12 minute read
Bernard Vallat, director honorario da Organización Mundial de Sanidade Animal
En Vaca.tv
Bernard Vallat exerceu durante case dúas décadas a veterinaria en países en vías de desenvolvemento. Posteriormente formou parte do Ministerio de Asuntos Exteriores en Francia, ata que foi elixido director da Organización Mundial de Sanidade Animal (OMSA), posto que ocupou durante 15 anos. Sobre a súa experiencia profesional, así como sobre o consumo de produtos de orixe animal, falounos no noso encontro no World Buiatrics Congress de Madrid.
Interveu na mesa redonda do WBC sobre omnívoros. Que aspectos trataron?
Tocamos varios paus. Entre eles, abordamos os argumentos dos animalistas para convencer á xente de non consumir produtos de orixe animal, así como as estratexias que seguen e o tipo de accións que se deberían levar a cabo, en contrapartida, para dar información aos consumidores sobre os bene cios de criar animais e de consumir os seus produtos.
Ten unha ampla traxectoria profesional traballando en África, onde o veganismo é case inexistente. A que se debe?
A miña experiencia neste continente permíteme ter unha visión moi diferente á dos europeos. Case se podería dicir que a opción de ser vegano ou vexetariano alí vese coma un capricho. En África, consumir, por exemplo, leite ou produtos derivados é un luxo. Eles non se poden permitir comer aos seus animais, senón que os venden para ter efectivo para pagar a escola dos seus llos, para comprar medicamentos... Nestas zonas en vías de desenvolvemento consideran ridículo o comportamento dos países ricos respecto ao consumo de carne.
Son realistas os argumentos dos animalistas para defender o nonconsumo de carne ou lácteos?
Non. Apuntan, primeiro, que os animais teñen os mesmos dereitos que as persoas, motivo polo cal non temos potestade para sacri calos para consumir os seus produtos. Apóianse en estudos que eles mesmo nancian, nos que abordan as consecuencias do consumo de produtos de orixe animal para a saúde e a nutrición; pero nós tamén temos estudos para responderlles. Utilizan tamén o cambio climático e o impacto negativo que teñen a agricultura e a gandería no medio ambiente, pero esquecen dicir que os pastos son moi positivos para a captura de carbono, que son unha vantaxe para a biodiversidade, para a natureza.
Nós tamén temos argumentos para defender ao sector agrogandeiro e debemos falar deles. Hai aspectos xurídicos, de saúde e de medio ambiente dos que hai que dar detalles para poder xulgar con propiedade.
É esta unha tendencia global?
Existen moitas diferenzas no mundo respecto ao comportamento da xente en canto a isto. Europa é o continente onde hai o maior número de partidarios desta tendencia en contra da cría de animais. En América do Norte e do Sur son movementos menos activos, pero están aí. En África e en Asia son prácticamente inexistentes.
O sector da buiatría está a sufrir dalgunha maneira as consecuencias destes movementos?
Por suposto, é algo inevitable. Por exemplo, agora, os estudantes de Veterinaria veñen na súa maioría de zonas urbanas, case o 90 % veñen de cidades. Descoñecen o campo, entran na universidade sen tocar unha vaca na súa vida e é complicado transmitirlles unha cultura que descoñecen, facelos conscientes de que esta é unha actividade positiva para a sociedade. Nese sentido temos unha tarefa pendente. Xa hai facultades de veterinaria que compraron terras con animais e que fomentan que os estudantes vaian traballar neles, e non só tratándoos, senón participando tamén en todo o proceso de produción. Creo que é algo fundamental para capacitar a todos os profesionais da veterinaria do mundo.
Estivo durante 15 anos á fronte da OMSA. En que aspectos fixeron maior fincapé durante o seu tempo no cargo?
En xeral, a xente non presta atención ao feito de que hai un risco sanitario vinculado aos animais, a pesar de que xa tivemos que manexar crises como a das vacas tolas ou a da gripe aviaria. Neses momentos nos que era director da OMSA creo que a sociedade consideraba que se trataba de danos extraordinarios e que o que había que facer era suprimir este tipo de produción para protexer á poboación humana. Traballamos moito a nivel científico e político para explicar que os medios de comunicación tiñan unha estratexia de negocio, porque o medo vende moito, que os levaba a comunicar en negativo, desinformando. Eliminar este tipo de percepcións era, xunto con promover a ciencia e a independencia, algo fundamental.
A OMSA foi a precursora dun concepto do que se está falando moito ultimamente: o One Health. De que maneira interviñeron no seu desenvolvemento?
A OMSA foi a fonte, a orixe do concepto One Health, o cal se desenvolveu xunto con varias universidades dos Estados Unidos. A lema inicial foi “one health, one medicine”, pero finalmente chegouse ao consenso de empregar só “one health”. A OMSA encargouse de comunicar este tema a nivel político, da súa difusión nos ministerios de saúde, porque naquel entón non tiñan nin idea da importancia de traballar cos veterinarios e cos especialistas no medio ambiente. Fixemos un intenso traballo político para conciencialos e finalmente chegamos a asinar un acordo mundial coa OMS e coa FAO para a promoción do concepto. A nivel persoal estiven moi implicado na súa difusión.
