16 minute read

Antonio Escribano, médico especialista en endocrinoloxía e nutrición

En Vaca.tv

Que fai un médico coma vostede nun congreso de veterinarios coma este?

Entre a lista de participantes na mesa sobre omnívoros que acolleu o 31.º World Buiatrics Congress atopábase o doutor especialista en endocrinoloxía e nutrición Antonio Escribano, con quen repasamos nas liñas que seguen algúns dos benefi cios que ten o consumo de produtos de orixe animal.

“Durante toda a miña vida defendín que a relación entre farmacia, veterinaria e medicina debe ser absolutamente compacta”, sostén Antonio Escribano, doutor en medicina, catedrático de nutrición e especialista en endocrinoloxía e en medicina do deporte.

Por iso, ao preguntarlle por que decidiu participar nun congreso veterinario, sinala: “Do que aquí se fala é sobre saúde animal e o 90 % de todo iso vai dedicado ao consumo humano; entón, en todo caso, o raro é que aquí só haxa un médico”, puntualiza, á vez que remarca a transcendencia que teñen os produtos animais que consomen as persoas na saúde humana. “Todo o ben que se faga en veterinaria vai repercutir na saúde da xente que consome os produtos que os veterinarios, en de nitiva, coidan co seu traballo”.

PROMOVER A COMUNICACIÓN ENTRE AS RAMAS DA BIOLOXÍA

Cre Escribano que as sinerxías entre a veterinaria e as demais ciencias da saúde humana e vexetal deberían ser moito maiores, xa que non se trata de áreas independentes. “Ao nal todos nos dedicamos ao mesmo, todos partimos dunha nai común, que é a bioloxía, daquela a relación entre ramas debería ser moitísimo máis directa”.

A iso precisamente acudiu este médico ao WBC de Madrid, a tratar de optimizar as relacións entre veterinaria e medicina a través da súa participación na mesa redonda sobre omnívoros, aínda que, puntualiza, lle parece “incrible” que sexa necesario levar a cabo este tipo de debates: “É coma se nun congreso de medicina tivésemos unha mesa do osíxeno… É necesario consumir osíxeno?, ou é necesario beber auga? Paréceme sorprendente que teñamos que debater sobre se somos omnívoros ou non. Sómolo e acabouse”, a rma.

No entanto, o certo é que na actualidade este é un tema de debate e si é necesario falar do motivo polo que os seres humanos somos omnívoros. Sobre iso tratou a intervención de Escribano na mesa. “Empezamos a comer produtos animais hai uns tres ou catro millóns de anos e, grazas a iso, estamos aquí agora, falando. Se non, estariamos aínda na etapa primitiva. Grazas a iso temos un cerebro dunha media de 1.500 cm3. Grazas a iso puidemos desenvolvernos física e mentalmente”, enumera.

“OS MÉDICOS SOMOS OS QUE VEMOS O RESULTADO FINAL DO PARTIDO. ATA QUE O ÁRBITRO NON PITA, NON ACODEN A NÓS”

IGNORANCIA E NEGOCIO, OS INTERESES OCULTOS

Que razóns se agochan tras estas novas correntes contrarias ao consumo de produtos de orixe animal? Apunta este médico que un dos motivos é, xunto coas ganas de destacar, a ociosidade. “Hoxe en día, temos cubertas moitas necesidades básicas que nunca o estiveron, como a alimentación e o acubillo, entón a xente ten máis tempo libre”, expón. “Non hai peor cousa que unha mente aburrida. A gran pandemia actual non é a COVID, é querer ser orixinal e, máis aínda, querer selo en áreas nas que ninguén o foi antes, porque entón vas e dis algunha parvada, sen ser consciente de que o é, e iso chega a crear unha bóla que ten consecuencias, as cales poden ser moi diferentes desde que iso se di ata que se expande”, narra.

Por suposto, este non é o único factor implicado: os intereses económicos tras a promoción de determinadas crenzas son detonantes claros. “Isto tamén forma parte dun gran negocio. Detrás sempre hai un lobby secundando que se cuestione un proceso evolutivo coma este, que abarca millóns de anos”.

