presenta
Mapa Sonoro a festa da diversidade
20Anos mapeando a diversidade escoitando o mundo construindo travesías facendo cidade
a festa da diversidade outra festa é posible outro relato é desexable outra cidade é necesária un mapa
sonoro para cambiar o mundo
Sumário:
latín em pó
Cando lusamerica canta
músicas de ouro, prata e acibeche
a música, unha alfaia que nos iguala
music in exile
música sem fronteiras, nom pasarán!!!
planeta muller
próximo destino para a humanidade
celtic connection’s
Unha viaxe musical polo Arco Atlántico
lat铆n em p贸
FLAVIA COELHO, Brasil Flavia Coelho é unha muller nómada por natureza cunha sede de aventura que foi herdada da súa nai. De Rio de Janeiro partiu para Paris en 2006 onde publicou o seu primeiro álbum, Bossa Muffin, que saíu en 2011. É «é unha das fusións máis alegres do ano» segundo The Guardian mentres o Financial Times engade que «a pantasma de Manu Chao sobrevoa sobre a súa mestura de bossa, samba e reggae». Ese mesmo ano, obtivo o Premio Génération Reservoir e o Descubrimento de Ouro de Mulleres na Música e conseguiu facer bailar a unha multitude feliz, co ben coñecido Ultra Bal. Co seu novo disco Mundo Meu, producido por Victor-Attila Vagh e mesturado por Tom Fire, Flavia desenvolve o seu mundo interior como un inmenso mapa urbano multicor. O seu ritmo resoa como baile funk urbano, o Repente do seu pai convértese en Afrobeat, o forró e Samba atopan unha nova vida alimentada con hip-hop; as raíces africanas únense aos cantos Kanak, o Bolero xúntase ao Reggae mentres a música do Leste se fai tropical vía Xamaica. Flavia constrúe novas texturas sonoras sobre a memoria e a cultura da música brasileira coa axuda do astro alemán Patrice, o rapeiro de culto Speech de Arrested Development, o lendario baterista Tony Allen e o talentoso acordeonista Fixi de Java. Web: http://flaviacoelhomusic.com
ANA MOURA, Portugal Ana Moura é a artista con máis éxito dos últimos anos en Portugal. Con perto de medio millón de discos vendidos, unha ducia de galardóns e premios tan importantes como 2 Globos de Ouro, 2 premios Amália e 1 premio SPA. Ana Moura é tamén a voz nacional máis recoñecida internacionalmente, tendo xa colaborado con artistas como Prince, Rolling Stones, Caetano Veloso, Herbie Hancock, Milton Nacemento, Gilberto Gil ou a Orquestra Buena Vista Social Club, entre outros. ‘Desfado’, un dos maiores éxitos da música portuguesa, estivo máis de 100 semanas no Top 10 portugués de vendas. No plano internacional, vendeu case 100.000 copias e levouna a pisar máis de 300 escenarios en 35 países. ‘Moura’ (2015), o 6.º álbum de Ana Moura, foi directamente galardoado coa marca de Disco de Ouro, estando prevista a edición internacional no primeiro trimestre de 2016. Web: http://www.anamoura.com.pt
ANA CAROLINA & SEU JORGE, Brasil Máis de dez anos despois, o dúo volve aos escenarios. O novo show irá relembrar os mellores momentos do show Ana & Jorge de 2005, alén dos maiores éxitos dos dous artistas e novas parcerias. Este encontro, que aínda ecoa polas radios, reflectido a través de músicas como ‘É iso aí’, tardou a acontecer novamente, mesmo coas ganas dos dous de repetir o feito, debido a proxectos persoais en marcha de cada un. Antes de colocaren os pés na estrada polos catro cantos do Brasil, o dúo lanzou nas radios e tendas virtuais un novo single ‘Unha vez máis (Nós dous)’. A canción foi lanzada simultaneamente por Sony e Universal Music, nunha parceria inédita no mercado discográfico. O sentimento, o cariño e a alegría son exactamente os mesmos, prometendo neste novo espectáculo toda a enerxía e espontaneidade que marcaron a primeira reunión do dúo. Webs: http://www.seujorge.com http://ana-carolina.com
GNR, Portugal Os GNR (Grupo Novo Rock) celebran en 2016 35 anos de carreira. Foi en 1981 que a banda do Porto iniciou a súa produción musical e desde entón revolucionou o concepto de pop rock en Portugal, creando unha marca musical única que chegou a actuar en estadios cunha asistencia superior a 40.000 persoas. “...E os GNR en 2015 soan modernos, pertinentes, seguros e sólidos. Con novos arranxos, capaces de aínda sorprender, por inxectaren móbiles contemporáneos na súa arquitectura clásica... Clásicos revestidos con trapos elegantes, con ironía e bo gusto, e con Reininho a soar seguro e pleno de swag. Non é para todos. É só para quen sabe. E estes señores sábena toda... Os GNR son enormes. E eternos…” Rui Miguel Abreu, in Blitz, 01/11/2015 Web: http://www.osgnr.com
