11 minute read

Conta Láctea, a aplicación creada para aumentar o poder negociador dos gandeiros sobre os prezos do leite

Next Article
FORMACIÓN ANEMBE

FORMACIÓN ANEMBE

Levar un control rigoroso da conta de resultados nas granxas de vacún leiteiro e facilitarlles aos gandeiros unha ferramenta que avale os custos de produción á hora de esixirlles ás industrias un prezo xusto para o seu produto son os retos fundamentais cos que foi creada Conta Láctea. A continuación, coñecemos da man de José Balseiros, director xeral de Gandería da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, e de José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega, todos os detalles desta app que xa está a disposición de todo o sector leiteiro galego.

No marco das mesas de traballo desenvolvidas para a elaboración da Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo Galego constatouse, por parte dos diversos axentes participantes, a falta de coñecemento dos custos de produción das explotacións lácteas galegas, o que, sen dúbida, supón unha eiva de cara á posible negociación dos prezos do leite coa industria e unha clara debilidade para esixir o cumprimento da Lei da cadea alimentaria.

Advertisement

A Consellería do Medio Rural, consciente de tal problema, puxo en marcha, en colaboración coa Fundación Juana de Vega, o desenvolvemento de Conta Láctea, unha aplicación informática que lles permitise aos gandeiros calcular os seus custos de produción, co fin de concretar canto lles custa producir un litro de leite e a que prezo se pode vender.

“Este instrumento ten como principal obxectivo axudar os produtores de leite na negociación dos seus contratos coa industria e facilitarlles aos gandeiros información útil para garantir o cumprimento desta Lei, na súa defensa como elo máis débil da cadea de valor do leite”, subliña José Balseiros, director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural.

JOSÉ BALSEIROS: “TEN COMO PRINCIPAL OBXECTIVO AXUDAR OS PRODUTORES DE LEITE NA NEGOCIACIÓN DOS SEUS CONTRATOS COA INDUSTRIA PARA GARANTIR O CUMPRIMENTO DESTA LEI, NA SÚA DEFENSA COMO ELO MÁIS DÉBIL DA CADEA”

UNHA APP SIMPLE E INTUITIVA

Entre as premisas de deseño e de desenvolvemento da plataforma destaca a de “crear unha ferramenta sinxela e intuitiva para calquera usuario non familiarizado cos termos contables, pero que, ao tempo, permitise calcular os custos de produción dun litro de leite co máximo rigor desde o punto de vista do cumprimento da normativa contable española”, revela José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega.

A aplicación cumpre de cheo con estas premisas, que son claves para unha xeneralización do seu uso, tanto por parte dos gandeiros como por parte de usuarios profesionais, tales como as entidades de aconsellamento, asesores, organizacións de produtores, cooperativas ou mesmo industrias.

CONTA DE RESULTADOS, AO COMPLETO

Con esta ferramenta o gandeiro pode levar a contabilidade da súa explotación orientada a resultados. Segundo nos conta Andrade, “na aplicación recóllense todos os custos nos que incorre unha explotación láctea para o desenvolvemento da súa actividade, desde o gasto de alimentación, no que se recollen tanto os alimentos comprados como os producidos na propia explotación, os gastos de sanidade, reprodución e hixiene, servizo de recría externa, mantementos e reparacións, ata soldos e salarios, amortizacións do inmobilizado, alugamentos e subministracións, entre outros”.

Conta Láctea presenta unha conta de resultados completa, coas diferentes epígrafes de ingresos e de gastos, dentro dos cales se inclúe un salario para as persoas propietarias. “Sería o equivalente a 1,5 veces o salario mínimo interprofesional, como se fai tamén noutros países. A partir de aí a aplicación determina o resultado da explotación, o custo de produción e o prezo de equilibrio, que debe entenderse como o prezo mínimo que o gandeiro debe recibir por cada litro de leite para cubrir todos os custos, incluíndo o salario para as persoas propietarias”, matiza o director de Juana de Vega.

A aplicación permite introducir datos individuais de cada explotación e na actualidade ten habilitada unha funcionalidade para comparar cada explotación coa media dunha mostra de 112 explotacións lácteas galegas e coa media dunha submostra desta, correspondente co estrato de tamaño da explotación. “Esta é unha funcionalidade –explica Andrade– que lle facilita ao usuario ver como o está facendo no referente á xestión da explotación en comparación cos demais. Pode ver se está gastando máis que as demais explotacións en alimentación, se está gastando máis en amortizacións (o que pode deberse a un exceso de investimentos), ou mesmo compararse en canto ao prezo que recibe polo leite con respecto á media ou ás calidades do seu leite en termos de graxa e proteína”.

