1 minute read

Concurso Nacional da Raza Parda

32.° CONCURSO NACIONAL DA RAZA PARDA. XIXÓN (ASTURIAS)

En Vaca.tv

Posado da gran campiona nacional

Sobrefuente Davenport Sheila vence no Nacional de pardas

A vaca adulta, propiedade de Gerardo Llano Traviesa, impúxose na 32.° edición do Concurso Nacional da Raza Parda, que se celebrou o 23 de setembro no recinto feiral Luis Adaro de Xixón (Asturias).

AAsociación de Gandeiros da Raza Parda (Arapar) levou a cabo a 32.° edición do seu concurso nacional no marco da Feira Monográ ca do Campo e as Industrias Agrícolas, Gandeiras, Forestais e Pes-

Gran campiona nacional de xatas e xovencas

queiras de Asturias (Agropec). O xuíz italiano Daniele Galbardi foi o encargado de xulgar este certame.

A pista abriuse para os animais pequenos, entre os que destacou Fontica Gominola Superstar, de José María Rodríguez Rodríguez (Asturias), que levou o premio de gran campiona de xatas e xovencas, ademais de gañar o campionato de xatas. O título de campiona de xovencas foi para Speed, de Ganadería Neifra (Lugo).

Nas seccións de vacas, La Metida Onís Candela, de Ricardo Sierra Remis (Asturias), foi nomeada vaca nova campiona e tamén presentou o mellor ubre do concurso. Pola súa parte, Sobrefuente Davenport Sheila, propiedade de Gerardo Llano Traviesa (Asturias), venceu no campionato de vacas adultas e impúxose na gran nal, na que logrou o galardón de gran campiona nacional.

Manto Maquinaria SLU Crta. N-640, km 87,5 27192 La Campiña - Lugo Tel. 982 315 756 - Fax 982 303 203 www.mantomaquinaria.com | info@mantomaquinaria.com

This article is from: