Hostelería Lucense e Turismo 8

Page 1

E

HOSTELERÍA LUCENSE

REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

PARA COMER ,

Decembro 2010

APEHL FOI A ANFITRIOA DA IV GALA DA HOSTELERÍA DE GALICIA

González Granxeiro, fundador da asociación, recolleu o premio especial ao labor asociativo

CONCURSOS DE TAPAS E XORNADAS GASTRONÓMICAS ANIMAN O OUTONO LUCENSE O barco ...E para comer, Lugo, terceiro na Regata Rías Baixas

Éxito do San Froilán en Barcelona, con ampla representación lucense

Pilar Pin apoiou o labor de APEHL na formación de inmigrantes

número

8



EDITORIAL/SUMARIO HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

HOSTELERÍA SEN FUME… E SEN PROHIBICIÓN TOTAL A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo sumouse, como non podía ser menos, á campaña da Federación Española de Hostelería (FEHR) que pide zonas para fumadores sen servizo de camareiros. Coincidimos co conxunto do sector en considerar que esta é a opción para evitar os prexuízos económicos que pode causar na hostelería a prohibición total de fumar en espazos pechados, e ao mesmo tempo protexer a saúde dos traballadores. A campaña da FEHR inscríbese na liña de 24 dos 27 países da Unión Europea, que optaron por lexislacións menos daniñas para a hostelería, permitindo que existan nos locais zonas habilitadas para os fumadores. Estas zonas non poden superar o 30% da superficie do local e deben estar completamente separadas do resto do establecemento. Con elas poríase fin aos problemas de saúde, xa que se trataría de zonas sen servizo de camareiros e non se atentaría contra a saúde dos traballadores da hostelería, á vez que se respectan os dereitos dos menores e dos non fumadores. E, por suposto, tamén os dos fumadores.

SUMARIO CURSOS

4

REGATA RÍAS BAIXAS

8

XORNADAS DE OUTONO

13

SAN FROILÁN DE BARCELONA

14

WEB DE APEHL

18

IV GALA DA HOSTELERÍA GALEGA

20

EDITA: ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL) r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 Lugo Tfno.: 982.22.69.12 Fax: 982.24.42.56 E-mail: comunicacion@apehl.org

Con este posicionamento, os hosteleiros quixemos facer unha chamada de atención aos grupos políticos no momento en que se debatía o texto da proposición de Lei Antitabaco no Senado. A iniciativa de FEHR xa fora levada ao Congreso, ao incluírse como unha das emendas presentadas polo Partido Popular. Non obstante, na Cámara Baixa foi rexeitada, ao obter 17 votos a favor e 19 en contra.

Delegación Zona Sur

En Lugo, coma noutras cidades, tamén se distribuíron os carteis e dípticos desta campaña nacional en bares, restaurantes, cafeterías, hoteis e locais de lecer nocturno, co obxecto de facer reflexionar sobre este tema á sociedade e aos grupos políticos responsables do cambio da proposición de lei.

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 Foz Tfno/Fax: 982.13.30.47 E-mail: delegacionamarina@apehl.org

r/ San Pedro (Estación de autobuses). Monforte de Lemos Tfno: 982.41.20.50 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org Delegación A Mariña

PRODUCIÓN:

Quédanos, en todo caso, a esperanza de que todas as leis son revisables, sempre e cando o debate social continúe vivo e os hosteleiros participemos activamente nel, defendendo con argumentos razoados a nosa toma de postura.

Transmedia Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, Entrechán A Tfnos.: 982.22.12.78/ 636.95.28.93/ 610.21.53.66 E-mail: transmedia@ctransmedia.com DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008

E

Se finalmente se impón a prohibición total de fumar en espazos pechados, a hostelería resentirase enormemente. Cómpre ter en conta que a contribución do noso sector ao PIB nacional é superior ao 7%, creando un número elevado de postos de traballo e desempeñando un papel fundamental no desenvolvemento turístico.

PARA COMER ,

- Productos de limpieza - Detergentes y sistemas para lavandería - Celulosa - Complementos - Servilletas y palillos con la marca . . E para comer, Lugo - Disponemos de planes de limpieza adaptables a todas sus necesidades

HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

3


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ FORMACIÓN

A SEDE DE APEHL ACOLLEU UN CURSO PARA CONTROLADORES DE ACCESO A ESPECTÁCULOS A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) cedeu as súas instalacións da rúa Ramón Montenegro da capital para o desenvolvemento do curso “Persoal de control de acceso a espectáculos públicos”, promovido pola Consellería de Traballo e Benestar e financiado polo Fondo Social Europeo.

focar actitudes fronte a determinadas situacións; a atención ao cliente, e os sistemas de comunicación, primeiros auxilios e as normas de seguridade. Tamén analizaron cos asistentes

os eidos da inserción laboral e da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres neste traballo. As clases teóricas complementáronse con prácticas, non laborais, de 50 horas de duración.

Esta acción formativa, dirixida principalmente a persoas desempregadas e de carácter teórico-práctico, levouse a cabo do 2 ao 30 de novembro, de luns a sábado, con horario de 7:30 a 15:30. Os docentes do curso, Urbano Vila Arza e Aurora Antúnez Riazor, trataron a normativa xurídica aplicable á actividade; as competencias técnicas relacionadas coa seguridade; fundamentos de psicoloxía para en-

Alumnos do curso de persoal de control de acceso a espectáculos públicos

MANUAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E PLATAFORMA FORMATIVA ON-LINE APEHL editou recentemente a guía “Buenas prácticas para la prevención de riesgos laborales en hostelería”, que proximamente se distribuirá a todos os asociados. No folleto explícanse de xeito claro e didáctico os aspectos básicos da prevención de riscos nos apartados de seguridade

laboral, ergonomía, medio ambiente e manipulación de alimentos. Por outra banda, a Asociación vén de pór en marcha unha plataforma de formación on-line, á que se pode acceder a través da dirección web www.apehl.es. Esta ferramenta dá acceso a catro cursos en novas tecnoloxías: sistemas operativos, navegadores e xestión de contas de correo, TPV e canles de promoción e venda por internet. Estes cursos teñen como finalidade básica proporcionarlles aos hosteleiros coñecementos prácticos nas diversas materias que se tratan, aproveitando a virtualidade da plataforma para que poidan formarse con independencia da súa ubicación e con total liberdade de horarios. Nos vindeiros meses subiranse novos cursos a esta plataforma.

46

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8


NomeFORMACIÓN de sección

A DIRECTORA DE CIDADANÍA EXTERIOR PECHOU UN CURSO DE HOSTELERÍA EN LUGO

De esquerda a dereita, o xefe territorial en Lugo da Consellería de Cultura e Turismo, José Carlos Rodríguez Andina; a vicepresidenta terceira da Deputación, María Xosé Vega; o presidente de APEHL, Cheché Real; a directora xeral de Cidadanía Exterior, Pilar Pin; o subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, e o concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío

A directora xeral de Cidadanía Española no Exterior, a lucense Pilar Pin, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL), Cheché Real, clausuraron o 3 de decembro na sede da Asociación o curso de “Operacións Básicas de Restaurante-Bar”, orientado a introducir no sector da hostelería a mozos uruguaios e arxentinos descendentes de españois. O curso foi financiado polo Fondo Social Europeo. Pilar Pin resaltou a importancia destes cursos como “la manera de vincular a estos jóvenes con sus orígenes”, pois están pensados para posibilitar a súa inserción laboral en España. A directora xeral manifestou o compromiso de seguir impulsando estas accións formativas con APEHL, inda que talvez formuladas doutra manei-

ra, “porque el Fondo Social Europeo plantea otros condicionantes”. “Todos contribuímos a darle al sector un estatus de profesionalidad y prestigio”, afirmou. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería mostrouse moi satisfeito polo interese dos alumnos, que aprobaron o curso “cun notable alto”. Para Cheché “é un empeño persoal poder dar esta formación”, que chegou á súa terceira convocatoria. Cheché aproveitou a presenza de representantes da Administración estatal, autonómica, provincial e local para seguir reivindicando o apoio institucional á posta en marcha en Lugo “do tan ansiado centro de formación de hostelería”. As numerosas actividades formativas que a asociación leva a cabo _coma o curso

Participantes no curso de operacións básicas de restaurante-bar, con Pilar Pin e co seu profesor, Daniel Romay

clausurado_ desenvólvense nunhas instalacións de reducido tamaño habilitadas hai máis de 25 anos. No acto de clausura e a posterior entrega de diplomas participaron tamén o xefe territorial en Lugo da Consellería de Cultura e Turismo, José Carlos Rodríguez Andina; a vicepresidenta terceira da Deputación Provincial, María Xosé Vega Buján; o subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, e o concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío. Ao remate do acto serviuse un aperitivo, elaborado polos quince alumnos do curso baixo a supervisión do seu profesor, Daniel Romay. Os dous primeiros módulos do curso desenvolvéronse no mes de setembro: foron os de acollida e manipulación de alimentos, de 10 horas cada un. Do 23 de setembro ao 18 de outubro deuse toda a información relativa ao servizo básico de restaurante-bar (120 horas) e, do 18 de outubro ao 15 de novembro, sobre aprovisionamento, bebidas e comidas rápidas (150 horas). Ao finalizar a formación teórica, que ocupou as xornadas de 8:00 a 16:00, os alumnos realizaron prácticas en empresas, xa cun horario adaptado ao do establecemento hosteleiro correspondente. En total impartíronse 420 horas de formación.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

57


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ FORMACIÓN

CURSOS COFINANCIADOS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO EN MONFORTE E EN LUGO A Federación Española de Hostelería organizou na provincia lucense un par de accións formativas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e dirixidas a mellorar a cualificación dos profesionais do sector. Nos locais da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo impartiuse o curso sobre a prevención de riscos laborais no sector

hosteleiro, do 22 de setembro ao 14 de novembro, en horario de tarde.

Curso sobre a prevención de riscos laborais no sector hosteleiro

A BARISTA MÓNICA LÓPEZ DEU UN CURSO NA CAFETERÍA EGOMUNDI A barista profesional Mónica López García estivo o 17 de novembro en Lugo para impartir un curso gratuíto de elaboración de cafés na cafetería Egomundi. Mónica, campioa galega de baristas e subcampioa de España no 2006, é xuíza técnica en campionatos nacionais desta especialidade e directora de formación da Asociación de Baristas de Galicia.

6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

Os lucenses que asistiron a esta clase práctica realizaron catas de cafés baixo a súa supervisión e recibiron as súas indicacións sobre as técnicas de preparación dun bo café e os aspectos a coidar no proceso, como a emulsión do leite ou o mantemento e axuste da maquinaria.

Pola súa parte, a cidade de Monforte de Lemos acolleu un curso sobre a xestión dun bar-cafetería. Tivo lugar na Casa Carballo, do 8 de novembro ao 15 de decembro, tamén en horario de tarde.

APEHL E CÁRITAS LEVARON A CABO UNHA ACCIÓN FORMATIVA EN LUGO A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo organizou un curso, en colaboración con Cáritas, para introducir no sector hosteleiro a persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social. Os quince matriculados aprenderon a realizar as operacións básicas que require a atención dun café-bar no restaurante lucense Tosar, entre os días 8 de novembro e 3 de decembro.


NomeFORMACIÓN de sección

ORGANIZADO UN CURSO DE SUMILLER EN LUGO Dende o 4 de outubro levouse a cabo nas instalacións de APEHL un curso de sumiller, enmarcado no plan de formación ocupacional da Consellería de Traballo e Benestar. Ata o 14 de decembro, data do final do curso, desenvolvéronse un total de 440 horas lectivas, a cargo de cinco docentes. A primeira en introducir aos alumnos na materia foi Emma González Ferreiro, cos módulos “A hostelería na actualidade”, “Calidade de servizo e atención ao cliente” e “Planificación, organización da bodega e xestión de stocks”, impartidos en outubro.

Antonio Ranluy colleu o relevo na formación falando de “Técnicas de cata de viños”, “Confección da carta de viños, cavas e champagnes e o seu servizo”, “Confección da carta de bebidas e servizo de aperitivos, augardentes e licores” e “Organización e desenvolvemento do servizo”.

Asistentes ao curso de sumiller en Lugo

Ao longo do mes de decembro, son David Andrés López Bao, María Castro Núñez e Rocío Valcárcel Neira os encargados de dar as clases deste curso, cos módulos “Seguridade e hixiene na restauración”, “Inserción laboral: técnicas de busca de emprego” e “Formación para a igualdade”, respectivamente.

HOSTELEIROS DA PROVINCIA FIXERON CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN EN VERÁN E OUTONO Os hosteleiros da provincia de Lugo tiveron a ocasión de actualizarse coa oferta de cinco cursos especializados que promoveu a Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) ao longo dos meses de verán e do outono.

Realizaron tres cursos a distancia: un sobre xestión e boas prácticas medioambientais, outro sobre o deseño e a implantación do plan de prevención de riscos laborais e un sobre inglés básico, todos centrados no sector da hostelería.

Ademais, puideron aprender cociña creativa nun curso de modalidade mixta que tivo lugar na Mariña luguesa, no restaurante San Miguel de Ribadeo, e mais asistir a un curso de manipulador de alimentos celebrado, tamén na mesma modalidade, nos locais que ten APEHL.

OS HOSTELEIROS MONFORTINOS RECIBIRON INFORMACIÓN SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO A Casa da Cultura de Monforte de Lemos acolleu en setembro unha charla sobre a situación social e laboral das mulleres que sofren violencia de xénero en Galicia, dirixida especificamente aos profesionais do sector da hostelería e impulsada pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Os asistentes recibiron información acerca desta problemática e tamén se lles proporcionou un protocolo básico para executar no caso de presenciar algún caso de violencia de xénero nos seus establecementos.

O evento serviu ademais como punto de intercambio e de reflexión verbo de experiencias de malos tratos destas características, coas que se poden atopar os hosteleiros.

www.caixaruralgalega.es HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

O BARCO …E PARA COMER, LUGO, TERCEIRO NA CLASIFICACIÓN XERAL DA REGATA RÍAS BAIXAS O barco ...E para comer, Lugo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, completou o martes 17 de agosto a 47ª regata Rías Baixas, subindo ao podio como terceiro na clasificación xeral. O barco, liderado por Gonzalo Araújo (tamén patrón do Bribón, a embarcación do Rei), foi o vencedor nas últimas dúas etapas da proba, a cuarta (O Grove-Sanxenxo) e a quinta (Sanxenxo-Vigo). A embarcación representante da provincia de Lugo mediuse nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa cos mellores regatistas galegos e vascos e rematou na táboa xeral a tan só dous puntos do gañador. Araújo, considerado un dos mellores pilotos de España, quixo dedicarlle o triunfo a todos os que apoiaron a participación do barco. “A victoria é para todo o grupo de persoas que se interesaron en que o barco estivera aquí, e principalmente para todos os patrocinadores”. Para esta competición, o patrón do ...E para comer, Lugo enrolou a boa parte da tripulación do Leaseplan Industrial, coa que obtivo a victoria no Circuíto Internacional Cidade de

O patrón, Gonzalo Araújo, recollendo o terceiro premio

Vigo de Platu 25 e entre os que se encontraban dous destacados vigueses: Pablo Torrado, campión do mundo na clase Farr 40, e Ramón Lago, membro da tripulación do CAM, o barco que patronea o Príncipe de Asturias. Contou ademais con dúas sagas de coñecidos navegantes portugueses, os irmáns Conde, Gilberto e Renato, e os Almeida, Guillerme e Alberto. Á marxe do estritamente deportivo, o patrón confirmou que o ...E para comer, Lugo espertou moita expectación durante as cinco xornadas da

regata. “Moita xente interesouse e sorprendeuse por ver un barco de Lugo nas Rías Baixas. Levar o nome de Lugo era un dos obxectivos e está cumprido”. Esta iniciativa deportiva-promocional da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo estivo apoiada pola Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Lugo, Xacobeo 2010, Kentes, do Grupo Ingapán, Grupo Galego Leite Río, Profilatex, de Laboratorios Nupel, Transportes Valín e Leaseplan Industrial.

O barco ...E para comer, Lugo levou unha tripulación de coñecidos navegantes galegos e portugueses

486

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8


NOVAS

O barco, durante a terceira etapa da proba

Cuarta etapa da proba

TRIPULACIÓNS E ETAPAS

Gonzalo Araújo e a tripulación do …E para comer, Lugo, un Mumm de 30 pés de eslora, correron na complexa división dos Regata, clase na que tiveron que medirse con outras unidades da calidade do Solventis, dos Moro _con Malalo Bermúdez de Castro á caña_, gañadores do campionato galego de cruceiros e do XXXV Conde de Gondomar; o Pairo 8, armado polo mítico patrón José Luís Freire; o ETEA, da Comisión Naval de Regatas da Escuela Naval Militar de Marín, patroneado por Fernando Cominges; o Turismo Ourense, dos irmáns Pérez-Canal; o Bizkaia-Maitena, de Míkel Emaldi; o gran Farr 45, do Real Club Marítimo do Abra e o Real Spórting Club de Bilbao; o Salseiro, de Manolo Blanco; o novo Castrosua-Carsa, de Willy Alonso; o Caffecel il Expresso, de Calos Mendonça; o Txole, de Ignacio Otaegui; o MIRFAK, da Comisión Naval de Regatas da Armada de Ferrol, patroneado por Diego López; o Terras Gauda, de Michael Álvarez, brillante vencedor da Copa Rafael Olmedo de Soliatario e A Dos – Gran Premio Bruzon&Miller; o competitivo Bosch Comunication Center, de Ramón Ojea; ou o Simphony, de Javier Onaindía, entre moitos outros.

O equipo do ...E para comer, Lugo ao completo

Unha división con moita clase, moi técnica e chea de grandes patróns e regatistas. O …E para comer, Lugo tivo que medirse coa mellor flota de barcos galegos e vascos da Historia. A primeira etapa da regata Rías Baixas, Vigo-Combarro (19,3 millas), desputouse o venres 13 de agosto. O día 14 cubriuse a ruta Combarro-A Pobra do Carmiñal (23,6 millas); o 15, A Pobra do Caramiñal-O Grove (17 millas); o 16, O Grove-Sanxenxo (20,5 millas) e o 17, Sanxenxo-Vigo (17,3 millas). Ao final de cada xornada entregábanse os premios de cada etapa no porto de recalada e expoñíanse as clasificacións do día. O 17 de agosto entregáronse os premios da última etapa e da clasificación xeral final, nun acto que se celebrou nos salóns do Real Club Náutico de Vigo, acompañado de pulpada do Carballiño, viño Martín Códax e produtos típicos galegos.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

597


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

NOVAS EDICIÓNS DA FESTA DO RÍO E DA FESTA XUDÍA ANIMARON MONFORTE NO VERÁN

Seis establecementos hosteleiros de Monforte participaron na Festa do Río con postos nas beiras do Cabe

Monforte de Lemos celebrou unha vez máis a súa Festa do Río, o pasado 31 de xullo, congregando no Paseo do Malecón a centos de asistentes. Seis establecementos, O Pientiña, O Espía, Agarimo, Bodegón, Compañía e O Pote, instalaron os seus postos nas dúas beiras do Cabe para ofrecer comidas e ceas elaboradas con produtos típicos do río, como as empanadas de anguías e as troitas á prancha.

Tamén se uniron a este festexo os locais de hostelería que se atopan próximos ao Cabe, servindo tapas e copas para animar o ambiente. A noite rematou coa actuación musical dun solista, por iniciativa dos hosteleiros participantes. A primeira fin de semana de setembro, Monforte volveu estar de festa. Nesta ocasión, ao tratarse da II Festa Xudía, o escenario foi a rúa Falagueira, o núcleo máis importante do barrio medieval.

Os hosteleiros do Pientiña, O Pote, Troula, Katanga e O Rabeno, ataviados con roupa de época, déronlle a este evento un toque lúdico preparando nas súas casetas pratos, tapas e postres baseados na cociña xudía. Deron comidas e ceas o sábado día 4 e comidas de novo o domingo 5. A delegación da Zona Sur de APEHL involucrouse na organización destas festas, que van camiño de consolidarse como referencias no calendario lúdico estival da cidade do Cabe.

A II Festa Xudía de Monforte reuniu a hosteleiros e a numeroso público na rúa Falagueira a principios de setembro

10 6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8


NOVAS

OS PREMIOS DO CUME TAPAS DE MONFORTE ENTREGÁRONSE NO CENTRO DO VIÑO Os hosteleiros gañadores e finalistas do concurso de tapas de Monforte recolleron os seus premios o 6 de agosto, nun acto celebrado no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Á entrega dos galardóns asistiron o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez; o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL), Cheché Real, e o cociñeiro Enrique Rodríguez, en representación do xurado profesional. Hosteleiros distinguidos no II Cume Tapas de Monforte

O premio de tapa creativa foi para O Espía. A mellor tapa tradicional foi a da Cervecería Mulligan’s e a mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra, a do Compañía.

Los Goya, o Katanga e o Compañía, en primeiro, segundo e terceiro lugar, respectivamente.

Na votación popular, que se levou a cabo en urna nos establecementos participantes, resultaron premiados

Representantes de todos os locais gañadores achegáronse ao Centro do Viño a recoller as placas acredi-

tativas do seu triunfo na segunda edición do Cume Tapas. Ademais destes premios, no acto entregáronse os agasallos do sorteo realizado entre os clientes do Cume Tapas.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

11 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

APEHL ASINOU UN CONVENIO CO CD LUGO O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería (APEHL), Cheché Real, e o presidente do CD Lugo, José Bouso Alvite, asinaron en setembro, en nome das dúas entidades, un convenio de colaboración que terá unha vixencia de dous anos e que posteriormente se renovará cada ano de forma automática, salvo indicación en contra dalgunha das partes.

ñecer este convenio na súa páxina web, indicando de maneira actualizada qué locais asociados de APEHL

se suman como establecementos colaboradores do club na campaña 2010/2011.

En virtude deste convenio, APEHL comprométese a promover a afiliación entre os seus establecementos asociados. Aqueles que colaboren co club aportarán 300 euros por temporada e terán a consideración de establecementos colaboradores, o que lles dá dereito a recibir 6 entradas para cada encontro que dispute o club como local (exceptuando os días do club), así como un distintivo acreditativo de establecemento colaborador. Pola súa parte, o CD Lugo dará a co-

José Bouso Alvite (esquerda) e Cheché Real, asinando o convenio

APEHL E LUGO10 EDITARON NOVOS PLANOS TURÍSTICOS DA CIDADE DE LUGO ESTE VERÁN Lugo10 colaborou coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) na edición duns planos-guía da cidade que o Concello lles facilita aos hosteleiros para que repartan entre os seus clientes.

cou que se optou por non imprimir un número demasiado elevado “para que calquera novidade se poida incorporar, e telo así o máis actualizado posible”.

Os devanditos planos poden adquirirse tanto nas oficinas de turismo do Concello coma na sede de APEHL e nas súas delegacións da Mariña e do sur da provincia.

A iniciativa foi presentada o 10 de agosto polo concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o presidente da Asociación Provincial de Hostelería, Cheché Real. Segundo o concelleiro, a publicación dos planos-guía “dá satisfacción a unha reivindicación do sector, que disporá agora dun plano cómodo e práctico para entregarllo aos turistas nas recepcións dos hoteis”. A primeira tiraxe do plano-guía foi de 15.000 unidades. Grandío expli-

12 6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

O concelleiro de Turismo e o presidente de APEHL, na presentación dos planos-guía de Lugo


NOVAS

MONFORTE CELEBROU CON ÉXITO DE PÚBLICO AS I XORNADAS GASTRONÓMICAS DE OUTONO A delegación da Zona Sur de APEHL organizou por primeira vez na cidade do Cabe as Xornadas Gastronómicas de Outono, que se desenvolveron do 30 de outubro ao 1 de novembro con moita afluencia de público e ás que se adheriron unha trintena de establecementos hosteleiros de Monforte.

rril, Adega do Carlos, Casablanca, Katanga, Escala, Santorini, Cervecería Cork, Compañía, Cortijo, Cristal, La Polar, O Espía, Rabeno, Pientiña, Zurich, Bar do Lechu, Molinón, Tapería Centro do Viño R.S., Cervecería Mulligan’s, Esmorga, Oasis, O Lar, A

Durante tres días, centos de persoas probaron tapas, racións e menús especiais elaborados con produtos típicos desta estación e servidos nos locais participantes. Moitas delas tamén se achegaron ata os pubs para celebrar as festas do magosto e do Samaín que estaban programadas. Participaron preparando tapas Los Goya, A Meiga, Bodegón Ribeira Sacra, Cafetería Estación Ferroca-

José Manuel Parada, padriño das xornadas, co alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e con Cheché Real, presidente de APEHL

Troula, Vinoteca Sapiens e San Marino (este último tamén deu racións). Os menús servíronse no Compañía, La Maja, Lienzo, Pulpería Pontenova, Casa Carballo, Los Goya, Lusco Fusco, Casa Reboiro e Bodegón Ribeira Sacra. E as festas tiveron como escenarios o Hatabendro, o Vagalume, o Compañía e o Lar. As xornadas foron apadriñadas polo xornalista monfortino José Manuel Parada, nun acto que tivo lugar o domingo 31 na Casa da Cultura. O presidente de APEHL, Cheché Real, agasallou a Parada cunha peza do Centro Oleiro da Reitoral de Gundivós, o escurrecubas, en agradecemento polo seu compromiso coa promoción da gastronomía da provincia.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

13 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

A MARCA ...E PARA COMER, LUGO ESTIVO PRESENTE NO SAN FROILÁN DE BARCELONA A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) e a Asociación Amigos de San Froilán de Barcelona rubricaron un convenio que posibilitou que a marca …E para comer, Lugo lucira nas festas do San Froilán da cidade condal, celebradas entre o 1 e o 3 de outubro. O San Froilán barcelonés organízase na Praza Maior do distrito de Nou Barris coa colaboración da Federación de Entidades Gallegas en Cataluña (Fegalcat), a Deputación de Lugo, Turgalicia e o Xacobeo, entre outros organismos. Durante os tres días de festexos, a marca …E para comer, Lugo estivo á vista en soportes de publicidade estática do recinto e tamén nas camisetas oficiais con este lema que vestiron os membros da organización, lanzadas por APEHL o verán pasado. Houbo ademais puntos de venda de produtos típicos de Lugo. UNHAS FESTAS ANIMADAS O programa deste ano incluíu o tradicional izado da bandeira galega, coa Banda de Gaitas Rosalía de Castro de Cornellá interpretando os himnos galego e catalán, así como a actuación de distintos grupos de canto e baile dos centros galegos de Barcelona, entre eles o Alborada da Llagosta e Cantigas e Agarimos de Badalona. Tamén houbo a tradicional misa na honra de San Froilán, acompañada polas agrupacións corais Irmandade A Nosa Galiza de Mollet e Botafumeiro de Cedanyola, pasarrúas no Domingo das Mozas, verbenas e sesións vermú amenizadas por orquestras, así como xogos e inchables para nenos e puntos de venda de produtos da provincia. Con esta iniciativa, APEHL segue a promocionar a provincia como destino turístico singular, contando co apoio dos empresarios galegos de Barcelona, moitos deles hosteleiros ligados á asociación.

