1 minute read
Concurso Open AgroSemana da Raza Holstein-Frisia
V CONCURSO OPEN AGROSEMANA DA RAZA HOLSTEIN FRISIA. PÓVOA DO VARZIM (PORTUGAL)
Pereira Byway-MB Stanley 6, vaca gran campiona Pereira Jacoby Alicia, gran campiona de xatas e xovencas
Vilas Boas & Pereira arrasa no 5.° Open AgroSemana
Esta gandería, situada no concello portugués Ponte de Lima, gañou o campionato de xatas e xovencas e a gran fi nal de vacas no certame celebrado en Póvoa do Varzim (Portugal) os días 3 e 4 de setembro.
AGROS, coa colaboración da Associação para o Apoio à Bovinicultura Leiteira do Norte (ABLN), volveu organizar o V Concurso Open AgroSemana da Raza HolsteinFrisia, tras dous anos sen poder celebrarse debido á pandemia. As seccións foron xulgadas polo canadense Brent Howe.
No concurso de xatas e xovencas venceu Pereira Jacoby Alicia, de Vilas Boas & Pereira (Ponte de Lima), que tamén gañou o campionato de xovencas. Así mesmo, Teixeira Moovin Rc 9028, de María Manuela Pereira Marinho (Amarante), proclamouse xata campiona. Vilas Boas & Pereira foi a gandería nomeada mellor criadora de xovencas.
En canto ás competicións de vacas, Encanto Crushabull 694, de Encanto Natural (Ponte de Lima), recibiu o título de vaca nova campiona; Balazeiro Crush HG Camomile, de Balazeiro do Sobrado (Vila do Conde), o de vaca intermedia campiona, e Pereira Byway-MB Stanley 6, propiedade de Vilas Boas & Pereira, o de vaca adulta campiona. Finalmente, este último animal alzouse co premio de vaca gran campiona, ademais de ser o exemplar co mellor ubre do certame.
Por último, a gandería Encanto Natural conseguiu o galardón de mellor conxunto de vacas cos animais Encanto Crushabull 694, Encanto Solomon 562 e Encanto Atwood 420.