DEOLINDA, Portugal Os Deolinda son Ana Bacalhau, Luís José Martins, Pedro da Silva Martins e Zé Pedro Leitão. Nos últimos 5 anos dominaron os tops de vendas con ‘“Canção ao Lado” e “Dois Selos e um Carimbo” acumulando diversas distincións tales como 3 Globos de Ouro, un premio Amália Rodrigues, un Premio José Afonso e un Songlines Music Award. Os Deolinda regresan agora á estrada para presentar “Mundo Pequenino”acompañados por Sérgio Nascimento na percusión. No texto de presentación do álbum, o xornalista João Gobern refírese así ao disco: “Se estivésemos a raciocinar noutros parámetros, diríase que os Deolinda seguen as máis modernas e ousadas teorías económicas,: en tempo de crise, invisten. En época de aperto, diversifican. En momento de aflición, como xa vimos, cantan a defensa da felicidade”. Web: http://deolinda.com.pt
PAULO FLORES, Angola Paulo Flores, autor, compositor e intérprete, é unha das principais referencias na música de Angola e un defensor incansable do Semba. Celebra 25 de anos de carreira con máis dunha quincena de discos publicados. A voz de Paulo Flores, doce e quente, vibrante e grave, inspírase na tradición urbana de Luanda e cóntanos historias de onte, de hoxe e de mañá. Paulo Flores explota o ollar crítico da xeración que medrou despois da independencia e reflicte o sentimento de revolta fronte á destrución que asiste no seu país. Encontra as palabras correctas para falar da extraordinaria capacidade de resistencia do pobo angolano, da súa enerxía e da súa vitalidade, expresados na súa música e na súa danza Web: http://www.pauloflores.com/en
mĂşsicas de ouro, prata e acibeche
OMARA PORTUONDO & DIEGO El CIGALA “Celebrando la Música” Cal é a mellor maneira de celebrar o 85 aniversario de Omara Portuondo e os seus 70 anos dedicados á música? Pois cunha celebración polos escenarios de Europa xunto a un compañeiro moi especial: Diego El Cigala. Unha gran festa onde a diva do Buena Vista Social Club e embaixadora artística de Cuba fará un varrido a toda a súa carreira, lembran-do desde os seus anos de mocidade e o seu continuo amor polo elegante cabaret, pasan-do polos días de Buena Vista até o presente con diferentes gustos e sabores, do que será sen dúbida unha gala musical, chea de picante sabrosura. A tan especial acontecemento únese o cantaor flamenco Diego el Cigala. Ambos os artistas interpretarán eternos clásicos da música cuba-na, así como temas do seu propio repertorio. Apaixonado e profundo, El Cigala é un deses poucos artistas que permaneceu fiel á súa herdanza musical e á vez acadar o recoñecemen-to do seu nome polo gran público de todo o mundo. Ambos os artistas coincidiron por primeira vez no escenario do Hollywood Bowl o pasado verán. A intensidade do encontro foi tal que sentiron a necesidade de profundar o encon-tro cunha xira única. Música, arte e tradición a través de dúas irresistibles personalidades da música únense en ’85 Tour’. Webs: http://omaraportuondo.com/en/ http:// www.elcigala.com/en
SONGHAI 2 KETAMA +TOUMANI DIABATÉ Toumani Diabaté e Ketama volven unir os seus talentos, logo de publicar dous discos conxuntos en 1988 e 1994, e emprenden nova xira conxunta. Toumani Diabaté (Mali) é un intérprete de kora, un instrumento do Oeste de África, co que executa non só pezas de música tradicional do seu país, senón que participou en proxectos multiculturais con músicos de flamenco, blues, jazz e outros estilos. Agora volve colaborar co grupo español de novo flamenco Ketama (Songhai I y Songhai II), ao igual que o fixo cobluesman Taj Mahal, a artista islandesa Björk, co trombonista de jazz Roswell Rudd e co guitarrista maliense Ali Farka Touré. Segundo Rockdelux, estamos a falar de “mestizaxe de pulso harmonioso e descritivo, a fusión entre a cultura mandinga e a cultura xitana amosa un irmanamento insólito pero próximo: o latido negro-africano polo sur, os aslicerces do folk moderno polo norte, o lamento e o recordo da pena árabe no centro e o risco de fundilo todo sen ánimo academicista flotando nun ambiente de intercambio común, sen esnobismos nin posturas trascendentes. A escoitar, a aprender e a disfrutar”.
