro a sede da Apehl acolleu a presentación da primeira edición do torneo de golf ... E para comer, Lugo, na que participaron o presidente e o vicepresidente da Apehl, Cheché Real e José Manuel Cela, e o presidente do Club de Golf de Lugo, Ignacio Somoza.
grazas á colaboración de 27 establecementos hostaleiros lucenses, que achegaron unha trintena de
premios, como comidas e ceas gratuítas, produtos gastronómicos e descontos en consumicións.
A competición levouse a cabo nas instalacións do club o 11 de outubro, no marco das festas de San Froilán, e levou a vitoria o golfista Jesús Ouro Barba. Aínda así, os 30 primeiros clasificados tamén tiveron un pequeno recoñecemento
MONFORTE CELEBROU O SEU PROPIO AKELARRE O DÍA DE TODOS OS SANTOS
PEQUENOS COCIÑEIROS EN TAPALANDIA
Na madrugada do sábado 1 de novembro, Día de Todos os Santos, a Apehl organizou na súa delegación da zona sur un peculiar evento lúdico, O Aquelarre das Meigas, no que puideron participar todas as mulleres que así o desexasen. Tratábase de se caracterizar de meigas co fin de aspirar ao título de Meiga Maior, así como de gozar dos descontos que lles aplicaban ás que fosen disfrazadas aos 15 establecementos colaboradores, entre os que se atopaban restaurantes, cafeterías e locais de copas da capital da Ribeira Sacra.
No ecuador do verán, concretamente o 8 de agosto, a delegación da zona sur da Apehl, en colaboración co Centro do Viño da Ribeira Sacra, organizou “Tapalandia”, unha xornada gastroeducativa sobre a cultura da tapa dirixida a nenos de entre 8 e 12 anos. Nela elaboráronse diferentes tapas, bebidas e sobremesas, que os pequenos puideron degustar ao termo da actividade, baixo a supervisión do cociñeiro Damián Seijas. A asistencia incluíu unha visita educativa guiada polo Centro do Viño, así como o material, a vestimenta de cociña e mais o diploma de participación.
xurado profesional elixiu a Meiga Maior da Ribeira Sacra 2014. Para completar a xornada, a Apehl non quixo esquecer os cativos, que tiveron a oportunidade de participar en Bruxilandia, un taller de carácter gratuíto que se desenvolveu durante todo o día na Casa da Cultura de Monforte.
Ás 12 da noite tivo lugar a reunión das meigas na praza de España, que foi amenizada polo Club Quicela e pola Asociación Cultural Amigos da Pandeireta. A festa deu remate co concurso, onde un
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
15
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
A SAGA HOSTALEIRA DO LEYTÓN RECIBIU UNHA HOMENAXE NACIONAL EN TOLEDO O propietario do hotel restaurante Leytón de Foz, Ángel López-Leytón, participou en Toledo na Homenaxe ás Sagas Hostaleiras organizada pola Federación Española de Hostalería, xa que o establecemento que dirixe foi un dos premiados este ano polos seus compañeiros de profesión.
De esq. a dta., José M.ª Rubio, presidente da FEHR; Ángel López-Leytón, o homenaxeado; Manuel Romero, xefe de Hostalería do Grupo Calvo, e Luis González, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Toledo
Con este acto, celebrado o día 15 de outubro no marco do XV Congreso Nacional de Hostalería, a Federación Española de Hostalería (FEHR) quixo distinguir as familias que souberon transmitir de xeración en xeración o esforzo polo traballo ben feito e o coidado servizo ao cliente. Nesta ocasión, un dos establecementos homenaxeados polo sector, a proposta da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), foi o Leytón. Preto de 70 anos de historia Tras varios anos traballando nun pequeno bar familiar, o matrimonio formado por Ángel López Leytón e Carmen Teijeiro decidiu probar sorte coa súa propia empresa e, en 1946, iniciou a construción do hostal Leytón, que integraba un restaurante con capacidade para 60 persoas e un pequeno bar. Os seus fillos maiores, Ángel e María del Pilar, axudaban no bar, o que fixo que
16
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
Ángel se sentise atraído polo mundo hostaleiro e estudase na Escola Superior de Hostalería de Madrid para, posteriormente, trasladarse a Alemaña a facer prácticas. Ao regresar a Galicia casou con Conchita Rubal e ambos se sumaron ao negocio familiar, do que colleron as rendas en 1981, tras o falecemento do fundador da saga. As catro fillas de Ángel e Conchita, Inma, Catalina, Lara e Carmela,
tamén se formaron en diferentes ramas relacionadas co turismo e a hostalería e uníronse de distinto xeito ao Leytón, chegando á terceira xeración. Dende a súa orixe, o hotel experimentou numerosas ampliacións e transformacións, modernizándose e adaptándose aos tempos. Hoxe, este establecemento é un referente hostaleiro na provincia de Lugo.
