GUÍA DE ALCUMES

Page 1

GUÍA DE ALCUMES

Guía elaborada polos alumnos e alumnas de 1º de ESO do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, como proxecto de traballo para a materia de Lingua Galega e Literatura.

Febreiro de 2013


AUTORES Aarón Álvarez Martínez Laura Arévalo Martínez Desirée Alejandra Balboa Vázquez Raúl Barcia Vázquez Berta Cadaveira Regueiro Samaira Carracedo Joglar Gloria Castelo Monteagudo Lucía Fernández Fernández Amara Fontao Saavedra Alba García Costoya Amanda Fernández Araico Alberto Herreras López

IES ISAAC DÍAZ PARDO Sada, febreiro de 2013


LIMIAR

O alcume é un fenómeno social presente en case todas as culturas do mundo. Consiste nunha especie de sobrenome ou mal nome que se utiliza para identificar a unha persoa, a unha familia, atendendo a múltiples circunstancias como poden ser a profesión, o lugar de procedencia, unha eiva ou peculiaridade física, un trazo da personalidade… En moitos casos é máis usado que o propio nome. Outras denominacións sinónimas desta palabra son: alcuño, adeallo, nomeada. Probablemente proceden daqueles tempos nos que aínda non se consolidara o sistema de apelidos. Case ninguén se libra do alcume e noutras épocas nin os reis, nin os de nobre condición se salvaban de ter alcume. Quizais hoxe en día, sobre todo nas vilas e cidades, xa non estean tan presentes na vida cotiá. Malia iso, ás veces son imprescindibles para identificar a determinadas persoas; véxanse por exemplo as necrolóxicas nas que a continuación do nome e apelidos do defunto figura o seu alcuño. As razóns que están detrás dos alcumes son tan variadas e difíciles de determinar como o autor dos mesmos. A aceptación social dos alcumes é moi diversa: uns acéptano, e outros, non. Depende de se son considerados ofensivos, ou pola contra denotan loanza. Os que temos xa unha idade aínda nos acordamos de situacións cotiás como a que de xeito gracioso refire esta conversa: - E ti, de quen vés sendo, rapaz? - Eu sonlle Manuel, o fillo de Anxo Samel, “O Ferreiro”, e de Angustias, “A Maragata”. O que temos a continuación é unha relación de alcumes que recolleron os alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo de Sada. Preguntáronlles aos seus avós, aos seus pais e nais e tamén aos veciños. Non todos se refiren a persoas ou familias de Sada, xa que bastantes informantes son procedentes doutros lugares, ou como lles chaman os de Sada, “venideros”.

Sada, febreiro de 2013


O Barbeiro: O seu pai traballara de barbeiro. O Bendito: Semellaba un santo ao falar; falaba con moita cerimonia. A Berrona: Unha muller que berraba moito. O Bocinas: Ten varias buguinas no camión e sempre as anda a tocar. Os Caramés: Familia García. Un antepasado apelidábase “Caramés”. O Catire: Louro e con ollos azuis. O Chareto: Ángel sempre andaba a xogar cunha corda á que se refería dese xeito. Chicharra: Berraba igual que as chicharras. O Chino: Tiña trazos chineses. A Chintona: Lola; mandaba calar a todo o mundo. Os Churreiros: Os seus pais foron churreiros. A Chusa: En realidade chámase Carme, pero o seu pai chamábase Xesús e por iso lle puxeron ese alcume. O Cireixeiro: Manuel, de Taboada. De rapaz sempre andaba ás cereixas. O Cirolo: Tiña moitas cirolas na horta. Os Cocheros: Un antepasado era condutor.


A Corrilla: Era moi áxil e corría moito. O Coxo: O seu pai era coxo. O Cuacuá: Era tatexo. O Curita de Dexo: Estivo no seminario, pero pensouno mellor, casou e tivo fillos. O Descalzo: Ramón, de Taboada. Pillárono intentando subir descalzo á ventá da súa moza. A Faroleira: Chámase Xulia e o seu pai arranxaba farois. O Fogazas: Era panadeiro. O Forense: Pepe, O Forense, porque traballaba na “Ford”. O Foucioso: Non era boa persoa. O Gaitas: José Antonio. Tiña un antepasado que era gaiteiro. O Ghirighai: Javier, de Taboada. Foi a Uruguai e cando lle preguntaban a súa nai onde estaba, ela dicía que no “Ghirighai”. Juan O da Leña: Vendía leña e carbón. Lanchiña: Sonia traballou nun local que rexentaban os seus pais que se chamaba Lanchiña. O Manolo do Tropi: Tiña un bar chamado “Trópico”.


O Mangueras: José Manuel. Cando cuspía por entre os dentes, saíalle un chorriño. O Mariñeiro: Porque fixo o servizo militar na Mariña. Os Martises: O seu pai tiña de apelido Martínez. Maruxa da fogueteira: Tiñan unha pirotecnia. O Mataperros: Era o que mataba os cans cando non había canceiras. O Morito: Era moi moreno. O Pachaghín: Era unha persoa moi pacífica. O Parado: Era excesivamente tranquilo e non facía nada. O Paragüeiro: Chámase Manolo; cando era mozo arranxaba paraugas. O Patachula: Tiña unha perna máis larga que a outra. Os Paxeiros: Familia Fernández. Un antepasado facía paxes. Pepe do Camello: Tiña unha burrica. Pepito do Cine: O dono dun dos cines de Sada. O Picachón: José, Porque tiña a caluga en forma de pico. Os do Pintor: Familia Cadaveira. Un antepasado facía murais.


O Polito: Alcume que empregaban no fútbol. Os Pontellos: Jesús. Viñan dun lugar chamado Pontellos. O Puskas: Xogaba moi ben ao fútbol. O Rana: Nadaba como as rás. O Rato: Tiña cara de rato. Os do Recho: Un antepasado era moi peleón. Os Reloxeiros: Os seus bisavós foron reloxeiros. O Rompeovos: De nome Ramón, Moncho para os amigos. O alcume vénlle da forma tan particular que ten de andar. O Rosquilleiro: Óscar, de Taboada. Os seus pais vendían rosquillas nas romarías. A Roxo de Lorbé: Porque era louro. O Rucaina: Familia Mahía. Viñan dunha aldea situada na beira do río Rucaina. O Sangonera: Miguel. Parecíase a un actor dunha serie de televisión. O Setecurvas: Chámase Ramón e é moi alto. O Tranquilo: Era moi pausado. O Trefe:

O seu nome de pía é Juan. O alcume vénlle por como pronunciaba o 13 de cativo.


O Turuliro: Claudino, de Taboada. Porque sempre cantaba unha canción que tiña un verso que sempre repetía: “Tiruliro, bota o millo”. Os do Vinte: Familia Fernández. Porque viñan dun lugar chamado “O Vinte”. O Zumbón: Era un home moi, moi grande.

Facendo un pequeno esforzo de clasificación, aínda podemos incluír outros alcumes específicos da bisbarra de Sada que non necesitan explicación e que son doados de identificar: * Os que recordan animais: A Loba, O Raposiño, O Escornapitos, O Lorito, A Mariposa, O Torito, O Teixo, A Kika, O Polo, O Periquillo, A Caracola, O Cabalo do Demo, O Grilo, O Mono, O Choco. * Os que fan alusión a características físicas da persoa: A Roxa, A Parda, A Morena, A Negra, A Pelona, O Perillas, O Chosco, A Cachuda, A Cachona, A Xorda, A Coxa, A Cornuda (seis dedos), O Tullido, O Manco, Perna e Media. * Os que fan referencia a oficios: O Capador, A Modista, O Lagoeiro, O Panadeiro, A Plateira, A Pastora, O Churrero, A do Músico, A Labradora. * Os que os comparan con instrumentos musicais: A Pandereta, O Trombones, A do Bombo, A Corneta. * Os que os comparan con hortalizas: A Pataca, O Allo, A Cebola, A Melones. * Os “venideros”. O Betanceiro, A Coruñesa, O Arzuán. * Referencias a xerarquías: A Capitana, O Sarxento, A Capatasa, O da Reina, Os de Dios. * Fan referencia á casa familiar: A Casa Miudeiras, A Casa da Pena, A Casa de Molina, A Casa Grande.


* Curiosos e inclasificables: As do Ghancho, O Cepillo, O Gharrucho, As do Burato, Os de Pis, As do Fresco, Maruja da Morte, JosĂŠ La Hostia.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.