A PÉ DE PISTA
32.° CONCURSO NACIONAL DA RAZA PARDA. XIXÓN (ASTURIAS)
En Vaca.tv
Posado da gran campiona nacional
Sobrefuente Davenport Sheila vence no Nacional de pardas A vaca adulta, propiedade de Gerardo Llano Traviesa, impúxose na 32.° edición do Concurso Nacional da Raza Parda, que se celebrou o 23 de setembro no recinto feiral Luis Adaro de Xixón (Asturias).
A
Asociación de Gandeiros da Raza Parda (Arapar) levou a cabo a 32.° edición do seu con-
curso nacional no marco da Feira Monográfica do Campo e as Industrias Agrícolas, Gandeiras, Forestais e Pes-
Gran campiona nacional de xatas e xovencas
queiras de Asturias (Agropec). O xuíz italiano Daniele Galbardi foi o encargado de xulgar este certame. A pista abriuse para os animais pequenos, entre os que destacou Fontica Gominola Superstar, de José María Rodríguez Rodríguez (Asturias), que levou o premio de gran campiona de xatas e xovencas, ademais de gañar o campionato de xatas. O título de campiona de xovencas foi para Speed, de Ganadería Neifra (Lugo).
Nas seccións de vacas, La Metida Onís Candela, de Ricardo Sierra Remis (Asturias), foi nomeada vaca nova campiona e tamén presentou o mellor ubre do concurso. Pola súa parte, Sobrefuente Davenport Sheila, propiedade de Gerardo Llano Traviesa (Asturias), venceu no campionato de vacas adultas e impúxose na gran final, na que logrou o galardón de gran campiona nacional.
Manto Maquinaria SLU Crta. N-640, km 87,5 27192 La Campiña - Lugo Tel. 982 315 756 - Fax 982 303 203 www.mantomaquinaria.com | info@mantomaquinaria.com
10.2022 08.2022||Vaca VacaPinta Pintan.º n.º34 33|| 63