OS PRODUTOS DE ORIXE ANIMAL, TRANSATLÁNTICOS DE MOLÉCULAS

O ser humano necesita unha cantidade de 0,9 gramos de proteína por kg de peso e día e, di Escribano, ao consumir un produto cárnico, como, por exemplo, un lete, “é coma se entrase no noso corpo un auténtico transatlántico de moléculas”, o cal descarga no noso estómago aos seus pasaxeiros: selenio, zinc, potasio, metionina… “Todo isto obtémolo na súa maioría da proteína animal”.

O intestino delgado é o encargado de que dixiramos ese tipo de sustancias, as cales procesa moito mellor que a proteína vexetal. “A cuestión está en que a proteína vexetal non a dixerimos nós, senón as bacterias e, polo tanto, para conseguir a mesma cantidade de aminoácidos só con proteína vexetal habería que consumir catro veces máis, un volume enorme que non poderiamos dixerir e que nos carrexaría graves problemas dixestivos”, conta.

SILLEDA - GALICIA - ESPAÑA

“Cita referente en innovación agropecuaria” SILLEDA - GALICIA - ESPAÑA “Cita referente en innovación agropecuaria” “Cita referente en innovación agropecuaria” SILLEDA - GALICIA - ESPAÑA

www.cimag.gandagro.com #cimag23 #gandagro23

O LÁCTEO, UN SECTOR MÁIS ENTRE OS AFECTADOS

No que se refire ao consumo de produtos lácteos, sinala Escribano que o ser humano leva tomándoos uns 10.000 anos e que se trata dun proceso parello ao movemento cara ao norte do planeta das poboacións que habitaban naquel entón no centro de África. “Á vez con esta migración, foise perdendo radiación solar (por iso é polo que a nosa pel se aclarou) e, polo tanto, vitamina D. Uno dos motivos principais para tomar leite é a vitamina D. Non hai máis”, explica. Desta forma, houbo na especie unha mutación xenética, “como houbo moitísimas ao longo da historia”, e unha porcentaxe importante dos humanos produciu lactasa despois dos dous anos do nacemento. Así pois, a radiación solar é un factor clave para a capacidade de producir lactasa, tal e como apunta o noso entrevistado: “Por iso é polo que, en Suíza, onde a radiación solar é menor, só un 10 % da poboación non ten lactosa, mentres que aquí hai entre un 25 % e un 30 % e, no centro de África, é dun 40 % ou un 45 %”. Esa porcentaxe de persoas que non teñen suficiente lactasa para dixerir o hidrato de carbono do leite son os intolerantes aos lácteos. “Outra cousa é a alerxia, que é máis complicada. Aí xa estamos a falar dunha patoloxía”, diferenza. En relación con isto, outro problema consecuencia das novas modas de consumo é o dos non intolerantes que terminan por sufrir a intolerancia tras consumir sistematicamente leite sen lactosa. “O que se lle bota ao leite sen lactosa é lactasa e, como o organismo ten feedback para todo, entende que, se ti lle dás xa a lactasa, non necesita fabricala; entón rematas por converterte en intolerante a este disacárido que, por certo, tamén está presente noutros produtos, como o xamón cocido”, advirte. “E o peor é que hai quen presume diso, que pide leite sen lactosa e se pensa máis evolucionado por iso”, clama. Na nosa conversación tampouco poderiamos ter deixado de lado o tema recorrente dos leites vexetais. “Son zumes”, define Escribano. “Ti comprimes a soia e sáeche un líquido branco e, como ten esa cor, pois din que é leite. Se fose vermello dirían que é sangue. A realidade é que non teñen nada que ver. Non pode substituírse o leite con bebidas vexetais, cos mal chamados “leites vexetais” que, ademais, non é recomendable consumir todos os días porque, por exemplo, a soia ten certo grao de toxicidade”. “FALTARLLE O RESPECTO Á BIOLOXÍA É ALGO QUE SE PAGA. NON PODEMOS XOGAR COAS REPERCUSIÓNS QUE TEN PARA A NOSA SAÚDE UNHA DECISIÓN COMO A DE RENUNCIAR AO CONSUMO DE CARNE”

