Hostelería Lucense e Turismo 9

Page 1

E

HOSTELERÍA LUCENSE

REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

PARA COMER,

Abril 2011

número

9

A EUROVISIVA LUCÍA PÉREZ, MADRIÑA DO III CUME TAPAS DE MONFORTE

NOVAS XORNADAS REFRESCAN O CALENDARIO GASTRONÓMICO DA PROVINCIA Preséntase a cuarta guía ...E para comer, Lugo en Fitur

O barco …E para comer, Lugo compite na regata Cidade de Vigo

APEHL premia a sete hostaleiros lucenses na súa gala anual



EDITORIAL/SUMARIO

A PROTESTA CONTRA A LEI ANTITABACO CONTINÚA A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) vén

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

SUMARIO

apoiando todas as iniciativas que leva a cabo a Federación Española de Hoste-

NOVA TIRADA DOS BAIXOPRATOS

8

lería (FEHR) no nome do noso sector para protestar pola Lei antitabaco e para

APEHL EN FITUR

10

LATTE ART NA MARIÑA

13

GALA PROVINCIAL DE APEHL

16

REGATA CIDADE DE VIGO

22

MANIFESTACIÓN DO SECTOR

24

intentar conseguir unha medida de conciliación cos dereitos de todos: zonas para fumadores sen servizo de camareiros nin acceso permitido a menores. Cremos que non ten sentido prohibir o uso no interior dos establecementos hostaleiros dun produto de circulación e consumo legal. É inxusto que a única vía para erradicar o tabaco dos hábitos sociais sexa o ataque directo a un sector de actividade de peso, sobre todo tendo en conta que existen alternativas para que

EDITA: ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

seus dereitos, igual que ocorre noutros moitos países da Unión Europea.

r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 Lugo Tfno.: 982.22.69.12 Fax: 982.24.42.56 E-mail: comunicacion@apehl.org

Non nos cansamos de repetir que esta prohibición está causándolle perdas eco-

Delegación Zona Sur

nómicas importantes e innecesarias a un sector que xera riqueza e postos de

r/ San Pedro (Estación de autobuses). Monforte de Lemos Tfno: 982.41.20.50 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org

fumadores e non fumadores disfruten nos locais de ocio sen ver vulnerados os

traballo, que potencia enormemente o turismo e que en contextos de crise pode axudar á recuperación pola súa rápida resposta. No noso caso particular, por exemplo, o sector hostaleiro dálle emprego en toda a provincia de Lugo a unhas

Delegación A Mariña

10.000 persoas.

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 Foz Tfno/Fax: 982.13.30.47 E-mail: delegacionamarina@apehl.org

O último paso dado en contra da Lei antitabaco (Lei antihostalería) está chamado a ser un dos de maior repercusión, pois trátase dunha manifestación nacional

PRODUCIÓN:

organizada en Madrid o 9 de maio pola plataforma Libertad Sin Humo nas véspe-

Transmedia Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, Entrechán A Tfno.: 982.22.12.78 E-mail: transmedia@ctransmedia.com

ras das eleccións, xusto o momento no que esperamos que o Goberno escoite a voz dos hostaleiros con máis atención. Queremos que revisen a nova normativa e a adapten mellor á realidade, queremos que adopten esta solución real que

DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008

lles ofrecemos e que nos beneficia a todos e, por suposto, queremos que vós vos

E

unades á protesta e defendades o voso futuro.

PARA COMER ,

- Productos de limpieza - Detergentes y sistemas para lavandería - Celulosa - Complementos - Servilletas y palillos con la marca . . E para comer, Lugo - Disponemos de planes de limpieza adaptables a todas sus necesidades

HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

3


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ AXUDAS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DOG nº 64, 31/03/2011 Orde do 23 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos restaurantes, e se procede á súa convocatoria para o 2011. As axudas cobren melloras nas instalacións dos restaurantes, para facelos máis accesibles ás persoas con discapacidade e máis sostibles e para renovar e mellorar cociñas, baños, comedores e garaxes ou aparcamentos. Tamén se outorgan subvencións para a incorporación de tecnoloxías na xestión dos establecementos. DOG nº 64, 31/03/2011 Orde do 23 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación de aldeas de turismo rural, a mellora de establecementos existentes de turismo rural e a creación ou mellora da oferta complementaria nos establecementos de turismo rural existentes (como poden ser o enoturismo, turismo mariñeiro, hípica, golf, turismo de natureza…), e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

PROMOCIÓN DO EMPREGO EMPREGO AUTÓNOMO DOG nº 60, 25/03/2011 Orde do 17 de marzo de 2011. Para promover e axudas a financiar aqueles proxectos empresariais impulsados por persoas desempregadas para a creación do seu propio posto de traballo, así como para apoiar a consolidación destes proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada. Son subvencionables as altas realizadas ata o 30 de setembro do 2011.

Hai seis tipos de axuda: polo establecemento como autónomo, financeira, para asistencia técnica, para formación, unha excepcional e pola primeira contratación indefinida. INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E) DOG nº 61, 28/03/2011 Orde do 17 de maio de 2010. Para xerar emprego estable, sobre todo de mozos e mulleres, apoiando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais, con especial atención aos concellos do rural. Concederanse os seguintes tipos de axuda: á xeración de emprego estable, financeira, para asistencia técnica, para o financiamento dos primeiros gastos da actividade, de conciliación da vida profesional e persoal dos promotores e incremento de incentivos. O prazo de presentación das solicitudes de axuda remata o 30 de setembro do 2011. FOMENTO DA CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL DOG nº 61, 28/03/2011 Orde do 4 de maio de 2010. Para contratacións indefinidas entre o 1 de xullo do 2010 e o 30 de setembro do 2011 de desempregados de longa duración, desempregados que esgotaran as prestacións por desemprego, desempregados maiores de 45 anos, desempregados de 30 ou menos anos sen cualificación ou desempregados vítimas de violencia de xénero. INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL DOG nº 61, 28/03/2011 Orde do 4 de maio de 2010. Para contratacións que se realicen entre o 1 de xullo do 2010 e o 30 de setembro do 2011. Son subvencionables os contratos de interinidade con persoas desempregadas por excedencia para coidado de familiares e todas as modalidades contractuais de carácter temporal, cunha duración mínima de 6 meses, que se realicen con persoas desempregadas vítimas de violencia de xénero ou en risco de exclusión social. O prazo de solicitude remata o 30 de setembro do 2011.

PARA AMPLIAR INFORMACIÓN, VER: 64

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

TRANSFORMACIÓN DE CONTRATOS TEMPORAIS EN INDEFINIDOS DOG nº 61, 28/03/2011 Orde do 4 de maio de 2010. Son subvencionables as transformacións que se formalizasen entre o 1 de xullo do 2010 e o 30 de setembro do 2011.

IGAPE PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN GALICIA CON FONDOS DO BANCO EUROPEO DE INVESTIMENTOS DOG nº 63, 30/03/2011 Resolución do 22 de marzo do 2011. Serán susceptibles de financiamento para pemes proxectos en todos os sectores. Por regra xeral, os proxectos deberán prever novos investimentos e/ou intervencións de ampliación ou mellora de instalacións existentes. Só poderán financiarse con fondos do préstamo aqueles proxectos cuxo investimento financiable estea comprendido entre os 240.000 e os 25.000.000 euros.

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, no seu afán de que as nosas pemes avancen nos modelos de xestión e melloren os seus resultados, e ante a chegada do Programa Innoempresa do Igape, proponvos a participación no seguinte proxecto que imos solicitar para os nosos asociados:

Implantación e Implantación e Certificación do Sistema Certificación Sistema de Xestión ISOdo 9001 e ISO de Xestión14001 ISO 9001 e ISO 14001 + + Solución Software de Solución Software de Xestión Avanzada eMIRA Xestión4.0 Avanzada eMIRA integra e de Eficiencia integra Enerxética 4.0 e de Eficiencia Enerxética

www.eparacomerlugo.com



ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ FORMACIÓN

APEHL ESTÁ DESENVOLVENDO FORMACIÓN EN HOSTALERÍA POR TODA A PROVINCIA DE LUGO

O Parador de Monforte acolleu algunhas clases prácticas do curso

Alumnos do curso de “Servizos de restaurante” en Foz

Daniel Romay, impartindo o curso de hostalería da Mariña

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) está impartindo varias accións formativas gratuítas para os beneficiarios, que subvenciona o Fondo Social Europeo e que están enmarcadas na segunda fase do Pacto Provincial polo Emprego. Este Pacto promóveo a Deputación de Lugo para mellorar a cualificación das persoas desempregadas nos sectores de actividade con máis futuro, entre eles o hostaleiro. Dende o mes de marzo e ata agosto, desenvólvense en distintos puntos da provincia tres edicións do curso “Servizos de restaurante”, programado con 540 horas de formación teórica e con prácticas opcionais en empresas, que os alumnos deben solicitar expresamente contactando coa Asociación. O número máximo de asistentes en cada curso é de 12 persoas. O calendario deste curso abriuse o 10 de marzo no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos, onde se celebrará ata o 22 de agosto, con horario de tarde, das 16:00 ás 21:00 horas. Na Mariña lucense comezou o 16 de marzo, concretamente no Centro Social de Foz e co mesmo horario có anterior, e finalizará o 26 de agosto. Para as persoas desempregadas do centro da provincia escolleuse a Casa do Concello de Vilalba como lugar de impartición do curso, dende o 17 de marzo ata o 26 de agosto e polas mañás, das 9:00 ás 14:00 horas. Formación para traballadores APEHL ten solicitados cursos para traballadores en activo da Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) e da Federación Española de Hostalería (FEHR), que serán publicados na web www.eparacomerlugo.com.

