Un proxecto emcionante para unha escola emocional

Page 1

UN PROXECTO EMCIONANTE PARA UNHA ESCOLA EMOCIONAL. ”O PATIO DOS NOSOS SOÑOS” Xustificación: O “PATIO DOS NOSOS SOÑOS”, pretende ser un proxecto DE toda a Comunidade Educativa e PARA toda a Comunidade, construido con “Ollos de nen@” e que esperte curiosidade, admiración, seguridade e alegría para tod@s os que poidamos gozar nel. Este proxecto pretende ser trascendente e con repercusión no futuro dos nosos alumn@s , vivindo o presente e visualizando o futuro dende una responsabilidade colectiva. Trátase dun proxecto de nen@s para nen@s.

Organización: A principio de curso tódolos mestres que conformamos o claustro acordamos ilusionarnos e comprometernos con este proxecto, pois estivemos de acordo en que o noso patio podía mellorar. Os equipos docentes pensamos que entre todos podíamos contribuir na súa mellora asi que organizamos e consensuamos propostas para o seu desenvolvemento. Traballo nas aulas , coordinación interniveis e contribución ás propostas dos diferentes equipos: Biblioteca, TIC, Convivencia, Dinamización da lingua Galega, Actividades complementarias e Extraescolares e ademáis contamos coa implicación do ANPA e familias.

No noso cole sumámonos a Virginia Burden cando afirma que “A Cooperación é a convicción plena de que ninguen pode chegar á meta se non chegamos todos”. Desta premisa xurde “O Consello dos Nenos/as”, trátase dunha proposta inspirada na obra literaria “La ciudad de los niños” de Francesco Tonucci pedagógo e escritor moi recoñecido. “O Consello dos nenos/as” é un órgano de participación consultivo, que aporta ideas e suxerencias que enriquecen o centro, está constituido por dous representantes de cada clase e desde a súa constitución convócase unha reunión ao


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.