13 minute read
Evolución do manexo e a produción de SAT Arenas cun sistema de alimentación robotizado
Imaxe 1. Bolo ou unidade móbil do AFS que transporta a ración preparada (mesturada e picada) ata o pesebre para a súa distribución
Evolución do manexo e a produción da SAT Arenas cun sistema de alimentación robotizado
Nas seguintes páxinas ofrecemos algunhas conclusións ás que chegamos tras o estudo realizado nunha gandería de Cantabria, onde se substituíu o método tradicional de preparación e distribución do alimento con carro unifeed por un sistema robotizado, Lely Vector.
M. Estivill1, Y. Trillo2, M. Rico3, R. Rodríguez3
1Estudante da Facultade de Veterinaria de Lugo (USC) 2Farm Management Support en Lely Center Los Corrales 3Área de Produción Animal, Facultade de Veterinaria de Lugo (USC)
Aescasa dispoñibilidade de man de obra, o aumento do tamaño dos rabaños e a necesidade de optimizar os procesos relacionados coa alimentación resultaron na recente aparición no noso país de sistemas robotizados de alimentación.
Un sistema robotizado de alimentación permite automatizar todo o proceso de preparación e distribución da ración, o que supón unha importante diminución do tempo de traballo dedicado polo gandeiro a este labor, o cal só debe repoñer os ingredientes da zona de preparación da comida (cociña), variando segundo o tipo de alimento e as condicións de conservación. Ademais, a frecuencia de repartición da ración aumenta ata unha media de 10 veces ao día, permitindo que os animais dispoñan de alimento fresco constantemente, incentivando a actividade e as visitas ao presebe e incrementando a inxestión de MS.
Para avaliar o rendemento dun AFS (automatic feeding system) realizouse un estudo na SAT Arenas, unha explotación cun rabaño medio de 121
Imaxe 2. A cociña ou zona de preparación do alimento onde se dispoñen os ingredientes das racións
animais de raza frisona e unha media de 42 kg de leite/vaca/día. Nesta recolléronse e analizaron datos do ano 2019 con carro mesturador e do 2020 cun AFS (Lely Vector).
Detectouse a influencia do sistema de alimentación sobre diferentes variables, principalmente, produtivas (kg leite producido por vaca e día, niveis de graxa, proteína e lactosa, reconto de células somáticas e peso vivo) e de comportamento (número de rexeitamentos e inxestión de concentrado no robot de muxido e minutos de ruminación). Observáronse diferenzas significativas (p < 0,05)
Fabricantes de aceites vegetales y tortas oleaginosas
TORTA DE SOJA · COLZA · GIRASOL LINAZA · HARINA DE MAÍZ Y CEBADA
También en producción ecológica
comercial@assa1949.com · www.aceitesdesemillas.com · Tel. +34 938 654 600 Priorat, s/n - Pol. Ind. La Borda – 08140 Caldes de Montbui (Barcelona) España
entre os dous períodos de estudo no número de rexeitamentos do robot de muxido, o nivel de proteína e lactosa, o reconto de células somáticas e o peso vivo, ademais do número de rexeitamentos, a inxestión de concentrado no robot de muxido e os minutos de rumia. Non se observaron diferenzas estatisticamente significativas na produción de leite por vaca e día, o número de muxidos e o nivel de graxas en leite.
NÚMERO DE REXEITAMENTOS
No caso do número de rexeitamentos, púidose advertir un notable descenso deste, chegando a supor ata un 28,15 % menos. A hipótese formulada para este descenso foi que, ao dispor de alimento fresco continuamente no presebe, os animais pasan máis tempo alimentándose neste, o que reduce o efecto incentivador do concentrado subministrado no robot de muxido. Isto pode influír en que o número de intentos para acceder ao robot de muxido sen que transcorra o tempo suficiente desde o muxido anterior se reduza, pero sen chegar a ser tan marcado como para afectar o número de muxidos.
NIVEL DE PROTEÍNA
En canto ao nivel de proteína do leite, observouse un aumento do 2,74 % respecto ao ano anterior. A explicación para este incremento puido estar relacionada co aumento da frecuencia de alimentación. A achega constante de alimento favorece que se realicen inxestións de menor tamaño, xerando unha diminución dos picos dos principais produtos da fermentación: prodúcese o aumento das proporcións de ácido propiónico respecto ao ácido acético (French e Kennelly, 1990; Kaufmann, 1976), a diminución das flutuacións de amoníaco (Lle Liboux e Peyraud, 1999; Shabi et al., 1999; Yang e Varga, 1989) e a redución das flutuacións de pH (Lle Liboux e Peyraud, 1999; Shabi et al., 1999). É probable que todos estes beneficios a nivel ruminal permitan un mellor crecemento e desenvolvemento das bacterias ruminais, xerando un aumento da dixestibilidade de alimento e unha maior síntese de proteína microbiana, e isto tradúcese nun aumento da porcentaxe de proteína en leite.
NIVEL DE LACTOSA
Para o nivel de lactosa, do mesmo xeito que sucedeu coa proteína, produciuse un aumento do 0,62 % posterior á instalación do Vector. Isto puido estar asociado, ademais de á diferenza do estado de lactación, ao maior consumo de concentrado no robot de muxido, debido a que os animais máis próximos ao pico de lactación se lles asignaba unha maior cantidade de concentrado. Este aumento do consumo de concentrado pode resultar nun incremento do propionato en relación co acetato a nivel ruminal, sendo este primeiro maior estimulante que o acetato na liberación da insulina e a gluconeoxénese a nivel hepático, o que dá lugar a maiores niveis de glicosa en sangue (Argov-Argaman et al., 2014). É probable que as maiores concentracións de glicosa, principal precursor da lactosa, e de in EN CANTO AO NIVEL DE PROTEÍNA DE LEITE, OBSERVOUSE UN AUMENTO DO 2,74 % RESPECTO DO ANO ANTERIOR
sulina aumenten a captación de glicosa pola glándula mamaria, o que resulta nunha maior concentración de lactosa no leite.
RECONTO DE CÉLULAS SOMÁTICAS
Ao analizar o reconto de células somáticas, observouse unha importante diminución, o cal chegou a reducirse nun 4,58 % respecto ao período onde se alimentou con unifeed. A explicación máis sólida para este descenso puido estar ligada á modificación do comportamento dos animais que xera a subministración constante de ración. Cando os animais saen do robot de muxido, a dispoñibilidade de alimento fresco fai que no canto de buscar tombarse acudan ao corredor de alimentación, o que evita que o teto entre en contacto co chan cando aínda estaba aberto; isto mellora a hixiene do ubre e diminúe a probabilidade de adquirir unha infección intramamaria (Watters et al., 2014), o que se traduce nunha diminución do reconto de células somáticas.
Así mesmo, cabe destacar que non se pode descartar como factor influente a maior calidade hixiénica da ración debido á constante preparación desta, que reduce o tempo de espera no presebe e, por tanto, a posibilidade de contaminación ou fermentación non desexada.
CONCLUSIÓNS
Con estes resultados pódese concluír que a instalación do AFS xerou a mellora dalgúns parámetros produtivos e de comportamento, como son diminución do número de rexeitamentos no robot de muxido e do reconto de células somáticas e aumento dos niveis de proteína e lactosa en leite.
É certo que non podemos concluír que estas variacións sexan debidas, exclusivamente, ao cambio no sistema de alimentación dada a influencia que tivo o estado de lactación (DEL) do rabaño entre os períodos de estudos. Aínda así, a redución do tempo de traballo dedicado á alimentación, así como a consistencia no seu, poden resultar nun incentivo o suficientemente motivador como para incorporar un sistema automatizado en moitas das ganderías de leite.
Cabe destacar que neste estudo non se abordou a influencia sobre a reprodución, con todo o gandeiro apunta que se incrementou a taxa de preñez de forma notable.
