4 minute read
2022 | Vaca Pinta n.º 29 | 3
DIRECTOR EXECUTIVO José Manuel Gegúndez DIRECTOR DE ARTE Marcos Sánchez DESEÑO E MAQUETACIÓN Marcos Sánchez, Martín Sánchez, Sabela Díaz, Silvia Gayoso EDICIÓN E REDACCIÓN Alexandra Cabaleiro, Noelia Cortizo, Begoña Gómez, Gemma Martínez, María Melle FOTOGRAFÍA E REALIZACIÓN EN VACA TV Raquel Anido COLABORAN NESTE NÚMERO Asociación Profesional de Podología Bovina (APPB), Jorge Santiso, Francisco Sineiro, Quim Baucells, Juan José Sánchez, Antón Camarero, Alexandre Udina, Joel Presa, María Hermida, Israel Flamenbaum, Alessia Tondo, DarioPasetti, Almudena Molinero, Seve Fernández, Jesús Cantalapiedra, Joaquim Lima, José Pedro Araújo, Marcio Vargas, Mercedes Camiña ENDEREZO Ronda das Fontiñas, 272, Entreplanta A. 27002 LUGO Teléfonos: +34 982 221 278, +34 636 952 893 e-mail: transmedia@ctransmedia.com Web: www.transmedia.es Depósito Legal: LU 28-2018 ISSN: 2603-8080 ISNI: 0000 0004 7662 5947 ISBN: 978-84-09-38654-3 Tiraxe do número actual: 16.800 exemplares
Advertisement
Transmedia Comunicaciones y Prensa SL non se responsabiliza do contido dos artigos asinados
Transmedia pertence a:
O papel utilizado nesta publicación foi elaborado de maneira sostible:
PEFC/14-38-00071
CertificadoPEFC
Esteproductoprocede debosquesgestionados deformasostenible yfuentescontroladas
www.pefc.es
Auditada por:
Distribución media durante o ano 2021: 17.204 exemplares Repasamos, a través da experiencia profesional do veterinario Quim Baucells, a evolución do papel do buiatra en España nos últimos corenta anos Coñecer o segredo da alta produtividade en SAT As Pandas era o obxectivo da nosa visita a esta granxa lucense. Juan José Pernas e Moisés Vispalia reveláronnolo
OPINIÓN
Lexislar de costas ao sector. Xoán Ramón Alvite ............................................. 8
FORMACIÓN ANEMBE 14
CONTRATOS
O Índice InLac A3 para indexar os contratos do leite ...............................................18 Conta Láctea, a aplicación creada para aumentar o poder negociador dos gandeiros sobre os prezos do leite .................... 26
O LEITE
Falamos con Carlos Spuch, investigador do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur ........ 32
CON LUPA
Catro décadas na vida dun buiatra ............................ 38
ACTUALIDADE
Que cambios incorpora a nova normativa sobre medicamentos veterinarios?........................ 48
NA GRANXA
SAT As Pandas. Vilalba (Lugo) ........................... 56
INVESTIGACIÓN
Dairy for Future, un proxecto para establecer unha etiquetaxe específica de leite respectuoso co medio ambiente ............................................ 74
SAÚDE PODAL
Saúde podal desde o día un ............................ 94
ESPECIAL: ENSILADO DE HERBA
Adaptarse ou morrer: sustentabilidade na produción de forraxes ensiladas ........................... 102 Pautas de manexo para forraxes ricas en leguminosas ..................................................... 114 Ensilado de pradeira: vantaxes dunha análise avanzada (I) .......................................................... 122
ESTRÉS POR CALOR
Necesítase máis dun verán para arrefriar adecuadamente as vacas ....................... 128
MANEXO
Utilidades e realidades do uso de datos na granxa ..................................................... 134 Suplementación de vacas secas con oligoelementos inxectables: un estudo de retorno económico .......................................... 144
ECONOMÍA
Perspectivas do mercado do leite e os produtos lácteos na Unión Europea ata o ano 2031 ......................................................... 148
www.vacapinta.com
Se queres recibir a revista na túa casa ou negocio, ponte en contacto con nós a través de:
transmedia@ctransmedia.com
675 974 194
@revistavacapinta
@VacaPinta_
FACENDO CAMIÑO
Din que o tempo voa e algo de certo debe de haber nesa afirmación porque, nun visto e non visto, chegamos ao cuarto aniversario desta cabeceira.
E xa van vinte e nove. Facemos un repaso polo que foi a evolución de Vaca Pinta e, se de algo nos alegramos, é de ver que a nosa revista soubo cumprir –unhas veces mellor, outras con maiores dificultades– coa razón de ser pola que xurdiu: ofrecerlle ao sector un medio especializado e que dese conta tanto das últimas informacións como dos avances técnicos máis sobresaíntes.
No entanto, tamén é notable a evolución, sempre necesaria, que tivo desde a súa aparición. Pulimos o fondo e a forma, definimos as nosas liñas de traballo e presentamos novas apostas que axudaron a reforzar o noso compromiso por innovar e mostrar da forma máis atractiva e relevante posible o contido.
Neste sentido, este último número é outro paso adiante na aposta pola introdución continua de melloras, pero no que non deixamos de lado os traballos que nos deron entidade dende o día un. Desta maneira, xunto cunha selección dos mellores artigos técnicos (nesta ocasión, cun especial sobre o ensilado de herba) e as habituais reportaxes e entrevistas en profundidade, recollemos tamén as novidades sobre normativa en medicina veterinaria (un tema chamado a ser protagonista durante os próximos meses), expoñemos as recentes propostas sobre etiquetaxe láctea e poñemos o foco nos contratos lácteos.
Sobre este punto final quixemos incidir especialmente agora que os produtores están en época de renegociado dos contratos coa industria. Os últimos meses foron especialmente convulsos e prevese que isto se reflicta nos novos prezos de pago, pero, para iso, é fundamental contar con ferramentas xustas que permitan establecer un valor do produto de acordo cuns datos que reflictan de maneira clara e concisa parámetros esenciais, como son os custos de produción. Neste número, esperando que poidan servir de axuda, presentámosvos os pormenores de dúas delas: a aplicación Conta Láctea e o Índice InLac A3.
É inaceptable que se siga xogando co pan dos traballadores e, nun sector que avanza inexorablemente cara á profesionalización e a tecnificación, cremos que contar con datos contrastados –de produción, de calidades, de benestar animal, de custos… –que apoien calquera reclamo é a mellor defensa que se pode presentar.
Así, tratando sempre de achegar contidos que poidan axudar dalgunha maneira a mellorar a situación dos nosos lectores, é como fomos facendo camiño e este é o rumbo que nos propoñemos manter nos vindeiros anos. No que se refire a retos futuros, o principal, está claro, non só pasará por manterse, senón tamén por seguir desenvolvendo novas propostas –a propósito, as suxestións sempre son benvidas– e máis canles de comunicación convosco.
En definitiva, o obxectivo é seguir andando (que non é pouco) e, sobre todo, facelo tan ben acompañados como o estivemos ata o de agora. Non haberá mellor agasallo.