6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9



ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

APEHL E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL LANZAN 400.000 BAIXOPRATOS DE ...E PARA COMER, LUGO

Os novos manteis foron presentados o 23 de febreiro polo vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, e o presidente de APEHL, Cheché Real, no Museo Provincial, concretamente na sala onde se recrea unha cociña galega tradicional. Na súa intervención, Antón Bao destacou o esforzo que realiza APEHL para difundir e dar a coñecer os múltiples atractivos turísticos que ten a provincia con proxectos coma o dos baixopratos, nos que a Deputación “pon a súa parte para impulsar o patrimonio cultural”, non só para atraer a atención dos potenciais visitantes, senón tamén para destacar “a nosa propia identidade”. Bao tamén quixo “felicitar e animar á Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, para que continúe realizando este magnífico labor, non só nos seus es-

tablecementos, senón na procura de campañas de divulgación” para promocionar as excelencias de Lugo. Pola súa banda, Real agradeceu a colaboración da Deputación “por apoiar sempre as campañas que pon en marcha APEHL”. Con respecto aos manteis, lembrou que esta iniciativa tivo moito éxito entre os propietarios dos locais hostaleiros, pero tamén entre os turistas, porque o primeiro que fan é “sentar na mesa, apartar o prato e mirar de onde veñen e onde van. O seguinte paso é preguntarlle ao camareiro se poden levarllo, porque lles resulta moi útil”.

FESTA DA CULTURA, CULTURA DAS FESTAS

A CULTURA DO NOSO PAÍS

Unha das caras dos baixopratos está ilustrada con imaxes destas seis celebracións típicas do Entroido lugués: o Entroido Ribeirao (Chantada), O Meco e as Pampónigas (Quiroga), as Danzas da Cervela (O Incio), o Desfile do Oso do Salcedo (A Pobra do Brollón) e as festas das Fachas de Castelo (Taboada) e de Vilelos (O Saviñao), instantáneas acompañadas por textos explicativos dos festexos. Na outra cara figura o mapa da provincia con información sobre a rede viaria, a localización de hoteis, balnearios, establecementos Spa e portos e a relación de museos, cos seus horarios e os teléfonos de contacto.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

Nos baixopratos promociónanse conxuntamente a infraestrutura hostaleira, a rede museística e o Entroido da provincia

Cheché Real e Antón Bao na presentación dos baixopratos, celebrada no Museo Provincial

O deseño dos manteis

68

Na mesma liña, o presidente da Asociación de Hostaleiros lembrou que os 400.000 manteis da primeira edición do pasado ano xa se acabaron en setembro, e informou de que noutras provincias xa están “copiando esta iniciativa”, o que “é un orgullo, porque en Lugo fomos os primeiros”.

ENTROIDO RIBEIRAO

Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao

CHANTADA

Ancrestral Entroido representado en dúas parroquias do concello de Chantada, Santiago de Arriba (Asociación Amigos do Entroido Ribeirao) e Nogueira (Asociación Coto de Nogueira). As súas figuras son os “mecos" (responsables dos "oficios"; as súas vestimentas son roupas estrafalarias), os "maragatos ou peliqueiros" (os gardiáns do Entroido, que visten con pelicas e portan un cinto co que pegan á xente) e o"volante", a figura principal desta festa, que leva un cinto con 24 campaíñas e un "pucho" de flores de papel feitas a man con fitas de moitas cores, creando unha imaxe chea de colorido e ledicia. Percorren a parroquia os domingos Lambedoiro e Corredoiro e o Domingo de Entroido.

A parroquia d’A Ermida celebra a festa dos Remedios (8 de setembro) con esta expresiva representación parateatral. Un veciño caracterizado de figura demoníaca, o Meco, ameaza a vendima.

GAS AS PAMPÓNI O MECO E Souto do Val ación O

Asociac

O INCIO

FESTA DAS FACHAS DE VILELOS

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos

QUIROGA

Unha das manifestacións máis xenuínas do Entroido na provincia de Lugo. O Oso percorre as rúas de Salcedo o Luns de Entroido acompañado dos seus criados. A curiosa comitiva entretense perseguindo os visitantes e manchándoos con carbón.

DESFILE DO OSO DE SALCEDO Asociación de Veciños de Salcedo

A POBRA DO BROLLÓN

A queima de grandes feixes de xestas en plena noite ten unha raíz precristiá. As Festas das Fachas teñen en común o aire de misterio e unha gran beleza estética. En Lugo consérvanse dúas, a de San Martiño de Vilelos (O Saviñao), no mes de agosto, e a de Castelo (Taboada), a principios de setembro.

O SAVIÑAO

Asoci

A parroquia de San Cristovo da Cervela honra a Santa Lucía cunhas danzas cuxa orixe se perde na noite dos tempos. A cerimonia ten lugar o último domingo de agosto. Os danzantes, catro mozos adornados con panos e fitas, móvense arredor da figura da santa dedicándolle múltiples reverencias.

VELA DA CER es DANZASión Os Turulequ

E

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo distribuíu entre os establecementos asociados 400.000 exemplares máis dos baixopratos turísticos de …E para comer, Lugo, correspondentes á súa cuarta edición. É unha iniciativa que APEHL leva a cabo co financiamento da Área de Cultura da Deputación Provincial e coa que promocionan conxuntamente a infraestrutura hostaleira, a rede museística e os festexos tradicionais do Entroido da provincia.

O CASTEL as HAS DE iva As Fach DAS FAC Recreat FESTA ión Cultural e ciac Aso

A

TABOAD


125 Aテ前S REPARTIENDO FELICIDAD


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

APEHL PRESENTOU EN FITUR 2011 O CUARTO NÚMERO DA GUÍA …E PARA COMER, LUGO A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo escolleu a Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) como escenario para o lanzamento dunha nova edición da guía …E para comer, Lugo. A súa presentación reuniu o 19 de xaneiro a coñecidos lucenses afincados na capital, coma Marta Rivera de la Cruz, Jenaro Castro e José Manuel Parada.

De esquerda a dereita, Cheché Real, Carmen Pardo, Roberto Varela, José Ramón Gómez Besteiro e Julio Álvarez

No acto houbo un cheo de público, con máis de oitenta asistentes aos que o presidente de APEHL, José Francisco Real Castro, lles deu a coñecer a guía como “un adianto, en texto e en fotos, do que poderedes descubrir se escolledes a provincia como destino das vosas vacacións”. Real fixo fincapé no “incriblemente variado” abano de paisaxes, monumentos e produtos típicos que ofrecen os municipios lugueses, protagonistas do cuarto número da publicación e homenaxeados no título: Una provincia, 67 paraísos. Acompañárono na presentación a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, que enumerou os activos gastronómicos de Lugo, destacando “o polbo á feira, a empanada, o caldo e as prezadas carnes”; o presidente da Deputación Provin-

10 6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

cial, José Ramón Gómez Besteiro, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela. Varela salientou a achega á promoción turística do anuario, que “recolle moitas das numerosas bondades

enogastronómicas de cada un dos concellos de Lugo”, e referiuse á marca …E para comer, Lugo como “un secreto a voces e un perfecto eslogan que, inda que ronda os 50 anos, non perdeu un ápice de vixencia”.

Á presentación da guía asistiron persoeiros da vida pública


NOVAS

O presidente de APEHL, con autoridades e invitados momentos antes do comezo do evento

O presidente da Xunta de Galicia puido ver a guía na súa visita ao stand de Lugo

UNHA PROVINCIA, 67 PARAÍSOS José Manuel Parada achegouse ao acto de Cuarta etapa da proba por Beatriz Trapote presentación acompañado

O acto congregou, ademais dalgúns persoeiros mediáticos, ao alcalde do Concello de Lugo, José López Orozco; á delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; á xerente de Turgalicia, Carmen Pita, e mais a representantes da hostalería madrileña con orixes lucenses. O evento tamén incluíu a presentación do Padroado de Turismo de Lugo, a cargo do seu presidente, Julio Álvarez. Padroado e APEHL compartiron stand na Feira.

…E para comer, Lugo é un libro trilingüe (galego, castelán e inglés), con formato de revista e moi gráfico, que sae do prelo cunha periodicidade anual e unha tirada de 15.000 exemplares. Despois de promocionar as comarcas luguesas, as festas populares mailas rutas xacobeas, alcanza unha nova entrega cun percorrido pola natureza, o patrimonio e a gastronomía dos 67 concellos lucenses. Ademais, como é habitual, inclúe un directorio dos establecementos hostaleiros da provincia, ordenados por municipios. O obxectivo de APEHL é difundir os atractivos turísticos de Lugo, principalmente entre os visitantes foráneos.

No cóctel que ofreceu APEHL en Madrid víronse rostros moi famosos

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

11 23 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

A HOSTALERÍA LUGUESA VOLVEU AO SALÓN GASTRONÓMICO E TURÍSTICO XANTAR A restauración e a hostalería da provincia de Lugo estiveron presentes un ano máis en Xantar, o XII Salón Galego de Gastronomía e Turismo que acolleu en febreiro a cidade das Burgas. Trátase da cita sectorial máis destacada das que se celebran en Galicia e unha das máis notables no ámbito nacional. O acto oficial do Día da Hostalería de Lugo, celebrado o xoves 3, contou coa intervención, entre outros, do xerente de Expourense e responsable da organización do salón, Alejandro Rubín; a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o presidente de APEHL, José Franciso Real Castro. Tamén asistiron a delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, e o concelleiro de Deportes e Turismo do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío.

restaurador lucense Alberto García, propietario do ‘Mesón de Alberto’. O menú degustación foi elaborado polo seu chef, Jorge García (Koki), con pratos coma o polbo á galega e ao papillot con crema de espárrago branco, os grelos con marisco, o bacallau ao forno con crema de mariscos e pataca rota ou o mousse de queixo con galletas de chocolate e xeado de mandarina, todo regado con viños das denominacións de orixe Ribeiro e Ribeira Sacra.

Pratos do menú lucense

No transcurso dese acto protocolario, Rosa Quintana fíxolle entrega a Real dun agasallo conmemorativo da duodécima edición de Xantar. Posteriormente, a comitiva visitou as distintas casetas da feira e tanto a conselleira coma as demais autoridades pararon no estand da Asociación para ver a guía ...E para comer, Lugo. A comida serviuse no restaurante Festas de San Froilán, rexentado polo

Equipo do restaurante Festas de San Froilán

12 6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

O presidente de APEHL, durante o acto oficial do Día da Hostalería Lucense en Xantar


NOVAS

A DELEGACIÓN DE APEHL NA MARIÑA LUCENSE ORGANIZA DEMOSTRACIÓNS DE LATTE ART A delegación que ten a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo na Mariña lucense vai ofrecer en varios establecementos hostaleiros de Ribadeo, ao longo dos meses de abril e maio, demostracións de latte art a cargo de tres baristas galegos, que foron alumnos do IES de Foz e que foron laureados a nivel nacional. Esta actividade enmárcase na programación do VI Concurso de Tapas “Ribadeo de Tapeo” e faise coa colaboración do Concello ribadense e das cafeterías Xoyma, de Foz, e A Fazenda, de Burela. O ciclo “O mundo do Latte Art” dá comezo o sábado 30 de abril no restaurante La Solana cunha introdución ao mundo do café e mais unha demos-

tración do xuíz barista Hugo López, da cafetería Xoyma.

RESTAURANTE LA SOLANA

DG<6C>O6/

>cigdYjX^ c Vd bjcYd Yd XV[ Z YZbdhigVX^ c V XVg\d Yd mj o WVg^hiV =j\d A eZo! YV XV[ZiZg V NeocW ;do I|XWZe )& Z[ WXh_b |i '.0&& ^ehWi

RESTAURANTE O LAR DE MANOLO

:m]^W^X^ c YZ aViiZ Vgi edg mZci^aZoV YV 8Vbe^dV YZ :heV V '%&% YZ 8ViV YZ 8V[ h Z 8Vbe^dV <VaZ\V YZ 7Vg^hiVh '%%- Ie\ W Fh_[je! YV XV[ZiZg V 6 ;VoZcYV 7jgZaV L[dh[i , Z[ cW_e |i '.0&& ^ehWi 8DA67DG6/

8DC8:AAD 9: G>769:D

RESTAURANTE LA BOTELLERÍA

9ZbdhigVX^ c YZ XdXiZaZg V Xdc XV[ Z aViiZ Vgi YV bVc Yd 8Vbe^ c <VaZ\d '%%. YZ 7Vg^hiVh! L Yjeh 9ekje! XaVh^ÒXVYd YjgVciZ igZh Vcdh XdchZXji^kdh ZcigZ dh &% bZaadgZh cd 8Vbe^dcVid YZ :heV V YZ 7Vg^hiVh I|XWZe - Z[ cW_e |i '.0&& ^ehWi

A seguinte exhibición de latte art acóllea o restaurante O Lar de Manolo o 6 de maio e é cousa de Sofía Prieto, da cafetería A Fazenda, campioa de España de cata de cafés no 2010 e campioa galega de baristas no 2008. A terceira e última demostración está prevista para o 7 de maio no restaurante La Botellería e é de coctelería con café e latte art. Vén da man do campión galego de baristas do 2009, Víctor Couto, clasificado durante tres anos consecutivos entre os dez mellores no campionato de España de baristas. Víctor é, ademais, o primeiro español que se clasifica para unha final nacional nas tres modalidades da profesión: barista, cata de cafés e latte art.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

13 23 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

O BUS LUGOTERRA PROMOCIONA A PROVINCIA POR ESPAÑA COA IMAXE DE LUIS TOSAR A Deputación Provincial de Lugo fichou este ano ao coñecido actor Luis Tosar para a campaña de promoción turística e gastronómica Lugoterra, feita cun bus que viaxa polas principais cidades. O premiado actor de Xustás, Luis Tosar, prestou este ano a súa imaxe á campaña de promoción turística e gastronómica da provincia de lema “Lugoterra, de todo natural. Eu son natural de Lugo”, impulsada pola Área de Turismo da Deputación e identificada por un bus inglés que percorre as cidades españolas. A mañá do pasado 25 de marzo, o propio Luis Tosar deu o pistoletazo de saída deste autobús na Praza Maior de Lugo tras a inauguración da campaña, que reuniu no Círculo das Artes a hostaleiros e a representantes das institucións locais, provinciais e autonómicas.

Tosar estivo presente no acto de inauguración da campaña

O bus Lugoterra partiu ese día da cidade ás 17:30 horas rumbo a Asturias, despois de que o visitaran 400 lucenses. O seu itinerario, de 35 días de viaxe e máis de 3.000 quilómetros, inclúe paradas en Xixón, Santander, Bilbao, Zaragoza, Barcelona, Madrid, Valladolid, Zamora, León e nas principais cidades galegas.

O bus turístico Lugoterra arrincou da cidade amurallada o 25 de marzo

14 6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

O vehículo leva no seu interior todo tipo de información promocional, coma folletos, mapas e guías cos que difundir a oferta hostaleira, gastronómica e cultural da provincia e afianzar un turismo de proximidade. Segundo as estatísticas, unha boa parte dos visitantes que chegan a Lugo proceden das comunidades autónomas do norte e do centro de España.


NOVAS

LUCÍA PÉREZ, MADRIÑA DO CUME TAPAS 2011 A Delegación de APEHL na Zona Sur da provincia presentou a terceira convocatoria do Concurso de Tapas de Monforte, máis coñecido coma o

Cume Tapas, que este ano ten como mestra de cerimonias á representante de España en Eurovisión e veciña do Incio, Lucía Pérez.

O acto, que tivo lugar o 19 de abril nun abarrotado auditorio da Casa da Cultura monfortina, estivo conducido pola xornalista Manola Porto e contou coa participación de Lucía, do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e do presidente da Asociación de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real. O Cume Tapas 2011 celebrarase do 30 de abril ao 17 de maio, con 35 locais hostaleiros a concurso. As súas tapas serán valoradas tanto polo público coma por un xurado profesional, dirixido por Quique Rodríguez.

De esquerda a dereita, Manola Porto, Severino Rodríguez, Cheché Real e Lucía Pérez

Como novidade, nesta convocatoria colaboran na promoción do certame hoteis da Ribeira Sacra, con tarifas especiais durante os días do concurso, e algúns pubs da Duquesa de Alba, onde se poderá seguir coa festa despois do tapeo.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

15 23 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

Gala da Hostalería Lucense 2011

A FESTA DOS HOSTALEIROS DA PROVINCIA RECALOU ESTE ANO NA CIDADE AMURALLADA A tradicional gala que APEHL organiza cada ano para xuntar a hostaleiros de toda a provincia celebrouse nesta ocasión a noite do 21 de marzo no Hotel Méndez Núñez, no centro de Lugo. Como é habitual, aproveitouse esta cita, á que acudiron preto de 250 profesionais do sector, para homenaxear cos galardóns da Asociación a aqueles que dedicaron a súa vida á hostalería e aos que a están promocionando fóra. A cerimonia estivo conducida polo xornalista Antón Grande. A Gala da Hostalería Lucense deu comezo cun animado cóctel na rúa da Raíña, tras o que se desenvolveu a cerimonia de entrega dos premios de APEHL nun renovado salón do Méndez Núñez. O presidente da Asociación, José Francisco Real Castro, aplaudiu na súa intervención a vocación, o carácter emprendedor e a capacidade de traballo comúns aos hostaleiros distinguidos. Orgulloso da unión que manifesta o sector, Real animou aos asistentes a mellorar os negocios agora que están sentadas as bases para un turismo gastronómico: “Na provincia temos moi bos cociñeiros veteranos, novos talentos da gastronomía, moitos produtos con denominación de orixe, cada vez máis establecementos co selo Q de calidade turística e un receitario moi extenso e moi noso”, destacou. A gala contou coa presenza do alcalde do Concello de Lugo, José López Orozco; o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez; o subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, e os vicepresidentes da Deputación, Antón Bao, Lara Méndez e María

16 20 46

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

Xosé Vega Buján. Tamén asistiron, entre outros, a xerente de Turgalicia, Carmen Pita, e o presidente da Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia, Héctor Cañete. A cea correu a cargo do Restaurante España e a festa prolongouse ata a madrugada. Colaboraron na súa realización, tanto coa achega de produtos para a cea coma coa doazón dos regalos sorteados entre os asistentes, as empresas Almacenes Lage, Armadores de Burela, Begano-Coca Cola, Bodegas Val de Quiroga, Cafés

Candelas, Confitería Ramón, Congelados López Freire, Congelados Troulo, Distribuciones Constantino Fagilde, Distribuciones Morandeira, Estrella Galicia, Gadisa-Cash Ifa, Grupo Ingapán, Industrias Cárnicas Lualco e Mariscos del Noroeste, así como os consellos reguladores dos queixos de Arzúa-Ulloa, O Cebreiro e San Simón da Costa, da Ribeira Sacra, de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, de Lacón Gallego, de Mel de Galicia, de Pataca de Galicia e de Castaña de Galicia.


