Plan de accion Titorial

Page 1

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL 1.INTRODUCIÓN

O

obxectivo fundamental deste plan é a titorización de todos e cada un dos alumnos/as,

tratando de individualizar as accións e procesos de ensino-aprendizaxe e procurando a formación non só en conceptos senón, e fundamentalmente, en valores, normas e actitudes positivas no plano da aprendizaxe e da súa socialización.

Consideramos que a acción titorial non é unha tarefa puntual, senón que se trata dun proceso continuo e é unha compoñente fundamental do sistema educativo. Como función docente, debe inscribirse plenamente no proceso de ensino-aprendizaxe.

O Plan de Acción Titorial é o marco no que se especifican os criterios e procedementos para a organización e funcionamento das titorías. Nel inclúense as liñas xerais de actuación dos titores, as formas de participación das familias e as accións de intervención en técnicas de traballo intelectual que favorezan a aprendizaxe.

A nivel lexislativo o PAT aparece reflectido no Decreto 120/ 98, do 23 de abril polo cal se regula a orientación educativa e profesional na comunidada autónoma de Galicia.

O noso PAT recollerá cal será a forma máis axeitada de coñecer a cada alumnos/as para poder prever as accións educativas máis indicadas en cada caso. Tamén reflectirá como debe estar estruturado o contorno social (centro, grupo, clase) para favorecer ao máximo a socialización, a atención á diversidade e a creación de condicións que favorezan aprendizaxes significativas.

En resumo, entendemos a acción titorial como un conxunto de accións educativas que se deseñan e se realizan no centro para favorecer no alumnado a aprendizaxe, a integración dos coñecementos e experiencias, a socialización, a toma de decisións e o desenvolvemento da súa personalidade.

Este PAT terá un carácter flexible, e poderase modificar nun momento preciso, se as necesidades xurdidas así o requiren, aproveitamento.

en función duns criterios pedagóxicos ou de


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.