PLAN
DE
ACCIÓN TITORIAL
CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui
Curso 2013 - 2014
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
ÍNDICE
Páx. 1. INTRODUCIÓN.....................................................................................
3
2. BASES LEXISLATIVAS.........................................................................
5
3. CARACTERÍSTICAS DO CENTRO/ CONTEXTUALIZACIÓN...................
6
4. PLAN DE ACCIÓN TITORIAL E COMPETENCIAS BÁSICAS...................
9
5. OBXECTIVOS XERAIS.........................................................................
11
6. CONTIDOS...........................................................................................
12
7. FUNCIÓNS DO TITORES......................................................................
15
8. AXENTES RESPONSABLES DA ACCIÓN TITORIAL..............................
17
9. ÁMBITOS DE ACTUACIÓN...................................................................
20
10. TAREFAS DA ACCIÓN TITORIAL/TEMPORALIZACIÓN.........................
21
11. METODOLOXÍA...................................................................................
27
12. RECURSOS..........................................................................................
28
13. AVALIACIÓN........................................................................................
30
ANEXO • Plan de Acollida 1. Alumnado de Nova Incorporación . Alumnado que inicia a súa escolaridade na Educación Infantil . Alumnado procedente doutros centros educativos .Alumnado Estranxeiro 2. Profesorado de nova incorporación e substitutos
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
1. INTRODUCIÓN
A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, cita como unha das funcións dos mestres “A titoría dos alumnos, a dirección e a orientación da súa aprendizaxe e o apoio no seu proceso educativo, en colaboración coas familias” e engade no artigo 105: “O recoñecemento da función titorial, mediante os oportunos incentivos profesionais e económicos”.
Por outra banda, tamén aparece reflectido no D.120/1998, do 23 de abril polo cal se regula a orientación educativa e profesional na comunidade autónoma de Galicia.
Partindo destas bases legais, o Plan de Acción Titorial (en adiante PAT) é o marco no que se especifican os criterios e procedementos para a organización e funcionamento das titorías. Nel inclúense as liñas xerais de actuación dos titores, dos equipos docentes e departamentos, as formas de participación das familias e as accións de intervención en técnicas de traballo intelectual que favorezan a aprendizaxe.
En resumo, enténdese a acción titorial coma un conxunto de acción educativas que se deseñan e se realizan no centro para favorecer no alumnado a aprendizaxe, a integración dos coñecementos e experiencias, a socialización, a toma de decisións e o desenvolvemento da súa personalidade.
O obxectivo fundamental deste PAT é a titorización de todos e cada un dos alumnos/as; tratando de individualizar as accións e procesos de ensinoaprendizaxe e procurando a formación non só en conceptos senón, e fundamentalmente en valores, normas e actitudes positivas no plano da aprendizaxe e da súa socialización.
Consideramos que a acción titorial non é unha tarefa puntual, senón que se trata dun proceso continuo e dun compoñente fundamental do sistema educativo. Como función docente, debe inscribirse plenamente no proceso de ensino-aprendizaxe.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
3
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
Así, o noso PAT recollerá cal será a forma máis axeitada de coñecer a cada alumno/a para poder prever as accións educativas máis indicadas en cada caso. Tamén reflectirá como debe estar estruturado o contorno social (centro, grupo, clase) para favorecer ó máximo a socialización, a atención á diversidade e a creación de condicións que favorezan aprendizaxes significativas.
Ademais, este PAT ten un carácter flexible, e poderase modificar nun momento preciso, se as necesidades xurdidas así o requiren, en función duns criterios pedagóxicos ou de aproveitamento.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
4
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
2. BASES LEXISLATIVAS
A nivel legal teremos en conta os seguintes documentos: Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio de Educación (LOE). Decreto 120/1998, polo que se regula a Orientación Educativa e Profesional en Galicia.
Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e funcionamento da Orientación Educativa e Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. Decreto 374/1996 de 17 de outubro, Regulamento Orgánico das Escolas de Educación Infantil e dos colexios de educación infantil e primaria.
Decreto 130/2007 do 28 de xuño polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Orde do 20 de febreiro de 2004, pola que se establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro.
Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Orde do 25 de xuño de 2009, pola que se regula a implantación, desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
5
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
3. CARACTERÍSTICAS DO CENTRO/ CONTEXTUALIZACIÓN
3.1. Características do contorno
O C.E.I.P. plurilingüe Nº 1 está situado en Tui. Esta vila é coñecida, entre outras cousas, polo seu carácter fronteirizo. A historia da cidade sempre estivo unida á da vila de Valença do Minho, situada á outra beira do río (Portugal). O CEIP Nº1 atópase nunha zona privilexiada, a carón do casco antigo e á beira do río Miño. Moi perto están os xardíns co seu parque infantil e unha fermosa alameda ubicada entre o Mosteiro de Santo Domingo e o río. Conta coas instalacións deportivas do pavillón municipal e a piscina pertencente a un ximnasio privado. A corredoira é a rúa principal e máis coñecida de Tui. É a zona peatonal ou de paseo por excelencia. Trátase dunha rúa rodeada de edificios nobres cheos de historia e onde a pedra é a principal protagonista. A vila, ademais conta con tódolos servizos e está sita preta de outras vilas grandes, coma poden ser Porriño, e tamén preto da cidade de Vigo.
3.2. Caracteríticas do centro 3.2.1. Profesorado O centro conta cun total de 19 mestres: 4 mestras de Educación Infantil. 6 mestres Educación Primaria. 1 mestra de Música. 1 mestre de Educación Física. 1 mestra de Lingua Inglesa. 2 mestres especialistas de P.T. Unha delas, exclusiva para Unidade de Atención Preferente. 1 mestra de Relixión Católica compartida co C.E.I.P. Nº 2 de Tui. 1 mestra de Relixión Evanxélica compartida co C.E.I.P. de Vilaboa. C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
6
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
2 mestras de AL: Unha delas, itinerante co C.E.I.P. de Rebordáns (ven 2 días á semana) 1 orientadora itinerante co C.E.I.P. de Rebordáns (ven 3 días á semana) • Contamos ademais con 2 coidadoras e estamos pendentes da adxudicación dun auxiliar de conversa de lingua inglesa.
3.2.2. Unidades, xornada, horario, servizos que oferta o centro.
CEIP Plurilingüe Nº 1 7 Unidades de Primaria: 1º,2º A e B,3º,4º,5º,6º. 3 Unidades de E.I. 3anos, 4 anos, 5 anos. 1 Unidade de Atención Preferente ó alumnado con T.X.D. Xornada continua: 09:10 – 14:10 Lectivo Horario
Non lectivo Luns: 14:10 – 15:10
Luns a venres: 09:10 - 14:10
Martes: 16:00 – 19:00
Biblioteca de Centro aberta a toda a comunidade educativa e Actividades Extraescolares en colaboración coa ANPA. Transporte escolar: 11 alumnos/as. Comedor: Xestionado pola ANPA.
**
Cabe destacar que a partir do curso 2010-2011 funciona no centro unha
Unidade de Atención Preferente ó alumnado con T.X.D:, á que asisten 5 nenos/as. Este alumando pertencie a un grupo de referencia, compartindo unha parte do seu horario coas compañeiros/as do mesmo (áreas de Educación Física, Música, Plástica, así coma noutras actividades nas que é posible realizar a inclusión), e asistindo á aula de apoio un número de horas semanais establecido en función do seu desenvolvemento adaptativo e curricular.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
7
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
3.2.3. Estrutura organizativa do centro
A estrutura organizativa do centro cumpre coas prescricións da seguinte normativa: Decreto 374/1996 de 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das Escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria. Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de EI, dos colexios de EP, e dos C.E.I.P. dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
3.3. Características do alumnado
A maioría do alumando provén do casco urbán de Tui, aínda que tamén hai alumnos que proveñen de parroquias limítrofes, polo que o centro conta con servizo de transporte escolar.
