Verboxido 6

Page 1

Verbo Xido

Asociación

Ecoloxista e Cultural

da Terra de

Montes

CAMIÑO DO POUSO, 2 • 36560 SOUTELO DE MONTES

Nº 6 • Outubro 2003

BOLETÍN INFORMATIVO DE ECOLOXÍA E CULTURA DA TERRA DE MONTES E-mail: centroetnografico@yahoo.es

lSexa a poesía ben vida a Cerdedo ! As fazulas cheas do ar da Penadaigha, outeiro de ·Abelaíndo, sopraron en Cerdedo a poesía. As moufas encheitas do vento soán son presaxio do cambio de tempo e do cambio dos tempos. Non desfalezamos, han vir as chuvias e o fresquío. Tornará a louzanía ao agro e as enchentes turrarán do lixo río abaixo deica ao mar, que alí seica non hai abondo. O refoleo lizquente, o vento que troca pareceres e goberna bátegas e aloveados achégase zoando dende o coto, alanca, acurta o paso, tense coma miñato, dexerga as aldeas que esmorecen: os vivos abaixan a testa, os defuntos de mala morte, carne de gabia e foxa común, reméxense nos seus acusadores cadaleitos. Boas xentes da Terra dos Montes, acudide. Vinde ao encontro dos poetas, oficio vello onde os haxa. Acudide sen medo, esconxurade o agoiro que todo o ve, que todo o sabe, que todo o xulga; sexa cadaquén sentinela da súa conciencia. Espelide o andar, estirpes da pedra, seredes testemuñas de como, verso a verso, cachote a cachote, se ergue o valo da estrofa; estrofa a estrofa, e lembro a Celso

Emilio, a chouza na que nacemos, copulamos e marremos, o poemario. Constataredes que hai versos labrados coma perpiaños, versos espontáneos coma cachotes, versos precisos coma rebos, necesarios coma rachos de rachuír e versos-coio de seixo, material abondoso no país, para as intifadas que estean por dispoñer. Sexa a poesía benvida a Cerdedo, sexan benvidos os poetas, sexa benvida a súa aura benéfica. Quen teña a alma limpa, comungue do verso, quen a teña sucia con máis motivo. Feito o labor de cata e espiolle, a poesía voltará a atmosfera, rubirá polas encostas do Seixo, espectador impertérrito das nosas miserias, achando acubillo no Outeiro do Castro, Parnaso das nosas musas, Olimpo do noso acervo mítico, Panteón alternativo, pois nesta terra, os deuses de todos figuran no censo de residentes ausentes. ¡Sexa a poesía benvida a Cerdedo ! Carlos Solla

~ ·~

No deserto de Sara Urna extensao espera por meus passos. Outra já os devorou. Deixo pegadas que o vento apaga. Levo um caminho errante e descuidado, urna linha impossível e precisa. Nao sei para onde vou · mas cada passo demonstra-me estar certo sendo firme. É pena fraquejar. E sem embargo ttemem-me os pés olhando na distancia. · O chao é leve. Tento apanhá-lo comas maos e esvai-se. Dou mais um passo e grito para o vento. Quando se chega a linha do horizonte? Inútil perguntar. Ninguém responde. Eugénio Outeiro

Canción de berce para un porco acabado de matar Que esquezas: a porta aberta o ararrie a corda o coitelo que a palla prendida te limpe da friaxe dos homes que esteas no Jume coma un neno baixo unha manta quente que os teus ósos acouguen sobre os fieitos que o Jume goberne os montes que che roubamos e o teu bafo que ninguén cho poida comer.

Joseph Ghanime


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.