Verbo Xido
Número 22 Xullo 2009
Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes CAMIÑO
DO
POUSO,
2
*
36.560
SOUTELO
DE
MONTES
BOLETÍN INFORMATIVO DE ECOLOXÍA E CULTURA DA TERRA DE MONTES e-mail : verboxido@yahoo.es / Web : www.cetmo.info
Longa noite de Pedre Aos mártires cerdedenses Aos valedores da súa causa
amanheceu raso na Ponte do Barco, no antigo quilómetro 74 da estrada de Ourense. amanheceu, e un bando-paxaro de luz encandeou a longa noite de Pedre. bailou o sol coma nun sanxoán adoecido e no efémero intre do feitizo, unha arca ateigada de bugalhos baleirara na valinha a súa carga atómica. a vaga expansiva abuxardou os muros das igrexas, os xugos tornáronse torques de ouro tribo e as frechas, ferróns hipodérmicos cos que chuzar nas nádegas pensantes. amanheceu surado na Ponte do Barco, no antigo quilómetro 74 da estrada de Ourense. amanheceu, e o ceo derrafado en po de auga axinha deveu en mesto dioivo. foi tamanha a chea que o maino río da memoria asobordou os peitorís do esquecemento; tamanha a enxurrada, que a frouma xunta, monte a monte, atinxiu a rebolos o esteiro, a badía e mar aberto. xa fica expedita a ribeira, xa fican mondas as veigas… agrome, daquela, vizosa a semente na revolta do antigo quilómetro 74, douren louzás as centeeiras,