Contamos
con
varios
alumnos
procedentes
do
estranxeiro
que
están
perfectamente inegrados, tanto na aula coma no centro.
En canto ás familias, sinalar que a maioría delas ten un nivel medio tanto a nivel cultural como a nivel socioeconómico. As familias estranxeiras están integradas e colaboran co centro cando se requiren.
A situación linguística, un estudo do centro indica que as familias empregan como lingua da súa vida cotiá o castelán.
A ANPA está moi implicada no traballo e participa en todas aquelas actividades que se realizan no mesmo.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
8
Plan de Acción Titorial
4.
Curso 2013-2014
PLAN DE ACCIÓN TITORIAL E COMPETENCIAS BÁSICAS
A incorporación de competencias básicas ó currículo permite acentuar aqueles aprendizaxes que se consideran imprescindibles, dende un plantexamento integrador e orientado á aplicación dos saberes adquiridos. A inclusión das competencias básicas no currículo teñen a finalidade de integrar as diferentes aprendizaxes, tanto formais coma informais e os non formais, incorporados ás diferentes áreas ou materias. Ademais, ten que permitir a todos os estudiantes integrar as súas aprendizaxes, poñelos en relación con distintos tipos de contidos e empregalos de maneira efectiva cando lle resulten precisos en diferentes situacións e contextos. Así coma orietnar o ensino, ó permitir identificar os contidos e os criterios de avaliación que teñen carácter imprescindible e, en xeral, inspirar as distintas decisións relativas ó proceso de ensino e de aprendizaxe.
Coas áreas e materias do currículo preténdese que todo o alumnado alcance os obxectivos educativos e, consecuentemente, tamén adquiran as competencias básicas. Non obstante, non existe unha relación unívoca entre o ensino de determinadas áreas co desenvolvemento e certas competencias. Cada unha das áreas contribúe ó desenvolvemento de diferentes competencias e, á súa vez, cada unha das competencias básicas alcanzarase como consecuencia do traballo en varias áreas.
O traballo nas áreas do currículo para contribuir ó densenvolvemento das competencias básicas debe complementarse con diversas medidas organizativas e funcionales, imprescindibles para o seu desenvolvemento. Así, a organización e o funcionamento dos centros e as aulas, a participación do alumnado, as normas de réxime interno, o uso de determinada metodoloxía e recursos didácticos, ou a concepción, organización e funcionamento da biblioteca escolar, entre outros aspectos, poden favorecer ou dificultar o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise do contorno físico, a creación, a convivencias e a cidadanía, ou a alfabetizacion dixital. Igualmente, a acción titorial permanente pode contribuir de modo determinante á adquisición de competencias relacionadas coa regulación das aprendizaxes, o desenvolvemento emocional ou as habilidades sociais. C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
9
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
No marco da LOE, e á proposta realizada pola Unión Europea, identificáronse oito competencias básicas, que o alumnado debe alcanzar ó rematar o ensino obrigatorio, pero que deben comenzar a traballarse dende as primeiras etapas educativa. As competencias son: 1. Competencia en comunicación lingüística 2. Competencia matemática 3. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico 4. Tratamento da información e competencia dixital 5. Competencia social e cidadá. 6. Competencia cultural e artística 7. Competencia para aprender a aprender 8. Autonomía e iniciativa persoal.
Desta oito competencias básicas, o plan de acción titorial, a través das súas actividades, contribúe ó desenvolvemento de cada unha delas, aínda que de maneira máis directa, pódense destacar tres das competencias que se desenvolven en dito plan: Competencia social e cidadá. Competencia para aprender a aprender Autonomía e iniciativa persoal.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
10
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
5. OBXECTIVOS XERAIS
Os obxectivos xerais do noso PAT atópanse encadrados en catro liñas fundamentais: “Ensinar a convivir” Favorecer a integración do alumnado no seu grupo e na vida do centro, fomentando actitudes participativas. Respectar as normas de convivencia, compañeiros, profesorado... Fomentar a cooperación, a solidaridade, o traballo en grupo respectando unha regras. Establecer relación fluídas entre os pais e o centro, feito que influirá positivamente no rendemento do alumnado. “Ensinar a ser persoa” Educar ao noso alumnado na convivencia democrática e participativa. Favorecer o seu desenvolvemento moral e a adquisición de valores. Desenvolver no alumnado o xuizo crítico e razoado. Ensinarlle a aceptar a súa propia identidade e favorecer a súa autoestima. Tolerar, respectar e valorar as diferenzas individuais. Eliminar actitudes e comportamentos intolerantes. Desenvolver actitudes positivas e de responsabilidade persoal. “Ensinar a pensar” Adquirir estratexias que favorezan o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Ensinar a organizar o tempo de estudo. Iniciarse no manexo de técnicas de estudo que favorezan o rendemento académico. Autoevaluación: reflexionar sobre os seus propios fallos e aprender a corrixilos. Desenvolver un xuízo crítico e razoado sobre o propio traballo. “Ensinar a tomar decisións” Favorecer o coñecemento das propias aptitudes e calidades persoais, intereses e espetativas. Iniciar ou favorecer a toma de decisións responsables. C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
11
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
6.
CONTIDOS
As actividades do Plan de Acción Titorial desenvolveranse en torno os seguintes bloques de contidos:
a)
Acollida e avaliación inicial A incorporación dos rapaces ó 2º ciclo de educación infantil require dun plan de acollida que logre a súa integración no grupo-clase e no centro.
Ao comezo da súa escolarización, sexa en infantil ou en primaria, todo o alumnado será obxecto dunha avaliación inicial na que, ademais das características inidividuais, sociofamiliares e
do contexto escolar, se
recollerán a detección de necesidades educativas especiais. Desta avaliación redactarase o informe correspondente. No caso de posibles necesidades educativas especiais decidirase polo Departamento de Orientación as accións de avaliación psicopedagóxica de carácter máis específico.
A partir desta avaliación inicial o Departamento de Orientación presentará proposta de medidas de reforzo ou atención específica para as necesidades detectadas.
Por outra banda, a avaliación inicial prescriptiva ao comezo de cada curso fai necesaria por parte dos titores a exploración inicial do alumnado, tanto para adecuar os contidos, a organización e as actividades ás características do grupo-clase, como para detectar o antes posible as posibles necesidades educativas especiais que poidan existir, e organizar a atención ás mesmas.
b)
Integración e convivencia – Atención á diversidade A integración e a atención á diversidade son contidos clave neste Plan de Acción Titorial polo que se fai imprescindible a avaliación e a detección de dificultades: persoais, sociais e de aprendizaxe, ten que haber actuacións programadas de cara á integración de todos os nenos/as na aula e á súa participación nas actividades do centro
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
12
Plan de Acción Titorial
c)
Curso 2013-2014
Atención ao desenvolvemento persoal A autoexploración e autocoñecemento, autoestima e a capacidade para tomar decisións, xunto con unha interacción social adecuada son as bases para a formación dunha persoalidade equilibrada. As actuacións programadas no bloque anterior están tamén encamiñadas á atención e desenvolvemento persoal.
d) Orientación académica A orientación académica en infantil e primaria ten un sentido de preparación: potenciar o desenvolvemento do autocoñecemento (para saber o que quere) e da capacidade de toma de decisións (para decidir o que máis lle convén). Unicamente ó remate do último curso é conveniente realizar un programa informativo ós pais e alumnos sobre os cambios que vai supoñer o ensino secundario e a elección de optativas no primeiro curso de secundaria. Faise igualmente preciso establecer unha coordinación con outros centros de primaria e o IES receptor de cara a conseguir o máximo consenso nos criterios de avaliación e promoción.
e)
Técnicas de traballo intelectual As habilidades, métodos de estudio e estratexias de aprendizaxe a traballar dende a titoría están adecuadas ós distintos estadíos do desenvolvemento evolutivo dos
nenos. Así cada ciclo potencia o desenvolvemento
dunhas
habilidades ou outras en función das idades dos alumnos que o integran.
