PINGAS DE CHUVIA SOBRE TUI XUSTIFICACIÓN
Vivimos nun lugar do mundo onde non sufrimos, polo momento, recortes no uso da auga que facemos diariamente. Pero, é necesario concienciarse de que a pesares de ser un ben imprescindible para o desenvolvemento da vida, non é un recurso inagotable. Por iso debemos aprender desde pequenos a facer un uso responsable da auga. E ese, é o noso obxectivo á hora de plantexar este proxecto, dando a coñecer a toda a comunidade educativa as medidas e actuacións que entre todos podemos adoptar para aforrar auga.
OBXECTIVOS Concienciar a toda a comunidade educativa da imporatncia da auga como un ben imprecindible pero escaso. Conseguir un consumo axeitado da auga poñendo en práctica medidas sinxelas e asequibles para tod@s. Reducir o consumo da auga. Coñecer e participar nas diferentes labores agrícolas para a obtención de produtos da horta.
TEMPORALIZACIÓN
Ao longo de todo o curso
ACTIVIDADES
Deseñar unha mascota que identifique o noso proxecto.
Recoller información sobre a auga e o seu consumo.
Decidir as medidas a adoptar para facer un consumo responsable da auga.
Realizar carteis e murais con ditas medidas.
Elaborar un díptico de medidas para achegalas a toda a comunidade escolar.
Colocar reguladores do caudal de auga nos grifos e cisternas do colexio.