Ángel e Conchita (no centro), coas súas fillas Catalina, Carmela e Lara
E S TA A S O C I A C I Ó N DÁ M O I T O ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA E TURISMO D E L U G O
APOIO PERSONALIZADO AO EMPRESARIO Servizos xerais Trámites ante o Servizo de Turismo Elaboración de listas de prezos Follas de reclamacións Cartelería informativa regulamentaria (tabaco, alcohol...) Asesoría xurídica Concertada con Álvarez Real en distintas delegacións: Lugo, Chantada, Escairón, Quiroga, A Barrela, Guitiriz, Bretoña, A Pontenova e Ribadeo Asistencia laboral Tramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nóminas, seguros sociais e certificados de retención (cota de 8,30 €/mes nómina) Negóciase coas Centrais Sindicais o Convenio de Hostelería e infórmase aos asociados do contido do mesmo e das súas novidades Póliza de seguros colectiva Para cubrir a morte ou a incapacidade derivadas dun accidente de traballo que establece o convenio colectivo do sector (13 € traballador/ano) Formación específica do sector Organización de concurso de tapas
IMPORTANTES DESCONTOS EN PRODUTOS E SERVIZOS Consumo de propano líquido (5 cts./kg) Recibos da SGAE, AGEDI e AIE (10 % desconto) Prevención de riscos laborais APPCC, Manipulador de alimentos Inspeccións eléctricas Recollida de aceite Descontos en consumos de gas e luz Sistemas de alarmas Servizo de traumatoloxía e outros
OFICINAS DA ASOCIACIÓN r/ Ramón Montenegro, 15, entresolo 27002 Lugo Tfno.: 982 226 912 Fax: 982 244 256 E-mail: comunicacion@apehl.org Delegación Zona Sur r/ Zapaterías s/n - Torreón da Cárcere Vella 27400 Monforte de Lemos Tfno: 982 412 050 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org
COTAS MENSUAIS Sen empregados
10 €
PROMOCIÓN
De 1 a 5
14 €
Promoción da gastronomía lucense
De 6 a 10
22 €
De 11 a 15
37 €
De 16 a 25
50 €
De 25 en diante
59 €
Difundimos a marca …E para comer, Lugo en feiras sectoriais, medios de comunicación e puntos turísticos
Publicidade dos asociados en Internet Publicamos noticias de interese dos establecementos asociados na páxina web www.eparacomerlugo.es e nas redes sociais Síguenos en:
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS
A MARCA GASTROTURÍSTICA ... E PARA COMER, LUGO VIAXARÁ A FITUR NO MES DE XANEIRO A Apehl viaxará á Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) o vindeiro mes de xaneiro para presentar un ano máis a guía ... E para comer, Lugo, que cumpre xa a súa oitava edición.
O volume complétase cun directorio dos locais hostaleiros asociados á patronal lucense. De novo será Cheché Real, presidente da Apehl, o embaixador deste acto cuxo principal obxecti-
vo é dar a coñecer os valores que reúne a provincia de Lugo e convertela nun destino turístico de nivel nacional e internacional.
A asociación volve á capital para representar a provincia neste grande evento no que se dan cita recoñecidos lucenses residentes en Madrid, así como responsables das administracións local, provincial e autonómica. O anuario, que sae á rúa a comezos de ano cunha tirada de 15.000 exemplares, en versións castelá e inglesa, ofrece información e fotografías dos 67 concellos que conforman a provincia, aínda que en cada edición pon a mirada en diversos aspectos, que van dende a panorámica xeral da primeira guía, as súas festas, os Camiños de Santiago e as súas paisaxes de auga ata a súa gastronomía.
‘LUGO, OUTRAS MIRADAS’ Con este lema, a Apehl puxo en marcha en novembro un novo proxecto co fin de difundir nas redes sociais os valores turísticos do territorio lucense a través da ollada da xente. “Lugo, outras miradas” é unha acción interactiva aberta a toda a cidadanía para que comparta as fotos dos seus lugares favoritos e/ou representativos dos diversos concellos da provincia con base en catro áreas temáticas: gastronomía, festas e tradicións, paisaxes e patrimonio. As imaxes recibidas publicaranse nun álbum comunitario creado para a ocasión no perfil de Facebook ... E para comer, Lugo, para que sexan visitadas polo maior número de usuarios.
18
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
OBRADOIRO DE COCIÑA DO NADAL PARA NENOS Durante o período de vacacións do Nadal, a Apehl ofrece unha alternativa de ocio dirixida aos máis cativos na que se mesturan a diversión e a aprendizaxe. Trátase dun novo obradoiro de cociña infantil que a asociación organiza na súa sede de Lugo, tras o éxito nos desenvolvidos no mes de xuño. Desta volta o taller será en horario de 09.30 a 14.30 horas os días 29 e 30 de decembro e o grupo de aprendices de cociña estará integrado por nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, que elaborarán os seus propios pratos axudados polo chef Alejandro Méndez Lázare, do restaurante Arrocería Os Cachivaches.
Nome LEXISLACIÓN de sección
EN QUE LLE AFECTARÁ A NOVA NORMATIVA SOBRE ALÉRXENOS AO SECTOR HOSTALEIRO? Tras a recente aprobación do regulamento europeo sobre información aos consumidores, o Goberno vai adaptar a lei ao ordenamento xurídico español vía real decreto co fin de que estes poidan decidir con coñecemento de causa e usar os alimentos de xeito seguro. Federación Española de Hostalería (FEHR) O día 13 de decembro entrou en vigor (por aplicabilidade directa) o Regulamento n.º 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello de 25 de outubro de 2011 sobre información facilitada ao consumidor. Unido ao anterior e facendo uso da potestade que o regulamento da UE lle outorga, o Goberno está a preparar a transposición do citado regulamento ao ordenamento xurídico español vía real decreto co fin de definir dun xeito máis claro determinados conceptos. A expensas de que se publique o real decreto que está a preparar o Goberno e que esperamos que vexa a luz antes de fin de ano, o que si se pode adiantar é que este regulamento suporá un cambio na relación entre os clientes e o establecemento hostaleiro, no que a información sobre alérxenos se refire. O obxectivo xeral deste regulamento é que a información facilitada sexa a base para que o consumidor final tome decisións con coñecemento de causa e utilice os alimentos de forma segura. A información de calquera alimento haberá de ser precisa, clara e fácil de comprender para o consumidor. Por tanto, e de acordo co establecido no citado regulamento, en todo alimento non envasado (alimentos non envasados, envasados no lugar
de venda a petición do cliente ou envasados para a súa venda inmediata) será obrigatorio indicar todo ingrediente ou coadxuvante tecnolóxico (ou substancia que derive destes incluída no anexo II do regulamento) que cause alerxias ou intolerancias e se utilice na fabricación ou elaboración dun alimento e siga estando presente no produto acabado, aínda que sexa dunha forma modificada (indicándoo coa palabra “contén”). Da lectura do regulamento claramente se desprende que se trata dunha normativa pensada principalmente para os alimentos envasados de todo tipo (alimentos de quinta gama, precocinados, preelaborados etc.) pero, no que se refire aos alimentos non envasados (artigo 44 do regulamento), infírese que haberá de indicarse nos menús e cartas dos establecementos os alérxenos que pode atopar o cliente nos pratos que se ofertan.
EN TODO ALIMENTO NON ENVASADO SERÁ OBRIGATORIO INDICAR TODO INGREDIENTE OU COADXUVANTE TECNOLÓXICO QUE CAUSE ALERXIAS OU INTOLERANCIAS
Con carácter xeral, a listaxe de produtos susceptibles de producir reaccións alérxicas e intolerancias (anexo II do regulamento), sobre os que haberá que informar expresamente a aqueles clientes que soliciten información específica por atoparse afectados por algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria, son: - cereais que conteñan glute - ovos e produtos a base de ovo - crustáceos e produtos que incorporen crustáceos na súa composición - moluscos e produtos que incorporen moluscos na súa composición - pescado e produtos a base de pescado - cacahuetes e produtos que incorporen cacahuete na súa composición - soia e produtos que incorporen soia na súa composición - leite e todos os seus derivados, así como produtos que incorporen lactosa na súa composición - froitos secos: améndoas, abelás, anacardios, noces pecanas, castañas, pistachos, macadamias, os derivados de froitos secos ou produtos que os incorporen na súa composición - apio, mostaza, sésamo, altramuces ou produtos elaborados a base deles ou os integren na súa composición - dióxido de xofre e sulfitos cando se atopen en concentracións superiores a 10 mg/kg ou 10 mg/litro
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
19
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ LEXISLACIÓN Segundo a información dispoñible no proxecto de real decreto polo que se aproba a norma xeral relativa á información alimentaria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades, dos envasados nos lugares de venda por pedimento do comprador, e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo, e remitido pola Subsecretaría/Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, pódese adiantar, coas cautelas necesarias – xa que nin se produciu ata o momento aprobación por parte do Goberno nin, por tanto, se publicou no Boletín Oficial do Estado–, que se atopa neste momento á espera do trámite de informe do Consello de Estado.
Neste sentido e á espera da concreción coa que se presume que chegará o real decreto que o Goberno está a preparar, a FEHR está a traballar na elaboración dos contidos formativos para prover os empresarios, profesionais e traballadores do sector dos coñecementos e ferramentas suficientes para poñer en funcionamento o regulamento comunitario nos diferentes tipos de establecementos do sector e nunha carta en liña sobre alérxenos
e demais información nutricional, adaptable a cada establecemento hostaleiro. Malia que aínda é un proxecto en fase de desenvolvemento, espérase que durante o período de posta en funcionamento do regulamento estea plenamente operativo. A Apehl organizará xornadas informativas sobre esta nova normativa.
Respecto da información que se forneza sobre alérxenos, esta deberá ser accesible aos clientes sempre antes de que se produza o acto de compra. Do mesmo xeito, a información poderá estar dispoñible de maneira escrita, oral ou en formatos electrónicos, sempre que se asegure que sexa accesible a todos os clientes sen cargo ou custo adicional. Ademais, a información prestarase en lingua española, oficial do Estado, e na correspondente cooficial nas comunidades autónomas conseguintes. Agora ben, a prestación doutra información nutricional será de carácter voluntario por parte do establecemento. Unido ao anterior, é previsible que se acorde a aplicación dun período transitorio de ao redor de seis meses ante a complexidade da adaptación que han de asumir as empresas.
20
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
FORMACIÓN De xullo a novembro a Apehl levou a cabo dous cursos relacionados co sector, que se desenvolveron no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. O primeiro estaba destinado a persoas en situación de desemprego en xeral e o seu obxectivo principal era a procura de
persoal cualificado para a súa inserción no mercado laboral; no caso do segundo, dirixido a persoas menores de 30 anos, buscábase a inserción dos máis novos ao mercado de traballo. Ambos os dous cursos incluíron un módulo de prácticas en empresas asociadas.