Non obstante, hai habilidades que se desenvolven ó longo de todos os niveis, dende infantil a primaria, sendo neste caso as actividades a realizar as que se adecúan ás idades dos nenos. Dentro deste grupo de habilidades temos: a comprensión
lectora,
a
aprendizaxe
significativa,
a
observación,
a
experimentación e a busca de información.
f)
Relación Centro-familia A través das reunións cos pais-titores conseguimos por un lado que estes coñezan o traballo que se está a desenvolver na aula cos seus fillos, e por outro que coordinen a súa labor educativa coa do centro.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
13
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
As entrevistas persoais con pais e alumnos son imprescindibles nos casos de necesidades educativas especiais, e aconsellables en xeral, xa que nos vai permitir unha mellor aproximación ó coñecemento do neno e os seus condicionantes ambientais. A hora de atención ás nais/pais é todos os martes de 16:00 a 17:00.
A entrega trimestral de boletíns informativos sobre o rendemento dos seus respectivos fillos, aparte da prescripción legal, é un eslabón máis na relación coas familias.
g)
Avaliación A avaliación está prácticamente regulada no Proxecto Educativo, dentro das Concreccións Curriculares (criterios de avaliación), pero o seu carácter retroalimentador e continuo obriga ó titor a plantexarse cuestións tales como os momentos, forma na que se realiza e xeito no que se rexistran os datos obtidos.
h) Horario Para levar a cabo as actuacións incluidas dentro do Plan de Acción Titorial, non se lle adica un tempo ex profeso dentro do horario lectivo. Parte das actuacións (reunións, entrevistas...) se realizan fóra do horario lectivo, na hora de obrigada permanencia no centro, reservándose os martes para atención ós pais. Outras actividades se realizan no horario lectivo normal dentro área máis acorde coa actividade. Para a realización dentro da aula de actividades máis específicas da acción titorial, os titores aproveitaran os venres de 12:05 a 12:30, ou se xorde algún aspecto que deban tratar buscarán o momento máis oportuno dentro do horario do grupo para facelo.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
14
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
7. FUNCIÓNS DOS TITORES
Entendemos a acción titorial coma unha acción colectiva e coordinada, na que todo o profesorado do centro está implicado e na que a coordinación e actividades educativas coas familias é fundamental.
As tarefas de orientación e titoría abranguen tanto as actuacións que, con carácter máis específico, desenvolve o titor co seu grupo ou na comunicación que establece coas familias e co resto do profesorado; coma aquelas que cada mestre leva a cabo dentro da súa área para apoiar o proceso de aprendizaxe do seu alumado.
As funcións dos titores aparecen recollidas no artigo 81 do Decreto 374/1996, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das escolas de Educación Infantil e do colexios de Educación Primaria. Estas son: Desenvolver e potenciar as capacidades básica do alumnado. Ofrecerlle ao alumnado orientación co fin de facilitarlle o seu crecemento persoal e unha personalidade madura. Orientar e asesorar sobre as posibilidades académicas e profesionais Promover a dinamización do grupo-clase. Contribuír á elaboración, posta en práctica e revisión dun Plan de Acción Titorial (PAT) no centro, que promova a coordinación de todos os ámbitos e axentes educativos que incidan nun grupo de alumnos e alumnas nun ciclo educativo determinado.
Persoalmente, o titor ou titora será responsable de: Realizar unha sesión semanal de titoría co grupo de alumnos que ten ao seu cargo. Representar ou facer de voceiro do alumnado dun grupo, expresando diante do equipo de profesores demandas, inquietudes, conflitos, etc. xurdidos nas sesións de titoría do grupo. Xestionar a información dispoñible sobre o alumnado do seu grupo respecto do seu equipo de profesores, se o hai. Coidar e ter ao día os rexistros da titoría. Presidir as xuntas de avaliación. C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
15
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
Facilitar a cooperación e a boa relación entre o profesorado e as familias ou responsables do alumnado Informar sobre actividades docentes e rendemento académico a familias e alumnos. Participar no desenvolvemento do PAT. Seguir o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado. Coordinar as Adaptacións Curriculares dos seus titorandos. Facilitar a integración do alumnado. Orientar ao alumnado. Colaborar co Departamento de Orientación.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
16
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
8. AXENTES RESPONSABLES DA ACCIÓN TITORIAL
Os axentes da comunidade educativa, ademais dos titores, teñen funcións dentro da acción titorial, así coma responsabilidades. Estas son:
1. Titor / a: FUNCIÓNS
RESPONSABILIDADES Ser o punto de referencia do alumnado para a súa relación co resto do centro: fará de voceiro expresando demandas, inquietudes, conflitos, etc.
1. Mediadora
Ser o primeiro intelocutor das familias para todo o que faga referencia ó proceso de aprendizaxe dos seus fillos/as, facilitando a boa relación e a cooperación co resto do profesorado. Xestionar a información dispoñible sobre o seu grupo respecto co equipo de mestres. Realizar avaliacións iniciais do seu grupo de alumnos/as. Informar
sobre
actividaes
docentes
e
rendementos
académicos ás familias e alumnos/as. 2. Acolledora e orientadora
Coordinar as reunións do equipo educativo en estreita relación coa coordinación pedagóxica do centro. Participar
nas
consultas
integradas
de
avaliación
xuntamente coa familia e o departamento de orientación. Establecer os contactos que se consideren necesarios con especialistas internos do centro, así como tamén con especialistas externos ou outros servizos profesionais.
3. Formativa
4. Instrutiva
Ten que
facilitar o progreso persoal e o progreso
académico. Debe aportar información tanto no referente á orientación académica como nos aspectos transversais.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
17
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
2. Equipo educativo / Equipo de ciclo: FUNCIÓNS
RESPONSABILIDADES O profesorado debe poñer en común o coñeceemento que teña das características persoais de cada alumno/a. As liñas de actuación serán debatidas e acordadas no
1. Regulación pedagóxica
equipo educativo e deberán guiar a actuación de cada mestre/a na aula. Desenvolver a programación coordinando as metodoloxías, as estratexias de aula e a avaliación para o seu grupo de alumnos/as. Realizar un diagnóstico inicial, priorizando o dominio dalgunhas capacidades e actitudes básicas: comprensión (oral e escrita), razoamento, motivación, participación, estilo de aprendizaxe... Informar ó profesorado de novo ingreso no equipo
2. Acollida e orientación
integrándoo na dinámica da aula. Abordar os problemas que poidan xurdir no proceso de ensino-aprendizaxe en equipo para darlle unha resposta coherente. Regular ou adaptar a programación de aula, revisando a actuación xeral do propio equipo e doutras persoas implicadas (departamento de orientación, familia, etc.). Certificar e orientar o final do proceso. Considerarase o ciclo coma unha unidade temporal de planificación e de seguemento do proceso de ensinoaprendizaxe dos recursos instrumentais para o estudo. Establecer criterios sobre as necesidades educativas que han de ser obxecto dunha atención compensatoria e
3. Formativa e instrutiva
definir as características que tería que ter esta actividade en colaboración co departamento de orientación. Utilizar o seguemento compartido do alumnado para, unha vez diagnosticados os éxitos, erros e déficits, atopar e compartir fórmulas para incidir sobre eles, sexa introducindo cambios na programación de aula, sexa a través de estratexias de compensación.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
18
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
3. Departamento de Orientación FUNCIÓNS 1. Elaborar
RESPONSABILIDADES Favorecer o adecuado desenvolvemento da acción titorial,
propostas
proporcionando asesorameto, material e, en xeral, apoio
para o PAT
ós titores/as. Propoñer actividades de titoría para o profesorado titor
2. Asesoramento
que realizará cos seus alumnos/as tanto individualmente coma a nivel de grupo.