NOVAS

PREMIOS PARA SETE PROFESIONAIS LUCENSES

Gala da Hostalería Lucense 2011

PREMIOS A TODA UNHA VIDA Amparo Yáñez Vázquez (Restaurante Campos, Lugo)

Emilia Vázquez Cadahía (Restaurante Verruga, Lugo)

Amparo naceu no seo dunha familia lancará de canteiros e agricultores, co que a súa chegada aos fogóns produciuse da man dos cociñeiros das casas de comidas da época. No 1952, con 33 anos, colleu as rendas dun negocio de hostalería da rúa Nova, a Casa Campos, onde axiña mellorou instalacións e carta. Xunto co seu marido, facía viaxes matutinas e case diarias á costa para servir marisco e peixe fresco e adquiría caza e produtos autóctonos de temporada, perfilando as especialidades culinarias que hoxe lle dan fama. Cada mañá, Amparo acompaña no seu traballo ao novo equipo de cociñeiros e vén de reformar o negocio. Segue sendo a alma máter do Campos, ao que dedicou toda unha vida. Amparo Yáñez recolleu o premio de mans de

Preparaba o caldo con 6 anos na súa casa de Guntín de Pallares e facíao cos trucos dunha cociñeira habitual das feiras da zona: a súa mai Felisa. Esa cociña das auténticas foi o selo identificador do Verruga dende que se fixo cargo del Emilia nos anos 50. Foi toda unha empresaria, titular do negocio e traballadora nos fogóns, que co apoio do seu marido converteu unha humilde taberna nun prestixioso e popular restaurante. Agora, seguindo unha tradición familiar, Emilia comparte coa súa filla Miluca os seus coñecementos sobre a cociña tradicional galega.

José López Orozco, alcalde de Lugo

A premiada Emilia Vázquez coa vicepresidenta terceira da Deputación, María Xosé Vega Buján

RECOÑECEMENTOS AOS PROFESIONAIS XUBILADOS Enrique Moldes Paredes (Bar Plaza, Lugo)

José Lorenzo Pérez (Hotel Restaurante Mogay, Chantada)

Enrique iniciouse no sector como axudante de camareiro na cafetería Monterrey, na rúa Doutor Castro. Cambiou despois de destino e probou sorte en Barcelona, onde estivo prestando servizo en varios establcementos e onde pegou o salto como emprendedor coa Cafetería Soto, na estación de Sanz. De volta a Lugo, no ano 1979, vinculou vida e traballo ao Bar Plaza ata a súa xubilación.

O Hotel Restaurante Mogay inaugurouse no 1985 na vila de Chantada coa ilusión de José Lorenzo de ofrecerlle á xente un bo xantar dos de sempre nun local que sentisen acolledor coma a propia casa. É dende aquela a marca deste negocio familiar que se anovou no 2001 e tamén a característica de máis proxectos hostaleiros impulsados por José, coma a viñoteca A Faragulla e o establecemento de turismo rural Casa Quinteliña.

A xerente de Turgalicia, Carmen Pita, fíxolle entrega do galardón a Enrique Moldes

José Lorenzo coa delegada territorial da Xunta, Raquel Arias

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

21 17 23 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

Gala da Hostalería Lucense 2011

PREMIOS PARA SETE PROFESIONAIS LUCENSES

RECOÑECEMENTOS AOS PROFESIONAIS XUBILADOS Manuel Salgueiro Vázquez (Mesón O Salgueiro, Monforte) Antes de entrar no gremio desempeñou outros traballos distintos pero un deles levouno a percorrer Galicia e o norte de España e a visitar asiduamente restaurantes e hoteis, onde xurdiu unha vocación hostaleira que desenvolveu na súa cidade natal. Primeiro fundou a cafetería Riwer, no 1975, logo a cafetería-restaurante Capricho, á fronte da que permaneceu ata o 2002, e, por último, o café-bar Mesón O Salgueiro. Manuel tamén foi vocal e delegado de APEHL e vocal da Cámara de Comercio en representación do sector A vicepresidenta segunda da Deputación outorgoulle a distinción a Manuel Salgueiro hostaleiro.

PREMIO EXTRAORDINARIO Rafael Centeno Moyer (Maruja Limón, Vigo) Este ano, a gastronomía lucense puido celebrar unha das laureadas estrelas Michelin, a primeira que recibía un cociñeiro de Lugo. O protagonista deste fito histórico foi Rafael Centeno. Nacido na cidade amurallada no 1974, o seu caso é extraordinario pola súa formación autodidacta. Non obstante, aterrou con moi bo pé na hostalería abrindo o Maruja Limón no centro de Vigo, un restaurante que dende hai uns anos figura na guía do mellor da gastronomía con Rafael como xefe de cociña, firme defensor do produto galego e valente innovador. O premio extraordinario recaeu en Rafael Centeno, a quen llo entregou o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez

www.caixaruralgalega.es

20 22 18 46

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

EMBAIXADOR HOSTALEIRO DA PROVINCIA 2011 José Ramón Rodríguez López (Restaurante Manolo, Madrid) O Restaurante Manolo ten as raíces lucenses do seu fundador, Manuel Rodríguez Queizán, natural da aldea de Bolaño, do concello de Castroverde, quen no ano 1908 se trasladou a Madrid e no 1934 se aventurou a fundar na capital unha taberna coa súa dona Pepita. Oito anos máis tarde trasladou o negocio ao número 83 da rúa Princesa, onde radica hoxe. Alí déronse cita os estudantes e unha serie de persoeiros coma Enrique Tierno Galván, Antonio Gala, Julia Gutiérrez Caba, Carlos Cano, Luis Berlanga, Álvaro Pombo ou Luis Rosales. Era unha casa querida porque nela se fraguou un modo de cociñar sinxelo e saboroso, con comidas e postres caseiros de toda a vida, que pasou de pais a fillos e a netos. Manuel era o avó de José Ramón Rodríguez López, actual propietario do Restaurante Manolo tras tomar o relevo do seu pai, Enrique. O establecemento obtivo a Q de Calidade Turística no 2001. Con José Ramón, o Embaixador Hostaleiro da Provincia 2011, a historia continúa.

José Ramón Rodríguez recibiu o título de embaixador hostaleiro do vicepresidente da Deputación, Antón Bao


NOVAS

Gala da Hostalería Lucense 2011

Foto de familia da Gala da Hostalería Lucense cos premiados e as autoridades

De esquerda a dereita, Cheché Real, Samuel Juárez e Antón Bao, durante as súas intervencións.

José Ramón quixo dedicarlle unhas palabras de agradecemento a APEHL polo premio

O alcalde de Lugo, á esquerda, co presentador do acto, Antón Grande

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

19 23 21 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

Gala da Hostalería Lucense 2011

24 22 20 46

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9


NOVAS

Gala da Hostalería Lucense 2011

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

25 21 23 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

O BARCO …E PARA COMER, LUGO, DE NOVO EN COMPETICIÓN NO CIRCUÍTO CIDADE DE VIGO A embarcación …E para comer Lugo, coa que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo está difundindo a marca da gastronomía lucense, levantou áncoras unha vez máis para concorrer á sétima convocatoria do Cidade de Vigo de Platú 25, organizado polo Real Club Náutico de Vigo.

Leaseplan Industrial coa que gañou o Cidade de Vigo no 2010. Así, nas súas filas atópanse Ramón Lago, membro da tripulación do CAM (o barco que patronea o Príncipe de Asturias), e dúas sagas de navegantes portugueses: a dos irmáns Conde, con Gilberto e Renato, e a dos Almeida, representada por Guillerme.

APEHL confiou novamente no coñecido regatista de orixes lucenses Gonzalo Araújo, patrón do Bribón (o barco do Rei) e campión vixente da Copa de España de J80. Para esta competición, Araújo enrolou no …E para comer, Lugo a tripulación do

O Cidade de Vigo é un dos mellores circuítos internacionais na súa clase e adoita reunir un grande elenco de regatistas nas augas da ría viguesa. Consta de seis etapas puntuables, das que o …E para comer Lugo liderou as dúas primeiras en solitario,

O barco …E para comer, Lugo surcando a ría de Vigo en plena regata

20 24 22 46

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

celebradas nos meses de xaneiro e febreiro. A proba finalizará o 26 de xuño coa arribada ao Club Marítimo de Canido. Esta iniciativa deportiva-promocional de APEHL conta co apoio da Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Lugo, Xacobeo 2010, Kentes (do Grupo Ingapán), o Grupo Galego Leite Río, Profilatex (de Laboratorios Nupel), Transportes Valín e Leaseplan Industrial.


