PROXECTO “O NOSO LABORATORIO” “O reto para os educadores, profesores e pais, está en cómo estimular a curiosidade natural dos nenos e nenas para que éstos involucrense na actividade experimental (na ensinanza das Ciencias).” 1. CONTEXTUALIZACIÓN: No noso centro o CEIP PLURILINGÜE Nº1 de Tui (Pontevedra) non había laboratório o material encontrábase gardado en vários armarios do centro, a nosa intención foi crear un espazo concreto para sacarlle o máximo rendemento, adaptamos e acondicionamos unha aula pequena que quedou vacía , co afán de facilitar que cada alumno/a ao terminar a educación primaria realizase o maior número posible de prácticas no laboratorio. As experiencias as relacionamos coas unidades que traballamos en Coñecemento do Medio e cun proxecto que realizamos durante o 2º trimestre sobre a electricidade e as enerxías renovables, ademáis a creación do blogue supuso mais motivación para o alumnado que converteronse en editores e editoras. O centro ubícase no centro de Tui, as aulas de 5º e 6º de primaria están dentro do Proxecto Abalar dende fai 4 anos o que significa que son aulas dixitais, cada neno e nena traballa co seu netbook, por ese motivo e para aproveitar ao máximo os recursos decidimos crear este blogue. Per os blogues, apesar de ser o paradigma da web 2.0, non son innovadores por sí sos. Debemos explicar neles cousas interesantes e ser capaces de darlles unha dimensión educativa.
2. OBXETIVOS XERAIS DO PROXECTO: O obxectivo principal é que os nenos e nenas editen este blogue contando as súas experiencias no laboratorio do centro, ademáis dos seguintes: Contactar co mundo físico mediante o uso dos sentidos Realizar actividades manipulativas con elementos do reino vexetal e animal. Que os alumnos/as familiaricense co funcionamento e normas do laboratorio. Aproveitar os recursos persoais e materiais do centro dun modo óptimo e en beneficio das aulas e dos alumnos/as. Facilitar aos titores e as súas clases experiencias prácticas e intuitivas que faciliten a comprensión dos contidos traballados nas clases