14 6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

Cheché Real, presidente de APEHL, entre dous directivos da Asociación Amigos de San Froilán de Barcelona, Ramón Rey (asinando o convenio) e Domingo Díaz

…E para comer, Lugo incrementou moito a súa presenza social nos últimos meses grazas á implicación de diversas empresas que a aplican na rotulación e debido á súa presenza

Autoridades locais, provinciais e autonómicas, no San Froilán da cidade condal

en feiras e en eventos deportivos. Entre outros, a Feira Internacional do Turismo (Fitur) e a 47ª Regata Rías Baixas, celebrada o pasado verán.


NOVAS

LUGO ESTREA XORNADAS GASTRONÓMICAS As I Xornadas Gastronómicas de Lugo desenvólvense na capital desde o 11 de decembro ata o próximo 27 de febreiro, organizadas polo Concello en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, a Deputación Provincial e a Asociación de Industrias Elaboradoras Galegas en Agricultura Ecolóxica (INDEGAE).

oscila entre os 12 e os 30 euros. O menú inclúe primeiros e segundos pratos, pan e sobremesa. Haberá dous premios do xurado para os mellores pratos que concorran á categoría Muralla de Lugo, así como outros dous premios espe-

ciais: ao mellor prato preparado con ingredientes que leven o distintivo de Lugo Sabe e ao mellor prato elaborado con produtos de Agricultura Ecolóxica. Ademais, como sucede no concurso de tapas da cidade, tamén se concederán dous premios por votación popular.

O presidente de APEHL, Cheché Real, estivo no acto de presentación das Xornadas, valorando as datas de celebración como “idóneas para desestacionalizar o turismo”, un dos obxectivos na promoción gastronómica e turística de Lugo. Ao longo dos tres meses de duración, os restaurantes participantes ofrecen a diario un menú propio, dacordo co seu tipo de cociña e as súas especialidades e cun prezo que

DISTRIBUCIONES

MORANDEIRA

Presentación das xornadas. De esquerda a dereita, Cheché Real, o concelleiro José Manuel Díaz Grandío, a vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, e un representante de INDEGAE

Rúa da Industria, 93 . Pol. do Ceao . 27290 Lugo Tlf. 982 20 94 92 - 982 20 95 23 Fax 982 20 96 64 Marqués de Amboage, 26 15006 A Coruña Tlf. 981 15 11 31 - 981 15 11 32 Fax 981 15 10 68 morandeira@morandeira.com HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

15 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

O CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA RECIBE O PREMIO NACIONAL DE HOSTELERÍA A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, recolleu no Teatro Calderón de Valladolid o Premio Nacional de Hostelería 2010 que a Federación Española de Hostelería (FEHR) vén de outogarlle ao Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) polo seu labor formativo. Os premios FEHR son recoñecidos como os máis importantes do sector. A responsable de Turismo destacou a traxectoria da escola dende a súa creación, no 1993, e agradeceulle a FEHR que tivese en conta “a ensinanza diferenciada e multidisciplinar que caracteriza ao centro, e que a sitúa nunha das escolas de vangarda do sector”. O CSHG ofrece tres titulacións: o Diploma de Xestión de Empresas Hosteleiras, o Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas

Hosteleiras e o Certificado na Elaboración e Xestión de Cociña. A secretaria xeral afirmou que a escola destaca pola súa “boa imaxe na escena internacional e pola elevada porcentaxe de alumnos que se insiren no mercado global”.

Actualmente conta con 400 alumnos e posúe xa máis de 1.400 ex estudantes que traballan en establecementos hosteleiros de Francia, Inglaterra, Irlanda, Alemaña, Suíza, Portugal, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Marrocos, Túnez, México, Santo Domingo e Cuba.

Todos os galardoados cos Premios Nacionais de Hostelería 2010, no Teatro Calderón de Valladolid

FORMACIÓN DE CAMPO E GASTRONÓMICA NAS II XORNADAS DE MICOGASTRONOMÍA As II Xornadas sobre Micogastronomía organizadas en Lugo pola Sociedade Micolóxica Lucus, coa colaboración de APEHL, reuniron aos restauradores Héctor López (restaurante España) e Joaquín Martínez (Manuel Manuel) nunhas clases prácticas de cociña con cogomelos. Foi unha das actividades programadas no marco deste evento, que se celebrou do 12 ao 14 de novembro no recinto feiral da cidade. O programa deu comezo o venres 12 cunha charla de Julián Alonso sobre as principais especies de fungos que

16 6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

hai en Galicia. Ao día seguinte, pola mañá, el mesmo guiou unha saída ao campo para explicar como identificalos e recollelos axeitadamente.

Cheché Real, no acto de presentación das Xornadas

O sábado pola tarde impartíronse as clases de “Técnicas de cociña aplicada aos cogomelos” e “Preparacións e comentarios en directo de distintos pratos e receitas con cogomelos”, as dúas con Jesús Blanco Rey, docente en cursos sobre cociña e asesor técnico de empresas de hostelería e restauración. A mañá do domingo 14, os cociñeiros dos restaurantes España e Manuel Manuel, Héctor López e Joaquín Martínez, respectivamente, deron esta última clase das Xornadas con Jesús Blanco.


NOVAS

A COOPERATIVA CHANTADINA ORETA XIDA INVESTIGA A DESTILACIÓN DO AUGARDENTE A cooperativa chantadina Oreta Xida, dedicada á produción de augardentes artesáns, emprendeu hai catro anos unha investigación sobre as técnicas de destilación do augardente, por convenio coa Xunta de Galicia. Froito deste traballo de laboratorio é un novo prototipo de alambique que permite levar a cabo un proceso de redestilado co que se mellora a calidade desta bebida, ao modificar a recepción nel da fonte de calor. Na nave que ten a cooperativa no lugar da Torre (Vilaúxe, Chantada), e na que desenvolve as distintas fases de elaboración e repouso dos caldos, atópase a galería de alambiques na que funcionan os alambiques experimentais, xunto cos tradicionais e coas alquitaras.

As instalacións albergan ademais o laboratorio, a adega e a sala de máquinas, así como unha aula de formación, un museo etnográfico e a tenda. Oreta Xida creouse no 2005 e está integrada por dez adegas da comarca chantadina. Ademais de augardentes, fai e comercializa licores artesáns; ten unha capacidade de produción de 180.000 litros anuais, que envellecen en barricas de carballo americano e francés. A cooperativa coida especialmente a calidade dos seus produtos non só a través da investigación, senón tamén aproveitando como materias primas os recursos naturais da zona, que é rica en froitas como uvas, cereixas, figos, peras ou mazás.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

17 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

APEHL ABRE A SÚA WEB AO SECTOR E PREPARA A PRESENTACIÓN DA NOVA GUÍA EN FITUR A web …E para comer, Lugo, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL), converteuse no seu primeiro ano de vida nun activo escaparate aberto a todo o sector. Neste sentido, APEHL pretende que sexa unha páxina viva e un punto de encontro entre todos os hosteleiros, para o que a pon a disposición de todos os socios, animándoos a que remitan contidos para enriquecela. Preténdese así contribuír a que os hosteleiros lugueses teñan unha presenza activa en internet.

GUÍA EN FITUR Por outra banda, a cuarta edición da guía ...E para comer, Lugo será presentada (como sucedeu coas tres anteriores) na Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid, o próximo 19 de xaneiro, mércores, ás 4 da tarde.

Os asociados poden enviar as informacións que desexen facer públicas a través da web á dirección prensa@ apehl.org, tal como se indica nunha circular que foi remitida recentemente aos socios.

A guía estará dedicada nesta ocasión a facer un percorrido polos 67 concellos da provincia, sinalando algúns dos seus múltiples atractivos turísticos. Como é habitual, irá acompañada dun amplo despregue

A presenza na web faise extensiva ás redes sociais, nas que APEHL ten tamén unha presenza destacada en Facebook, á que se convida a todos os hosteleiros a unirse baixo o perfil ...E para comer, Lugo.

de fotografías de gran calidade. A obra editarase en español e inglés, cunha tiraxe de 15.000 exemplares, distribuíndose en todas as habitacións de hotel da provincia de Lugo, negocios de hostelería e oficinas de turismo, ademais de ter unha ampla presenza en feiras do sector nacionais e internacionais.

Presentación da guía en Fitur 2010

UNHA AMPLA GAMA DE SERVIZOS AO SECTOR

E

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO

PARA COMER ,

APOIO PERSONALIZADO AO EMPRESARIO

IMPORTANTES DESCONTOS EN PRODUTOS E SERVIZOS

Asistencia laboral

• • • • • •

Tramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nóminas e seguros sociais, certificados de retencións. Cota: 6,60 €/mes por nómina. Negóciase coas centrais sindicais o Convenio de Hostelería e infórmase aos asociados do contido do mesmo e as súas novidades. Obtención e elaboración de listas de prezos Os socios poderán obter os distintos modelos de prezo de forma gratuíta, e nas oficinas da Asociación procederemos á súa elaboración. • • • •

18 6

Asesoría xurídica Asistencia contenciosa Póliza de seguros colectiva. Para cubrir os riscos por accidente de traballo que establece o convenio colectivo do sector. O importe do seguro é de 15,00 €/traballador e ano.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

Produtos financeiros Consumo de propano líquido (5cts/kg) Recibos da SGAE (10%) Prevención de riscos laborais Implantación de protección de datos Equipos de descanso (ata un 50%)

COTAS MENSUAIS Sen empregados

8,60 €

De 1 a 5

12,60 €

De 6 a 10

19,20 €

De 11 a 15

33,30 €

De 16 a 25

44,90 €

De 25 en diante

52,50 €

Oficinas da asociación:

Delegación Zona Sur

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

r/ San Pedro (Estación de autobuses). Monforte de Lemos Tfno: 982.41.20.50 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org

r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 Lugo Tfno.: 982.22.69.12 Fax: 982.24.42.56 E-mail: comunicacion@apehl.org

Delegación A Mariña r/ Lugo, 3, baixo. 27780 Foz Tfno/Fax: 982.13.30.47 E-mail: delegacionamarina@apehl.org


NOVAS

VILALBA, RIBADEO, MONDOÑEDO E SARRIA CELEBRARON CONCURSOS DE TAPAS E VIÑOS Durante as últimas semanas, varias localidades da provincia de Lugo organizaron concursos de tapas e viños que contaron cunha grande afluencia de xente e coa participación de numerosos establecementos hosteleiros. VILALBA O Concello vilalbés promoveu do 11 ao 21 de novembro o primeiro concurso de pinchos da vila, rexistrando a participación de 28 locais de hostelería e moito público. Os pinchos degustados incluían como mínimo un produto da Terra Chá, requisito do certame. Os premios do xurado recaeron nos pinchos ofrecidos polo Parador de Vilalba (primeiro premio, co canelón de lacón de Vilalba recheo de boletus e piñóns sobre crema de espinacas) e o bar O Desnivel (segundo premio, co volcán de filloas e grelos). A votación popular deu como vencedor o xeado de San Simón con crocante de Porco Celta, do restaurante A Nova. Por último, a mellor maridaxe con Ribeira Sacra foi para a proposta do Mesón do Campo.

SARRIA O Tapicheo de Sarria reeditouse por cuarta vez do 3 ao 8 de decembro, con 31 establecementos hosteleiros adscritos e organizado polo Concello e a Asociación O Porco Cebado. O certame premiou as tres mellores propostas nas modalidades de tapa tradicional e tapa innovadora. Tamén o público que se animou a probar as tapas e a votar por elas levou premio, pois sorteáronse unha viaxe a Tenerife, unha fin de semana nun hotel con encanto e varios regalos.

Mellor tapa tradicional no concurso de Mondoñedo

RIBADEO A Asociación de Comerciantes de Ribadeo (Acisa) convocou para a fin de semana do 18 ao 21 de novembro a primeira ruta de viños galegos da vila, que se puido facer por 40 locais de hostelería. Servíronse ribeiros, albariños, godellos e mencías e todos os que se achegaron a probalos optaron a premio, pois sorteáronse tres viaxes ás adegas dos caldos que participaron na ruta. MONDOÑEDO A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (Acia) organizou do 26 ao 28 de novembro unha nova edición do Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, ao que se sumaron 14 establecementos hosteleiros. O solombo á crema de Módena con cebola caramelizada, da cafetería O Rei das Tartas, copou os premios de mellor tapa popular e mellor tapa creativa. Na modalidade tradicional proclamouse vencedora a tapa “Fraga Vella” do mesón Os Arcos.

O solombo á crema de Módena con cebola caramelizada da cafetería O Rei das Tartas foi a mellor tapa creativa e popular do certame mindoniense

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

19 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

APEHL ORGANIZOU A IV GALA DA HOSTELERÍA GALEGA EN CLAVE MARCADAMENTE LUGUESA A IV Gala da Hostelería Galega, a festa da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA), congregou a centos de hosteleiros e autoridades no club de campo Las Bridas o luns 18 de outubro, coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) como anfitrioa e organizadora. O evento tivo acento lugués, cos produtos e hosteleiros da provincia como protagonistas. A cerimonia estivo conducida polo comunicador Fidel Fernán e pivotou sobre a gastronomía lucense. Iniciouse cun aperitivo amenizado polo cuarteto Marosa Jazz Project e preparado por novos talentos da restauración luguesa: o Restaurante Paprica, o Mesón de Alberto e o Restaurante España, da capital; o Mesón Colón, de Nadela; o Restaurante O Grelo e o Centro do Viño, de Monforte; o Hotel Mogay, de Chantada;

O Lugar de Pascuais, de Outeiro de Rei , A Parada das Bestas, de Palas de Rei, e o pulpeiro Paco de Rubián. A cea foi elaborada por España Celebraciones. O ambiente estivo moi animado desde o comezo da festa, sobre as sete e media da tarde. Entre as autoridades que se deron cita na gala e que acompañaron ao presidente de CEHOSGA, Héctor Cañete del Cam-

Os premiados da gala, xunto con autoridades, o presidente de CEHOSGA e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo

20 46

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

po, e ao presidente de APEHL, Cheché Real, encontrábanse o alcalde de Lugo, José López Orozco; o conselleiro de Cultura, Roberto Varela; a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo; o subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe; a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e os vicepresidentes provinciais Antón Bao e María Xosé Vega, entre outros.


NOVAS

O equipo de cociñeiros responsables do aperitivo e da cea

Unha das sorpresas da gala foi a presentación da tripulación do barco …E para comer, Lugo, encabezada polo seu patrón, Gonzalo Araújo (patrón do Bribón, a embarcación do Rei Xoán Carlos), que lles entregaron os trofeos gañados na 47ª Regata Rías Baixas á delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias; ao vicepresidente segundo da Deputación, Antón Bao, e a dous membros da directiva de APEHL: José Manuel Cela, vicepresidente, e Jacobo García-Bobadilla, secretario. O ágape pechouse cun servizo exclusivo de cafés e cócteles de café preparados polos baristas Sofía Prieto (campioa de España de cata de café) e José Manuel Portela (subcampión de España de baristas) e gin tónics elaborados por Alejandro Gómez (Mellor Gin Tónic Orixinal de Galicia no 2010). Ao remate da festa actuou o ilusionista lucense Mago Rafa.

Organismos de xestión dos selos de O ambiente estivo moi animado calidade da provincia cederon prodesde o comezo da festa, sobre dutos para expor e diversas empresas doaron produtos e materiais para as sete e media da tarde a gala. O carácter lugués da festa acentuouse coa presenza dun grupo de lexionarios romanos que recibiron aos invitados.

Os convidados durante o aperitivo

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

21 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

FACENDO HONOR AO …E PARA COMER, LUGO Os aperitivos que se saborearon na gran gala da hostelería galega conxugaban o mellor dos produtos autóctonos con novas tendencias culinarias. Así, houbo roastbeef de tenreira ecolóxica de Galicia con alcaparras, mostaza e cristal de pementa de Xamaica, do Restaurante Paprica; sushi de Pulpo de Burela e panceta de Porco Celta, do Mesón Colón; taco de Lacón Gallego rebozado en pan de trufa negra con chourizo tépedo, crema de cachelos e emulsión de grelos, do Mesón de Alberto; fabas de Lourenzá e rabo de tenreira ecolóxica de Galicia, do Restaurante España; agrido-

ce de Castaña de Galicia con rape, po de boletus e millo, do Restaurante O Grelo; tosta mariñeira con marmelada de cebola e mencía, nabiza e crocante de panceta de Porco Celta, do Hotel Mogay; Queixo Arzúa-Ulloa con sopa de tomate, do Centro do Viño de Monforte; coca de Lacón Gallego e Queixo de San Simón da Costa, de O Lugar de Pascuais, e queixo Arzúa-Ulloa en escabeche de Castaña de Galicia, de A Parada das Bestas. Degustáronse ademais Pulpo de Burela á feira aliñado con aceite de Quiroga, de Paco de Rubián, e xamón galego Torre de Núñez.