NOVAS

A MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA LOCE EN 15 ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS A APEHL

Foto de familia dos hostaleiros galegos distinguidos co Q de Calidade Turística

O Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) entregou os premios da marca Q de Calidade Turística do 2010 e entre os distinguidos atópanse quince locais hostaleiros da provincia que forman parte da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo.

Por último, renovaron, e polo xa teñen máis consolidada a súa certificación, a Casa do Romualdo (Taboada), o Balneario de Lugo e o Gran Hotel Lugo.

O Q de Calidade Turística representa a calidade no sector turístico español e os que conseguen a certificación tiveron que superar unhas auditorías moi estritas. Esta marca é garantía da calidade dos servizos e produtos e a súa concesión realízase en varias quendas: hai unha primeira certificación, logo dous anos de seguimento e ao terceiro ano outórgase a renovación da marca. Dos establecementos lucenses certificados co Q de Calidade Turística, catro obtivérono este ano por primeira vez. Trátase do Hotel Coto Real, de catro estrelas, impulsado en Rábade a mediados dos anos 90 por Manuel Francisco Gómez Álvarez; o Hotel Ego, de catro estrelas, propiedade de Manuel Balseiro e moi coñecido na Mariña dende a década dos 70; o hotel rústico con encanto Vila do Val, de tres estrelas, inaugurado en xullo do 2008 na praza de Ferreira do Valadouro baixo a dirección de María Hermida; e o restaurante de cociña creativa Paprica, que botou a andar en Lugo en setembro do 2007 da man do chef Álvaro Villasante. Salientar que o Paprica foi o único restaurante da provincia que logrou este selo dentro da súa categoría. Con Q en fase de seguimento encóntranse oito negocios esparexidos pola xeografía luguesa: a Casa Grande da Ferrería de Rugando (Quiroga), a Casa Grande da Fervenza (O Corgo), o Pazo da Trave (Viveiro), a Reitoral de Anllo (Sober), o Hotel Jorge I (Lugo) e os paradores nacionais de Monforte de Lemos, Ribadeo e Vilalba. HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

21 23 25 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

APEHL SÚMASE Á MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA A LEI ANTITABACO DO 9 DE MAIO Dende a primeira formulación do borrador da Lei antitabaco en España, a hostalería manifestouse varias veces na súa contra polos efectos prexudiciais que podía provocar na economía do sector. Agora que a Lei entrou en vigor e que se constatan os devanditos efectos negativos en bares, restaurantes e locais de ocio, o seguinte paso na loita dos hostaleiros pola derogación da Lei antitabaco foi a chamada a unha manifestación nacional na súa contra, o 9 de maio en Madrid. Detrás desta protesta está a plataforma Libertad sin humo, que aglutina a representantes dos sectores económicos afectados pola nova lei. Convocou a todos os autónomos, todas as pemes e todas as asociacións empresariais de hostalería, así como a traballadores do sector e aos cidadáns afíns á causa, co obxectivo de irromper no debate político nas vésperas das eleccións municipais e autonómicas e forzar a negociación co Goberno central. Unha vez máis, a hostalería española solicita que se poidan habilitar zonas para fumadores nos establecementos, sen servizo de camareiros nin acceso permitido a menores, igual que sucede noutros países da Unión Europea. No programa para o día da protesta incluíuse a entrega de firmas na sede do PSOE , ás 11:00 horas, e un xantar ás 14:00 horas no bulevar do Paseo do Prado para xuntar aos manifestantes procedentes de distintos puntos de España. O punto de partida da manifestación fixouse na Porta de Alcalá, no cruzamento co Paseo do Prado e coa Cibeles. A fin do percorrido situouse na Porta do Sol. Haberá servizo de autobuses dende a provincia de Lugo. Os interesados poderán facer reserva de praza ata o 6 de maio ás 12:00 horas, chamando ao 982.226.912.

20 22 24 46

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

APEHL recolleu firmas en contra da Lei Antitabaco por toda a provincia. Na Parrillada Antonio xuntáronse máis dun milleiro


NOVAS

A ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE HOSTALEIROS ASINOU UN CONVENIO CON NORPREVENCIÓN O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, José Francisco Real Castro, e o xerente e conselleiro delegado de NorPrevención, José Antonio Grandío Cabo, asinaron un convenio de colaboración en nome das dúas institucións para ofrecerlles servizos de prevención laboral aos hostaleiros. A firma tivo lugar o 17 de decembro na sede que ten APEHL na cidade. En virtude deste convenio, APEHL comprométese a facer de mediadora entre os seus asociados e NorPrevención, co obxectivo de que os hostaleiros da provincia de Lugo se poidan beneficiar dos servizos de prevención laboral que ofrece esta empresa. Cobren estas catro áreas: seguridade no traballo, hixiene in-

Representantes de APEHL e NorPrevención asinando o convenio

dustrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e mais medicina do traballo. Os socios de APEHL que se adscriban aos devanditos servizos

de NorPrevención disfrutarán dun desconto do 10% sobre as tarifas vixentes á realización dos contratos.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

21 23 25 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

RÉCORD DE HOSTALEIROS PARTICIPANTES NAS XORNADAS DO COCIDO DE MONFORTE Por terceiro ano consecutivo, a delegación de APEHL na Zona Sur organizou durante o Entroido na cidade do Cabe as xornadas de exaltación do cocido, máis coñecidas polo eslogan “Estase Cocendo”, e fíxoo batendo récord de participación, con 54 locais hostaleiros adheridos. Houbo tapas de cocido en Agarimo, Adega do Carlos, A Meiga, Bar do Lechu, Cafetería da Estación, Riosol, Lienzo, Los Goya, Molinón, Esmorga, Casablanca, Tapería Centro do Viño Ribeira Sacra, Cristal, Escala, Katanga, O Cruceiro, Puente Romano, Bodegón Ribeira Sacra, Santorini, Compañía, O Pincho, Vinoteca Sapiens, Rabeno, Cortijo, O Espía, Cafetería Patricia, O Pientiña, Holiday, Plaza, Zurich, O Lar, Casa Carballo, A Troula e Cervecería Mulligan’s. Como menú serviron este prato típico o restaurante O Grelo, Casa Carballo, Pulpería Pontenova, Bodegón

Ribeira Sacra, Casa Reboiro, Compañía, Lienzo, Los Goya, Lusco-Fusco, A’Ronda, Hostal Restaurante Galicia, O Pincho, Parador de Turismo, Riosol, La Polar, Zurich, Casa Felisa, O Lar e Bar Morín. A edición do 2011 trouxo outras novidades, pois alcanzáronse os quince días de duración, celebrándose do 26 de febreiro ao 13 de marzo, e estreouse o “Estase Cocendo Noc-

turno”, coa implicación dos pubs Goltier, Pra, El Otro Caimán, Hatabendro, 600, VGL, F7, Magma, Alambix e Cervecería Cork. As xornadas tiveron ao popular actor galego Miguel de Lira como mestre de cerimonias e leváronse a cabo coa colaboración da Área de Turismo da Deputación Provincial e do Concello de Monforte.

Presentación das xornadas. De esquerda a dereita, Cheché Real, Miguel de Lira, Severino Rodríguez (alcalde de Monforte) e María Xosé Vega Buján (vicepresidenta terceira da Deputación)

REEDÍTASE A FESTA GASTRONÓMICA MEDIEVAL A Delegación de APEHL na Zona Sur deulle continuidade á Festa Gastronómica Medieval monfortina, desenvolvida o 23 de abril co apoio de máis de 50 establecementos de hostalería. Nos bares e restaurantes da cidade ofrecéronse almorzos, menús, tapas, racións e ceas inspirados na cociña da Idade Media e, pola noite, o festexo trasladouse aos pubs da Duquesa de Alba.

20 22 24 26 46

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

O acto enmarcouse na programación da novena edición da Feira Medieval de Monforte, cuxa presentación reuniu á concelleira de Cultura, Alicia Cadarso; á vicepresidenta terceira da Deputación de Lugo, María Xosé Vega Buján; á artesana Pilar Rodríguez e á delegada da Asociación de Hostaleiros no sur da provincia, Beatriz Vila.


NOVAS

O CALENDARIO GASTRONÓMICO INNÓVASE A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo e outras entidades interesadas na promoción turística da provincia impulsaron eventos novidosos no calendario gastronómico lugués.

Xornadas Gastronómicas de Lugo

Do 11 de novembro do 2010 ao 27 de febreiro do 2011, unha trintena de restaurantes da capital lucense ofreceron a diario menús especiais, elaborados segundo o seu modo de cociñar característico e botando man de ingredientes co distintivo Lugo Sabe e de alimentos ecolóxicos certificados. As xornadas, organizadas polo Concello de Lugo coa colaboración de APEHL, a Deputación Provincial e a Asociación de Industrias Elaboradoras Galegas en Agricultura Ecolóxica (INDEGAE), incluíron un concurso paralelo no que a votación popular lle deu o primeiro premio a Curmáns e o xurado profesional, a La Barra. Ademais, A Nosa Terra e o Paprica recibiron cadansúa distinción polo mellor prato ecolóxico e polo mellor prato Lugo Sabe.

