HISTORIA DA LINGUA GALEGA Xosé Anxo Seoane Cao, 2015
A historia da lingua galega comeza no tempo en que os colonizadores romanos trouxeron o idioma latino ata o noroeste ibĂŠrico. (SĂŠculo II a. C.)
O latín superpúxose ás linguas dos habitantes prerromanos deste territorio, linguas de substrato, incorporando léxico procedente delas e experimentando certas modificacións inducidas pola permanencia de trazos e hábitos lingüísticos previos.
Tempo despois, romanizado e latinizado completamente o territorio, o lat铆n galaico veuse afectado por pobos que, asent谩ndose na rexi贸n, ad贸ptano como lingua ou exercen influenza sobre el, linguas de superestrato.
LINGUAS DE SUBSTRATO
Estratos previos ao latín. Situados cronoloxicamente na idade de pedra, están formados por varios grupos étnicos sucesivos:
Os substratos preindoeuropeos
Euroafricano ou mediterráneo (10 000 a. C.).
Os substratos indoeuropeos
Preceltas (800 a. C.).
Hispano-caucásico (terceiro milenio antes de Cristo). Tirrénico (posteriores aos anteriores).
Celtas
ALGUNHAS ACHEGAS DO SUBSTRATO CELTA LÉXICO
TOPONIMIA
Bugallo, Bugallal, Bidueira, Coruña, Lama, Laxe, Laxeiro, Lousame, Miño… Barallobre, Lubre, Cecebre…
FONÉTICAS LUNA > lúa
de P,T, K a b, d, g (APICULA > abella
O ESTRATO En Galicia a romanización está marcada por tres diferentes etapas
Expedición de Décimo Xunio Bruto (137 a.C.). Expedición de Xulio César (61 a.C.). Campaña do emperador Octavio Auguto (29-19 a.C.).
ALGÚNS EXEMPLOS DE EVOLUCIÓN DO LATÍN AO GALEGO
-P-,-T-,-K- LUPU, VERITATE, AMICU -b-,-d-,-g-: lobo, verdade, amigo -D- e -G- VIDERE,LEGERE: ver, ler Grupos PL-, FL-, CL-: PLUVIA, FLAMMA, CLAVE: chuvia, chama, chave -L- MOLA, SALIRE: moa, saír -N- LANA, TENES: la, tes -LL- > -l- CABALLU, CASTELLU: cabalo, castelo AU > ou CAUSA, MAURU: cousa, mouro
O SUPERESTRATO
Desaparecido o Imperio romano e coas achegas lingüísticas dos xermanos e árabes vaise ir configurando unha evolución do latín cada vez máis diferenciado nas distintas rexións de Hispania que o levará a desembocar nas primitivas formas romances.
Os suevos aséntanse en Galicia e fundan un reino que durou ata o 585. A súa influenza lingüística foi moi reducida xa que se limitou a voces como laverca, feltro... Dos visigodos conservamos agasallar, estaca, roupa, rico, roca, garbo.... Tamén son de procedencia xermánica os topónimos rematados en –riz, Allariz, Mondariz, Guitiriz...
No ano 711 os árabes desembarcaron en Xibraltar e en pouco tempo apoderáronse do reino visigodo, mais en Galicia a súa presenza foi imperceptible. Albeite, alfaiate, quintal, alfinete, alfaia, álxebra, alfándega…
A LINGUA ROMANCE
Aínda que non temos ningún documento escrito ata o s. XII, o galego existe como idioma plenamente diferenciado do Latín dende o s.VIII-IX. LATÍN
POPULAR
SEMICULTA
CULTA
ARTICULU
artello
artigo
artículo
PLENA
chea
preamar
plena
CLAVICULA
chavella
caravilla
clavícula
REGULA
rella
regra
regular
CONCILIU
concello
concilio
COLLOCARE
colgar
colocar
CALIDO
caldo
cálido
CATHEDRA
cadeira
cátedra
SECRETU
segredo
secreto
A LINGUA A PARTIR DO SÉCULO XII O documento literario en galego máis antigo dos coñecidos na actualidade é a cantiga satírica Ora faz ost’o senhor de Navarra de Joam Soares de Pavia, escrita contra o ano 1200. Dos comezos do século XIII datan os primeiros documentos non literarios en Galicia, a Noticia de Torto (1211) e o Testamento de Afonso II de Portugal (1214).
GALEGO-PORTUGUÉS MEDIEVAL
O latín continúa a ser a lingua de cultura dos documentos legais, da liturxia e do ensino en toda a Europa medieval.
O galego convértese na lingua da lírica
en toda a Península. Debemos falar de lírica galego-portuguesa, xa que ata mediados do século XIV as dúas linguas forman un tronco común.
O galego atinxe agora o rango de lingua internacional, xa que está presente tanto na obra de literatos de diversos países como en diferentes cortes reais e señoriais.
SÉCULOS ESCUROS O proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade impiden a consolidación do galego como lingua literaria. A necesidade de uniformización lingüística como factor de cohesión da nova estrutura política caracterizada polo centralismo e o concepto de Estado Nacional vai ser determinante neste longo período de tres séculos (XV, XVI e XVII). Galego oral e coloquial Ruralización Castelanización Fragmentación dialectal Sentimento de inferioridade
SÉCULO XVIII Os ilustrados
Frei Martín Sarmiento consideraba o galego como un dialecto da lingua latina, situándoo, por tanto, nun plano de igualdade respecto do portugués, o castelán, o catalán, o provenzal, o italiano, o siciliano ou o francés. Frei Juan Sobreira Salgado deixou unhas fichas nas que anotou unha considerable cantidade de voces do seu tempo, refráns e frases proverbiais, coplas populares e mesmo informacións sobre algúns fenómenos lingüísticos de diverso tipo. As fontes que José Cornide utilizou para o seu Catálogo de palabras gallegas foron os propios galegos do seu tempo, de quen tomou palabras designativas dos máis variados elementos da flora e a fauna de Galicia, dos labores e aparellos agrícolas, mariñeiros e artesanais, cancións, refráns, xogos, oficios, costumes…
O SÉCULO XIX Durante o século XIX prodúcese un incremento no ritmo e na intensidade do proceso de castelanización da sociedade galega. Con todo, a aparición do Rexurdimento literario trae consigo a recuperación da escrita literaria e a aparición dun movemento ideolóxico que defende e reivindica os trazos característicos e colectivos de Galicia.
A partir de 1889, o galeguismo vive unha segunda xeira coñecida como Rexionalismo, movemento herdeiro do Provincialismo e que ten como figuras máis importantes a Alfredo Brañas e a Manuel Murguía.
O SÉCULO XIX Cantares gallegos (1863) de Rosalía de Castro, primeiro libro monolingüe galego, é o evento que marca o inicio do Rexurdimento pleno das nosas letras.
Publícanse as primeiras gramáticas e aparecen os primeiros dicionarios. Xorde a prensa en galego coa publicación en Ourense entre 1876 e 1890 o quincenario O Tío Marcos da Portela, dirixido por Valentín Lamas Carvajal. O galego característico deste período está fortemente influído polo galego oral, con todas as súas eivas (castelanismos, vulgarismos, dialectalismos…) Será a principios do século XX cando os escritores sentirán a necesidade de crear un modelo de lingua escrita.
NO SÉCULO XX
En 100 anos reproducimos 800 anos de historia da nosa lingua. Analizando a situación da lingua galega na actualidade… se ti non lle pos remedio, BOTA CONTAS PARA SABERES O QUE NOS DEPARA O FUTURO INMEDIATO
O SÉCULO XX 1900-1936 Esforzo restaurador
DO 1975 AOS NOSOS DÍAS
1936-1975 Guerra civil e franquismo
1900 – 1936
Continúase o labor dignificador da lingua galega iniciado no século anterior REAL ACADEMIA GALEGA Institución creada no 1905-1906 dedicada ao estudo e á defensa do idioma galego.
AS IRMANDADES DA FALA (1916) Creadas para a defensa, dignificación e cultivo do idioma. Dous grandes obxectivos: autonomía para Galicia e o galego lingua oficial.
REVISTA “Nós”, 1920.
Pretende servir de canle de expresión para a posta ao día e potenciación da cultura galega ata entón moi localista e excesivamente marcada pola lírica, o ruralismo e o costumismo.
1923 Seminario de Estudos Galegos Potencia o uso do galego na prosa científica e técnica. Preocupación dun sector do mundo universitario por Galicia, que será obxecto de investigación como fenómeno natural, histórico, social, político, cultural…
Na II República (1931), o galeguismo vaise reagrupar en torno ao Partido Galeguista. Elaboración do Estatuto de Autonomía do 1936; cooficialidade de galego e castelán na Administración e ensino bilingüe.
Dicionario galego castelán
(1928) de Leandro Carré Alvarellos e Gramática do idioma galego (1922) de Manuel Lugrís Freire.
Con todo prodúcese una perda porcentual de falantes monolingües
alfabetización exclusivamente en castelán
sangría da emigración e trasvasamento do rural ao urbano
falta de presenza do idioma na Administración e na Igrexa
inicio dunha extensión social da diglosia
A NIVEL LINGÜÍSTICO CONTACTO CO GALEGO MEDIEVAL
ACHEGAMENTO AO PORTUGUÉS
DIFERENCIALISMO
arcaísmos
lusismos
hipergaleguismos e pseudoevolución
capíduo vegada cibdade nascer door
propio meio governo povo receber
asasiño cortiña houra primaveira brilar
1936 – 1975
Silencio profundo. Lingua clandestina. Perda de prestixio social e ámbitos de uso, agás os familiares. * Prosegue o proceso de substitución lingüística. * Afiánzanse os prexuízos lingüísticos: o galego lingua inferior. * A transmisión do galego como lingua materna vai ir diminuíndo. * A Galicia americana, 1936-1950). * 1950 Editorial Galaxia. * Outras empresas culturais e contestación política. * 17 de maio de 1963, Día das Letras Galegas. * 1965 o galego na universidade. * 1971 Instituto da Lingua Galega * 1974 TVE comeza a emitir en galego media hora do programa Panorama.
Ricardo Carballo Calero, publica en 1966 o importante estudo lingüístico Gramática elemental del gallego común. De significación semellante é o Diccionario galego castelán (1968) de Xosé Luís Franco Grande.
Aumenta a conciencia da necesidade dunha norma culta (protoestándar) caracterizada polo desexo de simplificación ortográfica e de depuración léxica (rexeitamento de castelanismos, incorporación de neoloxismos e cultismos...).
1975 – AOS NOSOS DÍAS
“a lingua propia de Galicia é o galego” e “ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua” * 1975 Morte de Franco. * 1978 Constitución española. * 1981 Estatuto de Autonomía de Galicia. * 1982 Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. * 1983 Lei de normalización lingüística. * 2004 Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. * 2010 un novo decreto reduce a presenza do galego no ensino. * Cualitativamente está hoxe presente en ámbitos anteriormente impensables. * por número de falantes o galego ocupa o posto 136, o 49 por libros traducidos, o 37 por páxinas de Internet e o 26 por uso nas redes sociais.
Séguese a fixar a galego estándar (revisión do ano 2003) e vanse eliminando dialectalismos, arcaísmos e hiperenxebrismos, seguindo o camiño xa emprendido na etapa anterior, ao tempo que se adapta á nova situación social (máis ámbitos de uso) e académica (vehículo para outras materias).
O galego abálase hoxe entre o positivo dos avances que se acadaron e a preocupante persistencia de síntomas moi negativos para o futuro da lingua.