Tamén é necesario ter en conta o consumo de aminoácidos esenciais, moitos dos cales só están presentes na proteína animal, así como a biodispoñibilidade e a dixestibilidade. “Neste sentido, en termos futbolísticos, a proteína vexetal está en fase de descenso”, conta Escribano. A proteína animal ten un grao de biodispoñibilidade altísimo, tres veces superior ao da vexetal. Algúns compoñentes, como o ferro, o selenio, o zinc ou o fósforo non se poden conseguir de igual maneira coa vexetal.

Mención á parte merece a vitamina B12, a cal soamente podemos consumir mediante proteína animal. “Temos todo un departamento gástrico dedicado á vitamina B12 e o noso organismo ten gran capacidade para almacenala. Pode tardar anos en pasar, pero, ao final, acábase”, advirte. A súa perda carrexaría toda unha carteira de problemas cognitivos, de desenvolvemento, físicos, mentais, de anemia, etc.

A carencia de todos estes compoñentes obriga a quen prescinde dos alimentos de orixe animal a tomar suplementos, “pero é que a biodispoñibilidade dos suplementos tampouco é a mesma que a do elemento orixinal”, explica este experto en endocrinoloxía. “O noso organismo entende perfectamente o compoñente que entra a través dun produto animal porque hai millóns de anos que o sabe dixerir. Con todo, unha pastilla non resulta tan fácil de metabolizar”.

Todo isto, evidentemente, non exime da necesidade de consumir vexetais e froitas: “Estímase que unha persoa debería comer unhas 100.000 froitas na súa vida e ao redor de 70.000 produtos vexetais”, sinala Escribano. “Pero a nosa dieta debe complementarse con carne, peixe, ovos, lácteos… porque cada un achega unha cantidade de beneficios que non son substituíbles, aínda que haxa quen crea que si”.

As consecuencias finais de non facelo, explica, só chegan a distinguilas os médicos. “Somos os que vemos o resultado final do partido. Ata que o árbitro non pita, non acoden a nós”, ilustra. “Por iso temos a responsabilidade de falar diso e, se non se fai, é porque tras os movementos en contra do consumo de produtos de orixe animal é habitual que haxa persoas moi belixerantes e os profesionais da saúde e da endocrinoloxía témenos, preocúpalles que os dilapiden en redes sociais etc.”.

AS CONSECUENCIAS DE CONSUMIR SÓ PRODUTOS DE ORIXE VEXETAL

Sinala Escribano que as secuelas tras renunciar aos produtos cárnicos xa se están empezando a notar. “Xa hai universidades que o están estudando e que están a advertir de consecuencias no crecemento, intelectuais, en determinadas patoloxías clínicas… pero non se di abertamente, porque cando se fixo algún traballo respecto diso, como dicía antes, foi atacado”, denuncia.

A pesar de todo, afirma este médico que non hai máis remedio que poñer os problemas sobre a mesa e dicir as cousas como son. “Faltarlle o respecto á bioloxía é algo que se paga. Podo entender que haxa sensibilidades variadas, pero non podemos xogar coas repercusións que ten para a nosa saúde unha decisión como esta”.

Os problemas de malnutrición non tardarán en ser patentes. “A principal causa de mortalidade hoxe en día é a dieta desequilibrada en canto a cantidade e a calidade. É unha cousa incrible nun mundo que ten todos os alimentos á súa disposición na maioría dos casos”, remarca. “Comamos ben (e comamos pouco, que é unha das claves da lonxevidade), fagamos as cousas con sentido común e prestemos atención a temas máis importantes”.

Localización: Suances (Cantabria) Número total de animais: 240 Vacas en produción: 120 Media de número de muxidos: 3 Media de produción: 44 litros/vaca/día Porcentaxe de graxa: 3,80 % Porcentaxe de proteína: 3,40 % RCS: menos de200.000 cél./ml

Ángel Fernández: “É un grande investimento, que dá un pouco de medo ao principio, pero o cambio é a mellor”

Que sistema de muxido tiñan antes de instalar o robot?