Entroido Larpeiro

A concellería de Cultura de Lugo e APEHL fixeron unha promoción gastronómica conxunta do Entroido baixo o nome de Entroido Larpeiro. A campaña desenvolveuse do 4 ao 9 de marzo e contou coa adhesión de 18 establecementos hostaleiros da cidade, nos que se serviron en tapas e menús os produtos identificadores da tempada, coma as orellas, as filloas e o cocido.

das de Degustación do Caldo de Castañas para recuperar o sabor deste prato tan tradicional. A proposta gozou de moi boa acollida entre os locais hostaleiros de toda a provincia luguesa. De feito, participaron un total de 67 locais, esparexidos polos concellos de Lugo, Monforte, Monterroso, Palas de Rei, Ribadeo, O Valadouro e Viveiro. Os bares ofreceron o caldo de castañas como tapa e os restaurantes como aperitivo, e nos dous casos de balde.

Presentación da primeira convocatoria das Xornadas de Degustación do Caldo de Castañas

Encontro do Queixo de San Simón

A coñecida Festa do Queixo de San Simón da Costa que se celebra no concello de Vilalba incluíu na súa décimo sétima convocatoria o I Encontro Gastronómico do Queixo San Simón e dos Produtos da Terra Chá, reunindo o 2 de abril a xornalistas e bloggers de renome especializados en gastronomía, procedentes de distintos puntos de España. Houbo relatorios e tamén demostracións de cociñeiros.

Degustación do Caldo de Castañas

A Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia e APEHL organizaron do 14 ao 17 de abril unhas Xorna-

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

27 21 23 25 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

LUGO SERÁ A CAPITAL MUNDIAL DO XAMÓN Por primeira vez, o Congreso Mundial do Xamón celébrase en Galicia, e concretamente faino en Lugo do 21 ao 23 de setembro. A sexta edición do evento está organizada este ano por Asoporcel e pola Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, co patrocinio de Coren e o apoio de institucións e entidades galegas, entre as que se atopa APEHL. O comité de honor presídeo a infanta Elena.

cións feitas en torno ao xamón, que abranguen dende o manexo dos animais e as novas tecnoloxías nos procesos de obtención do produto ata as súas propiedades nutricionais ou a optimización e as técnicas de elaboración, por exemplo. Tamén se falará de comercialización e exportación e celebrarase un concurso de

cortadores de xamón no marco do congreso. Ademais, a organización deste evento deseñou un programa paralelo de actividades que levará a congresistas e acompañantes de ruta turística, gastronómica e cultural por Lugo.

O congreso, de carácter científico, congregará no recinto feiral da cidade 500 especialistas procedentes de distintos puntos de España e de ata doce países máis, así como a produtores, industriais e comercializadores e a medios de comunicación. O obxectivo desta cita é a posta en común das principais investiga-

Presentación do Congreso Mundial do Xamón na Casa Galicia de Madrid

COCTELERÍA E XANTAR DE CINE NO SANXILLAO O Departamento de Hostalería do Instituto de Educación Secundaria Sanxillao ofreceulles aos seus alumnos o 21 de febreiro unha clase maxistral de coctelería, coa colaboración de Agaba, Redoma Calidad e Global Premium Brand.

este centro foi a cuarta edición das xornadas ‘Comer de Cine. Made in Spain’, durante os días 15, 16 e 18 de marzo.

O encargado de impartir o programa foi o barman profesional grovense José Soto Soengas. Nunha das xornadas desta clase maxistral, dedicada á realización, presentación e cata de cócteis, puideron verse coñecidos hostaleiros de Lugo entre os asistentes. Outras das actividades con éxito de público que organizou e acolleu

20 22 24 28 46

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

José Soto Soengas preparando un cóctel durante a clase maxistral

Trátase dunha orixinal iniciativa coa que presentan un completo menú a base de pratos que aparecen nalgunhas películas históricas da filmografía nacional. Así, entre outras exquisiteces degustáronse o gazpacho “antiterrorista” que elaborou Carmen Maura en Mujeres al borde de un ataque de nervios, de Pedro Almodóvar, ou o ollomol que a familia de Plácido non podía probar na película homónima de Luis García Berlanga.


NOVAS

PREMIO AO SABOR DO ANO 2011 PARA O LEITE DA CENTRAL LECHERA ASTURIANA Os premios “Sabor del Año” distinguiron o bo produto da Central Lechera Asturiana. O seu leite foi avaliado coa nota máis elevada, de 7.35 puntos sobre 10, polo que os consumidores lle concederon este selo de calidade “Sabor del Año Restauración 2010-2011” na categoría de Leite Natural.

to Monadia. É o único símbolo de calidade que se outorga no sector alimentario baseándose exclusivamente na apreciación do sabor dos

produtos, e para súa concesión, os consumidores fan degustacións cegas, sen a presenza das marcas.

A entrega destes galardóns tivo lugar o 27 de xaneiro no Hotel Urban de Madrid, nun acto no que estiveron presentes máis de 150 profesionais da industria e da distribución alimentaria, así como moitos medios de comunicación. Os premios “Sabor del Año” naceron en Francia hai 16 anos e en España alcanzaron este ano a cuarta edición, organizados polo Institu-

Representantes de Central Lechera Asturiana, recollendo o premio

A MARCA COCA-COLA CUMPRE 125 ANOS A marca de refrescos máis común nos bares e restaurantes de todo o mundo celebra este ano o seu 125 aniversario cuns resultados extraordinarios. Pechou o exercicio cun beneficio superior aos 8.500 millóns de euros, é coñecida polo 94% da poboación, está situada coma a terceira marca por seguidores en Facebook (con 20,7 millóns, só por detrás de Facebook e Youtube) e é un dos produtos máis imitados da historia do marketing, entre outros moitos fitos. A súa compañía homónima, Coca-Cola, é a maior compañía de bebidas do mundo, está presente en 206 países, engloba máis de 500 marcas e 3.000 produtos de bebidas con e sen gas e ten máis de 92.000 empregados. En España, esta firma comercializa preto de 56 marcas e máis de 70 produtos, ocupa o segundo lugar de vendas en Europa e a propia marca Coca-Cola é a máis valorada pola xente nova e a máis asociada á felicidade.

DISTRIBUIDOROFICIAL

Exposición y oficinas. C/Mondoñedo, 47-49 27004 LUGO Telf.: 982 214 658 - Fax: 982 216 057 E-mail: info@comercialcasal.com

Almacén. Rúa do Vidrio, 106 27296 - Polg. O Ceao (Lugo)

www.comercialcasal.com

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

29 21 23 25 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

A SEDE DE APEHL ACOLLEU UNHA CHARLA SOBRE A TRAZABILIDADE DA CARNE EN GALICIA A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) cedeu as súas instalacións do número 15 da rúa Ramón Montenegro da capital para o desenvolvemento dunha charla sobre a trazabilidade da carne que se consome en Galicia. A xornada, dirixida aos hostaleiros, estivo organizada polo Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo e tivo lugar o 31 de marzo, a partir das 17:30 horas. En consonancia co título da charla, “¿Sabemos qué carne comemos?”, as técnicas do Colexio compartiron cos asistentes información sobre os controis necesarios, dende o punto de vista veterinario, aos que se debe someter a carne ata que chega á cadea alimentaria.

Veterinarias colexiadas de Lugo departindo sobre os controis da carne

OS HOSTALEIROS LUCENSES RECIBIRON NOCIÓNS SOBRE SEGURIDADE CIDADÁ A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo programou, en colaboración coas comisarías de Policía da provincia de Lugo, unha nova edición das xornadas sobre seguridade cidadá dirixidas aos hostaleiros lucenses. As charlas informativas, impartidas polo subinspector da Policía Nacional Enrique Giménez Escribano, deron comezo o día 31 de marzo en Burela, no salón de actos do Concello, ás 11:00 horas. En Lugo capital, a cita foi o día 6 de abril na sede de APEHL, na rúa Ramón Montenegro, tamén ás 11:00 da mañá. A última sesión das xornadas desenvolveuse en Monforte o 8 de abril. Nestas xornadas, os profesionais da hostalería puideron abordar cuestións coma os procesos de identificación de clientes nos hoteis, a detección de billetes falsos ou os protocolos de actuación en caso de roubo e incidentes. Así mesmo, recibiron consellos sobre a protección dos locais mediante sistemas de seguridade pasiva, coma as alarmas e as cámaras de vixilancia.