3. Información
Dar orientacións para impulsar a participación das familias no proceso educativo dos seus fillos/as. Establecer liñas xerais de intervención na atención á diversidade. Asesorar ós titores/as de alumnos/as que deban recibir medidas de reforzo ou que teñan n.e.a.e.
1. Colaboración
Propoñer ás titorías accións de intervención en técnicas de traballo intelectual que melloren o rendemento escolar. Deseñar e propoñer accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades de aprendizaxe ou de desenvolvemento dos alumnos/as.
4. Familia FUNCIÓNS
RESPONSABILIDADES Contribuír a acadar os obxectivos previstos na acción titorial. Coñecer os plantexamentos e a evolución do curso, a
1. Colaboración
través das reunións e entrevistas cos titores/as. Participar
nas
consultas
integradas
de
avaliación
psicopedagóxica cando así o solicite o D.O. Participar nas actividades do P.A.T. que se consideren oportunas.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
19
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
9. ÁMBITOS DE ACTUACIÓN
As actuacións e actividades presentadas neste P.A.T. atópanse integradas nos seguintes ámbitos de actuación: 1.
Acoller e realizar a integración do alumnado no grupo e no centro.
2.
Favorecer a relación familia-escola no proceso educativo do alumnado.
3.
Coñecer a organización e o funcionamento interno do grupo-clase.
4.
Adquirir e mellorar os hábitos de estudo e as técnicas de traballo intelectual.
5.
Desenvolver o ámbito persoal e a adaptación social.
6.
Coordinar a metodoloxía e principios de avaliación programada para adoptar as decisións que procedan referentes á promoción de ciclo.
7.
Contribuír á personalización do proceso de ensino-aprendizaxe.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
20
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
10.
ÁMBITO 1. Acoller e realizar a integración dos alumnos/as no grupo e no
TAREFAS DA ACCIÓN TITORIAL/TEMPORALIZACIÓN
TAREFAS
RESPONSABLES
• Reunión coas familias do alumnado • Titoras de E.I.
TEMPORALIZACIÓN • Mes de xuño
que se incorporará a E.I.
centro. • Período de adaptación E.I. (ANEXO I)
• Titoras de E.I.
• Xuntanzas cos pais do alumnado de • Titores de E.I. e E.P.
• Primeiros 15 días • Ó longo do curso.
novo ingreso. Plan de Acollida para alumnos estranxeiros. (ANEXO II) • Reunións do ciclo ou nivel dos pais • Titores de E.I. e E.P.
• Setembro/Outubro
para informar das directrices que se pretenden no curso e nas normas xerais do centro e da aula. • Entrevistas coas familias
• Titoras de E.I. e E.P. e
• Ó longo do curso.
resto de profesorado. 2. Favorecer a relación familia- • Reunións periódicas coas familias • escola no proceso educativo do alumnado.
Equipo docente ou D.O.
• Ó longo do curso.
Equipo docente, D.O.
• 1º trimestre.
(de xeito individual ou colectivo). • Modelos de preparación e rexistro • das entrevistas.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
21
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
• Informacións puntuais. • Comunicación dificultades
dos de
• progresos
cada
e •
Titores, dirección.
• Ó longo do curso.
Titores/as de E.I. e E.P.
• Decembro, abril e xuño.
alumno/a,
sinalados na reunión de avaliación. • Xuntanzas con axentes educativos • externos cando se considere preciso.
Titores, equipo docente, • Ó longo do curso. D.O.
• Horas de recepción de pais: tódolos •
Titores, equipo docente.
• Ó longo do curso.
Titores de E.P. cos do
• Setembro
martes de 16:00 a 17:00. 3. Coñecer a organización e o
• Proceso de avaliación inicial
•
funcionamento interno do
- Revisión do expediente persoal.
curso anterior, mestres
grupo-clase.
- Obtención de informes sobre o
de PT e AL e orientador.
alumnado. • Reunión cos titores do curso anterior • cos seguintes aspectos a tratar:
Titores de cada ciclo • Setembro/Outubro cos especialistas.
- Personalidade. - Saúde e asistencia. - Relación coa familia. - Integración na escola. - Rendemento e dificultades.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
22
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
• Coordinación
do
equipo
docente. •
Tódolos mestres/as.
• Setembro/Outubro
Titores/as.
• Ó final de mes
Titores/as.
• Trimestralmente.
Titores/as.
• Setembro/Outubro
Titores/as.
• Setembro/Outubro
Titores/as e D.O.
• Ó longo do curso.
Titores/as e D.O.
• Ó longo do curso.
Reunión dos mestres especialistas cos titores para elaborar pautas comúns: alumnado e familia • Control absentismo escolar. Faltas • de
asistencia
mensuais
sen
xustificación axeitada. • Organización e funcionamento da • aula: Programación da aula. • Normas razoadas de convivencia na • titoría, responsabilidades do alumno rutinas de clase… • Organización de grupos e espazos.
•
• Recollida de información sobre o • alumno: trazos de personalidade, aptitudes,
actitudes,
intereses
e
posibles dificultades de aprendizaxe. • Estudar as interaccións grupais.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
•
23
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
• Organización do grupo: actividades •
Titores, equipo docente.
• Ó longo do curso.
Titores/as do 2º e 3º
• Ó longo do curso.
de participación, saídas, revista... 4. Adquirir e mellorar os hábitos
• Hábitos de estudo e traballo.
•
de estudo e técnicas de traballo
ciclo de E.P. e D.O.
intelectual. • Técnicas de captación e información: •
Tódolos niveis de E.P.
• Ó longo do curso.
Titores 3º ciclo de E.P.
• Ó longo do curso.
lectura e escritura. Valoración da comprensión lectora. • Estratexias
de
reestructuración: •
subliñado, esquematizado, resumos, mapas conceptuais... • Planificar estudio: Axenda escolar.
•
Titores/as do 2º e 3º • Ó longo do curso ciclo de E.P.
• Métodos de estudo.
•
Titores 3º ciclo de E.P. • Ó longo do curso e D.O.
• Autoavaliación 5. Desenvolver o ámbito persoal e a adaptación social.
•
• Resolución de conflitos: habilidades • sociais, autocontrol, convivencia cos
• Ó longo do curso
Tódolos niveis Tódolos
membros
da
• Ó longo do curso.
comunidade educativa.
demais, mellora da autoestima. C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
24
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
• Educación en valores: tolerancia, • responsabilidade,
cooperación…
Tódolos
membros
da
• Ó longo do curso.
comunidade educativa.
Talleres hábitos saudables. • Educación no respeto á diferenza: •
expresión
de
membros
da
• Ó longo do curso.
comunidade educativa.
sexo, raza, relixión... • Recoñecemento,
Tódolos
identificaciíon sentimentos
e •
Tódolos
e
comunidade educativa.
membros
da
• Ó longo do curso.
emocións. Intelixencia emocional. • Desenvolvemento
de
actitudes
positivas sobre o coidado do colexio •
Tódolos
e o seu contorno.
comunidade educativa.
membros
da
• Ó longo do curso.
• Tránsito do alumnado do último nivel de primaria á E.S.O., para a •
Titora de 6º E.P. e D.O.
• Maio/xuño.
Mestes de cada ciclo.
• Ó longo do curso.
Mestes de cada ciclo.
• Ó longo do curso.
súa incorporación ó I.E.S. 6. Coordinar a metodoloxía e principios de avaliación para
• Coordinar as metodoloxías de curso • e ciclo.
adoptar decisións referentes á promoción de ciclo.
• Coordinar as actuacións docentes de • cada ciclo.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
25
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
• Propoñer para o curso actividades •
Mestes de cada ciclo.
• Ó longo do curso.
Titores/as e D.O. (como
• Decembro, marzo e
complementarias. • Coordinar as sesións de avaliación.
•
asesoramento) 7. Contribuír á personalización do proceso de ensino-aprendizaxe.
• Establecer ou revisar a resposta • educativa ó alumnado con n.e.a.e.
Titores/as, DO, PT, AL
xuño. • Ó longo do curso.
e familias.
• Aplicación das medidas acordadas: •
Titores/as, DO, PT, AL.
• Ó longo do curso.
DO, PT e AL.
• Primeiro trimestre.
Titores/as, DO, PT, AL
• Maio/xuño.
Titores/as, DO, PT, AL
• Ó longo do curso.
reforzos, apoios, ACIs. • Elaboración dos diferentes plans de • intervención. • Valorar as accións establecidas e • establecer
novas
pautas
de
actuación cara o vindeiro curso. • Entrevistas con axentes educativos • externos cando se considere preciso.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
26
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
11.
METODOLOXÍA
A metodoloxía que se porá en práctica para realizar as distintas actividades será ante todo activa, participativa, flexible e aberta. Estará en todo momento en función das características dos alumnos, das actividades propostas e do mestre que as leva a cabo.
Así, os aspectos xerais que se deberían ter en conta, son os seguintes: Flexibilidade nos plantexamentos metodolóxicos, con grande variedade de situacións e de estratexias de aprendizaxe. É convinte empregar unha metodoloxía que favoreza a motivación e a autoestima, atendendo á funcionalidade das aprendizaxes e partindo de situacións ou problemas concretos plantexados de maneira que os alumnos poidan implicarse neles polo seu interese. Nivel de desenvolvemento do alumnado, como punto de partida, así coma dos seus coñecementos previos. Motivación, posibilitando situacións que fomenten a participación do alumnado. Atención á diversidade, aplicando as técnicas adecuadas ás dificultades específicas do alumnado. Metodoloxía activa, asegurando a continuidade das aprendizaxes. Coordinación
entre
docentes
traballando
de
forma
coordinada
e
empregando materiais comúns. Fomento do traballo cooperativo e das situacións de grupo. Utilización de diferentes estratexias e procedementos didácticos ó presentar os contidos. Variedade de recursos didácticos: libros de texto, cómics, textos literarios, folletos, prensa, fotografías, vídeos, ordenador… de forma coherente e útil. Atención de forma especial á comprensión da información proporcionada. Reforzos positivos como recompensa ó esforzo, de maneira continuada. Recompensa á dedicación, ó esforzo e ós intentos de mellora, non á rapideza en terminar. Fomento de talleres, agrupamentos flexibles e titorías entre compañeiros como medio para logar a integración e socialización do alumnado. C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
27
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
12. RECURSOS
Para o desenvolvemento das distintas actividades requírese a previsión dos recursos necesarios. Estes poden ser:
De tipo instrumental Diferentes documentos e bibliografía para a planificación. Programacións de aula do grupo-clase. Adaptacións Curriculares que sexan necesarias. Regulación Pedagóxica: o equipo educativo acorda liñas de actuación respecto de cada alumn@ e respecto do grupo-clase. Acordos que permitan adapta-la programación da aula e revisa-la actuación xeral do propio equipo
e
doutros
organismos
implicados
no
proceso
de
ensino-
aprendizaxe. Seguimento do alumnado: avaliación continuada e formativa dos alumn@s
De tipo organizativo Aulas dispoñibles: O número de aulas é suficiente, contando cunha por cada titoría e tamén as específicas para as especialidades de música, inglés, informática, aula de psicomotricidade e ximnasio. Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe comparten aula compaxinando os seus horarios. O departamento de orientación no ten local propio. Horarios para sesións de entrevistas: A hora fixada para atención a nais e pais é o martes de 16:00 a 17:00 horas, pero debido a que o interese do Centro por facer participar ás familias no proceso de ensinanzaaprendizaxe dos seus fill@s é grande, permítese variar dita hora por outra calquera que o titor/a ou profesorado teña dispoñible sempre que sexa con aviso previo. Previsión de encontros entre o profesorado. Son varias as reunións previstas: -
Reunións da Comisión de Coordinación Pedagóxica: Son mensuais e nelas fíxanse as liñas de actuación comúns para todo o centro.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
28
Plan de Acción Titorial
-
Curso 2013-2014
Reunións do Departamento de Orientación: son mensuais debido a que a orientación é compartida con outro centro. Con relación a acción titorial serven para facer propostas, colaborar na elaboración do P.A.T. e para facer o seu seguimento. Ademais estipúlanse reunións de Departamento semanais (luns de 14:10 a 15:10) nas que estarán os especialistas de PT e AL e a orientadora.
-
Reunións de Ciclo: Son mensuais e nelas acórdanse liñas de actuación común ó devandito ciclo.
-
Reunións de Coordinación coa Xefa do Departamento de Orientación cando sexan necesarias.
Estratexias de Apoio: Os recursos didácticos adoptados polo Centro en función das necesidades específicas detectadas no noso alumnado son: - Agrupamentos Flexibles: esta flexibilidade permite durante unha ou dúas sesións semanais dividir o grupo-clase en un grupo de reforzo. - Atención
ao
alumnado
con
n.e.a.e.:
Que,
en
función
das
dispoñibilidades do Centro e das peculiaridades do alumnado, se fai dentro da aula ou ben fóra dela. - Adaptacións
Curriculares:
para
atención
individualizada
de
alumn@s con problemas de aprendizaxe.
De tipo humano. Van desenvolver a acción titorial tanto o equipo directivo coma os equipos docentes do centro (equipos de ciclo), departamento de orientación e, titores/as individualmente, así como tamén outras persoas ou entidades que poidan precisarse de forma circunstancial (servicios sociais, sanitarios, culturais, etc.). Cada un dentro das funcións que ten encomendadas.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
29
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
13.
AVALIACIÓN
Levaremos a cabo unha avaliación continua deste programa, para comprobar o axeitado desenvolvemento das diferentes actividades propostas, así como, se todo o recollido no programa se axusta as características do noso centro, dos alumnos, dos mestres e da comunidade escolar.
Esta avaliación quedará reflectida na Memoria Anual do Departamento de Orientación, e será supervisado pola C.C.P., de acordo cos criterios fixados no PEC e nas Concrecións Curriculares.
Así, como a avaliación deste plan se irá realizando ó longo do proceso de aplicación do mesmo, os aspectos a ter en conta serán: •
Nivel de consecución dos obxectivos.
•
Actividades realizadas. As planificadas e non realizadas. As incorporadas no proceso.
•
Eficacia das actividades en función do alumnado, do profesorado e das familias.
•
Grao de implicación dos tres sectores mencionados anteriormente. Cambios operados no centro.
•
Necesidades ou non de rectificación da acción.
A recollida de datos efectuarase a través da observación e intercambios orais, escalas, cuestionarios, entrevistas… As fontes de información serán o alumnado, o profesorado e as familias.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
30
ANEXO
PLAN DE ACOLLIDA 1. Alumnado de Nova Incorporaci贸n
. Alumnado que inicia a s煤a escolaridade na Educaci贸n Infantil
.Alumnado procedente doutros centros educativos
.Alumnado Estranxeiro
2. Profesorado de nova incorporaci贸n e substitutos
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
1. ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
.ALUMNADO QUE INICIA A SÚA ESCOLARIDADE NA EDUCACIÓN INFANTIL
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
ÍNDICE
2. Xustificación
3. Obxectivos
4. Fases do período de adaptación
5. Colaboración das familias
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
1. XUSTIFICACIÓN
Entendemos por período de adaptación como o conxunto de fases sucesivas polas que o neno/a chega a acomodarse ó medio escolar, que non é coñecido nen habitual para eles.
Os nenos/as saen do mundo familiar con códigos establecidos e roles determinados e introdúcense no ambiente escolar, dentro dun grupo, con moitos cambios e novidades e con outros cativos/as e adultos que non son da súa confianza.
De ahí que sexa preciso organizar un período de adaptación axeitado para que esta entrada no colexio sexa o menos traumática posible.
O neno ten que ser capaz de asimilar os cambios que supón esta nova actividade na súa vida cotiá e, polo tanto, é normal que se presente coma un proceso irregular onde poderemos observar avances e retrocesos, sentimentos de aceptación unhas veces e outras de rexeitamento.
Para que este proceso se leve a cabo dun xeito adecuado é importante manter unha actitude aberta e receptiva, atendendo ós distintos ritmos dos nenos. Será preciso manter unha atención individualizada, reforzando a confianza en si memos e potenciando a súa autoestima para que vaian adquirindo seguridade nas súas propias capacidades e no contorno que os rodea.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
1
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
2. OBXECTIVOS
Segundo a disposición adicional segunda da Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos, o período de adaptación do alumnado
de
educación
infantil
que
se
centro, terá a mínima duración posible obxectivos,
e
non se
poderá
prolongar
incorpora que con
por primeira vez
ao
permita acadar os seus posterioridade
ao
21
de
setembro de 2012.
Estes obxectivos son os seguintes:
Obxectivos do período de adaptación: •
Asegurar a adaptación do neno/a ó novo contexto dun xeito positivo, creando un clima de seguridade e afecto que lles facilite o seu desenvolvemento.
•
Favorecer
a
interrelación
entre
nenos/as
de
forma
paulatina,
agradable e sen conflictos. •
Posibilitar a interacción entre os distintos elementos persoais que interveñen no proceso educativo.
•
Favorecer a confianza e as relacións coas familias.
Obxectivos para os nenos/as: •
Coñecer o nome da profesora e dos compañeiros/as.
•
Discriminar algúns espazos do centro, tanto interiores como exteriores (aulas, baños, biblioteca, patio...).
•
Recoñecerse como parte integrante dun grupo básico.
•
Adquirir progresivamente as rutinas da clase e do centro.
•
Familiarizarse cos materiais e actividades cotiás.
•
Desenvolverse dunha forma cada vez mais autónoma pola clase e polo centro.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
2
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
3. FASES DO PERIODO DE ADAPTACIÓN O período de adaptación levase a cabo en varias fases: 1. Primeiro contacto co colexio.Durante o mes de Marzo, no período de solicitude de admisión, o colexio establece todos os Martes “Portas Abertas” para ter un primer contacto. A finais do mes de xuño celebrarase unha reunión coas familias do alumnado que no próximo curso escolar se escolarizan por primeira vez en 4º de Educación Infantil. Esta reunión servirá de acollida ás familias, de presentación do proxecto educativo, de explicación da importancia e necesidade do período de adaptación así como para dar algunhas directrices e recomendacións de cómo afrontar a próxima escolarización dos seus fillos/as: horarios, control de esfínteres… Ademais explicaranse as normas do colexio e da clase en canto ás rutinas, merendas, vestido, material escolar… Entregaráselles ós pais unha entrevista sobre os seus fillos/as onde se recollerán datos relativos á saúde, hábitos de comida, sono, control de esfínteres, fala, preferencias do neno na casa, nivel de socialización, personalidade, dificultades detectadas, preocupacións e temores diante da escolarización…
2. Elaboración do calendario do período de adaptación. O equipo de ciclo de Educación Infantil será o encargado de elaborar o calendario para a entrada progresiva de cada neno e nena. A entrada producirase de xeito escalonado aumentando progresivamente o número de nenos/as e o tempo de permanencia no centro. 3. Primeiros días do curso. Os primeiros días do curso serán de coñecemento e establecemento da relación os alumnos/as cos seus compañeiros/as e co mestre/a.
Ademais,
irán
familiarizándose
coa
súa
clase
e
demais
dependencias do colexio. Realizaránse actividades baseadas no xogo libre e espontáneo cos outros nenos/as para favorecer a súa comunicación, hábitos, relación… creando un ambiente cálido, acolledor e seguro dentro da aula. Establecendo unha relación socio-afectiva entre os nenos/as e os mestres/as. C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
3
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
4. COLABORACIÓN DAS FAMILIAS
No momento da incorporación á escola por primeira vez dos nenos/as é importante contar coa colaboración dos pais/nais, xa que a adaptación dos seus fillos/as á escola ven determinada porque asuman a súa separación. Os seus temores, ansiedade, expectativas, inseguridade poden ser transmitidas a través de distintas manifestacións e captadas polos seus fillos/as como algo negativo cara á escola.
Pautas, consellos e suxerencias que se lles dará ás familias por parte do profesorado para levar a cabo neste periodo de adaptación serán:
Pautas de actuación antes de comezo do cole: •
Retirar chupetes e biberóns.
•
Traballar o control de esfínteres diurno durante o verán. Os nenos/as deben ir o colexio sen cueiro.
•
Favorecer a súa autonomía: vestirse, comer, colaborar nalgunha tarefa doméstica... pois a autonomía reforza a autoestima.
•
Acostumar ós nenos/as a cumprir normas e ter límites na casa de cara á consecución da súa autonomía persoal na escola.
•
Facer comentarios positivos sobre o colexio e mostrarllo como un sitio onde o pasarán moi ben e aprenderán moitas cousas.
Consellos para os familiares: •
Espertar ó cativo/a con tempo abondo para almorzar e vestirse con calma.
•
Chegar puntual, respectando os horarios de entrada para que non perdan dinámicas e rutinas comúns.
•
Recoller ós nenos con puntualidade para evitar frustracións e desgustos inútiles.
•
Non presentarlle ó neno unha imaxe idealizada da escola, para evitar que teñan expectativas irreais.
•
Non empregar a escola como ameaza.
•
Pospoñer a consecución de metas.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
4
Plan de Acción Titorial
•
- Curso 2013-2014
Ningún neno/a é igual a outro, hai que esperar a ver como reacciona e actuar en consecuencia.
•
Hai que actuar con naturalidade, explicarlle que vai ir á escola, que non os papás non van estar pero que non teñen nada do que preocuparse.
•
Despedirse sempre do neno/a e NON MENTIRLLE porque se lle pode crearlle inseguridade e aparecerá o medo ao abandono. Non alongar nin eternizar o momento da despedida xa que para eles/as, ao principio, vai ser un momento tráxico.
•
Os primeiros días debemos evitar as aglomeracións na porta, deixándolle á mestra recibir ós nenos/as de un en un para poder atendelos mellor.
•
Levalos ó cole antes do día de comezo do curso para que vexa o sitio no que vai estar e coñezan ó mestre/a. Deixarlles que leven algún xoguete ou obxecto que sexa significativo para el/ela, xa que lle dará seguridade. Rematada a xornada, iniciar conversacións co neno/a acerca do que fixo, a quen coñeceu, como se sentiu... Sempre dende a escoita e a comprensión.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
5
. ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS EDUCATIVOS
. No momento da solicitude de Admisión e/ou Matrícula Ao formalizar a matrícula, o equipo directivo informará as familias acerca do centro e responderá as preguntas que se susciten. Os nenos/as
visitarán o
centro, sempre acompañados dalgún membro da familia, para ter os primeiros contactos co grupo, espazos, materiais, profesorado... O titor convocará as familias e o alumnado que se incorpora a unha entrevista persoal na que se recadará aquela información que o correspondente equipo de ciclo estime pertinente.
.ALUMNADO ESTRANXEIRO
Plan de Acción Titorial
Curso 2013-2014
ÍNDICE
1. Xustificación teórica e lexislativa 2. Plan de actuación a. Familia b. Alumnado c. Centro 3. Organización, temporalización e obxectivos 4. Avaliación e integración do alumno/a
na aula
ordinaria 5. Suxerencias metodolóxicas a. Actividades de presentación b. Actividades de coñecemento e comunicación c. Actividades de ambientación d. Estratexias metodolóxicas (aula)
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
1. XUSTIFICACIÓN TEÓRICA E LEXISLATIVA
A Orde do 20 de febreiro de 2004, pola que se establecen as medidas de atención específica ó alumnado procedente do estranxeiro, fala de diversas medidas de atención para este alumnado; nela ademais da acción titorial, sinálanse as seguintes:
De tipo curricular: Reforzo educativo Adaptación Curricular Individualizada
De tipo organizativo: Grupo de adquisición de linguas Grupos de adaptación da competencia curricular
Por isto os centros educativos deben contar coas medidas oportunas para levar a cabo o plan de acollida deste grupo de alumnado. Este plan de acollida pretende facilitar que os alumnos/as estranxeiros que cheguen ó noso centro adquiran a competencia lingüística necesaria para facer fronte ó currículo que lle corresponda por idade.
Outra das consideracións a ter en conta, é que se partirá de obxectivos mínimos de cada un dos ciclos educativos, tendo sempre presente que se trata de que o alumno/a, ademais de adquirir a lingua vehicular, o faga a través dos propios obxectivos do ciclo ó que se incorpora, polo que un material imprescindible van a ser os libros de texto dese nivel.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
1
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
2. PLAN DE ACTUACIÓN
As actuacións a levar a cabo estarán enfocadas en tres ámbitos:
A familia: •
Entrevista inicial e primeira toma de contacto coa familia ou algún representante.
•
Recollida de datos do alumnado.
•
Solicitude de documentación da matrícula: datos persoais e familiares, certificado de empadroamento, datos académicos…
•
Información por escrito dos Servizos Sociais e Sanitarios. Tarxeta sanitaria.
O alumnado: •
Avaliación da adquisición da lingua.
•
Avaliación do nivel de competencia curricular.
•
Adscrición a un curso tendo en conta a súa idade e a súa posible flexibilización.
•
Decisións: nivel de competencia, escolarización (tipo de apoios, horarios…)
•
Condutas a observar na aula ordinaria.
•
Aula de enlaces: grupos flexibles, P.T., A.L….
•
Avaliación de resultados.
O centro: •
O proxecto educativo e os documentos de desenvolvemento curricular do centro incluirán os criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención do alumnado estranxeiro.
•
O Plan de Orientación e o Plan de Acción Titorial tamén recollerán actuacións deseñadas especificamente para este tipo de alumnado. Estas incluirán plans de acollida e plans de seguimento do seu proceso de integración escolar por parte do mestre titor.
•
O centro elaborará un inventario de material axeitado para este tipo de alumnado.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
2
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
3. ORGANIZACIÓN, TEMPORALIZACIÓN E OBXECTIVOS
Considérase que é preciso a posta en práctica do Programa de Adquisición da Lingua, aínda que só haxa un alumno/a implicado, xa que lle resultaría imposible acadar as aprendizaxes necesarias de non poder comprender nen expresarse adecuadamente, ademais suporía un traballo extra para o mestre-titor que se fixese cargo deste tipo de alumnado durante 25 horas lectivas Despois de analizar os horarios, o profesorado idóneo para impartir o Programa de Lingua, será o que teña máis dispoñibilidade horaria, tratando de que o número de mestres sexa o máis reducido posible. A temporalización deste programa virá determinado polo momento en que se produza a incorporación do alumnado. Despois de realizar a avaliación inicial e a súa posterior adscrición a un nivel educativo, proporase a cantidade de horas e en que sesións asistirá ó programa. Por suposto que o número de horas non excederá en ningún caso as que veñen determinadas pola lexislación vixente: 5 horas en educación infantil, 10 no 1º ciclo de E.P. e 20 no 2º e 3º ciclo de E.P. Coa finalidade de facilitar a integración escolar e social deste alumnado, permanecerá co seu grupo ordinario de referencia nas materias de educación física, educación artística e lingua estranxeira (inglés). Así, os pasos a seguir serían: 1. A avaliación inicial dará como resultado: A adscrición do alumno á titoría máis idónea, obedecendo estrictamente a criterios pedagóxicos e organizativos do centro. O mestre titor deste tipo de alumnado será o deste grupo ordinario de referencia, e será o encargado da coordinación do equipo docente do mesmo, sendo asesorado polo departamento de orientación. A adscrición a un dos seguintes niveis: -
Nivel 0. Estaría composto polo alumnado que posúa un descoñecemento total das lingua vehiculares. Alumnado que chega por 1ª vez ó noso país.
-
Nivel 1. Alumnado que comprende e se expresa unicamente a un nivel elemental, escriben a grafía correspondente a cada fonema vogálico e algún consonante.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
3
Plan de Acción Titorial
-
- Curso 2013-2014
Nivel 2. Alumnado que comprende e se expresa a un nivel básico e que coñece a grafía dos fonemas e escribe palabras sinxelas.
-
Nivel 3. Alumnado que comprende e se expresa, utilizan un vocabulario sinxelo, len e escriben textos breves e sinxelos.
2. Dependendo do nivel ó que sexa adscrito cada alumno, os obxectivos propostos e o plan de traballo serán os seguintes: Nivel 0. -
Traballo da linguaxe oral e breve iniciación na linguaxe escrita.