Contabamos cunha sala de muxido tándem de 2×5.

Por que decidiron pasarse ao robot?

Cada muxido e a súa correspondente limpeza levábanos sobre tres horas. Queriamos mellorar a nosa calidade de vida e tamén o benestar das vacas, que entraban a cada muxido con moito leite. muxido con moito leite.

Por que elixiron GEA e que características deste modePor que elixiron GEA e que características deste modelo lles gustaron máis?

Nun principio miramos todas as opcións, pero eliximos GEA, porque xa tiñamos feita gran parte do investimento, GEA, porque xa tiñamos feita gran parte do investimento, pois instalaramos os colares de ruminación e celo con eles. Ademais, fomos visitar varias ganderías con este robot, gustounos e decidímonos por el.

Como planificaron o proceso de instalación?

Era un grande investimento e primeiro queriamos probar co das vacas adultas, a ver que tal respondían. En canto vimos que funcionaba, decidimos deixar de muxir en sala definitivamente. O primeiro robot instalouse no parque das vacas adultas O primeiro robot instalouse no parque das vacas adultas en abril de 2021. Comezamos a darlles só penso e en maio, en abril de 2021. Comezamos a darlles só penso e en maio, 21 días despois, empezamos a muxir con el. O segundo robot colocouse no lote de xovencas en novembro, pasarobot colocouse no lote de xovencas en novembro, pasaron uns 10 días nada máis a comer penso e en decembro ron uns 10 días nada máis a comer penso e en decembro de 2021 puxémolo a muxir. Foi un proceso rápido. de 2021 puxémolo a muxir. Foi un proceso rápido.

Como recordan o proceso de cambio? Como recordan o proceso de cambio?

Ao principio recordo certos nervios por ver como nos Ao principio recordo certos nervios por ver como nos adaptabamos, tanto as vacas coma nós, pero ao final acostumámonos todos máis rápido do que pensabamos. acostumámonos todos máis rápido do que pensabamos. Tivemos que facer quendas durante varias noites sobre Tivemos que facer quendas durante varias noites sobre uns 15 ou 20 días, pero como eramos tres, Agustín, un uns 15 ou 20 días, pero como eramos tres, Agustín, un empregado e eu, alternámonos e fíxose con calma. empregado e eu, alternámonos e fíxose con calma.

Que diferenzas notan da sala ao robot? Que diferenzas notan da sala ao robot?

As principais diferenzas notáronse na produción, rexisAs principais diferenzas notáronse na produción, rexistramos un pequeno aumento, e na nosa calidade de vida, tramos un pequeno aumento, e na nosa calidade de vida, porque o traballo é máis levadío. porque o traballo é máis levadío. Antes estabamos aquí ás 630 h da mañá e agora vimos Antes estabamos aquí ás 630 h da mañá e agora vimos ás 700 h ou 730 h e polas noites, ás 2000 h, se non ás 700 h ou 730 h e polas noites, ás 2000 h, se non hai ningún contratempo, ímonos para casa, cando antes hai ningún contratempo, ímonos para casa, cando antes non se acababa ata as 2100 h ou 2115 h. Ademais, elas non se acababa ata as 2100 h ou 2115 h. Ademais, elas están bastante máis relaxadas. están bastante máis relaxadas.

Teñen algún equipamento máis de GEA? Teñen algún equipamento máis de GEA?

Temos o arrimador de comida, que se instalou xunto ao Temos o arrimador de comida, que se instalou xunto ao primeiro robot, e os colares CowScout. primeiro robot, e os colares CowScout. Ao pasar menos tempo na granxa, a comida había que Ao pasar menos tempo na granxa, a comida había que arrimala dalgunha maneira e o arrimador está programado para realizar oito pasadas, divididas cada tres ou catro horas. Os colares adquirímolos en 2016 e con eles xa notamos Os colares adquirímolos en 2016 e con eles xa notamos un grande avance, especialmente á hora de controlar os un grande avance, especialmente á hora de controlar os celos. Tamén nos avisan das vacas que están máis paracelos. Tamén nos avisan das vacas que están máis paradas e das baixadas de inxestión ou de ruminación. das e das baixadas de inxestión ou de ruminación.