Nome NOVOS LEXISLACIÓN de SOCIOS sección
O POZO
EL DESTINO
Este café bar está enfocado á preparación de bocadillos, hamburguesas e racións, aínda que tamén ofertan segredo ibérico á grella para comidas de grupo, sempre con encarga previa. Abre ás 6 da mañá e vende os cafés a 90 céntimos. Nas fins de semana, está orientado á primeira copa e, de cando en cando, acolle actuacións musicais de grupos locais. Este local tamén é punto de selado de quinielas.
Este café bar cumpriu o seu primeiro aniversario en setembro. Para almorzar ofrecen chocolate con churros, ademais de infusións, bolería variada, tostas e zume natural. Outro dos puntos fortes de El Destino é o tapeo, xa que con cada consumición agasallan os clientes cun amplo abano de pinchos e tapas de cociña. Aquí tamén preparan racións, bocadillos e hamburguesas, coma a bautizada El Destino. Nos últimos meses están promovendo o “prato do estudante”, unha proposta única a un prezo económico. Este local abre ás 8 da mañá e o seu día de descanso é o domingo.
Praza do Concello, 13 – Outeiro de Rei – 982 393 092 www.facebook.com/profile.php?id=100004792123229&fref=ts
Carril dos Loureiros, 10 – Lugo – 982 871 767 www.facebook.com/eldestino.cafebar
PORTA MIÑÁ
DIVECA
Ao igual cá maioría dos establecementos da zona, o Porta Miñá está enfocado ás racións e mais ao tapeo, mentres que a tortilla e o raxo á pementa son algúns dos aperitivos máis solicitados para acompañar as consumicións. A partir das 12 da noite cambian a iluminación para darlle paso a un ambiente de copas, sobre todo nas fins de semana. Ademais, adoitan facer sorteos de regalos entre os clientes. Abren ás 7 da tarde de martes a domingo. Dispoñen de mesas na peonil rúa do Miño.
A historia deste establecemento comeza en 2007 e a súa vía de negocio está enfocada aos cafés e ao tapeo. Cómpre destacar que recentemente a web www.gastroactitud. com o incluíu dentro dos 40 mellores sitios de España para tomar un café. Cada certo tempo, no Diveca ofertan unha nova proposta culinaria coa idea de sorprender a clientela. Por exemplo, neste momento están funcionando moi ben as tapas de polo kentaki, as tostas e as minihamburguesas. Ademais, preparan bocadillos, sándwichs e racións. O seu horario vai de 7 da mañá a 11 da noite e pechan os domingos.
Rúa do Miño, 29 – Lugo – 982 222 881 / 685 422 659 www.facebook.com/pages/Porta-Miñá-cerveceria/673004709439622?fref=ts
Bolaño Rivadeneira, 2 – Lugo – 982 224 030 www.facebook.com/CafeteriaDiveca – instagram.com/CAFETERIA_DIVECA
D’CASUAL
LA MARUJITA
Na carta deste establecemento, o cliente atopará suxestións coma a costeleta de vaca anella, a hamburguesa D’Casual, croquetas de boletos edulis e xamón e, na parte doce, sobremesas caseiras, entre as que se atopa un dos pratos estrela, a trufa rechea de noz de macadamia con rebozado sorpresa. O tapeo sempre está presente en D’Casual; destacan as salsas alioli caseiras de grelos, de plátano e de piña e alfábega elaboradas con aceite de oliva. Tamén son especialistas en mojitos, que elaboran segundo a receita cubana. Abren de 12.00 a 17.00 h e de 19.30 h a peche. Os domingos pola tarde e os luns pecha.
O antigo pub Cómic é agora La Marujita. Ademais de transformar radicalmente a decoración, o seu propietario decidiu darlle unha nova orientación, e dar comidas con base nas hamburguesas, os pratos combinados e os espetos. Destas e doutras propostas o cliente pode gozar nun comedor situado na primeira planta con vistas á Praza do Campo. Ademais, é un local típico para tomar os viños e probar o saboroso raxo co que agasallan os clientes. Pecha os domingos pola tarde e os luns.