En definitiva, a aplicación achega información útil para calcular os custos co máximo rigor e poder tomar as decisións de xestión correctas co obxectivo de mellorar a rendibilidade e competitividade dunha explotación en particular e do conxunto do sector lácteo galego en xeral.

BASE SOBRE A QUE NEGOCIAR OS PREZOS

A Lei da cadea alimentaria di que cada operador debe pagarlle ao inmediatamente anterior un prezo igual ou superior ao custo de produción, polo que a clave é o coñecemento dese custo de produción que determina esta aplicación.

“Sen este dato non se pode esixir nada porque non existe unha base sobre a que negociar. Unha vez que temos o custo é cando se pode negociar –destaca Andrade–, pero ollo, isto non significa que a industria lles vaia pagar máis a explotacións ineficientes, senón que o que vai servir como referencia son os custos medios das explotacións por estratos de tamaño para poder defender un prezo xusto no marco da Lei da cadea alimentaria”.

JOSÉ MANUEL ANDRADE: “NA APLICACIÓN RECÓLLENSE TODOS OS CUSTOS NOS QUE INCORRE UNHA EXPLOTACIÓN LÁCTEA PARA O DESENVOLVEMENTO DA SÚA ACTIVIDADE”

Nesa liña, Conta Láctea defínese como un instrumento definitivo para que os gandeiros poidan defender, desde a mellor posición posible, os seus intereses, mellorando a súa posición dentro da cadea de valor da produción de leite. “É unha ferramenta útil e potente para acadar ese obxectivo”, defende o director xeral de Gandería. “Con esta aplicación pódense determinar e concretar os custos das explotacións e, a partir de aí, pódense fixar os prezos de venda que cubran eses custos, máis a marxe de beneficio que se determine”.

A app permite obter e imprimir un informe no que figuran os datos técnicos da explotación e a súa conta de resultados, con indicación do custo de produción e o prezo do leite de equilibrio. “Este informe efectivamente pode ser empregado e servir de base no marco dun proceso de negociación coa industria; de feito, este é precisamente o obxectivo da aplicación Conta Láctea”, apunta Andrade.

Neste senso, a Consellería do Medio Rural trasladoulle ao Goberno central xa en diversas ocasións, mesmo en sede parlamentaria, a proposta de incorporar Conta Láctea á normativa sobre venda a perdas. “Lamentamos –di Balseiros– que non se tivese en conta esta demanda de Galicia, que non persegue máis que beneficiar os gandeiros, o elo máis feble da cadea de valor do leite”.

A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL TRASLADOULLE AO GOBERNO CENTRAL XA EN DIVERSAS OCASIÓNS, MESMO EN SEDE PARLAMENTARIA, A PROPOSTA DE INCORPORAR CONTA LÁCTEA Á NORMATIVA SOBRE VENDA A PERDAS

Diversas presentacións de Conta Láctea ao sector lácteo galego VINDEIRAS PRESENTACIÓNS

Desde o seu lanzamento oficial o pasado verán, a Consellería levou adiante un conxunto de actos de presentación da aplicación para dala a coñecer a todo o sector gandeiro galego. “Os gandeiros reciben a información con moito interese e vemos como medra, ao tempo, o enfoque empresarial da súa xestión que estamos promovendo tamén con cursos como os de Gandeiros 20_30”, apunta Balseiros.

Cren que a acollida está sendo “positiva” e a súa idea é “continuar explicando e espallando a información sobre Conta Láctea de maneira especial naquelas zonas de maior vocación gandeira de Galicia, como é lóxico”.

Programan xa reunións con produtores do interior das provincias da Coruña e Lugo, tales como Xallas, Ordes ou Terra Cha, así como do interior de Pontevedra, como pode ser Deza. Ademais, “procuramos aproveitar todos os encontros que mantemos cos representantes do sector para trasladarlles esta información”, finaliza Balseiros.

¿Conoces las claves para tener una recría de 10?

Repasamos los factores de éxito que han llevado a algunas de las ganaderías que han confiado en nuestro programa Prima de recría a tener hoy en día unas terneras fuertes y sanas y, por consiguiente, unas vacas longevas y buenas productoras.

