naceu en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920. É fillo de Camilo Díaz Baliño e de Antonia Pardo Méndez.
O seu pai (1889-1936) foi un destacado pintor, debuxante, escenรณgrafo, artista grรกfico..., membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista.
Camilo Díaz foi detido ao comezo da guerra civil. Tres falanxistas asasinárono en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936. Este feito marcaría a vida de Isaac. Nun primeiro momento tivo que se agochar ata poder saír de Santiago cara á Coruña, onde se refuxiou na casa do seu tío Indalecio. Nese tempo traballou de rotulista nun taller de pintura industrial. Alí coincidiu con Eduardo Faraldo Alfonso, a quen lle fixo estes dous retratos inéditos.
ois da guerra Despoisda daguerra guerra Despois
scola de Belas Artes de San Fernando (Madrid) onde Isaac Díaz Marchou áviaxes Escola de Belas Artes San Fernando (Madrid) onde Isaac Díaz Pardo Marchou Escola de Belas Artes dede San Fernando (Madrid) onde 2. Despois do período dePardo formación e áde de escursou estudos entre 1932 eArtes 1942. Despois período formación e de viaxes cursou estudos entre 1932 e 1942. Despois dodo período dede formación e de viaxes dede es-esartir clases na Escola Superior de Belas de Sant tudos por Europa pasou a impartir clases Escola Superior Belas Artes Sant tudos por Europa pasou a impartir clases nana Escola Superior dede Belas Artes dede Sant Jordi de Barcelona. Jordi Barcelona. Jordi dede Barcelona.
Regresa a Galicia e dedícase plenamente á pintura. As súas primeiras obras están marcadas polo clasicismo. Son composicións que teñen como tema central a figura humana que recrea en amplos volumes e con grande protagonismo do debuxo. Nunha segunda etapa, os seus cadros perden o clasicismo a medida que van conectando co ideario renovador.
No ano 1945 casou con Carmen Arias Montero, quen tamĂŠn realizara estudos na Academia de San Fernando.
A partir de 1948 entrégase por completo á misión vital que foi configurando na súa conciencia: cumprir os soños daqueles que morreron por Galicia. Deste xeito inicia o proxecto integral de modernización e universalización da cultura galega.
Sargadelos Abandona a pintura e inicia o proxecto de Cerámicas do Castro en Sada, unha fábrica que serviu ademais de laboratorio, utilizando os materiais e a experiencia da antiga fábrica do século XVIII en Sargadelos.
En 1955 viaxa á Arxentina e crea unha nova empresa de cerámica en A Magdalena. Entra en contacto con personaxes como Luís Seoane, Rafael Dieste, Arturo Cuadrado e Lorenzo Varela.
Constitúe con Luís Seoane o Laboratorio de Formas de Galicia, dedicado á futura creación dunha serie de empresas para a recuperación da memoria histórica de Galicia: Complexo de Sargadelos, Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro, Laboratorio Xeolóxico de Laxe...
Ademais escribiu ensaio e teatro, e publicou numerosos artigos xornalísticos, maiormente de historia contemporánea e economía. Recibiu numerosos premios e recoñecementos.
O home que se impuxo a tarefa de preservar, reconstruĂr, fortalecer e modernizar a cultura e a memoria histĂłrica de Galicia, deixounos no ano 2012.