Bispo Basulto, 8 – Lugo – 982 044 211 www.facebook.com/dcasual.lugo - twitter.com/dcasual_lugo
Praza do Campo, 8 – Lugo – 982 060 726 www.facebook.com/profile.php?id=100006094485510&fref=ts
CASA CAÑOTO Julio e a súa muller Marlene son os propietarios deste restaurante desde hai oito anos. A súa especialidade é a comida caseira, en especial a pescada á cazola, o cordeiro e o cocido na época. Ofrecen un menú do día de 10 € que inclúe 2-3 entrantes e 2-3 pratos principais, bebida, sobremesa e café. Acollen todo tipo de banquetes ata onde a capacidade llelo permite: 100 persoas no comedor principal e outras 25 noutro máis pequeno. Dispoñen dunha ampla terraza exterior. Pechan os sábados. Avenida de Lugo, 97 – Monterroso – 982 377 343
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
21
NOVOS SOCIOS
ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ
A CASETA DA BARRA
MIS EN PLAS
Entre as especialidades deste restaurante-polbería, ademais do polbo á feira, atópanse o xamón cocido, os callos, as anguías e o “palleiro”, consistente en tiras de entrecosto sobre patacas palla. Precisamente, o seu prato do día inclúe polbo, xamón cocido, sobremesa e bebida por un prezo de 15 euros. Por outra parte, nestes meses de inverno están ofertando cocidos. Teñen capacidade para arredor de 120 persoas e acollen todo tipo de banquetes. Pechan os luns e o resto da semana abren ás sete e media da mañá.
Este restaurante ofrece unha cociña elaborada coa materia prima de sempre e aderezada cun toque vangardista. Na carta, o cliente atopará algo de todo: entrantes, ensaladas, peixes, carnes, arroces e sobremesas caseiras. Se ben o seu forte é a comida á carta, de luns a venres ofrecen un menú do día por 9 euros. Mis en Plas acolle todo tipo de banquetes ata un máximo de 85 persoas. A súa localización ofrece unhas fantásticas vistas ao porto da vila. Pechan os martes.
Montero Ríos, 28 – Lugo – 982 808 439 www.facebook.com/pages/A-Caseta-DA-BARRA/1506966786215159
Arcadio Pardiñas, 165 – Burela – 982 879 913 www.misenplas.es – www.facebook.com/misenplasburela twitter.com/MisenPlasBurela – instagram.com/misenplas_burela
CERVECERÍA KIKO
A LAREIRA
Que o nome non nos engane porque na Cervecería Kiko preparan todo tipo de comidas en forma de racións e á carta. Peixe fresco, carne de boi e de cordeiro e, previa encarga, mariscos e arroces son algunhas das propostas, ademais de táboas variadas e pratos combinados. Por outra parte, o local está orientado á primeira copa nas fins de semana, bebidas das que os clientes poden desfrutar na súa gran terraza exterior, a carón da praia de Burela. Durante o inverno, esta cervexería pecha os luns. O resto da semana abre abre ás 9 da mañá.
Marina e Teresa eran empregadas de A Lareira ata o pasado 3 de outubro, data na que pasaron a ser as súas novas propietarias. O polbo á feira segue sendo o prato máis demandado pero, para os que non sexan amantes do cefalópodo, ofrecen racións variadas (de luras, de bacallau…), ademais de cocido nos meses de inverno. De luns a sábado teñen un menú do día que inclúe dous entrantes e dous pratos principais a escoller, sobremesa e bebida por 8 euros. Outro dos trazos distintivos do local é o viño ribeiro da casa, que serven nunha cunca branca acompañado dunha tapa de polbo. Pechan os domingos.
Avenida da Mariña, 85 – Burela – 982 585 680
Mallorca, 1 – Lugo – 982 214 810
AS RODAS
VAGALUME
Este establecemento sarriao ofrece servizo de aloxamento, restaurante e café bar. Está orientado cara ao menú do día, tanto para xantar como para a cea, que serven por 9 euros de luns a domingo. Non obstante, as comidas por encarga constitúen outra vía de negocio, non menos importante. O comedor ten unha capacidade para 90 persoas e na terraza, na cal tamén se pode comer, collen outras 40. O hostal conta con sete habitacións dobres con baño integrado.
Situado na emblemática rúa dos pubs da vila, a Duquesa de Alba, o Vagalume ofrece as bebidas espirituosas propias de calquera local nocturno, é dicir, copas e cócteles, e nel pódense escoitar os últimos hits comerciais. O bo ambiente é outro dos seus atractivos, o que fai que moita xente o elixa para gozar dunha noite agradable ao ritmo dos mellores temas musicais.
A Valiña, 7 – Sarria – 622 188 083 www.facebook.com/pages/Hostal-Restaurante-AsRODAS/562180733912147?fref=ts
22
HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 18
Duquesa de Alba, 12 – Monforte
CAMBIO DE TITULARIDADE
CAMBIO 07005 DE TITULARIDADE O 07005 é agora un bar-tenda. Un dos atractivos son as tapas, de entre as que destacan os ovos rotos e as patacas á rioxana. As táboas de xamón e de queixo, tanto para levar como para comer alí, son outras das súas especialidades. Para almorzar, esta cafetería ofrece propostas doces e salgadas e, para xantar, un prato do día. Por outra parte, fan comidas por encarga para grupos de ata 20 persoas. A tenda está enfocada aos produtos ibéricos, os queixos e os aceites. Pechan os luns e o resto da semana abren ás 8 da mañá.
Hermida Balado, 14 – Monforte de Lemos – 982 410 098 - www.facebook.com/cafeteriasietemilcinco.bartienda
Coca-Cola sale de nuevo al encuentro y apoyo
incondicional del hostelero con una novedosa app. Dando un paso más en su compromiso con la hostelería española, Coca-Cola Iberia y Coca-Cola Iberian Partners, presentan ´Whatsred´, una nueva forma de disfrutar el ocio. ‘Whatsred’, entre otras muchas cosas, permitirá al usuario encontrar las mejores propuestas y planes a su alrededor, desde lo más cotidiano, hasta lo más aspiracional: bares, cines, conciertos, restaurantes de menú o de lujo o exposiciones de arte. La clave, será la opción de geolocalización, que permitirá al usuario beneficiarse de contenidos personalizados próximos a su ubicación.
•
Gratuita y libre
De la misma manera, cualquier hostelero podrá publicar sus propuestas de manera completamente gratuita y libre y, gracias a este concepto, contará con una herramienta flexible que le permitirá ir ajustando sus promociones en función de la oferta y la demanda a tiempo real.
La app está operativa tanto para dispositivos iOS como Android, siendo una de sus principales ventajas respecto a lo que existe actualmente en el sector, su accesibilidad y gratuidad, tanto para hosteleros como consumidores.
•
Al Alcance de cualquiera
Se trata, además, de un canal de comunicación directo y sin intermediarios entre oferta y demanda y ofrece la posibilidad de optar entre consumo inmediato o planificado. ‘Whatsred’ es por tanto, una auténtica experiencia al alcance de cualquiera, que no sólo ofrecerá el mejor plan al usuario, sino que cambiará su forma de disfrutarlos. La app inicia su andadura en la hostelería y el ocio, pero su ambición y desafío es convertirse en una plataforma multisectorial de vocación internacional.
El pasado 28 de julio se presentó a los medios de comunicación esta nueva App en un divertido evento en el Matadero de Madrid. En palabras del Presidente de Coca-Cola Iberia, ”se trata de un paso más en el histórico compromiso de Coca-Cola con el sector hostelero. ‘Whatsred’ es una herramienta adaptada a los tiempos y que ha sido diseñada para impulsar la hostelería y el
ocio de nuestro país en una época especialmente sensible para este sector […] facilita la promoción de su negocio así como la fidelización de sus clientes”, afirmaba ante los medios de prensa.