SAT TAÑOI, PREDISPUESTOS A ACEPTAR LOS CAMBIOS

(A Coruña)

En 2015, la situación en SAT Tañoi era preocupante. Tras reformar el establo e instalar una amamantadora, empezaron a ver cómo proliferaban diarreas y neumonías. Sondar a las terneras, cortar las corrientes de aire y vacunar fueron las tres acciones fundamentales para empezar a mejorar la situación de su recría.

CLAVES PRIMA

▪ Sondar para garantizar la ingesta de leche ▪ Vacunar a las madres para inmunizar a las terneras ▪ Modificar las instalaciones sin entrar en grandes gastos para cortar las neumonías ▪ Velar por el bienestar para mejorar la rentabilidad

Vídeos en Tañoi

“Los principales resultados aparecen a los dos años, cuando la novilla pare y te da los 35 o 40 litros de leche al día”, Dosinda Suárez

Vídeos en Ferreira Gomes IRMÃOS FERREIRA GOMES, CON GANAS DE MEJORAR

Paços de Ferreira (Oporto)

Los propietarios de Irmãos Ferreira Gomes asistieron a una charla en la que se presentaron los primeros resultados del programa Prima, tras la cual decidieron implantarlo en su ganadería. En los últimos años han llevado a cabo una serie de cambios en el manejo y en la alimentación de la recría, que les han permitido, entre otras cosas, pasar de los 26 meses de edad media al primer parto a los 23.

CLAVES PRIMA

▪ Traslado de los boxes a un local más resguardado ▪ Utilización del milktaxi para que la leche esté siempre a la misma temperatura y distribución en baldes con tetina ▪ Agrupación de las terneras por edades ▪ Certificación Prima para los animales con mejores datos de crecimiento

“Ya no recuerdo la última vez que tuve que darle un antibiótico a una ternera”, Joaquim Gomes

Vídeos en Herbón Núñez

Fueron la granja piloto en la que comenzó a gestarse el programa Prima. Cuando comenzaron, no tenían problemas especialmente graves, pero sí cosas que se podían mejorar. Por ejemplo, ahora se basan más en la leche y los animales están tomando 75 kg. Además, modificando algunos manejos han reducido las patologías en los primeros días de vida y mejorado la ganancia media diaria.

A finales de verano de 2020 decidieron comenzar a trabajar empleando el programa Prima. Un cambio especialmente notable fue el destete, que pasó a ser más progresivo con el objetivo de reducir el estrés de la ternera ante la falta de leche, así como también dar agua a disposición desde el primer día y poner mantas a las terneras más prematuras.

CLAVES PRIMA

▪ Buscar el equilibrio entre buenos sólidos y producciones estables ▪ Adelanto natural de la primera inseminación ▪ Aumento de la ingesta de leche ▪ Trabajar pensando en una mejora de resultados en cadena

CLAVES PRIMA

▪ Creación de unas pautas adaptadas a las necesidades de la ganadería ▪ Cambio de leche y de pienso starter ▪ Comenzar a pesar para poder valorar la evolución ▪ Apuesta por una recría mejor y más rentable

“Si algo creemos que debe funcionar en esta granja son las novillas y las secas. Después, la leche ya está en el tanque”, José Manuel Herbón

GORRELLO, EN BUSCA DE LA MÁXIMA RENTABILIDAD

Castropol (Asturias)

“Si lo haces bien, si cumples las pautas, al final el animal lo va a agradecer y tu bolsillo, a largo plazo, también”, Jairo Álvarez

Vídeos en Gorrello

LA SIELMA, VELANDO POR SUS FUTURAS PRODUCTORAS

Monfarracinos (Zamora)

Los motivos de esta granja para comenzar a trabajar con el Prima en su recría pasaron por la necesidad de seguir implementando las últimas novedades para garantizar la rentabilidad y el bienestar de sus animales. Ver la mejora en la recría de ganaderos amigos fue el impulso final para decidir confiar en este programa.

Vídeos en La Sielma CLAVES PRIMA

▪ Cambio de ubicación de la recría para resguardarla del frío ▪ Procurar encalostrar lo antes posible ▪ Velar por el bienestar de la recría: terneras limpias y bien atendidas ▪ Mantener el espíritu crítico para seguir mejorando

This article is from: