plan de orientacion

Page 1

PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

CEIP Nº1 TUI 2010-2011


INDICE

1. Introdución 2. Características do centro/ Contextualización 3. Bases Legais 4. Organización do departamento 5. Obxectivos 6. Atención a diversidade 7. Plan de traballo 8. Recursos e materiais 9. Avaliación 10. Horario

2


1.- INTRODUCIÓN

Todos os integrantes da comunidade educativa están implicados, de unha ou outra forma, no proceso da Orientación. Concebimos a Orientación Educativa como un proceso continuo de apoio e asesoramento, sobre aspectos escolares, persoais, académicos e profesionais, aportado polo sistemas educativo ao alumnado. Polo tanto, a orientación aportada no ámbito educativo céntrase no logro do mellor axuste da resposta educativa ás características de cada alumno, á vez que desenvolve capacidade para orientarse por si mesmo e saber tomar decisións de forma madura e responsable. No presente plan inclúense as actuacións desenvolvidas no ámbito escolar, curricular, de acción titorial e de orientación psicopedagóxica e académica.

3


2.- CARACTERÍSTICAS DO CENTRO / CONTEXTUALIZACIÓN

CEIP nº 1 de TUI; CEIP de 10 unidades, das cales 3 son de Educación Infantil e 7 de Educación Primaria. No centro hai un total de 222 alumnos, dos cales, 69 están escolarizados na Educación Infantil e 153 en Educación Primaria.

O centro conta cun total de mestres, dos cales 3 son titores de E.I. e unha mestra de apoio a Ed. Infantil, 7 son titores de E.P., ademais dos especialistas en PT e AL (itinerante co CEIP de Rebordáns), EF, Inglés, Música, Relixión Católica, Relixión Evanxélica, dúas mestra de PT para a atención a alumnado con autismo

e unha

orientadora. Contamos tamén con dúas coidadoras.

Os alumnos do centro proveñen a maioría do casco urbán de Tui, habendo tamén no centro alumnos das parroquias limítrofes, polo que o centro conta con servicio de transporte escolar, compartido co CEIP Nº 2 , dado a proximidade de ambos centros.

A nivel socioeconómico a maioría das familias teñen un nivel medio e o nivel sociocultural tamén e medio.

Destacar que no centro hai un número considerable de alumnos de etnia Xitana. Este curso, tamén, aumentounos o número de alumnado con TXD.

Con respecto ao alumnado procedente do estranxeiro, na maioría dos casos existe unha boa integración, tanto dentro da aula, coma no centro.

A ANPA está moi implicada no traballo e participa en todas aquelas actividades que se realizan no centro.

4


3. BASES LEGAIS A nivel legal debemos ter en conta os seguintes documentos: Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio de Educación LOE (BOE do 4 de maio) Decreto 120/1.998 (DOG do 27) polo que se regula a Orientación Educativa e Profesional en Galicia. Orde do 24 de xullo de 1.998 (DOG do 31) pola que se establece a organización e funcionamento da Orientación Educativa e Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. Decreto 374/1.996 de 17 de outubro (DOG 21), Regulamento Orgánico das Escolas de Educación Infantil e CEIPs. Orde do 22 de xullo do 1.997 (DOG do 2 de setembro) que desenvolven determinados aspectos da organización e desenvolvemento das EEI, CEP, e CEIP. Decreto 130/2007 do 28 de xuño polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do curriculum nas ensinanzas de réxime xeral. Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais. Orde do 28 de outubro de 1996, pola que se regula as condicións e o procedemento para flexibilizala duración do periodo de escolarización de escolarización obrigatoria dos alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a condicións de sobredotación intelectual. Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan ensinanzas de réxime xeral, e establece o procedemento e os criterios para a realización do dictame de escolarización. Orde do 24 de xullo pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia , regulada polo Decreto 120/1998. Orde do 27 de decembro de 2002, pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do 5


alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais. Orde do 20 de febreiro de 2004, pola que se establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro. Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia Circular 10/2020 das Direccións Xerais de Orientación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se dictan instruccións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional na comunidade autónoma de Galicia.

4. ORGANIZACIÓN DO DEPARTAMENTO De acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 120/1998 polo que se regula a Orientación na Comunidade Autónoma de Galicia, O Departamento de Orientación está constituído por: •

Mª Luisa Pérez Saracho (Xefa do Departamento de Orientación)

Silvia Rodríguez Vaqueiro (Mestra de Audición e Linguaxe compartida)

Profesorado do CEIP Nº 1 •

Mª José Carrete Marcos (Mestra de Pedagoxía Terapéutica )

Mª Mercedes Piñeiro Mouriño (Mestra de Pedagoxía Terapéutica )

Heidy Isabel Fermín Susana (mestra de Pedagoxía Terapéutica)

Mª Luisa López Ramírez (Coordinadora de E. Infanti )

Ruth Gómez Diegues

Mª José Yañez González (Coordinador do 2º Ciclo de E. Primaria)

Mª Luisa Pérez Saracho (Coordinadora do 3º Ciclo de E. Primaria)

(Coordinadora do 1º Ciclo de E. Primaria )

6


Profesorado do CEIP de Rebordáns •

José Luis Martínez Fernández ( Mestre de Pedagoxía Terapéutica)

Rosa Mª Ferreira Carrera ( Coordinadora de E. Infantil )

Elisa González Fernández

Rosa Mª Loureiro Bugarín (Coordinadora do 2º ciclo de E. Primaria )

Mª del Carmen Rodríguez Barcia ( Coordinadora do 3º ciclo de E. Primaria )

( Coordinadora do 1º ciclo de E. Primaria )

As funcións do Departamento de Orientación serán:

Valora-las necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

Elaborar, de acordo coas directrices establecidas no plan de orientación e da comisión de coordenación pedagóxica, as propostas do plan de orientación académica e do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico para o desenvolvemento deste plan.

Participar na elaboración, seguemento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alumnado e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.

Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de sobredotación que presenten os alumnos e alumnas.

Participar na avaliación psicopedagóxica conforme a normativa ó respecto, e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e asesoramento necesarios para que o

7


alumnado poida enfrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa ou a resolución de conflictos de relación interpersonal.

Impulsa-la participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos, ou en calquera outro relacionado co seu ámbito de actuación.

Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención.

Co obxecto de potenciar estratexias de acuación conxuntas, promove-la cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos: estimulación da motivación e intereses; adquisición de hábitos de hixiene e autonomía; desenvolvemento motriz e da linguaxe; relacións interpersoais e aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado.

Establecer

canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións no

ámbito das súas competencias.

Aqueloutras que Administración educativa lle poidese enconmendar no ámbito das súas funcións.

As funcións do xefe do departamento serán:

Dirixir e coordina-las actividades e actuacións propias do departamento.

Responsabilizarse da redacción do plan anual de actividades do departamento, velar polo seu cumprimento e elabora-la memoria final de curso.

Representa-lo departamento na comisión de coordinación pedagóxica.

8


Convocar e presidi-las reunións ordinarias do departamento e as que con carácter extraordinario fose preciso celebrar, levantando acta correspondente.

Asistir as reunions convocadas pola xefa do departamento de orientación o instituto de educación secundaria ó que está adscrito.

Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso.

Coordina-la organización de espacios e instalacións para a orientación, a adquisición de material e de equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación.

Realiza-las avaliacións psicopedagóxicas, no caso de estar en posesión das titulacións que se indican no artigo 4º a) do Decreto 120/1998, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade conforme ó procedemento e os criterios establecidos no proxecto curricular do centro e responsabilizarse da elaboración do informe psicopedagóxico.

Coordinar, en colaboración co profesorado de apoio, a atención do alumnado con necesidades educativas especiais, elevando ó xefe de estudios, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado.

Participar nas sesións de avaliación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de actuacións conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas. Esta participación responderá as súas competencias de asesoramento e apoio ó profesorado e asistirá a elas con voz e sen voto.

Aqueloutras funcións que a Administración educativa lle poida asignar referidas á orientación.

O traballo do Departamento non é un traballo illado senón que estará en conexión con outros departamentos ou grupos de coordinación docente. Haberá unha dobre

9


coordinación: por unha banda está a interna (con membros do propio centro educativo), e por outro lado a externa, con outros membros da comunidade educativa ou social implicados na educación e formación tanto dos nenos, coma das familias e dos propios mestres:

Interna : Xefatura de Estudios , titores , departamentos , ciclos, profesorado de PT e AL

Externa : Cos I.E.S. aos que estamos adscritos (San Paio e Francisco Sánchez) Coa Inspección Educativa, Co Equipo de Orientación Específico, Coas Familias , C.E.F.O.R.E. , Servicios dependentes do SERGAS Servicios Sociais do Concello

5.- OBXECTIVOS Atendendo ás demandas da comunidade educativa, e de acordo coas disposicións legais existentes, trataremos de acadar os seguintes obxectivos:

a) Obxectivos referidos ao Centro:

- Colaborar na revisión do PEC , PCC , PAT , Plan de convivencia... - Contribuir á dinamización da planificación e organización educativa. - Cooperar coa comunidade edcativa, favorecendo as canles de comunicación e colaboración conxuntas. -

Participar

nas

avaliacións e

colaborar

no

ámbito

das

competencias

da

orientación. - Participar e representar o DO nas xuntanzas mensuais da CCP. - Convocar e presidir as xuntanzas do DO levantando a correspondente acta de reunión.

10


- Velar pola confidencialidade dos documentos. - Asesorar na posta en práctica do plan de acción titorial.

b) Obxectivos referidos ao alumnado: −

Contribuir á personalización do proceso de aprendizaxe do alumnado.

Apoio aos problemas de aprendizaxe individual ou grupal, incidindo no ámbito da prevención.

Axuda no desenvolvemento persoal, na toma de decisións e nos diferentes problemas de axuste no proceso de aprendizaxe.

Identificar as dificultades e potencialidades do alumnado con necesidades educativas especiais, concretando as pautas de actuación e as medidas de atención.

Desenvolver programas de adquisición de habilidades sociais, técnicas de traballo intelectual, e estratexias de aprendizaxe cooperativa.

Deseño, seguimento e avaliación das actuacións ou programas propostos polo departamento para desenvolver nas aulas.

c) Obxectivos referidos ao profesorado.

- Asesorar ao profesorado nas actuacións educativas a realizar segundo as diferentes necesidades que podan presentar os alumnos. - Participar no deseño, desenvolvemento e avaliación das diferentes medidas de atención á diversidade: actividades de reforzo, ACIs e outras medidas curriculares ou organizativas. - Asesorar e colaborar na incorporación de contidos relacionados coa aprendizaxe emocional, a dinámica de grupos e a igualdade real entre mulleres e homes. - Asesorar no desenvolvemento do PAT. - Colaborar cos titores na avaliación inicial individual e grupal,, en especial no caso do alumnado de novo ingreso e nos cursos que supoñan un cambio de ciclo.

11


- Proporcionar as titoras/es materiais asesorándolles sobre os seu emprego (técnicas de estudio, autoconcepto, aprender a aprender, aprsendizaxe cooperativa, resolución de conflitos...) -

Facilitar a relación outros

servicios da comunidade educativa: equipos de

orientación específicos, centro de recursos, IES Francisco Sanchez, CRA Mestra Clara Torres...

d) Obxectivos referidos ás familias:

- Entrevistas coas nais/pais do alumnado que presente algún tipo de problema ou particularidade específica -

Informar e asesorar ás familias do alumnado con necesidades educativas

especiais. - Colaborar nas relacións nais/pais, titoras/titores e centro educativo, no ámbito das competencias da orientación. - Potenciar e colaborar coas actuacións que promovan unha maior implicación das familias na educación das súas fillas e fillos.

6. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Entendemos como fontes de diversidade: as capacidades, a motivación os intereses, a cognición (competencia, ritmos e estilos cognitivos) e as diferencias biolóxicas e orgánicas, as socioafectivas, as escolares, as socio-culturales, as de desenvolvemento lingüístico, ...

Un dos primeiros pasos na atención á diversidade dase na realización dun Proxecto Curricular, no que adaptamos o Deseño Curricular Base ao noso centro e ao contorno sociocultural. As programacións de aula permiten concretar, aínda máis, este Proxecto Curricular para un determinado grupo de alumnos/as, orientando o proceso de

12


ensino e aprendizaxe e atendendo á diversidade con que nos atopamos en cada grupo de alumnos e alumnas.