O menú non quedou atrás. España Celebraciones innovou na comida co Bonito de Burela en escabeche suave de sidra sobre mango, a Merluza de Burela con grelos e emulsión de Pataca de Galicia e a Ternera Gallega con Pataca de Galicia asada, Castaña de Galicia e verduras ecolóxicas. De postre serviu crema xeada de Queixo do Cebreiro con xelatina de Mel de Galicia e granizado de mazá verde e tarta San Marcos de Ingapán. Tamén a empresa lucense Ingapán achegou o surtido de pans, e a D.O. Ribeira Sacra, os albariños, mencías e godellos da adega.

A cea celebrouse no club de campo Las Bridas e foi servida por España Celebraciones

VIÑA do CAMPO www.bodegasdocampo.com

22 6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8


NOVAS

O DISCURSO DO PRESIDENTE DE APEHL En primeiro lugar, tócame transmitirlles, en nome da directiva e os socios da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, a nosa satisfacción por sermos anfitrións desta Gran Gala da Hostelería e o Turismo de Galicia. Sempre aclaro que na Asociación usamos a palabra LUGO con maiúsculas, como sinónimo de provincia. Queremos ser a casa común de toda a profesión neste territorio singular e variado que é a provincia de Lugo, desde a costa da Mariña ata os viñedos da Ribeira Sacra, pasando pola Chaira e as serras. Esta chamada á unidade cobra especial sentido en tempos difíciles coma os que estamos a atravesar. Xuntos, facendo fronte común e aunando esforzos, podemos e debemos potenciar turisticamente a nosa provincia. Desde o movemento asociativo, desde as administracións e, no noso caso particular, desde o recén nacido padroado provincial de turismo, no que o sector da hostelería ten moito que dicir. Non descubro nada se digo que a hostelería é unha actividade clave na economía lucense. É obvio que a conxuntura actual nos obriga a ter iso moi presente, a arrimar o ombro. A meta, no noso caso concreto, está moi clara: a excelencia no servizo e no produto.

a nosa Asociación reclama desde hai uns cantos anos. Cada vez son máis as persoas que se incorporan á nosa profesión sen experiencia previa (moitas delas, procedentes doutros países, o que engade o hándicap da desconexión cultural). Por outra banda, os hosteleiros veteranos constatamos a necesidade de reciclármonos continuamente, para ir en paralelo aos avances que experimentan a nosa profesión e a sociedade en xeral. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo aproveitamos, unha vez máis, para pedir a axuda e implicación de todas as Administracións para que ese centro de formación continua sexa unha realidade o antes posible. Se “formación” é un concepto clave para afrontar o futuro, hai unha segunda palabra clave que ademais rima coa primeira: “promoción”. Amigas e amigos, a provincia de Lugo necesita PROMOCIÓN. Sóbranos calidade, sóbrannos atractivos, temos bos estándares profesionais… pero debemos mellorar á hora de vender todo iso dun xeito atractivo: no conxunto de Galicia, no conxunto de España e no exterior. Ben é certo que se avanzou bastante neste tema, polos esforzos ben encamiñados das distintas administracións e, dígoo sen fal-

sa modestia, pola esforzada contribución da nosa Asociación no desenvolvemento da marca “…E para comer, Lugo”. E aproveito para lembrar tamén a nosa implicación con outras marcas coma o Xacobeo, Lugo10 e Lugoterra. Hai outros organismos que levan a cabo actividades promocionais a un nivel máis local, e os seus esforzos son moi loables. Aínda que, na miña opinión, deberiamos pensar en coordinarnos todos os axentes que actuamos desde a provincia de Lugo. Pero todos estes avances non deben facer que nos descoidemos, que adormezamos. Temos que seguir ampliando a difusión do nome de Lugo. Temos que atraer máis e máis visitantes cada ano que pasa. Atraelos e fidelizalos. E, sobre todo, non podemos perder o tren da innovación, que é o tren do futuro. Non me estendo máis. Para a Asociación que me honro en presidir, é unha alegría telos hoxe connosco. Confío en que gocen da profesionalidade de todos os hosteleiros que contribuíron a materializar esta gala, a quen lles expreso o noso profundo recoñecemento. Quixemos facer unha festa moi luguesa e que regresen vostedes aos seus lugares de procedencia cun bo sabor de boca.

Non nos cansamos de lembrar que “...E para comer, Lugo”. Pero o feito de dispoñer dunha materia prima excelente, dunha provincia pródiga en riquezas naturais e patrimoniais, non nos exime de facer un esforzo para sacarlle o máximo partido posible aos nosos recursos (que son moitos) e para innovar, procurando novos camiños nesta profesión en continua efervescencia. Aí, precisamente, está unha das nosas eivas e das nosas teimas: a formación. Lugo necesita, máis pronto que tarde, ese centro de formación continua de Hostelería que

Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

23 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

CEHOSGA OUTORGOU OS SEUS PREMIOS ANUAIS A 5 HOSTELEIROS, 2 DELES DE LUGO A gala da hostelería serviu de escenario á entrega dos cinco premios cos que cada ano a Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA) homenaxea aos profesionais do sector, dos cales dous quedaron en Lugo. O agasallo consistiu nunha reprodución dun escurrecubas, peza saída do Centro Oleiro da Reitoral de Gundivós. A PROPOSTA DAS ASOCIACIÓNS INTEGRADAS DA PROVINCIA DA CORUÑA

Eduardo Paz Santasmarinas dálle continuidade a toda unha saga como membro da quinta xeración na empresa familiar, que primeiro foi tenda de ultramarinos no barrio compostelán do Castiñeiriño, alá polo 1838, e agora é o restaurante Paz Nogueira. Este establecemento pode presumir do premio “Tenedor de Ouro” ao restaurante máis antigo de Galicia. Eduardo rexéntao dende 1984 coa súa dona. O primeiro premiado da noite consagrou toda a súa vida á profesión de hosteleiro, na que entrou facendo extras ós 16 anos e á que se dedicou de cheo tras rematar os seus estudos de hostelería con 23.

Eduardo Paz Santasmarinas

Eduardo Paz Santasmarinas recibiu o premio de mans de Jesús Sordo García, presidente da Área de Restauración da Asociación de Hostelería de Compostela

A PROPOSTA DA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA E TURISMO DE OURENSE

Antonio Diéguez Vidal é outro exemplo de toda unha vida dedicada á hostelería, na que entrou ao facerse cargo do negocio familiar que rexentaba seu pai. Dende entón xestionou diversos establecementos ben coñecidos pola calidade do seu servizo, coma o restaurante Azul, o restaurante El Jardín e, xa finalmente, a cafetería Alaska, na que permaneceu ata a súa recente xubilación. Os seus fillos tomaron o relevo, continuando como empresarios no sector da hostelería.

24 6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

O premiado Antonio Diéguez Vidal con Ovidio Fernández Ojea, presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Ourense

Antonio Diéguez Vidal


NOVAS A PROPOSTA DAS ASOCIACIÓNS INTEGRADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

De José Manuel Fernández pódese dicir que se criou nun restaurante, no que de neno lle axudaba ao seu pai, Manuel Fernández Fortes (coñecido no mundo da hostelería como Manolo). Tralo falecemento de Manolo, no ano 2004, José Manuel fíxose cargo do Asador Manolo como director xerente. Este empresario tan novo, de só 32 anos, conseguiu prolongar a traxectoria de seu pai de forma talentosa, conservando a tradición da cociña galega e a sona dos seus banquetes e celebracións. O seu segredo é a calidade dos mellores produtos galegos, da terra e do mar.

Jose Manuel Fernández Sanjuan

José Magaz, presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra, deulle o seu premio a Jose Manuel Fernández

A PROPOSTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO

Eduardo Valín empezou a súa traxectoria profesional na xa desaparecida empresa Montaña, cubrindo a ruta de transporte Galicia-Valencia. Nesta cidade contactou cos primeiros clientes para facer envíos ocasionais de produtos galegos como viños, augardentes ou lacóns. Esta actividade, co tempo, deu paso a unha comercial con sedes en Valencia e Barcelona que reparte a diario produtos de practicamente todas as denominacións de orixe coas que contamos en Galicia. A vocación temperá de Eduardo polo transporte deu lugar ao nacemento, alá polo ano 1973, dunha empresa de transporte fundamen-

Eduardo Valín Abuín

talmente orientada á mercadoría baixo temperatura dirixida: Transportes Valín. No 1995, a firma recibiu un forte pulo ao inaugurar a que hoxe é a súa actual sede, con 18.000 metros cadrados útiles. Transportes Valín ten 90 empregados e unha flota de 60 camións, con saídas desde Galicia a toda a Península e a países como Francia, Alemaña, Bélxica, Holanda ou o Reino Unido. Eduardo Valín conta hoxe co apoio dos seus fillos, Eduardo, Carlos e Pablo, que se foron incorporando gradualmente ao negocio familiar.

María Xosé Vega Buján, vicepresidenta terceira e responsable da Área de Turismo da Deputación Provincial de Lugo, entregoulle o galardón a Eduardo Valín

PREMIO ESPECIAL AO FOMENTO DO ASOCIACIONISMO NA HOSTELERÍA E O TURISMO DE GALICIA

Nacido en Lugo en 1931, Manuel González Granxeiro iniciou a súa andaina na hostelería aos 30 anos, coa apertura dun restaurante na xa desaparecida estación de servizo Río Miño, na Tolda de Castela. Catro anos máis tarde inaugurou nas inmediacións o Hotel Miño, ostentando o cargo de director ata 1986. González Granxeiro é un histórico do asociacionismo hosteleiro. En 1966 foi elixido presidente do Sindicato Provincial de Hostelería, permanecendo no cargo ata a extinción da organización, en 1976. Formou parte tamén do Sindicato Nacional de Hostelería, ocupando o cargo de vogal da Agrupación de Empresarios de Restaurante.

Manuel González Granxeiro

En 1977 fundou a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo. Foi o seu presidente ata o ano 1983 e, nunha segunda etapa, de1992 a 2003. Na actualidade é o seu presidente de honra. Entre 2000 e 2001, González Granxeiro ostentou a presidencia da Confederación de Empresarios de Galicia, en cuxa directiva estivo varios mandatos. Outro dos seus papeis destacados no mundo empresarial exerceuno como membro fundador da Confederación de Empresarios de Lugo, estando na súa xunta directiva en repetidas ocasións e sendo tamén vicepresidente e vogal da Cámara de Comercio de Lugo.

O galardón especial CEHOSGA foi para Manuel González Granxeiro, a quen llo entregou Carmen Pardo, secretaria xeral de Turismo

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

25 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

IV GALA DA HOSTELERÍA GALEGA

A IV Gala da Hostelería Galega deu comezo cun aperitivo amenizado polo cuarteto Marosa Jazz Project

De esquerda a dereita, o subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, o senador José Manuel Barreiro Fernández e o alcalde de Lugo, José López Orozco

26 6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

O conselleiro de Cultura, o presidente de APEHL e a secretaria xeral para o Turismo, nun momento da cea


NOVAS

Tripulantes do barco... E para comer, Lugo e autoridades cos trofeos da regata

Sofía Prieto, campioa de España de cata de café

Os aperitivos foron preparados por novos talentos da restauración luguesa

José Manuel Portela elaborando cócteles de café

Alejandro Gómez preparando os gin tónics

Hosteleiros, representantes de consellos reguladores e políticos, en distintos momentos da gala, que contou coa participación dunha cohorte de lexionarios romanos e a actuación do Mago Rafa. O popular Fidel Fernán encargouse de presentar a festa, introducindo os discursos e a entrega de premios

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

27 7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

APEHL DESEXA AGRADECER A TODOS OS COLABORADORES O SEU ESFORZO PARA CONTRIBUÍR A QUE A PROVINCIA DE LUGO FOSE UNHA MÁIS QUE DIGNA ANFITRIOA DA IV GALA DA HOSTELERÍA GALEGA C.R.D.O. RIBEIRA SACRA

LEITE RÍO

C.R.I.X.P. LACÓN GALLEGO

DISTRIBUCIONES LAGE

C.R.I.X.P. TERNERA GALLEGA

CAFÉS CANDELAS

C.R.D.O.P. ARZÚA-ULLOA

INGAPÁN

C.R.D.O.P. CEBREIRO

ESTRELLA GALICIA

C.R.D.O.P. SAN SIMÓN DA COSTA

ACEITES ABRIL

C.R. AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA

BEGANO - COCA COLA

C.R.I.X.P. MEL DE GALICIA

JAMONES TORRE DE NÚÑEZ

C.R.I.X.P. PATACA DE GALICIA

DA VEIGA GALLETAS MARIÑEIRAS

D.X. ORUJO DE GALICIA/ AUGARDENTE DE GALICIA

COGACE

C.R.I.X.P. CASTAÑA DE GALICIA

EXCLUSIVAS REIJA

C.R.I.X.P. GRELOS DE GALICIA

GADISA - CASH IFA

C.R.I.X.P. FABA DE LOURENZÁ

ASOPORCEL

ARMADORES DE BURELA

COMERCIAL JELU

FONTECELTA

28 6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8


Nome NOVOS de SOCIOS sección

CASA FELISA

TRITÓN

Pensión rural situada no corazón da Ribeira Sacra. Ocupa unha casa rústica con xardín construída en 1837 por Felisa, a bisavoa de Ana Vázquez, quen a restaurou dándolle un aire moderno ás instalacións. Abriuna en xullo con 7 habitacións dobres, entre as cales hai unha adaptada a minusválidos e mais unha suite. Ten servizo de restaurante. Os hóspedes atopan na casa unha oferta variada para o lecer, que vai dende as rutas para a camiñada, a grella para facer churrascada e as bicicletas, quads e boogies, ata o ximnasio e a piscina dos que dispón. Esta oferta propia compleméntase coa adicional da zona, pois a poucos quilómetros localízanse as adegas de viño da denominación de orixe Ribeira Sacra e os catamaráns do Sil.

Dende o ano 2000 é un dos locais da noite do Corgo. O pub, que rexenta Francisco Manuel Rodríguez, abre todos os días ás seis da tarde e pecha ás catro e media da madrugada excepto as fins de semana, que cerra unha hora máis tarde.

San Fiz 3, Marcelle - Monforte de Lemos - Tel: 679.030.391 - www.casafelisamarcelle.es

San Cristóbal de Chamoso s/n O Corgo Tel: 638.736.523

HOTEL BALNEARIO DE GUITIRIZ

CASA PEREIRAS

Este hotel balneario de catro estrelas data de principios do século XX e conserva desa época a súa estrutura orixinal, inda que na rehabilitación integral de 2003 o dotaron de instalacións modernas. Consta de 103 habitacións, das cales 17 son suites, e dun balneario de augas termais de 4.000 metros cadrados. O balneario ten área de tratamentos, área termolúdica, área de estética (onde ademais dos servicios habituais se ofrecen tratamentos de medicina estética) e área médica cun amplo abano de programas de saúde. Ademais, conta cun club termal infantil. Os hóspedes aloxados no hotel tamén poden practicar deporte, xa que dispoñen de ximnasio, pistas de tenis e paddle e campo de golf. Está aberto durante todo o ano. Diríxeo Mariló Pereiro.

Dalila García reabriu no mes de agosto este coñecido restaurante de Alfoz, que permanecía pechado dende decembro do ano pasado. O comedor ten capacidade para unhas 60 persoas. Sérvense menú do día, bocadillos e ceas e tamén se acollen comidas de empresa. A súa é cociña tradicional.

Estrada do Balneario, s/n - Guitiriz - Tel: 982.022.200

A Seara, 19 - Alfoz Tel: 679.864.507

O DESCANSO

OS CACHIVACHES Os cociñeiros Armando e Alejandro Méndez, formados en centros hosteleiros de prestixio, inauguraron esta arrocería en Lugo no mes de setembro cun prato estrela, o arroz, que presentan seco, meloso ou en caldeiro e que tamén fan para levar. Ademais, traballan a carta de tostas e tapas, tanto modernas coma tradicionais, a grella e os postres caseiros. A carta de viños está feita polo campión galego de sumilleres do 2010. O establecemento conta cun comedor e mais cun reservado para 10 persoas. Pechan os luns. Estrada da Granxa, 118 - Lugo - Tel: 982.220.099

O traballo diario deste restaurante sarriao, que abriu este verán, empeza a partir das sete da mañá, cando serven almorzos, e acentúase ao mediodía, coa clientela que se achega para tomar o menú do día. Tamén ofrecen racións. Os seus 2 comedores teñen capacidade para máis de 50 persoas. Rexéntao Inés López López. r/ Calvo Sotelo 223, baixo C Sarria - Tel: 982.531.188

REAL DE PRADOS

AS RODAS

LIWAN

Cervexería habitual no tapeo da Milagrosa, na que caben destacar a súa cervexa de Cuba e as tapas de cociña galega. É un punto de encontro cando televisa os partidos de fútbol e outras competicións deportivas importantes. Ademais, ofrece menú do día e ten wi-fi. Leva 3 anos aberta e está rexentada por David Lázare. O horario do local é de 7:15 da mañá a 2:00 da madrugada, por semana, e ata as 3:00, as fins de semana. Pechan os mércores.

Este hostal, con pensión, restaurante e bar, reformouse este ano xusto antes de abrir, a principios de novembro, a cargo de Daniel López. A pensión é dunha estrela e conta con 7 habitacións con baño, televisión, wi-fi gratuíto e réxime de almorzo.

Café bar recentemente incorporado á marcha da capital luguesa, propiedade de Juan Jesús Sánchez Mendoza. Ten horario de 18:00 da tarde a 3:00 da madrugada.

Camiño Real, 153 - Lugo - Tel: 982.804.889

A Valiña, 7 - Sarria - Tel: 982.546.749 www.hostalasrodas.com

r/ Armórica, 58 - Lugo Tel: 666.368.528

CERVECERÍA D’MÓNICA Este café-bar que rexenta Mónica Pardo atópase na céntrica rúa do Concello de Guitiriz. Facía tempo que o local estaba pechado cando o colleu, en xuño do 2003. Ofrece cafés e tapas tradicionais, como as de orella, chourizo ao viño, lingua estofada e, as máis características, tortilla e callos. Iso fai que rexistre máis afluencia de clientes a primeira hora e á hora dos viños. Rúa do Concello 2, baixo - Guitiriz Tel: 982.370.173

O CABAZO DA CURUXA Novo aloxamento situado nun recanto do val de Lourenzá, a só 4 km do camiño de Santiago e a 17 km das praias da Mariña lucense. Trátase dunha antiga casa de aldea construída en pedra e rehabilitada con materiais tradicionais para manter o ambiente rústico sen renunciar ás comodidades actuais. Conta con 5 habitacións dobres con baño, todas decoradas de distinto xeito. As zonas comúns inclúen o comedor, onde gozar dun bo almorzo con produtos caseiros, o salón e o xardín cunha terraza e un porche para relaxarse e descansar. Tamén se ofrecen ceas os venres e sábados do 15 de setembro ao 15 de xuño. Rexenta a casa Ángeles Domínguez. As Pantigueiras 6, Santo Adrao - Lourenzá - Tel: 655.545.797 - www.ocabazodacuruxa.com

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8

19 29


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVOS SOCIOS DOMUS ITINERIS

MINUETTO

Tal como indica o seu nome, Domus itineris é “a túa casa no camiño”, pois é un lugar de descanso na etapa de Triacastela a Sarria do Camiño Francés, ao seu paso por Samos. Alí, a 50 metros do Mosteiro de Samos, Abel Novoa puxo en funcionamento en xuño deste ano esta casa de pedra e lousa como pensión rural. Posúe 24 prazas, distribuídas en 15 habitacións, e conta con salas de estar, lavandería, servizo de almorzo, máquinas expendedoras de comida e bebida e conexión a Internet. Ademais, os clientes poden facer uso dun aparcadoiro para bicicletas e mais dos establos para cabalos que teñen nunha finca próxima.

Este é un local de referencia na cidade para tomar cafés, tapas e copas dende as dez e ata a noite. Púxoo en funcionamento María Dolores Pérez hai 6 anos nunha zona moi concorrida, en fronte dos conservatorios de música e danza e mais da Escola de Idiomas de Lugo.

Salvador, 3 - Samos - Tel: 982.546.088 - www.domusitineris.com

Ronda Músico Xosé Castiñeira, 2 - Lugo - Tel: 982.872.408

CASA FOGUETE

SAN MARINO

Casa Foguete é un dos restaurantes míticos da Mariña luguesa, con máis de 70 anos de historia e cun Premio Nacional de Gastronomía no seu haber. Continúan a tradición familiar Lesley Anne Rigby e o seu marido. Caracterízase pola cociña tradicional, con produtos da zona e de temporada, destacando os pescados que preparan. O interior do establecemento acaba de ser reformado e distribúese en 3 comedores: un grande, con capacidade para 130 persoas, e dous privados, para 15-20 persoas. Acolle comidas de grupos e banquetes e abre todos os días, dando ceas os venres e os sábados pola noite. No verán pode disfrutarse de terraza e xardín.

O San Marino é un cafébar monfortino que abre ás oito da mañá, para dar almorzos, e pecha cara a unha da madrugada. Os momentos de maior concorrencia de clientes danse á hora dos viños, a mediodía e a última hora da tarde. Teñen viño da Ribeira Sacra e mais de colleita propia, que pode acompañarse con tapas tradicionais (frebas, panceta, lacón, caldo, lentellas…) ou racións. O establecemento lévao Yani Espinosa dende hai un ano.

Vilaframil - Ribadeo - Tel: 982.131.026

r/ Benito Vicetto 1, baixo - Monforte de Lemos Tel: 982.410.792

CASA DO ROUCO José Manuel Cruña Rouco abriu as portas desta casa de labranza en pedra e madeira como establecemento de turismo rural hai 8 anos, en xullo do 2002, e hoxe en día segue ao frente do negocio. Dispón de 5 habitacións dobres con conexión a Internet e de restaurante, aberto ao público. Serve almorzos, comidas e ceas e a súa cociña é tradicional, tendo moita sona na Terra Chá o chuletón á prancha que preparan. Nas súas instalacións chama a atención o comedor, soterrado baixo o xardín e cunha sala circular abovedada e con bancos corridos. Román, 36 - Vilalba - Tel: 982.511.333

CASA VILLAR

PUB SEVEN

Esta casa de comidas familiar que levan José Manuel Portela González e a súa dona é un referente no interior da provincia polo cocido da Fonsagrada e os postres caseiros, que, como toda a comida que preparan, teñen o sabor da cociña tradicional. Os cafés, cócteles de café e gin tónics corren a cargo de José Manuel Portela fillo, subcampión de España de baristas. O comedor ten capacidade para 40 persoas e só funciona con reservas. Paradavella, 9 - A Fonsagrada - Tel: 982.354.053

GOYA MUSIC BAR

VINOTECA SAPIENS Dende o mes de setembro deste ano rexenta a viñoteca Marcos López, quen mantivo o máis característico da oferta do local: viños da terra e viños con denominacións de orixe españolas. Tamén serve tapas e racións de cociña tradicional con produtos de temporada e mais táboas de embutidos e queixos. Está aberto de sete e media da tarde a doce e media da noite e no verán pon terraza. r/ Chantada, 150 - Monforte - Tel: 982.412.949

Pub de primeira hora na marcha sarriá, especializado en coctelería. Prepáranse mojitos e caipiriñas, e tamén se ofrece o habitual servizo de copas. Loce unha decoración setenteira, con estampados florais nas paredes e no chan. O local abre as noites dos venres e dos sábados, de once da noite a tres da madrugada. O seu propietario, José Manuel Mourelo, teno dende o ano 2006. r/ Calvo Sotelo 145, baixo - Sarria - Tel: 670.501.461 - www.pubseven.es

HOLIDAY

PALACIO DE SOBER

Inés Campo Macía inaugurou o Goya Music Bar o 4 de decembro do 2009, tras reformar o antigo café Goya que rexentaron os seus avós e darlle unha decoración máis moderna, de inspiración pop-art. O pub está especializado en cócteles, que ofrece ademais do servizo de copas. Abre os venres e os sábados de doce a catro.

David Vázquez López abriu este café-bar o 30 de xuño no concorrido Campo da Compañía de Monforte. O Holiday está aberto dende as 8:30 da mañá e ata a noite, ofrecendo tapas, racións, bocadillos, hamburguesas e sandwiches.

É o primeiro e único hotel cinco estrelas de gran luxo da provincia e foi reconstruído sobre as ruínas do palacio do conde de Lemos, utilizando os mesmos materiais que tiña o edificio histórico. Posúe 43 habitacións, entre elas 2 adaptadas a minusválidos, 13 suites e 1 suite real. Os hóspedes atopan comodidades como servizo de restauración nas habitacións as 24 horas, piscina exterior, centro termolúdico, salas de convencións equipadas con medios técnicos e audiovisuais ou biblioteca.

r/Río Sil 18 - Quiroga Tel: 635.803.586

r/Compañía 37, baixo -Monforte de Lemos - Tel: 982.400.044

Camino del Palacio s/n - Sober - Tel: 982.455.182 www.palaciodesober.com

30 18

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 8



Leche hosteLería grand crème

La leche para los profesionales de hostelería más exigentes Nueva ◗ excelente cremosidad para un óptimo resultado en cafeteras y repostería

◗ Botella tricapa que protege de la luz y los olores ◗ Fácilmente apilable


Dixitalización Realizada polo equipo de Transmedia, Comunicación & Prensa e cofinanciada por

Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica

e o Fondo Social europeo


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.