CHICO TRUJILLO, Chile Chico Trujillo é unha das orquestras máis importantes de Chile. Son a banda sonora de todas as festas, de Arica a Punta Areas. A súa mestura de cumbia clásica, bolero, música latinoamericana, balcánica e reggae, aseguroulles un público de todas as xeracións e estilos de vida. O grupo iniciouse como unha rama da banda punk/ska LaFloripondio en 1999 en Valparaíso. Doce anos e cinco álbums máis tarde, chegaron a simbolizar un cóctel único que ten as súas raíces na cumbia dos días pre-Pinochet e arranxáronse para incorporar todos os aspectos da cultura popular chilena. Souberon mesturar anacos do pasado coa influencia global da cultura alternativa e fusionárono todo baixo a bandeira Panamericana da cumbia. A exuberancia da banda representa un benvido regreso ao mundo da festa de baile e os praceres nocturnos. Además de xirar extensamente por Chile e Sudamérica, Chico Trujillo estiveron en moitos dos festivales máis importantes de Europa e EEUU: Roskilde (Dinamarca), Nuits du Sud de Vence (Francia), Festival Lollapalooza (Chicago), MOMA (New York), Vive Latino Festival (Mexico) e moitos máis. Web: http://chicotrujillo.com
MOH! KOUYATÉ, Guinea_Francia
A música de MOH! KOUYATÉ representa a unha nova xeración de músicos africanos que se inspiran na música tradicional pero tamén no pop e nas músicas actuais. Combinando mandingo, afrobeat e funk, e cantando en soussou, malinké, pular ou francés, MOH! KOUYATÉ fala da felicidade, do exilio, da vida en Guinea, da loita e da esperanza. No seu último disco ‘Loundo’, MOH! KOUYATÉ, griot e descendente de griots, regresa ás súas raíces e lembra as noites de Conakry e o blues de Robert Johnson. MOH! KOUYATÉ percorreu os escenarios de todo o mundo con artistas como Fatoumata Diawara ou Corey Harris e participou na gravación do documental de Martin Scorsese ‘From Mali To Mississippi xunto a Ali Farka Touré. El País/Babelia fala así del: “Moh! Kouyaté é todo un fenómeno: cantante solvente e guitarrista singular, a súa oferta sonora, punzante e revulsiva, engarza sen fisuras afrobeat e soukous, funk e blues. Moh!, con tanta técnica como corazón, é un dos músicos africanos máis sobresalientes da súa xeración. Todo fai supor que o seu futuro será igual de esplendoroso.” Web: http://www.mohkouyate.com
CALYPSO ROSE Calypso Rose é a embaixadora da música caribeña. Esta lenda viva do calypso e da soca naceu en 1940 na pequena illa de Tobago, nas Antillas Inglesas. Hoxe en día vive no Queens en Nova York. Calypso Rose escribiu máis de 800 cancións e ten gravado máis de 20 discos no mundo enteiro. Todas as comunidades do Caribe -anglófono, francófono ou hispánico- recíbena con fervor: é a única artista feminina a quen coroaron no famoso entroido de Trindade, xa en 1978, e en levarse cinco veces seguidas o premio de ‘Calypso Queen’. Calypso Rose é unha icona. A súa personalidade, o seu carisma e a súa alegría de vivir fan dela unha cantante da alma. Unha cantante de Soul, Gospel, de Blues e por suposto de Calypso, unha diva da música popular. En 2015 coñece a Manu Chao en Trindade xusto antes de Entroido 2015. Empezaron a tocar xuntos e fluíu a maxia. Manu Chao cos seus característicos charangos achegou xunto á súa voz a súa firma habitual. El aparece tamén en dúas pistas do álbum “Human” e “Far From Home”. Esta combinación xerou a creación dun fantástico álbum: WA FU DANZA. Calypso Rose estará de xira por Europa en 2016 co lanzamento internacional do seu novo álbum.