A pesar destas medidas ordinarias de atención á diversidade atopámonos con alumnos con necesidades educativas especiais (ACNEEs). “A orixe destas necesidades educativas especiais pode atribuirse a diversas causas relacionadas, fundamentalmente, co contexto familiar, social ou cultural, coa historia educativa e escolar dos alumnos e alumnas ou con condicións persoais asociadas sexa a discapacidades psíquicas, motoras ou sensoriais, sexa a condicións de sobredotación en canto a capacidades intelectuais”. Cando esta necesidade é especial é porque require unha atención máis específica ou maiores recursos educativos.

Ó atender a estes alumnos no marco dunha ensinanza comprensiva e aberta á diversidade estamos contribuíndo á integración social dos mesmos, é dicir, ó fin primordial do ensino obrigatorio.

1.- VALORACIÓN DAS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Como se reflexa no Plan de Acción Titorial, a detección das necesidades educativas especiais que poidera ter algún neno/a corresponde ós/ás profesores-titores, fundamentalmente na avaliación inicial do alumnado. Os titores poden demandar do servicio de orientación a avaliación psicopedagóxica daqueles alumnos que presenten algún tipo de dificultade na realización das actividades de clase ou na consecución dos obxectivos establecidos para a etapa ou ciclo.

A realización da avaliación psicopedagóxica será competencia do Xefe do Departamento de Orientación, que, de consideralo convinte, solicitará asesoramento, colaboración e/ou deriva da demanda de avaliación a outros servicios ou profesionais: Servizos dependentes do SERGAS, a traballadora ou traballador social, o Equipo de Orientación Específico de Pontevedra, …

Enténdese por avaliación psicopedagóxica o proceso de recollida, análise e valoración da información relevante dos distintos elementos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe, coa finalidade de indentificar as necesidades educativas 13


especiais de determinados alumnos que presentan ou poden presentar desaxustes no seu desenvolvemento persoal e/ou académico, de tal xeito que permita fundamentar decisións encamiñadas á mellora-la atención educativa destes rapaces e a concretar unha resposta axeitada ás súas necesidades educativas.

Ten polo tanto unha finalidade informativa, non etiquetadora, sobre as características e circunstancias dun neno concreto. Basearase no nivel acadado polo alumno/a en canto ós obxectivos e contidos de aprendizaxe, e especialmente na valoración das súas potencialidades e da interacción co profesor/a, cos seus compañeiros e cos materiais no contexto da aula e no centro escolar, así como co seu contorno sociofamiliar.

As conclusión derivadas da avaliación psicopedagóxica recolleranse nun informe escrito que se entregará ao titor e do que o xefe do departamento trasladará copia ao expediente do alumno. Este informe debe recoller as orientacións que se estimen necesarias para unha atención axeitada ás necesidades do alumno, orientacións que se revisarán a demanda do titor, de non resultar satisfactorias, e que deberán contar coa aprobación do Departamento de Orientación.

O servicio de orientación tamén emitirá informe nos casos que prescribe a normativa (traslado a outro centro de alumnos con necesidades educativas especiais, solicitudes de alteración da escolaridade ou dictamen de escolarización, repeticións extraordinarias de cursos, ...) ou a petición das persoas interesadas ou institucións competentes. Os documentos relativos á avaliación psicopedagóxica levarán constancia do seu carácter confidencial e trasladarase ó expediente do alumno únicamente aquela información relevante para a intervención educativa.

Os titores rexistrarán no expediente académico do alumno/a, nos informes de avaliación individualizados ó remate de cada ciclo o grao de desenvolvemento daqueles aspectos relacionados coas medidas especiais que se tomasen con determinado alumno/a.

14


2.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

As actuacións programadas para a atención á diversidade quedan enmarcadas dentro do PAT, polo que aquí centrarémonos na atención ós alumnos con necesidades educativas especiais. O proceso educativo deste alumnado tenderá fundamentalmente ó desenvolvemento das habilidades sociais e de autonomía, incluido o dominio das técnicas instrumentais, que posibiliten a súa integración social.

As medidas de atención ós alumnos con necesidades educativas especiais serán decididas polo departamento de orientación, e abarcan o reforzo educativo, a adaptación curricular, os agrupamentos flexibles de alumnos e a flexibilización do período de escolaridade obrigatoria. Tanto as actuacións de reforzo educativo como as adaptacións curriculares deberán axustarse á correspondente programación e avaliación. Os alumnos cos que se adopten estas medidas serán obxecto dun seguemento máis exhaustivo por parte do profesorado que o atenda, deixando constancia por escrito os resultados deste seguemento, procurando a maior concreción posible.

Ó remate da educación primaria o Departamento de Orientación elaborará un informe sobre o proceso educativo do alumnado que fose obxecto de atencións derivadas de necesidades educativas especiais. Nel recollerase unha descrición dos apoios adicionais recibidos, de tipo curricular, organizativo e de acceso ó currículo, se os houbese. Este informe terá carácter confidencial e xuntarase á documentación que se remite ó centro no que o alumno/a vaia continua-la súa escolarización.

Reforzo Educativo e Apoio dentro e fóra da aula

Realizaranse segundo se establece a continuación: •

Estarán dirixidas a aqueles alumnos e alumnas que coa modificación de elementos

non prescriptivos do currículum (secuencia de contidos, formas e instrumentos de avaliación, organización da aula, agrupamentos de alumnos, metodoloxía) poden seguir o proceso ordinario de ensino-aprendizaxe.

15


Levarase a cabo no contexto escolar ordinario e polo profesor ou profesora do

alumno que imparte a área ou materia, coa colaboración, se é o caso doutros profesionais. Esta colaboración non poderá susbstituir en ningún caso a actuación habitual do profesor/a. •

O profesorado non especialista en PT ou AL que teña máis tempo dispoñible

colaborará nos apoios que se realicen en aula, sempre que este traballo non implique o desenvolvemento de actuacións propias do profesorado especialista. •

As intervencións específicas que sexan precisas por parte dos profesores

especialistas de PT ou AL serán propostas polo Departamento de Orientación, en colaboración co profesor titor do alumno. Tales actuacións levaránse a cabo normalmente dentro da aula e só poderán realizarse fóra dela en casos excepcionais que estén debidamente previstos nas adaptacións curriculares e durante un tempo que non excederá a terceira parte da xornada escolar. •

Os apoios en aula a realizar polo resto do profesorado serán solicitadas polo

profesor titor do alumno á Xefatura de Estudios. •

A coordinación desas actuacións, xunto coas do resto do profesorado, tendo en

conta o Proxecto Curricular da etapa e as programacións de aula, corresponde á xefatura de estudios. •

O apoio será de carácter reversible, de xeito que garante, mediante seguimento dos

profesores implicados, a modificación das medidas educativas propostas.

As medidas de reforzo educativo reflectiranse no expediente académico do alumno/a como Reforzo Educativo. Farase constar cun comentario no informe correspondente ás familias e non no libro de escolaridade.

Adaptacións Curriculares Individualizadas

Están dirixidas a alumnos e alumnas que por diversas razóns non poden segui-lo proceso ordinario de ensino-aprendizaxe. Cando a atención ás necesidades educativas dalgún neno requiran da modificación dalgún elemento prescriptivo do currículum, como son os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación, se procederá a realizar unha adaptación do currículo. A conveniencia da ACI se decidirá polo equipo de

16


profesores que atenden ó alumno/a, unha vez esgotadas outras medidas ordinarias de intervención educativa.

O deseño, elaboración e desenvolvemento da adaptación curricular será responsabilidade do profesor-titor, coa colaboración da profesora de Pedagoxía Terapéutica, o xefe do Departamento de Orientación, e calquera outro profesional que participe na atención ó alumno ou alumna. O seu desenvolvemento realizarase integrado na medida do posible, nas accións educativas ordinarias do grupo de alumnos/as de referencia. O referente serán os obxectivos xerais de etapa, concretados no Proxecto Curricular do centro para cada ciclo. Os obxectivos poderán pertencer, se é o caso, a outro ciclo ou etapa distinto do que curse o alumno ou alumna obxecto de adaptación curricular.

Toda adaptación curricular deberá estar fundamentada nunha avaliación psicopedagóxica previa na que se poña de manifesto a incapacidade do alumno/a para seguir o curriculo establecido para o seu grupo-clase. Igualmente será preceptiva a aprobación do documento de adaptación curricular por parte da inspección educativa para a súa posta en práctica.

O informe da avaliación psicopedagóxica, o documento de adaptación curricular e o informe do servicio de inspección educativa formarán parte do expediente do alumno ou da alumna e terán carácter confidencial. A ACI reflectirase como AC no expediente académico do alumno, no informe ós pais e no libro de escolaridade.

A ACI

revisarase periódicamente, a lo menos ó remate de cada curso. Ó

finaliza-lo ciclo ou curso para o que se realizou a adaptación curricular, o titor ou titora, xunto co profesorado que impartira as áreas ou materias obxecto da adaptación, oídos os pais ou responsables legais do alumno ou alumna, determinarán a pertinencia da promoción de ciclo ou de curso, a necesidade dalgunha adaptación curricular no curso seguinte e, de selo caso, as liñas xerais da mesma.

A avaliación do alumno/a que siga unha adaptación curricular farase en función dos criterios de avaliación individualizados establecidos nela, sen prexuicio de que para

17


efectos de promoción o referente sexan sempre os obxectivos establecidos para a etapa correspondente.

Flexibilización do Período de Escolaridade Obrigatoria

O alumnado con necesidades educativas especiais poderá ser obxecto de medidas de flexibilización da súa escolarización tanto en infantil como en primaria, para o que será necesario a autorización da Consellería de Educación.

Para tal fin será imprescindible a constatación da aplicación previa doutras medidas de adaptación curricular ou organizativas previstas para a atención das necesidades específicas do alumno.

No caso de necesidades educativas especiais asociadas a retrasos madurativos a flexibilización consistirá na permanencia dun ano máis en infantil e/ou en primaria. No caso de necesidades educativas especiais asociadas a sobredotación intelectual pódese anticipar o inicio da escolarización obrigatoria ou a reducción dun curso educativo no ensino básico.

Agrupamentos Flexibles de Alumnos

Pódense constituir, con carácter temporal, agrupamentos flexibles como medida de apoio para o alumnado con dificultades de aprendizaxe de carácter esencial, que deberán contar coa correspondente autorización da inspección educativa ou da delegación provincial.

Atención ao alumnado con TXD

Este curso funciona no centro unha aula de atención ao alumnado con TXD. Estos cinco alumnos e alumnas están adscritos a un grupo de referencia e comparten co

18


mesmo o número maior posible de clases e actividades. Outra parte do seu horario estarán atendidos por profesoras especialistas de PT nesta aula. Os horarios destes alumnos/as serán flexibles, procurando sempre a máxima integración posible co resto do alumnado.

7. PLAN DE TRABALLO

*Promoción da convivencia e resolución pacífica de conflictos, dentro dunha escola plural e para a convivencia. *Actuacións que teñan como obxecto a atención a toda a diversidade presente na escola *Identificación de necesidades presentes nos diferentes niveis educativos. *Revisión e modificación se fose preciso das medidas de apoio-reforzo *Colaborar na avaliación inicial do alumnado. *Programación de actividades de desenvolvemento madurativo. *Iniciación aos hábitos e técnicas de estudio. *Medidas de coordinación entre os orientadores de Primaria e secundaria *Promover a participación dos pais no proceso educativo dos seus fillos dun xeito activo. *Propostas de medidas encamiñadas a diminuír o absentismo escolar.

Calquera outra actividade que pareza convinte realizar para acadar unha maior calidade na educación dos nosos alumnos e alumnas.

Estas actividades desenvolveranse ao longo de todo o curso.

8. RECURSOS E MATERIAIS

Para o desenvolvemento das distintas actividades requírese a previsión dos recursos necesarios, estes serán:

19


-Recursos de tipo instrumental. -Diferentes documentos e bibliografía para a planificación -Programacións de aula do grupo-clase. -Adaptacións Curriculares que sexan necesarias. -Regulación Pedagóxica: o equipo educativo acorda liñas de actuación respecto de cada alumno e respecto do grupo-clase. Acordos que permitan adaptar a programación da aula e revisar a actuación xeral do propio equipo e doutros organismos implicados no proceso de ensinanza-aprendizaxe. -Seguimento do alumnado:Unha avaliación continua e formativa do mesmo.

-Recursos de tipo organizativo.

-Aulas dispoñibles: O número de aulas é suficiente, contando cunha por cada titoría e tamén as específicas para as especialidades de Música, Lingua Estranxeira Inglés, Informática, Departamento de Orientación (CEIP nº 1), P.T.,

A.L.,

aula de

psicomotricidade, comedor escolar (CEIP nº 1), ademais do Polideportivo municipal ( CEIP nº 1) e pabellón polideportivo ( CEIP Rebordáns)

para a especialidade de

Educación Física. Neste curso no CEIP Nº 1 funciona un aula de atención ao alumnado autista.

-Horarios para sesións de entrevistas: A hora fixada para atención a pais é o martes de 16:00 a 17:00 horas no CEIP Nº1 e de 17:15 a 18:15 no CEIP de Rebordáns, pero debido a que os intereses dos Centros por facer participar ás familias no proceso de ensinanza-aprendizaxe dos seus fill@s é grande, permítese variar dita hora por outra calquera que o titor/a ou profesorado teña dispoñible sempre que sexa con aviso previo.

-Previsión de encontros entre o profesorado: Son varias as reunións previstas: •

Reunións da Comisión de Coordinación Pedagóxica: Son mensuais e nelas fíxanse as liñas de actuación comúns para todo o centro.

Reunións do Departamento de Orientación: Son mensuais, e con relación a acción titorial serven para facer propostas, colaborar na elaboración do P.A.T., e para facer o seu seguimento. 20


Reunións de Ciclo: Son mensuais e nelas acórdanse liñas de actuación común ao devandito ciclo.

Reunións de Coordinación co Xefe do Departamento de Orientación

-Recursos humanos e de equipos pedagóxicos.

Van desenvolver a acción titorial tanto e equipo directivo coma os equipos docentes do centro (equipos de ciclo), Departamento de Orientación e, titores/as individualmente, así como tamén outras persoas ou entidades que poidan precisarse de forma circunstancial (servicios sociais, sanitarios, culturais, etc.). Cada un dentro das funcións que ten encomendadas.

9. AVALIACIÓN

A avaliación realizarase o longo de todo o curso: 1º Con reunións periódicas dos titores coa Xefatura de Estudios e a Orientadora 2º Ao longo do curso, a Xefatura de Estudios e a Orientadora irán facendo un seguimento do desenvolvemento dos plans para introducir os axustes necesarios.

Ademais empregaremos os datos aportados por: • Persoas implicadas no seu deseño e/ou desenvolvemento: departamento, titores, profesores. • Destinatarios: profesores, alumnos, pais.

Para a recollida de datos empregaremos os seguintes instrumentos: • Intercambios orais • Escalas e cuestionarios • Entrevistas

Como criterios de avaliación consideraremos os seguintes aspectos: • Adecuación do Plan ás necesidades do Centro • Logro dos obxectivos previstos 21


• Adecuación da temporalización • Nivel de colaboración e participación dos distintos estamentos da comunidade educativa • Grao de implicación dos responsables no seu desenvolvemento

A final de curso realizarase unha memoria final, onde se reflectirán os datos da avaliación e as propostas de mellora cara a elaboración do POA do curso seguinte.

10. HORARIO

HORARIO: Marisa.

CURSO: 2010/11

Sesión

LUNS

MARTES

MÉRCORES

1ª SESIÓN 9:10 10:00

GARDA

Orientación

Orientación Rebordáns

2ª SESIÓN 10:0010:50

Orientación Orientación

Orientación Rebordáns

3ª SESIÓN 10:5011:40

Orientación

GARDA

Orientación Orientación Rebordáns Orientación Rebordáns

Vixilancia Vixilancia biblioteca

Vixil Vixilancia Recreo

11:4012:05 12:0512:30 4ª SESIÓN 12:3013:20 5ª SESIÓN 13:2014:10

XOVES

VENRES

GARDA

Orientación Rebordáns

COOR. CICLO

Orientación Rebordáns

HORA DE LER 6º 6º

Orientación Orientación

LIBRE

LIBRE

Orientación Rebordáns Orientación Orientación Orientación Rebordáns Orientación Orientación

22


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.