Centenario do nacemento de Isaac DĂaz Pardo ¡ 2020
Con 15 anos, o mozo Isaac participa activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia do 36. Case todos os carteis se imprimiron nos talleres do seu pai Camilo. El mesmo realizou varios, aínda que soamente lle permitiron asinar un.
Centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo · 2020
O Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 foi apoiado maioritariamente en referendo o 28 de xuño. Non chegou a ser aprobado en Cortes, tan só foi admitido a trámite, por mor da guerra civil española e tamén debido a que Galicia foi territorio en poder dos sublevados dende o inicio da contenda. O proceso autonómico foi iniciado pola ORGA (Organización Republicana Galega), porén foi o Partido Galeguista o seu verdadeiro impulsor e dinamizador a partir de 1932, logo da Asemblea de municipios celebrada en Santiago de Compostela.
O primeiro precedente dos textos estatutarios do século XX atopámolo no “Proyecto de Constitución para el futuro Estado Gallego”, aprobado en 1883 e froito do traballo realizado polo “Centro de Iniciativa para la Organización de Galicia” promovido polo alcalde de Compostela J. Sánchez Villamarín. Neste contexto deséñanse dúas liñas cara a unha futura autonomía galega: a encabezada por Murguía e a Asociación Regionalista e a encabezada por Alfredo Brañas.
Centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo · 2020
O rexionalismo político de finais do século XIX non redactou ningún texto sobre a autonomía, pero si que alentaron a construción de moitos símbolos identitarios de Galicia: Panteón de Galegos Ilustres, Monumento aos Mártires de Carral, Himno galego...
Foi o movemento político das Irmandades da Fala quen na súa asemblea fundacional realizada en Lugo en novembro de 1918 formulou claramente a demanda dunha autonomía integral para Galicia.
A elaboración dun texto de Estatuto de autonomía comezou na primavera de 1931, poucas semanas despois da proclamación da II República. Foron tres os principais borradores de Estatuto redactados que serviron de base para a discusión na asemblea realizada en xuño de 1931 na cidade da Coruña, promovida polos republicanos da ORGA: o do Instituto de Estudos Galegos da Coruña, o do Secretariado de Galicia en Madrid e o do Seminario de Estudos Galegos (SEG).
Centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo · 2020
O texto máis próximo a unha concepción republicana federal era o do SEG, elaborado por Paz-Andrade, A. Bóveda, V. Risco, Lois Tobío e R. Carballo Calero, no que se definía Galicia como un «Estado libre» dentro da «República federal española». Esta proposta non foi aceptada pola asemblea, que aprobou outro texto que serviría de base para que os parlamentarios saídos das urnas constituíntes de xuño do 31 o adaptasen á legalidade prevista pola Constitución republicana.
O Concello de Santiago de Compostela liderou o proceso de organización da Asemblea de Municipios que aprobou o Estatuto no ano 1932. O paso seguinte era a consulta do electorado, para o que se precisaba autorización expresa do Goberno central para convocar o plebiscito. A autorización foi dada en maio de 1933 polo Goberno republicano.
Centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo · 2020
Diversos acontecementos adiaron o plebiscito ata que na primavera do 36 se retomou o proceso estatutario. O día marcado para a votación foi o 28 de xuño de 1936. Unha breve pero moi intensa campaña, na que se implicaron con entusiasmo republicanos e galeguistas, procurou mobilizar o electorado.
Un dos compoñentes máis emblemáticos daquela campaña foi a participación de artistas para faceren carteis a favor do voto favorable ao Estatuto, desde o propio Alfonso Castelao, Camilo Díaz Baliño ou mozos como Luís Seoane ou Isaac Díaz Pardo.
Centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo · 2020
Centenario do nacemento de Isaac DĂaz Pardo ¡ 2020
O resultado da votación superou claramente as esixencias constitucionais: o 74% do censo electoral aprobou o Estatuto, cun 99% de votos afirmativos.
O estalido da Guerra Civil impediu a súa tramitación ordinaria nas Cortes republicanas, serviu de precedente para os debates constitucionais da transición democrática.
Centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo · 2020