INXESTIÓN DE CONCENTRADO NO ROBOT DE MUXIDO, MINUTOS DE RUMINACIÓN E PESO VIVO
As variables restantes analizadas tamén sufriron variacións; a inxestión de concentrado do robot de muxido incrementou un 0,7 %, os minutos de rumia aumentaron un 15,5 % e o peso vivo reduciuse un 0,8 %. É probable que estas variacións fosen consecuencia principalmente da diferenza no estado de lactación do rabaño entre os períodos de estudos, polo que a información que puideron ofrecer estas tanto no que respecta á produción como ao comportamento considerouse limitada.
BIBLIOGRAFÍA
Bibliografía dispoñible baixo petición en marc.estivill.marin@gmail.com
reduce o traballo e aumenta as ganancias
En Casanova Holstein incorporaron hai ano e medio este secante en po para a hixiene das camas e, desde que o aplican, resaltan as melloras na saúde do ubre das vacas, ademais dunha considerable baixada das mamites clínicas e subclínicas.
Sanisec Plus é un secante en po para a hixiene animal a base de substancias naturais especialmente tratadas con axentes activos antimicrobianos que hixienizan, desecan e proporcionan un agradable aroma. Trátase dun produto absorbente, fabricado con materias primas locais, con propiedades desinfectantes naturais, libres de fosfatos, non irritantes e inocuas para os animais.
O obxectivo deste produto é manter o gando libre de axentes externos nocivos, dunha maneira sa, e asegurar unhas condicións óptimas de hixiene na granxa para o animal, ademais de alcanzar melloras produtivas na explotación. Ten un modo de emprego fácil, posto que se pode esparexer en pavimentos e camas, aínda que estean presentes os animais.
En Casanova Holstein (Millares, Baleira) empezaron co seu uso en xullo de 2020. Miguel Pérez Fernández, copropietario desta explotación, explícanos que antes de ter o Sanisec Plus empregaban nas camas de colchón unha casca con palla e carbonato. “Aquí temos canles e fosa con placa e esta mestura estaba a darnos problemas, porque o carbonato sedimentaba no fondo. Desde que empezamos con este produto, iso acabou”, apunta o gandeiro. En canto á súa aplicación comenta que é sinxela. Mañá e noite enchen o aplicador que logo conectan a un trade de batería e xa o poñen por toda a explotación. Teñen unhas 60 camas e calculan que botar o secante lévalles uns dous minutos. “Aínda que haxa vacas por medio, están totalmente afeitas e non nos causan ningún problema”, relata Miguel.
Nesta gandería, os principais cambios que notaron son no ubre das vacas, cunha importante redución das mastites subclínicas. Tiñan unha media anual de 170.000 cél./ml e desde que utilizan o Sanisec Plus, a media do último ano está ao redor das 130.000. “Non é unha gran diferenza, pero está demostrado que unha baixada das células somáticas implica unha maior produción por vaca”, resalta. Así mesmo, nas mastites clínicas tamén tiveron un decrecemento, posto que, anteriormente, trataban unhas oito mamites clínicas anuais e neste último ano e medio levan atendidas unhas tres, o que implica un descenso da taxa de eliminación. Así, descartan menos leite, reducen o risco de dar inhibidores en tanque e, ademais, diminúen o uso de antibióticos, “que agora é tan importante, máis cando o próximo ano nos van a obrigar a incorporar o secado selectivo”.
Este gandeiro ten claro que recomendaría este produto para aquelas granxas que teñan o manexo das camas como as súas, de colchón, posto que considera que cumpre moi ben a función de mellorar a saúde do ubre. “Estamos moi contentos con el. É fácil de usar, a rutina de subministración automatízase bastante ben e economicamente compensa. A nós repercútenos en menos dores de cabeza, menos traballo e máis diñeiro no peto”, conclúe Miguel.
El centro gestionado por Recría Castro, empresa vinculada a Seragro SCG, y que la Diputación de Lugo tiene en las instalaciones provinciales de la Granja Gayoso Castro (Castro de Rei) acoge en la actualidad a 2.450 terneras y novillas, todas ellas monitorizadas con los sistemas de monitorización de Allflex Livestock Intelligence, de MSD Animal Health. Su gerente, Rogelio Grille, describe en esta entrevista su experiencia y cómo han podido mejorar en distintos aspectos reproductivos.
¿Cómo ha afectado la instalación del sistema automatizado de monitorización en el trabajo de la explotación?
A medida que fuimos creciendo, notamos que la detección de celos empezaba a ser un problema. Quizás no tanto la detección en sí como la necesidad de separar a los animales que estaban en celo de aquellos que no lo estaban y, sobre todo, saber cuándo era el momento óptimo de inseminación en un grupo tan grande.
Ese fue, básicamente, el motivo por el que decidimos recurrir al sistema de monitorizado de animales.
EN VÍDEO
Ha sido un cambio estratégico en la gestión de la explotación. ¿Cómo han modificado la organización del trabajo y la gestión del personal?
Ahora prácticamente no dedicamos tiempo a ver celos. Consultamos la aplicación del móvil y, en función de los datos que nos aporta, trabajamos.
¿Cómo se gestiona la reproducción con este nuevo sistema?
La reproducción se gestiona del mismo modo, simplemente no dedicamos tiempo a detectar celos, porque nos los detectan muy bien los collares. Antes teníamos una buena detección de celos, no utilizábamos apenas protocolos de sincronización y, ahora, tampoco.
¿Habéis podido observar mejoras en los principales indicadores reproductivos?
Sí. Durante seis meses estuve probando con 80 collares para ver cómo era la fertilidad de esos animales con respecto a los que no los tenían. Como utilizamos mucho semen sexado, cambiamos bastante el momento de inseminación con este tipo de semen. Los collares nos indican que, con semen sexado, debemos inseminar más tarde de lo que lo veníamos haciendo.
¿Habéis reducido la carga de trabajo asociada al marco reproductivo?
Más que reducirla, la hemos cambiado. Ahora no dedicamos tiempo a ver celos, sino a la gestión de los collares, pero obviamente se reduce la carga de trabajo, claro que sí.
¿El acceso a información retrospectiva de la actividad, la ingesta y la rumia de los animales es de utilidad para su manejo en el contexto de la explotación?
Tenemos la posibilidad de ver la gráfica individual de rumia de cada animal y sí que es interesante, aunque cuando hablamos de novillas no tiene nada que ver con vacas de leche. Es una gran ayuda, sobre todo, cuando ves un animal pachucho, para ver cómo está.
¿Es una herramienta importante para la gestión de la salud y el tratamiento de una población multiorigen?
Todas estas herramientas ayudan, aunque en nuestro caso el aspecto multiorigen se diluye durante los primeros dos meses de vida, que las terneras pasan su cuarentena en boxes individuales. El rebaño a partir de ese momento ya no es multiorigen como tal; pero todo ayuda, por supuesto.
¿Qué aporta la información del sistema en relación con el futuro desempeño de la novilla en la explotación?
Es un punto clave. Los collares sí nos han ayudado a aumentar la fertilidad en primera inseminación, cuando se utiliza semen sexado, y eso redunda en un beneficio para los clientes, que pagan este tipo de semen, un producto caro.
¿Puede, por todo lo anterior, ayudar este sistema a ser competitivos en la recría de una novilla y trasladar esta eficiencia a los ganaderos?
Desde ese punto de vista es un ahorro en el coste de la novilla, porque la inseminación es parte de la recría. Desde el momento en que estamos mejorando la fertilidad en primera inseminación con semen sexado es un punto a favor.
¿Cree que su experiencia podría ser trasladable a explotaciones individuales?
Creo que sí, porque no hay diferencias. Esto es como una explotación, solo que en las granjas individuales hay novillas y vacas, pero tienen esta misma problemática.
Aquí, que tenemos a tantos animales al mismo tiempo en celo para inseminar, saber el momento óptimo para la inseminación es un problema. En una granja más pequeña el problema puede ser menor, pero no deja de serlo.
La gran ventaja de los collares es esa, aquí y en cualquier sitio. En general, la experiencia es positiva porque nos ayuda a detectar el mejor momento de inseminación y mejoramos los datos de fertilidad.