Que valoración xeral fan do cambio? Que valoración xeral fan do cambio?

Foi positivo. É un grande investimento, que dá un pouco Foi positivo. É un grande investimento, que dá un pouco de medo ao principio, pero o cambio é a mellor. Volveriáde medo ao principio, pero o cambio é a mellor. Volveriámolo a facer sen dúbida. molo a facer sen dúbida.

Esteban Abascal

Distribuidor de GEA para Cantabria e zonas limítrofes

As produtoras están monitorizadas cos colares CowScout e incorporaron ao proxecto o arrimador F4800

“Gustoulles moito como se adaptaron as vacas e aos tres meses estábannos pedindo a segunda cabina”

Por que recomendou os robots para esta granxa?

Realizámoslles a mesma recomendación a todos os clientes que padecen o mesmo problema, que é a carencia de man de obra.

Ademais, o robot garante a posibilidade de obter un maior rendemento, ao permitir chegar aos tres muxidos de media, e unha excelente calidade de muxido, a mesma que se tiña nas salas, cun muxido óptimo e perfectamente realizado, pero sempre que o animal o necesita.

Que características destaca do R9500?

As primeiras características pódense ver fisicamente, pois é un robot robusto e duradeiro, con moitos compoñentes de aceiro inoxidable.

Logo, conta cun foso que lle permite ao gandeiro interactuar e traballar coa vaca de maneira moito máis cómoda, á hora de aplicar tratamentos ou de iniciar a lactación.

Tamén quero destacar o DiagTool, unha aplicación para o ordenador que che permite revisar en cada momento, xa sexa ao gandeiro ou aos técnicos, se o funcionamento do robot é óptimo. Con ela podes bloquear o robot e confirmar que che funciona o pulsador, os mandos, o selador, o lavado… podes comprobar todo.

Son ferramentas que non teñen outras marcas. Ninguén se fixa neses detalles e eu creo que son moi importantes á hora do funcionamento e de ver a eficacia do robot.

Como foi o proceso de instalación?

A nave está partida por un corredor, con 60 vacas a cada lado, aproximadamente, e colocamos un dos robots a un lado coa idea de instalar o seguinte pasado un ano. A nosa sorpresa foi que aos tres meses xa nos estaban pedindo a segunda cabina. Gustoulles moito como se adaptaron as vacas e tivemos que acelerar todo o proceso.

Con ambos robots están funcionando desde entón e sen ningún problema. Adaptáronse moi ben, era un dos medos que tiña, pero axudounos moito o feito de que xa estaban acostumados a funcionar con DairyPlan e con CowScout. Outro dos medos era superar a produción tan alta que xa estaban logrando e conseguímolo de sobra. Foi unha adaptación perfecta das vacas e dos gandeiros.

En que consiste o seu asesoramento posvenda?

Os robots ofrecen moitísima información e hai que saber interpretala. Nós debemos realizar o seguimento deses pequenos avisos.

Co noso FarmView levamos un seguimento do funcionamento do robot. Son alarmas que poden chegar a calquera hora e para iso temos un servizo de gardas. Por dicirche un dato, nos últimos tres ou catro meses non sei se habería que saír unha noite a un aviso durante unha garda.

A nosa función é anticiparnos a posibles problemas, para non perder tempo, é estar detrás do gandeiro para, se el non se deu conta, intervir nós. Traballamos nun radio duns 60-70 km e esa proximidade coas granxas ofrécenos moitas vantaxes.

Como viu a evolución da SAT Peñará cos robots?

Moi boa. A verdade é que en todas as granxas en xeral se nota que o gandeiro dispón de máis tempo para dedicarlle máis atención a outros asuntos como a organización, a limpeza, a recría…. Vexo máis organización nas naves onde hai robots que nas que teñen salas de muxido.

This article is from: