Nos últimos anos da década dos setenta e comezo da dos oitenta xorden en Galicia novas compañías de marionetas para encher o baleiro producido co abandono de José Silvent e a súa Barraca de Barriga Verde no ano 1964. O pulo definitivo será a celebración en Mondoñedo do I Festival Galego dos Titiriteiros e a creación da Asociación de Titiriteiros Galegos. Celébranse 30 anos daquela xuntanza e o Titirideza 2015 quere render homenaxe a aquel esforzo cunha programación exclusivamente de compañías de Galiza que amosen a vitalidade desta arte no noso país. Así mesmo, a reapertura do Museo Galego da Marioneta no Pazo de Liñares permite expoñer material documental daquel tempo, non tan afastado. Longa vida ás marionetas!!!
PROGRAMA
XOVES 27 Tanxarina, títeres e marionetas “A casa do avó” 20:30 h. Auditorio municipal (Entrada 3€) VENRES 28 Os monicreques de Kukas “Contos do vento acatarrado” 20:30 h. Auditorio Municipal (Entrada 3€) SÁBADO 29 Presentación do libro 'STRPTS // episodio 1: Mirlo e Rula'. A banda deseñada. De Cinema Sticado Colabora a Libraría Vagalume 18:30 h. Museo Municipal Ramón Mª Aller Fantoches Baj “Rodarirrodari” 20:00 h. Praza da Igrexa (En caso de chuvia Auditorio municipal) ARTELLO “Non toques os meus círculos” 22:30 h. Praza interior do concello novo. (Entrada 3€) (En caso de chuvia no interior do concello)
DOMINGO 30 Dhantea Teatro “Carapuchiña vermella ou o conto do lobo” 19:00 h. Rúa Colón (En caso de chuvia no Museo Ramón Mª Aller) Cinema Sticado “STRPTS // episodio 1: Mirlo e Rula” 22:00 h. Praza da Igrexa (En caso de chuvia Auditorio municipal) Exposición “Eran os oitenta…” Fondos da Biblioteca do Museo Galego da Marioneta Ata o 15 de setembro no Museo Galego da Marioneta (Pazo de Liñares)
COMPAÑÍAS
Tanxarina títeres e marionetas A compañía TANXARINA TITERES foi fundada no ano 1.983, por varios ex‐alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fíos do Institut del Teatre de Barcelona, e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil . Dende entón converteuse nunha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego tanto dentro como fora de Galicia. Asimesmo, tamén dende o ano 2.000 , é responsable da dirección artística e técnica do FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA , unha manifestación titiriteira de grande calidade e recoñecemento cultural que se celebra no mes de maio. A Casa do Avó
Roberto recibe a noticia de que seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario www.tanxarina.es Email: tanxarina@tanxarina.es Tfnos. : 607 23 36 81 (Tatán) // 610 44 26 02 (Miguel)
Os Monicreques de Kukas En 1979 Marcelino de Santiago (Kukas) e Isabel Rei Pousada crean en Santiago de Compostela a primeira compañía de teatro con marionetas de Galicia da época actual. A traxectoria de OS MONICREQUES DE KUKAS evolucionou desde as representacións na rúa e case que sen teatriño cos seus fantoches de luva ata amosar os seus espectáculos de grande formato e con marionetas de complicados mecanismos de creación propia en importantes escenarios no Auditorio de Galicia, no Teatro Arriaga de Bilbao, no Jovellanos de Xixón, no García Barbón de Vigo... Os seus fundadores asistiron con orgullo o proceso de como o seu propio nome, monicreques, pasou de ser un sinónimo máis, e por certo non o máis utilizado a principios dos anos oitenta ata ser case que o único termo empregado hoxe en día en Galiza para definir ós fantoches, marionetas, monifates, marionetas etc. Contos do vento acatarrado Un día que o vento estaba triste e acatarrado, pois o sol do mes de agosto andaba a mandar, – quentando de tal xeito que mais que quentar, queimaba ‐, o señor Don e a señora Dona dispóñanse a xantar debaixo dun limoeiro, aproveitando a sombra que esta árbore lles regalaba...cando sentiron un xemido escachado...era o vento que se laiaba de dolor. Nun transo de febre, o vento que era tan vello coma o mundo, entre esbardalle e esbardalle, contoulles unhas historias tan incribles como estraña era a súa ciencia. http://kukas.redbiocultural.net/ Email: monicreques@hotmail.com
Contacto: Isabel Rey Tfno.: 609 88 46 30
Fantoches Baj Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interés céntrase no teatro de títeres entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta mais tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo, Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas mais contemporaneas do teatro de obxectos como no seu espectáculo, O Asombro (2010) ou a utilización do kamishibai xaponés no espectáculo, As Pombas de Carboeiro. Su director, Inacio, ganó en dos ocasiones el premio Barriga Verde de Textos Teatrales en las dos modalidades de infantil y de adultos con los textos "Auga que non as de beber" y "Fábula Galénica". Rodarirrodari Espectáculo musical con acompañamento teatral, no que empregamos a tradición dos contos de Gianni Rodari e tamén os monicreques, ofrecendo un espectáculo multidisciplinar cheo de ritmo e moito CHU CU RRU CHÚ!.... O tema do espectáculo da xogo para introducir cancións tradicionais como a do Trole, nas que os músicos irán acompañando cos seus instrumentos ao narrador Inacio Vilariño que xogará coas onomatopeias producidas polo funcionamento das máquinas, ao mesmo tempo que se acompañan coa melodía producida maquinalmente por unha caixa de música. Un espectáculo sorprendentemente ritmico.... CHU CU RRU CHÚ.... http://www.urdime.net/#!pgina‐fantoches‐cast/cyx2 Email: info@urdime.net Tfno.: 699 06 6449
ARTELLO Artello Teatro se fundouse en Vigo en 1978. A histórica compañía independiente pola que pasaron desde Morris a Ernesto Chao, Rosa Álvarez, Manuel Pombal, Alfonso Agra, Rosa Hurtado e Santiago Montenegro. Tras a montaxe de A matanza dos Seixas, en 1994, Rosa Hurtado e Santiago Montenegro e coa colaboración de Manuel Pombal na dirección escénica, decide iniciar unha nova etapa da compañía, caracterizada fundamentalmente por un xeito de producción máis artesanal, Artello ‐ Teatro alla scala 1:5. Non toques os meus círculos Segundo a lenda, Non toques os meus círculos foron as derradeiras palabras do sabio Arquímedes de Siracusa, antes de morrer a mans dun soldado romano... . [...] Malia o seu título, Non toques os meus círculos non fala de Podemos, senón dunha situación que podería dar lugar á consabida indignación cidadá: Tomás Canalejo, de profesión físico, é despedido do seu posto de traballo como investigador debido ás omnipresentes reducións do orzamento. A súa reacción, non obstante, trata de ser construtiva e, en consecuencia, decide reinventarse para crear un espectáculo que dea a coñecer a figura de Arquímedes de Siracusa entre a poboación. [...]Existe tamén inxenuidade, mais unha inxenuidade máis aparente que real, porque por baixo da simplicidade da función subxace unha sarcástica crítica a esa idea da “reciclaxe” das persoas que tanto se repite dende as instancias instigadoras do neocapitalismo. Manuel Xestoso - Revista Galega de Teatro
www.artello.com/ Email: artello@artello.com Tfno.: 686 965 273 (Santiago Montenegro)
Danthea teatro Compañia de Teatro e Titeres fundada 1982 por Carlos Clemente Martinez Gallego e Rosa Rey Pousada e refundada en 2006 por Begonha Rosende Vázquez (Gurugú Produccións sl). Creada para a divulgación do teatro e dos titeres galegos realízase coa combinación da formación academica completa sobre as artes escénicas ,como da producción de espectáculos populares e de vangarda desenvolvidos na nosa escola”Escola de Expresión Rítmica e Dramática”. Xestionan a sala Gurugu Carapuchiña vermella ou o conto do lobo Duas versións do mesmo conto, porque cada quen narra o conto como lle vai na feira. Un avó moi vello e encollido e o seu neto relambido, queren conta‐lo conto a un tempo; acordan que o neto leve o fío e o avó lle axude só cando o novo se atranque. Pero o avó apaixónase e chochea a partes iguais, e ámbolos dous fanse unha lea de moita tea, coa Carapuchiña... Vermella E para rematar, o Lobo, farto da súa mala prensa, quere da‐la súa versión da historia. Un contacontos, un monicreque, un toque de papiroflexia, e moito humor , co público dentro do conto. Email: CAPCLEMENTE@YAHOO.ES Tfnos.: 981 14 30 86 ‐616 70 10 99 (Carlos Clemente Martínez)
CINEMA STICADO
Cinema Sticado é un colectivo multidisciplinar de artistas que fai cine en vivo. Interesados nas novas linguaxes narrativas o colectivo nace en 2012 co obxectivo de explorar as posibilidades expresivas que xorden nas fronteiras entre os campos escénico e audiovisual para contar historias no ámbito da representación en vivo e en directo. O seu traballo combina artes visuais, teatrais e performativas coa creación de audio e video en tempo real (nada de material pregravado) apoiase no uso de cámaras, micrófonos e ferramentas propias programadas en software libre (pure data) para facer películas en directo e proporcionar ao espectador unha experiencia visual e presencial única e asombrosa.
STRTPS Episodio I: Mirlo & Rula Un home sixiloso (Merlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e impregnado de corrupción política. www.cinemasticado.com Email: xoseldiez@yahoo.es (Xosel Díez) Tfno.: 609 64 98 78
DIRECTORIO
Organiza:
Viravolta títeres Email : viravolta@viravolta.es http://viravoltatiteres.com/ Tfnos.: 635 17 51 43 //986 78 46 94 Patrocina: Concello de Lalín Xunta de Galicia‐Secretaría xeral de Cultura Compañías:
❖ Tanxarina títeres e marionetas o o o
www.tanxarina.es Email: tanxarina@tanxarina.es Tfnos. : 607 23 36 81 (Tatán) // 610 44 26 02 (Miguel)
❖ Os Monicreques de Kukas o o o o
http://kukas.redbiocultural.net/ Email: monicreques@hotmail.com
Contacto: Isabel Rey Tfno.: 609 88 46 30
❖ Fantoches Baj o o o
http://www.urdime.net/#!pgina‐fantoches‐cast/cyx2 Email: info@urdime.net Tfno.: 699 06 64 49 (Inacio Vilariño)
❖ ARTELLO o o o
www.artello.com/ Email: artello@artello.com Tfno.: 686 965 273 (Santiago Montenegro)
❖ Danthea teatro o o
Email: CAPCLEMENTE@YAHOO.ES Tfnos.: 981 14 30 86 ‐616 70 10 99 (Carlos Clemente Martínez)
❖ CINEMA STICADO o o o
www.cinemasticado.com Email: xoseldiez@yahoo.es (Xosel Díez) Tfno.: 609 64 98 78
Cartel: raquetinha 2015 Colabora: Libraría Vagalume