20 22 24 30 46

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

A nova Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, en vigor dende o 17 de decembro do 2010, implica o cumprimento das seguintes medidas obrigatorias para os hostaleiros: - Prohíbese o consumo de alcohol por menores. - Prohíbense a venda e subministración de alcohol a menores. - Prohíbese a venda e subministración a menores de idade de calquera produto que imite os envases de bebidas alcohólicas. Ademais, as máquinas expendedoras de bebidas alcohólicas non poderán estar dispoñibles para os menores, polo que deberán incorporar os mecanismos técnicos necesarios para impedir que as usen. E só poderán colocarse no interior dos locais de hostalería e á vista do titular do local ou dos seus traballadores. A normativa insta aos hostaleiros a informar destas prohibicións mediante anuncios prohibido o consumo, e carteis regusubministro ou venda de alcohol aos lamentarios, menores de 18 anos que manterán ALCOHOL sempre nun MENORES prohibido el consumo, suministro lugar visible do o venta de alcohol a los menores 18 ANOS de 18 años establecemento e tamén nas expendedoras. L. 11/2010 (DOG nº 248, 28/XII/2010)


NOVAS

ESTA ASOCIACIÓN DÁ MOITO

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO

APOIO PERSONALIZADO AO EMPRESARIO

Asistencia laboral Tramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nóminas, seguros sociais e certificados de retención (cota de 6,60 €/mes nómina) Negóciase coas Centrais Sindicais o Convenio de Hostelería e infórmase aos asociados do contido do mesmo e as súas novidades

Obtención e elaboración das listas de prezos Os socios poderán obter os distintos modelos das tarifas de forma gratuíta

Asesoría xurídica Asistencia contenciosa Póliza de seguros colectiva Para cubrir os riscos por accidente de traballo que establece o convenio colectivo do sector (15 €/traballador e ano)

IMPORTANTES DESCONTOS EN PRODUTOS E SERVIZOS III CUME TAPAS MONFORTE

do 30 de abril ao 17 de maio de 2011

Produtos financieiros

A Meiga: “Meigallo” [Pecha o luns]

Lienzo: “Gallaecia”

A Troula: “Isicia Omentata Minumus” [Pecha o luns pola noite]

Los Goya: Carrilleira de porco ibérico / Carrillada de cerdo

Adega do Carlos: “Lagarto marinado con mousse de

ibérico

mostaza”

Lusco Fusco: Delicia de polo / Delicia de pollo

Agarimo: Dobre mousse / Doble mousse

Noche y Día: Rolo de mar con orellas de montaña / Rollo de

[Pecha o domingo e os días festivos]

mar con orejas de montaña [Pecha o martes]

Bar do Lechu: Tosta de bocarte, salmón e piquillo / Tosta

O Espía: “A bravura do tubérculo” [Pecha o domingo]

de boquerón, salmón y piquillo

O Estrelar: “Estrela 2011”

Bodegón Ribeira Sacra: Cogomelos recheos ao Queixo do

O Gato Negro: “O Gato Negro” [Pecha o martes]

Cebreiro e xamón de Porco Celta / Setas rellenas al Queixo

O Grelo: Bombón de verduriñas ecolóxicas con triscante

do Cebreiro y jamón de Porco Celta [Pecha o martes pola tarde]

de polbo da ría, arroz cardealicio e po da Ribeira Sacra /

Cafetería Patricia: “Tranquilita”

Bombón de verduritas ecológicas con triscante de pulpo de

Casa Carballo: Tosta de medallón de porco en salsa de

la ría, arroz cardenalicio y polvo de la Ribeira Sacra

pementa con castañas caramelizadas / Tosta de medallón

O Lar: Roliño de primavera galego / Rollito de primavera

de cerdo en salsa de pimienta con castañas caramelizadas

gallego [Pecha o domingo]

[Pecha o luns pola tarde]

O Pientiña: “Tartar” [Pecha o domingo]

Casablanca: “El capricho de la abuela”

O Pincho: Filet Mignon tricolor con salsa mencía Ribeira Sacra Oasis: “Delicias del oasis”

Cervecería Mulligan’s: Crocante de terra e mar con

Parador Nacional de Turismo: Roliño de pan tramezzini

redución de mencía e cervexa negra / Crujiente de tierra y

con polbo e Queixo San Simón sobre cremoso de cachelo /

mar con reducción de mencía y cerveza negra

Rollito de pan tramezzini con pulpo y Queixo San Simón sobre

Compañía: Solombo de porco caramelizado con queixo

cremoso de patata

de cabra e redución de viño R.S. en tosta de pan centeo

Rabeno (Kely): “O refaixo” [Pecha o domingo]

/ Solomillo de cerdo caramelizado con queso de cabra y

Rianxo: “Pastel do mar”

reducción de vino R.S. en tosta de pan centeno

Santorini: Solombo recheo de cirolas con salsa de froitas /

[Pecha o luns pola tarde]

Solomillo relleno de ciruelas con salsa de frutas

Esmorga: “Yin e Yang”

[Pecha o domingo pola mañá]

Holiday: Gambas en salsa de cóctel [Pecha o luns]

Tal y Cual: “Enxebre” [Pecha o mércores]

Hostal Riosol: Pemento verde recheo de tortilla de patacas /

Tapería Centro do Viño R.S.: Magret de pato con crocante

Pimiento verde relleno de tortilla de patatas

de boniato e redución de mencía / Magret de pato con

Kasa de un amigo: Pincho moruno [Pecha o luns]

crujiente de boniato y reducción de mencía

Katanga: “Alegría primaveral”

[Pecha o domingo e o luns pola tarde]

Con tarifas especiais durante o III Cume Tapas

Casa Felisa: Sanfiz, 3. Marcelle / Tfno: 679.030.391 (Monforte) Hotel Conde de Lemos: Praza da Estación, 2 / Tfno: 982 400 319 (Monforte) Hotel Golf Balneario Augas Santas: Os Baños, s/n / Tfno: 982.292.800 (Pantón) Hotel Puente Romano: Paseo do Malecón, s/n / Tfno: 982.403.551 (Monforte) Hotel Ribeira Sacra: Rúa Conde, 17 / Tfno: 982.411.706 (Monforte) Palacio de Sober: Camino del Palacio, s/n / Tfno: 982.455.182 (Sober) Pensión Maite: R/ Comandante Cruz Ordax, 5 / Tfno: 982.456.494 (Pantón)

Recibos da SGAE, AGEDI e AIE (10% desconto) Prevención de riscos laborais

Cervecería Cork: Polo Guiness / Pollo Guiness

HOTEIS COLABORADORES

Consumo de propano líquido (5 cts./kg)

PUBS COLABORADORES

APPCC Inspeccións eléctricas Recollida de aceite OFICINAS DA ASOCIACIÓN:

r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 Lugo Tfno.: 982.22.69.12 Fax: 982.24.42.56 E-mail: comunicacion@apehl.org

E

PARTICIPANTES

PARA COMER ,

Delegación Zona Sur r/ San Pedro (Estación de autobuses). Monforte de Lemos Tfno: 982.41.20.50 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org

8,60 12,60 19,20

Delegación A Mariña

33,30

Da rúa Duquesa de Alba

Alambix Caimán Goultier Hatabendro Magma

Pra Seiscientos Vagalume Zoco

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 Foz Tfno/Fax: 982.13.30.47 E-mail: delegacionamarina@apehl.org

44,90 52,50

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

31 21 23 25 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVOS SOCIOS A PARADA DAS BESTAS

CASA PEPE “O PIANO”

Rodeado de árbores centenarias, preto do castelo de Pambre e a poucos minutos do río Ulla encóntrase este complexo de turismo rural do século XVIII. Cun total de 8 habitacións e 4 apartamentos de decoración tradicional, ten aloxamento para 30 persoas e conta con piscina de auga salgada. O restaurante, con capacidade para 50 comensais e apto para a celebración de banquetes, ofrece pratos como xarrete ao viño mencía con castañas, follado de verduras, bacallau con grelos e con allada ou combinacións gastronómicas con Queixo Arzúa-Ulloa.

Entre as especialidades deste restaurante rexentado por Esteban Rodríguez Díaz cabe destacar as carnes á brasa, os pescados do día, o arroz caldoso con lumbrigante e os mariscos. Ten capacidade para 50 persoas e conta con terraza exterior. Aínda que só leva dous anos funcionando en Ribadeo, o selo da casa vén de antes, ao iniciar a súa actividade en Cubelas no ano 1996, onde permaneceu aberto ata 2006.

Pidre, 27 - Palas de Rei - Tel: 982.183.614 - www.aparadadasbestas.com

Os Garitos s/n, Ove - Ribadeo - Tel: 982.131.065 www.restaurantecasapepe.es

A MIRANDILLA

LA SOLANA

Localizado en pleno centro de Rinlo atópase este restaurante gañador do “Tenedor de Oro” no ano 2008. Rexentado por Socorro, Rosa María e María Antonia desde xullo do 2006, ofrece una carta ampla e variada na que destacan peixes e mariscos. Ademais, conta coa súa propia cetárea onde seleccionan os mellores produtos para os seus clientes. Outro dos seus atractivos é a terraza, con vistas ao mar durante os meses de verán.

Este antigo almacén mariñeiro, reformado con decoración rústica e mariñeira, está enfocado á cociña feita con produtos do mar, coma os peixes ou os mariscos. Entre as especialidades destacan os peixes frescos e os arroces, coma o arroz caldoso con lumbrigante ou a paella de mariscos. Conta con aparcamento próximo e admítense todo tipo de tarxetas de pago. Está rexentado por José Blanco Muñoz desde o ano 2004.

Avda. Ribadeo, Rinlo - Ribadeo - Tel: 982.123.100 ww.rinloamirandilla.com

Antonio Otero 41 - Ribadeo Tel: 982.128.835 - www.lasolanarestaurante.com

O CHÍCARO

MESÓN A BREA

Este café-bar rexentado por Ana María Rodríguez Eiras conta con 25 anos de historia que o converten nun dos locais de máis soleira de Foz. Cunha capacidade aproximada para 50 persoas, ofrece unha gran variedade de tapas e racións; non en van, gañou varios premios no concurso de tapas da vila. Un dos costumes deste establecemento é asar sardiñas na rúa durante a época de verán. Foi reformado fai cinco anos e conta con terraza exterior.