- Presentación: coñecemento de si mesmo e dos compañeiros. - O colexio: dependencias, nome das aulas (carteis). - A clase: nome dos obxectos da aula, recunchos, conceptos e ordes que se utilizan habitualmente (carteis). - Conceptos espaciais. - Formas sinxelas. - Números ata o 10. - Traballo das diferentes cores. - O tempo: calendario/días da semana, reloxio… - O noso corpo: partes, expresións, sentidos, prendas de vestir… - Outros temas básicos: a familia, a cidade, os medios de comunicación e transporte, o sistema monetario español (euro), os animais, a casa, os alimentos, as profesións… - Recoñecer o seu nome e escribilo.
Nivel 1. - Recoñecer, ler, identificar e escribir palabras do abecedario e palabras que se poidann falar con elas a través dos temas: o corpo, as profesións, as prantas, os animais, os alimentos. - Comprender e expresar por oral e por escrito as unidades, decenas e centenas. - Realizar sumas e restas de dúas cifras levando. - Números ordinais. - O mapa de España e a situación de Galicia
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
4
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
Nivel 2. - Ler e comprender textos curtos e sinxelos facendo especial fincapé nas ordes que conteñeen: ler, respostar, subliñar…, baseados en textos referentes a: O
corpo
humán:
funcións
vitais,
os
sentidos,
diferentes
aparellos:
circulatorio, locomotor, dixestivo, reprodutor e respiratorio. A organización social e política da Comunidade Autónoma. O clima. O reloxio: horas, minutos e segundos. - Escribir frases e textos sinxelos: cartas, descricións… - O millar. - A táboa de multiplicar. - Realizar multiplicacións, sumas e restas levando, divisións por unha cifra e resolver problemas sinxelos nos que interveñen estas operacións.
Nivel 3. - Letura comprensiva dun texto sinxelo de temas relacionados con: a nosa Comunidade, España (montañas, ríos, Comunidades…), Historia Contemporánea. - Desenvolvemento da capacidade de redactar dez liñas sobor dun tema. - Os números decimais, fraccións, descomposición de números, m.c.m…
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
5
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
4. AVALIACIÓN E INTEGRACIÓN DO ALUMNADO NA AULA ORDINARIA
Despois de transcorridos tres meses, como máximo, ou a prórroga que indica a normativa, realizaráselle unha avaliación de competencia curricular ó alumno/a en cuestión:
De ser positiva intégrase permanentemente na aula ordinaria.
Se esta avaliación resultase negativa, o departamento de orientación tomaría as medidas necesarias relativas á atención á diversidade consistentes en: •
Agrupamentos flexibles dentro ou fóra da aula ordinaria impartidos por mestres xeralistas.
•
Asistencia á Audición e Linguaxe.
•
Asistencia á Pedagoxía Terapéutica.
En tódolos casos, o Departamento de Orientación realizará un seguimento do alumno/a, informando en todo momento á familia.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
6
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
5. SUXERENCIAS METODOLÓXICAS
5.1.
ACTIVIDADES DE PRESENTACIÓN
Obxectivo: Coñecemento inicial e establecer relacións afectivas baseadas na aceptación e coñecemento mutuo, para atenuar a inseguridade e o medo do novo alumnado ante o medio descoñecido. Procedemento: •
O alumnado o primeiro día irá á súa aula ordinaria acompañado dun membro do equipo directivo.
•
O titor/a presenta e introduce ós novos alumnos no grupo. É convinte certa comunicación con xestos, contatos afectivos, asignarlle un compañeiro que será o primeiro en presentarse.., para que o alumno se sinta aceptado.
•
Para a presentación do grupo pódense realizar algúns xogos de presentación: a telaraña, saír do círculo, a pelota quente…
•
5.2.
Asignarlle a un alumno outro alumno como titor-monitor.
ACTIVIDADES DE COÑECEMENTO E COMUNICACIÓN
Obxectivo: Desenvolver a empatía, poñerse no lugar do outro para comprendelo mellor. Procedemento: •
Realización ó longo do curso de dinámica de grupos para fomentar o coñecemento mutuo. Poden ser actividades transversais de Lingua, Coñecemento do medio, artística...
•
Realización de autorretratos cos seus nomes na lingua de orixe para un mural.
•
Localización nun mapa con cores diferentes dos países de orixe.
•
Confección das distintas bandeiras.
•
Carteis con saúdos e expresións en distintas linguas.
•
Aprender a dicir saúdos e expresións de cortesía en distintas linguas.
•
Gran mural de todo o alumnado da aula, escribindo enriba das diferenzas e semellanzas entre eles.
•
Xogos: a pita cega, o detective, poñerlle o rabo ó burro.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
7
Plan de Acción Titorial
5.3.
- Curso 2013-2014
ACTIVIDADES DE AMBIENTACIÓN
Obxectivo: Decorar e ambientar a aula e o centro para que sexa máis acolledora.
Procedemento: •
Ambientación co material anteriormente confeccionado.
•
Realización de actividades puntuais de interculturalidade nas que participe toda a comunidade educativa, ONG…
•
Realización da “Feira das Nacións” con exposicións.
•
Dramatización de costumes.
•
Recitacións, concertos, audicións musicais, xogos, degustacións gastronómicas…
•
Proxeccións de películas e documentais.
5.4.
ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS
Crear un marco de reflexión en canto á DIVERSIDADE como un elemento indispensable para a nosa superación profesional, para mellorar a nosa actuación e dar resposta ó alumnado estranxeiro.
A chegada deste tipo de alumnado desencadea uns cambios na vida do centro traducidos logo nos documentos do mesmo: P.E.C., Concreccións Curriculares, P.A.T. e Programacións de Aula. En canto á Programación de aula, cabe sinalar cambios en canto á: Estratexias organizativas e espaciais Traballos en pequenos grupos. Titorización en determinadas actividades por un compañeiro. Recunchos de traballo. Traballo individualizado mestre/alumno en momentos determinados e breves.
Estratexias relativas ós obxectivos e ós contidos. Introdución de novos obxectivos e contidos (adquisición do español). C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
8
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
Priorización de contidos procedimentais, curriculares e actitudinais. Eliminar contidos secundarios. Temas transversais.
Estratexias nos procedementos didácticos e nas actividades. Motivación do alumnado con recompensas. Relacionar as aprendizaxes novas con contidos previos. Que o alumno vexa os beneficios do aprendido na escola para a vida cotiá. Actividades curtas. Adaptar materiais doutros cursos, niveis… Actividades de aprendizaxe cooperativo.
Estratexias relativas á avaliación e temporalización. Avaliar os obxectivos propostos. Non esixir máis do que nos marcamos como meta. É importante o grao de adquisición da lingua española.
Estratexias de elementos persoais. É importante que haxa unha coordinación continua entre todo o profesorado que atende ós alumnos/as estranxeiros, sempre guiada polo seu mestre/a titor/a. É preciso buscar criterios comúns en canto á metodoloxía, uso de materiais, ritmo das aprendizaxes.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
9
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
2.PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN E SUBSTITUTOS
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
10
Plan de Acción Titorial
- Curso 2013-2014
Cando un profesor/a se incorpore ao C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1, o Equipo Directivo encargarase na primeira reunión do curso(1 de Setembro) de explicarlle o seu funcionamento e organización xeral, mostraralle as dependencias da Sede, facilitaralle un Caderno de Titoría coa documentación necesaria (horarios, itinerarios...) e presentaralle aos compañeiros/as e persoal do centro.
Do mesmo xeito, cando un profesor substituto chegue ao centro o Equipo Directivo disporá
dun
horario
flexible
para
poder
proporcionarlle
toda
a
información
necesaria(horarios, itinerarios...) e facilitarlle a incorporación acompañandoo ata as escolas e presentándolle ao equipo docente.
C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui
11