Cre que aínda falta implicación a nivel político e institucional para que a sociedade poida chegar a desenvolver unha maior conciencia respecto da súa importancia?
Sempre se pode facer máis. Durante a miña carreira en África, despois como xefe veterinario de Francia e posteriormente na OMSA, unha das miñas prioridades foi convencer da importancia dos veterinarios para velar polo benestar mundial da poboación.
Por exemplo, na OMSA elaboramos un sistema chamado “Proceso PVS”, que realiza unha avaliación da cali-
UNHA CARREIRA CONTRA A DESIGUALDADE E POLA SAÚDE ÚNICA
O veterinario francés Bernard Vallat empezou a súa carreira profesional en África, onde traballou durante 17 anos en países en vías de desenvolvemento man a man cos médicos para protexer a humanos e animais (fundamentalmente ruminantes como camelos, vacas de cebo e cabras) de enfermidades como a peste bovina, a peripleumonía ou o carbunco. “Tamén traballamos en axudar ás poboacións a sobrevivir en condicións de seca, no deserto. Foi unha experiencia moi interesante”, lembra. Durante este tempo, parte do seu traballo orientouse cara á formación de persoas respecto ao coidado dos seus animais: “Tiñamos recursos internacionais para dispensar vacinas gratuítas e tamén para levar a cabo outras accións cos animais, pero non había servizos veterinarios, entón debiamos capacitar á poboación, a xente que non sabía nin ler nin escribir”. Así pois, Vallat ofreceu formacións moi concretas a persoas con poucos recursos para que puidesen xestionar os seus rabaños. “Isto é básico. Promover accións como estas, que os axuden a ser capaces de encargarse correctamente dos seus animais, é a maneira para que cheguen a ser autosuficientes”. De volta en Francia, exerceu primeiro o labor de coordinación e cooperación nos países pobres no Ministerio de Asuntos Exteriores galo e posteriormente desempeñou o cargo de xefe veterinario a nivel nacional. En maio de 2000 foi elixido director xeral da Organización Mundial de Saúde Animal (OMSA), a cal conta con 181 países membros, un posto para o que foi reelixido en dúas ocasións. Desde 2016 é director xeneral honorario da OMSA e na actualidade, xa como xubilado, traballa na promoción do consumo de produtos de orixe animal.
dade dos servizos veterinarios, da sanidade animal e da saúde pública veterinaria. Un total de 140 países utilizaron de maneira oficial esta ferramenta e, tras empregala, máis de 100 aumentaron os orzamentos para a formación veterinaria e para promover leis que desen máis peso aos coñecementos veterinarios. Creo que esa é a senda que habería que seguir. Protexer á profesión veterinaria no mundo tería que ser prioritario.
Lely celebrou en Galicia a súa convención mundial de granxas XL
¡EN VÍDEO!
Durante a semana do 17 de outubro, Lely organizou en Santiago de Compostela o Red Cow Event, unha cita a nivel mundial bianual para gandeiros con granxas XL, no que realizan obradoiros e presentacións orientadas a axudarlles aos asistentes a mellorar o rendemento das súas ganderías. Con motivo deste evento, conversamos con Coert van Lenteren, xerente global do departamento de granxas XL de Lely, sobre as temáticas principais da reunión e sobre a implantación da fi losofía XL no mercado.
Por que escolleron Galicia para a realización deste evento?
Decidimos celebralo en Galicia, en concreto en Santiago de Compostela, porque ten unha historia moi forte vinculada a este sector. A zona quere crecer, quere madurar aínda máis en termos de gandería sustentable e circular e, ademais, aquí temos algunhas das nosas granxas XL máis recentes. Ganadería Pazos, por exemplo, é un dos nosos novos clientes. Están a facelo moi ben e queriamos recoñecer o seu traballo traéndolles visitantes de todo o mundo.
En que se basea a fi losofía Lely?
A nosa fi losofía sempre partiu da idea de facilitar a vida dos gandeiros ao combinar as súas rutinas de traballo coa procura de novas formas de mecanizar, automatizar ou dixitalizar os labores para que poidan ter unha vida mellor, máis cómoda. Por tanto, Lely baséase en tres alicerces fundamentais: facer que a vida do gandeiro sexa máis sustentable, máis rendible e máis agradable. Como resultado disto, os gandeiros son máis felices.
Como aplican esta filosofía nas granxas XL?
Como punto de partida, nunha granxa XL observamos coidadosamente como de grande é ese negocio e onde quere estar dentro de 10 anos. Logo, integramos todas as rutinas de procesamento nunha solución con vacas, robots, tecnoloxía... Ademais, por suposto, prestámoslles atención ás persoas. Os nosos clientes son cada vez máis profesionais, polo que debemos asegurarnos de optimizar a tecnoloxía coa que traballan.
Como están a traballar no noso país? En España, Lely ten unha organización que se apoia na infraestrutura local, denominada Lely Center. Os nosos Lely Centers son o eixe central de Lely no país, a porta de entrada para que os gandeiros cheguen a nós, e xunto con eles levamos a cabo deseños de solucións individuais e específi cas para cada granxa. Falamos cos propietarios da granxa sobre cales son as súas metas e os seus obxectivos a longo prazo e logo decidimos cal é a mellor maneira de pór en marcha a robotización nese negocio para que funcione de maneira correcta.
Como son as granxas XL que teñen repartidas ao redor do mundo?
Hoxe en día Lely ten preto de 300 granxas XL no mundo. Temos grandes granxas intensivas en América do Norte; temos granxas en desenvolvemento en América Latina, tanto en intensivo como en extensivo, que están a facer compost e/ou que practican a agricultura de secaño; tamén temos granxas en Nova Zelandia (Australia) en pastoreo... En resumo, temos un amplo abanico de grandes ganderías, todas elas con características únicas e que foron capaces de dar cun xeito de traballar na súa zona de maneira óptima. Ao engadir a automatización á combinación de solucións adaptadas a cada área, podemos facer que melloren. Iso é o que máis nos gusta facer en Lely, mellorar as granxas para que pasen á seguinte xeración e para que poidan ter éxito nos vindeiros anos.
Cales sinalaría como as zonas con maior incidencia de robotización?
Se lles prestamos atención á optimización e actualización de robots, o norte de Europa é unha das áreas con maior densidade e é onde estamos a ter un maior volume de vendas de robótica. No entanto, isto é algo que se está estendendo lentamente por todo o mundo. Asia está repuntando e tamén ocorre o mesmo en América Latina, en Oceanía, noutras zonas de Europa... Os robots son algo normal hoxe en día, non é algo ao que o gandeiro lle tema, polo xeral. É certo que a algunhas persoas aínda lles dá medo a tecnoloxía, pero é algo que debemos asumir. Todos temos os nosos teléfonos móbiles intelixentes, certo? Pois traballar con robots é o mesmo. Están ao alcance de todos e axudan a xerar datos para tomar mellores decisións en gandería.
Traballar con robots é sinónimo de traballar por un futuro mellor no sector?
Así é. É importante ter en conta que, cada vez máis, os consumidores demandan información sobre como cultivamos; queren saber que conteñen os seus alimentos, polo que, canto mellor o fagamos e canto máis e mellores datos teñamos e máis transparencia poidamos brindar, máis aceptados estaremos dentro da sociedade. Esa tamén foi unha das razóns polas que viñemos a Galicia esta semana, porque o problema aquí ten que ver con ese entendemento da economía circular, de reutilizar materiais... É algo que lles interesa moito aos asistentes ao evento. Temos gandeiros chegados de 15 países, os cales son propietarios de granxas moi diversas: desde ganderías con 50 cabezas, ata explotacións que superan os 3.000 animais en produción, e todos eles están a achegar a súa perspectiva e as súas reflexións respecto do tema da semana, a circularidade, para facelo máis completo. Cada un deles ten a súa propia experiencia e queremos usala para axudarlles a que todos melloren e para convertelos en referencias nas súas áreas de traballo, así como para poder construír novos estándares dentro de nosa propia organización.
Que predición fai sobre o futuro da gandería aquí, en España?
Vexo un futuro moi prometedor, tendo en conta a automatización e a aposta pola circularidade e a sustentabilidade. Eses son os criterios para garantir o futuro na produción de leite. Se podemos facer que as granxas leiteiras sexan máis sustentables, garantimos o traballo das xeracións vindeiras. Os máis novos son os que máis interesados están na tecnoloxía, porque queren outras condicións de traballo, unha vida laboral máis estable. Ademais, xa non falamos de pequenas ganderías familiares, senón de grandes negocios. Entón, se facemos isto ben agora, hai un futuro moi brillante para os gandeiros españois que decidan traballar con robots Lely.
Os membros Red Cow son aqueles que están muxindo con 8 robots Lely ou alimentando 500 vacas ou máis cun Lely Vector. Ao evento asistiron un total de 109 gandeiros Red Cow chegados dende Australia, O Xapón, China, Hungría, Alemaña, Polonia, Dinamarca, Finlandia, Os Países Baixos, O Reino Unido, España, Italia, A Arxentina, Os Estados Unidos e O Canadá.
TRAZO TRAZO
OUTEIRO DE REI OUTEIRO DE REI
VILA NOVA GAIA VILA NOVA GAIA LOS CORALES DE BUELNA LOS CORALES DE BUELNA
AVILA AVILA AIZOAIN AIZOAIN
O seu Lely Center local daralle máis información sobre O seu Lely Center local daralle máis información sobre este fito no muxido. este fito no muxido.
Lely Center Los Corrales Lely Center Los Corrales +34 606 022 405 +34 606 022 405 Lely Center Outeiro +34 671 646 745Lely Center Outeiro +34 671 646 745 Lely Center Aizoain +34 676 182 349Lely Center Aizoain +34 676 182 349 Lely Center Trazo +34 685 117 350Lely Center Trazo +34 685 117 350 Lely Center Ávila +34 665 772 747Lely Center Ávila +34 665 772 747 Lely Center Vila Nova +351 227 538 339Lely Center Vila Nova +351 227 538 339