O Camiño de Santiago pasa ao pé da porta deste restaurante que levan tres socios, Javier Quintáns, Inés Mosquera e Víctor Aranburu, formados en escola de hostalería. Collérono hai 3 anos, déronlle unha volta á decoración e cambiaron a carta, na que as especialidades son carne á brasa (con tenreira suprema absoluta), peixes e mariscos. O comedor ten capacidade para unhas 40 persoas e acolle banquetes. Tamén fan comida para levar e serven menú do día. Ten finca con terraciña no verán e aparcamento.

Mar, 18 - Foz - Tel: 982.132.366

A Brea, Lestedo - Palas de Rei - Tel: 982.374.129

CERVECERÍA SAN ROQUE

A TROULA

Pedro e José rexentan esta cervexería desde o ano 2003, a cal ten como novidade desde o 2009 un comedor para servir racións. A oferta é ampla e variada e o polbo é a súa especialidade. Aberta de luns a domingo, ofrece zona wifi, ambiente musical nas fins de semana, emisión de eventos deportivos e xogo de dardos on-line.

Beatriz Vidal Abelaira encárgase deste café-bar do paseo do Malecón, idóneo para tapear e tomar unhas racións baseadas na cociña creativa, polo que está moi concorrido á hora dos viños. Cando fai bo tempo ten terraza á beira do río Cabe.

San Roque, 27 - Ribadeo - Tel: 982.128.163 -www.cerveceriasanroque.es

Paseo do Malecón, 12 - Monforte de Lemos - Tel: 619.328.199

MESÓN O LECER

MÉXICO

Café-bar que rexenta Felicitas Fernández Pardo dende hai préto de dous anos. Ofrece tapas e racións típicas da cociña tradicional, como de tortilla, callos e polbo, e ademais dá bocadillos. Cando máis xente se reúne no bar é á hora dos viños pero tamén se nota a afluencia de clientes para o primeiro café da mañá, pois abre ás sete.

A actividade neste café-bar comeza ás 6:30 horas da mañá, cando xa se pode tomar un almorzo a base de bolería, pan do día ou chocolate con churros, segundo o gusto. Tamén é ideal para tomar uns viños acompañados por unhas tapas. María Jesús Rodrígues Poleias reformou o local por completo xusto antes de abrilo, en agosto do 2007.

Doutor Gasalla, 1 - Lugo - Tel: 982.101.993

Avda. Galicia, 18 - Ribadeo - Tel: 982.120.703

20 22 24 10 32 18 4

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9


Nome NOVOS de SOCIOS sección

LA BUGALLA

OS CRUCES

Este café-bar, radicado na zona de viños ribadense e aberto desde o 11 de marzo do ano pasado, levántase sobre a antiga confitería La Bugalla. É un referente tanto para tomar un café coma un bo viño acompañado por una tapa, e tamén unha copa pola noite. Conta cunha selecta carta de viños e ten unha capacidade aproximada de 60 persoas. Á súa fronte encóntranse Borja e Manuel Cociña e Manuel Pérez.

Felicitas Iglesias e Esteban Martínez dirixen este restaurante desde 1982. Na carta destacan os peixes frescos e os mariscos, aínda que tamén ofrecen menú do día, racións e tapas. O comedor, de decoración tradicional, ten cabida para uns 45 comensais. Tamén conta con terraza exterior, con capacidade para outras 100 persoas.

Villafranca del Bierzo, 15 - Ribadeo - Tel: 982.128.974

Cidade de Mondoñedo, 27 - O Vicedo - Tel: 982.590.273

LA CAFETERÍA

LA BOTELLERÍA

María del Carmen Sánchez Sánchez colleu este local a principios de ano. A súa marca é a comida caseira, tanto en almorzos coma en menú do día ou en racións. Destaca como especialidade a pescada fresca do Cantábrico en salsa de gambas, que mesmo se pode degustar dentro do prato do día. Dentro do abano de postres caseiros destacan o flan de chocolate branco, as natillas, o arroz con leite e a tarta de queixo. Abren ás sete da mañá e nos almorzos inclúen gratuitamente chupitos de zumo natural ou miniflans de chocolate branco, por exemplo. Teñen terraza e zona wi-fi.

Jorge Trenor inaugurou este restaurante en xullo do ano pasado co obxectivo de proporcionar un soplo de aire fresco e divertido ao panorama gastronómico da zona. Nel pódese degustar tanto cociña do país coma de temporada.

Ronda de Fingoi, 3 - Lugo - Tel: 607.115.995

San Francisco, 24 - Ribadeo - Tel: 982.130.145

O RINCÓN DE MONDOÑEDO Hai case dez anos que Manuel Tapia Rivera abriu esta cafetería en pleno centro histórico mindoniense. A variada carta de cafés é o trazo distintivo do establecemento. Poden saborearse mentres se le a prensa provincial, autonómica, estatal ou deportiva. Completan a oferta unha ampla carta de viños, as táboas de embutidos ou os aperitivos gratuítos. Obispo Sarmiento, 1 - Mondoñedo - Tel: 982.507.011

SOA Establecemento veterano no centro da vila de Guitiriz, onde o rexenta Obdulia Maceiras González dende o ano 1988. Ten moi boa fama o seu café, non en van, a súa cafeteira está a pleno funcionamento dende as dez da mañá e polo local pasan traballadores e usuarios da Casa do Concello, que está ao pé. Ofrece bocadillos e hamburguesas. No seu interior chama a atención unha foto de gran tamaño que recorda como era hai uns 50 anos a rúa na que se localiza o Soa. Pola noite abre tamén un espazo reservado para pub para gustosos do rock, que pecha cara ás tres da madrugada de luns a venres e ás catro na fin de semana.

Rúa do Concello, 2 - Guitiriz - Tel: 982.370.603

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

19 33 21 23 25


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVOS SOCIOS MESÓN TAPAS

RESTAURANTE RÍO LOYO O’ROBERTO

Manuel Rivera Alvaredo inaugurou este mesón hai 6 anos recuperando a tradición hostaleira familiar, pois os seus pais abriran o primeiro bar da vila de Sarria. No Camiño de Santiago, na praza do Concello, o restaurante ten comedor na planta superior para 120 comensais e serve comidas ademais na planta de abaixo, con capacidade para 40 persoas, e na ampla terraza, con capacidade para outras 100. A comida máis identificadora do Mesón Tapas é o embutido que procede da fábrica familiar, de aí o lacón asado ao forno ou o cocido que salientan na súa carta.

Aberto dende hai máis de 30 anos, agora Roberto López Rodríguez tomou o relevo dos pais neste restaurante que se atopa a carón do río e que ofrece unhas vistas moi bonitas tanto cando o embalse está cheo coma cando se ven as ruínas do pobo. Posúe 2 comedores para 250 persoas. De luns a venres dan menú do día e as fins de semana acollen banquetes de bautizos e comuñóns e ceas de empresa. As especialidades son as anguías, as troitas e as carnes á brasa en grella de leña. Ten xardíns e aparcamento grande.

Praza da Constitución, 4 - Sarria - Tel: 982.533.903

PIZZBUR Xa van seis anos desde que José Sixto e Alba Rego inauguraron esta cervexeríapizzería especializada en menús do día, racións, pizzas e tapas. O horario de cociña é de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 00:00 horas. Conta con servizo de repartición a domicilio. Pecha os mércores por descanso de persoal. Avda. Arcadio Pardiñas, 161 - Burela - Tel: 982.585.858

AQUA Pub situado no centro da marcha da Terra Chá. Está a nome de Marita Uz Vázquez, que o colleu hai un ano máis ou menos, e abre os venres, día de marcha en Muimenta, das 11:00 ás 3:30 ou 4:00 horas da madrugada.

AQUA

Aquilino Iglesias Alvariño 3, Muimenta - Cospeito - Tel: 982.502.608

RIVAS DA COSTA O Rivas da Costa é coñecido na cidade polos callos á galega e a carne ao caldeiro, as súas especialidades xunto co polbo á feira. Ademais, o establecemento que rexenta José Rivas López ofrece cocidos por encarga e comidas para levar, así como menú do día. Tamén son característicos deste local os viños do país, acompañados de tapas variadas. R/ Portugal, 20 - Lugo - Tel: 982.213.248

20 22 24 10 34 18 4

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

San Juan de Loyo s/n - Paradela - Tel: 982.545.051

O CRUCE Este café bar, rexentado por Fran no barrio das Gándaras, enfronte ao campo de fútbol, leva aberto dende o ano 2003. Unha das súas características é a gran variedade e abundancia das súas tapas, así como do prato do día. O local conta cunhas boas instalacións e cunha ampla terraza con estufa. Pecha os luns en temporada futbolística e o resto do ano os domingos. Calzada das Gándaras 375, baixo - Lugo Tel: 982.221.034

KASA DE UN AMIGO Anisoara Laza leva este café-bar dende outubro de hai 2 anos, cando lle puxo este novo nome e o remodelou. Serve racións e tapas contundentes de callos, orella, fabada, pincho moruno, caldo, etc., e ofrece pratos combinados, bocadillos, hamburguesas e pizzas. Funciona moi ben tamén para os almorzos, dende que abre ás sete da mañá. Os seus clientes poden ademais botar unha partida ao billar, ao futbolín ou aos bolos. Conta con wi-fi e terraza no verán. R/ Calvo Sotelo, 172 - Monforte de Lemos - Tel: 982.401.557




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.