ALEXANDER ABREU & HAVANA DE PRIMERA, Cuba
Alexander Abreu e Havana De Primera é a banda Timba Cubana dirixida e fundada por Alexander Abreu en 2008, ampliamente recoñecido como un dos grandes trompetistas da sua xeración. A banda está formada polos mellores músicos e artistas cubanos na escena cubana de hoxe en día. Havana de Primera está integrada, non só polos músicos máis influintes e revolucionarios da década dos 90, senon tamén polos músicos con máis talento dos anos seguintes. Alexander ten se establecido como o cantante e compositor de maior renome internacional dos nosos días. A súa voz melódica e a súa técnica vocal fai de Alexander Abreu un cantante excepcional ao tempo que o seu virtuosismo e técnica na interpretación da trompeta o converte nun instrumentista de primeira liña. Está considerado un dos músicos cubanos máis versátiles, que ten feito da su música uhna fascinante fusión rítmica e musical da Salsa, Jazz, Funk e afrocubana. Web: http://http://www.havanadprimera.com/
FANFARE ÇIOCARLIA A máis coñecida orquestra xitana de metais, Fanfare Ciocarlia, é unha das mellores bandas en directo que existen. Provén dun pequeno pobo do noroeste de Romanía e a base de enerxía e enxeño conquistaron os escenarios de todo o mundo. Ao herdar a súa profesión de músicos e os seus instrumentos dos seus pais e dos seus avós, os doce músicos da Fanfare toman cada concerto como unha competición na que teñen que demostrar por que chegaron ao lugar destacado no que se atopan hoxe e por que se converteron nos responsables de manter vivo o verdadeiro espírito desta música. Cando a Fanfare Ciocarlia sobe ao escenario o público pode estar seguro que o que vai escoitar é auténtica e verdadeira música xitana (“gypsy music” ou “balkan music” como se fixo internacionalmente famosa). Web: www.fanfare-ciocarlia.com
music in exile
SONGHOY BLUES, Mali Hai unha nova xeración de músicos en Mali. Unha das súas cabezas visibles atópase en Tombuktú, é a banda de indie con gran influencia do blues SONGHOY BLUES. Formada por catro mozos que foron a revelación grazas ao álbum ‘A Maison de Jeunes’ do último Africa Express de Damon Albarn e Brian Eno, o grupo creouse durante a ocupación jihadista do norte de Mali. Na primavera de 2012, tras a chegada de Ansar Dine (un grupo islamita local armado, que prohibiu fumar, beber alcol e tocar música) a Tombuktú, Garba Touré decidiu coller a súa guitarra e escapar a Bamako. Alí coñeceu ao cantante Aliou Touré e ao segundo guitarrista, Oumar Touré, e xuntos decidiron montar a banda. Para non esquecer a súa música nin as súas raíces: a pesar de non ser familia (Touré é un apelido moi común na súa rexión) o tres pertencen ao pobo Songhoy, unha das etnias de norte de Mali. Os seus concertos enchéronse non só de songhoys senón tamén de tuaregs e público doutras etnias. As súas cancións, influenciadas polo blues de John Le Hooker, BB King ou Jimi Hendrix que Garba escoitaba de pequeno na casa co seu pai (que foi percusionista de Ali Farka Touré), falan de respecto, de reconciliación e de paz. ‘Music in Exile’ foi elixido entre os mellores discos de ‘world music’ en 2015 por Mondo Sonoro. Rockdelux: “Había moito tempo que o chamado blues do desierto non producía unha canción tan potente (“Soubour”); como uns The Black Keys con ADN africano”. Web: http://songhoy-blues.com
47Soul, Palestina Baseándose nos tradicionais bailes folclóricos que abarcan Líbano, Siria, Xordania e Palestina, 47 Soul mestura electro-mijwez, shamstep e banda Choubi. Os seus membros teñen raíces oriúndas dos territorios que abarcan de Ammán a Galilea e desde os Altos do Golán a Ramallah. A intensidade do seu son conquistou seguidores tanto no medio Oriente como en Europa, seducindo distintas escenas da música underground cos seus sons de dabke árabe electrónico. 47 Soul tivo que superar barreiras físicas e loxísticas para crear e dar a coñecer a súa música electrónica palestina da rúa, escribindo letras que falan da liberdade de movemento, pondo en escena novas coreografías e falando de romper os puntos de control fronteirizo. Actualmente a banda está baseada entre Xordania e Reino Unido, desde onde difunden a súa nova onda de música árabe. Con influencias electrónicas e urbanas, o seu xénero instálase nunha nova xeración de artistas internacionais de electro/hip hop que están reinventando o antigo para o futuro. O seu novo sinxelo chámase ShamStep. Web: http://47soul.com
ARIZA BRAHIM, Sahara Ariza Brahim naceu e mecrou nos campos de refuxiados saharauis en Alxeria onde a súa famlia se estableceu a finais de 1975, logo de fuxir da ocupación marroquina do Sahara occidental. Nas condicións severas dos campos do deserto, Aziza descubriu a música como unha forma de expresar as súas emocións e pensamentos persoais de resistencia. Cando tiña 11 anos viaxou a Cuba para continuar os seus estudos escolares e logo voltou para Alxeria e comezou a desenvolver o seu propio camiño musical, xuntándose ao grupo musical nacional saharaui. En 2000 estableceuse en España, onde logo dunha serie de colaboracións fundou a súa propia banda, Gulili Mankoo. En 2014 grava o seu terceiro álbum, ‘Soutak’, unha ponte entre a música saharaui e a maliense, nun disco lanzado por Glitterbeat (selo premiado en WOMEX) e producido por Chris Eckman. Web: http://www.azizabrahim.com
planeta muller
ANA TIJOUX Ana Tijoux é a chilena que protesta a ritmo de hip-hop. A súa carta de presentación podería ser perfectamente o que din dela medios como The Rolling Stones que a elixiu como a “mellor rapera en español”, The New York Times que a sinala como “a resposta latinoamericana a Lauryn Hill”, ou revistas como Newsweek que a clasifica como “a rapeiora latinoamericana máis importante da escena internacional”. Ana Tijoux naceu en París. Os seus pais exiliáronse durante o goberno de Augusto Pinochet en Chile, e isto deixou un sinal na súa carreira, marcada por unha sensibilidade especial por temas políticos e sociais. É frecuente a súa participación en campañas contra a desigualdade e a opresión no mundo. En 2007 lanza o seu primeiro traballo en solitario. Ese mesmo ano grava xunto a Julieta Venegas a canción ‘Eres para mí’, alcanzando un gran éxito en países latinoamericanos e España. O líder de Radiohead, Thom York, recomendou aos seus seguidores que escoitasen a canción ‘1977’. Ademais 1977 pódese escoitar na popular serie Breaking Bad e no xogo de FIFA 2011. Ten na súa carreira ducias de nomeamentos a diversos premios como os MTV, 40 Principais, Indie Music Awards e conta con oito nomeamentos ao Grammy (tanto latino como anglo). En marzo de 2014 lanzou o seu cuarto álbum solista ‘Vengo’, que conta con 17 tracks e suprime o uso de sampler, substituíndoos por unha banda que inclúe un combo de bronces e que lle dan unha sonoridade andina ao clásico rap desenvolvido pola cantante. Unha perfecta fusión dos ritmos urbanos e o hip-hop co folklor andino de raíz. Web: http://anitatijoux.cl
FATOUMATA DIAWARA, Mali A súa voz escóitase en discos de Dee Dee Bridgewater, Herbie Hancock, Oumou Sangaré, Poly-Rythmo, Cheikh Lô ou Afrocubism. Agora, esta maliana de 29 anos que vive en París, e escribe e arranxa as súas cancións, presenta unha primeira gravación propia co sinal da música de Wassoulou e influencias de soul, funk ou jazz. En setembro de 2011 lanzou o seu primeiro disco co prestixioso selo World Circuit Records (Buena Vista Social Club, Ali Farka Toure). Non é casualidade que apostasen por ela tratándose dunha lexítima herdeira dunha cultura en continua evolución; dos ritmos africanos de Mali ás melodías máis íntimas e sons máis acústicos. Artista polifacética -actriz, bailarina,cantante e compositora-, foi corista de Oumou Sangaré e de Dee Dee Bridgewater. Unha viaxe sonora de África a Occidente onde Diawara deposita unha longa e contrastada experiencia a pesar da súa mocidade. Colaborou con Damon Albarn, Flea e Tony Allen nun proxecto para Honest Jones records. Web: http://www.fatoumatadiawara.fr
CARMEN SOUZA & THEO PASCAL Portugal, Cabo Verde
Elixida polo Music Jazz Critics Poll NPR (Radio Nacional Pública EEUU) como unha das ’Best Jazz Singers 2013’, a voz de CARMEN SOUZA é difícil de describir, porque lembra a Nina Simone e tamén a Billy Holliday, a Sarah Vaughan e a Carmen McRae. SOUZA tamén ten algo de Joni Mitchell e un punto de Ricki Le Jones. E é que, se algo demostrou esta moza cantante nada en Lisboa e de pais caboverdianos, é que asimilou e transformou por completo estas e outras influencias, e potenciounas co seu propio vocabulario. Despois do delicioso cóctel de ritmos do arquipélago que foi ‘Kachupada’ (2012), no que mesturaba maxistralmente elementos do jazz contemporáneo e a música afro-latina, regresou en 2014 cun álbum en directo, ‘Live at Lagny Jazz Festival’, no que a cantante pasaba polo seu persoal filtro standards como ‘My Favorite Things’ ou ‘Song For My Father’. En 2015 verá a luz un novo traballo de estudo, ‘Epistola’, xunto a Theo Pascal, colaborador e co-compositor dos seus últimos discos. Carismática e apaixonada, a intres doce e noutros melancólica, CARMEN SOUZA demostra unha vez máis o amplo espectro da súa destreza musical como cantante, intérprete e compositora. Web: http://www.carmensouza.com
celtic connection’s
SHOOGLENIFTY, Escocia En Shooglenifty resoa a música de baile tradicional escocesa, enerxizada co groove contemporáneo. Non é desde logo música para ouvir sentado. Os intentos para describir esta banda case inclasificable inclúen: ‘Hypno-folkadelic ambiente-trad“ e “acid-Croft’. Esta banda pioneira actúa con frecuencia en festivais e salas de Australia, Canadá, India, Xapón, Líbano, Malaisia, Rusia, Estados Unidos e, por suposto, en Europa. Entre os fitos destacados da sua carreira inclúense concertos para Nelson Mandela e para o emperador Akihito do Xapón (non os dous á vez), ou parcerías con músicos dhol de Rajasthan nos Xogos da Commonwealth en Glasgow, ou incitar á multitude para unha invasión do escenario na Sydney Opera House, ou colaborar con músicos libaneses en Beirut. Shooglenifty formouse en Edimburgo hai 25 anos a finais dos anos 80 / principios dos anos 90; unha época na que a escena da música de baile electrónica foi unha influencia fundamental no seu son. O seu álbum máis recente ‘The Untied Knot ‘foi lanzado 2015 e é o primeiro en incluir cancións cantadas a cargo da vocalista Kaela Rowan. Shooglenifty é unha banda bem coñecida en Galiza, onde realizaron numerosos concertos na década dos 90 e onde ten un importante número de fans e seguidores.
Web: http://www.shooglenifty.com
ALDOC, Irlanda Aldoc está liderado polo frontman de Gráda, Alan Doherty, que chegou a ser moi coñecido polos seus temas creados para ‘O señor dos aneis’. Logo de mudarse de Irlanda a Alemaña, Doherty pasou dous anos escribindo novo material sobre as súas novas experiencias culturais e influencias collidas ao longo de quince anos percorrendo o mundo. De aí emerxeu a culminación dunha nova visión musical. Aldoc supón unha revolución na música irlandesa, coa frauta desenfadada e unhas voces moi especiais, xunto cos arranxos jazzísticos, ritmos fortes, guitarras eléctricas e liñas de baixo. Web: http://www.aldocmusic.com/
BRETON BLEND, Bretaña Nacidos na década de 1980, Kornog & Pennoù Skoulm son días bandas míticas da música bretona; ambas consideradas referencias absolutas na historia da música Breton e Celta; as súas respectivas carreiras falan por si: Kornog, o “Breton Planxty” segundo algúns xornalistas irlandeses ou americanos realizou un sinfin de xiras internacionais durante muitos anos (Holanda, Irlanda, España, Italia, Grecia, Iugoslavia, etc., e sobre todo en Estados Unidos, onde o grupo segue a ser un dos principais embaixadores da música bretona). Pennoù Skoulm foi un grupo innovador desde o seu inicio, cun son e unha enerxía inimitable e integrado por algunos dos más exitosos básicos bretón da história como Jacky e Patrick Molard, Jean Michel Velillon ou Soig Siberil.