Vaca Pinta 29. Edición en galego

Page 28

CONTRATOS

Conta Láctea, a aplicación creada para aumentar o poder negociador dos gandeiros sobre os prezos do leite Levar un control rigoroso da conta de resultados nas granxas de vacún leiteiro e facilitarlles aos gandeiros unha ferramenta que avale os custos de produción á hora de esixirlles ás industrias un prezo xusto para o seu produto son os retos fundamentais cos que foi creada Conta Láctea. A continuación, coñecemos da man de José Balseiros, director xeral de Gandería da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, e de José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega, todos os detalles desta app que xa está a disposición de todo o sector leiteiro galego.

N

o marco das mesas de traballo desenvolvidas para a elaboración da Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo Galego

constatouse, por parte dos diversos axentes participantes, a falta de coñecemento dos custos de produción das explotacións lácteas galegas, o

que, sen dúbida, supón unha eiva de cara á posible negociación dos prezos do leite coa industria e unha clara debilidade para esixir o cumprimento da Lei da cadea alimentaria. A Consellería do Medio Rural, consciente de tal problema, puxo en marcha, en colaboración coa Fundación Juana de Vega, o desenvolvemento de Conta Láctea, unha aplicación informática que lles permitise aos gandeiros calcular os seus custos de produción, co fin de concretar canto lles custa producir un litro de leite e a que prezo se pode vender. “Este instrumento ten como principal obxectivo axudar os produtores de leite na negociación dos seus contratos coa industria e facilitarlles aos gandeiros información útil para garantir o cumprimento desta Lei, na súa defensa como elo máis débil da cadea de valor do leite”, subliña José Balseiros, director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural.

26 | Vaca Pinta n.º 29 | 02.2022

vp029_actualidade_contalactea_galego_SABE.indd 26

24/2/22 15:48


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.